Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN-...

13
O ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”. XV.- O desenvolvemento da teoría social dos séculos XIX e XX (… da misma fonte de pensamento liberal) permitiu a construción dun pensamento social que sostivo a dicotonomización securalizada do mundo: o paradiso dos expertos, dos teóricos, dos intelectuais está tan separado do mundo do mundano que en si resulta redundante. Así coma un obxeto non pode ocupar dous lugares ao mesmo tempo, os afectos non poden estar onde rexe o pensamento racional. Este enorme foxo vaise alimentando do mesmo afán ordeador e clasificatorio que despreza a necesidade de soster espazos de comunicación entre estes: a comunicación perde o seu sentido de sustento espiritual da intersubxectividade, mecanízase e o que fai fluir son datos privados. A cultura cotiá é excesivamente mundana para ser considerada ou permitir ser asociada á política, agás cando os individuos se atomizaron ou son moléculas dun organismo pensante- a institución-, pero sen capacidade autoxestiva, sen sentido de autonomía, despois de haberlle asignado roles e función ao traveso do sistema, só deben saber como operar neste; en ninguna outra cousa máis pode pensarse a súa participación. XVI.- Estar na rúa significou por moito tempo estar en ningún lado, polo que a rúa era o lugar inexistente, un espazo que non pertencía a ninguén, segundo os políticos, pero é a liña que conduce a todos os lugares, e a vea que nutre todos os afectos, que desfía ao que quere adxudicala para si. (Raquel Glez. Loyola Pérez. U.A. Queretaro- do prólogo) p1.1.- O ascenso da sociedade civil consiste en que a xente toma a cidade nas súas mans. Pero non a toma “tomando conciencia” como proponen os expertos concienzadores da… p2.1.-…televisión e a psicoloxía, nin a toma tampouco obtendo salarios, postos, estatus e outros satisfactores dos intereses particulares, senon que a sociedade civil tomou a rúa pola rúa mesma (…) mudándose lugares habitables, solidarios, interesantes, (…) mentres que as

Transcript of Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN-...

Page 1: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

O ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”.

XV.- O desenvolvemento da teoría social dos séculos XIX e XX (… da misma fonte de pensamento liberal) permitiu a construción dun pensamento social que sostivo a dicotonomización securalizada do mundo: o paradiso dos expertos, dos teóricos, dos intelectuais está tan separado do mundo do mundano que en si resulta redundante. Así coma un obxeto non pode ocupar dous lugares ao mesmo tempo, os afectos non poden estar onde rexe o pensamento racional. Este enorme foxo vaise alimentando do mesmo afán ordeador e clasificatorio que despreza a necesidade de soster espazos de comunicación entre estes: a comunicación perde o seu sentido de sustento espiritual da intersubxectividade, mecanízase e o que fai fluir son datos privados. A cultura cotiá é excesivamente mundana para ser considerada ou permitir ser asociada á política, agás cando os individuos se atomizaron ou son moléculas dun organismo pensante- a institución-, pero sen capacidade autoxestiva, sen sentido de autonomía, despois de haberlle asignado roles e función ao traveso do sistema, só deben saber como operar neste; en ninguna outra cousa máis pode pensarse a súa participación.

XVI.- Estar na rúa significou por moito tempo estar en ningún lado, polo que a rúa era o lugar inexistente, un espazo que non pertencía a ninguén, segundo os políticos, pero é a liña que conduce a todos os lugares, e a vea que nutre todos os afectos, que desfía ao que quere adxudicala para si.

(Raquel Glez. Loyola Pérez. U.A. Queretaro- do prólogo)

p1.1.- O ascenso da sociedade civil consiste en que a xente toma a cidade nas súas mans. Pero non a toma “tomando conciencia” como proponen os expertos concienzadores da…

p2.1.-…televisión e a psicoloxía, nin a toma tampouco obtendo salarios, postos, estatus e outros satisfactores dos intereses particulares, senon que a sociedade civil tomou a rúa pola rúa mesma (…) mudándose lugares habitables, solidarios, interesantes, (…) mentres que as casas, as oficinas e as televisoras volvéronse mais aburridas, máis mentirosas nas súas promesas.. de hospitalidade.

P3.1.- non cabe imaxinar á cidade (…) como unha maquinaria, nin sequera como o escenario da vida social ou o reflexo da cultura, senon como un pensamento que tivo a ocorrencia de inventar aos cidadáns. Un cidadán ten unha biografía que inclue papás e tíos, algúns coñecementos non maiores que a súa persoa e algún sentimentos limitados polo radio das súas circunstancias (…) un horizonte do tamaño dos seus pasos, da duración das súas lecturas, da extensión das súas conversas e do alcance das súas reflexións, pero non moito máis.

P3.2.- A cidade, en cambio, ese espírito civil, contén xente con todo e o que a xente ten, e ademáis contén obras, distancias, función, trazados e unha historia que soborda calquera coñecemento de todos os cidadáns xuntos (…) así que, para entender á sociedade civil, parece máis indicado tratar de pensar e sentir como pensan as ciudades: consideralas vivas e conscientes, para que elas teñan consideración connosco. Cada vez que pensamos e sentimos, é en realidade a

Page 2: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

cidade a que nos está pensando e sentindo (…) para comezar pode decirse que a cidade é unha memoria.

P7.1.- Para a vangarda desilustrada que todos somos neste século, referirse aos gregos como berce da civilización occidental é un lugar común. A vangarda desilustrada ten razón: os gregos inventaron o lugar común (…) chamábanlle tópico (topos) (…) Dentro destas controversias chamábaselle “lugares comúns” a unha serie de temáticas nas que podíanse atopar e desenvolver os argumentos e razón suficientes para sair de apretos ou pór en apretos ao adversario, e eran comúns porque todo o mundo os coñecía e os aceptaba como correctos e importantes.

P8.1.- Un lugar común era, por exemplo, a afirmación de que “ toda cuestión ten dous puntos de vista opostos, igualmente verdadeiros” (Protágoras), é dicir, a toda verdade se lle pode opor outra verdade idéntica pero contraria.

P8.2.- Os gregos non só pensaron o lugar común, tamén o cosntruiron. Os lugares comunes servían para pensar dentro doutro lugar de acceso libre e xeral: a praza pública ( o ágora grega e o foro romano, após), porque a praza pública tiña unha función e un obxectivo concretos: servía para pensar. Porque se pensaba públicamente; de feito non hai outra maneira de facelo, todo pensamento dáse fronte do público, xa sexa real ou imaxinario (…) que como ben saben os neuróticos e os autocríticos, …

P9.1.-… non sempre aplaude. A praza pública ideouse e construiuse para soster, literalmente, o diálogo e o debate. (…) a praza pública é a construcción dun espazo separado do espazo natural, e xunto con il, dun pensamento civil separa do do pensamento natural (…) fabricaron un espazo excluído do espazo que todo o inclue. (…) na cidade xa instalada, as rúas que desembocan na praza, pouco a pouco vanse “emplazándose” elas mesmas, como o amosan as etimoloxías, que non son erudicións gratuitas, senon vestixios do pensamento cotián orixinal.

P10.1.-…tanto “ánima” como “espírito” significan nin máis nin menos que “ar”. O ar do espazo pensante, que hoxe está feito de xente, de conversacións e conglomeracións, da traza da cidade, de ruidos e vehículos e algún que outro accidente causado por estes últimos, de xornais e anuncios, de facianas e contaminación, que para ser comprendido requírese dalgunha especie de xeografía do pensamento, arquitectura dos sentimentos, unha ecoloxía dos símbolos, alguna psicoloxía colectiva, unha psicoloxía política (…) o pensamento anda solto pola cidade e non pechado nas consciencias dos individuos.

P10.2.- A rúa é o cerebro e o corazón da sociedade civil. Esto contradí a idea de que as razón, as leis, os proxectos e as solucións teñan que facerse nos cubículos das universidades, as cámaras dos parlamentos, as camarillas dos políticos e os cerebros privilexiados dalgúns individuos, é dicr, en espazos privados á sombra da luz pública. Esta idea produciu moito poder xordo e bruto e suficiente soedade bruta e muda, pero moi pouca capacidade para organizar a sociedade.

P15.1.- Existe a crenza non dita de que a civilización comezou o mesmo día que o teléfono, polo que suponse que toda a cultura previa á liña telefónica esta feita (…) segundo o modelo “emisor-canle-receptor”, que é o modelo da información, útil

Page 3: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

para producir mensaxes e para producir en serie: nambos casos algo entra por un extremo da liña e sae por outro. A revolución informática puso de moda o tema da comunicación pero, baixo o lema de que todo o que existe é novo e polo tanto non existe, a comunicación é concebida como si fora información, coa novidade engadida de que agora é máis rápida e sobre todo máis vistosa, posto que corre polas pantallas das computadoras: o “apantallamento” da información. (…) quizabes sexa lamentable para moitos tecnocomunicólogos enterarse de que a sociedade non a inventou Graham Bell, de que a comunicación e a cultura, e a historia e a civilización xa existían antes que o teléfono, polo que tiveron que facerse con outro modelo, anterior ao invento das canles, as liñas e outras formas da primeira, segunda,.. dimensión .

P16.1.- Nas dimensións da comunicación caben as palabras, pero tamén os xestos como os sorrisos e os contactos como os bicos, ou os entrecellos e os golpes, as cousas como os mobles e os semáforos, os lugares como as azoteas e as esquiñas, e os ocos como a velocidade e o silencio. Todo o que existe no espazo é comunicativo e, ao revés da información, que é unha via de tránsito, a comunicación é unha estancia que pode acumular obxetos: ten memoria, pero non como a memoria das computadoras, que gardan sinais, senon como a memoria da vida, que garda realidades vivas, de maneira que o novo e o vello fan parte igualmente da comunicación que se leva ao cabo en calquera lugar. A cultura está construida de comunicación, non de información: cultura é a forma de entender o mundo, o proceso de dárlle sentido á vida e, xa que logo, no modo de pensar e de sentir o espírito. (…) A maior parte da cultura contemporánea está formada de memoria colectiva, de construción, distribución e ocupación de espazos logrados pouco a pouco. (…) o espírito colectivo vive nos espazos que fóronse construindo desde vai tempo, e se…

P17.1.-… comunica ao traveso deles, sen saber moito que é o que se comunica, porque diso non se informa: a comunicación colectiva é o que non está na información masiva.

P17.2.- Os verdadeiros modos de comunicación de masas non pasan de cinco, e ningún deles é a televisión (…) o primeiro é grego e chámase “praza pública”, que ten a forma física da comunicación, porque é un lugar horizontal, amplo, aberto, e que produxo, entroutras cousas, a democracia: a democracia estrictamente é un estilo de comunicación, e a monarquía poderá ser outro, pero non cabe nunha praza pública (…) a comunicación é un fin en si mesmo en tanto que non sirve para nada agás para comunicarse, ou sexa, para entender a vida e atoparlle algún sentido que faiga que pague a pena vivila, e até hoxe o único sentido atopado foi a comunicación mesma, co que podemos entender que a xente o primeiro que fai cos seus problemas é falalos, e así o espazo público fica privilexiado sobre os espazos privados, os cales (sendo inútiles para buscarlle quizabes o sentido á vida) son necesarios para facer outras cousas como durmir ou bañarse.

P18.1.- As rúas forman unha área menos pública dentro do espazo público, e é a Idade Media a que se encarga de desenvolvelas desde a praza principal onde se celebran festividades, torneos e teatros, até os calexóns tortos e estreitos.

P19.1.- … a Idade Moderna iníciase no día en que pecharon as portas das casas ainda que non fixera frío, porque tras dise portazo fúndase un novo espazo

Page 4: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

comunicativo: o espazo privado doméstico ou, máis domésticamente, a casa (…) a casa, na súa versión fundamental, é unha cociña equipada con leitos, porque é ó redor da lumbre onde se…

P20.1.-…xesta a súa comunicación: lar, doce lar é ise o lume onde se fai o xantar, quéncese o ar e se estira o corpo. A xente reúnese na cociña e alí fala sobre os asuntos da colectividade, pero o fai, literalmente, desde a “perspectiva” da casa, polo que esta invéntase como lugar de creación de perspectivas, é dicir, de diferencias que contribuan a un mundo necesitado de pluralidade. A cociña é, desde entonces, a praza pública da casa e onde se coceron, entroutras cousas, as ideas do Renacemento (…) incluso os centros de goberno, como os principados, ou as casas comerciais, ou a igrexa pódense considerar como outras tantas casas, porque o poder e as relacións políticas, económicas ou artísticas exércense coa lóxica da comunicación doméstica. (…) sen embargo, despois dun par de séculos de vivir entre catro paredes (…) e xa que existían as fiestras con vidro desde o ano 1180, dáse (…) o descubrimento de que as ventás non só sirven para que entre o sol, senon tamén para que as miradas dos mesmos ociosos miren á rúa (e sexan mirados, no caso de aberta ostentación).

P21.1.- … ao redor da mesa do comedor, para a que se confeccionan formas de expresión especiais (xa desde os romanos), que funcionan como bases comúns de comunicación especiais entre xentes de diferentes casas (convidados, relacións interdomiciliarias) (…) é tamén a época na que se escriben algúns tratados de modales e costumes referentes ao comportamento na mesa.

P21.2.- Para a práctica do convite (nos pazos, sobre todo) construense os “salóns”, onde hai reunións cortesanas e se celebran obras de teatro, concertos de música e festas con bufóns e feirantes (…) a intención é levar o mundo á casa para amosarlle as súas excelencias, polo que a relación interdoméstica ten características de espectáculo e entretemento, pero non exactamente de intercambio recíproco de perspectivas; para os poderosos a reciprocidade ten algo de incómodo.

P22.1.- Nas casas mínimas, pola súa parte, os convites que se celebraban na sala-cociña-comedor tiñan de inicio a vocación de botar a casa ao mundo (non levalo a il) e fundar alá fóra un intercambio de perspectivas domésticas, o que implica crear un espazo comunicativo inédito, que non sexa nin casa nin rúa, senon outro, semiprivado ou semipúblico, entre catro paredes pero coas portas abertas. Nin casa, nin rúa, polo que se chamou “casa pública” (public house, pub) que comprende sobre todo os cafés, máis tarde bares, restaurantes e todo aquel lugar que abra as súas portas para que a xente sente e fale, co pretexto de tomar un café ou o que sexa. Os cafés inaugúranse a partires da xa entón difundida costume de tomar o café, chá ou chiculate, frolecen entre 1680 e 1730 e para principios do século XVIII só en Londres había máis de tres mil ( as estufas nos cafés tiveron tamén o seu poder de congregación) .

P23.1.- A conversa que se suscita nos cafés básase nunha comunicación libre e animada sobre temas de interese común, e tocan por forza as cuestións políticas do goberno e a cidade (…) de feito nos cafés inaugúrase o debate, a discusión e a polémica como modo específico de comunicación, onde fluen as ideas, ocorrencias, críticas, utopías, proxectos, solucións. O que se pon no centro do debate é, en rigor, a cuestión da sociedade civil (…) os verdadeiros acontecementos políticos dábanse

Page 5: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

nese lugar, e non nos gobernos como o mostra o feito de que os xornais, no sentido actual da palabra, xurden non só nese momento, senon concretamente nese espazo: a súa tirada equivale case a un xornal por cada café; The Tatler tiraba catro mil exemplares, e entón parece xustificado que os donos dos cafés solicitaran en 1729 o monopolio dos xornais, despois de todo, aí eran lidos en voz alta para ser discutidos por todos e, en boa medida, aí eran escritos. En efecto, a xente reuníase nos cafés para coñecer as noticias, comentalas, discutilas, decidilas e, no seu caso, respostalas ao traveso de cartas á redacción (…) non parece de todo estrano que aos ollos dos gobernantes os cafés foran lugar de axitación política, da misma maneira que para todo goberno autárquico a sociedade civil é subversiva.

P24.1.- Para fins do século XVIII, os parlamentos oficiais tiveron que aceptar como correcta a voz da opinión pública e, como na ágora grega, nos cafés faise a democracia (…) se os gregos excluiron aos escravos, os homes do XVIII excluiron ás mulleres; o café e o alcól, a democracia e o coñecemento eran só para homes. A comunicación, a parte do lugar e o tema, tamén é un estilo e unha regra. Así, a conversa do café e das tabernas básase no acordo xeral da igualdade de rangos, o café é un lugar de iguais, e as diferencias da rúa, o traballo, o estatus e o (ter mais ou menos) diñeiro non teñen validez algunha: todos tiñan o mesmo dereito á palabra e a mesma obriga de escoitar a quen se sentara xunto, porque as mesas eran compartidas (…) póñense en práctica nos cafés as regras inviolables do tacto e da tolerancia, da urbanidade no mellor sentido da palabra, de escoitar con atención ao outro a condición de que o outro escoite a un, de poder rebatir sin susceptibilidades, porque existe a prohibición de tratar cuestións persoais e, moito menos, ser utilizadas como argumento en contra do interlocutor. Plessner define a vida do café como a “esfera da validez do tacto” onde impera a razón do mellor argumento, o que permite, ademais dun diálogo fluido e enriquecedor, ilustrativo, percatarse da importancia dos convencionalismos sociais.

P24.2.- O espazo dos cafés coincide co dos teatros e…

P25.1.- …outros entretementos; a diferencia é que os primeiros utilizan a conversa e os segundos a actuación ou representación (…) é bon facer notar que as portas abertas teñen a cualidade de confundir o ar dos espazos contiguos e, polo tanto, a vida dos cafés e teatros tende a continuarse no espazo público.

P26.1.- De calquera xeito, así como o café é o teatro das ideas e da razón, o teatro é o café das imaxes e os afectos.

P26.2.- Botada a andar a sociedade civil, a parte máis asustadiza do café prefire a paz das xerarquías sociais e funda os “clubes” de cabaleiros, que son lugares semipúblicos, pero sobre todo semiprivados, onde se pode estar sen os contratempos de ser iguais, nin sequera de falar, e onde por tanto non conta a forza dos argumentos, senon a forza das credenciais e os apelidos (…) pero a parte máis animosa dos cafés, aquela que efectivamente construiu a ilustración e armou unha opinión pública válida e lexitimadora, ascendeu ao “parlamento”, ou sexa, á capacidade de decidir efectivamente sobre as cuestións prácticas da sociedade, e puso o seu coñecemento humanístico e científico ao servizo do goberno. É certo que o parlamento é moito máis vello, por exemplo, o parlamento inglés divídese en dúas cámaras xa desde 1332, desde o ano en que comeza a peste negra, pero o que importa é que só até o ano en que se termina a primeira edición da…

Page 6: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

P27.1.-… Enciclopedia Británica, até 1771, os debates de dito parlamento non obteñen o dereito de facerse públicos, a formar parte da conversa colectiva (…) pero case desde o principio as virtudes do café tórnanse nos defectos do parlamento, porque, se muda o espazo a comunicación é outra, e ainda que se pretenda dicir o mesmo, dícese necesariamente outra cousa con outros significados (…) o primeiro que sucede é que un parlamento así non pode ser un lugar para a xente, senon, pola contra, un lugar para expertos, técnicos, especialistas, porque son eles quenes posuen o tipo de verdade posto de moda (( Nota do autor: a partires da revolución industrial, a ciencia e a tecnoloxía, grazas á súa productividade material, saen da súa esfera que é a da información e introdúcense irracionalmente na esfera da comunicación onde non poden pertencer, polo que se convirten en ideoloxía; ideoloxía defínese aquí como “comunicación sistemáticamente distorsionada” e, como tal, é propia da revolución industrial e prácticamente inexistente dantes dela)) Cando hai expertos, a comunicación acábase e comeza a información, porque xa non se lle outorga a razón á persuasión volátil, senon aos datos duros e pesados e, de feito, no mesmo parlamento deixa de discutirse e comeza a votarse (…) a razón da contabilidade.

P28.1.- Deste xeito, o parlamento constitúese no lugar da “ruptura das igualdades” e , como ten poder para iso, o fai valer: deseña unha tecnoloxía capaz de aplicarse aos asuntos de goberno, técnicamente chamada “administración”, que ao traveso dos seus mecanismos configuran unha máquina burocrática de gobernar. Segundo Habermas, a administración é a suposición de que así como a técnica pódese aplicar á produción material, tamén pódese aplicar á organización da sociedade. O goberno como burocracia ten o obxectivo técnico de organizar á sociedade e administrar os recursos, pero este obxectivo, desde o punto de vista da comunicación civil, é, en realidade, outro: indicar a separación entre administración e xente, e deixar claro que non son iguais.

P29.1.- En fin, o parlamento ten certamente as características dun novo ámbito da colectividade, pero é o lugar onde o ar da rúa dá volta e regresa, xa que alí non hai xente, senon expertos, e xa non hai comunicación dentre deles, senon información, polo que se trata fundamentalmente dun “espazo informacional extrapúblico”.

P29.2.- Desde a máquina de administrar, situada por riba da rúa e da vida pública, procédese a organizar a vida segundo os criterios da sociedade industrial, nun a, b, c que comeza por a) a rúa. Esta planéase para o tránsito, para o transporte da maior carga posible (persoa, animal ou cousa) pola maior distancia posible no menor tempo posible, sen obstrucións, nin distraccións. (…) a partires de 1840 os xornais son, por fin, a verdadeira difusión masiva, con grandes tiradas, mentres que o correo multiplícase debido a…

P30.1.- … que todo o mundo envía facturas. O que realmente estase a inventar son as presas, as caras ocupadas e os pasos dilixentes, polo que os reloxios de peto comezan a producirse en serie desde 1840 e as cortesías empréganse agora como tácticas para non estorbar nin ser molestado, para non quitar tempo. (…) a racionalidade (da productividade) ocupa a rúa.

P30.2.- En 1833, en Francia prohíbense as discusións públicas de b) cafés entre os traballadores, baixo o pretexto de que bebían demasiado nas tabernas, ainda que a verdade é que practicaban a subversiva arte da conversa (…) a función do regateo

Page 7: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

sustituese pola publicidade e a primeira axencia de publicidade xurde en 1855, en Alemaña, contra toda ética dos vellos comerciantes que consideraban falto de moral anunciar os seus produtos. Como pode advertirse, esta secuencia de reemprazamentos e desprazamentos de espazos é o de que outra maneira pódese chamar o ascenso…

P31.1.- …das clases medias. (…) o deseño e función do espazo doméstico non escapa aos encantos do progreso científico aplicado ao modo de vida: os avances en materia de saúde e hixiene logran convencer a cerca de que a planificación da vivenda debe facerse técnicamente, basándose en variables tales como a iluminación, ventilación e separación de funcións, é dicir, non estar todos xuntos facendo de todo no mesmo cuarto, senon cada quen coas súas cousas en lugares especiais de c) a casa: nin durmir onde se come, nin falar onde se cociña (…) a separación de funcións concorda coa separación entre actividades que poden ser amosadas.

P32.1.- Pouco a pouco a casa vaise subdividindo no seu interior, como se lle medraran lugares por dentro: a sala de estar convírtese na sala de visitas e no lugar máis próximo á rúa (…) o comedor formalízase, a cociña funcionalízase (…) a casa vai desdobrándose cara dentro para inaugurar lugares máis privados dentro da mesma privacidade (…) institúese a inaudita idea das portas interiores para separar á xente dentro dunha mesma casa (…) en todo caso, é como se a comunicación colectiva, empurrada pola información técnica (…) na casa tampouco atopara un lugar onde situarse, arrimándoa cada vez máis cara un rincón.

P33.1.- A organización técnica da sociedade industrial parece botar do público e empurrar cara o privado aos espazos comunicativos da colectividade, cousa que non pode facerse porque estes presérvanse como memoria colectiva. Mais o que si logra é crear un novo: o corpo como “ espazo íntimo individual”, como un lugar máis aló das recámaras e os “closet”, tra-las portas do pel. E como pode deducirse este espazo comezou sendo muller. Ainda que desde 1596 John Harrington…

P34.1.- … inventara o “ water closet”, este tamén resultou utopía, xa que é recén, en 1778, cando John Bramah construe outro mellor que, grazas aos avances da revolución industrial en materia de cañerías, ten éxito. (…) E, efectivamente, o baño é un lugar da casa, o último, onde a xente pode entrar intempestivamente, baixo o común acordo de que o que faga aí é cousa súa, e ninguén debe preguntar e todos poden non respostar a que estaban alí facendo. Polo tanto, agás para os nenos, a quenes non se lles outorgou dereito á privacía, o baño pode utilizarse, como de feito se utiliza, para toda clase de expresións igualmente pouco sociables como chorar, reflexionar, sufrir, ensaiar acenos, ser feliz baixo criterios distintos aos bós modales, ler, recitar baixiño, distraerse, tardar, ter tempo libre, un pouco iso que se chama “ser un mesmo” que, ainda que non exista, senta ben.

P35.1.- Non ten nada de estrano que un dos primeiros obxetos que foron introducidos no baño sexan os “espellos”, dado que a xente métese no baño para estar consigo mesma e é o natural que o faiga cara-a-cara (…) os espellos son a única forma de coñecer os propios xestos e de dirixilos a un mesmo. (…) o baño é o umbral do individuo, ese novo espazo comunicativo que se abre fronte do espello. O corpo é un espazo en si mesmo no mesmo grao arquitectónico que os outros

Page 8: Web viewO ESPÍRITO DA RÚA. PSICOLOXÍA POLÍTICA DA CULTURA COTIÁN- Pablo Fdez. Christlieb. Notas do prólogo e do capítulo I “A metáfora do espírito”

espazos, como pode verse no feito de que se fale cotián do “interior” ou “ de aquí dentro” para referirse aos pensamentos e sentimentos que habitan no propio corpo. O espazo individual é en realidade un pouquiño máis grande que o propio corpo, como se tivera un aura do tamaño da apariencia vestimentaria, dos movementos e posicionamentos, dos tonos de voz, dos estilos persoais e das xesticulacións, en franca contunuidade co espazo contiguo, tamén o individuo continua cara dentro cunha departamentalización máis ou menos isotópica, que ten igualmente os seus espazos públicos e privados. Na súa parte pública accesible ubica as ideas e imaxinacións colectivamente admitidas como racionais, razoables, civilizadas, agradables, publicables; o público individual recebiu o nome do “consciente”, mentres que a súa parte privada, alonxada, pechada, excusada finalmente, recibe o nome do…

P36.1.-… “inconsciente”, que fai pensar que hai un lugar dentro do corpo onde nós somos visitas de nós mesmos, forasteiros do noso propio corpo; en rigor é correcto porque quen o inventou, deseñou, amoblou e habitou é a colectividade, da mesma maneira que fixo cos demáis espazos, e por iso o obxectivo de ir ao psicoanalista é queixarse dos proxenitores. O si-mesmo é ise “algo que se está pensando dentro de min”, como escribiu Onetti.

P37.1.- O espírito colectivo pensa e séntese ao traveso dos espazos, polo que estes deben entenderse como verídicas persoas colectivas que se moven, non entre o consciente e o inconsciente, nin entre o racional e o paixoal, nin entre o social e o individual, senon entre o “público e o privado”.

P38.1.- O espírito colectivo (…) comeza pensando e sentindo coa rúa, a rúa inventa a casa, a casa construe o café, o café crea o parlamento, o paralamente revírtese e ao final o espírito colectivo crea ao individuo. Este proceso de creacións (que é un discurso ficcional e ahistórico) é un xogo entre o público e o privado, entre falar e calar, pensar e sentir, xuntar e aillarse, reunir e fragmentar, amosar e ocultar, pero o que se pode facer notar ao cabo da historia é que xa non hai demarcación clara entre o público e o privado, senon que ambos están en todas partes, e todas partes ten os seus decretos e os seus segredos, cada espazo ten a súa publicidade e a súa privacidade (…) o espírito colectivo pensa, sinte e móvese actualmente, coas contradiccións, distribucións e ocupacións dos espazos creados pouco a pouco. (…) a xente, en xeral, está feita de todos estes espazos.

P39.1.- Unha mesma xente é , con toda honestidade, catro ou cinco persoas distintas durante o día: pódese crer na soedade e na saúde, na sopa quente, na tolerancia e o iluminismo, no pobo e na comunidade, e no organigrama da oficina, segundo o espazo vaia mudando. Quenes pensan son os espazos e se, por exemplo, un deixa de ler e levántase para ir mercar o xornal, poderá advertir no traxecto que vai camiñando entre o pensamento da colectividade.