agorafilosofia.files.wordpress.com€¦ · Web viewTEMA 1. PLATÓN. PLATÓN A teoría platónica...
Transcript of agorafilosofia.files.wordpress.com€¦ · Web viewTEMA 1. PLATÓN. PLATÓN A teoría platónica...
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
TEMA 1. PLATÓN
1. PLATÓN
1.1. A teoría platónica das ideas: 2
1.1.1. Mundo sensible e mundo intelixible. Ir 2
1.1.2. Graos de coñecemento. Ir 11
1.1.3. Antropoloxía platónica.Ir 22
1.2.A concepción política de Platón: antropoloxía platónica e vinculación da alma á cidade.Ir
25
Páxina 1 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
1.1 A TEORÍA PLATÓNICA DAS IDEAS. ONTOLOXÍA. Índice
Platón elabora un sistema filosófico completo. Non intentar responder a
preguntas concretas, illadas, senón que o seu corpus filosófico integra toda a
tradición filosófica anterior e, con ela, todas as cuestión filosóficas plantexadas.
Corpus filosófico composto de: Ontoloxía ou teoría das Ideas: seres e mundos.
Epistemoloxía: graos de coñecemento.
Antropoloxía: teoría sobre o ser humano.
Ética: a virtude e as boas costumes.
Política: organización da comunidade.
Metafísica: realidades transcendentes.
Pero ademais intentará superar o antagonismo tradicional entre Heráclito e
Parménides, e marcará a toda a historia da filosofía mediante unha síntese e
dunha interpretación dual da realidade, atribuíndo as características do ser parmenídeo ao "mundo intelixible" e as da natureza de Heráclito ao "mundo sensible". Admitirá como indiscutibles as ideas parmenídeas de que "o que é non
pode provir do que non é. Do non-ser non sae nada", ou a valoración preeminente
da razón fronte aos sentidos como fonte de coñecemento.
1.2.1. Mundo Sensible e Mundo Intelixible Índice
A Ontoloxía ocúpase da definición do ser ou dos seres que existen e de
establecer as categorías fundamentais do ser das cousas, a partir do estudo das
súas propiedades, estruturas e sistemas.
Para estudar os seres e as súa propiedades e estruturas, Platón parte na súa
ontoloxía de que o mundo ordinario que coñecemos polos sentidos non pode ser
totalmente real. Considera que é un mundo inestable e imperfecto, en constante
cambio e decadencia. O coñecemento certo non pode referirse a realidades que son
cambiantes, inestables e perecedoiras, de ser así estaría suxeito ó erro. O
coñecemento ten que posuír a certeza, polo tanto ten que ser coñecemento de algo
estable e perfecto. Por iso Parménides, segundo Platón, tiña máis razón que
Páxina 2 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Heráclito, porque das realidades sempre cambiantes e que percibimos a través dos
sentido, non podemos obter coñecemento certo, ciencia ou "episteme"; por iso teñen
que existir unhas realidades inmóbiles, estáticas, perfectas e atemporais, que son a
auténtica realidade, das que si se poida extraer un coñecemento certo, seguro,
universalmente válido, a "episteme", e por suposto acadable só mediante a
intelixencia.
Así, se pensamos que o coñecemento pode ser obtido polo ser humano, ten
que haber un mundo que conteña eses obxectos estables e perfectos e que sexan a
causa dos obxectos naturais que captan os nosos sentidos.
Grazas ao seu mestre Crátilo, Platón coñeceu a teoría de Heráclito de Éfeso,
segundo a cal todas as cousas atópanse sometidas a constante variación e cambio:
"Panta rei', todo flúe. Posteriormente, estuda en Megara co filósofo parmenídeo
Euclides, de modo que coñece as ideas de Parménides de Elea, segundo as cales o
Ser é un, inmutable, eterno, perfecto, etc. Deste xeito. Platón intentou establecer un
equilibrio entre ambas filosofías, afirmando que a variedade e o cambio son propios
do mundo sensible, mentres que a inmutabilidade, a eternidade e a perfección danse
no mundo intelixible.
Doutra banda, Sócrates ensinoulle que nas cousas singulares e concretas
sometidas a variación ten que existir unha esencia universal, invariable e común a
todos os entes dunha mesma especie. Esta esencia, que son os conceptos universais ou Ideas, expresa a auténtica realidade, o verdadeiro ser das cousas.
Agora ben, mentres que para Sócrates esta esencia é inmanente ás cousas
mesmas, é dicir, reside no ser mesmo das cousas, para Platón, en cambio, é
trascendente, isto é, existe á marxe das cousas sensibles, nun mundo separado (no
mundo das Ideas).
Propón así un dualismo ontolóxico que supere esa diverxencia entre
Heráclito e Parménides, ou sexa existen dous mundos e dous tipos de seres, con
propiedades, estruturas e incluídos en dous sistemas diferentes e diferenciados:
a) MUNDO DAS IDEAS ou mundo intelixible: ideal, perfecto, que existe
realmente, distinto e anterior ó mundo sensible. A realidade parmenídea con
todas as cualidades do Ser. Formado polo que sempre é e non varía, o ser
imperecedeiro, as esencias inmutables, o que en realidade é ente, é dicir,
polos seres verdadeiros, non perceptibles polos sentidos, só pola intelixencia,
Páxina 3 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
as Ideas, que son a única e auténtica realidade. Para Platón, o termo Idea non é un simple concepto mental, algo que só exista na mente, senón unha
realidade extramental, que ten existencia obxectiva. As Ideas son
realidades:
Absolutas.
Perfectas.
Eternas.
Inmutables.
Universais.
Xerárquicas.
Independentes do mundo dos fenómenos, existen dun xeito separado
das realidade do mundo físico, son por exemplo a Beleza en si, a
Xustiza en si, a Bondade en si, das que derivan, á semellanza súa, as
cousas que chamamos belas, xustas ou boas no mundo físico e
sensible.
Son a auténtica realidade e as Ideas respecto dos seres sensibles
constitúen:
-A esencia, o que as cousas son en si mesmas, isto é, o auténtico ser das
cousas atópase nas súas ideas (exemplo: o verdadeiro cabalo non é o que
corre no hipódromo, senón o que está contido na Idea de cabalo). E son,
polo tanto, inmutables.
A causa exemplar, paradigma ou modelo de todas as cousas, pois todas
as cousas imitan ou participan das Ideas (exemplo: o cabalo que corre no
hipódromo é cabalo na medida en que se aproxima á Idea de cabalo, canto
máis se pareza ou se aproxime á Idea, máis perfecto será).
A causa final, pois todas as cousas tenden cara á perfección absoluta, que
son as Ideas (os cabalos son máis perfectos canto máis se asemellan ao
cabalo ideal). As Ideas son o fin das cousas sensibles, pero son ideais que
xamais chegarán a cumprirse, xa que un obxecto do mundo sensible nunca
chegará a alcanzar á perfección.
No seu sentido lóxico as Ideas constitúense no concepto universal, ou dito
doutro xeito, son un concepto que serve para referirse a unha pluralidade de
Páxina 4 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
obxectos da mesma especie (exemplo: o concepto "cabalo" serve para designar a
todos os cabalos).
Todas as esencias ou especies dos obxectos do mundo sensible teñen no
mundo intelixible a súa correspondente Forma ou Idea. As ideas son modelos, prototipos ou paradigmas das cousas materiais, son o foco de referencia do
mundo físico, do coñecemento intelectual, son as auténticas esencias da
concepción do home e dos fundamentos morais e políticos.
Só as podemos percibir pola intelixencia ou raciocinio, e o seu coñecemento
proporciónanos a VERDADE, pois son a verdadeira realidade.
Existen múltiples Ideas, xerarquicamente estruturadas. Sinalou que hai Ideas:
i. En primeiro lugar, de realidades éticas e estéticas (xustiza, virtude,
bondade...).
ii. De relacións e proporcións (do semellante e o desemellante, da unidade e
a pluralidade...), isto é, incluíu tamén no mundo intelixible os entes
matemáticos.
iii. Hai Ideas dos seres naturais e artificiais (ideas de cabalo, mesa, árbore...).
iv. Admite a existencia de ideas de cousas negativas (a maldade, a miseria, a
enfermidade...).
