Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da...

35
Unha de rotíferos Carlos Pérez Valcárcel IES Adormideras R/ Juan Sebastián Elcano 25. A Coruña. España. ([email protected]). Carlos Pérez Valcárcel

Transcript of Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da...

Page 1: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Unha de rotíferos

Carlos Pérez ValcárcelIES Adormideras R/ Juan Sebastián Elcano 25. A Coruña.

España. ([email protected]).Carlos Pérez Valcárcel

Page 2: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

As augas doces

Ao redor do 70% da superficieda terrestre está cuberta deauga e desta só o 2% secorresponde coas augascontinentais. A auga é unlíquido de estructura químicaaparentemente sinxela, peroque posúe unhas propiedadespeculiares que posibilitaron odesenvolvemento da vida.Carlos Pérez Valcárcel

Page 3: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

A auga e nosos alumnos

Ideas previas :

1. Na auga, incluso na da billa, hai multitude deanimais dos máis extraordinarios aspectos ecolores.

2. Por suposto vese todo sen esforzo, como sefósemos espectadores dun filme.

Poucas veces estamos ante algo tan motivador e que esperta tanta capacidade de sorpresa, como una gota de auga doce ben elixida. Non obstante temos que ter en conta certas consideracións.

O máis oído:

1. Non vexo nada

2. Vexo as miñas pestanas.

3. Profe, profe qué é iso?.

4. Non atopo nada.

5. Que mal se ve.

En fin antes de comezar a facer un estudio con nosos alumnos deberíamos preparalos, para non levalos ao desánimo.

Todo son dificultades:

1. ¿Para que perseguilos?, si total se moven, xa virán.

2. Distintos planos ¿Qué é iso?.

3. Cambiamos a un obxectivo de maior aumento¿Diminúe o campo?.Carlos Pérez Valcárcel

Page 4: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

As augas doces

Na auga se desenvolven á perfecciónmultitude de microorganismos quepertencen a cinco dos seis reinos enque Cavalier-Smith (2004), clasifica anatureza.

Carlos Pérez Valcárcel

Page 5: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Estructura dunha charca

Comunidades planctónicas

Comunidades bentónicas

Comunidades suxeitas a un

substrato

Bentos rico en materia orgánica

Carlos Pérez Valcárcel

Page 6: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Na superficie da auga atopamos, sobre todo, aos

organismos autótrofos, o

fitoplancto, entre o que distinguimos

especies móbiles e inmóbiles,

unicelulares, coloniais ou

filamentosas, que serven de alimento a

moitos outros organismos, que

constitúen o zooplancto.

PRODUCTORES PRIMARIOS

Carlos Pérez Valcárcel

Page 7: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Protozoos

Son o seguinte nivel trófico da pirámide

alimenticia. Son seres unicelulares de

organización complexa e que son heterótrofos.

Na súa forma de alimentarse, aparecen aquí, todas as formas

coñecidas de heterotrofismo. Os hai

herbívoros, depredadores, omnívoros... Carlos Pérez Valcárcel

Page 8: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

AnimaisPero nas augas doces encontramos a aparte, numerosos grupos zoolóxicos de invertebrados que se desenvolven á perfección en multitude de hábitats, e cuxa única característica común aos anteriores é o seu microscópico tamaño. Aínda que abundan máis os de vida libre, podemos atopar outros suxeitos a distintos

substratos.

A súa distribución segue as mesmas pautas que os organismos unicelulares, pero as súas novas características adaptativas lles permiten unha elevada eficacia á hora de aproveitar os recursos nutritivos deste medio. Forman

comunidades tanto no plancto, como no bentos.Carlos Pérez Valcárcel

Page 9: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Fauna bentónica profundaA característica máis salientábel desta zona profunda é a pobreza de grupos

taxonómicos. Esta comunidade está representada por animais que viven no lodo e son detritívoros ou saprófagos. Aquí atopamos formas de resistencia de

cladóceros, larvas de copépodos, larvas de insectos e vermes, especialmente resistentes á baixa concentración de osíxeno disolvido.

