VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo)....

14
Colexio María Inmaculada Carmelitas VIGO www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2 o BACH Departamento de Ciencias Páxina 1 TEMA 6 OS ESPAZOS INDUSTRIAIS 1. MATERIAS PRIMAS: comentario do mapa. 2. FONTES DE ENERXÍA As fontes de enerxía son aqueles recursos naturais que se utilizan para producir enerxía, que é a forza necesaria para realizar un traballo. En España existe un desequilibrio entre produción e consumo, que aumentou de xeito paralelo ao desenvolvemento económico, sendo necesario depender das importacións ( dependencia enerxética). Na actualidade está a descender o consumo industrial, aumentando o doméstico, transportes e servizos. Cando se iniciou o proceso industrializador a enerxía máis empregada era o carbón, pero desde a década de 1960 impúxose o petróleo, ao que se engadiu o gas natural, hidroeléctrica, nuclear e, máis recentemente, as enerxías alternativas. As enerxías poden clasificarse segundo diversos criterios, sendo a diferenza mais importante a que existe entre as esgotables (combustibles fósiles e uranio) e as renovables (auga, vento, sol, mareas, calor interno da terra e biomasa). 2.1. FONTES DE ENERXÍA CONVECIONAIS 2.1.1. FONTES PRIMARIAS O primeiro grupo está formado polos combustibles fósiles, fontes de enerxía non renovables que, entre outros problemas, son escasas en España e altamente contaminantes polas emisións de CO 2 . A) CARBÓN É unha rocha sedimentaria fósil formada pola descomposición de restos vexetais ao longo de millón de anos. A calidade e poder calorífico depende da antigüidade no proceso de formación: antracita e hulla (era Primaria) e lignito (era Secundaria). Foi a enerxía máis empregada na primeira Revolución Industrial, continuando o uso durante a Guerra Civil e a posguerra, para ser desprazada polo petróleo na época do desenvolvementismo. A crise do petróleo de 1973 impulsou de novo o seu consumo. Desde 1984 o consumo mantense, pero descende a produción debido aos problemas do sector en España: - Esgotamento dos depósitos máis ricos. A baixa calidade dos restantes limita a rendibilidade. - Diminución da demanda doméstica e industrial.

Transcript of VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo)....

Page 1: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 1

TEMA 6 OS ESPAZOS INDUSTRIAIS

1. MATERIAS PRIMAS: comentario do mapa.

2. FONTES DE ENERXÍA

As fontes de enerxía son aqueles recursos naturais que se utilizan para producir

enerxía, que é a forza necesaria para realizar un traballo. En España existe un

desequilibrio entre produción e consumo, que aumentou de xeito paralelo ao

desenvolvemento económico, sendo necesario depender das importacións (dependencia

enerxética). Na actualidade está a descender o consumo industrial, aumentando o

doméstico, transportes e servizos.

Cando se iniciou o proceso industrializador a enerxía máis empregada era o carbón,

pero desde a década de 1960 impúxose o petróleo, ao que se engadiu o gas natural,

hidroeléctrica, nuclear e, máis recentemente, as enerxías alternativas.

As enerxías poden clasificarse segundo diversos criterios, sendo a diferenza mais

importante a que existe entre as esgotables (combustibles fósiles e uranio) e as

renovables (auga, vento, sol, mareas, calor interno da terra e biomasa).

2.1. FONTES DE ENERXÍA CONVECIONAIS

2.1.1. FONTES PRIMARIAS

O primeiro grupo está formado polos combustibles fósiles, fontes de enerxía non

renovables que, entre outros problemas, son escasas en España e altamente

contaminantes polas emisións de CO2.

A) CARBÓN

É unha rocha sedimentaria fósil formada pola descomposición de restos vexetais ao

longo de millón de anos. A calidade e poder calorífico depende da antigüidade no proceso

de formación: antracita e hulla (era Primaria) e lignito (era Secundaria). Foi a enerxía máis

empregada na primeira Revolución Industrial, continuando o uso durante a Guerra Civil e a

posguerra, para ser desprazada polo petróleo na época do desenvolvementismo. A crise do

petróleo de 1973 impulsou de novo o seu consumo. Desde 1984 o consumo mantense, pero

descende a produción debido aos problemas do sector en España:

- Esgotamento dos depósitos máis ricos. A baixa calidade dos restantes limita a

rendibilidade.

