Valentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte-seminariogalan.org/2012/biografia.pdf · Valentín...

25

Transcript of Valentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte-seminariogalan.org/2012/biografia.pdf · Valentín...

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 2

Valentín Paz Andrade naceu na parroquia ponte-vedresa de San Salvador de Lérez, o 23 de abrilde 1898.Valentín foi fillo de Francisco e Matilde que tive-ron tres fillas máis, Matilde, Carmen e Castora.Con tan só oito anos quedou orfo de nai.Os seus primeiros estudos foron dirixidos polasúa tía Dolores, casada co poeta e xornalista XoánBautista Andrade, e mestra de primaria con desti-no no mesmo Lérez.Máis tarde estudou na Academia Balmes, que ocu-paba un piso nunha casa da rúa pontevedresa deManuel Quiroga e o bacharelato no Instituto deSegunda Ensinanza, tamén en Pontevedra. Omesmo Valentín define ao profesorado deste ins-tituto como «de moita valía» aínda que el taménse recoñece coma un estudante «non dos máisaproveitados»Grazas á relación co seu tío Xoán Bautista coñe-ce a Castelao, en 1916. Este coñecemento nonse transformaría en amizade ata tres anos des-pois, na universidade compostelá. Tamén da mando seu tío entra en contacto co xornalismo cola-borando en diferentes semanarios e xornais:«Alma Galaica», «La Provincia» e «Gaceta deGalicia».Ao rematar os seus estudos de bacharelato ché-galle o momento de escoller a carreira. As dis-crepancias familiares foron intensas: unha parteda familia quería que estudase Mediciña e outra,o pai e o seu tío Xoán Bautista, optaban pola avo-gacía.Nun primeiro momento matricúlase en Dereito,pero, diante da oposición das súas tías, intentacambiar a matrícula para Mediciña, aínda que fi-nalmente se impón a vontade do seu pai e quedamatriculado en Dereito na univesidade compos-telá: «Tes escollida a carreira de avogado, e nonvas cambiar polo que outros digan».

OS PRIMEIROS ANOS

Matilde Andrade, naide Valentín.

Francisco Paz, o pai.

«A casa do Cristo», enLérez, onde naceu Va-lentín Paz Andrade.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 3

A súa chegada a Santiago prodúcese no ano1917 e participa, dende os primeiros momen-tos, en actividades políticas de clara tendenciagaleguista.Nunha reunión estudiantil, celebrada no audito-rio de San Clemente, en Santiago, e coa partici-pación de alumnado das tres facultades e daEscola de Veterinaria, xa está Valentín na mesapresidencial e é nesa asemblea onde é increpa-do por un participante que o pon, segundo assúas palabras, «como folla de pirixel» por nonter constituído aínda unha agrupación naciona-lista galega de estudantes.Valentín acepta o reto e uns días despois cons-titúese o Grupo Autonomista Galego de Estu-dantes, afin ás Irmandades da Fala establecen-do a súa sede nun baixo da Rúa Nova.Nesta nova asemblea, na que Paz Andrade énomeado presidente do grupo, elabórase unmanifesto político, escrito en galego, e dirixi-do aos universitarios e á cidadanía de San-tiago, no que se exalta á nación galega e sefai un chamamento á acción colectiva paraerguer o país. Aparece o slogan «Terra aNosa» como signo identitario do novo grupo.Era «unha primeira mensaxe da mocidadegalega, crente nun mellor destino para a súaterra», en palabras do propio Valentín. O ma-nifesto foi repartido polas rúas compostelás,despois dun pequeno atranco burocrático re-solto con éxito por Paz Andrade, entre mos-tras de simpatía dos veciños.Os anos de Compostela son para Valentínos do inicio de moitas relacións persoais epolíticas, coñece a Asorey, Camilo Díaz Vali-ño, Villar Ponte, Dieste, Viqueira... e retomaa súa relación con Castelao, ao que xa consi-dera «o seu segundo mestre».

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xoán Bautista Andrade,tío de Valentín, nunhacaricatura de Castelao.

As Irmandades da Fala supuxerono primeiro achegamento de Va-lentín Paz Andrade ao mundo dapolítica galega.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 4

No ano 1921 licénciase en Dereito coa máximanota, sobresaliente, e poucos días despois pasaa ocuparse do seu primeiro caso na Audienciade Pontevedra, exercendo a defensa nun casode homicidio.Xulgábase a morte dun mariñeiro a mans deoutro nun incidente sucedido na praia de Raxó.Os dous implicados tiñan menos de dezaoitoanos. A defensa de Valentín foi efectiva e o acu-sado quedou absolto, saíndo da cadea esemesmo día, aínda que tivo que fuxir cara a Cubapola reacción dos veciños disconformes co ve-redicto do xurado.

