Xuventude lévate a Italia, Francia, Grecia, Hungría...

13
Xuventude lévate a Italia, Francia, Grecia, Hungría, Romanía, Bulgaria ou Portugal Os xóvenes buscan novos futuros profesionais Gandarío, exemplo de cordialidade lingüística ENTREVISTA. Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

Transcript of Xuventude lévate a Italia, Francia, Grecia, Hungría...

Xuventude lévate a Italia, Francia, Grecia, Hungría,

Romanía, Bulgaria ou Portugal

Os xóvenes buscan novos futuros profesionais

Gandarío, exemplo de cordialidade lingüística

ENTREVISTA. Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

O novo programa de mobi-lidade xuvenil da Xunta per-mitirá que arredor de 200 mozos e mozas galegos se formen mediante a realiza-ción de prácticas en diferen-tes países europeos. Tal cifra supón duplicar o número de beneficiarios do proxecto, que en 2009 foran 103.

O proxecto acaba de ser aprobado pola Unión Europea e forma parte do programa Leonardo da Vinci. Supo-rá investir máis de 500.000 euros, fronte aos 300.000 de 2009. O periodo de forma-ción é de doce semanas, en empresas de diversos países europeos. Coas prácticas, os participantes poderán mello-rar as súas habilidades e co-ñecementos profesionais.

Os detalles do novo pro-grama adiantounos a conse-lleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na súa inter-vención no encontro europeo “Asociacionismo e Políticas de Xuventude”, celebrado na cidade rusa de San Peters-burgo con Galicia como con-vidada pola Unión Europea. No encontro, con represen-tación de once países, tamén

participou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

A conselleira suliñou que participar no espazo europeo é unha ocasión para ofrecer “perspectivas útiles para fa-vorecer políticas de impulso á xuventude” e observou un gran “potencial enriquece-dor” na mobilidade xuvenil e no intercambio con outros países.

Acordo en San Petersburgo

Mato e Rodeiro apro-veitaron a súa visita a San Petersburgo para reunirse co vicepresi-dente do comité de po-litica xuvenil e relacións con organizacións pú-blicas do goberno local. A xuntanza deu os seus froitos, xa que acorda-ron poñer en marcha un programa de intercam-bio para mozos e mozas galegos e rusos.

Intercambios en países europeosEn San Petersburgo

destacouse a aplicación modélica dos progra-mas europeos entre a xuventude galega. Bea-triz Mato lembrou que é a cuarta autonomía en proxectos aprobados no marco de “Xuventude en Acción”, só superada por Andalucía, Cataluña e Madrid, con moita máis poboación. A consellei-ra inscribe este éxito na aposta por unha política xuvenil participativa, in-tegradora e transversal.

Dobre de prazas no novo programa de mobilidade

“Programa Galego de Mobilidade: a Xuventude no Mundo” é o nome da ini-ciativa de intercambios xuvenís da Xunta que se desenvolve por primeira vez este ano. Vaise celebrar en sete países euro-peos (Italia, Francia, Grecia, Hungría, Ro-manía, Bulgaria e Portugal) e ofrece un to-tal de 119 prazas e 9 programas distintos.

En estadías dunha semana, os partici-pantes -de entre 18 e 30 anos- poderán coñecer o país elixido e os seus hábitos de vida. En cada unha das localidades de destino o programa terá temáticas distin-tas, que se abordarán en saídas culturais, conferencias, debates, encontros con aso-ciacións xuvenís da rexión ou obradoiros

sobre costumes locais. Como explica o di-rector xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, esta actividade permitirá “eliminar prexuízos, potenciando a solida-riedade, o voluntariado, a tolerancia e a comprensión da diversidade sociocultural”.

O goberno autonómico inviste neste plan arredor de 65.000 euros. Deste xeito, os participantes só van ter que achegar en-tre 100 e 300 euros, como máximo. Quen posúan o Carné Xove terán un desconto do 25%. O prazo de inscrición remata o 20 de agosto, a non ser que se cubran antes todas as prazas. Pode facerse por internet, enviando o formulario de solicitude ao en-derezo [email protected].

Líder en ideas aprobadas

O presidente da Xunta, Al-berto Núñez Feijóo, visitou os 180 xóvenes participantes no campamento de Gandarío (Bergondo). Un encontro no que Feijóo asegurou que ini-ciativas como os campamen-tos “supoñen unha aposta clara pola xuventude e polos valores de esforzo, de cor-dialidade, de aventura, de coñecemento do patrimo-nio cultural e da natureza” e mesmo “un intercambio coa xente doutras comunidades e polo tanto unha cordialida-de lingüística”.

O titular do goberno au-tonómico, que lembrou que uns 9.000 mozos participan nas actividades da Campaña Verán 2010, anunciou que

nesta lexislatura se aproba-rá unha lei “para regular os dereitos e garantir o acceso aos servizos públicos” por parte dos mozos galegos.

Tamén reiterou o seu com-promiso polo “rexuvenece-mento de Galicia” e por unha mocidade “formada, dialo-gante e cordial”.