- Diminución da demanda doméstica e industrial.

Page 2: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 2

- Explotación cara: vetas delgadas e fracturadas, a gran profundidade...

-Entrada na CEE, que substituíu o proteccionismo tradicional por unha liberalización

dos prezos, obrigando a unha reconversión (1990), co conseguinte peche de minas. As

máis produtivas seguirán abertas con axudas públicas por considerarse estratéxicas.

Concas máis importantes: astur-leonesa-palentina, Teruel. As minas galegas

de As Pontes e Meirama están pechadas.

Produción: a extracción de antracita e hulla está practicamente detida; existen

reservas, pero non son rendibles. Algúns xacementos permanecen abertos para manter

os postos de traballo e reducir as importacións.

Importacións: EEUU, República Sudafricana, Australia e Indonesia.

Usos: O destino principal é a produción de electricidade nas centrais térmicas, que se

axustan á produción das centrais hidroeléctricas; tamén se utiliza como combustible na

industria siderúrxica e do cemento. As centrais térmicas localízanse preto dos

xacementos; preto dos portos cando funcionan con carbón importado ou cerca das

grandes cidades ás que abastecen (Bilbao, Barcelona).

B) PETRÓLEO

O petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de hidrocarburos,

resultado da descomposición de animais e plantas ao longo de millóns de anos; acumúlase

en capas sedimentarias, moitas veces asociado ao gas natural.

O consumo despegou en España na década de 1960, xa que era unha enerxía

barata que a industria empezou a usar masivamente. Trala crise do petróleo en 1973

adoptáronse medidas de aforro enerxético reducíndose o consumo. Desde entón continuou

o crecemento debido o desenvolvemento do transporte e o aumento do nivel de vida, con

periódicas oscilacións dos prezos en función da produción.

Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo).

Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

de 2011). Impórtase en cru, sendo procesado en refinerías localizadas na costa (agás

Puertollano), xa que se transporta por mar ou oleodutos.

Usos: produción de electricidade en centrais térmicas, que se reduciron desde 1975;

industria (como combustible e materia prima –fertilizantes, plásticos...-), transporte

(gasolina, gasóleo, queroseno) e consumo doméstico.

Page 3: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 3

· Coxeración. Consiste na produción de enerxía eléctrica e enerxía térmica a partir dun

único combustible. Por exemplo, utilizar a calor que desprende unha turbina na produción

de enerxía eléctrica convencional para outros usos como a calefacción, evitando que os

gases saian á atmosfera.

· Ciclo combinado. É unha variante da coxeración. Utiliza dúas turbinas: unha movida

pola combustión do gas e outra polos gases resultantes que se empregan nun circuíto

convencional de vapor.

C) GAS NATURAL

O gas natural é unha mestura de hidrocarburos gasosos, na que predomina o

metano. Atópase en depósitos subterráneos, só ou asociado ao petróleo. O consumo

iniciouse en 1969 e medrou considerablemente debido ao alto poder calorífico, prezo máis

competitivo e menor contaminación.

Produción: insignificante, localizándose en especial en Huelva e Sevilla.

Importación: Alxeria, Nixeria, Perú, Golfo Pérsico (Qatar). Transpórtase por barco e

gasodutos (gasoduto desde Alxeria por Cádiz; conexións con Portugal por Badaxoz e

Tui; gasoduto desde Noruega por Larrau-Francia).

Usos: industria química e consumo doméstico, produción de electricidade en centrais

térmicas convencionais ou, sobre todo, de ciclo combinado*, que se localizan cerca

dos portos importadores ou ao longo dos principais gasodutos.

2.1.2. FONTES SECUNDARIAS: A ELECTRICIDADE

A electricidade é inha forma de enerxía ou enerxía secundaria que se pode obter de

diferentes fontes, tanto convencionais como alternativas: centrais térmicas, nucleares,

hidroeléctricas, eólicas, solares...

