A GUERRA DE TROIA
Vodas de Tetis e Peleo
• Eris, a deusa da Discordia, bota un mazá
de ouro coa inscrición: “Para a máis fermosa”, diante de Hera, Afrodita e Atenea
• Tetis baña a Aquiles na Lagoa Estixia.
• Consegue así que o seu
fillo sexa invulnerable en todo o corpo excepto no talón
Xuizo de Paris
• O troiano Paris debe elixir cal das tres deusas é
a máis fermosa.
• Elixe a Afrodita por prometerlle o amor da muller máis fermosa do mundo
A Fermosa Helena
• Era a esposa de Menelao, rei de Esparta.
• Paris acude á corte de Menalo nunha viaxe de negocios e alí namórase de Helena
Rapto de Helena• Aproveitando unha
viaxe de Menelao a Creta, Paris rapta a Helena.
Declárase a guerra
• Menalao, esposo de Helena, pide axuda ao seu irmán Agamenón, rei de Micenas, quen recrutará
un exército
entre os aqueos.• Cando Helena escollera esposo, os demais pretendentes
xuraran antes da elección que defenderían o matrimonio resultante. Por este motivo, os reis aqueos non podían negarse a participar na guerra.
O recrutamento
• Aquiles é descuberto por
Ulises na corte de Licomedes, onde fora escondido pola súa nai Tetis para non ir á
guerra.• A guerra de Troia
non podería gañarse se nela non participaba Aquiles.
Sacrificio de Ifixenia
• Para que a flota grega poidese zarpar rumbo a Troia, Agamemón debía ofrecer á
súa filla
Ifixenia en sacrificio para aplacar á
deusa
Artemisa. Só
deste xeito se calmarían os ventos contrarios.
• Segundo algunhas versións, Artemisa non permitiu o sacrificio, poñendo unha cerva no seu lugar e levando a Ifixenia a Táuride.
Comeza a Guerra
Aiax e Aquiles xogando aos dados
Aquiles cura a Patroclo
• Patroclo era o compañeiro de armas de Aquiles.
A ira de Aquiles
• Agamenón e Aquiles discuten polo reparto do botín. Ao quedar sen escrava, Agamenón ameza a Aquiles con privalo da súa escrava Briseida.
• Aquiles quere matar a Agamenón, pero Atenea aconséllale que se calme e se retire da batalla
Agamenón quita a Aquiles a súa escrava Briseida
Tetis suplica a
Zeus• Tetis pídelle
que favoreza aos Troianos no campo de batalla, para que os gregos sufran pola falta de Aquiles.
• Zeus concede a Tetis este desexo.
Menelao contra Paris
• Para evitar máis derramaneto de sangue, ambos bandos propoñen que se enfronten os dous esposos de Helena nun combate singular
Afrodita salva a Paris
• Afrodita libra a Paris de morrer baixo Menelao, sacándoo do combate nunha nube e levándoo ao leito de Helena
Embaixada, con Ulises á
fronte, para pedir a Aquiles que regrese ao campo de batalla
Morte de Sarpedón
• Ante a superioridade inminente dos troianos no campo de batalla,
Patroclo suplica a Aquiles que lle preste a súa armadura, para escorrentalos facéndose pasar por el.
• Patroclo mata a Sarpedón, caudillo de Licia e aliado dos troianos. Por ser fillo de Zeus, este envía a Hermes, a Morte (ΘΑΝΑΤΟΣ) e o Sono (ΗΥΠΝΟΣ) para que recollan o seu cadáver.
Loita polo cadáver de Patroclo
• Coa axuda de Apolo, Héctor mata a Patroclo e o despoxa da súa armadura.
• Os gregos loitan polo cadáver de Patroclo e, unha vez rescatado, lévano á tenda de Aquiles.
Dor de Aquiles
• Tetis e as ninfas mariñas acoden a consolar a Aquiles pola morte de Patroclo
• Aquiles decide volver ao campo de batalla para vingar ao seu amigo.
Tetis suplica a Hefesto que faga armas novas para
Aquiles
Héctor despidese da súa muller, Andrómaca, quen
presinte a súa morte
Príamo intenta convencer ao seu fillo Héctor para que non se enfronte a Aquiles e se resgarde na muralla
Combate entre Hector (ΗΚΤΟΡ) e Aquiles (ΑΧΥΛΛΕΥΣ). Vence Aquiles, vengando así
a
morte do seu amigo Patroclo
Aquiles ultraxa o cadaver de Héctor
Unha vez vengado Patroclo, Aquiles celebra xogos deportivos
na súa honra
Príamo acude a tenda de Aquiles con agasallos para suplicarlle que lle devolva o cadáver de Héctor
Andrómaca e o seu fillo, Astianacte, choran a Héctor
Aquiles é
morto por Paris, cunha frecha no seu único punto débil
Aiax recolle o cadáver de Aquiles
Aiax e Ulises discuten polas armas de Aquiles. Ulises consigue apoderarse
delas tras enganar a Aiax
Aiax tolea e suicídase
Neoptólemo, o fillo que Aquiles tivera con Deidamía (unha das fillas de Licomedes) incorpórase á
guerra e recibe as armas do seu pai de Ulises.
O cabalo de Troia• Despois de tantas mortes
Troia só
pode ser
conquistada mediante un truco: o cabalo de madeira ideado por Ulises. Os gregos finxen unha retirada e deixan un cabalo de madeira como ofrenda ás portas de Troia
Algúns troianos desconfían da ofrenda dos gregos e non queren
meter o cabalo na cidade
Laoconte, sacerdote de Apolo, e os seus fillos son engulidos por serpes mariñas por oponerse a meter o cabalo na cidade.
Casandra, filla de Príamo e Hécuba, adiviña de Apolo condenada a non ser crida, tamén predice a destrución de Troia co cabalo.
Destrucción de Troia
• Os troianos meten o cabalo na cidade e celebran a vitoria. Os gregos saen pola noite e destrúen Troia.
Morte de Príamo
• Neoptólemo, fillo de Aquiles mata a Príamo de xeito impío nun altar.
Astianacte, fillo de Héctor, é
arroxado dunha torre por Neoptólemo
Eneas
• Todos os homes troianos son mortos, excepto Eneas, fillo de Afrodita e emparentado coa casa real e Príamo. Este consigue escapar co seu pai Anquises, o seu fillo Iulo (ou Ascanio) e uns poucos compañeiros, levando os deuses Lares ou Penates. O seu destino será
fundar un grande imperio.
As Troianas
• As troianas nobres son levadas como escravas dos reis gregos e algunhas son violadas
Menelao perdoa a Helena e ambos regresan a Esparta
Morte de Agamenón
• Outros regresos non son tan afortunados: Agamenón é
asasinado pola súa esposa
Clitemnestra e o amante dela, Existo.
O regreso máis famoso foi o de Ulises ou Odiseo, que tardou dez anos en chegar á
súa patria, Itaca, debido a súa enemistade con Posidón
Feito por Susana Losada SotoIES de Melide,
(A Coruña, Galicia, España)
Top Related