UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de...

20
UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE TUI CURSO 2016-17 1

Transcript of UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de...

Page 1: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3ESCOLA INFANTIL DE TUI

CURSO 2016-17

1

Page 2: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

INDICE

INTRODUCCIÓN

OBXECTIVOS

PLAN DE TRABALLO

BLOQUE 1. EN RELACIÓN COS ADULTOS

1. PREPARACION DO SOLO

• LABORES DE INVERNO

• PREPARACION INMEDIATA DO TERREO

◦ DESINFECCION DO SOLO

◦ ACOLCHADO

2. FERTILIZACIÓN

3. SEMENTEIRA E PLANTACIÓN

4. MANEXO DE PRAGAS E ENFERMIDADES

5. REGO

6. TUTOREO DOS CULTIVOS

BLOQUE 2. EN RELACIÓN CO ALUMANDO

1. AGRUPAMENTOS

2. TEMPORALIZACIÓN

3. ACTIVIDADES

BLOQUE 3. ASPECTOS XERAIS

1. RECURSOS EMPREGADOS

2. AVALACIÓN

3. BIBLIOGRAFÍA

Page 3: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos
Page 4: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

Este proxecto recolle as ideas, reflexións e acordos do equipo de traballo da

Escola Infantil de Tui e ten como obxecto proxectar ilusión, motivar o cambio e

sentir que a vida está en todos os escenarios posibles da escola, e para iso é

preciso xuntar esforzos para sacarlle o maior potencial posible.

INTRODUCIÓN

En contacto co entorno natural a nena e o neno teñen múltiples posibilidades dedesenvolver aprendizaxes por descubrimento, empregando os seus sentidos vitais, otacto, o movemento, o equilibrio, todos eles aspectos que benefician a súa óptimamaduración biolóxica, espertando as ganas de aprender e explorar, facilitando o seudesenvolvemento motriz e activando a súa imaxinación a través do xogo.

É por iso que o proxecto xorde da necesidade do contacto cotiá coa natureza,entendendo que o compromiso e o respecto polo medio ambiente son actitudes que seadquiren na infancia desde unha relación próxima e positiva co entorno.

OBXECTIVOS

Aproveitar a horta como medio para formar ás nenas e aos nenos no respecto polanatureza, como na necesidade de convivir con ela.

Gozar, sentir e vivir a natureza.

Favorecer accións que precisen de colaboración e cooperación, para estimular o traballoen equipo no coidado da horta.

Crear un horto sostible e produtivo usando métodos orgánicos para reducir riscos decontaminacións e intoxicacións polos produtos químicos.

Page 5: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

PLAN DE TRABALLO

A escola infantil de Tui comezou a súa andaina no curso escolar 2013/14, desde esemesmo ano o equipo educativo puxo o seu empeño no desenvolvemento da horta escolar.A continuación recóllense os pasos necesarios para que este proxecto vise a luz:

1. Reunión coa comunidade educativa. Nas primeiras xuntanzas do equipo nace aidea do proxecto, todos os profesionais da escola mostran interese e valoran aexperiencia como enriquecedora e de gran valor educativo. Nestas xuntanzassolicitouse a colaboración de todo o equipo nas diferentes actividades adesenvolver para a posta en marcha da horta.

2. Constitución da comisión da horta escolar. Posteriormente se acorda aconstrución de comisións de traballo para dinamizar os proxectos do centro, a funciónprincipal dos membros da comisión é a de participar activamente na implantación ysostenibilidade da horta escolar. Na actualidade a comisión está constituída por tresmembros do equipo educativo, e todos os anos recibimos a axuda de varias familias,especialmente na aparte de preparación do terreo. Quen é o coordinador dacomisión, as funcións e tarefas da comisión quedan recollidas no proxectopresentado. Toda a comunidade educativa debe apoiar á comisión nas diferentesaccións que requiren para o correcto desenvolvemento do proxecto.

COMISIÓN DE TRALLO DA HORTA ESCOLAR

RESPONSABLES FUNCIÓNS

Marcos Leiro Vilariño(coordinador)

Coordinar e planificar as actividades coa comisión.Motivar aos participantes na execución das actividadesda horta escolar.Ser o enlace entre as institucións de apoio, técnicos uoutros.

