XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O...

20
XANGO A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina

Transcript of XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O...

Page 1: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina

Page 2: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 2 -

Talía Teatro presenta o proxecto de produción do espectáculo XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina, un espectáculo escrito e dirixido por Diego Rey.

Unha vez máis apostamos polo equipo propio da compañía e depositamos a confianza neste autor e director, que a pesar da súa corta experiencia xa ten demostrada a súa valía.

Un espectáculo que xa é un feito, posto que se estreou o pasado 6 e outubro no auditorio da casa da cultura de Vimianzo e co que demostramos a gran capacidade de produción da compañía debido á súa estructura de caracter estable.

Con esta montaxe dirixímonos a un público infantil, entre os sete e doce anos, unha franxa de idade moitas veces esquecida e menos receptiva ás expresións artísticas convencionais, polo que tratamos de achegarnos cunha linguaxe escénica que lles resulte atractiva (clown e mimo) e cunha temática que dominan á perfección, o mundo dixital.

Page 3: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 3 -

a compañía

Page 4: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 4 -

Presentación

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Hoxe, 26 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión.

Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.

Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención ao teatro infantil e xuvenil porque considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia.

O traballo da compañía ten sido merecedor de numerosos premios polas súas montaxes:

• Premio Max Mellor autor teatral en Galego por Pelos na lingua

• Mellor texto teatral en galego. María Casares 2012: Pelos na lingua

Page 5: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 5 -

• Mellor actriz secundaria. María Casares 2011: Marta Ríos por Volpone

• Premio Nordés das Artes

• Premio FETEGA 2011 á mellor actriz a María Ordóñez, por Pelos na lingua

• Mellor actor protagonista. María Casares 2010: Toño Casais por Palabras encadeadas

• Mellor dirección. María Casares 2010: Artur Trillo por Palabras encadeadas

• Mellor actor secundario. María Casares 2008: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?

• Premio FETEGA 2007 ao Mellor actor a Toño Casais por Esperando a Godot

• Mellor actor protagonista. María Casares 2004: Artur Trillo por Bicos con lingua

• Mellor Texto orixinal. María Casares 2004: Bicos con lingua

Page 6: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 6 -

Actualmente ten en cartel os seguintes espectáculos:

• O método Grönholm

• Pelos na lingua

• Bicos con lingua

• XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina

• Pequena

• Carta urxente para Máximo Toxo

• Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)

Page 7: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 7 -

Traxectoria

Nace no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Como grupo de teatro afeccionado montou os seguintes espectáculos:

• O Rei aborrecido, de Xesús Pisón.

• Aquí non paga ninguén, de Darío Fo.

• O crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno.

• Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo.

• Ai, Carmela, de J. Sanchis Sinisterra.

• T. W. C. , Colectiva.

• Fando e Lis, de Fernando Arrabal.

• Rezagados, de Ernesto Caballero.

No ano 1996, despois de se constatar a evolución da compañía (Ai, Carmela levaba 68 funcións) e despois de certas críticas e premios, decidiu dar o salto ao sector profesional montando os seguintes espectáculos:

Page 8: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 8 -

• 1996, A secreta oscenidade de cada día, de Marco Antonio de la Parra.

• 1996, Pedro e o capitán, de Mario Benedetti.

• 1997, Retén, de Ernesto Caballero.

• 1998, Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra.

• 2000, Soños dun Seductor, de Woody Allen

• 2000, Menos Lobos, de Artur Trillo.

• 2001, Dakota, de Jordi Galcerán.

• 2001, Supermáis, de J.M. Benet i Jornet.

• 2002, Xustiza Infinita, de Cándido Pazó.

• 2003, Bicos con lingua, de VV.AA.

• 2003, Eu así non xogo, de Artur Trillo

• 2004, Moliére Final, de Roberto Salgueiro

• 2004, A paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual

• 2005, Mundos contados, de Paula Carballeira

• 2006, Esperando a Godot, de Samuel Beckett

• 2006, O merlo Branco, de Cándido Pazó

Page 9: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 9 -

• 2007, Quero ser grande, de VV.AA.

