Xornal da CUT - 14N

8
o xornal da cut Nº 12 · 6/11/2012 Especial Folga Xeral 14N A velocidade é un xeito de nos confundir, de facernos percibir as cores sen matices, de agochar as causas tras uns efectos devastadores; e dende o ano 2008 os acontecemen- tos transcorren a velocidade luz, e as análises e as respos- tas –dos que teñen a lexiti- midade sistémica da palabra pública– non son máis que es- pazo partido por tempo. Máis velocidade. Nesta sucesión de aconte- cementos chega agora unha nova folga xeral e nós sentí- monos vivos, nós sentimos que é o osíxeno que xa non tiñamos nos pulmóns de cla- se. Chega esta folga xeral dan- do a sensación de que houbo unha anterior hai séculos, e aí descubrimos o engano da velocidade dos tempos con- temporáneos. As mil folgas xerais seguen sendo necesa- rias, seguen a ser ese osíxeno que precisamos para mostrar a nosa existencia e dignida- de. A CUT convoca esta folga, estará nas rúas con contun- dencia e poñendo en claro o engano daqueles que se din sindicalistas e non obedecen máis que a intereses particu- lares. A CUT di non ao engano do referendo no que certos sindicatos pretenden facer- nos caer. Os nosos dereitos non se consultan, os recor- tes non se consultan, a nosa dignidade non se consulta, o noso futuro non se consulta. As nosas condicións e derei- tos non se referendan, defén- dense e conquístanse. O 14 de novembro comeza a batalla. PODER OBREIRO 10 MOTIVOS PARA FACERMOS FOLGA NÓS SOMOS MÁIS. VOLTEA A PIRÁMIDE FOLGA XERAL 1. CONTRA AS REFORMAS LABORAIS Baixo as promesas de «flexibilida- de» ou «empregabilidade» as re- formas laborais agochaban máis despedimentos e máis baratos. Nos oito primeiros meses de 2012 os ERE autorizados aumentaron un 69’7% e os datos da EPA do terceiro trimestre de 2012 marcan récord en desemprego: un 25’02%, cun in- cremento elevado no sector públi- co. En Galicia destruíronse desde o pasado ano 37.500 postos de tra- ballo e castigouse especialmente a industria (18.000 persoas paradas máis) e a mocidade. 2. A SOBERANÍA DAS MULLERES NON É RECORTÁBEL O capitalismo en crise obtén pro- veito do modelo de familia patriar- cal que carga sobre as mulleres e invisibiliza o traballo na esfera do- méstica. Por iso, Xunta e Goberno central impulsan medidas como a Lei de Familia ou a reforma da Lei do Aborto, significativos retrocesos no dereito das mulleres a ter con- trol sobre a súa vida, o seu corpo e a súa sexualidade. 3. POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE Cómpre rebelarse fronte ao Decre- to 16/2012 que introduce o repaga- mento e que limita a atención ao poder adquisitivo e non ás nece- sidades de cadaquén. En Galicia, a única partida do orzamento sa- nitario público que experimen- tou incremento foi a de concertos co sector privado, en tanto prose- guiu o desmantelamento de áreas sanitarias e a paralización de pro- gramas de saúde chaves para unha atención de calidade. 4. FRONTE Á ESTIGMATIZACIÓN DA POBOACIÓN MIGRANTE Ningunha persoa pode ver negados dereitos básicos como a asistencia sanitaria, nin ser utilizada como man de obra excedente. Esiximos a reposición da atención sanitaria en igualdade para as e os sen papeis e a derrogación da Lei de estranxeiría. 5. PAREMOS A REGRESIÓN NO ENSINO: NON MÁIS RECORTES, NON Á LOMCE O Anteproxecto da LOMCE expre- sa a concepción educativa da derei- ta española: un darwinismo social clasista que instrumentaliza a es- cola como fábrica de cidadanía obediente nun marco claramente recentralizador. Trátase dun paso máis no empobrecemento do en- sino público e na precarización do profesorado. 6. EN DEFENSA DAS PRESTACIÓNS SOCIAIS Con máis persoas desemprega- das ca nunca e coas retribucións salariais en caída permanente, a rebaixa en prestacións por desem- prego expón á exclusión social a amplos sectores da poboación. En Galicia, os subsidios de xubilación seguen a ser os máis baixos do Es- tado e todo apunta a que o pro- bábel «rescate» virá acompañado dunha revisión á baixa do sistema de pensións. 7. DETEÑAMOS A LIQUIDACIÓN DO PÚBLICO A aprobación do regulamento que facilita despedimentos colectivos na administración pública, a de- gradación xeral de condicións la- borais (incluída a retirada da paga extraordinaria) ou as reducións ra- dicais de partidas de gasto forman parte dunha ofensiva xeral contra o sector público no seu conxunto. Alén de afectar a sanidade e edu- cación, atinxe ao resto de servizos que non se rexen por criterios es- tritamente mercantilistas e que abranguen desde a atención á de- pendencia até a rede cultural e de medios de comunicación. 8. CONTRA UN SISTEMA DE IMPOSTOS REGRESIVO QUE ALIMENTA AS DESIGUALDADES SOCIAIS O réxime fiscal español actúa fo- mentando a desigualdade. O Go- berno declara amnistía para os grandes defraudadores e aproba medidas tributarias que libran de impostos a Eurovegas, en tanto eleva o IVE, que pagan por igual o multimillonario dono do casino e a limpadora que percibe o sala- rio mínimo. As revisións imposi- tivas levan beneficiado sempre as rendas do capital fronte as rendas do traballo. Debemos esixir xustiza fiscal. 9. POLO DEREITO Á VIVENDA: PAREMOS OS DESAFIUZAMENTOS Desde o comezo da crise, a ban- ca non deixou por un instante de desaloxar das súas casas a familias, persoas desempregadas, precarias, inmigrantes... Entre xaneiro e xu- llo deste ano, o ritmo foi de 17 desafiuzamentos ao día, un incre- mento do 185% desde 2007. Coa folga xeral, demandamos medidas como a dación en pago ou o alu- gueiro social da vivenda. E 10. UNHA RESPOSTA MÁIS AMPLA AO INIMIGO COMÚN: A TROIKA E A DITADURA DA AUSTERIDADE A folga do 14N excede as fronteiras do Galicia e está concibida como xornada de loita para os pobos de Europa. Esta converxencia vén si- nalar a raíz común do problema: as receitas de axustes e recortes non é verdade que conduzan á saída da crise, só transforman a eurozona nun réxime sen control democrá- tico onde dereitos e liberdades son subordinados ao pagamento dun- ha débeda da que non somos res- ponsábeis.

description

Poder Obreiro, xornal tirado pola Central Unitaria de Traballadoras/es de Galicia para o 14N.

Transcript of Xornal da CUT - 14N

Page 1: Xornal da CUT - 14N

o xornal da cutNº 12 · 6/11/2012

Especial Folga Xeral

14NA velocidade é un xeito de nos confundir, de facernos percibir as cores sen matices, de agochar as causas tras uns efectos devastadores; e dende o ano 2008 os acontecemen-tos transcorren a velocidade luz, e as análises e as respos-tas –dos que teñen a lexiti-midade sistémica da palabra pública– non son máis que es-pazo partido por tempo. Máis velocidade.