Victoria Eugenia RomeroGonzález (docente)

Organizar ao alumnado para as actividades de traballoque se precisen na horta.Velar polo coidado, seguridade e uso axeitado dosmateriais da horta.Orientar o mantemento da horta.Planificar e dinamizar actividades derivadas da horta.

Lidia María Gallas Otero(docente)

OUTROS AXENTES

Cristina Llinares Francisco(dirección da escola)

Documentar todo o proceso.Elaborar memoria de traballo.Coordinarse coa comisión de traballo.

Comunidade educativa (familias,concello, outros axentes docontorno próximo)

Axudar nas labores de mantemento e coidado da horta.Servir de multiplicador das actividades da horta nacomunidade.*Facilitar semillas, plantas e ferramentas para omantemento da horta.Velar polo coidado da horta.Participar en actividades propostas pola escola para amellora da horta escolar.Brindar asistencia técnica e apoio na sostenibilidade dahorta.

Page 6: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

* O instituto San Paio ao carón da nosa escola inicio a súa horta co seu alumando a partirdo noso traballo na horta escolar.

3. Planificación e elaboración do plan de traballo. A comisión desenvolverá unhaxuntanza onde quedará definida como, cando e con que se vai a establecer a hortaescolar. Na xuntanza de planificación se definen responsabilidades para odesenvolvemento das actividade. O plan de traballo consta de:

• Obxectivos• Actividades• Organización• Recursos• Cronograma

4. Avaliación dos recursos existentes no centro. A comisión é responsable de facerun inventario e analizar cales son os recursos dos que dispón o centro e aqueles quenecesitan para a horta. Os recursos dos que non se dispoñen serán solicitados ácomunidade educativa ( familias, concello e outros axentes). Os recursos necesariospara o correcto desenvolvemento do proxecto son os seguintes:

• Terreo dispoñible dentro do recinto escolar.• Espazo dispoñible para o almacenamento de ferramentas.• Dispoñibilidade de auga.• Ferramentas• Insumos (semillas, abonos, plantas,...)

5. Rexistro das actividades. Os rexistros favorecen o desenvolvemento dasactividades e a súa axeitada temporalización

Page 7: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

BLOQUE 1. RELACIONADO COS ADULTOS.

1. PREPARACIÓN DO SOLO PARA O CULTIVO.

A preparación do solo realízase co obxectivo de protexer e mellorar a súa estrutura, aactividade biolóxica e a fertilidade. Este traballo implica:

A aplicación regular de fertilizante orgánicos en forma de restos vexetais para manter unsniveis de humus e de actividade biolóxica e achegar os nutrientes necesarios para plantas.

Un nivel de actividade microbiana suficiente para iniciar a descomposición dos materiaisorgánicos.

Unhas condicións do solo que permitan a acción continuada dos vermes e doutrosorganismos edáficos que melloren e estabilicen a estrutura do solo mediante a produción deexcrementos granuais.

LABORES DE INVERNO

Inicio o curso, e tendo en conta que a escola permanece pechada no mes de agosto, aspersoas responsables do proxecto, realizan labores de mantemento do terreo de aimplantación no mes de marzo.

• Eliminar as malas herbas.• Incorporar restos de restrebas para a súa descomposición.• Dar unha maior aireación ao terreo.• Penetración da choiva e o xeo durante o inverno.

Traballos desenvolvidos entre o mes de setembro e o mes de xaneiro:

• Deixamos o terreo libre de impedimentos que tiñamos da campaña anterior e os doscultivos que remataron a súa produción. Retiramos os tomates, pementos,berenxenas, cenoiras, cebolas, leitugas. Mantivemos as fresas.

• Limpeza das malas herbas.

Page 8: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

PREPARACIÓN INMEDIATA DO TERREO

Esta labor ten como obxectivo principal preparar o terreo de tal maneira que quede listopara recibir a planta ou semente. Esta actividade desenvolveuse a finais de febreiro eprincipios de marzo coa colaboración das familia da escola:

• Un pase co tractor para preparar o terreo. • Preparación do terreo tendo en conta a planificación feita. Actividade levada a cabo

polos responsables do proxecto.

A horta é terreo chairo, polos que os cultivos previstos é o tomate, pemento, fabas verdes esecas, cabaciño, cabaza, e todo tipo de plantas medicinais que rodean o terreo dentro deneumáticos.

