Unha guía para pasarmos á...

130
Unha guía para pasarmos á acción Campañas en defensa do medio ambiente

Transcript of Unha guía para pasarmos á...

Unha guía para pasarmos

á acción

Campañas en defensa do medio ambiente

Editada por:Greenpeace España. Xaneiro, 2005

Coordinación: Alicia Cantero

Autoras:Alicia Cantero, Paloma Colmenarejo, Eva Hernández, Raquel Montón

Colaboraron na elaboración desta guía:Meritxell BennasarCarlos BravoMaria José CaballeroJulián CarranzaMª Jesús CalzónJuan Felipe CarrascoAlejandro EirasLuis FerreirimJosé Luis GarciaJosé Manuel MarracoRebeca PorrasMario RodríguezMª Luisa ToribioAsensio Rodríguez

Agradecementos Cesar Castaño, Juan de Dios Fernández, Philippe Cazanave

Adaptación de textos, deseño e maquetación:punto & coma

Revisión de estilo:Laura Pérez, punto & coma

Ilustracións:José A. Calvo

Autor da tradución e adaptación a lingua galega:Fuco Paz Souto

Esta guía está dispoñíbel en versión dixitalno web de Greenpeace:www.greenpeace.es

LIMIARPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5

Que significa facer unha campaña? . . . . . . . . . . . .6

Os alicerces dunha campaña . . . . . . . . .7O obxectivo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8

A estratexia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .9

1. Coñecer o problema polo miúdo . . . . . . . . . .9

2. Analizar a información . . . . . . . . . . . . . . . .15

3. Establecer prioridades . . . . . . . . . . . . . . . .16

4. Definir liñas de actuación . . . . . . . . . . . . . .17

Planificar e programar as actividades . . . . . .18

Non esquecer! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .22

A avaliación: aprender da experiencia . . . . . .23

Recapitulamos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .24

A nosa campaña en marcha . . . . . . . .25Facer chegar as nosas demandas aos responsábeis. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26

Implicar a outros colectivos . . . . . . . . . . . . . .28

Conseguir o apoio da cidadanía . . . . . . . . . . .30

1. Tarxetas postais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .31

2. Correo electrónico . . . . . . . . . . . . . . . . . . .32

3. Follas de sinaturas . . . . . . . . . . . . . . . . . .33

Transmitir a nosa mensaxe na rúa . . . . . . . . .36

1. Charlas, conferencias e coloquios. . . . . . . . .36

2. Mesas informativas . . . . . . . . . . . . . . . . . .38

3. Demostracións, marchas e manifestacións . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .40

A presión política, económica, social: O traballo de lobby . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .44

3CAMPAÑAS EN DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE - Limiar

Material informativo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .46

1. Definir as nosas necesidades . . . . . . . . . . . . . . .47

2. Elixir os soportes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .51

3. Materiais que conviden á lectura . . . . . . . . . . . .52

Na rede . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .54

O traballo cos medios de comunicación . . . . . . . .57

1. O comunicado de prensa . . . . . . . . . . . . . . . .59

2. A entrevista . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .62

3. A rolda de prensa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .67

4. As imaxes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .71

Non esquecer! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .72

A Vía Legal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .73

1. Dereito de Acceso á Información Ambiental . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .75

2. Avaliación do Impacto Ambiental: como participar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .84

3. Iniciativa Lexislativa Popular . . . . . . . . . . .92

4. Denuncias, Querelas e Queixas . . . . . . . . . .97

5. Como acceder á lexislación ambiental: webs de interese . . . . . . . . . . . . . . . . . .110

Anexo: Como crear unha asociación . . . . . . . . . . . . . . . .113

Que é unha asociación . . . . . . . . . . . . . . . .115

Como constituíla . . . . . . . . . . . . . . . . . . .116

Os Estatutos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .117

Órganos dunha asociación . . . . . . . . . . . .119

Funcionamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . .120

Utilidade Pública . . . . . . . . . . . . . . . . . . .123

Algunhas cuestións sobre financiamento. .125

4

UNHA GUÍA PARA PASARMOS Á ACCIÓN - Limiar

Presentación

Coidar o medio ambiente é responsabilidade detodos. Rematar cos vertidos dunha fábrica, acabarcos fumes contaminantes dunha industria, atrancar arealización dun proxecto que prexudique o noso con-torno,son razóns máis que dabondo para que nosorganicemos e decidamos actuar.

A finalidade desta guía é orientar a aquelas per-soas que queiran asumir nalgún grao esta res-ponsabilidade. O noso propósito non é explicar como“facer campañas” Greenpeace, senón proporcionarunha ferramenta para que cada persoa ou colectivorecolla o que sexa de utilidade e o adapte ás súas pro-pias circunstancias.

A guía divídese en dous capítulos. No primeiro capí-tulo, Os alicerces dunha campaña habémonos deternos pasos precisos para preparar unha campaña de xeitoeficaz. No segundo: A nosa campaña en marcha, face-mos un percorrido por algunhas das actividades máishabituais no desenvolvemento dunha campaña.

Por outra banda, talvez existan asociacións que traballansobre o problema que nos preocupa, sumarémonos a elas.Non obstante, podemos crear unha nova. Pensando nestasegunda opción, incluímos un Engadido sobre os pasosa dar co obxecto de crear unha asociación, os órganosque a compoñen e os aspectos legais do seu funcionamen-to e financiamento.

En diferentes apartados da guía, ofrecemos enderezos webque poden ser de interese.

Confiamos en que vos sexa de utilidade e animámos-vos a participar activamente na defensa do medioambiente.

5CAMPAÑAS EN DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE

Por que unha guía?

Que podedes

atopar nela?

Que significa facer unha campaña?

Pór en marcha unha campaña vai máis aló da simple orga-nización dun conxunto de actividades co obxecto de lograrun obxectivo. Unha campaña implica:

ˆ Un tempo de preparación e planificación.

ˆ Traballo en equipo.

ˆ Un compromiso para lograr un cambio real.

ˆ A participación da sociedade, que só se fará reali-dade se hai motivación. Para iso, teremos de informardo problema e das súas consecuencias, demostrar queexiste unha solución e que é posíbel conseguila e pro-por formas concretas de participar.

ˆ Simplificar o complexo e transmitilo dun xeitoclaro e sinxelo. Aínda que a realidade sexa comple-xa, a campaña nunca o debe ser.

ˆ Ademais dun traballo técnico, moita creatividadee flexibilidade.

6

UNHA GUÍA PARA PASARMOS Á ACCIÓN

Unha campaña

é moito máis ca

un conxunto de

actividades.

Todo isto acompañado de grandesdoses de determinación, entusiasmo e paciencia, porque desenvolver unhacampaña non é tarefa doada, mais éposíbel e ademais pódese gañar

Os alicerces dunha campaña

As claves do éxito dunha campaña son:

ˆ Ter o obxectivo claro.

ˆ Deseñar unha estratexia para logralo.

ˆ Planificar e programar as actividades que imos realizar.

De todos estes aspectos, precisos para articular unhacampaña, tratamos neste primeiro capítulo.

7OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - Capítulo 1

1CAPÍTULO

Debemos

definir o

obxectivo

con precisión.

E ser realistas,

preguntándonos:

- Que recursos

temos?

- Que prazos son

razoábeis?

8

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - O obxectivo

O obxectivo

Para comezar, debemos ter claro o obxectivo a conseguir.Así e todo, é fundamental telo definido. É imprescindíbel quetodas as persoas do grupo o coñezan e o compartan. Cantomáis claro sexa e maior o número de persoas e insti-tucións que o apoien, maiores serán tamén, as proba-bilidades de éxito.

Para iso hai que identificar o problema e explicar cla-ramente que queremos facer, por qué e para que. Porexemplo, se unha comunidade está afectada pola conta-minación dun río, semella lóxico que o obxectivo sexa,desbotala. POR QUE? Porque afecta ao ecosistema e asaúde das persoas. PARA QUE? Para manter o río en boascondicións ambientais e sociais, de xeito que mellore acalidade ambiental e o benestar social.

É fundamental enunciar de maneira clara, breve esinxela o noso obxectivo, sinalando prazos que poi-damos cumprir e sendo realistas na estimación dosrecursos dispoñíbeis (humanos e materiais). No nosoexemplo, pretender salvar o río é tan só un desexo.Porén, desbotar as actividades destrutivas ou contami-nantes sobre o río ao seu paso pola nosa localidade noprazo de dez anos, é un obxectivo claro e real.

Non debemos esquecer que o que non é bo para nós,tampouco o é para outros, noutro lugar. É dicir, oobxectivo non consiste en trasladar o problema,por exemplo, que se leve unha industria conta-minante a outra poboación.

Cando o noso obxectivo xeral sexa amplo, (des-botar as actividades destrutivas e contaminantes)procuraremos analizalo en obxectivos específi-cos (depurar as augas residuais, acabar cos vertidos

dunha industria, evitar a contaminación xerada polaagricultura intensiva...) e establecer prioridades.Mais isto, xa forma parte da nosa estratexia.

A estratexia

Para acadar o noso obxectivo, o primeiro que faremosserá deseñar unha estratexia. Idear unha estratexiasignifica coñecer a situación actual e albiscar o futuro,xa que non se pode decidir sen sabermos ata onde sequere chegar. Para iso, debemos comezar por recom-pilar toda a información posíbel, para máis tardeanalizala, establecer as nosas prioridades, marcaras liñas de actuación que se han poñer en marcha e,por último, concretar a nosa estratexia coa planifi-cación e programación das actividades que imosrealizar.

Veremos, a continuación, cada un destes pasos.

1. Coñecer o problema O primeiro paso é ter clara a situación de partida, xa quese fai preciso coñecer a realidade para logo, ser quen detransformala. Saber onde estamos, para máis tarde expo-ñer ata onde pretendemos chegar e como o podemos facer.E non esquezamos que se hai alguén que xa está a traballaro problema, vai ser máis efectivo unir as nosas forzas.

9OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

Se o obxectivo

é amplo,

estableceremos

prioridades.

Para deseñar

unha estratexia

é preciso:

- Coñecer ben

o problema.

- Analizar toda

a información.

- Establecer

prioridades.

- Definir liñas

de actuación.

Unha boa información será determinante para o éxitoda nosa campaña.

ˆ Hanos axudar a comprender mellor o problema sobre oque traballaremos.

ˆ Hanos permitir identificar responsábeis e posíbeis aliados.

ˆ Hanos axudar a identificar oportunidades e priorizar asnosas actuacións.

ˆ Hanos servir para dar a coñecer o contido da campaña,tanto ao público como aos medios de comunicación.

H Procuramos información:

A información deber ser obxectiva e verificábel. Deladepende a nosa credibilidade. Se dispoñemos de infor-mación que non é fiábel, mellor non utilizala.

Son moitas as fontes de información que podemosempregar. Velaí tendes algunhas delas:

ˆ Noticias publicadas nos medios de comunicacióncomo prensa, radio, medios dixitais, etc. É precisocontrastar esta información.

ˆ Informes científicos, estudos de opinión,etc..elaborados por universidades, organismospúblicos ou privados, organizacións, centros dedocumentación, etc.

ˆ Informes técnicos ambientais. Todos os cida-dáns temos dereito de acceso á informaciónambiental. A administración, ben sexa cen-tral, autonómica ou local, está obrigada aofrecernos a información técnica da que dis-

10

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

Para coñecer

o problema

debemos

reparar en:

- As súas

causas.

- Quen son os

responsábeis.

- Quen son os

nosos posíbeis

aliados.

- Que actuacións

podemos

empregar.

poñan. Esta canle pode ser unha boa fonte deinformación sobre aspectos ambientais diversos,como o estado da auga ou do solo; sobre asmedidas de protección que se están a levar acabo na zona, etc. Podemos ampliar esta infor-mación consultando o apartado: A Vía Legal:Dereito de Acceso á Información Ambiental.

ˆ Procedemento de “Evaluación de ImpactoAmbiental” (EIA). No caso dun proxecto queaínda non se ten levado a cabo, a forma máis doadade obter toda a información, será participar no pro-ceso legal establecido pola Administración, xa quemoitos dos proxectos que afectan ao medio ambien-te deben ser sometidos a unha Avaliación deImpacto Ambiental.

O proceso consta dunha serie de pasos que inclúen aparticipación cidadá, para iso ponse a disposición detodos os interesados o proxecto na súa totalidade.(No apartado A Vía Legal: A Avaliación deImpacto Ambiental, atoparemos informaciónsobre o proceso)

ˆ Documentación sobre o terreo. Antes ou despois daexecución do proxecto, é importante dispor da infor-mación relativa á situación sobre o terreo. Esta infor-mación, de certo, ha ter moitas aplicacións; pode ser decarácter informativa, testemuñal, divulgativa, probaspara unha denuncia, etc.. no seu caso debemos valoraro modo de obtención, xa que diso vai depender a súaidoneidade para o uso que lle outorguemos posterior-mente.

� Información gráfica como fotografías, gravaciónsen vídeo dun treito do río que vai ser ou está a sercontaminado por unha industria. Recollendo imaxesde animais mortos, bidóns abandonados, etc.. ou se

11OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

Podemos dispor

de moitas fontes

de información:

- Noticias.

- Informes

- Procedemento

de Avaliación

de Impacto

Ambiental.

- Documentación

sobre o terreo

(información

gráfica, toma

de mostras,

recollida

de datos,

testemuños...)

- Ferramentas

legais.

aínda é un proxecto, documentar o estado inicialantes de que se produza o impacto. É fundamentalque conste a data.

� Toma de mostras para a súa análise. A experien-cia indica que sen a presenza do “Servicio deProtección de la Naturaleza de la Guardia Civil(SEPRONA), a toma de mostras e o resultado dassúas análises carecerán de validez nunha denuncia(outra cousa distinta é o valor testemuñal dasdevanditas probas). Se tomamos nós a mostra,será imprescindíbel consultar un organismo exper-to (unha universidade, por exemplo) o protocolo aseguir, coa idea de que a nosa saúde non presen-te risco algún e que as mostras non se alteren,chegando a se perder. Tamén nos poderán acon-sellar sobre quen pode realizar a análise e elabo-rar unhas conclusións científicas.

� Recollida de datos. A frecuencia dos vertidosdunha industria, a información recollida nas eti-quetas de determinados produtos, a densidadedo tránsito nun determinado lugar, etc.. sondatos a ter en conta. Estes son algúns exem-plos da información que podemos recompilarpara ter referencias, poder constatar ou cuan-tificar unha información; ou ben para analizarunha situación entre outras cousas.

� Testemuños da xente do lugar. Poderánachegar información de interese, e sobre todoaxudarán a comprender os diferentes puntosde vista perante o mesmo problema. De que-rermos utilizar os testemuños posteriormen-te na nosa campaña, non debemos esquecerdatos fundamentais como o nome da persoae a súa relación co problema que estamos adocumentar.

12

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

ˆ Ferramentas legais. É fundamental que, ade-mais, nos informemos sobre as ferramentas legaisdas que dispomos: bandos municipais, lexislaciónautonómica, estatal ou comunitaria, que clarifi-quen a situación á que nos enfrontamos, ou esta-blezan a protección dos espazos naturais que pre-tendemos defender ou ben das súas especies, asícomo medir niveis de emisión, vertido, etc..

H Consultamos con técnicos e expertos:

En repetidas veces, os temas aos que nos enfron-temos serán complicados dende a perspectiva téc-nica ou legal. Por iso, debemos consultar a técnicos eexpertos que atoparemos en facultades, institutos deinvestigación, centros de estudos, e nas ONG. Outraopción será acudir aos propios técnicos da Administraciónde termos dúbidas sobre a vixencia dunha lei, os limiaresde certos contaminantes, a figura de protección para unespazo ou especie... Temos o dereito de preguntar e aAdministración o deber de respostar.

Facendo uso destas consultas, é moi probábel que vaiamosentrando en contacto con persoas que teñan inquedanzas ecoñecementos ambientais e, quizais, se troquen en auténti-cos aliados.

É importante manter contacto con representantes domundo académico, coa posibilidade de asesorarnos tecni-camente sobre moitos aspectos e, nalgúns casos, seren ban-deirantes da nosa causa.

Resulta moi útil facer unha posta en común sobre coñe-cidos ou contactos de interese así como elaborar unhalista con todos eles.

13OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

A credibilidade

da nosa campaña

precisa un bo

coñecemento

técnico do

problema.

Xa para rematar, nós mesmos, na medida do posíbel, debé-monos converter en “expertos” no tema que estamos a tra-tar. Internet é unha fonte de información constanteque pode solucionarnos moitas dúbidas en poucotempo.

H Indagamos quen ten responsabilidades no tema:

Deberemos identificar aos responsábeis do proxecto ousituación que promoveu a nosa campaña, ben naAdministración ou no sector privado. Permitiranossaber, a quen dirixir as nosas demandas.

Na meirande parte dos casos, atoparemos responsá-beis a diferentes niveis. Dunha banda, o promotor doproxecto ou o causante do dano, que poder ser tantopúblico (un concello, por exemplo) como privado (unhaempresa). Por outra, os organismos da Administraciónque deben dar o visto e prace dende unha perspectivaambiental e outorgar as licenzas, ben realizando con-trois e/ou facendo cumprir as leis.

De continuarmos co exemplo do río contaminado,poderíanse identificar varios responsábeis: A industriaque produce a contaminación, a Concellaría de MedioAmbiente do Concello, as Consellarías de MedioAmbiente e Industria que tramitou as licencias destaempresa e que deben controlar os seus vertidos, emais a Administración do Estado, a través daConfederación Hidrográfica correspondente, por nonteren controlado o problema.

ˆ No caso da Administración: é preciso saber queorganismos ou departamentos teñen compe-tencia. A mesma Administración ten o deberde nos informar. Ás veces, pode darse a con-

14

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

Atoparemos

dous niveis de

responsabilidade:

- Responsábeis

do proxecto,

industria ou

actividade

obxecto da

nosa campaña.

- Responsábeis

de conceder

autorizacións

ou de garantir

o cumprimento

da lexislación.

fluencia de competencias das diferentes adminis-tracións sobre un mesmo tema.

ˆ No caso das empresas: deberemos coñecertodos os datos posíbeis, nome e enderezo; pro-pietarios e integrantes da Xunta Directiva; se tra-tamos cunha empresa matriz, ou se pola contra,pertence a un grupo empresarial ou é unha filial;ámbito de actuación e importancia da empresa naactividade económica na zona; número de traballa-dores; traxectoria da empresa (administrativa,ética, cumprimento de normativa ambiental e labo-ral, se ten representado o papel de protagonistanoutros casos de contaminación en lugares ou paí-ses distintos..); produtos que fabrica, cantidade dedestino; para que mercados; materias primas queemprega, a súa procedencia, tipo e cantidade, etc..

Existen moitas formas de obter esta informa-ción, ben a través da propia Administración(Ministerio e Consellarías de Industria, Cámara deComercio), publicacións sobre economía e empresas,ou Internet. Para cuestións máis concretas, a meiran-de parte das veces, haberá que se dirixir á propiacompañía.

2. Analizar a informaciónUnha vez recompilada toda a información precisa, é funda-mental analizala devagar. A primeira regra é non dar nadapor suposto. Ordenar e analizar toda a información tra-tando de non pasar nada por alto, axudará a coñecerpolo miúdo o problema e pensar na forma máis eficazde abordalo. Involucrar aos distintos membros da asocia-ción arrequecerá a análise cos seus diversos puntos de vista.

15OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

É importante

non pasar

nada por alto.

