UNIDADE DE MULLER E...

40
UNIDADE DE MULLER E CIENCIA

Transcript of UNIDADE DE MULLER E...

Page 1: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

UNIDADE DE MULLER E CIENCIA

Page 2: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación
Page 3: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

MULLER E CIENCIA NA EDUCACIÓN E A PROMOCIÓN CIENTÍFICA EN GALICIA:AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

MULLER E CIENCIA NA I+D+i EN GALICIA:AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

Page 4: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

MULLER E CIENCIA NA EDUCACIÓN E A PROMOCIÓN CIENTÍFICA EN GALICIA: AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

Page 5: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

MULLER E CIENCIA NA EDUCACIÓN E A PROMOCIÓN CIENTÍFICA EN GALICIA: AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

Page 6: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

OBXECTIVOSRESUMO DOS RESULTADOSVALORACION GLOBALNOTAS

Page 7: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

A investigación xunto co desenvolvemento tecnolóxico e a innovación (I+D) constitúen un dos principais motores de desenvolvemento social e económico dun país. Por ilo, Galicia require de científicas/os e técnólogos/as de calidade, mulleres e homes que contribúan ó aumento do coñecemento da nosa sociedade, e capacitados para aplicar eses coñecementos ó servizo do crecemento económico e a modernización social, piares esenciais dunha sociedade moderna e igualitaria.

En consecuencia, a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia presenta os primeiros resultados dun amplo estudo destinado a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación das mulleres no ámbito da Ciencia e da Tecnoloxía en Galicia. Un estudo que, contemplando, así mesmo, o papel da muller no sistema educativo, pretende sacar á luz os desequilibrios existentes, para facer un diagnóstico dos problemas e propoñer solucións e actuacións específicas que garantan a igualdade entre homes e mulleres tamén neste ámbito.

A partir dos datos dos últimos dez anos e a situación que estes describen poderemos avanzar cara á mellora da realidade, propoñendo políticas e medidas en consonancia cos principios de igualdade de oportunidades na Ciencia e na Tecnoloxía.

Unha das primeiras conclusións dos traballos realizados é a constatación da falla de datos que inclúan a variable sexo de forma sistemática, así como a dispersión da información referente a actividade de educación e investigación. Dous aspectos que se presentan como susceptibles de mellora por parte da Unidade nos próximos anos.

OBXEC

TIVO

S

Page 8: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

DESENVOLVEMENTO CURRICULAR DAS MULLERES NO SISTEMA EDUCATIVO

Os datos avaliados mostran un equilibrio sostido entre varóns e mulleres na educación infantil e primaria, tendencia que se mantén ata as etapas obrigatorias. Nembargantes, a partir do bacharelato e a formación profesional de grao superior ata os estudos universitarios, as mulleres son clara maioría.É probable que esta tendencia estea relacionada co feito de que os homes abandonan antes a formación para incorporarse o mercado de traballo, mentres que as mulleres perciben a necesidade de estar máis preparadas e de acadar un maior nivel educativo que lles poda garantir un futuro no mercado laboral. De feito, son as mulleres as que mellores cualificacións académicas obteñen.

Agora ben, cando se analizan tanto as modalidades de bacharelato, como as familias (especialidades) de formación profesional ou as titulacións universitarias, constátase que as opcións elixidas polas mulleres continúan sendo as tradicionais (Gráfico 1).

A porcentaxe de mulleres que estudan en centros públicos o bacharelato de Humanidades é do 68%, e do 54% no de Ciencias Sociais Nos ciclos de formación profesional as mulleres escollen maioritariamente os estudos relacionados coa Administración (78%), a Sanidade (84%) e a Imaxe persoal (98%). Sen embargo tan só un 23% cursa o bacharelato tecnolóxico e menos dun 8% estudos de formación profesional relativos a tecnoloxía. Salientar que das opcións tecnolóxicas a química é a opción preferida polas estudantes.

RESU

MO

DO

S RE

SULT

AD

OS

Page 9: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Gráfico 1.- Distribución Homes e Mulleres nos distintos niveis educativos.

Nota lenda: para as porcentaxes globais de presenza de mulleres e homes, de cada nivel educativo, empregáronse como indicadores o e respectivamente

Page 10: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

As razóns que están detrás destas tendencias poden ser diversas e deben ser analizadas en profundidade. Aínda que a falla de referentes femininos no campo da ciencia e da tecnoloxía pode estar a condicionar que poucas estudantes se decanten por estudos deste tipo.

