1
Adrián Presas Sobrado
TESE DE DOUTORAMENTO
Elites políticas e poder local na Galicia urbana (1939-1951)
Dirixida polo doutor: Julio Prada Rodríguez
Ano: 2019
2
3
Julio Prada Rodríguez
FAI CONSTAR que o presente traballo, titulado “Elites políticas e poder local na Galicia
urbana (1939-1951)”, que presenta Adrián Presas Sobrado para a obtención do título de
Doutor, foi elaborado baixo a súa dirección no programa de doutoramento “Protección do
patrimonio cultural” interuniversitario das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
Ourense, na data da sinatura electrónica.
O director da tese de doutoramento
Dr. Julio Prada Rodríguez
4
5
ÍNDICE DE TÁBOAS 11
SIGLAS EMPREGADAS 12
ABREVIATURAS DE ARQUIVOS E FONTES DOCUMENTAIS 13
AGRADECEMENTOS 15
1. INTRODUCIÓN. MARCO HIPOTÉTICO E METODOLÓXICO 17 1.1 A HIPÓTESE DE TRABALLO: EXPLICAR A CONSTRUCIÓN DA DITADURA FRANQUISTA A NIVEL LOCAL 23
1.2 FONTES E METODOLOXÍA 29
1.2.1 METODOLOXÍA DA ANÁLISE CUANTITATIVA NA CONTINUIDADE E DESCONTINUIDADE DOS
CONCELLEIROS E XESTORES MUNICIPAIS NA GALICIA URBANA ENTRE 1917 E 1951 32
2. MARCO TEÓRICO. A CONSTRUCIÓN DA DITADURA FRANQUISTA DENDE A
HISTORIOGRAFÍA:ELITES, CONTINUIDADES E NOVIDADES 35
2.1 AS ELITES POLÍTICAS ESPAÑOLAS COMA CONFIGURADORAS DO «SER» DA DITADURA FRANQUISTA:
FASCISMO, FASCISTIZACIÓN E CACIQUISMO 44 2.2 O PUNTO DE VISTA DA HISTORIOGRAFÍA GALEGA SOBRE A CONSTRUCIÓN DA DITADURA 57
3. BUSCANDO O NORTE: O PROCESO LEGAL PARA A CONSTRUCIÓN DO PODER LOCAL 61 3.1 AS PRIMEIRAS DISPOSICIÓNS PARA CONTROLAR O PODER PROVINCIAL E MUNICIPAL 63
3.1.1 OS DECRETOS DE SETEMBRO DE 1936: ENTRE CALVO SOTELO E A REPÚBLICA 65
3.1.2 ORGANIZANDO O PODER DENDE ARRIBA: A ESTRUTURA DO GOBERNO E O PODER LOCAL 66
3.2 UNHA GUERRA XA ACABADA: CAMIÑANDO NA CONFIGURACIÓN DOS CONCELLOS ESPAÑOIS 73 3.3 A LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL 75
3.4 A NORMALIZACIÓN DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 1948 77
4. OS GOBERNADORES CIVÍS E O CONTROL DA PROVINCIA 81 4.1. A FIGURA ADMINISTRATIVA E POLÍTICA DO GOBERNADOR CIVIL 83 4.2. UNHA APROXIMACIÓN Á PROSOPOGRAFÍA DOS GOBERNADORES CIVÍS DE GALICIA DURANTE A PRIMEIRA
ETAPA DA DITADURA 88
4.2.1. OS PRIMEIROS MESES DA SUBLEVACIÓN: OS MILITARES TOMAN O PODER 89
4.2.2. OS GOBERNADORES CIVÍS GALEGOS DURANTE A GUERRA CIVIL 94
4.2.3. UNHA GUERRA XA ACABADA: OS GOBERNADORES CIVÍS NA CONSTRUCIÓN DA DITADURA FRANQUISTA
EN GALICIA 98
4.2.4. OS GOBERNADORES CIVÍS DA DEMOCRACIA ORGÁNICA 106
4.3. O GOBERNADOR ANTE A PROVINCIA E O PARTIDO 109 4.3.1 1936-1939: OS PRIMEIROS PASOS NA CONSTRUCIÓN DA DITADURA. UNHA GUERRA CIVIL, A TOMA DE
POSESIÓN DOS CARGOS MUNICIPAIS E A DIFICULTADE DE ATOPAR AOS HOMES NECESARIOS 109
6
4.3.1.1 A análise do galego por parte das autoridades: o caciquismo coma factor case xenético 112
4.3.1.2 As dificultades para a implantación do Movemento nos primeiros anos: a inexistencia de potencial
persoal político e as disputas cos gobernadores civís 117
4.3.1.3 O final dunha etapa de inicio: encarando o proceso de construción 122
4.3.2 1939-1945: UNHA CONSTRUCIÓN INSTITUCIONAL QUE SE COMPLICA. O PODER PROVINCIAL ANTE OS
PROBLEMAS POLÍTICOS E ADMINISTRATIVOS 125 4.3.2.1 A desorganización e as disputas internas en FET de las JONS 125
4.3.2.1.1 A FET de las JONS da Coruña. Unha Falanxe baleira: vendo inimigos por todas partes. 126
A) LORENZO VILALLONGA: UN XEFE PROVINCIAL Á FRONTE DUN MOVEMENTO INERTE 128 B) DIEGO SALAS POMBO: A XESTIÓN DA HERDANZA RECIBIDA 129
1) As propostas para mitigar (sobre o papel) os baixos niveis de adhesión a FET de las JONS 131 2) Os problemas económicos da delegación de Sindicatos coruñesa 135
3) Salas Pombo e Aspe Vaamonde: unha relación complicada 137
4) Salas Pombo e La Voz de Galicia: outra relación complicada 139
C) JESÚS MARÍA IRAOLA PALOMEQUE: UN HOME PARA UNILOS A TODOS 141
4.3.2.1.2 Unha Falanxe decidida: a necesidade de controlar o poder provincial. O caso da provincia de Lugo 142
A) A FET DE LAS JONS DE LUGO CONTRA O GOBERNADOR CIVIL 144 B) RAMÓN FERREIRO, OU CANDO XA SE CONTROLA O PODER: A UNIÓN DO CARGO DE GOBERNADOR
CIVIL E XEFE PROVINCIAL DO MOVEMENTO EN LUGO 147 1) Unha cadeira nas Cortes, un candidato, acusacións de caciques e Antonio Rosón Pérez 149 1.1) ROSÓN ATACA PRIMEIRO: OS INFORMES PRIVADOS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA PROVINCIA 149 1.2) A CUESTIÓN DO NOMEAMENTO DUN PROCURADOR EN CORTES 154
1.3) OS HOMES INVOLUCRADOS EN TODO O ASUNTO: UNS PERFÍS PERSOAIS 155 1.4) AS DECLARACIÓNS DOS IMPLICADOS 156 1.5) AS DECLARACIÓNS DA PARTE OPOSTA 161 1.6) O INFORME DO INVESTIGADOR ENVIADO POR MADRID 163
C) SANTIAGO VALLEJO HEREDIA, OU A VONTADE DE ENCAMIÑAR O MOVEMENTO DE LUGO 165
4.3.2.1.3 Unha Falanxe unida: FET de las JONS e os seus servizos en Ourense 172 A) CASIANO COSTAS POSADA. A SEGUNDA UNIFICACIÓN DOS CARGOS DE GOBERNADOR CIVIL E XEFE
PROVINCIAL DO MOVEMENTO DE OURENSE 173 1) Colléndolle o ton ao partido: análises internas do Movemento ourensán 179 2) Conflitos internos na Falanxe ourensá: tensións entre os servizos e o xefe provincial 181
B) ANTONIO MARTÍN BALLESTEROS: FACENDO FRONTE AO MOVEMENTO OURENSÁN 181 C) VICENTE MUÑOZ CALERO. A BUROCRATIZACIÓN DO MOVEMENTO OURENSÁN 184
4.3.2.1.4 Unha Falanxe decidida a engrenarse co Estado: a FET delas JONS pontevedresa 185 A) FRANCISCO RODRÍGUEZ ACOSTA. UNHA FALANXE PONTEVEDRESA LUSTROSA E CAPAZ 187
1) Conflitos internos na Falanxe pontevedresa: tensións entre os servizos e o xefe provincial 189 2) Caciques de todas as castes: as tensións entre falanxistas no Movemento de Pontevedra 190
3) Denuncias sobre rivais políticos na delegación de sindicatos 195 B) GENARO RIESTRA DÍAZ. UNHA FALANXE PONTEVEDRESA NUN CONTEXTO DE CAMBIO 196 C) LUIS PONCE DE LEÓN CABELLO. O ALCALDE QUE EVOLUCIONOU A GOBERNADOR 200
4.3.2.2 A importancia de controlar a educación provincial 201 4.3.2.3 A xestión interna de FET de las JONS en Galicia: depuración e encadramento de militantes 203 4.3.2.4 Cuestións sobre a orde pública en Galicia 207
7
4.3.2.5 Os abastecementos provinciais 209
4.3.2.5.1 O marco institucional do sistema de abastecementos 210 4.3.2.5.2 A preocupación de FET de las JONS polos abastecementos: ausencia de alimentos e temor aos
levantamentos cidadáns 214 A) A FALTA E A ADULTERACIÓN DE ALIMENTOS NAS PROVINCIAS GALEGAS: UNHA POBOACIÓN QUE
QUERÍA PAN 215 B) UNHAS XERARQUÍAS CHAMADAS POLO DIÑEIRO: FET DE LAS JONS ANTE O ESTRAPERLO E A
ESPECULACIÓN 223 C) O TEMOR DAS AUTORIDADES PROVINCIAIS Á CONTESTACIÓN CIDADÁ 225
4.3.2.6 As consecuencias da unificación dos cargos provinciais 233
4.3.3 1946-1951: UNHA DITADURA QUE QUIXO ASENTARSE. O MEDO AOS RIVAIS POLÍTICOS INTERNOS 235 4.3.3.1 Unha Europa que se move: os efectos da Segunda Guerra Mundial na construción da ditadura
franquista en Galicia. A perspectiva de FET de las JONS 235 4.3.3.1.1 Os primeiros anos da confrontación europea 235
4.3.3.1.2 A División Azul para prender o espírito da Falanxe galega 237 4.3.3.1.3 A estabilización das frontes e as análises detalladas do sentir dos galegos. O cambio de tendencia contra as
potencias do Eixo 240 4.3.3.1.4 Cara o final da Guerra Mundial. O punto de inflexión para o falanxismo galego 241 4.3.3.2 Cara a consolidación da construción da ditadura franquista en Galicia 245 4.3.3.3 Os alimentos en Galicia: unha volta a situación de posguerra 248 4.3.3.4 Unha entrada difícil nos anos 50 251
5. ELITES POLÍTICAS E PODER LOCAL NA GALICIA URBANA 255 5.1. AS ELITES POLÍTICAS URBANAS GALEGAS ANTES DE XULLO DE 1936: UNHA ANÁLISE 256
5.1.1. AS ELITES POLÍTICAS URBANAS GALEGAS ENTRE A RESTAURACIÓN BORBÓNICA E A DITADURA DE
PRIMO DE RIVERA: UN PERÍODO DE CAMBIOS 257
5.1.2 AS ELITES POLÍTICAS URBANAS GALEGAS ENTRE A DITABRANDA E A SEGUNDA REPÚBLICA: A
RECUPERACIÓN DAS ESENCIAS DA RESTAURACIÓN E A VONTADE DE CAMBIO. 266
5.2 OS CONCELLOS GALEGOS NA ESPAÑA SUBLEVADA: O PROCESO DE CONSTRUCIÓN E DESIGNACIÓN DAS
ELITES GALEGAS DA DITADURA 274 5.3 UN CAMIÑO ÁS APALPADAS: AS PRIMEIRAS COMISIÓNS XESTORAS DA GALICIA URBANA (XULLO DE 1936-
XANEIRO DE 1939) 280
5.3.1 DOS CONSELLOS MUNICIPAIS ÁS COMISIÓNS XESTORAS: OS PRIMEIROS PASOS NA CONSTRUCIÓN DO
FRANQUISMO NA GALICIA URBANA 281
5.3.2 OS PRIMEIROS HOMES DAS ELITES POLÍTICAS URBANAS DA DITADURA: A COMPOSICIÓN DAS PRIMEIRAS
COMISIÓNS XESTORAS MUNICIPAIS 285
5.3.2.1 A cidade de Lugo: do Comandante Alcalde ao Alcalde avogado 286 5.3.2.2 Pontevedra e Vigo: un Gobernador e dúas xestoras diferentes 292 5.3.2.2.1 A cidade de Vigo: do Alcalde comisario de guerra ao Alcalde empresario local 292 5.3.2.2.1 A cidade de Pontevedra: do Capitán de Infantería Alcalde ao Alcalde avogado 296 5.3.2.3 A Coruña, Ferrol e Santiago: un gobernador provincial para tres cidades 300 5.3.2.3.1 Santiago de Compostela: a marca das elites políticas da dereita santiaguesa 300 5.3.2.3.2 A cidade Ferrol: os militares tomaron o poder, por partida dobre 304
8
5.3.2.3.3 A cidade da Coruña: a dificultade de atopar un Alcalde adecuado 305 5.3.2.4 A cidade de Ourense: o poder da dereita local 309
5.3.3 A ORIXE SOCIO-ECONÓMICA DAS ELITES POLÍTICAS DO INICIO DA DITADURA 312 5.3.3.1 Ferrol: o monocultivo dos militares 314 5.3.3.2 A Coruña: burgueses e comerciantes 316 5.3.3.3 Santiago: a pequena burguesía recupera o poder 318 5.3.3.4 Lugo: o poder dos comerciantes da muralla 320 5.3.3.5 Ourense: os comerciantes e construtores 321 5.3.3.6 Pontevedra: máis comerciantes 322 5.3.3.7 Vigo: o cheiro ao peixe do Berbés 324
5.4 O CAMIÑO QUE COMEZOU A INTUÍRSE: A CONSOLIDACIÓN DAS ELITES POLÍTICAS DA DITADURA NA
GALICIA URBANA (XANEIRO DE 1939-XANEIRO DE 1945) 328
5.4.1 OS INTENTOS DAS AUTORIDADES POR ADAPTAR OS CONCELLOS GALEGOS AO NOVO ESTADO
DITATORIAL 329 5.4.1.1 A cuestión teórica da perennidade do caciquismo no ámbito local 329 5.4.1.2 O ideal do concello da ditadura franquista: menos política e máis administración 332
5.4.2 BUSCANDO A CONSOLIDACIÓN DA DITADURA FRANQUISTA NAS CIDADES GALEGAS: CONTINUIDADES E
PEQUENOS CAMBIOS NAS ELITES POLÍTICAS URBANAS 334
5.4.2.1 A Coruña: os cambios en Ferrol e A Coruña 336 5.4.2.1.1 A cidade de Ferrol: Eduardo Ballester, un Alcalde que marcou unha época 336 5.4.2.1.2 A cidade da Coruña: a tranquilidade burguesa 341
A) O PRIMEIRO GOBERNO DE JOSÉ PÉREZ ARDÁ 341 B) JOSÉ CRESPO LÓPEZ: O ALCALDE QUE SE FIXO FALANXISTA A ÚLTIMA HORA 343 C) O SEGUNDO MANDATO DE PÉREZ ARDÁ 347
5.4.2.1.3 A cidade de Santiago 351 A) O GOBERNO DE DEL VALLE VÁZQUEZ 351 B) O MANDATO DE DE LA RIVA BARBA 352
5.4.2.2 Pontevedra: entre a tranquilidade pontevedresa e o movemento olívico 354 5.4.2.2.1 A cidade do Lérez 354
A) O ALCALDE HEVIA MARINAS 354 B) O ALCALDE TOLEDO FREIRE 358 C) O ALCALDE PONCE DE LEÓN 361 D) O GOBERNO DE CALIXTO GONZÁLEZ POSADA 363
5.4.2.2.2 A cidade olívica: dous alcaldes sucesivos en menos dun ano 364 A) O MANDATO DE DURÁN GÓMEZ 364 B) O SEGUNDO MANDATO DE SUÁREZ-LLANOS 367
5.4.2.3 Ourense: falanxistas contra os de dereitas de toda a vida 370 5.4.2.3.1 O primeiro mandato do Alcalde Eduardo Valencia 372 5.4.2.3.2 O mandato de Eduardo Olano 377 5.4.2.3.3 O inicio do mandato de Serantes Morais 379
5.4.2.4 Lugo: a calma aparente da cidade da muralla 381 5.4.2.4.1 O goberno municipal de Macía Valado 381 5.4.2.4.2 O Alcalde Portela Nogueira 385
9
5.4.3 O TRÁNSITO CARA A LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL 389
5.5 POLO CAMIÑO XA ROZADO: A CONSOLIDACIÓN DA DITADURA NA GALICIA URBANA (XANEIRO DE 1945-
1951) 391
5.5.1 ESPINDO Á FALANXE CORUÑESA: OS INFORMES INTERNOS DE DIEGO SALAS POMBO A DIEGO IRAOLA
PALOMEQUE 392 5.5.1.1 Unha descrición das elites e da política da cidade de Santiago 392 5.5.1.2 A Falanxe coruñesa ante o Alcalde ferrolán Eduardo Ballester 395 5.5.1.3 A Falanxe na cidade da Coruña 399
5.5.2 OS GOBERNADORES ANTE AS CIDADES GALEGAS: OS CAMBIOS ANTERIORES Á LEI DE BASES 402
5.5.3 A APROBACIÓN DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL 404
5.5.4 OS CONCELLOS URBANOS GALEGOS E OS GOBERNADORES CIVÍS ENTRE A APROBACIÓN DA LEI DE BASES
E AS ELECCIÓNS DE 1948 406 5.5.4.1 As cidades da provincia da Coruña 406 5.5.4.1.1 A cidade da Coruña: a chegada de Alfonso Molina Brandao 406
5.5.4.1.2 A cidade de Santiago: o mandato de Joaquín Sarmiento Garra 410 5.5.4.1.3 A cidade de Ferrol: a dimisión de Eduardo Ballester Peris 411 5.5.4.2 A cidade de Lugo: entre dimisións e propostas para completar a xestora municipal 417 5.5.4.3 A cidade de Ourense: o segundo mandato de Eduardo Valencia 420 5.5.4.4 A cidade de Vigo: completando a xestora de Suárez Llanos 423
5.5.5 A PREPARACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS POR TERZOS 425 5.5.5.1 As indicacións á poboación por medio da prensa galega 425 5.5.5.2 A preparación das eleccións polos gobernos civís galegos 432
5.5.6 AS CANDIDATURAS ELECTORAIS NAS CIDADES GALEGAS 436 5.5.6.1 Os nomes da candidatura da cidade da Coruña 436 5.5.6.2 As candidaturas da cidade de Ferrol: o regreso de Ballester Peris 438 5.5.6.3 A cidade de Santiago: 5 candidatos para 5 ocos a cubrir 441 5.5.6.4 Os candidatos da cidade de Lugo 442 5.5.6.5 As candidaturas da cidade de Ourense 444 5.5.6.6 As candidaturas na cidade de Pontevedra 444 5.5.6.7. Os candidatos da cidade de Vigo 446
5.5.7 OS CAMBIOS NAS ALCALDÍAS DAS CIDADES GALEGAS 449 5.5.7.1 Os novos alcaldes de Pontevedra, Vigo e Santiago 449 5.5.7.2 O novo Alcalde da cidade de Lugo 450 5.5.7.3 Os problemas entre xestores na corporación ferrolá 452
CONCLUSIÓNS 457
ANEXOS DE CADROS 475
BIBLIOGRAFÍA 519
10
11
ÍNDICE DE TÁBOAS
Táboa 1: Cambio e continuidade das últimas corporacións da Restauración nas cidades galegas
(1917-outubro de 1923) 260
Táboa 2: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura de Primo de
Rivera nas cidades galegas (outubro de 1923-decembro de 1925) 266
Táboa 3: Integrantes das corporacións da ditadura de Primo de Rivera segundo a súa
procedencia cronolóxica (sobre número real de concelleiros) 267
Táboa 4: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Ditabranda nas cidades
galegas (febreiro de 1930-abril de 1931) 268
Táboa 5: Integrantes das corporacións da Ditabranda segundo a súa procedencia cronolóxica
(sobre número real de concelleiros) 270
Táboa 6: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda República nas
cidades galegas (abril de 1931-outubro de 1934) 272
Táboa 7: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda República nas
cidades galegas (outubro de 1934-febreiro de 1936) 274
Táboa 8: Continuidade e descontinuidade das corporacións republicanas cara as primeiras
xestoras da ditadura franquista (xullo de 1936-outubro de 1937) 286
Táboa 9: Cambio e continuidade dos integrantes das xestoras da ditadura franquista (xullo de
1936-outubro de 1937) 464
Táboa 10: Cambio e continuidade dos integrantes das xestoras da ditadura franquista (outubro
de 1937-xullo de 1945) 466
Táboa 11: Xestores e concelleiros das cidades españolas por orixe política entre xullo de 1936
e febreiro de 1949 467
Táboa 12: Xestores e concelleiros das cidades galegas por orixe política entre xullo de 1936 e
febreiro de 1949 469
12
SIGLAS EMPREGADAS
ACNP: Asociación Católica Nacional de Propagandistas
AP: Acción Popular
APA: Acción Popular Agraria
BN: Bloque Nacional
CAT: Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes
CEDA: Confederación Española de Dereitas Autónomas
CNS: Central Nacional Sindicalista
CONS: Central Obreira Nacionalsindicalista
CREPA: Central Reguladora de Produtos Agrícolas
CT: Comuñón Tradicionalista
DG: Dereita Galeguista
DLR: Dereita Liberal Republicana
DR: Dereita Republicana
DRG: Derecha Regional Gallega
FE: Falanxe Española
FE de las JONS: Falanxe Española das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista
FET de las JONS: Falanxe Española e Tradicionalista das Xuntas de Ofensiva Nacional
Sindicalista
JAP: Xuventudes de Acción Popular
JURD: Juventudes de la Unión Regional de Derechas
ORGA: Organización Republicana Gallega Autónoma
PAE: Partido Agrario Español
PC: Partido Conservador (Restauración borbónica)
PG: Partido Galeguista
PL: Partido Liberal (Restauración borbónica)
PLV: Partido Liberal Vigués
PARA: Partido Republicano Agrario (Lugo)
PRC: Partido Republicano Conservador
PRR: Partido Republicano Radical
RE: Renovación Española
SEM: Sindicato Español de Magisterio
SNA: Servizo Nacional de Abastecementos e Transportes
UDA: Unión de Derechas Agrarias (Lugo)
UGT: Unión Xeral de Traballadores
UMN: Unión Monárquica Nacional
UOD: Unión Orensana de Derechas
UP: Unión Patriótica
URD: Unión Regional de Derechas
13
ABREVIATURAS DE ARQUIVOS E FONTES DOCUMENTAIS
AGA: Archivo General de la Administración
AHPLu: Arquivo Histórico Provincial de Lugo
AHPPo: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
ARG: Arquivo do Reino de Galicia
BMFET: Boletín del Movimiento de Falange Española Tradicionalista
BOE: Boletín Oficial del Estado
BOJDN: Boletín Oficial da Xunta de Defensa Nacional
BOME: Boletín Oficial del Ministerio del Ejército
BOMM: Boletín Oficial del Ministerio de Marina
BOMMA: Boletín Oficial del Ministerio de Marina y Aire
DNP: Fondo da Delegación Nacional de Provincias
DOMG: Diario Oficial do Ministerio da Guerra
FAMI: Fondo do Ministerio de Interior (antigo)
SGM: Fondo da Secretaría General del Movimiento
LAPCA: Libro de Actas do Pleno do Concello da Coruña
LAPCPA: Libro de Actas do Pleno da Comisión Permanente da Coruña
LAPCF: Libro de Actas do Pleno do Concello de Ferrol
LAPCL: Libro de Actas do Pleno do Concello de Lugo
LAPCO: Libro de Actas do Pleno do Concello de Ourense
LAPCP: Libro de Actas do Pleno do Concello de Pontevedra
LAPCS: Libro de Actas do Pleno do Concello de Santiago
LAPCV: Libro de Actas do Pleno do Concello de Vigo
14
15
AGRADECEMENTOS
Ao final dos catro anos que durou esta investigación son algunhas as persoas ás que debo
agradecer a súa axuda e colaboración no seu desenvolvemento. En primeiro lugar recoñecer
aos traballadores dos arquivos históricos das catro provincias galegas e dos arquivos municipais
da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo a súa disposición a darme todas
as facilidades para traballar nas súas dependencias e solucionar todas as miñas dúbidas.
Agradecerlles, tamén, aos bibliotecarios e técnicos de hemeroteca da Biblioteca Nacional de
España e da Biblioteca Nacional de Catalunya a orientación a través dos seus fondos. Nese
sentido quero facer especial mención a Juan José Villar Lajarcio, arquiveiro do Archivo General
de la Administración, que me prestou a súa axuda e guía na execución do Convenio de
colaboración entre o seu arquivo e a Universidade de Vigo, a partir do cal obtiven o soporte
documental esencial para esta tese.
Agradecerlle a Julio Prada Rodríguez, director desta tese, a súa dedicación, a súa paciencia na
lectura e corrección dos erros e atrancos que xurdiron ao longo do camiño e, sobre todas as
cousas, os seus valiosos consellos e indicacións á hora de afrontar un traballo destas
características.
No plano persoal, quero darlle as grazas a Nadia, compañeira de piso en Barcelona e amiga en
calquera lugar do mundo, que viu nacer e crecer esta tese día a día. Tamén a Eider, compañeira
de clase de lingua catalá e amiga en calquera lugar do mundo, que aínda que chegou tarde ao
nacemento desta tese —coma sempre—, quedou ata o final.
Esta tese non existiría sen o apoio da miña familia: meus pais, meus avós e miña irmá Laura.
Foron os meus avós, Tino e Mucha, polos que naceu en min ese non sei que pola Historia,
cando miña avoa relataba a vida de seu pai. Sen eles, en todos os sentidos e facetas da vida
imaxinables, nin unha soa das páxinas que escribín terían sido posibles. Na súa memoria; a eles
vai dedicada esta tese.
16
17
1.
Introdución. Marco hipotético e metodolóxico
«Feitos? Feitos sonlle todos, tanto os que pasan fóra dun coma os que pasan dentro
dun. O que pasou, pasou. E arestora xa ren queda do que pasou fóra dun, senón
dentro dun. Agora todo está dentro de min, e si non me peta baleirar o que teño
dentro, pois o que pasou queda coma se non tivera pasado».
Eduardo Blanco Amor: A Esmorga
18
Analizar un tema coma a construción da ditadura franquista a nivel local non é sinxelo.
Non porque non existan moitas cuestións a tratar; senón pola cantidade de detalles e múltiples
preceptos legais que naquela interviñeron. No fondo, todo o proceso non foi máis que o reflexo
do que foron os inicios da ditadura: non existía un modelo de estado configurado con
anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 polos sublevados. As autoridades militares
e civís sublevadas deberon ir tocando teclas, unha tras outra, para conseguir harmonizar unha
melodía nova para despois da República. Eles mesmos foron conscientes de que a situación
temporal e provisional de moitos dos preceptos legais que foron expedindo ao longo do tempo
condicionarían o traballo da administración.
Ese primeiro factor da condicionalidade e da temporalidade da normativa facilita
comprender a necesidade que tiveron as autoridades sublevadas de reciclar toda aquela
normativa anterior que lles puido ser adecuada para os seus fins políticos e administrativos. No
caso do réxime local, os marcos legais abrangueron, co paso do tempo, dende a Lei Electoral
de 1907, pasando polo Estatuto municipal de 1924, o Estatuto provincial de 1925 e ata a Lei
municipal de 1935. De cada un deses preceptos legais anteriores a xullo de 1936, a ditadura
extraeu aquilo que puido ser reciclado polas novas autoridades. Os marcos legais dos Estatutos
de 1924 e 1925, aparecidos durante a ditadura de Primo de Rivera e redactados polo primeiro
«mártir» da causa sublevada, José Calvo Sotelo, foron o marco preferido. Mais a Lei que se
mantivo vixente ata o 17 de xullo de 1945 —data na que apareceu a primeira articulación
normativa propia da ditadura—, foi a lei republicana de 1935.
O proceso de elaboración do proxecto político, administrativo, económico, social e
cultural da ditadura franquista definiuse ao longo da evolución da historiografía española sobre
o tema de diferentes maneiras. Implantación, instauración, institucionalización e construción
son os catro conceptos que se empregan para facer referencia ao nacemento e desenvolvemento
da ditadura franquista en todos os planos posibles. O primeiro resultou ser o menos empregado
entre os catro1
. Aínda que o termo implantar ten entre os seus significados o de «introducir algo
nun lugar e facer que se desenvolva, empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis o menos
estable», no plano do seu significado estrito remite a algo que vén de fóra, que é alleo ao
momento no que se produciu. De aí que se poida dar a lectura de que a ditadura foi implantada
dende fóra, como un elemento estraño. Pola súa banda, e seguindo a mesma liña que o termo
anterior, instauración continúa remitindo de maneira significativa a «introducir», e tamén a
«implantar».
Máis éxito tivo o verbo «institucionalizar»2
. Un verbo que discorre parello no seu
significado a institución e a instituír, dos que é derivado, que o dicionario da Real Academia
Galega sitúa como sinónimo de implantar. Instituír é facer que algo «empece a existir ou a
funcionar de maneira máis ou menos estable e definitiva». Institucionalizar a ditadura franquista
significaría establecer e fundar todas aquelas institucións e organismos que houberon de darlle
o soporte necesario no día a día do funcionamento do seu Estado. Os apoios políticos, a
información sobre o estado dos territorios, a planificación económica, a depuración de persoal
das diferentes institucións ou a burocracia foron aspectos esenciais institucionalizados pola
ditadura franquista. Enténdese que a institucionalización foi imposta dende Madrid —ou dende
o lugar no que estivese a capital dos sublevados durante o desenvolvemento da guerra civil—, e
que non deixou marxe de manobra para que os persoeiros —dende os seus territorios
1
SANZ ALBEROLA, D. (1999) emprégao para o seu traballo sobre o goberno civil de Alacante. 2
Un dos primeiros en empregalo foi TUSELL, J. (2004)
19
particulares—, manobrasen e deixasen ver ou entrever os seus intereses políticos, económicos,
sociais e culturais.
Da evolución dos tres termos anteriores infírese que o elemento de debate terminolóxico
non debe ser instaurar ou institucionalizar, senón máis ben construír3
. «Realizar unha obra de
certa envergadura»; o que leva inmediatamente a verbos coma edificar, levantar, alzar, erixir ou
fabricar. Podería dicirse que o edificio da ditadura non foi totalmente de nova planta. O que se
quere transmitir coa idea dese verbo é que nada chegou dende fóra nin foi externo as realidades
intrínsecas dos territorios primeiro dominados polos militares sublevados contra a República e
logo pola ditadura franquista unha vez superado o marco do primeiro de abril de 1939. A
ditadura franquista a nivel local construíuse en base a proxectos e persoas xa existentes nas
diferentes rexións; foi unha mestura de intereses e circunstancias políticas, sociais, económicas
e culturais particulares que se deron antes, durante e despois da guerra civil. A construción da
ditadura franquista debe considerarse como algo endóxeno aos territorios propios, aínda
existindo como existiron as múltiples particularidades que colorearon cada pobo, cidade,
comarca, provincia ou rexión estudada. O Estado ordenaba, mais en cada lugar as circunstancias
marcaron a maneira de aplicar as disposicións oficiais; porque en cada lugar houbo que buscar
e atopar os elementos adecuados para construír.
Este traballo pretende clarificar a construción da ditadura franquista a nivel local en
Galicia a través dos consistorios municipais das sete cidades galegas, tendo en conta esta
primeira calidade da ditadura franquista: o caos normativo, legal e institucional que asolagou os
primeiros anos e meses da nova España dos sublevados. Esa mestura de preceptos legais é unha
das moitas características da ditadura franquista. Outra das moitas que destaca frecuentemente
a historiografía española é a da reflexión sobre a súa natureza política; a continua vontade dos
humanos de clasificalo todo seguindo unhas xerarquías, uns esquemas que lle permitan
comprender o mundo no que vive. É inevitable citar este punto, pois toda a historiografía que
servirá de apoio ao discurso de aquí en adiante, incide constantemente nese aspecto.
A reflexión sobre a natureza da ditadura franquista comeza sempre coa premisa de que
a súa orixe, o que detonou a súa aparición, non foi un —ou varios— factores que afectasen a
España en exclusiva na Europa do momento. España non foi unha illa no contexto europeo
dos anos 30 do século XX. Houbera unha guerra civil en Finlandia; houbera unha guerra civil
en Grecia e houbera unha guerra civil en Irlanda. Foron nacións nas que dúas forzas en tensión
se enfrontaron en batallas fratricidas. O estraño do caso de España foi o que se construíu
durante e despois da Guerra: un réxime ditatorial baseado nunha longa e dura represión. Unha
ditadura que tivo no seu factor creador a súa condición de filla dunha guerra civil, pois ningunha
outra previa nacera desa maneira4
.
A ditadura franquista tamén se viu favorecida pola configuración do contexto
internacional. As potencias estranxeiras mantivéronse á marxe de España debido a preocupante
configuración das tensións internacionais que se estaban a vivir entre as potencias liberais —
3
Proba diso é a referencia a este verbo en moitos traballos sobre a ditadura franquista. Coma exemplo: MARÍN I
CORBERA, M. (1995); SANZ HOYA, J. (2009) ou PRADA RODRÍGUEZ, J. (2014). 4
Esta reflexión, con moito maior detalle e análise, realízaa tamén CASANOVA, J. (2004): 5 e 8. Ademais, a ausencia
de atractivos e presións externas para a implantación dun réxime liberal democrático, provocou que a ditadura franquista se
baseara de inicio coma un réxime represor e vingativo. CASANOVA fala dunha «negación do perdón e da reconciliación»,
que levou a unha complicada e complexa relación entre as forzas vencedoras da guerra civil —militares, Igrexa e Francisco
Franco— e os perdedores desa guerra.
20
Inglaterra, Francia, Estados Unidos—, os países do Eixo —Alemaña, Italia e Xapón— e o poder
do socialismo ruso. O contexto non chamou a procesos externos de implantación dunha
democracia coma os que se realizaran en Finlandia nos anos 20 ou en Grecia nos anos 50 do
século XX. A ditadura franquista estableceuse sobre a base de que existira unha «Victoria»; e
dende esta vitoria os vencedores exerceron o seu poder contra os vencidos.
Por riba de todos os españois estivo o poder de Francisco Franco, o home que dirixiu a
construción da España xurdida despois do golpe de Estado do mes de xullo de 1936. A idea de
Francisco Franco que presenta a historiografía franquista como militar que facía política sen
facela, cuxo único obxectivo sería deixar fóra e evitar por todos os modos que unha especie de
coalición revolucionaria de esquerdas ocupara o poder en España, incluso despois dunha
cruentísima guerra civil, impúxose entre a sociedade chegando a sobrevivir ata o día de hoxe. A
imaxe que se estendeu da figura de Franco, con motivo daquel cadro biográfico pintado pola
historiografía franquista, foi a dun home moderado, prudente, pensativo e moi relixioso. Un
home que, segundo a historiografía e os textos apoloxéticos do seu tempo e posteriores a el,
teríao feito todo por evitar o caos no que podería verse envolta España sen as súas políticas5
.
Se se continúa con ese razoamento que xorde da natureza de acción propia do ditador,
pódese chegar á conclusión de que houbo sempre unha vontade por parte dos sublevados de
neutralizar ao outro: ao inimigo; ao «rojo» ao republicano. É, precisamente, característica
excluínte, onde residiu o paradigma definidor da ditadura franquista. Mais a longa duración da
ditadura non se explica unicamente co fenómeno represivo. Evidentemente, unha poboación
sometida ao control do goberno central por medio de fortes castigos, resulta feito probado para
a maior duración da ditadura. O problema para o historiador reside na definición que se lle da
ese longo período de tempo baixo o poder de Francisco Franco. Ao longo do tempo o discurso
sobre a guerra civil dentro dos ámbitos políticos e ideolóxicos da propia ditadura, por exemplo,
mudou constantemente. Non foi o mesmo a súa reivindicación unha vez finalizada en abril de
1939 cando o delirio totalitario estaba no seu apoxeo, que facelo a partires dos anos cincuenta
cando se estaba a buscar unha España máis europea. A ditadura, como haberá ocasión de ver
en epígrafes desta investigación, cambiou e modificou o seu discurso dependendo do contexto
nacional e internacional.
Como se ve, todo o que envolve a ditadura franquista dende o seu nacemento ata o final,
demóstrase complexo e decorado cunha pátina de idas e voltas que dificultan a súa análise. A
construción a nivel local da ditadura franquista en Galicia viuse sumida nesa complexidade. Os
historiadores que se veñen encargando do estudo do panorama local teñen influído
decisivamente na elaboración desa complexidade de análise. A primeira teima dos estudos
sobre a ditadura franquista é a xa buscada definición do que foi a ditadura franquista. Co fin de
obter ese resultado, todos se serviron da concorrencia de ideas dos autores clásicos europeos
que tentaron explicar o fascismo dende diferentes perspectivas. A presente investigación debe
comprenderse no marco establecido polos traballos de tenor similar realizados con
anterioridade. O Capítulo 1 céntrase, precisamente, na explicación do punto de partida da
5
Esa imaxe dun Franco prudente, moderado e sensato é a que sobrevive na actualidade. Amais do citado neste
parágrafo, Franco manifestouse coma un home extremadamente relixioso, o que lle facilitou a conivencia das máis altas
xerarquías eclesiásticas co seu proxecto político. Sobre o ditador, continúa a ser esencial a imprescindible e monumental
biografía de PRESTON, P. (2006). Máis recentemente, cómpre destacar a aproximación na liña de PRESTON realizada por
CAZORLA, A. (2015). Monumental en canto a extensión é tamén o texto sobre a figura do ditador que presentaron PALACIOS
TAPIAS, J. E PAYNE, S.G. (2014); outra cousa é que a calidade deste último escrito, onde a figura do ditador queda ben lavada
grazas a unha xenerosa dose de xabón, non acade, nin de lonxe, á do inglés.
21
investigación sobre as elites locais, explicando as premisas teóricas e metodolóxicas sobre as que
se sustentará a análise dos capítulos posteriores. Consecuentemente, o Capítulo 2 continúa coa
liña explicativa do precedente afondando na análise da historiografía española sobre a
construción da ditadura franquista a nivel local. Os estudos realizados sobre o tema servirán
para mudar a liña establecida pola historiografía ata o momento. O punto de encontro daquela
arredor co concepto recorrente da explicación da natureza política do réxime ditatorial,
mudarase cara a interpretación exclusiva da conformación da elite local da ditadura a través da
lectura da orixe política e cronolóxica das mesmas. O que pretende a lectura da historiografía
presentada no Capítulo 2 é fundamentar a análise que se realizará nos capítulos posteriores
centrada no concepto de elite política como eixo argumental de estudo.
O Capítulo 3 é un estudo da construción legal que deu sustento ao estado ditatorial
franquista, facendo referencia especial ao marco local. O Capítulo 4 céntrase na análise da
evolución da construción da ditadura franquista nas catro provincias galegas. Como punto de
partida argumental e cronolóxico tomarase a análise da figura dos diferentes gobernadores civís
que transitaron polo territorio entre xullo de 1936 e 1951. Motivada pola dispoñibilidade das
fontes documentais existentes, este Capítulo proporcionará unha visión da construción da
ditadura dende a perspectiva de FET de las JONS. O punto común de todas as lecturas e
análises presentadas no apartado citado será a extremada dificultade coa que se atopou o réxime
ditatorial e o partido único para implantarse no territorio xeográfico galego. Entre a
documentación do partido, a ausencia suficiente de afiliados e a carencia de bens materiais e
monetarios que facilitasen a celebración de actos proselitistas son identificados coma os factores
negativos para a implantación do réxime ditatorial dende o punto ideolóxico. Un dos elementos
argumentais a ter en conta neste Capítulo é a percepción interna de FET de las JONS de ser
un elemento disruptivo para a consecución da implantación daquela. Esa condición de traba á
construción institucional do réxime ditatorial manifestouse na xestión do réxime de
abastecementos das provincias e localidades galegas, que conta cun epígrafe específico no
Capítulo. O partido tamén percibiu o cambio na cultura política dos galegos ao longo do devir
da Segunda Guerra Mundial; cambio que foi interpretado nalgúns territorios provinciais galegos
como un posible punto de inflexión na construción da ditadura franquista que, en determinados
momentos cronolóxicos, se percibiu como unha posible volta atrás a un réxime político
monárquico ou, incluso, a un réxime republicano.