Esta organización está presidida por a Idea do Ben, todas as Ideas atópanse
baixo a unidade da Idea Suprema, a Idea de Ben,.que é a realidade grazas á cal
existen e son verdadeiras todas as demais realidades (as Ideas e as cousas
sensibles). A Idea de Ben proporciona o ser a todo canto é ou existe. O Ben é o
sol que ilumina a todo o mundo intelixible e a causa de todo o recto e belo que hai
no mundo sensible (Texto nº 3, Mito da Caverna).
Neste mundo, ademais das Ideas e as entidades matemáticas, están as almas,
lugar ó que pertencen por natureza, onde contemplan as Ideas, que é a función
propia e que lles corresponde, e así acadar o coñecemento pleno, que esquecen
unha vez que baixan ó mundo sensible a unirse cun corpo.
No seu período critico somete a revisión a teoría das .Ideas.
Páxina 5 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
b) MUNDO SENSIBLE: o mundo das cousas. que podemos ver e tocar, que non
é máis que unha copia ou imitación do mundo das Ideas, a realidade da que
falaba Heráclito sometida a constante cambio. Integrado polas cousas que
vemos neste mundo, as cousas cambiantes, que nacen e morren e que están
sometidas a constante devir, isto é, que son continxentes, poderían non
existir. Son as realidades visibles, percibida polos sentidos; enxendradas, están en constante cambio, son "semellantes" ás Ideas, pois as cousas
participan das Ideas e tamén as imitan. Por exemplo, a rosa é bela porque
participa da Idea da Beleza.
Este é o mundo material, polo tanto desprezable, pois a materia é
desprezable por esencia, sempre introduce algún "factor de desorde ou
indeterminación”.
Este é o mundo dos seres naturais, que son:
Xerables.
Enxendrados.
Corruptibles.
Cambiantes.
Compostos.
Divisibles.
Imperfectos...
Teñen as propiedades opostas ás Ideas. Non son o verdadeiro ser senón
"aparencia de ser". O seu coñecemento proporciónanos a OPINIÓN (doxa)
que é un coñecemento imperfecto e desprezable, propio do home vulgar. No
símil da Caverna son as sombras que ven os prisioneiros e os obxectos que
pasan por detrás do muro.
RELACIÓN ENTRE AS IDEAS E OS SERES SENSIBLES.
Platón utiliza a teoría dos dous mundos para explicar a realidade. Entre estes
dous mundos, sensible e intelixible, que están separados e diferenciados, existe
relación. Platón utiliza varias metáforas para relacionar estes mundos:
Páxina 6 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Participación (méthesis): O mundo sensible e os seus seres participan, en
maior ou menor medida, da esencia e da auténtica realidade, das Ideas. Esta
participación é o que fai que as cousas poidan ser o que son.
Imitación (mímesis): As realidades do mundo sensible son copias e
imitacións da auténtica realidade que son as Ideas do mundo intelixible.
Presenza (parousía), pois as Ideas están presentes dalgunha maneira nas
cousas sensibles. Son a súa esencia.
DUALISMO ONTOLÓXICO
COSMOLOXÍA. XÉNESE DO MUNDO SENSIBLE. O DEMIURGO.
No diálogo do “Timeo”, Platón explica a xénese do mundo sensible. Este
fórmase a imaxe e semellanza do mundo das Ideas, que son o modelo ou prototipo.
O artífice desta copia é o Demiurgo (artesán), elemento configurador que lle impón
á materia unha estrutura.
O Demiurgo atópase a medio camiño entre o mundo das Ideas e o mundo
sensible, é inferior ás Ideas porque ten necesidade delas para ordenar o mundo
sensible. É eterno, inmutable, intelixente e bo. Está inspirado no “Noús” ou
Intelixencia Ordeadora de Anaxágoras. Pero a diferenza de este, que era un
elemento inmanente, o Demiurgo é transcendente, non pertence a este mundo.
Non é creador no sentido cristián. senón ordenador do elemento amorfo
primixenio, dunha materia caótica e sen estrutura, que tomando como modelos
exemplares ás Ideas, vai configurando a realidade sensible.
Por tanto, na constitución do cosmos, interveñen tres causas:
a) Causa Eficiente: Demiúrgo (Intelixencia Ordenadora).
Páxina 7 de 34
ONTOLOXÍA
MUNDO DAS IDEAS(PARMÉNIDES)
ESENCIAS OU IDEAS
ENTIDADES MATEMÁTICAS
MUNDO SENSIBLE(HERÁCLITO)
SERES SENSIBLESIMAXES OU SOMBRAS
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
b) Causa Exemplar: Ideas (Modelo).
c) Causa Material: Mundo Sensible (Copia).
A causa eficiente, o Demiurgo ou Intelixencia ordenadora, é o artífice de dotar á
materia primixenia, amorfa e caótica dunha estrutura. Para iso, pon a súa mirada no
mundo das Ideas, que como causa exemplar ou modelo, lle sirve para imitar e copiar
a súa estrutura. Así é como se xera o mundo sensible.
As tres causas son eternas: as Ideas, o Demiurgo e a materia.
A pesar de que o modelo é o máis perfecto posible, as Ideas, e que o artesán, o
Demiurgo, organizou o mundo da maneira máis boa, bela e xusta posible e que a
materia é o elemento material máis perfecta posible, sen embargo, o resultado non é
idéntico. Isto débese a que a materia conleva en si mesma imperfección. A copia é o
máis perfecta posible, pero non deixa de ser unha copia ou imitación.
Introduce nesta explicación o concepto de espazo ou lugar como receptáculo
universal que acolle a todos os obxectos que nacen e perecen. O cosmos, por
influencia pitagórica, ten a figura máis perfecta: a esfera, e a Terra atópase no centro
do sistema, o redor do cal xiran os planetas e as estrelas (sistema ptolemaico). A
estrutura matemática da realidade explica as cualidades, os estados e as posibles
transformacións dos seres materiais.
“(…) SÓCRATES.-Paréceme que me estades a preparar un completo e
brillante banquete de palabras. Xa logo é o teu turno de falar. Timeo, unha vez
que, como é costume, sexan invocados os deuses de acordo coa lei.
TIMEO.-Certamente, Sócrates, todos, por pouco que participen da intelixencia,
antes de encetar calquera asunto grande ou pequeno, invocan sempre a Deus.
Tanto máis nos, que pretendemos facer un discurso sobre o todo, en tanto que é
Páxina 8 de 34
PLATÓN: Timeo
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
enxendrado ou inxénito, se non desvariamos totalmente, é necesario que
invoquemos os deuses e deusas, suplicándolles principalmente que falemos en todo
de forma intelixente, en concordancia con eles, e despois con nós mesmos. E con
isto queda feita a invocación dos deuses. En canto a nos, a invocación será para
que cheguedes a entenderme doadamente, e que eu consiga dar a coñecer
perfectamente o tema que temos establecido.
Xa que logo, na miña opinión, isto é o primeiro que hai que distinguir: que é
sempre, pero non ten nacemento, e que é o que está a nacer sempre, pero non é
nunca; aquel é aprehensible polo pensamento mediante o razoamento, xa que é
sempre o mesmo, mentres que este é susceptible de opinión por medio da
sensación irracional, xa que nace e perece, pero nunca é realmente. Ademais, todo
o que nace necesariamente é xerado por algunha causa; pois é imposible que nada
teña nacemento sen causa. Cando, pois, o Demiurgo, poñendo a ollada no que é
permanentemente o mesmo, produce a idea e a potencia a partir deste modelo, todo
canto é así feito é fermoso. Pero se, pola contra, parte do que é xerado, facendo uso
dun modelo tomado do enxendrado, nada será fermoso. En canto a todo o ceo -ou
mundo, ou chamémoslle con calquera outro nome que mellor prefiramos- sobre isto
hai que ter en conta, en primeiro lugar, que é preciso reflexionar sobre o que se
debe consideralo suposto previo en tanto que principio para todo, escollendo entre
estas dúas cousas: ¿era sempre, sen ter sido xerado a partir de ningún principio?
