Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e...

10
XOSÉ RICARDO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ Diplomado en Maxisterio e Corresponsal Deportivo da “Agencia EFE” en Maside. XOSÉ RICARDO RODRÍGUEZ PÉREZ Ex-concelleiro de Cultura do conce- llo de Maside, ten sido correspon- dente e colaborador en diversos medios de comunicación, falados e escritos. Autor de títulos como O noso Camiño de Santiago, O daco- Vila de Maside. Cadro de D. Juán Fernández Pérez “Xesta”. (Ano 1915) nés Xoan Corral, A agochada obra de Manuel Lois Vázquez, O Beato Juan Jacobo Fernández, e José Fco. González Labrador”, coautor de Toponímia e alcumes do Concello de Maside, a máis do Ourense Etnográfico. É compoñente do Centro de Estudios Chamoso Lamas.

Transcript of Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e...

Page 1: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

XOSÉ RICARDO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Diplomado en Maxisterio e

Corresponsal Deportivo da “Agencia

EFE” en Maside.

XOSÉ RICARDO RODRÍGUEZ PÉREZ

Ex-concelleiro de Cultura do conce-

llo de Maside, ten sido correspon-

dente e colaborador en diversos

medios de comunicación, falados e

escritos. Autor de títulos como O

noso Camiño de Santiago, O daco-

Vila de Maside. Cadro de D. Juán Fernández Pérez “Xesta”. (Ano 1915)

nés Xoan Corral, A agochada obra

de Manuel Lois Vázquez, O Beato

Juan Jacobo Fernández, e José Fco.

González Labrador”, coautor de

Toponímia e alcumes do Concello

de Maside, a máis do Ourense

Etnográfico. É compoñente do

Centro de Estudios Chamoso Lamas.

Page 2: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

21~

Maside vila atópase a uns 20 quilómetros deOurense. Sita na estrada que achega Pontevedraa Ourense.

Capital do municipio,pertencente ó partido xudicialdo Carballiño e á parroquia de Sto.Tomé de Maside.“A vila de Maside ten estructura urbana, de rúas per-pendiculares a un eixe,esta de pendente forzada porterse formado sobre un camiño. A edificación tenaspecto xeral de Idade Moderna e resultaría intere-sante a análise de varios edificios que manteñen aestructura orixinaria entre os que ven o conto falardo novo templo de Santo Tomé:

Na parte inferior da vila está asentada a igrexa neo-gótica aberta ó culto en 1910I sendo abade donFermín Fernández Pérez,o crego a quen se lle debenas xestións para que este templo fora o sustituto do

de Sto.Tomé O Vello na realización do culto parro-quial,crego que ten o cúmulo de protagonista da efe-mérides: Foi o derradeiro inquilino no pobo daIgrexa e da rectoral [na que morreu a súa criadacando foi pasto das lapas a casa]; ó sacerdote encar-gado de ter no vello Santo Tomé os derradeiros actoslitúrxicos como principal templo da freguesía; e xacomo consecuencia delo, o primeiro en estrea-lanova igrexa o sete de xaneiro do mesmo 1910, logoque o 3 de novembro do 1909 estando rematadas asobras ata o arranque da torre,co pavimento,pila bau-tismal, púlpito, confesionarios, tribuna, e tres altarescoas súas fermosas imaxes, etc, o crego don Fermínsolicita se declara habilitado o novo templo o ato-parse rematado,contando que de tódolos veciños dafreguesía viven na vila, e tan só cinco non residennela. [estase a referir os habitantes de Figueiredo].II

O novo templo foi froito do coordinado deseño

Santo Toméde Maside “O Vello”

R OMÁ N I C O ( S . X I I - X I I I )Xosé Ricardo Rodríguez Rodríguez

Xosé Ricardo Rodríguez Pérez

I. ESTÉVEZ PUGA José, “La nueva iglesia de Santo Tomé de Maside” (Orense). Boletín de Estudios do Seminario “Fontan-Sarmiento”. Nº 2º. Ano 1999.Pp. 73 á 88.II. ESTÉVEZ PUGA, José. “Maside e a súa antiga xurisdicción”. (1994). Px. 92.

