votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos...

12
UNIDADE 6 celga 4 celga 4 UNIDADE 6 Tarefa final: redacción de dous elementos publicitarios propoñendo solucións a problemas e a realización dunha presentación sobre estes obxectivos Formular queixas Formular opinións sobre formas de actuar Identificar e crear lemas publicitarios Expoñer e xustificar ideas Comparar ideas, argumentos e puntos de vista votamos votamos 1

Transcript of votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos...

Page 1: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

UNIDADE

6

cel

ga 4

celg

a 4

UNIDADE

6

Tarefa final: redacción de dous elementos publicitarios propoñendo solucións a problemas e a realización dunha

presentación sobre estes

obxectivos Formular queixasFormular opinións sobre formas de actuarIdentificar e crear lemas publicitariosExpoñer e xustificar ideasComparar ideas, argumentos e puntos de vista

votamos

votamos1

Page 2: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

1. Le estas cartas ao director dun xornal. A maioría delas reflicten queixas que escoitamos todos os días sobre a nosa vida cotiá:

Os socialistas lugueses ‘tomaron’ aBastilla... no pazo de San Marcos Coincidindo co aniversario da toma da Bastilla polopobo de París (14 de xullo), os socialistas -co apoio doBNG, iso si- tomaron o pazo lugués de San Marcos,ata entón feudo de Francisco Cacharro. Tras a inves-tidura de José Ramón Gómez Besteiro, todos tiñaninterese en coñecer o despacho do ex barón do PP...

Incrible pero certo: Orozco nuncaestivera no despacho de Cacharro... “Eu non marcho de aquí sen ver o despacho”. O quefalaba deste xeito era José López Orozco, alcalde deLugo, que asegurou aos xornalistas que nunca forarecibido alí por Cacharro. Agora non terá problemasen visitar o despacho, porque o novo inquilino de SanMarcos é o seu ex edil de Urbanismo.

Rajoy e a lei electoralResulta que Rajoy quere cambiara lei electoral porque non lle éfavorable. A democracia, ao meuparecer, no é así, pois as normasson para todos e non podemospedir que se cambien alegandoque non son democráticas por-que non nos veñen ben.Lupe Ledo. www.l-v.es

SanfermínsNon me dan a máis mínima penaos feridos nos encerros de SanFermín. Eles saben o que fan e otouro evidentemente ante o me-do deféndese. De feito penso queaos feridos lles tiñan que cobrar

un plus porque supoñen unhacarga para a sanidade cos seusingresos nos hospitais. Peque. www.l-v.es

Cambios de ministrosAproveitando que Zapatero re-modelou o seu Goberno, haberíaque cambiar tamén a MagdalenaÁlvarez. Galicia necesita outraministra.Elvira López. www.l-v.es

A canción do veránAgardo que a canción do veránnon sexa a do Koala. Xa chegou oano pasado co de Opá. Se triun-fa esa canción é que vale calque-

ra trapallada. Supoño que a can-ción do verán será a de Shakira code La intuición, porque mira quese escoita.Xosé Taboada. www.l-v.es

‘Que idea’A min gústame a canción doanuncio de Movistar, o remake de“que idea”. Por certo, o anunciosáese.Alba. www.l-v.es

Fáltanos o solA oferta de lecer para o verán enGalicia é do melloriño do mun-do: praias, natureza, mariscos,monumentos, historia, cultura,etc. Mais fáltanos o sol... que penateño, non deixa de chover.Alba. www.l-v.es

En Galicia, en galegoEstou totalmente a favor da gale-guización do ensino. Vivimos enGalicia e non en Castela-A Man-cha. En Galicia, en galego.Paco Lamela. www.l-v.es

Oito dos 31 deputados provinciaisrepetirán na institución coruñesa A Deputación da Coruña constituirase o mércores,día 18, presidida por outro socialista, Salvador Fernán-dez Moreda. Ademais del, repiten escano os socialis-tas Pilar Souto, José Nogueira, Antonio Lagares e JoséGarcía Liñares; os nacionalistas Margarita Vázquez ePablo Villamar e o popular José Manuel López.

abrente2 LUN.16.07.2007 < LV

>cóntanos

>gorxaroucaPor Álvaro Sal

>santygutierrez.com

E-MAIL>[email protected]>www.l-v.es/contanosSMS>649 953984 / 647 595648

A única granxa europea de crocodilosKariba, a única granxa de crocodilos existente en toda Europa, está situa-da entre os termos de Puerto Real e Xerez (Cádiz). Conseguiu criar máisde 1.700 exemplares de crocodilo do Nilo desde que, polo consello dunafricano, abriu as súas instalacións hai case 20 anos. Na imaxe, un grupode visitantes observa un destes temibles animais. > Jorge Zapata / EFE

