Xornal viaxeiro 2014

19

description

E como remate do proxecto educativo Viaxamos e Comunicámonos desenvolvido ao longo deste terceiro trimestre do curso académico 13-14 presentámosvos o Xornal Viaxeiro. Unha publicación comandada polo alumnado de 6º de Infantil na que poderedes ver como relatan as súas vivencias máis cercanas como uns auténticos xornalistas e máis se fan eco da actualidade social, política e cultural. Un xornal que non sería posible sen a colaboración das familias, que axudaron na casa a recoller as noticias e redactalas a modo de crónica.

Transcript of Xornal viaxeiro 2014

Page 1: Xornal viaxeiro 2014
Page 2: Xornal viaxeiro 2014
Page 3: Xornal viaxeiro 2014
Page 4: Xornal viaxeiro 2014
Page 5: Xornal viaxeiro 2014
Page 6: Xornal viaxeiro 2014
Page 7: Xornal viaxeiro 2014
Page 8: Xornal viaxeiro 2014
Page 9: Xornal viaxeiro 2014
Page 10: Xornal viaxeiro 2014
Page 11: Xornal viaxeiro 2014
Page 12: Xornal viaxeiro 2014
Page 13: Xornal viaxeiro 2014
Page 14: Xornal viaxeiro 2014
Page 15: Xornal viaxeiro 2014
Page 16: Xornal viaxeiro 2014
Page 17: Xornal viaxeiro 2014

Fomos visitar en Arteixo A Voz de Galicia. Vimos os ordenadores onde traballaban os periodistas, e estaban todos en silencio. No taller vimos a rotativa, que era a máquina que facía os periódicos e levaba moito papel. Usan catro tintas: amarela, vermella, azul e negra. Despois ían cunhas pinzas polo aire. Tamén vimos unhas bobinas xigantes de papel reciclado. Despois fomos visitar a redacción. Alí escribían as noticias e traballaban ata as doce da noite. Vimos tamén un plató de televisión onde había moitas cámaras e luces. Vimos o museo, vimos as fotos. Vimos xornais e máquinas antigas. Fixémonos unhas fotos diante do letreiro do avó que fundou o periódico. Cando saímos fomos comer a un parque e alí había moitos xogos. Comemos bocadillos de chourizo, de salchichón e de queixo. De postre galletas e pera. Estaba un día moi bonito así que puxemos gorras na cabeza. Ao rematar o xantar visitamos o aeroporto de Alvedro. Había dous avións, unha avioneta e un helicóptero. Un estaba queimado e chamounos moito a atención. O avión antes de despegar foi dar a volta e empezou a correr moito e logo saiu voando. Saudamos ao piloto. No porto había un barquiño de paseo. Veu a policía e díxonos que foramos rápido ao autobús que se non multábao. Vimos un trasatlántico botando fume pola cheminea e cando marchou nós tamén marchamos. Cando iamos no autobús voltamos velo. Tamén vimos a torre de control. E vimos que estaban arranxando un barco veleiro coa coroa do Rei Felipe para botalo á auga. Tamén moitos veleiros. Todos os barcos levaban a bandeira coa coroa. Cando marchamos do porto fomos merendar ao carón da Torre de Hércules. Había unha estatua dun señor que morreu hai moitos anos que se chamaba Hércules. Á volta algúns viñemos durmindo no autobús. Tamén recordamos as paradas do camiño para facer pis. Tamén usamos os baños do autobús. Pasámolo xenial!!!!

FIN DA VIAXE. O PROXECTO REMATA

Noticia redactada e escrita polos alumnos de Infantil.

Page 18: Xornal viaxeiro 2014
Page 19: Xornal viaxeiro 2014