Viaxes +60 Afundación Marabillas de Polonia 12 a 19 de setembro · 2017. 3. 9. · Viaxe a Xantar...

4
Viaxes +60 Afundación Marabillas de Polonia 12 a 19 de setembro afundacion.org

Transcript of Viaxes +60 Afundación Marabillas de Polonia 12 a 19 de setembro · 2017. 3. 9. · Viaxe a Xantar...

  • Viaxes +60 AfundaciónMarabillas de Polonia12 a 19 de setembro

    afundacion.org

  • Martes 12 de setembroSANTIAGO-MADRID-VARSOVIARecollida nos puntos indicados dos centros de Afundación. Saída cara ao aeroporto de Santiago de Compostela, chegada e tramites de facturación en voo con destino a Madrid. Conexión con voo a Varsovia, chegada e traslado ao hotel, distribución de habitacións. Cea e aloxamento.

    Mércores 13 de setembroVARSOVIAAlmorzo bufete. Visita panorámica da cidade, situada á beira do río Vístula. Destaca o casco vello, completamente destruído durante o alzamento de Varsovia en 1944, que foi fielmente reconstruído e declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Visita ao Parque Lazienki, ao Barrio Xudeu e á parte máis moderna da cidade. Xantar. Visita ao Castelo Real de Varsovia que ten a súa orixe no s. XV, cando se constrúe a chamada Gran Torre. A súa condición de Castelo Real adquírea a finais do s. XVI principios do XVII, durante o reinado de Sexismundo III Vasa, cando a capital do país se traslada a Varsovia. O Castelo transformouse na residencia real oficial, sede do Parlamento e centro cultural e administrativo do país. No Castelo Real visitamos o Gran Apartamento, o Apartamento do Rei, o Apartamento do Príncipe Stanislaw Poniatowski, a Antiga Cámara de Deputados, as Habitacións do Príncipe Matejko etc. Cea e aloxamento.

    Xoves 14 de setembroTORUN–POZNANAlmorzo bufete. Saída cara a Torun. Visita con guía local da cidade natal do astrónomo Nicolás Copérnico, famosa por ter máis de 300 monumentos inscritos na historia da arte. Trátase

    dunha das cidades máis fermosas e monumentais de Polonia, catalogada pola UNESCO como Ben Cultural da Humanidade. Paseo guiado de dúas horas polo centro histórico, que conta coa segunda maior concentración de monumentos góticos do país (despois de Cracovia), debido ao seu pasado como vila hanseática. Destaca a Igrexa de San Xoán coas súas torres de máis de 65 m. de altura. Na Praza do Mercado Vello encontramos o antigo concello (considerado o máis fermoso de Polonia) e o Monumento a Copérnico, o seu cidadán máis ilustre. Visita dunha tenda típica de elaboración de torunskie pierniki, un pan de xenxibre moi famoso no país. Xantar. Viaxe a Poznan. Chegada, cea e aloxamento.

    Venres 15 de setembroPOZNAN-WROCLAW Almorzo bufete. Paseo con guía por Poznan, visita á Praza do Vello Mercado, marabillosa polas súas fachadas, e dos seus arredores, onde se encontran as maiores atraccións da cidade. Saída cara a Wroclaw. Xantar. Visita de Wroclaw con guía local, coñecida como a cidade das cen pontes sobre o río Odra. Visita do casco vello, tan característico polos seus monumentos góticos e multitude de pontes e canles. O centro da cidade vella é a Praza do Mercado, creado no s. XIII. O concello, de estilo gótico, foi construído entre os anos 1327 e 1504. Nos seus interiores albérgase o Museo Histórico de Wroclaw. A parte máis antiga da cidade é Ostrow Tumski, que foi noutro tempo unha illa, e hoxe alberga o conxunto sacro coa catedral gótica de San Xoán Bautista, a Igrexa de San Xil, de 1230 (a máis antiga), a Igrexa de Santa María e a Ponte Tumski, que enlaza a cidade coa illa Piasek. Tras a visita, realizaremos un pintoresco cruceiro polo río Odra. Cea e aloxamento.

  • Sábado 16 de setembroWROCLAW–AUSCHWITZ–CRACOVIA Almorzo bufete. Saída a primeira hora cara a Auschwitz para visitar o Campo de Concentración Auschwitz-Bárcena. Xantar. Saída cara a Cracovia. Chegada, cea e aloxamento.

