Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de...

88

Transcript of Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de...

Page 1: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 2: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

© 2010 Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra

edita:Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra

dirección técnica:María Formoso Beloso

corrección lingüística:Servizo de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra

fotografías:Vítor Xosé Cabaleiro Barroso agás páxs. 4, 18, 23 (Trisquelia); 8, 10, 16b (Gustavo Santos

Galiñanes); 16a (María Formoso Beloso) 24, 26, 27, 33, 34, 42 (Emilio Solla Pazos); 37, 66,

68, 70 (Antonio Fernández Cordeiro); 67 (Antonio Costa), e 36 (Stevie B. cc–by). Todas as fotografías fixéronse no ENIL Xunqueira de Alba excepto páxs. 24, 26, 27, 33, 34, 36, 37, 42, 66, 68 e 70.

deseño e maquetación: Trisquelia

d.l.: po 272–2010

Page 3: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

Guía de aves do enil Xunqueira de Alba

Vítor Xosé Cabaleiro Barroso

Page 4: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 5: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

ÍNDICE

Prólogo 7

Introdución 9

Descrición do ENIL Xunqueira de Alba 11A Xunqueira de Alba 11Localización 12Descrición da zona de estudo 13Fauna 16Avifauna 17

Guía de aves 19Como interpretar as fichas do libro 21Topografía das aves 22Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) 23Garzota (Egretta garzetta) 24Garza real (Ardea cinerea) 25Lavanco (Anas platyrhynchos) 26Miñato (Buteo buteo) 27Falcón peregrino (Falco peregrinus) 28Becacina (Gallinago gallinago) 29Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) 30Gaivota chorona (Larus ridibundus) 31Gaivota patiamarela (Larus michahellis) 32Pombo torcaz (Columba palumbus) 33Rula turca (Streptopelia decaocto) 34Rula (Streptopelia turtur) 35Curuxa (Tyto alba) 36Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) 37Cirrio (Apus apus) 38Picapeixe (Alcedo atthis) 39Peto verde (Picus viridis) 40Peto real (Dendrocopos major) 41Lavandeira branca (Motacilla alba) 42Lavandeira real (Motacilla cinerea) 43Lavandeira amarela (Motacilla flava) 44Carriza (Troglodytes troglodytes) 45Azulenta (Prunella modularis) 46

Paporrubio (Erithacus rubecula) 47Chasco (Saxicola torquata) 48Merlo (Turdus merula) 49Tordo común (Turdus philomelos) 50Papoazul (Luscinia svecica) 51Rousinol bravo (Cettia cetti) 52Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis) 53Folosa acuática (Acrocephalus paludicola) 54Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) 55Folosa amarela (Hippolais polyglotta) 56Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) 57Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) 58Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) 59Picafollas europeo (Phylloscopus collybita) 60Ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus) 61Ferreiriño negro (Parus ater) 62Ferreiriño azul (Parus caeruleus) 63Ferreiriño real (Parus major) 64Gabeador (Certhia brachydactyla) 65Gaio (Garrulus glandarius) 66Pega (Pica pica) 67Corvo pequeno (Corvus corone) 68Estorniño pinto (Sturnus vulgaris) 69Estorniño negro (Sturnus unicolor) 70Pardal (Passer domesticus) 71Bico de coral (Estrilda astrild) 72Xirín (Serinus serinus) 73Verderolo (Carduelis chloris) 74Xílgaro (Carduelis carduelis) 75Úbalo (Carduelis spinus) 76Cardeal (Pyrrhula pyrrhula) 77Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) 78

apéndice i:Listado completo das aves do ENIL 79

apéndice ii:Listado alfabético das aves da guía 85

Page 6: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 7: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

PRÓLOGO

Antes de que Vítor Cabaleiro me confirmase alborozado que atopara unha especie protexida e en perigo de extinción na Xun­queira da Gándara eu non escoitara falar da folosa acuática, un paxaro pequeno, pero teimudo, porque é quen de voar ata 500 quilómetros nunha soa noite, o que lle permite chegar alén do Sáhara, vía Pontevedra, dende as frías latitudes nas que aniña, en Polonia, Bielorrusia ou Ucraína, para pasar o inverno

A campaña de anelamento que dende a Concellaría de Medio Ambiente Natural levamos a cabo para identificar as especies migratorias que aniñan ou repousan nesta marisma permitiunos identificar 133 especies, das que máis de 40 son migratorias e quince delas protexidas Pero sobre todo, serviu para decatármonos da sorprendente biodiversidade que bole a poucos metros dos tubos de escape, das chemineas e dos sumidoiros urbanos

Os datos demostran a importancia enorme deste parque para o que xa temos acadada a clasifica­ción como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) En total son 53 hectáreas de terreo, ao pé mesmo da cidade, para pasear e gozar da natureza esculpida polos meandros que trasladan as augas dos ríos Rons e Gándara

Xa hai tempo esta cidade tivo a enerxía cívica necesaria para paralizar un parque industrial co que se pretendía desecar a zona húmida Nos revirados camiños da historia non foi fácil que a xunqueira chegase ata nós, polo que temos a obriga de entregárllela aos nosos fillos recuperada e orgullosos do patrimonio natural que alberga

Coidemos pois esta fermosa xunqueira porque todos, a fin de contas, somos aves de paso

Celia Alonso CaramésConcelleira de medio ambiente natural.

Concello de Pontevedra

Page 8: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 9: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

INTRODUCIÓN

O libro que tendes nas vosas mans é o resultado de moitas horas de estudo no lugar que se vén de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro Sanmartín Santiago, comecei a observar a natureza, en especial as aves, e onde de xullo de 2008 a outubro de 2009 cataloguei e estudei todas as aves presentes Foron moitos madrugóns (ou ás veces deitarse tarde), moitos quilómetros polo barro, humidade, calor, frío observando e capturando aves para o seu anelamento científico e coa satisfacción de ir engadindo pouco a pouco especies de aves que usan o ENIL para criar, invernar ou como descanso na súa viaxe migratoria Así, a día de hoxe son 133 especies de aves vistas, moitas de­las protexidas, e algunha como a folosa acuática en perigo de extinción a nivel europeo Se realmente queres protexer un lugar, tes que saber o que hai para poder conservalo dun xeito efectivo e unha vez coñecido, divulgalo para que a xente o valore e aprecie

Como pontevedrés e biólogo, síntome orgulloso de poñer o meu pequeno gran de area nesta fermosa zona do noso concello cara á súa conservación para as xeracións vindeiras, en forma deste libro para divulgar os seus valores

A partir de aquí e unha vez protexida, esta zona húmida debe converterse nun referente ambien­tal a nivel de estudo, protección e, sobre todo, educación ambiental, porque moi poucos concellos poden presumir de contar cun espazo natural destas características

Por todo isto dou as grazas a dona Celia Alonso Caramés, concelleira de Medio Ambiente Natural do Excmo Concello de Pontevedra, que me propuxo facer este traballo, amosándome tanto ela como o seu equipo técnico: María del Carmen Casalderrey Piñeiro, María Formoso Beloso e María Liñán Gil, unha sensibilidade ambiental, bo traballo e entusiasmo polos que non teño máis que palabras boas para elas Agradezo tamén a Antonio Fernández Cordeiro (grupo de anelamento Anduriña), Emilio Solla Pazos e Antonio Costa as fotografías que amablemente me cederon

Algúns amigos tamén me acompañaron ao longo das xornadas de campo e para eles tamén os meus mellores desexos: Fernando Urones del Río, Anthony Lewis, Amancio Castro González, Manuel Riveiro, Gonzalo Sancho Blanco, María Formoso e por riba de todo á miña familia, a Bea e Miguel, que sen eles todo sería un pouco máis difícil

Vítor Xosé Cabaleiro BarrosoPontevedra, 3 de outubro de 2009

Page 10: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 11: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

A Xunqueira da Gándara

O libro abrangue as aves que se poden observar no Espazo Natural de In­terese Local (ENIL) Xunqueira de Alba, localizada no Concello de Pontevedra (Pontevedra)

Segundo consta no Inventario de Humidais de Galicia, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a zona de estudo com­prende dúas destas zonas húmidas:

Nome: Xunqueira de AlbaCódigo do Inventario de Humidais de Galicia (IHG): 1140012Superficie: 48,13 haUTM X huso 29T: 529288UTM Y huso 29T: 4699633

Nome: Charca da Xunqueira de AlbaCódigo do Inventario de Humidais de Galicia (IHG): 1140013Superficie: 0,60 haUTM X huso 29T: 529312UTM Y huso 29T: 4699516

Dentro da tipoloxía RAMSAR a 1ª zona tería un código H am­pliado na tipoloxía do IHG no apartado 1 2 5: marisma: zona de auga doce e salobre inundada pola marea

A 2ª zona tería un código J ampliado na tipoloxía de IHG no apartado 1 4 3: medios lacu­nares costeiros salobres/salga­dos; lagoas de auga entre salo­bre e salgada con, polo menos, unha relativamente angosta co­nexión ao mar

DESCRICIÓN DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA

Comunidade autónoma de Galicia. En vermello: concello de Pontevedra.

Page 12: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 12descrición do enil

Localización da área de estudo

A Xunqueira da Gándara atópase no norte do concello de Pontevedra, nas parroquias de Lérez e Campañó Ten unha orientación norte–sur e unha área dunhas 50 ha, cunha lonxitude de 1 240 metros e unha anchura máxima de 550 metros

É atravesada tamén en dirección norte–sur polo río da Gándara, tamén chamado Rons ou Alba

Polo oeste está franqueada pola autoestrada A9, polo sur despois de per­correr o río 840 metros canalizados, este desemboca no río Lérez, xusto en­fronte da cidade de Pontevedra, polo leste bordean o ENIL leiras do barrio da Santiña e un tramo do Camiño de Santiago portugués

Esta xunqueira tamén é chamada Xunqueira do Alba, do Vao e de San Cae­tano

Mapa de situación do ENIL Xunqueira de Alba ao norte da cidade de Pontevedra.

Page 13: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 13descrición DO ENIL

Descrición da zona de estudo

O inventario de flora abrangue 171 especies: 16 de porte arbóreo, 13 de por­te arbustivo e 142 de porte herbáceo Segundo as especies que forman cada comunidade vexetal distribuídas por toda a zona de estudo podemos distin­guir 4 formacións diferentes en función da súa composición florística

Zona A. XunqueiraEsta zona ocupa o interior da zona húmida formando a marisma pro­

piamente dita As zonas húmidas son un dos ecosistemas mais complexos, fráxiles e produtivos do planeta, sustentando hábitats intermedios entre o ambiente acuático e o terrestre Experimentan fortes variacións estacionais pasando de períodos de inundación a outros de seca Neste caso ademais, cun alto grao de salinidade por estar suxeito á influencia do mar Por estas razóns a vexetación que habita estas zonas húmidas desenvolveu adaptacións especiais para facer fronte a estes cambios extremos

Predominan as especies das familias Cyperaceae e Juncaceae, o que co­munmente coñecemos como xuncos ou xuncas Unha das especies que nos podemos atopar, Juncus maritimus, é unha das máis frecuentes neste tipo de hábitats, formando a maior parte das xunqueiras da beiramar Tamén apare­cen Juncus acutus e Juncus buffonius Dentro da familia das Cyperaceae apare­cen C. sculentus, C. longus e a especie alóctona nativa de Sudáfrica C. eragrostis que na actualidade aparece espallada por todo o país Como representantes do xénero Scirpus están citadas o S. holoschoenus, S. lacustris e o S. maritimus entre outros

Aspecto da zona ocupada polos xuncos no interior da marisma.

Page 14: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 14descrición do enil

Page 15: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 15descrición DO ENIL

Na parte norte da xunqueira estase a producir un proceso de colmatación que é aproveitado por especies arbóreas e arbustivas como o salgueiro (Salix atrocinerea), a xesta (Cytisus striatus), acacias (A. dealbata e A. melanoxylon) e a herba da pampa (Cortaderia selloana), estas tres últimas alóctonas invasoras en Galicia

Zona B. EspadanalA vexetación nesta zona está caracterizada pola presenza de espadanas,

predominantemente a Typha latifolia aínda que tamén podemos atopar a Typha angustifolia Estas son plantas enraizadas no solo do fondo e coa parte inferior do talo somerxido, chegando a desenvolver formacións extensas e difíciles de penetrar, que serven de refuxio a numerosas aves acuáticas A primeira delas é moi común en Galicia nos hábitats acuáticos

Neste caso están acompañadas pola espadana amarela (Iris pseudacorus) Esta planta típica de zonas húmidas foi empregada en medicina pero tanto o rizoma como as follas son velenosas para o gando

Ocupa unha extensión de aproximadamente 2 ha na parte nordeste da xunqueira

Zona C. MatogueiraCorresponde ás zonas de recheo na que aparecen principalmente especies

arbustivas como silvas (Rubus sp ), xestas (Cytisus striatus) e gran cantidade de codesos (Adenocarpus complicatus) Tamén hai algunha especie arbórea proce­dente das plantacións feitas durante as obras de recuperación do espazo As

Espadanal con exemplares de Typha latifolia.

Page 16: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 16descrición do enil

especies superviventes de ditas plantacións corresponden a exemplares de acacia e eucalipto fundamentalmente Tamén hai algúns exemplares espontá­neos de salgueiro (Salix atrocinerea)

Zona D. Bosque de ribeiraCorresponde á vexetación que acompaña o río Rons no seu percorrido ao

longo do espazo É un bosque ripícola bastante degradado no que as especies máis características son o salgueiro (Salix atrocinerea), o ameneiro (Alnus glu-tinosa) e algún freixo (Fraxinus angustifolia)

Fauna

Na Xunqueira da Gándara, dende o punto de vista faunístico, destacan os invertebrados (por exemplo odonatos ou ortópteros), coa presenza do odona­to Coenagrion mercuriale (incluído no anexo II da Directiva do hábitat 92/43/CEE), e a riqueza en anfibios, por exemplo Discoglossus galganoi, sapiño pin­toxo, (incluído no anexo II da devandita directiva) e Hyla arborea, a estroza, (incluída no anexo IV e clasificada coma vulnerable no Catálogo galego de es-pecies ameazadas) Dentro dos mamíferos aparece a lontra (Lutra lutra), tamén incluída no anexo II de dita directiva

Á esquerda, imaxe típica da zona de mato: pradeira salpicada de xestas (Cytisus striatus) en flor e codesos (Adenocarpus complicatus) que aparecen como pés illados ou en grupos.

Á dereita, bosque de ribeira con espadanas amarelas (Iris pseudacorus) en primeiro termo.