O campamento de Gandarío, exemplo de cordialidade lingüística

O antigo mercado da Madalena alberga o novo local de ensaio musical para a xuventude de Fe-rrol. Sufragado pola Direc-ción Xeral de Xuventude con 70.000 euros, está totalmente insonorizado e conta con catro salas de ensaio, un estudo de gravación, sala de control e almacén. Cada sala foi equipada ademais co ins-trumental propio dunha banda de rock: batería,

guitarras, baixo, micrófo-nos e amplificadores.

O director xeral de Xu-

ventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, lembra que a rede Nsaio suma con este local 21 instala-cións por toda Galicia. No que vai de lexislatura, in-auguráronse tamén os de Teo, Allariz, Ribadavia e Carral, e están en obra os de Vigo, A Pobra do Cara-miñal, Bueu e Valga.

O certame “Xuventu-de Crea 2010”, no que poden participar xóvenes de entre 16 e 30 anos re-sidentes en Galicia, inclúe como unha das súas prin-cipais novidades a convo-catoria da modalidade de monólogos. Nesta catego-ría, xunto coas de teatro e música, os premiados re-cibirán un premio en me-tálico e poderán desenvol-ver as súas actuacións.

As propostas poden pre-sentarse ata o vindeiro 31 de agosto nas moda-lidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, vi-deocreación, banda dese-ñada, graffiti, carteis, des-eño de xoias e monólogos. En total, este certame da Dirección Xeral de Xuven-tude e Voluntariado conta con 128.000 euros en pre-mios.

Os mozos de Ferrol xa teñen local de ensaio

O Xuventude Crea 2010, tamén para monólogos

Curso de inglés. Os participantes en “Xuven-tude en Acción” poden asistir a un curso de in-glés do 6 ao 12 de nov-embro en Segovia. Con-sulta programa, obxec-tivos e descarga a soli-citude, que debes enviar a [email protected] antes do 17 de setembro.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia oferta para o vindeiro cur-so 51 accións formativas, cun total de 762 prazas. Todas as actuacións son de carácter técnico, espe-

cializado, gratuíto e orien-tado ao mundo laboral, sobre todo no ámbito das tecnoloxías da comunica-ción. A maioría dos cursos incluirán un exame gratuí-to de certificación.

762 prazas para formarse en novas tecnoloxías

Feijóo e Beatriz Mato cos rapaces do campamento coruñés

Personal Shopper É unha profesión que podería

considerarse como nova, aínda que en Estados Unidos é unha figura que leva en auxe desde os anos 80. Naceu en New York para atender as necesidades dos famosos que querían ter o máis exclusivo e elegante, tan-to nos seus estilismos de roupa, como na decoración das súas casas. A España non chega ata hai apenas 3 anos, momento no que comezan a darse a coñecer empresas e estilistas ‘freelan-ce’ do sector do comercio e da moda, dispostos a asesorar a persoas que, por falta de tempo ou sentido da estética, desco-ñecemento ou desexo de mudar a súa imaxe, requiren dos seus servizos. Así poderíamos definir aos personal shopper como ase-sores que axudan a encontrar o que máis se axusta ao teu estilo e necesidades.

Estes profesionais teñen que estar á última en canto a ten-dencias se refire para poder ofrecer un servizo personaliza-do, xa que para que o seu tra-ballo sexa exitoso deben coñe-cer ao cliente. Teñen que iden-tificar os seus desexos e nece-sidades. Todo iso require que se faga unha asesoría de imaxe que comeza por realizar unha entrevista persoal e un cuestio-nario para coñecer en profundi-dade ao cliente; en segundo lu-gar, faise unha análise de arma-rio, con iso saben cal é o punto de partida. Despois procédese cunha planificación do shopping e unha ruta de tendas. Para re-matar, o personal shopper ela-bora un informe persoal no que se exponen as conclusións do estudo. Así que, xa sabedes, quen algo quere algo lle cos-ta, non esquezades que nada é gratis.

Os novos profesionais adáptanse ás esixencias do mercado

O panorama laboral actual está en crise. Claro que esta afirma-ción non aporta nada novo, pos-to que xa hai un par de anos que comenzou unha liña descendente que asemella non ter fin.

A xuventude non deixa de pre-pararse para ser un candidato apto no mercado laboral e ter así un futuro con algunha garantía. Nembargantes, todo muda, in-cluso as innumerables profesións

que existen hoxe en día. Sobre todo grazas a Internet, ás redes sociais e, por que non, á moda. E será aí onde os xóvenes teñan o seu mellor caldo de cultivo para saír adiante nos próximos anos.

Coolhunter ou cazador de tendencias

Nada nos Estados Unidos a finais dos noventa, esta profesión instalouse en va-rios países, entre eles Es-paña, onde está en pleno auxe. Para entendernos, os coolhunters son profesio-nais que, sen chegar a ser visionarios, adiviñan ou in-túen as tendencias que es-tán por chegar. Antes que nada teñen que ser persoas cunha gran capacidade de observación e intuitivos, para poder sinalar así qué se porá de moda e colocar con éxito un producto no mercado. Deste xeito, a in-formación que conseguen é de utilidade para saber se as tendencias representarán unha oportunidade ou unha ameaza para un negocio concreto.