O Capítulo 5 constitúe o núcleo do estudo das elites políticas. Os primeiros
correspóndense ao estudo dos números de concelleiros e xestores obtidos a través da lectura
dos libros de Actas de plenos e sesións permanentes dos concellos das sete cidades obxecto de
estudo. No apartado de metodoloxía explícase cal foi o proceso de análise e obtención de datos
a partir dos datos anteriores. Os dous apartados encadran o proceso de selección, nomeamento,
confirmación e desenvolvemento dos xestores municipais que conformaron a elite política da
ditadura franquista nas cidades galegas. O proceso de análise dos nomeamentos dos homes das
elites realizarase en tres etapas cronolóxicas que se corresponderán con tres momentos políticos
e sociais determinados polo final da guerra civil; a aparición da Lei de Bases de Réxime local e
as primeiras eleccións por terzos de novembro de 1948. Ao longo de todo o Capítulo realizarase
a descrición social, económica, política e cultural daqueles homes seleccionados para os cargos
municipais dos que quedou información conservada. A través dos informes persoais emitidos
por FET de las JONS; gobernos civís provinciais e as comandancias da Garda Civil ou de
disposicións en boletíns oficiais de diferentes órganos xurídicos ou administrativos, obtense
unha definición concreta do perfil de alcaldes e xestores municipais ao longo da ditadura e de
22
como eses foron mudando co paso dos meses e anos. As Actas municipais dos concellos
urbanos galegos ofrecen —dende a súa función de conservadoras dos actos aprobados e
adoptados polas corporacións e xestoras municipais—, unha vista detallada do funcionamento
interno dos concellos e das relacións entre os membros das xestoras e corporacións, facilitando
así a elaboración do panorama político concreto de cada cidade. Finalmente, o último apartado
corresponde ás reflexións finais sobre o elemento estudado elaboradas a modo de conclusión
e recapitulación.
A partires deste primeiro punto de introdución, o obxectivo do texto que segue é
explicar, en primeiro lugar a hipótese de traballo que sustenta teoricamente a investigación que
presentamos. Este epígrafe de principios teóricos apoiase no seguinte de principios
metodolóxicos, onde se explica e detalla o proceso de análise dos datos esenciais sobre os
xestores e concelleiros municipais que sustentan os apartados fundamentais do estudo.
23
1.1 A hipótese de traballo: explicar a construción da ditadura franquista a nivel local
O repaso a través dos significantes introducidos no presente capítulo explícase pola
necesidade teórica de comprender a que se fai referencia cando se está a falar da elaboración
da estrutura humana e legal da ditadura franquista no seu plano local. Os debates que aportou
a historiografía, as premisas coas que traballou para chegar as súas conclusións, que tipo de
terminoloxía empregou para referirse ao seu obxecto de estudo, constitúen elementos claves
para comezar unha análise e unha investigación como a que se está comezando a elaborar nestas
liñas. Aclarar dende o comezo que existe un debate sobre a natureza política do elemento
histórico que se está a estudar, permite aclarar intencións sobre ese mesmo debate dende o
inicio mesmo do proceso de investigación e exposición, evitando dese xeito, crear ou destruír
expectativas sobre o mesmo. Como haberá ocasión de ver unha vez se inicie no capítulo
seguinte, a presenza do debate historiográfico sobre a natureza política da ditadura franquista
demostrarase —dende o parecer analítico desta investigación—, limitado no proceso de
comprensión daquela natureza e, fundamentalmente, na comprensión de como a ditadura
franquista foi construíndo as súas estruturas políticas e administrativas. Por esta razón, a
explicación da construción da ditadura franquista no plano local deberá ser comprendida dende
a perspectiva das elites políticas; dende o punto de vista dos homes que ocuparon os cargos
municipais nos concellos urbanos galegos. As elites políticas urbanas galegas constitúense, dese
xeito, no eixo clave para entender ese proceso de construción.
A historiografía española que analiza a configuración local da ditadura franquista tende
a empregar de maneira indistinta os conceptos elite política e persoal político. O resultado do
debate que se xerou arredor dos dous provoca que a nivel operativo ámbolos dous acaben
significando o mesmo, reducíndose o debate sobre o seu uso a unha interesante cuestión
terminolóxica sobre o raio de acción operativa no campo semántico de cada un deles. Ao longo
da presente investigación, empregarase sempre o concepto de elite política para facer referencia,
dende este momento, a todos aqueles que participaron da política local. Por medio da
comparación entre os diferentes usos aplicados aos dous conceptos en estudos anteriores,
considerouse que o concepto de elite política engloba perfectamente os límites abertos da
influencia e influencias que tiveron e que recibiron todos aqueles aos que lles correspondeu ser
Alcalde, xestor municipal ou concelleiro nunha das sete cidades galegas. As elites urbanas
galegas entre 1936 e 1951 comporán e estruturarán o discurso da presente investigación que
pretende dar resposta a unha serie de hipóteses que a historiografía española sobre a
construción da ditadura franquista a nivel local se vén realizando dende os seus inicios.
A primeira parte da presente investigación adéntrase na análise da legalidade que
sustentou a construción da ditadura franquista. Todo o aparello legal que influíu no mundo
local ao que se está a facer referencia de maneira continuada marcou o devir de todo o proceso
de construción. O estudo das disposicións legais realizarase estudando a terminoloxía que
empregaron os redactores das leis. Nelas determinouse como a ditadura seleccionaría e se
relacionaría coas elites políticas chamadas a ocupar cargos de xestión municipal. Esas
disposicións legais determinaron o grao de actuación daquelas —ou o que é o mesmo, as súas
competencias—, dentro do marco establecido pola dicotomía nominativa e xerárquica entre
24
Alcalde-Gobernador Civil provincial. O estudo das disposicións legais iniciase co decreto de 27
de xullo de 1936 polo que foron cesados todos os gobernadores civís das provincias que foron
caendo en mans dos sublevados; e remata co decreto de setembro de 1948 polo que se
convocaron as primeiras eleccións municipais e provinciais por terzos representativos.
Unha vez que as disposicións legais quedan analizadas, a segunda parte do estudo pasa
ao campo do poder provincial, onde a figura administrativa e política do Gobernador Civil
provincial devén en elemento central desa parte do estudo. Nel analizarase, en primeiro lugar,
a súa figura como persoas escollidas para entrar a formar parte das elites políticas da ditadura
en Galicia. A través da análise e descrición das biografías e manifestacións discursivas dos
diferentes gobernadores civís galegos no período comprendido entre xullo de 1936 e principios
de 1951, preténdese aclarar para o suposto das provincias galegas a hipótese presentada na
historiografía española que determina a extracción social dos gobernadores civís españois entre
os elementos dun mesmo locus social español. O Gobernador Civil, aínda procedendo de
provincias diferentes ás galegas, constitúe un dos elementos esenciais da elite política do país ao
converterse —no momento mesmo da súa designación e toma de posesión por mandato único
de Francisco Franco—, no membro do xogo político local encargado de seleccionar aos alcaldes
e xestores municipais. O papel do Gobernador Civil como seleccionador dos membros da elite
política das cidades galegas portará a primeiro plano a existencia de FET de las JONS en cada
unha das provincias galegas. A historiografía española coincide en sinalar a posición de
debilidade do partido único da ditadura ante o proceso de construción da mesma en todos os
seus niveis. Esa debilidade manifestouse de maneira máis evidente na falta de individuos que
puidesen cubrir todos os ocos administrativos e políticos necesarios para o funcionamento da
propia FET de las JONS. A carencia de afiliados e adheridos tería situado ao partido nunha
situación vicaria respecto do papel do Gobernador Civil, obrigado polas disposicións internas
do réxime ditatorial a considerar as informacións sobre os candidatos propostos por el mesmo
emitidas polo Movemento antes de realizar calquera tipo de nomeamento. No caso de Galicia,
o intento de consolidación da estrutura do Movemento entenderase como un proceso
intrínseco ao da construción tanto da ditadura coma das súas propias elites. A presente
investigación traballa coa hipótese de comprobar se os máximos hipotéticos demostrados por
investigacións anteriores noutras localidades e provincias españolas sobre a debilidade
organizativa e asociativa de FET de las JONS poden ser aplicables ao caso de Galicia.
Dende a perspectiva da novidade historiográfica para o campo galego, esta investigación
pretende determinar aqueles aspectos do funcionamento do partido que identificarán a súa
implantación en Galicia. Esa aproximación farase analizando os informes emitidos polas
xerarquías e autoridades provinciais aos correspondentes órganos superiores radicados en
Madrid adoptando unha posición analítica do discurso recollido nos mesmos. Este punto de
vista verase matizado e consolidado co paso do tempo interno da ditadura cando se consolide
a evolución institucional e política da propia ditadura. Con diferenzas temporais notables entre
as diferentes provincias galegas, o Gobernador Civil asumiu na súa persoa o cargo de xefe
provincial do Movemento. No momento de facerse co máximo cargo político dos territorios
provinciais, o Gobernador Civil reuniu no seu cargo e con maior intensidade a dicotomía
orgánico-administrativa existente entre Gobernador Civil-Movemento. Esa situación obriga a
analizar e aclarar a relación existente entre dous elementos opostos, mais fundamentais para a
25
construción da ditadura franquista en Galicia. O Movemento deveu, polo tanto, eixo
configurador da construción da ditadura franquista no plano local; por iso centrará un capítulo
fundamental da investigación que segue.
O segundo eixo do estudo das elites políticas urbanas galegas corresponderase coa
análise daqueles homes que formaron parte das corporacións e xestoras municipais da Galicia
urbana. Así como antes quedou dito que a historiografía española sobre o ámbito local da
ditadura centrou boa parte da súa análise na natureza do réxime político e non na construción
dese proxecto político por medio dos homes que o levaron a cabo nos diferentes concellos da
xeografía española, a presente investigación pretende aportar unha nova visión de maior
percorrido cronolóxico das bases humanas sobre as que se construíu a ditadura franquista. As
corporacións municipais e xestoras ditatoriais das sete cidades galegas constituiranse nos marcos
xeográficos de estudo. A selección do marco urbano galego foi realizada por cuestións
puramente operativas: os 313 concellos nos que se configura a administración territorial de
Galicia fan que sexan inabarcables para ser tratados nunha investigación como a que se está a
presentar. Faise, polo tanto, a selección dos sete maiores concellos do país: sexan as catro
capitais provinciais —A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra— e tres cidades destacadas pola
súa poboación, o seu potencial provincial ou a súa importancia na historia do país —Ferrol,
Santiago de Compostela e Vigo.
O terceiro eixo hipotético desta investigación iniciará o seu estudo nas corporacións
municipais galegas de 1917. A partires do éxito da Revolución Rusa nese ano, a dereita europea
viuse obrigada a configurar doutra maneira a súa posición ante a democracia. Unha parte desa
dereita europea entendeu a necesidade de participar no xogo democrático para facer valer a súa
posición política, social e económica ante o éxito do novo combatente político que lle chegou
pola esquerda ideolóxica representado na figura da Rusia bolxevique. O tremor que se produciu
na esquerda co pulo final da Revolución Rusa provocou que os partidos dese espectro do
ámbito político vivisen as súas propias escisións e debates ideolóxicos; escisións e rupturas que
acabaron por axudar a configurar a nova dereita ideolóxica europea que estaba a nacer naquel
preciso momento6. A idea argumental principal deste punto hipotético será a de ofrecer un
panorama o máis claro posible do camiño que seguiu a elite política municipal urbana galega
dende 1917 ata 1951.
A pregunta que xorde inmediatamente relatado o anterior é que efecto tivo sobre a
política municipal galega o éxito da Revolución bolxevique. En España vivíronse episodios de
crise política e social que demostran que a realidade política do territorio non foi allea ao que
estaba a suceder no resto do continente europeo. Ademais, a cronoloxía política e social
intrínseca española determinou, en 1923, despois dunha longa crise política da Restauración,
logo do golpe de Estado do Capitán xeral de Barcelona Miguel Primo de Rivera, a aparición da
primeira ditadura do século XX que viviría España. O propio esgotamento ideolóxico e político
do réxime ditatorial primorriverista determinou a aparición dun modelo ditatorial considerado
brando polos seus contemporáneos liderado pola personalidade do Tenente xeral Dámaso
Berenguer; e último intento da Monarquía española de Afonso XIII de manter o statu quo
6
Volve neste momento do discurso a primeiro plano a figura NOLTE, E. (1971): 11-10 e NOLTE, E. (1967): 11 e
37, que explicou por primeira vez o choque que supuxo para a dereita europea o éxito da Revolución Rusa.
26
creado a partires da Restauración canovista. O esgotamento dos postulados políticos e tamén
da cultura política exercida ata abril de 1931 explican, entre outros moitos que foxen do obxecto
de estudo desta investigación, o éxito dos postulados republicanos entre as clases sociais urbanas
españolas e a institucionalización da Segunda República española. Considerando os cambios
políticos internos dentro da propia República, o seguinte chanzo na evolución política española
determínao a mesma ditadura franquista. Tendo en conta esas separacións cronolóxicas da
historia política española contemporánea, a análise das elites deberá corresponderse
cronoloxicamente cos momentos de cesura temporal determinados polo lapso de tempo entre
unhas e outras etapas. Así, marcaranse cinco piares cronolóxicos sobre os que se establecerán
os puntos de apoio da análise da evolución das elites políticas municipais galegas. O primeiro
será o establecido polos últimos anos do sistema político da Restauración, entre a crise de 1917
e outubro de 1923; o segundo pola implantación da ditadura de Primo de Rivera en setembro
de 1923; o terceiro a volta ao réxime da Restauración en 1930 por medio do intento encabezado
por Dámaso Berenguer; o cuarto será a proclamación nos concellos galegos da República
española en abril de 1931 e o quinto, o inicio do golpe de Estado de xullo de 1936. Estes cinco
eventos políticos serán tomados como referencia para establecer onde acaban e onde comezan
as traxectorias de participación política dos elementos das elites políticas que actuaron na Galicia
urbana.
Cumprirá determinar o grao de mantemento e cambio de persoeiros dos consistorios
municipais para determinar aquel elemento de estudo, porque dende 1917 España viviu
cambios políticos internos que marcaron decisivamente a evolución da política galega. O final
do xogo político de alternancia entre conservadores e progresistas chegou en setembro de 1923
co golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera, abrindo unha etapa política con tendencia ao
corporativismo. O liberalismo como réxime político asociado a procesos democráticos tería
regresado a Galicia en abril de 1931 coa proclamación da República española. En xullo de 1936
produciuse o golpe de Estado que finalizou na ditadura encabezada por Francisco Franco, que
é a que centra esta investigación. Polo tanto, a pregunta que busca responder este traballo de
investigación é a da existencia ou non dun determinado grao de reciclaxe das elites políticas da
Galicia urbana ao longo da primeira metade do século XX. De ser así, cumprirá establecer a
súa porcentaxe e determinar dende que épocas políticas a ditadura extraeu os homes que
ocuparon as cadeiras nas casas consistoriais das cidades galegas. A cuestión fundamental deste
estudo será determinar a continuidade e descontinuidade das elites políticas galegas; coñecer
como a dereita galega se adaptou aos cambios de mentalidade que comezaron en 1917. Se
finalmente foron capaces, cumprirá determinar en que épocas se acomodaron, baixo que
réximes se sentiron máis cómodas; e en que número conseguiron chegar á ditadura franquista.
Chegado o punto onde se determine o grao de mantemento e renovación das elites políticas
galegas antes da ditadura franquista, o seguinte elemento hipotético da presente investigación
será a determinación da existencia ou non dun proceso interno propio do réxime ditatorial
franquista que supoña a configuración e construción dunha elite política urbana propia. Para
chegar a ese punto do análise farase preciso afondar no estudo da constitución das diferentes
xestoras municipais urbanas galegas constituídas ao longo do marco cronolóxico estudado. O
coñecemento previo sobre a configuración xeral política, social, económica e cultural da
27
provincia, por medio dos informes do Movemento o dos gobernadores civís servirá de soporte
á análise completa das elites.
O elemento de estudo das elites políticas galegas pretende definir este traballo de
investigación como unha aportación novidosa ao campo de estudo do ámbito local ditatorial
español. A historiografía española que estuda a construción da ditadura franquista a nivel local
e provincial concédelle unha extraordinaria importancia ao papel que xogaron as elites políticas
tradicionais de dereitas na configuración daquela. Con todo, o límite daquelas investigacións
reside na ausencia de análises de series de concelleiros e xestores na media duración de estudo
adoptada por esta investigación. Por medio da análise documental que se exporá no seguinte
epígrafe —da que se obtiveron os datos necesarios para realizar o presente estudo—, preténdese
demostrar, analizando os números de concelleiros galegos entre 1917 e 1951 que obran na base
de datos elaborada para tal efecto, cal foi o a influencia da crise política de 1917 no conxunto
das cidades galegas. Amais, como haberá posibilidade de ver en epígrafes de capítulos
anteriores, sobre a Galicia política atopábase estendida a idea do predominio dominante da
figura do cacique como actor político que condicionou en extremo o día a día de corporacións
e xestoras municipais e provinciais. Por medio da análise cuantitativa das series de concelleiros
e xestores municipais das cidades galegas, esta investigación pretende determinar se ese peso
específico do caciquismo secular español foi tan importante en Galicia como apuntan as
primeiras aproximacións que se fixeron sobre ese tema con anterioridade.
É por iso, que o obxectivo da presente investigación pretende ir máis máis aló dos
traballos realizados ata o de agora sobre a construción da ditadura franquista a nivel local.
Establecendo as liñas continuas e descontinuas das elites políticas das sete cidades galegas
preténdese abrir o camiño para a localización, estudo e tipificación dos homes da política galega
dende 1917. A presente investigación pretende, polo tanto, avanzar dende o clásico debate
sobre a natureza do sistema político da ditadura franquista. Esa determinación analítica que
pretende aportar unha nova maneira de enfrontar a construción da ditadura franquista dende a
súa base administrativa e política tómase seguindo a máxima establecida por Tusell e Aróstegui:
o debate sobre a natureza política da ditadura franquista está esgotado; porque ese, non é o
obxecto que se debe buscar para explicar o porqué da súa natureza política, duración temporal
e supervivencia posterior. Os documentos traballados, descritos no epígrafe seguinte deste
capítulo, non permiten facer —nin sequera intentalo—, unha aproximación a natureza política
da ditadura. O caos que se manifestará en capítulos posteriores obtivo a través da lectura deles,
fuxe de posibles catalogacións da ciencia política. A suma de nomes, coas súas características
ideolóxicas asociadas, non é proba de que a ditadura fose un elemento fascista ou de
recuperación dos ideais caciquís. Por iso, o estudo da continuidade das elites permite a
obtención dunha composición de lugar inicial no campo do estudo das elites políticas galegas;
elemento que vai moito máis aló das disquisicións terminolóxicas que pouco solucionan o
estudo práctico da construción da ditadura franquista.
28
29
1.2 Fontes e metodoloxía
Esta investigación sustenta a súa existencia na lectura de determinados fondos
documentais custodiados en diferentes arquivos estatais. As primeiras fontes a citar serán
aquelas custodiadas nos arquivos visitados e consultados. O proceso de investigación comezou
coa sinatura, entre a Área de Historia Contemporánea do departamento de Historia, Arte e
Xeografía da Universidade de Vigo e o Archivo General de la Administración, dun convenio
de colaboración entre institucións co fin de dixitalizar os documentos custodiados no arquivo
precisos para o proxecto de investigación «Élites políticas en Galicia, 1939-1951». O Convenio
de Colaboración nº 165/15, de 3 de agosto de 2015, deu acceso á dixitalización das seguintes
agrupacións documentais:
- Sección de Presidencia, Movimiento Nacional, Fondo Delegación Nacional de
Provincias
- Da mesma Sección de Presidencia, Movimiento Nacional, Fondo Secretaría General del
Movimiento
- Da Sección de Gobernación, Fondo Ministerio de la Gobernación, Comisiones Gestoras
de Ayuntamientos y Diputaciones
- Da mesma Sección de Gobernación, Fondo Ministerio de la Gobernación, Dirección
General de Administración Local, Régimen de Personal
- E finalmente, da Sección de Gobernación, Fondo Ministerio de la Gobernación,
Secretaría General Técnica, Memorias de Gestión de Gobiernos Civiles
Os traballos de busca, selección e dixitalización de documentos comezaron o 1 de abril
de 2016 e remataron o día 27 dese mesmo mes. Durante ese tempo, seleccionáronse as
agrupacións documentais primeira e segunda como as que ofrecían o volume de documentación
máis importante e destacado en canto ao contido determinado na sección de hipóteses para
realizar a presente investigación. Dese xeito traballáronse un total de 179 unidades documentais,
das que 120 se corresponden co fondo da Secretaría Xeral do Movemento e 59 ao fondo do
Ministerio da Gobernación. O resultado total do proceso de dixitalización foi a obtención dun
total de 16.383 imaxes, en formato de alta resolución, das cales 10.920 corresponden ao fondo
da Secretaría Xeral do Movemento e 5.463 á do Ministerio da Gobernación. Este volume de
información complementouse coa consulta aos arquivos históricos provinciais galegos. A
relación de fondos consultados é a presentada nas seguintes liñas:
Arquivo do Reino de Galicia:
- No grupo de fondos públicos, na sección de ámbito provincial, grupo de fondos de
seguridade interior, o fondo do Goberno Civil da Provincia da Coruña nas datas
comprendidas entre xullo de 1936 e comezos de 1951.
Arquivo Histórico Provincial de Lugo:
- No grupo de fondos públicos, na sección de administración central e periférica,
subsección de ámbito provincial, grupo de fondos de seguridade interior, o fondo do
Goberno Civil de Lugo nas datas comprendidas entre xullo de 1936 e comezos de 1951.
30
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra:
- No grupo de fondos públicos, na sección de institucións do Movemento Nacional, o
fondo da xefatura provincial do Movemento de Pontevedra nas datas comprendidas
entre 1932 e 1951
Cómpre salientar nesta listaxe a ausencia do Arquivo Histórico Provincial de Ourense
onde no fondo da xefatura provincial do Movemento da provincial os documentos conservados
superan en data de creación o marco cronolóxico do presente estudo.
Os arquivos municipais ocupan unha parte destacada na elaboración do presente traballo
de investigación. Os elementos documentais consultados en todos eles foron os libros de Actas
dos plenos municipais e os libros de Actas da sesión permanente do pleno entre as datas
extremas de 1917 e 1951. O obxectivo da lectura dos libros de Actas foi a localización e
elaboración da relación de concelleiros e xestores municipais que participaron na política local
no lapso de tempo estudado. Grazas á consulta dos arquivos estatais, provinciais e locais e o
trato co persoal especializado que se encarga da súa custodia o investigador cae na conta das
dificultades ás que se enfrontan estas institucións para dar cabida nas súas instalacións a toda a
documentación. En casos moi concretos de arquivos históricos provinciais atópanse fondos
documentais que non están total ou parcialmente descritos; que agardan a chegada do momento
no que alguén poida poñer orde entre eles. Amais, a falta de persoal técnico especializado
provocado por uns cadros de persoal cada vez máis minguantes afondan na situación de desorde
descrita.
Ademais das fontes documentais de arquivo, consultáronse fontes documentais
periódicas. No ámbito do apartado da prensa provincial e local foron consultados os xornais:
- La Voz de Galicia (A Coruña)
- El Progreso (Lugo)
- La Región (Ourense)
- Faro de Vigo (Vigo)
- El Pueblo Gallego (provincia de Pontevedra)
Foron analizadas tamén outras fontes periódicas de carácter estatal, militar e interno do
Movemento:
- Boletín Oficial do Estado
- Boletín Oficial del Ministerio de la Marina
- Boletín Oficial del Movimiento de Falange
No BMFET publicáronse todos os nomeamentos e cesamentos das diferentes
delegacións e xefaturas do Movemento; mentres que o BOE e o BOMM serven para localizar
traxectorias persoais dos individuos nomeados pola ditadura para os diferentes cargos
localizados en Galicia. As diferentes publicacións periódicas foron analizadas, baleiradas e
organizada a información extraída delas para construír unha relación de nomes e cargos
executados polas persoas recollidas nos documentos.
31
O resultado do traballo de investigación foi o baleirado documental do que se extraeu o
contido da presente investigación. A parte fundamental do baleirado documental foi a creación
de fichas persoais dos homes que participaron na construción da ditadura franquista e que
aparecen recollidos nos documentos persoais que se atoparon no fondo do Ministerio da
Gobernación do AGA, no BOE, no BOMM e no BMFET. A partir do baleirado documental
obtívose un total de 4.840 entradas individualizadas, dos cales se extraeron toda a información
biográfica posible. As entradas individualizadas artelláronse arredor dunha base de datos onde
se recolle toda a información de cada individuo organizada da seguinte maneira:
- Nome completo
- Data de nacemento
- Lugar de nacemento
- Estado civil
- Estudos (si/non)
- Tipo de estudos
- Profesión
- Solvencia económica7
- Antecedentes políticos
- Reputación social
- Significación previa8
- Cargos con anterioridade ao
Alzamento (si/non)
- Cargos con anterioridade
- Participou na Guerra (si/non)
- Como participou?
- Afiliado a FET de las JONS (si/non)
- Data afiliación FET de las JONS
- Cargos que desenvolveu na ditadura
7
A «solvencia económica» aparece así como categoría nos informes individualizados realizados polas xerarquías de
FET de las JONS no momento no que foron solicitados pola autoridade provincial. Tanto «solvencia económica» como
«reputación social» engloban dous conceptos subxectivos que varían substancialmente dependendo do momento no que se
realizase o informe preceptivo sobre o individuo. A primeira categoría podía completarse con conceptos coma «buena»,
«muy buena» ou «francamente mala». A segunda con outros coma «muy buena», «inmejorable», «sólido prestigio» ou «mala». 8
Responde esta categoría a se o individuo se mostrou favorable a un partido ou movemento con anterioridade ao
golpe de Estado de xullo de 1936. A diferenza entre «antecedentes políticos» e «significación previa» reside en que a primeira
é empregada para categorías xenéricas empregadas polos funcionarios de FET de las JONS para encadrar aos elementos
políticos sobre os que informaban; mentres que a segunda se refire exclusivamente á militancia en partidos políticos no seu
sentido estrito. Así, no campo de «antecedentes políticos» aparecerán sempre cualificacións coma «de derechas»,
«derechista», «apolítico», ou outras de similar tenor. A categoría «significación previa» emprégase para separar
conceptualmente a militancia anterior á sublevación militar de 1936 da posible (ou non) militancia posterior en FE ou FET
de las JONS, dependendo do espazo cronolóxico no que se movese o individuo.
32
1.2.1 METODOLOXÍA DA ANÁLISE CUANTITATIVA NA CONTINUIDADE E DESCONTINUIDADE
DOS CONCELLEIROS E XESTORES MUNICIPAIS NA GALICIA URBANA ENTRE 1917 E 1951
O traballo de selección e baleirado de documentación realizouse de maneira sistemática,
iniciándose co fondo da Secretaría Xeral do Movemento e finalizándose cos libros de actas de
plenos dos concellos. A documentación traballada é, na súa totalidade, de carácter textual. A
partires dos referidos datos individuais organizados nunha base de datos de cada un dos homes
e mulleres efectuáronse cálculos de continuidade e descontinuidade das elites políticas galegas
entre 1917 e 1951. O primeiro a ter en conta na explicación da análise dos datos obtidos, é que
entre 1917 e 1951, con finalidade analítica, establecéronse 8 períodos que se corresponden cos
diferentes réximes políticos que se desenvolveron en España no lapso de tempo referido. Sexan
estes os derradeiros anos da Restauración; a ditadura de Primo de Rivera; o período coñecido
coma Ditabranda; a Segunda República; as primeiras xestoras da ditadura franquista
comprendidas entre xullo de 1936 ata a Orde de 30 de outubro de 1937; as xestoras da ditadura
constituídas entre outubro de 1937 e xullo de 1945; a etapa que abrangueu dende a aprobación
da Lei de Bases de Réxime local de xullo de 1945 ata as eleccións de novembro de 1948 e,
finalmente, o período entre novembro de 1948 e as eleccións de novembro de 1951. Cada unha
dos períodos de análise determinaron un número concreto de concelleiros que houberon de
ser nomeados dependendo do número de habitantes das localidades. É por esa razón que a
separación en períodos debeu considerarse dende o inicio a partir do elemento clave do
número de concelleiros estipulados para cada unha das corporacións e xestoras.
Un réxime liberal coma a Restauración implicou a concorrencia competitiva das elites
políticas en eleccións celebradas cada dous anos. A existencia de eleccións que supuxeron a
renovación das corporacións municipais obriga a considerar un segundo elemento na análise
da continuidade e descontinuidade das elites políticas. Sobre o número de concelleiros que lle
correspondeu a cada xestora considerouse o que se denominou o número de postos teóricos
que se renovaron nas diferentes convocatorias electorais. Os postos teóricos de cada
corporación son aqueles que se terían posto en xogo de concorrencia ou renovación imposta
polas autoridades —ben por medio de convocatorias electorais ou ben por renovacións impostas
polas normativas aplicables—, nas diferentes etapas consideradas. Os postos teóricos
determinados para cada cidade fixouse por medio da aplicación dun un coeficiente
determinado polo número de eleccións que se produciron no período. Así, entre 1917 e
outubro de 1923 producíronse 3 convocatorias electorais, que multiplican o número de
concelleiros que lle corresponderon a cada unha das cidades.
Determinar exactamente ese coeficiente foi só posible para o caso do réxime da
Restauración, ao ser o único onde se produciron convocatorias electorais periódicas e
sistemáticas. Para o lapso de tempo entre a ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República
a cuestión sobre o coeficiente multiplicador do número de concelleiros resolveuse
considerando a dinámica política interna de cada período. Na etapa política da ditadura de
Primo de Rivera, considerouse dende o inicio que o número de concelleiros a cubrir foi o
establecido polo Estatuto Municipal de 1924, debido a que nas cidades os nomeamentos das
primeiras xestoras ditatoriais non cumpriron co número de concelleiros establecido pola Lei
33
Municipal de 1877. Sobre o número de concelleiros aplicouse un coeficiente 2, entendendo
que as dúas etapas —entre o directorio militar e o directorio civil e nun estrito sentido teórico—
, deberían ter suposto unha cesura que debería ter implicado a renovación das corporacións.
Foille aplicado o mesmo coeficiente aos períodos da Ditabranda e da Segunda República ao
aplicarse a lei vixente da Restauración que impoñía a celebración de eleccións bianuais. Nas
diferentes etapas definidas para a ditadura franquista, o cociente foi determinado pola normativa
legal aplicada en cada unha delas: 2 para o período entre xullo de 1936 e outubro de 1937,
tendo en conta o cambio e mobilidade extraordinaria deste primeiro período; 4 para o período
comprendido entre outubro de 1937 e xullo de 1945, supoñendo que se tivesen celebrado ese
número de convocatorias de renovación nese lapso de tempo; 2 para o episodio comprendido
entre xullo de 1945 e novembro de 1948, pois a Lei de Bases de Réxime local establecía
eleccións cada dous anos e 2 para a etapa entre novembro de 1948 e novembro de 1951, cando
se celebraron as dúas primeiras eleccións por terzos. A división do período da ditadura
franquista realízase tomando como referencia ao Orde do 30 de outubro de 1937 pola que se
estableceu por primeira vez o número de xestores que deberían integrar as xestoras municipais;
a Lei de 17 de xullo de 1945 de Bases de Réxime Local e a celebración das primeiras eleccións
por terzos en novembro de 1948.
A expresión da renovación e continuidade de concelleiros e xestores municipais
exprésase en números porcentuais en todos os supostos, sobre o número real de concelleiros
de cada etapa e tendo en conta os ceses e continuidades internas, por período, de cada etapa.
O número real de concelleiros de cada período e etapa é resultado da suma dos concelleiros
nomeados en cada etapa estudada con outros procedentes das diferentes etapas anteriores. A
separación de concelleiros por procedencia cronolóxica permite obter a primeira variable para
o estudo da continuidade ou descontinuidade das elites: tendo en conta o número real de
concelleiros, a división desta categoría entre o número de concelleiros discriminados pola
categoría de orixe cronolóxica da coma resultado o peso en porcentaxe deses concelleiros
dentro de cada etapa estudada sobre o número real de edís nomeados. Así, considerando a
existencia do número real de concelleiros e o tempo no que estes se mantiveron nos seus cargos
poderase obter a representación numérica porcentual de renovación e continuidade para un
período completo e para as etapas nas que se divide ese período. Destitucións, cesamentos,
falecementos, cambios en bloque ou xerais en calquera punto do mandato teórico orixinan o
número real de concelleiros. Nos períodos de longa duración nos que non foi posible establecer
puntos de cesura claros, aplícase a mesma metodoloxía separando o período en etapas para,
desa maneira, expresar en números reais a renovación e a continuidade de concelleiros. No
caso de períodos longos, o feito de non considerar estas cesuras provocaría a obtención de
factores de valor negativo, factor que, conceptualmente é imposible na realidade.
O estudo cuantitativo da continuidade e descontinuidade fundamentase nas variables de
número real de concelleiros de cada etapa e período e do número de concelleiros que
participaron en cada unha delas, tendo en conta a súa continuidade ou desaparición dentro das
mesmas. Con estes elementos teóricos e metodolóxicos artéllase a investigación que comeza nas
páxinas seguintes facendo unha aproximación e análise da historiografía española sobre a
construción da ditadura franquista dende os concellos e as provincias.
34
35
2.
Marco teórico. A construción da ditadura franquista dende a historiografía
española: elites, continuidades e novidades
«La tradición ―¡cuántas veces es preciso repetirlo!― no es la inmovilidad, sino, por
el contrario, la adecuación viva de las instituciones a las necesidades temporales. El
principio tradicional es válido en cuanto a encontrar en sí potencialidad energética
que permita soluciones ajustadas y oportunas para las exigencias justas de las
generaciones sucesivas. La tradición es vida. La vida que, sin dejar de tener identidad,
sabe encontrar recursos de adaptación»9
.
9
CAETANO, M. (1949): “La situación actual de los municipios portugueses”, Revista de Estudios de la Vida Local,
maio-xuño, 45: 329-343. Palabras dunha conferencia do político portugués nunha conferencia no Instituto de Estudios de
la Administración Local o 26 de abril de 1949.
36
Abordar o estudo das elites políticas locais que sustentaron a acción executiva da ditadura
franquista foi unha cuestión que vén preocupando dende longo á historiografía española. O
primeiro achegamento por medio dun estudo as institucións a principios dos anos 80, abriu o
camiño para outros da mesma natureza que foron agromando ao longo desa década e das
seguintes. A Igrexa, as universidades, os municipios, as deputacións e os gobernos civís
convertéronse na pedra de toque de todas as análises. O punto de partida dos estudos centrouse
na análise da linguaxe das institucións, na economía dos concellos e deputacións, no cese e
nomeamento de comisións xestoras provinciais e municipais, nos intentos de realizar análises
dos gobernadores civís correspondentes. Todo para acabar consolidando un modelo de análise
que se repite dende o comezo ata hoxe. Con todo, o paso do tempo permitiu a entrada de
novidades metodolóxicas e de documentación. O acceso á documentación de arquivos locais,
provinciais e estatais facilitou o avance desas investigacións10
.
Tamén se afondou no campo da definición do que foron as elites, clases e persoal
político no momento no que os diferentes homes e mulleres tomaron parte da administración
e política da ditadura franquista. Moito antes de que apareceran os primeiros textos sobre as
rexións españolas, algúns estudos comezaron por analizar a estrutura do estado dende arriba.
Os primeiros textos asociaron plenamente os termos «persoal político» e «elite»; unha maneira
extensa de entender o fenómeno dos homes e mulleres participantes na política. Elite sería o
termo que englobaría a todos aqueles que participaron na política, aportando maleabilidade as
investigacións. A elite sería un grupo que realiza as actividades que garanten a supervivencia dun
determinado modelo político, social, económico e cultural. Ao falar de persoal político
esténdese o significado de elite, dotándoo de maior contido e cantidade11
.
Pero elite non é máis que unha «categoría especial» pola cal se define a un «grupo
minoritario» que se sitúa nunha posición superior respecto dos demais. Os membros dese
grupo comparten unha serie de vínculos laborais, educativos e culturais que fortalecen a súa
posición de grupo. O concepto de elite prestaríase máis a un uso instrumental: un grupo que
representa a unha minoría social e que ocupa un lugar social igualmente limitado. Isto quere
10
O punto de arranque dos estudos sobre o poder local marcouno NICOLÁS MARÍN. E. (1982) co seu estudo sobre
a rexión de Murcia. Despois dela, outras dúas mulleres deron os primeiros pasos no estudo da ditadura franquista a nivel
local. O estudo da provincia de Soria realizouno FRÍAS RUBIO, A.R. (1988); e o da provincia de Guipúscoa a historiadora
CALVO VICENTE, C. (1994). Estes estudos conservan o seu valor coma os prototipos de análise para os historiadores que as
seguiron, por moito que hoxe en día se vexan superados nos seus plans polos subseguintes estudos. Cousa normal, por outra
parte, debido á evolución do acceso a fontes documentais e bibliográficas. 11
Quen iniciou os estudos sobre a definición de persoal político e elite foi VIVER I PI-SUNYER, C. (1978). A
asimilación dos dous conceptos decantouna a consideración de que persoal político producía unha caída nun certo
«empirismo abstracto». Quería dicir o autor con iso, que no momento de emprender un estudo, iríanse acumulando datos
que pouco terían que ver coa explicación da teoría sobre a orixe dos homes da ditadura. De facer unha simple recollida de
datos, estes converteríanse en «epifenómenos» que impedirían ver a estes individuos coma o produto dunha construción
social, que é o que verdadeiramente os define. PI-SUNYER inclinouse cara un concepto de elite extenso e extensible, que
agregaba á definición a todos aqueles que participaban da política. De tal maneira que co concepto persoal político, aplicado
con rigor, moitos daqueles que participaron na política terían quedado fóra dun suposto marco de estudo. A decisión de
adoptar o termo elite foi unha postura «funcionalista» en tanto que englobaba a todos aqueles que participaran na política,
sendo máis maleable en canto ao seu límite. Agora ben, a identificación do concepto elite co de persoal político non é de
todo exacta, posto que elite significaría valorar de maneira cualificativa un grupo, o que lle confire ao termo unha pátina
subxectiva. De aí que PI-SUNYER se decantara finalmente polo concepto de persoal político, aínda que asimilándoo case na
súa totalidade co de elite. Elite suporía a supeditación do poder político ao poder económico, carecendo así o primeiro de
autonomía. Isto suporía negarlle o papel ao estado de centro de poder para convertelo nun monicreque dos grupos de
presión política e económica. A reflexión sobre este aspecto continuouna en VIVER I PI-SUNYER, C. (1978): 10-34.
37
dicir que aínda que as elites ocupen postos elevados, non quere dicir que entre eles estean os
máis capacitados, «nunha palabra, “os mellores”». Este termo non deixa de expresar a idea
dunha minoría reitora que se pode aplicar ao caso dos municipios e institucións provinciais.
Exercer a política durante o franquismo foi, en todos os niveis, unha cuestión de «minorías»
escollidas por un poder superior ou «elite de poder»12
.
A idea de abondar no concepto elite e non no de persoal político ou clase política está
en que os dous últimos son conceptos que dan aos homes e mulleres da ditadura un certo grao
de autonomía no plano teórico. Autonomía que nunca tiveron. Tamén porque persoal político
deixa fóra a aqueles que ocuparon cargos na alta burocracia do estado; aqueles que non foron
persoal político pero que ocuparon cargos políticos. Elite mestura os tres planos de acción dos
persoeiros que actuaron na política: tiñan reputación —e dicir, daban a sensación social de ser
quen mandaban—; tiñan poder de decisión —foron os que decidiron como e cando se tomaban
as resolucións— e tiveron dereito a un cargo —razón pola cal foron políticos. Con todo, outros
autores, sen restarlle a validez ao termo elite, inclináronse polo de persoal político na súa
variante de «cadros políticos intermedios»13
.
