Unidade 8. A guerra civil española

134
Unidade 8 A Guerra Civil

Transcript of Unidade 8. A guerra civil española

Page 1: Unidade 8. A guerra civil española

Unidade 8A Guerra Civil

Page 2: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilIntrodución

• Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos que se calificaban a sí mesmos e aos contrarios como azuis, nacionais ou fascistas contra rojos, antiespañois e comunistas.

• O Goberno da República conseguiu resistir durante case tres anos, pero, finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.

Page 3: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

• O fracaso parcial do golpe de Estado deu lugar a un duro enfrontamento bélico.

• Tras a sublevación militar de Melilla, as tropas da lexión dominaron rapidamente a situación en Marrocos.

• Na madrugada do 18, Franco felicitiou aos sublevados, autonomeouse xefe das tropas de África.

• Decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos e dirixiuse aos españois xustificando o alzamento militar.

Page 4: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

• Nos días 18 e 19, ao mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias (no avión Dragón Rapide pagado polo financeiro Juan March) cara a Tetuán para facerse cargo das tropas de África, en distintas cidades da Península os militares conxurados tentan facerse co poder.

• Nalgúns casos triunfaron (Pamplona, Sevilla, Valladolid, Burgos, Zaragoza, Mallorca...) pero noutros as forzas republicanas lograron dominar aos rebeldes (Barcelona, Madrid, Valencia, Oviedo...)

• En Galicia a sublevación militar iniciouse o día 20. Tras breves enfrontamentos coas forzas leais na Coruña, Vigo e Ferrol, os sublevados fixéronse co control do territorio.

Page 5: Unidade 8. A guerra civil española

Xullo 1936

Page 6: Unidade 8. A guerra civil española

Dragon Rapideneste modelo de avión

viaxou Franco desde Canaraias a Marrocos para coordinar o

levantamento das rropas rebledes

Page 7: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

A indecisión do Goberno republicano

• Ante as confusas noticias da sublevación militar o presidente do Goberno, Casares Quiroga, ademais de emitir unha mensaxe tranquilizadora á poboación, decretou o cesamento dos sublevados e a disolución dos corpos militares que os apoiasen ou estivesen baixo o seu mando.

• Pero estas medias tiveron un efecto negativo para os republicanos, porque moitos soldados abandonaron os cuarteis que estaban baixo mandos indecisos, deste modo, a República quedou cun exército moi reducido.

• As forzas sociais de esquerda pedían armas para facer fronte aos militares rebeldes, o presidente non quixo entregar armas ao pobo convencido de que as forzas obreiras, co pretexto de apoiar ao Goberno, non tardarían en suplantalo, incapaz de controlar a situación, dimitiu.

Page 8: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

A indecisión do Goberno republicano

• Na madrugada do día 19 Azaña formou un gabinete de conciliación presidido por Diego Martínez Barrio, que fracasou no seu intento de negociación cos militares rebeldes, e tamén dimitíu.

• Azaña nomeou, o mesmo día 19, a Xosé Giral presidente do Goberno contando co apoio das forzas da Fronte popular e resolto a afrontar a sublevación, decidiu entregar armas ás organizacións proletarias, aínda co risco de que estas impuxesen a revolución.

Page 9: Unidade 8. A guerra civil española

Mitin da líder do PCE Dolores Ibárruri (La Pasionaria) nas Ventas

Madrid. Solicitandoarmas para o pobo

Page 10: Unidade 8. A guerra civil española

Manifestación na Gran Vía de Madriden respaldo á República

Page 11: Unidade 8. A guerra civil española

Manifestación no Cantón da Coruñaen respaldo á República (18-7-1936)

Page 12: Unidade 8. A guerra civil española

Toma do cuartel da Montaña por milicianos

Madrid

Page 13: Unidade 8. A guerra civil española

Toma do cuartel da Montaña por milicianos

Madrid

Page 14: Unidade 8. A guerra civil española

Milicianas nas rúas de Barcelona

Page 15: Unidade 8. A guerra civil española

Saída de milicianos para o frente de Aragón

en Barcelona

Page 16: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

Razóns da sublevación

• Razóns diametralmente opostas:• Sublevados: foi definida como un Alzamento

Nacional de apoio espontáneo, popular e cívicomilitar, protagonizado polos sectores defensores da relixión, a unidade da patria e a propiedade privada.

• Goberno da república e as forzas da Fronte Popular que o apoiaban, a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida e contra as reformas que se reiniciaran a partir de febreiro de 1936.

Page 17: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

Configuración de bandos

• As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos en conflito desde o inicio da guerra. En liñas xerais estes foron os apoios:

• A favor da República estiveron a maioría dos xenerais do exército de Terra, a mariñeiría (que se amotinou contra os xefes golpistas e fíxose co control de gran parte dos navíos), a aviación, a Garda de Asalto, as masas obreiras urbanas das cidades industriais, os xornaleiros do sur da Península e a pequena burguesía urbana.

• A favor dos sublevados estiveron: oficiais intermedios do exército de Terra, a Garda Civil (agás en Barcelona), as masas católicas e conservadoras (CEDA, monárquicos, carlistas, falanxistas), os pequenos e medianos propietarios agrícolas.

