V Domingo

15
DOMINGO V TEMPO ORDINARIO (C) Santo Evanxeo segundo Lucas (5, 1-11) Automático – Sonido

Transcript of V Domingo

Page 1: V Domingo

DOMINGO VTEMPO ORDINARIO (C)

Santo Evanxeo segundo Lucas

(5, 1-11)

Automático – Sonido

Page 2: V Domingo

Naquel tempo, estando Xesús á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ao seu arredor, escoitando a Palabra de Deus...

Page 3: V Domingo

Viu dúas lanchiñas que estaban na beira do lago. Os pescadores que desembarcaran delas lavaban o aparello.

Page 4: V Domingo

Subiu a unha barca, que era de Simón, rogoulle que se apartase un pouco da terra, e desde a barca, sentado, ensinaba á xente.

Page 5: V Domingo

Cando acabou de falar, díxolle a Pedro:

-Voga lago adentro, e larga o aparello para pescar.

Page 6: V Domingo

Respondeu Simón: - Mestre, pasamos a noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti o dis, largarei o aparello.

Page 7: V Domingo

Así o fixeron, e colleron tal cantidade de peixe que o aparello rebentaba.

Page 8: V Domingo

Fixéronlles entón acenos aos compañeiros da outra lancha para que lles fosen botar unha man.

Page 9: V Domingo

Foron e encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a pique.

Page 10: V Domingo

Vendo isto, Simón Pedro botóuselle aos pés a Xesús, dicindo:

- Señor, arreda de min, que eu son un pecador

Page 11: V Domingo

Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos con tanto peixe como colleran naquel lance

Page 12: V Domingo

. O mesmo lles pasaba a Santiago e mais a Xoán, fillos de Zebedeo, que eran compañeiros de Simón.

Page 13: V Domingo

E díxolle Xesús a Simón: - Tranquilo, desde agora vas ser

pescador de homes.

Page 14: V Domingo

Varando as barcas en terra e deixándoo todo, seguírono.

Page 15: V Domingo

► PALABRA DO SEÑOR

► LOÁMOSTE, CRISTO