Nesta sucesión de aconte-cementos chega agora unha nova folga xeral e nós sentí-

monos vivos, nós sentimos que é o osíxeno que xa non tiñamos nos pulmóns de cla-se. Chega esta folga xeral dan-do a sensación de que houbo unha anterior hai séculos, e aí descubrimos o engano da velocidade dos tempos con-temporáneos. As mil folgas xerais seguen sendo necesa-rias, seguen a ser ese osíxeno que precisamos para mostrar a nosa existencia e dignida-de. A CUT convoca esta folga, estará nas rúas con contun-dencia e poñendo en claro o

engano daqueles que se din sindicalistas e non obedecen máis que a intereses particu-lares.

A CUT di non ao engano do referendo no que certos sindicatos pretenden facer-nos caer. Os nosos dereitos non se consultan, os recor-tes non se consultan, a nosa dignidade non se consulta, o noso futuro non se consulta. As nosas condicións e derei-tos non se referendan, defén-dense e conquístanse. O 14 de novembro comeza a batalla.

PODER OBREIRO

10 mOtIvOs PaRa FaCERmOs FOlga

Nós sOmOs máIs. vOltEa a PIRámIDE

FOlga xERal

1. CONtRa as REFORmas laBORaIsBaixo as promesas de «flexibilida-de» ou «empregabilidade» as re-formas laborais agochaban máis despedimentos e máis baratos. Nos oito primeiros meses de 2012 os ERE autorizados aumentaron un 69’7% e os datos da EPA do terceiro trimestre de 2012 marcan récord en desemprego: un 25’02%, cun in-cremento elevado no sector públi-co. En Galicia destruíronse desde o pasado ano 37.500 postos de tra-ballo e castigouse especialmente a industria (18.000 persoas paradas máis) e a mocidade.

2. a sOBERaNÍa Das mUllEREs NON É RECORtáBElO capitalismo en crise obtén pro-veito do modelo de familia patriar-cal que carga sobre as mulleres e invisibiliza o traballo na esfera do-méstica. Por iso, Xunta e Goberno central impulsan medidas como a Lei de Familia ou a reforma da Lei do Aborto, significativos retrocesos no dereito das mulleres a ter con-trol sobre a súa vida, o seu corpo e a súa sexualidade.

3. POR UNha saNIDaDE PúBlICa E DE CalIDaDECómpre rebelarse fronte ao Decre-to 16/2012 que introduce o repaga-mento e que limita a atención ao poder adquisitivo e non ás nece-sidades de cadaquén. En Galicia, a única partida do orzamento sa-nitario público que experimen-tou incremento foi a de concertos co sector privado, en tanto prose-guiu o desmantelamento de áreas sanitarias e a paralización de pro-gramas de saúde chaves para unha atención de calidade.

4. FRONtE á EstIgmatIzaCIóN Da POBOaCIóN mIgRaNtENingunha persoa pode ver negados dereitos básicos como a asistencia sanitaria, nin ser utilizada como man de obra excedente. Esiximos a reposición da atención sanitaria en igualdade para as e os sen papeis e a derrogación da Lei de estranxeiría.

5. PaREmOs a REgREsIóN NO ENsINO: NON máIs RECORtEs, NON á lOmCEO Anteproxecto da LOMCE expre-sa a concepción educativa da derei-

ta española: un darwinismo social clasista que instrumentaliza a es-cola como fábrica de cidadanía obediente nun marco claramente recentralizador. Trátase dun paso máis no empobrecemento do en-sino público e na precarización do profesorado.

6. EN DEFENsa Das PREstaCIóNs sOCIaIsCon máis persoas desemprega-das ca nunca e coas retribucións salariais en caída permanente, a rebaixa en prestacións por desem-prego expón á exclusión social a amplos sectores da poboación. En Galicia, os subsidios de xubilación seguen a ser os máis baixos do Es-tado e todo apunta a que o pro-bábel «rescate» virá acompañado dunha revisión á baixa do sistema de pensións.

7. DEtEñamOs a lIqUIDaCIóN DO PúBlICOA aprobación do regulamento que facilita despedimentos colectivos na administración pública, a de-gradación xeral de condicións la-

borais (incluída a retirada da paga extraordinaria) ou as reducións ra-dicais de partidas de gasto forman parte dunha ofensiva xeral contra o sector público no seu conxunto. Alén de afectar a sanidade e edu-cación, atinxe ao resto de servizos que non se rexen por criterios es-tritamente mercantilistas e que abranguen desde a atención á de-pendencia até a rede cultural e de medios de comunicación.

8. CONtRa UN sIstEma DE ImPOstOs REgREsIvO qUE alImENta as DEsIgUalDaDEs sOCIaIsO réxime fiscal español actúa fo-mentando a desigualdade. O Go-berno declara amnistía para os grandes defraudadores e aproba medidas tributarias que libran de impostos a Eurovegas, en tanto eleva o IVE, que pagan por igual o multimillonario dono do casino e a limpadora que percibe o sala-rio mínimo. As revisións imposi-tivas levan beneficiado sempre as rendas do capital fronte as rendas do traballo. Debemos esixir xustiza fiscal.

9. POlO DEREItO á vIvENDa: PaREmOs Os DEsaFIUzamENtOsDesde o comezo da crise, a ban-ca non deixou por un instante de desaloxar das súas casas a familias, persoas desempregadas, precarias, inmigrantes... Entre xaneiro e xu-llo deste ano, o ritmo foi de 17 desafiuzamentos ao día, un incre-mento do 185% desde 2007. Coa folga xeral, demandamos medidas como a dación en pago ou o alu-gueiro social da vivenda.

E 10. UNha REsPOsta máIs amPla aO INImIgO COmúN: a tROIka E a DItaDURa Da aUstERIDaDEA folga do 14N excede as fronteiras do Galicia e está concibida como xornada de loita para os pobos de Europa. Esta converxencia vén si-nalar a raíz común do problema: as receitas de axustes e recortes non é verdade que conduzan á saída da crise, só transforman a eurozona nun réxime sen control democrá-tico onde dereitos e liberdades son subordinados ao pagamento dun-ha débeda da que non somos res-ponsábeis.

Page 2: Xornal da CUT - 14N

Crise e xénero.Algúns trazos da desigualdade

Folga xeral, tamén de coidados

O ano 2008 marca o comezo dun-ha das cíclicas crises coas que o ca-pitalismo trata de atallar avances sociais e de afogar as nosas vidas. Nos primeiros momentos a destru-ción de postos de traballo afectou-lles máis aos homes. O emprego feminino está concentrado funda-mentalmente no sector servizos, e este soportou mellor a fase inicial da crise. Pero a partir de 2009 co-meza o descenso da ocupación fe-minina. Co engadido de que case todo o emprego que se destruíu era de xornada completa. A taxa de actividade medra cada ano,

pero as mulleres ocupan a maior parte dos traballos precarios e te-ñen, ademais, soldos máis baixos. O número de mulleres con con-trato a tempo parcial é máis de tres veces superior ao de homes, e tamén o seu salario por horas é menor.