Page 17: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 17descrición DO ENIL

Avifauna

No ENIL observáronse polo menos unha vez 133 especies de aves das cales 52 crían con regularidade no espazo Catro delas están en perigo de extin­ción e tres están catalogadas como vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas Dezanove deben ser obxecto de medidas de conservación espe­ciais canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa repro­dución na súa área de distribución segundo a lexislación estatal e europea

A continuación descríbense 55 desas 133 especies de aves vistas ata a data de hoxe na Xunqueira O obxectivo desta publicación non era facer unha descrición pormenorizada de todas as aves senón facer un volume dirixido a xente principiante e que pasea habitualmente pola marisma para que poida coñecer aquelas aves que podemos atopar ao longo dos camiños do ENIL sen ser necesarias horas de observación no interior da marisma Por esta razón non están todas as especies pois tiña que ser un volume manexable que pui­dese ser levado con comodidade

Así foron elixidas as aves máis comúns e doadas de ollar ademais dalgunha outra que pola súa rareza ou valor ecolóxico merecía figurar nesta guía

Polo explicado anteriormente é posible que algún lector poida botar de menos algunha especie nesta guía pero esta escolla está aberta polo que cal­quera suxestión que os lectores acheguen será ben recibida para incorporala en vindeiras edicións Sen dúbida esta listaxe aumentará pronto porque espe­ramos que este número de 133 especies vaia aumentando paseniño a medida que o espazo mellore, aumente o número de observadores de aves e novos visitantes alados escollan a Xunqueira da Gándara como lugar de descanso e aniñamento

Folosa acuática (Acrocephalus paludicola), ave en perigo de extinción con presenza no ENIL Xunqueira de Alba.

Page 18: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 19: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES

Page 20: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro
Page 21: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

Como interpretar as fichas do libro

[1] Nome galego.[2] Nome científico.[3] Nome castelán.[4] Orde sistemática detallando a familia e a orde ás que pertence a especie.[5] Datos biométricos: lonxitude dende o peteiro ata o final do rabo e peso promedio segundo a es­pecie.[6] Grao de ameaza no que se atopa a especie en Galicia, España e Europa en función dos seguintes criterios:

GALICIA: Catálogo Galego de Especies AmeazadasO Catálogo galego de especies ameazadas foi creado a través da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conser­vación da natureza de Galicia e regulado mediante o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se re­gula o Catálogo galego de especies ameazadas. As especies incluídas neste catálogo clasifícanse en varias categorías en función do seu grao de amea­za. De todas elas, as empregadas nesta guía son:

pe: en perigo de extinción. Reservada para aque­las cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación se­guen actuando.v: vulnerables. Destinada a aquelas que corren perigo de pasar ás categorías anteriores nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre elas non son corrixidos.nc: non catalogada.

ESPAÑA: Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidadeAprobada en Madrid o 10 de decembro de 2007, traspón, entre outras, a Directiva de aves á lexisla­ción española, incorporándoa no seu articulado e incluíndo o anexo I da mesma, que constitúe na lei estatal o anexo IV. Deste xeito, as especies de aves observadas na Xunqueira da Gándara para cuxa protección deben ser obxecto de medidas especiais de conservación en canto ao seu hábitat en función da Directiva de aves, tamén o son segundo o dis­posto nesta normativa estatal.

anexo iv: especies que serán obxecto de medi­das de conservación especiais en canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e reprodución na súa área de distribución.nc: non catalogada.

EUROPA: Directiva de avesA Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e o Consello, de 30 de novembro de 2009, relati­va á conservación das aves silvestres establece un réxime de protección e xestión das aves de obri­gado cumprimento para os estados membros da Unión Europea. Segundo ela a catalogación nesta guía será:

anexo i: especies incluídas no anexo I da Direc­tiva. No seu artigo 4.1 sinala que «as especies mencionadas no anexo I serán obxecto de me­didas de conservación especiais en canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución na súa área de distribu­ción». O artigo 4.2 indica que deberán tomarse as mesmas medidas para as especies de aves migradoras regulares, aínda non estando in­cluídas no citado anexo.anexo ii: especies incluídas no anexo II da Di­rectiva. O artigo 7.1 sinala que «Debido ao seu nivel de poboación, á súa distribución xeográfi­ca e ao seu índice de produtividade no conxun­to da Comunidade, as especies enumeradas no anexo II poderán ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional.»nc: non catalogada.

[7] Fenoloxía: representa os meses nos que a espe­cie ten presenza normal na Xunqueira (en negri-ña), parcial ou moi escasa (en tipografía normal), ou está ausente (en gris).

Page 22: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

Topografía das aves

1. Peteiro

2. Fronte

3. Cella, risca supraocular ou

superciliar

4. Sobrecella

5. Risca ocular

6. Curuto

7. Orella, orelleira

8. Fazulas, cara

9. Caluga

10. Lombo, dorso, manto

11. Riscas alares

12. Mitra

13. Cobertoiras caudais ou

supracobertoiras caudais

14. Rabo

15. Infracobertoiras caudais ou

subcobertoiras caudais

16. Tarso

17. Dedas

18. Ventre

19. Costas

20. Peito

21. Papo

22. Gorxa, barbela

23. Bigote

24. Artello, vértice flexor

25. Cobertoiras alares

26. Espellete (nas anátidas)

27. Remeiras secundarias ou re-

mixes secundarias

28. Remeiras primarias ou remixes

primarias

29. Borde anterior da á

30. Axila

31. Borde posterior da á

Page 23: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 23

Identificación: sexos iguais Ave de tamaño grande, negra, co peteiro longo, ro­busto, curvado e de cor amarela Destacan na súa escura plumaxe as meixelas e a gorxa de cor branca Na época de reprodución pode distinguirse unha mancha branca nas coxas Os novos teñen as partes inferiores abrancazadas A caluga é longa e case sempre a teñen retraída Teñen unha mancha de cor amarela ala­ranxada na boqueira Voa coa caluga estendida e en grupos en forma de «V»

Hábitat: encoros e pantanos de calquera tamaño De forma máis escasa é posible observalo tamén en pozas, remansos e tramos anchos dos ríos máis grandes

Costumes: póusase ao sol coas ás estendidas para secalas, xa que a diferenza doutras aves acuáticas, a plumaxe non é hidrófuga e, polo tanto, móllase ao nadar e mergullarse Pesca perseguindo as presas mergullándose por debaixo da auga e batendo as ás como se estivese a voar Crían en colonias, a miúdo xunto a garzas, en rochas de acantilados costeiros, en encoros e lagos, no chan ou sobre árbores

Situación no ENIL: abondosos no inverno no río Lérez ao longo da cidade de Pontevedra e a ría de Pontevedra, algúns exemplares (2–3) óllanse tanto co­mendo como secando as súas plumas no interior do espazo Tamén a primeira e última hora do día pódense ollar bandos de ata 15 exemplares desprazándo­se cara a outros lugares para alimentarse ou durmir

Orde:Pelecaniforme

Familia:Phalacrocoracidae

Lonxitude:80–100 cm

Peso:2.300 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Pelecaniforme

Phalacrocorax carbo (Linnaeus, 1758)Cormorán grande

Corvo mariño grande

Page 24: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 24

Identificación: sexos iguais De silueta proporcionada e elegante Todo o corpo é branco, as patas e o peteiro negros (menos escuros nos exemplares novos) e as dedas amarelas Da base do peteiro sae unha mancha azulada que se une co ollo que é de cor amarela Na plumaxe nupcial destacan na súa cabeza unhas longas plumas que se lle prolongan dende o curuto En voo mantén a caluga encollida, as patas sobresaen moderadamente e as ás vense en posición central

Hábitat: relacionada coas masas de auga, especialmente con ríos grandes e pequenos encoros Ás veces algúns exemplares únense a garzas reais en pe­quenos durmidoiros mixtos sitos en árbores á marxe da auga Móvese con soltura en zonas pouco profundas, lamacentas e con vexetación acuática

Costumes: caza como a maioría dos ardeidos permanecendo queda nas mar­xes e sorprendendo as súas presas No verán proxecta a súa sombra na auga para que as súas presas se acubillen do sol e así poida capturalas Aliméntase de peixiños, larvas, caracois, etc

Situación no ENIL: invernante común, coa marea baixa aliméntase no río Rons e nas canles da xunqueira; poden ollarse ata 2–3 exemplares

Ciconiiformes

Egretta garzetta (Linnaeus, 1766)Garceta común

Garzota

Orde:Ciconiiformes

Familia:Ardeidae

Lonxitude:55–65 cm

Peso:450 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Page 25: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 25

Identificación: sexos iguais A máis grande das nosas garzas, de voo lento e pe­sado Cando voa destaca por ter as ás escuras e moi arqueadas e levar o pescozo encollido É de cor agrisada polo dorso, coa caluga branca en época reprodutora ou gris en inverno con estrías negras na parte frontal do mesmo As plumas do curuto prolónganse formando un penacho de plumas negras O peteiro e os ollos son amarelo intenso e as patas amarelo–verdosas Cando estende as ás pode verse dende arriba que as plumas rematan nunha franxa negra

Hábitat: normalmente pode localizarse en ecosistemas acuáticos, preferindo os que teñan algo de vexetación nas beiras para camuflarse cando caza Os ríos, ribeiras, pantanos e encoros serán os lugares axeitados para localizalas

Costumes: permanece longos períodos de tempo queda e mimética coa vexe­tación á procura das presas Niño grande composto de paus e ramas en ár­bores e matogueiras altas Aliméntase de peixes, ras, ratas, caranguexos de río, etc

Situación no ENIL: non reprodutora, pero pódese ver todo o ano; acada o seu maior número en agosto e setembro, cando poden xuntarse ata 20–30 exem­plares descansando na súa migración posnupcial cara ao sur da península e África Invernan 2–3 exemplares movéndose continuamente entre a xunquei­ra e a ría de Pontevedra

Orde:Ciconiiformes

Familia:Ardeidae

Lonxitude:90–98 cm

Peso:1.550 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Ardea cinerea (Linnaeus, 1758)Garza real

Garza real

Ciconiiformes

Page 26: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 26

Identificación: pato con peteiro amarelo e lixeiramente aplanado, ten un es­pellete azul bordeado por cores negras e brancas na parte inferior das ás O macho ten a cabeza verde con reflexos azulados, separada do peito de cor marrón por unha fina liña branca O resto do corpo é entre marrón claro e agrisado, excepto o rabo que combina o negro e o branco A femia é total­mente marrón pencada de negro, o peteiro presenta cores máis escuras que o macho e a súa gorxa é bastante máis clara que o resto do corpo

Hábitat: ambientes acuáticos de case todo tipo, como colas de encoros, ríos, regatos, pantanos, etc

Costumes: niño escondido entre a vexetación, normalmente no chan e ás ve­ces tamén en construcións humanas Aliméntase de sementes, froitos, plan­tas, insectos e pequenos invertebrados acuáticos Reúnese en grandes bancos para a muda de pluma, chamada mancada Cría en case todo tipo de augas doces, e incluso en parques urbanos

Situación no ENIL: reprodutor habitual cun mínimo de 7–8 parellas, aumenta o seu número en inverno É a anátida máis frecuente e doada de ver na xun­queira

Orde:Anseriformes

Familia:Anatidae

Lonxitude:50–65 cm

Peso:Macho: 1.150 gFemia: 1.000 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Anas platyrhynchos (Linnaeus, 1758)Ánade real

Anseriformes

Lavanco

Page 27: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 27

Identificación: sexos iguais Rapaz de mediano tamaño, compacta, de ás an­chas e redondas, cola curta e tamén redondeada con coloración variable A parte superior é de cor marrón escura con estrías claras na cabeza; as partes inferiores son de tonalidade variable, indo dende o marrón claro ao marrón escuro, pero sempre presenta unha franxa branca na parte interna das ás O peito teno escuro cun medallón branco Cabeza grosa, pouco prominente, con ollos pardos e coa base do peteiro amarela, ao igual que as súas patas

Hábitat: vive en zonas arboradas xunto á campiña, en montaña ou nas ribei­ras pero sempre próximo a espazos abertos Niño de ramiñas en árbores ou na base dun acantilado

Costumes: remóntase coas ás en forma de «V» pouco pronunciado, planea coas ás planas ou algo arqueadas É común velo pousado ao axexo en mira­doiros (postes e cables da luz e do teléfono preto da estrada) Aliméntase de mamíferos de mediano e pequeno tamaño, aves, insectos e tamén carnaza

Situación no ENIL: unha parella aniña no espazo ou preto del, é común ollala tanto pousada como en voo durante todo o ano

Orde:Falconiformes

Familia:Accipitridae

Lonxitude:51–57 cm

Peso:Macho: 775 gFemia: 1.000 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Buteo buteo (Linnaeus, 1758)Busardo ratonero

Falconiformes

Miñato

Page 28: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 28

Orde:Falconiformes

Familia:Falconidae

Lonxitude:39–50 cm

Peso:Macho: 650 gFemia: 1.100 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Identificación: a velocidade e destreza convertidas en ave rapaz, poderosa, compacta, de amplo peito, ás anchas e afiadas e cola relativamente curta Os adultos vistos en voo teñen unha plumaxe abrancazada con barrado gris ho­rizontal abundante escaseando no peito, as partes dorsais gris azulentas, a cabeza negra e branca con ollos negros bordeados de amarelo e unhas grosas bigoteiras negras A femia é bastante maior que o macho Os exemplares no­vos son máis estilizados, de cor parda, con grosas estrías ventrais en lugar de finas barras e bigotes menos aparentes

Hábitat: espazos máis ou menos abertos, cultivados, onde encontre caza abundante e lugares de nidificación adecuados Forma grupos familiares, ni­difica en acantilados areosos, cortados rochosos e fluviais, riscos de montaña, incluso torres ou edificacións humanas

Costumes: captura aves de mediano tamaño como rulas ou pombas atacándoas normalmente deixándose caer dende gran altura coas ás cerradas, golpeándoas e rematándoas unha vez caídas ao chan Nestes picados acada unha velocidade de máis de 300 km/h, a máxima velocidade rexistrada nunca nunha ave

Situación no ENIL: cría na cidade de Pontevedra e acércase á xunqueira, so­bre todo no verán e outono, para cazar Póusase con frecuencia nos postes de electricidade que atravesan a xunqueira

Falco peregrinus (Tunstall, 1771)Halcón peregrino

Falconiformes

Falcón peregrino

Page 29: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 29

Identificación: sexos iguais Partes superiores de cor parda escura con liñas lonxitudinais brancas, negras e crema Ventre branco e costas raiadas A ca­beza é barrada cunha liña de cor crema no curuto O peteiro é moi longo e o rabo curto Patas verdosas

