Vicente Jimeno Vinatea Departamento de Produción Animal ... · recuperación da economía, que...

4
Ternera Gallega | 13 Informe Vicente Jimeno Vinatea Departamento de Produción Animal Universidade Politécnica de Madrid 1. Sector do vacún de carne no Mundo A desaceleración sufrida pola eco- nomía mundial durante o ano 2009 resultou ser máis profunda e exten- sa do previsto inicialmente, cunha taxa anual de diminución do Produ- to Interior Bruto (PIB) do 1,9%. Con todo, ao longo do 2010 prevese unha recuperación da economía, que per- mitirá un crecemento do PIB do 3,3% no Mundo e do 1,6% na UE durante o ano 2011. A mellora nos ingresos e o aumento da poboación contribuirá a incrementar o consumo per cápita da carne a nivel mundial. Igualmente, a recuperación da demanda, xunto cos prezos elevados das materias primas, axudará a manter todas as carnes con prezos relativamente altos na próxima década. As preocupacións sanitarias e a se- guridade alimentaria derivadas da aparición de focos de enfermidades, seguirán sendo cuestións que afecta- rán ao mercado mundial da carne. Durante o período 2009-2019, o co- mercio mundial da carne de vacún seguirá crecendo a unha taxa media do 3,1%, alcanzando uns intercam- bios próximos aos 6,7 millóns de to- neladas de carne no ano 2019. Como consecuencia deste incremento nos intercambios da carne e o aumento dos prezos, a produción mundial de carne de vacún crecerá a un ritmo PERSPECTIVAS DO SECTOR DE GANDO VACÚN DE CARNE NO MUNDO, UE E ESPAÑA

Transcript of Vicente Jimeno Vinatea Departamento de Produción Animal ... · recuperación da economía, que...

Ternera Gallega | 13

Informe

Vicente Jimeno VinateaDepartamento de Produción AnimalUniversidade Politécnica de Madrid

1. Sector do vacún de carne no Mundo

A desaceleración sufrida pola eco-nomía mundial durante o ano 2009 resultou ser máis profunda e exten-sa do previsto inicialmente, cunha taxa anual de diminución do Produ-to Interior bruto (PIb) do 1,9%. Con todo, ao longo do 2010 prevese unha recuperación da economía, que per-mitirá un crecemento do PIb do 3,3% no Mundo e do 1,6% na Ue durante o

ano 2011. A mellora nos ingresos e o aumento da poboación contribuirá a incrementar o consumo per cápita da carne a nivel mundial. Igualmente, a recuperación da demanda, xunto cos prezos elevados das materias primas, axudará a manter todas as carnes con prezos relativamente altos na próxima década.

As preocupacións sanitarias e a se-guridade alimentaria derivadas da aparición de focos de enfermidades,

seguirán sendo cuestións que afecta-rán ao mercado mundial da carne.

Durante o período 2009-2019, o co-mercio mundial da carne de vacún seguirá crecendo a unha taxa media do 3,1%, alcanzando uns intercam-bios próximos aos 6,7 millóns de to-neladas de carne no ano 2019. Como consecuencia deste incremento nos intercambios da carne e o aumento dos prezos, a produción mundial de carne de vacún crecerá a un ritmo

PersPeCTIVAs Do seCTor De GANDo VACÚN De CArNe

No MUNDo, Ue e esPAÑA

14 | Ternera Gallega

Informe

anual do 1,1% (0,6 millóns de tonela-das/ano) na próxima década, ata al-canzar os 59 millóns de toneladas en 2019 (FAPrI, 2010).

Ao fi nal de 2019, máis do 89% da pro-dución mundial de carne de vacún estará en mans de 10 países: eeUU, brasil, Ue, China, Arxentina, India, Australia, México, Canadá e rusia. entre estados Unidos e brasil produ-cirán máis do 40% da carne de vacún no Mundo (fi gura 2).

os principais exportadores de carne de vacún a nivel mundial na próxima década serán brasil, Australia, India, Nova Zelandia, Arxentina e Canadá. brasil manterá o seu liderado nas exportacións de vacún e aumentará a súa cota de mercado en 6,4 puntos para o 2019 (2,7 millóns de toneladas). Australia perderá 1,1 puntos da súa cota de mercado, aínda que en 2019 exportará máis de 1.300.000 animais vivos. As exportacións en Nova Zelan-dia continuarán crecendo durante o resto do decenio e gañará 0,5 puntos, alcanzando as 666.000 toneladas en 2019. Arxentina perderá 3,0 puntos de cota de mercado a favor do consumo interno e India 0,4 puntos. Canadá ce-derá 2,0 puntos nas súas exportacións de carne, pero a fi nais de 2019 estará a exportar 1,2 millóns de animais vivos ao mercado estadounidense.

Figura 1. Produción e comercio mundial da carne de vacún, porcino e pito, entre os períodos 1999-2009 e 2009-2019 (FAPRI, 2010).

Figura 2. Principais países produtores de carne de vacún no Mundo en 2019 (FAPRI, 2010).

Produción vacún Produción porcina Produción avícola

Comercio vacún Comercio porcino

Millóns de toneladas métricas

Comercio avícola

Ternera Gallega | 15

Informe

No ano 2019, rusia, Xapón e México serán os receptores de algo máis da terceira parte das importacións de carne de vacún realizadas a nivel mundial. outros importantes países importadores serán Corea do sur, Fi-lipinas, China, exipto e Taiwán.

