Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

18

Transcript of Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

Page 1: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

1

URBANO LUGRÍS GONZÁLEZ

“O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR”

Page 2: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

2

Urbano Lugrís González, nado na Coruña en 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973.

Pintor galego, fillo de:

Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Real Academia Galega,xurista, poeta, comediógrafo,

e

Purificación González Varela, pianista de gran sensibilidade.

Page 3: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

3

• Desde neno sentiuse especialmente atraído polo mar azul da súa terra, e é influenciado por Nacho Vieitez, un home que inculcaba a pintura ás novas xeracións.

Coa súa familia aprenderá a amar a música, a gozar da lectura, a dominar a arte do debuxo, e a convivir con personaxes da cultura galega que influirán de forma importante na súa formación.

PAXARO DA PRAIA, LAVANDEIRA

Page 4: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

4

Estuda Perito Mercantil na Coruña pero abandona os estudos para trasladarse, en 1930, a Madrid.

En Madrid:

Mantivo unha intensa vida cultural coñecendo a persoas importantes da época como Federico García Lorca, Rafael Dieste, Rafael Alberti ou Álvaro Cunqueiro.

Íntegrase nas Misións Pedagóxicas coas que percorre diversas cidades españolas como escenógrafo e guiñolista,diseñando figuríns e decorados para o teatro “La Barraca”, e participa na publicación de revistas coma Brétemas.

Federico G. L.

Rafael D.

Rafael A.

Cunqueiro

Page 5: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

5

HABITACIÓN DO VELLO MARIÑEIRO

Nos seus cadros predominou sempre a temática da súa terra, lendas celtas, figuras galegas, e sobre todo a paisaxe de Galicia.

Dominou todas as técnicas: óleo, serigrafías, collage, muralista, tinta chinesa sobre papel...

A ONDE IRÍA?

Na década dos anos 40, pinta unha serie de cadros nocturnos nos que combina cores azuis e lilas en múltiples tonalidades, para relatarnos un soño mariño.

Page 6: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

6

É tan creativo que plasma as súas inquedanzas artísticas en medios tan diversos como a poesía, o teatro, a pintura e incluso a arquitectura(Ermida do Santuario dos Santos Reis, Bueu 1948-49)

Casa con Paula Vadillo, con quen ten dous fillos: Urbano e Paula.

Composición formada por un xarrón, do que brota un coral adornado por caracolas e cunchas de cores, como se dun ramillete de flores se tratase, acompañado dunha gran caracola.O interior, adórnase coa imaxen dunha mariña, á vez que á esquerda, obsérvase unha paisaxe

marítima.

Page 7: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

LENDA MARIÑALENDA MARIÑA

•Moitos dos seus debuxos concisos e de cor minucioso básanse na súa faceta de ilustrador e na materialización de imaxes literarias, sobre todo as que se refiren ao mar. Poden relacionarse con pasaxes de Xulio Verne, ou con poesías de Manuel Antonio.

Nesta obra destaca no centro un animal

fantástico un peixe de gran tamaño, cun corno na cabeza e ás na cola. Sobre o seu lombo levántase un templo medieval cunha torre anexa. Detrás hai unhas enormes rochas de perfil puntiagudo e formas redondeadas, bañadas pola luz da lúa, que a su vez é alcanzada por unha póla que nace doutra rocha. Como elemento real hai un cabaliño de mar.

Page 8: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

8

Firma co pseudónimo de Ulyses Fingal

En 1954 funda na Coruña a revista Atlántida, cos seus amigos Mariano Tudela e José Mª de Labra, realizando artigos e poesías, ademais de numerosas ilustracións e o deseño da cabeceira da portada.

Page 9: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

9

En 1965 trasládase a Vigo, despois da morte da súa muller, onde seguirá pintando ata a súa morte, o 23 de Decembro de 1973.

En 1997 Rosario Sarmiento e Antón Patiño, organizaron no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a mostra máis ampla do pintor,” Viaxe ao redor do meu mundo” .