As políticas de recortes levadas a cabo pola dereita, instalada para os vindeiros anos nos gobernos de Galicia e do Estado, están baseadas na diminución do gasto público e iso marcará a situación laboral. Se atendemos os orzamentos do Estado, e sempre en relación cos

anteriores, xa dun ano de crise, as políticas sociais sofren un re-corte de máis do 14% –e a iso hai que engadir un 40% menos para as axudas básicas dos concellos–. Educación perde un 17 % –logo de que nos dous anos anteriores xa perdese case un terzo de investi-mento– e sanidade é o apartado onde os recortes son máis brutais, por enriba do 22%.

Os recortes de políticas sociais afectan ás mulleres nun dobre sen-tido, porque empregan en gran medida man de obra feminina e porque a súa eficiencia favorecería

igualmente a estas, aliviando as tarefas de coidados que realizan de maneira maioritaria e avanzando na necesaria co-responsabilidade. Son mulleres nunha porcentaxe por enriba do 95% as persoas que se ven obrigadas a traballar só a tempo parcial para poderen coidar de membros das familias en situa-ción de dependencia. Estas cues-tións, canda o recorde de dereitos fundamentais que supón a refor-ma das pensións ou o repagamen-to médico, veñen agravar unha situación de desigualdade histó-rica que ten importantes repercu-sións sociais e familiares.

A reforma laboral aprobada en xullo por iniciativa da dereita es-tatal, o PP, e co apoio da dereita catalá, CIU, vén afondar tamén na desigualdade entre mulleres e homes. Supón unha porta aberta para a rebaixa de salarios e para a modificación de condicións subs-tanciais no traballo: xornada, ho-rarios, traslados. Todo isto vai afectar de forma negativa á conci-liación da vida laboral, familiar e persoal, e máis significativamen-te a traballadoras embarazadas ou con crianzas. Unha das causas de despedimento é a inasistencia ao traballo nove días ao longo de dous meses, aínda que sexa por causas xustificadas. Enténdese que non se van contar as faltas por ris-co no embarazo ou no período de maternidade, pero queda a posi-bilidade de que se compute a asis-tencia a probas que son de rutina nunha xestación.

Como un chanzo máis na ero-sión dos avances igualitarios, e firmemente inserida nas políti-cas liberais máis agresivas, es-tán medidas lexislativas como a Lei de Familia aprobada en 2011 ou a pretendida reforma da Lei do Aborto. Se historicamente fo-mos vendo como o capital recorría á man de obra feminina cando a precisaba, –as guerras son un mo-mento paradigmático– e se desfa-cía dela en fases de retroceso na produción, o que vivimos nestes anos supón un afondamento nesa liña. Camúflanse de maneira hi-pócrita medidas reaccionarias de suposto apoio ás familias en can-to se contribúe á invisibilidade do traballo das mulleres e á súa des-protección, ao intentar acoutalas de volta no ámbito doméstico e fa-miliar. O traballo de coidados é im-prescindíbel para o mantemento da sociedade pero estas medidas, lonxe de recoñecelo, afondan na implantación dun único modelo de familia, supoñen un retroceso en dereitos sexuais e reproduti-vos ou na erradicación da violen-cia machista e abren a porta para a privatización de servizos funda-mentais no camiño da igualdade como son residencias, garderías ou centros de acollida.

Defender os dereitos que pre-tenden arrebatarnos ás clases populares e ás mulleres que as in-tegramos é tarefa ineludíbel da loi-ta sindical e un compromiso que asumimos. As nosas enerxías non se encamiñan á reivindicación que pretende equidade nos postos de poder, a outra distribución xené-rica da explotación. Temos o con-vencemento de que pelexar contra a feminización da pobreza é ca-miño único para comerlle terreo ao capital e ao patriarcado, e para construír unha sociedade rexida pola xustiza e pola igualdade.

Tardou, máis por fin chegou a con-vocatoria de folga xeral. É eviden-te, e levamos tempo dicindo, que para nós a folga non é un fin en si mesmo, e por tanto, non a encara-mos como un fetiche, mais si como parte dun proceso de loita organi-zada e creación de contra poderes capaces de abrir fendas e poñer en xaque un sistema que nos está rou-bando as vidas e o futuro.

Experimentar outras formas de protesta, abrirse a metodoloxías distintas sen perder a radicalidade crítica, arriscar alianzas e proxectar novos discursos até agora invisibili-zados, son desafíos que precisamos marcarnos a cada convocatoria.

Desta volta, entendemos nece-sario colocar o traballo doméstico na axenda, atravesar os discursos con esa realidade para evidenciar o escaso recoñecemento co que con-ta e a necesidade de interpelar sec-tores sociais até agora ignorados polo groso das centrais sindicais.

A precariedade hai tempo que transcendeu os lindes do merca-do laboral e foi situarse no cen-tro das nosas vidas, facendo cada vez máis difícil cubrir as nosas ne-cesidades e acceder a recursos de forma estábel, suficiente e satis-factoria. Inestabilidade e precarie-dade vital que se traducen nunha falta de dereitos –alimentación, saúde, educación, vivenda, lecer, sexualidade, identidade cultural, etc.– e que configura un auténti-co golpe de estado contra a digni-dade humana.

O emprego, situación a que só chegamos a acceder algunhas, e na meirande parte das veces, con salarios e condicións laborais peo-res ca os homes, xa non pode ser a vía de recoñecemento de dereitos e satisfacción de necesidades. Se-guir aceptando ese paradigma su-pón condenar moitisímas persoas a exclusión, pobreza, enfermidade e sometemento. É preciso, xa que logo, atopar mecanismos que ga-rantan o repartimento da rique-za e dos coidados, que garantan a sustentabilidade da vida sen atar as mulleres a un rol historicamen-te construído, que non fixo máis que cortar as nosas posibilidades de desenvolvemento pleno e per-petuar situacións de subordina-ción e violencia.

Por iso, este 14 de novembro rei-vindicamos a urxencia dunha folga de coidados, ademais do paro in-definido. Unha mobilización que tire o até agora considerado priva-do á esfera pública, que cuestione o conxunto da sociedade sobre quen e en que condicións se están desen-volvendo as tarefas que permiten soster a vida de crianzas, adultos e maiores, e cales son as consecuen-cias deste dispositivo de suxeición e control para a emancipación de nosoutras, mulleres.

Propoñemos que, nesta folga xeral, cada muller e cada home amose, colgando un mandil da súa fiestra, que no interior dos fogares os coidados tamén han de parar para denunciar as políticas anti-sociais que están a recortar as no-sas posibilidades dunha vida digna e con liberdade. Que cada fiestra sexa un berro que diga que as coi-dadoras tamén están en loita.