Polo tanto, a diferenza terminolóxica entre elite e clase política queda reducida nos
estudos sobre a construción da ditadura franquista a nivel local a unha cuestión de percepción
persoal dos historiadores que realizaron os traballos. Porque cada un dos textos producidos
sobre a construción local da ditadura dende o punto de vista dos concellos e provincias traballou
o tema de maneiras diferentes. Unha das diferenzas principais foi —e segue sendo na
actualidade—, a capacidade de extraer información das fontes documentais producidas pola
ditadura e que puideron ser conservadas nos diferentes arquivos. Porque a elite local da
ditadura, como será entendida ao longo deste traballo, construíuse en España en base a orixes
e procedencias políticas moi diversas. De aí que a historiografía española sobre a construción
da ditadura aporte diversas interpretacións sobre este fenómeno; chegando en moitos casos, a
conclusións se non dispares, si diferentes a nivel de pequenos matices. Matices que se atopan
12
Para JEREZ MIR, M. (1982), o concepto de persoal político non resalta a idea de «minoría de poder» que
encabezou a política ditatorial. O termo elite oponse ao de clase, que remitiría a unha «realidade social complexa» que define
a un grupo en relación ao papel que desenvolve a nivel produtivo. A complexidade da definición vén determinada porque
a ese grupo deben serlle aplicados cualificativos, —«criterios subxectivos»— que comprenden a ideoloxía ou a «conciencia de
clase». Con todo, para JEREZ MIR, as elites «non son grupos sociais paralelos ás clases, senón que cada un dos membros
dunha elite concreta pode ter a súa particular pertenza de clase». Ben é certo que JEREZ MIR, M. (1982): 22-24 considera
elite a todos aqueles que estiveron por baixo do xefe do Estado: dende el ata os cargos de directores de institutos oficiais.
Todos foron elite; os demais quedaron excluídos. Agora ben, este termo non deixa de expresar a idea dunha minoría reitora
que se pode aplicar ao caso dos municipios e institucións provinciais. Exercer a política durante o franquismo foi, en todos
os niveis, unha cuestión de «minorías» escollidas por un poder superior ou «elite de poder». 13
Esta é a liña seguida por determinados autores do proceso de construción do poder local da ditadura. ALCARAZ
ABELLÁN, J. (1992): 102, oponse pola separación taxativa que supón dividir entre os que «traballan» na política —
administración e servizos—, e os demais. Segue o autor canario unha liña similar á de JEREZ MIR no seu estudo sobre as
elites franquistas. O tema dos cadros políticos intermedios sacouno a colación GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 11. Esta
categoría implica a aceptación de que existe unha masa que se ve sometida por unha minoría cualificada. Ademais, supón
chegar á conclusión de que existen elites de maior e menor grao; non polo feito do traballo que realizan, senón polo nivel
que ocupan dentro da administración. Quere dicir isto, que un concelleiro franquista non é elite, senón persoal político.
Elite sería un secretario de estado ou o enxeñeiro do estado correspondente con capacidade de decisión no ministerio de
Obras Públicas, por exemplo. Non deixa de ser unha maneira de introducir un novo elemento clasificador absolutamente
innecesario. A elite foi elite for nun concello un nun ministerio.
38
especialmente na necesidade de dar unha explicación á natureza política da ditadura; un terreo
ao que todos os estudos pretenderon dar unha explicación.
Ao falar de elites políticas da ditadura franquista, o primeiro que se debe ter en conta é
a análise da súa orixe, dos lugares dos que foron extraídas. Unha máxima historiográfica di que
«o réxime de Franco foi unha coalición de todas as dereitas pero estas dereitas eran distintas»14
.
E segundo o que se, ve analizando a produción historiográfica sobre as elites políticas españolas,
a máxima sería certa. Iso quere dicir que, dende un primeiro momento, a ditadura serviuse
daqueles elementos políticos que contaron cunha certa traxectoria política previa ao momento
da sublevación de xullo de 1936. Este fenómeno debeuse a que entre os propios elementos
políticos compositores e participantes do golpe de Estado, houbo diferenzas manifestas entre
os seus proxectos. A dereita reaccionaria española vivía naquel momento dentro dunha
dicotomía entre o fascismo representado por FE de las JONS e o nacionalismo reaccionario —
ben fora de corte católico, monárquico, tradicionalista ou militar. Para os primeiros, a nación
era un ente supremo; mentres que para os segundos esa mesma nación era un todo composto
pola Igrexa, a Monarquía e o Exército. Existindo esas diferenzas, houbo que sumarlles o
reducido número de afiliados a FE de las JONS, que actuou coma sustento político e ideolóxico
da ditadura. A ideoloxía da acción violenta entre a sociedade de Falanxe converteuse para os
sublevados nunha especie de piar mestre que aportaría dende o inicio os afiliados cos que
contara. Mais, cando se trata de entrar no papel que xogou Falanxe na configuración das elites
locais da ditadura, a idea que se obtén é unha: non contou cun número suficiente de individuos
para cubrir os postos necesarios para un bo funcionamento das milicias; dos cargos orgánicos
do partido e dos cargos executivos nos ministerios que lles corresponderon aos falanxistas.
A historiografía española afonda na idea de que a entrada dunha masa inxente de
membros que non militaran con anterioridade en FE de las JONS, serviulle ao partido político
e as autoridades da ditadura para mitigar os ridículos números de afiliados que se manexaron
con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936. Así, algúns estudos sobre a construción
da ditadura franquista a nivel local, destacan aumentos de militancia superiores ao 200% entre
o número de elementos activos con anterioridade a guerra e despois dela15
. Por iso, que faltara
14
TUSELL, J. (1996): 33. 15
REQUENA GALLEGO, M. (2003): 51, estudou o caso de Castela-A Mancha, concluíndo que a presenza de FE foi
moi débil en toda a rexión, non superando os cento cincuenta afiliados fora das capitais de provincia e en determinadas
localidades onde o reaccionario era a tónica dominante con anterioridade as eleccións de febreiro de 1936. Na Castela Vella,
concretamente no caso de Soria, FRÍAS RUBIO, A.R. (1993): 646-647 aportou un número de afiliados moitísimo menor:
antes da guerra civil, a Falanxe local contaba con vinte e catro afiliados. A explosión de afiliados produciuse unha vez
comezou a guerra civil. Dez días despois do Alzamento, a Falanxe de Soria contaba con 1245 afiliados, de onde case 200
eran da capital provincial. En xaneiro de 1939 a cifra de afiliados acadaba os 9572 afiliados. De onde viña toda esta masa de
militantes? Pois da Acción Popular Agraria Soriana, ou o que era o mesmo: as dereitas católicas encadradas na CEDA.
LÓPEZ VILLATORO, F. (2003): 46-181, no caso da provincia de Córdoba mostra un territorio onde o falanxismo actuou de
diferentes maneiras. Na capital provincial o falanxismo e o xonsismo non arraigaron de maneira forte, quedando limitados
a mozos que estudaban no exterior —especialmente en Sevilla—, onde entraron en contacto con grupos de FE e das JONS.
Polo demais, Córdoba é definida como unha provincia onde o carlismo era a principal forza que loitaba contra a República.
Iso leva a que se fale da Falanxe de Córdoba como un «movemento marxinal» composto por un pequeno grupo de persoas
que «dependía» da dereita radical da provincia. Fálase dun partido débil e pequeno ata febreiro de 1936, cunha carencia
absoluta de cadros para cubrir os postos orgánicos internos. En definitiva, podemos falar dun partido que, cando se inicia o
Golpe de Estado, atopábase «desorganizado internamente». A FE de las JONS de Málaga, estudada por BARRANQUERO
TEXEIRA, E. (1994): 91, tiña tan pouca presenza antes da guerra civil que, unha vez entraron as tropas sublevadas na cidade,
a cabeza directora do partido era un dirixente sevillano.
39
xente capaz dentro do partido que sustentou ideoloxicamente a ditadura, foi un condicionante
á hora de facer os primeiros nomeamentos para as xestoras municipais. Dende este punto de
partida de baleiro de elites políticas falanxistas propias, a que os homes que posuíron unha
experiencia política previa volveran a exercer os mesmos cargos municipais, houbo un moi
pequeno treito.16
Así, a historiografía española fala, polo tanto, dunha clara volta das elites
políticas anteriores á guerra civil ou, mellor dito, dun mantemento dos elementos políticos de
sempre. Con todo, esta posición matízaa a propia historiografía sobre o tema considerando que
ese mantemento de elites conxugouse coa constancia empírica —documental ou testemuñal—,
de que moitos dos homes que participaran na guerra solicitaron cobrar os seus gastos por medio
da colocación e postos políticos que implicaran a toma de decisións. Os estudos sinalan neste
punto ás familias ricas e poderosas dos núcleos de poboación, que axudaran cos seus cartos e
xoias ao mantemento e consolidación da causa dos sublevados. O resto de homes, que tamén
obtiveron a súa pequena porción de poder, colaboraran poñendo en xogo as súas vidas17
.
Os estudos sobre a construción da ditadura franquista a nivel local localizan nesa carencia
de persoal político, a cuestión esencial sobre a configuración das elites locais nos inicios da
ditadura. Esta condición histórica leva á pregunta: de onde saíron as elites que configuraron a
ditadura franquista. Aquela dereita anteriormente citada, viu en FE de las JONS o camiño para
conservar o seu poder; a súa posición de sempre. A constante nos traballos realizados sobre a
configuración das elites, da coma resultado que os grandes beneficiados da entrada masiva en
FE de las JONS foron os elementos da antiga CEDA —nas súas diferentes variantes rexionais—
, os elementos da Renovación Española do finado Calvo Sotelo, e os tradicionalistas que —aló
onde foron masa—, deberon sumarse ao proxecto político de FE de las JONS18
. A obriga
16
Para o caso aragonés, estudado por CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 142, aqueles dos que botaron man os
sublevados para ocupar os postos na administración local foron alcaldes que xa ocuparan os seus cargos durante a ditadura
de Primo de Rivera. O mesmo indicou RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 334 para o caso da Rioxa: os concellos rurais rioxanos
foron ocupados por homes cun pasado político previo, especificamente durante a ditadura de Primo de Rivera; cuestión
que non sucedeu na capital provincial, onde os que ocuparon os postos de poder na primeira corporación sublevada foron
homes cunha traxectoria política impoluta: porque non existira. Chégase a constatar que ao longo da década dos corenta
mantívose a tendencia pola que os «concellos da provincia convertéronse nun coto pechado para os membros do partido».
É dicir: foron tan poucos os falanxistas e tiveron tan pouco peso na estrutura da ditadura, que ata lles foi imposible acceder
aos cargos públicos. O mesmo se describiu para o caso de Murcia: o que segundo NICOLÁS MARÍN, E. (1982): 262 se aplicou
durante os inicios da ditadura foi unha especie de restauración do modelo político do século XIX. Un grupo de familias e
persoeiros que controlaron a política local; «unha escasa minoría posuirá os cargos, unhas veces os propietarios directamente,
noutras ocasións persoas relacionadas moi estreitamente con eles». 17
GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 118 fala destas persoas coma as «clases familiares que configuraban a elite
económica e local» que tradicionalmente, ocupara os postos de poder con anterioridade. Aqueles que loitaron contra a
República nas urnas e que se sublevaron contra ela tiveron a oportunidade de ver compensados os seus esforzos: estes foron
dous elementos de prestixio entre o novo persoal político da ditadura. JEREZ MIR, M. (1982): 32-33, no seu estudo sobre o
persoal político da ditadura franquista, concluíu que os lugares de onde saíron todos aqueles que se erixiron en propietarios
do poder local da ditadura saíron dos «centros de extracción» que quedaron definidos como: «[...] cada un dos núcleos
sociais, máis ou menos institucionalizados, que durante o franquismo concorren na loita pola conquista e o exercicio do
poder político, no que ven representados os seus intereses a través dos homes procedentes das súas filas». Continuando nesa
liña, o mesmo JEREZ MIR, J. (1982):37-40, contestou a pregunta: de onde saíron os membros da elite política da ditadura
franquista? O primeiro centro de extracción foi o «tradicional»: a clase adiñeirada. Despois viría FET de las JONS como
partido único da ditadura, que ofreceu os seus cadros para os postos de mando. A Igrexa e o Exército tamén xogaron o seu
papel e as súas bazas para colocar aos seus homes. Finalmente, a nova burocracia que medraba a medida que o estado
ditatorial de facía grande, buscou ocupar aqueles postos que quedaron aos seu alcance, para ir ocupando o lugar que outros
deixaran libre. 18
Os exemplos son inxentes en toda a historiografía sobre o tema. GINÉS I SÀNCHEZ, A. (2010): 37-85 e 108-114
no seu estudo de provincias coma Castelló, a dereita fundamentou o seu poder e mantívoo durante os primeiros días da
guerra empregando tres elementos: a consistencia do seu sistema clientelar; o poder dos sindicatos e círculos católicos, e o
peso da Dereita Rexional Valenciana. O outro sector da dereita, o carlismo, chegou á guerra civil fortemente debilitado a
40
conxuntural de dar entrada a elementos da dereita republicana debeuse non só á necesidade de
crear un corpo político efectivo en forma de elite; senón tamén pola obriga imperiosa de
organizar un territorio que ía quedando en posesión das tropas sublevadas contra a República.
Ata o momento de organizar o poder nun mando único, cada territorio tivo as súas normas —
como foi o caso da Andalucía controlada por Queipo de Llano—, polo que foi necesario unificar
o mando nunha única persoa. A tarefa recaeu en Francisco Franco, nomeado Xeneralísimo
entre o 21 e o 28 de setembro de 193619
. Ao lado do Exército sublevado estiveron tamén as
milicias dos partidos: as de Falanxe e as dos carlistas. A unificación do mando e da política
comezou, por iso, polo camiño de darlle o poder a Franco. Primeiro unificáronse as milicias
do partidos —fundamentalmente as de FE de las JONS e as da Comuñón Tradicionalista, o
requeté—, por medio dun decreto de 25 de decembro de 1936. Case un ano despois, pasadas
moitas idas e voltas no proceso de configuración da política, FE de las JONS e a CT unificáronse
forzosamente para dar paso a FET de las JONS20
.
A idea que transmite a historiografía española é que a construción do pretendido novo
estado ditatorial, intentando eliminar todo o que pasara anteriormente, demostrouse
nivel institucional; o que non sucedía no campo social, xa que conservara unha rede de apoios socias ben sólida que explica
o apoio posterior ao golpe de Estado. A DRV, polo seu lado, empregaba as súas redes clientelares xa existentes dende a
Restauración. No momento de iniciarse o golpe, a DRV sumouse a Renovación Española e ao Partido Tradicionalista.
Castelló e Valencia terían sido, pois, dúas provincias pouco propicias para o fascismo organizado dado o forte peso das
dereitas católica e monárquica. Nunha comarca da mesma rexión, estudada por CALZADO ALDARIA, A. E TORRES FABRA,
R.C. (1999): 29-40, a Ribera Baixa, a Falanxe compúxose e completouse con membros da antiga DRV e de carlistas, que
entraron con moita forza despois da unificación. E a mesma tendencia, a moita menor escala, describiuna GÓMEZ RODA
(1998): pp. 81-85, no municipio valenciano de Catarroja. Outro exemplo neses mesmos sentidos, pero para outra rexión
totalmente oposta, é o que aportou RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 181-192 para A Rioxa, onde a Falanxe durante a despois
da guerra civil formouse dos primeiros militantes do partido e daqueles que entraron do campo dos partidos políticos
conservadores republicanos. Chégase a determinar a porcentaxe de membros dunha ou outra facción: os falanxistas
dominaban sobre os carlistas e conservadores, sendo estes últimos, fundamentalmente, antigos membros da CEDA. 19
O decreto que colocou a Francisco Franco como «Jefe del Gobierno del Estado Español» e «Generalísimo de las
fuerzas nacionales de tierra, mar y aire», foi o Decreto de 29 de setembro de 1936, BOJDN, 30 de setembro de 1936, 32:
125-126. 20
Todo este proceso está suficientemente estudado pola historiografía española. A sublevación militar comezou a
converterse en guerra a finais de decembro de 1936, e moitos viron nese contexto unha situación propicia para facerse co
dominio dos postulados ideolóxicos que deberían rexer aos sublevados contra os republicanos. O líder da Comuñón
Tradicionalista, Fal Conde, atrevérase a crear unha academia para ensinar aos seus cadetes do requeté. Evidentemente,
Franco non puido aceptar isto dando pé á unificación das milicias. As dúas milicias unificáronse de maneira efectiva, vendo
como os seus efectivos aumentaban de maneira considerable. E que fixo Falanxe ao ver que as súas milicias se unificaban
coas tradicionalistas?: nada. Falanxe non bufou ante esta decisión de Franco. SAZ fixo unha indicación sobre este proceso
que non se pode deixar de citar: Falanxe non se ergueu en contra desta decisión porque á cabeza da organización había uns
líderes que carecían de calquera tipo de programa ideolóxico e político. Segundo SAZ, I. (2004): 132, iso levou a FE de las
JONS a perder «a primeira batalla del aínda non iniciado conflito da unificación». THOMÀS, J.M. (2011): 141 fixo a súa
aportación sobre a necesidade de unificar as forzas en base á idea de que os sublevados non poderían actuar cunha falta de
proxecto tan evidente. Se non había organización, o estado non podería funcionar. Esta necesidade vírase tamén dende fóra:
Italia premía de maneira constante por medio de delegacións diplomáticas para a consecución desa unificación. Cun Fal
Conde que foi polo seu camiño, e un Hedilla á fronte de FE de las JONS valorado máis coma unha rémora que coma unha
axuda —tal e coma estudou THOMÀS, J.M. (2014)—, Franco comezou a moverse para conseguir a unificación política. Houbo
unha dobre loita polo poder Nun alto nivel, entre Franco, Queipo de Llano e Mola. Entre eles estivo claro que quen se
fixera co control de FE de las JONS tería o control do poder asegurado. O problema estivo en que dentro de Falange estaba
a producirse a segunda loita de poder: por un lado Hedilla, e por outro os «lexitimistas», é dicir, aqueles que eran íntimos
amigos de José Antonio. Estes consideraron a Hedilla coma un home «demasiado radical e proletario». Segundo describe
PRESTON, P. (2006): 292 Hedilla e o xeneral terían chegado a un acordo polo cal Franco sería nomeado xefe nominal do
partido e Hedilla xefe executivo. Detrás diso estaría tamén a vontade de Hedilla de conservar o seu poder e de eliminar aos
lexitimistas, hipótese que entre en colisión con aquela de THOMÀS que dicía que Hedilla foi un home pouco preocupado
pola política.
41
extremadamente difícil para os sublevados. Moitos dos elementos que entraron, exerceran con
anterioridade ao Alzamento unha dobre militancia na dereita: aparecían como afiliados a
partidos de corte dereitista que participaron do xogo político da República; e ademais,
sufragaran con cartos, con axuda en mitins ou de calquera outra maneira o día a día do
primixenio Movemento anterior á guerra21
. Cunha FET de las JONS chea de contido pero
baleira de elementos de acción, a oligarquía e a clase adiñeirada, empregaron a estrutura do
partido para conservar todo o seu poder22
. Evidentemente, ante a falta de elementos
considerados da Vieja Guardia, moitos cargos do partido deberon ser ocupados por aqueles
que chegaran dende fóra. A lectura dos casos estudados en diferentes puntos de España
demostra que non foi estraño ver como á fronte de xefaturas provinciais do Movemento se
situaron tradicionalistas, dereitistas de toda a vida, caciques locais de toda a vida, etc23
. Os
encargados de buscar aos que deberon ocupar os postos políticos —os gobernadores civís—,
centráronse en aqueles que conseguiran a camisa azul máis por interese que por convicción.
Ese modelo definido non é novo, porque a ditadura de Primo de Rivera xa seguira unha
dinámica similar no nomeamento de cargos para as corporacións locais: foron os maiores
contribuíntes que, se puideron estar en posesión dun título profesional, resultou moito mellor
para os intereses da ditadura; e ademais diso, deberon pertencer a asociacións culturais,
21
En Las Palmas de Gran Canaria, MILLARES CANTERO, A. (2014), describiu unha situación de FE moi similar a
doutras provincias. Fundada en xaneiro de 1934, estaba encabezada por un estudante —que non era precisamente unha
«lumbrera intelectual»—, e que reducía o seu grao de acción a medio cento de persoas que se reunían nun piso da capital
gran canaria. Os militantes da primixenia FE gran canaria exerceron unha dobre correspondencia partidista. Foron de
Falanxe pero tamén pertenceron a Acción Popular; unha especie de simbiose entre dous modelos: un fascista e outro
católico. Este último foise escorando cada vez máis cara o primeiro, sendo o principal foco de extracción de militantes por
parte de FE. Os membros do partido católico xa iniciaran con anterioridade a súa tendencia ao fascismo. Nun principio, os
membros das irmandades católicas das illas fusionáranse co tempo en Acción Popular —ou tamén no Partido Popular
Agrario Autónomo—; eran homes de dereitas —algúns con pasado político durante a Restauración, outros grandes
terratenentes, profesionais liberais ou militares—, que coa chegada da República radicalizaron a súa postura política cara
unha forte contestación ás políticas do novo réxime democrático en cernes. Unha postura de enfrontamento avinagrado que
comezou a desenvolver aquilo que foi a posición deste sector da dereita radical fronte a República: España como un todo
católico, que debeu facer fronte a un laicismo republicano galopante que se vía como un ataque á esencia católica; a oposición
frontal aos separatismos desintegradores da patria española; a grandeza imperial de España… O que posteriormente foron
as bases ideolóxicas da ditadura franquista. É dicir, apreciábase xa nas dereitas de Gran Canaria unha tendencia o fascismo,
que vai en consonancia coas doutros lugares de España. Esa mesma tendencia das dereitas describiu SANZ HOYA, J. (2009):
68-71 na provincia de Santander. Estableceuse a dicotomía entre o medio rural e o urbano: mentres que o primeiro sector
era conservador —eran pequenos propietarios—, impregnado polo catolicismo, influenciado polo clero e máis tendente ao
fascismo de FE de las JONS; o segundo era republicano e esquerdista. O que non gustou aos propietarios foi a política
agraria da República, pouco adecuada para o sistema minifundista santanderino, o que facilitou a súa viraxe ao fascismo. 22
A oligarquía, a clase adiñeirada, dende a perspectiva de GINÉS I SÀNCHEZ, A. (2010): 85, empregou a estrutura
do partido e a súa posición nas institucións para «satisfacer os seus intereses económicos ou como mostra de adhesión ao
Réxime (que non deixaba de ter unha causa material)». Por iso, segundo GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 22-30, o partido
viuse obrigado a dar entrada a persoas novas pola súa escasa implantación política. As causas foron varias: a primeira foi a
necesidade de impoñer un centralismo administrativo, o que levou á depuración dos vellos notables políticos; a segunda foi
a necesidade dun tipo especial de responsable político; a terceira ía vencellada á segunda: o tipo político concreto era aquel
que participara na política conservadora da República; e a cuarta foi a necesidade de contar con xente que se introducira en
FET de las JONS como mecanismo de canalización do poder. 23
Segundo a argumentación de CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1999): 53, os tradicionais dominadores da política local
atoparon o seu espazo nas novas xestoras que se formaron despois da guerra civil; da mesma maneira que o fixeron algúns
dos participantes da vida política local activa concorrendo cos recentemente chegados durante os anos 30. Foi o que
denominou «re-fundación da caste gobernante». Continuando a argumentación de CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1999): 55-56 —
e para o caso de Soria, coa mesma argumentación FRÍAS RUBIO, A.R. (1993): 643—, esa «caste gobernante» teríase feito co
control de FET de las JONS, poñendo a estrutura orgánica do mesmo a traballar polos seus intereses. O poder local era
para eles un «instrumento indispensable» para a oligarquía que buscaba, necesitaba, perpetuar o seu dominio social
especialmente nas zonas rurais. COBO ROMERO, F. E ORTEGA LÓPEZ, T.Mª (2005): 295-299 preséntaos coma un colectivo
diversificado, pero cunha premisa que os unía: todos se viran ameazados polas reformas da República.
42
industriais e profesionais. Foi neses mesmos maiores contribuíntes onde se apoiou a ditadura
franquista para configurar as súas elites. Pero neste caso, a aristocracia agraria cedeu o paso a
propietarios de superficies medias, ou a clases medias e altas urbanas, especialmente aos
profesionais liberais.
O panorama descrito pola historiografía española sobre as elites da ditadura mostra un
cadro complexo en canto a súa configuración e formación. Dende ese punto de partida, a
maioría dos traballos que se centraron na cuestión das elites, entraron a analizar un aspecto
considerado esencial polos historiadores españois. A cuestión da natureza política da ditadura
franquista suscitou un crecente interese entre os estudosos da ditadura nos seus diferentes niveis
executivos. Tendo en conta a conxuntura internacional de auxe das ideoloxías fascista,
nacionalsocialista e comunista, a ditadura franquista asentouse entre elas tomando posición. A
idea que transmite a historiografía española sobre a construción da ditadura é que esta, dende
o comezo da sublevación, non tivo moi claro cara onde viraría a súa orientación política. Sempre
dende o punto de partida de mostrarse radicalmente oposta ao bolxevismo ou socialismo, e moi
próxima ao proxecto fascista italiano e nacionalsocialista alemán, os historiadores veñen
buscando dende tempo atrás a catalogación da ditadura franquista dentro dun apartado do
esquema clásico de clasificación dos réximes políticos. Por iso, a historiografía española do
ámbito local vén considerando dende os seus inicios nos anos 80 que o estudo das elites é
consubstancial ao aspecto definitorio —no plano da catalogación política—, da ditadura
franquista.
Seguindo o razoamento, a nivel historiográfico, neste punto xorde unha cuestión esencial
no referido a clasificación e tratamento da información e a súa metodoloxía que a historiografía
construíu coma elemento pivotante de todo o seu discurso. Segundo a idea que transmiten os
traballos analizados para este estudo, a ditadura franquista pódese clasificar politicamente
unicamente localizando e clasificando aos elementos das elites políticas pola súa filiación
ideolóxica e política anterior a sublevación de xullo de 1936. Esta idea repetida polos traballos
máis recentes no tempo é unha corrente que se iniciou moito máis atrás que o proceso de
estudo das elites locais. Tempo pasou xa dende aqueles primeiros textos do profesor da
Universidade de Yale en Estados Unidos, Juan José Linz, nos que realizou un primeiro
achegamento ao que foi a ditadura franquista. A posición de Linz cara a definición da ditadura
como un réxime autoritario causou un forte impacto entre aqueles exiliados académicos do
estranxeiro que vían na ditadura franquista un sistema eminentemente fascista. Esas
disquisicións entre unha e outra parte chegaron aos anos noventa do século XX xa esgotadas en
palabras de dous historiadores españois como foron Javier Tusell e Julio Aróstegui24
. Pero ese
suposto esgotamento que preconizaron os dous profesores parece ser que non tivo moito
predicamento entre os seus discípulos e conxéneres. O que se produciu a partires do nacemento
dos estudos de Linz foi unha fonda cuestión sobre a natureza da ditadura. A tan repetida
dicotomía do ser da dereita española, provocou que os historiadores se sentiran interpelados a
dar resposta ao fenómeno político español dos anos trinta. A historiografía das elites locais
tentou dende o mesmo inicio a unión da cuestión das elites e da natureza da ditadura entender
se España foi algo alleo ao resto de Europa; resúltalle imperativo entender como unha ditadura
puido chegar a durar case corenta anos sen que os seus cidadáns se levantaran contra ela. Como
24
ARÓSTEGUI, J. (1992), TUSELL, J. (1993).
43
foi todo iso posible? Cal foi o segredo do mantemento dos xerifaltes da ditadura? Que foi o
que viron e como o viviron os españois para non contestar? O debate sobre a natureza da
ditadura franquista buscou —e aínda busca—, dar unha explicación a eses interrogantes25
.
Esta situación creou na historiografía da construción local da ditadura, a idea dunha elite
orientada cara unha misión política que puido ser de tres maneiras, dependendo da
interpretación dos historiadores. Por un lado, considérase que, dende o punto de vista local, a
ditadura franquista foi un réxime plenamente fascista. Por outro, a ditadura non tería sido máis
que un réxime fascistizado; que colleu aqueles elementos dese réxime político que máis lle
conviñeron, aplicándoos ao discurso político dunha maneira superficial —ou, se se quere,
retórica. E, finalmente, a ditadura tería sido unha continuación da tradición política española da
Restauración, que conservou a aqueles homes e nomes de políticos que máis interesaron para
o proceso de construción institucional. Polo tanto, o proceso de configuración das elites políticas
convértese historiograficamente na disputa entre tres concepcións teóricas sobre a natureza da
ditadura franquista. Curiosamente, a maior parte dos estudos sobre as elites políticas ditatoriais
—exceptuando algunhas excepcións que se sinalaron máis arriba—, non entran especificamente
na análise das elites senón no aspecto concreto da natureza da ditadura; superpoñendo así a
cuestión clasificatoria política da ditadura en xeral á cuestión da identidade política dos
membros das comisións xestoras.
Partindo dende o punto de vista desa perspectiva de estudo das elites políticas, xerouse
na historiografía española un enorme campo de traballo de investigación teórico onde atopar o
marco clasificatorio da ditadura se converteu na clave do arco do estudo da ditadura dende o
punto de vista local e provincial. O estudo da dereita previa a ditadura —a da Restauración e a
republicana—, devén para os historiadores na xustificación orixinaria dos estudos da natureza
da ditadura. A aplicación de etiquetas ideolóxicas aos diferentes actores políticos serve para
determinar —en primeira instancia—, a súa orixe política previa e a súa posterior evolución na
ditadura coma fascista, fascistizado ou continuador da vella política. A tradición política da
dereita española, representada en todas as súas formas, consecutivas e correlativas, serve aos
historiadores para explicar a evolución das elites á que se vén facendo referencia. O tránsito dos
xestores e concelleiros da dereita conservadora do liberalismo da Restauración cara as posicións
do maurismo; a posterior entrada en masa dentro da Unión Patriótica da ditadura de Primo de
Rivera; a participación nos primeiros intentos de organización dun partido reaccionario de
pretendido carácter coma o Partido Nacionalista Español do médico valenciano José María
Albiñana ou a concorrencia na primeira configuración e organización errática de FE de las
JONS; a entrada durante a República en partidos coma a CEDA, os radicais de Lerroux ou
Renovación Española de José Calvo Sotelo, son a xustificación práctica que da a sustentación
teórica á natureza da ditadura. En esencia, os estudos continúan a falar de elites; mais son unhas
elites xustificantes dunha construción teórica que pretende dar resposta a natureza da ditadura26
.
25
Sobre este aspecto xa se intentou aportar unha primeira interpretación dende o punto de vista da construción
institucional da ditadura en PRESAS SOBRADO, A. (2017). 26
O camiño da dereita española dende a Restauración ata a ditadura franquista foi longo e estivo marcado polas
idas e voltas ideolóxicas. O punto de partida desta evolución pode situarse nas primeiras crises sociais e políticas dos
primeiros anos do século XX. A preocupación dos propietarios, industriais e donos de grandes fortunas prendeu coa folga
de 1917 e o lapso de tempo que compuxo a historia de Europa entre 1917 e 1919. Este período supuxo que a posición
44
2.1 As elites políticas españolas coma configuradoras do «ser» da ditadura franquista:
fascismo, fascistización e caciquismo
O xiro analítico marcado pola tradición historiográfica do mundo local español durante
a ditadura obriga a entender ás elites políticas coma o ente configurador da natureza do sistema
político implantado en España dende xullo-agosto de 1936. Consecuencia dese punto de partida
teórico, o interrogante que nace a partires das investigacións producidas é o de que foi a ditadura
franquista a nivel local dende o punto de vista do seu ser; ou dito doutra maneira, dende a súa
natureza política. Segundo os traballos precedentes, a primeira conclusión a que cómpre chegar
é que a ditadura construíuse mirándose nun espello determinado; que tería sido o da tradición
política da dereita española de sempre. Chégase a afirmar dende algunhas investigacións,
incluso, que a persistencia das elites conservadoras anteriores se debe entender coma un
elemento definitorio esencial da ditadura27
. A idea que aporta este punto de vista é que a ditadura
se sentiu reflectida na tradición política anterior. Esta foi unha tradición concreta: a das dereitas
da Restauración, da ditadura de Primo de Rivera e da República. Seguindo o razoamento da
historiografía que avoga pola importancia absoluta do pasado político coma medio configurador
das elites, chégase á conclusión de que a ditadura tería nacido coa vontade de vincularse e
consolidarse por medio da apropiación dun patrimonio ideolóxico que se representou naqueles
que loitaran polas dereitas nos momentos máis críticos da historia de España. Tería sido esta a
vontade de expresar un vencello con aqueles que precederan á ditadura e cos que as autoridades
compartían ideais políticos, sociais, económicos e políticos.
Este razoamento historiográfico leva aos historiadores a unha conclusión determinada
sobre as elites políticas que construíron a ditadura. Considerando que o papel das elites previas
ao golpe de Estado de xullo de 1936 tería sido esencial para a construción dun modelo político
baseado exclusivamente na tradición política anterior ao golpe de Estado, a ditadura, aínda
valorando o seu discurso de vontade de rexeneración de España apartando a compoñente
caciquil que dominara nas relacións entre a política e a sociedade, tería seguido bebendo dos
destes sectores se vira pro primeira vez en perigo. A ameaza dunha revolución por parte dos obreiros controlados
economicamente fíxose para eles clara naquel momento. De aí a aparición de solucións reaccionarias coma o Somatén ou
La Traza. Aos problemas asociados cos revolución bolxevique, sumouse a preocupación polo fenómeno do caciquismo. A
loita contra el debería comezar dende arriba, porque o control de todo cambio sempre tería que estar en mans das elites
máis poderosas, as que tiñan o diñeiro para a renovación do tecido político, económico e cultural. Os sectores do maurismo
entraron a colaborar coa ditadura de Primo de Rivera, provocando o primeiro movemento cara a radicalización dos seus
postulados. A ditadura de Primo de Rivera foi un pequeno momento de estabilidade para estes sectores que se vían en
perigo. O partido —pretendido— único da ditadura, a UP, converteuse no camiño da participación política. Cando acabou a
ditadura en 1930, a UP desapareceu e Primo de Rivera marchou exiliado a Francia. Isto non impediu a aparición de
diferentes alternativas provinciais que buscaron recoller o legado político do upetismo. Os que estiveran no proxecto político
de Primo de Rivera foron os encargados de capitalizar o rédito político obtido ao longo dos seis anos que durara o proxecto
ditatorial; tal foi o caso da UMN de Calvo Sotelo. Ao mesmo tempo se se configurou a UP, foron xurdindo outros proxectos
coma o PNE; un partido que segundo GONZÁLEZ CUEVAS naceu coma unha reacción contra os partidos republicanos. A
pesares do seu discurso incendiario, GONZÁLEZ CUEVAS, P.C. (1998): 117 sitúao coma o embrión do primeiro partido
conservador español «cuxo tono e contido non era demasiado diferente ao definido polos católicos, os mauristas ou os
primorriveristas». Ademais disto, cómpre citar o proceso de configuración dun reaccionarismo autoritario arredor do
proxecto de Acción Española; ou o das dereitas conservadoras e de elite que artellaron a CEDA católica. Tamén o proceso
de constitución de Falanxe Española e as JONS de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma. 27
Así o afirmou CANALES SERRANO, A. (2006): 236 de maneira clara: a radicalidade das propostas que vertebraron
a política da ditadura franquista non era o importante, senón a presenza de aqueles que eran «herdeiros das tradicións
políticas de pre-guerra entre os vencedores, o pedigree político, se se quere».
45
vellos puntos de xustificación de sempre: a denominada vella política. Isto leva a algúns autores
que estudaron o fenómeno das elites políticas ditatoriais a falar da ditadura franquista coma un
mero recordatorio do xogo político dos tempos da Restauración. As investigacións afirman que
a ditadura debeu fundamentar o seu crecemento orgánico e político nas elites políticas de
sempre, pola inexistencia de persoal político propio dentro dos partidos que sustentaban o
programa ideolóxico do Movemento28
.
Esta tería sido a maneira preferida pola ditadura para configurar as elites políticas sobre
as que construíu o seu proxecto político. Segundo esta visión dos investigadores, a ditadura viuse
na obriga de aproveitar aos numerosos cargos públicos que foran quedando libres a medida que
os sublevados avanzaron na súa invasión do territorio republicano, coma isco para atraer aos
elementos sociais máis destacados das localidades. Mais, a elevada demanda de postos
provocou que houbera poucas cadeiras nos salóns de plenos municipais nas que asentar a todos
os candidatos. Esta situación provocou as tensións entre as elites políticas locais; e tamén un
certo desconcerto que afondou no carácter improvisador do proceso construtivo das elites
políticas. Así o explican as investigacións que centraron o seu discurso de construción da
ditadura na idea teórica da recuperación das elites políticas anteriores á ditadura. A clave do
proceso estivo na baixa afiliación de FE de las JONS previa ao Alzamento; o que obrigou ás
autoridades a botar man dos elementos políticos que exerceran con anterioridade en cargos
similares para os que foron nomeados pola ditadura. Por iso, non resulta estraño ver como as
elites políticas comezaron a configurarase arredor dos persoeiros máis poderosos
economicamente das localidades estudadas. A obtención, non só de beneficios políticos, senón
tamén duns non menos importantes beneficios económicos, situouse nun plano determinante
para a elección e selección duns ou outros nomes29
.
28
Neste aspecto, os historiadores galegos que se centraron no estudo das elites políticas dos primeiros
anos da ditadura foron uns dos que máis énfase puxeron nesta perspectiva. Por exemplo, para autores coma SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 53 e 137-140, a ditadura non tiña intención algunha de acabar coas redes clientelares existentes
dende antigo. Seguindo este razoamento, chégase á conclusión de que a ditadura franquista non supuxo ningún cambio
político a nivel local, máis ben todo o contrario. Para o caso de Galicia, concretamente da provincia de Lugo, estariamos a
falar da presenza nas xestoras de antigos monárquicos, membros da Unión Patriótica, do Partido Republicano Gallego, da
CEDA, do Partido Republicano Radical ou, incluso da ORGA. O sistema caciquil teríase mantido na primeira etapa da
ditadura pola necesidade do Estado de contar con un intermediario —o cacique— na súa relación cos concellos. GRANDÍO
SEOANE, E. (1993): 87, noutra provincia galega como a coruñesa, di que os primeiros anos da ditadura «pódese
argumentar que o grao de permanencia da elite política local [...] pode considerarse notable, ante a inexistencia duns cadros
de mando capaces e que mantiveran illados da situación social republicana previa». Na mesma liña que os anteriores
afirmouno ALCARAZ ABELLÁN, J. (1999): 337: «cabe afirmar que o Franquismo devolveu as dereitas e ao caciquismo local
o control dos concellos que perderan durante a etapa republicana, aínda que non en todos os casos». 29
Da lectura de CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1999): 47 despréndese unha conclusión evidente: Había moi poucos ocos
e todos querían o seu lugar. A cuestión de ampliar as bases de afiliación ao partido e á propia causa da ditadura franquista,
estivo tamén presente no nomeamento de cargos. A ditadura confiou en que a colocación de determinadas persoas en postos
de acción política provocaría o efecto chamada a outras de similar posición cara a súa causa. O achegamento ao aparello
político da ditadura tiña coma contrapeso algo fundamental para eles: o que CANTABRANA MORRAS, Í. (2004): 164
determinou coma a obvia obtención de beneficios económicos. En definitiva, en palabras de CANALES SERRANO, A. (2006):
238, o que se tería producido durante a ditadura franquista foi unha vitoria do burgués sobre o obreiro. Os poderosos
economicamente foron os primeiros en preocuparse por controlar o poder local, aplicar a denominada «lóxica da vitoria»,
neste caso vitoria política. A idea da lóxica da guerra é que aquela non se gañara para, no momento de facerse co poder,
cedelo a aqueles que non colaboraran para a súa vitoria. Foi máis: «non se fixera a guerra para que uns falanxistas recente
chegados viñeran mandar e, menos aínda, terciar no axuste de contas social que por fin podía realizarse en cada contexto
local ou provincial».
46
Esta idea de recuperar as elites económicas para convertelas en elites políticas xa se
producira no momento de instaurar a ditadura de Primo de Rivera. As corporacións locais
primorriveristas fundamentáronse nos seus inicios na presenza dos maiores contribuíntes das
localidades; amais, se os designados estaban en posesión dun título profesional, as súas
probabilidades de ser nomeados aumentaron. Sobre esa concepto argumental da restauración
da elite política previa a ditadura fundamentouse un determinado sector da historiografía
española. Segundo esta, foi naqueles maiores contribuíntes nos que se apoiou a ditadura
franquista para consolidarse nas institucións locais. Mais no caso da ditadura, cumpriu
establecer algunhas diferenzas de selección desas elites, debidas aos procesos de cambio social
que se produciron ao longo do tempo en España. Segundo as lecturas das investigacións, a
aristocracia agraria tería cedido o paso a propietarios de superficies medias, ou a clases medias
e altas urbanas; especialmente aos profesionais liberais. É por iso que os autores que recorreron
a esta análise identificaron a recuperación dos homes poderosos de dereitas para configurar as
elites da ditadura franquista unha recuperación dos modos políticos da Restauración. Ou o que
a efectos de análise teórica se podería considerar unha volta ao caciquismo da Restauración30
.