Hábitat: xunqueiras, prados asolagados, marismas e brañas

Costumes: anda sempre polo chan Cando ve algún perigo agóchase e a poucos metros de distancia del levanta de súpeto o voo emitindo un reclamo áspero «quetsch» Este voo de fuxida é rápido e en zigzag Aliméntase de in­vertebrados: insectos, moluscos, miñocas

Situación no ENIL: invernante Cando se traballaba na xunqueira e había gando (ata finais dos anos 80 do século XX) chegábanse a cazar ata 30–40 exemplares o mesmo día Hoxe a vexetación tupida da xunqueira fai que só in­vernen 6–7 exemplares En Galicia existe unha pequena poboación nidificante en contados lugares do sur da provincia de Ourense

Orde:Charadriiformes

Familia:Scolopacidae

Lonxitude:25–27 cm

Peso:96–112 g

Grao de ameaza:Galicia: en perigoEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Gallinago gallinago (Linnaeus, 1758)Agachadiza común

Charadriiformes

Becacina

Page 30: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 30

Orde:Charadriiformes

Familia:Scolopacidae

Lonxitude:19–21 cm

Peso:55 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Identificación: sexos iguais Pequena limícola coa cabeza de cor marrón par­da, igual que o seu dorso, peito, rabo e parte das ás, pero estas teñen un ba­rrado escuro similar tamén ao que teñen na cola As ás son negras nos seus extremos e bordos inferiores, e teñen unha franxa de cor branca no centro Por debaixo son brancos con tons grises nos bordos exteriores, puntas e zona central Patas ocre, peteiro curto e escuro

Hábitat: todo tipo de ambientes acuáticos, nos que con frecuencia coincide co bilurico alinegro (Tringa ochropus) Porén, o bilurico da rochas ten maior tendencia a ocupar augas estancadas e marxes máis pedregosas e rochosas de ríos e regatos

Costumes: común, e a miúdo a única especie limícola en moitas augas de in­terior, prefire augas limpas, frescas e con vexetación litoral Niño pequeno for­mando unha depresión superficial, revestido de herba na vexetación, preto da auga Move constantemente a parte superior do corpo arriba e abaixo, como un balancín Voo característico, a baixa altura, con alternancia de batidos es­pasmódicos e curtos planados Aliméntase de insectos, vermes e moluscos

Situación no ENIL: invernante (4–5 exemplares) e en paso posnupcial (cando acada os seus maiores efectivos, ata 20 exemplares), é unha especie doada de ollar alimentándose ao longo do río Rons e nas canles da xunqueira

Actitis hypoleucos (Linnaeus, 1758)Andarríos chico

Charadriiformes

Bilurico das rochas

Page 31: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 31

Identificación: sexos iguais Gaivota áxil, abundante e de tamaño mediano Ás grises tanto por riba como por abaixo con plumas brancas no bordo exte­rior das puntas das mesmas se as vemos por arriba e negras vistas por abaixo Cabeza con capuchón negro no verán e peteiro vermello intenso un pouco curvado cara abaixo No inverno cabeza branca con manchas escuras no píleo e orella O resto do corpo é totalmente branco As súas patas de cor vermella escura Xuvenil con cores marróns na caluga e dorso, estas transfórmanse en grises a medida que se vai facendo adulta

Hábitat: non se limita a zonas costeiras xa que é moi frecuente vela no inte­rior, xa sexa en ríos, marismas e por suposto en ecosistemas costeiros e de augas salobres

Costumes: cando non está na costa, que é bastante a miúdo, ten as mesmas querenzas que o resto das gaivotas, móvese entre vertedoiros e charcas Pode criar en salinas, marismas e outras zonas húmidas; debido a esta razón crese que foi aumentando o número Niño a base de moreas de talos situado no chan Aliméntase de vermes, sementes, peixes e insectos que ocasionalmente captura en voo

Situación no ENIL: invernante moi común, pode verse na desembocadura do río Rons e no río Lérez

Orde:Charadriiformes

Familia:Laridae

Lonxitude:38–44 cm

Peso:Macho: 250 gFemia: 325 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Larus ridibundus (Linnaeus, 1766)Gaviota reidora

Charadriiformes

Gaivota chorona

Page 32: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 32Charadriiformes

Larus michahellis (Naumann, 1840)Gaviota patiamarilla

Identificación: sexos iguais Gaivota corpulenta, abundante e de tamaño grande Dorso e ás gris cincento con negro nas puntas das mesmas Cabeza e partes inferiores de cor branca Patas amarelas, peteiro amarelo cunha man­cha vermella e anel orbital vermello

Hábitat: ecosistemas costeiros e de augas salobres Tamén pode verse no in­terior, tanto en encoros como vertedoiros Cría en numerosas vilas e cidades costeiras de Galicia, entre elas Pontevedra

Costumes: aniña no chan en colonias en illas e acantilados pero tamén, hai poucas décadas, empezou a criar en tellados de cidades e vilas A súa voz é un «quee, quee, quee » estridente e repetitivo; en época reprodutora un «ghag, ghag, ghag » Ten un amplo espectro alimentario, dende carnaza e restos de todo tipo ata vertebrados e invertebrados

Situación no ENIL: sedentaria moi común, pode verse sobre todo na desem­bocadura do río Rons e no río Lérez

Orde:Charadriiformes

Familia:Laridae

Lonxitude:58–68 cm

Peso:1.125 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Gaivota patiamarela

Page 33: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 33

Identificación: sexos iguais Pomba esquiva de gran tamaño Cabeza e dorso gris pardo con ás negras nas que se distingue un arco branco Ollos de cor amarela Mitra gris máis pálida que o dorso, rabo da mesma cor que este, cunha fina liña branca e outra moi ancha de cor negra Caluga con mancha branca rodeada de cores rosáceas e verdosas Peito rosa escuro, zona ventral gris e patas vermellas Xuvenil sen mancha branca na caluga

Hábitat: cría en todo tipo de arboredos, bosques, parques, etc Forma durmi­doiros comunais en inverno

Costumes: de carácter solitario, só forma grupos para alimentarse Toma pe­quenos froitos, follas, brotes e diversos alimentos que recolle do chan En celo obsérvanse voos característicos con ascensos e descensos despregando as ás Niño de mediano tamaño de ramiñas e paus pequenos frecuente nas pólas dos piñeiros e xeralmente difíciles de localizar

Situación no ENIL: moi común, sendo unha das aves mais abondosas no es­pazo, con aumento de exemplares en outono e inverno; poden ollarse bandos de ata 50 exemplares

Orde:Columbiformes

Familia:Columbidae

Lonxitude:40–42 cm

Peso:450 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Columba palumbus (Linnaeus, 1758)Paloma torcaz

Columbiformes

Pombo torcaz

Page 34: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 34

Identificación: sexos iguais Cores pardo escuras pola zona dorsal e pardo claro na zona ventral As ás teñen as plumas primarias de cor negra, as secun­darias de cor apardazada e o centro destas agrisado O rabo da mesma cor que o dorso con tonalidades brancas na punta e nos laterais posteriores da caluga pódese ver facilmente unhas riscas negras abeiradas en branco Ollos e patas vermellos

Hábitat: habita en calquera tipo de arboredo ou bosquete Tamén está pre­sente nas vilas, criando en camposantos, rúas arboradas e xardíns

Costumes: nos últimos anos a súa poboación disparouse Pode criar en cal­quera momento do ano e sacar varias postas anuais Normalmente constrúe o seu niño nas zonas altas das árbores onde coloca un montón de ramiñas Prodúcense concentracións en calquera época, sobre todo en lugares onde poidan encontrar alimento Voz moi insistente e aguda chegando a cansar a quen a escoita Aliméntase de sementes e brotes

Situación no ENIL: residente moi común, en parte pola cantidade de alimento que proporcionan os grans caídos na antiga fábrica da Cross Téñense visto ata 80 exemplares xuntos

Orde:Columbiformes

Familia:Columbidae

Lonxitude:31–33 cm

Peso:200 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Streptopelia decaocto (Frivaldszky, 1838)Tórtola turca

Columbiformes

Rula turca

Page 35: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 35

Identificación: sexos iguais De menor tamaño que a rula turca e coloración máis variada Zonas dorsais de cor gris azulado coas puntas das ás anegrazadas e as zonas alares próximas ao dorso de cor marrón alaranxado cun abundante e ancho pencado en negro Extremos das ás de cor negra apagada e banda azulada na zona central da ala Ten un colar negro e branco detrás da caluga Peito pardo rosáceo e ventre pardo agrisado, ollos e patas alaranxados Pre­senta unha franxa negra no rabo seguida dunha branca no seu extremo

Hábitat: cría en gran variedade de ambientes forestais En xeral é máis abun­dante en áreas cálidas de baixa altitude con arboredo denso

Costumes: ave que non adoita concentrarse en núcleos urbanos como a rula turca A súa poboación está en descenso debido á agricultura intensiva ade­mais de ser especie cinexética Visita campos de cultivo de cereal ou legumi­nosas para buscar alimento xa que a súa dieta está composta de sementes, pequenos froitos e brotes Niño de poliñas colocado en árbores ou matoguei­ras

Situación no ENIL: reprodutor e migrador transahariano En contra do que sucede en moitos lugares de Galicia, a súa poboación é bastante numerosa Isto é debido, ao igual que sucede coa torcaz e a rula turca, pola abundancia de alimento que atopan debido a grans caídos na antiga fábrica da Cross

Orde:Columbiformes

Familia:Columbidae

Lonxitude:26–28 cm

Peso:140 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Streptopelia turtur (Linnaeus, 1758)Tórtola europea

Columbiformes

Rula

Page 36: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 36

Identificación: sexos iguais Rapina nocturna totalmente branca se a vemos por debaixo, incluso as robustas patas das que está provista están recubertas de plumas brancas Cabeza grande con círculo facial en forma de corazón na cara, onde destacan dous redondos e negros ollos dos cales saen dúas liñas lacrimais escuras, que se unen cun peteiro de cor clara Zona dorsal marrón claro coa raiada formada por manchas grises azuladas e pequenas pencas de cor crema Ten pardo amarelas as plumas primarias e secundarias O rabo ten unha franxa gris nos bordos

Hábitat: é a nocturna máis frecuente nas vilas e aldeas, está tamén presente en construcións humanas situadas no campo Prefire pasteiros, chans gandei­ros e agrícolas, hortas e zonas de matogueira pouco densa Con frecuencia aparece cerca de ríos e regatos

Costumes: a pesar de ser nocturna, pódese ver de día cazando á tardiña a baixa altura ratos, ratas e de cando en vez algún paxariño Pódese ver preto de estradas e regatos buscando ratas de auga, que son unha das súas presas favoritas Aniña en edificios rurais ou abandonados e en ocos das árbores

Situación no ENIL: residente con 1–2 parellas criando preto do espazo, ao cal acoden para alimentarse

Orde:Strigiformes

Familia:Tytonidae

Lonxitude:33–39 cm

Peso:300 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Tyto alba (Scopoli, 1769)Lechuza común

Strigiformes

Curuxa

Page 37: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 37

Orde:Caprimulgiformes

Familia:Caprimulgidae

Lonxitude:26–28 cm

Peso:75 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Identificación: ás e cola longas, ambas as dúas con manchas brancas nos seus extremos no macho Dorso, rabo e curuto gris lousa con pencas escuras, liñas gris escuro e brancas a ambos os lados do dorso Tons gris escuro nas ás vistas dende arriba, con parte central da ala e bordos interiores de cor gris clara Franxa de cor crema clara nos ombros e bigoteiras Cabeza grande e aplanada co peteiro diminuto, esmagado e lixeiramente curvado, cavidade bucal moi ampla, plumiñas sensoriais a modo de bigotes Ollos grandes e negros, adap­tados para ver na escuridade

Hábitat: pódese observar en zonas que combinan arboredo con claros, mato, bordos de bosques e ecosistemas montañosos

Costumes: a súa dieta é insectívora capturando sobre todo avelaíñas e bol­boretas nocturnas, para isto achégase a miúdo a farois onde se concentran estes insectos É frecuente encontralas na estrada onde se pousan durante a noite para aproveitar a calor do asfalto e algunhas delas resultan cegadas e atropeladas polos coches Elaboran o seu niño no chan, pouco profundo e sen revestimento

Situación no ENIL: reprodutora e migradora transahariana 3–4 parellas crían no espazo ou preto del

Caprimulgus europaeus (Linnaeus, 1758)Chotacabras gris

Caprimulgiformes

Avenoiteira cincenta

Page 38: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 38

Identificación: sexos iguais Teñen as ás longas, finas e rematadas en punta e rabo gallado Corpo e rabo de cor negra, máis intensa que as ás, que son de tons pardo agrisados Mancha branca na gorxa, patas moi pequenas

Hábitat: reprodúcese en zonas urbanas e construcións no campo sempre que teñan fendas ou ocos para aniñar, por iso escolle construcións vellas En me­nor medida tamén cría en cortados rochosos de certa identidade e buratos de árbores

Costumes: é moi común velo nas cidades ou construcións humanas Ave case exclusivamente aérea xa que só se pousa para criar e as veces para coller ba­rro co cal constrúen os niños Os novos poden permanecer tres anos voando antes da súa primeira reprodución Niño en cavidades revestidas de pluma É a ave que se alimenta a máis altura se a comparamos con andoriñas e avións Capturan insectos sempre en voo

Situación no ENIL: migrador transahariano Non cría no espazo, pero acoden os exemplares que crían na cidade de Pontevedra e aves migradoras a alimen­tarse e beber

Orde:Apodiformes

Familia:Apodidae

Lonxitude:16–17 cm

Peso:40 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Apus apus (Linnaeus, 1758)Vencejo común

Apodiformes

Cirrio

Page 39: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 39

Identificación: cabeza e ás azul turquesa con leves pintas celeste intenso nas cobertoiras Ten unha ancha liña de cor celeste metalizado intenso no dorso, caluga, mitra e parte da cola, cuxo bordo é azul turquesa Cabeza grande cun longo e ancho peteiro negro (que ten a base vermella nas femias) Manchas laranxas e brancas na cara Destaca sobre o papo e peito laranxa unha mancha branca na gorxa Patas pequenas, laranxas e con uñas negras

Hábitat: habita en ríos e regatos con vexetación de ribeira e augas con esca­sa contaminación que conten con presas para alimentarse (larvas, pequenos peixes )

Costumes: ten un voo directo e moi rápido Usa ramas e postes enriba da auga como miradoiros para, unha vez albiscada a presa, lanzarse en picado para a súa captura Aliméntase de peixes, anfibios e insectos acuáticos e nas épocas de escaseza pode cazar incluso fóra da auga capturando pequenos réptiles, insectos e incluso algún micromamífero Niño en forma de galería cilíndrica en noiros areosos ou arxilosos, normalmente preto da auga

Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual, parece que reduciu a súa poboación reprodutora de 2 a 1 parella A finais do verán a súa poboación vese incrementada por individuos en migración posnupcial

Orde:Coraciiformes

Familia:Alcedinidae

Lonxitude:16–17 cm

Peso:Macho: 23–35 gFemia: 30–35 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Alcedo atthis (Linnaeus, 1758)Martín pescador

Coraciiformes

Picapeixe

Page 40: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 40

Identificación: dorso e parte central das ás de cor verde oliva Rabo castaño e puntas das ás grises escuras con raiado branco Mitra amarelo verdosa, gorxa, meixelas, papo e peito verde pálido moi tenue, case cincento Curuto e bigo­tes vermellos intenso e no centro destes un anteface negro que bordea os seus ollos amarelos Os bigotes son totalmente negros nas femias e vermellos perfilados en negro nos machos Peteiro propio de peto pero menos forte que nos seus parentes Xuvenil pencado de branco no dorso e ventre abrancazado con pencado escuro

Hábitat: rexeita os bosques moi densos e as zonas totalmente desarboradas Ocupa piñeirais dende os 1 800 ata os 600 metros de altitude Non é raro velo en parques urbanos de boa extensión e vexetación autóctona ben coidada

Costumes: reclamo a modo de rincho audible a moita distancia, ás veces emí­teo nos postes do tendido eléctrico que cruzan a xunqueira Voo ondulado, alternando batido de ás con pregado das ás É frecuente velo alimentarse no chan en busca de formigueiros (o seu principal alimento) utilizando a súa lon­ga e pegañosa lingua Nidifica en ocos grandes en árbores

Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual con 1 parella

Orde:Piciformes

Familia:Picidae

Lonxitude:31–33 cm

Peso:180 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Picus viridis (Linnaeus, 1758)Pito real

Piciformes

Peto verde

Page 41: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 41

Identificación: ás anchas e negras con raiado branco en primarias e secun­darias Dorso negro con dúas grandes manchas brancas nos ombros Mitra e rabo negros, esta última con dúas bandas de cor branco e negro Anteface branco que se prolonga ata a meixela, curuto negro coa parte posterior ver­mella (no macho) e mancha branca na caluga Gorxa e parte inferior de cor crema abrancazada, divididas por un colar negro, zona das infracobertoiras caudais de cor vermello intenso Patas con fortes e afiadas garras

Hábitat: ocupa case todo tipo de masas forestais Sempre próximo a zonas con madeira morta (árbores secas ou semisecas) para buscar alimento nelas

Costumes: gabea axilmente polos troncos grazas ás súas patas adaptadas (dous dedos cara adiante e dous cara atrás) Come insectos, sentindo prefe­rencia polas formigas, as cales extrae das regañas das árbores coa súa longa lingua Os froitos máis duros méteos nas fendas ou buratos que el mesmo fai co seu peteiro e machúcaos a peteirazos Perfora buracos nos troncos para aniñar

Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual con 1–2 parellas

Orde:Piciformes

Familia:Picidae

Lonxitude:22–23 cm

Peso:85 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Dendrocopos major (Linnaeus, 1758)Pico picapinos

Piciformes

Peto real

Page 42: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 42

Identificación: sexos iguais Ás pardo–agrisadas cos bordos das plumas abrancazadas, dorso gris, cola longa e negra coas rectrices brancas Cabeza pequena, caluga e parte traseira do píleo de cor negro intenso, cara e meixela brancas con colar negro no inverno e coa gorxa e peito negro no verán Partes inferiores totalmente brancas, onde destacan unhas finas e negras patas

Hábitat: cría xunto a auga, en ríos e regatos Ás veces coincide coa lavandeira real, se ben a lavandeira branca prefire en xeral os tramos máis baixos do río, con augas máis lentas, leitos máis anchos e beiras máis despexadas de vexetación En invernada aparece máis repartida, véndose en cultivos, arados, hortas, etc

Costumes: ave inquieta, anda polo chan buscando alimento, facendo paradas e movendo a cola de arriba cara abaixo Tamén persegue as súas presas voan­do, dando quebros coas plumas do rabo estendidas Ao anoitecer diríxense aos núcleos urbanos onde pasan a noite en durmidoiros (árbores, parques, edificios) concentrándose a veces miles de exemplares Niño en forma de cunca confeccionado a base de herbas Aliméntase de insectos, pequenos ca­racois e algunha semente

Situación no ENIL: residente cunha parella criando e aumentando levemente a súa poboación no inverno

Orde:Passeriformes

Familia:Motacillidae

Lonxitude:18 cm

Peso:19–26 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Motacilla alba (Linnaeus, 1758)Lavandera blanca

Passeriformes

Lavandeira branca

Page 43: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 43

Identificación: dorso e cabeza grises, cunha fina liña de cor branca sobre o ollo, gorxa branca na femia e negra con bigote branco no macho Ás anegra­zadas Rabo escuro coas rectrices externas brancas sendo máis longa que o resto das lavandeiras Mitra amarelo–verdosa Partes inferiores amarelas; a femia ten o ventre claro

Hábitat: estreitamente ligada a cursos de auga Prefire augas limpas, aínda que aparece en tramos contaminados Cría en ríos e regatos, principalmen­te en tramos rochosos de curso rápido con ou sen vexetación de ribeira Na invernada e migración aparece tamén máis lonxe da auga, en hortas, veigas, fontes, vilas

Costumes: ave moi vigorosa e activa, move a cola e camiña sen parar Voo on­dulante cun agudo «bisp» cando chega ao punto máis baixo Come insectos, sobre todo moscas, pequenos invertebrados no chan e no aire O niño é unha cunca de herbas emprazada en muros, pontes, construcións a carón do río, base e raíces de árbores

Situación no ENIL: dúas parellas crían dende a desembocadura do río Rons no río Lérez ata a ponte da antiga fábrica da Cross aumentando os seus efectivos no inverno con exemplares de procedencia descoñecida

Orde:Passeriformes

Familia:Motacillidae

Lonxitude:18–19 cm

Peso:15–22 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Motacilla cinerea (Tunstall, 1771)Lavandera cascadeña

Passeriformes

Lavandeira real

Page 44: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 44

Identificación: ave elegante de bonitas cores, pódese confundir a simple vista coa lavandeira real Ás pardo agrisadas, coas pequenas e grandes cobertoiras máis escuras e con bordos brancos Zona dorsal verde oliva máis extensa e intensa na femia Cabeza pequena, caluga e curuto verdosos na femia e grises no macho Gorxa e cara brancas en ambos os dous sexos e con variable ante­face negro Partes inferiores amarelas abrancazadas na femia e amarela inten­sa no macho (incluída a gorxa en época estival) Zona anal amarelenta Peteiro e patas finos e escuros, rabo longo, fino e escuro con rectrices brancas

Hábitat: áreas abertas, principalmente en xunqueiras e veigas con gando Ta­mén en ríos e regatos, charcas e algúns cultivos

Costumes: busca o gando e aliméntase preto deste capturando invertebrados desenterrados por estes e insectos que foxen deles cando comen Tamén ata­ca moscas en voo ao igual que a lavandeira real e a branca No ENIL a maioría do tempo pásao na propia xunqueira onde cría, se ben pode verse comendo nos prados próximos Niño con forma de cunca forrado de herbas no chan

Situación no ENIL: reprodutora e migradora transahariana, 6–8 parellas crían dentro da xunqueira, todas na parte sur máis influenciada polas mareas Ata a desaparición do gando na xunqueira era moitísimo máis abundante

Orde:Passeriformes

Familia:Motacillidae

Lonxitude:17 cm

Peso:16–22 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Motacilla f lava (Linnaeus, 1758)Lavandera boyera

Passeriformes

Lavandeira amarela

Page 45: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 45

Identificación: sexos iguais Este paxaro é unha das aves máis pequenas que se poden atopar no ENIL e en Galicia O voo é rápido e directo movéndose polas matogueiras e silveirais como un pequeno roedor As súas partes supe­riores son de cor parda clara e ás inferiores, ante claro O peteiro é longo e fino e ten unha longa risca superciliar pálida Rabo pardo con bandas negras que normalmente mantén teso a modo de bandeirola

Hábitat: matogueiras, silveirais, hortas ocupa no ENIL todos os hábitats presentes, sendo unha das especies máis abondosas incluso dentro da propia xunqueira

Costumes: móvese polo chan entre a vexetación coma se fose un pequeno rato Adoita pousarse en ramas onde canta con gran volume polo que é fa­cilmente observable O seu niño é unha bóla de brión cun pequeno buraco de entrada por entre a vexetación enmarañada (hedras, silveiras, raíces ) Aliméntase en zonas húmidas, frescas e sombrizas onde captura insectos, arañas, etc

Situación no ENIL: residente e reprodutora, é unha das aves mais comúns; pode verse en calquera hábitat

Orde:Passeriformes

Familia:Troglodytidae

Lonxitude:9–10 cm

Peso:8–12 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Troglodytes troglodytes (Linnaeus, 1758)Chochín

Passeriformes

Carriza

Page 46: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 46

Identificación: dorso e ás pardo intenso con barrado negro en dorso e co­bertoiras Mitra de cor gris, rabo pardo intenso e curuto pardo máis claro con liñas tenues escuras Partes inferiores do corpo gris con bandas escuras nos costados, ten as infracobertoiras caudais abrancazadas Gorxa e fronte gris con cara parda pencada de crema Ollo marrón con bordo claro cunha risca gris por enriba deste, peteiro fino e escuro Patas rosa alaranxado con uñas escuras

Hábitat: é un ave ligada a matogueiras: silveiras, toxeiras, xesteiras, uceiras

Costumes: ave asociada a multitude de ambientes, calquera tipo de mato­gueiras nas que se refuxia cando é molestada, zonas montañosas incluso a bastante altitude Móvese polo chan en busca de alimento próximo ás mato­gueiras e non é raro vela en comedeiros para paxaros, en parques e xardíns Niño con forma de cunco en matogueiras forrado de pelos e brión Aliménta­se de insectos, larvas, vermes e arañas, e tamén de sementes de leguminosas e gramíneas

Situación no ENIL: é outra das aves máis comúns, podendo verse en calquera hábitat No inverno detéctanse máis individuos pola chegada de aves do cen­tro e norte de Europa Unha ave anelada cientificamente no ENIL o 01/01/1984 foi recapturada o 25/03/1985 en Carlow, Schwerin (Alemaña), a 1 919 km de distancia

Orde:Passeriformes

Familia:Prunellidae

Lonxitude:14,5 cm

Peso:18–24 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Prunella modularis (Linnaeus, 1758)Acentor común

Passeriformes

Azulenta

Page 47: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 47

Identificación: sexos iguais Partes superiores pardo claro, máis escuras nos extremos das ás e no rabo Fronte, cara e peito de cor alaranxada azafrán, con rebordo agrisado que se estende ata os flancos Ventre e infracobertoiras caudais varían entre ante e oliva moi claro Peteiro negro e fino, ollos grandes e negros, patas finas Os novos son pardo pencado

Hábitat: como reprodutor está asociado a matogueiras, bosques de calquera tipo, hortas e mesmo xardíns das cidades

Costumes: moi confiada; se a observamos, case con toda seguridade, acerca­rase a inspeccionar a área pola que nos atopamos para comprobar se desente­rramos algo que poida ser do seu gusto É solitaria e territorial, non dubida en enfrontarse a aves máis grandes ca ela Niño de brións, follas secas e herbas, tapizado con raíces finas, pelo e ás veces plumas; a miúdo está construído den­tro dunha cavidade que lle serve de teito coma en buracos de árbores, entre raíces ou matogueiras baixas Come insectos, caracoliños, vermes, sementes e froitos ademais de ser un asiduo visitante de comedeiros para paxaros

Situación no ENIL: reprodutor moi común, atopándose en todos os hábitats a excepción da xunqueira A finais do outono aumenta a súa poboación pola chegada de migrantes para pasar o inverno de procedencia descoñecida ac­tualmente

Orde:Passeriformes

Familia:Turdidae

Lonxitude:14 cm

Peso:16–22 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Erithacus rubecula (Linnaeus, 1758)Petirrojo

Passeriformes

Paporrubio

Page 48: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 48

Identificación: no macho as partes superiores son pardas escuras, a excep­ción da mitra que é pálida con pencas escuras e unhas manchas brancas que teñen na base das cobertoira caudais Gorxa negra con colar branco, peito alaranxado perdendo intensidade a medida que descende ata a cloaca que é case branca Patas negras brillantes A femia cambia os tons pardos por unha gama de marróns de menos intensidade e cantidade de laranxa no peito e en lugar de colar ten un fino bigote

Hábitat: vive en zonas abertas, despexadas ou con vexetación pouco densa, con frecuencia asociada a matogueiras e herbais

Costumes: ave atrevida, póusase no máis alto dos arbustos e matogueiras; moi tesa controla o terreo e avisa co seu chocante reclamo, a modo de casta­ñoleo Voos curtos cambiando de miradoiro e seguindo o intruso que o pre­ocupa incluso longas distancias e advertíndolle constantemente coa voz de alarma Move as ás e rabo cando está pousada nos cables, estacas ou vallas Cría en zonas abertas pero con vexetación densa O niño é unha cunca de herba e brión cuberto de plumas e peliños, normalmente no chan

Situación no ENIL: residente e reprodutor común nas matogueiras e na xun­queira e unha ave fácil de ollar dende calquera camiño

Orde:Passeriformes

Familia:Turdidae

Lonxitude:12,5 cm

Peso:14–17 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Saxicola torquata (Linnaeus, 1766)Tarabilla común

Passeriformes

Chasco

Page 49: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 49

Identificación: o macho é totalmente negro co peteiro amarelo alaranxado intenso e anel ocular alaranxado A femia é marrón pardo co peito e o ventre pencado máis escuro Ten o peteiro escuro amarelento e anel ocular tamén amarelento Ten ás anchas, rabo curto e patas escuras

Hábitat: presente en todas as espesuras e sotobosques Tamén común en xardíns e rúas arboradas de vilas e aldeas Prefire a combinación de arboredo, matogueiras e claros de chans despexados, especialmente situados en zonas frescas e sombrizas