Vivimos nun mundo con-sumista, polo que actual-mente o que se busca é a innovación, e é ahí onde aparece a figura dos cool-hunters. O seu traballo con-siste, entre outras cousas, en saír á rúa para falar e ob-servar á xente no seu propio entorno. Logo fanse segue-mentos dos entrevistados, envíanse cadeas de e-mails para saber qué opina a xen-te sobre un tema, lévanse a

cabo técnicas de investiga-ción sociolóxica e até acu-den a barrios e festas popu-lares onde as persoas son aínda máis auténticas.

Para saír á rúa, estes pro-fesionais teñen que saber onde mirar, recurrindo a fontes documentais e físi-cas; cómo mirar, liberán-dose dos propios prexuízos e interpretar recurrindo a

todos os indicios. Eso sí, de nada serve un cazador de tendencias se non é quen de aceptar, comprender e ana-lizar diferentes estereotipos. É vital que se actualicen en todos os ámbitos e que ob-teñan información, polo que para eles o uso dos medios, sobre todo internet, é vital na súa actividade. Activi-dade que vai máis alá da moda.

Nembargantes, os cool-hunters teñen os seus opos-tos, os uncoolhunters, algo así como os caza ten-dencias da non moda. Así, esta actividade remove o barato pretencioso. Xa sa-bedes, como din por aí, re-novarse ou morrer.

Chief social media officer Por riba da figura do community manager xurde este

profesional que é un cargo executivo que informa direc-tamente á Dirección Xeral sobre a influencia da firma nas comunidades dixitais. “Este profesional responsabi-lízase da definición e execución da estratexia global da empresa nas redes sociais online, apoiándose nos seus community managers”, explica Xavier Mocholi, socio de Rest Forderest.

Community manager ou responsable de co-munidade

Este profesional é a voz e os oídos da empre-sa na rede. Encárgase de crear, xestionar e dinami-zar unha comunidade de usuarios na Internet con independencia da platafor-ma que empreguen.

Entre as súas habilida-des atópanse a facilidade e corrección na redacción de textos e a habilidade para fomentar o intercambio de coñecementos e opinións entre os usuarios. Por iso é unha profesión especial-

mente indicada para xor-nalistas, profesionais do marketing, publicistas e outros comunicadores.

Novas ofertas laborais

Profesións web:un oasis na

crise mundial

O 82% dos xóvenes con-dutores galegos nunca bebe alcol se vai conducir. O outro 18% aínda o fai de vez en cando. Estas cifras sitúan aos galegos como os xóve-nes máis concienciados de España, onde un 70% nun-ca bebe antes de conducir e o 10% recoñece que a cotío conduce despois de inxerir alcol. Os datos figuran nun-ha enquisa da Federación Española de Bebidas Espiri-tuosas (FEBE), na que foron consultadas 823 persoas.

Outro indicador que deixa moi ben parada á xuventude galega é que é a que máis pon en práctica a figura do condutor alternativo. Un 79% din utilizar este siste-ma cos amigos ou parellas, fronte ao 69% da media to-tal española. É máis, o 81% dos enquisados galegos ase-gura que intenta convencer ao conductor de que non colla o coche se inxeriu alcol e un 63% amósase disposto a buscar outras alternativas de transporte para volver para a casa despois dunha

A xuventude galega, cada vez máis concienciada

Garantía para o futuro do Camiño.- Na xuventude “reside o mellor garante de que o Camiño terá moitas novas etapas”. Con estas palabras, salientou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a impor-tancia da Peregrinación y Encuentro de Jóvenes (PEJ), durante unha recep-ción ofrecida polo Arcebispo de Santiago, Don Julián Barrio.

O titular do goberno autonómico expli-cou que “se Compostela é o corazón es-piritual de Europa e o Camiño a súa arte-ria principal, á vista está que ese corazón segue latexando con forza”. En referen-cia ao éxito do Camiño entre os xóvenes europeos, Núñez Feijóo engadiu que “en Santiago seguen estando moitas das res-postas que busca o home de hoxe para disipar os seus medos e afianzar as súas esperanzas”.

Nesta peregrinación masiva organizada

pola Igrexa Católica, participaron un total de 12.000 xóvenes. Durante varios días participaron en Santiago de Compostela en diversas catequeses, rezos e conferen-cias, e tamén asistiron a actuacións de tí-teres e teatro, concertos musicais e obra-doiros. O evento culminou cunha misa multitudinaria celebrada no estadio de San Lázaro, coa presenza de arredor de cincuenta bispos e uns catrocentos sacer-dotes.