Arquitectura popular

Page 3: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

22~

entre o asturiano arquitecto da diócese de Asturiasdon Luis Bellido, e o seu colega da de Ourense, o deBeariz don Daniel Vázquez-Gulias; edifico de cultoque supliu a capela de San Antón, onde se celebra-ban misas os días de preceuto,aboadas estas de xeitoestraordinario polo concello masidao.

Exteriormente este aire apenas se manifesta máis canos ventanais do cruceiro,biforos cun trifolio e unhacolumniña-parteluz. Hai influencia modernista naancha faixa que serve de trasdós e xambas de cadaarco.

A planta ten cinco corpos: portada e campanario,nave de tres tramos, cruceiro, capela maior, e semici-lindro inserto no muro posterior”. III

STO.TOMÉ “O VELLO”o templo románico

Nun principio, era parroquia titularda vila e pía bautismal a igrexarománica. Cando se construiu a vilaque foi cobrando máis importanciacada día mentres a parroquial deSto. Tomé ía quedando solitaria eillada no lugar da Igrexa,máis coñe-cido entre os masidaos comoMaside o Vello. Por esta e outrasrazóns este recinto pasou a ser sócemiterio da vila, cabeceira daparroquia, gracias ó cal se conser-vou en pé o pequeno templo romá-nico, como servicio para o campo-santo.

A igrexa de Sto.Tomé “O Vello”gozadun privilexiado emprazamentoposta nun outeiro de grata pres-pectiva, servindo de centro do cam-posanto presidido por un airoso eelegante cruceiro neoclásico.

O templo de Sto.Tomé de Maside éun bo exemplar de tipo tan fre-cuente no románico rural deGalicia.Dunha soa nave rectangularde 8’5 metros con capela maiorcadrada duns catro metros de lado,e que lle dá ó templo unha lonxitu-de total de pouco máis de docemetros.

Orientado de Este a Oeste, na súarecta cabeceira ábrese unha ventá absidal de arcoredondo con catro arquivoltas de touro e escocia amáis interior, funiculada a seguinte sobre a que vaioutra de arquiños e albergando o conxunto un arcode fino “abilletado”.Esta arcatura descansa en sendascolumnas con intermedio dunha imposta de nacela.Os fustes das columnas son liso un, con capitel figu-rando a primitiva serea ou sexa, con busto de mullere corpo de ave e salomónico o outro con capitelrepresentando un home barbado e con ás.

Esta preciosa fiestra ten saeteira e vai protexidapor un pequeno “tejaroz” losanxeada con seis can-zorros e cinco metopas. O primeiro e o último dos“canes” son de folla cunha bola na punta volta,outro hai de rollos e os restantes son sinxelos. As

III. CID RUMBAO, Alfredo, “Ejemplares románicos en el municipio de Maside” xornal “La Región”, (Ourense) do 6-IV-82.

Torre da Casa do Concello de Masid,, A.M.Villaba, 2001

Page 4: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

23~

Por riba da portada ábrese unha saeteira e rema-tando a fachada álzase unha esbelta espadaña,rematada munha pequena cruz, con dous buratosarqueados para os sinos. Estes arquiños apóianseen tres pilastras co intermedio dunha imposta mol-durada.

Sospéitase que a data de reconstrucción da espada-ña: “Siendo cura Joseph P.H.R.,1633”, [inscriciónnunha das pedras do frontis, a esquerda da portada,a 2’5 m. da base da espadaña, tomada o 24-8-1970] éa mesma en que se ampliou a igrexa engadindo unhacapela na parte norte que se comunica coa maiormediante un amplo arco sobre pilastras molduradascon capiteis do mesmo tipo que substitue o murodesta parte da ousía. Este edículo ten unha pequenaporta adintelada para sair ó atrio.