¿Ou naceu, comezando a partir de algún principio? Naceu, pois é visible, tanxible e
ten corpo, e todas as cousas como estas son perceptibles, e as cousas perceptibles,
en tanto que aprehensibles pola opinión por medio da sensación, nacen e son
enxendradas, tal como se dixo. Agora ben, do que nace dixemos que
necesariamente é enxendrado a partir de algunha . (…)”.
“(…) O asunto é que encontrar ó produtor e pai deste todo non é doado, nin,
unha vez encontrado, comunicarllo a todos. Consideremos agora a partir de cal dos
dous modelos o arquitecto construíu todo, se o fixo de acordo co modelo que é
idéntico a si e uniforme, ou se o fixo segundo o modelo xerado. Agora ben, se este
Páxina 9 de 34
PLATÓN; Timeo
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
mundo é belo e o Demiurgo é bo, é evidente que puxo a súa ollada no modelo
eterno; pois no caso contrario, cousa que non é lícito afirmar, el miraría ó modelo
xerado. E é absolutamente manifesto para calquera que tivo en conta o modelo
eterno, porque este mundo é a mellor de cantas cousas foron producidas, e o
Demiurgo a máis excelente das causas. E pois o mundo foi formado así, é
aprehensible por medio do discurso e a intelixencia e producido segundo o modelo
que é sempre o mesmo.
Agora ben, para todo o mellor é comezar polo principio natural. Polo tanto,
respecto da imaxe e do modelo hai que advertir que os discursos teñen unha
analoxía con aquilo do que son expresión. Por unha parte, os discursos que son
permanentes e constantes -en tanto é propio dos discursos seren irrefutables e
invencibles, para o que é preciso que nada falte- expresan o permanente, estable
e visible para o pensamento. Por outra, os discursos que son expresión do que é
copiado en relación a algo, ó seren imaxes, son verosímiles segundo proporción
respecto do seu obxecto; pois o que a esencia é respecto da xeración, é a
verdade respecto da crenza. Non te admires, pois, Sócrates, se, en moitos
aspectos e moitas cuestións en relación cos deuses e a xeración do todo, non
chegamos a ser capaces de producir explicacións absolutamente concordantes
entre si e exactas. Pero, se polo menos producimos explicacións que, en canto a
verosimilitude, non son inferiores a calquera outras, hai que contentarse,
lembrando que eu, o que falo, e vosoutros, os xuíces, temos natureza humana, e
que sobre estas cousas convén aceptar un mito verosímil e non buscar nada máis
ala.
SÓCRATES.-Moi ben, Timeo, hai que aceptar enteiramente o que aconsellas.
E pois temos aceptado, admirados, o teu preámbulo, conclúe de seguido a túa
intervención.
TIMEO.-Digamos xa a causa pola que o produtor produciu a xeración e o todo.
Era bo, mais no bo nunca nace ningún tipo de envexa respecto de cousa ningunha;
exento dela, quixo facer tódalas cousas o máis semellante a si mesmo. É admitido
por parte dos homes sabios, e por tanto pode ser admitido rectamente por calquera,
que este é o principio fundamental da xeración e do mundo. Pois o Deus quixo que
tódalas cousas fosen boas, e que nada, no posible, fose inútil, encontrando que todo
Páxina 10 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
o visible non estaba nun estado de quietude senón nun movemento confuso e
desordenado. (…)”.
1.2.2. Graos de Coñecemento. EpistemoloxíaÍndice
No pensamento platónico a ontoloxía (seres) está moi unida á epistemoloxía
(coñecemento). Nesta teoría do coñecemento pretende delimitar os graos do
coñecemento que se van acadando segundo se coñecen os diferentes seres.
En paralelo ó dualismo ontolóxico, establece un dualismo epistemolóxico,
de tal modo que se hai dous mundos (das Ideas e dos seres sensibles), haberá dous
niveis de acceso ó coñecemento deles (coñecemento verdadeiro ou “episteme” e mera opinión ou “dóxa”).
Como xa dixo o seu mestre Sócrates. o coñecemento verdadeiro debe
referirse a elementos obxectivos e universais, válido para todos e en calquera
circunstancia.
É necesario, por tanto, un obxecto dese coñecemento que sexa estable e
permanente para poder ser ciencia. As Ideas serán ese obxecto (Ser de
Parménides). Fronte os obxectos sensibles, que están en constante cambio ou
movemento (Heráclito), e que, polo tanto, non poden ser obxecto do coñecemento
que dé lugar á ciencia
No Libro VII da República, Platón explica o proceso de coñecemento a través
do mito da caverna
Texto nº 3: PLATÓN; República libro VII, 514a—517c
MITO DA CAVERNA-Despois diso compara a nosa natureza respecto da súa educación ou da súa falta
de educación cunha experiencia como esta. Imaxina homes nunha especie de
Páxina 11 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
morada subterránea en forma de caverna, cunha longa entrada aberta, en toda a
súa extensión, á luz e imaxina que están alí dende nenos coas pernas e o pescozo
encadeados de maneira que teñen que permanecer alí e mirar unicamente cara
adiante, pois as cadeas impídenlles xirar a cabeza. Máis lonxe a luz dun lume que
arde máis arriba, detrás deles e entre o lume e os encadeados un camiño máis alto;
e ao longo do camiño imaxina que foi construído un muro, como as cortinas que se
levantan entre os monicrequeiros e o público, para amosar por encima delas os
bonecos.
- Xa o vexo.
-Pois ben, contempla agora, ao longo dese pequeno muro, uns homes que
transportan toda clase de obxectos que sobresaen por encima do muro, e figuriñas
de homes e doutros animais, feitas de pedra e de madeira e doutros materiais e
como é natural, entre estes carrexadores, uns van falando e outros calan.
-¡Que estraña comparación fas, e que prisioneiros estraños!
-Semellantes a nós. Pois en primeiro lugar, ¿cres que tales homes teñen visto de si
mesmos e dos outros outra cousa senón as sombras proxectadas polo lume sobre a
parte da caverna que está fronte a eles?
-¿Pois como, se durante toda a súa vida foron obrigados a manter as cabezas
inmóbiles?
-¿E non sucede o mesmo cos obxectos transportados?
-Sen dúbida.
-E se puideran falar uns cos outros ¿non pensas que crerían que o que ven son as
cousas reais?
-Forzosamente.
-¿E se a prisión tivese un eco que viñese da parede de en fronte deles? ¿non cres
que, cada vez que un dos que pasan emitise un son, pensarían eles que o que oen
provén da sombra que pasa diante deles?
-¡Por Zeus¡ si.
-Daquela, non hai dúbida de que tales homes non poderían pensar outra cousa que
non sexa que o verdadeiro son as sombras dos obxectos fabricados.
-Necesariamente.
-Considera agora, que pasaría se fosen liberados das súas cadeas e curados da súa
ignorancia e, se consonte á súa natureza, lles ocorrese isto: que un deles fose
Páxina 12 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
ceibado e obrigado de súpeto a levantarse, a voltar o pescozo, a camiñar e a mirar
cara á luz e que, ao facer isto, sufrise e que a causa do escintileo da luz non fose
quen de percibir aquelas cousas das que ata entón vía sombras. ¿Que cres que
respondería se alguén lle dixese que ata entón só tiña visto bagatelas e que agora,
en cambio, máis próximo ao real e volto de cara a obxectos máis reais, mira máis
correctamente? E ademais se se lle mostrasen cada unha das cousas que pasan e
se lle obrigase a contestar ás preguntas acerca do que é cada unha, ¿non cres que
se acharía en apuros e que consideraría que as cousas que vía antes eran máis
verdadeiras que as que agora se lle amosan?
-Moito máis.
-E se se lle forzase a mirar á luz mesma, ¿non cres que lle doerían os ollos e que
fuxiría virando cara ao que pode contemplar e que crería que estas son máis claras
que as que se lle amosan?
-Así é.
