XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia....

2
XXIV MOSTRA DE TEATRO POPULAR “MARUXA VILLANUEVA” MARUXA VILLANUEVA Do 18 ao 21 de agosto ás 22:00 Lugar: Praza do Cantón Entrada libre Faro Miño centro teatral organiza Maruxa Villanueva naceu en A Barrela (Carballedo) o 6 de maio de 1.906. Os seus primeiros vinte anos viviunos nesta localidade. No ano 26 emigrou a Arxentina e por casualidade encetou a súa carreira artística. En Bos Aires participou en numerosas representacións teatrais. Na televisión de Arxentina chegou a ter un programa de música galega. Naquela época foi considerada a “raíña do alalá”. No ano 49 retorna a Galicia encentando eiqui a súa andaina artística. Funda no 53 o grupo de teatro “Os Labregos”, actuando por todo Galicia e vivindo na súa casa de A Barrela e en Cercio (Pontevedra) xunto co seu marido e prestixioso autor teatral Daniel Varela Buxán. No ano 56 decide voltar a Bos Aires e retorna de novo a Galicia definiti- vamente no 62. Nesta época alternaba as estadías coa súa sobriña María Esther Victoria Varela Vázquez en Chantada — que fixera de Carmela na estrea galega (1.953) de “Se o sei non volvo a casa” co desaparecido grupo “Os Labregos”. Despois de Chantada foise “ Maruxa a Santiago onde se fixo responsable da Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón, dende a súa inauguración no ano 71. Dende ese ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia. Ao longo da súa vida, Maruxa Villanueva recibiu diferentes distincións, premios e homenaxes, destacando a prestixiosa medalla Castelao, concedída o 28 de xullo de 1.991 e que recolleu das mans do presiden- te da Xunta, Manuel Fraga. Finou Maruxa Villanueva o 24 de novembro de 1.998 en Padrón. Polo seu vencellamento a comarca de Ïïntada que tanto quería, o seu amor ó teatro a Rosalía de Castro e Galicia, recibiú unha lembranza e merecida homenaxe do pobo de Chantada a inmortal Maruxa Villanue- va o 20 de agosto de 1999. CONCELLO DE CHANTADA

Transcript of XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia....

Page 1: XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia. Ao longo da súa vida, Maruxa Villanueva recibiu diferentes distincións, premios

XXIV MOSTRA DE TEATRO POPULAR

“MARUXA VILLANUEVA”

MARUXA VILLANUEVADo 18 ao 21 de agosto ás 22:00

Lugar: Praza do CantónEntrada libre

Faro Miño

centro teatral

organiza

Maruxa Villanueva naceu en A Barrela (Carballedo) o 6 de maio de 1.906. Os seus primeiros vinte anos viviunos nesta localidade. No ano 26 emigrou a Arxentina e por casualidade encetou a súa carreira artística. En Bos Aires participou en numerosas representacións teatrais. Na televisión de Arxentina chegou a ter un programa de música galega. Naquela época foi considerada a “raíña do alalá”. No ano 49 retorna a Galicia encentando eiqui a súa andaina artística. Funda no 53 o grupo de teatro “Os Labregos”, actuando por todo Galicia e vivindo na súa casa de A Barrela e en Cercio (Pontevedra) xunto co seu marido e prestixioso autor teatral Daniel Varela Buxán. No ano 56 decide voltar a Bos Aires e retorna de novo a Galicia definiti-vamente no 62. Nesta época alternaba as estadías coa súa sobriña María Esther Victoria Varela Vázquez en Chantada — que fixera de Carmela na estrea galega (1.953) de “Se o sei non volvo a casa” co desaparecido grupo “Os Labregos”. Despois de Chantada foise “ Maruxa a Santiago onde se fixo responsable da Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón, dende a súa inauguración no ano 71. Dende ese ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia.

Ao longo da súa vida, Maruxa Villanueva recibiu diferentes distincións, premios e homenaxes, destacando a prestixiosa medalla Castelao, concedída o 28 de xullo de 1.991 e que recolleu das mans do presiden-te da Xunta, Manuel Fraga. Finou Maruxa Villanueva o 24 de novembro de 1.998 en Padrón.

Polo seu vencellamento a comarca de Ïïntada que tanto quería, o seu amor ó teatro a Rosalía de Castro e Galicia, recibiú unha lembranza e merecida homenaxe do pobo de Chantada a inmortal Maruxa Villanue-va o 20 de agosto de 1999.

CONCELLODE CHANTADA

Page 2: XXIV “MARUXA VILLANUEVA” MOSTRA DE TEATRO POPULAR · ano Maruxa Villanueva vivía para Rosalia. Ao longo da súa vida, Maruxa Villanueva recibiu diferentes distincións, premios

Luns día 18: GRUPO DE TEATRO “O BATÁN” FOZ “RETIRACTIVOS”

Martes día 19: “CHARAMELA TEATRO” MELIDE “O ACHADO DO CASTRO”

Mércores día 20: AGRUPACIÓN TEATRAL “MARIÑAN” BETANZOS “MARTINI SECO”

Xoves día 21: CENTRO TEATRAL “FARO-MIÑO” CHANTADA “BAMBALÚA”

O Centro Teatral "FARO—MIÑO" organiza, co patrocinio da delegación de Cultura do Concello de Chan-tada a vintecatro edición da Mostra de Teatro Popular Maruxa Villanueva. E esta unha mostra consolidada, sendo unha referencia dentro das mostras que o longo do ano se levan a cabo en Galicia. Chantada ao longo dos tempos tivo numerosas agrupacións que, aínda esporádicamente, contribuiron a dar a coñecer ao vecindario as esencias do teatro popular, como nos deixou escrito o benquerido Anxel Gomez Mon-tero. Por outra banda, e xa máis recente, diferentes colec-tivos como foron os desaparecidos "Lumieira" ou "Agrela", ou persoeiros da nos cultura como Pablo Rubén Eyré e tamén as diferentes comisions de festas, organizaron acti-vidades teatrais de relevancia. Un pobo sin teatro e un pobo a medias. Pero para que o teatro exista con toda-las consecuencias hai que crear conciencia cun significado e mostralo como opción posïtiva para ocupar o tempo libre... Como todos os anos pasada a segunda quincena de agosto, Chantada convírtese na capital do teatro popu-lar a nivel galego, sendo un referente no arte de Talía. O noso principal desexo que disfruten e se divirtan arreo.

Faro-Miño