WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE...

29
WEB DE INFORMACIÓN URBANISTICA DE GALICIA MANUAL DE USO

Transcript of WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE...

Page 1: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACIÓN URBANISTICA DE GALICIA

MANUAL DE USO

Page 2: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

O presente manual amosaralle como utilizar con soltura a páxina web de planeamento. Está estruturado nunha serie de imaxes á que se lles acompaña un texto explicativo. Faga clic no enlace do índice para dirixirse directamente á páxina dentro do texto. Ao inicio de cada capítulo atopará un enlace para voltar a esta páxina.

Índice Índice 1

:

1. CONSIDERACIÓNS PREVIAS. .............................................................. 4

2. PÁXINA DE INICIO. ................................................................................ 6

2.1 Acceso á lexislación Urbanística..................................................................... 6

2.2 Acceso ao Planeamento Urbanístico. Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento. .................................................................................................................. 9

3 PÁXINA DE ACCESO A MUNICIPIOS. ................................................ 12

3.1 Acceso a Municipios. ...................................................................................... 12

4 PÁXINA DE MUNICIPIO. ...................................................................... 14

4.1 Navegación Gráfica. Zoom. ............................................................................ 14 Lenda: ........................................................................................................................................... 14 Imprimir Fiestra: ............................................................................................................................ 14 Para navegar................................................................................................................................. 14

4.2 Navegación por Menús Desplegables. Descarga de Documentación. ...... 15

4.3 Cómo Descargar o Plano que Aparece en Pantalla:.................................... 16 Botón Filtrar:.................................................................................................................................. 17 Botón Atopar: ................................................................................................................................ 18

4.4 Enlaces. Acceso e Navegación. ..................................................................... 19

4.5 Información Urbanística Municipal................................................................ 24 Desde o mapa de selección del concello (Galicia). ...................................................................... 24 Desde a páxina do concello .......................................................................................................... 26

5. ANEXOS................................................................................................ 29

5.1 Símbolos Empelados na Páxina Web:........................................................... 29

5.2 Funcións Adicionais........................................................................................ 29

- 2 -

Page 3: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

1. CONSIDERACIÓNS PREVIAS

- 3 -

Page 4: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

1. CONSIDERACIÓNS PREVIAS.

Nalgúns casos e mesmo dispoñendo de todo o planeamento urbanístico, comprobar a

normativa urbanística vixente pode resultar complexo. Para evitar errores faga caso das

seguintes precaucións:

1. Determinadas cuestións ordénanse directamente a través do Código Civil ou leis

específicas. Consulte os esquemas gráficos dispostos no apartado Lexislación Urbanística da páxina de inicio.

2. A lexislación posterior á data de aprobación do planeamento urbanístico pode conter

modificacións, ou derrogar de forma parcial ou total, o contido dos mesmos.

Pregámoslle revise as disposicións adicionais transitorias ou finais da lexislación.

3. Por outra banda, os instrumentos de Ordenación do Territorio, Protección de Espazos

Naturais, as propias Normas Subsidiarias Provinciais, etc. poden introducir outras

consideracións normativas non reflexadas na Web.

4. Debido á grande cantidade de figuras de planeamento, recorde que se articulan entre

elas a partir dos principios de xerarquía, ámbito xeográfico e determinacións propias.

Por último, advertímoslle que a información ofrecida pola Web carece de efectos legais. En

virtude do artigo 100 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia

9/2002 do 30 de decembro, os concellos deberán facilitar ao interesado a información

urbanística que solicite.

- 4 -

Page 5: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

2. PÁXINA DE INICIO

- 5 -

Page 6: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina de inicio pode consultar o planeamento dos concellos ou a lexislación urbanística. So ten que premer sobre os seus enlaces correspondentes.

Iniciaremos a exposición polo segundo punto.

2.1 Acceso á lexislación Urbanística.

)

1. Faga clic sobre o vínculo “Lexislación Urbanística”. (1)

2. De seguido poderá elixir entre tres opcións: “Lexislación urbanística de carácter xeral”, “Lexislación urbanística de carácter sectorial” e por último “Esquemas

gráficos”. Ao premer sobre cada unha delas abrirase unha páxina ofrecendo a

información dispoñible. (2)

A continuación pode observar o aspecto de cada unha delas. Para facilitar a búsqueda

dispúsoxe un índice ao inicio de cada páxina que enlaza directamente ca materia relacionada.