Contratos temporais, soldos máis baixos ou diminución dos investimentos públicos trazan o mapa dunha precariedade que atafega con máis contundencia a vida das mulleres

Page 3: Xornal da CUT - 14N

Desempregados, pero bailando

A estafa da reforma laboral: máis EREs, máis desemprego

Rose Chernin, activista do Conda-do do Bronx, Nova York, relataba de xeito estarrecedor a loita dos desempregados, mais sobre todo das súas compañeiras, durante os anos 30 pola súa supervivencia. Os consellos de desempregados tomaban corpo ao longo do con-dado, consolidando relación hu-manas de loita e transformación social ao tempo que lanzaban as chamadas folgas de alugueiro. Ante a incapacidade dos desem-pregados para lle facer fronte ao custo abusivo dos alugueiros, os consellos organizaban con impli-cación da comunidade a resisten-cia interna dos arrendatarios para a loita: «Ímonos poñer en folga de alugueiro todo un edificio, bota-remos tres meses ou os que sexan sen pagar, mais eses meses non os imos aboar nunca». E así comeza-ba unha experiencia de resistencia popular na que por seguridade os homes eran expulsados do edifi-cio e eran as súas compañeiras as que facían fronte aos desaloxos e á policía, balde de auga a ferver na man e máis megáfono. En dous anos, o consello de desemprega-dos do Bronx tivo o control sobre os prezos do alugueiro de todo o condado.

Arxentina. Anos 90. Os desem-pregados e desempregadas deciden ocupar as mesmas rúas ás que fo-ran expulsados dende os centros de traballo. Loitan contra o endu-

recemento das condicións de vida e de emprego, o clientelismo polí-tico e a fraude das políticas sociais. Xermola desta maneira un move-mento de masas que, a través da consigna «corte de ruta e asem-blea» coñecido internacionalmente como movemento piquetero, con-segue que as posibilidades dunha paz social izada sobre a miseria so-cial se esfarelen. Logo de diversas escisións neste movemento, fixá-monos nos Tupac Amaru, piqueteros de Jujuy. Durante os anos 90 e dei-ca a actualidade este movemento de desempregadas e desemprega-dos de corte indixenista consegue consolidarse como unhas das ex-periencias vivas de maior impac-to sindical: mans á obra, coas súas propias forzas, no seo da central CTA, bótanse á construción do Alto Comedero, un barrio de máis de 2000 fogares, acondicionado cos máis diversos servizos públicos e sociais, no seo do que poñen a pro-ducir diversas fábricas e mitigan a extrema pobreza jujuiana. Hoxe, radios comunitarias, autoempre-go cooperativo e unha forte rede de cooperativas de vivenda estén-dese como a lóxica de loita dos Tu-pac. Quizais por iso existe un odio de xénero e de clase moi arraigado na política institucional arxentina contra Milagro Sala, a súa máis sig-nificativa portavoz.

Son dúas das experiencias in-ternacionais máis interesantes de

autoorganización no desemprego. Lonxe disto, en Galiza, quixéronse articular diferentes experiencias de loita dende este ámbito, que se ben non callaron, nos levaron a un segundo ciclo de consolidación de diversas destas experiencias. A Asemblea de desempregados/as da Coruña foi unha das vítimas dun primeiro momento de inca-pacidade de expansión do move-mento das desempregadas/os no noso país e de morte por inani-ción. «Durante tres anos –conta Xan Carballo– sucedéronse varias asembleas en diversas asociacións de veciños dende as que fomos ar-tellando diversas ocupacións dos INEMs da cidade ou unha ampla recollida de sinaturas por unha re-formulación das políticas públi-cas no referente ao desemprego».

Hoxe, de xeito referencial, está a se consolidar a Asemblea de Fe-rrol, onde un grupo de mozas e mozos, baixo a lenda «Non me chames parado, son desemprega-do en risco de exclusión social», está a desenvolver diferentes ac-cións de intervención polo sub-sidio universal de desemprego e polo repartimento do emprego. Unha das máis importantes ac-cións foi premonitoria, a ocupa-ción simbólica do supermercado Día coa subtracción de produtos de primeira necesidade, a mesma acción que uns meses despois lan-zaría á opinión pública ao sindica-

to combativo SAT de Andalucía. Tamén vencellada á CIG, está a na-cer a Asemblea de desempregados/as de Lugo.

Todo isto debería facernos pen-sar ao redor da importancia da au-toorganización no sector, ao redor das fórmulas para dinamitar a di-visión entre a poboación traballa-dora en activo e a desempregada. E, sobre todo, ao redor da capa-cidade que as desempregadas e desempregados teñen, median-te a súa organización e a loita de clase, de ir transformando pase-niño unha realidade adversa en chave de cooperación e median-te a loita asemblearia e horizon-tal, fronte ao desalento da falta de emprego.

Esta segunda vaga de asem-bleas en Galiza, e as dimensións da loita do movemento de des-empregadas e desempregados no mundo permítenos a ilusión e a alegría transformadora. Cóntao novamente Rose Chernin: «A vida muda cando te xuntas deste xei-to, cando te unes. Perdes o medo a estar soa. Non podes resolver es-tes problemas soa. Tórnanse inso-portábeis. Cando estás soa, fronte a fronte co patrón, el ten todo o poder e ti ningún. Pero xuntos, sentimos a nosa forza, e podemos rir. Quen soubese como cantar co-mezaría a facelo. Outros saberían como bailar. Alí estabamos, des-empregados, mais bailando».

Se hai indicadores que se disparan nas diferentes estatísticas laborais propostas polas administracións son os do desemprego, os dos des-pedimentos e, tamén, os dos Expe-dientes de Regulación de Emprego (ERE). Malia o esforzo por maquillar os datos, o certo é que á raíz das di-ferentes reformas laborais o recur-so empresarial ao ERE, como unha fórmula solvente de viabilizar os despedimentos masivos ou a que-bra de dereitos laborais, está a pro-tagonizar a configuración do novo marco de relacións laborais galego.

Nun só ano as variacións esta-tísticas impresionan. Dende a li-quidación de sectores como a construción a golpe de despedi-mento colectivo (cun incremento na práctica dos EREs do 2011 ao 2012 de máis do 134,5%), ao espe-cial impacto sobre o sector servizos (de 305 expedientes no 2011 a 781 no 2012 (+156,1%) o que dá conta da especial desprotección deste sector. Malia os 12.558 traballadores e tra-balladoras afectados por esta medi-da no pasado ano a patronal tirou a rolla do cava para celebrar a afec-ción a 20.435 persoas (+ 62,7%).

Malia todo non son estas cifras as que máis sorprenden: dos 1436 expedientes presentados no 2011 só 35 non contaron co benepláci-to da representación sindical. Dan moito que pensar estas cifras. Dan para cavilar sobre a verdadeira di-mensión da crise como fraude e, sobre todo, para pensar que mode-lo sindical queremos para afron-tarmos o futuro con dignidade.

Unha resposta de diferente entidadeFronte a un clima sociolaboral ad-verso, marcado pola estafa-crise en que estamos inmersos, é complexo facer unha medición do impacto de desobediencia obreira baseándo-nos na máxima expresión da con-flitividade laboral: a folga.

Nos datos da Consellaría de Traballo sobre conflitividade (2007-2011) apreciamos notábeis diferenzas xeográficas na intensi-dade de mobilización. Realizáron-se un total de 343 folgas na Coruña e Pontevedra e só 51 en Ourense e Lugo. Apréciase un leve incremen-to de convocatorias, con forte im-pacto nos anos 2009 e 2010, e vese tamén un asañamento dos confli-tos: no 2007 roldaban os 390 días e a súa duración foi aumentando ata alcanzar no 2011 as 769 xorna-das, un 97% máis.