Aínda que as previsións a fi nais de 2019 para o consumo medio de carne de vacún no Mundo situaranse próxi-mas aos 10 kg/hab/ano, existen con-siderables diferenzas a nivel mundial. os países americanos e Australia teñen unha gran cultura de consumo de carne de vacún, con cantidades que varían entre os 60 kg de Arxen-tina, 18,5 kg en México e os 34,5 kg/hab/ano en Australia. A tendencia na evolución do consumo nos países emerxentes aseméllase bastante ao modelo americano e australiano. Na Ue existen tamén enormes diferenzas entre os distintos estados membros, desde os 27 kg en Francia, 14 kg en españa ata os 4 kg/hab/ano en Polo-nia. o consumo de carne de vacún na Ue descendeu un 0,5% en 2009 e a longo prazo, confírmase esta tenden-cia á baixa para a próxima década. Na fi gura 4 móstrase a evolución no consumo per cápita dos principais tipos de carne no Mundo, durante o próximo decenio.

Figura 3. Cota de mercado (%) dos principais países exportadores de carne de vacún (FAPRI, 2010)

Porcentaxe

*Basado nas exportacións netas

Kilogramos por persoa

Carne de vacún Carne de porco Carne de ave

Figura 4. Evolución do consumo per cápita das diferentes carnes a nivel mundial, entre os períodos 1999-2009 e 2009-2019 (FAPRI, 2010).

16 | Ternera Gallega

Informe

os prezos percibidos polos produto-res de vacún a nivel mundial son ta-mén moi variables. os produtores xa-poneses son os que teñen os prezos máis altos, intermedios na Ue e esta-dos Unidos, e prezos máis baixos en brasil, Arxentina e Australia. Para a próxima década, na Ue prevese unha evolución positiva nos prezos ao pro-dutor, cun incremento do 8,7% a finais de 2019 (figura 5).

2. Sector do vacún de carne na Unión Europea-27

A produción de carne de vacún na Ue caerá un 0,35% durante o período 2009-2019. As causas probablemen-te teñan que ver coas medidas de desacoplamento do apoio ao sec-tor vacún, que comezou en 2007, e a unha diminución no censo de vacas leiteiras, principalmente. A partir do ano 2003, a Ue converteuse nun pe-queno importador de carne de vacún e manterá esta posición para o resto do decenio.

As previsións para o final desta déca-da, en canto á produción de carne de vacún na Ue, sitúanse en 7,97 millóns de toneladas, mentres que o consumo estará próximo aos 8,38 millóns de to-neladas. Polo tanto, a Ue necesitará importar preto de 408.000 toneladas de carne para cubrir a súa deman-da. os principais estados membros produtores de carne de vacún na Ue son Francia (21,5%), Alemaña (15%), reino Unido (11%), Italia (10,5%) e españa (7,2%). No conxunto da Ue,

só catro estados membros presentan unha taxa de aprovisionamento de carne de vacún inferior a 100, españa (90%), reino Unido (75%), Italia (60%) e Portugal (53%).

Durante a última década, o censo de vacas leiteiras na Ue decreceu un 11%, e no 2009 era de 24,1 millóns de reprodutoras, mentres que o censo de vacas nodrizas mantívose estable, ao redor de 12,4 millóns de cabezas. Queda por ver cal será o efecto do fin da PAC, en decembro de 2013, sobre o censo de vacas nodrizas na Ue. Todo apunta a que a medio e longo prazo, o censo de gando vacún na Ue seguirá decrecendo e por tanto, o sector de vacún de carne perderá estrutura, o que favorecerá un incremento das importacións de animais vivos.

Figura 5. Evolución dos prezos percibidos polos produtores da carne de vacún, porcino, pito e ovino na UE no período 2009-2019 (FAPRI, 2010).

Vacún Porcino Polo Ovino

EEMM

Produción Consumo TasaAprovisionamento

1000 x Tm 1000 x Tm Kg/hab/ano

FranciaAlemañaReino UnidoEspañaPoloniaItaliaIrlandaPaíses BaixosBélxicaAustriaPortugalUE-27

1.7141.1948505683868355363622652191047.970

1.6181.0201.1286281851.395993002061461968.060

25,112,518,413,74,923,222,218,218,517,518,416,5

1061177590209605411211291505399

Figura 6. Produción e Consumo de Carne de Vacún en 2009 na UE (Institut de L´Elevage, 2010)

3. Sector do vacún de carne en España

Na actualidade, españa conta cun censo de 3.028.300 reprodutoras, das cales 828.300 son vacas leiteiras e o resto vacas nodrizas ou de cría. As previsións a medio e longo prazo son unha redución do censo de vacas leiteiras e, se antes do 2013 non cam-bian moito as cousas, tamén diminui-rá o censo de vacas nodrizas, polo que a estrutura do sector de carne de vacún pode quedar fortemente dana-da e moi dependente da importación de animais vivos para o cebo.

Nos últimos 10 anos, españa alcanzou o máximo de produción de carne de vacún no ano 2005, con 715.332 tone-ladas, e desde entón a produción foi decrecendo ata as 598.431 toneladas do ano 2009 (eurostat, 2010). As cau-sas desta caída na produción son basicamente a perda de censo, fun-damentalmente de vacas leiteiras, e a escasa competitividade do sector fronte ao aumento dos prezos das materias primas utilizadas na fabrica-ción de pensos compostos.

españa debería traballar para asegu-rar a estabilidade no sector de vacas nodrizas, mellorando a súa competiti-vidade e fortalecer así a estrutura do sector de carne de vacún. Igualmente, é necesario incidir en aumentar a de-manda ou consumo de carne de vacún. Para iso o sector necesita cambiar e innovar, buscando novos produtos con maior valor engadido que respondan aos gustos do consumidor.