UNIDADE 1 A ILUSTRACIÓN

12
UNIDADE 1 A ILUSTRACIÓN

description

UNIDADE 1 A ILUSTRACIÓN. EUROPA NO SÉCULO XVIII. Culminación do establecemento das monarquías absolutas. Guerras pola hexemonía europea e enfrontamentos polas colonias. Países máis poderosos: Inglaterra, Holanda e Francia. Países relegados a un segundo plano: Portugal e España. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of UNIDADE 1 A ILUSTRACIÓN

UNIDADE 1A ILUSTRACIÓN

EUROPA NO SÉCULO XVIII

Culminación do establecemento das monarquías absolutas.

Guerras pola hexemonía europea e enfrontamentos polas colonias. Países máis poderosos: Inglaterra, Holanda e Francia. Países relegados a un segundo plano: Portugal e España.

A poboación europea creceu grazas a unha climatoloxía favorable. Pasase en Europa de 120 millóns de habitantes en

1710, a 187 millóns en 1789.

As clases populares urbanas creceron, e a burguesía continuou acumulando riqueza e elevando o seu status social.

A ILUSTRACIÓN

Concepto

Podería definirse como o movemento filosófico, literario e científico que se desenrola en Europa e as súas colonias ao longo do século XVIII (“das Luces”).

Supuxo unha importante modernización cultural e o intento de transformar as caducas estruturas do Antiguo Réxime.

A IlustraciónIdeas fundamentais:

A Razón: é o único medio para conseguir a verdade e, xunto co progreso, constitúe o camiño para acadar a felicidade.

O Progreso: a el chégase grazas á Ciencia; en combinación ca técnica, permite o avance da humanidade de maneira evolutiva e indefinida.

A Natureza: É a orixe de todo o xenuino, verdadeiro e auténtico. A sociedade é a que falsea e corrompe ao home, bo en estado natural.

A Felicidade: É un ben ao que todo home ten dereito e constitúe un fin en sí mesma.

A liberdade: dependencia das leis colectivas e non dos poderes independentistas.

A Tolerancia: respeto dos dereitos naturais en todos os seres humáns.

A Ilustración

Vehículos de difusión

As sociedades científicas, literarias ou artísticas e as academias, apoiadas polos poderes públicos.

As sociedades de amigos do país, establecidas normalmente nas principais cudades e capitais de provincia.

Os Salóns. Tertulias ou reunións de ilustrados.

A Enciclopedia

Antecedentes da ilustración

Hai que buscalos en Inglaterra e Holanda durante o século XVII

Destaca a figura de Newton.

A Ilustración

Figura decisiva de gran influencia posterior

John Locke. Propugna a separación de poderes.

LIBERALISMO POLÍTICO

Os principais ideólogos ilustrados foron franceses, destacan:

Montesquieu. Teoriza sobre a división de poderes: executivo, lexislativo e xudicial . É o punto de partida do liberalismo político, en oposición ao absolutismo.

Voltaire. Indaga na liberdade de pensamento e aboga por unha nova relixión natural individual (deísmo) que sustitúa ás reveladas. Defende os dereitos civís.

Rousseau. Fai fincapé na concepción da Naturaleza e as relacións sociais entre os homes. Critica a desigualdade social e propón un modelo de sociedade no que a soberanía estivese en mans do pobo e no do rei.

A Ilustración

A Ilustración

A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO

Constituiu unha forma de goberno que trataba de conciliar o absolutismo cas novas ideas da ilustración, intentanto para iso conxugar os intereses da monarquía co benestar dos gobernados.

Desenrolouse durante a segunda metade do s. XVIII.

O termo ten a súa orixe na palabra italiana «Déspota» sobernao que goberna sen suxección a lei algunha.

Boa parte dos soberanos europeos desenrolaron en maior ou menor medida esta forma de goberno para incentivar a cultura e a mellora das condicións de vida dos seus súbditos. «TODO PARA O POBO PERO SEN O POBO»

Para levala a cabo valéronse dunha serie de reformas que en certo modo buscaban modernizar as estructuras económica, administrativa, educativa, xudicial e militar dos seus respectivos estados.

Todo isto, respetando a esencia do reximen absolutista e a división estamental da sociedade. A planificación e posta en práctica desas actuacións as levaron a cabo unha serie de ministros e altos funcionarios da administración estatal, entre os que destacaron o marqués de Pombal en Portugal, o marqués da Ensenada en España ou Turgot en Francia.

Marqués da Ensenada

A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO

A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO

As limitacións do despotismo ilustrado foron evidentes: obtuvo relativos éxitos nos campos administrativo, educativo e económico. Sen embargo fracasou no social xa que os seus promotores no fueron partidarios de acometer reformas en profundidade que puxesen en perigo as vellas estructuras do Antiguo Réxime.

Este fracaso abriu o camiño a posicións mais radicais e o intento de modernización do absolutismo viuse frustrada polas revolucións burguesas.

A Ilustración: LIBERALISMO ECONÓMICO:

Concrétase en dúas correntes: a fisiocracia e o liberalismo económico, que entran en colisión ca tendencia imperante do momento, o mercantilismo.

• Fisiocracia Os fisiócratas sosteñen ca riqueza dun estado proven da natureza, máis exactamente, da agricultura. O seu principal teórico é Quesnay.

• Liberalismo Para os seus defensores, a riqueza do Estado non radica nin na acumulación de metais preciosos (mercantilismo) nin exclusivamente na agricultura (fisiocracia), senón na liberdade. O Estado no ten que intervir na actividade económica. O seu principal teórico é Adam Smith.