• 2008, E ti, quen vés sendo?, de Cándido Pazó

• 2008, Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Roberto Salgueiro

• 2009, Palabras encadeadas, de Jordi Galcerán

• 2010, Volpone, de Ben Jonson

• 2010, Carta urxente para Máximo Toxo, de Diego Rey

• 2011, Pelos na lingua, de VV.AA.

• 2012, Pequena, de Paula Carballeira

• 2012, O método Grönholm, de Jordi Galcerán

• 2013, XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina, de Diego Rey

Page 10: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 10 -

o espectáculo: XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi enguli-do por unha máquina

Page 11: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 11 -

O autor e director

Diego Rey Núñez, nace en Pontevedra o 20 de novembro de 1982.

Os seus primeiros escarceos no mundo do teatro chegaron a través do colexio. Posteriormente formou parte do grupo de teatro afecionado Etrunoia e foi achegándose á profesionalización a través da Aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 2006 únese á compañía Talía Teatro para a montaxe O merlo branco e desde entón ven desenvolvendo a súa actividade vinculado a dita compañía.

No ano 2010 escribe Carta urxente para Máximo Toxo, unha peza de teatro infantil, que dirixe para Talía Teatro e ademáis é publicada pola editorial Galaxia.

Unha vez máis enfróntase á escrita e á dirección dun texto dirixido a público infantil con XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina.

Page 12: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 12 -

Sinopse Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.

Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!

Un espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 12 anos.

Page 13: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 13 -

Creando novos públicos

“XANGO” busca a teatralización dos mundos dixitais. Con esta idea pretendemos unir certos ambientes cotiás dos nenos, o mundo dixital, con outro que poden atopar aínda estrano, como é o teatro.

Queremos que os nenos identifiquen as historias do teatro como historias próximas a eles, que lles poidan interesar e divertir. Ao tocar un tema tan propio do seu día a día, queremos que os nenos sintan máis próximo o teatro.

Buscamos atraelos, crear público fiel, que dende pequenos entendan o teatro como un medio coidado e elaborado, como algo que poida interesarlles e gustarlles.

Con esta obra facemos unha defensa do teatro, da nosa paixón. Queremos demostrar a todos aqueles que dubidan da súa rendabilidade, que o teatro aínda ten moito que dicir.

Page 14: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 14 -

Neste mundo onde triunfa a diversión feita con personaxes dixitais, as películas gravadas, as cancións enlatadas... neste mundo tan inhumano é máis necesario que nunca o teatro: a comunicación artística máis directa e humana que existiu e existirá.

Page 15: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 15 -

Ficha técnica e artística Espazo escénico: Dani Trillo e Diego Rey

Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro

Deseño de Iluminación: Dani Trillo

Realización da escenografía, fotografía,

vídeo e deseño gráfico: Rubén Prieto

Composición musical e formación vocal: Pablo Ferradás

Arranxos musicais: Fernando Buide del Real

Voz en off: Marta Ríos

Produción: Auri Ferreiro

Autoría e dirección: Diego Rey

Intérpretes (por orde de intervención):

Fuco Toño Casais

Brais Dani Trillo

Page 16: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 16 -

fotografías e vídeo do espectáculo (unha imaxe vale máis que mil palabras)

Page 17: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 17 -

Page 18: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 18 -

Page 19: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 19 -

http://www.youtube.com/watch?v=YOJehubrPNc&feature=youtu.be

Enlace para ver trailer do espectáculo:

Page 20: XANGO - taliateatro.galtaliateatro.gal/sites/default/files/dossier prensa XANGO.pdf · • O método Grönholm • Pelos na lingua • Bicos con lingua • XANGO, a moi extraordinaria

XANGO

- 20 -

Produción Teatrais Talía S.L.Rúa Touro, 31-3ºB

15704 Santiago de CompostelaTfno. 981943242