DESINFECCIÓN DO SOLO

A técnica empregada é a biofumigación, empregando a descomposición dos produtos vexetais (restos procedentes da caída das follas das árbores do patio e herba segada).

Page 9: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

ACOLCHADO

O acolchado empregado é o orgánico que consiste en estender unha capa de materia orgánicasobre o solo.

O noso acolchado orgánico está feito de:

• Humus de follas• Recortes de céspedes secos• Compost ( ramas e follas).

3. FERTILIZACIÓN.

COMPOST

As follas secas das árbores e os recorres de céspedes amontóanse nunha esquina da horta equedan en condicións de fermentación aerobia, coa suficiente humidade para a transformaciónhixiénica dos restos orgánicos.

Page 10: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

GALLINAZA

Este curso escolar pareceunos moi interesante coidar galiñas na horta escolar,pareceunos unha actividade de gran sostenibilidade e moi ecolóxica. A idea nace polanecesidade de dar unha saída aos sobrantes de comida que se xeran no comedor escolar. Asgaliñas son resistentes a enfermidades e se alimentan de sementes, plantas, insectos e restosde comida

A gallinaza, obtida do excremento das galiñas poñedoras, é o abono orgánica quemáis nutrientes achega ás plantas, pois é rico en minerais e proteínas.

Para a posta en marcha do poleiro e o seu coidado teremos en conta:

• Os excrementos das galiñas misturarase cos restos vexetais, xa que conténmoito nitróxeno, para obter un compost de alta calidade.

• O poleiro estará orientado ao sur para garantir o maior tempo de luz para asgaliñas.

• O poleiro constará dun bebedeiro e dun comedeiro. O bebedeiro evitará queas galiñas se podan meter dentro para evitar infeccións. E o comedeiroevitará pelexas entre elas. As galiñas chegan a beber medio litro de auga aodía. A auga manterase sempre limpa.

• As galiñas andarán libres pola horta buscando insectos, plantas e semillas, erestos de comida do comedor escolar e mentres tantos abonarán o terreo naépoca que non ten semente.

• Pola horta tamén esparexeremos cascaras de ovos machacadas paragarantir o aporte de calcio suficiente.

• Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comidae auga para que podan identificalo como o seu fogar e poñan os ovos dentrodo poleiro.

• Dentro do poleiro disporán dunha zona específica para poñer os ovos, ondecolocaremos palla ou serrín. Manterase sempre limpo.

• Na medida do posible, nenas e nenos axudarán nas labores de coidado dasgaliñas.

• Para a implantación do poleiro precisaremos cercar a horta.

4. SEMENTEIRA E PLANTACIÓN.

Este traballo na horta xa se realiza coa colaboración das nenas e dos nenos:

• Sementeira. Incorporamos ao solo a semente como tal, sen xerminar. Facémolo enmarzo, cando a temperatura é aceptable no exterior. As sementes son:

▪ Millo▪ Xirasois▪ Cabaza▪ Xudías▪ Chícharos▪ Cabaciño

Page 11: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

• Plantación. Levamos directamente ao solo de cultivo a planta. As plantas empregadas:

▪ Fresas▪ Framboesas▪ Tomates ▪ Pementos▪ Cebolas▪ Patacas▪ Cebolas▪ Leituga

• Plantas medicinais:▪ Valeriana▪ Lavanda▪ Ourego▪ Xenxibre▪ Asente▪ Menta poleo▪ Xeranio limón▪ Nébeda▪ Hortelá▪ Romeu▪ Axedrea▪ Melisa▪ ....

A súa plantación ten como obxectivo dar a coñecer as plantas aromáticas emedicinais que son de uso común nas xentes do campo.

Neste momento a colaboración das familias é maior, xa que precisamos das achegas desementes e plantas para que nenas e nenos sementen e planten na horta.

5. MANEXO DE PRAGAS E ENFERMIDADES.

Os principais problemas que nos encontramos na horta son:

• As malas herbas. Require do coidado diario polos responsables do proxecto coa axudadas nenas e nenos, sempre que os tempos o permiten.

• Pragas. O purgón e os caracois son os máis frecuentes.• Enfermidades. A planta máis prexudicada é a tomateira.

A prevención non sempre é posible polo que no caso de sufrir pragas e enfermidades otratamento a seguir será o seguinte:

En anos anteriores empregamos produtos fitosanitarios recomendados pola agraria, este anoseguiremos algunha recomendacións para empregar produtos naturais:

• Ortigas para o pulgón• Bicarbonato sódico para o mildio• Cascas de ovo e cinza para os caracois e babosas.