Costumes: reclamo estridente, escandaloso e característico Anda a brincos polo chan e aparta follas co peteiro de forma brusca É especialista en sacar miñocas e tragalas como se dun espaguete se tratase A miúdo, camúflase dando saltos entre a vexetación baixa pero cando se ve obrigado a fuxir, faino cunha estridente voz como se marchase enfadado Niño de ramiñas e barro nas matogueiras ou forcaduras de árbores Aliméntase de vermes e insectos e tamén de froitos maduros

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, pode atoparse en cal­quera hábitat En inverno aumenta a súa poboación pola chegada de migran­tes para pasar o inverno de procedencia descoñecida actualmente

Orde:Passeriformes

Familia:Turdidae

Lonxitude:24–25 cm

Peso:80–110 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Turdus merula (Linnaeus, 1758)Mirlo común

Passeriformes

Merlo

Page 50: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 50

Turdus philomelos (Brehm, 1831)Zorzal común

Identificación: é o máis típico dos tordos, de menor tamaño que un merlo Vista dorsal pardo oliva liso, gorxa, peito e ventre crema moi claro tornando a branco cun groso pencado en forma de «v» invertido de cor parda escura Ante alaranxado esfumado no peito, flancos e baixo as ás; estas son pardas agrisadas nos seus extremos Patas pardo rosado, peteiro forte, escuro con parte inferior clara

Hábitat: especie ligada ao bosque húmido, parques e xardíns

Costumes: ave desconfiada, adoita verse comendo no chan ou escapando emitindo uns característicos «tsip» ou «tic» breves e repetitivos Canto in­tenso e afrautado, na primavera canta enriba dunha árbore, habitualmente á tardiña, un melodioso canto que é un dos máis bonitos que se poden escoitar no ENIL O seu niño é unha cunca ben definida de herbas, ramas finas, brión, follas secas e liques, cunha capa interior de madeira podre e barro Aliménta­se de caracois, lesmas, pequenos invertebrados, froitos e sementes

Situación no ENIL: residente e reprodutor común, o seu carácter desconfiado fai que pase desapercibida, detectándose moitas veces a súa presenza ao es­coitar o seu canto No inverno aumenta moito a súa poboación pola chegada de aves do centro e norte de Europa

Orde:Passeriformes

Familia:Turdidae

Lonxitude:22–23 cm

Peso:65–85 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Passeriformes

Tordo común

Page 51: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 51

Identificación: o macho en primavera ten a gorxa de cor azul intensa con dúas franxas de cor negra e castaña que a separan do peito e ventre de cor branca Cabeza cunha cella branca e ancha Curuto e partes superiores pardas Patas negras e rabo cunha banda terminal negra e dúas manchas laterais vermellas na súa base Despois da muda a finais do verán, a gorxa adoita ser abrancaza­da con algo de azul, bordos negros e colar escuro con algo de azul A femia ten as costas cremosas e a gorxa clara con listas laterais negras que se unen nun colar irregular de cor escura a miúdo con vestixios de azul e castaño

Hábitat: espesuras con sebes en zonas húmidas En migración a miúdo en canavais ou campos de cultivo

Costumes: ave discreta, dá saltiños polo chan co rabo levantado Tamén abre o rabo en abano con frecuencia Aliméntase de insectos e larvas En Galicia só crían unhas poucas parellas no Macizo Central ourensán; a súa poboación está catalogada como vulnerable

Situación no ENIL: migrador transahariano con números moi discretos

Orde:Passeriformes

Familia:Turdidae

Lonxitude:13–14 cm

Peso:20 g

Grao de ameaza:Galicia: vulnerableEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Luscinia svecica (Linnaeus, 1758)Pechiazul

Passeriformes

Papoazul

Page 52: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 52

Identificación: sexos iguais, aínda que os machos son máis grandes que as fe­mias Aspecto robusto Ás e rabo curtos e redondeados, de cor parda vermella moi escura Cabeza pequena, cara gris cunha risca superciliar gris e cara par­da Partes inferiores de cor gris e patas e peteiro pardo rosadas, coa punta do peteiro escura Patas robustas O rabo é ancho e redondeado, sendo o único paseriforme con 10 plumas neste en vez de 12

Hábitat: común en zonas húmidas con denso sotobosque xunto a todo tipo de cursos de auga

Costumes: moi nervioso, moi tímido e difícil de observar, case todos os con­tactos son escoitando o seu potente e explosivo canto, moi característico, emitido dende dentro da vexetación espesa Esencialmente unha repetición de «cuchí» O seu niño é unha cunca voluminosa de follas e pequenas ramas, no interior tapizado con herbas finas, pelo e plumas Come insectos, arañas, pequenos caracois e sementes

Situación no ENIL: reprodutor e residente común con 3–4 parellas, aumenta os seus efectivos coa chegada en outubro e novembro de aves xuvenís e fe­mias, algunhas das cales quedan no inverno

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:14 cm

Peso:Macho: 12,5–14 gFemia 10–12,5 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Cettia cetti (Temminck, 1820)Ruiseñor bastardo

Passeriformes

Rousinol bravo

Page 53: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 53

Identificación: sexos iguais Ave moi pequena, partes superiores cun bonito raiado de cores pardo escuro e crema claro Partes inferiores abrancazadas Rabo curto e redondeado coas puntas das plumas de cores branca e negra fa­cilmente visibles Patas finas e rosadas Na época de cría o macho ten o peteiro negro e a femia pardo

Hábitat: común en lugares abertos con vexetación herbácea de certa altura, tanto xunqueiras coma campos e veigas, aínda que non asociado á auga

Costumes: difícil de ver ás veces, é facilmente recoñecible cando canta en voo; emite un «tsip tsip tsip », cada nota coincide cunha breve elevación mentres describe un amplo círculo É moi activo e cando está pousado axita a cola O seu niño, construído dentro dunha mata de herbas altas ou xuncos moitas veces a poucos centímetros do chan, é unha estrutura en forma de bolsa profunda feita de teas de araña engadidas arredor de herba e talos de xunco Come fundamentalmente insectos e arañas

Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común, é no verán despois da cría cando acada algúns anos unha poboación moi numerosa Cos invernos moi fríos a súa poboación diminúe notablemente por mortalidade

Cisticola juncidis (Rafinesque, 1810)Buitrón

Passeriformes

Carriza dos xuncos

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:10 cm

Peso:10 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Page 54: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 54

Identificación: sexos iguais Ave pequena Ten unha plumaxe pouco recha­mante A impresión é dunha ave de cor de palla Son características unha cella e sobrecella anchas e de cor ante amarelenta, no manto tamén posúe dúas anchas bandas de cor branca amarelenta Patas pálidas de cor rosada

Hábitat: zonas húmidas de escasa inundación con vexetación helofítica con extensións continuas de Scirpus sp , Juncus sp ou Carex sp , pero tamén en herbais densos e matogueiras preto das zonas húmidas

Costumes: ave reservada e de difícil detección Trátase dunha ave globalmen­te ameazada (catalogada como vulnerable a escala global) e é a paseriforme máis ameazada de Europa continental (clasificada en perigo a escala euro­pea) Migradora transahariana, cría no leste e centro de Europa concentrando o 90 % da súa poboación reprodutora en 3 países: Bielorrusia, Ucraína e Polo­nia Aliméntase de invertebrados, principalmente mosquitos, arañas, cabali­ños do demo, bolboretas e avelaíñas

Situación no ENIL: migradora transahariana e descoñecida ata o ano 2008 cando se captura para o seu anelamento científico un adulto en agosto No 2009 captúranse tres exemplares máis para o seu anelamento científico e converte o ENIL nunha das poucas zonas húmidas de Galicia que esta escasa especie utiliza para descansar e alimentarse na súa migración cara a África

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:12 cm

Peso:14 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Acrocephalus paludicola (Vieillot, 1817)Carricerín cejudo

Passeriformes

Folosa acuática

Page 55: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 55

Identificación: sexos iguais Parte superior parda clara uniforme coas ás e o rabo de cor parda máis escura, bordo das plumas de tonalidade máis clara (parecida á cor do dorso) Cabeza pequena, de cor uniforme como o resto do corpo, ollos escuros con anel ocular pálido, risca superciliar pálida e peteiro maioritariamente claro con zona escura na parte superior Gorxa e partes in­feriores brancas coas costas de cor ante agrisado Patas finas e escuras

Hábitat: moi ligada á vexetación de ribeira de ríos e regatos, tanto de carácter arbustivo como en forma de arboredo espeso e enmarañado (silvas, freixos, ameneiros, etc ) Ás veces aparece tamén en ambientes non acuáticos como matogueiras

Costumes: ave solitaria Canto con multitude de gorgolexos e trinos afrauta­dos que se fan interminables e repetitivos Moitas veces queda inmóbil cando canta, sendo moi difícil a súa localización entre a vexetación palustre Elabora os seus niños en carrizos entretecendo as ramas nos talos destes e formando un cesto profundo que ornamenta con brión Aliméntase de insectos, arañas e sementes

Situación no ENIL: reprodutora non común e migradora transahariana 2–3 parellas crían no espazo aumentando a súa poboación e agosto e setembro con aves migrantes

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:12–14 cm

Peso:10–14 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Acrocephalus scirpaceus (Herman, 1804)Carricero común

Passeriformes

Folosa das canaveiras

Page 56: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 56Passeriformes

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:13 cm

Peso:11 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Identificación: sexos iguais Parte superior, rabo e ás de cor parda verdosa Gorxa e partes inferiores amarelo pálido Patas finas e escuras Peteiro claro e ancho Lista supraocular e anel ocular amarelo Ás curtas e redondeadas Pode lembrar os picafollas pero estes son máis pequenos e activos

Hábitat: matogueiras con arboredo pouco denso, silveiras e sebes Máis abondosa preto da auga

Costumes: ave solitaria e receosa, aínda que non é excesivamente tímida O seu canto é melodioso, metálico, prolongado e rápido Imita a miúdo o can­to doutras aves Cando canta é doada de observar O seu niño é profundo e suspendido nunha forcadura Aliméntase de insectos e froitos A miúdo canta situada no alto das matogueiras ou silveiras Cando cría tamén emite diversos reclamos estalantes curtos, por exemplo «tett», series prolongadas de «te–te–te » e un máis rápido tipo pardal «tr`r`r`r`r`r`rt»

Situación no ENIL: reprodutora moi común e migradora transahariana

Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817)Zarcero común

Folosa amarela

Page 57: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 57

Identificación: macho con ás e rabo agrisados, mitra, dorso e ombros gris cinza claro Curuto negro Cara e gorxa de cor gris, con zona inferior gris moi clara A femia diferenciase do macho polo curuto marrón vermello e por ser máis parda polo dorso tendo a súa parte inferior tonalidades máis claras e rosadas Ollos e patas negras en ambos os sexos Bastante parecida á papuxa cabecinegra da que se distingue porque o curuto cobre ata o inicio do ollo Complexión robusta

Hábitat: como reprodutora cínguese a zonas frescas, especialmente ribeiras arboradas e arbustivas, avesedos e marañas de vexetación Nas zonas máis húmidas, cría tamén en hortas Na migración e invernada ocupa todo tipo de arboredo e matogueiras, sendo máis abundante en zonas con froitos tales como montes de matogueira mixta, ribeiras, etc

Costumes: durante o inverno é frecuente vela dentro das vilas, en xardíns e arboredo urbano Nidifica en silvas ou matogueiras a baixa altura Constrúe o niño pequeno a base de herbas e talos Come insectos, eirugas e froitos carnosos

Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:14 cm

Peso:18 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Sylvia atricapilla (Linnaeus, 1758)Curruca capirotada

Passeriformes

Papuxa das amoras

Page 58: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 58

Identificación: o máis identificador é a súa cabeza: caluga, curuto e cara ne­gras no macho, gris nas femias e machos xuvenís e parda nas femias xuvenís; o anel ocular é vermello (máis intenso no macho) e a gorxa branca Esta cabe­za contrasta co resto do corpo de cores agrisadas no macho e apardazadas na femia Patas de cor rosa escuro

Hábitat: principalmente matogueiras: xesteiras, toxeiras, silveiras

Costumes: ave inqueda, de movementos enérxicos, escóndese rápido entre a maleza, aínda que ás veces pódese mostrar confiada Constrúe o seu niño en arbustos e silveiras a media e baixa altura con finas ramas e herba seca, tapi­zada con raíces, herbas e pelos Aliméntase de insectos e arañas e en inverno de froitos e sementes de gramíneas

Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común, son as matogueiras que cobren as zonas de recheo do ENIL o seu hábitat óptimo Esta especie, que actualmente se está expandindo cara ao norte, coloniza Galicia a prin­cipios dos anos 80 do século XX, aparecendo na xunqueira a finais de dita década

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:13 cm

Peso:12 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Sylvia melanocephala (Gmelin, 1789)Curruca cabecinegra

Passeriformes

Papuxa cabecinegra

Page 59: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 59

Identificación: sexos iguais Pequena ave de aspecto verdoso amarelento Cabeza, dorso e mitra de cor parda olivácea, ás pardo verdosas con peito e costas amarelo limón Peteiro fino e negro e patas finas e pardas Ás curtas e redondeadas Moi parecido ao picafollas europeo A maior diferenza é o seu canto: «Suit–suit–suit–suit–bit–bit» ao igual co seu reclamo, un «piu»

Hábitat: bosques e matogueiras frescas, normalmente preto de ríos, regatos, marismas e calquera tipo de zona húmida Pódese ollar tamén en parques e xardíns urbanos

Costumes: pequena ave de movementos rápidos mentres persegue as súas presas (arácnidos e pequenos insectos) en voo ou na follaxe Aniña no chan ou a rentes del facendo unha bóla cunha abertura lateral principalmente de herbas Migrador transahariano

Situación no ENIL: reprodutor moi común e migrador transahariano, ampla­mente espallado polo bosque que circunda a xunqueira

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:10–12 cm

Peso:6–9 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Phylloscopus ibericus (Ticehurst, 1937)Mosquitero ibérico

Passeriformes

Picafollas ibérico

Page 60: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 60

Phylloscopus collybita (Vieillot, 1817)Mosquitero común

Orde:Passeriformes

Familia:Sylviidae

Lonxitude:11 cm

Peso:8 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Passeriformes

Picafollas europeo

Identificación: sexos iguais Pequena ave de aspecto verdoso amarelento moi parecida ao picafollas ibérico pero con partes superiores de cor parda olivácea Gorxa case abrancazada Peteiro fino e negro, ollos negros e patas escuras Ás curtas e redondeadas

Hábitat: bosques e matogueiras, normalmente preto de ríos, regatos, maris­mas e calquera tipo de zona húmida En Galicia é invernante, podéndose ollar en calquera hábitat