Interiormente a capela maior é cadrada estandoseparada da nave por un arco “toral”de medio puntoperaltado sobre columnas adosadas con interesantescapiteis dos cales o da dereita representa un homecon báculo posto entre un mono e unha águia consendos libros nas gadoupas.

O seu cimacio é un tallo ondulado e a base é áticacon poutas.

No outro capitel, o da esquerda, vense dezaseis pom-bas postas sobre as pólas dunha árbore que as estánpeteirando, e que como as landras son a súa man-tenza, suponse que é unha carballa; leva este capitelun cimacio de seis violetas inscritas noutros tantoscírculos e no seu recuncho exterior unha pequenacabeza de animal coa boca aberta amosando os den-tes.O cimacio continúa sobre o muro da capela com-poñendo una imposta de tacos redondos. No ángulodo arco “toral” co muro ábsidal nace un arco orna-mentado con “billetes”.

Chaman a atención os capiteis das pombas postassobre as pólas dunha árbore (supostamente unha car-balla tal como xa fixemos referencia) que é un temahabitual no noso románico rural e que só se atopa nes-tas dúas igrexas.

Disque na Arte Visigoda está o antecedente máis clarodo uso das aves na decoración das igrexas cristiás.

O número de aves difire nas dúas igrexas sendo deseis en Castro de Beiro e de trece en Maside.

metopas están decoradas sucesivamente e deesquerda a dereira cunha grande rosa, unha cruzinscrita nun círculo, cunha flor octifolia con círcu-los concéntricos a modo dunha rosca de pan ecunha cruz grega.

Corona o piñón da parede absidal unha cruz antefi-xa en figura de rosácea posta en aspa sobre un arcoe descansando sobre o Agnus Dei, tipo frecuente nonoso románico popular.

Sobre o piñón ou “cantacuco” do muro da nave quecorresponde ó arco triunfal da igrexa, houbo outracruz antefixa, hoxe desaparecida, e da que tan sóresta o año que lle servía de base.

Os muros laterais levan tamén “tejaroz” con“canes” de follas, outras con “baquetillas” verticaise hai un que representa dous animais felinos idén-ticos en loita feroz sendo un excelente relevo poloseu vigor e valente execución.IV

Na parede norte ábrese unha saeteira e a do sur tenduas fiestras cadradas feitas máis modernamentecando se tivo que ergue-la parede que ameazabaruina. Ámbolos muros tiveron portas de arco redon-do que na actualidade están cegadas.

A fachada da igrexa ostenta unha fermosa portadarománica, abocinada, composta de dous pares decolumnas, de fustes lisos, sobre basas con garras ecapiteis decorados. Os interiores adórnanse confollas que levan unhas pequenas bolas no seu ápice.Os dous exteriores; o da dereita da porta presentauns tallos entrelazados con flores estando finamenteesculpidos. Non seu fronteiro da esquerda apareceun lobo devorando unha ovella que retén coas súaspatas dianteiras, excelente relevo polo seu vigor evalente execución.

As arquivoltas son de tipo corrente de “toros”, “esco-cias”e “baquetillas”no intradós abrazadas por un amploarco de fino “abilletado” e no extradós abrazadas porun amplio arco de fino axedrezado.V O conxunto des-cansa sobre unha imposta moldurada e corrida queserve de cimacio ós capiteis e,como fondo da arcaturavese un tímpano liso composto de tres pezas e apoiadoen sendas “mochetas” decoradas unha delas cun roleoou espiral e a outra cunha especie de caxatos ou bas-tóns. Na peza central do tímpano advírtese restos depinturas vellas (apenas están estudiadas).

IV. RODRÍGUEZ Benjamín. e RODRÍGUEZ PÉREZ Xosé Ricardo, “La iglesia de Santo Tomé de Maside ‘O Vello”, xornal “La Región”(Ourense), do 9-II-1979.V. Ibidem.