-E se alguén o levase á forza pola esgrevia e empinada subida e non o soltase ata
chegar á luz do sol ¿non adoecería e se irritaría por ser arrastrado e, despois de
chegar á luz, tería os ollos cegados, sen poder ver sequera un só dos obxectos que
agora chamamos verdadeiros.
-Certamente, polo menos de inmediato.
-Necesitaría afacerse, creo eu, para ser quen de ver as cousas de arriba. E
primeiramente vería con máis facilidade as sombras e despois, as imaxes de homes
e doutros obxectos reflectidos nas augas, e por último ás cousas mesmas. E despois
diso, contemplaría máis doadamente pola noite as cousas do ceo e o mesmo ceo,
dirixindo a mirada á luz das estrelas e da lúa, e durante o día ao sol e ao que a el lle
pertence.
-Como non?
-E por último, creo eu, sería o sol, non as súas imaxes reflectidas nas augas ou
noutro lugar alleo, senón o sol en si mesmo e no seu propio lugar, o que podería ver
e contemplar.
-Necesariamente.
-E entón, xa podería deducir, respecto del, que é el quen produce as estacións e os
anos e rexe todo o da rexión visible e é a causa de todo o que eles tiñan visto.
-É evidente que despois daquilo chegaría a isto.
Páxina 13 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
-Entón que? E se el recordase a primeira morada e a ciencia de alí e os seus
compañeiros de cárcere, non cres que estaría ledo co cambio e que se
compadecería deles?
-Xa o creo que si.
-E se houbese entre eles honores e gabanzas duns aos outros e unha recompensa
para quen discernise con máis agudeza as sombras, e para quen recordase mellor
cales adoitaban pasar diante ou detrás á vez, e destes para quen fose capaz de
profetizar o porvir, ¿paréceche que estaría desexoso desas cousas e envexaría aos
que recibisen eses honores e poderes, ou que lle ocorrería o mesmo que a Homero
e preferiría máis que nada “ser labrego ao servizo doutro home sen bens” ou
padecer calquera outro destino antes que ter meras opinións e vivir aquela vida.
-Iso é o que creo eu, que aceptaría soportar todo antes que vivir aquela vida.
-E agora repara nisto: se descendese de novo e sentase no mesmo lugar, ¿non cres
que se lle encherían os ollos de tebras, despois de chegar de súpeto do sol?
-Vaia que si.
-E se tivese que disputar de novo cos que permaneceran sempre encadeados,
opinando sobre aquelas sombras, no momento no que aínda é corto de vista antes
de aclimatar os ollos á situación, e ese tempo non sería breve, ¿non daría risa e non
se diría del que por subir arriba chegara cos ollos estragados e que por iso non
conviña intentar sequera esa subida? ¿E non darían morte a quen intentase
desatalos e facelos subir, se puidesen botarlle a man e matalo?
-Sen dúbida.
-Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxe debémola aplicar totalmente ao dito
anteriormente; hai que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa
morada do cárcere e esa luz do lume co poder do sol; compara a subida ao mundo
de arriba e á contemplación das cousas deste coa ascensión da alma á rexión do
intelixible e non errarás respecto do que espero que é o que ti desexas oir. Mais é a
divindade a que sabe se isto é realmente verdade. O que a min me parece é que no
mundo intelixible o último que se percibe, e con dificultade, é a idea do ben, pero,
unha vez percibida, hai que colixir que é a causa de todo o recto e fermoso que hai
en todas as cousas e que no mundo visible xerou a luz e ao señor desta e que no
mundo intelixible xerou a verdade e o coñecemento e que convén, pois, vela para
poder proceder con sabiduría tanto na vida privada como pública.”
Páxina 14 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
PLATÓN; República libro VII, 514a—517c Versión galega de Teresa Miñambres Gómez –
ISOMORFÍA DUALISMO ONTOLÓXICO E EPISTEMOLÓXICO (MUNDOS E GRAOS DE COÑECEMENTO)
OBXECTOS DO COÑECEMENTO. SUXEITO E PROCESO.
Dous niveis de coñecemento que se diferencian polo seu respectivo obxecto
de estudio:
a. Opinión ou dóxa:
i. Coñecemento sensible ou sensorial sobre os obxectos sensibles,
particulares e concretos, por exemplo unha árbore, un animal, unha
rosa fermosa, un comportamento xusto, valeroso…
ii. Propiamente non é coñecemento que dá lugar á ciencia, senón mera
opinión.
b. Ciencia ou epistéme:
i. Coñecemento racional e intelectual.
ii. Versa sobre as Ideas, intelixibles e universais, a Idea de Beleza en si,
Xustiza en si, Valor en si…
iii. É o coñecemento que da lugar ó coñecemento verdadeiro, á ciencia
porque cumpre as condición desta.
Páxina 15 de 34
ONTOLOXÍAEPISTEMOLOXÍAMUNDO INTELIXIBLE OU DAS IDEASESENCIAS OU IDEASINTELIXENCIACIENCIA
OU “EPISTEME”ENTIDADES MATEMÁTICASPENSAMENTO
DISCURSIVOMUNDO SENSIBLESERES SENSIBLESCRENZAOPINIÓNOU “DÓXA”IMAXES OU SOMBRASIMAXINACIÓN
ALMA
IDEA DE BEN SUPREMO
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
GRAOS DE COÑECEMENTO E REALIDADES.
Os diferentes tipos ou graos de coñecemento son proporcionais ós tipos ou
graos de realidade. (Símil da Liña, libro VI da República).
De modo paralelo coas distintas clases de ser de cada nivel. Platón distingue
dous grados ou dous tipos de coñecemento en cada nivel:
1) A nivel da simple opinión ou “dóxa” establece:
a) a conxectura ou imaxinación (Eikasía), que se limita á opinión que se adquire
mediante as simples aparencias, cando só vemos “sombras de obxectos”, sen
intentar penetrar no seu sentido, é dicir, está constituída por aquelas afirmacións
que se basean só na percepción sensible máis básica. Segundo Platón, moitos
homes réxense por este tipo de coñecemento e son, por iso, os que dormen e
soñan crendo que o seu soño é verdade;
b) a opinión plausible ou crenza razoable (Pistís), que ten por obxecto "a
comprensión ordenada das cousas naturais e artificiais". Esta, malia que tamén se
basea na observación sensible, faino de xeito crítico, intentando dar razón dos
fenómenos a través de hipóteses explicativas e axustadas observacións. Non se
pode cualificar de saber, pero si de opinión razoable.
2) A nivel da ciencia ou "episteme" diferenza entre
a) o pensamento discursivo (Dianoia) ou actividade racional, cuxa finalidade son
as matemáticas. Platón dinos que é o grado máis baixo de ciencia, xa que é saber
pero se refire aos entes matemáticos, polo que ten que partir de hipóteses e ten
que seguir un razoamento discursivo. Ademais, necesita a axuda de
representacións sensibles, e neste sentido, serve de ponte entre o coñecemento
sensible e o intelectual;
b) o coñecemento supremo ou ciencia suprema (Noésis), que pretende captar as
Ideas en si mesmas. É o saber absoluto que consiste na visión ou intuición directa
e pura da verdadeira realidade.
A este coñecemento supremo chégase mediante a dialéctica, que é un
método de análise conceptual que consiste en ascender a partir da evocación dos
obxectos sensibles cara ás Ideas e percorrer a orde xerarquizada destas para
atopar o lugar xerárquico que corresponde a cada unha delas, para en último
Páxina 16 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
termo, coñecer á primeira Idea, a Idea de Ben Supremo. Segundo Platón, moi
poucos homes son capaces de chegar a este saber (segundo el, obsérvao no
relativismo que impera na época).
Este proceso de ascenso dialéctico é realizado pola alma, que unha vez
liberada do corpo, trala morte deste, ascende ó lugar que lle corresponde por
natureza, ó mundo das Ideas, e alí adquire o coñecemento auténtico mediante a
contemplación desas realidades, ata contemplar a Idea de Ben Supremo e adquirir o
coñecemento pleno. Coñecemento que esquece cando ha de regresar ó mundo
sensible para purificarse.
