Xincana Cultural 1º e 2º ESO

13

description

Xincana Cultural elaborada para o alumnado de 1º e 2º de ESO para a celebración do Día das Letras Galegas 2009

Transcript of Xincana Cultural 1º e 2º ESO

Page 1: Xincana Cultural 1º e 2º ESO
Page 2: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 1 (Ben doada, pero ollo… o resto costaravos!!)

SE O ENIGMA RESOLVES AGORA PASARÁS XA Á SEGUNDA PROBA

Que cantante e compositor se agocha detrás da última entra-da musical de “O Segrel”? Cal é o título do seu último álbum e a quen ía adicado? Ten algún comentario esa entrada? Cantos?

Page 3: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

3 :

+

Con catro operacións

Trátase de completar os cadros en branco cunha cifra en cada un para que se cumpran as igualdades in-dicadas. Só deben empregarse as cifras do un ó nove sen que se repita ningunha en dous cadros. Para que o teñas máis fácil xa está colocado o número central.

PROBA Nº 2 O pasado luns 11 de maio celebrouse o Día Escolar das Matemáticas e nós queremos poñer a proba os vosos co-ñecementos nesta materia…

Page 4: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 3

A ESTA PROBA ATOPAREDES A SOLUCIÓN SE NO SEU DÍA ATENDÍCHEDES Á EXPLICACIÓN

Tedes que atopar nos fondos da nosa biblioteca un libro que responde á seguinte pista

Debedes dicirnos o nome do autor e o título do libro: Que prestixioso premio lle foi concedido por esta obra e en que ano? Cantos libros deste autor hai nos fondos da nosa biblioteca. Na páxina 75 deste libro premiado, o autor fálanos do seu po-eta preferido. Tedes que averiguar: Nome dese poeta: Título do libro que recolle a súa obra poética entre 1953 e 1976

82-3G-X

FER

uni

Page 5: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 4

OS 101 DÁLMATAS …

Dos 101 dálmatas, 58 teñen manchas negras na orella esquerda, 15 na dereita e 29 en ningunha das dúas. Cantos teñen manchas negras nas dúas orellas? Vale, vale, xa sabemos que esto é moi doado, así que agora imos poñer a proba os vosos coñecementos de his-toria das matemáticas en xeral. Debedes dicirnos o No-me de 10 matemáticos famosos ao longo da historia, cin-co homes e cinco mulleres, e o século no que viviu cada un deles.

Page 6: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 5

Para resolver esta proba deberedes botar man dos vosos amplísimos coñecementos, eses adquiridos durante algunha das vosas estancias en “Babia” (To have one´s head in the clouds!)… Ou seique nunca vos dixeron iso de...“estás nas nubes!”?

Se queredes pasar á seguinte proba, debedes dicirnos como se chama este tipo de nube. É unha pregunta ben doada, non si?

Page 7: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 6 ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE XUNTOS, EN EQUIPO, A INTENTADES...

De que é a plantación que hai no

concello de onde era natural o avó

do actor que ten o mesmo apelido

que o recen electo presidente da

República de El Salvador?

Hmmmm, como vos quedastes? Ánimo, que xa quedan menos!

Page 8: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 7

E xa que estamos a celebrar o Ano Interna-cional da Astronomía falemos do noso Sistema Solar… Debedes averiguar: Que obxecto do noso Sistema Solar foi recentamente re-baixado de categoría pola Unión Astronómica Internacional? En que ano se tomou esa decisión? En que ano foi descuberto e por quen ?

Page 9: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

Deus grego do Ceo, pai de Crono _ _ _ _ _

Heroe grego que matou ao Minotauro _ _ _ _ _

Namorouse de si mesmo e da nome a unha flor

_ _ _ _ _ _

Príncipe troiano que rapta a Helena

_ _ _ _ _

Divinidade mariña, filla de Nereo _ _ _ _ _ _

Deus grego do vento

_ _ _ _

Monte no que viven os deuses gre-

gos _ _ _ _ _ _

PROBA Nº 8 DAMERO

MITOLÓXICO

Xogando coas iniciais das respostas, atoparás ao deus romano do mar.

Page 10: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 9

LE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SABERÁS ONDE DEBES BUSCAR NUN MOMENTO

A tecnoloxía é o conxunto de habilidade que permiten construir obxectos e máquinas pa-ra adaptar o medio e satisfacer as nosas necesidades. É unha palabra de orixe grego, τεχνολογος, formada por tekne (τεχνη, "arte, técnica ou oficio") e logos (λογος, "conxunto de saberes") Nesta proba imos falar dun obxecto, dun aparello… e para dar coa solución axeitada debedes ler con atención a pregunta Queremos saber o nome dun aparello de medida de forma de ferradura, que se basea no paso dun parafuso, montado nunha porca fixa, que se fai xirar e a súa apreciación é dunha centésima de milímetro.(Aí é nada!!)

Page 11: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 10 E agora... pasemos á outra Historia!!! Ímonos ao século XVII

Debedes dicirnos de que rei foi pintor oficial o autor de “Las Lanzas”

Page 12: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 11

E XA A PIQUES DE REMATAR DUNHA GALEGA IMOS FALAR Saberíades decirnos cal é o nome e o título do discurso de in-greso da última muller que accedeu á Real Academia Galega?

Page 13: Xincana Cultural 1º e 2º ESO

PROBA Nº 12 PERO COMO ÍAMOS REMATAR SEN DE RAMÓN PIÑEIRO FALAR? “ Toda a súa vida loitou Piñeiro para conseguir que tódalas forzas políticas, económicas e sociais recoñecesen as señas de identidade de Galicia e rei-vindicasen os seus dereitos como po-bo. E loitou con tal forza, entrega e convencemento que fixo conciencia da conciencia de Galicia. — (Benxamín Casal: A política como un deber). Cal é a Universidade na que Ramón Piñeiro impartiu cursos sobre o pensamento español?