En canto a presenza das mulleres na educación universitaria as conclusións que se extraen son claras: Naquelas titulacións nas que a tecnoloxía xoga un papel primordial, en especial nas enxeñarías, os desequilibrios entre homes e mulleres son moi elevados: o número de alumnas non acada o 20% en especialidades como Enxeñaría Informática e Enxeñaría Industrial e esta infrarrepresentación mantense dende os últimos dez anos (Gráfico 2)

0

10

20

30

40

50

1996 2000 2005

UDCUSCUV

Gráfico 2.Evolución de mulleres nas Ensinanzas Técnicas no SUG

Page 11: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Polo contrario, nos estudos como Enfermaría e Medicina, así como en titulacións como Maxisterio (agás a especialidade de Educación Física), Socioloxía ou Comunicación Audiovisual a presenza das mulleres supera o 70%. É importante salientar que en boa parte destas titulacións acádanse as notas de corte máis altas no acceso á universidade.

Nos estudos de Terceiro Ciclo os desequilibrios entre homes e mulleres tenden a minimizarse. Sen embargo, a presenza equilibrada de homes e mulleres que reflicten os datos globais, non é tal cando analizamos as porcentaxes por áreas de coñecemento. Outra vez destaca a situación das mulleres no ámbito tecnolóxico, onde non chegan ó 30%.

Con respecto a evolución nos últimos dez anos, aínda que hai diferencia entre as tres universidades, podemos identificar as seguintes tendencias:

A presenza equilibrada de homes e mulleres é constante nas Ciencias Xurídicas e Sociais. As mulleres son maioría na área de Humanidades superando o 60%. Así mesmo, tense logrado unha evolución moi positiva nas áreas de Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde, con algúns incrementos porcentuais superiores ó 10%. O límite do 30% non se supera no global do SUG para as mulleres na área de Ensinanzas Técnicas.

Por último, debe ser destacado o éxito nos estudos acadado polas mulleres, feito que se constata en tódolos niveis docentes:

Acadan porcentaxes maiores no remate dos estudos. Asemade, a porcentaxe de mulleres que acadan os premios extraordinarios de Bacharelato e do 80% no curso 04-05. No ámbito universitario este éxito tamén se reflicte nun maior número de mulleres que obteñen cualificacións de Notable e Sobresaínte, e nos premios extraordinarios de Licenciaturas e Diplomaturas o porcentaxe no curso 2005-06 é do 61%.

Page 12: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

RESU

MO

DO

S RE

SULT

AD

OS

AS MULLERES NO PROFESORADO

As mulleres son clara maioría entre o profesorado na educación infantil e primaria. Nembargantes, na formación profesional e o bacharelato adoitan presentar porcentaxes favorables ós homes.

Gráfico 3.- Distribución do Profesorado nos distintos niveis

Page 13: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Doutra banda, o profesorado en tarefas de dirección sen funcións docentes son maioritariamente homes, mentres que nas áreas de psicoloxía/orientación as mulleres acadan case un 70%.

No ámbito do profesorado universitario as mulleres non chegan ó 40%, aínda que os datos mostran unha tendencia positiva nos últimos dez anos de case 4 puntos porcentuais. A positiva evolución experimentada polas mulleres nos estudos de Terceiro Ciclo podería estar sinalando esta tendencia ao equilibrio que debería materializarse durante os próximos anos.

Respecto ás áreas de coñecemento constátase que as mulleres só acadan a paridade entre o profesorado en Humanidades. Cando se analizan as distintas categorías de profesorado, os datos confirman a sentenza que “a maior xerarquía menos mulleres”: Nas tres universidades galegas a porcentaxe de catedráticas é moi baixa: o 20% na UV, o 12% na USC e 11% na UDC. (Gráfico 4) A proporción de mulleres nos diferentes cargos de representación e de goberno universitario é moi baixo. As reitorías das tres universidades galegas están ocupadas por homes. A presenza feminina nos equipos de goberno do SUG sitúase por debaixo do 36% porcentaxe que queda aínda lonxe de acadar a paridade (40%-60% de ambos os dous sexos).En canto ás direccións de Centros as mulleres só están presentes nun 9% na UDC, o 24% na USC e 10% da UV. Se nos centramos nas direccións dos departamentos a presenza feminina non supera o 25%. Na medida en que descendemos nos cargos (vicedecanatos, secretarías) a porcentaxe de mulleres aumenta.