O seu uso comezou en España en 1875 e ata 1925 a produción facíase en

pequenas centrais. De 1925 a 1960 construíronse numerosos encoros, aumentando a

produción, que se freou durante a Guerra Civil e a fase da autarquía. Desde 1960, co inicio

do desenvolvementismo, o crecemento foi enorme e construíronse grandes centrais

hidroeléctricas, térmicas e nucleares. Desde 1985 a produción segue crecendo para

atender un maior consumo. Nos últimos anos potenciáronse as enerxías renovables.

A) ENERXÍA TERMOELÉCTRICA

Procede da combustión do carbón, o petróleo ou o gas natural. Como non teñen

dependencia do medio, as centrais térmicas están moi dispersas segundo a enerxía

Page 4: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 4

utilizada: cerca de minas e portos (carbón), refinerías ou gasodutos. Algunha das centrais

máis importantes son a de As Pontes (A Coruña), Andorra (Teruel) ou Compostilla (León).

Son moi contaminantes, pero presentan a vantaxe da regularidade da produción. Moitas

centrais estanse transformando en centrais de gas de ciclo combinado. A primeira

inaugurouse en San Roque (Cádiz) en 2002.

B) ENERXÍA HIDROELÉCTRICA

É unha enerxía renovable que se obtén da auga embalsada que salta por unha

canalizacións e move unhas turbinas conectadas a un xerador, que transforma esta enerxía

mecánica en eléctrica.

Foi moi importante desde 1940, pero a mediados dos 70 viuse superada pola

termoeléctrica e a nuclear. Actualmente representa en torno ao 15% da produción total de

electricidade.

A pesar das vantaxes, como ser renovable e non contaminante, os principais

inconvenientes son as flutuacións da produción en función das precipitacións, a

dependencia do medio e as alteracións ecolóxicas que provoca nel (impide a migración de

certas especies e a construción das presas inundou zonas habitadas e terras de cultivo).

Produción: A produción varia coas diferenzas de caudal, por iso os encoros de maior

capacidade están nas concas do norte peninsular, que presentan as condicións máis

favorables (ríos encaixados, desniveis, caudal abundante e regular): San Estevo e

Belesar (conca do Miño), Aldeadávila ou Saucelle (Douro), Alcántara (Texo) ou

Mequinenza (Ebro).

C) ENERXÍA NUCLEAR

A enerxía nuclear de fisión obtense a partir da enerxía liberada pola fisión de

átomos de uranio (ou plutonio). É unha enerxía recente, que empezou a desenvolverse nos

anos 70 como alternativa ao petróleo grazas a súa elevada potencia enerxética e a

dispoñibilidade de reservas de uranio a prezos competitivos. Outra das súas vantaxes é que

non emite CO2 e como inconveniente poderíase destacar a dependencia de tecnoloxía

exterior a súa perigosidade.

Desde 1984 a moratoria nuclear paralizou a posta en funcionamento de novas

instalacións, forzada pola oposición da opinión pública ante a perigosidade e inseguridade

desta enerxía polo risco de fugas, o custo de desmantelamento das centrais inactivas e o

problema de almacenamento dos residuos radioactivos (existe un centro de almacenamento

de residuos de baixa e media actividade en El Cabril-Córdoba). Na actualidade aínda

Page 5: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 5

persiste o debate sobre o seu futuro.

Produción de uranio: os xacementos españois xa non son explotados, utilizándose

uranio importado de Níxer.

Usos: produción de electricidade nas centrais nucleares (6 centrais e 8 reactores) e en

medicina (radioloxía e radioterapia).

Produción eléctrica: A primeira central nuclear foi a José Cabrera de Zorita

(Guadalaxara); inaugurouse en 1968 e deixou de funcionar en maio de 2006. Na

actualidade hai 6 centrais en funcionamento con 8 reactores: Santa María de Garoña

(Burgos), Almaraz I e II (Cáceres), Ascó I e II e Vandellós II (Tarragona), Cofrentes

(Valencia) e Trillo I (Guadalajara). A central de Vandellós I está en desmantelamento.