Page 5: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

24~

Nun capitel dunha fiestra da “girola” da catedral deSantiago vese unha serea moi semellante á quedeixamos rexistrada na fiestra absidal da igrexa deMaside. Importantes son ademais o outro capiteldo arco triunfal e o da porta principal coa moilograda representación do lobo devorando unaño.VI

Vicente Risco dinos que:“Maside Vello, onde está aigrexa antiga, é un interesante exemplar do románi-co. Dunha soa nave rectangular con ábside taménrectangular, presenta na traseira deste unha fermosafiestra de arco de medio punto con columnas nasxambas (que teñen capiteis de monstros) con impos-tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte-rior formada dun cable, unha serie de arquiños e un

A igrexa de Maside ten grandes semellanzas á do S.Andrés de Castro de Beiro, mais os capiteis da masidá amosanunha man de artista máis depurada que na outra. (Foto X. Ricardo Rodríguez Pérez)

VI. RAMÓN Y FERNÁNDEZ OXEA, José; “La iglesia Románica de Sto. Tomé de Maside”, Cuadernos de estudios gallegos, Tomo 28, fascículo 86,1973.VII. RISCO, Vicente, “Geografía General del Reino de Galicia” de Carreras Candí.

axedrezado. Sobre a fiestra hai unha imposta “losan-geada” sostida por canzorros variados, con círculosde diferente traza nos espacios, e remata en piñon,sobre o que se alza o Agnus Dei, surmontado dunhacruz antefixa con figura de rosácea, tamén moi repe-tida en Galicia. Os canzorros laterais tamen son inte-resantes, con motivos animais e monstros e figurasestrañas, algunhas que semellan representaciónsastrolóxicas nos espacios. A portada, de arco sobrecolumnas, ofrece capiteis con representacións ani-mais e basas áticas”.VII

O terreo onde está ubicada a vila de Maside vaise ele-vando dende a chaira de O Carballiño, pasando polazona de transición entre as terras altas de Dacón e asribeiras do val do Miño e do Barbantiño.

Page 6: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

25~

Aséntase nun interrios do Barbantiño e do Miño,e osregatos que cruzan as terras de Dacón e Carballiño.

No 1900 o templo Románico, con mestura doutrasartes, quédase pequeno, sen capacidade para aco-ller nin a metade da poboación da vila e, ademaisestando situado a preto de 2 Qms. nun outeiro ópé do antigo Camiño Real que achega á Touza,para logo continuar ata Os Chaos de Amoeiro polacalzada romana entre S. Fiz e Parada de Amoeiro;polo que estes inconvenientes sumados a que anova vila, o actual Maside, medra á beira da estra-da de Ourense a Pontevedra, propicia a construc-ción do hoxe templo parroquial no centro deMaside sendo bendecido o 7-1-1910VIII, e que aíndacarecendo de complementos e adornos acolleríaos cultos definitivamente dende agosto desemesmo ano.

O templo de Sto. Tomé de Maside “O Vello” é o demaior categoría e importancia dos existentes hoxe

en día no municipio de Maside,dentro do Románico.En concreto encádrase no Románico rural e a súaconstrucción data de finais do século XII princípiosdo XIII.A construcción dos outros templos do muni-cipio como son os de Sta. María de Louredo, Sta.Comba de Treboedo ou S. Pedro de Garabás, é poste-rior e ademais foron reformados no transcurrir dosanos para darlle máis cabida xa que están habitual-mente abertos ó culto e como cabeceiras de parro-quia do mesmo nome.

Sto.Tomé de Maside-Vello foi parroquia como antesqueda dito ata 1910. O templo está situado nun altode fermosas perspectivas, rodeado de mansos rega-tos que bañan os fértiles vales que o rodean.

Encádrase, como xa dixemos, no Románico ruralcomo o outro templo de semellantes característicasque é o de S.Andrés de Castro de Beiro, ainda que ode Maside revela unha man artística máis fina edepurada.