Costumes: como o picafollas ibérico é unha ave de movementos rápidos, pero máis fácil de observar debido ao seu carácter confiado Tamén captura as súas presas (insectos e maioritariamente mosquitos) en voo ou na follaxe É reco­ñecible polo seu canto «chif–chaf–chif–chaf » repetido, que o distingue do picafollas ibérico, ao igual que o seu reclamo: «uit» repetido Aliméntase de insectos

Situación no ENIL: invernante moi común, sendo especialmente abundante a principios de outono e finais do inverno

Page 61: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 61Passeriformes

Orde:Passeriformes

Familia:Aegithalidae

Lonxitude:12–14 cm

Peso:8 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Aegithalos caudatus (Linnaeus, 1758)Mito

Ferreiriño rabilongo

Identificación: sexos iguais Corpo redondo cun rabo extremadamente longo Dorso rosado cun triángulo negro que se une coa caluga Mitra e rabo negros; este último ten plumas laterais brancas Cabeza redonda, curuto negro con franxa central branca rosada Peteiro diminuto e negro ao igual que os seus ollos, os cales están rodeados por unha fina liña vermella Gorxa e cara bran­cas Parte inferior e costas crema rosado

Hábitat: especie ligada ao bosque con matogueiras e marañas de vexetación Fóra da época de cría aparece en maior variedade de ambientes e incluso en xardíns Gústanlle moito os sotos fluviais e o arboredo caducifolio con algun­has árbores mortas

Costumes: móvese en pequenos bandos, buscando alimento entre as ramas das árbores e sobre todo no sotobosque e matogueira Confiado, moi activo e acrobático Fai un niño moi peculiar con forma de bóla con entrada lateral e feito con plumas, liques, brión e teas de araña colocándoo entre a vexetación espiñenta Aliméntase de insectos e arañas ademais dalgunha semente Emi­ten finos "tsi–tsi–tsi» mentres se moven en grupos

Situación no ENIL: residente e reprodutor común en todos os hábitats que circundan a xunqueira

Page 62: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 62

Orde:Passeriformes

Familia:Paridae

Lonxitude:10–11 cm

Peso:8–10 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Parus ater (Linnaeus, 1758)Carbonero garrapinos

Passeriformes

Ferreiriño negro

Identificación: sexos iguais Ave pequena, con dorso, ombros e curuto de cor gris azulado, rabo dun ton máis escuro ao igual que as ás, as cales teñen dúas franxas brancas, unha baixo os ombros e outra máis ao centro Cabeza grande, negra con caluga e cara brancas con babeiro negro Ollos e peteiro negros, este último fino Peito abrancazado, ventre e costas de cor ocre Patas fortes, con garras afiadas e de cor azulada

Hábitat: ave ligada ás coníferas, incluso cando están mesturadas con outras árbores Moi frecuente en parques e xardíns

Costumes: congrégase en grandes bandadas con outros páridos en inverno formando alboroto na busca de alimento Pendúrase boca abaixo nas ramas para peteirar sementes e froitos Niño de follas e brión recuberto de pelo en ocos de árbores e ocupando ocos de picos Aliméntase de insectos e arañas

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, é o párido máis abun­dante no espazo

Page 63: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 63

Orde:Passeriformes

Familia:Paridae

Lonxitude:11,5 cm

Peso:9–12 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Parus caeruleus (Linnaeus, 1758)Herrerillo común

Passeriformes

Ferreiriño azul

Identificación: sexos iguais Ás azuis con franxa branca no extremo das gran­des cobertoiras e pequenas manchas brancas nas terciarias Dorso verdoso e rabo da mesma cor azul que as ás Cabeza redonda e pequena con curuto eréctil de cor azul brillante e rodeado de branco, cara e fronte brancas cunha liña ocular escura que vai dende o peteiro ata a caluga Ten unha fina gorxa negra que se lle une cun colar da mesma cor Peteiro e ollos pequenos e de cor negra Peito amarelo cunha fina franxa central de cor negra Patas negras que lle permiten gabear con facilidade

Hábitat: ave forestal que aparece en case todo tipo de bosques É frecuente en bosques de ribeira, hortas, bosques mixtos e tamén en parques e xardíns

Costumes: ave en declive nos ecosistemas españois en xeral Require arbore­do maduro con ocos para criar Como moitos páridos pendúrase boca abaixo nas ramiñas das árbores Niño pequeno revestido de pelo, plumas e brión Aliméntase de insectos, arañas, eirugas e sementes

Situación no ENIL: residente e reprodutor común, sendo o párido menos abundante no espazo

Page 64: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 64

Orde:Passeriformes

Familia:Paridae

Lonxitude:14 cm

Peso:18 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Parus major (Linnaeus, 1758)Carbonero común

Passeriformes

Ferreiriño real

Identificación: ás gris azuladas con franxa branca baixo as cobertoiras me­dianas Dorso verdoso e mitra cincenta, rabo longo e de cor gris azulada con rectrices brancas Cabeza negra coa cara branca e gorxa negra, colar e lon­ga gravata negra que cruza a parte inferior ata as infracobertoiras caudais (gravata máis ancha nos machos) Parte inferior amarela lisa un pouco máis intensa nos machos

Hábitat: trátase dunha especie que non se pode asociar a un tipo concreto de formación boscosa Cría en todo tipo de terreos con árbores e en parques e xardíns

Costumes: aniña xeralmente en ocos de árbores Ten un rechamante e pega­ñento reclamo «chi–chi–pan chi–chi–pan» Debido ás súas rechamantes co­res é facilmente observable e identificable Niño pequeno recuberto de pelo, brión e plumas Aliméntase de sementes, froitos duros como noces, eirugas e pequenos insectos Atrevido e algunhas veces audaz, chega a comer semen­tes na man

Situación no ENIL: residente e reprodutor común Excepto na xunqueira é visto en todos os hábitats, tamén no espadanal onde algunhas épocas do ano acode a comer

Page 65: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 65

Orde:Passeriformes

Familia:Certhiidae

Lonxitude:12–13 cm

Peso:8–10 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Certhia brachydactyla (Brehm, 1820)Agateador común

Passeriformes

Gabeador

Identificación: sexos iguais Partes superiores pardas con pencas claras cunha longa cola máis clara, gallada e sen pencado Ás escuras cunha franxa abran­cazada no centro Gorxa e ventre brancos Cabeza parda cunha risca superci­liar branca Peteiro longo, escuro e curvo cunha parte inferior clara

Hábitat: sempre asociado a masas arbóreas: soutos, carballeiras, piñeirais, parques, xardíns

Costumes: gabea e descende polos troncos das árbores en espiral, comezando xeralmente pola base, en procura do seu alimento: eirugas, arañas, insectos e ocasionalmente sementes Fai o seu niño nas fendas e cortiza dos troncos Tamén nos muros É unha cunca pequena e recuberta de herbas e plumas O seu canto é un rítmico «tiit–tiit–tiit–tiitroititt» e o reclamo, un agudo «sriif» ou «sziit»

Situación no ENIL: residente e reprodutor común, obsérvase alí onde haxa árbores

Page 66: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 66

Garrulus glandarius (Linnaeus, 1758)Arrendajo

Passeriformes

Orde:Passeriformes

Familia:Corvidae

Lonxitude:34–35 cm

Peso:140–190 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Gaio

Identificación: sexos iguais Bonito córvido de partes superiores pardo agri­sadas Mitra e subcobertoiras caudais brancas que contrastan co rabo negro e ás con franxas alares brancas e azuis pálidas que destacan conspicuamente en voo Cabeza grande con gorxa branca e peteiro robusto de cor negro Curuto eréctil, abrancazado e riscado de negro

Hábitat: fragas, soutos, carballeiras e piñeirais Rara vez óllase lonxe do ar­boredo

Costumes: Ave bastante tímida e ruidosa, xeralmente é detectada polo seu reclamo, un «craij» ruidoso e de longo alcance Os seus aletexos son axitados e o seu voo lento e inestable Xeralmente anda en grupos O seu niño o sitúa en árbores, en forcaduras ou contra o tronco, e consiste nunha cunca de ra­miñas e talos

Situación no ENIL: residente, non está comprobada a súa cría dentro do es­pazo, pero obsérvase todo o ano, principalmente na zona norte: no bosque de ribeira e o ameneiral

Page 67: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 67

Orde:Passeriformes

Familia:Corvidae

Lonxitude:44–46 cm

Peso:180–250 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Pica pica (Linnaeus, 1758)Urraca

Passeriformes

Pega

Identificación: sexos iguais De aspecto branco e negro, o certo é que as plu­mas da testa, gorxa e peito son negras, pero o rabo e ás son de cores verdes e azuis metalizadas As plumas escapulares, costas e ventre son brancas Ollos, peteiro e patas negras Ás curtas e rabo longo

Hábitat: cría en áreas abertas con árbores, sendo común preto do home en aldeas, vilas, hortas e parques

Costumes: común e ben coñecida, vive preto do home, sendo fácil de ollar polo seu aspecto inconfundible Acostuma andar polo chan saltando e mo­vendo o rabo paseniño O seu niño e unha estrutura voluminosa de ramiñas, paus, raíces e tamén lixo e obxectos brillantes con algo de barro e en forma de cúpula Sitúao en árbores ou arbustos Ave sociable, fóra da época de cría re­únense para durmir ata centos de individuos A súa alimentación é omnívora, principalmente insectos, pero tamén miñocas, bagas, grans, froitas, carnaza e depreda ovos e polos de niños

Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común e doada de ollar du­rante todo o ano

Page 68: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 68

Orde:Passeriformes

Familia:Corvidae

Lonxitude:44–51 cm

Peso:540–600 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Corvus corone (Linnaeus, 1758)Corneja

Passeriformes

Corvo pequeno

Identificación: sexos iguais Ave grande e esvelta con cabeza ancha, ollos e peteiro negros O peteiro é redondeado, groso e algo curvado Plumaxe to­talmente negra, ás anchas e rabo cadrado Voo recto e forte, con batidos re­gulares

Hábitat: áreas boscosas, terreos con moito arboredo en moitas ocasións pre­to de cultivos, campiña e grandes parques Tamén en espazos abertos na liña de costa

Costumes: ave tímida e desconfiada, pode ollarse frecuentemente preto de estradas e camiños Ave sociable pero en xeral bastante solitaria Depreda ta­mén niños e polos doutras aves, e tamén come carnaza, invertebrados, grans, caracois e animais mortos O seu niño é grande, feito de paus e ramas non moi profundo, situado en árbores a bastante altura

Situación no ENIL: residente e reprodutor común e doada de ollar durante todo o ano

Page 69: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 69

Orde:Passeriformes

Familia:Sturnidae

Lonxitude:19–22 cm

Peso:75–90 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Sturnus vulgaris (Linnaeus, 1758)Estornino pinto

Passeriformes

Identificación: sexos iguais Un pouco máis pequeno e esvelto que un mer­lo Na época invernal, que é cando aparecen, son basicamente mouros con irisacións violetas, azuis e verdes e pencado de pequenas pencas brancas ou cremosas por todo o corpo Peteiro longo, afiado e escuro Patas rosáceas, rabo curto e ás aguzadas O seu voo é rápido e directo

Hábitat: campos de cultivo, parques e xardíns

Costumes: ave desconfiada, adoita andar en bandos dende poucos ata dece­nas de exemplares, sós ou mesturados con estorniños negros O seu canto é variable, imitando outros cantos, gorgolexos e píos rechiantes, chasquidos e asubíos claros e prolongados Aliméntase de insectos, bagas, froitos e se­mentes Acode a durmir en grande número a parques, canavais e grandes árbores

Situación no ENIL: frecuente no inverno en pequenos bandos, moitas veces asociado a estorniños negros

Estorniño pinto

Page 70: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 70

Sturnus unicolor (Temminck, 1820)Estornino negro

Passeriformes

Orde:Passeriformes

Familia:Sturnidae

Lonxitude:21–22 cm

Peso:75–90 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Identificación: sexos iguais Plumaxe totalmente negra con leves reflexos azuis no lombo e verdosos na zona da mitra Ao igual que o estorniño pinto é un pouco máis pequeno e esvelto que un merlo No inverno a súa plumaxe amósase pencada de pequenas marxas branco agrisadas, moito menos recha­mantes que as do estorniño pinto Patas rosáceas, rabo curto e ás aguzadas e longas Peteiro amarelo con base celeste no macho e rosada na femia O seu voo é rápido e directo

Hábitat: campos de cultivo, parques e xardíns, criando tamén no interior de carballeiras, sempre que haxa preto campos e cultivos

Costumes: ave desconfiada, acostuma andar en bandos dende poucos ata de­cenas de exemplares, sós ou mesturados con estorniños pintos O seu canto é máis sinxelo que o do pinto, máis afrautado, gorgolexos e píos rechiantes, chasquidos e asubíos claros e prolongados Aliméntase de insectos, bagas, froitos e sementes Acode a durmir en grande número a parques, canavais e grandes árbores Niño grande e sucio en ocos de árbores, paredes e pene­dos

Situación no ENIL: residente e reprodutor común, sobre todo no inverno, de­téctase en bandos pousados nos cables eléctricos e grandes árbores, ás veces moi numerosos

Estorniño negro

Page 71: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 71

Orde:Passeriformes

Familia:Passeridae

Lonxitude:14–15 cm

Peso:20–30 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Passer domesticus (Linnaeus, 1758)Gorrión común

Passeriformes

Identificación: macho co lombo pardo raiado de negro, curuto e mitra gris e rabo pardo escuro con bordos marrón claro Ás anchas na súa base, pardas escuras con bordos claros, cobertoiras medianas de cor arrubiado co extre­mo inferior branco formando unha liña Peito e ventre branco agrisado Testa grande con curuto gris, pequeno anteface negro, peteiro curto, groso e negro, laterais da gorxa brancos Papo e gorxa negros A femia e os inmaturos son máis apagados, carecen de negro na gorxa e papo, o curuto é pardo, cella clara e peteiro de cor pardo cunha base amarelenta

Hábitat: moi ligado ao home, cerca deste pódese ollar en calquera hábitat; non abunda en bosques

Costumes: oportunista e atrevido, procura comida en calquera lugar, mesmo galiñeiros ou nas rúas das cidades A finais do verán e outono pódese obser­var en hábitats máis afastados do home Cría en ocos ou buratos de casas e construcións en cidades, vilas, aldeas e mesmo casas illadas

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, criando preto do home ao redor de todo o espazo, ao que acoden a alimentarse

Pardal

Page 72: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 72

Orde:Passeriformes

Familia:Estrildidae

Lonxitude:11–12 cm

Peso:7,5–9 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Estrilda astrild (Linnaeus, 1758)Pico de coral