Deste xeito, seguindo as ensinanzas do seu mestre, o coñecemento non será
nunca a adquisición de novos contidos, senón o exercicio de reminiscencia (recordo) que debe facer a alma, en presenza dos seres sensibles, traendo á luz
(“maiéutica”) os coñecementos adquiridos previamente no mundo das Ideas. Neste
proceso de reminiscencia os obxectos do mundo sensible, en tanto que copias e
imitacións das auténticas realidades, serán as que evocarán ou actualizarán o
recordo da alma evocando as realidades auténticas, coñecidas anteriormente.
SIMIL DA LIÑA“-Creo que queda moito por dicir, porén, canto sexa posible no momento presente,
non o omitirei voluntariamente.
-Non, sen dúbida.
-Pensa, entón, como diciamos, que son dúas entidades, unha –o ben– rexe o mundo
do intelixible e a outra –o sol– o mundo do visible. Pero non digo do ceo para que
non che pareza que estou a facer un xogo de palabras.¿Acaso non tes ante ti esas
dúas especies, a visible e a intelixible?
-Teño.
-Toma agora unha liña dividida en dúas seccións desiguais e de novo corta estas
dúas partes, segundo a mesma proporción, a da especie que é visible e da que é
intelixible, e terás a claridade e a escuridade en relación a ambas, na visible
atoparás unha sección de imaxes. Doulle o nome de imaxes, en primeiro lugar, ás
Páxina 17 de 34
Texto Nº 2: PLATÓN; República libro VI, 509c—511e
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
sombras, e despois aos reflexos na auga e en todo canto se constitúe como
compacto, liso e brillante, e, se me entendes, a todo o semellante a iso.
-Entendo.
-Coloca agora a outra seción ao lado da que ofrece imaxes, os animais que nos
rodean, así como todas as plantas e tamén o xénero íntegro do que é fabricado polo
home.
-Coloco.
-Verdadeiramente ¿estarías disposto a declarar que a liña quedou dividida en canto
á súa verdade e non verdade, de modo tal que o opinable é ao cognoscible como o
é a copia respecto do que é copiado?
-Por suposto que si.
-Pois considera agora se tamén hai que dividir a sección do intelixible.
-E como?
-Deste modo: por un lado, a alma, servíndose das cousas antes imitadas como se
fosen imaxes, vese obrigada a buscar a partir de hipóteses e non se dirixirá a un
principio, senón a unha conclusión. E, por outra parte, avanza ata un principio
absoluto, partindo de hipóteses e sen imaxes, facendo o camiño coas ideas mesmas
e por medio delas.
-Non comprendín suficientemente iso que dis.
-Pois vexámolo de novo. Comprenderás facilmente se antes che digo o que segue:
Creo que sabes que os que se ocupan da xeometría e do cálculo e doutras cousas
semellantes, supoñen o impar e o par, as figuras, tres clases de ángulos e outras
cousas parecidas, segundo o método en cada caso. Como se as coñecesen, usan
estas hipóteses e non estiman que deban dar conta delas nin a si mesmos nin a
outros, como se fosen evidentes para calquera; e partindo delas, recorren o resto ata
concluír consecuentemente naquilo que intentaban demostrar.
-Seino, si.
-E ben, tamén sabes que se serven de figuras visibles e fan discursos acerca delas,
non pensando nelas, senón naquelas outras ás que se parecen, argumentando en
canto ao cadrado en si e a súa diagonal pero non en canto á que debuxan, e outras
cousas polo estilo. As mesmas cousas que modelan e debuxan, das que hai
sombras e imaxes na auga, sirven a estes como imaxes, buscando aquelas cousas
en si que non podería ver un doutro modo que co pensamento.
Páxina 18 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
-Falas con verdade.
-Pois a isto chamaba eu a especie intelixible, pero a alma vese forzada a servirse de
hipóteses na súa busca, pero sen ir cara a un principio, por non poder ir máis aló das
hipóteses. Sérvese das imaxes dos obxectos que foran imitadas polos de abaixo e
que foran estimados e honrados como claros respecto daquelas.
-Comprendo que ao que te refires é á xeometría e ciencias irmás.
-Comprende, entón, a outra parte do intelixible, cando digo que iso a razón mesma
alcánzao co seu poder dialéctico, facendo hipóteses non como principios, senón
como hipóteses reais, que son puntos de apoio e de partida para levala ao principio
de todo ata o absoluto. Unha vez alcanzado ese principio, dedicándose de novo ás
cousas que dependen dela, descenderá ata a conclusión, sen servirse en absoluto
de nada sensible, senón das ideas mesmas, a través delas cara a elas mesmas,
rematando con ideas.
-Comprendo, pero non suficientemente. Paréceme que o que dis é unha empresa
importante, porque efectivamente queres determinar que é máis clara a visión do ser
e do intelixible, adquirida grazas ao coñecemento dialéctico que grazas ás que
chamamos artes, para as cales as hipóteses son principios. Os que se dedican a
elas vense forzados a contemplalas por medio do pensamento discursivo e non dos
sentidos. Pero porque non avanzan cara a un principio, ao examinalas, senón a
partir de supostos, parecerache que non posúen coñecemento acerca delas, aínda
que sexan intelixibles xunto cun principio. Paréceme que chamas pensamento
discursivo ao estado moral dos xeómetras e similares e non intelixencia, como se o
pensamento discursivo estivese entre a opinión e a intelixencia.
-Comprendiches perfectamente. Aplica a esas catro seccións catro afeccións que se
xeran na alma: intelixencia, á máis elevada; pensamento discursivo, á segunda; á
terceira, a crenza e á última, a conxectura; ordénaas segundo unha proporción,
pensando que canto máis participen da verdade, tanto máis participan da claridade.
-Comprendo e estou de acordo en ordenalas como dis.”
PLATÓN; República libro VI, 509c—511e Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez
PROCESO DE COÑECEMENTO
Páxina 19 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
O proceso de coñecemento é ascendente e dialéctico, dende a opinión á
ciencia (MITO DA CAVERNA).
O suxeito dese proceso é a alma, que ascende e pode acadar o coñecemento
pleno coa contemplación das Ideas no mundo intelixible, lugar ó que
pertence por natureza.
Coñecendo as Ideas, adquire o coñecemento das esencias, da auténtica
realidade, e decatándose que os seres sensibles son meras copias ou
imaxes destas.
Coñecemento como reminiscencia socrática ou anámnesis: a alma unha vez
que abandona o mundo das Ideas para reencarnarse noutro corpo, coa fin de
purificarse, esquece o contemplado e aprendido. No mundo sensible deberá
traer á luz, recordar todo o adquirido no mundo das Ideas, axudándose para
esa reminiscencia das copias ou imaxines destas que existen no mundo
sensible.
No proceso de coñecemento, Platón menciona disciplinas que poden
axudar á alma á captar ás Ideas: a música, a xeometría e a aritmética
(influencia pitagórica), e sobre todo, a dialéctica, que é o método de
interrogación (pregunta-resposta), iniciado coa maeiútica socrática.
“SÓCRATES. — (…) Así, pois, a alma, sendo inmortal e tendo renacido moitas
veces e ao ter contemplado todas as cousas, as de aquí e as do Hades, non hai
nada que non teña aprendido. De xeito que non hai que sorprenderse que ela sexa
quen de ter recordos acerca da virtude e das demais cousas que, por certo,
coñecera anteriormente. Pois ao estar emparentada toda a natureza e tendo
aprendido todo a alma, nada impide para que un, recordando unha soa cousa –iso
que os homes chaman aprender– encontre todas as demais, se é valente e teimudo
na busca. Porque o buscar e o aprender non son máis que reminiscencias. Por
conseguinte non hai que dar creto a ese argumento sofístico. Faríanos preguizosos
e é de débiles escoitar o agradable, en cambio este énchenos de enerxía e fainos
Páxina 20 de 34
Texto nº 5: PLATÓN; Menón, 81c—82a
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
inquisitivos. E porque confío en que é verdadeiro quero pescudar contigo en que
consiste a virtude.
