Unidad didactica de alimentación

62
Unidade didáctica de alimentación

Transcript of Unidad didactica de alimentación

Page 1: Unidad didactica de alimentación

Unidade didáctica

de alimentación

Page 2: Unidad didactica de alimentación

INDICE

1. INTRODUCCIÓN

2. CICLO AO QUE VAI DIRIXIDO

3. COMPETENCIAS

4. ACTIVIDADES

5. EXPLICACIÓN PARA O PROFESOR

6. BIBLIOGRAFÍA

7. ANEXOS

Page 3: Unidad didactica de alimentación

1. INTRODUCIÓN

O tema da alimentación ofrécenos moitas posibilidades a nivel

educativo tanto pola súa proximidade ás necesidades e intereses dos

nenos e nenas como pola necesidade de ensinar aos nenos e as

familias a importancia que ten unha boa alimentación para conseguir

unha boa saúde e uns bos hábitos. Ademais a sociedade esíxenos a

“educar para a alimentación” xa que cada día aumentan os trastornos

alimenticios como a obesidade, a anorexia e a bulimia.

Unha alimentación inadecuada é unha realidade que está presente na

actualidade debido ós malos hábitos alimenticios da sociedade. Con

isto temos como obxectivo principal, inculcar e poñer en práctica

unha alimentación saudable e variada.

2. CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDO

Con esta Unidade Didáctica, dirixida á etapa de educación infantil, en

concreto ó terceiro ciclo.

3. COMPETENCIAS

1. Competencia na comunicación lingüística.

2. Competencia matemática.

3. Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

5. Competencia social e cidadá.

6. Competencia cultural e artística.

7. Competencia para aprender a aprender.

8. Autonomía e iniciativa persoal.

Page 4: Unidad didactica de alimentación

4. ACTIVIDADES:

“Asamblea”

Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos láminas de

alimentos que coñecemos e consumimos a diario. Logo, explicaremos

a importancia dos alimentos, así como unha boa alimentación diaria.

E debateremos sobre o tema.

Page 5: Unidad didactica de alimentación

“Pirámide dos alimentos”

PIRÁMIDE NUTRICIONAL. Pintaremos os debuxos dos alimentos,

recortarémolos e pegarémolos nas cartolinas. Logo teremos que

colocalos na pirámide no sitio que corresponda.

Page 6: Unidad didactica de alimentación

“Recoñecer os hábitos de alimentación saudable”

Repartiremos varias fichas como as que se presentan a

continuación e os nenos terán que pintar o semáforo de cor vermella,

laranxa ou verde segundo o saudable que sexa o alimento

Page 7: Unidad didactica de alimentación

“Roda dos alimentos”

RODA ALIMENTICIA: Faremos unha roda de alimentos, facendo

cada todos eles con plastilina, despois colocaranse no seu lugar

correspondente.

Page 8: Unidad didactica de alimentación

“Números e hortalizas”

FICHA DE NÚMEROS: na seguinte ficha atoparemos un número e ao

lado varias froitas ou verduras e teremos que colorear o número e

tantas froitas ou verduras como nos indique o número. Debaixo

escribiremos o número en letra e o nome do elemento que

coloreamos.

“Froitas e abecedario”

FICHA DO ABECEDARIO: Na seguinte ficha atoparemos o

abecedario que no momento que nos unamos as letras na súa orde,

Page 9: Unidad didactica de alimentación

formaremos una froita, despois diremos que froita é, colorearémola e

escribiremos os seu nome debaixo.

Page 10: Unidad didactica de alimentación

“ A miña cor, o meu nome e o meu tamaño”

FICHA PARA

TRABALLAR O INGLÉS E OS TAMAÑOS: Esta ficha pode realizarse

en calquera outro idioma. Aquí cos rapaces traballamos os números,

os tamaños, a lectura, o vocabulario e incluso as cores. Consiste no

seguinte: nun primeiro momento repasaremos os nomes das froitas e

as diferenzas de tamaño; grande ou pequeno, logo terán que ler o

que pon a esquerda e contar as froitas que lle manden e escribir o

número que corresponde. Unha vez terminado isto terán que colorear

cada froita da súa cor.

Page 11: Unidad didactica de alimentación

“Atopa a parella”

ACTIVIDADE INTECTIVA, ATOPAR A PARRELLA: primeiramente

observaranse unhas fichas e os nenos terán que visualizar onde están

colocadas esas froitas, mais tarde as fichas daranse a volta e os

nenos terán que pinchar nelas para ver o seu contido e así ir facendo

as parellas. Utilizarase o programa notebook, e no caso de que isto

non sexa posible faranse as tarxetas con cartolinas e será o profesor

o que lles deixe o tempo para velas e logo lles dará a volta e eles

terán que ir volteándoas para formas as parellas correspondentes.