Carlos Pérez Valcárcel

Page 10: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Bentos litoral

Na zona do bentos litoral, a luz non é un factor limitador, existe unha enorme variedade de

animais. Aquí é frecuente a presenza de hidras,

gastrotricos, oligoquetos, turbelarios, moluscos, crustáceos e larvas de insectos. Os diferentes

tipos de substrato resultan un importante factor na selección das comunidades animais

desta zona.Carlos Pérez Valcárcel

Page 11: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

RotíferosEntre todos estes animais e sendo máis comúns no plancto, destacan de

maneira especial os rotíferos que son diminutos animais, de 40 µm - 3 mm, fundamentalmente de auga doce, que varían pouco na súa estrutura xeral, aínda que presentan unha grande diversidade de formas e hábitos.

Son animais con simetría bilateral, que non teñen celoma e non están segmentados. O seu corpo está dividido en tres partes; anterior ou

cefálica, torácica e pedia.Carlos Pérez Valcárcel

Page 12: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Organografía

Aparello rotatorioMasa cerebroideOvarioDedas

Rexión torácica Rexión cefálicaRexión pedia

Carlos Pérez Valcárcel

Page 13: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Organografía IIAparello rotatorio

Farinxe Parede epitelial

Intestino

Estómago

Mancha ocular

Esófago

Mástax

EstómagoEsófago

Intestino

Estómago

Intestino

Esófago Estómago

Intestino

Farinxe

Esófago Estómago

Intestino

MusculaturaCarlos Pérez Valcárcel

Page 14: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Aparello rotatorio

Está situado na parte anterior do corpo e ademais de servir para transporta-loalimento cara á boca, utilízano para a locomoción, que realiza mediantemovementos natatorios xiratorios. Os campos de cilios están dispostos en formade dous discos que se moven de maneira circular en sentido contrario e que seasemella dúas rodas xirando.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 15: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

PéO pé, reducido ou

ausente nas formas peláxicas, é unha

extensión posterior estreita do tronco,

rematada en dúas dedas máis ou menos longas. Nestas desembocan un

par de glándulas adhesivas, que

segregan un líquido que lle permite ó animal

adherirse ó substrato, podendo entón,

progresar por medio de suaves movementos ao estilo das sambesugas.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 16: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Apéndices

O tronco en xeral carece de apéndices, excepto nalgunhas

especies planctónicas nas que favorecen a flotación.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 17: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Mástax

O poderoso aparato mastigador ou mástax, está incluído nunha farinxe musculosa que

actúa como unha perfecta máquina prensora e trituradora.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 18: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Aparello dixestivo

O tubo dixestivo é completo, cunha farinxe muscular diferenciada, equipada con o mástax.

A boca sitúase en posición ventral. Este conxunto se continúa,

cun curto esófago ciliado que desemboca nun

estómago glandular con glándulas anexas e do que parte un intestino estreito que remata no

recto.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 19: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

CutículaO corpo presenta unha capa epidérmica sen límites estre as células, é dicir, é de tipo sincitial. Esta está recuberta dunha

cutícula ornamentada ou non, que oscila entre...

Unha pel flexible, con frecuencia dividida en

aneis parcialmente invaxinábeis un dentro

do outro, como os tubos dun telescopio.

Un recubrimento sólido, xeralmente

ornamentado, denominado loriga.

Voltar

Carlos Pérez Valcárcel

Page 20: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Musculatura

A musculatura se distribúe en

feixes descontinuos de músculos

lonxitudinais e transversais.

Estes xeralmente presentan

fibras estriadas.Carlos Pérez Valcárcel

Page 21: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Formas sedentariasAlgúns están suxeitos ao

substrato. Estes últimos son as interesantes

formas sedentarias, que habitan nun tubo construído por eles mesmos.