2.2. ENERXÍAS RENOVABLES

Proceden de recursos inesgotables e son limpas; no teñen dependencia do medio

e a gran diversidade natural de España permite dispoñer de fontes variadas: sol, vento,

calor interno da terra... Empezaron a usarse como alternativa ás convencionais coa crise do

petróleo, para reducir a dependencia enerxética. Hoxe tamén é importante para o seu

desenvolvemento a conciencia ambiental. Existe un Plan de Enerxías Renovables (PER)

desde 1986; nestes momentos está en vigor o Plan 2011-2020, que pretende que nese ano

estas enerxías supoñan o 20% da enerxía consumida.

1. Enerxía de biomasa, producida a partir de residuos biolóxicos orgánicos: agrícolas,

gandeiros, forestais, industriais ou urbanos. Estes residuos producen, mediante

combustión, enerxía térmica ou electricidade e, mediante fermentación, biogás.

Tamén existe a biomasa verde, cultivos enerxéticos para producir biocarburantes

para o transporte: da remolacha e os cereais obtense bioetanol; do xirasol e a colza,

biodiesel. Esta enerxía está máis implantada nas dúas Castelas e Andalucía.

A combustión de biomasa emite CO2 e xofre en proporcións moito menores que os

combustibles fósiles e resolve o tratamento dos residuos, aínda que ten menores

rendementos que os combustibles convencionais.

2. Enerxía eólica. Aproveita a forza do vento para producir electricidade con

aeroxeradores. Experimentou un gran crecemento na última década, sobre todo en

Galicia, Navarra, Aragón, as dúas Castelas, Andalucía e Canarias ao recibir apoios

por parte das comunidades autónomas.

3. Enerxía solar. Usa a enerxía do sol en forma de luz e calor. A enerxía térmica

baséase en placas nas que se quenta auga nun circuíto para o consumo doméstico.

As centrais solares termoeléctricas utilizan espellos para concentrar a enerxía

Page 6: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 6

solar e lograr a potencia necesaria para producir vapor, que se transformará en

electricidade (Sanlúcar La Mayor, en Sevilla será a máis potente de Europa). As

centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para producir directamente enerxía

eléctrica.

4. Enerxía xeotérmica. Aproveita augas quentes subterráneas ou ben a calor interior

da terra para infiltrar auga que sae a presión ou en forma de vapor. Emprégase en

invernadoiros, granxas ou vivendas.

5. Enerxía maremotriz. Utiliza o movemento das mareas. En España existen centrais

experimentais no Cantábrico.

Page 7: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 7

O PROCESO DE INDUTRIALIZACIÓN EN ESPAÑA (1855-1975)

1. Fases

1.1 Os inicios da industrialización (1855-1900)

España experimentou un proceso industrializador tardío con respecto a outros países da

Europa occidental; o excesivo peso da agricultura e a escasa tradición industrial contribuíron

a este retraso.

Ademais non conseguiu un pleno desenvolvemento da industria e o proceso orixinou

fortes desequilibrios sectoriais e rexionais. Dous sectores* foron os protagonistas: a industria

téxtil algodoeira, centrada en Cataluña, e a siderúrxica, que se situou primeiro en Málaga para

localizarse posteriormente só en Asturias e País Vasco. Madrid, na súa condición de capital,

consolidou unha industria de bens de consumo.

Hai varias razóns que explicarían este fracaso:

Escaseza de materias primas e fontes de enerxía. España só dispón de carbón

mediocre e ferro e, desde a desamortización do subsolo coa Lei de Minas do Sexenio

Revolucionario, gran parte das minas serán explotadas por empresas estranxeiras que

buscarán o seu propio beneficio.

Falta dun espírito empresarial, xa que a reducida burguesía prefire investir na terra,

para imitar o modo de vida da nobreza, e non na industria.

Escaseza de capitais. A agricultura, que mantén as súas estruturas tradicionais, non

produce beneficios que podan impulsar o desenvolvemento industrial e ademais o

proceso desamortizador absorbeu os capitais que deberían terse investido na

industria; o Estado está endebedado non pode asumir a función investidora que non

leva a cabo a iniciativa privada.