Page 14: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Gráfico 4.- Presenza de Homes e Mulleres nas distintas categorías de profesorado, 2005

Page 15: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

AS MULLERES NA INVESTIGACIÓN

Se atendemos a presenza das mulleres como persoal investigador, os datos para o ano 20041 amosan un marcado desequilibrio en tódolos sectores, que se agrava de forma preocupante no ámbito da investigación empresarial e nas institucións privadas sen fins de lucro (IPSFL)

Gráfico 5. Porcentaxe de investigadores EXC segundo tipo de sector e sexo. 2004

1. Ultimo ano con datos globais dispoñibles

RESUMO

DO

S RESULTAD

OS

Page 16: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Os datos relativos as investigadoras que acadan financiacion en convocatorias públicas no marco do Plan Galego de I+D en Galicia reflicten que no eido da investigación aínda quedan pasos importantes que dar para acadar unha maior igualdade entre mulleres e homes.

Se observamos a distribución de investigadores en función do tipo de programa, Xeral ou Sectorial, podemos ver que as mulleres son minoría en ambas categorías, aínda que acadan porcentaxes bastante significativas no Programa de Promocion Xeral da Investigación.

Tamén é importante subliñar as diferencias porcentuais segundo o tipo de entidade beneficiaria: mentras que a presenza feminina nas universidades e nos organismos públicos acada aproximadamente o 40%, nas empresas e nos centros tecnológicos sitúase por debaixo do 30%.

Gráfico 6.- Porcentaxe de investigadores/as en Programas do PGIDT.2005

Page 17: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Cando se avalía a presenza das mulleres como lideres de proxectos de investigación ésta disminúe sustantivamente aínda que as tendencias son similares as anteriores: en empresas e centros tecnológicos as mulleres IP non acadan o 15%, namentras que nas Universidades e OPIs superan lixeiramente o 30%.

Esta visión negativa muda substancialmente cando consideramos a porcentaxe de mulleres que participan nos programas de Formación de Investigadores, como se aprecia no Gráfico 6: Así, as mulleres son maioría nos estudos de Terceiro Ciclo, beneficiarias do 57,4 % das bolsas predoutorais competitivas, ou acadan o 52,9% dos contratos de investigación Parga Pondal

Gráfico 7.- Porcentaxe de Investigadores principais no programa Sectorial do PGIDT.2005

Page 18: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Gráfico 8.- Formación de investigadores/as. 2005

Page 19: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

VA

LORA

CIO

N G

LOBA

LÁ vista dos resultados analizados, é imprescindible facer fincapé na necesidade de potenciar o innegable capital que posúen as mulleres galegas para o futuro da Ciencia e a Tecnoloxía de Galicia.

A sociedade galega, as súas institucións e as súas empresas deben saber da situación de desigualdade neste campo, e non poden seguir pechando as portas á calidade que representan as mulleres estudantes, científicas e profesionais galegas.

Na medida en que se asume a necesidade de garantir a igualdade de oportunidades na educación e no mundo laboral, é preciso espertar dende todos os niveis educativos o interese nas mulleres novas para a realización de estudos científicos e tecnolóxicos, para que no futuro sexan profesionais de pleno dereito neses ámbitos.

O fin é promover un cambio tendente a reducir a infrarrepresentación de xéneros e garantir unha elección profesional non condicionada por estereotipos e polo tanto áis libre.

Esta comunicación e implicación social a favor do cambio fomentarase na comunidade educativa tanto de docentes como orientadores, nas asociacións de nais e pais, nas comunidades científica, tecnolóxica e empresarial e nos medios de comunicación.

Este estudo foi realiazado a partir do análise dos dato facilitados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, as tres universidades galegas e coas estatísticas sobre actividades I+D do INE.

Page 20: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

NO

TAS

Page 21: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación
Page 22: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

MULLER E CIENCIA NA I+D+i EN GALICIA: AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

Page 23: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

MULLER E CIENCIA NA I+D+i EN GALICIA: AVANCE PRELIMINAR DA SITUACIÓN

Page 24: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

OBXECTIVOSMETODOLOXÍAAVANCE PRELIMINAR DE RESULTADOSNOTAS

Page 25: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

OBXEC

TIVO

S

Elaborar un diagnóstico da situación das mulleres científicas nos eidos público e privado co fin de implementar medidas que supoñan un avance na igualdade de mulleres e homes no sistema de ciencia e tecnoloxía de Galicia e de correxir os desequilibrios existentes.