Page 18: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

Configuración de bandos

• Entre os apoios aos sublevados destacou o da Igrexa; o episcopado español cualificou o movemento militar como unha cruzada contra o comunismo en defensa da fe católica, da tradición e da orde social.

• Bispos, clérigos acompañaban nas cerimonias públicas os militares rebeldes, e daban a súa bendición ás tropas sublevadas.

• Nunca fixeron críticas en público sobre a represión exercida polos insurrectos, pero condenaron duramente a represión das forzas de esquerda (incluso o Papa Pío XI considerou ós sublevados como heroes cristiáns fronte os bárbaros e salvaxes republicanos.

Page 19: Unidade 8. A guerra civil española

A xerarquía eclesiástica española considerou o golpe de

Estado como unha Santa Cruzada

Page 20: Unidade 8. A guerra civil española

Propagandasindical contra

a intervención da Igrexa Católica

en favor dos rebeldes

Page 21: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilA sublevación militar e a formación de bandos

Trazos xerais da Guerra Civil

• Tradicionalmente considérase a Guerra Civil como un claro antecedente da 2ª Guerra Mundial, non só polas súas implicacións políticas, senón tamén polos trazos que caracterizan a contenda.

• O conflito español pode ser considerado como:1. Unha guerra ideolóxica: fascismo e democracia.

Civilización cristiá e comunismo.2. Unha guerra que implicou a toda a poboación, xa

que participaron todos os sectores da sociedade.3. Unha guerra de combate social e de loita de clases.4. Unha guerra de mestura de formas de combate

arcaicas con outras modernas.

Page 22: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla do Ebro1938

Page 23: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Tanto os gobernos como a poboación internacional tomaron posición.

• Os dous bandos pediron axuda e material bélico.• Goberno da República, a Francia.• Franco e Mola a Hitler e Mussolini.• Tratando de evitar que a guerra española se

convertese nun conflito internacional, a proposta de Gran Bretaña e Francia, acordaron en Londres non tomar parte no conflito e constituír un Comité de non intervención (1-8-1936).

• Estes acordos implicaban a prohibición de enviar homes e armas a ningún dos bandos.

Page 24: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos militares sublevados (non de forma oficial, senón enviada a través de empresas privadas).

• Ante esta situación o Comité de Non Intervención, declarouse incompetente para obrigar ao cumprimento do pactado; Estados Unidos decidiu non intervir de forma oficial, pero non impediu a saída de armas e de petróleo para un e outro bando, sempre que os subministradores fosen empresas privadas, e favoreceu, a axuda de voluntarios.

Page 25: Unidade 8. A guerra civil española

Cartel Países que apoian ás tropas

sublevadas á República

Page 26: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Axudas ao bando nacional. As potencias fascistas interviñeron no conflito apoiando os sublevados por unha mestura de motivos ideolóxicos e políticos.

• Alemaña prestou un importante apoio en efectivos militares que foi clave nos primeiros días de guerra (barcos e avións para o paso das tropas de África á Península). A Lexión Cóndor foi decisiva para o bombardeo de posicións republicanas (Durango, Guernica, Madrid, Granollers, Barcelona...). A cambio desta axuda, Franco comprometeuse a asinar un acordo económico prioritario con Alemaña. España pagaría ao final da guerra mediante concesións de explotación das materias primas esencialmente minerais.

Page 27: Unidade 8. A guerra civil española

Arriba: León. DespedidaDas tropas alemás da

Lexión Cóndor. Dereita: cartel contra a intervención italiana.

Page 28: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Italia apoiou con material bélico tamén desde os inicios. Contar con España significaba controlar estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un grupo de voluntarios fascistas os Camisas Negras, que foron retirados de España, pola presión internacional, en 1938.

• Portugal prestou axuda aos sublevados, pero moito menor que os países anteriores. O Goberno ditatorial de Salazar, moi afín ao de Franco, a pesar de pertencer ao Comité de non Intervención), prestou constante axuda ao bando nacional, facilitando o paso de armas e víveres, ademais, de enviar 10.000 homes (Viriatos).

Page 29: Unidade 8. A guerra civil española

Esquerda:Aviación alemá.

Dereita:Corpo

voluntario portugués:

Viriatos

Esquerda: soldados

italianos na batalla de

Guadalajara

Page 30: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Axudas do bando republicano. A República contou co tímido apoio das democracias occidentais e da URSS pero, en conxunto foi unha axuda desigual e descontinua.

• Francia: descontinua. Medo ante o posible triunfo de posturas revolucionarias na República, que podían poñer en perigo importantes investimentos franceses en España. En principio a Fronte Popular de León Blum axudou á República pero tras a adhesión de Francia á Non Intervención, a axuda pasou a ter un carácter particular (recrutamento voluntario, contrabando de armas). A fronteira foi pechada e non se abriu ata marzo de 1939.

Page 31: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Gran Bretaña teme a internacionalización do conflito e a radicalización social. O goberno conservador de Chamberlain tratou de illar o conflito español. Velou polo cumprimento do Comité de non intervención, aínda que sabía que nin Italia nin Älemaña cumprían o pactado.