Page 12: Unidad didactica de alimentación

“Une coa súa parte correspondente”

FICHA DE UNIR: esta actividade consiste en unir unha metade

dunha froita coa súa metade que lle falta. Unha vez que xa formamos

a froita, pintarémolas do seu color

Page 13: Unidad didactica de alimentación
Page 14: Unidad didactica de alimentación

“Ver anuncio tele”

Visualizar un anuncio de cinco froitas e verduras ao día”

http://www.youtube.com/watch?v=v5cVKSaBuOA

Page 15: Unidad didactica de alimentación

“Excursión o mercado”

Saída ao

mercado: hoxe iremos de excursión ao mercado e alí miraremos que gran variedade de alimentos hai. Veremos que alimentos son os máis saudables.

Page 16: Unidad didactica de alimentación

“Tren dos sentidos”

ACTIVIDADE DOS

SENTIDOS: faranse na clase

tres estacións; unha será

para traballar o sentido do

tacto, outro para traballar o

sentido do olfato e outro para

traballar o sentido do gusto.

Cheirarán, tocarán e

degustarán os diferentes tipos de froitas.

Page 17: Unidad didactica de alimentación

“Taller de cocina”

TALLER DE COCIÑA: faremos un taller de cociña cos nenos para que

aprendan a manipular alimentos saudables.

MACEDONIA DE FROITAS E OVOS RECHEOS

Page 18: Unidad didactica de alimentación

“Facer a compra”

FACÉMOLA COMPRA: Por parellas debemos buscar nos catálogos:

cinco froitas, catro tipos de carne, cinco produtos do mar, tres

produtos lácteos, catro alimentos que se poden servir como

sobremesa, cinco alimentos cos que se pode facer un bocadillo.

Page 19: Unidad didactica de alimentación

“Bi

ngo”

Page 20: Unidad didactica de alimentación

XOGAMOS O BINGO: Cada equipo terá unha tarxeta con

debuxos/nome das froitas. O profesor irá dicindo unha froita e se a

temos na nosa tarxeta marcarémola. Cando teñamos tódalas froitas

marcadas un membro do equipo dirá ben alto “bingo”.

Page 21: Unidad didactica de alimentación

“Adiviña con imaxes”

ADIVIÑA CON IMAXES: Trátase de que o teu compañeiro adiviñe cal

é o alimento que tes na túa tarxeta. A condición é que só podes

debuxalo alimento. O teu compañeiro deberá acertar no menor tempo

posible.

Page 22: Unidad didactica de alimentación

“Os hábitos”

Ficha de preguntas: Darásevos unha ficha cunha serie de preguntas que vós teredes que contestar se son verdadeiras ou falsas. Debedes marcar cunha cruz no cadradiño que corresponde a V se son verdadeiras e na F se son falsas.

a) Ó consumir unha fruta enteira son moi importantes as normas de hixiene………………………………………………………………

b) En almíbar ou en marmelada son formas moi recomendables de consumir a fruta……………………………………

c) O valor nutritivo dunha laranxa é equivalente á do seu zume…………………………………………………………………………………..

d) O consumo de froitas enteiras colabora no bo hábito de mastigación…………………………………………………………………………

e) Recoméndase comer 2 ou 3 racións de froita tódolos días……………………………………………………………………………………..

f) Podo substituir as froitas por un postre de doces cada fin de semana…………………………………………………………………………..

g) As bebidas con sabor a froitas elabóranse sempre con froitas naturais……………………………………………………………………

h) É mellor un zume natural que calquera bebida refrescante………………………………………………………………………….

i) A laranxa é a única froita que se pode considerar cítrico………………………………………………………………………………….

j) Se compras froitas (cereixas, melóns…) fóra de tempada son máis caros porque nutren máis…………………………………….

Page 23: Unidad didactica de alimentación

“O menú do día”

FICHA DAS COMIDAS DO DÍA: Debuxa enriba de cada plato a

comida que máis che guste para o almorzo, a media maña, a comida

a merenda e a cea. Ó lado escribiredes con letra esa mesma comida.

Page 24: Unidad didactica de alimentación

“Indica o intruso”

INDICA O INTRUSO: atopa en cada cadrado o alimento que non

pertence a ese grupo

Page 25: Unidad didactica de alimentación

“Sopa de letras”

Page 26: Unidad didactica de alimentación

FICHA DA SOPA DE LETRAS: Entregareivos unha ficha cunha

pequena sopa de letras na que tedes que buscar os 10 alimentos que

aparecen debuxados ó lado.

