XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa...

32
XORNADAS DE VERÁN Setembro 2010 A CORUÑA SANTIAGO FERROLTERRA LUGO A MARIÑA LUGUESA OURENSE PONTEVEDRA VIGO

Transcript of XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa...

Page 1: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XORNADAS DE VERÁNSetembro 2010

A CORUÑA

SANTIAGO

FERROLTERRA

LUGO

A MARIÑA LUGUESA

OURENSE

PONTEVEDRA

VIGO

Page 2: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XORNADAS DE VERÁN 2010

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑADo 20 ao 24 de setembro | IES Ánxel Casal

XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGODo 13 ao 17 de setembro | IES As Fontiñas

XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRADo 27 de setembro ao 1 de outubro | CEIP Isaac Peral/Local Cig en Esteiro

XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGODo 13 ao 17 de setembro | Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGODo 20 ao 24 de setembro | IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESADo 27 de setembro ao 1 de outubro | Burela. IES Monte Castelo

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSEDo 13 ao 17 de setembro | Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira

XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRADo 20 ao 24 de setembro | Pazo da Cultura

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGODo 20 ao 24 de setembro | Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa

PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGODo 18 ao 26 de setembro

Page 3: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA

Do 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal

Luns 20

Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material.

Obradoiros optativos:

Luns. De 17:00 a 20:00 horas.Martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas.

Obradoiro 1. RISOTERAPIA. Por Montserrat Sanmartín, psicóloga e profesora de servizos á comunidade.

Obradoiro 2. TEATRO NA AULA. Por Chus Álvarez, educadora infantil, filóloga, actriz e mestra de teatro.

Obradoiro 3. FOTOGRAFÍA. Por Manuel Graña Vázquez, profesor de equipos electrónicos do IES Ánxel Casal.

Obradoiro 4. SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE O XESTOR WEB DRUPAL. Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Francisco, infotecnólogos.

Page 4: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑADo 20 ao 24 de setembro. IES Ánxel Casal

Mércores 22De 16:30 a 18:30 horas. A PERSPECTIVA DA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CENTROS DE ENSINO ANTE O NOVO DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO. Por Mercedes Queixas, profe-sora de lingua e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel.

De 18:30 a 19:30 horas. Presentación de FALADOIROS, experiencia de normalización lingüística en primaria, por Mª Teresa Otero Fernández, coordinadora do ENL e mestra de educación infantil do CEIP Sanjurjo de Carricarte.

De 19:30 a 20:30 horas. A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CANDO É DE TODOS OS MUNDOS. Presentación dunha experiencia de normalización lingüística en Secundaria, por Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e membro do ENL no IES Mené-ndez Pidal da Coruña.

Actividades:

Luns. De 20:30 a 21:30 horas.Martes e xoves. De 16:30 a 17:30 horas.

Luns (Teatro Rosalía de Castro): CERTAME CURTAS SOBRE ROSALÍAMartes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO.Xoves: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.

Page 5: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGODo 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas

Luns 13Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais.

Obradoiros optativos:Luns, martes, xoves e venres. De 17:30 a 20:30 horas.

Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco García, profesora na Escola de Aparelladores da Universidade da Coruña.

Obradoiro 2. A EDUCACIÓN EMOCIONAL NA AULA. Por Guada-lupe del Pino Villamarín Taboada, Educadora Social.

Obradoiro 3. EDUCAR NA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL. Por Xulia Regueiro Sande, profesora de PT no IES Alfonso X o Sabio, licenciada en psicoloxía, e Puri Cabido López, profesora de francés no IES de Ordes, licen-ciada en filoloxía románica.

Obradoiro 4. RISOTERAPIA. Por Miguel Trapote Castro, diplomado en maxisterio, con estudos de naturopatía e masaxe, é monitor en risoterapia.

Obradoiro 5. SEMINARIOS DE EDUCACIÓN DIXITAL E SOBRE O XESTOR WEB DRUPAL. Por Martín Rei Caneda e Brais Martínez Fran-cisco, infotecnólogos.

Mércores 15De 16:30 a 17:30 horas. A ALDEA GLOBAL. GALICIA É MÁIS GALICIA CAN-

Page 6: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGODo 13 ao 17 de setembro. IES As Fontiñas

DO É DE TODOS OS MUNDOS. Presentación dunha experiencia de normalización lingüística en Secundaria Por Almudena García Castrillo, profesora de Filosofía e membro do ENL no IES Menéndez Pidal da Coruña.

