A MATERIA E A SÚA
DIVERSIDADE
OS ESTADOS DA MATERIA
A materia preséntase en tres estados
Aire (gas)
Auga sólida (xeo)
Auga líquida
OS ESTADOS DA MATERIA
Sólido: forma propia e volume fixo.
Líquido: cambia de forma cando o cambiamos de recipiente. Ten volume fixo. Pode fluír.
Gas: tende a ocupar todo o volume que pode. Cambia a forma e o volume cando o cambiamos de recipiente. Pode fluír.
A TEORÍA CINÉTICA
A teoría cinética explica o comportamento da materia.
Ten dúas ideas fundamentais: A materia está formada por partículas. Estas están en continuo movemento.
OS ESTADOS DA MATERIA E A TEORÍA CINÉTICA Estado sólido:
Masa e volume fixos xa que as partículas están fortemente unidas.
As partículas poden vibrar, pero non desprazarse.
Estádo líquido: Partículas unidas pero non tan
fortemente. As partículas poden desprazarse, polo
que os líquidos poden fluír e adoptar calquera forma.
Estado gasoso: As partículas están moi separadas e
se moven a gran velocidade, por iso ocupan todo o espazo dispoñible e non teñen forma nin volume fixos.
CAMBIOS DE ESTADO
Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na disposición das súas partículas.
Durante o cambio de estado a temperatura non varía aínda que proporcionemos calor.
CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A GAS
O paso de estado líquido a gasoso chámase vaporización.
A temperatura á que unha substancia ferve e pasa do estado líquido ó gasoso denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada substancia.
CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A GAS A vaporización pode ser:
Por ebulición: ó quentar ata un punto, toda a masa do líquido ten enerxía para converterse en gas e “fuxir”.
Por evaporación: lentamente, as partículas da superficie “fuxen”.
EbuliciónEvaporación
Non se forman burbullas no interior do líquido
Fórmanse burbullas no interior do líquido
CAMBIO DE ESTADO- DE GAS A LÍQUIDO
O paso de estado gasoso ó líquido chámase condensación.
A temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido.
CAMBIO DE ESTADO- DE SÓLIDO A LÍQUIDO
O paso de sólido a líquido chámase fusión. A temperatura á que un sólido funde e pasa
ó estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada
substancia.
CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A SÓLIDO
O paso de líquido a sólido chámase solidificación.
A temperatura á que un líquido se solidifica é a mesma que a temperatura a cal funde.
CAMBIO DE ESTADO- DE SÓLIDO A GAS
O paso de sólido a gas chámase sublimación.
A temperatura á que un sólido se gasifica chámase punto de sublimación.
CAMBIO DE ESTADO- DE GAS A SÓLIDO
O paso de gas a sólido chámase sublimación regresiva ou deposición.
A temperatura á que un gas se solidifica é a mesma que o seu punto de sublimación.
deposición
CAMBIOS DE ESTADO
O estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atopa, é dicir, non existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza.
CLASIFICACIÓN DA MATERIA
A materia pódese clasificar dependendo do seu aspecto externo.
CLASIFICACIÓN DA MATERIA
A materia que presenta un aspecto uniforme e, a simple vista, non se observan compoñentes distintos chámase homoxénea.
A materia que parece formada por varias substancias chámase heteroxénea.
MESTURAS HOMOXÉNEAS: DISOLUCIÓNS Unha disolución é unha mestura homoxénea,
formada por dous ou máis substancias puras que se atopan en cantidades variables e se poden separar por medios físicos.
MESTURAS HOMOXÉNEAS: DISOLUCIÓNS Normalmente hai unha substancia que se
atopa en maior cantidade chamada disolvente. As outras substancias chámanse solutos.
MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS
Filtración: separamos sólidos mesturados con líquidos nos cales non son solubles.
Papel de filtro
MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS
Decantación: utilízase para separar líquidos de diferentes densidades que non son solubles entre sí.
MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS
Separación magnética: serve para separar partículas magnéticas, ferro, mesturadas con outros sólidos.
MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS
Destilación: separa líquidos solubles entre sí e con diferentes puntos de ebulición.
SUBSTANCIAS PURAS
Son aquelas que teñen unhas propiedades específicas que as caracterizan e as diferencian doutras.
Non pode descompoñerse en outras substancias por ningún procedemento físico.
COMPOSTOS QUÍMICOS
As substancias puras que podemos descompoñer noutras máis sinxelas por métodos químicos chámanse compostos químicos.
Electrolise da auga
ELEMENTOS
Son substancias puras que non poden descompoñerse noutras máis sinxelas.
Top Related