>flash

Coordinador:Martín García PiñeiroDirector de Comunicacióne Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaDirector Comercial:Pedro Rodríguez BlancoDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:Alfonso Roca

Dirección Postal:Rúa Salvadas, 27. 15705 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743Fax: 981-568779E-mail: [email protected]

Contratar Anuncios:Tel: 981-568743 / 670 991959

Contratar Distribución:Tel: 982-298128

deLUNSaVENRESEdita:Galicia de Proxectos e Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

GRUPO EL PROGRESO

Presidenta: Blanca García Montenegro

Director: Alfonso Á. Riveiro

LV

>galeg@s

Natalia Pena

P ¿Un sinónimo de Galicia?R Verde. P ¿Que quería ser de pequena?R Peiteadora. En lugar de cortalleo pelo ás bonecas cortáballo ásmiñas primas. P ¿Un lema? R Emprender aventuras é roubar-lle tempo á morte.P ¿Cal é a súa principal virtude? R Perseguir os meus obxectivos. P ¿E o seu maior defecto? R Son moi cabezona.P ¿Un libro?R El mundo de Sofía.P ¿Unha paixón?R A arte.P ¿Un personaxe galego?R Rosalía de Castro. P ¿Como comezou no teatro?R Un ano non quería facer nin-gunha actividade extraescolar efinalmente elixín teatro comopodía ser pintura ou fútbol. Axu-

doume moito a abrirme á xente, aser máis extravertida, porque antesera demasiado tímida.P ¿Cales son os seus proxectos?R Este verán estarei de xira co meusegundo disco, Volver a amanecer.

BEACANTANTE

Beatriz Porrúa RefojoNada en Pontecesures en 1984, fíxose popular porparticipar na 3ª edición deOperación Triunfo, da que foiexpulsada por sufrir unha lesiónO primeiro disco publicounoen decembro de 2004 e ensetembro de 2006 sacou outrotraballo, Volver a amanecerEste ano debutou no teatro en Vigo coa obra Tarará Chis-Pum, producida polo CentroDramático Galego

“O teatro axudoume aabrirme moito á xente,a ser máis extravertida,porque antes erademasiado tímida”

Suso de Toro, Manuel Rivas e Beiraslideran a campaña contra Reganosa Lido en Xornal.com: “Suso de Toro, Manuel Rivas eXosé Manuel Beiras manifestan o seu total desacor-do coa localización dunha planta de gas licuado den-tro da pequena e angosta ría de Ferrol, que Regano-sa está construíndo sen ter acreditado que cumprecoa lexislación vixente”.

Jacinto Rey, no club que defende ouso do galego no eido empresarialLido en El País: Jacinto Rey, accionista maioritario deA Nosa Terra, ingresou no Foro Peinador de empre-sarios e xuristas a prol da lingua galega. A xuntanzafoi no pazo de Lestrove, organizada por Pepe deRedondela. Pero cando viu xornalistas na sala, o mis-terioso presidente de San José fixo mutis polo foro.

HostaleríaOs hostaleiros de Galicia din quehai unha falla de persoal, que nonchega e que hai que chamar xen-te de fóra, preferiblemente inmi-grantes. E pola contra, moitosmozos galegos teñen que emigrarpara traballar na hostalería nou-tras comunidades. Aquí algo falla:ou os camareiros galegos son moiexquisitos, cousa que dubido, ouos empresarios pagan moi mal.Raquel Taboada. www.l-v.es

A proposta de SaramagoNon ten ningún sentido. Unhaidea romántica non é ningún pro-xecto. España é unha nación, coa

súa historia, e Portugal é outranación. As posibles vantaxes deestar unidas xa as temos polo fei-to de pertenceren ambas á UniónEuropea. Javi de Ourense. www.l-v.es

Pereiro teno difícil Vaino ter difícil, aínda que seisminutos os pode recuperar nosPirineos de sobra. O máis lóxicoé que traballe para Valverde.Medi. www.l-v.es

A volta de RatoÉ unha boa noticia para o PP,unha sorte para Rajoy e deberíaser un freo para os farfallás que o

enredan. Rato é un home mode-rado, intelixente e sabe moito deeconomía. É unha mágoa que es-tea neste partido. El, xunto conoutros coma Gallardón, teríanmoito máis éxito se formaranoutra forza política, xa que o dis-curso de Rajoy está moi gastado.Radio Makuto. www.l-v.es