“Ricas matemáticas”

Page 27: Unidad didactica de alimentación

RICAS MATEMÁTICAS: Nesta actividade partiremos de un número

concreto de froitas e comerémonos outro número concreto unha vez

comido este número faremos a resta (as que tiñamos menos as que

comemos) para saber cantas froitas nos quedan.

Page 28: Unidad didactica de alimentación

“Domino de frutas”

ACTIVIDADE INTERACTIVA; XOGO DE DOMINO: Para levar a cabo

a seguinte actividade empregaremos o programa notebook, e no caso

de que isto non sexa posible faranse as fichas de dominó con

cartolinas. Se temos o programa e unha pantalla dixital os rapaces xa

poden empezar a xogar en canto o indique o profesor, e se non

dispoñemos destes medios o profesor so ou coa axuda dos alumnos

farán as fichas debuxando as diferentes froitas e coloreándoas.

Page 29: Unidad didactica de alimentación

“Imitacións”

IMITACIÓNS: imitamos situacións e accións na mesa, as que debemos facer e as que non.

Page 30: Unidad didactica de alimentación
Page 31: Unidad didactica de alimentación

“Actividade do conto”

O NENO E O REPOLO. (VER ANEXO) Leremos o conto “o neno e o repolo”. Logo colorearemos os personaxes principais e debuxaremos os fondo. Por último representarémolo entre toda a clase.

http://www.youtube.com/watch?v=YN3_xN2lUQQ&feature=youtu.be

Page 32: Unidad didactica de alimentación

“Disfraces”

Actividade de disfraces: na aula faremos os nosos disfraces e

froitas e despois cada neno comerase a froita da que está disfrazado.

Máis tarde aprenderemos os nomes das froitas en lingua castelá,

lingua galega e inglés.

“Agasallo”

Page 33: Unidad didactica de alimentación

Ao rematar esta unidade didáctica faráselle entrega dun agasallo a

cada neno. Este agasallo será un diploma. Cada neno recibirá un

diploma co seu nome.

Page 34: Unidad didactica de alimentación

5. Explicacións para o profesor

Asemblea

Realización: Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos

láminas de alimentos que coñecemos e consumimos a diario.

Logo, explicaremos a importancia dos alimentos, así como unha boa

alimentación diaria.

Para finalizar realizaremos unha serie de preguntas que

responderemos, respectando a quenda de palabra, en grupo.

Preguntarémoslle que trouxeron hoxe para merendar, que é o que

lles gusta, se os seus papas comen o mesmo, cántas veces comemos

por día, qué comemos, con quén compartímolas comidas etc.

Tempo aproximado: o tempo aproximado para esta actividade e de

30 ou 35 minutos.

Materiais: láminas con alimentos.

Pirámide dos alimentos

Con esta actividade, os nenos aprenderán e distinguirán os grupos

alimenticios e a súa situación na pirámide. Falarase na clase sobre a

relación que existe entre a orde dos alimentos e as veces que hai que

comelos.

Realización: O profesor deberá fabricar un triángulo grande no cal se

irán encaixando as formas con volumes feitas anteriormente.

Cada parte da pirámide levará un alimento e os alumnos deberán

identificar onde se colocan, se na parte superior da pirámide ou na

inferior.

Tempo aproximado: O tempo aconsellado para a realizar esta

actividade es de mais ou menos 2 horas.

Page 35: Unidad didactica de alimentación

Materiais :

Cartón pedra (pirámide)

Cartulina

Tesoiras

Pegañento

Cores

Recoñecer os hábitos de alimentación saudable

Realización: Repartiremos varias fichas como as que se presentan a continuación e os nenos terán que pintar o semáforo seguindo os seguintes criterios:

- Vermello: cando os alimentos afectan a saúde negativamente

- Laranxa: cando os alimentos non se podan consumir tódolos días pois danarían a saúde

- Verde: para os alimentos que se deben consumir tódolos días

Tempo aproximado: 30-45 minMateriais:fichas para tódolos nenos e pinturas verdes, vermellas e laranxas.

Roda dos alimentos

Realización: Os nenos deberán elaborar una roda de alimentos con plastilina sobre una bandexa.Tempo aproximado: 30-45 min.

Materiais: Una bandexa e plastilina

Números e hortalizas

Realización: Repartiráselles as fichas e o primeiro que terán que facer

será unir o número con tantas imaxes como o número lles indique.