A flexibilidade e a unilaterali-dade na implantación de novas condicións laborais, a quebra so-cioeconómica xeralizada e o terror sociolaboral, canda a reformula-ción das diferentes estratexias sindicais, serán factores que se conxuguen para configurar un novo escenario que pode conmo-ver todos os indicadores de confli-tividade laboral.

Page 4: Xornal da CUT - 14N
Page 5: Xornal da CUT - 14N

Sanidade e educación universais, coidados para as persoas maiores ou medios de comunicación públi-cos. Dereitos que todos os gober-nos din defender mais que, cada día que pasa, van ficando en sim-ples palabras sen contido. Unha sanidade pública á que non todas temos acceso. Unha educación universal que divide o alumnado segundo as súas rendas. Unha aten-ción aos nosos maiores que signifi-ca abandono e desprotección para quen non poida pagala. Uns me-dios públicos que funcionan coma o gabinete de prensa do goberno que toque, nos que a «imparciali-dade» non aparece nin nos libros de estilo e que cada vez contan con menos recursos para nos informar. O capital pretende que os derei-tos conseguidos ao longo da his-toria fiquen pechados con chave nunha gabeta de San Caetano.

Enfermar como privilexioNun período de crise económica coma o que vivimos, cos mercados tradicionais estancados, as gran-des empresas capitalistas atopan «novas oportunidades de negocio» na privatización dos servizos pú-blicos. O sector sanitario parece o máis apetecíbel para os voitres da crise. O Goberno central e a Xun-ta convértense nas marionetas das grandes firmas farmacéuticas, das

compañías aseguradoras e das em-presas hospitalarias.

Mentres a sanidade privada me-dra cada ano na Galiza un 14%, os recortes seguen a minguar a cali-dade da pública. No noso País só se destina o 5,9% do PIB á sanida-de pública, moi por debaixo da xa ridícula media española (un 6,5%). Os recortes tradúcense no copa-gamento farmacéutico, que por primeira vez na historia fará pa-gar aos xubilados polas súas men-ciñas con receita, tradúcense no Real Decreto que deixa sen aten-ción sanitaria 150.000 inmigran-tes «sen papeis» no noso país (a non ser que paguen 710 euros ao ano), tradúcense en listas de es-pera para intervencións cirúrxi-cas que xa roldan os tres meses e tamén se traducen en enfermos graves que non reciben o seu trata-mento por ser «demasiado caros». Alén de todo, o copagamento sa-nitario xa se aplica por agora nos eidos «periféricos» da atención mé-dica como o transporte en ambu-lancia ou a comida dos hospitais.

Escola para os ricosO ensino, un dereito estratéxico para a cidadanía que ademais de formar os profesionais do futu-ro tamén debe educar ás crianzas nos valores sociais, tórnase nunha educación de calidade para os pri-

vilexiados que poidan pagala e nunha educación de segunda para as fillas das traballadoras.

O presente curso comezou con 12 escolas públicas pechadas no noso país e con 132 unidades es-colares ou aulas eliminadas pola consellería de Xesús Vázquez, a maioría delas no rural, mais tamén nas vilas e cidades. Un total de 199 postos de traballo fixo de profe-sores foron eliminados. Ademais da concentración de 113 unidades que xuntan na mesma aula rapa-ces de distintas idades, pechouse o programa Preescolar na Casa, que atendía 400 familias do rural.

No que se refire ás escolas para a infancia, mal chamadas «gar-derías», as prazas públicas só co-bren espazo para un 22% das crianzas, mentres as escolas pri-vadas supoñen xa máis da meta-de da oferta. Máis un servizo para os ricos.

A outra cara da moeda son os 250 millóns de euros que recibe o ensino privado das arcas públicas cada curso. Só este ano abriron de-zaseis unidades escolares novas no ensino concertado. Resulta indig-nante que os cinco colexios da or-ganización Opus Dei, que segregan o alumnado por razón do seu sexo contra o estabelecido na LOE, con-ten en Galiza cunha subvención to-tal de tres millóns de euros.

Abandono dos maioresO dereito a unha vellez digna é unha vítima máis dos recortes do Partido Popular. Despois dunha vida de traballo e conquista de de-reitos, os nosos maiores son un dos colectivos máis débiles que ataca o neoliberalismo.

A pesar de que Galiza é a segun-da comunidade do Estado español con máis maiores de 65 anos, a pensión media só supón o 82% da media española. A xa precaria si-tuación en que viven as persoas maiores está a aumentar da man dos recortes do PP. O Goberno de Feijóo leva anos incumprindo a Lei de Dependencia e os cartos non dan chegado ás familias; até o pro-pio Observatorio da Dependencia suspende a Xunta no cumprimento da norma. No canto de aumentar os fondos, a ministra de Sanidade, Ana Mato, está a cociñar unha nova Lei de Dependencia que baixará as pagas ás coidadoras e coidadores un 15%, ademais de deixar sen co-tización os futuros coidadores.

A escusa é premiar a profe-sionalidade e a creación de resi-dencias e centros de día, pero a realidade é que no noso país non chegamos nin a dúas prazas públi-cas por cada 100 maiores nas re-sidencias, e nos centros de día a cifra baixa a 0,2 prazas por cada 100 maiores. Contando coas resi-dencias privadas, que son o 76% das residencias galegas, segue haben-do menos de tres prazas por cada 100 persoas maiores. A estes cen-tros parece que o negocio lles está funcionando ben. Grazas aos recor-tes de Sanidade, puidéronse permi-tir subir os prezos un 68% só dende 2004 (mentres a pensión media só subiu un 40%).

Democracia sen xornalistasOs medios de comunicación son un piar básico de calquera «demo-cracia» que se diga tal, deben ofre-cerlle unha información veraz e rigorosa ao cidadán que lle permi-ta exercer como tal dun xeito crí-tico e servir tamén como control do poder político. Os medios pú-blicos deben garantir este dereito, pois a prensa privada atende pola súa propia lóxica aos seus intere-ses empresariais.

Mais a CRTVG leva dende a súa creación servindo unicamente os intereses do goberno que cadre, cun director xeral elixido a dedo directamente pola Xunta.

Os recortes levados a cabo pola Xunta significan unha mingua na capacidade informativa da Compa-ñía de Radio e Televisión públicas. En 2010, 49 traballadoras e traballa-dores das delegacións de diferentes puntos de Galiza e de Bruxelas ou Porto eran botados á rúa. Quedaba deste xeito sen cobertura gran par-te do noso territorio e anulábase a presenza no centro de decisións eu-ropeo e no país veciño.

Nas últimas semanas, co «proce-so de consolidación de emprego», 93 xornalistas máis que levaban anos prestando servizos foron des-pedidos sen indemnización. Ao res-to do persoal baixóuselle o salario até un 12%, cunha ampliación da xornada laboral e a supresión de días de libre disposición.

Alén de todo isto, o Partido Po-pular e o Partido Socialista pacta-ron, na lexislatura que acaba de rematar, a transformación da com-pañía nunha corporación e con isto abríanlle a porta á externali-zación da produción para favorece-ren as empresas privadas do sector.

