Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

6
Unidade 2 A Filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade 1. O COÑECEMENTO 1.1 O coñecemento sensible 1.2 O coñecemento racional 2. BREVE HISTORIA DA EPISTEMOLOXÍA 2.1 A filosofía antiga: Platón e Aristóteles 2.2 A filosofía moderna: racionalismo e empirismo 3. A VERDADE 3.1 O concepto de verdade 3.2 As teorías da verdade 3.3 Posturas sobre a verdade

description

 

Transcript of Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Page 1: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2

A Filosofía como

racionalidade teórica: coñecemento e realidade

1. O COÑECEMENTO 1.1 O coñecemento sensible 1.2 O coñecemento racional 2. BREVE HISTORIA DA EPISTEMOLOXÍA 2.1 A filosofía antiga: Platón e Aristóteles 2.2 A filosofía moderna: racionalismo e empirismo 3. A VERDADE 3.1 O concepto de verdade 3.2 As teorías da verdade 3.3 Posturas sobre a verdade

Page 2: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade

Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) 2

Nesta unidade imos intentar comprender qué é o coñecemento . Comezaremos cun estudio psicolóxico das bases do coñecemento humano incluíndo o estudo do coñecemento sensible e o coñecemento racional. Despois repasaremos o punto de vista epistemolóxico que defenderon algúns dos filósofos máis relevantes, con especial fincapé no racionalismo, o empirismo e Kant. Como a finalidade do coñecemento é acadar a verdade , indagaremos sobre ela, as principais teorías sobre a verdade e as posturas que se poden adoptar sobre ela.

1. O COÑECEMENTO

Coñecer significa darse conta de algo , é dicir, todo aquilo do que son consciente, todo aquilo que sinto, percibo. Cando alguén perde a conciencia, dicimos tamén que perdeu o coñecemento. Os actos conscientes son moi variados –vemos, escoitamos, sentimos, pensamos, falamos-, pero en todos eles distinguimos dous elementos: o suxeito que coñece e o obxecto coñecido. O suxeito é o eu que coñece, o suxeito cognoscente, todo aquel que teña algún grao de conciencia. O obxecto é aquilo do que é consciente o suxeito, o contido consciente do coñecemento. Dentro do coñecemento distinguimos entre o coñecemento sensible e o coñecemento racional . 1.1 O coñecemento sensible Toda a estrutura do coñecemento humano comeza sempre polo coñecemento sensible. O coñecemento sensible é aquel que se alcanza mediante os sentidos. Os sentidos son as facultades que nos permiten percibir, é dicir, coñecer o que está presente ante nós, impresionando a nosa sensibilidade. Distinguimos dentro do coñecemento sensible entre sensación, percepción, memoria e imaxinación. a) A sensación A sensación é o proceso psicofisiolóxico mediante o cal os seres vivos recollen información do mundo. A través da sensación captamos determinadas cualidades dos obxectos externos grazas á excitación dun órgano sensorial. No proceso sensorial distinguimos tres fases :

� Momento estimular � Fase de transdución e transmisión � Fase de proxección

i) Momento estimular Para que se produza a sensación é preciso que un estímulo incida sobre un receptor sensorial e este o detecte. O estímulo é enerxía física que existe no medio, e o receptor sensorial é a célula ou un conxunto de células especializadas en captar certo tipo de enerxía estimular. Os receptores

Page 3: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade

Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) 3

sensoriais non captan toda a información do medio, senón só a necesaria para a supervivencia do individuo.

Modalidade sensorial Estímulo físico Receptor sensorial

Sensación visual Ondas electromagnéticas

Conos e bastóns (retina)

Sensación auditiva Ondas vibratorias Células pilosas (oído interno)

Sensación gustativa Sustancias químicas disoltas

Botóns gustativos (lingua)

Sensación olfativa Sustancias químicas volatilizadas

Bastóns olfatorios (nariz)

Sensación táctil Accións mecánicas de presión e contacto

Corpúsculos táctiles (dermis)

Os psicofisiólogos falan duns umbrais absolutos ou intensidade mínima e máxima de estimulación. No ser humano:

• A visión humana son ondas electromagnéticas de entre 400 e 700 milimicras de lonxitude.

• A audición son ondas vibratorias de entre 20 e 18000 ciclos por segundo.

Por debaixo e por enriba destes límites o ser humano non capta nada. 1. Fase de transdución e transmisión

Recibida a estimulación, os receptores transducen ou converten esa enerxía física en impulsos nerviosos , e envíanos ao cerebro por medio das fibras nerviosas sensitivas . As fibras nerviosas están compostas de neuronas. iii) Fase de proxección O impulso nervioso proxéctase na correspondente área cerebral, que o procesa. Como resultado deste procesamento da información sensorial prodúcese o coñecemento dunha determinada cualidades dos obxectos (cor, son,sabor, olor,…) 1. Codia cerebral do hemisferio cerebral esquerdo 2. Cerebelo 3. Bulbo 4. Área de asociación auditiva 5. Codia auditiva primaria 6. Área de Broca (área motora da linguaxe) 7. Área prefrontal 8. Área premotora 9. Área motora somática primaria 10. Cisura de Rolando 11. Área sensitiva somática primaria 12. Área táctil primaria 13. Área de asociación sensitiva somática 14. Área de asociación visual 15. Codia visual primaria 16. Área sensitiva da linguaxe (área de Wernicke)

Page 4: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade

Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) 4

b) A percepción Malia que teñamos ata o de agora falado de sensacións, nós non captamos cores, sons ou olores illados, senón obxectos. A percepción é un complexo proceso psicolóxico mediante o cal coñecemos a realidade como un todo coherente e organizado de obxectos. A percepción consiste, pois, nun conxunto de sensacións ás que se dota de sentido. Os psicólogos da Escola da Gestalt (“gestalt” en alemán significa ‘forma’) defenderon que a percepción non é unha suma de sensacións, é dicir, non percibimos primeiro cualidades e despois obxectos, senón que percibimos de golpe e inmediatamente totalidades, obxectos completos. Formularon así mesmo unhas leis da percepción que explican de xeito xeral o modo en que organizamos o percibido.