Dependencia tecnolóxica. As máquinas debían importarse de países con procesos

industriais máis avanzados como Gran Bretaña.

Demanda limitada. A maioría da poboación está formada por un campesiñado con

reducido poder adquisitivo, dando lugar a un mercado interior case inexistente.

Inadecuada política industrial. O proteccionismo será a tónica dominante durante

este período, con aranceis que limitaban as importacións, para evitar a competencia

dos produtos importados, sen preocuparse da modernización tecnolóxica.

1.2 O primeiro terzo do século XX

Será un período de desenvolvemento industrial favorecido por:

Page 8: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 8

A conxuntura favorable propiciada pola neutralidade española na I Guerra

Mundial, o que a converteu en abastecedora dos países en guerra,

impulsando a minería do carbón e a industria siderúrxica.

O aumento dos investimentos, tanto pola repatriación de capitais desde

Cuba tralo desastre do 98 como polos beneficios xerados polas exportacións

durante a I Guerra Mundial.

A incorporación dos avances da segunda fase da industrialización, como a

electricidade ou o petróleo.

A política gobernamental. O mantemento do proteccionismo permitiu

eliminar a competencia exterior, mentres que o intervencionismo de Primo de

Rivera impulsou numerosos sectores, entre eles a siderurxia e o cemento

debido á construción de numerosas obras públicas, a electricidade...

1.3 A Guerra Civil e a posguerra (1936-1959)

Aos efectos da crise do 29 sumáronse as destrucións da Guerra Civil e a escaseza

da posguerra, prolongada pola política autárquica que se baseaba na autosuficiencia,

pero que non podía superar o lastre da falta de fontes de enerxía, materias primas,

capitais e tecnoloxía. Foi importante a creación do INI (1941), un holding* estatal que

investía nos sectores estratéxicos que non podían ser financiados pola iniciativa privada:

siderurxia, construción naval, petroquímica...

O ano 1953 marca un punto de inflexión: o acordo asinado con EE.UU. permite un

abandono progresivo da autarquía, que culminará en 1959 co Plan de Estabilización.

1.4 A época do desenvolvementismo (1959-1975)

A aplicación do Plan de Estabilización supuxo unha liberalización progresiva da

economía española, permitindo a importación de enerxía, materias primas, capitais e bens

de equipo, así como unha estabilidade monetaria que servirá de base para o futuro

crecemento industrial. Unha conxuntura internacional en alza, abundante man de obra e

demanda grazas ao crecemento demográfico e o maior poder adquisitivo e unha política

económica adecuada posibilitan un enorme crecemento da industria. A financiación

procederá dos investimentos das multinacionais, atraídas polos baixos custos de

produción, as remesas dos emigrantes e os ingresos procedentes do turismo.

Os Plans de Desenvolvemento pretendían unha planificación do crecemento

económico mediante plans cuadrienais, inspirados no modelo francés, que debían corrixir

os desequilibrios rexionais. Foron aplicados entre 1964 e 1975, centrándose nas

seguintes actuacións:

Page 9: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 9

Creación dos polos de desenvolvemento e os polos de promoción

industrial en áreas urbanas de rexións deprimidas nas que se establecerían

de forma inducida industrias que debían actuar como motores de

desenvolvemento, atraendo a outras industrias. Os polos de

desenvolvemento instaláronse en cidades que xa contaban con algunhas

industrias: A Coruña, Vigo, Valladolid, Zaragoza e Sevilla (primeiro plan) e

Logroño, Córdoba, Granada, Oviedo e Vilagarcía de Arousa (segundo plan).

Os polos de promoción industrial (Burgos e Huelva), en áreas máis

deprimidas nas que apenas había infraestruturas.

O Estado concedía incentivos (subvencións iniciais, créditos,

desgravación, solo barato, infraestruturas e axudas para a formación de

técnicos) ás empresas, que pertencían a sectores como o petroquímico,

industria automobilística...

Os resultados non cumpriron as previsións iniciais, en especial nas

áreas máis deprimidas, e perpetuaron as desigualdades rexionais. Aínda así a

produción cuadriplicouse con respecto ao nivel de partida e España acadou un

dos índices de crecemento industrial máis altos de Europa occidental,

aumentando a poboación activa do sector secundario.