Tras a análise teremos que distribuír o noso obxectivoxeral en distintos obxectivos específicos. Por exemplo,no caso da defensa dun río, o obxectivo xeral “desbotar asactividades destrutivas ou contaminantes sobre o río ao seupaso pola nosa localidade no prazo de dez anos” distribui-rase en diferentes obxectivos específicos: evitar a contami-nación por mor da agricultura intensiva, impedir a desfeitaque orixinan as empresas areeiras que extraen os áridosnas súas ourelas, rematar co vertido dunha industria,atrancar a construción dun encoro, etc.

3. Establecer prioridadesXa, por fin, establecidos os obxectivos específicos,debemos establecer cales son as prioridades. Estas,determínanse baseándose nas relacións entre osobxectivos específicos e a contribución destes, aoaumento da gravidade do problema. Continuando conoso exemplo, de todos os problemas analizados, o pro-xecto de construción dun grande encoro, probablementesexa a maior das ameazas que afronta o noso río, eantóllase como fundamental, atrancar a construción doencoro, xa que logo a destrución que xeraría sobre o ríoé, acaso, a de maior dimensión. Aínda máis, a súa cons-trución incrementaría e aceleraría a actividade das can-teiras para produciren materiais de construción, enga-diría un tránsito adicional, posibelmente a contamina-ción do río e, de seguro, fomentaría unha expansión daagricultura intensiva. Centrariamos, polo tanto, a nosacampaña en impedir que se constrúa o encoro.

16

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

A análise

hanos levar

a desagregar

o noso

obxectivo

xeral en

obxectivos

específicos.

Despois, será

o momento de

poñer por orde

de prioridade

os obxectivos

específicos, en

función da súa

contribución

ao problema.

4.Definir liñas de actuaciónUnha vez analizada a situación e establecidas asnosas prioridades, é hora de pensar nas liñas deactuación a pór en marcha, Segundo os casos, repa-raremos nas diferentes liñas de actuación quepoidan ser complementarias ou excluíntes, comoestender a campaña na sociedade para lograrapoios, influír en ámbitos de goberno, exercerpresión sobre os que financian un proxecto dani-ño para o medio ambiente, etc.

Seguindo co noso exemplo, a construción dun encoro,o estado de tramitación do mesmo amosaranos os pri-meiros pasos a fin de influír no procedemento deAvaliación de Impacto Ambiental ou na concesión dasautorizacións precisas. Noutros casos, comezaremospor dar a coñecer o problema, ou de existir unha oposi-ción social, conseguiríamos un bo efecto apoiándoa conaccións na rúa que intensifiquen a presión.

17OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A estratexia

Definir as nosas

liñas de actuación,

axudará a

seleccionar

as actividades

concretas que se

botarán a andar.

Planificar e programar as actividades

Unha vez definidas as liñas de actuación que imos seguir,teremos que programar o tipo de actividades a realizar,con que medios –humanos e materiais– contamos, calserá o lugar máis axeitado para cada unha delas e omomento máis oportuno para obter os resultados agar-dados. É dicir, concretaremos a nosa estratexia.

H Que facer:

Unha vez aquí, precisamos exercer o pensamento creati-vo. Tanto para desenvolver novas ideas, como para vol-ver a inventar o coñecido.

As actividades variarán segundo as liñas de actua-ción que nos temos marcado. Por exemplo, se unhadas nosas liñas de actuación é a difusión da campaña nasociedade, repararemos en materiais divulgativos,montar mesas informativas en espazos públicos, orga-nizar foros. Se outra é, influír en ámbitos de goberno,organizaremos unha recolleita de sinaturas, unha pre-senza na rúa (unha demostración, unha marcha), etc..

No capítulo: A nosa compaña en marcha aclara-mos algunhas das actuacións máis habituais quese poden levar a cabo nunha campaña.

18

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - As actividades

O primeiro será

concretar as

actividades que

imos realizar.

H Con que medios:

ˆ O equipo humano. Sen dúbida, o equipo huma-no é o recurso máis prezado do que dispomos, xaque son as persoas as que fan as cousas posí-beis.Pode ser, que nun principio, dispoñamos depersoas moi motivadas e dispostas a actuaren,mais non esquezamos que, seremos máis opera-tivos, se nos organizamos e repartimos astarefas, buscando responsábeis para elas;habemos de avanzar, moi rapidiño.

No noso grupo é posíbel que contemos con persoascon experiencias e formación de moito valor, comopuideran ser aquelas con capacidade para buscar einterpretar a información lexislativa, ou emprenderaccións legais, persoas con experiencia en comunicarou en xestionar fondos. Porén, se isto non é posíbelteremos de especializarnos; calquera persoa podechegar moi lonxe con motivación, e cando sexa preci-so, apostaremos por expertos.

ˆ Recursos materiais: sempre precisaremos unhaserie de recursos materiais e, en xeral, os recursoseconómicos non chegarán dabondo. Isto provoca quedebamos orzar os gastos, sendo realistas e previ-sores. Deste xeito, poderemos valorar economicamen-te as posibilidades da nosa tarefa. En moitas ocasiónsserá clave para avaliar a viabilidade dos nosos propósi-tos e facilitar a toma de decisións.

Non debemos esquecer que o hábito de “reducir, vol-ver a utilizar, e reciclar” nos axudará a aforrar eoptimizar os nosos recursos. Mercar só o que real-mente precisemos, pensar correctamente na cantidadede folletos ou doutros materiais que imos empregar, nonmalgastar no uso da calefacción ou as luces no local, vol-ver a utilizar materiais...son prácticas que, ademais de

19OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - As actividades

Con que experiencia

contamos no grupo?

Quen se vai

responsabilizar das

diferentes tarefas?

Coidado cos

gastos. Hai que

ser previsores

á hora de orzar

as nosas

actividades.

aforrarnos diñeiro, han facer os nosos actos cotiáns máiscoherentes coa conservación dos recursos naturais e adefensa do medio ambiente.

H Onde, e para quen :

Debemos ter en conta o noso ámbito de actuación eas características sociais da poboación á que nosimos dirixir. Axudaranos a encaixar as nosas mensa-xes e as accións que propoñamos. Non é o mesmo queo noso traballo se desenvolva no ámbito político ou noámbito social, ou en ambos os dous. E, dentro do ámbitosocial, tampouco é igual que nos dirixamos a unha árearural ou a un barrio dunha gran cidade. Factores como oestilo de vida e mais o ritmo de vida ou os recursos eco-nómicos, influirán na dispoñibilidade do tempo ou nas for-mas de colaborar os veciños e veciñas afectados. Porexemplo, se buscamos que mostren o seu apoio, nunscasos será factible organizando unha recolleita de sina-turas e, noutros, botando a andar unha petición a travésdo correo electrónico.

H Cando:

A elección do momento no que se realizarán asdistintas actividades será determinante a fin deconseguir a máxima eficacia. Habemos de sernós, e non as circunstancias externas, os que mar-quemos o ritmo e mais a intensidade da campa-ña, adaptándonos, iso si, aos procesos que nos inte-resan; como pode ser a tramitación dun proxecto, oavance dunha denuncia ou investigación, o momen-to no que o proxecto vai ser debatido nun pleno doconcello, etc...

20

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - As actividades

É importante

adecuar as

mensaxes e

accións á

poboación á cal

nos diriximos.

É interesante ter en conta datas e momentossalientábeis. Por exemplo, convocar un acto endefensa do noso río coincidindo co Día Internacionalda Auga.

É fundamental que programemos as distintasactividades no tempo, realizándoas de formagradual a fin de manter a atención sobre o tema, eseguir unha orde lóxica que nos axude a manter amáxima efectividade.

21OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - As actividades

Debemos marcar

nós, o ritmo da

campaña; sen

esquecer os

acontecementos

externos que

a poidan afectar.

As liñas de actuación e as actividades poderán variar segundo a evolución

da campaña, mentres que o noso obxectivo permanecerá no tempo.

Non violencia

O papel da acción cidadá é facer valer os nosos derei-tos e actuar como testemuñas perante a sociedadedaqueles actos e feitos que os lesionen. En moitoscasos, foi a sociedade civil a que, coas súas demandas,impulsou a creación de normativas e programas ambientais,esixindo accións concretas ante situacións determinadas.

Dende Greenpeace cremos que para acadar este fin debeoptarse sempre por unha estratexia de acción nonviolenta. Isto implica o respecto para todas as perso-as (ben sexan aliados, neutrais ou adversarios) aolongo de toda a campaña.

“O fin está nos medios, como a árbore está nasemente”, dicía Ghandi. Non podemos acadar un fincon medios contraditorios a ese fin, polo tanto, nonpodemos optar –en ningún caso–, pola violencia.

Solucións e alternativas

É fundamental que na nosa campaña semprepropoñamos solucións e xeremos alternativasao problema que esteamos a denunciar.

22

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - Non esquecer!N

on

esq

uece

r!

A avaliación: aprender da experiencia

Segundo vaiamos esgotando distintas fases danosa campaña, cómpre facer unha parada eavaliar se estamos a piques de chegar ao nosoobxectivo, se a nosa estratexia é a máis adecua-da, o noso traballo é eficiente.

Se temos claro o obxectivo, e temos deseñada unhaprogramación, vai ser moi doado identificar os acertose mais os erros para cada actividade. É posíbel que,nalgúns casos, as circunstancias trocaran un obxectivoespecífico que era prioritario en algo secundario, e istodebe orixinar unha reacción que, decontado, nos leveao aforro de enerxía a fin de seguir unha estratexia que,se cadra, non é a máis idónea. De aí a importancia dedefinirmos uns indicadores claros que nos permi-tan medir, dalgún xeito, a evolución da campaña.

Debemos presentar a avaliación como un exercicioútil, no que valoremos a eficacia e mais a eficienciada nosa campaña. Para valorar a eficacia do noso tra-ballo debemos preguntarnos en que medida temosconseguido o noso obxectivo. Para valorar a nosa efi-ciencia debemos establecer se é posíbel realizar o nosotraballo doutra maneira a un custo menor de mediose recursos.

Existen métodos dabondo para efectuar unha avaliación,por iso debemos procurar o que mellor se adapte ás nosascircunstancias, a realidade sobre o que programamos e aosrecursos dos que dispomos a fin de levala a cabo. No pro-ceso avaliativo é importante que contemos con todasas persoas que leven participado dunha maneira oudoutra, na campaña.

23OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - A avaliación

Dedicar un tempo

a avaliar a marcha

do noso traballo,

axudaranos a ser

máis eficaces.

Para establecer os alicercesdunha campaña precísase:

H Definir con claridade o obxectivo, sendo realistas no que se refire a recursos e prazos.

H Deseñar unha estratexia, para iso requírese:

ˆ Recompilar información co obxecto de coñecer oproblema, as súas causas, os responsábeis, posí-beis aliados e vías de actuación.

ˆ Analizar a información obtida.

ˆ Debullar o obxectivo noutros específicos e esta-blecer prioridades.

ˆ Definir as nosas liñas de actuación: difusiónpública da campaña para lograr apoios, influen-cia en ámbitos de goberno, presión sobre osque financian o proxecto, etc.

H Planificar e programar as actividadespara cada liña de actuación. É hora de decidir:

ˆ Que facemos

ˆ Con que medios

ˆ Onde

ˆ Cando

24

OS ALICERCES DUNHA CAMPAÑA - RecapitulamosR

eca

pit

ula

mo

s

E non esquezamos

avaliar o noso

traballo para

comprobar a nosa

eficacia

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA - Capítulo 2

A nosa campaña en marcha

As actividades máis habituais da nosa campañaagrupámolas en función do noso propósito eobxectivos: Facer chegar as nosas demandas aos res-ponsábeis, implicar outros colectivos, conseguir o apoioda cidadanía, transmitir a nosa mensaxe na rúa ou facerun traballo de presión política; mais debemos ter enconta que unha mesma actividade pode servir, enmaior ou menor grao, a distintas liñas de actuación.

Neste capítulo tamén tratamos a elaboración de mate-rial informativo e o traballo cos medios de comunica-ción, que non son específicos de ningunha liña de actua-ción, senón que servirán de apoio a todas elas. Xa pararematar, dedicamos un apartado á vía legal, unha liña detraballo específica que será de utilidade en moitos casos.

2CAPÍTULO

25

Achegar as nosas demandas aos responsábeis Normalmente, o primeiro paso será dirixirnos directa-mente aos responsábeis do proxecto ou á actividadeobxecto da nosa campaña, a fin de que coñezan, de pri-meira man, a nosa visión do tema e as nosas deman-das. É importante manifestar a nosa disposición aodiálogo.

Os destinatarios: unha fórmula é dirixirnos aos dife-rentes actores involucrados no problema, sen esquecer-mos que unha opción non desbota a outra.

ˆ Os responsábeis directos, ben sexa unha empresaou ben, un sector da Administración.

ˆ Os que teñen capacidade de decisión (o Gobernoestatal ou autonómico, os representantes políticos, osresponsábeis municipais...).

ˆ Os que deben conceder unha autorización.

Como dirixirnos a eles: Podemos solicitar unhareunión, ou ben, enviar unha carta. En calquera doscasos debemos transmitir, claramente, o proble-ma e as nosas demandas. De remitirmos unhacarta, será importante coidar a presentación, serconcisos e utilizar un ton correcto. Se as persoasou organismos aos que nos diriximos aprobaron,recentemente, medidas que consideramos atinadas,non esquezamos mencionalo. Deste xeito, o desti-natario será máis receptivo, e comprobará que esta-mos atentos aos procesos que se veñen desenvol-

Os responsábeis

do problema

deben coñecer

de man de estrea

a nosa visión do

tema e as nosas

demandas.

26

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA - Transmitir demandas

vendo. É importante expor ao remate da cartao noso ofrecemento co obxecto de aclarar cal-quera cuestión ao respecto e expresar o interesepor manter unha reunión co destinatario. De serposíbel, deberase suxerir unha resposta por escrito.

Co obxecto de constatar que a nosa carta foi reci-bida, cómpre remitila a través de correo adminis-trativo, se vai dirixida a un organismo oficial, ou porcorreo certificado de seren outros os destinatarios.

Debemos arquivar copia de toda a correspondencia

da campaña.

27A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA - Transmitir demandas

Implicar outros colectivos

As agresións ao medio ambiente non son preocupación uni-camente dos grupos ecoloxistas. En moitas ocasións, ato-paremos magníficos aliados noutros colectivos cida-dáns ou profesionais interesados na protección do medioambiente, ou en sectores de poboación que se vexan afec-tados directa ou indirectamente polo problema: Partidospolíticos, sindicatos, asociacións de veciños, asociaciónsde pais e nais...

Por exemplo, se queremos acabar coa contaminacióndunha industria próxima á nosa localidade, non nos haresultar difícil atopar o apoio dalgunha asociación deveciños, de asociacións de nais e pais de colexios próxi-mos ou de grupos de profesionais do sector sanitario.Transmitirlles o obxectivo da nosa campaña e sen-sibilizalos explicando o problema e as súas conse-cuencias é, sen dúbida, unha tarefa fundamental. Deconseguirmos que sintan o problema como propio, tere-mos a estes colectivos dispostos non só a estender anosa campaña, senón a participar activamente nela.

Non esquezamos que conseguiremos máis doada-mente o noso obxectivo se adaptamos a nosamensaxe e actividades ao colectivo ao que nosdiriximos en cadansúa ocasión. De tratarse dunsector profesional específico, cómpre contar coa cola-boración dalgunha persoa dese sector que nos axudena programación e realización das actividades máisadecuadas.

Asociacións

de veciños, de

consumidores,

de nais e pais,

sindicatos,

profesionais,

etc. Poden ser

os nosos

aliados..

28

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Outros colectivos

É moi positivo reivindicar perante universida-des, asociacións, institucións, sectores profe-sionais, municipios, etc.. o apoio expreso ásnosas demandas. Podemos:

ˆ Facilitarlles información a fin de que eles mesmosse dirixan aos responsábeis do dano ambiental

ˆ Elaborar un texto que poidan asinar co obxecto deunirse á nosa iniciativa.

ˆ Enviar un comunicado de prensa ou realizar un actoconxunto, etc.

De obtermos o apoio doutros colectivos, éimportante que desemboque nos medios de

comunicación.

29A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Outros colectivos

Conseguir o apoio da cidadanía

Unha das formas de presión máis efectivas é demostrar oapoio dun gran número de persoas, para tal fin poderesultar moi efectivo e envío masivo de tarxetas pos-tais, cartas, fax, correos electrónicos... ou a recollidade sinaturas. Calquera destas iniciativas contribuirátamén a estender a campaña.

Cada tarxeta, correo ou firma significa que unhapersoa coñece o problema e nos apoia para que sesolucione. Por esa razón, debemos intentar conseguir unnúmero importante –aínda que a dedicaciónesforzo/tempo sexa exhaustiva– e dar publicidade aoresultado.

É fundamental clarificar o obxectivo: que cese unhaactividade determinada, que non se leve a cabo un pro-xecto, programar a necesidade dalgunha actuación, etc.

As peticións dirixiranse á persoa ou persoas queteñan a capacidade de levar a cabo a nosa peti-ción: un alcalde, un concelleiro, o directivo dunhaempresa, o presidente dunha comunidade autónoma,un ministro, o presidente da nación ou ben un respon-sábel da Unión Europea...

Vexamos a continuación o que debemos ter enconta de optarmos polas tarxetas postais, ocorreo electrónico ou as follas de sinaturas.

As tarxetas

postais, as

follas de

sinaturas

ou o correo

electrónico han

servir para que

moitas persoas

materialicen o

seu apoio á

nosa campaña

asinando as

nosas demandas.

30

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

1. Tarxetas postais Unha forma atractiva de estender o problema e rea-lizar unha petición masiva, acaso sexa a través dastarxetas postais. Antes de elixir este modelo,debemos pensar como distribuílas e a nosacapacidade para conseguilo.

Deseño e contido: pódense confeccionar tarxetascon imaxes do lugar que se quere protexer, do proble-ma ou do obxecto da nosa campaña (un produto con-creto),etc.. No reverso, deberá levar impreso unbreve texto coa nosa petición, o enderezo do des-tinatario e un espazo para o nome e mais a sina-tura de quen se suma á iniciativa.

Como facelas: deseñarémolas nós mesmos, dunxeito sinxelo e con imaxinación, utilizando cartolina eunha impresora. Se dispomos de fondos e queremoseditar unha cantidade importante, acudiremos aunha imprenta.

Fora cal fora a elección para elaboralas deberemos ter enconta que serán a tarxeta de presentación do problemaque intentamos solucionar, e da nosa asociación.

Non esquezamos imprimilas en papel reciclado!

O envío: elixiremos dúas opcións de envío para ache-galas ao destinatario:

ˆ Cada persoa envía a tarxeta directamente ao desti-natario por correo postal.

ˆ As tarxetas envíanse á nosa sede para entregármolasde forma conxunta ao destinatario.

As tarxetas postais:

Unha imaxe para

espallar a campaña

e solicitar apoios.

31A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

É importante consultar en información de correos ou nasúa páxina web os requisitos técnicos para os distintostipos de envío postal.

2. Correo electrónicoO correo electrónico tense convertido nun instrumento decampaña moi eficaz. É unha ferramenta con escasocusto e con capacidade para chegar a un númeromesmamente elevado de persoas, facilitando a difu-sión da nosa mensaxe. Tamén se pode converter nunhaferramenta moi útil para a acción xa que nos permite rea-lizar envíos masivos aos diferentes responsábeis coasnosas demandas.

É importante que teñamos un listado con todas aspersoas interesadas en recibir información da nosacampaña, e que queiran colaborar enviando mensa-xes en apoio ás peticións concretas que poñamosen marcha. Esta persoas, asemade, poderán distribuílasaos seus amigos e contactos, logrando deste modo, unhaampla difusión. Aproveitaremos as diferentes activi-dades a realizar, como mesas informativas oucharlas a fin de conseguir xente para a nosa lista.