De 17:30 a 18:30 horas. SIMPLIFICACIÓN E PREXUÍZOS SOBRE O GALEGO. Charla coloquio por Manuel Núñez Singala, Xefe do SNL da Universidade de San-tiago. Autor do libro: En galego, por que non?.

De 18:30 a 19:30 horas. EXPERIENCIA DE INNOVACIÓN EN NORMA-LIZACIÓN LINGÜÍSTICA NUN CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.Por Uxía Acuña Abalde, coordinadora do ENL do CEIP de Aguiño.

Actividades. De 16:30 a 17:30 horas.

Luns: ENSINO EN GALEGO. RETOS E ALTERNATIVAS. Por Carlos Callón, Presi-dente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Martes: PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DIDÁCTICOS DA CIG-ENSINO.

Xoves: PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA, MULLER POR DEN-TRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da productora Laturma de Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio.Esta curtametraxe é unha alegre oda á modernidade da tradición, unha viaxe artística aos valores positivos da herdanza feminina. Un tributo ao simbolismo da bata, unha prenda de traballo que acompañou ás nosas nais por décadas.

Venres: PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.

Page 7: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA

Do 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro

Luns 27Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de materiais (CEIP Isaac Peral).

Luns e martes: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral): Obradoiro 1. COMUNICACIÓN EFECTIVA = COMUNICACIÓN AFECTIVA. Por Carmen Sarmiento Marqués, directora do IES de Monterroso, especialista en comunicación efectiva.

Obradoiro 2. PUBLICIDADE E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Por Natalia Ares López, licenciada en comunicación audiovisual, técnica superior en prevención de riscos laborais, especialidade en seguridade no traballo.

Obradoiro 3. ENCANTAMENTO E “ENCONTAMENTO” NA NARRACIÓN DE CONTOS. Por Charo Pita Villares, licenciada en Filoloxía Hispánica con experiencia no ámbito teatral, na narración oral e escrita. Escri-tora, actriz e directora teatral.

Obradoiro 4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA PROGRA-MACIÓN NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Por Pilar Vilela Castro, orientadora do CEIP Os Casais de Fene e Álvaro J. García Álvarez, direc-tor do CEIP Os Casais.

Mércores 29 (local da Cig en Esteiro)De 16:30 a 18:30 horas. UNHA PERSPECTIVA HISTÓRICA E DE FUTURO DA LINGUA GALEGA. Análise dos factores que condicionaron e impediron a resolu-

Page 8: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRADo 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro

ción do conflito lingüístico no noso país visto dende unha perspectiva histórica e do futuro da nosa Lingua. Por Francisco Rodríguez Sánchez, catedrático de Lingua e Literatura castelás. Escritor e ensaísta.

De 19:00 a 21:00 horas. OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: EXPERIENCIAS E PROPOSTAS DE FUTURO. Experiencias normalizadoras propias e compartidas no IES C. Arenal: exemplos, visualización e materiais. Propostas normalizadoras para tempos de crise. Por Manuel Rei Romeu, coordinador do ENL do IES C. Arenal de Ferrol. Escritor e crítico literario.

O FIADEIRO E AS FIADAS. Experiencia normalizadora de achegamento do galego ao alumnado da EOI de Ferrol. Levouse esta experiencia a distintos foros como Galería Sargadelos, Ateneo Ferrolán e Residencia da 3ª Idade de Caranza. As fiadas tamén se levou en formato de video-conferencias a países onde se fala galego: Brasil, Alemaña, etc. Por un grupo de docentes da EOI de Ferrol.

Xoves 30: 16:30 a 18:30 e 19:00 a 21:00Obradoiros optativos (CEIP Isaac Peral):

Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por Nuria Roibás Polo e Alfredo Saborido Pérez, psicóloga-sexóloga e traballador social, respectivamente, do centro Quérote de Ferrol.

Obradoiro 2. INTERNET COMO ESPAZO DE RELACIÓNS SO-CIAIS. Por Eduardo Estévez, escritor e informático. Ten publicadas diferentes obras poéticas, sobre todo na rede (luagris, en construción, esca e pedra…)

Page 9: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA

Do 27 de setembro ao 1 de outubro. CEIP Isaac Peral/Local da Cig en Esteiro

Obradoiro 3. BÚSCANSE ACTIVISTAS: SOCIOCREATIVIDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Séchu Sende, profesor no IES Marco do Camballón en Vila de Cruces, escritor e autor da novela Orixe e o libro de relatos Made in Galiza. Artista circense.