Outras actuacións foron as zonas de preferente localización industrial, de

menor consideración que os polos; os polígonos de preferente localización

industrial e as grandes áreas de expansión industrial, que formaban parte

do último plan e abarcaban a totalidade das rexións máis atrasadas como

Galicia, Andalucía, Estremadura e as dúas Castelás.

Nas grandes aglomeracións urbanas creáronse polígonos de

desconxestionamento industrial aos que se trasladaría parte da industria

das zonas máis saturadas.

Galicia é unha das rexións mais beneficiadas polas iniciativas industrializadoras dos

anos 50 e 60. Cunha industria que ata o momento estaba centrada nos sectores naval e

conserveiro, o aperturismo dos 50 permitiu a instalación de Citroën Hispania en Vigo (1957),

cidade que será un dos polos de desenvolvento xunto con A Coruña e Vilagarcía. A partir de

1960 serán os capitais estranxeiros ligados a multinacionais do sector alimentario como

Nestle ou Coca-Cola os que favorezan o desenvolvemento.

2 A crise e reestruturación industrial (1975-1985)

2.1 Causas e consecuencias da crise

Page 10: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 10

Coincidindo co cambio político que supuxo o fin da ditadura, a industria española

tivo que enfrontarse á crise económica dos anos 70, que ten causas tanto externas

como internas.

Causas externas

A principal é a suba dos prezos do petróleo que se iniciou en 1973, disparando

os custos de produción. Ao mesmo tempo estaba a desenvolverse a terceira revolución

industrial, caracterizada pola aparición de novas tecnoloxías (microelectrónica,

informática, telecomunicacións), novos sectores industriais (robótica, aeronáutica...) e

novas formas de produción (automatización, descentralización), que esixiron cambios na

estrutura industrial. Os sistemas de produción han de ser máis flexibles para adaptarse a

unha demanda cada vez máis esixente en canto a calidade, deseño e variedade da

oferta.

A mundialización da economía leva consigo unha división internacional do

traballo: a produción trasládase a novos países con man de obra barata, o que lles

permite ser moi competitivos. Os NPI asiáticos especializaranse tanto nas industrias

tradicionais (naval, téxtil, calzado...) como nos novos sectores (electrónica...).

Causas internas

A industria española terá dificultades para adaptarse a esta nova situación. A

produción centrábase en sectores tradicionais cunha forte dependencia exterior en canto

a enerxía, tecnoloxía e capitais. A difícil situación política, en plena transición, retrasou

a aplicación de medidas efectivas para paliar os efectos da crise, que se traduciu en

peches de empresas, descenso da produción (reducíndose a achega da industria ao PIB),

endebedamento e paro. España consolidouse como unha economía semiperiférica.

2.2 A política de reestruturación

As medidas aprobadas pola OCDE (Organización para a Cooperación e o

Desenvolvemento Económico) aplicáronse en España con retraso. A reestruturación

industrial centrouse en dous aspectos que se levaron a cabo con axudas estatais:

Reconversión industrial.

- O obxectivo da Lei de Reconversión e Reindustrialización aprobada en

1984 era introducir reformas nas industrias para facelas viables e

competitivas.

- As medidas adoptadas foron o axuste da oferta á demanda, a regulación

de emprego, o saneamento financeiro e novos sistemas de organización e

xestión, que inclúen a modernización tecnolóxica e a especialización.

Page 11: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 11

- Os sectores máis afectados foron os sectores maduros como metal,

construción naval, electrodomésticos, equipos eléctricos e electrónicos,

téxtil e calzado.

- Os resultados presentan un balance negativo cunha forte redución de

emprego e unha actuación centrada na industria pesada e de bens de

equipo, quedando excluídas as industrias de consumo. A adhesión de

España á CEE, que esixiu unha segunda reconversión a partir de 1991,

agravou de novo a situación.

Reindustrialización.

- O obxectivo era recompoñer o tecido industrial e diversificar a industria

das zonas moi especializadas, recuperando os postos de traballo perdidos

anteriormente.