Vergonzoso¿Non cre vostede que unha in-mensa maioría dos cidadáns des-te país están fartos de ver a diarionoticias sobre a guerra e o terro-rismo? Sucesos como os de Iraq,cunha constante goteira de mor-tos, son vergonzosos para a hu-manidade.Rubén Vázquez Vizcaíno. Palas

Fai un sol de caralloOutra vez nos desesperamos osgalegos porque non hai sol e,mentres tanto, doutras partes deEspaña veñen buscar frescor nes-te oasis. ¿Quen nos entende? Luz Silva. A Coruña

Non sopran bos ventos no PSOE dePontevedra tras o caso ‘Vilagarcía’ Lido en Galicia Confidencial: “Non sopran bos ven-tos no PSOE de Pontevedra, especialmente tras o deVilagarcía. O enfrontamento é total entre a direcciónprovincial e Enrique León, que se sente traizoado polosseus”. Din que ata José Blanco tivo que intervir e quea Antón Louro lle quixeron mover o escano.

abrente2 VEN.20.07.2007 < LV

>cóntanos

>gorxaroucaPor Álvaro Sal

>santygutierrez.com

E-MAIL>[email protected]>www.l-v.es/contanosSMS>649 953984 / 647 595648

Todo pola pasta Para gañar ao póker hai que ter cara de ídem, xogar ben e, sobre todo, teralgo de sorte. É o que lle pasou a este home de 39 anos chamado JerryYang e que reside en Temecula (California). Resulta que levou este montónde billetes despois de impoñerse nas partidas disputadas no hotel casi-no Río, das Vegas, a cidade do xogo. > Jae C. Hong / AP Photo

>flash

Coordinador:Martín García PiñeiroDirector de Comunicacióne Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaDirector Comercial:Pedro Rodríguez BlancoDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:Alfonso Roca

Dirección Postal:Rúa Salvadas, 27. 15705 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743Fax: 981-568779E-mail: [email protected]

Contratar Anuncios:Tel: 981-568743 / 670 991959

Contratar Distribución:Tel: 982-298128

deLUNSaVENRESEdita:Galicia de Proxectos e Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

GRUPO EL PROGRESO

Presidenta: Blanca García Montenegro

Director: Alfonso Á. Riveiro

LV

Héctor Cajaraville

P ¿Un sinónimo de Galicia?R Máxica e misteriosa.P ¿Que quería ser de pequeno?R Médico. P ¿Un lema? R Semper audax.P ¿Cal é a súa principal virtude?R A fidelidade.P ¿E o seu maior defecto? R O mal xenio.P ¿Un libro?R La orgía de Praga, de Philip Roth.P ¿Unha canción?R Astrakan, do grupo Maga.P ¿E unha película?R Tempos modernos, de CharlesChaplin.P ¿Unha comida?R Ropa vieja (Cuba).P ¿Un lugar?R Todos son ideais na miña cabe-za.P ¿Actividade para tempo libre?R Pasear, rebuscar nos libros devello, escribir contos imposibles,

escoitar música e ler, ler, ler...P ¿Cales son os seus proxectos acurto prazo?R Dar a coñecer as miñas tres pro-postas musicais: Coppini conMaga, Anónimos e Lemuripop.

>galeg@s

Germán CoppiniComezou a súa carreiramusical no grupo Coco y losdel 1.500, aínda que se deu acoñecer con Siniestro TotalEn 1982 abandona estabanda e crea con Teo CardaldaGolpes Bajos, outra dasreferencias da movida viguesaA súa carreira en solitariocomeza en 1987, co álbum Elladrón de BagdadO seu último traballo éLas canciones del limbo (2006)

“Gústame pasear,rebuscar nos libros devello, escribir contosimposibles, escoitarmúsica e ler, ler, ler...”

GERMÁN COPPINIMÚSICO”

Portugal vai por todas e ofrece soloindustrial a só doce euros o metro Lido en Galicia Diario: “Portugal vai por todas. Nonlle queda outra. E por iso ofrece aos empresarios gale-gos solo industrial a 12 euros o metro cadrado. Conesta medida esperan conseguir o asentamento de 500empresas. O curioso do caso é que a patronal galegaestá feliz coa oferta. A Xunta debe poñerse as pilas”.

Feijoo ten cada vez un maior pesoentre a xente de confianza de Rajoy Lido en Galicia Confidencial: “O presidente do PP deGalicia converteuse, de facto, nun dos homes de con-fianza de Mariano Rajoy. Tras os enfrontamentos entreAcebes e Gallardón, o líder do PP decidiu rodearse dexente da súa máxima confianza, entre os que estánNúñez Feijoo e Ana Pastor”.