MENÓN. — Si, Sócrates. Pero ¿como dis iso de que non aprendemos, senón que o
que chamamos aprender non é máis que reminiscencia? ¿Poderasme ensinar que
isto é así?
SÓCRATES. — Xa che dixen hai pouco, Menón, que ti es malicioso, pois agora
preguntas se che podo ensinar, a min, que estou dicindo que non hai ensinanza,
senón reminiscencia, sen dúbida, para facerme caer inmediatamente en contradición
conmigo mesmo.
MENÓN. — ¡Non , por Zeus, Sócrates! Non o dixen con esa intención, senón por
costume; pero se tes algún modo de probar que é como dis, amósamo.” (…)
Versión galega de Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago de
Compostela
Páxina 21 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
1.1.3. ANTROPOLOXÍA PLATÓNICA Índice
O dualismo ontolóxico e epistemolóxico convértese en dualismo antropolóxico: o ser humano é un composto dual de alma e corpo (influencia órfica-
pitagórica). Pero ó igual que pensaban a corrente órfica1 e os pitagóricos, ambos
elementos non están nunha situación de igualdade: a alma, pola súa natureza e
propiedades, é claramente superior ó corpo. De feito, identifícase o ser humano coa
alma, este é propiamente alma, o corpo será simplemente un envoltorio ou carcasa
da alma, que protexe e permite desprazarse a esta mentres se atopa no mundo
sensible. Por iso, todas as accións do ser humano non son atribuíbles ó corpo, aínda
que sexa este que as realiza, senón que son responsabilidade da alma, en tanto que
esta debe ser quen de gobernar e dirixir ó corpo.
O corpo ou elemento material pertence ó mundo sensible; por tanto, as
características son as mesmas que o resto de seres físicos:
Material.
Imperfecto.
Mutable.
Xerables.
Corruptible.
Desprezable.
Temporal.
Aloxamento temporal.
Cárcere para a alma.
A alma, pertence ó mundo intelixible e comparte as mesmas características
das Ideas:
Espiritual.
Eterna.
Inmortal.1 ORFISMO: O Orfismo foi unha corrente de carácter relixioso que apareceu en Grecia entre os séculos VII o VI a. de C., inspirada nos escritos atribuídos a Orfeo, que algunhas fontes consideran hindú. Trataba de explicar a orixe do home e a causa dos seus sufrimentos, os cales eran atribuídos á súa dobre natureza, dionisíaca e titánica, que representan respectivamente os elementos positivo, máis espiritual, e negativo, máis material. Os seus adeptos crían na reencarnación e na inmortalidade da alma.
A reencarnación era considerada un mal que se podía evitar a través do ascetismo e así conseguir a liberación do dionisíaco do influxo do titánico.
Páxina 22 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Inmutable.
Absoluta.
Simple, etc.
A actividade propia da alma é a contemplación e o coñecemento das Ideas,
por iso é o suxeito do coñecemento. E prodúcese cando se produce a morte,
xa liberada do corpo e de todo o sensible, ascende ó mundo das Ideas, lugar ó
que corresponde por natureza, e alí contempla e coñece ás Ideas.
Mentres a alma permanece unida ó corpo debe controlalo e sometelo, de tal
xeito que os pecados ou erros do ser humano non son asumidos polo corpo,
senón pola alma, que é quen goberna e rexe. Se o fai axeitadamente, a alma
purifícase e marcharán ó mundo das Ideas onde residirán eternamente. En caso
contrario, deben iniciar unha vez máis o ciclo da reencarnación para purificarse
Recordemos que no primeiro momento en que alma cae no mundo sensible, e
encárnase nun corpo, esquece todo o alí contemplado e coñecido. Encarcerada
neste debe iniciar o proceso de recordo ou reminiscencia (anámnesis), a partir da
visión dos obxectos do mundo sensible, que como copias ou imaxines da
auténtica realidade, evocan a auténtica realidade e tráenlle á luz o que xa
coñecera anteriormente, o verdadeiro coñecemento, o auténtico ser das cousas.
Este proceso só é posible grazas a inmortalidade da alma, que existe antes do
corpo e o sobrevive cando este morre (influencia pitagórica).
Esta preexiste ó corpo, tal e como o demostra a reminiscencia, e continúa
existindo despois da morte do corpo. Polo tanto, a alma é inmortal, inmaterial e espiritual.
A alma é, por un lado, suxeito de coñecemento, pero tamén de natureza
intelixible e grazas a iso, suxeito da anámnesis, e por último, responsable do
comportamento do ser humano.
A unión de corpo e alma, segundo Platón. é unha unión:
Antinatural, por ser de naturezas heteroxéneas e contrarias, pertencen a
mundos diferentes e separados.
Accidental, debido ó proceso de purificación da alma
Páxina 23 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Temporal, mentres vive o corpo. Cando este morre, a alma que desexa
liberarse del e volver ó lugar que lle é propio pola súa natureza ( o mundo das
Ideas), o abandona e sobrevive. Entón regresa o seu propio lugar.
Páxina 24 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
1.4. Política. Vinculación da Alma á Cidade. Índice
A importancia da concepción política en Platón é decisiva. É o fin último de
todo o sistema e a xustificación da súa filosofía. Para el a política constitúe a ciencia
principal e a ela deben subordinarse todas as demais, pois a política ten por obxecto
procurar o ben de tódolos cidadáns e, segundo Platón, é mais xusto e nobre buscar
o ben de todos que o duns poucos en particular
A República é o diálogo onde Platón expón o seu modelo e ideal de
sociedade perfecta. Neste establece un modelo de organización social e política.
Existe unha interacción total entre o individuo e o Estado, entre a Ética e a Política:
este só poderá ser perfecto se os seus cidadáns son virtuosos, e estes só poderán
ser felices nun estado xusto e perfecto.
O modelo ou Estado ideal, perfecto será aquel no que reine a xustiza. Esta,
tanto para a ética como para a política, só se consigue a través do equilibrio, e este
obtense cando cada unha das partes da alma e da cidade realiza a función que lle
corresponde por natureza.
Ambos, alma e estado comparten unha NATUREZA TRIPARTITA e
comparten o mesmo obxectivo: acadar a harmonía entre esas tres naturezas, e
conseguir así a virtude e a xustiza na alma e no estado. Só así conseguirase o fin
último da felicidade do ser humano e da cidade.
A alma, que comparte natureza e características coas Ideas2, presenta tres
funcións, ten unha natureza tripartita:, que non son partes, pois, ó igual que as
Ideas, é simple e non composta (Mito do carro alado no "Fedro"):
Función racional: a función máis nobre, atópase na cabeza e consiste nas
facultades intelectuais: pensar e querer, polo que a súa misión é o
coñecemento e gobernar e dirixir ás outras dúas funcións.
Función irascible: é a que persegue os desexos irracionais do espírito
humano: a honra, a fama, o recoñecemento, etc. e sitúase no peito. Colabora
coa anterior no goberno e sometemento da función concupiscible
2 EXPLICAR BREVEMENTE AS CARACTERÍSTICAS DA ALMA E A RELACIÓN CO CORPO.
Páxina 25 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Función concupiscible: (ou apetitiva), que se refire aos apetitos e impulsos
relacionados cos praceres do corpo (comer, beber, sexo) e sitúase no ventre.
É a función máis innobre e sensible da alma, a que conecta co corpo e a
causante de todos os desmáns e debilidades.
De acordo coa distinción das tres funcións da alma, Platón sinalou que cada
unha posúe unha virtude determinada: a parte racional posúe a virtude da sabedoría, a irascible a virtude da fortaleza ou a valentía, e a concupiscible a virtude da temperanza ou moderación.
A sabedoría, que é unha virtude propia do intelecto e da razón, ten como
misión descubrir a Verdade e o Ben, e de acordo con eles, dirixir á alma cara a
consecución do seu fin propio. Consiste en saber, en cada situación, o mellor que se
pode facer, ou sexa, é a quen lle corresponde a misión de gobernar a alma,
deliberando con prudencia e decidindo o comportamento.
A función propia da fortaleza estriba en ser fortes, en ser capaces, por unha
parte, de manter nun prudente equilibrio as nosas aspiracións e ambicións (de gloria,
diñeiro...) e por outra, de soportar ou reprimir de modo correcto os apetitos naturais.