O ano 1921 é tamén o ano do chamado Desas-tre de Annual, no que as tropas do lider marro-quí Abd el-Krim esnaquizaron as tropas espa-ñolas destinadas no Rif ao mando do xeneralSilvestre.Valentín, nesas datas xa tiña cumprido o seu ser-vizo militar en Pontevedra como soldado de cota,pero a necesidade de reforzos obrigou ao go-berno de Alfonso XIII a chamar a filas a tres quin-tas de soldados xa licenciados.É así como Valentín é adscrito ao Rexementode Murcia e embarca no porto de Vigo no bu-que «Guillén Sorolla» con destino a Ceuta. Noporto foron despedidos por milleiros de persoasque rendiron unha homenaxe de solidariedadea aqueles homes que ían loitar nunha cruentaguerra e da que non se albiscaba o seu fin. Erasúa primeira toma de contacto co mar.Xa en Marrocos as boas relacións coa oficiali-dade permítenlle ascender rapidamente, che-gando a ser promovido ao cargo de sarxento, apesares da súa intención de quedar como sol-dado raso.

EN MARROCOS

O golpe militar de Primode Rivera, en 1923, poñíafin a decenios de políticaliberal.

Coa toga de avogado, des-pois da súa licenciatura,en 1921, en Santiago.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 5

No seu novo destino de Tetuándescobre os cafés e os ambien-tes cun certo aire europeo e co-meza a relacionarse coa po-boación oriúnda nacendo aí as pri-meiras crónicas para o xornal «ElNoroeste» da Coruña.Intervén nalgunha escaramuzacoas tropas rifeñas das que saeileso.Unha pequena afección cutáneapermítelle pasar polo hospital deXauen e posteriormente é trasladado a Ceuta. Afalla de espazo neste hospital fai que o seu des-tino sexa Murcia e posteriormente é enviado aVigo e á Coruña, onde o declaran inútil para oservizo militar.Na Coruña, durante a súa estadía no HospitalMilitar, afonda na súa relación cos irmáns VillarPonte, Peña Novo, López Abente e cos restan-tes compañeiros das Irmandades da Fala e xor-de entre eles a idea de crear en Vigo un xornalde información, propoñéndo a Paz Andradecomo Xefe de Redacción e coa facultade depoder elexir aos seus colaboradores.Son os inicios do futuro xornal Galicia.

Coa idea de poñer en marcha o novo xornal nacidade de Vigo sae Paz Andrade da Coruña naprimavera de 1922.No hotel Continental de Vigo celebra-se a primeira xuntanza constitutiva.Alíestaban Castelao, Losada, os com-poñentes da futura redacción e LuísKsado, considerado como o mellorreporteiro gráfico do país.Nesta primeira reunión decídese onome do xornal.

«GALICIA. DIARIO DE VIGO»

Abd-el-Krim el Jatabi xuntoco seu pai, antigo colabora-dor das tropas españolas.

Cabeceira do xornal Galicia. Diario de Vigo,deseñada por Alfonso R. Castelao.

Batería de artillería española apuntando ásposicións rifeñas do Monte Gurugú, en Melilla.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 6

A primeira proposta de Valentín foi chamarlle«Atlántico», idea que o promotor, Ernesto Cá-diz, desbotou lembrándolles aos presentes queel era «do Pacífico».A segunda proposta de Valentín foi aceptadapor unanimidade: o xornal levaría o nome de«Galicia» e a súa cabeceira sería rotulada polomesmo Castelao. Unha vez aprobado o nome eas liñas programáticas só quedaba elixir o díade saída do xornal á rúa, data que quedou mar-cada para o 25 de xullo, Día de Galicia.Os traballos non foron doados. Había que partirde cero. Alugouse un baixo e un piso na aveni-da Montero Ríos, de Vigo e nestas dependen-cias instaláronse a imprenta e a redacción. Mon-touse a rede de corresponsais en Galicia e porEspaña adiante e na data sinalada apareceu oprimero número dun xornal que nacía cun espí-rito galeguista e que tivo unha moi boa acollidanas principais cidades galegas.O «Galicia» era un xornal moderno para a súaépoca que incluía caricaturas e debuxos de Ma-side e Castelao, artigos de Villar Ponte, VicenteRisco, Roberto Blanco Torres, fotografías deKsado...Nos meses posteriores o xornal foise melloran-do; na presentación gráfica, coa aparición depáxinas dominicais de Arte e Letras e o númeroextraordinario do Día de Galicia.A ditadura de Primo de Rivera e a censura mili-tar imposta aos medios de comunicación vaisupoñer a persecución do xornal e dos seus co-laboradores.Así, un primeiro encontronazo periodístico coXeneral Gobernador, suponlle a Valentín unhamulta de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 díasde cadea. Valentín opta pola cadea e un díadespois do seu ingreso en prisión declárase enVigo unha folga en solidariedade co persoal deartes gráficas. Ao día seguinte os catro xornaisvigueses non aparecen na rúa.A mobilización foi seguida polos tranviarios dacidade que abriron unha suscrición para pagar a

Primeiro número do xornalGalicia, do 25 de xullo de 1922.