Oito de cada dez condutores galegos xóvenes evitan o alcol

Sobe o número de usuarios do Noite-bús.- Unha das mello-res alternativas para o transporte seguro nas saídas de ocio nouturno é o Noitebús, un ser-vizo que está a incre-mentar constantemente o seu número de usua-rios. En xullo, foron 35.430 (1.922 máis que no mesmo mes do ano pasado). Entre as 117 rutas existentes en toda Galicia, a máis usada é a que conecta as zonas de marcha dos conce-llos da Coruña, Sada e Betanzos.

Na praia, separa-mos.- Outra mostra de concienciación social, neste caso relaciona-da co medio ambiente, estase a dar este ve-rán nas praias galegas coa campaña “Sepa-ranapraia”, encamiña-da a mellorar a correc-ta xestión de residuos nos areais. A campaña usa técnicas publicita-rias chamativas como o “flash mob” ou actua-ción sorpresa na praia da Ladeira (Baiona).

noite de marcha antes que ser pasaxeiro dun condutor pouco responsable.

A figura do condutor al-ternativo, unha das que in-tenta promover a campaña LIBRE, posta en marcha

pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntaria-do, experimentou unha rá-pida implantación en moi poucos anos. Ademais de que un 79% xa a utiliza de xeito habitual, un 90% de-clara tela usado polo menos

unha vez. No 2003, este in-dicador non pasaba do 5%, segundo a mesma enquisa. E hoxe practicamente todo o mundo coñece este hábito de condución segura, cando hai sete anos non era nin a cuarta parte.

Viñetas desde o Atlántico volve a mirada ao mestre fundador do cómic moderno

A decimoterceira edición do Salón Internacional do Cómic “Viñetas desde o Atlántico”, celebrada na Coruña entre o 9 e o 15 de agosto, centrou este ano a súa mirada en Will Eisner, considerado o precursor da narración gráfica moderna. O recoñecido autor estado-unidense, falecido en 2005, fora convidado en varias ocasións para o salón coru-ñés, pero nunca lle fora po-sible acudir.

A obra de Eisner é obxec-to da principal exposición do salón. Trátase dunha re-trospectiva comisariada por Denis Kitchen, que exhibe por primeira vez en Espa-ña pranchas orixinais de traballos tan prestixiados como “The Spirit”, “A Con-tract With God” ou “To the Heart of the Storm”. Aínda que o festival xa rematou, a antoloxía pode seguir véndose no Pazo Municipal.

No “Viñetas desde o At-lántico” ofreceuse tamén

unha das máis completas exposicións sobre banda deseñada en prensa a ni-vel mundial. Con máis dun cento de orixinais do colec-cionista Jaume Vaquer, ta-mén comisionario da mos-tra, non faltaron por exem-plo tiras de “Little Nemo”, “Dick Tracy”, “Phantom”, “Popeye”, “Flash Gordon”, “Tarzán” ou “Peanuts”, en-troutras aparicións do últi-mo século na prensa nor-teamericana, máis pródiga neste subxénero.

Entre as mostras máis particulares, figura a dedi-cada á presenza dos esque-letes como elemento icono-gráfico ao longo da historia da banda deseñada. Todo un detalle tétrico, aprovei-tando ademais que duran-te o salón caeu un venres 13. E tamén outra sobre cidades mergulladas, con historietas europeas e nor-teamericanas que transco-rren en profundidades ma-riñas, unha constante no mundo do cómic.

O Salón Internacional da Coruña dedicou a súa edición deste ano a Will Eisner

Convidados de luxo.- “Viñetas desde o Atlántico” é cita ineludible para afeccionados e profesionais da banda deseñada. Nestes anos, sempre baixo a di-rección de Miguelanxo Prado, posicionouse como un dos principais acontecementos no mundo da novena arte. Esto permítelle tanto repasar a historia do xé-nero como abordar a súa actualidade, en conferen-cias e exposicións. Este ano contou con convidados como Víctor Rivas, creador da personaxe paródica Harry Pórrez; Camille Jourdy, premio revelación no festival de Angulema; Dave McKean, autor de referencias como Arkham Asylun; o renovador fran-cés Émile Bravo de novo o gaditano Carlos Pache-co, xa consagrado internacionalmente.

O JOKER ÚNESE ENTRA EN ESCEA NA CORUÑA.- Cada ano o “Viñetas desde o At-lántico” incorpora unha nova figura de cartón-pedra á colección das que se distribúen en diversos puntos da ci-dade. Nesta ocasión, uniuse ao grupo por primeira vez un ‘malo’: o Joker. O colorista inimigo de Batman estreouse diante do Kiosko Alfonso. Toda a urbe volveu a ser in-vadida por personaxes como Astérix e Obélix, Mortadelo, Superman, El Capitán Trueno, He-llboy, Batman, Wonder Woman, Spiderman, Clara, Lucky Luke ou Tintín, que por unhas sema-n a s aban-dona-ron as s ú a s v i ñ e -t a s p a r a e n -treter a o s s e u s lecto-res.

- Cal é o potencial do software libre en Galicia?

- O potencial do software libre ga-lego radica na calidade das súas em-presas e dos seus membros: somos empresas novas cun alto grao de implicación dos seus compoñentes, case nulo nivel de rotación, emprego de calidade en toda Galicia, un nivel de colaboración entre empresas altí-simo e un alto grao de coordinación das empresas para compartir recur-sos ou planificar proxectos conxun-tos.