MIRADAS CARA AO PARAÍSOMIRADAS CARA AO PARAÍSO. GALICIA, 1953

Page 10: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

10

É un "labirinto naval", formado polos cascos de navíos e as velasdos barcos ancorados no porto, entre os que destaca unha serea , no mascarón de proa dun dos veleiros.

O MAR DOS SARGAZOSSARGAZOS

A medusa en sentido ascendente de dereita á esquerda, marca unha diagonal. O movemento conxelado, está marcado mediante as ondulacións dos filamentos que impulsan á medusa.

Page 11: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

11

Xunta os dous temas máis usados por Lugrís: o vidro e o mar. En primeiro término presenta un vaso cunha rosa e unha botella de vidro cun barco veleiro no seu interior. A continuación aparece unha muller cun anteollo na man (outra vez o vidro) Á dereita hai un pobo mariñeiro. Unha cortina separa o espazo interior do exterior.

DESDE O BALCÓNDESDE O BALCÓN

Page 12: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

12

FOGOS DE SAN TELMO

Este cadro conta unha das supersticións dos vellos mariñeiros, “Os fogos de San Telmo”:

San Telmo é o protector dos mariñeiros, testemuña das traxedias marítimas.

(As puntas dos mástiles e a arboladura, ardía coma fachos durante a noite. Este fenómeno foi motivo de terror para os navegantes, pero hoxe está científicamente explicado como metoritos eléctricos que se forman cando a atmósfera está cargada de electricidade).

Page 13: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

O PORTO DE VIGOO PORTO DE VIGO

Alegoría mariñeira formada por dous grandes veleriros que flotan na ría de Vigo, co escudo da cidade presidido por unha nave de vela, e o monte do Castro.

Page 14: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

14

Representación paisaxística presidida polo escudo da cidade, dende o alto, o escudo centra a composición e sitúase no mesmo eixo que o emblema da cidade: A Torres de Hércules (guía dos veleiros que regresan ao porto durante a tempestade). É habitual nos "retratos das cidades",que Lugrís seleccione alguns edificios emblemáticos,neste caso ademáis da Torre, está o Castelo de San Antón.

O PORTO DA CORUÑAO PORTO DA CORUÑA

Page 15: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

15

SERPE DE MARMAR

Un mar, que encerra catástrofes, pero sen deixar de ser un mar de fantasía. Nun océano tenebroso, o pintor presenta o rapto dun navío por unha enorme serpe mariña que o mergullará nas profundidades oceánicas.

A fonte de inspiración son as novelas fantásticas do século XIX de Xulio Verne

VISTA DAS ILLASILLAS CIES

Page 16: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

16

Este cadro é un dos 5 murais de Lugrís que xunto con "A Romaría" "San Telmo" "Mapa de Galicia" e "Os misterios do mar" decoraban as paredes do Gran Hotel de Vigo,

O artista, mestura aspectos do real e da lenda literaria para realizar una interpretación simbólica do territorio.

Así:

A Coruña aparece sinalada coa Torre de Hércules,Lugo coa Muralla romana, Pontevedra a través da imaxen da Vírxen Peregrina, Ourense coas súas Termas, etc.

Descubrimento do espazo físico de Galicia

Page 17: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

17

Mundo mariño, que crea a partir de lendas mariñas enraizadas, tanto na tradición e cultura galegas, coma na literatura fantástica (Xulio Verne).

SEREA SEREA ALADAALADA

FANTASÍAFANTASÍA MARIÑEIRA MARIÑEIRA

Presenta "un floreiro mariño":na base, o pé dun xarrón, e sobre éste o mar, representado nos seus distintos elementos e presidido por un veleiro de bandeira española, que flota entre oa seus compoñentes: o hipocampo, caracolas, algas e corais.Ten elementos superpostos, coma as cunchas e o hipocampo (cabalo de mar).

Según Antón Patiño, este cadro fálanos do seu interés por o pintor Arcimboldo,

Page 18: Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"

18

AUTORA: ÁNXELA D. M.

GRUPO DE TRABALLO“O SOFTWARE ABALAR”

CEIP PORTO-CABEIROCURSO 2011-2012