Logo colorearán o número e as froitas ou verduras que lle

Page 36: Unidad didactica de alimentación

corresponden e por último escribirán o nome deses alimentos e o

número en letra.

Tempo aproximado: O que necesiten para levar a cabo a ficha.

Materiais:

A ficha

Un lapis

Os lapis de cores

Froitas e abecedario

Realización: Explicarémoslles aos nenos que teñen que unir as letras

do abecedario por orde, e que esas letras esconden una froita, unha

vez unidas as letras e adiviñar a froita, pintarémola e escribiremos o

nome desa froita debaixo dela. Nesta actividade traballaremos as

letras, as cores e o vocabulario que posúen os nenos

Tempo aproximado: o suficiente para que todos os alumnos rematen

a ficha.

Materiais:

A ficha.

lapis.

A goma

Os lapis de cores.

A miña cor, o meu nome e o meu tamaño

Realización: Pódese traballar a lingua estranxeira se o profesor quere,

senón poderase facer na nosa lingua. O profesor primeiramente

repasará con eles os números, os nomes das froitas, os diferentes

tamaños; grande, medio ou pequeno e por último as cores. Unha vez

feita esta aproximación, levarase a cabo a tarefa da ficha, lendo o

que pon a esquerda e contando as froitas para logo escribir o número

correspondente.

Page 37: Unidad didactica de alimentación

Tempo aproximado: Este tempo vai variar que imos traballar.

Materiais:

Lapis e lapis de cores

As fichas

Atopa a parella

Realización: se dispoñemos do programa e dunha pantalla dixital

farase a actividade de forma interactiva e os neno terán que ir

tocando as fichas na pantalla para que estas se xiren e así formas as

parellas. No caso de non obter estes medios, o profesor fará as

tarxetas coas que os alumnos logo traballarán. ¿cómo se fan as

tarxetas? En cartolinas debuxaremos diferentes froitas e hortalizas,

cada unha delas estará duplicada xa que necesitamos duas iguais de

cada. Unha vez feitas recortaranse e deixarémoslle unha a cada neno

para que as pintes, por exemplo. Unha vez rematado isto, poderemos

empezar a xogar. Aquí os alumnos exercitan a súa memoria.

Tempo aproximado: será distinto segundo o numero de tarxetas coas

que traballemos e segundo o número de nenos que teñamos na clase.

Tamén vai a depender moito de si temos que crear os recursos ou se

dispoñemos deles anteriormente.

Materiais:

O programa, a pantalla dixital e o ordenador.

As cartolinas e tesoiras

Os lapis

Os lapis de cores

Page 38: Unidad didactica de alimentación

Une coa súa parte correspondente

Realización: Aquí imos relacionar a metade dunha froita coa súa outra

metade. Esta actividade pode realizarse na nosa lingua ou podémola

empregar para traballar o inglés e as froitas cos máis pequenos.

Primeiramente falaremos das froitas, logo de cal é o seu nome nas

diferentes linguas, cal é o seu color e por último relacionaremos as

metades para formar unha. Pódese incluso escribir o nome das

diferentes froitas.

Tempo aproximado: este tempo diferirá segundo a cantidade de

cousas que imos traballar.

Materiais:

Lapis

Lapis de cores

Goma

Ver anuncio tele

Realización: porémoslle aos nenos o anuncio seleccionado e faremos

un debate sobre o visto no anuncio, falaremos sobre o tema en

cuestión e os nenos darán a súa opinión.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de entre 20 e 25

minutos.

Materiais:

Ordenador

Proxector

Excursión o mercado

Page 39: Unidad didactica de alimentación

Realización: uns días antes enviarase unha nota aos pais para que os nenos traian firmada co seu consentimento. Ese día sairemos da escola cunha corda para non perder aos nenos. Xa no mercado iremos polos diferentes postos para que eles vexan todo o que hai. Dirémoslle cales son os alimentos máis saudables, os que deben comer e os que non, e mercaremos froitas para levar para clase.

Tempo aproximado: 2h 30 min

Materiais: unha corda para levar aos nenos durante a saída.

Tren dos sentidos

Realización: para levar a cabo esta actividade taparémoslles os ollos

aos cativos, para que así eles desenrolen os tres sentido que

queremos traballar. Na primeira estación colocaremos as seguintes

froitas: piña, mandarina, limón e plátano. Na segunda estación

colocaremos estas mesmas froitas, en diferente orde, partidas pola

metade para que así ulan mellor. Na última estación poremos as

froitas cortadas en anaquiños pinchadas nun palillo. En cada estación

os nenos deberán dicir o nome da froita que están tocando, ulindo e

probando.

Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces

teñan a oportunidade de probar e ver se son capaces de recoñecer as

froitas.

Materiais:

As froitas: piña, mandarina, limón e plátano.

Os palillos

Panos para tapar os ollos.

Taller de cocina

Page 40: Unidad didactica de alimentación

Realización: O día en que vaiamos ao supermercado quedaremos a

comer na escola. En colaboración con algúns pais faremos ovos

recheos.1º observaremos como é un ovo cru e, a continuación,

compararémolo cun ovo cocido. Partirémolos á metade,

quitarémoslle a xema e mesturámolo con un pouco de atún, logo

volvémola meter dentro do ovo (cheo- baleiro). Resaltaremos a

importancia dos hábitos de hixiene antes de manipular alimentos,

hábitos sociais durante a comida, etc. tamén faremos unha

macedonia de froitas para o sobre mesa.

Tempo aproximado: O tempo aproximado de duración de 3 horas

Materiais:

Os distintos alimentos

Utensilios de cociña pertinetes

Facer a compra

Realización: o profesor leva a clase varios catálogos de publicidade

dos supermercados e lles pide aos alumnos que por parellas busquen

determinados alimentos. De esta maneira, os alumnos teñen que

buscar eles mesmos o vocabulario que aparece no folleto. Ao final da

actividade pódeselle propor un reto ¿Hai algún grupo capaz de atopar

os ingredientes para facer (Algunha receita que fixeramos na clase).

Así os alumnos discutirán co seu compañeiro sobre os ingredientes

que fan falta.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 2 horas

Materiais:

Catálogos de diversos supermercados

Papel

Lapis

Bingo

Este bingo está ideado para repasar o vocabulario dalgúns alimentos.

Page 41: Unidad didactica de alimentación

Realización: A dinámica da actividade é a dun bingo normal:

Formaranse equipos de xeito que cooperen axudándose entre

si.

Repártense os cartóns.

Trátase de usalas tarxetas ovaladas como si foran as bolas do

bingo; barállanse e vanse sacando unha a unha dicindo o nome

da froita. Os nenos deberán marcar na súa tarxeta se teñen a

froita que saíu.

Cando un equipo teña marcadas tódalas froitas na súa tarxeta

deberá dicir “bingo”.

O premio para o equipo gañador pode ser unha peza de froita.

Tempo aproximado: O xogo remata no momento no que un neno

cante bingo. Pódense facer varias partidas.

Materiais:

Bolas de alimentos

Tarxetas

Lapis

Ricas matemáticas

Realización: O profesor colocará sobre o prato cinco galletas e diante

dos nenos comerá unha, os nenos deberán escribir o que ocorre

matematicamente. Logo pedirase un voluntario e colócanse 6

cereixas e mandaráselle comer dúas, despois outro voluntario que

coma 3 fresas de 7 e repetimos o mesmo procedemento que antes.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 1 hora.

Materiais:

7 fresas

6 cereixas

5 galletas

Page 42: Unidad didactica de alimentación

Os hábitos

Realización: O profesor lerá unha serie de preguntas que os nenos

teñen que contestar con Verdadeiro ou falso.

Tempo aproximado: 15 min.

Materiais: Ningún.

O menú do día

Realización: Os nenos deberán debuxar sobre os pratos un menú que

lles guste para as cinco comidas do día.

Tempo aproximado: 15-30 min.

Materiais: Fichas para colorear, pinturas de colores e lápiz

Indica o intruso

Realización: repártese unha ficha a cada neno e terán que identificar

qué alimento de cada cadro é o que non ten relación cos demais da

lista.

Tempo aproximado:O tempo aproximado e de 30 min

Materiais:

Fichas para cada neno

Lapis

Sopa de letras

Realización: Os nenos deben atopar o nome dos alimentos na sopa de letras.

Tempo aproximado: 15-20 min.

Materiais: Lapis.

Page 43: Unidad didactica de alimentación

Adiviña con imaxes

Realización: O profesor porá os alumnos por parellas. Entregaralle a

un membro de cada parella unha tarxeta cunha froita, un lapis e un

papel. Cando o outro neno da parella adiviñe a froita, será este o que

debuxará.

Tempo aproximado: O tempo que necesitaremos será de 1 hora.

Materiais:

Tarxetas

Papel

Lapis

Domino de frutas

Realización: se temos os recursos dixitais empezarase a xogar cando

o profesor o indique, explicándolle aos alumnos previamente como se

xoga, xa que ao mellor a maioría dos nenos é a primeira vez que

xogan. De non posuír os recursos faranse as fichas na aula para poder

xogar.