- Ata que punto está aproveita-

do? - Desde Agasol intentamos apro-

veitar e impulsar este potencial me-diante grupos de traballo internos, promovendo as oportunidades de negocio dentro e fóra de Galicia en diversos gobernos e organismos, aproveitando o potencial de colabo-ración que temos e as sinerxias que se producen entre os socios.

- Cara onde pode evolucionar? - Contamos coa experiencia e os

profesionais necesarios. Non son poucos os que dubidan destas con-viccións, pero fano sen un coñece-mento verdadeiro da excepcional situación de Galicia. Nada se logra-

rá, sen embargo, se o liderado non é firme e se a vontade política non é rotunda. O mundo do software e das TIC é moi dinámico e só cómpre esperar unha verdadeira incidencia a nivel galego se o goberno non dubi-da en porse á fronte dunha iniciativa tan necesaria como oportuna.

Estamos en Galicia e podemos afir-mar sen complexos que contamos coas capacidades e a experiencia para aspirar ás maiores responsabili-dades na escena rexional, nacional e internacional, tanto se falamos dun-ha preeminencia tecnolóxica como se nos referimos a un liderado polí-tico en favor da cultura libre, as no-vas formas de cooperación e a de-fensa da libre competencia. Apostar polo software libre significa preparar o mellor escenario posible para un despregue eficiente da sociedade da información, xa sexa que pensemos na reducción de custes informáti-cos, xa sexa que queiramos subliñar a creación do tecido industrial ou a transparencia na xestión da cousa pública.

- “Libre” e “negocio” parecen dúas ideas contrapostas. Hai mercado e posibilidade de xerar actividade económica co soft-ware libre?

- Esta pregunta paréceme moi in-teresante e crucial. Desde Agasol pensamos que o software libre re-presenta unha opción tecnolóxica de calidade que impulsa a innovación. O software libre crea tecido industrial e asegura a libre competencia. Ade-mais, fomenta o escrutinio público e optimiza o gasto informático. Tamén garante a igualdade de oportunida-des dos provedores e a seguridade da información. O software libre en-sancha as liberdades na sociedade da información e favorece a cultura aberta.

O software libre é rendible, xa que fomenta a competencia e crea un mercado competitivo, o que implica optimizar os custes de desenvolve-mento, integración e mantemento, propicia a reutilización de recursos, evitando gastos redundantes, permi-te xestionar o gasto e aplicar políti-cas económicas de desenvolvemento e implantación máis eficientes, libe-rando recursos que poden ser dedi-cados ao desenvolvemento, mante-mento e formación. Todo elo supón un incremento neto dos retornos de inversión.

Ademais, o software libre faci-lita a interoperabilidade, e por elo reduce os custes de integra-ción de sistemas. -O software

libre crea tecido industrial xa que o acceso libre ao có-digo, así c o m o a li-berda-de de modi-f i ca lo e re-distr i-b u í l o , facil ita unha li-berdade de in-novación necesaria para o flo-recemento de novo teci-do indus-

Luis Alberto Fernández Marqués, xerente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol)

“Galicia aspira a maiores responsabilidades na escea internacional do software libre”

trial. O software libre asegura a libre competencia, xa que a súa natureza libre evita os monopolios de empre-sa e fomenta os proxectos colabora-tivos e as economías de escala.

- A crise económica, repercute

de forma especial neste sector?- Dicía Einstein: “Non pretendamos

que as cousas cambien, se sempre facemos o mesmo. A crise é a me-llor bendición que pode sucederlle a persoas e países, porque a crise trae progresos. A creatividade nace da angustia como o día nace da noite escura. E na crise que nace a inven-tiva, os descubrimentos e as grandes estratexias. Quen supera a crise su-pérase a si mesmo sen quedar ’supe-rado’”. Eu creo que o xenio da física, unha vez máis, tiña razón, xa que segundo un estudo realizado pola consultora IDC, a crise económica fai moi atractivas as solucións que brinda Linux. Algúns datos extraídos deste estudo indican que: máis do 50% dos executivos de TI enquisa-dos planean acelerar a adopción de Linux este ano, máis do 72% está avaliando ou xa decidiu aumentar a adopción de servidores Linux este ano, e máis do 68% ten a mesma in-tención para as estacións de traballo.

Entre os motivos principais para migrar a Linux figura o económico. Un moi bo dato que tamén aparece

neste informe é que o 49% dos en-quisados dixo que a plataforma open source será o seu principal software de servidor dentro de cinco anos. Desde Agasol opinamos que “as re-cesións económicas tenden a acele-rar as novas tecnoloxías, impulsar a adopción de solucións eficaces e sancionar aquelas solucións que non son competitivas desde o punto de vista dos custes”.

- Cales son as principais trabas

que atopan para difundir o soft-ware libre?

- Actualmente o descoñecemento por parte da cidadanía en xeral, an-que cunha aposta clara por parte da administración polo Software Libre este impedimento reduciríase moití-simo.