Na seguinte folla pode seguir un exemplo que repasa tódolos pasos ata o degora descritos

rematando na descarga de arquivos. Estes teñen extensión “.pdf” polo que necesitará do

Adobe Acrobat Reader para lles votar unha ollada.

- 6 -

(1

)

(2
Page 7: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

Lexislación Urbanística de Carácter Xeral.

Lexislación Urbaní

Esquemas Gráfico

stica de Carácter Sectorial.

s.

- 7 -

Page 8: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

EXEMPLO DE USO PARA DESCARGAR

LEXISLACIÓN

4º Esta páxina ofrece información sobre a normativa buscada e posibilita a súa descarga. No caso de ser moi extensa divídese en varios arquivos.

3º Unha vez dentro da materia desexada, presione sobre a normativa buscada, así poderá ter acceso á páxina de descarga.

2º No índice escolla a materia do seu interese para ir directamente o seu posto dentro da páxina web.

1º desde a páxina principal seleccione un dos tres enlaces dispoñibles segundo a súa preferencia.

- 8 -

Page 9: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

2.2 Acceso ao Planeamento Urbanístico. Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento.

Para acceder ao planeamento urbanístico ten que visualizar a páxina de inicio.

1. Unha vez se atope nela, sitúese enriba da frase “Planeamento Urbanístico” e faga

un clic co rato. (1)

2. Ofreceránselle dúas opcións. A primeira, “Planeamento Municipal” trasládanos a un

mapa de Galicia dende o que elixir o concello obxecto da nosa búsqueda. Desde a

segunda opción, “Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento” poderemos

acceder aos documentos pertencentes a cada unha de las catro provincias (2).

Debemos advertir ao lector que o documento escaneado das NSPP pertence a unha

publicación da Xunta de Galicia, contendo textos aclaratorios con esquemas

elaborados propios, polo que é unha versión máis completa ca publicada no DOG.

3. Se desexa buscar información dentro das

Normas Subsidiarias Provinciais de

Planeamento, debe facer un clic sobre o

texto sinalado. Aparecerán as catro

provincias das que terá que seleccionar

aquela que sexa do seu interese. (3)

(1)

(3)

(2)

- 9 -

Page 10: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

As NSPP están divididas en seis apartados; os catro primeiros son iguais para tódalas provincias; Texto Articulado, Lexislación Citada, Fichas Resumen das Ordenanzas, e Lexislación de Aplicación no Planeamento Urbanístico. Os dous apartados seguintes; Espazos Naturais e Inventario de Patrimonio Cultural son específicos para cada provincia. (4)

(4)

4. Desprace o rato sobre un dos seis apartados e prema o que responda as súas

expectativas (4). Aparecerá unha fiestra cos arquivos dispoñibles (5). A continuación faga clic sobre o rexistro que desexe.

5. Abrirase o arquivo e poderá descargalo desde o visor de Windows. (6)

- 10 -

(5)

(6)

Page 11: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

3. PÁXINA DE ACCESO A MUNICIPIOS

- 11 -

Page 12: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

3 PÁXINA DE ACCESO A MUNICIPIOS. Accédese desde a páxina de inicio facendo un clic sobre “Planeamento Municipal” dentro do apartado xeral “Planeamento Urbanístico”. (1)

3.1 Acceso a Municipios. Pódese consultar O planeamento urbanístico dos concellos de dúas maneiras;

(1)

(4)

(3)

(2)

[A] Premendo sobre os puntos situados na fiestra gráfica de Galicia (2). Neste caso

apareceralle unha nova fiestra intermedia con información do concello e obter un

“Resumo de Figuras de Planeamento” (este tema abordarase no apartado 4.5)

ou ben, “Acceder ao Planeamento Urbanístico”.