Ao contactarmos cos membros do noso listado afin de pedirlles que actúen, débese lembrar:

ˆ O texto será breve e concreto, cunha descriciónclara do obxectivo da nosa demanda e unha indi-cación exacta sobre como queremos queactúen.

ˆ Incluír o enderezo e/ou correo electrónico aoque hai que enviar a mensaxe e unha carta tipoque poderán remitir con introducir os seus datosrevisándoos e adaptándoos se así o desexan.

Debemos

manter

actualizada a

lista de persoas

que están

dispostas a

participar

na campaña

enviando correos

electrónicos.

32

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

3. As follas de sinaturasAs follas de sinaturas son unha boa ferramenta decampaña. Mais, antes de optarmos por esta ini-ciativa debemos ter unha idea clara do queimos facer con elas unha vez recollidas.

O texto e a presentación da folla xogan un papelimportante. Debe incluír:

ˆ Título.

ˆ A quen vai dirixida a nosa petición.

ˆ Texto introdutorio no que expoñemos as nosasdemandas. Será breve, claro e conciso.

ˆ Cuadrículas con espazo para introducir nome, apeli-dos, enderezo, DNI e sinatura das persoas queapoian as nosas demandas.

ˆ O nome da nosa organización. Caso de que sexa unhapetición conxunta, deberán figurar os nomes dasorganizacións que reivindican a demanda.

ˆ Quen somos e forma de contactar.

ˆ Onde remitir as follas, unha vez asinadas.

ˆ Nota que informe sobre a finalidade, uso e responsabi-lidade dos datos da persoa que asina a petición.

As sinaturas débense recoller sempre nas follas pre-paradas especificamente para ese fin, nunca follas enbranco. Hai que extremar as precaucións para que asláminas de papel non se estraguen durante a recolleitade sinaturas, de xeito que ao entregármolas estean en boestado. Terán condición de “sine quanon” as sinaturasorixinais, arquivando sempre que sexa posíbel, copiasdas mesmas.

Que información

debe incluír unha

folla de sinaturas.

33A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

Marcar obxectivos: é bo establecer un obxectivo deantemán, un mínimo de sinaturas que agardamos con-seguir e mais en que prazo de tempo.

Definir a estratexia que empregaremos:Instalar unha mesa informativa nunha rúa céntrica, acu-dir a institutos e universidades, buscar adhesións enactos públicos, dirixirnos a institucións e organiza-cións que se consideren significativas, deixar a reivindi-cación en comercios, concellos, etc.. Cando a peticiónse deposite nun lugar público, é recomendábel que quedebaixo a responsabilidade dunha persoa que saiba explicarde que se trata, que verifique a legalidade dos datosrequiridos, etc..

Do mesmo modo, débese decidir a aceptación desinaturas de menores de idade. Teñen un valor sim-bólico especial e en determinados casos gozarán dunhagran relevancia, sobre todo para os medios de comuni-cación, feito este que constitúe unha certa presiónengadida.

Como organizar a entrega: na medida do posí-bel, segundo a quen vaia dirixida a petición, cómpreentregalas persoalmente, a fin de concertar unhaentrevista con anterioridade. Asemade, idearemosunha forma creativa para presentalas, ben sexa aorematar unha marcha ou ben, algún tipo de actopúblico...

Sempre informaremos á prensa a fin deconseguir o maior eco posíbel nas nosasdemandas. Así mesmo, convocaremos aosperiodistas ao acto de entrega e redactaremos un comunicado de prensa.

Lograr unha

recollida

masiva de

sinaturas

precisa unha

planificación

previa, sendo

realistas cos

nosos medios.

34

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

A recollida de sinaturas tamén pode ter un obxecti-vo moi concreto, que é a consecución dunha lei através da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP),aínda que esta é unha ferramenta diferente queestudaremos no apartado de A vía legal.

35A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Apoio cidadán

Ley de Protección de DatosNon debemos esquecer que ao recoller datos persoais(por exemplo, con follas de sinaturas) ou á hora deelaborar unha lista de contactos que participen nacampaña, faremos referencia á Lei de Protección deDatos, comunicando a finalidade, uso e responsabilida-de da información obtida e lembrando o dereito queteñen os interesados a acceder, modificar, blo-quear, ou cancelar datos.

Transmitir a nosa mensaxe na rúa

Cantas máis persoas logremos mobilizar máis exitosa seráa nosa campaña. Para tal fin, é fundamental contactardirectamente coas persoas, sacar a nosa mensaxe á rúa.Asemade, organizaremos diferentes actividades:Charlas, mesas informativas, demostracións, mar-chas... que ademais de dar a coñecer a nosa campaña nosservirán, nuns casos para solicitar apoio mediante a reco-lleita de sinaturas e, noutros, para exercermos presión.Pasamos a ver algúns exemplos.

1. Charlas, conferencias e coloquios Cómpre distinguir entre as actividades que progra-memos a fin de sensibilizar sobre a problemáticaambiental: itinerarios, xogos, actividades de educa-ción ambiental para as que será interesante contar coaaxuda de profesionais (educadores, monitores...) e ascharlas, coloquios, conferencias que utilizaremoscomo ferramenta para comunicar e estender anosa campaña a colectivos moi diferentes.

Antes de comezar o labor é importante ter enconta aspectos fundamentais como:

Como conseguir que nos pidan unhacharla: de espertar interese a nosa campaña,seguramente, non teñamos que realizar esforzoalgún para que soliciten a nosa presenza nos foros.De non ser deste xeito, poñámonos man a man,

Sairemos

á rúa para

difundir a

campaña,

solicitar

apoios, exercer

presión, etc.

36

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

achegándonos aos diferentes colectivos, coñe-cendo cales son os seus intereses e ofertándo-lles algo que se adapte ás súas circunstancias.

A quen van dirixidas: en canto teñamos claroo noso destinatario será máis doado elixir a lingua-xe adecuada, expoñendo o tema de forma que seachegue máis ás súas inquedanzas ou coñecementossobre o tema. Se procuramos un apoio de dife-rentes colectivos, lograrémolo máis doadamentese aproximamos o problema ambiental á súarealidade e aos seus intereses.

Que queremos conseguir: orientaremos melloro contido da nosa charla sabendo que queremos conse-guir: dar a coñecer o problema e xerar un debatena poboación, lograr o apoio a iniciativas, acadarsinaturas, trocar hábitos, buscar socios, etc.. Onoso obxectivo debe ser sempre, a procura de compro-misos conforme sexa individual ou colectiva.

Como transmitir a nosa mensaxe: non é preci-so contalo todo. O importante é transmitir as ideasbásicas e non abafar con datos. A fin de manter a aten-ción do noso público resultará dunha gran axuda a uti-lización de imaxes, gráficos, esquemas...Para iso con-taremos cun vídeo, diapositivas, ou presentacións en orde-nador.

Fomentar a participación dos asistentes:empregaremos diversas técnicas dependendo do númerode asistentes. Se non é un grupo moi numeroso, deixa-remos que sexan eles os que expresen, nun primeiromomento, a súa preocupación polo problema ambien-tal, empregando distintas dinámicas de grupo. Endebén, decomezarmos cunha presentación, débese deixar

Adecuar a mensaxe

ao público asistente

e fomentar a súa

participación, son

as claves dunha

charla.

37A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

tempo dabondo para que os asistentes realicen pre-guntas, ata converternos en partícipes das súas preocupa-cións e inquedanzas.

2. Mesas informativasServirán para dar a coñecer a nosa compaña, mais resul-tan moi útiles para buscar o apoio cidadán, tal e como arecolleita de sinaturas, etc. Coa idea de organizalascorrectamente debemos ter en conta:

Onde: situaremos a nosa mesa no lugar onde máisposibilidades teñamos de alcanzar os apoios queandamos a buscar ou, onde poidamos atopar máisfacilmente ás persoas ás que queremos informar.Preto dun colexio se os nosos destinatarios son as nais eos pais, ou nun supermercado se o que procuramos sonconsumidores.

Cando: intentaremos favorecer a afluencia do nosopúblico. Por exemplo, de seren obxectivo da nosainformación os traballadores e traballadoras dunhafábrica, a hora de entrada ou saída serán as máis opor-tunas; caso de foren nais ou pais dunha comunidade,atoparémolos moito máis doadamente acompañando,decote, aos seus fillos e fillas ao colexio; endebén, asfins de semana atoparémolos no parque xogando coneles. Cómpre lembrar que en moitos lugares, a cli-matoloxía é un atranco a ter en conta.

Onde e cando

pór unha mesa

informativa,

dependerá do

público ao que

queiramos

achegar o

problema.

38

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

Como: debemos consultar os trámites a seguirpara a obtención de permisos, xa que logo, aonon dispor deles poderán quitarnos da vía pública.Dependendo do lugar haberá que solicitalos ou aoconcello, ou ben á delegación de gobernocorrespondente. Se dispomos dunha pancarta,cartel... na mesa será máis doado que nos iden-tifiquen. Non habemos de esquecer os materiaisdivulgativos, as follas para a recolleita de sina-turas, etc. E se os nosos ingresos, en parte, procedenda venda de material, é unha oportunidade estu-penda para recadar uns euros.

Con quen: organizaremos quendas para atenderas mesas. Debemos asegurarnos de que todosestean ben informados sobre a campaña, os pro-blemas que estamos a denunciar, as solucións ou alter-nativas que propoñemos, as actuacións que xa temosrealizado.

O trato ao público sempre debe ser amábel aíndaque nos atopemos con persoas que non estean de acor-do coa nosa campaña.

Segundo o lugar onde se instale a mesa informativa, resultará máis atractiva

se organizamos actividades paralelas. Por exemplo, de estarmos nun parque,

pódense realizar actividades para os meniños, como contacontos ou debuxos.

É importante que

organicemos con

antelación os

permisos precisos,

o material que

imos levar á mesa

e as diferentes

quendas de

atención á

mesma.

39A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

3. Demostracións, exhibicións,marchas e manifestacións É posíbel desenvolver actividades moi visuais que nosaxuden a amosar o problema perante a opinión públi-ca. As acción públicas constitúen un bo recurso cando que-remos que a campaña sexa coñecida por un máis grandenúmero de persoas, no entanto tamén pode servir paraexercer presión sobre os responsábeis do problema, candoas cartas, peticións, reunións, ou outras actividades pre-vias fracasaron ou non foron tidas en conta dende o nosopunto de vista.

O lema: antes de emprendermos calquera destas acti-vidades é importante que reparemos no xeito de trans-mitir a nosa mensaxe, elixindo un lema que identifi-que o noso obxectivo. Este lema é moi importante eserá o que chegue a un número maior de persoas. Poresta razón, recoller as nosas preocupacións e/oudemandas de forma breve, sinxela e facilmentecomprensíbel. Se cadra, seguido doutros lemassecundarios achegue información relevante.

No noso exemplo do río podemos elixir varios lemas:“Salvemos o río”, “Salvemos o val”, cuxo sentido posi-tivo faise máis atractivo que “Non á destrución do río”ou “Stop construción encoro”. Noutros casos, o lemadeberá indicar claramente o proxecto que desbotamos.“Non á incineradora”, “Non á central nuclear”, queacompañaremos de outros secundarios positivos:“Apoiemos a redución e reciclaxe dos refugallos”,”Enerxía limpa, xa”, etc.

Cos accións

públicas,

ademais de

estender a

nosa campaña,

lograremos

intensificar

a presión

sobre os

responsábeis.

Un lema claro

axudaranos a

transmitir a

mensaxe.

40

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

Os permisos precisos: non esquezamosinformarnos dos permisos precisos en favordas actividades na vía pública. No caso de reu-nións en lugares de tránsito público e de mani-festacións, deberán comunicarse por escrito áautoridade gobernativa correspondente, cunhaantelación de dez días naturais, como mínimo, etrinta como máximo. Enténdese por reunión a con-correncia concertada e temporal de máis de 20 per-soas, cunha finalidade determinada.

H As demostracións

Propoñeremos a nosa mensaxe na rúa dunha formaorixinal. As demostracións son visuais e normal-mente teñen un compoñente lúdico que as faimáis impactantes. Son una boa forma de dar infor-mación e obter a complicidade do público.

Un grupo de persoas, unha escenografía e unhapancarta poden mobilizar á opinión pública emesmo influír nunha decisión política. Teñen queresultar atractivas aos medios de comunicación, poloque habemos de ter en conta, previamente, quemateriais teremos que confeccionar: (carteis, pancar-tas, disfraces, bonecos...) ou que tipo de actividadesimos realizar: (partes do corpo esborranchadas, cadeashumanas, apertas simbólicas, música en directo...) Aorematar pódese ler un comunicado, unha declaraciónou as adhesións recibidas.

Onde: o lugar elixido dependerá do tema en cuestión,mais de levalo a cabo na zona que está contaminada,fronte á sede da empresa causante do problema, fronteás oficinas da Administración responsábel de non con-trolar ou de permitir a situación que denunciamos, nunlugar céntrico ou emblemático da nosa poboación,

Podemos dar

a coñecer o

problema dun

xeito visual

e atractivo.

41A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

semella unha boa idea. Se queremos unha presenzaimportante de persoas, sería aconsellábel contar cunacceso doado ao lugar elixido.

Cando: dependerá do noso obxectivo. Programaremosun día laborábel se temos elixido unha empresa ouunhas oficinas da Administración, ou día festivo sebuscamos afluencia importante de público. A asisten-cia de persoas e mais a presenza da prensa, dependerátamén do horario no que se realice a demostración.

Con quen: debemos pensar cal debe ser a cantida-de mínima de persoas indispensábeis para que ademostración cumpra o seu obxectivo, e de garan-tir o seu compromiso de asistencia. De non garantira presenza de xente dabondo, podemos transmitir oefecto contrario ao desexado, que o tema non lle preo-cupe á poboación.

ˆ Podemos facer unha convocatoria previa aoscidadáns a través dos medios de comunicación, porexemplo introducindo cuñas nas radios locais ou nascanles da TV local; repartindo folletos, murais ou tar-xetas; empregando cadeas telefónicas, ou listadosde correos electrónico...

ˆ Podemos convocar á prensa (atoparemos máisinformación no apartado sobre medios de comunica-ción).

ˆ Así mesmo, podemos convidar outras organiza-cións ou institucións.

É importante

difundir este

tipo de actos

con antelación,

para lograrmos

a asistencia de

público.

42

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

H As marchas e manifestacións

Ás veces, poden ser decisivas á hora de lograr o obxec-tivo dunha campaña. Serven para dar unha idea aospolíticos, prensa e opinión pública en xeral, do apoio ourexeitamento que provoca unha determinada proposta,plan, ou lei. Cando se decide realizar unha marchaé porque hai moitas persoas que están debida-mente informadas e se solidarizan coa causa.

Organización: haberá que prever o percorrido econvocar a concentración a unha hora concreta enun lugar coñecido e de fácil acceso.

É moi importante, deseñar un acto público para aparte final do percorrido da nosa marcha e convidara oradores da localidade ou a persoas destacadas de ins-titucións que se solidarizan coa nosa causa; así como apersoas ou organizacións doutras localidades que teñanpasado ou estean a pasar por experiencias similares.Convidaremos a artistas, cuxa presenza e apoio contri-buirán a dar unha maior difusión á actividade, e solicitara outras organizacións do país que envíen adhesións.

Remataremos o acto lendo un comunicado, ou benunhas declaracións que reforcen o lema da campaña.

Recorreremos ás

marchas e ás

manifestacións

cando o tema

xa sexa coñecido

dabondo e

contemos cun

apoio cidadán

estimábel.

43A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A mensaxe na rúa

¡Sexamos creativos! Amais das marchas tradicionais , dependendo do lugarno que nos atopemos, ou da temática da campaña,organizaremos a marcha de formas diversas: conxente disfrazada, xigantes e cabezudos, en bicicleta,abríndoa coa banda municipal...Nas zonas costeiras,convocaremos a pescadores, piragüístas, clubs deporti-vos...e de facer unha protesta ou marcha na mar, arribando a porto. ¡As posibilidades son infinitas!

A presión política, económica e social:O traballo de lobby

Outra liña de actuación importante é tratar de influír noproceso mediante o diálogo cos responsábeis do pro-blema, as administracións que deben concederautorizacións ou quen debe tomar unha decisión. Éo que coñecemos como presión política ou lobby, un tra-ballo que debe ir ben coordinado con outras liñas deactuación –como a difusión da campaña, a presenza narúa ou nos medios de comunicación– que contribuirá amostrar aos nosos interlocutores que a nosa campañaconta co apoio da cidadanía.

Non sempre lograremos unha reunión co máximo res-ponsábel da institución ou da empresa, sobre todo aoprincipio da campaña, no entanto, de todos os xeitosdebemos:

ˆ Preparar, a conciencia, a reunión; analizando deantemán as posíbeis reaccións do noso interlocutor.

ˆ Argumentar con claridade as nosas demandas,que debemos apoiar con datos e documentación.

ˆ De irmos con outras organizacións (podemosestar integrados nunha plataforma ou realizar unhacampaña conxunta), debemos ter claro quenserán os voceiros e os temas a tratar, evitan-do que no transcurso da reunión, aparezan postu-ras diverxentes ou contradicións entre as diferen-tes organizacións.

O diálogo cos

responsábeis

para tratar de

influír nas

decisións que

se tomen, debe

ir coordinado

con outras

actividades que

amosen o apoio

cidadán co que

conta a nosa

campaña.

44

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- O traballo de lobby

ˆ É importante lograr en cadansúa reunión uncompromiso, un intercambio de pareceres éinsuficiente. O obxectivo será conseguir sempreun avance, e deixar claro que ese compromiso setransmitirá á opinión pública.

Ás veces, a reunión só sirve para confirmar que man-temos posturas irreconciliábeis, no entanto, mante-remos sempre unha actitude cordial.

Para lograr reunións que se resisten a conceder-nos, ás veces é positivo emprender unha medidade presión pública: unha manifestación, unhaactividade na rúa...

É importante mantérmonos espertos na nosa campaña,ata que as boas palabras e promesas conseguidasnunha reunión sexan realidade.

45A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- O traballo de lobby

O ParlamentoUn ámbito interesante para o traballo de lobby é oParlamento. Dependendo do alcance da nosacampaña, elixiremos entre: comunidade autó-noma, estatal ou ben UE. Temos a posibilidade de enviar información aos deputados ou aos gruposparlamentarios, solicitando algún tipo de actuación.Outra posibilidade será solicitar que realicen unhapregunta parlamentaria ao goberno. Debemos tratarde coñecer a posición dos distintos grupos parlamen-tarios sobre o problema, para comprobarmos quenpode ser aliado na nosa campaña.

No web http://www.congreso.es atoparemos toda ainformación relacionada co Congreso: axendas, grupospolíticos, actas...

Material informativo

Unha parte esencial da nosa campaña é dispor dematerial informativo que a explique de formaclara, amena e atractiva. Falamos de materialimpreso (estampiñas adhesivas, folletos, follas infor-mativas, informes...), gráfico (fotos, vídeo...), dixital(CD, web...) ou mesmo nunha exposición.

Non esquecer!

ˆ Debemos coidar a presentación.

ˆ Ten que figurar o nome da nosa organizacióne mais o xeito de poñerse en contacto con-nosco co obxecto de solicitar información.

ˆ Deberán estar elaborados con materiais querespecten o medio ambiente, indicándoo nopropio material.

46

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

1.Definir as nosas prioridades

O primeiro paso será sempre decidir que precisamos.Debemos pensar para que imos utilizar o mate-rial (a quen vai dirixido e que agardamos conseguir),cal é a capacidade que temos de distribucióndeses materiais, que nivel de información desexa-mos transmitir (de carácter divulgativo, técnico...),ou que soporte utilizaremos. Non esquezamos queo orzamento do que dispomos vai condicionarmoitas destas decisións. Puntualicemos cada undestes aspectos.