Ademais, consiste en ser capaz de levar a cabo sen titubear as decisións tomadas e
protexer e coidar da alma.
Para rematar, a temperanza ou moderación é a virtude encargada de moderar
as inclinacións dos nosos apetitos sensibles (comer, beber...).
NATUREZA TRIPARTITA DA ALMA
Páxina 26 de 34
FUNCIÓNS DA ALMA VIRTUDES
RACIONAL SABEDORÍA
IRASCIBLE VALOR / FORTALEZA
CONCUPISCIBLE TEMPERANZA
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
Como todo en Platón, entre estas tres facultades e virtudes existe unha
xerarquía, no cume da cal sitúa a racional e na inferior a apetitiva. A emotiva ou
irascible, que se atopa no medio, pode aliarse cunha ou con outra. Tal como esixe
esta xerarquía, a alma que actúa ordenadamente é aquela na cal a facultada
superior domina sobre as inferiores, e estas cumpren coa función que lles
corresponde pola súa natureza. Só así se conseguirá que o ser humano leve unha
vida virtuosa.
Por iso, Platón introduce unha cuarta virtude: a xustiza, afirmando que na alma
xusta, a racionalidade controla a emotividade e o apetito. Polo tanto, a xustiza é o
ordenamento adecuado das tres funcións da alma, no que cada parte exerce a función que lle corresponde segundo a súa natureza e posúe a virtude que lle é
propia, tendendo ó fin último natural do ser humano, que é a felicidade.
As persoas que se moven por emocións e perseguen os praceres.,Platón dirá
que son almas desordenadas que fai falta amañar. Aínda que ao principio, ao igual
que o seu mestre Sócrates, cre que isto se pode conseguir mediante a educación,
máis tarde se volta pesimista debido ás súas experiencias.
A TAREFA MORAL. A ÉTICAO fin último da vida é a felicidade, e esta identificase coa virtude, coa práctica
desta, que é o camiño cara ó ben e a virtude. No ser humano a virtude será o
equilibrio e a harmonía. Unha vida xusta, boa e feliz conseguirase en tanto que cada
parte da alma cumpra coa función que se lle ten encomendada por natureza. Dese
xeito, conséguese o equilibrio, a harmonía, a virtude da xustiza, e así a felicidade.
Se algunha parte non cumpre co que lle corresponde segundo á súa natureza e
asume a función de gobernar en vez da racional, entón prodúcese unha vida
desordenada e inxusta.
A perfección ética esixe a posesión das virtudes morais; mais á súa vez, para ter
ditas virtudes habemos de ser sabios, xa que só deste modo seremos capaces de
orientar moralmente a nosa conduta. Pero para poder ser sabios é necesario que
consigamos o equilibrio do noso corpo.
En consecuencia, a vida moral require a harmonía entre as virtudes morais, que
resulta inseparable do equilibrio entre o esforzo físico e o intelectual, entre o corpo e
Páxina 27 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
a alma. De aquí o ideal humanístico de Occidente: "mens sa in corpore san", espírito
deportivo e esforzo intelectual.
En consecuencia co dito anteriormente, a conduta moral esixe un dobre esforzo: un físico e outro intelectual. O primeiro lévase a cabo mediante a
ximnasia, o segundo grazas ás outras artes (música, matemáticas...) e á
dialéctica. Mentres que o esforzo físico é esixible a tódolos cidadáns, o intelectual e
a súa formación é reservado para os gobernantes.
Segundo Platón, para ser virtuosos debemos elevarnos cognoscitivamente do
mundo sensible ao intelixible e unha vez chegados alá, continuar o proceso
dialéctico de Idea en Idea ata chegar á Idea Suprema: a Idea de Ben.
Conseguiremos así, a través do coñecemento pleno, a virtude moral e por tanto a
felicidade, seguindo así o intelectualismo moral defendido polo seu mestre Sócrates.
MITO DO CARRO ALADO“- Abonda con isto, para a inmortalidade. Pero aínda hai que engadir unha cousa
máis: sería longo e traballoso explicar cómo é a alma; pero comparala con outras
cousas, dicir a qué se parece, iso xa é asunto humano, máis breve. Poderiamos dicir
que se parece a unha forza que, como se nacesen xuntos, leva unha xugada alada e
o seu auriga. Os cabalos e os aurigas dos deuses son todos bos na súa caste,
mentres que a dos outros é produto dunha mestura. No que a nós respecta, hai, en
primeiro lugar, un condutor que guía unha xugada de cabalos, dos que un é bo e
fermoso e o outro todo o contrario, como tamén a súa orixe. O seu manexo será,
polo tanto, duro e difícil.
- E agora, precisamente, hai que tentar dicir de ónde lle vén ó que vive a
denominación de mortal e inmortal. Todo o que é alma ten da súa conta o
inanimado, e percorre o ceo, ás veces tomando unha forma, outras veces outra. Se
é perfecta e alada, suca as alturas e goberna no Cosmos. Pero a que perdeu as
súas ás vai á deriva, ata que se aferra a algo sólido, onde se instala e se apodera
dun corpo terrestre que parece moverse en virtude da forza daquela. Este composto,
mestura de alma e corpo, recibe o nome de ser vivo e é por definición mortal. O
nome de inmortal non tería aquí lóxica ningunha; pero ó non velo nin intuílo,
Páxina 28 de 34
Texto nº 4: PLATÓN; Fedro, 246a—247c 511e
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
imaxinámo-la divindade con aparencia de alma e corpo, de xeito natural, vivindo así
para sempre. Pero que sexa como queira a divindade, e que esta acepte as nosas
palabras.
- Considerémo-la causa da perda das ás, o motivo polo que se desprenden da alma.
É algo coma o seguinte:
- O poder natural da á é erguer o que é pesado, levándoo cara a arriba, cara ó lugar
no que habitan os deuses. De todo o que ten que ver co corpo, isto é o que máis
relación ten co divino. E o divino é fermoso, sabio, bo e outras cousas polo estilo. A
plumaxe da alma aliméntase disto e medra con isto; pero co malo e torpe, ensómese
e acaba. Zeus, o poderoso señor dos ceos, conduce o seu carro alado, en cabeza,
ordenando e dispoñendo todo. Camiñan detrás del unha morea de deuses e
dáimones ordenados en once filas. Hestia permanece no fogar dos deuses, soa,
mentres os demais, que foron dispostos en número de doce, en calidade de deuses
xefes, camiñan nos lugares asignados. Son moitas as marabillosas paisaxes que se
ofrecen á vista dos carreiros celestiais, percorridos polos felicísimos deuses,
actuando cada un segundo o seu deber, e seguidos polos que poidan e queiran
facelo. Está lonxe a envexa dos coros divinos. E, sen embargo, cando van ter lugar
os seus banquetes, marchan cara ós altos cumios, polo máis alto do arco que terma
do ceo, alá onde os carros dos deuses, con suave movemento das súas firmes
rendas, avanzan con suavidade, alí onde os outros teñen dificultades. Porque o
cabalo da maldade fai forza cara á terra, poñendo trabas ó auriga que non o
domease con esmero. Esa é a dura e fatigosa proba da alma. Pois as que son
inmortais, cando chegan ó cumio, saen fóra, érguense sobre a espada do ceo, e
entran na órbita circular, dende a que contemplan o outro lado do ceo.” (…)
Traducción ó galego de Xurxo Sierra Veloso, en Diálogos de Platón. O banquete –
Fedón – Fedro;
Xuntanza Editorial S.A., Laracha, 2001, pp. 255-257.
A partir desta estrutura tripartita da alma, Platón estrutura a sociedade do
estado ideal en tres estamentos, ó que se pertence por natureza ou nacemento, xa
que así é como posuímos as nosas facultades, e da formación de cada un destes
estamentos deberá encargarse, non a familia senón o propio estado ou comunidade,
Páxina 29 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
xa que para o ben común, cara a conseguir un estado xusto é para o que se orientan
cada unha das súas funcións.