Tempo aproximado: O tempo diferirá segundo o nivel de recursos que

temos na aula, xa que non se tarda o mesmo se temos as fichas

feitas que se as temos que facer.

Materiais:

O programa, a pantalla dixital e o ordenador.

As cartolinas

Os lapis

Os lapis de cores

As tesoiras

Page 44: Unidad didactica de alimentación

Imitacións

Realización: Imitamos accións que nunca debemos facer na mesa:

¡Non quero comer!, tirar a comida, coller a comida do chan e metela

na boca, andar co dedo no nariz na mesa, non mascar e esganarnos,

non lavar os dentes despois de comer.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 30 ou 40 minutos.

Materiais: Utensilios de unha mesa a poder ser de plástico:

Pratos

Coitelos

Culleres

Garfos

Vasos

Conto

Realización: lerémoslle o conto “O neno e o repolo”. Logo darémoslle

as láminas cos debuxos dos personaxes principais para que os pinten

e pegarémoslle un lapis por detrás para que os poidan mover.

Pedirémoslle que debuxen as imaxes para os fondos e as pinten entre

todos. Por último deberan representar o conto.

Tempo aproximado: esta actividade terá unha duración de 2 horas

máis ou menos.

Materiais:

Lapis de cores

O conto

Láminas dos personaxes

Tesoiras

Celo

Page 45: Unidad didactica de alimentación

Disfraces

Realización: O primeiro que faremos será debuxar en cartolinas

grandes de cores as froitas para facer os disfraces, logo

recortarémolas e uniremos as partes ata ter formado o noso disfraz.

Disfrazarémonos e na hora do recreo comeremos a froita que nos

tocou, e o acabar de xogar aprenderemos o nome das froitas nos tres

idiomas.

Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces

participen, pero nesta actividade recoméndase utilizar un día enteiro.

Materiais:

Tesoiras

Cartolinas de diferentes cores

Lapis e goma

Froita de verdade

O nome das froitas nas tres linguas

Page 46: Unidad didactica de alimentación

6. BIBLIOGRAFÍA

Non empregamos ningún libro para realizar esta unidade didáctica, as

actividades son ideadas por nós ou adaptadas dalgunha unidade

didáctica atopada por internet. As imaxes están sacadas de google e

axustadas aos nosos contidos.

Page 47: Unidad didactica de alimentación

7. ANEXOS

Neste punto aportamos outra serie de recursos que poden ser de

utilidades para traballar o tema da alimentación, tales como,

cancións, poesías, adiviñas…

CANCIÓNS

"QUE VEÑA A POLO LEITE"

Que veña a polo leite

Isabel pon o mantel

Pebida os cubertos

Señores a comer

Mamá non ten fame

Papá vaise morrer

que lle saíu un gran

na punta do nariz

"PAVO, PAVO CON ARROZ,"

Pavo, pavo, pavo con arroz

se non o comes me o como eu

cabaliño do mar

quedaches sen lavar.

"ASERRÍN, ASERRAN"

Aserrín., aserran os madeiros de San Juan

Pide pan, non lle dan e empézano a cortar.

Pide queixo danlle óso, e córtanche o pescozo.

Pide nata. danlle rata e córtanlle unha pa.

Pide ameixas, danlle tellas e córtanlle as orellas

Pide parrulo, danlle gato e córtano os zapatos.

Page 48: Unidad didactica de alimentación

"CHOCOLATE, MUÍÑO,"

Chocolate, muíño corre corre que te pillo

estirade, estirade que o demo vai pasar.

"O LEITÓN DE MARTÍN"

Un leitón moi gordo comprou Martín Ai Martín!

Para que o quere non quixo dicir,

para que o quere non quixo dicir.

E para cear o bo Martín asouno, si, asouno,

pero non sabia e non o logrou (bis)

Graxa, lombo e mans todo se queimou, queimouse

e o xamón tan rico estragóuselle (bis)

e probar non puido ai! nin un poquitín, poquitín,

quedou sen cea o pobre Martín ( bis).

"ESTABA UNHA PASTORA "

Estaba unha pastora

larán, larán larito

estaba unha pastora

coidando o rebañito.

Con leite das súas cabras

larán, larán larito

con leite das súas cabras

mandou facer un quesito.

O gato mirábaa

larán, larán larito

o gato mirábaa

con ollos golositos

Page 49: Unidad didactica de alimentación

Se ti lle fincas a uña

larán, larán larito

se ti lle fincas a uña

cortareiche o rabito.

Se a uña lla fincou

larán, larán larito

a unha fincoulla

e o rabo lle corló.