Passeriformes

Identificación: paxaro pequeno de cores pardas finamente raiado transver­salmente por arriba e por abaixo, facéndose máis conspicuas estas liñas con­forme crece Ás curtas e redondeadas e ventre rosado Cella vermella intensa, da mesma cor que o peteiro Patas negras Cobertoiras inferiores negras no macho e pardas na femia, sendo esta última de cores máis apagadas que o macho Os inmaturos teñen o peteiro negro

Hábitat: marismas, canavais, xunqueiras e campos con ou sen cultivos

Costumes: ave moi activa e ruidosa, xeralmente en bandos de 4–5 ata decenas de exemplares sendo moi fácil de detectar Aliméntase no chan de sementes e insectos O seu niño está situado en herba alta, xuncos ou carrizos, ten forma redondeada e provisto dun túnel de entrada Cría de febreiro a novembro

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común Esta ave exótica in­vasora é orixinaria da África subsahariana e foi introducida en Europa dende o centro de Portugal nos anos 70 do século XX A primeira cita no ENIL foi de 5 exemplares en 1995, aumentando progresivamente a súa poboación ata converterse na ave máis abondosa do espazo, cunha poboación calculada en 150–200 exemplares ao final do verán

Bico de coral

Page 73: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 73

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:11–12 cm

Peso:11–15 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Serinus serinus (Linnaeus, 1766)Verdecillo

Passeriformes

Identificación: paxaro pequeno de impresión xeral verde amarelenta, cunha mitra de cor amarela intensa co estremo verde oliva que o fai inconfundible O macho ten tamén a testa amarelo intenso con curuto e cara verdosas Ollos e peteiro pequenos e escuros Gorxa, peito e ventre amarelo con menos in­tensidade no inverno A femia é de menor intensidade no seu colorido

Hábitat: cría en gran variedade de formacións arbóreas, aínda que escasea en bosques pechados As súas maiores densidades acádaas en parques, hortas, xardíns e campiña

Costumes: gregario, inicia o celo en marzo, cantando dende pólas, cables ou mesmo antenas O seu voo similar ás bolboretas é acompañado dun canto ascendente, rechiante e tintinante, rápido e prolongado O seu niño é peque­no, compacto e tapizado de pelo, plumas e brión Aliméntase de pequenas sementes

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común

Xirín

Page 74: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 74

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:15 cm

Peso:25–30 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Carduelis chloris (Linnaeus, 1758)Verderón común

Passeriformes

Identificación: do tamaño dun pardal, o macho ten dorso e mitra de cor verde Ás grises coas primarias negras e na base amarelas Rabo negro algo gallado con centro e puntas negros e bordos amarelos Cabeza verde con tons grises, ollos pequenos, peteiro claro e groso Partes inferiores pardo amarelentas A femia en todas as épocas e o macho no inverno teñen unha plumaxe máis tenue e parda

Hábitat: arboredos abertos ou pouco densos, xeralmente preto de cultivos

Costumes: ave discreta e tímida, vólvese rechamante durante a época de celo, cando canta insistentemente Despois vólvese máis discreta e silenciosa En ocasións agrúpase en bandos para comer O seu niño é unha cunca volumi­nosa de herbas, paus e brión, forrada de finos talos, plumas e pelo, e situado en sebes e árbores Aliméntase de sementes e bagas Voo ondulado O seu re­clamo é un curto trino rápido e sonoro e tamén un breve e repetido «sup» ou «siup» O canto é un «tsurriii» nasal prolongado con rápidas series de asubíos tipo canario Pode ter ata 3 roladas cada ano de 3–5 aves cada unha

Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común

Verderolo

Page 75: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 75

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:12,5–13 cm

Peso:14–17 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Carduelis carduelis (Linnaeus, 1758)Jilguero

Passeriformes

Identificación: ás negras cunha ampla franxa amarela no centro destas, bordo inferior das ás coas puntas brancas Dorso pardo crema, mitra branca e rabo negro con manchas brancas na punta Cabeza redondeada con curuto negro, cara a modo de colar branco e vistosa careta de cor vermella intensa Ollos negros pequenos e peteiro de cor pálida coa punta escura e afiada Parte infe­rior pálida con algo de crema nas costas e no peito Patas finas e marróns Os inmaturos teñen a testa toda parda e estriada

Hábitat: cultivos, parques e xardíns con terreos baldíos preto

Costumes: unha das aves máis bonitas e coñecidas, en boa parte polo seu magnífico canto Non é excesivamente tímida e déixase ver cando canta Fóra da época de cría agrúpase en bandos erráticos que andan á procura de semen­tes principalmente de cardos e doutras plantas de terreos baldíos O seu niño é unha cunca compacta de brión, raíces, herba, liques e la feito en ramas de árbores e afastado do tronco Aliméntase de sementes

Situación no ENIL: residente Algo frecuente sen chegar a ser común En outono poden verse bandos de ata 20 exemplares na procura de alimento Na comarca de Pontevedra e no ENIL está experimentando un aumento progre­sivo de parellas de cría dende mediados dos anos 90 do século XX

Xílgaro

Page 76: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 76

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:12,5–13 cm

Peso:14–17 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Carduelis spinus (Linnaeus, 1758)Lúgano

Passeriformes

Identificación: ás angulosas e negras con banda central de cor amarela Man­to verdoso Mitra amarela Rabo amarelo co bordo exterior negro Partes infe­riores amarelas claras riscadas de pardo O macho ten o curuto, gorxa e papo negros e a femia e os inmaturos verdoso estriado de pardo

Hábitat: bosques, preferentemente de coníferas, de bidueiros e de amenei­ros No seu paso prenupcial (marzo e abril) pódese ver tamén en hortas e carballeiras

Costumes: come nas árbores pendurado das ramas con movementos e pos­turas acrobáticas Fóra da época de cría forma bandadas, ás veces de centos de exemplares Moi inquedo e incansable, amósase confiado a maioría das veces Come sementes É fácil detectalo polo seu canto, emitido mentres voa, a modo de reclamos curtos, metálicos e agudos tipo «tlui, tillú »

Situación no ENIL: invernante moi común, especialmente nos ameneiros da ribeira do río Rons e ameneiral da parte norte, chegando a verse algúns inver­nos bandos de ata 200 exemplares

Úbalo

Page 77: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 77

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:14–17 cm

Peso:26 g

Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Pyrrhula pyrrhula (Linnaeus, 1758)Camachuelo común

Passeriformes

Identificación: unha das nosas aves máis bonitas; o macho ten o curuto e a gorxa negros, lombo gris lousa, mitra branca, ás escuras cunha franxa branca e cara e partes inferiores vermellas A femia é como o macho, pero co lombo de cor pardo e partes inferiores gris asalmoado Inmaturos pardos, sen curuto negro Todos eles teñen o peteiro negro, curto e groso e as patas negras

Hábitat: bosques caducifolios, campiña e mesmo hortas aínda que parece preferir a vexetación ripícola

Costumes: ave de costumes reservadas, moitas veces detéctase polo seu re­clamo, un asubío moi característico, suave e melancólico, «daiuj» Voo on­dulado Acostuma verse en parellas, pero pode formar no inverno pequenos bandos erráticos Aliméntase de gromos de árbores, sementes e bagas O seu niño é unha cunca de ramas pequenas, brión e liques tapizada de raíces e pe­los situado en matogueiras ou arbustos a non máis de 2,5 metros de altura

Situación no ENIL: residente e reprodutor frecuente aínda que pouco co­mún

Cardeal

Page 78: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 78

Orde:Passeriformes

Familia:Fringillidae

Lonxitude:13,5–15 cm

Peso:26 g

Grao de ameaza:Galicia: en perigoEspaña: ncEuropa: nc

Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec

Emberiza schoeniclus (Linnaeus, 1758)Escribano palustre

Passeriformes

Identificación: o macho é inconfundible: testa negra, colar branco e bigote branco e caído A femia é variable, normalmente co bigote ancho e negro, meixelas pardo escuras e gorxa, bigote e cella pardos Para ambos os sexos o dorso e ás son pardos riscados de negro Partes inferiores claras riscadas nos flancos de ocre Mitra de cor agrisada Peteiro cónico de cor gris e plumas externas do rabo brancas No inverno a plumaxe dos machos aseméllase ás femias tomando un aspecto xeral máis pardo claro

Hábitat: no verán zonas húmidas con vexetación alta, principalmente cana­veiras No inverno cultivos, xunqueiras e áreas abertas case sempre con zonas húmidas preto

Costumes: ave esquiva, revela moitas veces a súa presenza cun «tsiiu» aspira­do Cando se pousa no alto de sebes, carrizos ou árbores acostuma sacudir o rabo e lanzarse en picado ao chan cando ve algún perigo O seu voo é rápido Come sementes, moluscos, insectos e larvas

Situación no ENIL: invernante En Galicia cría a subespecie E.schoeniclus lusi-tanica da cal a SEO censou en 2005 62–68 parellas, polo que está catalogada como en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas Unha femia anelada en Villefranque–Pyrenees (Francia) o 02/03/2008 foi recaptura­da na xunqueira o 05/01/2009, logo de percorrer unha distancia de 596 km

Escribenta das canaveiras

Page 79: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

apéndice i

Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

A lista foi feita con observacións persoais e alleas aparecidas na revista científica Ardeola, nos anuarios das aves de Galicia e observacións persoais inéditas. Actualizada a 15/05/20101.

Na 1a columna aparece o nome científico da aveNa 2a columna aparece o nome galego da ave. (Conde Teira, M. A. Nomes galegos para as aves

ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa, vol. 1, 121–138. 1999)Na 3a columna aparece información elemental sobre o seu estatus migratorio na xunqueira e

arredores, de acordo coas seguintes equivalencias:

— Res.: ave ‘residente’, que se deixa ver ao longo de todo o ano, podendo tratarse de aves estritamente sedentarias ou non. — Est.: ‘estival’, especie migradora só frecuente en época de cría, normalmente entre a pri­mavera e o outono. — Inv.: ‘invernante’, especie migradora que non adoita verse mais que entre o outono e a primavera. — Pas.: ‘de paso’, especie frecuente só durante os seus pasos migratorios, polo xeral na pri­maveira e no outono. — Des.: ‘descoñecido’, actualmente non se sabe a procedencia ou presenza da especie. — Div.: ‘divagante’, especie que aparece accidentalmente fóra da súa área de distribución real.

PODICIPEDIDAE (Mergullóns)Tachybaptus ruficollis . . . . . . . . . . Mergullón pequeño . . . . . . . des.

PHALACROCORACIDAE (Corvos mariños)*Phalacrocorax carbo. . . . . . . . . . Corvo mariño grande . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 23Phalacrocorax aristotelis . . . . . . . . Corvo mariño cristado . . . . . . res.

ARDEIDAE (Garzas)*Egretta garzetta . . . . . . . . . . . . Garzota . . . . . . . . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 24

1 As aves con ficha nesta guía aparecen cun asterisco

Page 80: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 80Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

*Ardea cinerea . . . . . . . . . . . . . Garza real. . . . . . . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 25Ardea purpurea . . . . . . . . . . . . . Garza vermella . . . . . . . . . . pas.

CICONIIDAE (Cegoñas)Ciconia ciconia . . . . . . . . . . . . . Cegoña branca . . . . . . . . . . pas.

ANATIDAE (Parrulos)Cygnus olor . . . . . . . . . . . . . . . Cisne mudo . . . . . . . . . . . res.Branta canadensis . . . . . . . . . . . Ganso do Canadá . . . . . . . . des.Alopochen aegyptiacus . . . . . . . . . Ganso do Exipto . . . . . . . . . des.Anas strepera . . . . . . . . . . . . . . Pato frisado. . . . . . . . . . . . pas.Anas crecca . . . . . . . . . . . . . . . Cerceta . . . . . . . . . . . . . . inv./pas.*Anas platyrhynchos . . . . . . . . . . Lavanco . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 26Anas querquedula. . . . . . . . . . . . Cerceta albela . . . . . . . . . . pas.Anas discors. . . . . . . . . . . . . . . Cerceta aliazul . . . . . . . . . . div.

ACCIPITRIDAE (Aguias e voitres)Pernis apivorus . . . . . . . . . . . . . . . Miñato abelleiro . . . . . . . . . pas.Milvus migrans . . . . . . . . . . . . . Millafre negro . . . . . . . . . . pas.Circus aeruginosus . . . . . . . . . . . Tartaraña das xunqueiras . . . . pas.Accipiter gentilis . . . . . . . . . . . . Azor. . . . . . . . . . . . . . . . res.Accipiter nisus . . . . . . . . . . . . . Gabián . . . . . . . . . . . . . . res.*Buteo buteo . . . . . . . . . . . . . . Miñato . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 27Hieraaetus pennatus . . . . . . . . . . Aguía calzada . . . . . . . . . . pas.

FALCONIDAE (Falcóns)Falco tinnunculus. . . . . . . . . . . . Lagarteiro. . . . . . . . . . . . . inv.Falco columbarius. . . . . . . . . . . . Esmerillón . . . . . . . . . . . . pas.Falco subbuteo . . . . . . . . . . . . . Falcón pequeño . . . . . . . . . est.*Falco peregrinus . . . . . . . . . . . . Falcón peregrino . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 28

RALLIDAE (Galiñolas)Rallus aquaticus . . . . . . . . . . . . Rascón . . . . . . . . . . . . . . res.Porzana porzana . . . . . . . . . . . . Poliña pinta . . . . . . . . . . . pas.Gallinula chloropus . . . . . . . . . . . Galiñola. . . . . . . . . . . . . . res.Fulica atra . . . . . . . . . . . . . . . Galiñola Negra . . . . . . . . . . des.

RECURVIROSTRIDAE (Pernalongas e avocetas)Himantopus himantopus . . . . . . . . Pernalonga . . . . . . . . . . . . pas.

CHARADRIIDAE (Píllaras, avefrías e similares)Charadrius hiaticula . . . . . . . . . . Píllara real . . . . . . . . . . . . pas.Vanellus vanellus . . . . . . . . . . . . Avefría . . . . . . . . . . . . . . inv.

SCOLOPACIDAE (Pilros, mazaricos e similares)Lymnocryptes minimus . . . . . . . . . Becacina pequena . . . . . . . . inv.*Gallinago gallinago . . . . . . . . . . Becacina . . . . . . . . . . . . . pas./inv. . . . . . . . páx. 29Scolopax rusticola. . . . . . . . . . . . Arcea . . . . . . . . . . . . . . . pas.Numenius phaeopus . . . . . . . . . . Mazarico chiador. . . . . . . . . pas.Tringa totanus . . . . . . . . . . . . . Bilurico patirrubio . . . . . . . . des.