Para coñecer a situacion da muller nos eidos científico e tecnolóxico, partimos da información resultante dunha enquisa realizada do 7 Novembro ao 5 de Decembro de 2006 mediante entrevistas telefónicas ou, no seu caso, e-mail ou fax, no domicilio social de Centros e Institutos Públicos de Investigación, e Empresas con Grupos de Investigación. As empresas ás que se lle requeriu información pertencen a distintos sectores económicos e son demandantes de subvencións de I+D da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria. Inicialmente, a relación foi de 59 Centros e Institutos Públicos e 450 Empresas.

Excluídas as empresas que carecían de grupo de investigación, as que rexeitaron participar no estudo e as que dilataron reiteradamente a resposta até rematar o período fixado para a mesma, finalmente o Universo Censado, é dicer, aquelas entidades das que dispoñemos de datos sobre os seus investigadores, é de 214 grupos de investigación (191 empresas e 23 centros) con un total de 970 investigadores, é dicer, en torno a un 40% de respota.

METO

DO

LOXÍA

Page 26: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

AV

AN

CE

PREL

IMIN

AR

DE

RESU

LTA

DO

S1.- DISTRIBUCIÓN ESTRUTURAL

1.1.- Tipos de entidades

Nos resultados obsérvase unha clara preponderancia dos homes entre o persoal investigador (62%) fronte ás mulleres (38%)

A maioria do persoal investigador (72%) está en empresas, sendo nestas onde se concentra ademais o maior número de homes (82%) e de mulleres (57%), se ben estas se distribuen de forma máis equilibrada entre as empresas e os centros ou institutos de investigación.

Esta diferencia na distribución de homes e mulleres segundo o tipo de entidade supón que as investigadoras sexan maioría no persoal investigador dos centros ou institutos de investigación (59%) mentres que son claramente minoría nas empresas (30%)

1.2.- Áreas de traballo

As áreas de traballo nas que se concentra maior número de persoal investigador son na de Enxeñaría e Tecnoloxía (58%), seguido de Ciencias Experimentais (26%), Ciencias da Saúde (12%) e, lonxe, as Ciencias Sociais e Xurídicas e as Humanidades.

Esta distribución manten-se de forma máis acusada no caso dos homes, xa que un 73% traballan na área de Enxeñaría e Tecnoloxía. Porén, as mulleres concentran-se en maior medida nas Ciencias Experimentais (40%) e en segundo lugar na Enxeñaría e Tecnoloxía (34%).

Page 27: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Esta elevada concentración no caso dos homes e menor das mulleres leva a que en todas as áreas sexa maior o número de investigadoras que de investigadores, agás na Enxeñaría e Tecnoloxía (78% homes). En nengunha das outras áreas, malia a maior presenza feminina, se dá unha concentración tan alta en función do xénero; o maior peso relativo de mulleres da-se nas Humanidades (67%). Nas demais áreas a presenza das mulleres ronda o 60%.

Gráfico 1.- Distribución Homes e Mulleres por Áreas de Traballo

Page 28: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Compre destacar que a Área de traballo onde o número de homes supera ao de mulleres é precisamente a que acapara maior número de investigadores.

Gráfico 2.-Presenza de Homes e Mulleres en cada Área de traballo

Page 29: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

2.- CARACTERÍSTICAS SOCIODEMOGRÁFICAS

2.1.-Idade

A idade media das investigadoras é de 33,6 anos, no caso dos homes sitúase nos 35,9.

A presenza de mulleres investigadoras redúce-se notabelmente a medida que avanzamos na escala de idades. Mentres que para 25 ou menos anos hai unha case igualdade por xénero (51% mulleres, 49% homes), no estrato de máis de 50 anos o 77% son homes. Nos outros estratos de idade a presenza feminina móve-se entre un 35-40%.

2.2.- Estado Civil

A solteiría é o estado civil máis frecuente entre os investigadores, pero no caso das mulleres a porcentaxe sítúa-se no 60,2% mentres que entre os homes esta é do 52,8%.

Precisamente a presenza das mulleres é máis relevante no grupo solteiros/as (41%) e no de Outra situación (separados/as, divorciados/as, viuvos/as ...) (42%), no que semella evidenciar unha maior dificuldade para estas na conciliación da vida laboral e familiar.

2.3.- Número de fillos/as

A maternidade/paternidade é unha situacion pouco habitual entre os/as investigadores/as entrevistados/as: o 68 % non teñen descendencia; esta porcentaxe alcanza o 72% nas mulleres. Só un 2% das investigadoras teñen tres ou máis fillos/as fronte a un 5% dos homes.

AV

AN

CE PRELIM

INA

R DE RESULTA

DO

S

Page 30: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Máis unha vez, obsérvase unha maior dificuldade para a conciliación da vida laboral e familiar para as mulleres investigadoras que para os homes.