Obradoiro 4. A CREATIVIDADE E A INNOVACIÓN, ALIADAS DA LINGUA. Por Aurora Varela Caabeiro, filóloga en Galego e docente. Participa en recitais poéticos e gañou premios literarios coma os Accésits Brisa Mariña e X.Mª. P. Parallé. Colabora na sección da Voz O mellor das nosas letras.

Venres 1 (local da Cig en Esteiro)

De 16:30 a 18:00 horas. A VIOLENCIA DE XÉNERO. Definición, tipos, mitos sobre a violencia de xénero, os seus efectos no ámbito familiar e recursos dispoñibles para as mulleres que a sofren. Presentación da guía controla que non te controlen dirixida aos/ás adolescentes. Por Dolores Cervera Vázquez, psicóloga, traballou en programas de apoio a mulleres vítimas de violencia, ta-mén como asesora do CIM do concello de Ferrol e asesora na Casa de Acollida. Actualmente é a directora do CIM.

De 18:15 a 19:45 horas. ROSALÍA DE CASTRO, CONFLUENCIA DE DÚAS REBELIÓNS: DA LINGUA GALEGA E DA DISCRIMINACIÓN FEMININA.Por Pilar García Negro, profesora da UDC. Interviu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non norma-lizadas, literatura galega e feminismo, ten publicado edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán, Castelao, etc.

Page 10: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGODo 13 ao 17 de setembro

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Horario: de 16:30 a 20:30 h. os días 13,14,15,16, e de 16:30 a 19:30 o día 17.

Danza fácil e baile de creación (Iniciación á danza e ao baile tradicional II)Por Xavier Iglesias Castro, membro de varios grupos de baile tradicional, cunha ampla formación e experiencia como monitor neste eido musical. Autor, xunto con outros, de distintos traballos de investigación e recollida de campo e de achegamento ao baile tradicional galego.

ObxectivosDivulgar un material, que xa está a ser utilizado en aulas de baile tradicinal, para o seu coñecemento xeral.Dar unha visión global do baile galego e mostrar a dinámica de creación dos puntos a partir de pasos base.

ContidosIniciación ao baile galego IIDanzas simples e bailes soltos ordenados da seguinte maneira:Baile-Xogo IIDanzas IIBailes soltos IIBailes agarrados IIRepresentacións IIPresentación do libro, que inclúe CD e DVD, Así fan os bailadores

Page 11: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGODo 20 ao 24 de setembro

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Luns 20Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.

De 16:30 a 18:30 horas. Conferencia de apertura e posterior coloquio O DECRETO DO PLURILINGÜISMO, UNHA NORMA ILEGAL.

Por Luís Villares Naveira, Licenciado en dereito pola USC onde obtivo o Diploma de Estudos Avanzados con unha investigación sobre Dereito e Consumo. É coautor do Estatuto Xurídico da Lingua Galega, Sobre o racismo lingüístico e Estudos Xurídicos sobre o Decreto do Plurilingüismo, entre outras publicacións. Na actualidade é Xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único da Fonsagrada, onde está destinado dende o 2007, e é coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia.

Obradoiros optativos:

Luns 20. De 18:30 a 20:30 horas.Martes 21. De 16:30 a 20:30 horas.Mércores 22. De 17:30 a 20:30 horas.Venres 24. De 16:30 a 19:30 horas.

Obradoiro 1. O USO DAS TIC NA AULA: O ENCERADO DIXI-TAL. Por Mercedes Pilar Fernández García, mestra de Educación Infantil no CEIP Virxe da Luz de Portomarín..

Page 12: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGODo 20 ao 24 de setembroIES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Obradoiro 2. EDUCANDO AS SEXUALIDADES NA AULA. Por Xosé Manuel Mosteiro Valle, traballador social e Olalla Martínez Rubín, psicóloga e sexóloga, ámbolos dous profesionais do centro Quérote de Lugo

Obradoiro 3. NOVAS PROPOSTAS EN EDUCACIÓN FÍSICA: NO-CIÓNS BÁSICAS E INICIACIÓN Á PRÁCTICA DA ESCALADA. Por Domingo Casas, profesor de ensino secundario no IES Terra de Soneira.

