Unidades sintácticas e funcións

5

Click here to load reader

Transcript of Unidades sintácticas e funcións

Page 1: Unidades sintácticas e funcións

As funcións sintácticas e os tipos de unidades

Page 2: Unidades sintácticas e funcións

Sintaxe e relacións sintácticas

• SINTAXE: estudo da relación que se establece entre aspalabras e o xeito en que se relacionan coa unidadeinmediatamente superior.

• Relación sintagmáticas:

Subordinación: existe un núcleo ou elemento principal que domina outro(s). Un elemento rexe a outro que é dependente. Casa vella Antón dixo que non viña.

Coordinación: existencia de dous ou máis elementos en igualdade. Ningún deles está supeditado a outro, son independentes. Merquei un ordenador, unha impresora e un libro electrónico.

Interdependencia: exitencia de dúas unidades obritatorias. Un elemento obriga a presenza do outro. Ambos os dous son obrigatorios. Se chegas cedo, telefóname.

Page 3: Unidades sintácticas e funcións

As unidades

Desempeñan unha función determinada.

Actúan conxuntamente como un todo, non se poden separar.

•As alumnas que participan no ENL (1) están a organizar (2) a conferencia (3) >

•A conferencia (3) estana a organizar (2) as alumnas que participan no ENL (1) >

•Están a organizar (2) a conferencia (3) as alumnas que partincpan no ENL (1).

Na árbore sintáctica gráfanse en minúscula

Tipos: Palabra

Frase

Cláusula

Oración

Page 4: Unidades sintácticas e funcións

As unidades

Segundo a existencia ou non de recorrencia distinguimos:

Unidades simples: non rexen outra unidade do seu mesmo tipo ou superior.

Icía traballa na ESA. (cl. simple)

A nena loura (fr. simple)

Se vés, avísame. (or. simple)

Unidades complexas: rexen no seu interior outra unidade do seu mesmo tipo ou superior.

Dixéronme que Icía estaba a traballar na ESA. (cl.complexa)

A nena de ollos azuis (fr. complexa)

Se vés, avísame porque vouche buscar á estación. (or.complexa)

Page 5: Unidades sintácticas e funcións

As funcións

• Son as relacións que se establecen entre as distintas partes que configuran o enunciado.

• Na análise arbórea, gráfanse en maiúscula

• Segundo o tipo de unidade varían as funcións sintácticas

• Frase: DET, N, TERMO...

• Cláusula: PDO, SUX, CD, CI, ATR, CC...

• Oración: CAUSA, EFECTO, CONDICIONANTE...