� As leis da percepción da Gestalt: 1. Lei da organización da experiencia perceptiva en fondo e figura. A

forma orixinaria de organizar a experiencia é a de captar unha figura que destaca sobre un fondo. A figura ten unha forma precisa ben definida, aparece como máis próxima ao suxeito có fondo no que queda encadrada. O fondo é máis uniforme e indiferenciado, aparece detrás da figura con cores máis apagadas e tende a pasar desapercibido. Mais ás veces sucede que a estrutura é reversible, ben porque os factores os factores determinantes da figura non están claramente diferenciados, ou por outras causas subxectivas, caso dos exemplos de abaixo:

2. Lei da proximidade. Os estímulos máis próximos espacialmente

tenden a percibirse como formando parte da mesma figura.

3. Lei da semellanza. Os estímulos parecidos tenden a ser integrados

nunha mesma figura.

4. Lei de continuidade. Os estímulos que aparecen nunha sucesión de

continuidade, tenden a ser integrados nunha mesma figura.

Page 5: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade

Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) 5

5. Lei do peche. Téndese a completar aquela figura que parece

incompleta.

� Alteracións da percepción sensorial Ilusións perceptivas: é unha percepción real pero falseada. Poden deberse a falta de atención, estados emocionais, etc. Alucinacións: consiste en percibir algo que non existe, é unha pseudo-percepción, porque carece de obxecto. Percepción subliminal: Os órganos sensoriais son susceptibles de seren excitados por estímulos que non alcanzan o limiar mínimo correspondente, pero de modo inconsciente tales estímulos inflúen na percepción.

c) A imaxinación A imaxinación é a facultade que nos permite reproducir imaxes de realidades que nun momento dado non impresionan as terminacións nerviosas dos sentidos. Estas imaxes poden ser reproducións de percepcións anteriores ou novas sínteses, é dicir, pode ser imaxinación reprodutora ou creadora. A imaxinación reprodutora fainos presentes obxectos ou acontecementos que están ausentes. A imaxinación creadora permítenos elaborar imaxes que son sínteses de percepcións anteriores. d) A memoria Podemos describir a memoria como a capacidade de reter, conservar e reproducir vivencias do pasado.

� Clases de memoria: • Memoria a curto prazo: recibe a información directamente dos

Exemplo de ilusión óptica:

o xinete non se sabe se

vai ou vén.

Exemplo de alucinación óptica: unha persoa

perdida no deserto pode chegar a ver un oasis

como real, cando non existe.

Exemplo de percepción subliminal: a

publicidade abusa das percepcións

subliminais, moitas veces de xeito sexista

Page 6: Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica

Unidade 2. A filosofía como racionalidade teórica: coñecemento e realidade

Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) 6

sentidos e consérvaa durante uns segundos en aprendizaxes curtas e transitorias.

• Memoria a longo prazo: almacena información durante un tempo indefinido, incluso durante toda a vida do individuo.

� Perturbacións da memoria: • Esquecemento: prodúcese cando unha experiencia

previamente fixada non pode ser evocada nin espontánea nin voluntariamente.

• Amnesia: incapacidade de reproducir determinadas vivencias ou períodos biográficos.

• Paramnesia: é a perturbación na fidelidade da memoria. 1.2 O coñecemento racional Os seres humanos ademais de coñecemento sensible, algo que tamén posúen o resto dos animais, temos o coñecemento específico que nos proporciona a razón, de aí que Aristóteles nos definise como animais racionais. A través da razón formamos os conceptos e establecemos relacións entre eles mediante xuízos e razoamentos. A intelixencia é a facultade que nos permite adaptarnos a situacións novas de forma intencional, e comprender e establecer relacións con símbolos abstractos. Non hai unha soa intelixencia senón múltiples intelixencias, así que ímolas examinar, así como o modo en que se forma e desenvolve no ser humano.

� Tipos de intelixencia Howard Gardner desenvolveu unha teoría das intelixencias múltiples que cuestionaba a concepción tradicional dunha única intelixencia, a lóxico-matemática. Existen segundo este autor oito tipos de intelixencia:

� Intelixencia lingüística : consiste na capacidade para comprender a orde e o significado das palabras na lectura, a escrita, e tamén ao falar e escoitar. Está relacionada con profesións como as de escritores, oradores, políticos, líderes relixiosos, xornalistas, etc.

� Intelixencia lóxico-matemática : é a que se emprega para resolver problemas lóxicos e/ou matemáticos. É o tipo de intelixencia que tradicionalmente medían os coeficientes de intelixencia. É propia de economistas, enxeñeiros, estatísticos, científicos, etc.

� Intelixencia espacial : é a relacionada con formar un modelo mental do mundo en tres dimensións. É propia de artistas, fotógrafos, guías turísticos, cirurxiáns, arquitectos, mariñeiros, etc.

� Intelixencia musical : é a capacidade para escoitar, cantar, compoñer e tocar instrumentos. Propio de músicos, compositores, críticos musicais, etc.

� Intelixencia corporal cinética : trátase da capacidade para utilizar o propio corpo para realizar actividades ou resolver problemas. É propia de escultores, actores, bailaríns, deportistas, artesáns, cirurxiáns, etc.

� Intelixencia intrapersoal : é o coñecemento dos aspectos