Mércores 22De 16:30 a 17:30 horas. PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.Por Francisco Arrizado Yáñez

Xoves 23De 16:30 a 20:30 horas. O MODELO BURELA: UNHA EXPERIENCIA NOR-MALIZADORA, DINAMIZADORA E SENSIBILIZADORA.Por Bernardo Penabade Rei e Mª José Andión Fontela, profesores do Ensino Secundario no IES Perdouro de Burela. Con esta actividade preténdese compartir co profesorado unha experiencia de Normalización orixinal e integradora dirixida non só ao ámbito escolar, senón que a todos os eidos da vida social. Nunha primeira parte desenvolverase un pequeno obradoiro de lingua e sociedade. Na segunda traballarase con proxeccións e comentarios da diferentes actividades de sensibilización que se fixeron ao longo destes catro anos, pero sobre todo neste último curso.

Page 13: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESADo 27 de setembro ao 1 de outubro

Burela. IES Monte Castelo

Luns 27Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.

Obradoiros optativos:

Luns 27. De 18:30 a 20:30 horas.Martes 28 e xoves 30. De 16:30 a 18:30 horas.

Obradoiro 1. EDUCANDO AS SEXUALIDADES. Por Olalla Martínez, psicóloga e sexóloga; e Xosé Manoel Mosteiro, traballador social.

Obradoiro 2. CREATIVIDADE ARTÍSTICA NA ESCOLA. Por Tomás López Retorta.

Obradoiro 3. INTODUCIÓN Á WEBQUEST. Por José Rodríguez Costa, director do CEIP Santa Rita de Galdo.

Page 14: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESADo 27 de setembro ao 1 de outubroBurela. IES Monte Castelo

ACTIVIDADES:De 16:30 a 18:30 horas.

Charla inaugural: UXÍO NOVONEYRA. Proxección do DVD “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.Por Manuel Castelao, profesor no IES Salvador de Madariaga, ensaísta, director de cine e guionista.

Martes, de 18:30 a 20:30 horas.

EXPERIENCIAS EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: MODELO BURELA. PÁXINA DE RECURSOS DA CIG-ENSINO.

Xoves, de 18:30 a 20:30 horas.

Concerto didáctico: BURELA BLUES BAND (BBB), da Escola de Música.

Venres, de 16:30 a 20:30 horas.

Visita guiada por Burela. DO MAR Á MESA. Visita ao Barco Museo Boniteiro e ao Porto de Burela.

Page 15: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE

Do 13 ao 17 de setembroLocal da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira

Luns 13Ás 16:00 horas. Recepción e entrega de material.

Obradoiros optativos (I):

Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA):De 16:30 a 18:30 horas.

Obradoiro 1. PLATAFORMA MOODLE. Por Alonso Beltrán Grande.

Obradoiro 2. SEXUALIDADE. Por Iago Legaspi Irimia.

Obradoiros optativos (II):

Luns, martes, xoves e venres (local da FORGA):De 19:00 a 21:00 horas.

Obradoiro 1. SEMINARIOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Luns, Pilar García Negro.

Page 16: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSEDo 13 ao 17 de setembroLocal da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira

Martes, Séchu Sende.Xoves, A experiencia da ENDL nun centro de primaria por Mª Luísa García.Venres, A experiencia da ENDL nun centro de secundaria por Beatriz Fernández.

Obradoiro 2. RISOTERAPIA. Por Agustín Pérez Meiriño.

Mércores 15 (IES Julio Prieto Nespereira):

De 16:30 a 18:30 horas. PRESENTACIÓN DE RECURSOS WEB

De 19:00 a 21:00 horas. Conferencia e debate: CRISE ECONÓMICA: PRETEXTO PARA O RECORTE DE DE-REITOS LABORAIS.Por Xosé Manuel Fírvida

Page 17: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA

Do 20 ao 24 de setembroPazo da Cultura

Luns 20Ás 17:00 horas. Recepción e entrega de material.

Ás 17:30 horas. Conferencia inaugural: DO DECRETO AO DECRETAZO: RETOS E PROPOSTAS PARA O GALEGO NO ENSINO.Por Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Obradoiros optativos (I): De martes 21 a venres 24: De 17:00 a 19:00 horas.

Obradoiro 1. TEATRO NAS AULAS. Por Andrea Bayer Lloves, mestra, actriz e directora teatral. Ten impartido clases de teatro para nenos así como obradoiros para adultos e adolescentes.