Viaxar en busO transporte de viaxeiros porestrada en Galicia é lamentable.Os abusos [dalgunha empresagalega], lacerantes. As reclama-cións, inservibles. ¿Onde están asautoridades? Seguro que non via-xan en bus.Xiz. SMS

A Ramón PastranaDedicado a don Ramón Pastrana:¡Pastrán habería que chamarlle!Cando se lle chama “borde” aalguén, hai que estar diante. Senon, pódoche chamar pastrán eborde a ti tamén. ¿Ou non oíchesa pregunta que lle fixeron a Fer-

nando Alonso para que dera esaresposta que ti criticabas no teuartigo? Néstor. www.l-v.es

¿Onde estaban UXT e CIG? Ata hai 3 anos os brigadistas nontiñamos estabilidade laboral. Enalgunha provincia fixemos va-rias mobilizacións (nas hemero-tecas pódese comprobar as vecesque estivemos ás portas da dele-gación na rúa ourensá do Paseoreivindicando dereitos laborais,con CC OO apoiándonos igualque fai agora). ¿Onde estabanUXT e CIG? ¿Onde están agora?Brigadista. www.l-v.es

A Cidade da Cultura¿Que faría coa Cidade da Cultu-ra? Queimala no próximo SanXoán, con algúns inútiles dentrodo PP e do bipartito, que pro-metían sentidiño... Pero mi ma-driña... ¡que decepción! Un por aquí. www.l-v.es

A Casa da AugaAnuncian a todo bombo que aCasa da Auga terá a primeira pis-cina olímpica de toda Galicia eresulta que só se pode usar ossábados e domingos pola mañá.O resto dos días (de luns a venres)divídena á metade e son dúas de25. Que non engañen a xente.Ramón. A Coruña

NormalizaciónAínda estamos lonxe de chegar ánormalización do galego por cul-pa dos xornais en castelán. Nontemos asumida a nosa culturacomo pobo, sempre con respec-to a outros pobos da Iberia.Fiz. www.l-v.es

A familia Franco presenta as súasalegacións sobre o pazo de Meirás Lido en Xornal.com: “A familia Franco xa entregou noxulgado coruñés as alegacións sobre o pazo de Meirás,nas que explica os motivos polos que denegou a entra-da aos inspectores da Xunta e na que subliña o carác-ter privado da propiedade. Xunta e Fiscalía teñen 10días para presentar as súas propias alegacións”.

abrente2 VEN.05.10.2007 < LV

>cóntanos

>gorxaroucaPor Álvaro Sal

E-MAIL>[email protected]>www.l-v.es/contanosSMS>649 953984 / 647 595648

O caso é chamar a atención Os membros do grupo de artistas australianos Y Space lánzanse con cor-das desde o teito do edificio do hotel Holiday Inn no distrito comercialde Tsim Xa Tsui, en Hong Kong (China). Esta performance realizouse parachamar a atención sobre a inauguración de Elements, que é o nome dunnovo centro comercial desta fermosa cidade. > Alex Hofford / EFE

>flash

Coordinador:Martín García PiñeiroDirector de Comunicacióne Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaDirector Comercial:Pedro Rodríguez BlancoDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:Alfonso Roca

Dirección Postal:Rúa Salvadas, 27. 15705 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743Fax: 981-568779E-mail: [email protected]

Contratar Anuncios:Tel: 981-568743 / 670 991959

Contratar Distribución:Tel: 982-298128

deLUNSaVENRESEdita:Galicia de Proxectos e Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

GRUPO EL PROGRESO

Presidenta: Blanca García Montenegro

Director: Alfonso Á. Riveiro

LV

>santygutierrez.com

Miguel Pardo

P ¿Un sinónimo de Galicia?R Acolledora.P ¿Que quería ser de pequeno?R Futbolista profesional... E por isoson adestrador agora. Se chegaraa ser xogador, agora mesmo nonsería técnico. P ¿Un lema? R O dos tres mosqueteiros: “Todospara un, e un para todos”.P ¿Cal é a súa maior virtude?R Non son eu quen o debo dicir;mellor que a digan os demais.P ¿Cal é o seu principal defecto?R Que tamén o digan outros.P ¿Unha canción?R Imagine, de John Lennon.P ¿Unha película?R La vida es bella.P ¿Un libro?R Encántame a vela e hai dousmeses quedei prendado dun quefala da gran regata Sidnei-Hobart,pero non lembro o título exacto.P ¿Un lugar?