- A principal actuación foi a creación das Zonas de Urxente

Reindustrialización (ZUR*) en 1983, seis áreas (Vigo-Ferrol, Asturias, ría

do Nervión, baía de Cádiz, Barcelona e Madrid) nas que nun breve período

se instalarían empresas que diversificarían a produción e xerarían postos

de traballo estables, con incentivos fiscais e subvencións por empregar a

parados.

- Os resultados non cumpriron as expectativas debido a que a medida creou

menos emprego do previsto e beneficiou a grandes empresas de Barcelona

e Madrid, acentuando os desequilibrios rexionais.

Page 12: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 12

O TECIDO INDUSTRIAL ESPAÑOL E OS SEUS CONTRASTES

O tecido industrial español pasou dunha paisaxe de núcleos illados con pouca conexión

entre sí, a unha paisaxe de eixes conectados. No tecido industrial español destacan o eixe do

val do Ebro e o eixe do Mediterráneo, que concentra aproximadamente o 50% do volume total

de negocios, e o área de Madrid.

O eixe do val do Ebro. Conecta as áreas industriais do Pais Vasco coa de Cataluña,

a través dos núcleos ou nodos de Zaragoza e Logroño, e tende a vincularse coa área

industrial de Madrid

O eixe do Mediterráneo. Constitúe o 50% da cifra total de negocio industrial e une as

rexión industriais de Murcia, Comunidade Valenciana e Cataluña. Este corredor

prolóngase ata Francia, conectándose co eixe europeo do Mediterráneo que chega

ata o norte de Italia. Por o Val do Ródano enlaza coa gran dorsal europea que reune

as rexións industriais máis activas de Europa.

A área industrial de Madrid. Moi desenvolvida, aporta o 10% do volume de negocios

da industria española. Pola súa centralidade atrae a sectores de alta tecnoloxía

(aeronaútica) e ao capital inversor estranxeiro.

O resto de España presenta unha industrialización notablemente inferior o muy sectorial:

Andalucía. Ainda que presenta un bo nivel de negocio industrial (10% do total

español), tende á concentración industrial na rexión occidental (Sevilla, Cádiz,

Huelva).

A cornisa cantábrica e Galicia. Constitúe un eixe secundario (10% da producción

industrial), basado sobre todo na siderurxia e os productos metálicos, sectores en

crise.

A zona central. En xeral pouco industrializada, ainda que destaca Valladolid e

Burgos. Cun 40% do territorio apenas alcanza o 10% do volume industrial, ainda

que nos últimos anos incrementou o peso industrial.

Illas Baleares e Canarias. Os arquipélagos están pouco industrializados e

presentan un predominio da industria extractiva e do petróleo, energía e auga, por

razóns de abastecemento.

Os sectores industriais

Para analiar a industria se agrupa en: sectores maduros, de intensidade tecnolóxica

baixa e escasa demanda, sectores dinámicos de tecnoloxía media e boas perspectivas

de mercado e sectores de alta tecnoloxía, cunha demanda crecente.

Sectores maduros en proceso de reconversión

Page 13: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 13

Son sectores tradicionais, que foron protagonistas do crecemento industrial dos anos

60-70 e agora se ven afectados polo descenso da demanda, a falta de competitividade e

as esixencias da política da UE, que obrigaron á súa reconversión.

Industria básica e transformados metálicos. Componse de varios subsectores:

- Siderurxia integral. Inclúe a obtención de aceiro nos altos fornos a partir do mineral

de ferro e outros procesos como o laminado. Co peche de Altos Fornos do

Mediterráneo e Altos Fornos de Biscaia (en 1996 cesaron a súa actividade,

disolvéndose en 2005), quedou reducida á siderurxia asturiana, privatizada e

fusionada con empresas europeas (a multinacional Mittal-Arcelor), o que diminuíu

custos e permitiu diversificar a produción.

- Siderurxia non integral: obtén aceiro a partir de ferralla en fornos eléctricos.

- Transformados metálicos. Fabrica maquinaria en País Vasco, Barcelona e Madrid.