Obradoiro 2. OS CONTOS NON SON CONTOS. (obradoiro dobre, 4 horas diarias).Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía.

Obradoiro 3. A SEXUALIDADE NAS AULAS. Por Sonia Morán Prieto, educadora social do centro Quérote de Vigo.

Obradoiro 3. TACTO CONSCIENTE E MASAXE NAS RELACIÓNS. (obradoiro NON homologado).Por Rosana Portela Freire, educadora Aemi-Masaxe infantil-Psicomotricista.

Page 18: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRADo 20 ao 24 de setembroPazo da Cultura

Obradoiros optativos (II): De luns 20 a xoves 23: De 19:00 a 21:00 horas.

Obradoiro 1. TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN E ARTE NA ESCOLA. Por Begoña Paz García, directora da Escola de Tempo Libre Paspallás.

Obradoiro 2. TODOS TEMOS TICS. Por Aránzazu Ordóñez Iglesias, técnica superior en Administración de Sistemas Informáticos.

Obradoiro 3. OS CONTOS NON SON CONTO. (obradoiro dobre, 4 horas diarias).Por Celso Fernández Sanmartín, licenciado en filosofía.

Obradoiro 4. CANTOS DE ONTE PARA HOXE. (obradoiro NON homologado).Por Marcelo González Martínez, mestre de música.

Venres 24:Ás 19:30 horas. Acto de clausura: PRESENTACIÓN DO LIBRO ZAMPADANZAS DO MUNDO.A cargo das autoras e do ilustrador do mesmo: Mercedes Prieto Martínez, Marta Pereira Cotinho e Sergio Cobos Martínez.

Page 19: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO

Do 20 ao 24 de setembroVerbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares

Luns 20 (museo Verbum en Samil)Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material.

Ás 16:45 horas. Inauguración e benvida a cargo do Secretario Comarcal da Cig-Ensino de Vigo, Xosé Saiáns.

1ª parte: SOBRE A LINGUAÁs 17:00 horas. PROXECCIÓN DO DVD SOBRE UXÍO NOVONEYRA “CANTO DE PERMANENCIA”, elaborado pola AS-PG.

Ás 17:30 horas. CONFERENCIA, POEMAS E COLOQUIO SOBRE UNHA EXPE-RIENCIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Por Dorinda Castro, catedrática de lingua e literatura galega no IES Pino Manso do Porriño.

2ª parte: SOBRE A MULLERÁs 18:45 horas. PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “BATA POR FÓRA, MULLER POR DENTRO”, de Claudia Brenlla, realizadora de documentais da produtora Laturma de Vigo. Presentación a cargo da autora e posterior coloquio.

3ª parte: OS NOSOS RECURSOSÁs 19:45 horas. PRESENTACIÓN DA PÁXINA DE RECURSOS DA CIG-ENSINO. Por Santiago Rodríguez, profesor do IES San Tomé de Freixeiro e delegado da Cig-Ensino.

Martes 21. Seminarios de normalización lingüística. De 17:30 a 18:45 horas. CONFERENCIA SOBRE O DECRETO DO PLURI-

Page 20: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGODo 20 ao 24 de setembroVerbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa – Valadares

LINGÜISMO EN COMPARACIÓN CON OUTROS DECRETOS. Por Ana Iglesias, profesora do CPI de Caldas e autora do libro Falar Galego? No veo porque.

De 19:00 a 20:30 horas. Conferencia coloquio sobre unha experiencia de normalización: CEIBES NO MONTE, UN TRABALLO SOBRE O NOSO PATRIMONIO CULTURAL. Traballo con documental e exposición que sobre os curros ten elabo-rado no seu centro Santiago Veloso, profesor de lingua e literatura galega no IES Terra de Turonio e presidente da asociación socio-pedagóxica Ponte…nas ondas.

Obradoiros optativos:

De mércores 22 a venres 24: De 16:30 a 20:30 horas.

Obradoiro 1. POSIBILIDADES DIDÁCTICAS DA WEB 2.0 (no IES Manuel Antonio). Por José Luís Rojas, profesor de sistemas informáticos no IES de Rodeira.

Obradoiro 2. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE SECUNDARIA. (no IES Manuel Antonio). Por Xurxo Cobelas, profesor de inglés no CEIP Princesa de España de Verín e especialista en novas tecnoloxías.