R Mugardos, a vila onde nacín.P ¿Un soño na súa profesión?R Participar nun Mundial de fút-bol. Creo que é o máximo no nosodeporte.

>galeg@s

Xoán Veiga BouzaNaceu en Mugardosen 1968 e na tempoada 2004converteuse no técnico máisnovo da Segunda Divisióndo fútbol español Comezou a adestrar no Val,ao que ascendeu a Terceirapor primeira vez na súa historiaAcompañado do seu irmán José, estivo no Racingtempada e media (2004-2006),ata que o ano pasado volveumediada a campaña paraacadar o ansiado ascenso

“Quería ser xogador...E por iso son técnico.Se chegara a serfutbolista, agora nonsería adestrador”

XOÁN VEIGAADESTRADOR DE FÚTBOL”

Os dous últimos ex fiscais xefes deLugo xuntáronse nun restaurante Cóntanme que a semana pasada foron vistos comen-do xuntos nun restaurante da cidade da muralla osdous últimos ex fiscais xefes de Lugo, Jesús GarcíaCalderón e Jesús Izaguirre. O primeiro está agora enAndalucía e o segundo, no País Vasco. Seguro que fala-ron do seu amigo Cacharro e de moitas cousas máis.

Corina Porro podería suceder a AnaPastor como cabeza de lista do PP Lido en Galicia Diario: “A cúpula do PP en Madridpide ir a por todas nas xerais. Para iso recuperaríancomo cabezas de lista os que triunfaron nas munici-pais. Iso levaría, por exemplo, a Corina Porro a enca-bezar a candidatura por Pontevedra. Conde Roa,Negreira e cía poderían seguir o mesmo camiño”.

O regreso de Rato[O regreso de Rodrigo Rato aEspaña] é unha mala noticia paraRuiz Gallardón, que xa non é oúnico herdeiro da coroa popular.Juan X. www.l-v.es

Rematou o xuízo do 11-MNon seguín moito o macroxuízodo 11-M, pero dáme que a maio-ría dos que están a ser xulgadosson uns pringaos que pagarán opato. Alba. www.l-v.es

Os incendiariosQue tomen medidas contra osincendiarios, que lles apliquen

penas tales como traballos comu-nitarios: limpar os montes... Senon, por riba de queimar o mon-te sáennos caros, xa que no cár-cere hai que mantelos. Así que...a traballar no monte durante unscantos anos.Mila Roi. www.l-v.es

Queimar os montesO ano pasado dixo o tribunal quenon houbo trama neste tema,mais a min o corpo dime quealguén ten interese en que sequeimen os montes. Agardemosque teñan as mans atadas poloben da natureza.Pelopincho. www.l-v.es

Un bo camiñoSeguro que tampouco este ano setomaron as medidas precisas naloita contra o lume. Para iso ha-bería que arrincar case todas asespecies pirófitas das que se pro-moveu plantanción durante dé-cadas, e sobre todo facer ren-dible o monte galego, para quehaxa un interese real en mantelolimpo e que non arda, lonxe detramas urbanísticas. Iso si, coidoque se está iniciando un bo ca-miño que desgrazadamente émoi longo.Óscar. www.l-v.es

Blair e a vía ‘King África’Tony Blair é un home que puidoser lembrado pola historia comoun dos grandes por todo o que seconseguiu en Irlanda, pola situa-ción económica británica.... Perorealmente o lembraremolo comoo amigo listo do parvo que mane-xa o mundo pola vía King África(Boooooooooombaaaaaa).Comiño. www.l-v.es

“Todos queren” a Rodrigo Rato: oseu partido e empresas punteirasContan os dixitais que “todos queren” a Rodrigo Rato,tras anunciar que deixa o FMI e volve para España.No PP queren que sexa o número dous de Rajoy (o quepor certo non senta nada ben a Gallardón) e taménhai empresas que soñan con incorporalo a postosdirectivos, como Endesa e FCC.

abrente2 MÉR.04.07.2007 < LV

>cóntanos

>gorxaroucaPor Álvaro Sal

>santygutierrez.com

E-MAIL>[email protected]>www.l-v.es/contanosSMS>649 953984 / 647 595648

O fabricante de robots e a súa réplicaParecen dous irmáns xemelgos de carne e óso. Pero en realidade son ofabricante chinés de robots Zou Renti (á esquerda) e unha réplica súa par-lante. Zou fixo no seu taller de Xian máis de 400 figuras históricas, desdefamilias da idade de pedra ata millonarios estadounidenses, que agorapoderán ser vistas e admiradas nun museo. > Adrian Bradshaw / EFE