- Cre que o software libre está o suficientemente valorado polo usuario? Percibe entre os mozos unha maior predisposición a este tipo de software?

- Claramente, cada vez comeza a ser máis valorado e os seus princi-pais divulgadores son as persoas mozas, que o utilizan sen ningún tipo de medo ao cambio.

- Lémbrenos que vantaxes pode ter para o usuario.

- Todos os formatos son estándar e

así permiten unha interoperativida-de máis alta entre sistemas, evitan-do incompatibilidades. Sistemas sen portas traseiras e máis seguros. O acceso ao código fonte permite que tanto hackers como empresas de seguridade de todo o mundo poidan auditar os programas, polo que a existencia de portas traseiras é ilóxi-ca xa que se porían en evidencia e contravén o interese da comunidade que é a que o xera. Eliminación do pirateo. Calquera persoa capacitada pode traducir e adaptar un software libre a calquera lingua. Os sistemas de almacenamento e recuperación da información son públicos. Calque-ra pode ver e entender como se al-macenan os datos nun determinado formato ou sistema. Independencia do provedor. Elimínase a necesida-de de cambio continuo dos equipos debido aos requirimentos de máis velocidade e memoria dos sistemas operativos que actualmente hai no mercado. E por último crea novas formas de cooperación e favorece a cultura aberta.

- Cales son os prexuízos que máis lles custa combater?

- O principal prexuízo é o pensar que no Software Libre “todo é gratis” e a resistencia que temos os seres humanos ao cambio anque este sexa bo.

“Os mozos utilízano sen medo ao cambio, son os principais divulgadores”

Aínda que xa son moitas as citas musicais celebradas ao longo de todo o territorio nacional, dende Xuventude.Novas queremos ofercervos algunhas alternativas intere-santes para o que queda de verán.

Comezamos con Electro-beach, que nace este mes-mo verán da man do equipo de Electrosonic Festival. A organizadora do evento, que leva un dos festivais es-pecializados en música elec-trónica máis coñecidos do panorama español, anun-cia unha nova proposta que

manterá o espírito de Elec-trosonic Festival, pero nunha localización completamen-te distinta. Electrobeach terá lugar en Benidorm (Alicante) durante os próximos 26, 27 e 28 de agosto.

Este festival é unha inicia-tiva que ofrecerá unha visión lúdica do panorama electró-nico nacional e internacio-nal. Electrobeach achegará a cultura electrónica cun gran cartel e ofrecerá varias pro-postas diferenciadas para as súas tres xornadas, unidas polo esqueleto da música electrónica.

Os festivais no verán, unha opción única para desfrutar do bo tempo e da mellor música

Puntos de venda de entradas:

Musikaze, Ser-vicam, caixeiros au-tomáticos, no teléfono 902 44 43 00 e na rede Ticketmaster e esta-blecementos autori-zados.

Prezos45 euros durante

agosto e 50 euros en despacho de billetes (gastos de distribución ou comisión aparte).

Electrobeach FestivalSol, praia, música e baile. O Elec-

trobeach Festival ofréceche unha fin de semana única e inolvidable nunha cidade feita para o disfrute. Ó longo destes tres días (26, 27 e 28 de agosto) sucederanse diversos eventos en Benidorm onde poderás desfrutar de concertos e actuacións de numerosos artistas. O recén nado festival electrónico dividirase en tres espazos principais que po-des escoller en función da hora e do que máis desexes escoitar.

Beach StageCando chega a tarde comeza a

festa, e nada mellor que facelo xun-to á praia de Levante cos mellores colectivos. Durante os tres días do festival haberá sesións gratuitas desde as 17:00 horas.

Sunset SessionsOs fins de tarde de Electrobeach

serán especiais. Sobre todo para aqueles que prefiran os sons máis tranquilos da música electrónica e gusten dunha banda sonora perfec-

ta para que o día se funda coa noite nun dos lugares con máis encanto da cidade, o Mirador do Castelo. De xoves a sábado, entre as 19:00 e as 22:00 horas, gratis e para todos os públicos, as Sunset Sessions farán que aumente a temperatura. Como prato forte, o xoves 26, estarán os alemáns Mo’Horizons cun inconfun-dible estilo que combina bossa-no-va, jazz, soul, funk ou afro.

Global PartyO venres 27 será a xornada prin-

cipal do Festival. O Palacio de De-portes L´Illa acollerá a varios ico-nos mundiais da electrónica: Carl Cox, Richie Hawtin, Sven Väth, Cristian Varela e Christian Smith entre outros.

O sábado 28 será unha xorna-da completamente distinta, xa que Electrobeach separará a súa progra-mación en varias salas da cidade, coma as discotecas Ku e Mansión, nas que se confeccionarán sets que equipararán cada sala a escenarios dun mesmo evento.