A destrución dos nosos servizos públicosO sector privado ábrese paso en sanidade e educación grazas aos recortes

«Non vexo outra solución que po-ñer fin á miña vida desta forma digna para non ter que terminar furgando nos contedores de lixo». Foron as verbas de despedida de Dimitris Christoulas, o xubilado grego de setenta e sete anos, en-fermo de cancro, que se pegou un tiro diante do seu parlamento o mes de abril pasado atafegado po-las débedas que coa súa pequena pensión non podía enfrontar.

Cunha repercusión mediática global, o suicidio deste mártir (que culpou directamente da súa morte ao goberno), ademais de reactivar a indignación dun país asfixiado e agónico, serviu para poñer o foco sobre un dos efectos menos publi-citado da crise: o das graves reper-cusións que está a ter e terá sobre a saúde das persoas e, máis con-cretamente, sobre a saúde mental.

Aínda que a relación causa-efec-to non é nova, convén lembrala e axustala ao contexto. A pobreza é devastadora para a saúde mental e unha situación de estrés prolonga-da no tempo (provocada por exem-plo nestes momentos pola perda do traballo, por estar no paro sen expectativas, por ter que pechar o negocio, por non chegar a fin de

mes ou carecer de calquera ingre-so, por perder a vivenda, por per-der nunha estafa os aforros dunha vida, por ter unhas pésimas con-dicións laborais, por quedar illa-do socialmente ou pola falta de perspectivas de futuro...) produce efectos brutais neste eido. A cri-se, segundo datos da mesma OMS, está a intensificar unha epidemia de depresións e outros trastornos psicolóxicos asociados á pobreza que aínda se agrava máis porque non se destinan recursos, nin sani-tarios nin sociais, para combatela; máis ben, todo o contrario, elimí-nanse ou córtanse os poucos que xa había. Os expertos consideran que a actual crise económica mun-dial comportará algúns dos maio-res retos que se teñan presentado nunca para a saúde pública. En-tre eles, a desnutrición, o incre-mento da poboación sen fogar, o paro e o que leva consigo, a droga-dicción, a depresión, os suicidios, maior mortalidade, deterioración da saúde infantil, violencia, inxus-tiza social e violación de dereitos humanos.

E os máis vulnerábeis, os de sempre. A clase traballadora, as mulleres e os inmigrantes son os

que presentan peores índices de saúde mental. Nunha lóxica tan dramática como inxusta, os máis afectados pola crise son tamén os que están a padecer nas súas pro-pias carnes as consecuencias que esta ocasiona sobre o noso orga-nismo. Están, estamos, literal-mente, enfermos e enfermas de inxustiza.

Pero na orixe da nosa enfermi-dade está tamén a esperanza de curación. As desigualdades sociais en saúde, ademais de inxustas, son innecesarias e evitábeis. Esta é a boa noticia. As respostas indivi-duais que nos convidan certos gu-rús a explorar (tipo «enfronte a crise positivamente e con creati-vidade»), os remedios esotéricos que se aproveitan da nosa desespe-ración ou as receitas farmacolóxi-cas que engordan os petos dunha industria interesada en que cada día sexamos máis pacientes... po-den valernos, pero nunca serán a cura definitiva á que temos de-reito. Só resolvendo a inxustiza de base, a dun sistema que xera desigualdades mesmo na saú-de mental, poderemos extirpar o verdadeiro cancro que acabou coa vida de Dimitris Christoulas.

Enfermos de inxustizaA crise cébase na saúde mental da clase traballadora, as mulleres e os inmigrantes. A epidemia agrávase polos recortes nas prestacións sociais e a atención sanitaria

Duplican as cifras de desemprego, os seus salarios minguan desde 2008 (ampliando a fenda co resto), os desafiuzamentos cébanse con elas, o recorte de prestacións so-ciais golpéaos máis duro,… E, con todo, as xentes inmigrantes do Es-tado español convértense en albo do racismo institucional que ali-menta as divisións de clase e cri-minaliza un colectivo que de xeito ningún pode ser responsabilizado da crise sistémica.

Racismo institucional que se apropia da Sanidade Pública co Real Decreto 16/2012 que segrega a po-boación sen papeis da atención en centros de saúde. Aínda que en Ga-licia a Consellería de Sanidade pro-meta garantir a cobertura mediante un programa específico de protec-ción, o seu carácter temporal e a excepcionalidade electoralista coa que foi anunciado impiden calque-ra valoración optimista. Cómpre ademais ir observando a resolución dos múltiples fíos que esta instru-ción administrativa «parche» deixou abertos (requisitos de documenta-ción, informe da traballadora social na tramitación e concesión da asis-tencia, demoras en prazos burocrá-ticos, etc.) e, en todo caso, termos

presente que as vías legais polas que algunhas comunidades autónomas sortean o Decreto estatal non eli-mina o obxectivo fundamental: a acentuación das diferenzas de cla-se no exercicio de dereitos sociais e a negación destes para os colectivos máis vulnerábeis.

Os e as migrantes deben sumar-se á folga do 14N porque é a lóxica dos recortes como «saída da crise» a que considera que sobran, que deixaron de ser necesarios e nece-sarias. A mesma que ampara a ne-gación de dereitos fundamentais, continxentes aos intereses da gran banca. Hai tempo que teñen razóns para facer folga. Antes de que a troi-ka impuxese plans de austeridade ao Estado español, as empregadas do fogar xa coñecían a explotación laboral con despedimento libre e sen negociación colectiva e os tra-balladores manteiros sabían da in-timidación policial e das detencións arbitrarias. Agora endurécense até o límite as condicións de vida e alén-tase a exclusión social desde o Par-lamento. A clase traballadora galega debe ver claro quen é a súa seme-llante e quen a súa inimiga. O 14N agardamos dar un paso máis no ca-rácter incluínte da loita.

Frearmos a estigmatización dos e das inmigrantes

Page 6: Xornal da CUT - 14N

A lei electoral regálalle a vitoria a un PP en minoría socialApenas un 24% do censo apoia as brutais políticas de recorte da dereita

As pasadas eleccións galegas, igual que todo proceso electoral, non son máis ca unha foto fixa dun in-tre concreto. Só as organizacións que integran, ou que aspiran a in-tegrar, o aparello de Estado ou-torgan ao voto, tal e como está configurado no réxime borbónico, o papel central da súa estratexia política. Pero aínda que a ollada sobre os resultados do 21 de outu-bro se reducise á óptica puramente cuantitativa, mesmo así, o Partido Popular atinxiu unha escasa vito-ria: a imaxe que tapan os seus 41 deputados, fronte aos 34 da opo-sición, é a da inexistencia dunha maioría social que referende a bru-tal política de shock desenvolvida por Alberto Núñez Feijóo.

A realidade é dinámica, apren-demos nos nosos clásicos. E ese movemento amosa que a dereita

representada polos sufraxios do PP retrocedeu. Máis de 120.000 vo-tos –unha vez recontados os emiti-dos por unha emigración que desta volta e tras a instauración do voto rogado (o elector debe solicitar pre-viamente as papeletas) apenas se involucrou nos comicios. Os de Fei-jóo quedan así con 660.308 votos, un 16% menos respecto dos 789.427 de hai catro anos. Pero a caída da participación afectou en toda Ga-licia e a todos os partidos que, até agora, se sentaban no Hórreo. As eleccións unicamente interesaron ao 54,9% do censo convocado, dez puntos porcentuais menos que en 2009 e un dos mínimos históricos da etapa estatutaria.