Os estudos identifican que estes sectores da elite económica que conservaron unha
determinada fama nas súas localidades foron os empregados para configurar a elite política local
dos concellos, valorándose positivamente a súa participación política en contextos previos. A
conclusión que se extrae desa lectura é que a ditadura, aínda buscando separarse da vella política
practicada en España ata o momento da súa chegada —sempre segundo a interpretación interna
30
Cómpre sinalar que no mundo rural estudado en Andalucía por PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2004): 42-43, o
proceso de selección funcionaba de maneira diferente, ao ser unha realidade sociolóxica oposta a urbana. Comprender aos
elementos políticos de dereitas que, en febreiro de 1936, viron como a esquerda do Fronte Popular se facía co control das
institucións por medio da destitución das comisións xestoras de dereitas é esencial para entender o funcionamento das elites
políticas locais no mundo rural. A esquerda xurdida da vitoria de febreiro de 1936, provocou que os elementos de dereitas
se radicalizaran de maneira agresiva: o pobo era o núcleo da vida destes individuos; e o pobo, converteuse no centro dunha
vida na que o «enfrontamento militante» era unha constante entre veciños. A idea dunha revolución marxista non era allea
aos pensamentos destes individuos. Entender isto é fundamental: o statu quo que nas cidades estaba en perigo, tamén o
estaba nas vilas rurais polo feito de que os de sempre desaparecían dos postos da política local que ocuparan dende sempre.
Se a iso se lle suman as medidas descritas por PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2008): 43 contra o poder da Igrexa que tomara a
República, as dereitas rurais tiveron razóns máis que suficientes para manifestarse contra as políticas que provocaron o
sentimento de ataque aos valores e ideais que estaban enraizados no máis fondo das súas conciencias. O medo á revolución
e ao bolxevismo facilitou o transvase destes elementos de dereitas cara FE de las JONS: non só entraron no partido aqueles
poderosos homes de dereitas; tamén o fixeron aqueles obreiros que estaban cansos da constante mobilización e
«intransixencia sindical» dos movementos obreiros de esquerda. Polo tanto, a pertenza a sindicatos coma a CNT ou a UGT
era un galón para aqueles que entraron en FE de las JONS: era a mostra de que, forzados a entrar neles nun principio para
evitar presións e extorsións, conseguiran saír e afiliarse a un partido totalmente oposto do que, parecía ser, comulgaban
totalmente. A militancia en partidos como FE de las JONS no mundo rural, converteuse no camiño para facer fronte ao
reto de vencer a esquerda. Tal e como sucedeu en Europa sucedeu en España: a xuventude xa non vía á dereita tradicional
o medio adecuado para loitar contra a esquerda; cumpriu radicalizar a mensaxe por medio do fascismo. Produciuse, por
conseguinte, unha dicotomía entre a vella e a nova dereita: unha dereita conservadora que copiaba os modos do fascismo
sen introducirse nel plenamente; e unha dereita nova implicada completamente no movemento fascista. Unha separación
entre vellos e mozos nas localidades rurais. Esta tendencia cara a dereita —estudada para o campo sevillano—, explica o
crecemento de FE de las JONS no momento intersticial entre febreiro e xullo de 1936. Un crecemento que non debe
entenderse como afiliación en masa dun pobo: a realidade limitada desas contornas leva a falar de filiacións que ían dende
os 14 membros do partido no mes de febreiro aos 21 que podería haber nos días previos ao Alzamento. Unha organización
«case inexistente na zona a comezos de 1936», pasou a experimentar un elevado grao de crecemento en canto a afiliados e
seguidores. PAREJO FERNÁNDEZ (2004): pp. 44-46. Tamén en PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2008): 27-28. Outro autor que
estudou fondamente o proceso de dereitización das elites rurais en Sevilla foi LAZO DÍAZ, A. (1999).
47
dos seus ideólogos—, fundamentou a súa construción nas elites políticas de sempre. En palabras
dun dos historiadores que máis fortemente defende esta postura interpretativa:
«Paradoxalmente, a pretensión do réxime de presentar unha Nova España moi distinta da
decadente [...] dos séculos previos, íase basear na presunta virxindade política do Movemento e
dos seus militantes, o que é rotundamente falso tanto para os seus dirixentes máis famosos coma
para os seus cadros menores»31.
As elites políticas da ditadura franquista terían sido, polo tanto, as de sempre. Fálase de
persoas moi cobizadas, que exerceran na Restauración, na ditadura de Primo de Rivera e na
República. A idea esencial de resaltar este aspecto da orixe das elites políticas, fundaméntase na
lectura historiográfica de que a ditadura franquista non tería sido máis que unha consecuencia
directa do recuperado fenómeno do caciquismo da etapa da Restauración. Son moitos os
autores que consideran ese punto de vista coma o fundamental para explicar a natureza política
da ditadura franquista a través das súas elites políticas. O panorama descrito non deixa lugar as
dúbidas: a aparición de nomes que se repetiron con anterioridade noutros momentos políticos,
xustifica plenamente a consideración en firme desta idea de continuidade32
. Con todo, a
consideración da ditadura coma un epígono do poder caciquil das vellas elites políticas da
Restauración resulta difícil de aceptar por algúns sectores da historiografía española. A reacción
dos investigadores que sosteñen esta posición contra os que non a consideran válida consiste en
afirmar que aquela negación se provoca polo descoñecemento do significado do concepto de
caciquismo.
Segundo estas posicións críticas cos que non ven unha restauración do fenómeno
caciquil, os estudos centrados na cuestión da teoría política e da análise dos cadros políticos non
se terían internado no estudo central da cuestión, que é o «contraste entre o dito e o feito» ou,
simplemente, analizar o poder. Polo tanto, aqueles políticos que coparon os postos de poder
durante os primeiros compases da construción da ditadura, e que puideron provir de
corporacións da Segunda República durante o bienio negro, foron continuadores das redes
clientelares que proviñeron da Restauración e que se adaptaron aos usos políticos da República.
Esas mesmas redes foran creadas dentro da propia ditadura franquista. Arredor deste aspecto,
os historiadores defensores desta posición desenvolveron unhas teorías interpretativas que
deixan pouco de marxe para saírse delas33
.
31 CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1999): p. 78. 32 Na mesma liña de CAZORLA SÁNCHEZ, manifestouse GÓMEZ RODA, J.A. (1998): 33-34 cando fala de que a
ditadura franquista foi un modelo político que restaurou o caciquismo —ou prácticas caciquís—. A ditadura franquista buscou
rachar co anterior —aínda que conservando algúns elementos— delimitando etapas na orixe dos membros das corporacións
locais. O que se conclúe deste razoamento é que non estamos ante un extremo de restauración ou de implantación dun
novo modelo, senón dunha síntese dos dous, onde o caciquismo ten un maior peso específico. Foron, polo tanto, os
continuadores de aqueles persoeiros que dominaran a política local dende tempo atrás. Compartían un estilo de vida, unha
traxectoria económica, política, social e, incluso, intelectual que os levou a formar parte dun grupo diferenciado do resto
dos seus veciños. GARCÍA YÁÑEZ, F. (2005): 391 escribiuno da seguinte maneira: «Eran familias que se liberaran nas décadas
finais do século XIX e nas primeiras do século XX do traballo directo da terra. Convertéranse en propietarios agrarios,
comerciantes e, a través do tempo, os seus descendentes entraron a formar parte do funcionamento do Estado ou exerceron
profesións liberais». 33
Por comezar por un autor concreto, RODRÍGUEZ BARREIRA, Ó. (2013): 294-313 é o defensor desta teoría, xa
desenvolta polo seu mestre CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1998). A presenza dun Alcalde máis de trinta anos nese posto, por
exemplo, presupoñía —ou supón— a creación dunha rede de acólitos e apoios, que fixo que esa localidade se convertese nun
48
É dicir, que seguindo ata o final o razoamento dos historiadores defensores da
recuperación de modos de actuación política caciquís, a guerra civil trouxo consigo a derrota
dos ideais falanxistas no dominio local e provincial; sen falar a derrota que se estaba a producir
a nivel das altas estruturas do Estado. A guerra civil teríase feito, por conseguinte, coa finalidade
de restablecer unha suposta orde en España: o catolicismo coma reitor moral e a burguesía
propietaria de industria e terras nos postos de mando político. Os estudos referidos describen
esta maneira de configurar unha elite política coma unha volta ao modelo caciquil; mais esta
non é a única maneira da que se serviu a historiografía española para explicar a configuración
das elites políticas da ditadura34
. Hai autores que consideran que a aplicación do concepto de
caciques ás elites política da ditadura franquista é de todo incorrecto e inadecuado. A razón
dese punto de vista é que o concepto de «cacique» quedara reducido, a través dos discursos,
pola ditadura a unha mera descualificación persoal e a xestión que se realizaba. Que o concepto
de cacique se repita hasta a saciedade nos documentos internos da ditadura non quere dicir que
o caciquismo fose restaurado. A historiografía que se opón á consideración do caciquismo
considera que a repetición do concepto foi unha arma discursiva para atacar ao inimigo que,
ademais, era compañeiro de partido. Por iso que a volta a primeiro plano das elites políticas
anteriores a ditadura non foi exactamente unha recuperación do fenómeno caciquil. Escúdanse
os historiadores que negan esa postura na puntualidade da recuperación deses casos.
feudo no que os «gobernadores civís sabían que había feudos nos que os seus desexos non podían ser levados ao ditado,
debendo negociar con personaxes que incluso podían provocar a súa destitución». Polo tanto, o que se produciu na ditadura
franquista foi unha continuidade mesturada cunha descontinuidade: entre os de sempre, pero tamén entre algúns novos que
continuaron co legado anterior. A ditadura necesitou manter vivas as lembranzas da guerra; e foi por iso polo que non puido
renunciar a aqueles que a viviran. Por iso, GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 301 escribiu que «no proxecto do réxime,
manter vivo e puro a lembranza mítica, salvadora e purificador da guerra, resultaba de vital importancia, e depositalo en
mans daqueles que entón só eran nenos, podería contribuír a desvirtuar e malgastar a herdanza dos maiores. El réxime non
confiaba na xuventude, por iso no tardaría en converterse nunha xerontocracia ancorada nun cada vez máis rancio
inmobilismo que terminaría por destruílo». Unha cousa similar suponse nas zonas rurais estudadas. Por exemplo, en
provincias coma Granada ou Almería, COBO ROMERO, F. E ORTEGA LÓPEZ, T.Mª (2005): 288-290, ao ser provincias de
xornaleiros, é comprensible o papel que estes xogaron no control político dos territorios no momento da guerra civil. Como
tamén é comprensible a sensación de «medo» que deixou o seu paso polo poder entre os que sempre o tiveran nas súas
mans. Os alcaldes rurais estaban fortemente vinculados á propiedade de terras no seu termo municipal; a maioría deles non
foran militantes políticos con anterioridade a xullo de 1936. GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 300 di que isto é un indicio
de que a ditadura estaba construíndo unha elite política netamente franquista formada por «individuos outrora afastados das
pugnas partidistas e agora identificados co réxime, e con certa solvencia económica». A ditadura tería sido unha volta ao
pasado oligárquico que se vira ameazado durante a República. O liberalismo foi o inimigo a bater, e a eliminación da
democracia a primeira das batallas. O principio de xerarquía substituíu ao de democracia. GARCÍA YÁÑEZ, F. (2005): 343
di que «na súa base está a idea de esixir a expiación das culpas pasadas, concretadas nos anos republicanos, para ver se como
mínimo se ten dereito a vivir». Como conclusión, GRANDÍO SEOANE, E. (2014): 61 dixo que a política da dereita durante a
República foi a que dominou durante o período franquista; ata o punto de concluír que a «esencia do franquismo está neses
anos». A ditadura foi, polo tanto, unha coalición reaccionaria que se constituíu como a base da armadura política da mesma. 34
Porén, houbo quen considerou toda esta cuestión sobre a configuración das elites políticas arredor do concepto
de caciquismo coma un tema colateral, de pouca importancia. Por exemplo, GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2004): 270, reduce
o debate a unha cuestión cualificativa, situándose nunha posición de estudo oposta: «É indubidable que hai unha restauración
do poder e dos intereses das clases tradicionalmente dominantes, o que non ten porque ir acompañado dunha restauración
de persoas; por iso, e en certa medida, polo que respecta ao ámbito local e provincial, impuxéronse os presupostos
ideolóxicos do falanxismo que reclamaban unha clase política moza e nova, extraída das clases sociais diferentes ás
poderosas, configurando así un persoal político que en termos xerais rachaba con períodos anteriores da nosa historia. E
todo iso non supuxo una diminución na influencia decisiva das clases dominantes, xa que o único que delegaron foi o control
dunhas institucións baleiras de todo contido político e económico nun sistema centralista e presidencialista que lle quitou
todo o seu contido aos organismos locais».
49
A multiplicidade de orixes ideolóxicos e sociais dentro do partido unificado é o que leva
a algúns autores a falar da «coexistencia de varias familias políticas» no seo da ditadura
franquista. Porque cada un dos membros da elite política pertenceu a unha familia política
diferente; daquelas que se recolleron máis arriba. A pluralidade á que se refiren os historiadores
non ten nada que ver cunha disputa democrática dentro do partido de FET de las JONS; antes,
todo o contrario. O feito de diferenciar a esas «familias» distintas fíxose coa necesidade de
clarificar a orixe dos problemas internos de FET de las JONS. A maneira que tiveron de
solucionar os seus problemas viuse de maneira constante en todos os supostos: as denuncias
ante as autoridades superiores para derribar aos opoñentes. O concepto de «familia política»
derivou posteriormente cara outra significación que buscaba darlle o matiz de democracia
oposta ao reaccionarismo; mais ese foi un proceso de cambio que se deu nos anos 60. A nivel
local, non se pode interpretar a ditadura franquista co concepto de «familia política», pois a
realidade das corporacións locais presentouse moito máis complexa.
É neste punto onde a historiografía contraria a idea de que o mantemento dunhas elites
políticas anteriores ao golpe de Estado de xullo de 1936 establece o seu punto de razoamento
de partida. Que as elites políticas pertencesen previamente a un partido republicano de dereitas,
primorriverista ou restauracionista non implicou que a partires de 1936-1939 os que accederon
aos cargos públicos o fixeran en nome de aqueles grupos. Segundo os investigadores desta liña,
as elites desta procedencia terían participado na construción da ditadura en nome de FET de
las JONS, de Franco ou da recuperación dun status quo anterior á República. Mais non en
nome do PRR, da CEDA, da UP ou do Bloque Nacional. A nivel operativo todos os membros
da elite política foron falanxistas; mais os intereses que cada un deles tivo foron diferentes35
. Esta
perspectiva histórica parte da idea de que co paso do tempo deixou de ter importancia o pasado
político da elite; o importante non foi, por iso, a traxectoria anterior a ditadura, senón a anexión
a uns principios políticos representados por Falanxe. O que verdadeiramente tería importado
foi o feito de ser adicto ou non ao réxime ditatorial. Para esta perspectiva historiográfica, esta é
a verdadeira esencia da configuración das elites política da ditadura: todos unidos baixo o
mando de Franco, sen darlle unha maior importancia á tradición ideolóxica anterior. A
confianza fiel nos superiores e na misión da ditadura representada pola persoa de Franco foi o
elemento centralizador de todo o proceso de asentamento das elites. Esa adhesión demostrouse
co carné de FET de las JONS; coa asistencia continua aos actos de exaltación política
promovidos dende as altas esferas políticas; co apoio as medidas tomadas polo goberno central
ou municipal; etc. En definitiva, a vitoria da guerra civil eliminara a obrigación de recorrer a
aqueles que participaran na política con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936. A
ditadura franquista tería sido, seguindo a esta interpretación historiográfica, unha alianza das
elites políticas das dereitas en apoio daquel poder que estivera en risco coa República. Un
partido foi o que os acolleu: FET de las JONS.
As dúas posicións sobre as elites configuran de maneira colateral unha posible
denominación política da ditadura franquista. Con todo, ante a existencia de dous modelos
35
Nese sentido, SANZ HOYA, J. (2008): 55 apunta que o fenómeno de renovación dos cargos deuse dende ben cedo
en todas as xestoras: os falanxistas —tanto os escasos de primeira hora coma os recente chegados—; os ex-cativos; os ex-
combatentes foron os que ocuparon os postos que lles estaban reservados producindo un certo grao de renovación e cambio
nas elites políticas. Sobre a coexistencia de familias políticas, falou CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 104.
50
absolutamente contrapostos, cómpre dar cunha resposta satisfactoria á orixe variada dos
elementos que tomaron parte dela. A cuestión reside na dúbida necesaria sobre a capacidade
desas elites políticas de adaptarse de maneira tan rápida a un partido coma FE de las JONS —
primeiramente de carácter fascista—, que apostou por un discurso político belixerante e que
lembraba constantemente unha guerra que se fixera, segundo o seu punto de vista, para liberar
a España dun futuro tinguido de vermello bolxevique. O primeiro que cómpre ter en conta para
comprender a adaptación das elites políticas anteriores ao Alzamento ao novo modelo ditatorial
é a súa evolución anterior, non só na República, senón ao inicio da ditadura de Primo de Rivera.
O inicio do cambio de mentalidade das elites políticas conservadoras europeas iniciouse no
período da Gran Guerra, que supuxo un cambio fundamental nas ideoloxías que operaron en
Europa. Unha guerra que trouxo consigo millóns de mortos nos campos de batalla e nas
retagardas; disfuncións no funcionamento das economías nacionais ou cambios radicais na
configuración das maiorías parlamentarias, provocou que as elites que, ata aquel momento do
inicio da contenda mundial, viviran nun status quo determinado, inamovible dende décadas
anteriores, sufriran un extraordinario choque de realidade que lles provocou o cambio de
mentalidade36
.
A idea de que as modificacións ideolóxicas nas elites conservadoras europeas son
consecuencia da incubación da Gran Guerra e do seu desenvolvemento final, foron descritas
por primeira vez por Ernst Nolte en todas as súas obras; nas que analizou o fenómeno do
fascismo coma reacción opositora ao bolxevismo que estaba a configurarse coma opción política
alternativa á democracia liberal37
. Así, 1917 tería suposto o inicio dunha guerra civil europea en
tres fases: unha primeira e inicial destacada pola Primeira Guerra Mundial; un interludio de
conflitos nacionais violentísimos —as guerras civís europeas, entre as que se atopou a guerra civil
española—, e un acto final onde o bolxevismo, o liberalismo e o fascismo entraron en
competición violenta por ver quen podería controlar as súas zonas de influencia38
. O inicio da
revolución bolxevique de 1917 provocou que as elites conservadoras europeas mudaran a súa
posición ideolóxica: «as elites políticas reitoras de moitos países pronto se declararon primeiro
anti-comunistas e despois demócratas»39
. A reacción das elites conservadoras españolas a favor
da ditadura de Primo de Rivera, por exemplo, foi unha posición compartida noutros países
europeos. A crise económica de 1929, conseguintemente, non fixo máis que afondar na
evolución do liberalismo cara o autoritarismo. Dende o punto de vista das elites políticas, a
democracia resolveuse coma ineficaz para solucionar os problemas sociais que ían xurdindo co
aumento da industrialización e das novas relacións entre países; de aí que os europeos se
36
Uns cambios que describiu, para o seu mundo persoal particular, ZWEIG, STEFAN (2001): El mundo de ayer:
memorias de un europeo, Barcelona, Acantilado. 37
NOLTE, E. (1971): 11-10, fai iso cando afirma de maneira categórica que «non hai fascismo sen desafío ao
bolxevismo». Con esta sentenza tan rotunda comezou NOLTE unha das obras nas que intentou dar resposta ao fenómeno
fascista europeo. O fascismo xurdira por unha oposición de contrarios que se necesitaban mutuamente para existir. Polo
tanto, de partida, a ditadura franquista cumpriría, dende o punto de vista dos sublevados, co primeiro dos preceptos: existiron
os sublevados e uns inimigos bolxeviques aos que houbo que derrotar. 38
TRAVERSO, E. (2007): 33. TRAVERSO, ao longo das páxinas introdutoria do libro, realiza un exercicio de crítica
historiográfica sobre o concepto de NOLTE da guerra civil europea, poñéndoo en contexto e comparándoo coas novidades
no pensamento que foron xurdindo ao longo do tempo. Amais, TRAVERSO entende estas tres fases coma unha guerra civil
europea continuada, dando a idea de que Europa loitou consigo mesma pola imposición duns ideais políticos, sociais,
culturais e económicos. 39
MAZOWER, M. (2017): 22.
51
mostraran apáticos ante a necesidade de defender a democracia. O temor das elites medias
creceu cara os campesiños e traballadores industriais que comezaran a dar mostras da súa
capacidade de organización, axudados polo éxito da revolución bolxevique40
.
A idea que percorre a historiografía que trata o tránsito entre a Gran Guerra e a Segunda
Guerra Mundial é que Europa comezou a temer a posibilidade dunha revolución proletaria
coma a que se vivira en Rusia. As elites, coma no caso de Italia, comezaran a curarse en saúde
ante o que puidera chegar, abrindo os brazos para recibir un modelo de acción política directa
que adoptou as armas para facer valer os seus principios. A Gran Guerra e as súas consecuencias
axudou a que esa pulsión de temor das elites se estendera sen atopar obstáculos entre as elites
políticas europeas. Por iso, a Europa de despois de 1917, a que viviu a Revolución rusa en
primeira persoa, foi o continente onde se fundamentou a oposición entre revolución e
contrarrevolución. Ante esa realidade dicotómica, a idea do nacionalismo do século XIX foi
absorbida por outra realidade. A denominada «brutalización» da política, pasou a ser o eixo de
acción efectivo en Europa. A guerra e a revolución acabaron por marcar a toda unha xeración41
.
A España dese contexto tamén viviu momentos de tensión política que comezaron a
poñer en dúbida a continuidade do réxime da Restauración tal e como se comprendera ata
aquel momento. O conato inicial do asasinato de Cánovas ou a entrada no terreo de xogo
político de Maura son elementos que advertiron ao conxunto de actores da política española de
que o panorama político-ideolóxico estaba a cambiar. A posición de neutralidade imposta aos
súbditos polo monarca español ante a Gran Guerra, permitiulle aos intelectuais españois —
dende o mozo Ortega y Gasset ata Unamuno—, elaborar os seus corpus sobre o que debería ser
Europa despois da guerra; e, especialmente, a posición de España nesa construción europea. A
intelectualidade española, tan influínte nas elites políticas nacionais, divida entre francófilos—
anglófilos e xermanófilos, comezou a asociar a existencia da guerra cunha revolución. Os ideais
da extensión do modelo democrático que aportaron os americanos pola vía dos discursos do
presidente Wilson, provocaron que os intelectuais españois asociaran ese impulso democrático
á necesidade dunha sempre pendente renovación constitucional do sistema político da
Restauración. Se esa non chegase pola vía da reforma constitucional impulsada polo rei; debería
acadarse polo cambio de réxime político: por medio dunha república. Dende o
conservadorismo —neste caso, encabezado por Maura que, persoalmente, se inclinou polos
alemáns—, non aceptaron a asociación de democracia con americanos-franceses e tiranía con
alemáns-imperios centrais. É máis, comezou a estenderse entre o conservadorismo español a
40
Como di MAZOWER, M. (2017): 23, a democracia foi un sistema político que non tivo «profundas raíces» en
Europa. Co fin de crear unha pequena clase agraria, conservadora, e evitar así a expansión da revolución obreira, comezou
a teorizarse sobre a necesidade dunha reforma agraria na que a aristocracia terratenente europea inmolara as súas enormes
propiedades para repartilas entre os campesiños e, dese modo, «salvar á sociedade burguesa da ameaza do bolxevique de
abolir por completo a propiedade privada» en palabras de MAZOWER, M. (2017): 33. Mais os plans chocaron coa vontade
dos gobernos de levalos a cabo. E tamén coa escasa influencia do movemento en favor do reparto das terras entre os propios
campesiños. 41
DEL REY, F. (2017): 95-96, conclúe que a xeración de 1914, que vivira e participara na guerra, chegou á conclusión
de que a democracia era unha forma de goberno que non respondía correctamente ás necesidades dos europeos. A
democracia sería unha cuestión que unicamente preocupaba aos burgueses, que se demostraba incapaz de facer nada, máis
preocupada pola representatividade que non pola solución dos problemas da sociedade. As elites que gobernaran con
anterioridade á Primeira Guerra Mundial comprenderon que para elas non era posible o goberno en democracia, que daba
todo o poder á masa, encargada de elixir aos órganos lexislativos. Sobre o concepto de «brutalización» da política nese
contexto, fala TRAVERSO, E. (2007): 53.
52
idea de que os problemas chegaron por causa da democracia e do bolxevismo, un tándem
conceptual que iniciou o seu camiño asociativo de compoñente pernicioso para España dese
momento42
.
Nese momento de cambio de mentalidade das elites políticas conservadoras españolas,
en Italia comezou a nacer o fascismo. Nun discurso dado en Milán, Mussolini falou por
primeira vez na necesidade de fascistizar Europa: «l’Europa sarà modificata»43
. No contexto de
transformación política das elites españolas e europeas, tanto a esquerda como a dereita, os
anos vinte e trinta do século XX viron aparecer o fenómeno fascista. Pola esquerda, a
preferencia situouse en loitar contra el. Pola banda da dereita, buscouse coller algo do seu
discurso ou procurar que non se fixera co control do seu espazo entre a sociedade. Mais a
dereita de entre guerras non era a mesma, nin interna nin externamente, que a anterior; e todas
puideron converterse en obxectivo da fascistización. Dende a historiografía española, o
fenómeno do proceso de conversión da elite política cara postulados reaccionarios, enténdese
como a capacidade do fascismo de influír nas forzas políticas e réximes que, non sendo fascistas,
puideron inclinarse cara a súa influencia. Por iso, o fascismo, ou se impuxo entre as elites de
maneira clara ou condicionou o rumbo das forzas políticas sobre as que influíu. Eses sectores
da sociedade que se achegaron ao fascismo, teríano feito pola novidade dos modos que tiñan
para comunicar a súa mensaxe e pola propia mensaxe difundida. Iso tería dado lugar a unha
elite política que, non sendo fascista na súa totalidade, tampouco era a mesma elite que existía
con anterioridade a verse influída. Fascistización foi, pois, ese proceso que levou as elites
políticas conservadoras españolas a adoptar elementos do fascismo pero sen converterse en
fascistas plenos. A fascistización foi o que permitiu a supervivencia de elementos da ideoloxía
do fascismo con posterioridade a 1945. Isto quere dicir que un réxime político fascistizado
puido sobrevivir ao fascismo grazas á mestura de ríxidos elementos fascistas con outros máis
«versátiles» ou, simplemente, de dereitas44
.
A ditadura franquista tería actuado coma unha vasoira que tivo entre os seus obxectivos
eliminar todas aquelas referencias á política que se dera en España entre abril de 1931 e xullo
de 1936. O encadramento das elites políticas de diferente orixe ideolóxica dentro de FET de
las JONS, provocou que dentro do Movemento existisen diferentes tendencias que tiveron os
seus obxectivos políticos propios e diferenciados do resto de compañeiros de viaxe. Ese asido
e suposto pluralismo político limitado que se desenvolve con frecuencia na literatura propia
elaborada pola ditadura sobre a configuración das elites políticas, non sería máis que unha
manobra para desvincular a ditadura franquista das súas coetáneas alemá e italiana. A
42
Ao longo de todo o texto de RIBAGORDA, Á. (2017) afóndase e danse detalles sobre a evolución do panorama
intelectual español en 1917 e a súa influencia no discurso político do momento. Amais, cómpre destacar a aparición das
Xuntas de Defensa Nacional, que se rebelaron contra a orde de ascensos establecida dentro do Exército, intentando seguir
un modelo similar ao dos proletarios que se unían para loitar polos seus dereitos (VAAMONDE MAGRO, Á. (2017)); e tamén
os movementos políticos internos provocados dende as marxes do poder central de Madrid: os movementos de maior
autonomía promovidos dende Cataluña por Enric Prat de la Riva e Francesc Cambó, ou o intento de elaboración dun
Estatuto por parte das deputacións vascas en 1918 (GONZÁLEZ CALLEJA, E. (2017)). O clima de tensión social que apremou
ás elites a facer a súa viraxe afondouse co aumento de afiliados aos sindicatos de clase e ás convocatorias de folga que se
deron ao longo de 1917 (SÁNCHEZ PÉREZ, F. (2017)). 43
Opera Omnia, vol. XXV, p. 147. 44
Quen desenvolveu esta teoría sobre a configuración política das elites españolas cara o fenómeno do fascismo é SAZ, I. (2004): 86-128.
53
historiografía sobre a construción do franquismo entende que no momento de configurar FET
de las JONS, o que importou foi o proxecto no que entraban as elites, a nivel político,
económico, social e cultural. Esa comuñón de intereses que se puido producir é o que leva a
algúns autores a deixar a un lado a importancia da orixe política dos membros do partido45
.
Así, o partido con esa mestura de personaxes procedentes de diferentes lugares
ideolóxicos das elites conservadoras españolas, converteuse nun dos piares do réxime ditatorial
español. Os outros dous elementos sustentadores da ditadura foron a Igrexa e o Exército, que
actuaron coma contrapeso á influencia de FET de las JONS. As tensións que se crearon dende
o inicio da guerra entre as diversas faccións que prestaron o seu apoio ao Exército sublevado,
manifestáronse posteriormente no momento do reparto do poder. Segundo as lecturas que se
fagan dende o punto de vista local, a maior parte delas levan á conclusión de que FET de las
JONS converteuse nun aparello subalterno ao Estado, que era o que exercía o poder de maneira
que seguía a corrente tradicional española de control político por parte do mesmo. Mais esa
falta de cohesión en torno a un modelo totalitario exemplificado nun partido como FET de las
JONS, non foi impedimento para que o que se manifestou politicamente fose un claro exemplo
de totalitarismo político46
.
España non tería sido, entón, unha illa singular no conxunto da dinámica política de
entre guerras. Contou cunha dinámica política propia, pero como todas as demais experiencias
europeas, estivo dentro dun contexto histórico similar. Se se continúa a liña da historiografía
española, que combina a orixe das elites políticas coa busca da natureza política da ditadura, a
clave estaría en comparar réximes, non en establecer diferenzas previas imposibles de salvar
dende un inicio. A ditadura non conseguiu o consenso social por medio do control directo da
sociedade, senón que o fixo apoiándose no proxecto social da Igrexa, que lle deixou os seus
altofalantes para difundir a súa mensaxe e proxectar a súa duración no tempo. Este tería sido,
segundo os historiadores, un dos elementos que definiron e diferenciaron a ditadura franquista
respecto doutros sistemas políticos similares47
. A unión entre a Igrexa e as autoridades da
ditadura buscou xustificar a existencia da ditadura franquista, dándolle a esta una pátina de
45
Isto foi, segundo DE RIQUER, B. (1989): 16, unha volta á orde social e política previa fundamentada no dominio
das clases sociais dominantes tradicionalmente. Isto ía en liña coas tendencias apuntadas por CENARRO LAGUNAS, Á. (1997):
78 que se daban nos casos alemán e italiano: nos partidos fascistas entraban persoas de dereitas e «muchos oportunistas»,
sempre contando co apoio das «elites conservadoras». 46
En palabras de CASANOVA, J. (2004): 13, a coalición reaccionaria de Igrexa, empresariado, reaccionarios,
propietarios agrícolas grandes e pequenos, etc., achéganos ao modelo totalitario alemán en italiano, onde se produciu esa
mesma conxunción de actores. A coalición estaba fortemente «cohesionada» e cun elevado grao de afinidade entre os
obxectivos que buscaban, ben foran sociais, políticos, económicos ou culturais. Pero conxunción de intereses ideolóxicos
non é o mesmo que conxunción de intereses persoais. E isto foi o que marcou definitivamente o funcionamento de FET de
las JONS, o como era percibida pola sociedade e o que condicionou no futuro o seu funcionamento e papel dentro da
ditadura. Os fascistizados eran homes de dereitas —ben foran republicanas ou reaccionarias— que necesitaban facerse valer
no seu posto de poder; e para iso botaron man da estrutura do partido. Ao mesmo tempo que xurdiu o debate sobre o
fascismo da ditadura franquista, outros autores coma MARÍN I CORBERA, M. (2000): 29 e MARÍN I CORBERA, M. (1998)
consideran que os que denominaron a ditadura coma un totalitarismo e non coma un fascismo, sosteñen que o segundo
deriva do primeiro. MARÍN I CORBERA parte da hipótese de que a ditadura franquista debe verse como a versión española
do fascismo. A ditadura foi un modelo político de base fascista, especialmente na súa etapa fundacional. Tres foron os sinais
que levan por ese camiño: a xerarquía e o autoritarismo na forma de goberno; a política económica autárquica e o modelo
de sindicalismo vertical. 47
NICOLÁS MARÍN, E. (1982): 28.
54
lexitimidade moral. A nova España tería sido un continuo da espiritualidade católica: unha
unión do ámbito político —terreal— co relixioso —místico—, «en perfecta conexión»48
.
Por iso, a conclusión a que chegan os estudos sobre a construción da ditadura franquista
é que o modelo ditatorial español foi unha mestura entre as forzas conservadoras e os católicos;
unha comuñón que xa se daba dende antigo entre eses dous ámbitos, pois as elites políticas
conservadoras conviviron dunha maneira moi próxima co poder da Igrexa49
. A súa colaboración
e implicación no proxecto da ditadura teríase producido polo feito de que FET de las JONS
era un partido político débil por causa do nacemento da ditadura a través dunha guerra civil;
factor este que provocou a inestabilidade interna dos primeiros anos do réxime ditatorial. Este
condicionante foi o que colocou sobre o taboleiro modos e lóxicas diferentes ás de Italia e
Alemaña. Isto foi o que produciu que a pesares da vontade do falanxismo, de erixirse sobre as
demais opcións políticas, fracasase; pola incapacidade que demostrou de desprazar do campo
de xogo a todos aqueles que participaran da guerra e da vitoria conseguinte do bando
sublevado50
. FET de las JONS foi, por conseguinte, un partido débil pola falta de apoio social e
o seu papel subordinado aos organismos do poder central.
Polo tanto, o panorama sobre as elites políticas que se planea dende a historiografía
española da coma resultado unha mestura de orixes políticos, que non ideolóxicos, pois todos
os homes que participaron da ditadura procedían do espectro ideolóxico conservador. Entre
todos eles identificáronse elementos de separación ideolóxica. A separación describiuse tamén
dentro dos elementos constitutivos de FET de las JONS. A dificultade para conxugar a
falanxistas e tradicionalistas na configuración e reparto do poder local, dificultou a conciliación
das dúas almas da Falanxe unificada. Por un lado, situáronse os falanxistas coma gardadores das
esencias revolucionarias que, dende o seu punto de vista, garantirían a conservación da lóxica
ideolóxica da revolución nacionalsindicalista, e que manterían o camiño de España cara unha
revolución daquela natureza. No lado oposto, os tradicionalistas, que vían nos falanxistas unha
especie de movemento anti-relixioso oposto aos seus principios fundamentais. A comuñón
entre as dúas almas do Movemento foi sempre complicada e profundouse, aínda máis, por
vicios políticos xa establecidos: tal foi o caso das loitas previas entre familias políticas da
Restauración e da República e o papel subordinado do partido ao Exército. A historiografía
describe que foi a esa dereita falanxista, a onde chegaron os mozos disidentes de dereitas,
especialmente os das xuventudes da CEDA: as JAP. Tamén houbo elementos dos movementos
rexionais que solicitaron maior autonomía para os seus territorios —como foi o caso de
elementos da Lliga de Cataluña—, que non puxeron reparo algún en entrar a colaborar no
proxecto ditatorial51
. Con todo, cómpre salientar que esa necesidade de persoal político debida
48
CALZADO ALDARIA, A. E TORRES FABRA, R.C. (1995): 43. 49
CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 203. 50
CANALES SERRANO, A. (2006): 235-236. 51
En Castelló, unha vez iniciado o dominio dos sublevados, houbo dificultades para cubrir os posto de control do
partido pola ausencia de camisas viejas. A causa desta carencia, quen dominaron o partido foron eses mozos estudantes
católicos das JAP. Mais se a carencia de falanxistas era clara e patente na provincia castellonenca, o que si había eran carlistas:
carlista foi o primeiro Jefe provincial del Movemento. A colocación deste home na xefatura do partido indica o elevado grao
da presenza do carlismo na provincia, a súa aceptación do proceso de unificación, a existencia de contactos coas altas esferas
do partido a nivel estatal e a vontade de manter postos de poder co fin de manter o equilibrio de poder cos escasos falanxistas
dentro de FET de las JONS. Os membros da Falanxe castellonenca eran de profesións liberais e moitos deles, pertencentes
a familias de grandes propietarios ou exportadores de laranxas. En Valencia ocorreu o contrario que en Castelló: había unha
55
á falta de homes dentro de FET de las JONS, é posta en dúbida por algúns estudos sobre
Falanxe no ámbito local. Segundo os traballos realizados en zonas rurais, as elites políticas da
ditadura non terían sido tan alleas ao falanxismo coma se podería pensar dende un inicio. Mais
o problema deste tipo de análises é que se centran en pequenos núcleos de poboación, o que
altera e maximiza os resultados presentados. A pesares diso, non deixan de ser unha boa mostra
de que o estudo do condicionante da afiliación a FET de las JONS debe ser tratado cos seus
matices52
.
Esta maneira de configurar as elites políticas tomando homes procedentes de diferentes
núcleos da dereita política española, da a entender que a pertenza a FET de las JONS foi vista
coma un trámite; unha acreditación necesaria para poder participar na xestión do partido ou na
política dun concello. O partido constituíuse nun mediador entre a política e a sociedade.
Coñecer a procedencia ideolóxica das elites é fundamental para o estudo da construción do
franquismo; mais é máis destacado comprobar como describe a historiografía do ámbito local
forte presenza de camisas viejas nos postos de mando de FET de las JONS. Era destacado o seu control daquelas ramas do
partido que se encargaban do Auxilio Social e dos Abastecementos: os xerifaltes eran empresarios que tiñan a capacidade
de conseguir recursos para as actividades do partido; era evidente, tamén, que esta actividade podía reportarlle uns beneficios
económicos, polo que non se pode obviar a existencia dun certo grao de posible corrupción política. GINÉS I SÀNCHEZ , A.
(2010): 49-82. Outro problema deste estilo deuse en Barcelona, explicado por THOMÀS, J.M. (1992): 55-157. A Falanxe
catalá compoñíase de varios sectores ideolóxicos que se organizaran, durante a guerra civil, no exilio interior de Burgos: os
denominados «cataláns de Burgos». Uns dos primeiros en adherirse ao bando sublevado foron os antigos membros da Lliga,
que participaron con aportacións económicas para financiar o desenvolvemento da guerra civil; con esforzos de propaganda
no exterior por medio de publicacións en propiedade de xerifaltes do partido; e por medio da colaboración co Exército
dalgúns membros do partido. Moitos destes lliguers acabaron dentro de FET de las JONS a través da Comuñón
Tradicionalista, debido ao carácter rexionalista deste partido, tolerado absolutamente polos membros da Lliga. O
nacionalsindicalismo de Falanxe éralles alleo, polo que de oposta estivo respecto aos postulados conservadores dos cataláns.
Tamén se uniron aos sublevados os membros da Acción Popular Catalana; do mesmo xeito sumáronse Derecha de
Cataluña-Renovación Española, que xa se colocara con anterioridade ao Golpe de Estado como un dos principais grupos
combatentes do autonomismo, aportando cartos e homes aos sublevados. A Comuñón foi, sen lugar a dúbidas, a forza máis
importante entre os cataláns refuxiados na zona sublevada. Así, FET de las JONS catalá comezou a constituírse en Burgos
con unha ampla compoñente tradicionalista, deixando ao sector falanxista en segunda posición. Que a vieja guardia falanxista
se fixera co control do partido en pos da dominancia tradicionalista non foi algo estraño na España sublevada. O que se
buscaba era a construción dun partido que seguira o modelo falanxista/fascista, o que constituía o eixo fundamental da
unificación. Pero ao final, o que residía nese tipo de decisións eran os tira e afrouxa entre as partes implicadas: que entre os
carlistas houbera membros da Lliga, era argumento máis que suficiente para acusalos de autonomistas e catalanistas; polo
tanto, aínda que houbera poucos falanxistas e con escaso predicamento, eran necesarios para imprimirlle ao partido o verniz
nacionalsindicalista. 52
Do mesmo xeito, tampouco se debería poñer énfase excesivo no marcado carácter se señoritos daqueles que
estaban encadrados no partido antes da guerra civil. Non hai que esquecer que un dos puntos nos que o falanxismo puido
callar de maneira más fonda foi no rural. Así, RODRÍGUEZ BARREIRA, Ó (2013): 79-112, indica que os mozos do campo
foron o principal viveiro para esta formación política que, adecuada aos mecanismos de acción política violenta, buscaba o
seu oco entre a dereita española. Esta influencia no rural explicouno PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2004): 29-57. (En PAREJO
FERNÁNDEZ, J.A. (2008): p. 51, aporta o autor un gráfico clarificador sobre a orixe nova dos militantes da Falanxe sevillana.
