XEOMETRIA E ARTE

9
RESPOSTAS MODULO 2 Agustín Valiño Pino

Transcript of XEOMETRIA E ARTE

RESPOSTAS MODULO 2

Agustín Valiño Pino

Volvo a comentar este logotipo .Está composto por un cadrado que é símbolo de terra e que ten dúas verticais, que representan o equilibrio e o principio activo e quente que se libera do horizontal, e dúas horizontais que representan o repouso frío ; liñas que determinan o abaixo-arriba e a dereita-esquerda. Tranquilidade e equilibrio son dous significados esencias que debe transmitir o logotipo no seu mensaxe visual Tamén culturalmente sabemos que é unha caixa,un contedor ou un edificio.

Non ten marco esta imaxe, co cal o que interesa son as relacións entre as diferentes formas. O cadrado negro e atravesado con gran dinamismo por un triángulo ( que eiquí representamos en vermello para visualizalo) moi agudo, grande , que emerxe ascendendo de abaixo arriba,atravesando os límites do cadrado co cal non xera tensións e é percibido nunha secuencia temporal; contrasta co cadrado negro en ton ( contraste máximo ), en orientación e en configuración, pero se relaciona con el por superposición e estruturalmente a través dos lados que coinciden cos vértices da diagonal ascendente do cadrado, xerando dous puntos quentes que se alternan como nun xogo; e remata o seu vértice en contacto con outro triángulo mais

pequeno co cal non hai tensións senón harmonía xa que son formas triangulares e co mesmo eixo estrutural e formando un ritmo de tamaños e ángulos. Os dous triángulos representan tamén forza motriz, son a abstracción dun avión a reacción e o seu chorro de fume tal como o vemos no ceo. O cadrado e o aeroporto ( edificio e pista de despegue ), e o triángulo branco tamén pode ser visto como a raia central da pista (en perspectiva cónica ). É o logotipo do aeroporto de Heathrow .

Caixa metafísica ( Oteiza )

A caixa ou cubo (definido por seis cadrados) contedor ou receptor, feminino e terra ( Gea ) , forma platónica e que nesta Caixa Metafísica Oteiza xoga co vacuo e o cheo, co aberto e o pechado, co terreal e co espiritual

Pureza formal a do cubo coas súas caras cadradas, os ángulos rectos....que nos achegan ao divino e que delimitan neste caso un espacio vacuo que opera como contedor ou casa, ao cal se abren unhas ventás, que o relacionan co resto do espazo ou universo. Esas aberturas están delimitadas por liñas rectas que nin son horizontais nin verticais nin diagonais , tampouco pasan polo centro e non forman ángulos rectos ; liñas libres acéntricas e que dotan as caras e ao conxunto de dinamismo, que contrasta coa quietude do cubo. Dinamismo que tamén

está presente no xeito de mirar esta obra ( punto de vista móbil). A súa vez esta ventás permiten a entrada da luz que proxecta sombras e todo un xogo de matices de gris no interior da caixa.

Podemos apreciar que os ángulos desas liñas libres son moi próximos ao recto e non crean grandes acentos ou tensións , aminorada tamén porque esas liñas chegan aos límites dos planos e perden toda tensión

Cal é a relación entre caras? ; podemos apreciar relacións de igualdade dimensional, coincidencia e continuidade de liñas entre caras contiguas,....: pero, como é o conxunto de todas esas liñas e de onde sae?.Unha posibilidade que ocórreseme é de que nos remiten a outra estrutura que está oculta na súa totalidade e da que so vemos unha parte .

Para ver a caixa temos que movernos arredor dela ( punto de vista móbil) e así captar as relacións do interior co exterior, as relacións en cada cara e as relacións dunha cara coas contiguas

Probo con estas dúas, a segunda e múltiplo da primeira; compároas con fotografías pero non hai coincidencias.

Fago estas probas, vendo tamén o desenrolo o cubo.... e non chego a ningunha conclusión.

Podería ser que non houbera estrutura superior, que sexan liñas “libres” que por unha banda farían planos ou aberturas en xeración ,a partires dun punto e que non terían nada a ver coa estrutura cadrada (nin co centro , nin coas medianas nin paralelismo ), pero si son liñas rectas e polo tanto harmonizan co cubo e sería a expresión dunha racionalidade na creación desas ventás da caixa, e que falaría dun xeito de relacionarse a traveso da razón co mundo exterior.

LA DANZA (Matisse)

Este cadro Matisse de formato rectangular horizontal e que acentúa a terrenalidade que lle quere conferir ao tratamento do tema,está composto por un plano verde redondo que pode representar o universo pero dende logo reducido eiquí a Terra e que por chegar aos límites do plano básico non mostra tensións e expándese fora dos límites. Forma pesada e na zona da terra,

mentras outro plano azul representa o ceo e o infinito, ocupando a zona livián do cadro.

Encerrados nos límites desa terrealidade atópanse un conxunto de figuras humanas que a pesares de ocupar todo o espazo non xeran tensións ao tocar os límites dese marco terreal. Os brazos forman un óvalo que é a proxección dunha circunferencia e por tanto debe ser vista como unha figura harmónica. Esa mesma liña repítese nos pes.

Tódalas liñas do cadro son curvas e polo tanto están en harmonía, o contraste ven pola cor.