Porque non foi a dereita máis reaccionaria e extrema –o PP– a cas-tigada en exclusiva polos traballa-dores galegos. O abismo ao que se

asomaron PSdeG e BNG é impoñen-te. Os autodenominados socialis-tas, eses que pactaron con Mariano Rajoy amputar a soberanía popu-lar no Estado español, perderon o 46% do seu respaldo. Os nacionalis-tas do Bloque, o 47%. Estes descala-bros e as perversas sinuosidades da chamada Lei D’Hont, a lei electoral vixente, son as que posibilitan que Alberto Núñez Feijóo e a súa cua-drilla de desmanteladores das ga-rantías sociais conquistadas polas loitas obreiras ao longo da historia se enquisten na Xunta de Galicia e mesmo fagan medrar o número de asentos que terán no Parlamento. Só a irrupción da Alternativa Gale-ga de Esquerda (AGE), a coalición que xuntou a Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida, e á que logo se sumaron Espazo Ecoso-cialista e Equo, con 200.000 votos

e nove escanos, freou a tendencia lexislativa a engordar os resulta-dos da dereita.

Pero o sindicalismo de clase e o movemento social saben que as eleccións non se correspon-den exactamente coa realidade. Son quen de percibir nos resul-tados electorais que a maioría so-cial galega non apoia, nin apoiou, as agresións do PP aos traballado-res. Saben ler que, tras a aparencia deses resultados, a Feijóo agárda-no nas rúas deste país miles e mi-les de cidadáns dispostos a non se deixar pisar. E sabe extraer as con-clusións e as consecuencias mobi-lizadoras de que apenas un 24% das persoas con dereito a voto na Co-munidade Autónoma de Galicia e a súa diáspora decidiron apoiar ex-plicitamente as políticas que con-ducen cara á miseria e a barbarie.

Crise de culturaEntre as moitas mentiras que nos queren facer engulir os amos do mercado con xogos de linguaxe se-cuestrada como «políticas de adel-gazamento» ou «reaxustes», coa complicidade absoluta dos servos que manexan as institucións, ta-mén nos están a usurpar o dereito á cultura. Máis aínda, á cultura pro-pia. A cultura, no persoal e no co-lectivo, dános as ferramentas para actuarmos como seres autónomos, con capacidade crítica, na plenitu-de dos nosos dereitos, e xóngue-nos a unha colectividade maior na que nos desenvolvemos. Coa cultu-ra somos. Lingua, historia, memo-ria, tradición, territorio, creación, unha bagaxe de séculos que pode ser varrida en meses.

Vai para dous anos que a xente que traballamos no eido da cultu-ra en Galicia estamos a denunciar o desmantelamento que se está a executar, coa escusa da crise, pero con moito de desleixo e de vonta-de política. Con esta “non políti-ca” están a esnaquizar os mecanismos de transmisión e de recepción cultural, a ferir de mor-te as estruturas de produción e a provocar a desaparición de miles de postos de traballo: só nas artes escénicas arredor de 2000 persoas entre postos directos e indirectos. Na mesma desfeita está o sector audiovisual, ou o do libro, por non falar da inexistencia de xornais en galego, a estima da cultura musi-cal ou a conservación do patrimo-nio. Están a ser cuestionadas unha radio e televisión públicas, en ga-lego e de calidade.

E o que é máis grave: non se lle está a garantir á cidadanía o derei-to á cultura. O capitalismo dese-ñou unha culturización alienante, co engado das modas e das masas, que nada ten que ver con estimu-lar o desenvolvemento artístico e crítico da persoa.

Somos un sector que traballa cara a uns receptores, o noso “pro-duto” non sempre se pode cuantifi-car en diñeiro. Pero si, precisamos das axudas públicas para traballar con dignidade, e fornecer a socieda-de dunha galería de creacións rica e diversa, non dependente da lei dos mercados. Ese é o fin das axudas: facilitar programas onde calidade e variedade se conxuguen con re-gularidade, para garantir un acce-so democrático á cultura.

A cultura non é un gasto, é un in-vestimento de futuro. Por iso inci-dimos nunha vontade política que priorice a identidade cultural e o ben público. Porque, que crise pode desculpar a aplicación do Decreto de Plurilingüismo co que Jesús Vázquez provocou, cal Frai Diego de Landa, a queima de libros, men-tres concede axudas á Igrexa? Cal é a desculpa para suprimir progra-macións como Camiños da cultura, mentres corre o albariño no Gaiás? Daquela, cando rexeitemos os re-cortes na educación, na sanidade, nos servizos sociais, non esqueza-mos a cultura. Doutro xeito pode-riamos ser espectadores pasivos aplaudindo ás cegas no silencio.

O colectivo de traballadoras e traballadores da cultura non só iremos á folga, chamamos a ela.

Page 7: Xornal da CUT - 14N

Autónomos: máis paus para un elo débil O Estado asfixia coa subida do IVE os traballadores e traballadoras por conta propia, que levan adiantado 32 millóns deste imposto no que vai de ano

Con peches de escolas rurais, con carencias nos servizos básicos como rede de auga ou saneamen-to, con menos prazas públicas nos centros de maiores, recortes na asistencia e na dependencia, con ac-ceso limitado ás novas tecnoloxías, sen apoios dos gobernos, con axu-das á economía rural que se recon-verten en pistas deportivas, coa imposición por parte dos merca-dos de prezos por debaixo do custe de produción e a dependencia das axudas dunha Unión Europea que constrinxiu coas súas políticas o agro e o mar, o sector primario que foi a base económica do país ago-niza. Cando as explotación agra-rias non dan para vivir porque as

industrias tiran os prezos dos pro-dutos básicos e a escalada do custo do alimento do gando o volve ina-sumíbel, o campo está condenado á morte. Na última década máis da metade dos agricultores aban-donaron. Dos máis de 137.000 tra-balladores e traballadoras de 2002 quedan apenas 62.000, co conse-guinte despoboamento dun rural que as administracións non queren facer rendíbel. Mentres, a Xunta asiste á vez como man executora e espectadora: co recorte en benestar e axudas castiga con ganas o rural mentres lamenta que a súa capaci-dade de acción sobre o sector pri-mario está coartada polo Goberno do Estado e por Europa.

O titular di que Galicia encabeza o Índice de Produción Industrial do Estado español neste último ano –entre agosto de 2011 e de 2012, últimos datos dispoñíbeis–, pero unha mirada global sobre os datos lembra que este indicador que mide a evolución mensual da actividade produtiva de manu-facturas, minería e construción

acumula unha baixada do 23,4% dende 2007. A taxa de variación interanual deste índice só foi po-sitiva nos meses de xullo e agosto deste ano, o que permitiu realzar unha cifra que está precedida dun símbolo negativo dende agosto de 2010. Nos oito meses que van de ano, Galicia acumula un 4,1% de descenso medio do índice.

