Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica...

14
1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e desvantaxes do uso dos medios electrónicos 3. Límites dos avances da medicina e a biotecnoloxía: células nai, clonación e euxenesia 4. A investigación científica está determinada por intereses políticos, económicos. Análise da idea de progreso e a súa interpretación errada Contidos Nesta sexta unidade tratamos de estudar os límites dos avances científicos sobre todo desde o punto de vista ético. Actualmente abondan os medios electrónicos aos que accede a nosa mocidade. Certamente teñen grandes vantaxes para a información e a comunicación, pero non están exentos dalgunhas desvantaxes cando se fai un uso abusivo deles. A continuación analizamos os límites dalgúns avances científicos, especialmente no campo da medicina e da bioloxía. Finalmente, a investigación científica está dominada por intereses económicos e políticos. Introdución Unidade 6 “É máis fácil desintegrar un átomo que un prexuízo”. Albert Einstein (1879-1955) Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

Transcript of Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica...

Page 1: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico

2. Vantaxes e desvantaxes do uso dos medios electrónicos

3. Límites dos avances da medicina e a biotecnoloxía: células nai, clonación e euxenesia

4. A investigación científica está determinada por intereses políticos, económicos. Análise da idea de progreso e a súa interpretación errada

Contidos

Nesta sexta unidade tratamos de estudar os límites dos avances científicos sobre todo desde o punto de vista ético. Actualmente abondan os medios electrónicos aos que accede a nosa mocidade. Certamente teñen grandes vantaxes para a información e a comunicación, pero non están exentos dalgunhas desvantaxes cando se fai un uso abusivo deles. A continuación analizamos os límites dalgúns avances científicos, especialmente no campo da medicina e da bioloxía. Finalmente, a investigación científica está dominada por intereses económicos e políticos.

Introdución

Unidade

6“É máis fácil desintegrar un átomo que un prexuízo”.Albert Einstein (1879-1955)

Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

Page 2: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

74

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1 Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico

A ciencia e a técnica teñen unha poderosa influencia sobre a nosa forma de vida, posto que vivimos nunha sociedade moi tecnificada que alterou severamente, para ben e para mal, o me-dio físico. A ciencia e a técnica permítennos separarnos das ataduras da Natureza; axúdannos, por exemplo, a combater a enfermidade ou a vivir nun mundo con menos ameazas.

Limitacións ecolóxicasO uso da tecnoloxía e a forma en que se aplica o coñecemento científico provocan efectos negativos. Vemos como aparecen algúns problemas sanitarios modernos, que antes non exis-tían, por un uso indebido de certas técnicas. Por exemplo, o mal das vacas tolas, que se debe á alimentación de tales animais a base de fariñas cárnicas. Esta forma de alimentar ás vacas favorecía o seu rápido crecemento e, ademais, permitía o reciclado de proteínas que, doutra forma, se perderían. E é posible atopar moitos máis exemplos de problemas xerados por un uso extensivo e equivocado de certas técnicas que, finalmente, teñen efectos negativos sobre a saúde das persoas: a contaminación do aire xerada polos tubos de escape dos coches, a con-taminación química que se produce na elaboración de certos bens, as afeccións que causan os procesos de xeración e uso da enerxía etc.

Do mesmo xeito, existen impactos ambientais no uso extensivo da tec-noloxía, que superan o marco local producindo e provocando efectos ne-gativos sobre toda a biosfera. A aparición de fenómenos como o cambio climático permiten que se poida afirmar que o noso estilo de civilización está xerando o que se deu en chamar crise ecolóxica.

Page 3: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

75

06Unidade

A solución de moitos problemas ecolóxicos desta índole ou, mesmo, a mera avaliación do seu alcance demandan máis coñecemento científi-co. Con todo, no tratamento de moitos problemas a ciencia alcanzou o seu límite e non é capaz de predicir con certeza o que vai suceder nin, moito menos, de propoñer solucións. Ademais do cambio climático, podemos sinalar as choivas ácidas ou as mareas negras.

