XIII CROSS DE VERÁN DE BROÑA, 17 de setembro de...

2
XIII CROSS DE VERÁN DE BROÑA, 17 de setembro de 2017 Club de Atletismo Outes https://www.facebook.com/Club-de-Atletismo-Outes-1741245139223919/ Asociación Terra de Outes http://www.terradeoutes.com O equipo organizador da continuidade ao formato iniciado na edición anterior, creando ao redor do atletismo outra serie de actividades e talleres orientados á potenciación dun estilo de vida activo e saudable. O paseo é o xeito máis asequible de facer actividade física lixeira para prácticamente tódalas idades e condición física. Propomos un fío vencellado ao coñecemento do medio no que se atopa a Prais de Broña, a súa paisaxe, flora e fauna, usos do sólo e restos de actividades agrícolas e industriais relacionados coa carpintaría de ribeira, que tanto pulo tivo nas parroquias de San Cosme de Outeiro e O Freixo de San Xoan de Sabardes, como alicerce e valor engadido para manterse en movemento. Sairemos do piñeiral da praia cara o leste, recorrendo a Senda Verde ata os restos dos talleres da Bogalleira. Subiremos a Serantes e Tavilo polos camiños polos que circulaban persoas e mercadorías para a construcción dos barcos e o comercio de productos do agro, baixaremos ao Río Bendimón e voltaremos ao punto de partida pola beira da Seca de Broña, a a carón de mais restos de talleres e casetas de pescadores. Chaves de interpretación Desde a saída ata o km 2 deixamos o mar á dereita. Coa marea enchendo alvíscase entre O Freixo e as praias da beira sur o Banco da Misela, o maior tesouro sumerxido na Ría de Muros e Noia, zona coidada para a extracción de berberecho. Restos de casetas de pescadores e talleres de carpintería de ribeira á volta do km 2 (Lanchos, Galibaia e Tarecos) e do 6 (Domingos de Andrés e outros). Muros de pedra separando antigas zonas de cultivo e herbais ocupados agora por piñeiros, loureiros e amieiros. As dimensións do camiño e os muros das lindes entre os km 2 e 3 falan do antigo tráfico.

Transcript of XIII CROSS DE VERÁN DE BROÑA, 17 de setembro de...

XIII CROSS DE VERÁN DE BROÑA, 17 de setembro de 2017

Club de Atletismo Outes https://www.facebook.com/Club-de-Atletismo-Outes-1741245139223919/Asociación Terra de Outes http://www.terradeoutes.com

O equipo organizador da continuidade ao formato iniciado na edición anterior, creando ao redor do atletismo outra serie de actividades e talleres orientados á potenciación dun estilo de vida activo e saudable. O paseo é o xeito máis asequible de facer actividade física lixeira para prácticamente tódalas idades e condición física. Propomos un fío vencellado ao coñecemento do medio no que se atopa a Prais de Broña, a súa paisaxe, flora e fauna, usos do sólo e restos de actividades agrícolas e industriais relacionados coa carpintaría de ribeira, que tanto pulo tivo nas parroquias de San Cosme de Outeiro e O Freixo de San Xoan de Sabardes, como alicerce e valor engadido para manterse en movemento. Sairemos do piñeiral da praia cara o leste, recorrendo a Senda Verde ata os restos dos talleres da Bogalleira. Subiremos a Serantes e Tavilo polos camiños polos que circulaban persoas e mercadorías para a construcción dos barcos e o comercio de productos do agro, baixaremos ao Río Bendimón e voltaremos ao punto de partida pola beira da Seca de Broña, a a carón de mais restos de talleres e casetas de pescadores.

Chaves de interpretación• Desde a saída ata o km 2 deixamos o

mar á dereita. Coa marea enchendo alvíscase entre O Freixo e as praias da beira sur o Banco da Misela, o maior tesouro sumerxido na Ría de Muros e Noia, zona coidada para a extracción de berberecho.

• Restos de casetas de pescadores e talleres de carpintería de ribeira á volta do km 2 (Lanchos, Galibaia e Tarecos) e do 6 (Domingos de Andrés e outros).

• Muros de pedra separando antigas zonas de cultivo e herbais ocupados agora por piñeiros, loureiros e amieiros.

• As dimensións do camiño e os muros das lindes entre os km 2 e 3 falan do antigo tráfico.

XIII CROSS DE VERÁN DE BROÑA, 17 de setembro de 2017

"Non sei ti, pero eu estou moito máis tranquila desde que sei o que teño que facer por se che da outra volta..."

“Ao ritmo de 100 latexos por minutos”

"Dale a tu cuerpo alegria, MacarenaHey Macarena…"

AS ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES SON A PRIMEIRA CAUSA DE MORTE OU LESIÓNS NOS PAÍSES DESENROLADOS. PARA PREVILAS...

1) Escolle unha alimentación equilibrada e variada: as froitas, verduras, hortalizas, legumes e aceite de oliva non deben de faltar. Evita alimentos con moito azucre, sal ou graxas. 2) Adica, polo menos, 30 minutos diarios a actividade física: camiñar, bailar, correr,... cultura de movemento! 3) Controla o teu peso: ollo coa graxa acumulada no abdome!4) Abandona o tabaco e evita os espacios contaminados con fume de tabaco. 5) Revisa os teus niveis de colesterol e glucosa. 6) Coñece e controla a súa tensión arterial. 7) Aprende a controlar o estrés e a ansiedade.

"Si alguien se desvanece, comprueba que no hay más peligro a su alrededor"

"El 112..., es el teléfono de emergencias y es gratuito"

"Comprime en el pecho fuerte y rápido, ininterrupídamente"

As túas mans salvan vidasGayoso, que pasa?https://www.youtube.com/watch?v=gXW1wGNvR24

Una historia sobre fútbol y reanimaciónKoruño Salva Vidashttps://www.youtube.com/watch?v=8hprtUr4FOg