Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

5
VISITA PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO (LUGO) Santiago Gutiérrez - T.E.A. 29/10/2014 No que describo a visita ó parque e as minhas conclusións en canto ós guías

description

 

Transcript of Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

Page 1: Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

VISITA PARQUE EÓLICO

EXPERIMENTAL DE

SOTAVENTO (LUGO)

Santiago Gutiérrez - T.E.A. 29/10/2014

No que describo a visita ó parque e as minhas conclusións en canto ós guías

Page 2: Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

Visita Parque eólico experimental de sotavento (Lugo)

1

Esta semana tivemos, como parte das actividades a visita a un parque experimental

eólico que dende a súa entrada en servicio no 2005 é un referente educativo para

entender o sistema de producción de enerxía eólica e por ende da súa utilización,

aforro e eficacia dos sistemas enerxéticos limpos e renovabeis. Dous guías nos

acompañaron por separado ensinandonos, por unha parte unha vivenda bioclimática,

e por outra un pequeño museo de ciencia e máis as salas de control dos muíños e un

pequeño paseo por un muíño de vento. Nadamais chegar chamoume a atención a

forma de edificio con forma de tres palas de aeroxerador, que despois nos comentaria

un dos guias que non era a mellor forma arquitectónica para un edificio que estaba

nesa situación xeográfica, xa que no vrao facia demasiado calor e no inverno

demasiado frio o non ter ningún tipo de aillamento mais que as ventanas que

rodeaban todo o edificio central.

A primeira guía nos levou a ver o que chamou vivienda bioclimática, un edificio

experimental que funcionaba con enerxías renovables. Construido cunha orientación

ao norte para aproveitar todo o calor do sol como enerxía calorífica, así como outros

sistemas que tiña a casa para o aforro de enerxía. O calor do sol chega á casa e vaise

almacenando dentro

gracias os materiais

con que está

construida, unhas

paredes recheas de

lá de rocha, que

ademáis de ser un

material ignífugo

teñen a propiedade

de gardar o calor de

unha forma máis

efectiva. O calor

entra gracias a os

ventanais de doble

capa repartidos pola

cara Este, e tamén a

un sistema de construcción do alpendre no cal, gracias a unha instalación de pedras de

pizarra que proxectan o calor hacia dentro e a unha pequeña fonte (que se encontraba

apagada, xa que non era dia de frio) mantían unha temperatura optima na entrada

tanto nunha estación de calor como nunha de frio.

A guía falounos doutro sistema que ten a casa de manter o calor mediante un muro

trombe orientado na parte norte da casa, no cal mediante uns buratos na parede, un

na parte mais elevada e outro na parte mais baixa. O seu funcionamento basase na

diferencia de densidade do aire quente e do frío, que provoca corrientes nunha e

noutra dirección dependendo das trampiñas que estén abertas, se a da parte mais

elevada ou da outra mais baixa. Estas corrientes de aire quente ou templado quentan

ou refrescan introducindo ou extraindo o aire quente do edificio.

Page 3: Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

Visita Parque eólico experimental de sotavento (Lugo)

2

As siguientes salas que visitamos foron unha ducha no cuarto de baño cun sistema de

entrada de luz mediante unha tubería que viña do tellado que facía as veces de

lámpada, e a carón estaban os sistemas de quentamento tanto da auga como da casa

en xeral gracias á calefacción de biomasa ou pellet, a un sistema enerxía xeotérmica

que aproveita os movementos térmicos da terra para obter enerxía, así como se poido

ver parte do sistema de calefacción do chan por medio dunhas tuberías de auga

quente. Falounos un pouco do aforro de enerxía e económico do sistema de pellet, xa

que son estufas que controlan a súa propia alimentación deste material, e o barato

que era, xa que en Galicia exportabase o 85% da producción de pellet afora, ainda que

no derradeiro ano subirá o precio de éste.

A minha conclusión ata esta parte en canto a todolos sistemas de aproveitamento da

enerxía é que para que poida chegar a os fogares debería de abaratarse moito o custe

das instalacións.