Terrealidade, harmonía universal, humanidade son palabras clave para falar deste cadro

As figuras humanas ,unidas en círculo, poden ser expresadas por liñas curvas ou por triángulos, e transmiten a sensacións de dinamismo e actividade.

Habería que falar da cor e do ritmo, tamén, como unhas características moi importantes deste cuadro.

TRISQUEL

O deseño deste trisquel, vórtice ou torbeliño está composto polas figuras que se ven na figura , e é obvia a súa construción xeométrica. O canteiro, para que o deseño destacara no granito, tivo que recorrer a un refundido plano que xerase unhas sombras para conseguir contraste por ton.

A lectura desta imaxe faise dende a periferia ao centro, guiados por dúas circunferencias concéntricas e unha serie de liñas curvas que se cortan no centro provocando un gran punto de interese que reforza a idea de centro.

O círculo exterior representa o universo, o todo e a forma perfecta orixinal, e neste marco desenrolase un vórtice, un movemento circular expresado a traveso das aspas, debuxadas por unha sucesión de circunferencias en simétrica radial, en total harmonía co círculo exterior ou universo. Esta sensación de movemento é reforzada pola estrutura oblicua de diámetros que pasan polos centros das curvas das aspas. Todo isto fálanos dunha concepción cosmocéntrica dun universo en evolución, en movemento infinito, pero predicible e en harmonía

O deseño pode lerse de dous xeitos ( as aspas refundidas como figura ou noutra lectura como fondo) e provocando nesa alternancia de lecturas unha forma de

intranquilidade. Pero non están equilibradas as dúas xa que o refundido pode verse con unha forma pechada e o outro ( o plano superior),as tres aspas semellan expansionarse.

A sensación de xiro no sentido contrario as agullas do relo non ten dúbidas para min, así o percibo. Si facemos caso a o que sinala Kandinsky no seu libro “Punto e liña sobre o plano”referido a que as curvas posúen unha tensión principal que actúa sobre o arco, a conxunción desas tensións provocaría a sensación de xiro. E.H.Gombrich, no seu libro “ O sentido do orden” fala do vórtice e preguntase de onde

procede esta enerxía; suxire unha explicación acorde ao que defende no libro e remata “É dubidoso que esta reacción ante as formas xiratorias poida ser explicada en conxunto tan so en función da visión”.A sensación de xiro para min e explicable con un coñecemento do comportamento das masas en movemento, refírome ao concepto da Física da inercia ( si a estrutura de diámetros imprímeselle un xiro, estes tenderían a deformarse semellando o deseño de aspas ). Tamén a experiencia que temos do noso mundo pode levarnos a esa percepción, refírome aos debuxos dos torbeliños nos fluídos e que son motivados, algúns, pola aceleración de coriolis.

Cadrado branco sobre un cadro cadrado: acentuación da calidade cadrado. O cadrado como forma equilibrada entre horizontais frías e pasivas e verticais quentes e activas, perpendicularidade, simetría e forma simbólica, está eiquí reforzado ao estar paralelo ao plano do cadro. A esta acentuación oponse a acentralidade da posición , que xera unha combinacións de tensións cos límites do cadro.

Facendo un percorrido visual pola periferia do plano básico no sentido das

agullas do reloxo vemos que a separación do cadrado cos límites vai en aumento e as tensións van diminuíndo. Esa separación está estruturada nunha serie de rectángulos nos que aparecen unha serie de acentos: plano azul, tensión da liña que non chega ao límite vertical-esquerdo ( na parte superior ), plano amarelo,plano negro e plano vermello. Como estas planos e as liñas que os delimitan tocan os límites, perden tensión e semella que a estrutura de liñas negras continúa.

Contraste entre as formas curvilíneas, suaves e expansivas coas formas puntiagudas, agresivas e con unha direccionalidade moi potente xa que se trata de tres puntas ou conos moi agudos e rectos. Contraste entre o volume tridimensional ( o macizo e o oco ) e o punto ao que concorren as tres puntas; puro punto inmaterial onde se anulan as tensións ( as tres puntas están moi próximas e perden tensión) que parecen anunciar as tres puntas na súa evolución,

e que en conxunto fan outro contraste.

Na imaxe debúxanse as figuras básicas que compoñen a fachada deste edificio. Tomarémolo como un cadro xa que o deseño arquitectónico reforza a frontalidade e o punto de vista único.

O simetría sobre un eixo vertical sentido é unha característica importante desta fachada xa que expresa o equilibrio e a igualdade de pesos a un lado e outro.

O cadrado da totalidade da fachada expresa o equilibrio, o real e a vida cotiá e sua base coincide co plano horizontal da rua e tamén co cadrado

da entrada ( non hai tensións entre os dous cadrados ) e reforza a unión co cotiá ,non hai elevación e polo tanto faio mais democrático.

Partindo da base horizontal xorden catro columnas ou vectores verticais ascensionais que nos falan dunha actividade equilibrada e superior, e que conecta cun poder representado polo triángulo isósceles .Poder que que está dentro dese cadrado do cal falabamos antes e na parte superior, facendo referencia a unha actividade superior e que non xera tensions tampouco co cadrado porque está en contacto con el.

É un palacio de xustiza?