• México tiña un goberno afín á República e o seu presidente Lázaro Cárdenas, ordenou axuda de armas. Foi bastante testimonial. Finalizada a guerra acolleu a moitos republicanos.

• URSS de Stalin, foi inicialmente prudente. O triunfo republicano e a sovietización do país podía ser mal visto polas potencias occidentais, situación que non beneficiaba á diplomacia soviética, que pretendía illar inicialmente a Alemaña. Os troskistas acusaron a Stalin de abandonar a idea de revolución mundial pedían o apoio da URSS. O estímulo definitivo para a intervención viña pola constatación da axuda alemá e italiana aos sublevados. Mandou armas e especialistas, así como a acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da guerra) que quedaron desamparados.

Page 32: Unidade 8. A guerra civil española

Tanque SoviéticoT 26. Apoio

armamentístico á República

Page 33: Unidade 8. A guerra civil española

O presidente de México Lázaro Cárdenas recibindo a nenos exiliados españois

Page 34: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilInternacionalización do conflito

• Brigadas internacionais: formacións militares formadas por voluntarios que viñeron integrarse nas filas republicanas. As organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo. Chegaron a partir de outubro de 1936, procedentes de moitos países.

• O número total resulta moi difícil de calcular. Os analistas oscilan entre 40.000 e 60.000 ao longo da guerra, aínda que non superaron os 18.000 ao mesmo tempo. Tiveron un papel destacado na defensa de Madrid como no fortalecemento da moral do bando republicano.

• O desgaste da guerra e a presión do Comité de Non Intervención forzaron a retirada que foi organizada polo Goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións mediante unha Comisión Internacional que regulou a súa marcha en outubro de 1938.

• En 1996 viñeron a España 300 brigadistas supervivintes e foille concedida a nacionalidade española nun acto no parlamento española en recoñecemento ao seu servizo.

Page 35: Unidade 8. A guerra civil española

Bandeira republicana co símbolo das

Brigadas Internacionais

Page 36: Unidade 8. A guerra civil española

Fotografías das Brigadas Internacionais

Page 37: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• Nin rebeldes nin leais ao Goberno republicano foron capaces de dominar por completo o territorio.

• España quedou dividida en dous bandos.• Os sublevados controlan Galicia, Castela-León, Álava,

Navarra, o oeste de Aragón incluída as capitais provinciais, Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada, Cádiz, Baleares (menos Menorca)., Canarias e o protectorado español de Marrocos.

• En xeral, trátanse de zonas agrarias de pequenos propietarios, votantes tradicionais de candidaturas de dereitas e católicas.

• Baixo a autoridade da República permaneceron Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran parte de Andalucía, Asturias-Santander-Guipúscoa e Biscaia.

• Basicamente zonas industriais, mineiras e gran parte das zonas de agricultura latifundista.

Page 38: Unidade 8. A guerra civil española

Xullo 1936

Page 39: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• Guerra de columnas (xullo-outubro de 1936) Tras os primeiros momentos de confusión e unha vez determinado o fracaso ou triunfo da sublevación nas distintas cidades españolas, cada bando puxo en marcha a súa propia resposta para reducir ao contrario.

• Bando republicano, onde o exército estaba desarticulado, sen un mando único. Organizáronse diversas columnas formadas por milicianos que partiron cara ás zonas dominadas polos rebeldes. Desde Barcelona os milicianos partiron cara Zaragoza (destacando a columna dirixida polo líder anarquista Durruti; desde Madrid dirixíronse á serra do Guadarrama e en Andalucía tentaron recuperar Córdoba. Pero estas accións amosaron a incapacidade dos milicianos para derrotar o rebelde, debido ao escaso armamento dispoñible, á falta de preparación militar e á escasa disciplina e coordinación no mando.

Page 40: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• Bando sublevado mantívose a estratexia inicial de tomar Madrid. Desde o norte varias columnas ao mando de Mola chegaron ata os pasos de Guadarrama, onde foron detidos pero, ao mesmo tempo consolidaron o seu dominio da zona vasca coa conquista de Irún e Donostia. Desde o sur, o exército de África, dirixido por Franco conseguíu atravesar o Estreito grazas a posta en marcha dunha ponte aérea ata Sevilla facilitada por avións alemáns e italianos. Desde Sevilla as forzas da Lexión e dos Regulares, organizadas en varias columnas, avanzaron por Extremadura para enlazar coas forzas do norte. Destacou a resistencia que opuxeron os milicianos en Badaxoz e que foi seguida, tras a súa conquista, dunha sanguenta represión realizada polos lexionarios. Camiño de Madrid, as tropas de Franco desviáronse cara Toledo para axudar a Moscardó que resistía no Alcázar.