Este é ás veces xelatinoso, e

outras formado por pequenas

pezas a modo de ladrillos.Carlos Pérez Valcárcel

Page 22: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

QuisteCando escasean as chuvias e están suxeitos a unha intensa seca, segregan unha cuberta xelatinosa, que forma unha especie de quiste de resistencia,

onde o animal permanece durante tempo indefinido. Cando as condicións do medio se restablecen saen do quiste para levar unha vida normal. A súa vida

dura, por termo medio, unha semana.

Carlos Pérez Valcárcel

Page 23: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Chave de determinación das especies máis frecuentes

1.- Organismos coloniais, formando esferas de poucos ate 60 individuos que nadanlibremente …………..................................................................................................... Conochilus1.- Organismos solitarios, libres ou sésiles .................................................................................. 2

2.- Animais que nadan libremente na auga ................................................................................ 32.- Animais sésiles ......................................................................................................................... 8

3.- Animais con cabeza e pé telescópicos e retráctiles, con corpo anelado e que cando nonnadan, camiñan como unha sambesuga ....................................................................... Philodina3.- Non así ...................................................................................................................................... 4

4.- Pé brando, retráctil, anelado ao menos externamente ......................................................... 54.- Pé ríxido formado por unha ou varias pezas ou artellos rematados en dúas dedas máisou menos longas, ou sen pé ........................................................................................................... 6Carlos Pérez Valcárcel

Page 24: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Chave de determinación das especies máis frecuentes II

5.- Lóriga máis ou menos angulosa, con espiñas. Pé rematado en dúas dedas curtas........................................................................................................................................ Brachionus5.- Lóriga circular ou ovalada, sen espiñas. Pé rematado nun penacho de cilios....................................................................................................................................... Testudinella

6.- Superficie dorsal dividida en campos poligonais .................................................... Keratella6.- Superficie dorsal non así ......................................................................................................... 7

7.- Lóriga comprimida lateralmente. Con dúas cristas dorsais separadas por un suco............................................................................................,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,...................... Mytilina7.- Lóriga non comprimida, asimétrica, con dúas dedas en xeral longas e as veces unha máisque a outra .................................................................................................................. Trichocerca

8.- Animais aloxados nunha cuberta mucilaxinosa transparente .............................. Collotheca8.- Animais aloxados nunha cuberta formado por numerosas pezas esféricas ou doutrasformas ............................................................................................................................ FlosculariaCarlos Pérez Valcárcel

Page 25: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Conochilus

Volver a chave

As especies colonias forman en xeral, ácimos esféricos que están formadas por

dous a 25 individuos, pero en algunha especie poderían chegar ate 100.

Non posúen lóriga

O pé está atrofiado, e é longo anelado e sen dedas, pero con un órgano

adhesivo terminal.

Atópanse nadando libremente no plancto de lagos e estanques limpos, sobre todo de

montaña. No verán as veces, está en grandes cantidades.Carlos Pérez Valcárcel

Page 26: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Philodina

Volver a chave

Organismo subdividido en aneis sucesivos e parcialmente retráctiles o

mesmo que a cabeza que tamén é telescópica.

Non posúen lóriga

Aparato rotatorio ben desenvolvido con dous discos

ciliados en forma de dobre roda

Dúas manchas oculares sobre o cerebro

O mástax, está constituído por pezas mastigadoras de forma semicircular

Frecuentes nadando libremente ou camiñando a modo de sambesugas entre as masas de algas e plantas de charcas, lagos e

estanques.Carlos Pérez Valcárcel

Page 27: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Brachionus

Volver a chave

Espiñas nas caras anterior e posterior

Pé retráctil

Dúas dedas curtas con glándulas adherentes

Os ovos sitúanse na base do pé

Mástax

Aparello rotatorio

É un Rotífero cosmopolita que se atopa en unha grande variedade de medios de

auga doce como ríos, pantanos, estanques, lagos e charcas, sobre todo na primavera e o outono, alimentándose de

detritos.Carlos Pérez Valcárcel

Page 28: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Testudinella

Volver a chave

Animais cunha lóriga aplanada, sen espiñas, de contorno circular,

ovalado ou piriforme e coa parte dorsal vítrea e granulosa.