Page 12: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

A PODA SANITARIA

A poda sanitaria. Consiste en eliminar as partes danadas e enfermas das plantas co finde disminuir ataques de pragas e enfermidades.

5. REGO

En anos anteriores o rego foi manual, regando co alumando a última hora da tarde, paraeste curso escolar a idea instalamos o rego por goteo, coa dotación económica polaparticipación no programa Voz Natura.

A auga condúcese a presión polas tubarias e logo polas mangueiras de rego que recorrenos surcos dos cultivos, proporcionando a humidade necesarias por medio de gotas que sevan infiltrando no chan e que posteriormente a planta absorbe.

A vantaxes deste tipo de rego:

• Non molla a totalidade do terreo.

• Proporciona a auga necesaria, polo que non hai desperdicio.

• Non molla as follas, polo que reduce o risco de enfermidades das plantas.

• É moi doado o seu mantemento.

6. TUTOREO DOS CULTIVOS

Proporciona un medio de sostén á planta, por medio de espalderas ou ramadas. Aespaldera é un sistema de condución, feito con alambres paralelos ou horizontais, o cal vaisostido por postes verticais como varas de bambú ou outros materiais.

É un medio de sostemento para que a planta soporte o peso da súa produción( tomate, pemento, xudías,...).

Page 13: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

Bloque 2. RELAZIONADO CO ALUMNADO.

1. AGRUPAMENTOS.

Os traballos de coidado e actividade propostas desenvolveranse en grupo reducidos

tendo en conta o grupo de idade e están deseñados favorecendo a participación, na

medida das súas posibilidades, das nenas e nenos.

AGRUPAMENTOS

1-2 2-4 crianzas

2-3 4-6 crianzas

2. TEMPOS.

A horta está pensada para formar parte da vida cotiá da escola polo haberá actividades

en torno a este espazo ao longo da xornada. Dun xeito programado polas titoras da aula

ou máis aberto á curiosidade puntual manifestada polas nenas e nenos.

Contemplamos tempos para as crianzas pero tamén tempos para os adultos polas

necesidades de mantemento e coidado específico que requiren estes espazos.

Page 14: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

ACTIVIDADE TEMPORALIZACIÓN

Sementar. Marzo

Coidados e observación. Diriamente despois de plantar.

Recolleita Cando se dea o froito.

Page 15: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

3. ACTIVIDADES.

As actividades principais a desenvolver coas nenas e nenos serán:

Sementar e plantar.Regar diariamente. Recoller os froitos.Elaborar comidas coa produción da horta (incorporar os alimentos á parva da mediamañá, o servizo de comida é externalizado non pode admitir podrutos doutraprocedencia).

A SENDA DOS OLORES

Propostas específicas para as plantas medicinais.

• Probar diferentes infusións elaboradas coas plantas medicinais da horta da escola.

• Exposición na entrada da escola e na propia aula do grupo de maiores das diferentesvariedades de plantas aromáticas que temos na horta.

• Elaborar bolsitas de aroma para usar como ambientadores naturais. Levarán unhabolsita para casa. Poderán escoller polo olor que máis lles guste.

• Cesto das bolsas aromáticas.

• Frascos de olores.

• Frascos de aceite con ourego.

REDUCIR, REUSAR, REUTILIZAR

Abandeirados do material de refugallo do que facemos uso para as propostas de xogo, aescola fomenta desde sempre unha actitude respectuosa co medio ambiente.

Reusamos case todo o material que cae nas nosas mans: os tubos de cartón do papelhixiénico, as latas baleiras dos leites en po dos nenos, as botellas de plástico,...teñen unhavida máis longa porque son empregados para outras cousas despois do seu uso orixinal(pezas de construción, material de xogo heurístico, axóuxeres,...).

Reducimos cando evitamos o consumo excesivo de materiais. Temos un exemplo claro,que ademais foi proposta dunha nai da escola. En cada cambio onde os nenos precisabanser mudados usabamos unhas bolsas do supermercado, e son moitas os cambios polotanto moitas as bolsas. A idea de esta nai pareceunos fantástica, que cada familia trouxerabolsas do supermercado que sempre se teñen na casa, e a maiores reutilizala. O consumode bolsas de plástico viuse moi moi reducido.