VIII. RODRÍGUEZ PÉREZ Xosé Ricardo. “Dacón e Maside. Retazos de historia”. Argentarium, revista do C.E. Chamoso Lamas. “O templo parroquial deMaside é precioso, bendecido sen a torre o sete de xaneiro do 1910, e que recen estaba teitada por esas datas. Foi precisamente o ilustre abade donEpifanio Ferreiro Monterrubio quen como párroco da freguesía contratou ó canteiro da pontevedresa freguesía de Cotobade, Jesús Vidal o remate datorre do templo parroquial con arreglo o deseño e instruccións do arquitecto don Daniel Vázquez-Gulias Martínez pola cantidade de 20.000 pesetas.O atopa-la factura da colocación do pararaios, que correu pola conta da freguesía, datada o 2-5-1923, coñécese que a construción da torre levoualgo mais de sete meses, as obras escomenzaran pasadas as festas do San Vitorio do ano 1922, ós nove meses logo da sinatura do contrato”.

Igrexa románica de Santo Tomé de Maside ‘O Vello’, o camposanto arredor,e á esquerda as caiñas do desaparecido pobo do lugar.

Debuxo de Armando Julio Fernández Xesta, de 15 anos,fillo de Don Juán Fernández Pérez “Xesta”. (1925)

Page 7: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

26~

A conservación deste templo débese á preocupa-ción do veciños que xa no ano 1950 por ameazarruina a fachada, na súa parte superior, foi desmonta-da e volta a montar coidadosamente ata o arco daportada, ocupando cada pedra o lugar primitivo.Máis adiante, en 1978 media ducia de veciños for-mamos unha comisión para restaura-lo teito ruinosoe o artesoado primitivo case desaparecido e demaiselementos de interese artístico. En 1998 para conse-gui-la súa total restauración e así poder ser contem-plada na posteridade, retomou ou interese outracomisión na que estan o seu carón o párroco mailoalcalde de Maside, e que como primeiro froito foi aintervención da Consellería de Turismo, coa que seconqueriu a construcción dun novo tellado, cunhaarmazón axeitada a este tipo de templos [sen o arte-soado que non se lle corresponde co estilo], o quepermitiu abrila o público en novembro do 2001.Acompañañouse á memoria, os planos feitos tempohai polo arquitecto masidao don Cesáreo Sánchez

Iglesias, máilo estudio artístico,este que temos entre mans, apor-tación de nos como comisiónveciñal, constituida en 1978. Asmedicións, valoraciós e actua-

cións para a rehabilitación da igre-xa correron a cargo do arquiteco

municipal daquelas, don Antonio R.Fernández Pousa.

Ó destapa-la saeteira da ventá absidal(1978), na parte interior, descubriuse

outra arcatura semellante á exterior antescitada, descansando en dúas columnas

cos fustes das columniñas lisos e oscapiteis, un acordoado tamén a

xeito de rede, mellor conserva-do, mutilado en parte, e ooutro representa un home

alado con cornamenta de cabra,poutas de felino e con dúas colas

de serpe.

Cada motivo que fomos detallandoforma un conxunto armonioso e cheo de beleza,revelando a man de artistas finos e depurados.IX

Igrexa de Sto.Tomé de Maside.

“A porta principal é de construcción análoga ás queviran durante o día; esta mesma coincidencia cha-mou a súa atención respecto a outros detalles xa deornamentación xa arquitectónicos, e entre eles omoi significativo de que en case todas estas igrexasos touros das basas de moitas columnas están unidasós plintos respectivos por medio de garras, detallecaracterístico dos edificios románicos, pero que ape-nas temos visto nos monumentos da provincia deOurense. Quizais puidera deducirse disto a existen-cia nesta localidade dunha escola de construccióndistinta.

A ousía de planta rectangular ten unha preciosaventá de arquivolta con baquetóns, un touro funicu-lar e enriba dúas franxas, construida a interior porunha serie de arcos e a exterior axedrezada.Nun doscapiteis destas ventás hai tamén uns ben esculpidos

IX. RODRÍGUEZ Benjamín. e RODRÍGUEZ PÉREZ Xosé Ricardo, “La iglesia de Santo Tomé de Maside ‘O Vello”, xornal “La Región”(Ourense), do 9-II-1979.