>flash

>galeg@s

M. Barallobre

P ¿Un sinónimo de Galicia?R Fogar. P ¿Que quería ser de pequena?R Xornalista. E antes, supoño, xim-nasta, actriz, bailarina ou cantan-te de rock...P ¿Un lema? R O mellor está por vir.P ¿Cal é o seu principal defecto? R Teño bastante mal xenio.P ¿E a súa maior virtude?R A lealdade.P ¿Unha canción?R Woman, de John Lennon.P ¿Se tivese que elixir un libro...?R Quedaría con A conxura contraAmérica, do escritor Philip Roth.P ¿Unha película?R Matar un reiseñor, de RobertMulligan. P ¿E un personaxe de ficción?R O doutor Juvenal Urbino, de Elamor en los tiempos del cólera, deGarcía Márquez.

P ¿Para cando unha nova obra? R Estou a piques de rematar unhanovela curta para nenos e esperocomezar a miña próxima novelanuns días, porque xa teño a histo-ria e agora hai que contala.

MARTA RIVERAESCRITORA

Marta Rivera de la CruzEsta lucense é licenciada enCiencias da Información polaComplutense e especialista enComunicación PolíticaÉ colaboradora habitual enradio (Cope) e prensa (El País).Acaba de dar o salto a internetwww.martariveradelacruz.comQuedou finalista do Planeta2006 coa súa obra En tiempode prodigios e foi gañadorados premios Joven y Brillantee Ateneo de Sevilla de novela

“Espero comezar amiña próxima novelanuns días,porque xateño a historia e agorahai que contala”

Coordinador:Martín García PiñeiroDirector de Comunicacióne Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaDirector Comercial:Pedro Rodríguez BlancoDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:Alfonso Roca

Dirección Postal:Rúa Salvadas, 27. 15705 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743Fax: 981-568779E-mail: [email protected]

Contratar Anuncios:Tel: 981-568743 / 670 991959

Contratar Distribución:Tel: 982-298128

deLUNSaVENRESEdita:Galicia de Proxectos e Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

GRUPO EL PROGRESO

Presidenta: Blanca García Montenegro

Director: Alfonso Á. Riveiro

LV

Ata catro nomes soan para facerseco control de Movemento pola Base Lido en Galicia Diario: “Un dos grupos sorpresa naAsemblea do BNG, o Movemento pola Base, asumeun dos seus primeiros retos. E é que a situación per-soal do seu dirixente, Fermín Paz, obriga a renovar oseu liderado. Entre os posibles candidatos soan Pau-la Castro, Rafa Villar, Paulo Rubido e Ramiro Oubiña”.

Lendoiro abandeira a revolución deMediapro polos dereitos do fútbol Lido en Xornal.com: “Mediapro, grupo audiovisualcatalán ligado a La Sexta, asegurouse contratos coapráctica totalidade dos equipos españois de fútbol,entre eles o Dépor, que, grazas a unha xestión do seupresidente, Augusto César Lendoiro, apalabrou uns80 millóns de euros de 2009 a 2013”.

¿Que foi da nosa cidade?Que foi da nosa cidade, esa cida-de das tardes de paseo e lecer, queagora polas noites se convertenunha cidade de chulos e maca-rras, onde semella que para tomarunhas copas e ligar un pouco noOrzán tes que ir ben preparadoxa que che poden dar unha boamalleira, porque as bestas actúanen manda... ¡Beee!Alba. A Coruña

Os idiomas na escolaEu estudei bacharelato en Cata-luña cando gobernaba CiU coapoio do PP na Generalitat e tiñatodas as materias en catalán,

menos Lingua Castelá. Ata Ingléso daban en catalán-inglés, e todoisto co visto bo do PP. Así que ago-ra que non veñan estes criticar odecreto que establece que enGalicia se dea como mínimo o50% das materias en galego. Nonteñen formalidade. O caso é ma-nipular. Nuria Vila. www.l-v.es

Viaxes perigosasA ninguén se lle pode prohibirviaxar a un destino perigoso; sihai que informar da situación naque se atopa o país elixido. Cadaquen fai da súa vida un saio etamén é libre de adoptar as deci-

sións que crea máis axeitadas e,xa que logo, arriscarse. Houboatentados, e moitos, na Penínsu-la con mortos civís. Entón, teríanque prohibirnos saír da nosacidade. Non estamos seguros enningures.Radio Makuto. www.l-v.es

Iemen¿A quen se lle ocorre ir a Iemen?A uns suicidas. ¡Por Deus! (digo,por Alá).Juan X. www.l-v.es