A retórica dos mandos políticos das administracións pasa por pedirlle á clase traballadora que opte polo emprendemento en épocas de cri-se como substitutivo dunha ver-dadeira aposta por incentivar o emprego dende o sector público. Pero mentres a oratoria e os discur-sos se enchen de loas ao empren-demento, os boletíns do Estado e os diarios oficiais da Xunta cortan os camiños de quen quere ser tra-ballador por conta propia. A subi-da do IVE dende o 1 de setembro obrígaos a encarecer os seus servi-zos para repercutir no cliente o au-mento de impostos. Non obstante, os autónomos deben adiantar ese pago aínda que as facturas estean sen cobrar. Os traballadores gale-gos por conta propia tributaron no que vai de ano 32,4 millóns de eu-ros en IVE ás arcas do Estado por tarefas que non saben cando van ingresar, segundo estima a Fede-ración de Autónomos ATA. Os au-tónomos do conxunto do Estado suman 635,7 millóns de IVE paga-do por adiantado.

Esta norma, que asfixia aínda máis a precariedade en que viven os traballadores por conta propia que menos facturan, parece igno-

rar que son as propias administra-cións públicas as que en moitas ocasións poñen ao límite aos au-tónomos: débenlles 4.978 millóns de euros no conxunto do estado español e tardan en pagar as súas facturas uns 161 días de media, se-gundo os datos de ATA. O Estado obriga así aos traballadores e tra-balladoras por conta propia a fiar-lle cartos mentres recorta a súa viabilidade empresarial e os seus dereitos sociais. Ademais, a reten-ción do IRPF a profesionais subiu do 15 ao 21%, nunha medida que o Goberno de Mariano Rajoy esti-ma que será temporal.

Acostumados moitas veces a traballar de forma solitaria, os au-tónomos deben ser conscientes do seu poder como conxunto: repre-sentan o 22,7% da clase traballa-dora do país, a pesar de que o seu número descendeu un 5,5% nos úl-timos catro anos. A súa desprotec-ción social, apenas disimulada por un seguro para casos de baixas la-borais e un paro que non se pode equiparar ao do resto dos traballa-dores, é aínda unha barreira que cómpre rebentar e un lastre máis que se suma aos recortes que o Go-berno impón a toda á cidadanía.

A morte asistida do campo

A produción industrial descendeu un 23,4% en cinco anos

Page 8: Xornal da CUT - 14N

PODER OBREIROo xornal da cutNº 12 · 6/11/2012Especial Folga Xeral

Imprimíronse 3000 exemplares en tinta negra e vermella deste xornal, na imprenta Tameiga, o 5 de novembro de 2012, feitos os corenta anos da folga xeral de 1972

Folga, pasado, presente, futuroNo ano 1166 antes de Cristo, en Exipto, as xentes que construían o monumento funerario a Ramsés III decidiron non traballar máis. Polo menos, mentres non recibisen os salarios que lles debían. Os investigadores consideran este acontecemento, recollido nun papiro exposto no Museo Exipcio de Turín (Italia), a primeira folga rexistrada da historia. Pero unha folga, e aínda menos unha folga xeral, non se fai só para o presente. Unha folga serve tamén para activar o pasado, ese en que viven a Comuna de París, Ferrol en 1972 abrindo paso á democracia popular, dez millóns de franceses que expulsan a De Gaulle a Alemaña, os mineiros asturianos organizados en soviets en 1962, as masas que meten o medo no corpo de Felipe González e José María Aznar até facelos recuar. Unha folga implica, ademais, o presente. E diríxese cara ao futuro. Cara aos que aí veñen. Igual que os que interromperon a produción ao longo dos séculos o fixeron para nós, para que as nosas condicións laborais e de vida se afastasen algo máis da miseria e da escravitude. O exercicio radical de solidariedade, o potencial espírito emancipador, a rebeldía contra unha vida fea, son todas cuestións que unha folga xeral pon en xogo. Só a unidade nas fábricas e nas rúas das traballadoras e traballadores e a loita sen cuartel contra os esquirois pode conducir un paro xeral cara ao seu obxectivo: a derrota do capital e a conquista da igualdade e da xustiza.

Os datos son coñecidos. As polí-ticas neoliberais da extrema de-reita europea están a empurrar as clases populares cara ao abis-mo. No Estado español, a ideo-loxía ultraconservadora operada polo Partido Popular defínese no escamoteo de conceptos como so-ciedade do benestar ou ben co-mún. Namentres se nos di que non hai diñeiro para garantir os servizos públicos máis elemen-tais, o Goberno do PP no primei-ro ano de mandato inxecta máis de 60.000 millóns de euros á ban-ca, a mesma banca que desafiú-za diariamente 500 familias das súas vivendas. A escusa da crise

económica está a servir de ariete para operar unha supresión sen precedentes de conquistas sociais gañadas a pulso durante décadas de loita. Atopámonos, por tanto, ante unha declaración de guerra, que merece unha resposta tan drástica coma coordinada.

As medidas criminais deseña-das dende a Troika –Comisión Europea, Banco Central e Fondo Monetario Internacional– aféctan-lle á clase traballadora de todo o continente, mais o saqueo non é uniforme e a Europa pobre, identi-ficada en termos xeográficos, mais sobre todo xeopolíticos, como Eu-ropa do Sur, está a padecer as peo-

res consecuencias da avanzada neoliberal. A esquerda destes paí-ses atópase, arestora, ante unha responsabilidade histórica, ao se situar como o faro do pensamento anticapitalista continental. A fol-ga xeral do 14 de novembro, con-vocada de xeito coordinado pola clase traballadora de Portugal, Grecia, Malta, Chipre e o Estado español –e acompañada de paros parciais en Italia–, non pode, por tanto, ser unha folga máis. O seu carácter solidario e internaciona-lista permítenos aprender dos no-sos veciños para avanzar na loita. Contra aqueles que dubidan da utilidade práctica dunha mobi-

lización, unha das primeiras en dar exemplo foi a esquerda portu-guesa, que se botou á rúa masiva-mente para se opor á suba da Taxa Social Única imposta polo gober-no conservador de Passos Coelho. A medida, que pretendía subir-lle os impostos até un 11% á cla-se traballadora e baixar un 6% os das empresas, tivo de se anular pe-rante a presión popular e sitúase como un dos alicerces da convoca-toria de folga xeral. Asemade, o ar-tellamento nos últimos tempos de estruturas políticas e militantes horizontais en Grecia, o Estado es-pañol ou Galiza, fala dunha certa posición de vangarda que procura

sobordar os límites do sindicalis-mo oficial e reformista.

Como pano de fondo do 14N si-túase a necesidade de transcender a folga como mobilización pun-tual contra unha lei ou un gober-no concretos. O carácter sistémico da explotación que padece a cla-se traballadora internacional obri-ga a procurar solucións que pasan pola mudanza de réxime, cons-cientes de que o capitalismo non se reforma, destrúese. Para isto cómpre, con urxencia, crear con-ciencia de clase no cotián, como xeito de pensamento político para lle dar resposta ás contradicións fundamentais do día a día.

Pobos do Sur de Europa, unídevos!