Igrexa de Santo Tomé de Maside, O Vello.A.M.Villalba, 2001

Page 8: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

27~

capiteis, un na porta da entrada representando unhalebre perseguida por un galgo e outros dous no inte-rior nos que se ve un gracioso grupo de pombas e unhome cun caxato noutro. Enriba do frontón no queremata a ábside hai un cordeiro pascual cunha cruzde lacerías igual á de Sta. Comba. Como o tempoapremia regresan a Ourense.”X

A igrexa de Santo Tomé de Maside e a Porta da Aira.

O número un da Porta da Aira fai unha reseña a teren conta cando hai que falar de Maside e do que estavila ten para os que nela viñemos ó mundo.

Pola Porta da Aira pódese entrar no ámbito daHistoria da Arte, en especial, da nosa Arte. Neste pri-meiro número da revista, Dn. José Manuel GarcíaIglesias fai unha escolma da actividade artística doRenacemento na pintura mural na igrexa de Sto.Tomé de Maside (...)XI

“Cabe sinala-los murais da vella igrexa de Sto.Tomé de Maside como significativos dun modode facer coñecedor do renacentista. Consérvanseaquí os frescos correspondentes ó testeiro do tem-plo. Abaixo, seguindo esquemas múltiples veces

repetidos represéntanse as figuras daAnunciación deixando no medio a ventá. E arri-ba, cara os laterais, vese a San Pedro e a SanPablo, pedras angulares da Igrexa, e que, comotales, no seu estado orixinal, debía ocupa-la tota-lidade do templo. Tamén cabe vislumbra-la pre-sencia de Sto. Tomé, patrono desta feligresía, nafigura que se pintaba sobre o lugar dese van quecentra o testeiro –que estaba tapiado cando selevou a cabo o fresco–; aínda se pode ver, xustoás beiras desa ventá, restos do contorno de talpersonaxe.

¿Onde está o propiamente renacentista na pintu-ra de Maside? Sobre todo na nova concepciónimplícita en cada figura, ennoblecida no seuporte, significándose deste modo unha novadimensión dada á representación humana.Tamén hai novas preocupacións no espacial querepercuten nun interese diferente pola sensaciónde volume a imprimir ó figurativo. Asimesmoresulta sumamente sintomático o tipo de orna-mentación do que se vale o pintor; aí pódese verunha mostra significativa de cómo o léxico rena-cente se incorpora á obra pictórica mural, tanusual por entón nas igrexas galegas, rompéndosedeste xeito unha inercia decorativa mantidadurante séculos”.XII

1º Documento

X. ESTÉVEZ PUGA, Xosé e colaboradores, “Maside e a súa antiga xurisdicción”, 1994. ‘La Tierra de Maside’, de ‘Excursiones por España’ (1895):por Gabriel Puig y Larraz.XI. RODRÍGUEZ PÉREZ, Xosé Ricardo: “A igrexa de Sto. Tomé de Maside e a Porta da Aira”, xornal “La Región” (Ourense) do 11-II-1989.XII. GARCÍA IGLESIAS, J.M., “La actividad artística auriense en tiempos del renacemiento”.

Page 9: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

28~

A VILA DE MASIDE:

A historia de Maside, municipio e vila, está na acciónde varias xurisdiccións e mosteiros: Mosteiro de SanClodio, Santa Comba de Naves e de Oseira, e daxurisdicción real, e de xeito maís amplo polo Condede Ribadavia.A Coroa tiña en Maside unha despensa.Os diezmos do seu cilleiro de Maside diunos AlfonsoIX para o mosteiro de Melón, estando o rei na vila deMaside o 11 de Abril do 1216, na mesma era da doa-zón real:

1º documento: “AHPOur – Tumbo do mosteiro deSanta María de Melón. Lb. 339:‘Maxide’. Px. 9 v.”

