Visita ao Sequeiro de Carballo

11
VISITA AO SEQUEIRO DE CARBALLO Vítor Vicente Díaz Diego Blanco Alfon so Novembro 2011

description

Visita ao Sequeiro de Carballo (novembro de 2011)

Transcript of Visita ao Sequeiro de Carballo

Page 1: Visita ao Sequeiro de Carballo

VISITA AO SEQUEIRO DE CARBALLO

Vítor Vicente Díaz

Diego Blanco Alfonso

Novembro 2011

Page 2: Visita ao Sequeiro de Carballo

SITUACIÓN DO VIVEIRO

O viveiro de SEMFOR atópase situado no Noroeste de Galicia, máis concretamente, no concello coruñés de Carballo.

Page 3: Visita ao Sequeiro de Carballo

Inaugurado en 1949 polo “Patrimonio Mundial del Estado”, o sequeiro de Carballo tiña coma único obxectivo a producción de Pinus pinaster e Pinus radiata de orixe galega para empregar nas repoboacións que realizaba esta mesma Institución.

Asi, a día de hoxe podemos atopar masas permanentes de piñeiros galegos en Estremadura, Asturias, determinadas zonas de Andalucía…

HISTORIA

Page 4: Visita ao Sequeiro de Carballo

PRODUCCIÓN ACTUALActualmente o viveiro produce arredor de 30 especies diferentes das que Pinus pinaster e Pinus radiata, xunto co Quercus robur e Quercus rubra, seguen as ser as máis abondosas.O destino das sementes é o comercio con viveiros e a subministración de semente de calidade para as repoboacións da Xunta de Galicia.

Page 5: Visita ao Sequeiro de Carballo

PROCESADO DE SEMENTES

As brigadas forestais da Xunta e distintas empresas conveniadas coa Xunta de Galicia realizan a recollida de froitos na nosa comunidade.

Unha vez que estas chegan ao sequeiro, clasifícanse e aplícaselle un tratamento para evitar problemas por mor de enfermidades ou pragas.

Page 6: Visita ao Sequeiro de Carballo

PROCESADO DE SEMENTESNo caso das piñas, sométense a un secado inicial para despois completalo nos fornos (entre 40 e 50ºC). Pásanse polo Trommel, que separa os piñóns e posteriormente desálanse e críbanse separándose as sementes segundo a calidade destas. Os piñóns de mellor calidade son os que reciben un novo tratamento con funxicida para despois envasalos ao frío ata a data da súa comercialización.

Page 7: Visita ao Sequeiro de Carballo

PROCESADO DE SEMENTES

Dependendo da tipoloxía do froito, empréganse uns ou outros procesos: os froitos carnosos despólpanse, outros coma as landras ou as castañas sométense previamente a un proceso de flotación para ver o seu estado, no caso dos ameneiros e bidueiros recúrrese ao proceso de cribado, seguido de aventado…Posteriormente, envásanse e consérvanse ao frío ata se comercializaren.

Page 8: Visita ao Sequeiro de Carballo

LaboratorioO Sequeiro de SEMFOR conta entre as súas instalacións, cun laboratorio no que se realiza o control e seguimento da calidade das sementes.

Como centro oficial, toda o material é de procedencia declarada e cumpre estritamente coa normativa de comercialización do Material Forestal de Reproducción (MFR), facendo un especial control fitopatolóxico do produto, o cal é sometido ao longo do proceso a varias analíticas coas que garanten a salubridade da semente.

Page 9: Visita ao Sequeiro de Carballo

Visita ás plantacións de NORFORA visita da tarde levounos a coñecer as plantacións da empresa NORFOR na zona.

Finca propiedade de NORFOR en Coristanco.

Finca propiedade de NORFOR en Santa Comba.

Page 10: Visita ao Sequeiro de Carballo

Visita ás plantacións de NORFOR

NORFOR (Norte Forestal S.A.) é unha filial de ENCE, que opera na zona Norte da Península. Sobre todo en Galicia, Asturias e Cantabria.Nestas zonas obtén a madeira coa que suministra madeira e biomasa ás fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia (Asturias).

En total, a superficie forestal que xestiona esta empresa supera as 13.000 hectáreas de monte.

Page 11: Visita ao Sequeiro de Carballo

Visita ás plantacións de NORFOR

Grazas aos dous responsables de zona da empresa achegámonos un pouco máis ao proceso de plantación, abonado, tipos de clons e traballos de selvicultura que se levan a cabo nestas masas.

A visita ás fincas desta empresa en Coristanco e Santa Comba serviu para ver e escoitar de primeira man como é o proceso de xestión destas masas forestais, orientadas a obter un rápido crecemento.