A AUGA
A auga na natureza.
QUE É A AUGA ?• A auga é un líquido que non ten cor e
que podemos atopar en todas partes. • O noso planeta A Terra está formada por
unha parte moi importante de auga.
Hai auga nas nubes, na neve, nas fontes, na chuvia e en moitos lugares máis.
As persoas, os animais e as plantas tamén teñen auga no seu interior.
Atopamos auga no mar e nos ríos. No mar a auga é salgada e nos ríos a auga é doce.
Non so podemos atopar auga doce nos ríos. Tamén na neve, nas nubes e nas lagoas.
Dependendo da cantidade de auga que haxa podemos ter paisaxes húmidas ou paisaxes secas.
PARA QUE NECESITAMOS OS SERES VIVOS A AUGA?• Para beber. • Para regar as
plantas.
• Para asearnos. • Para xogar e
divertinos
OS ESTADOS DA AUGAEstado gaseosoCando a auga se quenta moito, vólvese vapor.
Estado líquidoÉ como atopamos a auga normalmente.
Estado sólidoCando se enfría moito a auga, vólvese xeo ou neve.
O CICLO DA AUGACoa calor do sol, a auga evapórase formando nubes. O vento move as nubes cara a terra e cando chegan a zonas frías caen en forma de chuvia ou neve. Despois a auga baixa polos ríos e volve outra vez ao mar.
Top Related