Hemeroteca da Deputación Pro-vincial. A Coruña

Propaganda do xornal Gali-cia, realizada por Castelao.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 7

multa, a razón de 10 céntimos por persoa. PazAndrade preferiu seguir na cadea durante esesquince días e repartir o recadado.Ese sería o primeiro dos incidentes que teríaValentín coas autoridades no exercicio do seulabor como periodista e que lle custarían pasarvarias veces pola cadea e mesmo polo deste-rro.As presións das autoridades militares sobre oxornal, a apatía e resignación dalgunhas forzaspolíticas, os problemas económicos que dificul-tan a adquisición de maquinaria moderna, vanlevar o «Galicia» á desaparición. Un 15 de set-embro de 1926, catro anos e dous meses des-pois do primeiro número, desaparece finalmen-te o xornal que durante todo ese tempo dirixiraValentín Paz Andrade e que dera cabida nas súaspáxinas as plumas máis importantes da intelec-tualidade galega.

Unha vez rematada a súa andaina como directordo «Galicia» e con evidentes problemas eco-nómicos, Valentín retoma o seu traballo de avo-gado. A súa primeira causa, nesta nova andaina,consiste na defensa dun caso de contrabandode aceite por parte duns portugueses no portode Vigo. Despois de moitas voltas consegue unveredicto absolutorio o que lle permite cobrarunha boa minuta e poñerse ao día coas débe-das orixinadas polo peche do xornal.O un de abril de 1927 é contratado como avo-gado polos armadores da vila de Bouzas, agru-pados na sociedade «La Marítima».A proposta de ampliar os portos españois faique se cree a «Unión de Entidades Viguesas»co obxectivo da ampliación e mellora do portovigués e baixo o seu patrocinio realiza Valentínunha viaxe ao porto francés de Lorient-Keroman,

A AVOGACÍA

Unha das colaboraciónsgráficas de Castelao parao xornal Galicia.

Hemeroteca da DeputaciónProvincial. A Coruña

Paz Andrade nunha xuntanzade Armadores, con Fernándezdel Riego, Domingo Quiroga...

Fondo Fundación Penzol. Vigo

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 8

para asesorarse, facer un estudo económico ecoñecer o seu funcionamento e organización.Resultado desta viaxe é a publicación do seuprimeiro traballo adicado ao mundo do mar: «Lospuertos nacionales de pesca. Aportación de Vigoal estudio del problema», con ilustracións dodebuxante vigués Martín Echegaray.Colabora tamén na revista quincenal «IndustriasPesqueras», fundada en Vigo por José Barre-ras Massó, sendo nomeado director da mesmauns anos despois.Non abandona durante estes anos a súa activi-dade política e, en 1930, coincidindo coa caídada dictadura de Primo de Rivera e o xeneral Be-renguer, constitúese en Vigo o Grupo Autono-mista Galego, do que será nomeado presiden-te e que terá a súa primeira sede na rúa de Gar-cía Barbón.Paz Andrade lánzase a despertar a concienciapolítica dos cidadáns galegos rememorando assúas dotes oratorias iniciadas na súa etapa uni-versitaria.Valentín consideraba a celebración do Día deGalicia, o 25 de xullo, de 1930 como o acto máissobranceiro desta etapa política e o inicio dodespertar da conciencia nacionalista galega.Houbo mitín no teatro García Barbón, coa parti-cipación de Ramón Cabanillas, emisión de mú-sica galega en todas as emisoras de radio e con-certo, tamén de música galega, a cargo da Ban-da Municipal, na Alameda.Un ano depois, en decembro de 1931, nunhaasemblea celebrada na cidade de Pontevedrao Grupo Autonomista Galego queda integradono Partido Galeguista. Nesta mesma asembleadecídese a disolución das Irmandades da Falae a súa integración no novo partido.O acordo de constitución do Partido Galeguistareclama o dereito de autodeterminación paraGalicia e proclama como obxectivo básico a re-dacción dun Estatuto de Autonomía. Nesta co-misión queda integrado Valentín, xunto a Risco,Bóveda e Carballo Calero.

Cartel para o plebiscito do Es-tatuto de Autonomía de 1936,realizado por Carlos Maside.

Proposta de «El Faro deVigo» para as CortesConstituíntes de 1931.