Page 81: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 81Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

Tringa ochropus. . . . . . . . . . . . . Bilurico alinegro . . . . . . . . . pas.*Actitis hypoleucos . . . . . . . . . . . Bilurico das rochas. . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 30

LARIDAE (Gaivotas)*Larus ridibundus . . . . . . . . . . . Gaivota chorona . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 31Larus fuscus. . . . . . . . . . . . . . . Gaivota escura . . . . . . . . . . inv.*Larus michahellis . . . . . . . . . . . Gaivota patiamarela . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 32Larus melanocephalus . . . . . . . . . Gaivota cabecinegra . . . . . . . pas.

STERNIDAE (Carráns e gaivinas)Sterna sandvicensis . . . . . . . . . . . Carrán cristado. . . . . . . . . . pas.Chlidonias hybridus. . . . . . . . . . . Gaivina de cara branca. . . . . . pas.

COLUMBIDAE (Pombos e rulas)*Columba palumbus . . . . . . . . . . Pombo torcaz. . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 33*Streptopelia decaocto . . . . . . . . . Rula turca . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 34*Streptopelia turtur . . . . . . . . . . . Rula . . . . . . . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 35

PSITTACIDAE (Papagaios)Myiopsitta monachus . . . . . . . . . . Cata . . . . . . . . . . . . . . . . des.Psittacula krameri . . . . . . . . . . . Catorra de Kramer . . . . . . . . des.Nymphicus hollandicus . . . . . . . . . Cacatúa ninfa. . . . . . . . . . . des.

CUCULIDAE (Cucos)Cuculus canorus . . . . . . . . . . . . Cuco . . . . . . . . . . . . . . . est.

TYTONIDAE*Tyto alba. . . . . . . . . . . . . . . . Curuxa . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 36

STRIGIDAE (Mouchos, bufos e curuxas)Otus scops. . . . . . . . . . . . . . . . Moucho de orellas . . . . . . . . est.Athene noctua. . . . . . . . . . . . . . Moucho. . . . . . . . . . . . . . res.Strix aluco . . . . . . . . . . . . . . . Avelaiona . . . . . . . . . . . . . res.

CAPRIMULGIDAE (Avenoiteiras)*Caprimulgus europaeus . . . . . . . . Avenoiteira cincenta . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 37

APODIDAE (Cirrios)*Apus apus . . . . . . . . . . . . . . . Cirrio . . . . . . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 38

ALCEDINIDAE*Alcedo atthis . . . . . . . . . . . . . . Picapeixe . . . . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 39

UPUPIDAEUpupa epops . . . . . . . . . . . . . . Bubela . . . . . . . . . . . . . . pas.

PICIDAE (Petos)Jynx torquilla . . . . . . . . . . . . . . Peto formigueiro . . . . . . . . . pas.*Picus viridis . . . . . . . . . . . . . . Peto verde . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 40*Dendrocopos major . . . . . . . . . . Peto real . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 41

Page 82: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 82Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

ALAUDIDAE (Lavercas)Alauda arvensis . . . . . . . . . . . . . Laverca . . . . . . . . . . . . . . pas.

HIRUNDINIDAE (Andoriñas)Riparia riparia . . . . . . . . . . . . . Andoriña das barreiras . . . . . pas.Hirundo rustica. . . . . . . . . . . . . Andoriña . . . . . . . . . . . . . est./pas.Delichon urbica . . . . . . . . . . . . . Andoriña de cu branco . . . . . pas.

MOTACILLIDAE (Picas e lavandeiras)Anthus trivialis . . . . . . . . . . . . . Pica das árbores . . . . . . . . . pas.Anthus pratensis . . . . . . . . . . . . Pica dos prados. . . . . . . . . . inv./pas.Anthus spinoletta . . . . . . . . . . . . Pica alpina . . . . . . . . . . . . inv./pas.*Motacilla flava. . . . . . . . . . . . . Lavandeira amarela . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 44*Motacilla cinerea . . . . . . . . . . . Lavandeira real . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 43*Motacilla alba . . . . . . . . . . . . . Lavandeira branca . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 42

CINCLIDAECinclus cinclus . . . . . . . . . . . . . Merlo rieiro. . . . . . . . . . . . div.

TROGLODYTIDAE*Troglodytes troglodytes . . . . . . . . . Carriza . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 45

PRUNELLIDAE (Azulentas)*Prunella modularis . . . . . . . . . . Azulenta . . . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 46

TURDIDAE (Tordos, merlos e similares)*Erithacus rubecula. . . . . . . . . . . Paporrubio . . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 47Luscinia megarhynchos . . . . . . . . . Rousinol . . . . . . . . . . . . . pas.*Luscinia svecica . . . . . . . . . . . . Papoazul . . . . . . . . . . . . . pas. . . . . . . . . . páx. 51Phoenicurus ochruros . . . . . . . . . . Rabirrubio . . . . . . . . . . . . res.Saxicola rubetra . . . . . . . . . . . . Chasco norteño . . . . . . . . . pas.*Saxicola torquata . . . . . . . . . . . Chasco . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 48*Turdus merula . . . . . . . . . . . . . Merlo . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 49*Turdus philomelos . . . . . . . . . . . Tordo común . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 50Turdus iliacus . . . . . . . . . . . . . . Tordo rubio. . . . . . . . . . . . inv.Turdus viscivorus . . . . . . . . . . . . Tordo charlo . . . . . . . . . . . pas.

SYLVIIDAE (Folosas, papuxas e similares)*Cettia cetti . . . . . . . . . . . . . . . Rousinol bravo . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 52*Cisticola juncidis . . . . . . . . . . . Carriza dos xuncos. . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 53Locustella naevia . . . . . . . . . . . . Folosa manchada . . . . . . . . pas.Acrocephalus schoenobaenus . . . . . . Folosa dos xuncos . . . . . . . . pas.*Acrocephalus paludicola . . . . . . . . Folosa acuática . . . . . . . . . . pas. . . . . . . . . . páx. 54*Acrocephalus scirpaceus . . . . . . . . Folosa das canaveiras . . . . . . est./pas. . . . . . . . páx. 55Acrocephalus arundinaceus . . . . . . . Folosa grande . . . . . . . . . . des.Hippolais pallida . . . . . . . . . . . . Folosa pálida . . . . . . . . . . . div.*Hippolais polyglotta . . . . . . . . . . Folosa amarela . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 56Sylvia undata . . . . . . . . . . . . . . Papuxa do mato . . . . . . . . . inv.*Sylvia melanocephala . . . . . . . . . Papuxa cabecinegra . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 58Sylvia communis . . . . . . . . . . . . Papuxa común . . . . . . . . . . pas.

Page 83: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 83Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

Sylvia borin . . . . . . . . . . . . . . . Papuxa picafollas. . . . . . . . . pas.*Sylvia atricapilla . . . . . . . . . . . Papuxa das amoras. . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 57*Phylloscopus ibericus . . . . . . . . . Picafollas ibérico . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 59*Phylloscopus collybita . . . . . . . . . Picafollas europeo . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 60Phylloscopus trochilus. . . . . . . . . . Picafollas musical . . . . . . . . pas.Regulus ignicapilla . . . . . . . . . . . Estreliña riscada . . . . . . . . . res.

MUSCICAPIDAE (Papamoscas)Muscicapa striata . . . . . . . . . . . . Papamoscas cincento . . . . . . pas.Ficedula hypoleuca . . . . . . . . . . . Papamoscas negro . . . . . . . . pas.

AEGITHALIDAE*Aegithalos caudatus . . . . . . . . . . Ferreiriño rabilongo . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 61

PARIDAE (Ferreiriños)Parus cristatus . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño cristado . . . . . . . . res.*Parus ater . . . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño negro . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 62*Parus caeruleus . . . . . . . . . . . . Ferreiriño azul . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 63*Parus major . . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño real . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 64

CERTHIIDAE (Gabeadores)*Certhia brachydactyla . . . . . . . . . Gabeador . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 65

ORIOLIDAEOriolus oriolus . . . . . . . . . . . . . Ouriolo . . . . . . . . . . . . . . est.

LANIDAELanius senator . . . . . . . . . . . . . Picanzo cabecirrubio. . . . . . . pas.Lanius collurio . . . . . . . . . . . . . Picanzo vermello. . . . . . . . . pas.

CORVIDAE (Corvos, pegas e similares)*Garrulus glandarius . . . . . . . . . . Gaio. . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 66*Pica pica. . . . . . . . . . . . . . . . Pega. . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 67*Corvus corone . . . . . . . . . . . . . Corvo pequeno . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 68

STURNIDAE (Estorniños)*Sturnus vulgaris . . . . . . . . . . . . Estorniño pinto . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 69*Sturnus unicolor. . . . . . . . . . . . Estorniño negro . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 70

PASSERIDAE (Pardais)*Passer domesticus . . . . . . . . . . . Pardal . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 71Passer montanus . . . . . . . . . . . . Pardal montés . . . . . . . . . . des.

ESTRILDIDAE (Bicos de coral e similares)*Estrilda astrild . . . . . . . . . . . . . Bico de coral . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 72

FRINGILLIDAE (Pimpíns, liñaceiros e similares)Fringilla coelebs . . . . . . . . . . . . . Pimpín . . . . . . . . . . . . . . res.*Serinus serinus . . . . . . . . . . . . Xirín . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 73*Carduelis chloris . . . . . . . . . . . . Verderolo . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 74

Page 84: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 84Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba

*Carduelis carduelis . . . . . . . . . . Xílgaro . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 75*Carduelis spinus . . . . . . . . . . . . Úbalo . . . . . . . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 76Carduelis cannabina . . . . . . . . . . Liñaceiro . . . . . . . . . . . . . res.*Pyrrhula pyrrhula . . . . . . . . . . . Cardeal . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 77

EMBERIZIDAE (Escribentas)*Emberiza schoeniclus . . . . . . . . . Escribenta das canaveiras . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 78Miliaria calandra . . . . . . . . . . . . Trigueirón . . . . . . . . . . . . pas.

Page 85: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

A Acentor común: 46Acrocephalus paludicola: 54Acrocephalus scirpaceus: 55Actitis hypoleucos: 30Aegithalos caudatus: 61Agachadiza común: 29Agateador común: 65Alcedo atthis: 39Ánade real: 26Anas platyrhynchos: 26Andarríos chico: 30Apus apus: 38Ardea cinerea: 25Arrendajo: 66Avenoiteira cincenta: 37Azulenta: 46

B Becacina: 29Bico de coral: 72Bilurico das rochas: 30Buitrón: 53Busardo ratonero: 27Buteo buteo: 27

C Camachuelo común: 77Caprimulgus europaeus: 37Carbonero común: 64Carbonero garrapinos: 62Cardeal: 77

Carduelis carduelis: 75Carduelis chloris: 74Carduelis spinus: 76Carricerín cejudo: 54Carricero común: 55Carriza: 45Carriza dos xuncos: 53Certhia brachydactyla: 65Cettia cetti: 52Chasco: 48Chochín: 45Chotacabras gris: 37Cirrio: 38Cisticola juncidis: 53Columba palumbus: 33Cormorán grande: 23Corneja: 68Corvo mariño grande: 23Corvo pequeno: 68Corvus corone: 68Curruca cabecinegra: 58Curruca capirotada: 57Curuxa: 36

D Dendrocopos major: 41

E Egretta garzetta: 24Emberiza schoeniclus: 78Erithacus rubecula: 47

apéndice ii

Índice das aves da guía

No índice os nomes en galego das aves da guía aparecen en tipografía regular; os nomes cientí­ficos, en cursiva, e os nomes en castelán, en Versaletas.

Page 86: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 86Apéndice II: Índice das aves da guía

Escribano palustre: 78Escribenta das canaveiras: 78Estornino negro: 70Estorniño negro: 70Estornino pinto: 69Estorniño pinto: 69Estrilda astrild: 72

F Falco peregrinus: 28Falcón peregrino: 28Ferreiriño azul: 63Ferreiriño negro: 62Ferreiriño rabilongo: 61Ferreiriño real: 64Folosa acuática: 54Folosa amarela: 56Folosa das canaveiras: 55

G Gabeador: 65Gaio: 66Gaivota chorona: 31Gaivota patiamarela: 32Gallinago gallinago: 29Garceta común: 24Garrulus glandarius: 66Garza real: 25Garza real: 25Garzota: 24Gaviota patiamarilla: 32Gaviota reidora: 31Gorrión común: 71

H Halcón peregrino: 28Herrerillo común: 63Hippolais polyglotta: 56

J Jilguero: 75

L Larus michahellis: 32Larus ridibundus: 31Lavanco: 26Lavandeira amarela: 44Lavandeira branca: 42Lavandeira real: 43Lavandera blanca: 42Lavandera boyera: 44Lavandera cascadeña: 43Lechuza común: 36Lúgano: 76Luscinia svecica: 51

M Martín pescador: 39Merlo: 49Miñato: 27Mirlo común: 49Mito: 61Mosquitero común: 60Mosquitero ibérico: 59Motacilla alba: 42Motacilla cinerea: 43Motacilla flava: 44

P Paloma torcaz: 33Papoazul: 51Paporrubio: 47Papuxa cabecinegra: 58Papuxa das amoras: 57Pardal: 71Parus ater: 62Parus caeruleus: 63Parus major: 64Passer domesticus: 71Pechiazul: 51Pega: 67Petirrojo: 47Peto real: 41Peto verde: 40Phalacrocorax carbo: 23Phylloscopus collybita: 60Phylloscopus ibericus: 59Pica pica: 67Picafollas europeo: 60Picafollas ibérico: 59Picapeixe: 39Pico de coral: 72Pico picapinos: 41Picus viridis: 40Pito real: 40Pombo torcaz: 33Prunella modularis: 46Pyrrhula pyrrhula: 77

R Rousinol bravo: 52Ruiseñor bastardo: 52Rula: 35Rula turca: 34

S Saxicola torquata: 48Serinus serinus: 73Streptopelia decaocto: 34Streptopelia turtur: 35

Page 87: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro

GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 87Apéndice II: Índice das aves da guía

Sturnus unicolor: 70Sturnus vulgaris: 69Sylvia atricapilla: 57Sylvia melanocephala: 58

T Tarabilla común: 48Tordo común: 50Tórtola europea: 35Tórtola turca: 34Troglodytes troglodytes: 45Turdus merula: 49Turdus philomelos: 50Tyto alba: 36

U Úbalo: 76Urraca: 67

V Vencejo común: 78Verdecillo: 73Verderolo: 74Verderón común: 74

X Xílgaro: 75Xirín: 73

Z Zarcero común: 56Zorzal común: 50

Page 88: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso · de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro