www .oimbra.es OIM RAB · 2017-01-25 · Rural e do Mar. Supuxeron o investimento de máis de...
Transcript of www .oimbra.es OIM RAB · 2017-01-25 · Rural e do Mar. Supuxeron o investimento de máis de...
◆ O orzamento municipal de 2012 deu prioridade aos servizos básicos.
◆ Novas infraestruturas serven para mellorar a rede viaria local.
◆ O Obradoiro de Emprego, unha oportunidade importante no eido laboral.
◆ O Concello fomenta o deporte e a defensa das nosas tradicións.
Para o concello de Oimbra,2012 foi outro ano importante.Ademais da escola infantil,completáronse obras destaca-das, como a rúa dos Muros, asde Espiño e Bousés e as redeshidráulicas en O Rosal.
A Feira do Pemento cumpríu xa15 anos. Este evento multicul-tural, con gastronomía, artesa-nía, xogos tradicionais, música,etc., foi unha das celebraciónsmáis concorridas do verán entoda a comarca.
Un lugar para vivir e disfrutar
todo o ano. O Concello organiza
actividades culturais, lúdicas e
deportivas que tentan implicar
a tódolos cidadáns. Houbo
tamén a Ruta BTT e unha
andaina dende Vilarelho.
Máis obras
Feira do Pemento
Para gozar
Número 14 Boletín de información e actualidade municipal Inverno 2012/13
O IM RAB
www.oimbra.esR
úa
do
s M
uro
sR
uta
BT
T
Páxina 2Páxina 2
Oimbra nº 14 Editorial
O meu desexo é que tódolos veciños e
veciñas disfruten dunhas boas festas e que
o 2013 faga realidade esa esperanza de
traballo, saúde e prosperidade para os
veciños do concello de Oimbra.
A dotación de novos servizos
públicos é unha prioridade para
o Concello de Oimbra. A Esco-
la Infantil é outro exemplo do
esforzo que desenvolve o
Goberno Municipal, presidido
por Alfonso Villarino, pero que
non sería posible sen a colabo-
ración da Consellería de Traba-
llo e Benestar da Xunta de
Galicia. Este traballo conxunto
entre as distintas Administra-
cións públicas é clave para
garantir un progreso estable e
unha mellor calidade de vida
para os nosos veciños e veci-
ñas en tódolos pobos.
Hai un bo treito andado, pero aínda quedan cousas
por facer. O concello de Oimbra dispón hoxe de bos
servizos, a tódolos niveis, e compre outro esforzo
igualmente importante para mantelos e, se é posi-
ble, melloralos. Entre todos será posible afrontar os
novos retos. A unión e o traballo compartido é fun-
damental, aínda máis, en momentos de crise.Escola infantil
P á x i n a 3
A Xunta de Galicia e o Concello colaboraron na execución do proxecto
A escola infantil dispón de 20 prazas para nenos menores de tres anos
Este modelo supón unha aprendizaxe moi
importante, xunto ao familiar, nos primeiros
anos de vida. O seu programa baséase na
convivencia, nos xogos infantís e no coñece-
mento de conceptos básicos que lles serán
moi útiles aos nenos e nenas cando, cumpri-
dos os tres anos, se incoporen ao sistema
educativo de Infantil e Primaria.
“O relevo ao fronte da Deputación Provincial de Ourense
non suporá ningún cambio na boa colaboración que man-
tén dende hai moitos anos co Concello de Oimbra”,
segundo manifestou Alfonso Villarino. Trala toma de
posesión, José Manuel Baltar Blanco recibíu no seu des-
pacho ao alcalde de Oimbra, quen lle desexou sorte e
pedíu que continúe o apoio aos novos proxectos que xa
ten en marcha o Goberno Municipal.
A escola infantil pública de Oimbra, que
entrou en servizo o pasado 14 de setembro,
ten unha capacidade para 20 nenos e nenas
menores de tres anos. Este cupo máximo
quedará cuberto xa no primeiro trimestre de
2013, segundo as solicitudes presentadas,
quedando en reserva algunhas por falla de
prazas.
Neste proxecto, auspiciado polo Concello
de Oimbra, a Consellería de Traballo e
Benestar da Xunta de Galicia investíu
150.000 euros. A escola infantil está inte-
grada na rede autonómica de centros "A
Galiña azul" e ocupa unha parte das instala-
cións do colexio de infantil e primaria.
O alcalde, Alfonso Villarino, manifestou,
durante a visita da conselleira de Traballo e
Benestar, Beatriz Mato, que esta obra "ven
cubrir unha necesidade importante para o
noso concello, tendo en conta o índice de
natalidade e os problemas que tiñan algunhas
familias para conciliar a vida familiar e labo-
ral". Deste xeito, dispoñen dun horario flexible
e continuado dende as 8:30 da mañá e ata as
8:30 da tarde, tódolos días laborables. ■
Durante a visita a Oimbra, a conselleira Beatriz Mato agradeceu a colaboración
do Concello para facer realidade este proxecto, xa que a nosa escola infantil é a
primeira de carácter público da comarca de Monterrei. Ademais do investimento
na construción e o equipamento desta infraestrutura, Mato nunciou que o custe
anual do funcionamento do centro estímase nos 90.000 euros.
A titular do departamento autonómico indicou que a Consellería está tamén a
apoiar ao concello no eido laboral, cunha inversión que aumentou nun 44% en
2011 con respecto a 2010, ata os 96.000 euros.
Beatriz Mato apuntou que as escolas infantís son "un servizo esencial" para as
familias actuais porque garanten unha atención de calidade e permiten avanzar
na conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Xuntanza co presidente da Deputación
Beatriz Mato en Oimbra
P á x i n a 4
Iniciativas que xa sonrealidade e novos
proxectos de futuroAo longo do ano 2012 realizáronse obras
importantes para o noso municipio e se xes-
tionaron novos proxectos que pronto serán
realidade:
■ Asfaltado de rúas e camiños en Espiño
e Bousés, con cargo ao Programa de Infra-
estruturas (PEIM) da Consellería de Medio
Rural e do Mar. Supuxeron o investimento
de máis de 42.000 euros.
■ Recepción das obras de abastecemento
e saneamento en O Rosal, nas que a Con-
sellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia investíu
195.000 euros.
■ Mellora da eficiencia enerxética en Oim-
bra. Prevista en O Rosal e San Ciprián, en
convenio co INEGA (Instituto Enerxético de
Galicia).
■ Nova captación de auga en As Chas.
■ Saneamento en Casas dos Montes.
■ Garaxe para o tractor municipal.
Os veciños e veciñas de Rabal disfru-
tan xa do seu moderno e acolledor
centro social. O proxecto, financiado
polo Concello de Oimbra e o Plan Lea-
der da Unión Europea, comezou a fra-
guarse en 2010, quedou rematado en
2011 e foi inaugurado oficialmente o
pasado 5 de maio. O acto contou coa
presencia do presidente
da Deputación Provincial
de Ourense, José Manuel
Baltar Blanco, o seu ante-
cesor, José Luis Baltar, o
alcalde de Oimbra e numerosos veci-
ños e veciñas. Alfonso Villarino asegu-
rou que "esta obra era necesaria para
o pobo e serve para ampliar a rede de
locais de uso veciñal extendida por
todo o concello", desexando "que
todos poidades disfrutar das oportuni-
dades que vos brinda un centro mul-
tiusos destas característi-
cas". O novo centro social
está ubicado no parque
recreativo de Rabal, á
entrada do pobo.
Centro Social de RabalCentro Social de Rabal Oimbra comparte un
Obradoiro de Emprego
con Laza, Monterrei e
Cualedro
Os Concellos de Laza, Monterrei, Cua-
ledro e Oimbra compartirán durante
seis meses un Obradoiro de Emprego,
destinado a facilitar formación a 21
persoas nas especialidades de alba-
nelería e xardiinería (xestión medio-
ambiental), a través dun proxecto
cofinanciado coa Consellería de Traba-
llo e Benestar da Xunta de Galicia. Os
alumnos/as seleccionados recibirán
clases teóricas e prácticas nas súsa
especialidades, ademais de charlas
orientativas para o seu acceso ao
mercado laboral, creación de empre-
sas ou cooperativas, etc. Esta iniciati-
va conxunta contempla obras de reha-
bilitación de edificios e de espazos de
uso ou titularidade pública. ■
Oimbra
Bousés
Pavimentación da rúa dos Muros
Rexeneración de camiños
P á x i n a 5
P.- Cómo valora o primeiro ano e medio de xestión do novo
mandato popular como alcalde de Oimbra?
Alfonso.- A ninguén se lle escapa que a situación ao comezo do actual
mandato non era fácil. A crise económica xa estaba a repercutir de
xeito importante nas arcas municipais, con menores ingresos, pero cos
mesmos servizos. A partir de eiquí propuxémonos pór en marcha un
programa que, condicionado pola austeridade, fose capaz de incidir no
progreso de Oimbra, tanto a nivel de infraestruturas como de servizos
básicos. De feito, convén destacar que, pola boa xestión, o noso foi
dos poucos concellos que non tivo que facer ningún plan de axuste.
P.- Qué opinión lle merecen os resultados dos comicios ao Par-
lamento Galego e á Xunta?
Alfonso.- Tanto a nivel de Oimbra, como de Galicia, para o Parti-
do Popular foron bós. Unha parte importante dos cidadáns castigou
aos responsables da crise e respaldou a política seria e pragmática
que levou á cabo Alberto Núñez Feijoo na anterior lexislatura. A
mensaxe foi clara: esa é a liña que hai que seguir para sair canto
antes da crise actual.
P.- En clave municipal, cales foron os logros máis importantes
no que leva de mandato?
Alfonso.- Fixéronse obras para mellorar as infraestruturas locais,
sobre todo na rede viaria, que xa son realidade e das que disfrutan
tódolos veciños e veciñas do municipio. Tamén se reformaron
espazos públicos, se traballou na mellora da eficiencia enerxética
do alumeado público, no apoio a colectivos culturais e veciñais, na
promoción do municipio como enclave turístico,... E, claro está, a
posta en marcha da Escola Infantil, a única de carácter público da
comarca de Monterrei. Este era un obxectivo que perseguimos
dende hai varios anos, convertido hoxe nunha realidade da que o
equipo de Goberno nos sentimos orgullosos.
P.- De cara aos próximos meses, ¿hai proxectos importantes?
Alfonso.- O noso futuro pasa por mellorar os servizos públicos e
axudar no que poidamos a crear postos de traballo. Iniciativas
como as do Obradoiro de Emprego son sempre importantes, pero
tamén potenciar o futuro Parque Empresarial, facilitando a crea-
ción de empresas. E, a nivel de infraestruturas, agora mesmo xa
contamos co orzamento para acometer obras importantes, como a
construción de vestiarios no polideportivo, con cargo aos Plans
Provinciais da Deputación; a mellora de parques infantís en Oim-
bra e San Cibrao, a instalación de parques biosaudables en As Chas
e Rabal, e o peche exterior do polideportivo de Oimbra, con cargo
aos proxectos dinamizadores do Plan AGADER da Xunta. ■
"O noso traballo encamíñase a
que tódolos pobos de Oimbra
progresen a nivel de infraestru-
turas e servizos básicos, e a
que tódolos cidadáns vexan
mellorada a súa calidade de
vida. Sen tempo de mirar cara
atrás, debemos seguir unidos,
trallando a cotío para continuar
disfrutando dunhas prestacións
que estean á altura dos conce-
llos máis desenvolvidos da
nosa terra. Porque creemos en
Oimbra, temos que apostar
polo futuro deste singular
e fermoso concello".
Alfonso Villarino Rodríguez, alcalde:
“Temos que seguir unidos e ser
solidarios para afrontar con éxito
os retos que temos por diante”
Entrevista
P á x i n a 6
O plan de competivida-de turística Portas deGalicia presentou unhaguía turística e organi-zou unha olimpiada gas-tronómica na que parti-ciparon 16 restaurantesda zona. O alcalde deOimbra, Alfonso Villa-rino, participou en Ala-cante nun intercambiocultural, dentro do pro-xecto Portas de Galicia,ao que tamén asistíu áalcaldesa alacantina,Sonia Castedo.
Concello de Oimbra
Os Reis Magos de Oriente confirmaron unha novavisita a Oimbra para o próximo 5 de xaneiro. ACabalgata percorrerá as rúas da capitalidade muni-cipal ata o pavillón polideportivo. Alí, Melchor,Gaspar e Baltasar agasallarán aos nenos/nenasmenores de 12 anos que se apunten previamente nasoficinas municipais.
"Oimbra Verán" é unha ludoteca orientada paraque os máis novos aprendan e se divirtan xogan-do nas vacacions estivais. Durante os meses dexullo e agosto, uns 20 rapaces e rapazas de 3 a 12anos realizaron diferentes actividades de carácterlúdico (como manualidades), cultural e deportivo,a través de xogos tradicionais e populares. Traloéxito da primeira edición, o Concello de Oimbraacordou darlle continuidade a esta iniciativa que,ao igual que a Escola Infantil, está pensada ta-mén para a conciliación da vida familiar e laboral.Aprender xogando
Premios Gastronómicos
Ludote
ca e
stiv
al
Unha visita obrigada
Oimbra
Visita do bispo da diócese
O 30 de setembro foi un día especial para a comunidadecristiá de Oimbra. Nesa data oficiaba por primeira vez naigrexa parroquial o novo párroco, don Raúl Alfonso,nunha ceremonia presidida polo bispo da diócese, donLeonardo Lemos Montanet. Don Raúl , que é tamén ocura de San Ciprián e O Rosal, substitúe no cargo a donCamilo, que foi o titular durante moitos anos, e a don Joséde Medeiros, quen o ocupou de forma interina.
21-O: novo éxito do PP
As Eleccións Autonómicas do 21 de outubro
volveron refrendar a hexemonía do Partido
Popular no concello de Oimbra. En total, 698
votantes (o 63,3%) respaldaron a candidatura
do PP. A segunda forza política foi o PSdeG-
PSOE, con 184 (16,7%), mentres que BNG,
con 77 (6,9%) e AGE, con 39 (3,5%) repartí-
ronse a maioría dos votos nacionalistas. O
índice de participación foi do 74,36%.
Quince anos despois, a Feira do Pemento de Oimbra ocupa un lugar de pri-
vilexio entre as grandes citas festivas e gastronómicas do ano na nosa
terra. A declaración de Festa de Interese Turístico Galega contribúe a que,
cada ano, milleiros de visitantes se acheguen a coñecer o noso municipio.
O programa comezou co pasa-
rrúas, a cargo da Banda de
Gaitas de Oimbra, e un paseo
de coches antigos "Ruta do
Pemento". Como é habitual,
houbo un concurso de pratos
de cociña, a actuación dos
grupos de baile rexional e pan-
dereteiras da Asociación Cul-
tural "Soutullo", expositores de
produtos da terra e artesanía e
xogos para nenos.
En 2012 avanzaron os trámi-
tes para a constitución do
Consello Regulador do Pe-
mento de Oimbra, que velará
pola calidade e comercializa-
ción do noso produto hortíco-
la. Neste organismo están
representados o Concello de
Oimbra, a Consellería de
Medio Rural e do Mar da
Xunta de Galicia e os produto-
res da zona.
Despois do xantar houbo baile e xogos tradicionais (aneis, zancos,
chave, rá, billarda,...), coa colaboración da Deputación de Ourense.Páxina 7
Un concello único, para disfrutar...
Veciños de Vilarelho da Raiae Oimbra celebraron unhaxornada de convivencia(imaxe superior), o pasado 16de setembro, para estreitaros lazos que os unen históri-camente. Unhas 200 persoasparticiparon nunha andainaentre as súas localidades e,posteriormente, compartironun xantar en Vilarelho. Paradifundir o noso municipio, oConcello tamén colaboroununha Ruta BTT (imaxe daesquerda), que levou en bici-cleta por terras de Oimbra eMonterrei aos máis de 150participantes.
Edita: Concello de Oimbra - Imprime: Gráficas RODI - Dep. Legal: OU-225/01
A Liga Local de Fútbol Sala, organizada polos usuariosdo Pavillón Polideportivo, coa colaboración do Concello,contou coa participación de cinco equipos do municipio deOimbra e ún de Vilarelho da Raia. O sistema de compe-ticón foi de liguiña, entre o 10 de xullo e o 30 de agosto. Aofinal, gañou o equipo da Montaña, sendo O Rosal e SanCibrao, 2º e 3º, respectivamente.
A Feira Mensual, que se celebra o día 9 de cada mes na Car-
balleira do Concello, tivo unha moi boa acollida por parte dos
veciños e veciñas do municipio. É unha oportunidade de mer-
car roupa e obxectos de uso cotián a bo prezo, de comer o
polbo e de reencontrarse con amigos e coñecidos. O Concello
de Oimbra recupera así unha tradición esquecida dende hai
varias décadas.
Liga Local de Fútbol Sala
Pavillón multiusos
Ruta BTT