Sete marabillasA catedral de Mondoñedo, amuralla de Lugo, a catedral deSantiago, as covas do Rei Cintolo,o monte de Santa Tegra, as SanLucas, o monte Xistral...Momfadal. www.l-v.es

Malos tratos¿Por que saen tantos casos demalos tratos nos medios? ¿Nonpoden ter un efecto chamada?Elvira Seijas. Santiago

Antón Losada queda con Quintanaporque os euros non o son todo Lido en Galicia Diario: “O secretario xeral Antón Losa-da queda con Quintana. Os que o situaban á frontedun importante grupo de comunicación galego noncontaban con que a fidelidade ao xefe e amigo pesanmáis que os euros. Don Antón asegura, ademais, quecando o vice non o necesite volverá á universidade”.

abrente2 VEN.06.07.2007 < LV

>cóntanos

>gorxaroucaPor Álvaro Sal

>santygutierrez.com

E-MAIL>[email protected]>www.l-v.es/contanosSMS>649 953984 / 647 595648

O vestixio máis descoñecido do PerúAs autoridades peruanas están inmersas desde principios deste séculona recuperación dun dos vestixios máis descoñecidos do seu pasado, oGran Camiño Inca, construído hai 600 anos e cuxos 25.000 quilómetrosdiscorren por seis países suramericanos. Este auténtico museo viventeconta con restos arqueolóxicos de gran valor. > EFE / INC

>flash

Coordinador:Martín García PiñeiroDirector de Comunicacióne Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaDirector Comercial:Pedro Rodríguez BlancoDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:Alfonso Roca

Dirección Postal:Rúa Salvadas, 27. 15705 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743Fax: 981-568779E-mail: [email protected]

Contratar Anuncios:Tel: 981-568743 / 670 991959

Contratar Distribución:Tel: 982-298128

deLUNSaVENRESEdita:Galicia de Proxectos e Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

GRUPO EL PROGRESO

Presidenta: Blanca García Montenegro

Director: Alfonso Á. Riveiro

LV

>galeg@s

Héctor Cajaraville

P ¿Un sinónimo de Galicia?R Nación.P ¿Que quería ser de pequeno?R Maior. P ¿Un lema? R Se tes que demostrar o teu poderé que careces del.P ¿Cal é o seu maior defecto? R A impaciencia.P ¿E a súa principal virtude?R Penso que posúo unha boa capa-cidade de observación.P ¿Un libro?R Momo.P ¿Unha película?R Domicilio privado.P ¿E unha canción?R Calquera da cantante libanesaFairuz, con letras de Khalil Gibran.P ¿O seu prato favorito?R Os da miña nai.P ¿Un personaxe histórico galego?R Álvaro Cunqueiro.P ¿Un lugar?

R Palestina, o meu país.P ¿E por onde tería que vir a solu-ción ao conflito que se vive alí?R A paz chegará a Palestina candoa xustiza impere e Israel cumpra asresolucións internacionais.

GHALEB JABEREMPRESARIO

Ghaleb Jaber IbrahimNaceu en Palestina en 1950e en 1970 veu a Galicia paraestudar Medicina en Santiago,onde casou e quedou a vivirÉ o presidente do grupoAraguaney, unha ducia deempresas con actividade ensectores como a hostalería oua comunicaciónTamén preside a fundacióndo mesmo nome, dedicada aachegar a cultura e o mundoárabes a Galicia, e viceversa

“O conflito palestinorematará cando axustiza impere e Israelcumpra as resoluciónsinternacionais”

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos2

Page 3: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

Agora que xa liches as cartas ao director, imos recoller os temas que lle preocupan á xente que escribe ao xornal:

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos3

Page 4: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

Tes as mesmas preocupacións que os que escriben ao periódico?

Escribe unha carta dunha lonxitude semellante a estas, comentando algunha das cousas que cres que se deben mellorar.

Cando a teñas lista, pásalla ao teu compañeiro, que a debe incorporar á táboa anterior. Incorpora ti o tema do que fale a carta que che tocou.

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos4

Page 5: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

2. Agora imos propoñer unha solución a dous dos nove problemas expostos nas cartas.

Podes traballar coa túa parella.

Recorda que canto máis minuciosa sexa a solución proposta, mellor.

3. Logo de concretar a solución para o problema, expoñédelle ao resto da clase as accións necesarias para levala a cabo do xeito máis ordenado posible

Exemplo:

Para o problema de falta de sol que comenta Alba, propoñemos:

1. A instalación de lámpadas de raios UVA en todas as praias galegas.2. Calefacción en todas as rúas das cidades.3. Será obrigatorio o uso de camisas floreadas para todos e todas.