Page 41: Unidade 8. A guerra civil española

Marzo 1937

Page 42: Unidade 8. A guerra civil española

Lexionarios subindo ao aviónpara atravesar o Estreito cara a

Península

Page 43: Unidade 8. A guerra civil española

16-VIII-1936 Masacre de Badajoz

Page 44: Unidade 8. A guerra civil española

Toma do Alcázar de Toledo

Page 45: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937). Para os sublevados a conquista de Madrid era clave. Permitiría o rápido control de España. A comezos de novembro de 1936 a cidade foi cercada e, ante a situación de perigo, o Goberno republicano trasladouse a Valencia, quedando en Madrid unha Xunta de Defensa presidida por Xosé Miaja. Os ataques frontais e as manobras envolventes (batalla da estrada da Coruña, Xarama e Guadalajara), realizadas por Franco non conseguiron dominar a capital.

• As tropas e milicias republicanas, dirixidas por Miaja e Rojo (Xefe do Estado Maior), contando co apoio das Brigadas Nacionais, resistiron e realizaron distintas contraofensivas que puxeron de manifesto a crecente coordinación e transformación dos milicianos nun verdadeiro exército popular. No sur, o bando nacional conquistou Málaga o que le permitiu consolidar as súas posicións no oeste andaluz.

Page 47: Unidade 8. A guerra civil española

Bombardeo sobre a

Gran Vía

Page 48: Unidade 8. A guerra civil española

Refuxiadosno metro de Madrid. 1936

Page 49: Unidade 8. A guerra civil española

Embalando cadros do Museo do

Prado

Page 50: Unidade 8. A guerra civil española

A CibelesGuerra Civil

Page 51: Unidade 8. A guerra civil española

A Cidade Universitaria

Campo de Batalla

Page 52: Unidade 8. A guerra civil española

Vicente Rojo e José MiajaCoordinan a defensa de Madrid das tropas

republicanas

Page 53: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla do Xarama

Page 54: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla do Guadalajara

Page 55: Unidade 8. A guerra civil española

Fuxida de Málaga ante a toma da

cidade polas tropas rebeldes (1937)

Page 56: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• A campaña do norte e contraofensivas republicanas (abril-outubro 1937). Ante o fracaso de Madrid, Franco considerou que a guerra ía ser longa. Decidiu concretar todos os seus esforzos na conquista do norte (Asturias, Santander e Bilbao), o seu dominio daríalle o control dunha zona industrial e mineira rica, densamente poboada que podía alterar o equilibrio do conflito no seu favor. O avance viuse facilitado polo apoio aéreo e os bombardeos da Lexión Condor, numerosas vilas foron destruídas, destacando Guernica.

• As tropas de Franco entraron en Bilbao (xuño 1937), meses despois Santander e Asturias. En outubro de 1937 desapareceu a fronte norte. O bando rebelde concentra os seus recursos en Aragón e Cataluña.

• Os republicanos responderon nas frontes de Madríd (Brunete en xullo) e Aragón (Belchite agosto-setembro). Permitiron avances republicanos pero sen grandes consecuencias.

Page 57: Unidade 8. A guerra civil española

1937Bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor

Page 58: Unidade 8. A guerra civil española

1937Bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor

Page 59: Unidade 8. A guerra civil española

1937Bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor

Page 60: Unidade 8. A guerra civil española

Maqueta do Pavillón España na Exposición Internacional de París 1937.O pavillón foi realizado polo arquitecto

catalán Josep Lluís Sert

Page 61: Unidade 8. A guerra civil española

Nese pavillón mostrouse por primeira vez o Guernica de Picasso como

denuncia dos ataques da aviación alemana a poboación civil na Guerra

Civil Española

Cartel de Miró

Page 62: Unidade 8. A guerra civil española

Nenos vascos

exiliados a Gran Bretaña

Page 63: Unidade 8. A guerra civil española

Nenos vascos embarcados cara

o exilio

Page 64: Unidade 8. A guerra civil española

Entrada das tropas franquistas en

Santander. Agosto de 1937

Page 65: Unidade 8. A guerra civil española

Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria

da Guerra Civil

Page 66: Unidade 8. A guerra civil española

Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria

da Guerra Civil

Page 67: Unidade 8. A guerra civil española

Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria

da Guerra Civil

Page 68: Unidade 8. A guerra civil española

Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria

da Guerra Civil

Page 69: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• As grandes ofensivas republicanas (novembro 1937-novembro 1938) Fortalecemento na coordinación do mando e mobilización de novas quintas (do biberón), equipamento bélico (materias fundamentalmente da URSS), permitíu ás forzas republicanas desenvolver, tras a caída da fonte norte, dúas importantes ofensivas para frear o avance das tropas de Franco cara o Mediterráneo.

• A primeira ofensiva foi Teruel (12-1937-2 1938); os éxitos iniciais dos republicanos foron contidos polos rebeldes que lograron unha vitoria que permitiu a Franco avanzar cara Cataluña e o Mediterráneo, separando a zona republicana en dúas partes. A pesar das contrariedades, os republicanos realizaron un novo esforzo ofensivo: batalla do Ebro (xullo-novembro 1938), unha das máis longas e duras da guerra, que rematou co triunfo do bando rebelde.