Destinatarios: á hora de definir o tipo de material,a linguaxe, a dimensión... debemos ter claro a quenvai dirixido: Persoas directamente afectadas polo pro-blema, consumidores, ámbito escolar, poboación univer-sitaria, un sector profesional específico, medios decomunicación, políticos... ou se cadra precisaremos dealgo que nos axude para unha mesa informativa.

De dirixírmonos ao ámbito escolar ou a un sectorprofesional (traballadores dunha industria do sectoragrícola, pesqueiro...) cómpre contar coa colaboracióndalgún membro dese sector que nos axude a coñecer aproblemática e características específicas..

Unha vez teñamos claro o noso destinatario, ha ser máisdoado definir o contido e a linguaxe máis apropiada,mesmo o soporte a empregar; expoñendo o tema de xeitoque se achegue máis ás inquedanzas e aos coñecementossobre el.

Comezaremos por

preguntármonos:

A quen vai dirixido

o noso material?

Que pretendemos

lograr con el?

Que capacidade

temos para

distribuílo?

Que nivel de

información

precisamos

transmitir?

47A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

Obxectivo: a finalidade dos materiais non é sempre amesma, variará segundo as prioridades da campaña en dis-tintos momentos:

ˆ Dar a coñecer o problema e xerar un debate napoboación.

ˆ Lograr o apoio a iniciativas concretas da nosa cam-paña (asinar unha petición, participar nunha marcha).

ˆ Promover un cambio nas pautas de consumo(mercar madeira certificada, deixar de mercar un pro-duto contaminante, non consumir alimentos que poidanconter transmutábeis, consumir alimentos biolóxicos).

ˆ Trocar hábitos (fomentar a reciclaxe, reducir o uso debolsas de plástico, aforrar enerxía…)

ˆ Lograr o apoio dun sector profesional, a sensibili-zación no ámbito universitario ou escolar.

Distribución e cantidades: Os destinatarios e oxeito de lles achegar os materiais (un envío porcorreo, mesas informativas... ou talvez contemos coacolaboración doutros colectivos) axudaranos a deci-dir a cantidade que precisamos. A estimaciónprevia debe ser realista, xa que facer continuastiradas de cantidades insignificantes, en imprenta,encarece os materiais de maneira importante.Tamén é doado caer no erro de imprimir un excesode materiais que, máis tarde, non teremos capaci-dade de distribuír, incrementado o gasto innecesa-rio de diñeiro e papel.

Á hora de estimar cantidades, non debemos pasarpor alto aspectos como a “data de caducidade”do material que pode rematar coa súa utilida-de, ben polo tipo de material –se elaboramos un

É preciso que

reflexionemos

sobre o

obxectivo do

material, como

se distribuirá e

que cantidades

precisamos.

48

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

calendario, por exemplo– ben porque a evolución dacampaña converta o contido en algo desfasado.

De traballarmos no ámbito nacional, lembremos a diversidade lingüística.

Nivel de información: o material vai vir deter-minado polo nivel de información que desexamostransmitir. Velaí algúns exemplos:

ˆ Modelemos un lema, un slogan ou unha deman-da breve en estampiñas adhesivas, carteis,pancartas, postais, camisetas ou numerososobxectos da vida cotiá. Aínda que a súa elabora-ción semelle sinxela, este primeiro nivel de informa-ción, que é o de maior alcance debe estar moi coida-do. En poucas palabras, debemos transmitir oque pretendemos coa nosa campaña dunhaforma clara e atractiva para os destinatarios.

ˆ Para explicar de forma breve os puntos básicos danosa campaña, describir o problema, e presentarunha alternativa, recorreremos aos folletos. Van dirixi-dos a un público amplo dabondo e serven para deixarinformación cando se dá unha charla, cando montamosunha mesa informativa, se alguén pregunta polo tema...Así mesmo, poden deixarse en comercios ou nos locaisdas asociacións. Carteis, calendarios e axendas,tamén axudarán a transmitir a mensaxe neste nivelde información.

ˆ Para afondar máis no tema, resultan válidas as follasinformativas. Aínda que sexan sinxelas e de doada com-prensión, amosarán un grao de complexidade supe-rior ao do folleto e irán dirixidas a un público máis

Elixiremos

distintos tipos

de materiais, en

función do nivel

de información

que desexemos

transmitir.

49A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

específico, disposto a entrar a treo no miolo da cuestión.Seica son moi útiles para a prensa ou para o noso traba-llo de lobby. Outro formato válido a fin de incluír estenivel de información pode ser unha exposición, xaque logo son aptas para emprestar a centros culturais,asociacións, colexios...

ˆ O informe divulgativo ou de denuncia permite unhacomplexidade maior. Aquí, podemos presentar o contex-to do problema, profundar nas súas causas e conse-cuencias, explicar polo miúdo as nosas alternativas,achegar datos con datas, feitos, testemuños...

ˆ Se o que precisamos é argumentar cientificamente anosa campaña, debemos recorrer ao informe técni-co que elaborarán especialistas. Dirixido a sectores moiespecíficos con análise de datos técnicos (gráficos etáboas). A súa estrutura incluirá: Resumo, limiar,situación actual, caracterización do problema ou ame-aza, consecuencias (ambientais, sociais, económi-cas...) análise de alternativas, conclusións, recomen-dacións e demandas, citas bibliográficas e referencias.

50

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

2. Elixir os soportesNon esquezamos que vivimos na era da imaxe e atecnoloxía, mais tampouco que segue a existir moitaxente que non utiliza os últimos avances tecnolóxi-cos. Por iso, debemos considerar os diferentessoportes que existen, e dependendo de quensexa o noso público obxectivo barallar distintasopcións:

Papel: folletos, follas informativas ou informesimpresos en papel nunca deben faltar na nosacampaña. Teñen a vantaxe de seren accesíbeis atodas as persoas e permiten consultar a informacióndirectamente e mais en calquera parte. Tamén pode-mos recorrer a carteis, estampiñas adhesivas,postais, marcapáxinas, cartafoles, calendarios...

Soporte dixital: o ordenador (“software” e “hardwa-re”) tense convertido nun grande aliado á hora de espa-llar a información. O noso material escrito non tenque estar exclusivamente en papel. Un arquivo dixital,por exemplo, dun folleto, folla informativa ou un informe,permite estender a información a través do correoelectrónico de maneira económica e áxil. Gravar estainformación en CD, permitiranos distribuír o noso mate-rial divulgativo con maior facilidade e en menor espazo.

O soporte audiovisual: vídeos, “curtos” e mesmoanuncios para televisión, son formatos perfectos paratransmitir a nosa mensaxe. Tan importante resulta unhaboa imaxe como un bo guión que comprenda información endiferentes niveis. As televisións locais conforman unhaboa opción para espallar a nosa campaña.

A combinación

de diferentes

soportes servirá

de axuda para

achegármonos

a un público

máis amplo.

51A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

Outros soportes: Camisetas, valos publicitarios ounumerosos obxectos da vida cotiá (cuncas, pousavasos,vasos, alfombriña para o rato do ordenador, botes para bolí-grafos...) constitúen uns soportes adecuados para os nososlemas. Sempre debemos coidar os materiais que utili-cemos.

3. Materiais que inviten á lectura

Fora cal fora o formato e o soporte elixido, o importanteé que a mensaxe chegue de forma clara e atractiva,co nivel de información axeitado cara ao público ao cal vaidirixido. Non debemos esquecer que o noso obxectivo étransmitir información.

Velaí algunhas das claves a ter en conta:

ˆ Adecuar o contido e a linguaxe ao público ao calnos diriximos. Non é o mesmo dirixirnos a alguéndirectamente afectado por un problema e cun intere-se engadido (a poboación afectada polos fumesdunha fábrica, por exemplo), que a unha persoa quese achega ata unha mesa informativa e descoñece otema. Neste caso, debemos comezar por espertar oseu interese polo asunto en cuestión. É importan-te situarnos no lugar de alguén que non coñe-ce o tema, para asegurar que estamos atransmitir a información precisa.

ˆ Máis texto non significa, necesariamente,mellor información. Un folleto, unha folla infor-mativa, un web con moito texto non invita á lec-tura. Non utilizar letras pequenas e aperta-das, nin encher todo o espazo en branco contexto. Traballar ben o contido a fin de sim-

Unha linguaxe

clara e amena,

xunto cos

deseños limpos

e atractivos,

han facilitar a

comunicación

da nosa mensaxe.

52

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

plificar as ideas que queremos transmitir.Utilizaremos fotos ou debuxos, e así resultarámáis rechamante. Non esquezamos que vivimosna sociedade da imaxe, a información e a falta detempo. A nosa información ha ter que “competir”co resto das “mensaxes” que unha persoa recibeao longo do día. Apostemos pola creatividade.

ˆ Desbotar mensaxes negativas, que puideranprovocar un rexeitamento. Presentar alternati-vas, tratar de ilusionar e transmitir que podemosparticipar na solución do problema.

ˆ Ofrecer distintos niveis de lectura. Nun folleto oununha folla informativa, os titulares e algunhas fra-ses destacadas facilitan, cunha simple ollada, a cap-tación de ideas básicas.

53A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Material informativo

Atención ao orzamento!

Tamén o orzamento condicionará a nosaelección, debemos preparar unha estimación sobre o valor dos materiais para, deste xeito, axustarnos ásnosas posibilidades reais. Visto tal, á hora de elaborarmateriais impresos, repararemos no deseño e tirada(sobres, franqueo); no caso doutro tipo de materiais(en soporte dixital ou unha exposición); amais de valorar economicamente, tanto o deseño como a posterior produción.

NA REDENa actualidade, son moitas as persoas que teñen a posibili-dade de consultar Internet. Dispor dun bo web é útil sequeremos dar a coñecer a nosa campaña e que seestenda máis aló do noso contorno. Os web permíte-nos:

ˆ Manter a información ao día e ofrecela de maneiradinámica e estruturada.

ˆ Introducir, ademais dos contidos da campaña comonoticias, propostas, axenda ou anuncios sobre anosa organización.

ˆ Ofertar a posibilidade de participación dos usua-rios, de forma activa.

O primeiro paso para elaborar o noso web será dar res-posta a preguntas como: que queremos dicir? comose vai estruturar? e, como o imos comunicar?

ˆ O fundamental é reflexionar sobre a finalidade quequeremos dar ao noso web: Simplemente informati-va ou, interactiva

ˆ Non esquezamos que a interacción é moi atractiva,emporiso aparella necesidades de programación, unservidor, é dicir, dispoñer dun orzamento.

ˆ Analizaremos como imos estruturar os contidos a finde que o usuario chegue de forma eficiente a todosos niveis de información; a linguaxe que imosempregar e que deseño gráfico lle queremos dar.

É importante ter en conta algúns aspectosesenciais:

ˆ Que sexa doada de consultar. O usuario tenque acceder facilmente aos contidos que lle inte-

@

54

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Na rede

resan. É importante que poida recoñecer tan sóbotando unha ollada, cales son os obxectivosxerais da nosa campaña, así como as principaisliñas de argumentación e actuación.

ˆ Que os contidos sexan dinámicos. Un dosengados para que o usuario retorne ao noso web éa súa permanente actualización. Por iso, faise fun-damental que manteñamos a información decote,actividades, logros da nosa campaña, etc..

ˆ Que sexa accesíbel para todo o mundo. Ter enconta certos aspectos do deseño da nosa páxinapoden facilitar o acceso a persoas con discapacida-des. Atoparedes máis información sobre ferramentase deseño a fin de facilitar o acceso a persoas eivadasna páxina Web Accessibility Initiative (WAI),http://www.w3.org/WAI

Será interesante que incorporemos apartadossobre:

ˆ Noticias: co arquivo das noticias que vaiamos xeran-do na nosa campaña.

ˆ Multimedia: como material de apoio á campaña,incluiremos as imaxes e vídeos se dispomos deles.

ˆ Axenda: coas convocatorias das actividades e que poi-dan reforzar a nosa campaña.

ˆ Documentos: con todo o material informativo que ela-boremos na campaña, en formato dixital facilmenteaccesíbel.

ˆ A nosa organización: explicar de forma clara e sinxelaquen somos, cal é a nosa finalidade e como contactarconnosco e, mesmo, canta xente apoia a nosa campaña.

@

55A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Na rede

56

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Software Libre

O movemento polo Software LibreSon moitas as persoas e colectivos que, dende ámbitosdiversos, fomentan que o acceso ao coñecemento quesustenta o desenvolvemento da Tecnoloxía daInformación e a Comunicación (TIC) sexa libre: ocoñecemento científico e mais o que a súa xestiónproporciona –no caso das TIC, novas posibilidades deacceso e xestión de información-, debe estar en mansde toda a Humanidade. Neste sentido, o “software”libre aposta por un modelo de evolución dasTIC que promove o acceso universal á información.

Decantarse polo “software” libre é apostar por unhasociedade da información e do coñecemento libre.

Para máis informaciónhttp://www.fsf.org/home.es.html

O traballo cos medios

de comunicación

Xa temos visto diversos exemplos de comunicacióndirecta, na que non precisamos de ningún interme-diario para chegar aos nosos destinatarios: as publi-cacións e o material divulgativo, o web, as charlas e maiso resto de actividades que ideemos para comunicar direc-tamente ás persoas a nosa campaña. Normalmente, estaforma de comunicación ten un alcance limitado, aínda que,dependendo da actividade e o obxectivo que esteamos atraballar, pode ser máis efectiva.

A radio, a prensa, ou a televisión –xa sexa de ámbi-to local ou nacional– son unha ferramenta imprescin-díbel para lograr unha meirande difusión da nosacampaña.

57A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Para que o noso traballo cos medios de comunicaciónsexa eficaz, habemos ter en conta:

ˆ Clarificada a mensaxe comunicativa e a fin da mesma,debemos decidir a que medios nos dirixiremos.

ˆ É importante coñecer como funcionan, cales son assúas linguaxes e necesidades, e adaptarnos á formade traballo dos diferentes medios.

ˆ De dispormos de recursos e xente dabondo, seráfundamental que haxa, polo menos, unha persoaque se encargue de manter o contacto cos mediosde comunicación. De todos os xeitos, sempre debe-mos prestar especial atención a coñecer os aspectosbásicos do traballo coa prensa.

ˆ É importante elaborar unha listaxe de contactosde prensa e mantelo actualizado. Facilitarllesinformación de maneira regular, aínda que sen satu-ralos, así como manter unha relación continuada eáxil, axudará a que coñezan a nosa campaña.Nalgunha ocasión, mesmo nos poderán asesorarnesta parte do noso cometido.

ˆ Debemos decidir os que actuarán de voceiros.Trátase dun papel fundamental: son a cara e a vozda nosa asociación perante os medios de comunica-ción. Un bo voceiro debe clarificar as mensaxese as ideas implícitas, ao tempo que dá respos-ta a preguntas comprometidas. Ao facer decla-racións non hai que esquecer que non estamos adirixir aos medios de comunicación, e que o face-mos en nome dunha organización ou asociaciónque nos ten confiada esta tarefa, e non, no nosopropio nome.

Lograr unha

presenza

nos medios de

comunicación,

esixe un

coñecemento

básico da súa

forma de

funcionar.

58

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

De seguido, contemplaremos ferramentas fun-damentais tal e como, o comunicado de pren-sa, a entrevista e a rolda de prensa. Trátase deorientacións xerais que cada grupo deberáadaptar en función da súa realidade: Recursoseconómicos e humanos, repercusión da campa-ña, etc..

1. O comunicado de prensaO comunicado de prensa é a nota informativa queremitiremos aos medios para comunicar algo, quepode ser a denuncia dunha situación, a resolución duncaso nos tribunais, a presentación dun informe, un con-xunto de demandas, as alternativas que propoñamos aun problema, etc..

Debemos ter en conta que a información non será trans-crita de forma directa, serve como punto de partida aosperiodistas a fin de elaboraren a súa propia redacción.

Un comunicado de prensa debe ter formato perio-dístico e estar estruturado como unha noticia, res-pondendo a seis preguntas básicas:

ˆ Que: o feito, que aconteceu ou acontecerá.

ˆ Quen son os protagonistas (a organización, os recep-tores dunha demanda...).

ˆ Como aconteceu ou como vai acontecer.

ˆ Cando: hoxe, mañá, a vindeira semana.

ˆ Onde: o lugar onde acontece a noticia.

ˆ Por que/Para que: que motivación existe para xerarunha noticia.

O comunicado

de prensa servirá

para manter,

aos medios,

informados da

marcha da nosa

campaña.

59A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Un texto con datos exactos, estritamente informativoe que responda ás preguntas relatadas, ten máis opor-tunidade de ser tido en conta polos medios de comu-nicación.

Os medios de comunicación reciben un enorme caudal decomunicados de prensa, acotío, centos delas; e teñen queelixir segundo a prioridade informativa. Por iso, faise fun-damental que os comunicados de prensa sexan cla-ros, concisos e breves.

Antes de escribir o comunicado, debemos:

ˆ Analizar se a información é importante. Non hainada máis desaconsellábel que “queimar aos periodis-tas” con comunicados banais. É a mellor forma que anosa asociación perda credibilidade ante eles.

ˆ Ter en conta a audiencia dos medios de comunica-ción aos que nos diriximos.

A estrutura dun comunicado de prensa:

ˆ Especificación de que se trata dun comunicadode prensa

ˆ Data

ˆ Cabeceira e/ou logotipo da organización ou aso-ciación

ˆ Titular. Curto (se é posíbel de non máis de unhaliña), estritamente informativo e, dentro do posí-bel, abraiante cun tamaño de letra maior có dotexto. O titular constitúe o primeiro nivel infor-mativo.

ˆ Sumario. Un resumo en dúas liñas do que que-remos transmitir, ou unha ampliación da mensa-

O comunicado

debe ser

claro, preciso

e breve.

Debemos coidar,

asemade, a súa

presentación e

estrutura.

60

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

xe do titular. O sumario, ou no seu defecto, o pri-meiro parágrafo, constituirá o segundo nivelinformativo.

ˆ Texto. Cómpre indicar ao inicio, a cidade dende aque se escribe. O primeiro parágrafo debe diciro que nos interesa que se coñeza. O textodebe contar con datos exactos. Poderá incluírdeclaracións dos voceiros.

ˆ Indicar o remate de texto do comunicado e, apósdiso, facer referencia aos voceiros, facilitandoos seus números de teléfono e abrindo unhaoferta de máis información.

ˆ De existiren datos complementarios ou un docu-mento, informe, etc..que puidera ofrecer máis infor-mación aos periodistas que desexen profundar notema, indicalo ao remate nun apartado de“Notas”.

Extensión e estilo: a extensión debe reducirse a

unha soa páxina co obxecto de facilitar a súa lectu-ra ou, como máximo, dúas. Os comunicados longos nonse len. O primeiro e segundo parágrafo son clavepara que un periodista continúe lendo ou desbote ahistoria.

As oracións deben ser curtas e claras. Os parágrafosnon deberían exceder as catro ou cinco liñas. De conside-ralo preciso, resaltar en negriña o que desexamos des-tacar. Debemos sintetizar a información.

O comunicado de prensa é informativo non publicita-rio. Para iso, debe evitarse, na medida do posíbel, os adxec-tivos cualificativos ou superlativos. Hai que limitarse a con-tar os feitos de forma fidedigna e concisa.

61A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Resulta moi útil pedir a unha ou dúas persoas de confianza,que non estean familiarizadas co tema ou a campaña, quelean o comunicado a fin de comprobar que a nosa men-saxe é entendíbel.