Obradoiro 3. LEMOS XUNTOS? (no IES Manuel Antonio). Por Ana Fidalgo, profesora de lingua e literatura galegas no IES de Mos e dinamizadora da biblioteca do centro.

Obradoiro 4. ENCERADO DIXITAL PARA PROFESORADO DE PRIMARIA. (no CEP Igrexa- Valadares). Por Paula Campos, mestra especia-lista en Educación Infantil no CEIP Ría de Vigo.

Page 21: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO

Do 18 ao 26 de setembro

Da man de Xurxo Pérez, Xosé María Bouzó e Francisco Martínez, condutores habituais dos “Paseos”, faranse diversos percorridos pola costa galega con ex-plicacións in-situ dos principais procesos ecolóxicos e xeomorfolóxicos da costa rochosa, dos servizos que proporciona, do seu valor de conservación e dos prin-cipais riscos que a ameazan, con presentación de Power Point (para observación individual) de cada excursión, que pretende ser un paseo explicativo virtual e texto específico sobre os diferentes temas abordados.

Sábado 18 de setembro. Megacantís. A Capelada. Todo o día Luns 20 de setembro. A erosión da costa. Cabo Home. Pola tarde Martes 21 de setembro. A zonación dos organismos. Mougás. Pola tarde Mércores 22 de setembro. Descenso á Furna Santa Marta – Li-méns (Opcional). Pola tarde Xoves 23 de setembro. Os elementos morfolóxicos. Ecosistemas de cantil. Monteferro. Pola tarde. Sábado 25 de setembro. A rocha núa.Illa Rúa (Ribeira). Farase en piragua. Todo o día Domingo 26 de setembro. As “Pozas de marea”. Illa Carral (Sil-leiro). Pola mañá.

Horarios: os horarios de saída para cada unha das actividades farase saber no seu momento aos/ás admitidos/as. Completaranse 4 horas de formación cada medio día e 8 horas cada día completo (os dous sábados).

Page 22: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

FERRAMENTAS DIXITAIS

Seminarios de educación dixital e sobre o xestor web DRUPAL.No apartado de Educación Dixital trataranse temáticas como a aparición das redes sociais, como realizar trámites a través da Rede de forma segura, os xogos de rol e a súa influencia nos máis novos/as, consellos para xestionar a nosa identidade, estafas, publicidade abusiva... O obxectivo do mesmo é achegar a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo unha formación ampla dirixida aos docentes.O apartado sobre o xestor web Drupal vai dirixido a aquelas persoas, con for-mación técnica ou non, que desexan iniciarse na creación e xestión de portais web en xeral, sen dependencias externas. O seminario contará con casos prácti-cos paso a paso, actividades, pistas e solucións.

Internet como espazo de relacións sociaisInternet 2.0, os blogs e as primeiras comunidades informáticas: Blogomillo e Blogaliza, Flickr, Picasa, etc. Facebook: modos de uso. Tuenti: espazos para ado-lescentes. Outras redes sociais.

O uso das tic na aula: o encerado dixitalObradoiro destinado ao uso do EDI e as súas posibilidades – o software do EDI, os seus usos na aula, programas variados para usalo, elaboración de actividades- tamén se quere dar resposta á grande demanda que por parte do profesorado se está a dar desta ferramenta que nos brindan as novas tecnoloxías.

Page 23: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

Introdución á webquestConcepto de webquest. Principios de ensinanza/aprendizaxe subxacentes. Liñas metodolóxicas no traballo con webquest. Ferramentas online de xeración automática de webquest. Outras metodoloxías similares: cazas do tesouro, mini-quests, blogquests.

Plataforma MOODLEA plataforma Moodle é un ambiente educativo virtual que axuda ao profesorado a crear comunidades de aprendizaxe virtual; é unha excelente ferramenta com-plementaria ás clases presenciais e cada vez está a ser máis usada en centros de ensino de todos os niveis. Este obradoiro ten como finalidade proporcionar ao profesorado ferramentas de apoio e para o seu uso.

Todos/as temos ticsNeste obradoiro achegaremos aos alumnos/as ao manexo, a nivel de usuario, de distintos programas necesarios para chegar ao noso fin principal: a rea-lización dunha película de vídeo, e a súa posterior publicación en internet. Para iso aprenderemos a manexar distintos programas que se complementan uns cos outros para acadar o noso obxectivo.