Produtores ou artesáns: satisfacen as necesidades básicas dos cidadáns na
cidade (alimentos, roupa, vivenda…).
Son a clase produtiva e engloban ós oficios.
A virtude que lles é propia é a temperanza.
A función da alma que rexe neles é a concupiscible.
Gardiáns ou defensores: dedícanse ó mantemento da convivencia e a defensa
e protección do estado.
Constitúen o exército.
A virtude propia é a fortaleza, o valor.
A función predominante da alma neste estamento debe ser a irascible.
Gobernantes: Os mellores de entre os cidadáns, que educados axeitadamente
para acadar o coñecemento e a verdade, deben gobernar o estado.
Deben ser os filósofos, pois son os únicos que coñecen o Ben en si.
A virtude é a sabedoría.
A función propia da alma que neles predomina é a racional.
Esta concepción política establece un inmovilismo social como fundamento do
estado xusto: cada un dos individuos nace cunhas determinadas facultades, cunha
determinada natureza, e debe formarse e ocuparse de desenvolvelas en favor dun
estado durante toda a súa existencia.
Páxina 30 de 34
CIDADE ALMA
ESTAMENTOS FUNCIÓNS VIRTUDES FUNCIÓNS
GOBERNANTE GOBERNAR/DELIBERAR SABEDORÍA RACIONAL
GUARDIÁNS COLABORAR/PROTEXER VALOR/FORTALEZA IRASCIBLE
ARTESÁNS OU PRODUCTORES
PRODUCIR / OBECEDER TEMPERANZA CONCUPISCIBLE
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
A estrutura social correspóndese coa estrutura do individuo, ambas son de
natureza tripartita, e establécese un paralelismo cidade─individuo e Ética─Política.
Do mesmo xeito que o individuo para ser feliz, debe ser virtuoso, un estado para ser
perfecto debe ser xusto. A xustiza é a virtude política do estado perfecto, o seu fin
último, igual que no individuo debe ser a felicidade.
A finalidade esencial do Estado é moral: promover a virtude e a xustiza, tanto individual como socialmente. Só así acadarase a felicidade.
E ambas, virtude e xustiza acádanse mediante o equilibrio, a harmonía. Este
equilibrio só pode vir dado polo cumprimento da función encomendada e que lle é
propia por natureza, tanto a cada parte da alma como a cada parte do estado. Pola
contra, se algún dos estamentos usurpa unha función para a que non foi preparada
nin lle ven dada pola súa natureza, prodúcese o desequilibrio e a inxustiza. Iso
ocorre cando a parte concupiscible ou os produtores intentan asumir o control ou
goberno da alma ou da cidade.
AS DIFERENTES FORMAS DE GOBERNO.
Platón establece, como consecuencia lóxica do inmobilismo social e da
natureza tripartita do estado, unha orde xerárquico das posibles formas de goberno
dunha cidade, de mellor a peor son as seguintes:
Aristocracia: o goberno dos mellores, a única forma de goberno xusta,xunto
coa monarquía, porque son os gobernantes os que deben gobernar a cidade,
esa é a súa natureza. Cando de entre todos os gobernantes destaca algún
polas súas cualidades, entón se instaura a Monarquía: A forma máis perfecta
de goberno, pois é o goberno do mellor entre os gobernantes
Timocracia: constitúe un réxime político baseado na audacia, a fogosidade e o
desexo de honores e gloria dos seus gardiáns, é dicir, aquel no que os
gardiáns, erixidos en gobernantes, só se preocupan dos propios honores:
“Amarán o poder e os honores, non baseando a súa pretensión de mando na
elocuencia nin en nada de tal índole, senón nas accións guerreiras e nas
cousas relativas a estas”. (Libro VIII). É unha forma decadente, posto que son
Páxina 31 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
os gardiáns os que se fan co poder e rómpese a virtude política, posto que
non é a eles a quen lles corresponde o goberno da cidade.
Oligarquía: Cando esta dexenera aínda máis, aparece o goberno dunha
minoría cobizosa e rica que goberna non para o ben común, senón para o ben
do seu grupo. É cando os gobernantes só se preocupan pola riqueza: “É un
réxime baseado na tasación da fortuna, no cal os ricos mandan e os pobres
non participan no goberno.” (Libro VIII).
Democracia: Unha das formas máis perniciosa de goberno. Cando os
produtores, fartos dos oligarcas e de satisfacer intereses particulares, intentar
asumir o goberno da cidade. Impera a libertinaxe e a procura do pracer:
“Parece ser unha organización política agradable, anárquica e polícroma, que
asigna igualdade similarmente ás cousas iguais e ás desiguais.” (Libro VIII). A
propia exaltación da liberdade acaba por destruír a democracia, que dexenera
en anarquía e esta, á súa vez, propicia o xurdimento dalgunha individualidade
destacada que remata converténdose en tirano, é dicir, impoñendo unha
tiranía.
Tiranía: o peor dos gobernos. A democracia posibilita que o máis demagogo
de entre os produtores se faga co poder e se erixa en tirano, suprimindo as
liberdades e sometendo á cidade a maior das inxustizas e cometendo todo
tipo de abusos: “O caudillo... tras destronar a moitos outros, establécese no
carro do Estado, perfeccionando a transformación do líder en tirano... e o
pobo, ao fuxir do fume da submisión a homes libres, vai parar ao lume do
despotismo dos escravos e en lugar daquela liberdade abundante e
intempestiva vístese coa escravitude máis dura e máis amarga, a dos
escravos”. (Libro VIII)
Platón quere atopar era unha forma de organización da “pólis” que fose
definitivamente xusta e estable, decepcionado tanto do goberno dos Trinta Tiranos,
imposto por Esparta en Atenas, como da democracia que axustiza a Sócrates.
Pretende establecer un estado onde reinase a orde e a paz, e onde cada membro
fose tratado tal como lle pertence ou corresponde. Concluirá que este modo de
organización só se dá na aristocracia (aristos, o mellor e krátos, poder,goberno), ou
Páxina 32 de 34
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
na monarquía, polo que estes serán os únicos réximes lexítimos. Nesta aristocracia
e na monarquía, o goberno atópase en mans dos sabios ou filósofos. Todas as
demais son formas ilexítimas de goberno, pois asumen o goberno da cidade
estamentos cuxa natureza non é gobernar, senón obedecer,
Máis adiante, Platón dáse de conta de que é difícil atopar verdadeiros sabios-
gobernantes, polo que na súa obra "Leis", substitúe o goberno dos sabios, polo
goberno das leis. Establece, neste diálogo, un sistema político no que incluso os
gobernantes están sometidos ás leis establecidas, ao ordenamento xurídico, e
nada hai por riba deste.
«(...) — Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto
á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É
evidente que a xustiza.(...). Pois o que establecemos dende o principio que debía
facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é
a xustiza ou unha especie desta. Pois establecemos, se recordas, e moitas veces xa
o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que
concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor preparado por
natureza.
— En efecto, dixémolo.
— E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas
alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
— En efecto, afirmámolo frecuentemente.
— Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu,
¿sabes de onde o deduzo?.
— Non, pero dimo ti.
— Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a
sabedoría, o que resta por ver na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a
capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres
Páxina 33 de 34
Texto nº 1: PLATÓN; República, Libro IV,427e—435e
Tema 1. PlatónFilosofía Antigua
Historia da Filosofía
pemaneza nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que
restase.
— Por forza é así.
— Non obstante, se fose preciso discernir cal destas calidades fará á nosa cidade
mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia de opinión entre
os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei
que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia e
a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade consiste, tanto no
neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante
e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
— Dende logo, sería difícil. ¿Como non?.
— Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade, a capacidade de
facer cada un o seu nela pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a
súa valentía.(...)
— Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da
xustiza mesma, senón que será semellante.
— Semellante, en efecto.
— Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen
naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa
dalgunhas outras afeccións e hábitos deses mesmos tipos de naturezas.
— É verdade.
— Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos
na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de
recibir os mesmos apelativos que a cidade.»
PLATÓN; República libro IV, 427e—435c Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago
de Compostela
Páxina 34 de 34