Distribución: dependendo do alcance da nosa cam-

paña (local, rexional, autonómica, estatal, internacional),seleccionaremos os medios de comunicación aos queremitir o noso comunicado. Ademais, existen axenciasque realizan estes servizos, no entanto precisaremos dunorzamento para tal fin. É moi útil, arquivar os númerose enderezos dos principais medios e axencias infor-mativas que almacenamos nos nosos correos elec-trónicos ou na memoria dos nosos fax. Os comuni-cados deben ir dirixidos a un/ha periodista ou aunha sección concreta, e asegurarnos que chega aodestinatario elixido.

2. A entrevista

Temos de ser conscientes que unha entrevistaserá visionada, oída ou lida por miles de persoas,sendo unha boa oportunidade para achegar a nosamensaxe. A diferenza do comunicado de prensa, naque un periodista editará a nosa noticia, na entrevis-ta somos nós, os que revelamos a nosa mensaxe.

Será de utilidade que antes da entrevista poida-mos:

ˆ Coñecer o contorno e mais a audiencia. Aíndaque normalmente os mesmos medios de comuni-cación nos informan destes aspectos, paraentrevistas en radio ou televisión, cómpremanter unha breve conversación co produ-

A entrevista é

unha excelente

ocasión para dar

a coñecer a nosa

compaña.

Preparémola ben!

62

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

tor ou periodista co obxecto de saber se aentrevista vai ser gravada en directo, a súaduración, se somos convidados únicos, ostemas a tratar (se hai más de un), se entra-rán chamadas do público...

De tratarse dunha entrevista en televisión,debemos ofrecer os soportes audiovisuais quedispoñamos sobre a nosa campaña. Sempre pre-guntando en que formato de vídeo grava a televi-sión e cal é a calidade de imaxe que precisan (nonofrece a mesma calidade unha cámara profesionalcá dun afeccionado).

Talvez, existan medios ou periodistas enfrontados ánosa campaña. A técnica consistirá en non renunciara unha entrevista con eles; ofreceranos a posibilida-de de afianzar as nosas mensaxes e transmitir a unpúblico pouco receptivo o problema que denuncia-mos.

ˆ Preparar a nosa intervención. É útil apuntar nunpapel os puntos clave que queremos comunicar. Mellorlimitarnos a presentar un, ou como máximo tres pun-tos clave, a fin de non confundir ao público ou desviara súa atención.

Tamén é útil anticipar as preguntas máis probá-beis segundo a conxuntura ou últimos sucesos,artellando unha lista de probábeis preguntas erespostas. Ás veces, será preferíbel renunciar a unhaentrevista que cumprir un mal papel, se non estamospreparados.

63A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Asemade, é importante prestar atención á nosa actitu-de durante a entrevista. Algunhas das claves son:

ˆ Tranquilidade e concentración. É importante manter acalma e concentrarse no importante; nas ideas básicasque queiramos transmitir.

ˆ Seriedade, seguridade e franqueza. Non respostar amedias, nin improvisar. Tampouco debemos incorrer encontradicións. De descoñecermos a resposta, sinxe-lamente recoñecelo. Se non se trata dunha entrevis-ta en directo, podemos ofrecernos a buscar os datos efacilitalos posteriormente. Se non entendemos benunha pregunta ou o seu alcance, non debe avergoñar-nos solicitar unha aclaración, non podemos pretenderser expertos en todos os aspectos do problema.

ˆ Amabilidade. Sexamos comprensivos e amábeis.Desbotemos do noso maxín a idea de “preguntas malintencionadas”, e aproveitemos a ocasión para exporo noso punto de vista sobre o tema.

A nosa linguaxe pretenderá ser:

ˆ Clara e Sinxela. Usar unha linguaxe clara, desbotan-do no posíbel xergas e termos técnicos do idioma (deempregárense, explicalos brevemente nunha linguaxecoloquial). Falar amodiño.

ˆ Breve. Clarificar a nosa mensaxe, non nos esten-damos desviando a atención a outros tema.

ˆ Coidar a linguaxe corporal. O xeito de mover asnosas mans, os nosos xestos, tomar asento, vaiser tan importante para transmitir a nosa mensa-xe, como a linguaxe que empreguemos.

64

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Á hora de respostar, o importante é:

ˆ Dicir o previamente acordado. Para iso temosaceptado/solicitado a entrevista. En debates, éimportante que nos identifiquen coa nosa idea;para iso, presentarémonos agradecendo a invita-ción e comentaremos brevemente a nosa postura.

ˆ Ás veces, cómpre reformular a pregunta coas nosaspropias palabras e, se fora preciso, proporcio-nar información adicional antes de contestar.Deste xeito, ademais de nos asegurar que entende-mos a pregunta, o entrevistador e o público com-prenderán mellor o problema e a nosa resposta. Seo tema é moi complexo, debermos sintetizar os con-ceptos clave durante a conclusión.

ˆ De for preciso, antes de contestar á preguntapoñer en perspectiva o problema para darlle adimensión que ten (“este treito do río non é o únicocontaminado: temos comprobado que máis de 25 qui-lómetros veñen amosando unha contaminación seve-ra dende hai anos. Hai que lembrar que este río regaas varxas de 40 municipios...” “esta situación, quepersiste dende 1995...”).

ˆ Dirixir as nosas respostas á audiencia, máis cóentrevistador, sendo directos e concretos, sen divagarnin perder tempo.

65A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Para salvar situacións difíciles, axudaranos:

ˆ Manter a calma.

ˆ Non permitir xuízos ou aseveracións falsas sencorrixir, a fin de desbotar calquera erro –por pequenoque sexa– ou acusacións inxustificadas..

ˆ Fronte a preguntas difíciles, ben por seren longas nasúa resposta, ben porque desvíen o tema ou, simple-mente, porque son hostís, cómpre volver á mensaxeclave que queremos transmitir.

En resumo, é fundamental ser “natural” e ter asideas claras.

66

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Unha boa resposta:

� Contesta á pregunta.

� Enúnciase positivamente. Haberá situacións nasque, de forma inevitábel, teñamos que manterunha posición crítica e mesmo dura; poréndebemos, sempre, lembrar as alternativase propor solucións. Nós non somos parte doproblema, queremos ser parte da solución.

� Responde de xeito conciso e obxectivo.

� Nunca responde a rumores ou situaciónsinfundadas.

� É coherente coa nosa campaña e os nososobxectivos..

3. A rolda de prensaA rolda de prensa SÓ debe realizarse candoteñamos algo NOVO e importante que comuni-car. Pode estar motivada por un feito externo á nosaasociación, emporiso relacionada coa nosa campaña,ou porque imos presentar publicamente un informe,unha denuncia, o resultado dunhas análises, anunciara alianza con outras ONG, presentar as miles de sina-turas que temos conseguido para apoiar a nosa cam-paña, anunciar un acto (unha marcha, a entregadunha reivindicación ás autoridades, unha acción xudi-cial), etc.

Día e hora: o día dependerá do motivo da rolda deprensa, mais se é posíbel, é preferíbel non realiza-la durante a fin de semana. O horario é importante.A mellor hora soe ser, arredor das 11:00H damañá. Así, a noticia sairá nos informativos do mediodíae mais nos da noite.

Lugar: debe celebrarse nun lugar accesíbel, amplo ecómodo; e se fora posíbel con boa luz. De non contar-mos cun local destas características na nosa asociación,pódese solicitar un local a outra asociación, a un centrocultural, a un colexio, ao concello, ou mesmo alugar unhasala.

Débese preparar unha mesa onde senten as persoas quedarán a rolda de prensa. Colocaremos un cartel ou pan-carta no fronte da mesa ou detrás, co nome da orga-nización e a mensaxe principal que queremos trans-mitir, así como o nome da campaña. Deste xeito, ase-gurarémonos que nas fotos ou imaxes de televisión se vexanidia a nosa mensaxe básica.

A rolda de prensa

é a ocasión para

explicar unha

novidade

importante na

nosa campaña.

Coidemos cada

detalle!

67A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Convocatoria: un ou dous días antes da rolda deprensa, elaboraremos unha nota coa convocatoria,sinalando día, hora, lugar, quen son os que a convocan emais o motivo, así como un teléfono de contacto.

Enviar a convocatoria ós medios pode non abondar. É moieficaz establecer un contacto persoal co periodista oucoa produción do programa ou a redacción dos diarios,reforzando a importancia da noticia para que aos medioslles interese cubrir a mesma.

Antes da rolda de prensa, debemos:

ˆ Establecer os nosos obxectivos de comunicación.Reparar en posíbeis preguntas e preparar as respos-tas, han axudar a clarificar e ordenar as ideas. Se par-ticipase máis dunha persoa, deixar claro quenvai dicir que.

ˆ Nomear un moderador para presentar os que vandar a rolda de prensa e ordenar despois as quendas depreguntas dos periodistas. Pode ser un dos conferen-ciantes, preferibelmente aquel que non teña o come-tido de dar explicacións técnicas.

ˆ Unha rolda de prensa é a mellor oportunidadepara facernos acompañar de expertos que res-posten os aspectos técnicos, ampliando a visiónsobre o problema ou a demanda.

ˆ Se dispomos de imaxes sobre o que queremosdenunciar, preparar copias de cintas coobxecto de entregalas ás canles de televi-sión, e fotografías para os medios escritos.As canles de televisión profesional precisan unhacalidade de imaxe moi alta, motivo polo que, degravar imaxes co obxecto de seren emitidas haique se asegurar que o formato de vídeo

Ao prepararmos

a rolda de

prensa, temos

de pensar

que queremos

comunicar, quen

vai participar,

de que imaxes

dispomos...

E non nos

esquecer de

preparar un

comunicado

de prensa!

68

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

sexa o axeitado (aínda que xeralmente os cus-tos destas gravacións son elevados), é preferíbelpreguntar con antelación, ás canles de televisiónás que queremos ceder as imaxes, que calidadeprecisan e os formatos cos que traballan.

ˆ Preparar un comunicado de prensa onde quedeclaro o que queremos transmitir. Entregarémoloaos periodistas que asistan á rolda de prensa e,unha vez rematada, remitirémolo aos medios quenon asistiran.

A longo da rolda de prensa, haberá queter en conta:

ˆ Tomar nota dos nomes dos periodistas que acu-dan e, tamén, dos medios de comunicación paraos que traballan, axilizará as futuras comunicacións coneles.

ˆ Entregar aos periodistas o comunicado de pren-sa e os documentos que queiramos espallar (uninforme, unha folla informativa, os resultados dunhasanálises...).

ˆ Comezar aclarando o propósito da rolda de pren-sa, presentar aos conferenciantes, lembrar que aoremate os periodistas poderán realizar as súas pregun-tas ou comentarios e, chegado o caso, pór á súa dispo-sición material audiovisual.

ˆ As intervencións, en conxunto, dos conferencian-tes non deberían exceder de vinte minutos, acasomedia hora, para manter a atención dos periodistas.

ˆ Pode axilizarse a rolda de prensa cunha proxeccióncurta, diapositivas ou unha presentación dende oordenador.

69A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

ˆ Lembrar que, en todo momento, estamos a ser fil-mados e gravados. Actuar con naturalidade, mais senesquecelo.

Unha vez finalizada a rolda de prensa, é importante:

ˆ Lembrar que a rolda de prensa non substitúe á entrevis-ta. Se algún periodista desexa profundar no tema,debemos atendelo aparte.

ˆ Achegar a documentación aos medios convocadosque non puideran asistir.

ˆ Os días seguintes, realizar unha análise da cober-tura que tivo a noticia e como foi tratada nosmedios. Analizar que destacou, que se lembrou, quetemas interesaron máis, que argumentos se reflecti-ron de forma máis abondosa ou, que se calou.

70

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

4. As imaxesA obtención, clasificación e mantemento domaterial audiovisual son fundamentais a fin dedocumentar as nosas denuncias á prensa e,mesmo, perante os tribunais. O noso propiomaterial audiovisual, asemade, enfocará os proble-mas segundo o noso punto de vista, subliñando ascuestións que son de importancia para nós.

Se no noso grupo non dispomos de ninguén concompetencia no ámbito da fotografía e/ou cine e,se a ocasión o precisa, é aconsellábel contratar aun cámara e/ou fotógrafo profesional que nosarrequeza con imaxes de calidade. Moitas veces,aínda que os feitos denunciados sexan evidentes e moigraves, se as imaxes non son de calidade, os periódicose as televisións non farán uso delas. O diñeiro queempreguemos na obtención de imaxes de calidade, debeentenderse como un investimento en material de cate-goría. Unha boa imaxe é candidata a dar a volta aomundo.

A distribución de imaxes aos medios de comunica-ción realizarase mediante copias. Sempre que dispo-ñamos dun equipo idóneo para a súa reprodución, ou con-temos con orzamento para pagar a unha empresa decopiado de cintas. De non ser así, pódense levar áscanles de televisión para que copien cada película.

Nós, sempre, ficaremos cos orixinais e negativos.

Teremos de

considerar unha

prioridade, o dispor

de imaxes de

calidade sobre a

nosa campaña.

71A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- Medios de comunicación

Con independencia das liñas de actuación que teñamosdefinido, existen dúas áreas de traballo que servirán atodas elas e que nunca poden faltar na nosa campaña.

Material informativo

Antes de elaborar os materiais:

ˆ Definir a nosas prioridades.

ˆ Elixir os soportes máis axeitados (papel, dixital, audiovisual, outros...) e coidar que cumpran criterios ambientais.

Elaborar materiais que inviten á lectura.

Medios de comunicación

Elixir a opción máis axeitada segundo a ocasión, e preparala ben:

ˆ Comunicado de prensa

ˆ Entrevista

ˆ Rolda de prensa

Manter actualizada a nosa listaxe de contactosde prensa e facilitarlles información sempre queteñamos algo novo que dicir.

72

NUESTRA CAMPAÑA EN MARCHA-¡No olvidar!

No

n e

squ

ece

r!

A lexislación

tamén pode

ofrecernos

importantes

ferramentas

para participar.

73A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

A vía legalEn moitos casos, a vía legal virá a sumarse ás liñas deactuación da nosa campaña. Analizar a máis que abon-dosa lexislación ambiental supera os obxectivos destaguía, e existen outras fontes ás que recorrer. Por iso,centrámonos nas ferramentas legais que permiten aparticipación cidadá:

ˆ O dereito de toda a cidadanía a acceder á informaciónambiental.

ˆ O mecanismo de participación nos procesos de avalia-ción de impacto ambiental.

ˆ A posibilidade de recorrer á Iniciativa Lexislativa Popularpara propor o desenvolvemento da normativa aos dife-rentes parlamentos.

ˆ As distintas opcións para denunciar as agresións ambien-tais.

Engadimos, tamén, enderezos web nos que atopar informa-ción esmiuzada sobre lexislación ambiental.

Na versión dixital desta Guía, que está dispoñíbel no web de Greenpeace (www.greenpeace.es) atoparás ligazóns directas á lexislación, formularios e enderezosweb que se mencionan neste apartado.

74

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

A Constitución

recolle o dereito

ao medio

ambiente.

Dereito ao medio ambiente

A Constitución española de 1978 recolle no seuartigo 45 o dereito de todos os cidadáns aomedio ambiente:

1.Todos teñen o dereito de gozar dun medioambiente adecuado para o desenvolvemento dapersoa, así como o deber de conservalo.

2. Os poderes públicos velarán pola utilización racio-nal de todos os recursos naturais, a fin de prote-xer e mellorar a calidade de vida e defender erestaurar o medio ambiente, apoiándose naindispensábel solidariedade colectiva.

3. Para os que violen o disposto no apartadoanterior, nos termos que a lei demande, seestablecerán sancións penais ou, no seu caso,administrativas, así como a obriga de repararo dano causado.

1. Dereito de acceso á información ambiental

Ter acceso á información ambiental en poderdas administracións públicas é un dereito bási-co, imprescindíbel para unha adecuada partici-pación cidadá na defensa do medio ambiente.

Non se trata só de coñecer o dereito natural a coñe-cer a situación do medio no que se vive, o acceso áinformación favorece unha meirande concienciacióncon respecto ao progresivo dano ambiental e os seusefectos, e estimula o exercicio da responsabilidade quetodas as persoas compartimos na protección do medioambiente no que se desenvolve a vida.

As institucións europeas recoñecen o dereito deacceso á información ambiental, que queda garanti-do mediante a Directiva 90/313/CE de 7 de xuño de1990, posteriormente modificada pola Directiva2003/4/CE do 28 de xaneiro do 2003, que derroga aanterior.

Segundo esta normativa europea, a Administraciónestá obrigada a ofrecer información técnica de quedispoña cando lle sexa solicitada.

En España, a transposición da primeira Directiva á lexis-lación nacional fíxose a través da Lei 38/1995 do 12 dedecembro, sobre o Dereito de Acceso á Información enMateria de Medio Ambiente, modificada pola Lei55/1999, do 29 de decembro, de Medidas Fiscais,Administrativas e de Orde Social.

A información é

un requisito básico

para participarmos

na defensa do

medio ambiente.

A lexislación

garántenos este

dereito.

75A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

No momento de elaborar esta guía está pendente a transposición da segundaDirectiva europea, que deberá modificar a lexislación nacional.

Segundo a lexislación mencionada a informaciónambiental que podemos solicitar é a relativa:

ˆ Ao estado das augas, o aire, o chan, a fauna, a flora, asterras, os espazos naturais, e a interacción destes ele-mentos.

ˆ Ás actividades e medidas que afecten ou poidan afec-tar aos elementos enunciados anteriormente, o queinclúe os plans, programas, e medidas de xestión eprotección do medio ambiente.

76

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Que

información

podemos

solicitar ás

administracións

públicas?

77A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Convenio de AarhusEste Convenio Internacional sobre o Acceso áInformación, que foi asinado e recentementeratificado por España, inclúe baixo o conceptode información ambiental, ademais da men-cionada anteriormente, a relativa a:

ˆ Os organismos modificados xeneticamente

ˆ A enerxía, ruído e mais a radiación.

ˆ Análises económicas, incluíndo as de custo-beneficio, en especial as utilizadas na tomadunha decisión sobre o medio ambiente.

ˆ A saúde, seguridade e condicións da vida huma-na, o patrimonio cultural e as construcións, namedida que sexan ou poidan ser afectados poloestado dos elementos do medio ambiente ou porestes mesmos elementos, ou polas actividades,medidas, ou programas que a eles lles afecten oupuideran afectar.

H Preguntas e respostas sobre a Lei deAcceso á Información Ambiental

Co obxecto de facilitar o exercicio do dereito de acceso áinformación ambiental, resumimos a continuación oselementos máis importantes.

Quen pode solicitar a información?

Calquera persoa física ou xurídica, sen estar obriga-da a probar un interese determinado. A lexislaciónespañola, aplicando o principio de reciprocidade, restrinxeo ámbito a cidadáns nacionais ou con residencia nun dosEstados do Espazo Económico Europeo. Porén, a lexisla-ción europea e o Convenio de Aarhus establecen que cal-quera persoa, de calquera lugar do mundo, pode solicitaresta información.

Quen está obrigado a respostar á solicitude?

Calquera administración pública, ben sexa deámbito nacional, rexional ou local, que teña res-ponsabilidade e posúa información ambiental,sexan ou non os autores da mesma. Quedan excluídosos organismos que actúen no exercicio de poderesxudiciais ou lexislativos.

É posíbel acceder á información dunha empresaprivada?

Si, se a devandita empresa está a exercer res-ponsabilidades de carácter público (normalmen-te, xestión de servizos públicos) en materia ambien-tal baixo o control dunha autoridade pública compe-tente.

78

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Podemos

solicitar

información

sen necesidade

de xustificar o

noso interese

no tema, e a

Administración

ten a obriga de

nos responder.