Posibilidades didácticas da web 2.0Este obradoiro ten por finalidade introducir ao profesorado nas ferramentas 2.0 para elaborar contidos didácticos, ademais de inicialo na creación e adminis-tración dun blog co blogger, así como na introdución ás wikis, traballando coa Galipedia.

Page 24: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

MULTIMEDIA

FotografíaManexo dos mandos máis importantes da cámara para a obtención de fotografías dixitais. Criterios básicos de composición e iluminación. Descarga de arquivos no PC, algúns criterios de clasificación. Instalación de programas PICASA e GIMP, así como o seu manexo básico. Retoque fotográfico básico.

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Educar na diversidade afectivo-sexualA diversidade afectivo-sexual, a infancia e a adolescencia LGBT (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais), necesitan visibilizarse no curriculo e nos centros educativos, non quedar relegado o seu tratamento á boa vontade do profesorado interesado e ao curriculo oculto.Neste obradoiro trataremos de facilitarvos información e materiais básicos para traballar nas aulas a diversidade LGTB, que existe e merece ser nomeada.

Comunicación efectiva=comunicación afectivaA comunicación efectiva baséase nas habilidades relativas á linguaxe e á comuni-cación que reforzan a nosa capacidade de seguir sendo humanos/as.

Educando as sexualidades na aulaNa escola a educación sexual é unha gran descoñecida, pois aínda que se fai

Page 25: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

de acotío, non se sustenta nun modelo teórico. Neste obradoiro pretendemos presentar a sexoloxía como a ciencia que estuda o feito sexual humano no seu conxunto, e os conceptos claves a partir dos cales entendermos a educación sexual no medio educativo. Unha educación sexual reflexiva e integradora, des-tinada a facilitar que os homes e as mulleres de mañá poidan vivir como seres sexuados do xeito máis harmónico posible.

A educación emocional na aulaComo comunicar na aula puntos de vista sen provocar enfado? Como saber escoitar a todos e todas? Como identificar emocións en nós mesmo/as e no alumnado? Como saber expresar sentimentos, desexos, etc de xeito asertivo? Esta é unha ensinanza orientada a desenvolver nos alumnos/as competencias para establecer relacións adaptadas e satisfactorias cos que os rodean, que promove no día a día liberdade, xustiza, solidariedade, paz, respecto, igualdade, diversidade, cooperación, responsabilidade, compromiso… É educar en valores.

Tacto consciente e masaxe nas relaciónsObradoiro orientado para profesores/as de 1º ciclo de educación infantil (0-3 anos). Neste obradoiro tomaremos contacto coa pel, a automasaxe, a impor-tancia do contacto cos demais... Aspiramos a tomar conciencia da realidade do poder de contacto nas relacións humanas.

Page 26: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

LINGUA E LITERATURA

Búscanse Activistas: Sociocreatividade e Normalización LingüísticaUnha actividade en torno ao cambio de actitudes, usos e normas sociolingüísti-cas. Acción lúdica e conflito lingüístico na escola

A creatividade e a innovación, aliadas da linguaTaller de creación literaria como fórmula diferente de aprendizaxe da lingua, a través de técnicas e estratexias atractivas tanto para o alumnado como para o profesorado.

Seminarios de normalización lingüísticaComo xa sabemos, só unha política clara e eficaz de normalización lingüística pode frear o proceso de minorización e, incluso, desaparición dunha lingua. Por desgraza, achámonos nun momento en que a nosa lingua está a sufrir, desde o punto de vista lexislativo, un ataque que pode condenala a desaparecer de eidos tan importantes como o científico e o tecnolóxico.Neste contexto, que nos retrotrae a tempos pasados que preferiríamos non lembrar, realizamos este seminario onde vos queremos presentar a normalización lingüística desde dous puntos de vista: o teórico e o práctico.

Lemos xuntos?Proposta didáctica para a animación á lectura no Ensino Secundario.

Page 27: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

PAPIROFLEXIA

A papiroflexia no ensinoA papiroflexia ten un papel importante no campo da educación nos niveis de primaria, secundaria e, mesmo como apoio de certas disciplinas, a nivel univer-sitario.Meterémonos no mundo do papel e proporcionarase a linguaxe e código pre-cisos para a comprensión dos diagramas e libros da materia. Segundo se van introducindo os símbolos, empezarase a elaborar figuras.Construiranse varias figuras con movemento que resultan moi creativas e axei-tadas para nenos e nenas dos primeiros niveis do ensino, tamén se achegarán conceptos matemáticos adaptábeis a todos os niveis do ensino; desde o simple xogo e realización de crebacabezas até o estudo da trigonometría, semellanzas, simetrías e rotacións.