Reciclamos, pois ata o de agora non se nos ocorreu facelo cos nosos nenos, non por nonconsiderar a actividade de suma importancia para que nenas e nenos medren nun entornorespectuoso co medio ambiente, quizais a idade das pequenas e pequenos e intentarevitar o exceso de propostas que nos desvíen das actividades principais que son a vidacotiá e o xogo, no estaba dentro das nosas prioridades.

Page 16: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

Como organizamos a proposta?

Nunha xuntanza de equipo acordamos que, cando e onde poñer os puntos de reciclaxe:

.- Reciclar cos maiores e medianos o cartón e plástico que se xera no uso diarionas aulas.

.- Colocar un punto de reciclaxe no comedor e outro na entrada da escola.

.- Solicitar autorización de saída do recinto escolar para ir levar o reciclaxe aoinstituto San Paio onde están os puntos de reciclaxe máis cercanos..

.- Enviar circular informativa ás familias para que sexa coñecedoras da actividadee fomenten tamén na casa a reciclaxe.

Page 17: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

ESPANTALLO

A súa elaboración é unha tradición que se está perdendo, polo que na escola promovemosa súa recuperación para espantar aos paxaros evitando o uso de materiais que danan omedio ambiente como as botellas de plástico ou cd.

É unha actividade que se pode desenvolver coas nenas e nenos do grupo de maiores epromove a estética na horta.

Os espantallos son os gardiáns tradicionais dos campos e hortos. Inimigos do corvo e domerlo e toda ave voraz. Os espantallos son todo un símbolo etnográfico no acervo populargalego.

Page 18: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

CARTEIS

A identificación das plantas da horta axuda a que os adultos que non forman parte dacomisión da horta e familia que acompaña aos nenos a visitala podan recoñecelas.

No caso das nenas e nenos ao estar o cartel cunha foto real da pranta é máis doadoidentificalas.

Page 19: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

BLOQUE 3. OUTROS ASPECTOS.

1. RECURSOS.

INVENTARIO.

FERRETERÍA Listóns de madeira, sacho, sacha, forquita, pala lixeira,cestos, legón, angazo.

PAPELERÍA Cartolinas, rotuladores, celo, fundas paraplastificar.

AGRARÍA Terra, abono, pementos fresas, semente cabaza, xudías.Sementes varias de plantas aromáticas, rafia natural.

OUTROS RECURSOSMATERIAIS

Carretillas, caldeiros, pás, angazos, material de refugallopara facer de sementeiros (vasos de iogur, botellas...)

RECURSOS HUMANOSResponsables da comisión da horta. Persoal daescola.Nais e pais.Outros axentes do contorno: xardineiros do Concello,persoal en prácticas...

NECESIDADES

FERRETERÍA Bridas

PAPELERÍA Fotocopias a cor, encadernacións

AGRARÍA Sementes, terra

OUTROS RECURSOS MATERIAIS Poleiro, comedeiro e bebedeiro galiñas.Cerca para o poleiro.Moble para gardar botas de auga dasnenas e nenos.

RECURSOS HUMANOSResponsables da comisión da horta.Persoal da escola.Nais e pais.Outros axentes do contorno: xardineiros doConcello, persoal en prácticas...

Page 20: UNHA HORTA ECOLÓXICA NA ESCOLA INFANTIL 0-3 ESCOLA INFANTIL DE … · 2017-03-16 · • Antes de deixalas soltas pola hortas estarán 48 horas no poleiro con comida ... En anos

2. AVALIACIÓN DA PROPOSTA.

Por ser unha proposta que se traballa en todo o centro, compre respectar certos criterioscompartidos por todo o equipo:

Respecto pola decisión de cada neno e cada nena de participar ou non nasactividades propostas.

Levar a cabo a proposta en grupos pequenos de nenas e nenos, con tempo e senoutras distraccións.

Participación e colaboración das familias no proxecto.

Os espazos responden ás necesidades dos nenos e nenas? Os recursos foron osaxeitados e suficientes? Respectase a decisión das crianzas de participar ou non nasactividades? Responde a intervención do terreo aos obxectivos deseñados? Mellora aproposta de actividades das nenas e nenos?

3. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA.

Manual de horta ecolóxica. (2015). Ed.Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela.

www.voznatura.co m