Electrodomésticos de liña branca. Está reorganizándose: concentración de

empresas, diversificación da produción. Localizada en Navarra , País Vasco...

Construción naval. Foi un sector moi afectado pola reconversión., está concentrada

en Galicia, Cantabria, País Vasco e Andalucía. Debido ao descenso da demanda está

a reorientarse cara outras actividades: iates de recreo, reparación de buques. As

axudas do FSE permitiron a reconversión dos estaleiros de Ferrol (Navantia) e Vigo

(Barreras); en Galicia existen ademais multitude de pequenas empresas do sector

(moitas delas na Ría de Vigo).

Industria téxtil, do coiro e o calzado. A primeira está centrada en Cataluña; xunto co

algodón e a la tradicionais, destaca a rama das fibras sintéticas, moi concentrada, e o

minifundismo empresarial do sector da confección. O coiro e o calzado localízanse na

Comunidade Valenciana e están a sufrir a competencia de países máis baratos, polo

que deben orientarse aos produtos de calidade.

En Galicia existe gran número de pequenas empresas do sector da confección

ademais do grupo Inditex (Arteixo-A Coruña).

Sectores dinámicos

Son sectores especializados e capitalizados (presenza de capital estranxeiro) que

se adaptaron ás novas esixencias do mercado por posuír unha estrutura flexible:

Industria do automóbil. Coa reconversión realizada polas multinacionais e as axudas

estatais estase robotizando e afrontando novos retos. Gran parte da produción

destínase á exportación. Na actualidade atópase ameazada polo perigo da

deslocalización, que suporía o traslado das plantas a países con custos máis

reducidos. Existen plantas importantes en Vigo (Citroën), Valladolid, Valencia,

Page 14: VIGO GEOGRAFÍA 2 BACH 6 OS... · Produción española é insignificante (Tarragona, Ayoluengo). Importación: Irán, Arabia Saudí, México, Irak, Rusia e Nixeria, por esa orde (outubro

Colexio María Inmaculada

Carmelitas – VIGO

www.hhcarmelitas.com GEOGRAFÍA 2o BACH

Departamento de Ciencias Páxina 14

Zaragoza e Madrid. En Galicia tamén se asentan empresas adicadas á fabricación de

carrocerías e vehículos especiais como Castrosúa e URO (Santiago).

Industria química. Moi importante, aínda ten que superar deficiencias, como a

dependencia de capital estranxeiro e a escasa capacidade investigadora.

Comprende dous subsectores:

o A petroquímica, que está integrada nas refinerías: A Coruña, Puertollano,

Cartagena.

o A química de transformación, formada por pequenas empresas e moi

diversificada (colorantes, pinturas e vernices, perfumería, produtos

farmacéuticos, fertilizantes, papel...) e centrada en Madrid, Cataluña e País

Vasco.

Industria agroalimentaria. De pequeno tamaño e moi dispersa, aínda que tamén

haxa participación de multinacionais, ten como obxectivo fomentar as exportacións.

Localízase no litoral mediterráneo e Andalucía. En Galicia destacan as conservas de

peixe, conxelados de produtos do mar, sector lácteo, augas minerais e o Grupo Coren.

Sectores punteiros

Son as industrias de material eléctrico e electrónico, ordenadores, instrumentos

de precisión, biotecnoloxía... Trátase dun sector moi localizado (Madrid, Andalucía, País

Vasco)

Desenvolvéronse con retraso (a partir da incorporación na UE), debido a

dificultades como a dependencia exterior en investigación e tecnoloxía pola falta de

investimentos (a pesar dos programas I+D), o reducido tamaño das empresas e a

escaseza de profesionais cualificados pola desvinculación entre a empresa e a

universidade. Por esta razón o peso do sector punta español dentro da UE é moi inferior a

de outros países.

Estas empresas localízanse en parques tecnolóxicos, situados cerca das

grandes cidades e dotados de infraestruturas e servizos, nos que conviven con centros de

investigación, e onde se experimentan novas empresas (incubadoras de empresas*).

Estes parques actúan como motores do desenvolvemento local, atraendo a outras

industrias.