[B] A través do menú despregable que contén o nome dos concellos (3), irá

directamente á páxina principal do concello. Para reducir o listado pode seleccionar

primeiro o nome da provincia. Como resultado obterá un filtrado de municipios,

acurtándose o listado.

Non esqueza validar a súa decisión premendo sobre a “punta de frecha” (4).

- 12 -

Page 13: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

4. PÁXINA DE MUNICIPIO

- 13 -

Page 14: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

4 PÁXINA DE MUNICIPIO. (Nota: aqueles concellos que non teñen planeamento propio réxense polas NSPP; Véxase o apartado 2.2). Unha vez accede ao planeamento municipal atoparase ca seguinte fiestra:

(1)

(2) (3) (4)

(5)

4.1 Navegación Gráfica. Zoom.

No visor represéntanse os planos que forman parte dunha determinada clasificación dada polo plan. O apartado 4.3 amosa como atopar o conxunto de planos ensamblados no menú

espregable dentro dunha agrupación que chamaremos “elementos”.(1) d Poderá ver a que figura de planeamento pertencen os planos que está visualizando. É moi importante que lle preste atención xa que será a súa referencia en todo momento. (2)

Lenda: Se presión sobre o botón “Lenda” (3) abrirase unha fiestra que contén a simboloxía do conxunto de planos que son visualizados. A fiestra pode desprazarse por tódala pantalla e acomodarse onde o usuario estime máis oportuno.

Imprimir Fiestra: Este botón fai unha captura da imaxe que nese momento se atope no visor e así realizar unha copia impresa (4) en papel.

Para navegar pola fiestra gráfica (5) sitúe o cursor na zona que estime próxima a súa consulta e prema o rato. Provocará o desprazamento dos planos de tal forma que o punto onde realizou a pulsación situarase no centro do visor. Se desexa pode utilizar os corchetes situados nos marxes do visor. Seguidamente, utilice os botóns de “zoom +/-” para aproximarse ao lugar. Continúe a situar o cursor na dirección desexada e faga clic novamente tantas veces coma sexa preciso ata atopar o lugar que busca.

- 14 -

Page 15: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

4.2 Navegación por Menús Desplegables. Descarga de Documentación.

(4)

(3)

(1)

(2)

Na páxina del municipio aparece por defecto un conxunto de planos navegables (1). Estes

adoitan ser os de clasificación do solo do termo municipal o no seu defecto aquel que aporte

máis información. Nas DSU serán os planos de ordenación do solo urbano os que se amosen

por defecto.

1. Para cambiar de planos navegables, presione sobre a frecha e poderá elixir, do listado

presentado, o conxunto que mellor se adapte os seus intereses. (2)

2. Cando localice o lugar de estudo tendo como base o mapa elixido, poderá despregar o

menú que se atopa á dereita para localizar os planos e a normativa propia do

documento. O planeamento municipal foi dividido en dúas partes; a primeira,

“Planeamento Xeral” que versa sobre as figuras que abarcan todo o territorio

municipal a as súas modificacións (PXOU, PXOM, NSMP ou DSU e as súas

Modificacións Puntuais). A segunda parte “Planeamento de Desenvolvemento”

ocúpase das figuras de planeamento parcial e as súas modificacións (PAU, PP, PS,

PE, ED e Modificacións Puntuais das mesmas). (3)

3. Unha vez localizada a figura de planeamento obxecto de estudo, prema no texto para

expandir o seu contido. Aparecerán diante de vostede os “elementos” nos que foi

dividida a figura para facilitar a lectura e reclasificación de arquivos. (4)

Nas tres seguintes páxinas ten un exemplo de cómo descargar un plano usando o menú

despregable cando xa se atopou na fiestra gráfica.

- 15 -

Page 16: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

4.3 Cómo Descargar o Plano que Aparece en Pantalla:

(6)

(3)

(2)

(4) (5)

(1)

1. Localice o plano polo que desexe navegar do listado despregado (1), neste caso, o

elixido foi o conxunto de planos ensamblados de “Estrutura Orgánica”.

2. Lea a figura de planeamento que está representada (2), axudaralle a localizala

posteriormente no menú despregable.