A centralita de domótica

da casa foi a seguinte

sala, dende a que se

podía ter información

mediante unha pantalla

dos recursos dos que

dispoñía a casa en canto

a niveles de enerxía, e

outros sistemas de

control inhalambrico; e

xusto detrás desta

pequena sala unha

habitación enfocada a os

sistemas de aforro de

auga nos grifos mediante perlizadores ou aireadores que reducen o consumo do auga

un 60%, un retrete con sistema de media carga tamén economizador de auga ó non

tirar tanta auga ou poder controlar se tirar media ou enteiro o depósito de auga.

Na seguinte sala, a guía gracias a unha instalación na que podiamos ver varios gráficos

nunha pantalla demostrounos dunha forma rapida cánto é o consumo dos

electrodomesticos a modo de concienciacion amosandonos o consumo de

electricidade de cada un dos aparatos electricos de maior uso no fogar; tamén nos

amosou varios tipos de bombillas e cal era a máis economica e rentable arestora, así

mesmo a conclusión que nos deu a entender a persoa que nos guiou por esta parte do

parque experimental foi que, estes sistemas de aproveitamento da enerxía ao longo

supoñian un aforro, ainda que a miña conclusión é que non están ó alcance de todos.

Page 4: Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

Visita Parque eólico experimental de sotavento (Lugo)

3

A continuación outro guia acompañounos por outra parte das instalacións, comezando

por un pequeño museo cos distintos tipos de enerxías renovables dende os mais

antigos a os contemporaneos. Centrouse na parte da enerxía eólica, aínda que había

representadas outras máis. Ensinounos unhas maquetas dende o que foi o primeiro

muiño de vento

que se usou ata

o aeroxerador

moderno que

son os que usan

nos redores

deste parque,

pasando polo

tipico muiño de

vento que mais

se ven por

Castilla, e o seu

funciomento.

Despois de amosarnos o museo pasamos á sala de control dos aeroxeradores, onde

nos dixo que mediante as pantallas que tiñamos diante se podia controlar cál era o

estado no que se atopaban éstes, e tamén podendo

controlar a cantidade de enerxía que ían producir co

apagado de éstos, en cambio nas centrais de enerxía

nuclear isto non se pode facer.

Nos comezos deste sistema de producción de

enerxía renovable eran moi rentables, xa que se

sobraba enerxía podíase vender ás compañias

electricas, pero o sistema de xestión foi cambiando

según se foi cambiando de gobernos.

A continuación pasamos a outra parte do museo

donde poidemos ver o funcionamento da parte mais

alta dos muiños, onde se atopan as aspas e o seu

mecanismo. Ali había 3 modelos mais antigos que os

que estan en uso hoxe en día, e poidemos ver como

foron evolucionando deste xeito.

Page 5: Visita estacion experimental de aeroxeradores de xermade

Visita Parque eólico experimental de sotavento (Lugo)

4

A seguinte e derradeira parte da

visita foi acercarnos a un

aeroxerador e velo por dentro.

Deunos unha serie de datos que

me chamaron a atención, unha

delas foi o tamaño da torre que

son 45m, que algun pingaba un

pouco de aceite na zona mais alta

e según nos comentou era porque

a engrasaran fai pouco nun

mantemento, e outro dos datos

que me chamou a atención foi

que ten unha producción anual de

enerxía de 38.500.000 Kw, que

equivale ao consumo estimado de

12.000 fogares.

Como resume da visita, a valoración e positiva en canto ó aprendido xa

que descoñecía como funcionaban as vivendas bioclimáticas e os

aeroxeradores.

En canto a valoración dos guias penso que adoitaron unha postura

asertiva, moi seguros de sí mesmos e do que nos estaban a falar. Aínda

sendo un grupo grande souberon mantela atención facendo preguntas ó

grupo e usando unha linguaxe coloquial, tamén respondendo as nosas

dubidas.

Persoalmente pareceume mais entretida a visita coa guia que nos levou

por dentro da vivenda xa que me pareceu mais chamativo o tema do que

estivo a falar, ainda que foi unha visita lóstrego.