Para un número xeral de afiliados ao partido en Sevilla con detalle do momento cronolóxico de entrada, referénciase a
PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2008): 109), que non fai máis que confirmar todo o dito polo autor. no caso da provincia de
Sevilla: chega a construírse o que se denomina unha Falanxe «interclasista». A historiografía tería asumido ese paradigma de
Falanxe como un partido residual baseándose en opinións e escritos que nunca se fundamentaron documentalmente. No
caso de Sevilla esa hipótese desbotouse por completo ao comprobar que os que entraban en FET de las JONS eran xente
que, na súa maioría, «reciben el bautismo político» militando no partido de José Antonio, tendo uns antecedentes políticos
impolutos. Mais naquelas provincias nas que non se conta con documentación apropiada, a tendencia xeral é a da
persistencia da idea pola cal non había falanxistas suficientes; por iso había que botar man daqueles que nos informes que
emitía a propia Falanxe eran catalogados como adheridos, «adictos non pertencentes», «católico fervente», «de dereitas de
toda la vida», «sempre pertencendo a partidos de orde», etc. Foron estes persoeiros de ideoloxía indefinida os que
posteriormente constituíron a base política da ditadura franquista, tal e como demostrou MARÍN I CORBERA, M. (2000): 126-
127.
56
o proceso de aclimatación desa elite a un partido novo. A idea fundamental do proceso é que
unha vez o Exército ocupaba as poboacións, as elites entraban en tromba no Movemento; polo
que pode dicirse que FET de las JONS pasou a ser un partido de aluvión. Se a idea xeral dos
estudos analizados é que houbo poucos camisas viejas para os cargos públicos, as autoridades
do partidos deberon permitir a entrada a todos aqueles que quixeron colaborar con uns ou
outros intereses. Esa situación de entrada en tromba provocou que unha vez a situación na
retagarda sublevada se foi consolidando, unha boa parte dos militantes menos implicados —os
que entraran por unha suposta conveniencia—, se foran dando de baixa no Movemento. Dese
xeito, as propias elites foron auto-configurándose eliminando a aqueles homes que carecían de
intereses políticos ou económicos. A pertenza a FET de las JONS permitía o acceso ao mercado
laboral de maneira máis rápida; mais a dinámica que se observa en diferentes zonas de España
é que os xefes preferiron nomear a aqueles que pertencían ao partido con anterioridade ao
golpe de Estado de 1936. De aí as baixas entre todos aqueles menos comprometidos co partido,
ao que houbo que sumar un proceso de depuración interno que fixo aumentar o medo entre
as filas falanxistas. Unha boa parte das elites que entraran e configuraran internamente FET de
las JONS vían con preocupación como o Movemento foi visto coma o culpable das carencias
que houbo nos primeiros anos da ditadura, condicionante que afectou tamén á depuración de
militantes que non querían verse atacados pola súa pertenza a Falanxe. O proceso de ingreso
das elites en FET de las JONS deu lugar a un fenómeno denominado «travestismo político». A
Falanxe acudiron aqueles que buscaron o seu lugar na vida política e económica da España
ditatorial. Pertencer a Falanxe foi posuír unha chave que abriría a porta a informes favorables,
a favores persoais, a acceder a un cargo no concello, a outro na deputación e quen sabe se a
chegar a ser procurador...53
53
O encadramento das persoas que pretendían ocupar algún posto ou, simplemente, ser alguén no aparato político
da ditadura, pasaba polo partido e polas institucións que o compoñían. A esta conclusión chegou tamén RODRÍGUEZ
GONZÁLEZ, J. (2003): 233. Ata tal punto chegou a situación que, autores coma GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2004): 53-66
chegan a falar de FET de las JONS coma un partido artificial. E para confirmar isto último, MAS QUETGLAS, J. (2003): 98
apunta que «os primeiros en darse de Baixa foron os que se incorporaran para prosperar laboralmente, gañar prestixio social
ou obter seguridade xurídica». En definitiva, o proceso de entrada en FET de las JONS foi, en palabras de MARÍN I
CORBERA, M. (2000): 75 unha «reconversión», unha adaptación daqueles que dende posición católicas ou rexionalistas —
coma fora o caso dos membros da Lliga en Cataluña—, decidiron entrar no Movemento.
57
2.2 O punto de vista da historiografía galega sobre a construción da ditadura
Por iso que, máis aló do debate sobre a natureza política da ditadura, atópase a cuestión
de determinar a orixe dos homes que configuraron a elite política da ditadura franquista nos
concellos galegos54
. O primeiro é saber que papel xogou aquela dereita da que se falou con tanta
insistencia no apartado anterior. Previamente a este estudo, realizáronse traballos de
investigación en Galicia que intentaron unha primeira aproximación a orixe e traxectoria política
dos elementos políticos que constituíron a elite da ditadura. A cuestión para a historiografía
galega radica en que se dentro de FET de las JONS non houbo o suficiente número de
individuos para as milicias, os cargos orgánicos no partido, os cargos nos ministerios
correspondentes aos falanxistas, a xente tivo que entrar dende algún lugar. Por exemplo, na
cidade de Vigo, os elementos de FE de las JONS anteriores á sublevación de xullo de 1936 non
superaban o cento de afiliados. E aqueles primeiros que militaron no falanxismo vigués non
pertenceron á clase obreira da cidade olívica, senón a familias acomodadas da cidade55
. Porque
as ideas do falanxismo entraron da man daqueles que tiveron a oportunidade de saír de Galicia
cara Valladolid ou Madrid para beber da fonte inicial do xonsismo ou do falanxismo. Non todos
tiveron esa oportunidade; mais aqueles que si puideron desfrutar dela aproveitárona para iniciar
as tarefas de proselitismo no seu territorio natural. Os estudos realizados en Galicia determinan
dende o inicio que a orixe da militancia dos membros de FE de las JONS foi variada, non
podendo establecerse con detalle o porque do cambio56
.
54
O traballo colectivo coordinado por PRADA RODRIGUEZ, J. E DE JUANA LÓPEZ, J. (coords.) (2017), recolle
diferentes textos que se aproximan a construción administrativa, política e social da ditadura franquista en Galicia. 55
Un estudo esencial para coñecer o desenvolvemento da cidade de Vigo nos primeiros anos da ditadura é o de
GIRÁLDEZ LOMBA, A. (1999). A Falanxe que se describe para a cidade viguesa é unha agrupación escasa de afiliados, que
foi aumentando o número de efectivos co paso do tempo, cando Galicia se inclinou cara o bando dos militares sublevados
contra a República. Un elemento a destacar deste estudo son as entrevistas que GIRÁLDEZ LOMBA, A. (1999): p. 120 realizou
a falanxistas vigueses que dixeron que «luego vino el aluvión [despois do Alzamento de xullo de 1936], todo el mundo era
de Falange y la Falange se hincó como un globo». Aqueles primeiros foron os Mondina, Hylass, Oya, Tajuelo, Torrado,
Kruckenberg e as familias ben colocadas economicamente da sociedade viguesa. Entre esas familias estiveron tamén os
conserveiros da familia Portanet, que puxeron diñeiro ao dispor dos sublevados para que puideran pagar as nóminas aos
oficiais do Exército. Outro conserveiro que apoiou aos sublevados foi Juan Cerqueira, que ademais foi o primeiro xefe local
da FE de las JONS en setembro de 1936, cando a provincial estaba controlada polo xefe provincial Jesús López Suevos. O
seguinte xefe local foi Juan Yáñez, fillo de Paulino Yáñez, outro fabricante de conservas. O que indica GIRÁLDEZ LOMBA,
A. (1999): pp. 123-124 é que o sector conserveiro foi o gran piar para o desenvolvemento do poder dos sublevados e do seu
partido, o que contrastou co enorme peso que o sindicalismo tivo entre os obreiros deste sector e doutros relacionados co
mar. Cómpre salientar a importancia dos traballos sobre esta época e anos anteriores a ela fomentados e realizados dende
o Instituto de Estudios Vigueses. A historia local viguesa desenvólvese a través da revista Glaucopis —de periodicidade anual—
, e dos traballos escritos por diferentes investigadores locais que empregan os recursos arquivísticos locais. 56
Un dos primeiros estudos sobre o falanxismo galego e as orixes dos seus militantes foi o realizado por NÚÑEZ
SEIXAS, X.M. (1993). Ese traballo, baseado en fontes orais de diferentes puntos do país, pero centrado na análise da
provincia ourensá, conclúe que a maior parte dos elementos de FE de las JONS entraron no partido por conveniencia.
Unha fonte oral recollida por NÚÑEZ SEIXAS deixou dito que «la afiliación a un partido como aquél [FE], no viene dada
mucho por unas ideas, sino por una afinidad. Uno aprende a ser falangista [...] después de haber ingresado en la Falange,
porque antes, en fin, yo tenía la idea esa... de los héroes, ¿no?, había unos falangistas que se pegaban a los comunistas». Ou
dito doutra maneira, poderíase dicir que a militancia falanxista foi unha reacción contra o comunismo que se manifestaba
nas cidades e vilas galegas. Porque, efectivamente, FE de las JONS constituíuse en Ourense coma un partido de acción
nunha localidade na que houbo que facer fronte aos elementos opositores republicanos e de esquerdas. O novo partido
debería ocupar o oco que deixaron os partidos tradicionais de dereitas, incapaces de exercer unha actividade plena de
enfrontamento corpo a corpo. Desa necesidade, NÚÑEZ SEIXAS indicou que a maior parte dos membros mozos do partido
procedeu das grandes familias económicas da cidade de Ourense, que se encargaron tamén de financiar as súas actividades
políticas e violentas.
58
Nas diferentes cidades e comarcas estudadas, sacouse coma principal conclusión que os
elementos non falanxistas que entraron no partido, serviron para elevar o ton intelectual e
político que reinou dentro das diferentes organizacións provinciais do Movemento. En Galicia,
a configuración da FET de las JONS primixenia non diferiu moito do resto de territorios
españois. O que si se debe resaltar é o papel que unha e outra póla do Movemento xogou na
súa configuración, tendo en conta os condicionantes do contexto en cada unha das cidades.
Mentres que na Coruña, o poder da esquerda republicana mitigaba en parte a implantación da
dereita da CEDA; na cidade de Ourense, o poderío da dereita foi tradicional dende a
Restauración, pois non se pode esquecer que Calvo Sotelo contou na provincia interior coa súa
base principal de votos, exercendo unha forte influencia en todos os asuntos que se xogaban no
territorio. O mesmo papel xogou a dereita da CEDA/URD en Santiago de Compostela,
repartindo o dominio da dereita cunha pequena fonte tradicionalista57
.
Analizando eses datos de filiación política, a historiografía galega chegou a mesma
conclusión que unha parte historiografía española. Eses primeiros estudos sobre os concellos
galegos centráronse exclusivamente no encadramento dos xestores municipais no referido á súa
ideoloxía previa a sublevación de xullo de 1936 a na súa posterior evolución cara o falanxismo
idealizado que se orixinou na ditadura. Son estudos que se centraron exclusivamente nos anos
iniciais da ditadura; concretamente nos anos da guerra e nos primeiros anos da implantación
daquela xa en construción. Aos traballos xa citados sobre a orixe ideolóxica dos xestores
municipais galegos da ditadura, cómpre engadir aqueles que tentaron a análise concreta dos
concellos. A partir da súa lectura obtemos coma resultado que o municipalismo galego da
ditadura construíuse sobre a base dos elementos de toda a vida: dos conservadores que
exerceran toda a súa traxectoria política durante a Restauración e a Segunda República,
militando en partidos de dereitas. Foron homes que abarcaron un gran rango de idade,
mesturando aos novos e aos vellos, para dar unha maior sensación de renovación respecto a
toda a política municipal anterior. As primitivas xestoras da ditadura en Galicia mesturaron aos
elementos da CEDA ou das JAP con algúns individuos procedentes do PRR, antigos membros
da UP de Primo de Rivera, da RE de Calvo Sotelo, de partidos monárquicos ou calquera outra
filiación conservadora58
.
57
Os traballos sobre a dereita galega anterior a ditadura ábrense co estudo de GRANDÍO SEOANE, E. (1998), sobre
o papel da CEDA na cidade da Coruña. Seguiuno polo camiño PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005b), de maneira máis extensa
analizando o panorama da configuración da dereita política ourensá. Para a provincia de Pontevedra e, en especial para a
cidade do Lérez, o traballo de AMOEDO LÓPEZ, G. (2010) pretende dar unha imaxe da situación política pontevedresa
durante a República, prestando atención á posterior evolución dela cara a configuración de FE de las JONS. 58
Os números que presentaron os historiadores para afirmar esta condición son incontestables. Para o caso das
cidades de Santiago e A Coruña, GRANDÍO SEOANE, E. (2000): 110 extraeu que 7 e 5 concelleiros, respectivamente,
procederon da CEDA local e conservaron o seu posto unha vez se iniciou a sublevación militar de xullo de 1936. A presenza
da dereita republicana neste concellos deuse, especialmente, para o cargo de Alcalde. Tamén tivo algunha presenza nos
consistorios sublevados o PRR, aínda que en menor medida que os anteriores. Foron dous partidos que controlaran a
política local en zonas de difícil comunicación co resto da provincia ou coa capital provincial. Este factor leva a autores coma
GRANDÍO SEOANE a falar da supervivencia e consolidación das redes clientelares existentes dende a Restauración. SOUTO
BLANCO, M.J. (1999): 22-31 traballou tamén o concello de Lugo para os primeiros compases da ditadura. Membros da
extinta UP de Primo de Rivera coparon os postos nas primeiras xestoras municipais. Amais, os elementos cunha traxectoria
en partidos políticos monárquicos ou da republicanos sumáronse a aqueles durante as sucesivas renovacións. A tónica nas
primeiras xestoras lucenses foi sempre a mesma, segundo SOUTO BLANCO: UP, antigos membros de RE, monárquicos,
cedistas e algún que outro elemento orixinal de FE de las JONS. A conclusión definitiva a que chega a autora para o caso
de Lugo é que «[...] aínda que os concelleiros franquistas declaren a súa adhesión a Falanxe, antes do alzamento militar, o
88,9% destes, con militancia coñecida, pertenceran a partidos monárquicos e/ou confesionais e a maioría, ademais, ocuparan
cargos políticos con esa filiación». GARCÍA YÁÑEZ, F. (2005): 351 tamén fala da consolidación desas redes clientelares
estudando a construción da ditadura no Barco de Valdeorras. Nesta zona, todos os membros das novas comisións xestoras
59
Esta idea de que se estaban a manter nos cargos políticos os mesmos de sempre afóndase
coa presenza, en determinadas xestoras municipais da clase económica dominante das cidades
galegas, coma pode ser o caso da cidade de Vigo, co peso específico nas súas comisións xestoras
dos fabricantes de conservas, armadores e consignatarios. Mais tamén se mantivo a idea de que
a loita que se produciu dentro dos concellos foi polo control do poder: a entendida eterna
disputa que a ditadura mantivo sempre viva entre o que ela considerou o novo e o considerado
o vello. A sublevación realizárase, seguindo a argumentación dada polos propios militares
sublevados, coa finalidade de restablecer a orde na España republicana. A guerra naceu,
segundo aquela mesma interpretación, para eliminar de raíz os tics democráticos e liberais que
levaran a España a unha suposta decadencia moral nos planos do social, político e cultural.
Enténdese, pois, que determinados sectores do falanxismo galego —da mesma maneira que os
sectores da Falanxe no resto de España—, viviran os primeiros pasos da construción da ditadura
con desalento e desánimo. Mais a importancia que recibiu a clase económica poderosa das
cidades estivo xustificada dende o primeiro momento do golpe de estado de xullo de 1936:
foron elas as que financiaron a sublevación por medio de doazóns aos sublevados; e foron elas
as que, como se dixo anteriormente, pagaron a creación do movemento político de FE de las
JONS. Por iso, o mantemento do vello entre os novos falanxistas que agardaron a súa quenda
para obter a súa parte do poder, estivo xustificada polas autoridades59
.
A historiografía galega tamén dedicou espazo para estudar outros ámbitos da construción
da ditadura franquista. Son destacados os traballos realizados no mundo rural dende o grupo
de investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da Universidade de Santiago de
Compostela. No que atinxe ao estudo das elites políticas, cómpren destacar os traballos sobre a
configuración do mundo sindicalista no campo galego, que trazan unha liña moi similar na súa
configuración á da construción das elites políticas. Mais un dos aspectos que maior interese
levantou nos primeiros anos do século XXI, foi o intento de dar unha explicación á duración
da ditadura franquista. Fuxindo das ideas preconcibidas sobre a oposición da poboación a
implantación da ditadura en Galicia, a historiografía galega demostrouse como pioneira no
estudo da denominada «aceptación» social do réxime ditatorial. En liña con outros traballos que
se realizaron para outros lugares de España, a historiografía galega rexeitou o concepto de
«consenso» ao redor da ditadura, polo que de connotacións democráticas implica —a existencia
dun consenso supón a posibilidade dunha capacidade de disentimento—, preferindo o uso de
«aceptación». Así, facendo uso das novidades no campo da socioloxía e da ciencia política, os
traballos sobre este aspecto para o país determinaron que a duración da ditadura debe
fundamentarse, basicamente, nas orixes ideolóxicas e sociais do golpe de Estado de xullo de
nomeadas polos sublevados formaran parte de partidos da dereita antirrepublicana. Así, houbo afiliados a Falanxe ou ao
extinto BN de Calvo Sotelo. Se este tipo de persoal faltou nos concellos, botouse man dos militares ou de gardas civís. Todo
iso para que o poder se conservara nas mans , dos que GARCÍA YÁÑEZ considerou os de sempre: propietarios agrícolas,
pequena nobreza e pequenos empresarios locais. 59
Sobre ese suposto de disputa entre o novo e o vello na política, GRANDÍO SEOANE, E. (2014): 75-76, recompilou
unhas declaracións do falanxista Souto Vilas incluídas dentro dunha causa militar. «Yo quisiera por último preguntarme
cuales son mis atribuciones como Jefe Local de la Falange Española Tradicionalista y de las JONS. ¿Es que carece de tal
autoridad que ha de verse dominado en su gestión política por fuerzas ajenas al Movimiento?... Tengo la completa seguridad
de que quienes me acusan odian, no solo a mi persona, sino a la esencia y acción política de nuestro Movimiento». Dito
doutra maneira: Souto Vilas preguntábase de que servía militar en FE de las JONS, se despois, no momento da verdade de
actuar coma falanxistas dende o poder municipal ou provincial, os principios que sustentaban o falanxismo —e que
pretendían sustentar ao novo estado que estaba a nacer—, non se respectaban. O que importou as autoridades sublevadas
foi que estiveran no poder aqueles que controlaron os resortes económicos da localidade; os que presidiron industrias locais
e ultramarinos; os que foron capaces de marchar a pescar as augas máis profundas; os que controlaron un negocio tan
suculento coma o das conservas.
60
1936, que conseguiron elaborar unha retórica que lexitimou a ditadura franquista en base á
vitoria dunha guerra civil que causara milleiros de mortos. A iso cómpre sumar ás voces a favor
da ditadura xeradas por unha «propaganda positiva sobres os logros» acadados por ela60
.
A conclusión final que se obtén da análise da historiografía española e galega sobre a
construción da ditadura franquista a través das súas elites é que, efectivamente, houbo
caciquismo durante a ditadura de Primo de Rivera. Que tamén houbo caciquismo durante a
Segunda República. «O ilóxico sería que estas redes de influencia deixaran de existir. Eran unha
realidade».61
Con todo, considerar que as elites funcionaron da mesma maneira que con
anterioridade á chegada da ditadura —que a ditadura se limitou a continuar co anterior sen
cuestionalo—, é obviar as condicións históricas nas que se desenvolveu. A cuestión principal
sobre a continuidade das elites políticas e a existencia ou persistencia ou non de caciquismo,
como feito que marca a diferenza da ditadura franquista, queda reducida ao seu uso como
cualificativo cun matiz pexorativo. Que abondara nos documentos internos non quere dicir que
eles mesmos se estiveran cualificando de caciques. Era unha arma retórica que todos
empregaron sen problema algún. En definitiva, a tese que sustenta todo este traballo é que a
ditadura franquista foi un réxime plenamente fascistizado, sen identificarse plenamente co
modelo fascista italiano ou alemán, pero sempre tratando de tender cara eles. A fascistización
explícase pola multiplicidade de orixe dos membros do partido único no que se sustentou a
cooptación de elementos para a acción política; e tamén nas idas e voltas no proceso de
construción legal do encofrado que deu soporte ao réxime local.
60
As principais investigacións sobre a configuración do mundo sindical en Galicia foron realizadas por LANERO
TÁBOAS, D. (2005) e (2011). Sobre o concepto de aceptación da ditadura entre a sociedade, as principais investigacións
foron realizadas por CABANA IGLESIA, A. (2009) e (2013). O principal dos estudos é a determinación de que, amais da orixe
ideolóxica idéntica daqueles que se mobilizaron para axudar ao golpe de Estado, foi elaborado un discurso común que
lexitimou a pretendida nova España que estaba a nacer que se creou unha «política de recompensas» e «corrupción» dentro
dunha sociedade manifestamente dividida entre perdedores e vencedores. Continúa CABANA IGLESIA, A. (2009): 46-47,
dicindo que a represión exercida polas autoridades ditatoriais axudou a crear a idea de aceptación entre a sociedade. O
control da sociedade deuse por medio das diferentes ramas de acción política e social de FET de las JONS —a Sección
Feminina, a Fronte de Xuventudes, o Sindicato Español Universitario, as Organizacións Xuvenís, etc.—, que tiveron entre
os seus obxectivos o control e investigación dos distintos grupos sociais aos que ían dirixidos. A partir de aquí, foise
elaborando una sensación de «normalidade» social que CABANA IGLESIA, A. (2009): 98-99 describe coma a aceptación por
parte da sociedade da «suspensión das conviccións morais» individuais e colectivas. Só aqueles que viviron a guerrilla, por
exemplo, en primeira persoa foron capaces de devolver «as persoas á realidade da dureza e do medo vivido». Pouco a pouco,
teríase creado unha dinámica social na que non coubo outra opción máis que comulgar co que ditaban as política da ditadura
e as súas autoridades: «cantar himnos fascistas na escola ou pagar a cota da Hermandade foron asumíndose, como outros
rituais, dentro do ritmo que asumen as actividades cotiás e, así, deixaron de percibirse como os actos de represión que eran».
CAZORLA SÁNCHEZ, A. (2005): 206-207 xa apuntara con anterioridade a dificultade de aplicar o concepto de consenso social
sobre a ditadura. 61
GRANDÍO SEOANE, E. (2014): 75.
61
3.
Buscando o norte: o proceso legal para a construción do poder local
«Ahora con esta nación se puede hacer lo que se quiera. No ha quedado en su ser
ningún rincón que no haya sentido el estremecimiento de la emoción potencial; no
existe en ella nada que no viva, que no vibre, que se halle desposeído de la conciencia
del instante trascendente. Dura como el más probado de los metales, y al mismo
tiempo voluntariamente blanda como una cera, España se ofrece al escultor
semejante a una materia en que la inspiración y el método pueden obrar libremente.
El metal está templado por el heroísmo; la cera ha sido ablandada por el amor y la
fe. Pero tenemos buenos escultores, por fortuna, para moldear y acabar el torso y la
cabeza de una nueva España»62
.
62
SALAVERRÍA, J.Mª: “La evidencia imperialista”, ABC, 5 de abril de 1939: 4.
62
Así escribía José María Salaverría nun artigo de opinión no ABC catro días despois do
final oficial da guerra civil. Comezaba rememorando aqueles días nos que, traballando para El
Diario Vasco, se atopaba con un mapa de España «dichoso» no que se mostraba a evolución
das frontes da guerra. No seu escrito, o autor transmite a idea dunha España partida, que non
seguía patróns divisorios xeográficos, idiomáticos ou raciais. Era unha España dividida pola
«geografía de las ideas». A Salaverría aterrábao a idea de que España quedase dividida para
sempre polo capricho da ideoloxía. Por fortuna, segundo el, que sorte que ao final «la razón
vigilante» co seu sentido ordenador rematou por compoñer o crebacabezas que deu como
resultado a imaxe dunha «nacionalidad perfectamente terminada». Unha España coa que,
segundo el, en definitiva, se podía «hacer lo que se quisiera».
Continuou o seu relato dicindo que dende aquel momento no que España estaba, por
fin unida, podíase ir dunha punta a outra da península sen problemas; establecer comunicacións
telefónicas, postais ou comerciais entre as cidades máis afastadas. Nese momento no que
España estaba, por fin unida, Salaverría elaborou unha metáfora onde un escultor tiña diante
de si unha mole de arxila coa que traballar, coa que moldear un proxecto imperial que tivese
difusión no resto do mundo. Pero para facer unha boa obra o artista debería fixarse primeiro
nos alicerces; ou o que era para Salaverría «el dominio de todas las partes de una nación».
Segundo o xornalista, o escultor debería decatarse de que se quería ser grande no mundo,
España tiña que facerse grande, sólida, dura, no interior; e no momento en que esa grandeza
fose tan grande que rebordase os confíns peninsulares, entón si podería proxectarse no exterior.
A oportunidade de crecer no interior estábase a dar no momento en que Salaverría escribiu
estas liñas. Necesitábanse esforzos «voluntariosos e inteligentes» para crear a España nova que
debía aproveitar as lembranzas —ou en palabras de Salaverría, as ensinanzas—, do pasado que
consolidarían o proxecto do futuro. Os Reis Católicos, sen ir máis lonxe, daban unha boa
lección da necesidade de estruturar primeiro internamente para despois poder crecer de
maneira vigorosa cara fóra.
Aquela literalidade de Salaverría non difería moito de que sucedeu en realidade na
política española. Xa antes do punto e final da guerra as autoridades sublevadas contra a
República foron conscientes da necesidade que había de moldear a pretendida nova España.
Ese interese organizador non estivo só en establecer os mecanismos para un Goberno da nación
forte e centralizado; residiu tamén na vontade de controlar a pequena escala do goberno: as
provincias e os concellos.
63
3.1 As primeiras disposicións para controlar o poder provincial e municipal
Miguel Cabanellas era o presidente da Xunta Técnica do Estado en xullo de 1936.
Dende a súa posición de cabeceira correspondeulle asinar as primeiras disposicións legais que
articularon o control da España que quedaba baixo o dominio dos sublevados. Así, unha das
primeiras normas que se publicaron no BOJDN foi a que dispuxo a destitución de todos os
gobernadores civís que estivesen á fronte de provincias controladas polos sublevados63
. Nese
mesmo boletín, estableceuse o estado de guerra nas provincias tomadas polos rebeldes. Debía
quedar claro a todos os españois que estaban ante un movemento salvador de España; e que
con ese obxectivo de liberar España deberían someterse ao control militar:
«Las circunstancias por que atraviesa España exigen a todo ciudadano español el cumplimiento
estricto de las Leyes, y por si alguno, cegado por un sectarismo incomprensible, cometiera actos
u omisiones que causaren perjuicio a los fines que persigue este movimiento redentor de nuestra
Patria, esta Junta de Defensa Nacional, celosa de cuanto constituyen sus deberes en momentos
tan solemnes, ha decidido ratificar a declaración de Estado de Guerra, y, en consecuencia, en
cumplimiento de lo dispuesto en el Decreto de esta fecha, y con el fin de establecer una unidad
de criterio, tan necesaria en estos instantes, hace púbico el siguiente BANDO».
Foi nese mesmo bando onde se estableceron as primeiras indicacións para acometer a
depuración de funcionarios, autoridades e corporacións políticas que non prestasen o apoio
considerado necesario para o establecemento da orde. Baixo a figura do «restablecimiento del
orden o ejecución de los mandados en este Bando», púxose a primeira pedra do que foi o
primeiro precedente para a supresión e anulación de corporacións municipais. A censura, a
suspensión de emisións de radio ou a incautación dos necesarios vehículos pasaron a ser un
feito cotián na vida española. Rebeldes —a parte dos concelleiros, alcaldes, presidentes de
deputacións e gobernadores civís—, foron os que emitisen «noticias falsas o tendenciosas» co
único fin de minar o que as autoridades sublevadas definiron coma a boa vontade de todos
aqueles que prestaban servizos ao Estado64
.
O denominado «restablecimiento del orden» buscouse tamén por medio da declaración
de ilegalidade dos partidos políticos que tomaran parte na política da República. Os factores
que xogaron para a súa ilegalización foron varias. Segundo as autoridades militares sublevadas,
España fora durante o período republicano unha «víctima de actuaciones políticas desarrolladas
por algunos partidos que, lejos de cooperar a la prosperidad de la Patria, satisfacían ambiciones
personales con detrimento del bien común». A existencia de partidos políticos fora constante
na historia recente de España; o que para os sublevados foi un elemento aceptable. O matiz dos
partidos políticos republicanos estivo en que «envenenaron al pueblo con el ofrecimiento de
supuestas reivindicaciones sociales». A retórica legal sublevada afirmou que os republicanos
envelenaran ao pobo con «espejuelos» que mantiveron dominados aos os obreiros, aos cales
non lles tería quedado máis alternativa que seguir aos líderes políticos que lles prometeron todo
o que demandaron. Os líderes políticos foron conscientes do apoio da masa obreira, e así
cristalizou «la formación del funesto llamado Frente Popular». As autoridades sublevadas
63
Decreto do 27 de xullo de 1936, BOJDN, 30 de xullo de 1936, 3. 64
Bando do 28 de xullo de 1936, BOJDN, 30 de xullo de 1936, 3.
64
identificaron aos responsables da situación que, segundo aquelas, non foron só os políticos:
teríano sido tamén aquelas «personas físicas» que directa ou indirectamente «han sido autores
materiales o por inducción de los daños y perjuicios sufridos por el Estado y por los particulares,
con motivo de la absurda resistencia sostenida contra el movimiento nacional». Foi imperativo
para os sublevados tomar medidas contra aquela xente co fin de «garantizar la responsabilidad
que en su día pueda alcanzarles para la indemnización procedente». A medida de declarar os
partidos políticos ilegais foi, segundo a lectura dos lexisladores sublevados, «inteligente», co fin
último e claro de «saneamiento» da vida pública e política de España.
Por esas razóns foron declarados «fuera de la Ley todos los partidos y agrupaciones
políticas sociales» que tomaran parte da Fronte Popular, así como de todas aquelas
organizacións que «han tomado parte en la oposición hecha a las fuerzas que cooperan al
movimiento nacional». A parte diso, os bens desas organizacións e partidos foron confiscados
polo Estado. Nese mesmo decreto, os funcionarios quedaron sometidos non xa ao control que
o Estado exercía sobre eles ao ser traballadores do mesmo; tamén ao do proceso de depuración
que podería poñerse en marcha en calquera momento:
«Los funcionarios públicos y los de empresas subvencionadas por el Estado, la provincia o el
municipio o concesionarias de servicios públicos, podrán ser corregidos, suspendidos y
destituidos de los cargos que desempeñen cuando aconsejen tales medidas sus actuaciones
antipatrióticas o contrarias al movimiento nacional».
O recollido no parágrafo anterior foi a base da depuración dos funcionarios do Estado.
Para as autoridades sublevadas, calquera sospeita foi válida para eliminar ao inimigo que estaba
dentro do consistorio; traballando como funcionario ou como contratado. Esas mesmas
autoridades houberon de evitar, tamén, que as posibles riquezas dos consistorios, e das persoas
que participaran en política, desaparecesen. Por ese temor, os corpos militares ao mando foron
designados para o control dese suposto. Os militares poderían tomar calquera medida
«precautoria» para evitar «ocultaciones o desaparición» dos bens daquelas persoas que «por su
actuación fueran lógicamente responsables» de calquera tipo de oposición ou dano ao «triunfo
del movimiento nacional». Esas persoas deberían ser reportadas ás autoridades xudiciais
sublevadas competentes —os xulgados de primeira instancia—, para decretar o embargo dos
bens. Non foi necesario que os bens alienados estivesen a nome do responsable principal.
Esa foi a primeira medida en forma de decreto que ditou o Goberno dos sublevados en
Burgos para iniciar o control da administración. Política e poder administrativo uníronse nun
decreto declarando ilegais os partidos que tomaran parte da Fronte Popular. Estendeuse a
acusación contra aqueles funcionarios ou traballadores que tivesen apoiado aquela proposta
política. O camiño do control institucional acababa de comezar. Aínda que polo momento, no
mesmo decreto, falábase dun movemento nacional en minúsculas65
.
65
Decreto de 13 de setembro de 1936, BOJDN, 16 de setembro de 1936, 22.
65
3.1.1 OS DECRETOS DE SETEMBRO DE 1936: ENTRE CALVO SOTELO E A REPÚBLICA
Co paso dos días o parlamentarismo comezou a gañar posicións no ideario dos
sublevados coma unha das lacras que asolagaban a España dos anos 30. Esa riada tería chegado
tamén aos municipios españois, que para os sublevados foron pedra angular da vida nacional.
O municipio foi considerado nos primeiros meses da guerra como «piedra en que se apoya la
vida del Estado»; que debería «huir del parlamentarismo», tal e como o manifestou o Estatuto
Municipal de 1924 creado por Calvo Sotelo e aplicado durante a ditadura de Primo de Rivera.
Para fuxir dese parlamentarismo considerado pernicioso polos sublevados, o municipio debería
estar controlado por unha minoría: «un reducido número de personas», sen que puidese ser un
problema aumentar a participación no consistorio para «casos que requieran un mayor contraste
de opiniones», tal e como aconsellaban o citado Estatuto e a Lei Municipal de 31 de outubro
de 1935, que era a norma republicana.
Débese reparar aquí nas dúas normas fundamentais nas que se sustentou o
funcionamento do municipio español até 1945: o Estatuto Municipal de Primo de Rivera e a
Lei Municipal da República de 1935. Os sublevados botaron man da legalidade republicana
cando foi necesario, sempre que xustificase as accións dos sublevados. Foi a Lei Municipal
republicana a que estableceu o marco para a conformación das primeiras comisións xestoras.
Naquelas entidades de poboación de máis de vinte mil habitantes, a xestora debería constituírse
en réxime de comisión permanente e de concello en pleno. Despréndese da lectura do Decreto,
que os sublevados quixeron que os municipios estivesen controlados ata o extremo, polo que o
seu funcionamento sería mellor canto menor fose o número de xestores. As primeiras xestoras
naceron coa marca da interinidade e a dependencia das autoridades superiores a elas. Mostra
diso foi a responsabilidade absoluta do Gobernador Civil da provincia de dar conta á «Junta de
Defensa Nacional de cuantos ayuntamientos se constituyan en la forma expresada, dentro de la
provincia de su mando»66
.
66
Decreto de 30 de setembro de 1936, BOJDN, 2 de outubro de 1936, 33.
66
3.1.2 ORGANIZANDO O PODER DENDE ARRIBA: A ESTRUTURA DO GOBERNO E O PODER
LOCAL
O anterior sucedeu nos primeiros meses da guerra, entre xullo e finais de setembro de
1936. Interesou aos sublevados o control do territorio; o dominio efectivo administrativo de
cada quilómetro cadrado que se ía agregando ao bando sublevado. O control do local foi
importante; mais para que existise unha organización xerárquica, a organización da
administración central do Estado resultou tamén fundamental. En outubro de 1936 publicouse
o primeiro número do BOE. O día 1 dese mes abriu a publicación a Lei de 1 de outubro de
1936 que daba as instrucións que deberían rexer o futuro Estado español. A Lei abríase cun
preámbulo no que quedaron manifestos algúns dos principios ideolóxicos que se constituirían
como esenciais dende aquel momento. Nesa Lei dicíase que o «nuevo Estado español» debería
construírse sobre uns alicerces de «principios nacionalistas»; que deberían estar conformados
por unha administración que respondese aos principios de «autoridad, unidad, rapidez y
austeridad». No artigo primeiro da Lei consolidouse a existencia da Xunta Técnica do Estado,
dividíndoa en diversas seccións: facenda; industria; comercio e abastos; agricultura e traballo
agrícola; traballo; cultura e ensinanza e obras públicas e comunicacións. Tamén fixou a
aparición da figura do Gobernador Xeral; unha especie de inspector do territorio dominado
polos sublevados. O Gobernador Xeral debería ser unha sorte de organizador da vida diaria
das provincias controladas nos campos de abastos, traballo, beneficencia e «vida ciudadana».
Un coordinador das políticas que os sublevados buscaron instaurar no seu territorio67
.
Nunhas Instrucións de 5 de outubro de 1936 desenvolvéronse os cometidos asignados
no artigo terceiro da Lei que estruturaba o funcionamento do goberno do Estado, a anterior de
1 de outubro de 1936. O artigo terceiro foi o que estableceu a creación do cargo de Gobernador
Xeral. Nese punto apareceu, por primeira vez, a subordinación dos gobernadores civís ao poder
central de Valladolid, a cidade onde o Gobernador Xeral tiña establecida a súa residencia de
maneira «provisional». O Gobernador Xeral coordinaría a función dos gobernadores civís nas
provincias en todos os aspectos: dende a súa relación coas autoridades militares ata tomando
parte na resolución de problemas xurdidos de dificultades no desenvolvemento das súas
funcións. Os gobernadores civís non poderían delegar as súas funcións en subalternos. Todo o
que fixese un Gobernador Civil debería estar disposto para a fiscalización e intervención da
autoridade suprema.
Así mesmo, o Gobernador Xeral encargaríase de revisar a constitución das comisións
xestoras das deputacións provinciais. Para esta función, debería procurar que delas tomasen
parte as persoas máis respectables da provincia: os presidentes das cámaras de comercio;
agrícolas; industria e navegación, sempre cunha premisa moi clara para todos eles: «la ideología
de los que acrediten en tal cometido a dichas entidades deberán ser personas de eficiencia en
su labor y carentes de significado político», dando preeminencia a aqueles que profesasen
«tendencias afines a la causa nacional». A parte dos anteriores, que foron obrigatorios, poderían
67
Lei de 1 de outubro de 1936, BOE, 2 de outubro de 1936, 1: 1.
67
tomar parte das xestoras provinciais «elementos destacados» que puidesen ser considerados
«indispensables [...][e cunha] solvencia moral notoria» para a xestión da entidade provincial.
É dicir, as Instrucións do 5 de abril definiron as marcas que permitiron o acceso á
Deputación, que foron o poder económico e a ausencia de antecedentes políticos dos
individuos seleccionados. En caso de haber antecedentes políticos, o único aceptable foi a
participación no xogo democrático do lado das dereitas republicanas e de toda a experiencia
política de etapas anteriores nese mesmo ámbito ideolóxico. Se o control das deputacións foi
extremo, o dos concellos moito máis. O Gobernador Xeral encargaríase de ditar calquera
disposición relativa á constitución e revisión de nomeamento de comisións xestoras; as cales
deberían estar compostas polos maiores contribuíntes da localidade sempre e cando «reúnan
las características de apoliticismo y eficiencia» que se pedía tamén aos xestores provinciais. Pola
mesma razón que para as deputacións, poderían entrar nas xestoras municipais aquelas persoas
que por «su significación personal» puidesen ser consideradas como «de leal o imprescindible
cooperación». A Instrución impón unha completa e total subordinación das autoridades locais
ao goberno central e volta á arena política daqueles que viran en perigo a súa posición social en
relación coa política durante a República68
.
A guerra continuaba, e as provincias dominadas necesitaron de marcos legais para
establecer a vida política e pública. Cando se controlaba un territorio provincial, os sublevados
consideraban que se restablecía «la normalidad de la vida civil en las provincias ocupadas por
el Ejército» e que desaparecían «las singulares circunstancias que demandaron en un principio
la acumulación de cometidos» por parte das autoridades militares. Os sublevados houberon de
definir as cuestións de orde pública: cumpriu saber cando unha autoridade civil ou militar
debería encargarse de multar e reprimir. Por medio do Decreto-Lei de 16 de febreiro de 1937
estableceuse a xerarquía para a imposición de multas e o control da sociedade civil da España
controlada polos sublevados. Segundo os militares sublevados, as «singulares circunstancias»
que propiciaran a guerra ían quedando atrás. Nalgúns puntos da España sublevada, a fronte
ficaba cada vez máis lonxe, polo que os militares cederon parte do seu poder sancionador en
favor das autoridades civís. Agora ben, nunca se retiraron por completo. Houbo, pois, que
delimitar o ámbito de guerra e o ámbito das zonas aseguradas. Para ese aspecto, o Decreto-Lei
estableceu dúas zonas de influencia. Naquelas nas que as autoridades militares operaban «en las
zonas de contacto con el enemigo», poderían nomear ás autoridades civís das cidades, pobos e
provincias que ocupasen para que «a las órdenes directas de la Autoridad militar de ocupación,
atiendan a los problemas de orden civil que se planteen y cooperen con aquélla en cuanto les
ordenase la resolución de los problemas de alojamiento y avituallamiento de las fuerzas». A
segunda zona de influencia foi a de aqueles territorios que xa estaban consolidados, onde a
autoridade militar quedou como «Autoridad superior», pero cedendo competencias ás
autoridades civís en «todas las cuestiones que le son peculiares», excepto en orde pública.