3. Cando este situado dentro do conxunto de planos dispoñibles que elixiu; PARA MOVERSE utilice o visor, facendo clic sobre o plano para que éste se desprace ou

faga clic sobre os corchetes situados nos bordes do visor. Use, se o precisa, os botóns

de navegación (zoom +/-/extensión) para atopar o punto exacto que motivou a súa

búsqueda. (3)

4. Diríxase ao menú despregable e abra a pestana na que se atope a figura que visualiza;

neste caso “Planeamento Xeneral”. (4)

5. Aparecen tódalas figuras de este rango, tanto o PXOM como as súas Modificacións

Puntuais. Seleccione a figura concreta que está buscando (5); neste exemplo: o PXOM

de Ferrol.

6. Chegados a este punto, despréganse unha serie de “elementos” que conforman a

figura de planeamento. Seleccione aquel que necesite para o seu propósito (6). Este

fará que saia unha véntana con tódolos arquivos descargables dispoñibles. Para

continuar co exercicio; faga clic sobre “Estrutura Orgánica do Territorio” xa que este

foi el conxunto de planos navegables seleccionados que pertencen ao PXOM de

Ferrol.

- 16 -

Page 17: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

BOTÓN

FILTRAR

A nova fiestra contén tódolos arquivos descargables dispoñibles (7). Agora ben, se o

número de planos e moi elevado, como neste caso, a búsqueda pode resultar tediosa. Por

iso aparecen algunhas funcións de axuda que axilizan o proceso.

Botón Filtrar: 1. Para eliminar este contratempo se implementa unha orde que rexeita aqueles planos

que no están presentes no visualizador no momento de abrir esta fiestra. Por tanto, só

permanecen visibles aqueles arquivos que se atopan presentes na fiestra gráfica.

Chega con facer clic sobre a palabra “FILTRAR”. (8)

2. O botón filtrar reduce o número de arquivos a buscar. No exemplo pódese apreciar

que o número de planos que aparecen son os dous que coinciden cos planos

presentes na fiestra gráfica (9). Debemos facer clic sobre un deles. Esto provocará que

se abra o visualizador de arquivos de Windows contendo o plano seleccionado (10).

Dependendo do seu tamaño, pode tardar varios segundos.

3. Unha vez temos o

arquivo con extensión

“.jpg” no visor,

podemos tratalo coma

unha imaxe de

Windows, gardar

unha copia, imprimir,

enviar correo ou

amplialo o seu

tamaño orixinal.

(10)

(9)

(7)

(8)

- 17 -

Page 18: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

BOTÓN

ATOPAR

(12)

(11)

Botón Atopar: E unha opción que pode utilizar cando o listado contén numerosos rexistros. Está situado na

parte inferior dereita da fiestra. (11)

1. Para utilizalo sega estas instrucións; escriba o número do plano, o nome do núcleo de

poboación, ou calquera outro signo distintivo no casilleiro disposto para tal fin.

Seguidamente presione o botón atopar. 2. O listado da fiestra verase reducido ao número de arquivos que coincidan ca descrición

escrita. Faga clic sobre o documento para abrilo. (12)

3. Cando teña

aberto o

documento,

poderá realizar as

operacións

descritas con

anterioridade;

(13) gardar,

imprimir, enviar

por correo ou

expandir o

documento o seu

tamaño natural.

(13)

A diferenza entre Filtrar e Atopar está en que a primeira actúa sobre as cartografías

navegables exclusivamente aínda que estas no sexan as visionadas nese momento; e la

segunda, pódese utilizar sobre tódalas fiestras pero é necesario coñecer o plano ou a palabra

que quere atopar.

Para baixar a normativa, Diríxase novamente ao menú descargable, dentro da figura á que

pertence o plano, prema en “Normativa”. O procedemento é similar á descarga de planos,

pero neste caso os arquivos teñen extensión .pdf.

- 18 -

Page 19: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

voltar ao Índice 1

4.4 Enlaces. Acceso e Navegación.

(1)

(2)

Os ENLACES son accesos á información urbanística accesible. A súa principal vantaxe é

ofrecer a situación xeográfica dunha determinada figura ou partes da mesma.

As figuras son;

• Modificacións Puntuais tanto de planeamento xeral coma de planeamento de

Desenvolvemento (acceso os planos).