Electrobeach terá lugar en Benidorm, do 26 ao 28 de agosto

Last Tour Internacional vén de anunciar a súa esperada alterna-tiva ao Electric Getafe, o festival En Vivo. A primeira edición cele-brarase do xoves 30 de setembro ao sábado 2 de outubro en Xetafe, no mesmo recinto que deu cabida ao Sonisphere deste ano. Trátase dun macro festival composto uni-camente por artistas nacionais. Ata uns setenta nomes formarán parte do cartel do evento.

En Vivo contará con catro esce-narios, nos que se representarán estilos coma o rock, metal, punk, hip-hop ou a world music.

Dentro do rock destacan artis-tas como Fito & Fitipaldis, Rosen-do, Los Suaves, Siniestro Total ou Celtas Cortos, todos eles con varias décadas de traxectoria ás súas costas. Artistas consagrados nos últimos dez anos de noso rock como Ska-P, La Cabra Mecánica ou Quique González tamén formarán parte deste encontro musical. O metal chegará da man de Def Con Dos, Narco, Hamlet, Su Ta Gar ou Coma ou a revisión de todos estes estilos que fixo unha gran realidade coma xa son Berri Txarrak. No que a world music se refire, flamenco fusión ou mistura haberá unha am-pla representación encabezada por bandas como Ojos de Brujo, Cante-

ca de Macao, Terrakota ou incluso O´Funk´Illo. O punk, metal e rock duro non podían faltar nesta gran cita. Clásicos da época dourada do punk como Evaristo ou Reinciden-tes. Outro dos estilos que terá un peso específico será o de hip-hop e o rap. Os mellores nomes do xé-nero en España estarán en Xetafe. Mala Rodríguez, Violadores del Verso, SFDK, La Excepción... Por último, as bandas tributo a len-das como Iron Maiden, AC/DC, The Clash, Rage Against The Machine, Platero y Tú ou Extremoduro.

En Vivo terá lugar no Geta-fe Open-Air, un novo recinto de 63.000 metros cadrados situado

en Xetafe, a poucos metros do Ce-rro de los Ángeles, unha fantásti-ca zona verde con árbores onde se situará a zona de acampada de 200.000 metros cadrados. Ademáis haberá una amplo parking preto do recinto.

Festival En Vivo

O Festival Cambrirock, o máis im-portante da provincia de Tarrago-na, celebrarase entre os días 19 e 22 de agosto no recinto Cambrirock de Cambrils. Consolidado coma un dos referentes do verán, este ano presenta como grandes reclamos as actuacións de Mago de Oz, Los Planetas, Antonio Orozco, Viva la Fête ou Violadores del Verso.

O Cambrirock manterase fiel á súa concepción inicial, cunha varie-dade de estilos destacable pero co Rock con maiúsculas como denomi-nador común.

A primeira noite, a do 19 de agosto, adicarase ao heavy metal, cos madrileños Mago de Oz como cabezas de cartel que presentan os temas do seu recente ‘Gaia III – Atlantia’.

A xornada do día 20 dará o pro-tagonismo a escea indie e, en con-

creto, ao grupo español Los Plane-tas. A banda presentará o seu no-veno traballo de estudo, “Una ópe-ra egipcia”. Xunto a eles actuarán os belgas Vive la Fête, outro dos pratos fortes desta edición.

O 21 é o día gratuito do festival. Por unha banda, haberá unha ac-tuación para todos os públicos pro-tagonizada polo cantautor Antonio Orozco que actuará ás dez da noi-te. Como telenoro estará o grupo Funanbumlista. A partires das doce da noite chegará o Cambrirock Club, coas actuacións da formación do Masnou Delafé e Las Flores Azu-les, co seu rock electrónico, e Cy-

cle coa súa mistura de funk, rock e electrónica. A noite pecharase coa sesión de Yasmine Gate VS Fea Fea.

A última xornada do festival es-tará monopolizada polo hip-hop, co grupo Violadores del Verso como principal atractivo. O cartel o com-pleta Xhelazz, Matador Rockers e o grupo local N´Klave.

EntradasO abono para os tres días é de

48 euros e poderase comprar no PIJ ou no Patronato de turismo de Cambrils. Tamén a través de Ticke-tmaster ou na web do Festival.

Cambrirock 2010

Pouca equipaxe, calza-do cómodo, boa vontade e moito tempo. O verán ofre-ce unha alternativa de viaxe barata moi empregada polos máis novos: o “mochileo”. Acampar ao aire libre e go-zar de paisaxes semidesco-ñecidas da nosa xeografía son as súas maiores van-taxes, sen esquecer que é unha opción moi apetecible nestes tempos de crise eco-nómica. Pero non vos deixe-des engañar. Para que non sexa un completo fracaso, o “mochileo” debe ter en con-ta algunhas pautas básicas que aquí vos explicamos.

1. Transporte público: trens e autobuses son os n o s o s maio-res alia-d o s .

De todos os xeitos, o coche propio sempre nos permiti-rá chegar de xeito rápido e doado ao noso destino. E se o compartimos cos amigos, ademais de facer a viaxe máis levadeira, aforraremos en custes. A opción de alqui-lar unha furgoneta tamén é moi válida se imos en grupo e non pensamos dumir baixo teito.

2. Pernoctacións: a ofer-ta de campings e albergues é ampla e diversa, sen es-quecer que o camping libre segue sendo posible, aín-da que hai que ter en conta onde se pode facer e r e s -

pectar a prohibición de facer lumes. Dependendo das no-sas inclinacións ( p e r -correr paraxes naturais ou achegarse á vilas e cidades) deberemos buscar o que mellor se adapte ás nosas necesidades. Podes atopar un completo listado de cam-pings de Galicia aquí.

3. O petate: escolle unha mochila de calidade, con armazón interior e non es-quezas equiparte con un bo saco de dumir e unha ten-da de campaña doada de montar. Se vas empregala con asiduidade, invirte algo nela e opta polo doble teito.

Completa a equipaxe con roupa e calzados cómo-

dos e un kit de uten-silios para comer,

que non todo vai ser bocata.

Viaxar coa casa na mochila SuxestiónsPara todos aqueles que escollades esta alternativa de

vacacións, tede tamén en conta que o “mochileo” non é deixar o fogar e coller a estrada con rumbo descoñe-cido. Cómpre informarse do lugar que queremos visitar para evitar sorpresas desagradables.

En Turgalicia podedes atopar abundante informa-ción sobre os destinos e as mellores datas para visita-los. Desde Xuventude Novas vos deixamos un par de suxestións:

Expreso Ribeira SacraAta finais

de setembro aqueles que aínda non co-ñezan a Ri-beira Sacra teñen a opor-tunidade de subir a este expreso, un tren de mu-seo recupe-rado para a ocasión, que nos permite apreciar a monumentalidade da zona nun traxecto que transcorre entre Monforte e Ourense, se-guindo o curso dos ríos Miño, Sil e Cabe por un prezo entre 14 e 22€/persoa.

Turismo Mariñeiro Con 1200 km de costa, as opcións

son amplísimas con praias dunha gran beleza e diversidade na que po-demos atopar longas praias de fina area, escondidas calas e espectacu-lares cantís.

Acampar ao aire libre, unha alternativa de viaxe barata

REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

A CORUÑA19 de agostoEat more cake, Niño BurbujaLe Club

27 de agostoWe are Standard Xardíns de Méndez Núñez

28 de agostoPromenadeSala Garufa

4 de setembroThe noisersSala da FNAC

11 de setembro. Supertramp Coliseum.

VIGO18 de agostoDatalion Mondo Club

20 de agostoSinestesiaLa Fábrica de Chocolate

23 de agostoConfronto + Yidorah

La Fábrica de Chocolate

6 de setembroObituary + Exquisite PlusMondo Club

9 de setembroMunich + IglooLa Fábrica de Chocolate

CHANTADA19 de agostoLamatumbá

20 de agostoBrother´s in band!

CARIÑO20-21 de agostoORTEGAL ROCK

VILALBA21 de agostoFestival Independente de Vilalba: Love of Lesbian, Zenttric, Estereotipo, Eat More Cake, Zinc So

CERVO20 de agostoSnatchO Muíño

BANDEIRA20 de agostoFracasados de AntemanoEsmorga Folk

O GROVE21 de agostoRaimundo Amador El Náutico

27 de agostoARIEL ROTEl Náutico

MEIS21 de agostoFestival DOLOROCK 1990`s, Triángulo de Amor Bizarro, Supersubmarina, Igloo, eME DJ, R. Bodegas DJMosteiro

FERREIRA DE PANTÓN21 de agostoFestival do Castro: Funky Style Brass, Alberto Mvundi, Coanhadeira

XINZO DE LIMIA21 de agostoESQUIOSA Saínza

FERROL21 de agostoRevólverPraza de Armas23 de agostoAló DjangoPraza de Amboaxe

26 de agostoLos Suaves + Myself + Oddy Lane Praza de España

MONFORTE DE LEMOS24 de agostoGorka Benítez QuartetPraza de España

26 de agostoLemos Jazz ExperienciaPraza de España

SANXENXO25 de agostoCoti , Coque Malla, Martynez

BAIONA26 de agostoFestival Berra!: Bitter Mam-bo, Ganjahr Family, Los Sundayers, O’Funk’illo, Ri-vermind

SANTIAGO DE COMPOSTELA27 de agostoChayanneMultiusos Fontes do Sar

3 de setembroMarky Ramone´s BlitzkriegSala Capitol

BETANZOS27 de agostoYomelo MontosoloAdega do Pino

OURENSE3 de setembroMitocondriasCafé Cultural Auriense

11 de setembroLEONARD COHENPavillón dos Remedios

CULLEREDO4 de setembroFoundation Reggae Festival Paseo Marítimo do Burgo

PONTEVEDRA9 de setembroWe have bandSala Karma

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

NON OPERDAS

NON OPERDASMUSE E JONSI. SANTIAGO

27 DE AGOSTO. MONTE DO GOZO

ARCADE FIRE no MTV Day Galicia.5 DE SETEMBRO. SANTIAGO