    Domingo 17 de setembroCRACOVIAAlmorzo bufete. Visita da cidade, Patrimonio da Humanidade. Visita do outeiro de Wawel, onde se encontra a Catedral e o Castelo Real de Wawel. Visita ao interior e vistas sobre o río Vístula. Percorrido polo barrio xudeu Kazimierz (mundialmente coñecido pola película A lista de Schindler), un lugar que antano hospedaba unha forte xudería, moi influínte na cidade. Hoxe queda aquí un número considerable de monumentos da cultura xudía coma sinagogas, cemiterios e monumentos memorizando o holocausto. Continuación cara a cidade vella, rodeada polo cinto verde de Planty (parque fundado no lugar das murallas defensivas da cidade). Entrada pola Porta Florián e chegada ao centro histórico coa Praza do Mercado, considerada unha das máis grandes de Europa; a Igrexa de Santa María, famosa polo seu retablo gótico de madeira policromada; a Torre do Concello; e a Lonxa de Panos. Na Praza do Mercado pódese escoitar a cada hora o toque de trompeta da torre máis alta da Igrexade Santa María, e próximo está o Collegium Maiusda Universidade de Cracovia, que paga a penavisitar. Xantar. Visita á Mina de Sal de Wieliczka,un atractivo turístico que desde 1978 forma partedo Patrimonio Mundial de Cultural e Natural daUNESCO. Durante máis de 700 anos, xeraciónsde mineiros polacos escavaron máis de 300 km.de corredores subterráneos, todo un mundo

    excepcional e único pola súa beleza, con capelas ricamente decoradas, orixinais galerías e lagoas salinas subterráneas. Os tres niveis superiores da mina foron adaptados para itinerario turístico, con vinte cámaras cheas de fermosas estatuas esculpidas en sal. Cea típica en restaurante do barrio xudeu Kazimierz, amenizada cun grupo de música tradicional xudía. Aloxamento.

    Luns 18 de setembroCRACOVIA–ZAKOPANE–CRACOVIAAlmorzo bufete. Saída cara a Szczawnica/Sromowce Wyzne, onde realizaremos un percorrido en balsas tradicionais sobre o río Dunajec, entre os pintorescos desfiladeiros dos Pienines, unha experiencia emocionante e inesquecible considerada unha das atraccións turísticas máis importantes de Europa. Xantar. Continuación da viaxe cara a Zakopane, unha fermosa cidade situada ao pé das montañas Tatra, as únicas de carácter alpino en Polonia. As casas e igrexas de madeira de estilo Witkiewicz, principal atractivo da cidade, están baseadas no peculiar carácter da arquitectura orixinal do lugar. Paga a pena achegarse á Igrexa de Jaszczurówka ou ao Museo de Estilo de Zakopane de Stanislaw Witkiewicz para apreciar este estilo arquitectónico. Regreso a Cracovia. Cea e aloxamento.

    Martes 19 de setembroCRACOVIA-VARSOVIA-MADRID-SANTIAGOAlmorzo e traslado ao aeroporto para embarcar en voo con destino Madrid, conexión con voo a Santiago de Compostela. Chegada e continuación por estrada cara aos centros de Afundación.

  • VOOS PREVISTOS12 de setembro: Santiago-Madrid 09.15-10.30 h. Madrid-Varsovia 15.25-19.05 h. 19 de setembro: Cracovia-Varsovia 09.00-09.50 h. Varsovia-Madrid 10.40-14.35 h. Madrid-Santiago 20.00-21.10 h.

    PREZOSoci@s ABANCA: 1.510 € Soci@s: 1.660 €Suplemento habitación individual: 340 €Prezos baseados nun mínimo de 45/50 participantes. Suxeito a dispoñibilidade no momento de ser realizada a reserva en firme e válido para as datas indicadas.

    O PREZO INCLÚEAutocares desde os centros de Afundación a aeroporto ida e volta | Avión ida e volta | Estancia en hoteis de 4**** en réxime de Aloxamento e Almorzo Bufete Autocar de luxo para traslados, visitas e todo o percorrido desde Varsovia a Cracovia | Pensión completa desde a cea do primeiro día ata o almorzo do ultimo día, incluíndo unha Cea típica con bailes | Bebidas incluídas en comidas e ceas: auga, viño, refresco ou cervexa | Guía correo acompañante desde o día de chegada ata o día de regreso | Visitas panorámicas de Varsovia, Torum, Poznan e Cracovia | Visita do Castelo Real de Varsovia | Cruceiro polo río Odra en Wroclaw | Visita ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau Entrada á Igrexa de Santa María en Cracovia | Visita ás Minas de Sal de Wieliczka Percorrido en balsa polo río Dujanec | Auriculares durante todo o circuíto Seguro de viaxe e de cancelación.

    O PREZO NON INCLÚEEntradas a museos ou monumentos (excepto nos lugares indicados) | Propinas Ningún outro servizo non especificado no apartado anterior

    ALOXAMENTO EN HOTEIS DE 4**** NOS CENTROS DAS CIDADESVarsovia, Poznan, Wroclaw, Cracovia

    INSCRICIÓNAntes do 15 de maio

    INFORMACIÓN E RESERVASEspazos +60 Afundación (Centros de Maiores)

    Organiza

    CIBERVIAXES