Finalmente, o Decreto-Lei estableceu que todo aquilo que tivese que ver coa reposición de
cargos políticos corresponderíalle ás autoridades civís.
68
Instrucións de 5 de outubro de 1936, BOE, 6 de outubro de 1936, 2: 7-8.
68
Para manter a orde, o Decreto-Lei creou a figura do «Delegado de Orden Público». Ese
sería nomeado e cesado pola autoridade militar ao mando da provincia ou da praza
correspondente. As multas serían impostas polas autoridades civís e militares, sempre dentro
das competencias de cada unha. Estableceuse que o monto da multa debería estar ligado á
capacidade económica do infractor «así como [del] grado de malicia revelado en la
transgresión». Ademais, a parte da figura do delegado de orde pública, establecéronse os topes
de imposición dependendo do mando que impuxese o castigo: para comandantes militares e
alcaldes, o tope foron cincocentas pesetas; para os gobernadores civís e militares, o límite estivo
nas dez mil; os xenerais de división, o límite eran as vinte mil pesetas e para os xenerais xefes
do Exército e o Gobernador Xeral o tope estivo nas cincuenta mil pesetas69
.
A orde pública e o artellamento do poder político central seguiron un camiño paralelo á
constitución do poder local. Chegado o momento de regular a composición e formación dos
concellos e deputacións, o Goberno de Valladolid emitiu a Orde de 30 de outubro de 1937. A
Orde foi encabezada por un preámbulo directo que aclaraba os principios que deberían rexer
o modelo de estado sublevado. Segundo a Orde, España estaba a organizarse en forma dun
«Nuevo Estado Totalitario», e para chegar a unha organización efectiva do mesmo necesitaría
ter co «control exacto sobre la Administración Local Española», parte fundamental da «vida
ciudadana». Para que esas pezas do Estado funcionasen de maneira efectiva, foi necesario que
participasen nelas aquelas persoas «no sólo afectas al Movimiento Nacional», senón tamén as
que «sintiéndole hondamente» aportasen todos os seus coñecemento coa «intensidad que él
requiere». Estábanse a referir os redactores da Orde ao Movemento Nacional, que nese
momento decidiron escribir con maiúsculas. Segundo a Orde, as persoas nomeadas deberían
contar coa clarividencia propia daqueles que se deberían involucrar activamente no Movemento
Nacional; esas persoas serían as axeitadas para ocupar o poder nas cidades e municipios das
provincias. O Gobernador Xeral ordenaría aos gobernadores civís a remisión ao Goberno de
todas as propostas cos nomes das persoas que ocuparían os cargos nas corporacións locais e
provinciais. Cada proposta debería ir acompañada dos informes do xefe de posto da Garda
Civil; do xefe local de FET de las JONS; do xefe provincial de FET de las JONS e doutros
informes de «personas que por su independencia puedan ofrecer garantía en el asesoramiento».
Nesa Orde estableceuse tamén o número de xestores municipais que corresponderían a
cada concello dependendo da súa poboación. Aquelas localidades que chegaban até os
cincocentos habitantes, corresponderíanlle tres xestores; as que se situaban entre cincocentos
un e mil habitantes, deberían nomear a cinco xestores; aquelas que estivesen entre mil un e tres
mil habitantes, terían que contar con sete xestores municipais; as de tres mil un a seis mil,
deberían ter nove xestores municipais no seu consistorio; as de seis mil un a once mil habitantes,
terían como límite once xestores; mentres que as de once mil un a vinte e cinco mil habitantes
deberían nomear a trece; as localidades con vinte e cinco mil un a cincuenta mil habitantes
subirían os seus xestores até quince; mentres que dezanove xestores serían os que debería ter
unha localidade entre os cincuenta mil un e os cen mil habitantes; se xa se estaba entre os cen
mil un habitantes e os tres centos mil, corresponderíanlle vinte e un xestores e se xa se pasaba
dos tres centos mil habitantes o número de xestores quedaría en vinte e tres. Ás corporacións
69
Decreto-Lei de 16 de febreiro de 1937, BOE, 19 de febreiro de 1937: 450-452.
69
provincias tamén se lles impuxo o límite de xestores: para o caso de Galicia, ás deputacións da
Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra correspondéronlle sete xestores provinciais.
Evidentemente, eses eran os números que ditaba a Orde, pero se o Gobernador Civil necesitase
nomear a máis xente, podería facelo, sempre e cando o solicitase «en escrito razonado» e o
elevase ao Goberno, que era o encargado de resolver a situación. O modelo de home para
ocupar os cargos municipais foi o establecido en disposicións anteriores. A Instrución do 5 de
outubro de 1936 seguía a ser o patrón, seguindo o que dicía a Lei de 1 de outubro do mesmo
ano. Como era evidente, deberon quedar fóra os elementos fronte-populistas —«las propuestas
nunca podrán recaer sobre personas que hayan pertenecido a organizaciones políticas
integradas en el frente popular»—, quedando nas mans do Gobernador Civil que non entrase
ninguén, pois a culpa caería sobre el. Ademais, aos candidatos foille esixida a pertenza a FET
de las JONS, coa finalidade de dar «realidad a los anhelos nacionales de que participen en los
organismos y servicios del Estado los componentes de FET de las JONS».
Con todo, a guerra foi o prioritario. A autoridade civil tivo que subordinar «todas sus
gestiones a las necesidades de la guerra, a cuyo efecto atenderá y dará preferencia a las órdenes
que, con ella relacionadas, reciba de la Autoridad militar». O civil estivo subordinado ao militar.
A autoridade militar podería propoñer a destitución dun cargo público no caso de que
participasen varios supostos: poñer atrancos para o desenvolvemento da guerra; dificultar o
avituallamento das tropas; non axudar no mantemento da orde debida; levar a cabo as súas
funcións públicas cun manifesto desprestixio e as sempre recorridas «faltas de moralidad o
buena administración»70
.
Mais aquela Lei do 1 de outubro de 1936 non chegara para quedarse definitivamente.
Os cambios que operaron mes a mes na política da España sublevada —por acción da evolución
da guerra—, obrigaron a ir introducindo cambios na disposición legal adaptándoa. Recoñeceuse
o «carácter de provisionalidad» da Lei que buscou organizar por vez primeira o Estado. Segundo
as autoridades sublevadas, os homes da Xunta Técnica do Estado traballaron por España dende
a administración buscando restablecer «la normalidad de la vida pública en la parte liberada del
solar de la Patria». Pero ao seu entender, esa labor de administración burocrática non tería sido
suficiente para a boa marcha de España. O volume de traballo administrativo crecía cada día
máis, e a organización administrativa establecida deu de si ante semellante reto. Foi necesario a
«reorganización de los servicios centrales que sin prejuzgar una definitiva forma del Estado, abra
cauce a la realización de una obra de gobierno estable, ordenada y eficaz». Esa necesidade de
ter unha máquina administrativa potente e ben engraxada, levou ás autoridades sublevadas a
poñer o ollo na organización da administración republicana. Unha «experiencia» da que non
estiveron dispostos os sublevados a «prescindir por completo». Ao fin foi un sistema de «división
de trabajo» que tivo unha «fuerte raigambre en el país» e que podía «ser susceptible de ulteriores
perfeccionamientos».
Coas correccións oportunas, o modelo de administración do estado liberal puido ser
perfectamente aplicable ao goberno da España sublevada. A clave estivo en que esa nova
organización administrativa debería estar «sujeta a la constante influencia del Movimiento
70
Todas as citas anteriores na Orde do 30 de outubro de 1937, BOE, 3 de novembro de 1937, 379: 4156-4157.
70
Nacional». Deberon ser os ideais do Movemento Nacional os que desen á administración o seu
«espíritu de origen noble y desinteresado, austera y tenaz, honda y medularmente español».
Segundo as autoridades sublevadas, o espírito de dar a todo nobreza desinteresada, austeridade
e tenacidade española debería impregnar todas as accións que dende ese momento se puxesen
en marcha, cunha «voluntad decidida y segura». Con esa vontade naceron os ministerios
ditatoriais —ou en palabras dos lexisladores, os «Departamentos Ministeriales»—, que se
encargaron da administración política. Eran Asuntos Exteriores; Xustiza; Defensa Nacional;
Orde Pública; Interior; Facenda; Industria e Comercio; Agricultura; Educación Nacional;
Obras Públicas e Organización e Acción Sindical. Cada ministerio contou coa súa subsecretaría
e cos seus Servizos Nacionais correspondentes. O presidente do órgano executivo sería o Xefe
do Estado, que en reunión cos ministros constituiría o Goberno de España. De entre eses
membros do Goberno o Xefe do Estado nomearía a un Vicepresidente e a un Secretario. Do
Xefe do Estado emanaban todas as disposicións xurídicas, que procedían das propostas dos
ministerios.
Presidencia organizaría a política xeral e encargaríase da coordinación da aplicación das
políticas en todos os departamentos ministeriais. En canto a política local se refire, as
competencias estarían en mans do ministerio do Interior, que contaría cos servizos nacionais de
política interior; administración local; prensa; propaganda; turismo; rexións devastadas e
reparacións e beneficencia e sanidade. Para o caso da orde pública, produciuse unha curiosa
duplicidade. O delegado provincial de orde pública sería o Gobernador Civil da provincia;
porén, tivo que responder en cuestións deste asunto ante o ministerio de Orde Pública. Mais
no resto das cuestións, o Gobernador Civil foi un home do ministerio do Interior71
.
Da necesidade de coordinar a orde pública coa actividade dos diferentes departamentos
ministeriais, xurdiu o Decreto de 24 de xuño de 1938. A Lei que organizou a Administración
do Estado estableceu a coordinación entre dous organismos: o Servizo Nacional de Seguridade
e o ministerio do Interior. Ademais estableceu que os delegados de orde pública nas provincias,
no referido aos problemas de orde pública, dependerían do ministerio de Interior; e para todos
aqueles problemas de orde pública que transcendesen á «acción política», a competencia sería
dos gobernadores civís, que responderían tamén ante o Ministerio. Á luz do disposto no
Decreto, cumpriu delimitar dous conceptos: o de orde pública e o de acción política; dous
termos «cuya definición en términos de rigurosa exactitud es muy difícil». Acción política foron
todas aquelas actividades que estaban relacionadas coa aplicación da lexislación emanada do
Goberno e da «prevención y represión administrativa» de todas aquelas persoas que obstruísen
ou desviasen a aplicación de ditas directrices lexislativas. O Decreto apuntaba directamente que
era o que podería poñer en risco a aplicación da lexislación: as reunións, as asociacións e a
«disciplina de costumbres». En resumo, o Decreto facía referencia a toda clase de actividade
humana comprendida entre a administración pública e a vida privada dos súbditos de
provincias. Aos delegados de orde pública quedoulles o control da orde pública: a prevención
e represión de todos aqueles actos recollidos nos artigos terceiro e segundo da Lei de Orde
Pública da República, «en la medida de su vigencia en nuestro régimen nacional». Nese
71
Lei organizando a Administración Central do Estado de 30 de xaneiro de 1938, BOE, 31 de xaneiro de 1938,
467: 3216-3217.
71
precepto situáronse os delitos relacionados con armas de fogo ou explosivos; aqueles nos que
interviñesen as ameazas ou a coacción; aqueles actos que fosen en contra das institucións do
Estado; en definitiva, aqueles que «alteren materialmente la paz pública». Quedou referido con
anterioridade que toda lexislación republicana salvable e aproveitable foi mantida para sustentar
as disposicións legais dos sublevados. Nos casos nos que a orde pública e a acción política se
solaparon, ou foi case imposible ver os matices entre unha e outra, todos os actores deberían
subordinarse ante o Gobernador Civil da provincia como máximo responsable e representante
do Goberno no territorio. Todos os demais deberían acatar72
.
Aquela lei da Administración Central do Estado viuse modificada xa a finais do mesmo
ano no que foi promulgada. Segundo os lexisladores sublevados chegara o «momento señalado
por la experiencia de casi un año» de introducir as modificacións necesarias nos órganos
ministeriais. A cuestión fundamental estivo en separar a «orde pública» da «acción política», cos
matices que se indicaron anteriormente. Esa dicotomía —tal e como recoñeceu o Decreto de 24
de xuño— foi difícil de matizar, polo que ás autoridades lexislativas custoulles definir as
competencias dos diferentes actores nas provincias. Por esa razón, os lexisladores viron
necesaria a «vuelta al principio unitario que encarnó el antiguo Ministerio de la Gobernación».
Nese momento nacía o gran tótem da administración española de maneira oficial sen o artificio
do título de Gobernador Xeral. O ministerio do Interior foi absorbido por Gobernación, e
pasou a ocupar unha subsecretaría onde estaban os Servizos de Administración Local; do
mesmo xeito creouse a subsecretaría de Orde Pública, onde estaban os servizos de Correos e
Tráfico, entre outros; e a subsecretaría de Propaganda, que se encargaría da Prensa, Propaganda
e do Turismo. Tamén os abastecementos pasaron a depender de Gobernación, especialmente
«en materia de precios»; un asunto moi delicado para as autoridades provinciais.
A España sublevada estivo en estado de guerra dende o inicio da contenda. Unha gran
parte do territorio mantívose en guerra contra a España republicana, mentres que o resto do
territorio da retagarda quedou baixo un cualificativo diferente, un estado de guerra especial.
Segundo os sublevados, había «normalidad» nunha parte do territorio; pero non podía
esquecerse a guerra. Para as autoridades estivo claro que os supostos do estado de guerra eran
distintos «a los de las circunstancias por las que actualmente atraviesa la nación», pois no
momento de escribirse esa Lei había unha parte do territorio libre «de los peligros contra la paz
pública interna». Esa situación de pretendida «normalidad» esixiu regular dunha maneira
diferente o estado de guerra. A normalidade da retagarda foi mantida coas autoridades militares
exercendo o mando naquelas «zonas de vanguardia, de contacto y reciente ocupación por el
tiempo indispensable para la normalización de la vida civil». Naquelas zonas onde o militar fose
sobrante, o civil impúxose e someteuse a esta Lei. As autoridades militares quedaron relegadas
en «favor de las Autoridades Civiles». Coma o estado de guerra persistía, aínda que con
«normalidade», a Garda Civil e os corpos de Seguridade e Asalto e Investigación e Vixilancia e
os axentes municipais pasaron a depender o Goberno Civil das provincias, sempre que non se
producisen as alteracións da Lei de Orde Pública da República73
.
72
Decreto de 24 de xuño de 1938, BOE, 26 de xuño de 1938, 612: 8033. Lei de Orde Pública de 28 de xullo de
1933, Gaceta de Madrid, 30 de xullo de 1933, 211: 682-690. 73
Todas as citas anteriores na Lei de 29 de decembro de 1938, BOE, 31 de decembro de 1938, 183: 3217.
72
No proceso de organización do Estado, o terceiro intento foi o definitivo. Todos os
esforzos por organizar a administración do Estado culminaron na Lei Orgánica da
Administración Central do Estado que apareceu o 9 de agosto de 1939. A guerra xa acabara e
«comenzadas las tareas de reconstrucción y resurgimiento de España» cumpriu reorganizar os
diferentes órganos de goberno do Estado conforme ás «nuevas exigencias de la situación
presente», facilitando dese modo «que se realice la revolución nacional y el engrandecimiento
de España» dunha maneira «rápida y eficaz». Os sublevados tiñan présa en poñer a andar a
administración de España o máis rápido posible. Eran tempos nos que a «revolución nacional»
se podía citar sen rubor, e todo debía estar subordinado a ela. A nova construción da
administración española situaba ao Xefe do Estado nunha posición de actuación «más directa y
personal». Francisco Franco xa era o Xefe do Estado, e todos os servizos ministeriais estaban
supeditados á súa persoa. Deixou de haber vicepresidencia, que foi substituída por unha
subsecretaría de Presidencia. O ministerio do Exército dividiuse nas tres ramas militares,
creándose o Alto Estado Maior para a coordinación das mesmas sempre baixo o poder do
ditador. De FET de las JONS pasaron a depender os servizos sindicais e todos os asuntos que
se relacionaran con ese ámbito. A organización definitiva do Estado deulle a Franco todo o
poder: contaba coa «suprema potestad de dictar normas jurídicas de carácter general», sen ter
que consultar cos seus ministros «cuando razones de urgencia así lo aconsejen». Tarde ou cedo
houbo de confirmarse o papel de Franco no novo Estado: por riba de todos, el74
.
74
Lei de 3 de agosto de 1939, BOE, 9 de agosto de 1939, 221: 4326.
73
3.2 Unha guerra xa acabada: camiñando na configuración dos concellos españois
Se a organización do poder central quedou establecida en xullo de 1939, no mes anterior
realizáronse máis modificacións sobre a maneira de formar as comisións xestoras municipais.
A selección dos nomeados continuou a rexerse polas disposicións ditadas con anterioridade;
porén, a «experiencia» aconsellou realizar modificacións a Orde do 30 de outubro de 1937.
Coa guerra xa acabada, os gobernadores civís pasaron a ser os encargados do nomeamento dos
xestores municipais naqueles concellos que non fosen cabeza de partido xudicial, e sempre no
caso de que a poboación do municipio non superase os tres mil habitantes. A norma que
introducía eses cambios rexería para as entidades locais menores. Evidentemente, cando o
Gobernador Civil realizase os nomeamentos debería informar ao ministerio da Gobernación
expresando a causa das destitucións e os motivos do nomeamento dos novos concelleiros75
.
Pero esta última Orde quedou en «suspenso» en xullo de 1942 volvendo á Orde do 30 de
outubro de 1937. Polo tanto, o ministerio da Gobernación recuperou a potestade de nomear
cargos públicos en aqueles concellos de menos de tres mil habitantes que non fosen cabeceira
de partido xudicial76
.
Unha cousa que preocupou ás autoridades sublevadas foi saber de onde ían a saír as
persoas que deberían cubrir as vacantes que se producisen nos consistorios cando finalizase o
proceso de depuración de funcionarios. Despois da entrada nos municipios, o aparato da
ditadura viuse obrigado a poñer en marcha o proceso para cubrir as vacantes que se xerarían co
paso do tempo. O primeiro paso para solucionar ese problema foi poñer os ollos naqueles que
participaran na guerra: os mutilados, os ex-combatentes, ex-cativos e persoas de familias vítimas
da guerra dunha maneira ou doutra. A idea dos sublevados foi acabar co «régimen de
interinidad que, a partir del Movimiento Salvador», dominara a provisión de vacantes
municipais nos corpos de funcionarios. As autoridades deberon ter en conta que a economía
non ía moi ben na nova España de Franco. A provisión de vacantes foi obrigada, pero debeu
realizarse tendo en conta que había que reducila ao «mínimo necesario», considerando tamén
o mísero dos presupostos das corporacións locais. As oposicións e concursos deberían contar
cun condicionante fundamental: un 80% das prazas estarían reservadas a aqueles que
participaron e se viron afectados pola guerra. O reparto faríase por grupos: un 20% para
Cabaleiros Mutilados, Oficiais Provisionais de Complemento e outros ex-combatentes,
respectivamente; un 10% para ex-cativos e orfos, respectivamente; e o 20% restante para «la
oposición o concurso no restringido».
Estaba claro quen deberían ser os que ocupasen os seus traballos nos consistorios locais.
Para proveer ese 20% das oposicións que quedaría libre para todos aqueles que non estiveron
entre os supostos reservados, houbo que cumprir unha serie de «méritos patrióticos» que foron
establecidos polas corporacións municipais. Os aspirantes houberon de contar cuns
«inmejorables antecedentes político sociales y adhesión entusiasta al Movimiento Nacional». A
encargada de valorar eses méritos obxectivos foi unha comisión formada por membros da
xestora municipal, mestres nacionais e un representante da Comisión Provincial de
75
Orde do 21 de xuño de 1939, BOE, 22 de xuño de 1939, 173: 3398-3399. 76
Orde do 11 de xullo de 1942, BOE, 28 de xullo de 1942, 209: 5476.
74
Reincorporación de Combatentes ao Traballo, no caso de que o valorado fose un ex-
combatente. Antes da presentación ante o tribunal foi necesario contar cunha serie de informes
persoais. A necesidade de ir avalado ao tribunal de oposición foi a mesma que para ser avalado
por informes persoais para ocupar un cargo público77
.
77
Lei de 25 de agosto de 1939, BOE, 1 de setembro de 1939, 244: 4854-4856. Orde do 30 de outubro de 1939,
BOE, 9 de novembro de 1939, 313: 6284-6290.
75
3.3 A Lei de Bases de Réxime Local
Todo o proceso de nomeamento de xestores municipais, alcaldes, xestores provinciais e
presidentes de deputacións quedou sen modificación até xullo de 1945. O 18 de xullo de 1945
publicouse a Lei de Bases de Réxime Local, pola cal se estableceron os principios que se
deberían desenvolver posteriormente para organizar a vida política municipal española. Os
tempos cambiaran dende xullo de 1936 a xullo de 1945. Haberá ocasión de analizar
detidamente como e porque se produciu o cambio daquel «nuevo Estado Totalitario» ao Estado
que se rexería pola democracia orgánica. Foron un total de sesenta e nove bases, sendo a
primeira a que definiu o que sería o concello para a ditadura franquista. Os municipios foron
unhas «Entidades naturales» que se agruparon nunhas entidades administrativas superiores que
eran as provincias e que integraban o Estado español. O municipio e a provincia eran dúas
entidades territoriais fortemente imbricadas ás que correspondía gobernar un territorio. Para
elo contarían cun marco legal que sempre estaría baixo o paraugas do ministerio da
Gobernación.
Despois desta primeira aclaración, comezou un arsenal de sesenta e oito bases; unha
disposición final; cinco disposicións adicionais e dúas disposicións transitorias. As bases entre a
segunda e a quinta comprenden a definición do municipio, os seus límites e a poboación;
regularon como se podería crear un municipio novo por segregación ou adhesión; permitiríase
a mancomunidade de municipios «para obras, servicios y otros fines de la competencia
municipal». Unha cuestión fundamental dese grupo primeiro de bases, foi a definición do termo
«cabeza de familia». Dentro dun municipio houbo dúas clases de habitantes: os residentes e os
transeúntes. Os residentes puideron ser cabezas de familia maiores de idade ou «emancipados
bajo cuya dependencia convivan personas en un mismo domicilio»; veciños —un home de
nacionalidade española, maior de idade e inscrito no padrón municipal— e «domiciliados» —os
españois non emancipados, ou estranxeiros que residían frecuentemente nun municipio. O
transeúnte era aquel que estaba nun termo municipal de maneira accidental. Estableceuse
tamén a obrigatoriedade de levar ao día un padrón municipal onde aparecesen todos os datos
dos habitantes: nome, idade, estado civil, profesión e calquera outras circunstancias que
puidesen determinar outras leis.
Entre a sexta e a novena bases tratábase a figura do Alcalde, os concelleiros e do concello
en pleno. O Alcalde foi o gobernante e administrador do municipio: foi o «Delegado del
Gobierno en el término», ou o que era o mesmo, o representante do Goberno. Cando un
resultaba nomeado Alcalde era obrigatorio exercer o cargo, e non se cobraba por exercelo. A
gratuidade do cargo non era obrigatoria nos municipios con máis de dez mil habitantes, onde
se podía gastar até un 1% dos presupostos para o soldo do Alcalde en forma de «gastos de
representación». O tema do nomeamento dos alcaldes regulouse aquí definitivamente: nas
capitais de provincia e nas localidades con máis de dez mil habitantes serían nomeados polo
ministerio da Gobernación; no resto de poboacións o nomeamento quedaría en mans do
Gobernador Civil da provincia. Para ser Alcalde había que cumprir unha serie de requisitos que
ían dende os básicos de ser español e maior de vinte e cinco anos; e aqueles que xa non eran
tan simples a simple vista, como o de «reunir las debidas condiciones de idoneidad,
76
competencia y arraigo en la localidad». Para ser concelleiro a idade mínima baixaba aos vinte e
tres anos e á obrigatoriedade de estar alfabetizado. Houbo unha serie de incompatibilidades
para ser concelleiro: non se podía ser funcionario municipal en servizo; non se podía ser
debedor de fondos públicos; non se podía ter contratos vixentes con institucións estatais de
calquera nivel; non se podía participar en empresas que xestionasen servizos municipais e non
se podía estar inmerso nun proceso penal. Volveu a establecerse un número de concelleiros en
función do número de habitantes da localidade. Os municipios de ata cincocentos residentes
contarían cun total de tres concelleiros; os de cincocentos un a dous mil, seis concelleiros; os
de dous mil un a dez mil habitantes, nove; os de dez mil un a vinte mil, doce concelleiros; os
de vinte mil un a cincuenta mil, quince concelleiros; os de cincuenta mil a cen mil habitantes,
dezaoito; os de cen mil un a cincocentos mil habitantes, vinte e un e os de máis de cincocentos
mil, vinte e catro concelleiros78
. Eses concelleiros foron elixidos polo sistema de terzos de
representación, que se presentarían ás eleccións municipais e provinciais cando fosen
convocadas polo Goberno. A partir da décima base establecíanse as competencias municipais
e as atribucións do concello; as do Alcalde como presidente do concello e responsable da
execución das normas que emanaban das autoridades superiores; recollíanse as atribucións do
concello en relación coas obras municipais, a municipalización dos servizos; a facenda
municipal, ou os dereitos e taxas que podería cobrar o concello.
As provincias quedaron configuradas coma entidades administrativas superiores, das que
non podería variarse nin a capitalidade nin os límites salvo a concorrencia dunha lei para realizar
dito fin. É a partir da base trinta e cinco cando, por primeira vez e máis aló do Estatuto
Municipal de Primo de Rivera, se comezaron a definir as atribucións da figura suprema da
provincia: o Gobernador Civil. O Gobernador, como representante do Goberno nas provincias,
tiña unha serie de atribucións ben definidas: manter a orde pública no seu territorio; publicar,
executar e facer cumprir as leis e disposicións do Goberno; exercer as funcións de sanidade e
beneficencia e abastecementos; conceder e denegar autorizacións para actos públicos; exercer
a «policía de espectáculos» —era o censor da provincia en primeiro grao—; manter informado
ao ministerio da Gobernación, mensualmente, do estado da súa provincia e sancionar os actos
contrarios a lei, «al orden público, a la moral y disciplina de las costumbres y las faltas de
obediencia y respeto a la autoridad». En resumo: o Gobernador Civil exerceu o control absoluto
da provincia. O Gobernador foi tamén o presidente nato das deputacións provinciais, podendo
presidir o pleno con voz e voto cando o considerase oportuno. Ademais diso, como vixilante
das corporacións locais, podería suspender os acordos tomados polas mesmas cando
procedese.
As bases seguintes continuaron regulando diferentes aspectos da política local no
relacionado coas bases xurídicas dos acordos municipais; a contratación de funcionarios e a
tutela gobernativa de municipios nos que a «gestión resulte gravemente dañosa para los intereses
generales». Os concellos estiveron presos polo Goberno en todos os aspectos, especialmente
78
Pódese considerar que este reparto do número de concelleiros e de todo carente de proporcionalidade,
comparando o número de concelleiros en pequenos municipios cos de maior tamaño. Considero que a ditadura buscaba
beneficiar a representación política nos municipios rurais e mermala nos urbanos, sendo estes últimos onde máis podía
arraigar o rexeitamento á ditadura. Unha opinión similar manifestouna BARRUSO, P. (1999): p. 94.
77
nos referidos á temática de presupostos. Se houbese desaxustes no presuposto, especialmente
no relacionado co déficit, a corporación municipal podería ser disolta79
.
3.4 A normalización das eleccións municipais de 1948
O seguinte paso non foi articular definitivamente o réxime local español cun decreto. O
seguinte paso foi convocar as primeiras eleccións por terzos: a primeira manifestación da
democracia orgánica da España ditatorial. O 30 de setembro de 1948 publicáronse dous
decretos relacionados coa convocatoria de eleccións municipais. O primeiro deles dispuxo as
normas que deberían rexer todo o proceso. Para as autoridades ditatoriais, chegara o momento
de «hacer uso de tal autorización [ao Goberno para convocar as eleccións, tal e como recollían
as bases oitava e novena] para dictar normas» polas que se puidesen elixir «por el libre sufragio
de sus convecinos» aqueles españois que quixesen ocupar postos de concelleiro e que
«ostentaban legítimamente la representación de los grupos de Cabezas de Familia, Organismos
sindicales y Entidades económicas, culturales o profesionales».
O dereito ao voto dependería do terzo ao que se pertencese. Para o familiar, votarían os
veciños do municipio, maiores de vinte e un anos ou menores emancipados con dezaoito anos
cumpridos; varóns ou mulleres que estivesen inscritos no censo de cabezas de familia. Para o
terzo sindical dábanse os mesmos casos de idade e sexo, tendo adscrición directa con algunha
das entidades sindicais do municipio. Para ser elixido polo terzo de entidades houbo a obriga
de ter exercido xa coma concelleiro electo polos dous grupos anteriores. O voto foi obrigatorio,
e unicamente se puido deixar de ir a votar no caso de ser «impedido físicamente», relixioso,
xuíz ou notario. Estiveron tamén privados do voto aqueles que estivesen nos supostos
lexislativos da Lei electoral de 8 de agosto de 1907: os condenados con sentenza firme; os que
deberan diñeiro ao Estado ou os que residisen en establecementos benéficos.
O cargo de concelleiro foi «obligatorio y gratuito». Aínda así houbo excepcións que
permitiron librar do posto: ser maior de sesenta e cinco anos; estar «impedido físicamente», ser
funcionario xudicial, ou militar ou eclesiástico; ou unha das taras máis destacadas decretadas
polas autoridades da ditadura para exercer un cargo coma aquel: ser muller. Mais os elementos
excepcionais non foi o principal problema. Para ser nomeado candidato en representación do
terzo de cabezas de familia houbo que estar nos seguintes supostos: ter sido previamente
concelleiro no mesmo municipio polo tempo mínimo dun ano; ser proposto por dous
procuradores ou ex-procuradores en Cortes que fosen representantes das corporacións locais
da provincia; ser presentado por tres deputados ou ex-deputados provinciais; ser proposto por
catro concelleiros ou ex-concelleiros do mesmo concello polo que se presentase o candidato;
ou ben ser proposto por un número de cabezas de familia do termo municipal non inferior a
vixésima parte do total de electores inscritos no censo electoral do concello. É dicir, que
79
Todas as citas anteriores na Lei de Bases de Réxime Local de 17 de xullo de 1945, BOE, 18 de xullo de 1945,
199: 360-384.
78
calquera non puido ser concelleiro; nin sequera candidato. O máis sinxelo foi continuar a
carreira política presentándose por ese terzo. O nomeamento de concelleiros podería ser máis
fácil se o número de candidatos non superase o de prazas vacantes; nese caso a designación
sería directa e non habería a necesidade de recorrer ao comprometido trámite das urnas.
Para o terzo sindical o procedemento resultou máis complexo. A elección facíase por
medio de compromisarios que eran escollidos polos vocais das xuntas sindicais dos distintos
sindicatos que houbese na localidade. O reparto de compromisarios realizábase de maneira
proporcional entre os diferentes sindicatos. As eleccións sindicais non se celebraban en
domingo: corresponderíalles o mércores seguinte ao domingo no que se celebrasen as eleccións
polo terzo familiar. Onde verdadeiramente estivo o xogo político do poder local coa aparición
das eleccións foi no terzo de entidades. Unha entidade era un organismo ou asociación, cámara
ou sociedade recreativa rexistrada no Goberno Civil da provincia. Para que unha «entidad» fose
considerada como tal, foi necesario que o número de membros fose igual ou superior á terceira
parte do total de cabezas de familia inscritos no censo. En caso de que non se dese ningún caso
dos anteriores, os gobernadores decidirían os postos que a cada unha lles deberían ser asignados
«cubriendo el resto con vecinos de reconocido prestigio en la localidad». No suposto do terzo
de entidades decidían os concelleiros que non eran renovados na convocatoria electoral e o
Gobernador Civil da provincia. Os concelleiros polo terzo de entidades saían da votación
realizada polos concelleiros en activo, dunha lista «propuesta por el Gobernador Civil de la
provincia, comprensiva de un número triple, al menos, de Concejales que hayan de elegirse».
A votación realizábase o domingo seguinte ao domingo das eleccións ao terzo familiar; e
realizábase no pleno do concello80
.
Por conseguinte convocáronse as eleccións por un Decreto do mesmo día. Houbo que
dotar aos concellos dos concelleiros determinados por lei, pois estas administracións eran
«elementos esenciales de la estructura representativa de un Régimen» que neste ano de 1948
acadara «su plenitud» despois de pasar «extraordinarias vicisitudes históricas». O Decreto
continuaba dicindo que pobo español mostraba, sen ningún tipo de fisura, a súa «fervorosa
adhesión» a un proxecto político construído despois dunha guerra; e que nese momento
reclamaba a súa participación. As eleccións fixáronse para finais de novembro de 194881
.
O proceso de articulación do ámbito local continuou co paso do tempo. En 1949
publicouse un Decreto polo que se regulou o funcionamento das comisións provinciais. A este
Decreto seguiuno a primeira articulación da Lei de Bases, en novembro de 1950; unha
normativa que se viu modificada en pequenos aspectos relacionados coas facendas locais en
decembro de 1953. O punto e final do desenvolvemento das Bases produciuse en xullo de
1955, onde se aprobaron definitivamente as disposicións legais que daban consistencia ao
funcionamento do réxime local español. Quedou para o final de todo o proceso a regulación
dun cargo esencial na política da ditadura franquista: o Gobernador Civil. O Decreto que
80
Todas as citas anteriores no Decreto de 30 de setembro de 1948 polo que se dan normas para a celebración de
eleccións municipais, BOE, 7 de outubro de 1948, 281: 4703-4707. 81
Todas as citas anteriores no Decreto polo que se convocan eleccións municipais de 30 de setembro de 1948,
BOE, 7 de outubro de 1948, 281: 4707.
79
regulaba as atribucións desta figura capital tivo que esperar até outubro de 1958 para aparecer
e establecer definitivamente na lexislación ditatorial a figura do Gobernador82
.
82
Decreto de 22 de abril de 1949, BOE, 22 de abril de 1949, 112: 1902; Decreto de 16 de decembro de 1950,
BOE, 29 de decembro de 1950, 363: 6037-6060; Lei de 3 de decembro de 1953, BOE, 4 de decembro de 1953, 338: 7144-
7149; Decreto de 10 de xullo de 1955, BOE, 10 de xullo de 1955, 191: 4146-4180; A regulación da figura do Gobernador
Civil atópase no Decreto de 10 de outubro de 1958, BOE, 10 de novembro de 1958, 269: 9722-9728.
80
81
4.
Os gobernadores civís e o control da provincia.
«Sobre a súa labor en Barcelona había opinións contraditorias: moitos loaban a súa
rectitude, o enorme interese que puña no seu traballo e a incrible enerxía que era
capaz de desenvolver; parecía posuír o don da ubicuidade: non pasaba un día sen
que fixese acto de presencia nalgún lugar a propósito dunha inauguración o dunha
conmemoración ou dun suceso, sen que con tal motivo pronunciase un dilatado e
vibrante discurso, colmado de contido programático e moral. Pola contra, outras
persoas, sen negarlle esas calidades, atribuíanlle un afán de mando absoluto,
irreconciliable co bo desempeño do seu cargo, que o levaba a ocuparse persoalmente
de todo, incluso das funcións máis nimias; si delegaba algunha, facíao dun modo
absurdo, sen o menor criterio. Por esta causa, dicíase, e non obstante o
impresionante despregue de enerxía e actividade, baixo a súa xurisdición todo ía sen
xeito».
Eduardo Mendoza: Una comedia ligera
82
A maneira de ser dun ficticio Gobernador Civil de Barcelona descrita por Eduardo
Mendoza é unha parodia evidente dun cargo público que, literalmente, foino todo na
Administración local da ditadura franquista. Ser Gobernador Civil foi acadar un posto de enlace
entre o goberno de Madrid e a realidade de cada día das provincias. O gobernador debeu chegar
a todos os recunchos da provincia por medio do control da represión da orde pública; polo
nomeamento de todos os cargos públicos e políticos e, chegado o momento, polo control activo
do partido cando se mesturou o seu cargo co de xefe provincial do Movemento. Ser o
gobernador foi ser a cabeza visible dunha Administración política que se situou nas alturas de
Madrid. O gobernador ocupou o seu posto coa misión —entre outras— de palpar os problemas
provinciais e, por conseguinte foi o responsable de dar conta daqueles ao goberno ditatorial. O
gobernador erixiuse nos ollos e nos oídos da ditadura; e contou con ollos e oídos en todos os
postos da provincia, pois todos os que ostentaron algún posto político ou administrativo na
provincia llo deberon todo a el. Os cambios de gobernadores civís foron vistos na provincia
coma un tremor de terra: cando un novo chegaba, os postos perigaban ante a suposta vontade
do recente chegado de rodearse de xente da súa confianza. O gobernador centralizou a
administración política e foi o foco das queixas da cidadanía cando algo non funcionaba ben.
O só feito de ser Gobernador Civil implicou afrontar unha serie de riscos políticos que non
todos puideron estiveron preparados a superar. Dentro do propio rango interno dos
gobernadores civís existiron graos: non foi o mesmo ser gobernador de provincias como
Barcelona, Valencia ou Sevilla, que selo en Lugo, Soria ou Cáceres. Cada unha delas
manifestaba problemas propios que puideron ter maior ou maior resón na actualidade nacional.
O posto de gobernador non era novo na administración española; mais no caso da
ditadura foi revestido dunha serie de competencias e mandatos que o fixeron estar por riba dos
seus predecesores noutras etapas políticas españolas. O «mando absoluto» do que fala Mendoza
para o seu gobernador barcelonés é un bo exemplo expresivo do que foi este persoeiro político
e administrativo; aínda que despois todo se construíse dunha maneira pouco planificada. Ser
gobernador puido ser un doce para calquera que, inmerso na Administración e política
ditatorial, quixese ver recompensados os seus desvelos e implicacións durante a guerra civil e a
posguerra. Na man deses colaboradores estivo a implantación da ditadura no plano local e
provincial.
83
4.1. A figura administrativa e política do Gobernador Civil
A orixe da figura do Gobernador Civil hai que buscala no modelo político centralista
francés. Os seus antecedentes aparecen por primeira vez na Constitución de 1812 coa
institución da figura do denominado xefe político que, coa reforma provincial de 1833 pasou a
denominarse Delegado de Fomento. O cargo de Gobernador Civil apareceu —por primeira vez
así denominado así—, nun Decreto con data do 28 de decembro de 184983
. O Gobernador Civil,
entón, ten as súas orixes nos primeiros intentos de instauración dun réxime de corte liberal en
España. O xefe político era nomeado polo rei por medio do Ministerio da Gobernación e
ocupaba ese posto por un período de tempo indeterminado, dependendo do mandato do
Ministerio. O xefe político presidía a Deputación provincial, formada polos funcionarios
centrais e os representantes do territorio. Nese momento a provincia estruturábase coma base
fundamental que articulaba todo o territorio. Mais o gobernador non estivo só no territorio
coma representante do poder central: tivo que convivir co comandante de armas e o xefe
político subalterno. Este último dedicouse a aplicar as leis e as ordes que emanaron do poder
central; a presidir —sen voto— os plenos da corporación da capital provincial, decidindo os
acordos en caso de empate nas votacións; aprobar as contas dos concellos da provincia; expedir
os pasaportes... Esta situación —coas pequenas modificacións nos nomes do cargo— mantívose
ata que por medio do Real Decreto de 28 de decembro de 1849 se instituíu a figura do
gobernador provincial. Esta mantívose ata a ditadura de Primo de Rivera que se propuxo a
misión de darlle unha nova regulamentación ao cargo de Gobernador Civil e, por esa razón,
publicou o Real Decreto de 29 de marzo de 1925 —o Estatuto Provincial— e o Real Decreto de
8 de marzo de 1924 —Estatuto Municipal— que regularon o réxime do cargo. O primeiro deles
sobreviviu ata o Decreto de 31 de outubro de 1935 da República: a Lei municipal. O segundo,
ata o 16 de decembro e 1950, cando se articulou a Lei de Bases de Réxime Local de 17 de xullo
de 194584
.