As limitación sociaisO poder transformador que teñen a ciencia e as súas aplicacións tecnolóxicas sobre as nosas afeccións é un feito aceptado pola maior parte da poboación. No pro-pio fogar, a luz eléctrica e a dispoñibilidade de electrodo-mésticos e de sistemas audiovisuais cada vez máis avan-zados cambiou o xeito de vivir da xente. Fóra de casa, e tomando un exemplo negativo para a humanidade, a existencia das explosións atómicas tamén moveu as no-sas conciencias.

Os países democráticos elixen os seus gobernantes e comprométenos a unhas determinadas actuacións ou, moitas veces, omisións, de acordo coa percepción que teñen da realidade, percepción, que á súa vez está influí-da polos avances tecnolóxicos. Este feito e a irrupción da ciencia en case todos os sectores da vida, fan cada vez máis necesario que a poboación posúa una certa “cultu-ra científica” e ética. Con este coñecemento, os cida-dáns e as cidadás estarían en disposición de elixir o máis beneficioso, ou menos prexudicial para as súas vidas.

Como cidadáns e cidadás responsables debemos ter en conta que a ciencia ten algúns límites como os que se-guen:

•Acienciarealízanasereshumanos,xaquelogoésuxeitadeerro.

•Amesmaformadeutilizarométodocientíficooudeinterpretarosresultadospodelevar a erro.

•Aoserunprocesomoidinámico,asúavalidezpodesercuestionable,xaqueoqueonte era certo hoxe xa non o é.

• Podenmanipularseosresultadosparaobteralgúnfinpolíticooueconómico.

•Aciencianonsempreéaccesibleatodasetodos.Existencertosprincipiosmoraiseuniversais, leis naturais ou dereitos naturais que a deben limitar.

Page 4: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

76

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

As limitacións políticas e económicasEstamos na época dunha crise económica provocada polos mercados e a ciencia e a técnica ta-mén sofren un menor investimento para o seu desenvolvemento e frea a investigación. Cando aconteza o crecemento económico terá que enfocarse a un desenvolvemento sustentable e a un desenvolvemento social máis xusto e equilibrado.

Na nosa sociedade a economía, a ciencia e a técnica deben estar ao servizo da satisfacción das necesidades básicas de todas as persoas; así, debemos ter en conta polo menos cinco compo-ñentes relacionados co benestar social (pobreza, poboación, educación, saúde e asentamentos humanos), medidos mediante indicadores deste tipo:

•Pobreza: taxa de desemprego, porcentaxe de poboación por baixo do limiar de pobre-za, salario medio por sexo, ingresos desiguais.

•Poboación: taxa de crecemento da poboación, taxa neta de inmigración, taxa de fe-cundidade, densidade de poboación.

•Educación: taxa de poboación en idade escolar, taxas de escolaridade segundo nivel de educación, taxa de alfabetización de adultos, anos de escolaridade, taxa diferencial de permanencia na escola entre homes e mulleres, gasto en educación en porcentaxe do PIB.

•Saúde: porcentaxe de poboación con acceso a sistemas de saneamento, acceso a siste-mas de auga potable, esperanza de vida, peso adecuado ao nacer, taxa de mortalidade infantil, inmunización contra enfermidades infecciosas, uso de métodos anticoncep-tivos, proporción de elementos químicos perigosos nos alimentos, gasto público en saúde en porcentaxe do PIB.

•Asentamentos humanos: taxa de crecemento da poboación urbana, perdas econó-micas e humanas debidas a desastres naturais, porcentaxe de poboación que habita en áreas urbanas, gasto en vivenda, superficie de terra ocupada por persoa, gasto per cápita do goberno en servizos de infraestrutura urbana.

Debemos esixir unha maior sensibilización pola investigación e a innovación dos poderes públicos, das forzas políticas e sociais e dos axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía. Para iso é preciso inxectar máis recursos, a partir dun deseño eficiente do sistema, e poñer a traba-llar a unha poboación (altamente cualificada, por certo) na construción do edificio.

As limitacións no ámbito da éticaDesde os seus comezos, a reflexión ética tamén involucrou con frecuencia discusións sobre ciencia e tecnoloxía, incluíndo a medicina, normalmente asociando, e ocasionalmente diso-ciando, as esferas técnica e moral.

O descubrimento e a aplicación da enerxía nuclear, o recoñecemento da contaminación am-biental, as innovacións e as manipulacións biomédicas, e as modernas tecnoloxías da infor-

Page 5: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

77

06Unidade

mación deron lugar a reflexións e análises éticos que poñen de manifesto os límites que deben gardar a ciencia e as tecnoloxías.

Segundo o Programa a favor da Ciencia: Marco Xeral de Acción, UNESCO, 1999, todos os científicos e todas as científicas deben comprometerse a manteren altos estándares éticos, e débese establecer, para as profesións científicas, un código de ética baseado en normas relevantes consagradas nos instrumentos internacionais de dereitos humanos.

A responsabilidade social dos científicos e das científicas require que manteñan altos estándares de control de calidade e integridade científica, que compartan o seu coñecemento, se comuniquen co público e eduquen as xeracións máis novas. Os currículos científicos deben incluír a ética das ciencias, do mesmo xeito que formación na historia e a filosofía da ciencia e o seu impacto cultural.

A ética e a responsabilidade da ciencia debe formar parte integral da edu-cación e da formación de todos os científicos e de todas as científicas. É im-portante inculcar ao estudantado unha actitude positiva cara á reflexión e á concienciación dos dilemas éticos que poden atopar durante a vida profesio-nal. Os científicos novos deben ser alentados apropiadamente a respectaren e a adherírense aos principios e responsabilidades éticos básicos da ciencia.

A ética para científicos e enxeñeiros debería partir do recoñecemento de que a educación dun enxeñeiro debe incluír non só o ensino de técnicas para resolveren problemas, senón tamén o ensino acerca de como facer xuí-zos éticos que incorporen diferentes tipos de valores, beneficios e riscos.

Page 6: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

78

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

2 Vantaxes e desvantaxes do uso dos medios electrónicos

As tecnoloxías da comunicación acurtan as distancias xeográficas, facilitando, entre outros sectores, o da educación, pois ofrece a estudantes de zonas moi afastadas, ou estudantes

que non teñen a posibilidade de desprazamento, ben sexa por falta de recursos económicos ou pola súa situación laboral, a oportunidade de formárense, sexa cal for o mo-tivo que impedía a súa educación. As tecnoloxías da comunicación (foros, correo, grupo de noticias, videoconferencias etc.) facilitan a interacción entre as persoas, xa que o coñecemento non se reduce a ser impartido a un espazo físico, facili-tando o intercambio de información entre titores e estudantes.

VantaxesA utilización dos medios electrónicos, sobre todo no campo do ensino, ten varias e significa-tivas vantaxes:

• Permitencompensarastradicionaiscarenciaseducativasdaszonasruraispolassúaslimitacións físicas para o acceso aos recursos culturais e educativos e enriquecer as posibilidades didácticas destas escolas.

•AutilizacióndaInternetofreceámocidadeaposibilidadedeabrirenasúamenteeviaxar a conceptos para a súa comprensión que aínda non puideron ver como, por exemplo, dunha selva ou un deserto.

•Aestimulacióndacreatividade,acuriosidadeeoespíritodeinvestigación.

•Asnovastecnoloxíassonmotivadoras,xaqueofrecenunmediodeaprendizaxecom-binando imaxes con texto e son. Isto fai que se utilicen como complemento para o traballo habitual que se desempeña na aula.

•Ademais,foméntaseaaprendizaxecooperativa,xaqueosrecursosqueastecnoloxíasofrecen adoitan ir máis encamiñados ao traballo en grupo onde se desenvolven dife-rentes opinións e se achega unha conclusión común.

•Ousodoordenadordesenvolvetaménacoordinaciónollo-man,aresolucióndepro-blemas espaciais, e motiva para a lectura, ao querer ler o alumnado as palabras en xogos que lles resultan interesantes.

Page 7: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

79

06Unidade

DesvantaxesO uso das novas tecnoloxías pode presentar desvantaxes ao alumnado:

•DadaagrandeinformaciónáquepodemosaccedernaInternet,oalumnadopódesever distraído, polo que pode ver perdido o seu tempo e os seus obxectivos de apren-dizaxe. Deste xeito, non debe confundir a aprendizaxe co xogo.

•Asnovastecnoloxíasnonsonunfin,senónunmedio,eoperigoestáenconvertelasnun fin e quitar tempo a outros obxectivos máis importantes.

•Unusoirresponsabledastecnoloxíaspodeconduciraunhacertaadicciónnoconsu-mo destes medios.

•Desigualdadesquesevenreflectidasnoscentrosprivadosfronteaoscentrospúblicos,así como rurais e de cidade, sendo os colexios privados, situados nas cidades, os máis poderosos economicamente e, como consecuencia, os que máis recursos tecnolóxicos poden utilizar.

3 Límites dos avances da medicina e a biotecnoloxía: células nai,

clonación e euxenesiaOs progresos rápidos e constantes da medicina e da biotecnoloxía crean proble-mas e presentan mesmo certas ameazas para os dereitos fundamentais do ser humano e a integridade das persoas.

A biotecnoloxía pódese definir, dun xeito amplo, como “a utilización de or-ganismos, sistemas e procedementos biolóxicos para actividades industriais, manufactureiras e de servizos”. Son moitas as posibilidades que as técnicas biolóxicas ofrecen en distintos campos, tales como o sanitario, industrial, agrí-cola, ecolóxico etc.

As células naiO corpo humano contén centos de diferentes tipos de células que son impor-tantes para a saúde diaria. Estas células son responsables de manteren os nosos corpos en funcionamento cada día, para faceren que o noso corazón latexe, que o noso cerebro pense, que os nosos riles limpen o sangue, para substituíren as células da nosa pel a medida que se renova, etcétera.

Debido a que, por natureza, as células nai teñen a tarefa de substituíren as células vellas ou doentes, os científicos e as científicas concibiron a idea de

Page 8: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

80

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

utilizaren as células nai como terapia para unha ampla variedade de condicións médicas para curar a persoas enfermas. Cura de certas enfermidades como o cancro, lesións de médula espinal, a diabetes, a síndrome de Párkinson, o mal de Alzheimer e a esquizofrenia. Ademais, ao non ter que probarse en seres humanos ou animais, poderanse aforrar as vidas de ambos.

O uso clínico principal das células nai é como unha fonte de células doadoras, que son usadas na substitución de células durante as terapias de trasplante. As células nai poden ser obtidas de varias fontes:

•Embrións de reposto: as células nai poden provir de embrións extras que foron almacenados en clínicas de fertilidade e que non foron utilizados polas parellas doa-doras para a concepción de nenos ou nenas.

•Embrións de propósito especial: estes son embrións creados por medio de fertiliza-ción in vitro (artificialmente, no laboratorio) para o propósito específico de recolleren células nai.

•Os embrións e o tecido adulto vivo ou morto que prové células nais.

•Embrións clonados: estes son embrións clonados en laboratorios por medio do mé-todo de transferencia somática nuclear, co fin de colleitar as súas células nai.

•Fetos abortados: os fetos de desenvolvemento cedo que foron abortados conteñen células nai, que poden ser recollidas.

•Cordóns umbilicais: este tecido posparto posúe potencial para a investigación.

•Tecidos ou órganos adultos: pódense obter células nai de tecidos ou órganos prove-nientes de adultos vivos durante a ciruxía.

•Cadáveres: o illamento e supervivencia de células proxenitoras neurais de tecidos post mortem (ata 20 horas logo da morte) foi reportado e prové unha fonte adicional de células nai humanas.

Os límites da investigación proveñen de concepcións éticas de ideo-loxía conservadora. Así, existen algúns problemas éticos porque hai quen pensan que isto é inmoral e que non se pode experimentar con embrións e que habería que destruílos. As persoas que cren que a vida comeza no momento da concepción din que levar a cabo investigacións en embrións humanos non é ético, aínda cando o doante dea o seu con-sentimento.

Page 9: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

81

06Unidade

A clonaciónA clonación (do grego clon, “rebento, póla”) é unha copia idéntica dun organismo a partir do seu ADN. Pode definirse como o proceso polo que se conseguen, de forma asexual, dúas copias idénticas dun organismo, célula ou molécula xa desenvolvida.