A confesar a falta

larán, larán larito

a confesar a falta

foise ao Padre Benito.

A vos pai acúsome

larán, larán larito

a vos pai acúsome

que maltratei un gatiño.

De penitencia bótote

larán, larán larito

de penitencia bótote

que lle deas un besito.

POESÍAS

Sabes coles cultivar

á moda, á moda

Sabes coles cultivar

á moda, do lugar.

Cultivareinas cantando

á moda, á moda

as cultivarei cantando

á moda do lugar.

Page 50: Unidad didactica de alimentación

ADIVIÑAS

Unha cousa redonda que non é bola,

É verde e non é prado

Ten auga e non é fonte

Ten dentes e non morde.

( a sandía)

Subo chea e baixo valeira

Se non me dou présa a sopa enfria.

( a culler )

En brancos panos nacín,

e en verde me transformei,

tanto foi o meu sufrimento

que amarelo me quedei.

(o limón)

Teño vaina e non son sable

¿ Viron que cousa notable ?.

( a xudía)

Page 51: Unidad didactica de alimentación

O noso conto

O neno e o repolo

Había unha vez un neno que, aínda que era moi bo e obediente,

odiaba comer repolo. Sempre que tocaba comelo protestaba e

enfadábase moito. Un día, a súa mamá decidiu envialo ao mercado a

comprar un repolo!, así que foi moi desgustado.

No mercado, o neno tomou un repolo de mala gana, pero non era un

repolo calquera. Era un repolo que tamén odiaba os nenos. Así que

despois dunha discusión gorda, o neno e o repolo volveron á casa en

silencio e enfadados todo o tempo. Pero polo camiño, ao cruzar o río,

o neno esvarou, e ambos os dous caeron ás súas bravas augas e

foron arrastrados corrente abaixo. Con moito esforzo, conseguiron

subirse a unha táboa que encontraron e manterse a flote. Sobre

aquela táboa estiveron tanto, tanto tempo á deriva, que despois de

aburrirse, remataron falando un con outro, se coñeceron, se fixeron

amigos, e xogaron a moitos xogos imposibles, como a pesca sen

cana, o microescondedoiro ou o rei da montaña.

Charlando co seu novo amigo, o neno comprendeu o importante que

eran as verduras como o repolo para a súa idade, e o mal que lles

sentaba que sempre falaran mal delas, e o repolo decatouse de que

ás veces o seu sabor era forte e estraño para os nenos. Así que

acordaron que ao chegar á casa, o neno trataría ao repolo con gran

respecto, e o repolo faríase pasar por espagetti.

O seu acordo foi todo un éxito: a mamá quedou extrañadísima do ben

que comeu o repolo o neno, e o neno preparou para o repolo o mellor

escondedoiro da súa barriga ao berro de que ricos están

estes espagetti!

Outros contos

Page 52: Unidad didactica de alimentación

A hamburguesa que non quería ser comida

basura

Había unha vez unha hamburguesa que tiña moitas vidas. Cada día

espertaba na súa hamburguesería, esperaba pacientemente a quenda

ata que era preparada por un dos cociñeiros, e finalmente era servida

en calquera das mesas. Mentres a comían, ela había todo o posible

por ser saborosa, e co último bocado do cliente, sentía coma se se

apagase a luz e se fose a durmir. E ao día seguinte repetíase a

historia.

A nosa hamburguesita podería ter seguido vivindo así de tranquila

durante moitos anos, se non tivese sido porque un día, mentres

esperaba a súa quenda no fogón, puido escoitar como un dos clientes

a chamaba "comido lixo" Canto se enfadou! Estaba tan furiosa que

case se queimou.

A partir dese momento, decatouse para falar dela e das súas irmás de

que moita xente usaba esa expresión. E tras escoitar atentamente

calquera programa de raio ou televisión onde se falase de comido lixo

ou comida sa, chegou a unha terrible conclusión: era verdade que era

"comido lixo".

Agora comprendía por que a maioría dos seus clientes favoritos

estaban moito máis gordos que cando os coñeceu, ou por que os que

visitaban moito o local tiñan mal aspecto. A hamburguesa sentiuse

fatal, todo era pola súa culpa! Así que tratou de encontrar unha

solución, algún xeito de evitar aquel odioso nome.

