HISTORICIDADE DOS CÓDIGOS MORAIS
Tema 2
Ética e Filosofía do Dereito
Índice
Relatividade histórico-cultural dos códigos morais
Lexitimación e variantes históricas da mesma
A perspectiva Emic e a perspectiva Etic
O etnocentrismo
1. Relatividade histórico-cultural dos códigos morais
1. Relatividade histórico-cultural
Os estudos antropolóxicos doutras culturas amosan gran diversidade de costumes, normas e valores.Esta constatación levada aos extremos = RELATIVISMO CULTURAL.
= un fenómeno cultural só pode ser analizado e explicado no contexto en que se produce.
Conduce ao RELATIVISMO ÉTICO = cada sistema moral é relativo ao seu contexto = todos os sistemas morais son igualmente válidos.
Lévanos ao ESCEPTICISMO ÉTICO: negación da posibilidade de establecer racionalmente conclusións éticas de validez universal.
1. Relatividade histórico-cultural
O relativismo cultural contribuiu a: fomentar a tolerancia
rebaixar pretensións de superioridade
Pero, ao levarse ao extremo pon en perigo a tolerancia (¿como se podería argumentar a superioridade da tolerancia sobre a intolerancia?)Estudos antropolóxicos recentes confirman que existen universais culturais, e concretamente éticos, que teñen validez universal.
1. Relatividade histórico-cultural
A constatación sociolóxica indiscutible da relatividade histórico cultural dos valores e normas culturais non implica suscribir que non exista ningún método para preferir uns valores sobre outros.
2. Lexitimación e variantes históricas da mesma
2. Lexitimación
As pautas de conduta culturais son FUNCIONAIS, están orientadas a obxectivos ou fins desexables.
Os códigos morais teñen unha funcionalidade especial:
buscan a realización da vida xenuinamente humana.
a súa funcionalidade é fráxil.
o proceso de socialización tende a reducir esta ameaza, pero a socialización nunca é completa…
2. Variantes históricas da lexitimación
Por iso, en todas as sociedades os valores e normas deben ser explicados e xustificados.
LEXITIMACIÓN (= respostas aos por ques últimos de normas e valores).
Completan a función cohesionadora da socialización.
Confiren autoridade ás normas e sancións.
2. Variantes históricas da lexitimación
Tres grandes modalidades
• A) relixiosa (historicamente moi importante). Unha norma é válida porque foi expresada por Deus.
• B) naturalista. A natureza é considerada como un libro no que o ser humano descobre e le a orde moral que debe rexir a súa vida.
Os valores dependen de
instancias externas e inmutables
+ Tomé de Aquino (s.
XIII)
+ Ilustración (s. XVIII)
2. Variantes históricas da lexitimación
• C) convencional – contractual: os valores son válidos porque así o deciden os humanos. A validez dependen da liberdade, racionalidade e vontade humana.
Os códigos morais son unha construción humana, convencional.
3. Perspectiva emic e perspectiva etic
3. Perspectiva emic e perctiva etic
A verdadeira utilidade de moitas normas morais (e non morais) non sempre é coñecido polos membros dunha cultura.
Teorizacións e lexitimación ocultan, ás veces, a verdadeira funcionalidade.
Isto foi denunciado por “filósofos da sospeita” como MARX e NIETZSCHE (séc. XIX).
3. Perspectiva emic e perspectiva etic
En antropoloxía, dobre plano na explicación e xustificación das pautas culturais:
Perspectiva EMIC: o punto de vista dos propios membros da cultura. Lexitimación explícitas
Perspectiva ETIC: o punto de vista dun observador alleo que pretende ser obxectivo e analizar a funcionalidade real de normas e valores.
DIFÍCIL de aplicar na propia cultura
Abre camiño a unha racionalidade moral máis transparente e menos distorsionada
4. O etnocentrismo
4. O etnocentrismo
As pautas de conduta institucionalizadas parécennos propias (carácter de naturalidade indiscutible).A pautas culturais doutras culturas parécennos estrañas.
= etnocentrismo
= erro de perspectiva
xulga ás culturas alleas con criterios da propia
actitude espontánea, difícil de evitar
propia de todas as culturas
4. O etnocentrismo
Ás veces as actitudes etnocéntricas conducen a ver os propios valores como absolutos e superiores.Por conseguinte, conduce a imposicións e intolerancia.Pode servir para dar cobertura a actitudes xenófobas, racistas e insolidarias.
RELATIVISMO CULTURAL: reacción contra a incomprensión e intolerancia do etnocentrismo.Vén sendo unha “vacina” contra o etnocentrismo, pero mellor sen levala ao extremo do escepticismo.
fin
Top Related