Unha vez dado o golpe de Estado de xullo de 1936, e coa guerra civil e o Exército
sublevado contra a República en marcha semanas despois deste, todos os gobernadores
republicanos foron destituídos, sendo o seu posto ocupado polas autoridades militares
provinciais. Cando as provincias quedaban estabilizadas na retagarda, as autoridades sublevadas
impuxeron nelas os cargos civís e regulamentaron o funcionamento do Estado por medio da
Lei Orgánica da Administración Central do Estado. Segundo as disposicións dos sublevados,
sobre os gobernadores civís recaeron as funcións de control da orde pública da provincia,
situándose por riba de todos os delegados provinciais dos diferentes Ministerios. O Gobernador
Civil converteuse de facto no controlador da vida política, social e cultural da provincia
correspondente. O Gobernador Civil converteuse no máximo expoñente do poder centralizado
que impuxo a ditadura franquista. De entre as interpretacións que se lle teñen dado a ese poder
extraordinario nun cargo público, a máis recorrida para explicalo é que as autoridades
sublevadas pretenderon non cometer erros do pasado:
83
PÉREZ DE LA CANAL, M.Á. (1964). 84
Para unha explicación sobre a xénese e aplicación dos dous decretos ditatoriais, véxase GONZÁLEZ CALLEJA, E.
(2005): 133-138.
84
«[...] evitar poñer en perigo a Franco e ao seu réxime da mesma forma que, considerábase, bases
de poder locais e/ou rexionais deran ao traste coa monarquía de Afonso XIII»85
.
A ditadura e os seus teóricos político-administrativos, diante de semellante elemento
administrativo, analizou dende dentro o papel do Gobernador Civil. O vicesecretario xeral do
Movemento en 1962, Fernando Herrero Tejedor —que exerceu coma Gobernador Civil nas
provincias de Ávila e Logroño—, deu o seu parecer sobre esta figura do goberno ditatorial.
Herrero Tejedor iniciou a súa análise dicindo que o Gobernador Civil foi «en la esfera
provincial, la pieza más importante» pola súa dobre condición política e administrativa86
.
Segundo o seu punto de vista, a determinada unión progresiva dos cargos de Gobernador Civil
e xefe provincial do Movemento non foi máis que a manifestación de que a ditadura franquista
«sin un juego de partidos políticos», non tivo a necesidade de «aislar a la administración de las
pasiones de éstos [dos partidos]». Esta separación provocara en etapas anteriores que o sistema
se contrarrestara de maneira negativa. Herrero Tejedor empregou unha maneira máis teórica e
elaborada para redactar a idea de que, con anterioridade, España vivira etapas con problemas
políticos que a ditadura non quería volver a repetir:
«De una parte, la influencia política sobre la Administración, se hace notar, pero de otra parte,
el robustecimiento de los criterios de unidad y de eficacia, hace que la vida pública derive
insensiblemente hacia la administración creciente, que no siempre resulta satisfactoria»87
.
Seguindo a visión teórica de Herrero Tejedor, o sistema político da ditadura franquista
superara esa dicotomía por ter sido un sistema político «objetivo». Se se continúa tirando do fío
da súa análise, isto querería dicir que «no ponen la esencia de la verdad en la voluntad de la
mayoría, sino en la actuación constante de unos valores que conducen al bien común»88
. Que
foi para Herrero Tejedor un cargo coma o de Gobernador Civil? Segundo el, todos os papeis
que os gobernadores civís realizaron puidéronse resumir baixo o cualificativo de «hombres del
Movimiento». É dicir:
«Hombres que han ido formando sus ideas políticas con posterioridad al 18 de julio de 1936, y
cuyo bagaje ideológico anterior no presentaba, bien por razón de edad o por otras circunstancias,
especiales y definidas características, sino que pertenecen a la mentalidad normal de quienes
deseaban una España fuerte, pacificada, en orden y en el camino de su prosperidad»89
.
Outro contemporáneo da ditadura que tamén analizou a figura do Gobernador Civil foi
Eduardo García de Enterría. Con anterioridade referiuse a orixe da idea do poder do
gobernador no sistema político francés; aínda que no momento que escribe o autor, o
paralelismo entre os dous modelos xa quedara obsoleto, segundo el, «repitiéndose por simple
inercia»90
. Segundo a idea de Enterría, o prefecto francés tería sido un profesional da
85
MARÍN I CORBERA, M. (1998): 659. 86
HERRERO TEJEDOR, F. (1962): 12. 87
HERRERO TEJEDOR, F. (1962): 20. 88
HERRERO TEJEDOR, F. (1962): 21. 89
HERRERO TEJEDOR, F. (1962): 43. O discurso de HERRERO TEJEDOR hai que comprendelo dentro do marco no
que estaba a escribir. A proximidade aos XXV Años de Paz, a celebrar ao longo de 1964, preludiaron o cambio discursivo
na aproximación a diversos temas. Palabras coma «paz» e «orde», substituían a outras empregadas con prodigalidade en anos
anteriores coma podería ser «Victoria» ou «renacer». Eses xiros explícanse de maneira detallada en VIÑAS, Á. (2011): 312-
321. Para os feitos dos «XXV Años de Paz»: CAZORLA, A. (2015): 263-266 e ROMERO, F. (2009): 163-189. 90
GARCÍA DE ENTERRÍA, E. (1961): 91.
85
administración que debeu relacionarse coa política. A diferenza, segundo o autor, entre o
prefecto francés e o Gobernador Civil foi que este último mantívose coma político non
profesionalizado:
«[...] su supremacía sobre los funcionarios especializados no ha pasado de ser una supremacía
política, bajo la cual los tecnocratismos, e incluso la apropiación de sectores administrativos
completos por parte de los respectivos cuerpos de gestores, han podido desarrollarse con relativa
libertad, supuesta la abdicación plena en su favor de las funciones estrictamente
administrativas»91
.
Noutras palabras, o gobernador, para os intelectuais que se dedicaron a estudar o seu
papel no conxunto da Administración ditatorial, foi unha especie de líder provincial que
desenvolveu a súa actividade deixando sempre campo libre aos funcionarios competentes no
seu campo. A pesares de contar na súa orixe cun carácter técnico e administrativo, a figura do
gobernador en España marchou por outros camiños pasando a ser, segundo García de Enterría,
un instrumento «de la dominación del partido de turno, su función principal de muñidores
electorales, como pieza esencial de la máquina caciquil del partido». Un cargo que estivera
dende sempre dominado pola «clase política»; que foi repartido «con arreglo a la más estricta
fórmula del “spoil system”: el botín pertenece a los vencedores»92
. O cambio introducido pola
ditadura franquista foi que o gobernador pasou a desenvolver unha función política
determinada: ser xefe de FET de las JONS en cada provincia. García de Enterría considerou
que o gobernador —na súa función política dada pola ditadura franquista—, fixo que a provincia
española pasase a ser un «verdadero ente autónomo» que chegou a sumir, canto menos
«trascendentalmente» unha especie de «lugar central del sistema entero del régimen local»93
.
Nesas funcións de xefe administrativo e político foi implícita a prerrogativa gobernativa de
nomear alcaldes na provincia. Isto implicou a aparición dun condicionante selectivo dos
elementos que deberon ocupar os cargos políticos municipais, feito que tería creado nas
conciencias dos gobernadores civís unha especie de tensión ética e ideolóxica; pois nas mans
deles quedou o éxito das políticas municipais:
«Puede decirse que, salvo casos de excepción, cada nombramiento de Alcalde supone para el
Gobernador Civil un verdadero caso de conciencia, que pone a prueba su objetividad, su
imparcialidad y desapasionado deseo de acierto»94
.
O gobernador quedou situado nun punto clave do artellamento do poder local da
ditadura franquista. O momento de nomear de alcaldes e concelleiros pasou a ser, segundo a
idea de Enterría, un caso de conciencia persoal do Gobernador Civil. Atopar os homes
adecuados para os postos de xestores municipais converteuse nunha tarefa difícil para as
autoridades porque a nivel provincial e local non foi sinxelo localizar os candidatos idóneos. De
analizar este aspecto encargouse José María del Moral. A idea principal que pretendeu
transmitir o autor é que o gobernador atopouse con numerosos obstáculos e atrancos para o
nomeamento de xestores e Alcalde. O primeiro, tería sido o limitado número de candidatos,
91
GARCÍA DE ENTERRÍA, E. (1961): 93. 92
GARCÍA DE ENTERRÍA, E. (1961): 95. 93
GARCÍA DE ENTERRÍA, E. (1961): p. 99. 94
DEL MORAL, J.M. (1961): 20.
86
factor que se vería aumentado en localidades pequenas. A segunda, Del Moral describiuna
coma:
«la inhibición y abstencionismo, no infrecuente, de personas que por su capacidad, preparación
y representación estaban llamadas a prestar su colaboración, con la incompatibilidad moral de
otras, vinculadas a intereses en pugna»95
.
É a descrición dunha clase de individuos, os máis capaces e preparados, que non tiveron
intereses afíns aos do gobernador. Consecuencia do anterior, producíase o que Del Moral
considerou o sometemento do Gobernador Civil aos «grupos de presión local», conformados
por «personajes influyentes» que defenderon uns determinados intereses económicos e que «no
se resignan a no hacer valer su influencia». En resumidas contas, foi o que o autor resumiu coma
«el tristemente famoso caciquismo pueblerino»96
.
Ante estas condicións internas, o Gobernador Civil debeu actuar coma representante do
goberno. Porén, dependía do Ministerio de Gobernación, feito que o fixo tributario daquel e,
polo tanto, dun marcado carácter político. Este elemento clave foi o que o diferenciou do
prefecto francés97
. Os seus poderes dentro do territorio provincial levan a consideralo por algúns
autores coma algo parecido a un «verdadeiro virrei da provincia»98
. García Ramos indicou, por
exemplo, que «[...] a diferenza doutros países, ao longo da súa existencia, o Gobernador Civil
sempre actuou en España máis coma un político que coma un administrador profesional». Un
dos elementos que leva a este historiador a afirmar isto é a orixe foránea dos nomeamentos para
desempeñar o máximo cargo provincial. Detrás dese factor estivo a necesidade do poder central
de «por á fronte da provincia a un alto funcionario que non tivera vinculación con sector algún
de carácter local»99
. Outros autores corroboran ese papel de político cando afirman que o cargo
era un posto privilexiado dende o cal se podería ascender no edificio do poder estatal100
. O cargo
de Gobernador Civil foi, polo tanto, interpretado polos historiadores coma un trampolín
político. Mais o feito de poder ascender a outros postos de responsabilidade política dependeu
—entre outras moitas cousas—, da provincia para a que fose designado o Gobernador Civil. Que
a traxectoria fose máis ou menos meteórica —entendida tanto en sentido ascendente coma
descendente—, dependeu da actuación individual de cada un:
«O Goberno Civil dunha provincia pequena [neste caso de Logroño] e aparentemente tranquila
podía servir coma bo trampolín político se se sabía actuar convenientemente, e esta circunstancia
era coñecida e asumida no ambiente político da época»101
.
A figura gobernativa era unha especie de autoridade suprema dentro do territorio
provincial que lle tocara gobernar. Unha especie de «demiúrgo» que tiña nas súas mans o control
e o funcionamento de todo o territorio provincial102
. Pero cómpre ter en conta que unha cousa
95
DEL MORAL, J.M. (1961): 20-21. 96
DEL MORAL, J.M. (1961): 27-28. 97
LÓPEZ-NIETO Y MALLO, F. (1997): 343. 98
CLARA, J. (2005): 131. 99
GARCÍA RAMOS, D. (2003): 183 e 185. 100
CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 115-117. 101
RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 243. 102
GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 66.
87
eran as disposicións sobre as súas competencias e outra ben distinta era a plasmación real do
poder do gobernador na súa provincia. Porque
«[…] para coñecer a amplitude e o carácter real da actuación dos gobernadores civís durante o
franquismo é necesario deslizarse do plano normativo e teórico á observación da realidade
histórica, en especial á actuación seguida»103
.
Foi o gobernador unha figura que aglutinou na súa persoa as catro vertentes do poder
central a desenvolver nas provincias: «delegado do goberno, delegado responsable do Ministerio
de Gobernación, delegado dos Ministerios con presenza na provincia, xefe da administración
provincial»104
. Autores coma Rodríguez González incluso chegan a comparalos cos bispos
católicos. O gobernador foi na provincia o «reflexo da unidade de poder e da unidade de
mando»105
. Ese poder en ocasións foi compartido cos delegados ministeriais que puideron existir
nas provincias. Foi pois unha figura uniformante, centralizadora, controladora da política e da
sociedade provincial que daba conta do que sucedía na súa provincia unicamente ante os seus
superiores xerárquicos en Madrid.
Máis aló da teorización propia da historiografía sobre o poder local e o papel dos
gobernadores, estas posicións que fan fincapé na posición dominante do Gobernador Civil na
política provincial adoecen dunha compoñente clave: o elevado grao de influencia que
determinados compoñentes das elites locais exerceron sobre toda esa rede política que foi FET
de las JONS en cada provincia e que o gobernador controlou dende o momento no que o seu
posto foi unificado co de xefe provincial do Movemento. Efectivamente, ser gobernador
implicou ser a cabeza da provincia, o gran compilador de todos os problemas e o redactor das
posibles solucións. Mais eses problemas e esas solucións puideron entrar en colisión cos
intereses políticos ou económicos creados polas elites municipais. De aí, que o papel central e
dominador do gobernador deba ser matizado e posto en cuestión ante a presenza destes
indicios. Esa tensión existente entre as elites xa asentadas na provincia e o gobernador imposto
dende fóra son as que explican a inestabilidade en determinados momentos da ditadura.
Cuestións coma o nomeamento de novos cargos tanto dentro do partido coma na
administración local; ou a política de abastecementos constituíronse nos principais elementos
de rozamento entre as dúas partes. Nas seguintes páxinas poderase ver o que sucedeu en Galicia.
Pero primeiro, cómpre facer unha referencia aos personaxes desta parte da historia: os
gobernadores civís na Galicia dos primeiros anos da ditadura franquista.
103
GÓMEZ HERRÁEZ, J.M. (1993): 58. 104
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, J (2003): 313. Máis recentemente, o capítulo de PONCE ALBERCA, J. (2018), analiza o
poder e os resortes administrativos e políticos dos gobernadores civís da ditadura, confirmando a liña argumental de análise
tratada por estudos anteriores. 105
DEL MORAL, J.M. (1961): 13.
88
4.2. Unha aproximación á prosopografía dos gobernadores civís de Galicia durante a
primeira etapa da ditadura
Os estudos sobre as provincias españolas durante a guerra civil e a ditadura franquista
comezan sempre por unha explicación do panorama político a nivel provincial. O primeiro
paso no estudo da construción da ditadura franquista en Galicia será, consecuentemente,
describir quen foron os gobernadores civís galegos entre 1936 e 1951106
. As descricións que se
fan sempre sobre estes individuos quedan maioritariamente na súa labor executiva; non se
profunda na natureza persoal do individuo. Un traballo desa natureza determinaría o que se
considera a elaboración dunha socioloxía dos gobernadores civís da ditadura franquista. Resulta
curioso que os xefes dun alto corpo administrativo xurdido da selección dixital directa do
goberno ditatorial, procedente de rexións diversas da xeografía peninsular, con estudos e
procedencias sociais tan diferentes entre eles, con capacidades persoais —que se demostraron
no momento de exercer o poder—, dispares e de diversos graos, non foran sometidos a análises
individualizadas sobre a súa persoa. Un militar, ante o problema dos abastecementos, actuou
da mesma maneira que un gobernador de extracción civil —que exercía de avogado, por
exemplo? Cales foron as diferenzas entre eles? Porque un civil ou un militar para desenvolver
o cargo de cabeza da provincia? Estas preguntas deberían intentar solucionarse por medio da
socioloxía dos gobernadores civís.
Esta corrente de estudos faise máis necesaria á luz da lectura das investigacións da
ditadura franquista, entendida coma unha posible axuda analítica que podería aportar máis
claros sobre unha vertente da política ditatorial esencial coma foi o control das provincias. Con
todo, xa existe un exemplo de estudo que segue esta liña de investigación para o caso do
Gobernador Civil da provincia de Barcelona, Antonio Correa Véglison, escrito polo historiador
Javier Tévar107
. Tévar Hurtado aproveitou a circunstancia da existencia e conservación da
numerosísima documentación que se conserva sobre ese gobernador. O resultado da análise
desa documentación foi un retrato excepcional do Gobernador Civil barcelonés entre 1940 e
1945, non só na súa faceta de home político, senón tamén na súa vertente persoal. Tévar
Hurtado beneficiouse da existencia de documentación que sobreviviu ao tempo e ao home,
elemento do que moi poucos investigadores se poden beneficiar. Cando esa documentación
directa non existe, cómpre botar man de documentos secundarios para intentar facer unha
pequena aproximación aos gobernadores civís. A prensa, os documentos de xestión, os partes
mensuais que enviaron a Madrid ou as súas intervencións nos plenos municipais, convértense
na pequena fiestra que da ao seu interior.
106
Máis aló das referencias que se poidan atopar nas investigacións individualizadas por provincias, a investigación
e análise cuantitativa para todo o universo provincial da ditadura franquista de PONCE ALBERCA, J. (2016) conclúe o volume
de gobernadores civís que actuaron no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1939 e o 31 de decembro de 1958.
Sobre o conxunto do número total de 315 Gobernadores para todo o período estudado, PONCE ALBERCA identifica un
número real de 216 individuos que foron cesados ou recolocados. O último dato permítelle ao autor determinar os índice
relativo á duración dos gobernadores civís nos seus cargos, situado para o conxunto do período nunha cifra de tres anos e
medio. 107
Véxase o texto completo de TÉVAR HURTADO, J. (2011). Unha investigación monográfica sobre o Goberno Civil
da provincia de Barcelona no período ditatorial franquista é a presentada por TÉVAR HURTADO, J. ET AL. (2015).
89
4.2.1. OS PRIMEIROS MESES DA SUBLEVACIÓN: OS MILITARES TOMAN O PODER
Os militares constituíronse na primeira figura das autoridades sublevadas para dirixir as
vilas e cidades galegas. Ao quedar Galicia en posición de retagarda unha vez se produciu o golpe
de Estado de xullo de 1936, previamente ao nomeamento dos gobernadores civís das
provincias, o golpe de Estado de xullo de 1936 supuxo a toma do poder por parte dos militares
en cada unha das localidades. Foron estes os que, nas cidades estudadas, deberon tomar a
iniciativa do cese das corporacións republicanas e do nomeamento das primeiras comisións
xestoras municipais. A historiografía sobre a guerra civil e a represión en Galicia vén detallando,
dende o inicio das investigacións, a situación de indeterminación coa que se atoparon as
autoridades locais sobre como facer fronte ao golpe de Estado de xullo de 1936108
. Aquela
situación condicionou que os primeiros nomeamentos das autoridades militares que deberían
facerse cargo da orde pública e do control dos centros de poder, provocou que aquel primeiro
poder de control local se manifestase excesivamente inestable. A situación de inestabilidade de
mando mantívose ata as primeiras disposicións legais do goberno de Burgos que organizaron a
Administración e o nomeamento dos primeiros gobernadores civís da Galicia sublevada. Así,
entre o 20 de xullo de 1936 e as primeiras confirmacións de Gobernadores Civís ao longo dos
meses finais daquel ano, en Ourense tomaron o control da situación de guerra, primeiro, o
Comandante militar Luis Soto109
; na cidade de Vigo, o Comandante Felipe Sánchez110
; na cidade
de Lugo, o Tenente coronel Adolfo Velayos Valenciaga111
; na Coruña, o coronel Enrique
Cánovas Lacruz112
; en Santiago, Luis Marinas Galego113
; e en Ferrol, o Comandante militar
Ricardo Morales Díaz114
.
Os primeiros gobernadores civís seleccionados polas autoridades sublevadas foron
Florentino González Vallés115
, Tenente coronel da Garda Civil, para a provincia da Coruña;
Manuel Quiroga Macía, Tenente coronel de Infantería, para a provincia de Ourense116
; Ricardo
Macarrón Piúdo117
, Tenente coronel da Garda Civil, designado para a provincia de Pontevedra
e o coronel de Cabalería Ramón Bermúdez de Castro118
, nomeado para a provincia de Lugo.
108
Sobre ese aspecto, véxanse, entre outros, os estudos monográficos de SOUTO CASTRO, M.J. (1998); SUÁREZ
MARTÍNEZ, X.M. (2002); PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005a); AMOEDO LÓPEZ, G. (2010). 109
GARCÍA MAÑÁ, L.M. (1986): 106. Sobre a xénese deste primeiro poder, véxase PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005a):
375 e ss. 110
ABAD GALLEGO, X.C (2008): 107. 111
Tomou posesión dese posto o día 24 de xullo de 1936, pois anteriormente o comandante foi Alberto Caso. O
detalle de todo o proceso no artigo de SOUTO BLANCO, M.J. (1997). 112
La Voz de Galicia, 24 de xullo de 1936: 1. 113
El Compostelano, 29 de xullo de 1936: 1. Anterior a el, o bando de guerra foi publicado polo comandante José
Bermúdez de Castro. Segundo a crónica oficial, debido ás tarefas incansables —estaba tamén ao mando das compañías de
Artillaría—, do estado de guerra «[se] obligó a su destitución». LAMELA GARCÍA, L. (2005): 57 atribúe a súa destitución a que
foi «acusado polos seus subordinados de non apoiar coa debida decisión a sublevación militar». 114
El Correo Gallego, 25 de xullo de 1936: 1. 115
No momento de iniciarse o golpe de Estado foi nomeado, por Cánovas Lacruz, delegado de Orde Pública
(GRANDÍO SEOANE, E. (2000): 45). 116
Nomeado para o cargo o 5 de agosto de 1936 por medio dun telegrama do xeneral xefe da VIII Rexión militar,
feito recollido en GARCÍA MAÑÁ, L.M. (1986): 110. Cesou do cargo polo decreto de 22 de abril de 1938 publicado no BOE,
23 de abril de 1938, 549: 6920 117
Cesou polo decreto de 14 de setembro de 1937 publicado no BOE, 22 de setembro de 1937, 337: 3474. 118
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 19 e 23 localiza o seu nomeamento por medio dun telegrama en agosto de 1936.
Cesou polo Decreto número 232 de 3 de marzo de 1937 publicado no BOE, 7 de marzo de 1937, 138: 619.
90
Os escollidos pertencían a póla fundamental do bando sublevado: os militares. Os mandos
militares foron os seleccionados para os postos políticos, precisamente, porque debían respecto
á xerarquía de quen os colocaba nos seus postos. O cese dos gobernadores civís republicanos
supuxo para as autoridades sublevadas buscar a persoas de confianza; e os militares,
acostumados a acatar as ordes dos seus superiores, convertéronse nos elementos clave de
soporte dunha nova estrutura política e administrativa que non podía fiar o seu destino —canto
menos nos primeiros compases da construción da armazón institucional—, a políticos con
experiencia por máis que pertenceran ou tiveran pertencido a partidos de dereitas con
anterioridade ao golpe de Estado. A selección destes individuos determinados foi encamiñada
cara consecución dunha certa estabilidade nas provincias dominadas polo Exército sublevado.
Inmediatamente producido o este, as autoridades sublevadas foron decretando, a medida que
foron avanzando polo territorio, o estado de guerra coa finalidade de controlar as institucións
provinciais e a orde pública. Este segundo aspecto demostrouse coma fundamental pois, os
movementos de acción política dos sectores da esquerda supuxeron para os sublevados un
factor que puido por en risco a obriga auto-imposta de confirmar e estabilizar canto antes o
guión político que pretenderon implantar. Por iso, unha vez consumada sublevación en Galicia,
os gobernadores civís republicanos foron detidos polas auto-proclamadas autoridades
sublevadas.
Con todo, os nomeamentos non se realizaron unha vez iniciado o golpe de Estado. Entre
o inicio da sublevación militar e o nomeamento definitivo dos novos gobernadores civís, os
militares encargados da sublevación exerceron o control provincial ao carecer dun goberno
central —ou outra institución central única que organizase o funcionamento do territorio
ocupado—, que regulase o funcionamento das provincias «ocupadas»119
. Os primeiros
gobernadores civís da Galicia sublevada —González Vallés, Quiroga Macía e Macarrón Piúdo e
Bermúdez de Castro Plá—, foron nomeados arredor de agosto de 1936. Aínda que o perfil
seleccionado foi o do militar, un achegamento á súa traxectoria política deixa ver que contaron
cunha certa experiencia no campo da xestión administrativa e política. O Gobernador Civil
lugués sumou á súa posición de coronel de Cabalería o ter sido delegado gobernativo da Coruña
e Gobernador Civil lugués durante a ditadura de Primo de Rivera. Ademais, coa chegada da
República, retirárase de maneira voluntaria do Exército debido as súas conviccións políticas,
erixíndose no primeiro presidente de RE, o partido de Calvo Sotelo120
. Tamén o Gobernador
Civil de Ourense Quiroga Macía contou cunha determinada experiencia no campo da
administración provincial durante a ditadura de Primo de Rivera na provincia de Tarragona —
onde estivo destinado—, ata que chegou a Ourense para facerse cargo durante varias etapas do
goberno militar provincial. O coronel Quiroga Macía exerceu antes do cargo de Gobernador
119
Nos anos 80 do século XX, algúns autores coma NIETO, A. (1984): 15-16, buscaron explicar o proceso polo que
as autoridades sublevadas foron facéndose co poder. Segundo NIETO, a ditadura franquista realizou o que denominou unha
«usurpación paladina do poder», definida coma o desprazamento dos políticos escollidos polo pobo, substituíndoos por
aqueles que «nin o son nin pretenden selo». A lexitimidade do poder xa non xorde do mandato popular, senón da vontade,
do desexo, «da forza, da técnica, ou de calquera outra razón». Os militares, os falanxistas de calquera procedencia, os técnicos
e funcionarios e outros acólitos foron os sustentadores dese modelo de poder. Os gobernadores civís, así, exerceron como
usurpadores do poder. 120
ABC, 28 de marzo de 1972: 37. O seu percorrido de acción no ámbito provincial continuou nos anos 60, cando
foi presidente da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e presidente honorífico da Confederación de Caixas de Aforro.
91
Civil o posto de presidente da Deputación provincial entre os meses de xullo e agosto de 1936121
.
Nunha posición similar situouse Macarrón Piúdo: nos momentos finais da República foi
nomeado polo derradeiro Gobernador Civil republicano pontevedrés, Gonzalo Acosta Pan,
delegado de orde pública da cidade de Vigo. Os seus coñecementos no campo da orde pública
fixeron que os medios de comunicación provinciais viran nel un «militar pundonoroso, perfecto
caballero» que soubo levar a Pontevedra a unha situación de «tranquilidad» e paz social en
momentos tan tensos coma os que se viviron durante a guerra civil122
.
O punto que os diferenciou entre si foi a maneira que tiveron de dirixirse aos homes e
mulleres que quedaron baixo o seu poder e mando. Coma militares, practicaron unha retórica
especial e propia, na que o deber e o respecto á xerarquía foron os elementos que estruturaron
as súas arengas. Un exemplo deste estilo foi o de Bermúdez de Castro Plá. Nun discurso
realizado nos primeiros días no seu novo cargo, explicou o que quería facer coa súa provincia.
En primeiro lugar saudou de maneira efusiva aos lucenses; en segundo, explicoulles a todos o
que debería ser a maneira dos lugueses de servir á España que estaba a nacer naquel momento:
«[...] todos los anhelos de vuestras almas de cruzados [...] Hagamos pues, con nuestra lealtad y
nuestra fe, dogmas de la protección que el señor nos ha otorgado [...]». Ao longo de todo o
tempo que estivo ao mando da provincia de Lugo, Castro Plá prodigouse nos medios de
comunicación provinciais. O gobernador aproveitou os seus primeiros días para conceder
entrevistas aos medios locais lucenses nas que desenvolveu, con maior énfase, as que deberon
ser as liñas fundamentais do seu traballo. Para o Gobernador Civil de Lugo, o primeiro foi ter
claro que «nada de política que todo lo corroe y envenena». Agora ben, desenvolvendo o seu
razoamento patriótico da defensa de España, o seu discurso quedou limitado, coxo e sen
contido algún. Preguntado polos xornalistas sobre as posibles solucións ao paro obreiro que
abafaba á capital provincial e ao conxunto do territorio provincial, Bermúdez de Castro Plá non
fixo máis que recomendarlles aos traballadores que confiaran na Providencia para solucionar
os seus problemas:
«P- ¿De qué forma se combatirá el paro obrero?
R- La verdad es que usted quiere ponerme en un apuro. ¡Qué sé yo! El obrero tendrá amor y
comprensión humana, hallará el trabajador con la consideración y el afecto trabajo que
ennoblece y dignifica. ¿Cómo? No lo sé.»
P- ¿Cómo se van a estimular las fuentes de riqueza para hacer una España grande?
R- Es mucha pregunta para mi escasa categoría mental, y para mi modesta jerarquía oficial»123
.
No mesmo ton dirixiuse aos coruñeses González Vallés, saudándoos coma «un soldado
de España que por azares de la fortuna es hoy vuestro gobernador». Segundo as palabras de
González Vallés, o soldado, no desenvolvemento das súas actividades profesionais, sempre ten
unha misión encomendada polos seus superiores. No caso do testemuño de González Vallés,
a súa misión foi «salvar la civilización occidental». A análise das palabras do Gobernador Civil
121
PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005a): 828-829. 122
El Pueblo Gallego, 5 de agosto de 1936: 7 123
Dúas intervencións realizadas en El Progreso, 9 de agosto de 1936 e El Progreso, 28 de agosto de 1939, citadas
por SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 19-20.
92
coruñés denota que retórica da ditadura franquista comezaba a coller corpo. Segundo el, España
fora tombada —el fala de que «la vieja Madre España» xa «está puesta en pié [sic]»—, por uns
«hijos traidores» e por outros «desleales extranjeros» que, seguindo as ordes de Moscova
«pretendían hundir en el ludibrio en la deshonra» a España. González Vallés preocupouse no
seu primeiro discurso aos coruñeses de dirixirse aos obreiros, aqueles que especialmente
puideran ter sido alienados polos ideais estranxeiros. O gobernador aseguroulles «trabajo y paz»
e pediulles que «en esta hora grave» substituíran o «odio destructor por un espíritu de
cordialidad generador de toda obra grande». A «obra grande», segundo el desenvolveu
inmediatamente, sería a que tería que facer o Exército «uniendo a los partidos y clases todas en
el sagrado amor a la Patria a la que desde aquí vitoreo esperanzado». O discurso acabou con
tres «¡Viva España!»124
.
Ata este punto infírese que xa nos primeiros momentos da sublevación a retórica belicosa
dos sublevados comezou a formar un corpo ben estruturado. Florentino González Vallés
localizou claramente os inimigos que —con posterioridade, e segundo a percepción da ditadura—
, acosarían ao longo do tempo ao que foi a ditadura franquista: os homes e mulleres de
esquerdas e os comunistas rusos. En similares termos se dirixiu aos ourensáns o seu primeiro
Gobernador Civil Manuel Quiroga Macía. Quiroga fixo valer tamén —coma fixera o seu
homólogo coruñés—, a súa condición de militar á que lle sumou a súa nova función de delegado
de orde pública. Fixo esas consideracións para admitir que esperaba «que nadie pretenda
orientaciones en uno y otro sentido» político. Porque, segundo el, o maior «esfuerzo» que
pretendía levar a cabo coma Gobernador Civil de Ourense foi que a provincia vivira un
«absoluto apartamiento de todos los sectores políticos». Agora ben, se os cidadáns deses
«sectores políticos» decidisen colaborar coa causa dos sublevados, serían «estimados» no caso
de proceder «como ciudadanos conscientes del momento actual». O momento do golpe de
Estado de xullo de 1936 tivo coma único obxectivo, segundo as súas palabras, a «liberación de
la Patria de los malos españoles que intentan someterla a poderes extranjeros»125
.
Estes dous exemplos de gobernadores civís indican que dende a toma de posesión dos
cargos ditatoriais, tiveron ben definido cal debería ser o seu obxectivo. O control absoluto das
provincias á fronte das cales se colocaron pasou por dominar, en primeiro lugar, a orde pública.
Controlar e someter aos sectores políticos de esquerdas —que tan ben definiu Quiroga Macía
dende Ourense—, foi o primeiro paso para comezar o camiño da depuración de funcionarios e
da represión contra o inimigo político. A inestabilidade dos primeiros días e semanas,
manifestada nos documentos internos das autoridades, da sublevación militar que despois
derivou nunha guerra civil infírese polos pasos dados polas autoridades militares no momento
de nomear os cargos públicos. Se un Gobernador Civil era cambiado, a consecuencia do
movemento conseguinte sería a muda dos cargos municipais. Foi precisamente a mobilidade
dos gobernadores civís o que caracterizou a primeira etapa da ditadura franquista. Un exemplo
definidor do que foi a inestabilidade primeira dos cargos provinciais e municipais é o do
Gobernador Civil coruñés González Vallés que xa en outubro de 1936 abandonou o seu
124
La Voz de Galicia, 31 de xullo de 1936: 5. 125
La Voz de Galicia, 9 de agosto de 1936: 7.
93
cargo126
. No seu lugar foi colocado o coronel do corpo de enxeñeiros da Armada Francisco de
la Rocha Riedel, que chegou á Coruña dende o mesmo posto na provincia de León127
. González
Vallés mantívose pouco máis de dous meses á fronte do Goberno Civil coruñés. Ramón
Bermúdez de Castro mantívose aproximadamente uns 8 meses, cesando en marzo de 1937 e
Macarrón Piúdo actuou como Gobernador Civil por tempo dun ano e dous meses, cesando en
setembro de 1937. O que máis tempo se mantivo no posto durante a guerra civil en canto a
duración no posto de gobernador foi Quiroga Macía, que se mantivo case dous anos ata ser
cesado en abril de 1938. Como se verá nos epígrafes seguintes, na provincia da Coruña, entre
xullo de 1936 e abril de 1939, sucedéronse catro gobernadores; en Lugo, dous e en Ourense e
Pontevedra, tres. Semellante grao de mobilidade dentro do cargo impide que se poida chegar a
conclusión algunha sobre a natureza política que os militares pretenderon dar ao territorio que
foron dominado. A mobilidade e cambio de gobernadores civís pode demostrarse como factor
condicionante de dous supostos hipotéticos: por un lado, a mobilidade de homes pode terse
manifestado coma un indicio máis da inestabilidade da conxuntura xeral galega —neste caso no
ámbito da política interna dos sublevados durante a guerra civil—, ou como un condicionante
xurdido da necesidade interna dos sublevados de non crear divisións políticas internas; pois o
que primou nese primeiro momento cronolóxico da ditadura foron os condicionantes bélicos
relacionados co propio desenvolvemento dos eventos na fronte da guerra civil e o mantemento
da orde pública nos territorios que foron caendo no poder daqueles.
126
En exercicio do seu mando de tenente coronel ocupou, despois de abandonar A Coruña, o posto de mando na
Comandancia da Garda Civil de Lugo (BOE, 30 de marzo de 1937, 161, p. 845); a xefatura de orde pública en San Sebastián
(BOE, 4 de novembro de 1937, 380, p. 4179), a onde non se destinou por ser nomeado para o posto de mando da
Comandancia da Garda Civil da Coruña (BOE, 29 de decembro de 1937, 434, p. 5016); á Comandancia de Santander co
cargo de primeiro xefe (BOE, 25 de abril de 1938, 551, p. 6956) e finalmente á Comandancia de Pontevedra (BOE, 10 de
xullo de 1938, 10, p. 133). 127
Na «relación de Gobernadores Civiles de la provincias ocupadas» publicada no BOE, mantéñense os
gobernadores do resto de provincias galegas; de aí pódese deducir que o nomeamento de De la Rocha foi nalgún punto
cronolóxico entre finais de outubro e comezos de novembro de 1936. BOE, 3 de novembro de 1936, 20: 95.
94
4.2.2. OS GOBERNADORES CIVÍS GALEGOS DURANTE A GUERRA CIVIL
Os gobernadores que chegaron con posterioridade a Galicia non diferiron substancialmente nas
súas características cos anteriores. Houbo tres militares: Francisco de la Rocha Riedel e Julio
Muñoz de Aguilar na Coruña e Mateo Torres Bestard en Pontevedra. Do mundo da avogacía
procederon José María Arellano Igea na Coruña, Leopoldo Sousa Méndez-Conde en Lugo e
Luis Viñamata en Ourense. Houbo tamén un enxeñeiro de camiños, canles e portos e
«diplomado en genealogía, heráldica y nobiliaria»: Pedro Morales Pleguezuelo en Lugo128
.
Finalmente, un home que contou con actividade política previa durante a ditadura de Primo de
Rivera exercendo de Alcalde en Vilagarcía de Arousa: Enrique Rodríguez Lafuente para o
posto en Ourense129
. Con todo, si houbo unha cousa que os diferenciou dos seus predecesores:
todos —excepto un— exerceran xa con anterioridade a chegar a Galicia o cargo Gobernador
Civil noutras provincias españolas no momento de iniciarse a sublevación contra a República.
Algún deles, como tamén pasaba con algún dos seus antecesores, xa exercera cargos similares
na ditadura de Primo de Rivera.
Francisco de la Rocha Riedel comezou a súa traxectoria política sendo Gobernador Civil
de León e, unha vez cesado na Coruña, marchou a Navarra en xullo de 1937130
. O seu sucesor
no cargo foi José María de Arellano Igea, un dos últimos gobernadores civís da provincia de
Huesca antes da proclamación da República. Iniciado a sublevación militar de xullo de 1936,
foi nomeado coma Gobernador Civil xeral de Guipúscoa e Biscaia, a onde regresou cando
deixou de ser gobernador na Coruña para ocupar un posto na Administración de xustiza131
.
Leopoldo Sousa Méndez-Conde, amigo persoal de Francisco Franco, foi o nomeado para a
provincia de Lugo132
. Pedro Morales Pleguezuelo, o seu sucesor, procedía da provincia de
Huesca, onde desenvolvera o mesmo cargo que en Lugo133
. Enrique Rodríguez Lafuente, que
foi Gobernador Civil de Ourense entre xaneiro de 1939 e xaneiro de 1940, marchou a ocupar
128
As necrolóxicas publicadas na prensa galega e española demóstranse como fonte valiosa para coñecer as
especialidades laborais exercidas polos gobernadores civís galegos. A información sobre De la Rocha Riedel na súa
necrolóxica en El Pueblo Gallego, 3 de outubro de 1950, 5; de Muñoz de Aguilar na primeira información sobre o seu
nomeamento en El Pueblo Gallego, 19 de febreiro de 1938, p. 7; de Torres Bestard, en VV. AA (2005): 256. O detalle
biográfico de Arellano Igea, na publicación en éuscaro <http://www.euskonews.eus/0533zbk/efem53303es.html>
[Consultado o 9 de febreiro de 2019]. Sobre Sousa Méndez-Conde, véxase Hoy, 1 de marzo de 2013,
<https://www.hoy.es/20130301/local/caceres/excelencia-gobernador-civil-201303012314.html> [Consultado o 9 de febreiro
de 2019]. As primeiras informacións sobre Viñamata poden atoparse na súa necrolóxica en La Vanguardia, 1 de decembro
de 1981: 27. O dato sobre a súa profesión de Morales Pleguezuelo aparece na súa necrolóxica publicada en ABC, 12 de
abril de 1981: 78. 129
Sobre o seu pasado no ámbito local vilagarcián véxase o texto de VIANA MARTÍNEZ, V. (2008). 130
O seu nomeamento sitúao GRANDÍO SEOANE, E. (2017): 101 o 10 de decembro de 1936. O seu cese no BOE,
7 de xullo de 1937, 230: 1785. 131
O decreto polo que foi nomeado ditouse o 1 de xuño de 1937 no BOE, 7 de xullo de 1937, 230: 1785 O seu
cesamento decretouse o 8 de febreiro de 1938, publicado no BOE, 10 de febreiro de 1938: 5708. 132
Nomeado polo Decreto de 3 de marzo de 1937 publicado no BOE, 7 de marzo de 1937, 138: 619 e cesado polo
Decreto de 7 de decembro de 1939 no BOE 10 de decembro de 1939, 344: 6930. O decreto de nomeamento da provincia
de Lugo primeiramente ía dirixido a Francisco Sáenz de Tejada y Olozaga, que finalmente foi nomeado para o cargo en
Cáceres, precisamente de onde procedía Sousa Méndez-Conde. O equívoco, no BOE, 7 de marzo de 1937, 138: 619. O
detalle da súa amizade aparece citado en La Nueva España, 8 de xuño de 2016, <www.lne.es/oviedo/2016/06/08/fallece-
Leopoldo-Sousa-exgobernador-companero/1939166.html> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 133
O cese en Huesca no BOE, 8 de xaneiro de 1939, 8: 136. O seu nomeamento decretouse o 7 de decembro de
1939 e publicouse no BOE, 10 de decembro de 1939, 344: 6930 Cesou polo decreto de 9 de maio de 1941 no BOE, 11
de maio de 1941, 131: 3324-3325.