• Os Plans Especiais, Parciais, os de Sectorización e os Programas de Actuación

Urbanística.

Os Elementos son;

• Os solos urbanos, e a xestión dos solos urbanos.

• Os núcleos rurais e outros elementos con situación xeográfica precisa.

(Nota: pode consultar un listado completo de símbolos no anexo do apartado 5.1)

1. Para visualizalos presione sobre a pestana co nome “Enlaces” situada no menú

despregable. (1)

2. Aparecerá un pequeno listado que contén os vínculos. Para activalos faga clic sobre

eles. Os iconos aparecerán no plano navegable abicados na zona á que fai referencia

a documentación. (2)

- 19 -

Page 20: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

(3)

(4)

3. Para acceder á documentación dispoñible presione o rato sobre o enlace escollido.(3)

4. Aparecerá unha fiestra (4) subministrando información sobre:

a. Nome da figura á que pertence.

b. A posibilidade de ve-lo contido dos planos.

c. No caso de dispoñer de planos navegables sobre o citado enlace, tamén será

posible acceder ao planeamento urbanístico referente o devandito enlace.

Nota: Os enlaces que aparecen son aqueles no que a información pódese situar

xeograficamente no mapa navegable. O contido dos mesmos está limitado os Planos. Para

obtención de Normativa deberá localizar o documento no menú despregable e facer clic sobre

el para que aparezan os seus elementos, entre eles; la normativa.

- 20 -

Page 21: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

(7)

(6)

(5)

[A] Se selecciona “ve-lo contido” abrirase unha fiestra que recolle os arquivos

descargables (5) pertencentes o devandito elemento. Véxase apartado 4.3.

Faga clic no arquivo elixido. Abrirase o visor de Windows e poderá descargalo ao seu

ordenador ou realizar as operacións que por defecto ten incorporado o seu sistema

operativo.

Pode utilizar o botón ATOPAR no caso de coñecer a denominación do plano. Esto

provocará a selección automática dos planos que conteñan a palabra especificada no

casilleiro adxunto. (6)

O botón FILTRAR permite seleccionar aqueles planos que son visibles na pantalla

gráfica, unha vez tivo navegado por eles, para facilitar a búsqueda dentro dunha fiestra

con numerosos arquivos. (7)

- 21 -

Page 22: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

(8)

[B] Se escolle a opción “Acceder ao planeamento urbanístico” (dispoñible só

naqueles enlaces nos que exista un conxunto de planos navegables) (8), no visor

aparecerá un novo mapa polo que poderá desprazarse. Para coñecer estas

funcións pódese dirixir ao apartado 4.3 deste manual.

- 22 -

Page 23: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

(11)

(9)

(10)

(12)

Unha vez cargado o plano navegable (9), poderá voltar a utilizar os enlaces (10). Se como

resultado da navegación se atopa nunha composición parcial do concello só poderá visualizar

aqueles iconos situados no área que ocupen os planos.

No menú despregable ten a súa disposición a figura á que fai referencia o icono (11). Facendo

clic sobre ela poderase descargar os planos e a normativa urbanística correspondente.

Tódalas utilidades explicadas no apartado 4.3 volven ser operativas; pode, por exemplo,

presionar o botón lenda, aparecerá unha fiestra contendo os símbolos representados nos

planos visualizados. (12)

En resumo; os ENLACES son entradas xeorreferenciadas, correspondentes a figuras de

planeamento ou parte das mesmas que conteñen arquivos descargables ou acceso a outro

conxunto de planos navegables dentro do municipio.

- 23 -

Page 24: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

4.5 Información Urbanística Municipal. Hai dúas formas de obter información referente ao estado de planeamento dun concello concreto. [A]

Desde o mapa de selección del concello (Galicia). (Véxase apartado 3.1), realizase da seguinte maneira:

(3)

(2) (1)

1. Seleccione o concello desexado desde a fiestra gráfica. (1)

2. Abrirase unha páxina intermedia (2) onde poderá consultar ou ben o “Resumo de

Figuras de Planeamento” ou “Acceder ao Planeamento Urbanístico”.