Pode cobrarse pola información?

Si, pódese cobrar sen exceder dun custo razoá-bel tal e como reflicte a Lei 55/1999. Non obstante,deberemos ter en conta a existencia de disposiciónse prácticas a través das que:

ˆ A simple inspección dun documento faise semprede balde.

ˆ A copia dun determinado número de páxinas vai debalde.

ˆ O prezo aplicado ás copias é similar ao imposto polomercado.

ˆ Non se cobra o tempo ou traballo empregado polapersoa que se ocupou de dar resposta á solicitude.

Pode elixirse o soporte material da información?

Si, se a información solicitada se atopa en diferentessoportes (papel, electrónico...), a Administración forne-cerá ao solicitante da información no soporte materialque a persoa teña escollido.

En que prazo debe darse resposta a unha solicitude?

Canto antes, e –en todo caso– dentro do prazo dedous meses. O cómputo do prazo realízase dende o día noque a solicitude ten entrada no rexistro do órgano compe-tente.

A reforma do procedemento administrativo introducidapola Lei 55/1999 establece que as administracións públi-cas teñen a obriga de informar ás persoas solicitantes,dentro dos 10 días seguintes á interposición da soli-

79A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

O prazo

máximo para

que nos

respondan

é de dous

meses.

citude fronte ao órgano competente, dos seguintesaspectos:

ˆ Prazo máximo legalmente establecido para a resoluciónda solicitude presentada.

ˆ Efectos que poida ter o silencio administrativo.

ˆ Data na que se recibiu a solicitude.

É posíbel denegar o acceso á información?

Si, a denegación pode realizarse de forma expresa,mediante escrito ou mediante o “silencio adminis-trativo”, é dicir, caso de non contestaren no prazo esta-blecido. No caso de resolución negativa expresa, a res-posta da Administración debe incluír, xunto a decisión naque se motivará a causa ou causas polas que procedecontra a solicitude, o órgano perante o que se presenta-rá recurso e o prazo para interpoñelo.

Asemade, establécese que de negarse parte da infor-mación solicitada, subministrarase a información daparte que sexa posíbel.

Pode recorrerse a denegación?

Si, é posíbel interpoñer un recurso administrativoou xudicial, segundo corresponda.

Ademais, arbítranse outros medios a fin de con-seguir unha resposta satisfactoria á solicitudede información presentada:

ˆ Acudir ao Valedor do Pobo ou figuras análogasexistentes nas comunidades autónomas.

ˆ Presentar unha Queixa perante a Comisión dasComunidades Europeas, xa que se trata da

80

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

De nos

denegaren a

información,

pódese

recorrer.

aplicación dunha Directiva, xa que logo, dunhanormativa comunitaria de obrigado cumprimento.

ˆ Presentar a demanda de información ambientalaos Grupos Parlamentarios co obxecto de tras-ladala aos parlamentarios rexionais ou aoParlamento do Estado, en forma de preguntas par-lamentarias. Dado que se trata da aplicación dunhaDirectiva Comunitaria, nos facultan para trasladaras preguntas, ao Parlamento Europeo.

Como se solicita a información?

A Lei non regula expresamente como debe realizarseunha solicitude, aínda que si aclara que a persoa solici-tante non ten a obriga de acreditar ningún interesedeterminado, polo que non é preciso especificarpara que se quere a información.

A lexislación española establece tamén que unha solici-tude claramente abusiva ou excesivamente xeral podeser desbotada, polo que é importante determinar queinformación se desexa obter e describila da formamáis clara e completa posíbel.

Non existe un modelo oficial de solicitude, porén oescrito que dirixamos debe ter uns contidos míni-mos que a continuación indicamos. A ausencia de cal-quera destes requisitos acurtaría a posibilidade de admi-sión da nosa solicitude.

Debemos ter en conta que calquera administración estáno seu dereito de esixir que estas solicitudes se for-mulen sobre a base dun modelo oficial que ela mesmadetermine. Cando así proceda, deberán facilitalo.

81A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Sexamos

precisos ao

solicitar a

información.

MODELO DE SOLICITUDE DE INFORMACIÓN

Dona/Don

con DNI n° , enderezo en

(1), )actuando en nome e

representación de (2), EXPÓN:

Que mediante este escrito solicita información conforme

establece a Lei 38/1995, de 12 de decembro, sobre o

dereito de acceso á información, en materia de medio

ambiente.

Sendo a/o (3) competente en

materia de (4), e consonte ao

acordo do Art..1 da mencionada Lei, diríxome a vostede

co obxecto de solicitar (5)

Por todo o exposto, rogo que tendo presentado este

escrito, teña a ben admitilo e resolvelo no prazo que fixa

o Art..4 da Lei 38/995.

En , a de de

Asdo.:

(1) Datos da persoa que solicita a información(2) Nome da asociación ou entidade(3) Órgano ou institución ao que se solicita a información(4) Competencia que posúe e pola que solicitamos información(5) Aquí faremos mención dos documentos, etc..que solicita-

mos, sendo moi precisos respecto da materia,etc.. Indicar,asemade, a forma e maneira na que se desexa recibir ainformación (fotocopias, correo-e, inspección dos docu-mentos, etc..)

82

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

A Lei 30/1992 do 26 de novembro de RéximeXurídico das Administracións Públicas e doProcedemento Administrativo Común, e as súas pos-teriores modificacións, establece que, acompañandoá solicitude, cómpre xuntar calquera elemento quepermita precisar os datos.

Por último, a solicitude pódese rexistrar directa-mente no órgano perante ao que vai dirixido, encalquera outro rexistro da Administración Xeraldo Estado ou das administracións autonómicas,así como nas Oficinas de Correos. Neste últimocaso, hai que enviala por correo certificado admi-nistrativo. Así, no caso de denegaren a información,con demora ou sen ela, estaremos facultados parareclamar, legalmente, aquilo que se solicitaba.

83A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Podemos entregar

a solicitude en

calquera rexistro

da Administración

ou en correos.

2. A Avaliación de ImpactoAmbiental: como participar

Cando desexamos obter información sobre un proxecto ouprograma concreto que aínda non se ten executado, noentanto podería poñer en perigo a conservación do medioambiente, podemos acceder á información sobre omesmo e participar nos procesos de toma de deci-sións a través do procedemento de Avaliación de ImpactoAmbiental (EIA).

A EIA considera, entre outros aspectos, que os efectos dunproxecto sobre o medio ambiente deben avaliarse paraprotexer a saúde humana, contribuír mediante un mellorcontorno á calidade de vida, velar polo mantemento dadiversidade de especies e conservar a capacidade dereprodución do sistema como recurso fundamental davida. Ademais dos impactos ambientais, a EIA tenen conta os impactos sobre o patrimonio históricoartístico e o patrimonio arqueolóxico presentes nazona onde se situará o proxecto.

No ámbito comunitario, a EIA está regulada polaDirectiva 85/337/CE do Consello, do 27 de xuño de1985, relativa á Avaliación das Repercusións deDeterminados Proxectos Públicos e Privados sobre oMedio Ambiente, modificada a través da Directiva97/11/CE do Consello, de 3 de marzo de 1997.

A lexislación española traspuxo a primeira Directivade EIA a través do Real Decreto Lexislativo1302/1986, do 28 de xuño, de Avaliación de ImpactoAmbiental e o Real Decreto 1131/1988, de 30 desetembro, polo que se aprobaba o seu Regulamento.As modificacións da Directiva europea de 1997 adop-táronse a través da Lei 6/2001, do 8 de maio, demodificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986,

84

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Participar no

procedemento

de avaliación

de impacto,

ademais de nos

servir para tratar

de influír nas

decisións sobre

o proxecto,

permítenos obter

información

do mesmo.

do 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental.Esta lei establece, a través duns anexos, osproxectos de distintos sectores (agricultura,gandería, industria, minería, construción de infraes-truturas...) que deben someterse de forma obri-gatoria ao procedemento de Avaliación deImpacto Ambiental (Anexo I), e mais os quedeben incluír unha Avaliación de ImpactoAmbiental se así o decide o órgano ambiental(Anexo II).

No ámbito autonómico existe lexislación específicaque se debe consultar nos Boletíns Oficiais dacomunidade autónoma correspondente (DOG naGaliza), xa que poden existir diferenzas significativas,entre outras, a determinación dos proxectos que debe-rán someterse á Avaliación de Impacto Ambiental.

85A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

É importante

consultar a

lexislación, tanto

a estatal como

a da comunidade

autónoma

correspondente.

Avaliacións de Planos e Programas

A avaliación do Impacto de Planos e Programas queafecten a gran parte do territorio, ou a todo, denomí-nase Avaliación Ambiental Estratéxica (EAE). Alexislación estatal non contempla a obrigatoriedade derealizala, ao non ter trasposto, aínda, a Directiva2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, rela-tiva á Avaliación dos Efectos de Determinados Planos eProgramas no Medio Ambiente. No momento de finalizara redacción desta guía a transposición atópase en fasede borrador.

H Como participar no proceso

A participación nun proceso de EIA permítenos achegar anosa opinión e influír, deste xeito, na toma de deci-sións sobre un proxecto, ademais de nos facilitar oacceso a toda información sobre o mesmo.

No caso que a lei estableza que se deba facer unha EIA doproxecto, é importante que coñezamos o procedemento,especificado no Real Decreto 1131/1988, xa que nos mar-cará os diversos momentos nos que podemos partici-par no proceso, obter información e achegar a nosa opi-nión sobre o proxecto, que resumimos a continuación:

ˆ Iniciación e consultas: o promotor debe achegar, enprimeiro lugar, unha memoria-resumo do proxecto aoórgano ambiental competente coas característicasmáis salientábeis do proxecto. Este órgano adminis-trativo poderá efectuar consultas previas aos organis-mos, institucións, asociacións, ou particulares queconsidere oportunos. Neste proceso de consultasó poderemos participar no caso de sermosrequiridos.

Partindo desta consultas e ás consideracións doórgano ambiental o promotor do proceso realizará oEstudo de Impacto Ambiental (EsIA).

ˆ Información Pública: O EsIA sométese comoparte do procedemento ao trámite de informaciónpública, que garanta a participación de todosos interesados. A atención a este trámite debeser máxima. A información sobre a data de come-zo, os prazos, e os enderezos aos que nos debe-mos dirixir para participar e presentar alegaciónsé publicada no Boletín Oficial do Estado ou nosboletíns autonómicos (DOG na Galiza). Tamén ospoderemos consultar en Internet, botar unhaollada aos taboleiros de anuncios da administra-

86

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

O proceso

ofrécenos

distintos

momentos

nos que poder

participar.

É importante

estar á espreita

e actuar se for

preciso.

ción competente, ou chamar periodicamente porteléfono.

Debemos prestar atención ao cumprimentodos prazos e disposicións. Téñense paraliza-do, en moitas ocasións, proxectos por cues-tión de forma (incumprimento de prazo, noninformación a todas as partes afectadas/implicadasetc...), máis que de fondo.

Nesta fase, cómpre facer un seguimento do proce-so, solicitando copia dos informes e alegacións quepuideran ser presentadas. Sumarémonos ás quecoincidan co noso punto de vista e respostar ás queconsideremos que prexudican o medio ambiente ouconteñen datos trabucados.

ˆ Aprobación do Proxecto: Rematado o período deconsulta, o órgano ambiental emite a Declaración deImpacto Ambiental (DIA) que determina a conve-niencia ou non, a efectos ambientais, de desenvolvero proxecto e, no caso afirmativo, establece en quecondicións, aclarando as medidas correctoras e oseguimento das actuacións. A DIA remite ao órgano daAdministración que debe ditar a aprobación do proxec-to. A Declaración farase pública no BOE ou nos boletínsautonómicos (DOG na Galiza). De aprobarse o pro-xecto teremos a posibilidade de realizar un segui-mento e comprobar que inclúe as medidas recolli-das na Declaración de Impacto Ambiental. De nono facer, estaremos no dereito de reclamalas.

ˆ Vixilancia e Seguimento Ambiental: Para rematar,nas fases de construción e posterior funcionamentodeberemos estar atentos ao cumprimento de todas asmedidas ambientais establecidas.

87

Vixiar que se

cumpran os prazos

e outros detalles

do proceso, é tan

importante coma

o seguimento das

cuestións de fondo

do proxecto.

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Para aqueles proxectos nos que a normativa estableceque o órgano ambiental é quen decide sobre a conve-niencia de someterse, ou non , ao procedemento daEIA, pódese dar o caso de que se desbote a necesida-de dunha EIA. Neste punto, e de pensarmos que a execu-ción dun proxecto desembocaría nun impacto ambiental quese fai preciso identificar e minimizar, tentariamos de tro-car a súa opinión centrando a campaña en dar acoñecer os nosos argumentos.

Será adecuado complementar a participación no proceso legal con actividades de campaña:divulgación, información a través dos mediosde comunicación da marcha do proceso ou dos posíbeis incumprimentos que detectemos,accións de presión...

De querermos participar, máis aló do noso pro-xecto, nos procesos de EIA dos planos que vaiana instalarse na nosa bisbarra, territorio, etc...,acudiremos ao órgano ambiental correspondente para:

ˆ En virtude do disposto na Directiva e a Lei de Dereitode Acceso á Información Ambiental; solicitar porescrito que, como asociación, plataforma, colectivo,etc., se nos manteña informados sobre os pro-xectos, planos e programas planeados ou quese poidan planear no futuro no noso ámbito deactuación (vila, barrio, cidade, comunidade autó-noma, país...).

ˆ En virtude do disposto na Directiva e a Lei deAvaliación de Impacto Ambiental, solicitar porescrito que, por mor do carácter ambientalis-ta/social/cultural (o que corresponda) da nosa

88

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

asociación, desexamos participar dos proce-sos de toma de decisións das que formaparte a EIA que xestiona o órgano ambientalcompetente ao que nos estamos a dirixir.

89A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

ALGÚNS CONCEPTOS BÁSICOS-QUE É A AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (EIA)

No proceso de análise encamiñado a vaticinar os impactosambientais que un proxecto ou actividade produciría, nosuposto de levarse a cabo, co obxecto de establecer a súaaceptabilidade, idoneidade, necesidade de modificación, aadopción de medidas correctoras e/ou compensatorias ouo rexeitamento por parte da Administración. A EIA éparte do propio proceso xurídico-administrativo queconduce á aprobación do proxecto dende o punto devista legal. Velaí a importancia da participaciónpública.

- QUEN PODE PARTICIPAR NO PROCESO

Todas as persoas, entidades públicas e privadas, asocia-cións, colectivos, particulares e sectores que estean inte-resados, e así o comuniquen ás autoridades ambientaiscompetentes.

- A MEMORIA RESUMO

É o documento inicial que dá orixe ao procedemento deavaliación impacto ambiental. Contén os datos básicosdo proxecto.

- O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL (ESIA)

É o estudo técnico de carácter interdisciplinario quedebe proporcionar o promotor do proxecto, sexapúblico ou privado. Nel débese subministrar a maiorinformación posíbel sobre as características do pro-xecto, os elementos do medio ambiente que se verí-an afectados nas fases de execución e explotación, eas medidas propostas a fin de evitar, corrixir oucompensar os efectos negativos sobre o medioambiente e un programa de vixilancia ambiental.

90

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

- ORGANISMOS RESPONSÁBEIS DO PROCESO

ˆ Órgano Substantivo: a autoridade que conce-derá a autorización, aprobación, licenza ou con-cesión, conforme á lexislación aplicábel. No caso deproxectos de infraestruturas, moitas veces o pro-motor (Ministerio de Fomento, Ministerio deAgricultura, Ministerio de Medio Ambiente, asConsellarías de Obras Públicas, Direccións Xerais....)

ˆ Órgano Ambiental: ostenta a competencia paraformular as medidas de prevención ambiental daDeclaración de Impacto Ambiental (DIA). Para osproxectos sometidos a EIA cuxa competencia sexada Administración Xeral do Estado, o ÓrganoAmbiental é a Dirección de Calidade e Avaliación deImpacto Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente,e o órgano equivalente no caso de competenciadunha Comunidade Autónoma (Consellaría de MedioAmbiente, na Galiza).

- A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (DIA)

É o pronunciamento do Órgano Ambiental que deter-mina, a efectos ambientais, e tras o período de consultapública, a conveniencia ou non de realizar o plan, progra-ma ou proxecto. No caso de determinar a viabilidade doproxecto, ademais establece as condicións nas que deberealizarse, as medidas correctoras,etc..co obxecto de pro-texer o medio ambiente e os recursos naturais, tendo enconta o previsto na lexislación e os plans ambientais vixen-tes. A DIA incluirá as consideracións apropiadas a fin derealizar o seguimento ambiental da execución, desenvolve-mento ou funcionamento e, no seu caso, clausura da actua-ción avaliada, segundo o programa de vixilancia, prescri-cións de control ou criterios de seguimento establecidos.

Ten carácter vinculante e o seu condicionado incorpo-rarase á autorización da actuación.

91A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

3. A Iniciativa LexislativaPopular

A capacidade de lexislar no noso país reside, tanto noParlamento estatal como nos autonómicos, polo que as pro-posicións de lei parten, principalmente, dos grupos parlamen-tarios. No entanto, a Constitución non permite partici-par de forma directa no mecanismo para a proposi-ción de leis a través da iniciativa popular ou cidadá.

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) está reguladapola Lei Orgánica 3/1984, do 26 de marzo, que esta-blece que unha proposición de lei presentada coas sinaturasrequiridas teñen de ser debatidas no Parlamento.Precísanse 500 000 sinaturas se a proposición delei tiver competencia estatal. No ámbito autonómicoserá aconsellábel presentar unha ILP para aquelas mate-rias nas que a comunidade autónoma gozara de compe-tencias. Existe unha lexislación autonómica especí-fica que é preciso consultar, xa que varía o procede-mento e contempla requisitos diferentes coma o númerode sinaturas precisas aos prazos esixidos.

A lexislación autonómica tamén contempla a Iniciativa Lexislativa dos Concellos, polaque se pode presentar unha proposición delei no caso de se lograren sumar certonúmero de concellos, cuxa poboación sumeo número de habitantes establecido pola lei.

92

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

A ILP ten

por obxectivo

acadar as

sinaturas

precisas para

presentar unha

proposición de

lei ao

Parlamento.

No ámbito estatal están excluídas da ILP asseguintes materias:

ˆ As que, segundo a Constitución, son propias deleis orgánicas.

ˆ As de natureza tributaria.

ˆ As de carácter internacional.

ˆ As referentes á prerrogativa de graza.

ˆ As mencionadas nos Artigos 131 (planificación eco-nómica xeral) e 134.1 (elaboración dos orzamentosxerais do Estado) da Constitución.

No ámbito autonómico, é inviábel presentar unha ILPnaquelas materias nas que a comunidade autónomanon teña competencias, ademais daquelas de naturezaorzamentaria, tributaria ou que supoñan unha reformado Estatuto de Autonomía. Todas as excepcións estáncontempladas na lexislación sobre ILP de cadacomunidade autónoma.

Tampouco será posíbel propor unha ILP sobre un asuntopara o que xa exista unha Proposta de Lei dalgún grupoparlamentario, ou dun mandato lexislativo en vigor, poloque cómpre informarse. Dende o web do Congreso(http://www.congreso.es/) tamén se accede aosweb dos diferentes parlamentos autonómicos.

A Iniciativa Lexislativa Popular ten un obxectivo moiconcreto: a consecución dunha lei, mais –pode repre-sentar, tamén- un claro instrumento de presión polí-tica cara as institucións. Permítenos contactar cun bonúmero de persoas e dar proxección pública á campaña,mais non esquezamos que esixe un grande esforzo de mobi-lización e coordinación. É imprescindíbel informarse do pro-cedemento legal establecido e seguilo de xeito rigoroso para

93A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Atención aos temas

que quedan

excluídos da

posibilidade de

presentar unha ILP!

garantir que todas as sinaturas sexan válidas ademais decumprirmos cos prazos esixidos. Antes de nos decidir a póren marcha unha ILP debemos de nos asegurar acerca da dis-posición do persoal, o tempo e os recursos precisos paralevala a cabo.

A ILP non a promoven legalmente as asociacións. Debe ser promovida por un conxunto de ciadadáns que forman unhaComisión Promotora. Esta Comisión será encargada de conducir formalmente todo o proceso.

H Procedemento

Resumimos os aspectos fundamentais do procedemento,segundo indica a Lei 3/1984, aínda que é imprescindí-bel consultar a lexislación, ben sexa no ámbito auto-nómico ou no estatal.

Requisitos:

A Iniciativa Lexislativa Popular exércese mediante apresentación de proposicións de lei subscritas polassinaturas autenticadas na forma que determina a lei.

O botar a andar o procedemento esixe a presenta-ción por unha Comisión Promotora dun escritoperante a Mesa do Congreso dos Deputados. Esteescrito de presentación conterá:

ˆ O texto articulado da proposición de lei, precedidodunha exposición de motivos.

ˆ Un documento no que se esmiúcen as razóns queaconsellan, a xuízo dos asinantes, a tramitación eaprobación polas Cámaras da proposición de lei.

Antes de nos

decidir a pór

en marcha

unha ILP,

temos de

asegurarnos

de que

dispomos

do persoal, o

tempo e mais

os recursos

precisos para

levala a bo fin.

É imprescindíbel

seguir de forma

estrita todos os

pasos marcados

pola lei.

94

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

ˆ A relación dos membros que compoñen aComisión Promotora da Iniciativa, con expresióndos datos persoais de todos eles.

Antes de presentar a proposición, cómpre que con-tactemos con algún letrado para consultar a viabi-lidade da proposta, pedindo a súa opinión sobre oescrito. Será importante coidar os termos nos queestá redactado para que prospere.

Procedemento e prazo para a recollida de sinaturas:

Unha vez admitida a proposición, iníciase o procede-mento de recollida de sinaturas (500 000 para norma-tiva estatal) para o que se establece un prazo máxi-mo, que no ámbito estatal será de seis meses,unha vez admitida a ILP e aprobada pola XuntaElectoral.

A Xunta Electoral é quen garante a regularidadedo procedemento de recollida de sinaturas. Paraque estas sexan válidas é imprescindíbel cumprir estri-tamente o procedemento: Os pregos de follas desinaturas teñen de ir selados e numerados polaXunta Electoral Central e as sinaturas deben serautenticadas. A autenticación pódea levar a cabo unnotario, un secretario xudicial ou ben o secretario muni-cipal correspondente.

Para simplificar o proceso, a lei permite á ComisiónPromotora ter uns fedatarios especiais ou persoas nomea-das pola Comisión que certifican que as sinaturas que con-tén un prego son auténticas.

O procedemento de recollida de sinaturas remata coa súaentrega ás Xuntas Electorais Provinciais, no prazo que indicaa lei. En xeral, de existir unha causa que o xustifique, os pra-zos son prorrogábeis, razón pola que deberemos estar infor-

95A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

mados. De esgotarmos o prazo sen que se teña comple-tado a entrega de sinaturas, a iniciativa caducará.

Tramitación parlamentaria:

Unha vez conseguidas as sinaturas, en número abondoso eno prazo esixido, a proposta debe ser admitida a debatepolo Pleno ou a Mesa do Congreso, segundo os casos. Deresultar admitida a trámite para a súa discusión, deberápasar por unha comisión especial –formada polos gruposparlamentarios da Cámara-. Hai que estar á espreitadurante todo o proceso, realizar un seguimento dodebate e comprobar que non se modifica o texto danosa proposta.

Compensación polos gastos:

Xa para rematar, establécese unha compensación esta-tal polos gastos realizados, sempre e cando se acadeo número de sinaturas esixidas para que prospere ainiciativa. Para lograrmos esta compensación económica,que varía dependendo da comunidade autónoma, é pre-ciso que nos informemos antes de comezar, calesson as condicións que debemos cumprir co obxectode recibilas. De todos os xeitos, faise imprescindíbellevar unha contabilidade clara de todo o proceso.

Todo o proceso de recollida de sinaturas presenta unha boa oportunidade para organizar numerosos actos que mobilicenaos cidadáns a prol da nosa campaña. Non esquezamos informar a través dosmedios de comunicación da marcha da ILP,da súa admisión ou non a trámite, ou dosposíbeis incumprimentos que detectemos.

96

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

4. Denuncias, Querelas e Queixas

Existe unha ampla armazón de disposicións legaispara a protección do medio ambiente, normas sobreos espazos naturais protexidos, sobre urbanismo,residuos, augas, costas, enerxía, caza, contaminaciónda atmosfera, vías pecuarias, etiquetado, etc..Todasesas normativas constituirán ferramentas fundamen-tais á hora de acometer diferentes actuacións.

A promulgación de leis non abonda para que os derei-tos sexan efectivos. Requírese, ademais, que teñamosconciencia deles e manteñamos a vontade de exercelos.

Cando teñamos coñecemento dun acto, presunta-mente delictivo contra o medio ambiente, comocidadáns e cidadás podemos e debemos utilizar osmecanismos legais dos que dispomos, para denun-cialo.

A continuación, faremos un repaso polos diferentestipos de actuación que podemos levar a cabo,dende a denuncia administrativa, denuncia penal,querelas, queixas e reclamacións. Non debemosesquecer que existe a posibilidade, cando os procede-mentos penais xa estean iniciados de oficio pola Fiscalíaou o propio Xulgado, de comparecer como acusación, pre-cisando para tal dun avogado procurador.

Cando se comeza unha denuncia, unha querela ouunha queixa, cómpre dirixila ao organismo axeitado,aínda que no caso de presentármola perante un órga-no que non o sexa, este debería trasladala ao queostente esa competencia e comunicárnolo.

97A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Podemos utilizar

diferentes

mecanismos para

denunciar posíbeis

incumprimentos

da abondosa

lexislación

ambiental

existente.

H Denuncia administrativa

É a posta en coñecemento da Administración dalgun-ha infracción da lexislación ou normativa administrativa,comunicando a realización duns feitos presuntamente ile-gais.

Dá lugar á tramitación dun expediente e, de se produ-cir a comprobación dos feitos denunciados, provoca san-ción por parte da autoridade administrativa competente.

É sinxela e vai de balde

Organismos perante os que se interpón: AutoridadeAdministrativa Competente. Existen numerosos cor-pos, tanto na Administración Ambiental como daXustiza que ten competencias de seguimento, con-trol e inspección das actividades potencialmenteinfractoras da normativa ambiental. Dependendo docaso, podemos interpor a denuncia perante axentes ouinspectores ambientais de concellos, comunidades autó-nomas, confederacións hidrográficas ou do SEPRONA(Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil),axentes forestais ou membros da policía xudicial. Asícomo perante outros organismos, dende os concellos,as Consellarías das Comunidades Autónomas, oMinisterio de Medio Ambiente, os Xulgados ou asFiscalías e mais a Unión Europea.

H Denuncia penal

Constitúe a posta en coñecemento da autorida-de dun feito que pode constituír ou que ten ascaracterísticas dalgún dos delitos tipificados noCódigo Penal.

O delito pode dar lugar á tramitación dun pro-cedemento penal, iniciándose con dilixencias pre-

98

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Podemos

recorrer,

segundo os

casos, a dous

tipos de

denuncia:

- Administrativa

- Penal

vias para a pescuda de feitos e autores. Pode conti-nuar co procesamento dos mesmos, segue coa vistaoral ou xuízo e remata coa sentenza. Este procede-mento penal bótase a andar como consecuenciadunha denuncia ou de oficio (por iniciativa da propiaadministración de xustiza).

A acción penal é pública: calquera cidadán ou cida-dá pode efectuar a denuncia duns feitos que, acaso,constitúan delito.

É sinxela e vai de balde.

Organismos perante os que se interpón: Xulgados,Fiscalía ou Fiscalía de Medio Ambiente nas comunida-des nas que haxa, Corpos ou Forzas de Seguridade doEstado ou das Comunidades Autónomas, SEPRONA(Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil).

No web do Ministerio do Interior atoparemos informaciónsobre o SEPRONA, así como enderezos de contacto.http://www.guardiacivil.org/quesomos/organizacion/operaciones/seprona/index.jsp

No caso que dubidemos se os feitos constitúen delito ou simple infracción

administrativa, o máis oportuno é dirixila ao SEPRONA, onde –segundo a

gravidade que aprecien– será canalizada,segundo proceda, pola vía penal

ou administrativa.

99A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Como se presentan as denunciasAdministrativas e Penais

Estas denuncias poden ser: de tipo verbal (comunicándoasoralmente á autoridade competente) ou escritas. De serposíbel, cómpre formulalas por escrito.

Aínda que non sexa preciso para a validez da denuncia, decoñecelos, cómpre achegar datos sobre a identificación dospresentes autores, probas para a acreditación dos feitos(dende fotografías, e gravacións de vídeo ata testemuños,mostras de auga, terra, bulleiros, etc..).

O escrito de denuncia unicamente debe cumprir osrequisitos que se recollen no seguinte modelo:

100

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Como

presentar

as denuncias.

MODELO DE DENUNCIA

Ao (1)

Dona/Don con DNI

e enderezo en (2), Comparece e

di:

Que por medio do presente escrito presenta DENUN-

CIA en contra (3) Baseándose nos feitos

que a continuación se relatan:

1

2

A estes feitos sonlle da aplicación os seguintes funda-

mentos de dereito (4):

1

2

Por todo o exposto, solicito que, tendo por presentado

este escrito, se admita e teña presentado denuncia en

contra polos feitos citados anterior-

mente.

En (5), a de de

(1) Órgano perante o que se presenta o escrito. (2) Datos do denunciante ou, no caso dunha Asociación, do presidente

da mesma. (3) De se coñecer, anotar o nome da persoa ou empresa autora dos

feitos, así como o seu enderezo. De non o coñecer con exactitude,cómpre achegar algún dato identificativo que saibamos. No casocontrario, non escribiremos nada.

(4) Só se mencionarán as normas legais que consideremos infrinxidas,mais non é imprescindíbel.

(5) Localidade onde se presenta a denuncia.

101A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

H Querela

Trátase dunha denuncia suxeita a formalismos especiais,que debe ser presentada e tramitada por un avogadoe un procurador designados para o caso. Mediante unpoder notarial especial, sen potestade do poder xeralpara preitos.

O que presenta a querela constitúese en parte acusadora doproceso de procedemento pena, pasando a tomar parteactiva, formulando unha acusación concreta, propondo ouachegando probas, intervindo na vista oral e demais trá-mites, acusando ou solicitando penas e , por último,impugnando ou recorrendo as resolucións xudiciais (provi-dencias de trámite, autos e sentenzas) que se diten aolongo do proceso e que non semellen axustarse a dereito.

A utilización da querela débese reservar paracasos de especial gravidade e importancia nos quenon interese participar activamente.

Ten custo económico, xa que de admitirse a trámite,o xuíz pode impoñer ao querelante (o que a presenta)unha fianza.

Organismo perante o que se interpón: Xulgados.

102

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

A querela

é máis

complexa,

precisa dun

avogado e

procurador,

e ten custo

económico.

H Queixa perante a Comisión Europea

Calquera persoa está facultada para acusar aun Estado membro mediante a presentacióndunha denuncia perante a Comisión, denuncian-do unha medida (lexislativa, regulamentaria, ouadministrativa) ou unha práctica imputábeis a unEstado membro que considere contrarias a unha dis-posición ou a un principio de Dereito comunitario.

As queixas poden presentarse perante a Comisiónmediante unha simple carta, mais interesa ao denun-ciante incluír unha abondosa información da cualifica-da como pertinente. Existe un modelo de formula-rio de denuncia que non é de uso obrigado, maisaxuda á elaboración da mesma. Pódese atopar enhttp://www.europa.eu.int/comm/secretariat_general/ sgb/lexcomm

A queixa débese enviar por correo ordinario áComisión das Comunidades Europeas. Asemade, depo-sitarse nunha das oficinas de representación daComisión en cada un dos Estados Membros. Atoparemosinformación no web da Representación da CE enEspaña, que serve de vía de contacto coa Comisión emais os seus servizos: http://europa.eu.int/spain/

É sinxela e vai de balde.

103A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Pódese presentar

unha queixa

perante a Comisión

Europea, de

considerarmos

que o Estado poida

estar a incumprir

a normativa

comunitaria.

H Queixa ao Valedor do Pobo

Toda persoa, natural ou xurídica, goza de capacidadepara se dirixir ao Valedor do Pobo cando aAdministración, na súa actividade, non respecte osdereitos do título 1º da Constitución, onde se atopa odereito de todos os cidadáns ao medio ambiente e aparticipar en asuntos públicos. A este efecto o Valedordo Pobo poderá supervisar a actividade da Administración,dando conta ás Cortes Xerais. O Valedor do Pobo nonestá suxeito a mandato imperativo algún, non recibeinstrucións de ningunha autoridade, desempeña assúas funcións con autonomía e goza de inviolabilidadee inmunidade durante a súa permanencia no cargo.

A competencia do Valedor do Pobo esténdese á tota-lidade de órganos e autoridades da AdministraciónXeral do Estado, das Administracións dasComunidades Autónomas e Administracións locais.Do mesmo xeito, pode intervir perante os que actúencomo axentes ou colaboradores de calquera destasAdministracións no cumprimento ou realizacións de finsou servizos públicos.

Non existe un modelo oficial a cumprimentarpara a presentación destas queixas. Remitiremosunha carta cos datos persoais (ou da asociación) deforma precisa, así como o enderezo ao que queremosque non envíen a correspondencia. A continuación, ela-boraremos un texto explicativo acerca da nosa queixa,recoméndase que o texto non exceda de 800 palabras.A queixa presentarase nun prazo máximo de, un ano,contado a partir do momento no que se teña coñece-mento dos feitos que foron obxecto da mesma.

Na páxina web do Valedor do Pobo* hai dispoñíbel unformulario na sección “Queixas por Internet”. Outra

104

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

Dirixírmonos

ao Valedor do

Pobo é unha

posibilidade,

sempre e

cando

consideremos

que a

Administración

non respecta

os dereitos

recollidos

no Título I

da Constitución.

maneira é, presentala mediante fax, en persoa oupor correo ordinario á Sede do Valedor do Pobo.

A figura do Valedor do Pobo tamén existe encomunidades autónomas, amais da Galega en:Andalucía, País Vasco, Cataluña e Canarias.

No web http://www.defensordelpueblo.es/ ato-paremos información sobre a institución, coñecer osrequisitos para tramitar as queixas, e mesmo, presen-talas de balde por internet.

É sinxela e vai de balde.

*Páxina “colgada” en Internet polo organismo “Valedor do Pobo” doEstado español.

105A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

H Reclamación ao Valedor do Pobo Europeo

O Valedor do Pobo Europeo investiga as reclamaciónsrelativas á mala administración na acción das institu-cións e órganos da Comunidade Europea, agás as doTribunal de Xustiza e o Tribunal de Primeira Instancia noexercicio das súas funcións xurisdicionais. Non está facul-tado para ocuparse de reclamacións concernentes ásadministracións nacionais, rexionais ou locais dosEstados Membro. A reclamación pode proceder de cal-quera persoa dun Estado Membro da Unión Europea ouque resida nun Estado Membro. Tamén poden facelo, asempresas, asociacións ou outros órganos que dispoñan dedomicilio social na UE.

O “Valedor do Pobo Europeo” procede, por propia inicia-tiva ou tras reclamación, a efectuar todas as investiga-cións que considere xustificadas a fin de aclarar calque-ra caso de mala administración, e informa sobre iso áinstitución ou ao órgano en cuestión, que –posibelmen-te-, faga chegar as súas observacións.

O Valedor do Pobo carece de potestade para inter-vir en asuntos perante un tribunal, ou sobre osque xa se teñen ditado sentenza.

A reclamación debe presentarse no prazo de dousanos a partir da data na que o demandante coñeza osfeitos que a xustifican; ademais de ter ido precedi-da das xestións administrativas adecuadas,perante as institucións e órganos indicados.

As reclamacións presentaranse en calquera daslinguas oficiais da Unión, expresando claramentecontra que institución ou órgano da ComunidadeEuropea se dirixe, e mais o porqué da mesma.

106

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

O Valedor do

Pobo Europeo

só ten

competencia

en asuntos

relacionados

cunha

posíbel mala

administración

das institucións

europeas.

As reclamacións remitiranse á oficina do Valedor doPobo Europeo, a través de correo postal, fax,correo electrónico ou ben utilizando un mode-lo dispoñíbel no web http://www.euro-ombudsman.eu.int

Nela atoparemos, ademais, información sobre esteorganismo e o seu ámbito de actuación.

É sinxela e vai de balde.

Segundo o tipo de denuncia ou queixa elixida,podemos informar aos medios de comunicación

sobre a marcha dos acontecementos, contribuíndo –deste xeito–, á difusión

da campaña.

107A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

108

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

TIPO DEACTUACIÓN

ORGANISMOS PERANTEO QUE SE INTERPÓN

Denunciaadministrativa

Denuncia penal

Querela

Queixa

Queixa

Reclamación

Autoridade Administrativa Competente

Xulgados, Fiscalía e Fiscalía de Medio AmbienteCorpos ou Forzas de Seguridade do Estado oudas Comunidades Autónomas

SEPRONA

Xulgados

Comisión Europea

Valedor do Pobo

Valedor do Pobo Europeo

109A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

DEFINICIÓN

Consiste en dar a coñecer á Administración algunha infracciónlexislativa ou norma administrativa, comunicando a realizaciónduns feitos, presuntamente ilegais.É sinxela e vai de balde.

É a posta en coñecemento da autoridade, dun feito que podeconstituír ou que ten as características dalgún dos delitos tipifica-dos no Código Penal. É sinxela e vai de balde.

Denuncia suxeita a formulismos especiais, que debe ser presenta-da e tramitada por un avogado e por un procurador nomeados paraese caso mediante un poder notarial especial, non sendo válido opoder xeral para preitos. Leva aparellado custo económico.

A queixa interponse, cando un Estado Membro poida estar a crebarunha disposición ou un principio de Dereito comunitario de obrigadocumprimento para os Estados membro da UE.É sinxela e vai de balde.

Protesta que se interpón cando a Administración, na súa actividade,non respecte o dereito de todos os cidadáns ao medio ambiente e aparticipar nos asuntos públicos.É sinxela e vai de balde.

Demanda que se interpón cando se produce unha incompetenciaadministrativa na acción das institucións e órganos da ComunidadeEuropea. Están excluídos o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de PrimeiraInstancia no exercicio das súas funcións xurisdicionais.É sinxela e vai de balde.

5. Como acceder á lexislaciónAmbiental: portais web deinterese

Tanto na lexislación europea como na estatal, existen nor-mativas referentes a impactos e conservación do medioambiente que debemos ter en conta á hora de emprenderunha campaña. Algunhas xa as temos tratado anteriormen-te, como a Liberdade de Acceso á Información ou aAvaliación de Impacto Ambiental. Porén, existe unhaimportante normativa referente á protección domedio ambiente, xa sexa relacionadas co medio natural(biodiversidade, hábitats costeiros, flora, fauna, espazosnaturais protexidos), co medio físico (atmosfera, ríos, len-tura da terra, augas continentais, costas), ou relacionadascon actividades humanas e medio ambiente (urbanismo einfraestruturas, enerxía e industria, agricultura, ganderíae pesca, actividades clasificadas, residuos, incineración).

A continuación, presentamos os enderezos dediversos organismos onde consultar a lexisla-ción vixente sobre diferentes materias.

Non esquezamos que en casos complexos,cómpre acudir á axuda dos avogados. En moitos dos Colexios de Avogados existeun servizo de Orientación Xurídica de axuda aos cidadáns ao que dirixírmonos.

110

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

ˆ Convenios internacionais sobremedio ambiente:

http://untreaty.un.orgWeb de Nacións Unidas sobre os seus TratadosInternacionais, no que podemos atopar todos osConvenios Internacionais sobre medio ambienteen inglés e francés.

ˆ Normativa de ámbito europeo:

http://www.europa.eu.int/ Portal da Unión Europea no que se pode consultara actividade da UE por temas, o funcionamento dainstitución, os documentos e servizos dispoñíbeis.Pódese acceder a toda a documentación sobre odereito europeo, así como aos boletíns da UE.

ˆ Normativa de ámbito estatal:

http://www.boe.esWeb do Boletín Oficial do Estado, onde se pode acce-der a toda a lexislación de ámbito estatal publicada noBOE. Tamén se pode conseguir a través do teléfono:902 365 303 ou escribindo a [email protected].

ˆ Normativa de ámbito autonómico e provincial:

http://www.boe.es/g/es/boletines/boletines.phpDende esta ligazón do web do Boletín Oficial doEstado pódese acceder á lexislación publicada nos bole-tíns autonómicos e provinciais.

111A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

ˆ Outros web de interese:

http://www.mma.es/normativa/legis/index.htmWeb do Ministerio de Medio Ambiente onde poderemosatopar a lexislación ambiental clasificada en bloquestemáticos: Xerais, Augas e Costas, Atmosfera,Conservación da Natureza, Impacto Ambiental,Residuos, Actividades Clasificadas, Ordenación doTerritorio, Estrutura Orgánica e Axudas, Subvencións ePremios. Estes bloques están ordenados en tres sub-apartados segundo a súa fonte normativa: UniónEuropea, Estado e Comunidades Autónomas.

http://cde.ua.es/boeWeb do Centro de Documentación Europea daUniversidade de Alacante cuxo obxectivo é estenderinformación sobre a Unión Europea co fin de achegalaao público en xeral.

112

A NOSA CAMPAÑA EN MARCHA- A vía legal

113

AnexoComo crear

unha asociación

Que é unha asociación

Unha asociación é unha agrupación de persoasconstituída co fin de realizar unha actividadecolectiva dunha forma estábel, organizadasdemocraticamente, e sen ánimo de lucro. Odereito de asociación está recollido na Constitución,no seu artigo 22.

A Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, regula-dora do Dereito de Asociación, é o marco legal queestablece o réxime mínimo e común ao que se axusta-rá calquera modelo de asociación, sempre que non teñalexislación específica como é o caso de sindicatos, par-tidos políticos, etc. Esta lei proporciónanos a infor-mación precisa a fin de entender cales son os fun-damentos dunha asociación e como se constitúe.

As persoas que desexen constituír unha asociacióndeben acordar o obxectivo a conseguir, que tipo deactividades levarán a cabo, que tempo dedicarán,etc. Este acordo informal é fundamental e del depende-rá o éxito da nosa asociación e, o máis importante, onoso éxito na defensa do medio ambiente.

Un grupo de asociacións pódese unir nunha plata-forma co obxecto de colaboraren nunha campañamais esta figura non é unha entidade xurídica.

115ANEXO - Como crear unha asociación

“Sen ánimo de lucro” non significa que non poidanxerarse excedentes económicos, senón que en caso dehabelos, deberán investirse no cumprimento dos fins da asociación, non podendo repartir beneficios entre ossocios e socias. Tamén podemos dispor de persoal traballando con contrato laboral.

Como constituíla

Para crear unha Asociación precísanse, polo menos, trespersoas. A continuación analizamos os pasos a seguir,segundo se trate dunha asociación de ámbito nacional oulocal.

Para as asociacións de ámbito nacional hai que:

ˆ Elaborar a Acta Fundacional ou de Constitución.

ˆ Elaborar os Estatutos da Asociación.

ˆ Cumprimentar a solicitude por duplicado, asinada porun dos socios fundadores, segundo Modelo facilitadopolo Rexistro de Asociacións do Ministerio do Interior(ou Organismo correspondente no caso dasComunidades Autónomas con competencia no asunto)

ˆ Pagar as taxas do rexistro (30 € aproximadamente),segundo Modelo 750 de autoliquidación en calqueradas oficinas bancarias colaboradoras.

ˆ Presentar a documentación anterior, por duplicado,coas sinaturas orixinais en ambos os dous exempla-res, así como o resgardo do ingreso das taxas, aoRexistro Nacional de Asociacións R/ Amador de losRíos ,7-Madrid (Telf. 91 537 25 07/02 – Fax 91 53725 08).

Para as asociacións de ámbito local, os pasos sonos mesmos, endebén haberá que consultar naComunidade Autónoma correspondente, se existenmodelos para os distintos documentos, así como oenderezo do Rexistro.

116

ANEXO - Como crear unha asociación

Unha vez constituída a nosa Asociación,tanto se é de ámbito estatal como local,

teremos de solicitar a tarxeta do CIF,legalizar os libros de Actas, Socios e

Contabilidade.

Os Estatutos

Os Estatutos son as regras fundamentais do fun-cionamento dunha asociación e, malia a non posuíreno carácter de norma xurídica, son vinculantes paratodas as persoas socias, pois sometéronse a eles deforma voluntaria ao ingresar na Asociación.

Os Estatutos, segundo se establece no artigo 7 da cita-da Lei Orgánica 1/2002, deben contemplar de formaobrigatoria os seguintes aspectos da nosa asocia-ción:

ˆ Denominación.

ˆ Domicilio e Enderezo.

ˆ Ámbito territorial no que vai realizar, principalmente, assúas actividades.

ˆ Duración, de non se constituír por tempo indefinido.

ˆ Fins e Actividades, descritas de forma precisa.

ˆ Requisitos e modalidades de admisión e baixa, sanción eseparación de asociados e, no seu caso, clases. Poderánincluír, tamén, as consecuencias da falta no pagamentode cotas, por parte dos asociados.

ˆ Dereitos e obrigacións dos asociados e, no seu caso, decadansúa modalidade.

117ANEXO - Como crear unha asociación

ˆ Criterios que garantan o funcionamento democrático daasociación.

ˆ Órganos de goberno e representación, a súa composición,regras e procedementos para a elección e substitución dosseus membros, atribucións e duración dos cargos, causasde cesamento, forma de deliberación, adoptar e executaracordos e as persoas ou cargos con facultade para certi-ficalos, requisitos para que os citados órganos fiquenvalidamente constituídos, así como a cantidade de aso-ciados precisa co obxecto de convocar sesións dos órga-nos de goberno ou propor asuntos na orde do día.

ˆ Réxime de administración, contabilidade e documenta-ción, así como a data de peche do exercicio asociativo.

ˆ Patrimonio inicial e recursos económicos dos que sepoderá facer uso.

ˆ Causas de disolución e destino do patrimonio nesesuposto, que non poderá desvirtuar o carácter lucra-tivo da entidade.

A estes contidos obrigatorios, poderán engadirseoutros establecidos polos socios e socias. Existea facultade de elaborar, tamén, un Regulamentode Réxime Interno que arbitre aspectos do funcio-namento da Asociación que non foran definidos nosEstatutos.

118

ANEXO - Como crear unha asociación

Órganos dunha asociación

Segundo se establece no artigo 11 da Lei Orgánica1/2002 os órganos dunha Asociación deben ser, polomenos, os seguintes:

H Asemblea Xeral

É o órgano onde reside a soberanía da asociacióne está composto por todos os socios e socias. As súascaracterísticas fundamentais (sempre que os Estatutosnon teñan outra previsión), son:

ˆ Deben reunirse, polo menos, unha vez ao ano concarácter ordinario para preparar as contas do ano queremata e o orzamento do ano que comeza.

ˆ As sesións extraordinarias celebraranse para a modifi-cación dos Estatutos e para todo aquilo que se preve-xa neles.

ˆ O quórum preciso para a constitución da Asemblea seráde un terzo dos asociados, salvo que os Estatutos con-templen outra medida.

ˆ Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioríasimple das persoas presentes ou representadas, candoos votos afirmativos superen aos negativos. Non obstan-te, requirirán maioría cualificada das persoas presentesou representadas –que resultará cando os votos afirma-tivos superen a metade–, os acordos relativos á disolu-ción da asociación, modificación dos Estatutos, disposi-ción ou alleamento de bens e remuneración dos membrosdo órgano de representación.

119ANEXO - Como crear unha asociación

H Xunta Directiva

O órgano de representación, que normalmente se deno-mina Xunta Directiva, é o encargado de xestionar a asocia-ción durante o tempo que transcorre entre a celebración dasAsembleas. As súas facultades esténdense, con carácterxeral, a todos os actos propios das finalidades da asocia-ción, sempre que non requiran, conforme aos Estatutos,autorización expresa da Asemblea Xeral.

O seu funcionamento dependerá do que establezan osEstatutos, sempre que non contradigan o artigo 11 da LeiOrgánica 1/2002.

Funcionamento

Á marxe das deliberacións con Facenda, a asociacióndeberá levar ao día o Libro de Actas, o Libro deSocios, e os Libros de Contabilidade, que presen-tará no Rexistro correspondente, para a súa lega-lización.

Os libros mércanse en librarías/papelarías, xapreparados para ser legalizados no Rexistro. Se deci-dimos levar ao día estes Libros no ordenador,teremos que legalizar no Rexistro follas soltascon numeración correlativa; nas que, a continua-ción, imprimiremos os datos.

Estes Libros recollen os datos fundamentais da vidada asociación. Son o referente legal ante terceirose ante os propios socios, dos acordos e da composi-ción, orixe e destino dos recursos económicos daasociación, de aí a importancia de telos actuali-zados.

120

ANEXO - Como crear unha asociación

Asociacións de ámbito estatal: os libros debenlegalizarse no Rexistro Mercantil (Paseo de laCastellana,44; Telf.91 576 01 17/12 00), onde sepresentarán libros encadernados ou follas soltasnumeradas correlativamente, ata un máximo de 500por libro.

Asociacións de ámbito local: dependerá daComunidade Autónoma correspondente.

H Libro de Actas

Trátase dun libro de follas numeradas, no que serecollerán as sesións dos órganos de goberno daasociación, con especial referencia aos acordosadoptados. A súa ordenación no Libro será cronolóxi-ca, e no caso que deixemos algunha folla ou parte delasen escribir, anularase, riscándoa co obxecto de desbo-tar anotacións que non respondan ao desenvolvementodas sesións.

Cada acta deberá conter os seguintes datos:

ˆ Órgano que se reúne.

ˆ Data, hora e lugar da reunión.

ˆ Número de convocatoria (Primeira ou Segunda)

ˆ Asistentes (datos nominais ou numéricos)

ˆ Orde do Día.

ˆ Desenvolvemento da reunión cos principais argumentosrelacionados coas persoas que os defenden.

ˆ Acordos adoptados.

ˆ Sistema de adopción dos acordos e resultados numéricos.

ˆ Sinatura do/a Secretario/a e Vº e Prace do Presidente/a.

121ANEXO - Como crear unha asociación

As Actas débense recoller durante o desenvolvemento dassesións e presentarse na seguinte reunión do órgano encuestión para a súa aprobación, polo que normalmente, oprimeiro punto da orde do día consiste na lectura e aproba-ción da acta da reunión anterior.

H Libro de Socios

O Libro de Socios é un rexistro de altas e baixas desocios e socias que se van producindo na asociación. Noformato que se vende nas papelarías, consta dunha seriede columnas para recoller os datos do asociado, as datasde alta e baixa, o número de socio/a, etc. De certo, resul-ta máis sinxelo levar este control con ferramentas infor-máticas, imprimindo cada folla, unha vez completada,nos folios legalizados polo Rexistro.

H Libros de Contabilidade

No artigo 12 da Lei Orgánica 1/2002, establécese aobriga de levar, a falta do Regulamento que matice estaobrigación, unha “...contabilidade que permita obter aimaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situaciónfinanceira da entidade, así como as actividades reali-zadas, efectuar un inventario dos seus bens...”; édicir, unha contabilidade por partida dobre e ana-lítica.

No caso que a nosa asociación estea dada dealta nalgún epígrafe do Imposto de ActividadesEconómicas estaremos obrigados polo Título III doCódigo de Comercio a levar unha contabilidade adap-tada ao Plan Xeral Contábel. Isto ocorrerá no casoque vendamos algún tipo de material co obxecto deconseguir fondos para as nosas actividades. Paraentidades sen ánimo de lucro, serán de aplicación

122

ANEXO - Como crear unha asociación

as Normas de Adaptación do Plan Xeral deContabilidade e Normas de Información orzamenta-rias de Entidades sen Fins Lucrativos.

Se a asociación está declarada de UtilidadePública, deberá levar unha contabilidade segundo asNormas de Adaptación do Plan Xeral de Contabilidadee Normas de Información orzamentarias de Entidadessen Fins Lucrativos, de acordo coa Lei 49/2002, de 23de decembro, de réxime fiscal das entidades sen FinsLucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado, poloseu Art. 3.8

Utilidade Pública

Poderán ser declaradas de Utilidade Pública asasociacións que cumpran os requisitos estableci-dos no artigo 32 da Lei Orgánica 1/2002.Recomendamos a consulta da devandita lei, no caso queexista o interese e a posibilidade de que a nosa asocia-ción sexa declarada de utilidade pública.

A declaración de Utilidade Pública por parte do Ministeriodo Interior ven supor, asemade, un recoñecemento socialdo labor da entidade e a posibilidade de acollerse a unhaserie de beneficios fiscais e mais a capacidade de utilizar amención “declarada de Utilidade Pública”. Estas obriga-cións e beneficios fiscais poden ser consultados no Artigo 3da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal dasEntidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais aoMecenado, e noutras disposicións.

123ANEXO - Como crear unha asociación

De todos os xeitos, para unha maior información do proce-demento, cómpre ler o Real Decreto 1786/1996, de 19de xullo, sobre procedementos Relativos aAsociacións de Utilidade Pública.

124

ANEXO - Como crear unha asociación

Para máis información

A información contida nos apartados relativos áconstitución dunha asociación, foi extraída daGuía de Gestión de Entidades sin Ánimo deLucro. Autores; José Luís Herrero e MargaritaÁlvarez. Guía que recomendamos consultarna súa totalidade no web:

www.asociaciones.org

Algunhas cuestiónssobre financiamento

Todas as asociacións precisan diñeiro para realizarenas súas campañas e levar a cabo as súas actividades.Debemos, polo tanto, recadar fondos. Para iso, debe-remos ter en conta catro aspectos fundamentais:para que precisamos os fondos, canto diñeiro épreciso, como imos recadalo e quen o adminis-trará.

H Decidir para que precisamos o diñeiro

Xeralmente será para o funcionamento ordinario daasociación e para as actividades concretas da nosa cam-paña. Debemos determinar as necesidades en ambos osdous casos, identificando cales son os gastos decotío,como as facturas de teléfono, fax, etc.., e por outrabanda, os gastos das actividades como a publicación dunfolleto, os dunha excursión que organicemos, ou aquelesderivados dun proceso legal.

É recomendábel evitar gastos innecesarios . Por exemplo,existe unha tendencia a ter “local de noso”, o que supón–xeralmente– un gasto ben grande e, quizais, prescindíbelnun principio, xa que para celebrar unha reunión; a solici-tude puntual dun centro cultural do concello ou o local dou-tra asociación (de veciños, amas de casa...) é unha solu-ción óptima.

125ANEXO - Como crear unha asociación

H Determinar canto diñeiro precisamos

Unha vez definidas as nosas necesidades debemoscuantificalas; para iso, orzaremos todos os custos quecontemplemos. Debemos facer unha análise global e alongo prazo, non só pensar no que precisaremos nun futu-ro inmediato.

H Decidir como imos conseguir o diñeiro

Unha fonte de ingresos para a nosa asociación son ascotas que establezamos para os socios, as doazóns desimpatizantes, a venda de materiais co noso anagrama oucon motivos relacionados coa campaña, coa organizaciónde concertos, festas, sorteos, etc., existen moitas posibi-lidades.

Habemos de valorar a posibilidade de obter financia-mento por outras vías diferentes á recadación. Moitascompañías e fundacións contan con fondos para apoiara organizacións non gobernamentais (ONG) ou a pro-xectos concretos. Igualmente, a administración, xasexa a nivel local, autonómico ou estatal, tamén dispónde fondos para diferentes proxectos. As distintas nor-mativas, en materia de asociacionismo, establecen ooutorgamento de subvencións (suxeitas a unha seriede criterios e obxectivos) e a consecución de conve-nios entre a administración e as ONG. Esta mesmanormativa establece que as asociacións teñen dereitode acceder e beneficiarse das medidas de apoio eco-nómico, material (equipos e infraestrutura) técnico,de formación e asesoramento establecidas polasmesmas Administracións Públicas.

Recadar fondos unicamente coas cotas dos socios emais a venda de material proporciona independen-cia á hora de actuar. Mais, cada asociación terá de

126

ANEXO - Como crear unha asociación

valorar as posibilidades que lle poida ofrecer a con-cesión de subvencións e axudas, tanto do sector pri-vado como do público, coidando que non limitena súa liberdade de actuación e que a orixe dosfondos sexa coherente cos obxectivos da aso-ciación. Neste sentido teremos presente que, conrepetida frecuencia, empresas que veñen xerandoseveros danos ao medio ambiente, teñen unhapolítica de lavado de imaxe precisamente a travésda creación de fondos para proxectos “ambientais”,premios e outras formas de colaboración.

H Elixir responsábeis para as finanzas ea recadación de fondos

O responsábel das finanzas debe garantir oemprego de fondos segundo o obxectivo progra-mado, así como a súa eficaz administración. Paraiso, debe ter un rexistro pormenorizado dos ingresos egastos, xunto cos xustificantes de ambos os dous, dexeito que, sempre, coñeza a orixe e destino dos fondos.

É importante que a persoa encargada desta tarefa nonsexa a mesma que recada os fondos ou que realiza osgastos, co obxecto de asegurar a fiabilidade e transpa-rencia neste control, para o cal se lle proporcionará todaa información que precise.

127ANEXO - Como crear unha asociación

Co mesmo propósito e, a fin de facilitar a toma de decisiónsna planificación de actividades, esta persoa responsábel daxestión financeira presentará informes periódicos do estadode contas, de xeito que todos os membros da asociación oscoñezan.

128

ANEXO - Como crear unha asociación

Onde atopar axuda

Para a realización deste tipo de tarefas, contaremos coa axuda ou ben o asesoramentode profesionais, como a Fundación Xestión eParticipación Social que entre outras actividades asesora na xestión de ONG e prestaservizos de asesoría contábel. Accederemos aeles a través do portal

www.asociaciones.org

é unha organización ecoloxista epacifista internacional, política eeconomicamente independente,que combina o diálogo coa denun-cia activa e non violenta co fin deexpor problemas ambientais globaise promover solucións precisas paraconseguir un futuro sostíbel e enpaz.

Máis información:

www.greenpeace.es

Greenpeace España en Madrid San Bernardo 107, 1ª 28015 Madrid tel.: 91 444 14 00 fax: 91 447 15 98

en Barcelona Ortigosa 5, 2º 1ª 08003 Barcelona tel.: 93 310 13 00 fax: 93 310 51 18

Correo electrónico:[email protected]