Cartel de Luís Seoane para oPlebiscito do Estatuto de Au-tonomía de xuño de 1936.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 9

Paz Andrade seguía sendo asesor dos arma-dores de Vigo, aínda que non interviña nada máisque en casos xudiciais e non no que atinxía ánegociación cos mariñeiros ou os pactos de tra-ballo, asuntos que levaba directamente a patro-nal. Normalmente os casos que chegaban á xus-tiza arranxábanse coa avenencia das dúas par-tes, armadores e mariñeiros nos chamados Tri-bunais Industriais, creados polo goberno daRepública.O seu posto de asesor dos armadores non ocolocaba nunha situación neutral. Na folga debuques por parellas, no segundo semestre de1932, Valentín é tiroteado por dous anarquistasá saída dun café na rúa do Principe, acertándo-lle con varios balazos.Deste atentado tardaría tres semanas en serdado de alta aínda que quedaría cunha bala den-tro do seu corpo ao ser difícil a súa extracciónsen danar a mobilidade do brazo dereito.O 28 de xuño de 1936 é aprobado, por amplamaioría, o Estatuto de Autonomía de Galicia en-viándose a Madrid para a súa aprobación polasCortes.O inicio da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936,paraliza todo trámite posterior e o Estatuto, noque Paz Andrade colaborara na súa redacción,queda paralizado.

A chegada ao poder dos militares supón paraPaz Andrade sucesivas ordes de desterro. Oscargos políticos exercidos durante a Repúblicae os seus posicionamentos periodísticos xoganna súa contra.O seu primeiro desterro é en Verín, onde chegaacompañado dun curmán e dun amigo de am-bos, quedando hospedado nun hotel da vila.

A GUERRA E OS DESTERROS

Cuberta deseñada porCamilo Díaz Baliño paraunha edición do Estatutode Galicia.

Portada de «ValentínPaz Andrade, a memoriado século XX», de TuchoCalvo.

Fondo RAG

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 10

Coincide con algún amigo da universidade e conoutro desterrado de Vigo, tamén condiscípuloseu da universidade.Pasou en Verín tres meses e medio do ano1936 e, agás un incidente con falanxistas, PazAndrade considera esta estancia como a máisplacenteira dos sucesivos desterros aos que foicastigado.Un informe policial emitido pola comisaría deVerín informaba que Valentín vivía no mellor ho-tel da vila, andaba con xente acomodada, fre-cuentaba os cafés, paseaba... e como conse-cuencia de todo isto debía ser trasladado a outrolugar «non tan cómodo».Así que as autoridades pontevedresas emitenunha nova orde de desterro, esta vez a Requeixode Queixa, na provincia de Ourense ao pé dosmontes do Invernadoiro e xa nas lindes con Za-mora.En Requeixo non había onde hospedarse e éacollido por un veciño, Manuel «O Guinea», quelle ofrece, temporalmente a súa casa.Despois duns días descobre, nunha aldea veci-ña, Celeiros de Queixa, o Mesón de Tomás,onde se aloxa ata que lle chega a orde de tras-ladarse a Castro Caldelas e, posteriormente, aPobra deTrives. Nesta vila coñecerá a Pilar, coaque casará dous anos despois.O desterrro de Valentín remata a finais de 1937despois dunha conversa co Delegado Gober-nativo de Vigo que casualmente pasaba polamesma fonda onde el se hospedaba, a Fondadas Noguerolas.E así, despois de ano e medio de desterro, vol-ta Valentín á cidade de Vigo.

En «Sementeira do ven-to», publicada en 1978,Valentín revélase comopoeta social.

Fondo RAG

Caricatura de Valentín, daautoría de Alfonso R. Cas-telao.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 11

De volta a Vigo reinicia a súa actividade comoavogado e como asesor de «La Marítima», peroa redacción dun escrito que lle solicitan os car-niceiros para reclamar ás autoridades militaresun incremento do prezo da carne fai que PazAndrade sexa encarcerado e desterrado. Estavez o destino do desterro é Exstremadura, enVillanueva de la Serena, na provincia de Ba-daxoz.O desterro durou pouco tempo. Valentín aíndaseguía sendo o asesor xurídico de «La Maríti-ma» e por aquelas datas estaba previsto en Bil-bao un congreso de armadores, así que se puxoen contacto co presidente da sociedade que ásúa vez moveu os fíos necesarios en Ponteve-dra e Valentín conseguiu o permiso para aban-donar Villanueva temporalmente e trasladarse aBilbao en «misión oficial» para participar no con-greso.Despois duns días en Bilbao o normal sería re-gresar a Villanueva de la Serena, pero Valentínnon está disposto e volve, pola súa conta e ris-co, a Vigo.O desterro acabárase.En Vigo dirixe a revista «Industrias Pesqueras»e colabora en «Industria Conservera», así comoen xornais galegos, «El Pueblo Gallego», «LaNoche», «El Faro de Vigo»... pero coa prohibi-ción das autoridades militares de usar o seu pro-pio nome.Cando o sete de xaneiro de 1950 morre Caste-lao en Bos Aires, Paz Andrade adícalle un arti-go no xornal «La Noche» co título «Castelao,el hombre y el artista». O artigo consegue pa-sar a censura sen demasiados atrancos aíndaque o director do xornal manda incluír na mes-ma páxina, e como medida de precaución, unartigo exaltando a unidade de España.Cinco anos despois completa esta homenaxe

EN VIGO

«Pranto Matricial» é unhaelexía adicada ao seu ami-go Alfonso R. Castelao.

Fondo Real Academia Galega

Unha das ilustraciónsde Souto para «PrantoMatricial».

Fondo RAG

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 12

coa publicación da elexía «Pranto Matricial».Nos anos cincuenta é invitado dúas veces poloCentro Galego de Bos Aires a participar nunhasXornadas Patrióticas do 25 de xullo.Nestas viaxes relaciónase co exilio galego ecoas autoridades arxentinas, uruguaias e brasi-leiras ás que lles achega os seus coñecemen-tos sobre o mundo da pesca.Froito destas relacións é a chamada que recibedende Santiago de Chile para a impartición duncurso sobre a economía da pesca. Este cursoestaba financiado pola FAO, a axencia das Na-cións Unidas para o desenvolvemento da alimen-tación e a agricultura.Dende ese momento Paz Andrade convértesenun colaborador cotián dese organismo e per-corre Sudamérica impartindo cursos e conferen-cias sobre economía pesqueira.Estas viaxes non lle impiden seguir dirixindo arevista quincenal «Industrias Pesqueras» e noverán de 1957 é enviado á cadea durante trintadías pola publicación dun artigo sobre o cesa-mento do Comandante Militar da Mariña en Vigo.

En 1960 a pesca aínda seguía a ser ar-tesanal. A pesares dos baixos prezos docombustible e a boa motorización dasnaves, estas non se podían afastar enexceso da costa xa que o sistema deconservación do peixe, o xeo trillado, nonpermitía viaxes moi longas. Só os adicados ápesca do bacallau, que usaban o sal como con-servante, podían facer percorridos máis amplos.Os arrastreiros estaban sempre nos mesmoscaladoiros e cada vez a pesca ía a menos.Pero as cousas van cambiar. Un empresario deLugo, Xosé Fernández, encárgalle a Paz Andra-de que constitúa unha nova empresa pesqueira

PESCANOVA

Valentín Paz Andrade.

Fondo Real Academia Galega

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 13

con barcos frigoríficos, que exploren e explotennovos caladoiros máis afastados e que traba-llen con especies de máis valor comercial. Nacedeste xeito a empresa Pescanova, radicada enVigo e da que Valentín será o vicepresidente.Dous buques conxeladores, o Lemos e o An-drade inician esta nova etapa. Un vai cara os ca-ladoiros arxentinos e o outro cara a costa deSudáfrica. A especie a comercializar será a pes-cada, dunha enorme calidade e dun tamaño moiapreciable.O nome da compañía foi idea de Valentín, asícomo o nome dos primeiros barcos, todos decastelos galegos: Lemos, Andrade, Pambre,Doncos, Sobroso, Soutomaior, Vilalba e Vimian-zo.A negativa dos distribuidores a comercializar opeixe conxelado, un produto máis barato que opeixe fresco e polo tanto con menor marxe co-mercial por peso transportado, obrigou a Pes-canova á creación dunha rede propia de distri-bución o que aumentou, aínda máis, os seusbeneficios empresariais. Pescanova é, na ac-tualidade, unha multinacional líder no sector dosalimentos ultraconxelados.

A obra literaria de Valentín Paz Andrade non estásó ligada ao mundo da pesca, campo no queten numerosas publicacións e colaboracións enrevistas especializadas. É autor, tamén, de obrasde ensaio nas que achega a súa visión e dá asclaves para o desenvolvemento económico, so-cial e cultural de Galicia.En 1959, publica en Bos Aires, «Galicia comotarea», en 1970, «La marginación de Galicia»,editado en Madrid e esgotado en tres meses, e«El capital como factor del desarrollo de Gali-cia», onde establece as claves políticas e eco-

A OBRA LITERARIA

En «Epistolario» recóllenseas cartas publicadas por Va-lentín dende 1930 a 1985.

Fondo Real Academia Galega

En 1975 publicase unhanova edición de «PrantoMatricial».

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 14

nómicas do nacionalismo galego.En 1955 xa publicara o seu primeiro libro de poe-mas «Pranto Matricial», elexía ao seu amigoAlfonso Rodríguez Castelao, falecido cinco anosantes. Vinte e cinco anos despois, coincidindoco aniversario da morte de Castelao, o libro seráreeditado por Ediciós do Castro desta vez enedición pentalingüe: galego, eúscaro, castelán,catalán e portugués.Non é ata trece anos despois que publica o seusegundo libro de poesía, «Sementeira do ven-to», na colección Salnés da Editorial Galaxia,onde recolle poesías compostas en moi dife-rentes lugares: onde estivo desterrado e nasterras de Sudamérica por onde viaxou como ex-perto da FAO. O mesmo Paz Andrade defineesta obra como «poesía social» e é o primeirolibro, en galego, prologado por un brasileiro,Guilherme de Almeida, o chamado Príncipe dosPoetas do Brasil.Paz Andrade era un firme defensor do intercam-bio cultural entre Brasil, Portugal e Galicia comomembros dunha mesma comunidade lingüísti-ca, da que «Galiza é fonte, Portugal ponte eBrasil algo que asemella ao paradiso prometi-do», segundo as súas propias palabras.Así que, aproveitando unha viaxe da FAO porBrasil, decide estudar e incorporar a poesía deJoão Guimarães Rosa á literatura galega em-prendendo viaxe á rexión de Minas Gerais, enBrasil, para entrevistarse coa familia do escritore participar nunha sesión da Academia Brasilei-ra das Letras, onde puido expoñer e debater assúas teorías sobre as semellanzas entre os dousidiomas.Nesta viaxe Valentín confirma que o idioma utili-zado por Guimarães Rosa ten moitas semellan-zas co galego, tirando, ás veces, dos mesmosrecursos en prosa, do mesmo mundo máxico edos mesmos arcaísmos.Resultado deste traballo de investigación e eru-dición é a publicación, en 1978, do volume «Agalecidade na obra de Guimarães Rosa», dis-

Caricatura de Paz Andra-de, realizada por LuísSeoane.

Con «Cen chaves de sombra»,editado en 1979, Valentín con-solida a súa obra poética.

Fondo Real Academia Galega

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 15

tribuída por Ediciós do Castro.Unha parte deste libro será utilizada como dis-curso de ingreso na Real Academia Galega, daque fora nomeado membro numerario no ano1964 a proposta de Otero Pedrayo, García Sa-bell, Fernández del Riego, Ferro Couselo e Va-les Villamarín.O seu terceiro libro de poesía. «Cen chaves desombra», publicado tamén por Ediciós do Cas-tro, vai prologado polo seu amigo Lorenzo Vare-la e coa cuberta deseñada por Luís Seoane.Lorenzo Varela define este libro como «poemasdun loitador, dun home con coraxe á hora deescribir e á hora de pelexar».Non acaban aquí as inquedanzas de Valentín, een 1982, Ediciós do Castro publícalle o seu en-saio sobre Castelao «Castelao na luz e na som-bra».O libro vai adicado á súa muller Pilar e nel repa-sa a vida do seu amigo, do seu «segundo mes-tre», introducindo partes que corresponderían ásúa autobiografía, pois foron moitas as viven-cias compartidas entre estes dous grandes per-soeiros da nosa cultura e da nosa historia. Estáconsiderado este traballo como a biografía máiscompleta de Castelao.O éxito do libro foi tal que houbo de realizarseunha segunda edición, revisada e correxida, ca-tro anos despois.No seu último libro, publicado por Ediciós doCastro en 1985, «Galicia lavra a sua imagen»Paz Andrade posiciónase en contra das normasortográficas aprobadas pola Real AcademiaGalega e avoga por un achegamento ao mundolusófono.

Parte do libro «A gale-cidade na obra de Gui-marães Rosa» será usa-da por Valentín no seudiscurso de ingreso naReal Academia.

Fondo RAG

En 1985, con «Galicia la-vra a sua imagen» posi-ciónase contra as nor-mas ortográficas aproba-das pola Real Academia.

Fondo RAG

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 16

A partir da morte de Francisco Fran-co, en 1975, as forzas políticas co-mezan a buscar o seu acomodo nanova situación de liberdade que seabre á cidadanía.Paz Andrade, fiel ao seu compromi-so co país, entra a formar parte daComisión dos Dez, en representaciónde Galicia.Esta Comisión constituíuse en 1976por nove partidos e comunidades au-tónomas para negociar os pasos paraa transición a unhas institucións de-mocráticas plenas no estado español,a legalización de todos os partidospolíticos e a convocatoria dunhaseleccións xerais libres. Os sindicatos de traba-lladores, que nun principio ían formar parte des-ta comisión, quedan á marxe e fan a súa propianegociación co Ministerio de Traballo.Paz Andrade centra o seu labor nesta Comisiónna defensa da personalidade xurídica e históri-ca de Galicia conseguindo poñela ao mesmonivel que Cataluña e Euskadi.En 1977, nas primeiras eleccións libres, Valen-tín é elexido senador pola provincia de Ponte-vedra.E ao Senado leva as inquedanzas do sector pes-queiro galego, loitando para que as comunida-des autónomas poideran asumir competenciasno litoral propio e para evitar que o estado espa-ñol implante a zona económica exclusiva das 200millas.Ese mesmo ano os deputados e senadores ga-legos organizan unha xornada reivindicativa deafirmación da vontade autonómica. As manifes-tacións quedan fixadas para o domingo, 4 dedecembro, pola mañá en todas as capitais gale-

«Castelao na luz e nasombra» constitúe a bio-grafía máis completa dopolítico e artista galego.

Fondo RAG

Paz Andrade, cuarto pola esquerda, formouparte da Comisión dos Dez que artellou a tran-sición á democracia, despois da morte deFrancisco Franco.

A POLÍTICA EN DEMOCRACIA

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 17

POR TODA UNHA VIDA...

gas. Acórdase que a manifestación deVigo sexa ese mesmo día pola tarde eque peche o acto Valentín Paz Andrade.As manifestacións a prol dos dereitos his-tóricos de Galicia foron un éxito. Segun-do os datos, na Coruña os participanteschegaron aos 150.000 e no resto das ci-dades unhas 30.000 persoas en cadaunha delas, pero a de Vigo supuxo todoun récord: 300.000 manifestantes na rúareclamando o autogoberno para Galicia.Superábase con moito a participación nasoutras dúas comunidades históricas, Ca-taluña e Euskadi, pero todas estas mobilizaciónsapenas tiveron eco na prensa española nin fo-ron tidas en conta: nin polas Cortes, nin pola pre-sidencia do goberno español.

No ano 1964 é nomeado, a proposta de OteroPedrayo, García Sabell, Fernández del Riego,Ferro Couselo e Vales Villamarín como mem-bro da Real Academia Galega; catorce anos de-pois le o seu discurso de ingreso, baseado naobra «A galecidade na obra de GuimarãesRosa», publicada nese mesmo ano.A partir do ano 1975 os premios, recoñecemen-tos e galardóns a Paz Andrade son numerosos:o Pedrón de Ouro, A Cruz de San Raimundo dePeñafort, a Medalla da Cidade de Pontevedra, AMedalla Castelao da Xunta de Galicia, é nomea-do membro da Real Academia das Ciencias,Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o PremioTrasalba da Fundación Otero Pedrayo...O 19 de maio de 1987 faleceu Paz Andrade enVigo, por mor dunha doenza cardiovascular, sen-do enterrado, cuberto coa bandeira galega, nocemiterio da súa vila natal.

Paz Andrade na clusura da manifestacióncelebrada en Vigo o 4 de decembro de1977 en defensa da Autonomía Galega.

Folleto da exposiciónsobre Paz Andrade ce-lebrada na FundaciónLuís Seoane, da Coru-ña, a principios de 2012.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 18

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas polo mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela,cando ti volvas polo mare;unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes,cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;veliñas á xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti volvas polo mare;cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

CANDO TI VOLVASValentín Paz Andrade«Pranto Matricial»

Aut

ocar

icat

ura

de A

lfons

o C

aste

lao

publ

icad

a en

«El

Far

o de

Vig

o», o

28

de x

uño

de 1

931,

o d

ía q

ue fo

i ele

xido

Dip

utad

o po

r Po

ntev

edra

.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 19

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...Con sílaba de ferreirocanta, canta,os minerais sonos debullando,plim-plim, plim-plim, plim-plim...canta, canta o teu cincel....

O teu arte, canteiro,arte maior do pico e da marreta,qué xeolóxico verso,na castidade crúa do perpiañolabrará para min?...

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...As voces unisílabas da pedra,só por túa mao, canteiro,se xuntaronao pentagrama máxico do mundo.

Samil (Vigo), 1959

CANTARELA DO CANTEIROValentín Paz Andrade«Sementeira do vento»

Paz Andrade, terceiro polaesquerda, diante do monu-mento a Curros Enríquez, naCoruña, xunto a Fernándezdel Riego, Carré, Xesús Naia...

Fondo Real Academia Galega

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 20

Verde vento polas leirase vento azul polo mar,panos da mesma bandeira.

Quen fora vento, meu mare sobre o teu lombo brandopuidera o corpo deitar!

Quen fora o vento poboadode polen e de cantigase malvises namorados!

Quen fora o vento que rubea refrescar as estrelasdespois de folgar coa nube!

Quen fora xinete aladode ardor e de vidro feitosobre das olas montado!

TRIADAS DO VENTO NO MAR

Valentín Paz Andrade«Sementeira do vento»

Na celebración do Premio Trasalba da Fundación OteroPedrayo concedido a Valentín Paz Andrade, cuarto polaesquerda, no ano 1986.

Fondo Fundación Penzol

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 21

O BARCO DE SOMBRAS

Para Xosé Núñez Búa

...Despois da meia noite de Vilaxoán partían...Polo peirao durmido vultos de homes da vilapouco a pouco engulidos por un barco sen lucesa pasarela entrando en alongada fila....

Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvorarepican a maitíns as monxas dun convento,as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,o mar saúda o barco coa súa mao ao vento....

Alá fica Rianxo con Castelao de fora,e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.Despois o barco vira a costa de Pondalpara ter da liberdade o rumo verdadeiro.

Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,as cantábricas puntas de Galiza dixeron:Adeus fillos da Terra as alleas ciscadose que Deus vos recolla no anaco que nos deron!...

De aqueles que unha noite de Vilaxoán partironpoucas malvas darían camposanto da Terra.A dispersión, a praga bíblica de Galiza,nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.

Pousa Nova do Mar,San Xoán, 1976

Valentín Paz Andrade«Cen chaves de sombra»

«Evasión», unha das estampas doálbum «Atila en Galicia» de Alfon-so R. Castelao.

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 22

CRONOLOXÍA

Nace o 23 de abril na parroquia pontevedresa de Lérez. Fillo de Franciscoe Matilde.O seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, exerce unhagran infuencia sobre el.

Coñece a Alfonso R. Castelao.

Comeza a carreira de Dereito en Compostela.

É nomeado presidente do Grupo Autonomista Galegode Estudantes e participa na II Asemblea NazonalistaGalega.

Remata a carreira de dereito e é chamado de novo aoservizo militar sendo destinado a Marrocos.

Funda o xornal «Galicia. Diario de Vigo», do que será director durantecase cinco anos.

Primeiro ingreso na cadea, por 15 días, porun artigo publicado na prensa.

Péchase o xornal «Galicia», despois de casecinco anos de existencia.

É nomeado avogado de «La Marítima», So-ciedade de armadores de Vapores Pesque-ros de Bouzas.Publica o seu primeiro libro de economíapesqueira e comeza as súas colaboraciónscoa revista «Industrias Pesqueras».

Queda nomeado presidente do Grupo Auto-nomista Galego e dá un mitin no García Bar-bon, de Vigo, xunto con Castelao e Otero Pedrayo.

Participa na creación do Partido Galeguista e na redacción do Anteproxec-to do Estatuto de Galicia.

É tiroteado por dous anarcosindicalistas na rúa do Príncipe.É desterrado aVerín e sofre un segundo atentado dalgúns membros da Falanxe.

1898

1916

1917

1919

1921

1922

1924

1926

1927

1930

1931

1936

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 23

CRONOLOXÍA

Novos desterros a Requeixo de Queixa, Castro Caldelas e Trives.

É novamente desterrado, esta vez a Villanueva de la Serena, en Badaxoz.Casa con María Pilar Rodríguez, á que coñecera durante o seu desterro enTrives.

Nace o seu fillo Alfonso. Establece o seu primei-ro contacto epistolar despois da guerra con Cas-telao.

Dirixe a revista «Industrias Pesqueras».

Viaxa a Sudamérica como conferenciante e tenos seus primeiros contactos cos exiliados gale-gos.

É nomeado delegado da FAO, dependente dasNacións Unidas.

Publícase en Arxentina «Pranto Matricial», a elexía ao seu amigo Castelao,morto cinco anos antes.

Ingresa de novo na cadea por un artigo publicado en «Industrias Pesque-ras».

Publica «Galicia como tarefa».

Funda en Vigo, xunto con Xosé Fernández López, aempresa Pescanova S. A. da que é nomeado vice-presidente.

É nomeado membro da Real Academia Galega.

Publica «Sementeira do Vento», o seu segundo li-bro de poemas.

Organiza en Vigo a Exposición Mundial da Pesca.

Recibe o Pedrón de Ouro.

1937

1938

1940

1942

1950

1952

1955

1957

1959

1960

1965

1968

1973

1975

VALENTÍN PAZ ANDRADE. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2012 24

CRONOLOXÍA

Forma parte da chamada Comisión dos Dez para negociar, en nome deGalicia, a transición a un rexime democrático.

É elexido senador. Pecha a multitudinaria manifestación de apoio á Autono-mía Galega celebrada en Vigo o 4 de decembro.

Le o seu discurso de ingreso na Real Academia Ga-lega. Publica na Coruña «A galecidade na obra deGuimarães Rosa».

Publica «Cen chaves de sombra» e recibe a meda-lla da Cidade de Pontevedra.

Edítase na Coruña «Castelao na luz e na sombra».

Publícase «Galiza lavra a sua imagen». Ingresacomo membro da Real Academia Galega das Ciencias.

Recibe o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo e a Medalla de Ouroda Cidade de Vigo.

Falece en Vigo, o 19 de maio e é enterra-do no panteón familiar de Lérez, Ponteve-dra.

Publícase o «Epistolario», un conxunto decartas que explican a súa traxectoria vital.

A Real Academia Galega adícalle o Día dasLetras.

1976

1977

1978

1979

1982

1984

1986

1987

1997

2012

Debuxo de Laxeiro para o li-bro de poemas de ValentínPaz Andrade «Cen chaves desombra»

Fondo RAG