3. Seleccione a opción de resumo de planeamento (3) sinalada co icono de información.

Esto fará que se abra unha fiestra de consulta interactiva.

- 24 -

Page 25: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

(5)

(4)

(6)

(7)

4. A fiestra de Resumo de Figuras de Planeamento abrirase ofrecendo un menú

interactivo de consulta. (4)

5. Escolla no menú interactivo a consulta que mellor se adapte á súas necesidades. (5)

Teña en conta que canto máis información lle pida maior será o tempo de resposta.

6. Para validar as opcións elixidas, prema o rato sobre a palabra VER. (6)

7. O botón INFORMACIÓN ofreceralle os datos xerais do concello, equivale á opción do

mesmo nome dentro desta fiestra. (7)

- 25 -

Page 26: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

[B]

Desde a páxina do concello A segunda opción para obter información urbanística municipal faise premendo o botón información situado na parte superior dereita da páxina do municipio. Siga os seguintes

pasos:

(10)

(9)

(8)

(11)

1. Asegúrese que está na páxina do concello solicitado. (8)

2. Presione o botón de información (9).

3. Aparece a fiestra de “Resumo de Figuras de Planeamento” (xa vista). Nela deberá

elixir dentro do menú interactivo as opcións que mellor se adapten a súa demanda.

a. Planeamento Xeral: PXOM, PXOU, NSMP, DSU, e MP de planeamento.

b. Planeamento de desenvolvemento: PAU, PP, PS, PE, ED, e MP de

planeamento.

c. Datos Xerais: Información adicional dos concellos. Tamén pode acceder

premendo co rato sobre a palabra INFORMACIÓN.

d. Relación entre Documentos: Como interaccionan as figuras entre si.

e. Precisar planos e textos: Indicación exhaustiva do número de compoñentes

de cada figura.

f. Observacións Xurídicas: Acontecemento xudicial que afecta ao documento.

g. Incidencias: Información relativa á disponibilidad dos documentos.

Cando finalice faga clic sobre a palabra VER. (11)

- 26 -

Page 27: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

Emerxerá unha fiestra que contén a información especificada no punto anterior. Observe que

canta máis información solicite, máis voluminoso será o listado. A súa estrutura é a seguinte:

(15)

(14)

(13)

(12)

1. O título asegúralle que está dentro do concello desexado. (12)

2. Se o solicita tamén poderá listar os datos xerais do concello. (13)

3. A estrutura xeral do informe divídese en planeamento xeral e planeamento de

desenvolvemento. A información solicitada irase incorporando dentro de cada figura.

(14)

4. No caso do exemplo foron solicitadas a relación entre documentos e as observacións

xurídicas. (15)

- 27 -

Page 28: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario

5. ANEXO

- 28 -

Page 29: WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA · 2005. 5. 30. · WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1 2. PÁXINA DE INICIO. Desde a páxina

WEB DE INFORMACION URBANISTICA DE GALICIA Manual de Usuario voltar ao Índice 1

5. ANEXOS.

5.1 Símbolos Empelados na Páxina Web:

Planeamento Xeral Planeamento de desenvolvemento

Normativa Plans especiais

Catálogo Plans parciais

Ordenación del termo municipal Plans de sectorización

Xestión del termo municipal Programas de actuación urbanística

Estrutura xeral e orgánica do territorio Estudios de detalle

Solo urbano Modificacións puntuais

Xestión do solo urbano

Núcleos rurais

Memoria, normativa, etc.

Outros

Planos

Modificacións puntuais

Información ofrecida pola web que non forma parte dos instrumentos de ordenación urbanística

Observacións xurídicas: Información relativa á vixencia do contido normativo dos plans.

Incidencias: Información relativa á disponibilidad dos devanditos documentos.

5.2 Funcións Adicionais. E

n calquiera momento pode acceder ás seguintes opcións:

1

. Consultar a axuda dinámica na parte superior dereita da pantalla.

2. Tamén pode voltar á páxina de Galicia mediante a opción Saír. Pode ir ás páxinas da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia facendo

clic nos respectivos iconos situados na parte superior da pantalla.

- 29 -