Page 70: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla de Teruel

Page 71: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla de Teruel

Page 72: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla de Teruel Loita casa por casa

Page 73: Unidade 8. A guerra civil española

Abril 1938

Page 75: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla del Ebro. Ofensiva

republicana

Page 76: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla del Ebro. Tropas republicanas atravesando o río

Page 77: Unidade 8. A guerra civil española

Batalla del Ebro. Franco nun punto de

observación

Page 78: Unidade 8. A guerra civil española

O galego Enrique Líster dirixindo ás tropas

republicanas na Batalla do Ebro

Page 79: Unidade 8. A guerra civil española

Os presidente da República, Manuel Azaña

e do goberno, Juan Negrín visitando o frente

Page 80: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

• A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 38-abril 39) Tras a vitoria do Ebro o exército de Franco abastecido con material de Hitler e Mussolini, desencadeou unha forte ofensiva sobre Cataluña que permitiu tomar Barcelona; ante o seu avance miles de persoas e autoridades republicanas marcharon a Francia. En febreiro de 1939 o Goberno de Franco era recoñecido oficialmente por Francia e Inglaterra.

• Na zona republicana xurden fortes enfrontamentos entre os partidarios de buscar unha solución negociada e os partidarios de resistir a toda costa (agardando que se iniciase unha guerra mundial). Nesta situación o 5 de marzo o coronel republicano Segismundo Casado deu un golpe de Estado que acabou co goberno de Negrín; formouse entón un Consello Nacional de Defensa, presidido por Miaja, que fracasou no intento de lograr unha paz honrosa sen represalias. O 28 de marzo Franco entra en Madrid, mentres miles de persoas fuxían cara Alicante intentando saír en barco. O 1 de abril de 1939 Franco asinou o derradeiro parte de guerra.

Page 81: Unidade 8. A guerra civil española

Ofensiva en Cataluña

Page 82: Unidade 8. A guerra civil española

Febreiro 1939

Xullo-novembro 1938

Page 83: Unidade 8. A guerra civil española

Ofensiva en Cataluña

Page 84: Unidade 8. A guerra civil española

Niño de ametralladoras

no Segre

Page 85: Unidade 8. A guerra civil española

Bombardeo de Barcelona

Page 86: Unidade 8. A guerra civil española

Tropas franquistas ocupan Barcelona. 1939

Page 87: Unidade 8. A guerra civil española

Camiño do exiliocara Francia

Page 88: Unidade 8. A guerra civil española

Camiño do exiliocara Francia

Page 89: Unidade 8. A guerra civil española

Camiño do exiliocara Francia

Page 90: Unidade 8. A guerra civil española

Camiño do exiliocara Francia

Page 91: Unidade 8. A guerra civil española

Camiño do exiliocara Francia

Page 92: Unidade 8. A guerra civil española

Campos de refuxiados en Francia

Page 93: Unidade 8. A guerra civil española

Embarque de exiliadosen Alicante cara o exilio

Page 94: Unidade 8. A guerra civil española

Campos de refuxiados en Francia

Page 95: Unidade 8. A guerra civil española

Defile de tropas regulares en

Madrid

Page 96: Unidade 8. A guerra civil española

Celebración do día da vitoria

19-5-1939

Page 97: Unidade 8. A guerra civil española

Celebración do día da vitoria

19-5-1939

Page 98: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEvolución da guerra

Balance

• O saldo da guerra foi moi negativo: polo menos 600.000 mortos, número elevado de feridos e mutilados, destrución e danos materiais cuantiosos especialmente nas cidades e zonas industriais.

• Redución dos niveis de produción.• O desenvolvemento económico frenado.• Miles de españois exiliados.• Instauración dun réxime ditatorial que

duraría case 40 anos.

Page 99: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilRepresión

• Moi elevada por parte dos dous bandos. No caso franquista foi máis prolongada pois continuou na longa posguerra.

• Zona republicana, a desintegración das institucións do Estado provocou actuación incontroladas. As masas e milicias populares desenvolveron unha dura persecución de militares, eclesiásticos, considerados como sospeitosos de pertencer ou simpatizar co bando sublevado. Moitos foron detidos en checas e moitos executados sen xuízo (entre eles Primo de Rivera). Os fusilamentos do cárcere Modelo, as matanzas de clérigos (12 bispos, uns 6.500 clérigos, 300 monxas) e as execucións de Paracuellos del Jarama (miles de persoas) constituíron os episodios máis sanguentos da represión republicana.

• Nun intento de reconducir os castigos e a represión foron cesados os Tribunais Populares para evitar os abusos pero as execucións incontroladas continuaron, aínda que con menos intensidade, despois dos meses iniciais da guerra.

Page 100: Unidade 8. A guerra civil española

Saqueo de igrexas en Barcelona

Page 101: Unidade 8. A guerra civil española

1939Exhumación de cadáveres en

Paracuelllos (Madrid)

Page 102: Unidade 8. A guerra civil española

1939Exhumación de cadáveres en

Paracuelllos (Madrid)Melquíades Álvarez

Page 103: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilRepresión

• Zona Rebelde, desde o inicio da sublevación, os miliares levaron a cabo unha represión sistemática e violenta de todas as forzas opositoras, coa finalidade de crear un clima de terror institucionalizado. Os primeiros en sufrir as consecuencias foron as autoridades civís e militares que permaneceron fieis ao Goberno republicano, así como aquelas persoas máis vinculadas coa Fronte Popular que foron sistematicamente executadas. Despois da ocupación do territorio procedíase á depuración e execución, realizadas basicamente por membros da Falanxe, de todos aqueles elementos considerados perigosos. Os paseos e fusilamentos nocturnos, a aplicación da lei de fugas aos detidos, os xuízos sumarísimos multiplicáronse e xeneralizáronse. Finalizada a guerra, os fusilamentos continuaron e moitos dos detidos foron condenados a traballos forzados durante anos (miles destes detidos redimiron penas co traballo en obras como a franquista do Val dos Caídos).

Page 104: Unidade 8. A guerra civil española

Fusilamentos no Campo da Rata (A Coruña).

Inmediacións da Torre de Hércules

Page 105: Unidade 8. A guerra civil española

Monumento levantado ás vítimas da represión

franquista durantea Guerra Civil no

denominado Campo da Rata

Page 106: Unidade 8. A guerra civil española

Monumento levantado ás vítimas da represión

franquista durantea Guerra Civil nona zona da Torre

Page 107: Unidade 8. A guerra civil española

Alexandre Bóveda foi unhadas múltiples vítimas da

represión na Guerra Civil en Galicia

Page 108: Unidade 8. A guerra civil española
Page 109: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilOs gobernos republicanos. A fragmentación do poder

• A desorganización das institucións republicanas provocada pola sublevación militar, xunto coa distribución de armas ao pobo, orixinou unha importante diminución da autoridade e do poder do Estado republicano. Nas cidades e nas vilas xurdiron numerosos comités revolucionarios, controlados polas distintas forzas políticas de esquerda, que se fixeron cargo do poder na súa zona ou exerceron unha acción de tutela e vixilancia sobre as autoridades republicanas establecidas. Durante tres anos de guerra sucedéronse os seguintes gobernos:

• Goberno de Xosé Giral (19-7 a 4-9 1936) posterior as dimisións de Casares Quiroga e Martínez Barrio, formado unicamente por republicanos de esquerda. Non foi capaz de facer fronte á fragmentación do poder do Estado, nin de evitar as accións revolucionarias das organización obreiras (ocupación de fábricas e terras, usurpación das funcións represoras...).

Page 110: Unidade 8. A guerra civil española

Xosé Giral

Page 111: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilOs gobernos republicanos. A fragmentación do poder

• Goberno de Largo Caballero (5-9 1936 a 17-5 1937). O principal obxectio era unificar os esforzos de todas as forzas políticas e sociais para facer fronte á guerra e reconstruír o Estado republicano. No seu goberno entraron republicanos de esquerda, socialistas, comunistas e, desde novembro tamén anarquistas. Era a primeira experiencia deste tipo de goberno nun país occidental.

• As principais tensións entre os partidos non desapareceron. Estas tensións estaban provocadas por unha cuestión de prioridades: facer a guerra e a revolución ao mesmo tempo? Primeiro gañar a guerra e logo facer a revolución? Que tipo de república instauraría a revolución? Uns: PCE e un sector do PSOE defendía que primeiro había que acabar coa guerra como garantía de facer despois a revolución, isto significaba centralización do mando, o respecto á propiedade privada e a colaboración coas forzas republicanas. Outros (CNT, FAI e POUM) defendían que se non se facía a revolución era imposible gañar a guerra, o que significaba realizar previamente a colectivización da terra e das fábricas.

Page 112: Unidade 8. A guerra civil española

Cartel coa imaxe de

Largo Caballero

Page 113: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilOs gobernos republicanos. A fragmentación do poder

• O Goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica mediante a creación en outubro de 1936 dos Comités Directivos, cos que pretendía iniciar o proceso de nacionalización da Banca e controlar as oligarquías financeiras. O intento de reorganizar a industria e o comercio tropezou con que os dous Ministerios estaban dirixidos por anarquista que defendían que o control da industria debía exercelo o Comité de Control e o Consello de Fábrica. Os resultados económicos de xestión non foron favorables e a República tivo que recorrer ás reservas de ouro do Banco de España para facer fonte aos gastos de guerra.

• As tensións entre as forzas políticas e sindicais foron en aumento. O enfrontamento máis forte orixinouse entre o PCE e POUM, apoiados estes últimos pola CNT e a FAI. En maio de 1937 o enfrontamento tivo carácter bélico nas rúas de Barcelona, provocando unha fonda crise no Goberno e a dimisión de Largo Caballero, que se negou a disolver o POUM, como lle esixía o PCE.

Page 114: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilOs gobernos republicanos. A fragmentación do poder

• Goberno de Xoán Negrín (15-5 1937 a 5-3 1939). Estaba apoiado fundamentalmente polo PCE que se converteran, grazas a súa disciplina e control do exército, na principal forza de esquerdas. O reforzamento da autoridade gobernamental e a coordinación militar permitiu realizar as grandes ofensivas republicanas de Teruel e do Ebro. Tentou negociar a finalización do conflito mediante a elaboración dunha proposta (Os 13 puntos de maio de 1938), pero a negativa de Franco a calquera negociación obrigouno a defender unha política de resistencia e morte.