Existen experiencias en clonación con animais. Como adoita ocorrer con moitos avances científicos de vangarda, aquí poida que tamén se esaxeraran as posibles derivacións prácticas inmediatas, aínda que non cabe dúbida que a medio e longo prazo, cando a técnica se vaia perfeccio-nando, podería atopar numerosos campos de aplicación. Falouse do caso da ovella Dolly como unha copia idéntica da “nai” que doou o núcleo

Como é sabido, cando unha técnica se pon a punto nun animal domés-tico ou de laboratorio, só é cuestión de tempo e diñeiro que poida ser aplicada a humanos. Esta perspectiva é a que, obviamente, espertou esa mestura de fascinación, ansiedade e temor na opinión pública.

O cidadán e a cidadá actual percibe os adiantos científicos con certa ambi-valencia: aínda que recoñece como positivo o avance do coñecemento e do benestar, é igualmente consciente de que poden provocar problemas am-bientais e ameazar valores e crenzas importantes para a cohesión social.

A UNESCO na Declaración Universal do Xenoma Humano e os Derei-tos Humanos, adoptada pola XXIX Asemblea Xeral, o 11 de novembro de 1997, e asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 9 de de-cembro de 1998, indícanos no Art. 11: “As prácticas contrarias á dignidade humana, como a clonación reprodutiva de seres humanos, non deben permitirse”.

Page 10: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

82

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

O Consello de Europa (París, 12 de xaneiro de 1998) no Protocolo Adi-cional ao Convenio para a protección dos dereitos humanos e a dignidade do ser humano, en relación coa aplicación da bioloxía e a medicina, sobre a prohibición de clonar seres humanos, asinado por 19 países (non Reino Unido nin a Alemaña, aínda que por distintas razóns), no Art. 1 afirma: “Prohíbese calquera intervención que teña por obxecto crear un ser humano xeneti-camente idéntico a outro, xa sexa vivo ou morto”.

España no Código Penal (1995) cunha redacción confusa, no Art. 161.1 afirma: “Serán castigados quen fecunden óvulos humanos con calquera fin distinto á procreación humana”, e no Art. 161.2: “castigaranse a creación de seres huma-nos idénticos por clonación ou outros procedementos dirixidos á selección da raza”.

A euxenesiaA euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante diversas formas de intervención mani-pulada e métodos selectivos de humanos. A orixe da euxenesia está for-temente arraigada ao xurdimento do darwinismo social a finais do século XIX. Un mal exemplo foi o das políticas euxenésicas nazis.

Nos últimos anos as relacións entre xenética e política estanse volvendo examinar, sobre todo á luz da nova biotecnoloxía. Moitos dos dilemas sociais e políticos das aplicacións xenómicas son novas versións da cues-tión euxenésica, que nin moito menos morrera na nosa cultura.

As valoracións éticas que tratamos no apartado da clonación son válidas tamén para a euxenesia.

Artigo 11 da Declaración Universal do Xenoma Humano e os Dereitos Humanos: “As prácticas contrarias á dignidade hu-mana, como a clonación reprodutiva de seres humanos, non deben permitirse”.

Page 11: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

83

06Unidade

4 A investigación científica está determinada por intereses políticos e económicos. Análise da idea de progreso e a súa interpretación errada

A ciencia, do mesmo xeito que a política, a educación, o dereito, a relixión, a cultura e a fa-milia pode ser contemplada como unha actividade humana fundamental que xera e distribúe poder.

Nalgunha medida o poder dos poderes é o poder político porque consiste precisamente en delimitar os ámbitos nos que as demais actividades humanas poden desenvolver o seu poder. Se o poder político é exercido prudentemente, convértese nun instrumento formidable para lograr que os cidadáns e as cidadás vivan en paz, liberdade e igualdade. Obviamente o mal exercicio do poder político conduce á represión do individuo e ao colapso das sociedades.

Nos últimos anos, os capitais privados incrementaron a súa participa-ción brindando soporte económico a numerosos proxectos de investiga-ción. O custo crecente da investigación e a súa dependencia de tecno-loxías e equipamentos complexos, con elevados custos de adquisición e mantemento, foi un dos principais factores que influíron nesta cola-boración económica entre a industria privada e a investigación básica e/ou clínica en universidades, do mesmo xeito que noutros ambientes académicos públicos que non contan con fondos suficientes. Isto leva á idea de que a investigación non sempre se realiza dentro da dimensión ética e busca o lucro de empresas e particulares.