RISOTERAPIA

RisoterapiaA risoterapia é a porta para acadar a relaxación, abrir a nosa capacidade de sentir, de chegar ao silenzo e á creatividade. Utilizaremos técnicas que axuden a liberar tensións do corpo para chegar á gargallada.Empregaremos exercicios respiratorios, xogos grupais, habilidades e estratexias mentais que faciliten a superación de diferentes bloqueos e produzan endorfi-nas. Con este seminario produciranse aplicacións didácticas que nos faciliten o labor nas aulas e nos permitan ser máis felices na nosa tarefa de educar.

Page 28: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS

Teatro na aulaXogos e técnicas teatrais para educadores que son actores nas aulas cada día; no que aprenderán a expresar mellor co corpo e a voz, e tamén mediante a dra-matización e a improvisación, sentimentos, accións, emocións e versos.

Creatividade artística na escolaAbordaremos a expresión plástica desde diferentes campos: a elaboración de títeres, o cine, animación infantil, instrumentos musicais, cerámica....

Técnicas de estampación e arte na escolaNeste obradoiro imos experimentar con técnicas de estampación (falso linogra-vado, falso gravado). Tamén deseñaremos os nosos moldes para facer un stencil (derivación do graffiti) e crearemos as nosas pegatinas (stickers).

ORALIDADE

Encantamento e “encontamento” na narración de contosQue, de onde, quen e como contar historias. Dirixido ao profesorado que desexe utilizar os contos no ámbito escolar e poder desenvolver a narración oral.

Page 29: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

Os contos non son contoEste obradoiro céntrase no domino da oralidade baseado nas memorias biográ-ficas, familiares, nos contos tradicionais. Cunha metodoloxía moi participativa, aprenderemos a contar o que nos contaron, o que lemos, o que vimos, o que nos pasou... Aprenderemos a escoller, memorizar e contar os nosos contos.

Cantos de onte para hoxeObradoiro orientado para profesores/as do 1º ciclo de educación infantil (0-3 anos). A través deste obradoiro aprenderemos técnicas para que o neno/a apren-da, a través da cultura popular, do xogo, do canto e das nosas inquedanzas.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Publicidade e medios de comunicaciónPercorrido polas distintas estratexias de motivación e finalidade da publicidade e a súa incidencia na educación da cidadanía, especialmente no caso da moci-dade. Persuasión e estratexia de atracción.

PROGRAMACIÓN

As competencias básicas na programación de E. Infantil e na E. PrimariaAnálise da influencia das competencias nos currículos actuais e a súa avaliación (a avaliación por competencias).

Page 30: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

TÁBOA DE CONTIDOS

EDUCACIÓN FÍSICA

Novas propostas en educación física: nocións básicas e iniciación á práctica da escalada.Neste obradoiro, específico para o profesorado de educación física, falarase de técnicas básicas de escalada, uso de materiais, seguridade e espazos para a práctica entre outros aspectos.

Page 31: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco

Matrícula:

Na páxina web da AS-PG, www.as-pg.com, ou da Cig-Ensino, www.cig-ensino.org

Homologación:

Solicitada á Consellería de Educación por 19 horas para todos os cursos excepto para os Paseos Pedagóxicos de Vigo (36 horas) e os XVIII Encon-tros Pedagóxicos da Mariña Luguesa (16 horas)

Prezos:

Para os XVIII Encontros Pedagóxicos da Mariña Luguesa: Socios/as e Afiliación: 7€ Desemprego: 13€ Xeral: 31€

Para os Paseos Pedagóxicos de Vigo: Socios/as e Afiliación: 16€ Desemprego: 31€ Xeral: 51€

Para o resto das Xornadas: Socios/as e Afiliación: 11€ Desemprego: 21€ Xeral: 41€

Page 32: XORNADAS DE VERÁN - CIG Ensino · 2017-10-14 · Obradoiro 1. A PAPIROFLEXIA NO ENSINO. Por Teresa Otero Suá-rez, profesora no IES Ántón Fraguas de Santiago e Covadonga Blanco