• O Goberno de Negrín elaborou un plan económico e social para coordinar a economía baixo a dirección dun Consello Nacional de Economía. Algunhas medidas, establecidas eran garantir a propiedade das terras para quen as traballase, establecer melloras nas condicións de traballo das clases obreiras e urbanas e rurais; dar a posibilidade de que obreiro agrícola ou campesiño puidese escoller libremente entre o traballo colectivo ou individual da terra.

Page 115: Unidade 8. A guerra civil española

Xoán Negrín

Page 116: Unidade 8. A guerra civil española

Os 13 puntos Negrín

Page 117: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilOs gobernos republicanos. A fragmentación do poder

• Tras a caída de Cataluña e o recoñecemento de Francia e Gran Bretaña do réxime de Franco, Azaña dimitíu como presidente da República (27-2-1939).

• Rematada a guerra, xa desde o exilio, os políticos republicanos mantiveron as institucións da II República e a oposición ao franquismo. En 1977 o derradeiro presidente republicano, Fernando Varela, aceptou o réxime democrático e deu por finalizada, desde o punto de vista da legalidade, a República.

Page 118: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilRevolución social

• No bando republicano, as organizacións obreiras viron a posibilidade de realizar a revolución social. Con distinta intensidade e matices aplicáronse diversas medidas de colectivización e planificación económica, especialmente en Cataluña, Aragón e Andalucía.

• País Vasco, deterioro das autoridades. Establecemento dun goberno de concentración vasco baixo a hexemonía do PNV.

• Cataluña a Generalitat perdeu o control efectivo. A CNT converteuse na forza dominante. Créase o Comité de Milicia Antifascista onde están representadas tódalas forzas de esquerda. Unha vez rematada a sublevación iníciase a planificación e colectivización das industrias e grandes propiedades rústicas.

• Andalucía e Aragón colectivización de terras. Principalmente dirixidas pola CNT. O PCE inicia a descolectivización posto que isto suporía restar apoio á República dos pequenos e medianos propietarios.

Page 119: Unidade 8. A guerra civil española
Page 120: Unidade 8. A guerra civil española

En Cataluña prodúcesea colectivización das

empresas

Page 121: Unidade 8. A guerra civil española
Page 122: Unidade 8. A guerra civil española
Page 123: Unidade 8. A guerra civil española

Arriba debuxo dun neno sobre a guerra

Page 124: Unidade 8. A guerra civil española

No bando republicanoxurdirán fortes

discrepancias ideolóxicas

Page 125: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEspaña sublevada

Institucionalización do réxime

• E evolución militar e política na España rebelde non foi tan complexa.

• Os militares sublevados crearon a Xunta de defensa Nacional (24-7-1936) en Burgos, o primeiro órgano de mando dos sublevados.

• Presidido polo xeneral Cabanelas (máis antigüidade) e formaban parte os xenerais Saliquet, Ponte, Mola e Dávila e os coroneis Montaner, Moreno Calderón. En agosto incorpóranse os xenerais Franco, Gil Yueste, Queipo de Llano e Orgaz.

• O obxectivo fundamental era a coordinación militar das columnas militares e civís nun mando único.

• A Xunta asumiu as funcións políticas e administrativas, poñendo as bases do novo Estado fronte ao goberno republicano.

• Unha das primeiras medidas foi declarar fóra da lei todas as forzas políticas e sociais que apoiaron á Fronte Popular (16-9-1936).

Page 126: Unidade 8. A guerra civil española
Page 127: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEspaña sublevadaXefatura do Estado

• Varios factores favoreceron a Franco na concentración do poder:• Morte de Sanjurjo (20-7-1936) en accidente aéreo en Lisboa

cando viña facerse cargo da insurrección.• Éxito na xestión dos primeiros contactos con Italia e Alemaña

principalmente no paso das tropas polo Estreito.• Éxitos militares na conquista de Badajoz, liberación do alcázar de

Toledo que lle permitiu chegar ás portas de Madrid.• O encarceramento e fusilamento de Primo de Rivera (20-11-1936)• A Xunta formula un mando único e é elixido Franco (1-10-1936).• Creouse unha Xunta Técnica, constituída por militares e civís que

actuaba a modo de Goberno, organizada en comisións (Finanzas, Xustiza, Industria, Comercio e Abastecemento, Agricultura, Traballo, Ensino...). O cuñado de Franco, Serrano Suñer (membro da Falanxe) converteuse no seu principal propagandista, especialmente coas relacións co exterior.

• En xaneiro de 1938 estableceu o 1º goberno do novo Estado.

Page 128: Unidade 8. A guerra civil española

Carteis de C. Sáenz de Tejada

Page 129: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEspaña sublevada

Establecemento do partido único

• Franco convértese, ademais de xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos, en xefe do movemento político organizado a partir de FE-JONS e Tradicionalistas (20-4-1937).

• O proceso non estivo exento de dificultades e protestas; desde Falanxe, Hedilla (líder á morte de Jose Antonio) opúxose, preocupado polas orientacións ultraconservadoras. Os monárquicos e tradicionalistas tamén rexeitaron a fusión, porque a consideraban un golpe de Estado totalitario.