A esencia da idea de progreso imperante no mundo occidental pode enunciarse de xeito sinxelo: a humanidade avanzou no pasado, avanza actualmente e pode esperarse que continúe avanzando no futuro.

Debemos usar a perspectiva do progreso para sustentar a esperanza nun futuro caracteri-zado pola liberdade, a igualdade e a xustiza individuais. Pero ob-servamos tamén que a idea de progreso serviu para afirmar a conveniencia e a necesidade do absolutismo político, a superio-ridade racial e o Estado totalita-rio. En suma, case non hai límite para as metas e propósitos que os seres humanos se fixeron ao longo da historia para aseguraren o progreso da humanidade.

Plantación de trigo transxénico.

Page 12: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

84

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

Resumo da Unidade

1. A ciencia e a técnica teñen unha poderosa influencia sobre a nosa forma de vida, posto que vi-vimos nunha sociedade moi tecnificada que alterou severamente, para ben e para mal, o medio físico.

2. Do mesmo xeito, existen impactos ambientais no uso extensivo da tecnoloxía, que superan o marco local onde se producen e teñen efectos sobre toda a biosfera.

3. Na nosa sociedade a economía, a ciencia e a técnica deben estar ao servizo da satisfacción das necesidades básicas de todas as persoas.

4. Segundo a UNESCO, 1999, todos os científicos e todas as científicas deben comprometerse consigo mesmos e consigo mesmas a manteren altos estándares éticos e débese establecer, para as profesións científicas, un código de ética baseado en normas relevantes consagradas nos instrumentos internacionais de dereitos humanos.

5. Os medios electrónicos teñen vantaxes como a estimulación da creatividade, a curiosidade e o espírito de investigación. Pero tamén teñen desvantaxes como un uso irresponsable das tecno-loxías, que pode conducir a unha certa adicción no consumo destes medios e a un deterioro da aprendizaxe na escola.

6. Os progresos rápidos e constantes da medicina e da biotecnoloxía crean problemas e presentan mesmo certas ameazas para os dereitos fundamentais do ser humano e a integridade das per-soas.

7. Segundo a UNESCO, as prácticas contrarias á dignidade humana, como a clonación reprodutiva de seres humanos, non deben permitirse.

8. Se o poder político é exercido prudentemente, convértese nun instrumento formidable para lograr que os cidadáns e as cidadás vivan en paz, liberdade e igualdade. Obviamente o mal exercicio do poder político conduce á represión do individuo e ao colapso das sociedades. Isto é aplicable á investigación científica.

Actividades

1. Completa os contidos da unidade nSe queres saber máis do autor da frase que abre esta unidade, Albert Einstein, consulta a web:

http://www.biografiasyvidas.com/monografia/einstein/

nPara ampliar os teus coñecementos sobre os límites da ciencia e da técnica, podes consultar a web: http://www.redesparalaciencia.com/wp-content/uploads/2013/03/D%C3%8DPTICO-CS.pdf

nSe queres ampliar os teus coñecementos sobre as vantaxes e desvantaxes dos medios elec-trónicos, podes consultar a web: http://www.mediacion.icav.es/archivos/contenido/439.pdf

nSe queres ampliar os teus coñecementos sobre os límites dos avances da medicina e a biotec-noloxía, podes consultar a web: http://socrates.ieem.edu.uy/wp-content/uploads/2012/05/avances_en_biotecnologia.pdf

nPara ampliar os teus coñecementos sobre análise da idea de progreso e a súa interpretación errada, podes consultar a web: http://www.eseade.edu.ar/files/Libertas/45_2_Nisbet.pdf

Page 13: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

85

06Unidade

2. Completa as seguintes frases

1. A ciencia e a ————————— permítennos separarnos das ataduras da ——————————.

2. A aparición de fenómenos como o cambio ———————————— permiten que se poi-da afirmar que o noso estilo de civilización está xerando o que se deu en chamar crise

————————————.

3. A ciencia non sempre é accesible a todos e a todas. Existen certos principios ——————————— e universais, leis naturais ou dereitos —————————— que a deben limitar.

4. Cando aconteza o crecemento ——————————, terá que enfocarse a un desenvolvemento sustentable e a un desenvolvemento social máis xusto e equilibrado.