E entón ocorréuselle. Cando viu que entraba un daqueles nenos que

pisaban ao local case a diario, escolleu o mellor sitio, e esperou a ser

servido. Unha vez en mans do neno, cando chegou ao momento máis

especial, o da primeira dentada, concentrouse tanto como puido e...

non pasou nada. O neno fincou os dentes na hamburguesa e

mastigou aquel bocado normalmente. Logo deu outro, coa

hamburguesa igual de concentrada, pero todo seguiu igual... Así

Page 53: Unidad didactica de alimentación

seguiron varios bocados máis, e a hamburguesa estaba xa a punto de

renderse, cando oíu a voz do neno:

- Puaj!, Que rolo! Esta hamburguesa non sabe a nada.

Aquilo foi só o principio dun plan que resultou perfecto. A

hamburguesa convenceu a todas as súas irmás de que non tivesen

ningún sabor cando os clientes estivesen a comer alí só uns días

antes, a cambio de estar aínda máis saborosas cando espazasen máis

as visitas. Desa forma, deixaron de ver sempre as mesmas caras

enfermizas e repoludas, e moitos dos seus amigos comellons

conseguiron un aspecto moito máis saudable, ademais de degustar

hamburguesas moito máis ricas.

E é moi posible que esas hamburguesas sexan moi viaxeiras porque,

dende entón, en todas as partes gozas moito máis do sabor dunha

comida cando levas tempo sen probala, que cando tratas de comer o

mesmo todos os días.

A poción da mala vida

Hai moitos, moitos anos, todas as persoas estaban fortes e sas.

Facían comidas moi variadas, e encantábanlles a froita, as verduras e

o peixe; diariamente facían exercicio e gozaban do lindo saltando e

xogando. A terra era o lugar máis san que se podía imaxinar, e

notábase na vida da xente e dos nenos, que estaban cheas de alegría

e bo humor. Todo aquilo enfadaba terriblemente as bruxas negras, os

que só pensaban en facer o mal e amolar a todo o mundo.

A peor de todas as bruxas, a malvada Caramala, tivo a máis terrible

das ideas: entre todas unirían os seus poderes para inventar unha

poción que quitase as ganas de vivir tan alegremente. Todas as

bruxas se xuntaron no bosque dos pantanos e colaboraron para facer

aquel maligno feitizo. E era tan poderoso e necesitaban tanta enerxía

para facelo, que cando unha das bruxas se equivocou nunha soa

Page 54: Unidad didactica de alimentación

palabra, houbo unha explosión tan grande que fixo desaparecer o

bosque enteiro.

A explosión converteu a todas aquelas malignas bruxas en seres

tanpequeñitos e minúsculos como un microbio, deixándoas atrapadas

no líquido verde dun pequeno frasco de cristal que quedou perdido

entre os pantanos. Alí estiveron encerradas durante centos de anos,

ata que un neno encontrou o frasco coa poción, e crendo que se

trataba dun refresco, bebéullela enteira. As microscópicas e malvadas

bruxas aproveitaron a ocasión e aínda que eran tan pequenas que

non podían facer ningún dano, pronto aprenderon a cambiar os

gustos do neno para prexudicarlle. En poucos días, os

seus pellizquitos na lingua e a boca conseguiron que o neno xa non

quixese comer as ricas verduras, a froita ou o peixe; e que só sentise

ganas de comer xeados, pizzas, hamburguesas e lambetadas. E

os mordisquitos en todo o corpo conseguiron que deixase de

parecerlle divertido correr e xogar cos amigos polo campo e só

sentise que todas aquelas cousas o cansaban, así que prefería quedar

na casa sentado ou tombado.

Así a súa vida se foi facendo máis aburrida, comezou a sentirse

enfermo, e pouco despois xa non tiña ilusión por nada; a maligna

poción funcionara! E o pero de todo, as bruxas aprenderon a saltar

dunha persoa a outra, como os virus, e conseguiron que o malvado

efecto da poción se convertese na máis contaxiosa das enfermidades,

a da mala vida.

Tivo que pasar algún tempo para que o doutor Sanis Saludakis,

axudado do seu microscopio, descubrise as brujitas que causaban a

enfermidade. Non houbo vacúa nin xarope que puidese acabar con

elas, pero o bo doutor descubriu que as brujitas non soportaban a

alegría e o bo humor, e que precisamente a mellor cura era

esforzarse en ter unha vida moi sa, alegre e feliz. Nunha persoa sa, as

bruxas aproveitaban calquera esbirro para fuxir a toda velocidade.

Dende entón, as súas mellores receitas non eran pastillas nin

Page 55: Unidad didactica de alimentación

inxeccións, senón un poquitín de esforzo para comer verduras, froitas

e peixes, e para facer un pouco de exercicio. E cantos pasaban pola

súa consulta e lle facían caso, remataban curándose totalmente da

enfermidade da mala vida.