“Maxide: Hay una donación que hizo el Rey donAlonso de las décimas de su cillero de Maxide a estemonasterio, para la fábrica de la iglesia. Era de1254 [ano 1216]. Está en el cajón 8, legajo 31, nº 9.Esta era muy grande renta, y que se ha perdido detodo punto, y no hay otra mas luz y claridad deello: no sirve ahora de nada, sino para que seadvierta como se han perdido nuestras cosas pordescuido y por no mirar escrituras antiguas”.XIII

Sobre estas liñas recollemo-la interpretación do ante-rior documento, acomodándoo a nosa linguaxe:

Praza Maior de Maside, 1849 (Robert 1989)O cruceiro maila capela de San Antón foron mudados deste emprazamento no 1683.

XIII. AHPOur – Tumbo do mosteiro de Santa María de Melón. Lb. 339: “Maxide”. Px. 9.

Page 10: Vila de Maside.Cadro de D.Juán Fernández Pérez “Xesta ...tas decoradas de ondas e “losanges”e arquivolta exte rior formada dun cable,unha serie de arquiños e un A igrexa

29~

2º documento:Facémo-lo mesmo con este documento, acomodá-molo os nosos tempos:

“Maside. Donación Real. Era de 1254 el Sr. Rey D.Alonso el 9º.Hizo donación a este Monasterio parala fabrica de la Iglesia de las decimas de su cillei-ro de Maside”.XIV

É significativa a denominación de Condomas ou con-dominio (existindo aínda hoxe o Pazo, do XVII, conese nome e habitado).

Antes da desviación, e por integrarse no conxuntoda vila, aínda que quede algo alonxada, débese face-la visita da parroquial antiga de Sto.Tomé de Maside,hoxe rodeada polo cemiterio. Quede á dereita do iti-nerario, pola estrada á estación.

É un dos máis notables exemplares románicos daprovincia, e o seu tipo responde á proporción espa-daña-fachada, como en Gomariz. Portada de douspares de columnas de capiteis decorados; as arqui-voltas e faixa de medio punto, e tímpano liso sobre“mocheta”. Nos muros laterais, cornixas de canzo-rros vexetais e algún figurativo.

Ábsida cuadrangular, cunha ventá famosa pola varie-dade das súa arquivoltas e polos seus capiteis.Por ribadela, tornachuvias (“tejaroz”) sobre canzorros decora-tivos e metopas decoradas; o remate é un pequenofrontón con antefixa calada sobre Agnus Dei.

Pola cara Norte hai canzorros e metopas coma os dotesteiro; no Sur oculta o aleiro da sacristía. No inte-rior, repítese o derrame da ventá absidal case exac-tamente.XV

Cos novos tempos vidos coa sensibilidade que oConcello de Maside amosa polo patrimonio masidao,coidamos que proseguir co desencalado do interiorque xa o escomenzara no 1978 a mentada comisión

prorestauración, as novas campás ou a reparación dasque temos,máis o reboque das xuntas,cubri-las saetei-ras, e outros traballos máis miúdos, recibirán o apoiopreciso para rematar de facer o que tanto costou,e querecoñecendo que se fixo o máis urxente, tamén debe-mos ter en conta que só está arranxada a medias.Decimos ven por canto traballos recollidos na memo-ria non se acometeron:A limpeza dos panos de pedrainteriores,a restauracións das ventás de madeira,nin sefixo a tarima nin a escada de madeira que subía a tri-buna,nin se repararon os frescos nin a súa policromía.

2º Documento

XIV. AHPOur – Mosteiro de Santa María de Melón. Caixa 10256. Inv. Nº 2. Fincas Urb. Ano 1836. “Maside Donación Real”. Px. 9 v. (s/n).XV. CID RUMBAO, Alfredo, “Ejemplares románicos en el municipio de Maside”, xornal “La Región”(Ourense), do 6-IV-82.