5. Coas células ————————— poden curarse certas enfermidades como o —————————, lesións de médula espinal, a diabetes, a síndrome de Párkinson, o mal de Alzheimer e a es-quizofrenia.

6. Os límites da investigación en células ——————————— proveñen de concepcións

——————————— de ideoloxía conservadora.

7. Debemos usar a perspectiva do progreso para sustentar a esperanza nun futuro caracteriza-do pola ——————————, a igualdade e a —————————— individuais.

3. O barómetro de valores

Fonte: http://www.educarueca.org/spip.php?article429

Definición: Dividimos o espazo central da aula en dúas partes. Se é posible pintamos con xiz unha raia no chan como se dunha pista de tenis se tratase. Todas e todos se agrupan no centro. Unha persoa lerá unha frase un tanto ambigua, desde o centro, como se fose xuíza do partido. Pedirémoslles que se sitúen totalmente á esquerda as persoas que están a favor do contido da frase. As que están en contra colocaranse totalmente á dereita.

Desenvolvemento: Comeza o debate. Se algunha persoa quere suavizar a súa postura extrema, dará un paso ao centro expresando as súas razóns. Outras persoas que poidan sentirse conven-cidas por esta opinión poden tamén modificar a súa posición. Así irán falando dunha nunha ata que toda a clase poida participar.

Nota: É mellor non alongar o barómetro demasiado. Probablemente con dúas ou tres frases será suficiente para ir escoitando opinións.

Aquí van algunhas frases a modo de referencia pero cada persoa que coordina o taller pode achegar as súas:

“Onde hai xustiza sempre hai paz”.

“As células nai axudan a curar enfermidades que non atopaban solucións e cancros”.

“A ciencia véndese aos poderes económicos e políticos”.

Page 14: Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa …...1. Os límites da ciencia e da técnica desde os ámbitos social, económico, político, ético e ecolóxico 2. Vantaxes e

86

Unidade 6 Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

4. Proposta de película

Título: Interstellar (Interestelar). Ano: 2014. Duración: 169 mi-nutos

Director: Christopher Nolan

Sinopse: Ao ver que a vida na Terra está chegando ao seu fin, un grupo de exploradores liderados polo piloto Cooper (McConaughey) e a científica Amelia (Hathaway) embárca-se na que pode ser a misión máis importante da historia da humanidade e emprenden unha viaxe máis aló da nosa galaxia na que descubrirán se as estrelas poden albergar o futuro da especie humana.

Cuestións de análise (para máis información visita: ww.edualter.org/material/pau/dictadore.htm):

Despois de ver a película, trata de responder as seguintes cuestións:

1. Describe a capacidade de difundir conceptos científicos por parte da película. O director preséntaos de maneira complexa e difícil ou de modo sinxelo?

2. Que importancia ten para ti a visión da ciencia que está presente na película?

3. A película é interpretada como de ciencia-ficción. Razoa a túa resposta ao respecto.

4. Quen foi primeiro, a salvación ou os salvadores?

5. Análise dun texto breve

“A clonación aínda non chegou a facer réplicas humanas por completo, pero cada vez fálase máis respecto diso. Desde científicos e teólogos a locutores de radio e avogados discutiron os aspectos relixiosos, éticos e legais que implica clonar un ser humano. A noción da clonación toca aspectos fundamentais da nosa humanidade. Abarca conceptos de identidade e individualidade, o significado da reprodución, a diferenza entre procrear e manufacturar e as relacións entre xe-racións. Tamén esperta preguntas sobre a manipulación de seres humanos para o beneficio do-utros, a nosa obrigación de curar os enfermos (e os seus límites) e o respecto e protección que lle debemos á vida humana. Para abordar correctamente a cuestión, primeiro debemos entender que é realmente a clonación e que beneficios pode achegar á medicina e á sociedade”.

En: http://www.neoteo.com/clonacion-etica-y-moral/

Cuestións:

1. Pon un título ao texto.

2. Escribe no teu caderno o que pensas da posibilidade da clonación humana.

3. Describe a relación entre clonación e a curación de enfermos.

4. Busca na Internet unha definición de cultura de paz na páxina: http://www.fund-culturade-paz.org/