2.3.- Nível de Estudos

Entre as entidades entrevistadas o nivel medio de formación das mulleres que se adican a investigación é maior que o dos homes: nos níveis de estudo máis elevados aumenta a porcentaxe de mulleres.

Gráfico 3.- % de Homes e Mulleres para cada nivel de estudos

Page 31: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Cabe destacar que o 18% das mulleres investigadoras son doutoras e un 5% teñen licenciatura con grao (DEA), mentres que estas porcentaxes son para os homes dun 8% e un 3% respectivamente.

Ademais as mulleres son maioría entre o persoal con doutoramento (59%), e case igualan á presenza masculina na licenciatura con grao (DEA) (49% mulleres). Nos outros grupos a proporción de homes é claramente maior agás no nível de formación profisional. Semella existir a necesidade dunha maior cualificación nos estudos para as mulleres para acceder á carreira investigadora.

2.4.- Beneficiarios/as de Bolsas de Investigación

A porcentaxe de mulleres que acadaron unha bolsa de investigación case duplica ao de homes que a conseguiron (22% vs. 13% respectivamente). De facto as mulleres son a maior parte nas persoas beneficiarias (52%).

3.- SITUACIÓN LABORAL

3.1.- Tipo de vinculación laboral

Entre as entidades entrevistadas os investigadores masculinos gozan de maior estabilidade laboral que as mulleres

Até un 69% dos homes teñen un contrato indefinido, fronte a un 57% no caso das mulleres. Así 2/3 dos contratos indefinidos son ocupados por homes.

AV

AN

CE PRELIM

INA

R DE RESULTA

DO

S

Page 32: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Gráfico 4.- % de Homes e Mulleres segundo vínculo laboral

Por outra parte o 17% dos homes e un 27% das mulleres teñen contratos temporais. Estes contratos distribuen-se case a partes iguais entre uns e outras.

O único grupo onde predomina a presenza feminina é no dos/as bolseiros/as (56%).

Page 33: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

3.2.- Escala profesional

Na escala profisional é onde se manifestan algunhas das maiores diferencias entre a situación de homes e mulleres.

A distribución por escala está bastante concentrada para os homes entre o de Director do proxecto/investigación/grupo (24%) e Titulado Superior (23%) e Técnico FP II (17%). No caso das mulleres a distribución que prevalece é a de Titulada Superior (25%), Técnica FP II (18%) e Investigadora (14%); o grupo de Directora está en cuarto lugar igualado co de Doutora.

AV

AN

CE PRELIM

INA

R DE RESULTA

DO

SGráfico 5.- Distribución Homes e Mulleres por Escala Profisional

Page 34: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Se atendemos á maior presenza masculina ou feminina en cada escala, obsérva-se que segundo os resultados do estudo no grupo de Directores/as de Proxecto/... case oito de cada dez son homes .

Só no caso de Doutores/as hai unha maior presenza de mulleres (63%) e só no de Bolseiro/a ou Persoal en Prácticas está igualada.

Nos demais casos a presenza das mulleres está entre o 34% (Titulado/a Medio) e o 44% (Investigador/a).

Gráfico 6.- % Homes e Mulleres en cada Escala Profisional

Page 35: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

3.3.- Tramo salarial

Sen dúbida onde se manifestan conxuntamente as diferencias observadas nos ámbitos anteriores é na retribución salarial que perciben homes e mulleres.

Só un 8% das mulleres fronte a un 13% dos homes perciben máis de 2300 euros mensuais. Un 21% das mulleres reciben máis de 1800 euros mentres que nos homes esta porcentaxe é do 31%. Pola contra o 41% das mulleres perciben menos de 1200 euros fronte a un 27% dos homes.

Gráfico 7.-Distribución Homes e Mulleres por Tramos Salariais.

Page 36: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

Esta discriminación salarial é máis que óbvia cando se observa unha redución paulatina da presenza feminina a medida que aumenta o tramo salarial. Só no tramo de menos de 600 euros mensuais predominan as mulleres (57%), igualase no tramo de 601 a 900 euros e vaise reducindo até só supor o 27% no tramo de máis de 2300 euros mensuais.

Gráfico 8.- % de Homes e Mulleres en cada Tramo Salarial

Page 37: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación
Page 38: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación

NO

TAS

Page 39: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación
Page 40: UNIDADE DE MULLER E CIENCIAunidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/users/1/avance... · a analizar e visibilizar os datos estatísticos máis recentes da situación