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos5

Page 6: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

4. Normalmente, os que propoñen solucións para os problemas da sociedade son os partidos políticos. Aquí tes o nome de cinco partidos políticos imaxinarios:

- Fronte Tecnolóxica Radical. - Unión da Preguiza.- Partido da Saúde.- Alianza pola Defensa Animal.- Coalición Televisiva.

E, a continuación, podes ler algunhas das promesas e propostas destes partidos. Debes emparellar cada unha co seu partido:

A. Todo o coñecemento humano está na rede, así que propoñemos a supresión total dos libros, que se substituirán por ordenadores conectados a Internet.

B. No mundo hai riqueza abonda para non ter que traballar. Cunha redistribución adecuada, o calendario laboral pode cambiar para ter cinco meses de vacacións e o resto do ano traballar un día á semana.

C. Os humanos somos animais e debémoslles respecto aos nosos conxéneres. A única opción humana é o vexetarianismo.

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos6

Page 7: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

D. Pasamos o día a atentar contra o noso corpo. Isto ten que rematar: propoñemos que o tabaco, o café e os embutidos teñan o mesmo tratamento e penalización que outras drogas nocivas.

E. No 99 por cento das casas galegas hai televisión, así que propoñemos que esta sexa a canle para toda a interacción social. As reunións, mitins, periódicos e libros non son máis que xeitos de perder o tempo, e propoñemos a súa abolición. Iso si, a tele terá un mínimo de 800 canles en aberto.

Agora debes pensar un lema electoral para un destes partidos. O resto da clase debe adiviñar a que partido corresponde. Recorda que un bo lema debe ser doado de recordar, divertido e difícil de confundir cos dos outros partidos.

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos7

Page 8: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

5. Agora imos formar os nosos propios partidos. En grupos, elixide un dos cinco anteriores (ou outro que prefirades) e redactade un programa electoral de cinco puntos concretos.

6. Todos os partidos teñen material publicitario para convencer os votantes das vantaxes das súas propostas. De acordo co voso programa, preparade dous ou máis dos seguintes materiais publicitarios:

- Un cartel electoral.- Un folleto explicativo.- Unha campaña de SMS.- Adhesivos, chapas, pins para levar na roupa.- Lemas, cancións etc.

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos8

Page 9: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

7. Unha vez que o teñades listo, cada grupo dispón de dez minutos para convencer o resto da clase das súas propostas. Este tempo pódese administrar do xeito que o grupo (que xa é un partido) pense que é mellor: distribuír material publicitario, mesas redondas, discusións, pegada de carteis etc., pero recordando que os últimos tres minutos, como mínimo, se deben reservar para o mitin final. Todos os membros do grupo deben intervir durante, como máximo, cinco minutos.

8. Chegou o momento de votar. Por quendas, ide metendo os vosos votos na furna que preparou o profesor.Agora contaremos os votos. Quen gañou? Por canto?

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos9

Page 10: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos10

celg

a 4

UNIDADE

6

votamos

Guía para o profesor

1. Os materiais están pensados como unha guía para levar a cabo unha

tarefa final. As instrucións gramaticais, exercicios de reforzo ou

complementarios pódense introducir en calquera momento do proceso,

segundo as necesidades do estudantado.

2. Os materiais complementarios do informe pódense entregar ou

imprimir para uso común de todos os estudantes. Pódense incrementar

con materiais reais impresos, proxeccións ou calquera material dispoñible

na aula.

Page 11: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos11

3. Materiais para o cartafol:

- Ficha de control de autoavaliación.

- Materiais xerados do proceso das actividades 1 e 2. CV completo (tarefa

final).

Parte dos documentos adxuntos son materiais reais que non foron

manipulados, co fin de manter o seu formato. Nin o autor nin a Secretaría

Xeral de Política Lingüística poden garantir a corrección informativa ou

textual destes.

Page 12: votamos celga 4 - Portada - O Portal da Lingua Galega que non son democráticas por-que non nos veñen ben. Lupe Ledo. Sanfermíns ... Agardo que a canción do verán ... musical no

UNIDADE

6

cel

ga 4

votamos12

Data: Lugar: Nome do curso:

1. Cousas nas que mellorei nesta unidade:

Que ComoPalabras novas

Expresións novas

Novas cousas que podo facer en galego

Coñecementos gramaticais

Cousas sobre Galicia

Outras cousas

2. Do que fixen, que vou gardar no meu cartafol?

ficha

par

a o

pasa

porte