• Ao final todas as forzas asumiron a unificación.

Page 130: Unidade 8. A guerra civil española

Carteis de C. Sáenz de Tejada

Page 131: Unidade 8. A guerra civil española

Guerra CivilEspaña sublevadaContrarrevolución

• Creación do Servizo Nacional de Reforma Económica e Social da Terra encargado de realizar a contrarreforma agraria.

• Supresión do réxime de concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa (manténdose en Navarra e Álava).

• Centro da produción agrícola e industrial.• Derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil.• Restablecemento da pena de morte.• Censura previa na prensa.• Reconstitución da Compañía de Xesús.• Medidas no campo da educación que favoreceron a

Igrexa.

Page 132: Unidade 8. A guerra civil española

A memoria históricaCambio no nome das rúas coruñesas

Page 133: Unidade 8. A guerra civil española

BARRIO ANTIGO NOME DA VÍA

ACTUAL NOME DA VÍA QUEN ERA?, QUE FOI?

POR QUE SE DÁ O

NOVO NOME?

CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Arcadio Vilela Gárate Cultura

Membro das Milicia Armadas denominadas Caballeros de La Coruña a quen os historiadores atribúen "paseos" e diferentes actos de represión contra simpatizantes da democracia republicana.

Por estar situada no barrio de Cidade Escolar

CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Pepín Rivero Educación Xornalista cubano favorable ao golpe militar de Franco contra a 2ª República

Por estar situada no barrio de Cidade Escolar

POLÍGONO DE ELVIÑA Salvador y Merino Ría do Burgo Destacado dirixente falanxista na cidade da Coruña durante a Guerra Civil e a posguerra.

Nome xeográfico relacionado coa realidade da nosa cidade.

POLÍGONO DE ELVIÑA Joaquín Planells Riera Avenida do Ferrocarril Militar que participou no golpe de Estado de 1936. Ministro de industria durante o franquismo.

Avenida no lateral da estación do tren.

SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Castillo de Olite Os TornosBuque de guerra franquista afundido pola artillería republicana en Cartaxena. Morreron 1.400 soldados que ían a bordo. Moitos deles galegos.

Nome orixinal da zona.

SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Sarxento Provisional Alberto Datas Panero Rango militar creado por Franco no seu exército durante a Guerra Civil.

Pintor coruñés nado en 1935 e falecido no 2007. Ten importante obra artística de forte presenza internacional.

RIAZOR Comandante Barja Riazor

En xullo de 1936, volve ao Exército e foi nomeado xefe da Bandeira Lexionaria Galega que o 28 de agosto saíu para a frente norte. Morreu na Batalla de Teruel.

Situada perto da praia.

ORZÁN Juan Canalejo Socorro Xefe da falanxe en Galicia. Fusilado en Paracuellos en novembro de 1936.

Referencia ao antigo nome da vía

PESCADERÍA Xeneral Mola Álvaro Cebreiro Cabecilla do golpe de Estado de 1936. Ilustrador galego

Page 134: Unidade 8. A guerra civil española

BARRIO ANTIGO NOME DA VÍA ACTUAL NOME DA VÍA QUEN ERA?, QUE FOI?

POR QUE SE DÁ O

NOVO NOME?

ATOCHAS-A TORRE Millán Astray Pza. das Atochas Participa no golpe de Estado de 1936. Fundador da Lexión. Nome do barrio

CIDADE VELLA Cánovas Lacruz Militar que iniciou o golpe de Estado de 1936 na Coruña

Pendente de cambio de nome.

XOÁN FLÓREZ Cabo Santiago Gómez Morto ao disparar un balazo contra o Goberno civil da Coruña. Os primeiros días do golpe de Estado.

Pendente de cambio de nome.

XOÁN FLÓREZ Gómez Zamalloa Costa da UniónMilitar coruñés que xogou un papel destacado na sublevación militar de 1936 en Andalucía. Participou na División Azul.

Nome orixinal da vía

CATRO CAMIÑOS Viaduto do Xeneralisimo Título do ditador que gobernou España perto de 40 anos.

Pendente de cambio de nome.

XOÁN FLÓREZ División Azul Antón Vilar PonteExército formado por soldados españois que participou no frente ruso ao mando do exército alemán durante a 2ª guerra mundial.

Antón Vilar Ponte, deputado na II República e figura clave na creación das Irmandades da Fala, que no 2016 cumpren o seu centenario.

OS CASTROS Xeneral Sanjurjo Avda. de Oza Cabecilla do golpe de Estado de 1936.

Nome do antigo concello limítrofe coa Coruña e que ocupaba este espazo.

CASTRILLÓN Avda. e Pza. dos Caídos Avda. e Pza. da Concordia Representa só aos mortos do bando rebelde. Reconciliación nacional.

PESCADERÍA Alférez Provisional Avda. do Porto Rango militar creado por Franco no seu exército durante a Guerra Civil.

Situada ao lado do porto coruñés.

CIDADE XARDÍN Teniente Coronel Teijeiro FilantropíaMilitar residente neste barrio organizador das milicias armadas Caballeros de La Coruña que participaron no cerco de Oviedo onde faleceu.

Amor polo ser humano.