A musculatura lonxitudinal é estriada

O pé, que sae da cara ventral da lóriga, é móbil, con sucos

transversais, retráctil, brando e cun penacho de cilios no seu extremo.

As especies deste xénero son solitarias e se atopan sobre o lodo do fondo das charcas e

entre plantas acuáticas e algasCarlos Pérez Valcárcel

Page 29: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Keratella

Volver a chave

Seis espiñas longas en posición anterior

Dúas espiñas posteriores

Recubrimento dividido en campos poligonais ou placas

Non posúen nin pé nin dedas

Atópase no plancto de embalses, lagos, charcas, estanques e turbeiras. É un xénero amplamente difundido e a miúdo frecuente.Carlos Pérez Valcárcel

Page 30: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Mytilina

Volver a chave

Cunha lóriga con varias placas ríxidas, comprimida lateralmente, que posúe

dúas cristas dorsais paralelas

Posúe tamén espiñas tanto diante como atrás.

O pé e curto, dividido en un ou tres artellos e salvo as dúas dedas en que remata, retráctil no interior da lóriga

Atópase en estanques, turbeiras e augas estancadas, movéndose entre as algas e plantas acuáticas ou tamén nos lodos.Carlos Pérez Valcárcel

Page 31: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Trichocerca

Volver a chave

Animais retortos asimetricamente

As pezas do mástax tamén son asimétricas

Loriga ríxida e sen espiñas, formada por unha soa peza, de sección

redondeada.

Cola curta con dúas dedas filiformes, as veces moi longas, que poden ser

de igual lonxitude ou desiguais.

Atópanse formado parte do plancto, nadando describindo liñas helicoidais, en augas

pouco profundas.Carlos Pérez Valcárcel

Page 32: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Collotheca

Volver a chave

Sen lóriga, aloxados dentro dunha envolta mucilaxinosa e transparente.

Posúen unha coroa ciliada ampla, rematada en un ou varios picos ou lóbulos, cunhas sedas dispersas,

longas e delgadas.

O pé é longo anelado e sen dedas, está atrofiado e posúe un órgano

adhesivo terminal.

Aloxados dentro dunha envolta mucilaxinosa e transparente.

Estes animais son sésiles, suxeitos a plantas acuáticas en lagos, estanques e carcas de

turbeira.Carlos Pérez Valcárcel

Page 33: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Floscularia

Volver a chave

As coroas teñen tres ou catro lóbulos cubertos por cilios fortes, visíbeis e móbiles.

Aloxados no interior dun tubo formado por pezas esféricas.

Estas pezas presentan unha cor amarela dourada ou parda.

O pé está atrofiado e non posúe dedas, pero si un disco adhesivo

terminal.

Atópase en charcas, lagoas e lagos, sobre plantas acuáticas e no envés do nenúfar e

das lentellas de auga.Carlos Pérez Valcárcel

Page 34: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Conclusións

De todos os organismos acuáticos é probábel que os rotíferos, sexan os máis fáciles deobservar xa que:

• Son totalmente transparentes, o que facilita o seu estudo interno.

• Son o suficientemente grandes como para non pasar desapercibidos.

• Algúns son moi lentos, ou se paran o tempo suficiente ou están suxeitos ao substrato.

De todas as maneiras nos plans de estudio actuais, tanto a botánica como a zooloxía, caeron en desgraza, polo que a miña percepción, e que para aos nosos alumnos e incluso para algúns profesores, poderiamos estar a falar dunha de rotíferos como de dunha

de romanos ou unha de vaqueiros.Carlos Pérez Valcárcel

Page 35: Unha de rotíferos - cpvalcarcel.files.wordpress.com · As augas doces. Ao redor do 70% da superficie da terrestre está cuberta de auga e desta só o 2% se corresponde coas augas

Grazas

Carlos Pérez Valcárcel