95
o mesmo posto a Segovia despois de ser cesado como máximo representante do Estado na
provincia interior134
. Outros homes seleccionados para Galicia ocuparon os postos de
gobernadores civís pola súa proximidade a Francisco Franco. Foi tamén compañeiro de
Francisco Franco Mateo Torres Bestard, o Gobernador Civil pontevedrés nomeado en
setembro de 1937135
. Actuou como axudante de Franco cando este estaba de Comandante
militar nas Baleares no ano 1933. Estes gobernadores abriron unha nova etapa de maior
duración dos homes ao mando nos seus cargos. Aínda que esta se constitúe na liña xeral, existen
excepcións entre as provincias galegas sobre esta premisa; excepcións que non deixan de
confirmar que a estabilidade comezou a impoñerse xa a finais de 1939. Estabilidade, canto
menos, no ámbito provincial. A fronte da guerra civil situouse lonxe das súas fronteiras, mais
Galicia quedou devastada no seu capital humano pola súa influencia. A actitude dos novos
gobernadores civís foi diferente á dos seus antecesores: o que lles importou foi a estabilidade
do bloque dos sublevados; coa consciencia de que existiron grandes problemas de xestión que
marcaron toda a súa traxectoria.
O novo Gobernador Civil da Coruña, Julio Muñoz de Aguilar, chegou á cidade o 24 de
febreiro de 1938136
. Nun acto que foi cualificado coma de extremada «sencillez», tomou posesión
do seu cargo ante o Gobernador Civil en funcións Ladislao Roig e o presidente da Audiencia
Provincial. As súas liñas programáticas explicounas noutro lugar: na sé de FET de las JONS.
Nese momento, o xefe provincial do Movemento era Gerardo Salvador Merino. Muñoz de
Aguilar foi carlista dende as súas orixes políticas, chegando a ser delegado de Prensa e
Propaganda da CT. Con ese cargo, fundou en San Sebastián o xornal La Voz de España. Cando
o partido se unificou en FET de las JONS, pasou a ser o director da Inspección Xeral de
Guipúscoa e xefe provincial do Movemento da mesma provincia. Non foi estraño o feito de
situar no Goberno Civil e na xefatura provincial do Movemento a persoas con diferente
ascendente político anterior á unificación en FET de las JONS. Noutras provincias españolas
describiuse esa mesma situación e interpretouse coma un intento entre xerarquías do partido e
do Estado de rematar unha unificación ideolóxica e política con dous elementos partidistas
opostos137
. Con todo, ante os falanxistas, Muñoz de Aguilar explicou que a tarefa de dirixir a
provincia fóralle asignada «por merecer del Caudillo». O novo Gobernador Civil foi consciente
de situarse ante unha tarefa dura, intensa, de «guardia permanente». Debería ser así, pois foi o
que correspondeu na retagarda en correspondencia ao que se viviu na fronte: o que el
denominou unha constante «ofrenda a la vida en cada paso». Para Muñoz de Aguilar non estivo
xustificado que en territorio consolidado polos sublevados este aspecto se perdese de vista. Esta
134
Enrique Rodríguez Lafuente foi nomeado polo decreto de 5 de xaneiro de 1939 publicado no BOE, 8 de xaneiro
de 1939, 8: 138 e cesado polo decreto de 30 de decembro de 1940 publicado no BOE, 5 de xaneiro de 1940, 5: 76. 135
Nomeado polo decreto de 14 de setembro de 1937 publicado no BOE, 22 de setembro de 1937, 337: 3474 e
cesado polo decreto de 31 de marzo de 1939 no BOE, 1 de abril de 1939, 91: 1870-1871. A súa amizade con Franco en
VV. AA (2005): 256. 136
Nomeado polo decreto de 17 de febreiro de 1938 publicado no BOE, 17 de febreiro de 1938, 484: 5819 e
cesado polo decreto de 9 de novembro de 1939 publicado no BOE, 13 de novembro de 1939, 31: 6356-6357. 137
Os momentos anteriores á unificación dos cargos sempre foron complicados, especialmente se o nomeado se
opoñía ideoloxicamente ao que representaba Falanxe. Unha situación coma esa describiuna GARCÍA RAMOS, D. (2003): 206
para a provincia de Palencia cun Gobernador Civil tradicionalista que gañou posicións contrarias dos falanxistas. As
diferentes «familias» da ditadura traballaron dende o comezo para «orientar o futuro do sistema político». O falanxismo era
combatido polos tradicionalistas e católicos polo seu intento de elaborar un modelo político totalitario, onde o control das
masas por medio das autoridades provinciais tería moita importancia.
96
retórica palinxenética de Muñoz de Aguilar afondouse coa retórica militarista na que el militou.
O corpo administrativo do que entrou a formar parte, o partido reconvertido en FET de las
JONS e os cidadáns de a pé, conformaron unha especie de Exército que tivo coma única misión
reconstruír España da ruína na que estivo sumida:
«Nosotros formamos ese gran Ejército de la reconstrucción de la Patria en el cual hemos de vivir
también militarmente, con disciplina, con sacrificio, con abnegación con heroísmo incluso cual
si estuviésemos en las trincheras con el fusil caliente».
Para Muñoz de Aguilar, o obxectivo debeu ser que todos aqueles que estivesen na
retagarda vivisen a realidade coma se estivesen na liña da fronte. En definitiva, o que quixo
transmitir Muñoz de Aguilar aos coruñeses foi que deberían chegar a «creer en España y labrar
por España»; elemento que se converteu na esencia política do novo Estado español. Un Estado
español que debería moverse polo impulso político de FET de las JONS, especialmente aquel
que segundo Muñoz de Aguilar estaba fundamentado no «pensamiento de los grandes maestros
de la Tradición española»138
.
En Ourense, a unión dos cargos de xefe provincial do Movemento e gobernador xa se
daba con Luis Viñamata Emanuele. Antes de ser nomeado Gobernador Civil en abril de 1938,
exercía xa o principal cargo do Movemento na provincia. O seu nomeamento produciu,
segundo a prensa local, na cidade «un buen efecto». Segundo as crónicas, que se podería esperar
dun home do que se dicía era «joven y de recto proceder», para facerse co control da provincia
interior de Galicia. Foi un avogado e, especialmente, «muy distinguido» entre os seus
concidadáns. Viñamata tería sido para a opinión pública da ditadura o exemplo do que debería
ser un Gobernador Civil nos pretendidos momentos finais da guerra civil —coma, de maneira
literal, falou dese momento cronolóxico o xornal provincial—:
«Viñamata, está igualmente sobre la demagogia que sobre la reacción, asentado en convicciones
firmes ganadas a través de un elaborado proceso intelectual y alimentadas por una personalidad
vigorosa y dúctil al propio tiempo».
O caso para a prensa local foi resaltar o ben que se axustou un ou outro falanxista aos
postos que foron nomeados. E coma mostra o seguinte eloxio que lle fixeron os cronistas
xornalísticos ao novo Gobernador Civil ourensán:
«Físicamente recuerda al dogo veneciano y al conquistador del Renacimiento italiano, medio
monje, medio Capitán. Tal vez le venga su aire gibelino de la ascendencia corsa, pues el linaje
de los Viñamata tiene una raíz en Córcega, la isla de donde han salido los más furiosos
conquistadores y los más piadosos clérigos».
Por se esa apoloxía do físico do home designado fose pouco, púidose corroborar dicindo
que o novo gobernador xogaba «excelentemente al tennis [sic]». Estudara en Italia e vivira en
Alemaña, Austria e Inglaterra. Aínda que estudou para avogado, nunca exercera pois «la
casuística legista es un tema completamente ajeno a sus aficciones [sic]». O retrato xornalístico
acabou dicindo que se divertía conversando sobre temas abstractos como a arte, a literatura e a
filosofía, especialmente de escolástica. O colofón descritivo do novo Gobernador Civil
138
La Voz de Galicia, 25 de febreiro de 1938: 3.
97
ourensán foi que «su generosidad se le sale como una catarata sobre los conceptos, los ademanes
y la conducta»139
.
A característica que diferencia a estes elementos novos que exerceron durante a guerra
civil dos anteriores é a súa militancia política ou proximidade con partidos de dereitas durante
a República. Foi despois da unificación de FET de las JONS cando se fixo necesario mostrar
que todos estiveron efectivamente unidos; e para iso, nomear a diferentes ramas ideolóxicas do
novo partido para cargos políticos converteuse no mecanismo predilecto. Mais a cuestión do
militarismo á fronte dun Goberno Civil non perdeu atractivo para a ditadura. Así, unha vez que
chegou o final da guerra civil en abril de 1939, o nomeamento como gobernadores civís a homes
que participaran nesa guerra constituíuse nunha marca de fidelidade e desexos de éxito na
xestión municipal.
139
O seu nomeamento no BOE, 24 de abril de 1938, 550: 6942 e o seu cese en BOE, 8 de xaneiro de 1939, 8: 138.
La Voz de Galicia, 27 de abril de 1938: 5. Amais de todo o anterior relatado pola prensa galega, en La Vanguardia, 1 de
decembro de 1981: 27 aparece destacado como «un destacado investigador de la historia medieval catalana». Proba diso son
(1973): Del Castell de Montornés d'ahir al Club d'avui: un llinatge al servei del país, Barcelona, Gràfiques El Tinell; e sobre
o seu gusto polo tenis xunto con ROS, P. (1951): Algo más y algo menos sobre el tenis, Barcelona.
98
4.2.3. UNHA GUERRA XA ACABADA: OS GOBERNADORES CIVÍS NA CONSTRUCIÓN DA
DITADURA FRANQUISTA EN GALICIA
Unha vez finalizada a guerra civil aparecen na historia de Galicia os nomes de nove
homes que foron militares ou participaron na mesma. Julio Muñoz de Aguilar, Emilio Aspe
Vaamonde140
e Rafael Hierro Martínez na Coruña141
; José del Valle en Lugo142
; Casiano Costas
Posada143
en Ourense e Manuel Gómez Cantos144
, Francisco García Alted145
, Francisco Rodríguez
Acosta146
e José Solís Ruiz147
en Pontevedra. Entre os demais atopamos a avogados —Antonio
Martín Ballesteros en Ourense e A Coruña148
; Ramón Ferreiro Rodríguez149
, José García
Hernández150
en Lugo—, un rexistrador da propiedade en Ourense —Vicente Muñoz Calero151
—
ou un enxeñeiro —Luis Ponce de León y Cabello152
. Un deles dedicou a FE de las JONS toda a
súa vida, sen que se coñeza que tipo de profesión exerceu con anterioridade: Genaro Riestra
Díaz153
, o Gobernador Civil de Pontevedra.154
140
Foi nomeado polo decreto de 9 de novembro de 1939 publicado no BOE, 13 de novembro de 1939, 317:
6356-6357 e cesado polo decreto de 5 de marzo de 1945 publicado no BOE, 17 de marzo de 1945, 76: 2064. 141
Decreto de nomeamento de 18 de marzo de 1949, BOE, 30 de marzo de 1949, 89: 1447 e Decreto de cesamento
de 16 de marzo de 1951, BOE, 17 de marzo de 1951, 76: 1154. 142
Nomeado polo Decreto de 15 de xullo de 1948, BOE, 26 de xullo de 1948, 208: 3486 e cesado polo Decreto
de 14 de xuño de 1957 no BOE, 26 de xuño de 1957, 164: 2588. 143
Nomeado polo decreto de 30 de decembro de 1939 publicado no BOE, 5 de xaneiro de 1940, 5, p. 76 e cesado
polo decreto de 10 de novembro de 1942 publicado no BOE, 15 de novembro de 1942, 319, p. 9227. 144
Nomeado polo decreto de 31 de marzo de 1939 publicado no BOE, 1 de abril de 1939, 91: 1870-1871 e cesado
por decreto do 25 de agosto de 1939, BOE, 27 de agosto de 1939, 239: 4703. 145
O decreto de nomeamento redactouse o 25 de agosto de 1939 no BOE, 27 de agosto de 1939, 239: 4703 e
cesado polo decreto de 5 de abril de 1940 no BOE, 10 de abril de 1940, 101: 2427-2428 146
Nomeado polo decreto de 5 de abril de 1940 no BOE, 10 de abril de 1940, 101: 2428-2429 e cesado polo de 8
de abril de 1943 no BOE, 11 de abril de 1943: 3192. 147
O decreto do seu nomeamento conta con data de 15 de xullo de 1948, BOE, 26 de xullo de 1948, 208: 3486 e
o seu cesamento decretouse o 8 de xuño de 1957, BOE, 17 de xuño de 1957, 168: 2902. 148
Para a provincia de Ourense, o seu nomeamento foi decretado o 10 de novembro de 1942 no BOE, 15 de
novembro de 1942, 319: 9227-9228 e cesado polo decreto de 1 de decembro de 1945 no BOE, 4 de decembro de 1945,
338: 3318 Na provincia coruñesa tomou posesión por medio do decreto de 1 de decembro de 1945, publicado no BOE, 4
de decembro de 1945, 338: 3319; cesou polo decreto de 18 de marzo de 1949 no BOE, 30 de marzo de 1949, 89: 1447. 149
Nomeado polo decreto de 17 de maio de 1941 publicado no BOE, 18 de maio de 1941, 138: 3545 e cesado
polo decreto de 18 de febreiro de 1943 no BOE, 16 de marzo de 1943, 75: 2402. 150
Nomeado polo decreto de 21 de marzo de 1948, BOE, 28 de marzo de 1948, 87: 1927 e cesado polo decreto
de 15 de xullo de 1948, BOE, 26 de xullo de 1948, 208: 3486. 151
Nomeado polo decreto de 1 de decembro de 1945 publicado no BOE, 4 de decembro de 1945, 338, p. 3319 e
cesado polo decreto de 8 de xuño de 1951 publicado no BOE, 24 de xuño de 1951, 175, p. 2990 152
Nomeado por medio do decreto de 16 de setembro de 1944, BOE, 18 de setembro de 1944, 262: 6860 e cesado
polo decreto de 15 de xullo de 1948, BOE, 26 de xullo de 1948, 208: 3486. 153
O decreto de nomeamento tiña a data de 8 de abril de 1943, BOE, 11 de abril de 1943, 101: 3193 e o do seu
cesamento a de 16 de setembro de 1944, BOE, 18 de setembro de 1944, 262: 6860. 154
Sete dos gobernadores civís exerceran cargos con anterioridade no mesmo posto ou idénticos dentro do ámbito
provincial. Así, cómpre considerar a Emilio Aspe Vaamonde, que fora Gobernador Civil de Valladolid en 1937. Despois
de deixar o seu posto na Coruña, marchou cara un clima máis benévolo: as Illas Canarias, onde foi Gobernador Civil de
Tenerife (nomeamento no BOE, 17 de outubro de 1946, 290: 7724 e cese no BOE, 19 de febreiro de 1950, 50: 782).
Antonio Martín Ballesteros xa fora Gobernador Civil de Ourense cando foi nomeado para o mesmo posto na Coruña. José
García Hernández fora presidente da Deputación de Guadalaxara antes de ser nomeado para Gobernador Civil de Lugo;
posteriormente ao destino lugués marchou ás illas afortunadas como Gobernador Civil das Palmas de Gran Canaria (BOE,
26 de xullo de 1946, 208: 3486 e BOE, 2 de agosto de 1951, 214: 3636). Unhas notas biográficas sobre a súa persoa atópanse
no ABC, 4 de xaneiro de 1974: 15-16 como complemento biográfico ao feito de ser nomeado Vicepresidente e Ministro de
Gobernación no goberno de Carlos Arias Navarro, a quen coñecía por ter sido este Gobernador Civil. Baixo o seu
99
Estes gobernadores chegaron cunha actitude diferente aos anteriores. A misión principal
dos gobernadores civís —segundo se infire dos epígrafes anteriores— foi o control da orde
pública nas súas provincias; a dirección da acción efectiva do goberno e da Administración cara
o fin último de gañar unha guerra; ou a necesidade de crear e consolidar unha estrutura
administrativa efectiva. Por esas tres razóns, os gobernadores civís que seguiron a estela de
acción dos seus antecesores, sumaron outros tres elementos que determinaron a súa acción
particular. O primeiro para todos eles —aínda que por ser o primeiro non foi o máis importante
para eles—, debeu ser a unidade de FET de las JONS en torno a súa figura. O segundo —
elemento este que si foi esencial para na súa xestión, acadando nalgúns momentos da historia
matices de fonda preocupación—, foi o imperativo de dar solución aos abastecementos de
alimentos nas provincias. Xa por último, o terceiro problema foi eliminar a oposición política
nas provincias en todas as súas manifestacións: dende as guerrillas dos montes ata os faladoiros
políticos nos cafés das capitais provinciais. Eses convertéronse nos eixos sobre os que xiraron
as accións de goberno dos primeiros homes das provincias. Unha lectura das primeiras palabras
que dirixiron aos cidadáns das provinciais baixo o seu mando indica que chegaron aos seus
respectivos territorios coa vontade firme de afrontar os tres problemas descritos; outra cousa,
como se verá máis adiante, é que foran capaces de facelo con efectividade155
.
O sucesor de Muñoz de Aguilar foi Emilio Aspe Vaamonde, o primeiro Gobernador
Civil coruñés que se mantivo máis dun ano no seu posto. Ben é certo que as circunstancias
políticas nas que foi nomeado foron moito máis beneficiosas cás dos seus antecesores: coa
guerra civil xa finalizada a estratexia de consolidación da ditadura franquista requiriu de persoal
fixo que se dedicase por extenso e en exclusiva a esa misión. Aspe Vaamonde foi un Tenente
coronel de Cabalería que contou con lazos de unión coa cidade herculina, onde segundo as
crónicas xornalísticas contou con vínculos entre as «distinguidas y honorables familias locales».
Ministerio. , foron executadas varias penas de morte, entre elas a de Salvador Puig Antich. José del Valle Vázquez fora
Alcalde de Santiago de Compostela antes de ser Gobernador Civil da provincia de Lugo. Casiano Costas Posada fora
secretario provincial de Orde Pública en Pontevedra en 1939 antes de ocupar a cadeira de Gobernador Civil de Ourense
(Informe del Jefe Provincial, s/d, AGA, SGM, DNP, 51/20558). Antes de chegar a Pontevedra, Francisco García Alted fora
Gobernador Civil de Málaga (BARRANQUERO TEXEIRA, E. (1994); Francisco Rodríguez Acosta fórao de Xaén (BOE, 1 de
abril de 1939, 91: 1870 e BOE, 10 de abril de 1940, 101: 2427-2428) e acabará sendo gobernador de Albacete (BOE, 11
de abril de 1943, 101: 3193 e BOE, 11 de febreiro de 1956, 42: 974). Efectivamente, outros comezaron a súa traxectoria
nos gobernos civís galegos para acabar noutras posicións. Vicente Muñoz Calero marchou do Goberno Civil de Ourense ao
de Valladolid (BOE, 24 de xuño de 1951, 175: 2990 e BOE, 12 de setembro de 1954, 255: 6165). Tamén dende Pontevedra
marchou Genaro Riestra Díaz, que foi nomeado Gobernador Civil de Biscaia (BOE, 18 de setembro de 1944, 262: 6860 e
BOE, 5 de setembro de 1957, 226: 4623). Á mesma rexión marchou tamén José Solís Ruiz, onde foi Gobernador Civil de
Guipúscoa (BOE, 17 de xuño de 1951, 168: 2902 e BOE, 19 de setembro de 1951, 262: 4318. Julio Muñoz de Aguilar
marchou da Coruña para ser Xefe da Casa Civil de Franco (BOE, 12 de outubro de 1939, 285: 5729). 155
Seguindo aquela perspectiva sobre a ditadura franquista coma un sistema político fascista CALVO VICENTE, C.
(1993): 20-23 localiza o momento da unión dos cargos de Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento coma o máis
próximo ao fascismo. Esta foi «unha das técnicas preferidas polos partidos fascistas para subverter ao Estado e soster os seu
dominio». Na provincia de Guipúscoa, que é o caso que ela estudou, a unificación produciuse en maio de 1941. Máis adiante
no tempo, SANZ HOYA, J. (2014): 59-60 fixo unha lectura diferente do suposto presentado por CALVO VICENTE. A unión
non tería sido tanto unha conquista do poder por parte do Estado sobre o partido, máis ben todo o contrario. O falanxismo
viñera reclamando esa unión dende o inicio da guerra; e resultou ser, segundo SANZ HOYA, unha vitoria para FET de las
JONS, que tería conseguido nomear para os cargos, de maneira «case automática», a elementos falanxistas. Neses
nomeamentos xogou un papel esencial a Secretaría Xeral do Movemento que, xunta o Ministerio da Gobernación,
controlaron a función do Gobernador Civil. Dende as lecturas da intelectualidade franquista, DEL MORAL, J.M. (1961): 15,
escribiu que a unión dos cargos deulle ao gobernador-xefe provincial o nivel de «persoal representación provincial que
unidade á do goberno [á acción, refírese] que legalmente ostenta». Grazas a esa situación, o gobernador-xefe provincial sería
«capaz de encarrilar e xustificar actitudes que puideran parecer contraditorias».
100
Antes de ser nomeado Gobernador Civil foi director da Academia de Cabalería de Valladolid
e director do Museo Militar desa cidade. Como militar, colocárano á fronte do Rexemento de
Farnesio onde «conquistó laureles en la guerra y en la paz». Nos primeiros compases da
sublevación militar de xullo de 1936, exerceu como axudante do golpista Saliquet. Antes de
chegar á Coruña, exerceu como Gobernador Civil na cidade de Valladolid. Segundo as
informacións que chegaron daquela cidade sobre o proceder de Aspe Vaamonde, dicíase que
era un home estimado polas súas «dotes de mando y gran comprensión de los problemas
civiles», nos que obtivo un gran resultado acabando co problema da mendicidade, «resuelto
mediante una justicia serena y un desprendimiento sin límites». Chegou á Coruña en novembro
de 1939, desexoso de que os coruñeses depositaran a súa confianza e o seu afecto nel. As súas
liñas de actuación quedaron claras nas primeiras declaracións que fixo nada máis descender do
tren: «abastos, policía de costumbres, campaña moralizadora, [...] A la falta seguirá
inmediatamente la sanción». As primeiras palabras do novo gobernador serviron para avisar a
todos os coruñeses156
. Así, segundo a crónica xornalística da cidade, cando Aspe deixou o seu
posto en marzo de 1945 a opinión xeral entre a opinión pública da Coruña foi de respecto,
admiración e cariño polo que foi o primeiro mandatario do territorio coruñés. A opinión foi
que actuou no seu cargo coma «un leal y eficiente colaborador en la política del Caudillo y los
altos intereses de España»157
. Na provincia coruñesa intentou acabar tamén coa mendicidade e
os problemas de abastecementos, iniciando o camiño para os seus sucesores. A opinión pública
describiu que tal foi o cariño que levantou entre os coruñeses, que lle foi concedida a Gran Cruz
del Mérito Civil da provincia. Foille desexado o mellor no persoal e no profesional: da provincia
da Coruña marchou cara as illas Canarias.
O substituto de Aspe Vaamonde foi Jesús María de Iraola Palomeque. Este pamplonés
e enxeñeiro de montes ingresou en FE de las JONS en novembro de 1935, participou na guerra
civil como Oficial de Complemento e, despois desta, foi delegado provincial de Sindicatos e da
Vieja Guardia na provincia de Segovia. Tomou posesión do seu cargo en abril de 1945 e chegou
coa misión de continuar o traballo dos seus antecesores. Porque Iraola Palomeque foi o
primeiro Gobernador Civil da Coruña que combinou ese posto co de xefe provincial do
Movemento. Diego Salas Pombo mantívose no cargo de xefe provincial ata abril de 1945, coa
consabida bicefalia entre os dous postos de control provincial con tanto peso específico. Iraola,
co fin de deixar claro para que estaba alí, expresou que a unión dos dous cargos era a
manifestación clara da «precisa» unidade de acción necesaria para o «engrandecimiento y la
libertad de España». Foi necesaria pois a «unidad» dos falanxistas da provincia158
.
156
La Voz de Galicia, 22 de novembro de 1939: 2. 157
La Voz de Galicia, 18 de marzo de 1945: 6. 158
Nomeado polo decreto de 5 de marzo de 1945 no BOE, 17 de marzo de 1945, 76: 2064. La Voz de Galicia, 10
de abril de 1945: 1. A tardanza na unificación do cargo de Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento na provincia
coruñesa non foi estraña no conxunto de España. Se nas tres provincias galegas a unificación se executou antes desa data,
na Rioxa, por exemplo, RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 212 describe que o cargo fora unificado un ano antes, en decembro
de 1944. En Álava, CANTABRANA MORRAS, I. (2004): 142 indica que o primeiro gobernador-xefe provincial foi nomeado
en xullo de 1943. Nas Baleares, a unificación deuse en 1942, segundo describe MAS QUETGLAS, J. (2003): 112. Noutras
provincias produciuse un fenómeno curioso. GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2003): 78-102 describe que en Cidade Real, os
cargos estaban unificados dende 1940, pero que a inicios de 1944 volvéranse a separar. As tensións entre as xerarquías
provinciais do partido e o Gobernador Civil foron tan fortes que provocaron esa separación. A situación durou ata novembro
101
Antonio Martín Ballesteros xa non atopou o problema da separación entre Gobernador
Civil e xefe provincial do Movemento cando accedeu aos cargos en decembro de 1945. Martín
Ballesteros foi un maxistrado de traballo natural de Calatayud que participara coma voluntario
na guerra civil acadando o grao de Capitán. Foi xefe local do Movemento en Vergara, Navarra;
delegado provincial de Xustiza e Dereito en Bilbao e Gobernador Civil e xefe provincial do
Movemento de Ourense, cargo previo a ser nomeado gobernador da Coruña. Segundo as súas
propias declaracións, o eixo fundamental do mando de Ballesteros foi a «unidad y disciplina»
que a todos os coruñeses lles foron reclamadas. Segundo Ballesteros, no momento no que a el
lle tocara ocupar o posto, a Falanxe debería permanecer unida arredor de Franco e co
«pensamiento puesto en España»159
. A Martín Ballesteros correspondeulle organizar na
provincia coruñesa as primeiras eleccións municipais por terzos, o que supuxo o primeiro punto
de inflexión na política local galega. En marzo de 1949, tres meses despois desas primeiras
eleccións da democracia orgánica, foi cesado do cargo. Abandonouno, segundo a prensa, como
non podía ser doutro xeito, co máximo pesar de todos os coruñeses.
Con igual sentimento e vontade de actividade chegou a Lugo Santiago Vallejo Heredia
en maio de 1943160
. Natural de Santo Domingo de la Calzada, no momento de tomar posesión
do seu cargo tiña 28 anos. A súa extremada xuventude non lle impediu desenvolver cargos de
importancia dentro do organigrama de FET de las JONS. Pertencía por dereito á Vieja Guardia
e era subinspector de depuración do partido. Era licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, así
coma rexistrador da propiedade e notario. Participou na guerra civil como Alférez provisional
de Infantería. Por ter sido membro destacado de FE de las JONS, sufriu «persecuciones y
detenciones, evadiéndose de la zona roja». O novo gobernador xa residira en Lugo con
anterioridade na súa mocidade. Ler o que dicía a prensa sobre a súa figura provoca a sensación
de que todo parecía pouco para describilo: de tan novo que era, case resultaba imposible facerse
unha idea do seu «bagaje intelectual y de cultura difícilmente igualado». Amais de todas as
profesións xa citadas con anterioridade, foi tamén mestre nacional, o que causou un fondo
abraio entre os seus novos veciños que a prensa describiu da seguinte maneira: «ha llegado a la
cumbre a la edad en que otros hombres se inician en la preparación de las tareas científicas».
Vallejo Heredia foi consciente de que para exercer o seu cargo necesitaría unidade de acción,
que foi a unidade que o Caudillo requiriría. Atendendo á descrición ofrecida pola prensa, se xa
era un mozo case perfecto polas súas aptitudes intelectuais, a cuadratura do círculo acadouna
co seu marcado sentimento católico: a súa «primera visita había sido para el Santísimo
Sacramento a quien pidió su protección para el presente y para el futuro»161
. Vallejo Heredia foi
o primeiro Gobernador Civil de Lugo que permaneceu no posto máis de dous anos. O seu
sucesor, José García Hernández só se mantivo uns meses: de marzo a xullo de 1948.
José García Hernández era natural de Guadalaxara. Sempre próximo aos ámbitos da
Falanxe fora «perseguido por los rojos» antes da sublevación de xullo de 1936, o que o obrigara
de 1944 cando se volveron unificar os cargos. O seu cesamento foi decretado o 1 de decembro de 1945 e publicado no
BOE, 4 de decembro de 1945, 338: 3318. 159
La Voz de Galicia, 7 de decembro de 1945: 2. 160
Foi nomeado polo decreto de 27 de maio de 1943 publicado no BOE, 11 de xuño de 1943, 162: 5640 e cesado
polo decreto de 21 de marzo de 1948, BOE, 28 de marzo de 1947, 87: 1927. 161
El Progreso, 16 de xuño de 1943: 4.
102
a refuxiarse na legación de Finlandia de Madrid. De alí pasou ao cárcere e San Antón cando a
embaixada foi asaltada. Despois de toda a súa experiencia durante a guerra civil, foi nomeado
presidente da Deputación provincial de Guadalaxara, da que foi tamén representante nas
Cortes. No momento de ser nomeado para o cargo de Gobernador Civil, contaba con 32 anos.
A parte de ser Gobernador Civil foi xefe provincial do Movemento de Lugo, cargo que se
unificou baixo o mandato Ramón Ferreiro. En calidade de xefe provincial do Movemento
dirixiuse aos membros do partido e a toda a provincia. A maneira na que iniciou o seu discurso
resulta reveladora do seu pensamento:
«[...] la legitimidad que asiste a nuestro Caudillo Franco en el ejercicio de la suprema
Magistratura del Estado, fustigando las maniobras de quienes, con pleno desconocimiento del
alma española o movidos por bastardos intereses, tratan de abrir brechas entre los españoles y
poner obstáculos en la marcha ascendente de nuestra Patria».
A reiteración ao concepto de unidade é absoluta en todos os gobernadores civís galegos.
A unidade debeu artellarse en torno a Franco por medio de FET de las JONS. O partido
debería ser o gardador, en palabras de García Hernández, do «testamento de nuestros muertos».
Segundo o seu pensamento, aos falanxistas correspondeu:
«[...] enfrentarse con la ola de frivolidad e injusticias que pretende enseñorearse del mundo para
lo cual sólo la recta conducta de cada uno, orientada hacia la justicia tal como la definen nuestros
postulados fundamentales y la ley de Dios, puede ser la clave para que España llegue a la cumbre
de su gloria en favor del bienestar de todos los españoles».
Esta retórica prendida permite entender o carácter fondamente falanxista do novo
Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento de Lugo. A retórica despregada deixou claro
que os obxectivos estiveron postos na unión e na comuñón dos lugueses para axudar ao
engrandecemento da provincia galega. Aos falanxistas non se lles podería permitir «ningún
ataque a Franco» e deberían traballar arreo para «rechazar» todos aqueles movementos
encamiñados a destruír —«socavar» foi o verbo predilecto nos discursos das xerarquías do
Movemento—, os «fundamentos en que se basa la aspiración del nuevo Estado por cuya
implantación supieron caer los mejores»162
. Este despregue de retórica falanxista ben puido
preludiar unha estancia duradeira de García Hernández na provincia de Lugo. Mais o que puido
parecer unha posible longa duración e vivencia na cidade da muralla, acabou sendo unha curta
estancia. O seu destino seguinte foi a gobernación das Palmas de Gran Canaria. O segundo
Gobernador Civil de Galicia que marchaba ao outro lado de España.
Unha vez finalizada a guerra civil, a provincia galega que viviu un maior movemento de
gobernadores civís foi Pontevedra. O substituto do amigo de Franco, Mateo Torres Bestard, foi
Manuel Gómez Cantos. Pouco tempo se mantivo no cargo Gómez Cantos como Gobernador
Civil da provincia pontevedresa. Chegado en abril de 1939 —e segundo a crónica xornalística
«inesperadamente»—, a súa primeira iniciativa coma gobernador foi dar «órdenes a los alcaldes
para que las tabernas se cierren a las nueve de la noche, los bares y restaurantes a las once y los
cafés y casinos a las doce y media». A primeira decisión executiva do Gobernador Civil Gómez
Cantos clarifica o seu interese no control da moralidade dos pontevedreses e no necesario
162
El Progreso, 12 de abril de 1947: 1.
103
control da opinión da opinión pública provincial. Gómez Cantos demostrou que non quería
permitir que se fixesen comentarios que «perjudiquen la labor patriótica del Gobierno del
Generalísimo Franco» por parte de «antiespañoles y caciques que en conversaciones largas de
pura vagancia» se permitiron o luxo de opinar sobre o que non sabían. O novo Gobernador
Civil manifestou o que lle esperaría a esa xente no caso de ser detectada: «su salida fulminante
de la misma [da provincia], medida que tomaré sin respetar clases ni personas». Para o novo
gobernador debeu que quedar claro, sen ningún tipo de dúbidas, que a provincia de Pontevedra
«es española de Franco y es de esperar que cumpla con espíritu de verdadero patriotismo»; así
o desexou o gobernador163
. Este gobernador chegou con esa actitude belixerante por ter sido
nomeado, precisamente, para acabar cun dos problemas de orde pública que chuchaba a
provincia de Pontevedra: o da guerrilla. Gómez Cantos era un Tenente da Garda Civil do que
era ben coñecida xa a súa inclinación pola violencia e a forte represión contra aqueles que se
mostraron contrarios ou opositores. Probablemente a súa curta duración no cargo foi
precisamente a súa inclinación cara a violencia represiva extrema. En Estremadura, a onde
marchou despois para exercer de Garda Civil, non se garda aínda hoxe bo recordo da súa
figura164
. A razón que se deu para explicar a saída de Gómez Cantos foi o seu estado de saúde.
Gómez Cantos deixou unha pegada indelébel na política provincial pontevedresa: chegou á
provincia nos últimos días da guerra civil e inaugurou a difícil posguerra pontevedresa.
Despediuse dos pontevedreses «altamente satisfecho». Definiu aos cidadáns da provincia coma
xente colaboradora, cariñosa, leal, subordinada e disciplinada. Pediulles que foran de igual
maneira co seu substituto, «buen camarada de España y de nuestro Caudillo»165
. En definitiva,
segundo o balance da prensa provincial, Gómez Cantos foi un home que non consentiu
«mediaciones, ni intimidaciones»; sempre preocupado polos cidadáns pontevedreses que se
achegaban a el a pedirlle favores e intervención nos seus problemas persoais. Todos viron nel
o «claro afecto que le profesaba su provincia»166
.
O substituto de Gómez Cantos, Francisco García Alted mantívose no posto durante oito
meses. O novo gobernador compartiu profesión co anterior: foi un «prestigioso» Capitán da
Garda Civil, que completou cun «fervoroso elemento de FET de las JONS». Ademais, coñecía
a Gómez Cantos de servir os dous na provincia de Málaga: Gómez Cantos coma Garda Civil e
García Alted coma Gobernador Civil de Málaga. O feito de que os dous se coñecesen, dende
a visión da prensa provincial, non puido ser máis que o bo indicio dunha persoa de «ámplios
[sic] conocimientos, recta y justa»167
. O 11 de setembro de 1939 tomou posesión do cargo nada
máis poñer o pé na cidade do Lérez. Unha das primeiras cousas que fixo o novo gobernador
foi visitar aos xornalistas provinciais. O de Faro de Vigo quedou abraiado coa personalidade do
primeiro cidadán provincial. Así se desprende da descrición que fixo del: un home culto,
simpático e posuidor dunhas «dotes de mando poco comunes». Tal foi así, que saíu de Málaga
163
Faro de Vigo, 15 de abril de 1939: 1. 164
Sobre o aspecto atribuído a que foi enviado para acabar co problema da guerrilla na provincia de Pontevedra,
chegou a esa conclusión ABAD GALLEGO, X.C. (2005). Para coñecer, de maneira detallada o papel de Gómez Cantos na
rexión de Estremadura, e a pegada que deixou nesa rexión, despois de abandonar o Goberno Civil de Pontevedra está o
traballo de GARCÍA CARRERO, F.J. (2012) 165
Faro de Vigo, 6 de setembro de 1939: 2. 166
Faro de Vigo, 29 de agosto de 1939: 2. 167
Faro de Vigo, 29 de agosto de 1939: 2.
104
baixo o «aplauso general» de todos os malagueños debido á súa excelente xestión da provincia
en tempos tan duros. Iso valéralle, segundo Faro de Vigo, obter a «más absoluta confianza del
Gobierno Nacional»168
. Confianza que o levou a Pontevedra para exercer o seu cargo. Despois
de abandonar a máxima xerarquía da provincia pontevedresa, o seu futuro pasou por marchar
coma voluntario na División Azul.
Francisco Rodríguez Acosta foi o que rompeu coa dinámica de curta duración dos
gobernadores de Pontevedra imposta dende a saída de Gómez Cantos. Francisco Rodríguez
Acosta foi un Comandante de Infantería cuxa primeira batalla se produciu na guerra de África.
Durante a ditadura de Primo de Rivera exerceu coma delegado gobernativo na provincia de
Xaén, provincia á que se viu ligado dende ese momento. Tendo solicitado o retiro voluntario
do Exército coa proclamación da República, converteuse no organizador da Falanxe desa
provincia. Formou parte do Consello Nacional de Falanxe —foi un dos primeiros de todo o
territorio español—, e foi encarcerado despois das eleccións de 1936 tras presentarse como
candidato ao Congreso. Na prisión de Xaén estivo ata «quince días antes de estallar el Glorioso
Movimiento Nacional»169
. Unha vez que a capital provincial xienense foi dominada polos
sublevados, converteuse en xefe provincial do Movemento e Gobernador Civil da mesma.
Dende Xaén chegou a Pontevedra, onde foi o primeiro en combinar os dous mandos
provinciais. Tomou posesión do seu cargo o 18 de abril de 1940 e o primeiro que fixo foi
dirixirse por carta a todos os alcaldes da provincia. O que lles solicitou, en esencia, foi que
estivesen próximos a el para colaborar nos «momentos difíciles de reconstrución nacional» que
lles tocara vivir170
. De Pontevedra marchou a Albacete para exercer o mesmo cargo.
O seu substituto foi Genaro Riestra Díaz, un home nacido en México, que estudara en
Xixón cando era mozo e que acabou sendo delegado do Servizo Exterior de FET de las JONS
no país azteca. Segundo o retrato que del se fixo dende a prensa, foi un home «especializado
en cuestiones Hispano-Americanas» e foi un dos primeiros «camaradas que llevó a América la
doctrina de la Falange antes del 18 de julio». Por esa razón fora expulsado do país azteca e de
Cuba, a onde marchara, para regresar a España cando se iniciou o Alzamento, pola presión na
illa dos republicanos españois. Dado ao seu coñecemento do ámbito hispano no mar Caribe
foi nomeado «Jefe territorial de FET y de las JONS en las Antillas». Despois diso foi destinado
ao posto de cónsul xeral en Cuba. En 1941 regresou a España e para ser designado secretario
nacional do Servizo Exterior, sendo o creador das Falanxes do Mar. No momento de ser
nomeado Gobernador Civil de Pontevedra, exercía de delegado nacional extraordinario de
Repatriación. A descrición da prensa provincial pontevedresa da como resultado a imaxe dun
falanxista comprometido coa causa do partido dende os seus inicios:
«[...] Falangista doctrinal, de una incansable laboriosidad, con excelentes dotes de organizador y
de una férrea voluntad de superación, sus preocupaciones sociales le caracterizan por el realismo
de sus actuaciones»171
.
168
Faro de Vigo, 20 de setembro de 1939: 1. 169
Faro de Vigo, 19 de abril de 1940: 4. 170
Faro de Vigo, 21 de abril de 1940: 2. 171
Faro de Vigo, 30 de abril de 1943: 1.
105
Se os galóns de Riestra Díaz foron destacables, os do seu sucesor non puideron ser
menos. Luis Ponce de León Cabello foi nomeado en setembro de 1944 para o posto de
Gobernador Civil. Máis adiante volverase a falar de Ponce de León, pois antes de ocupar o
posto de gobernador exerceu de Alcalde da cidade do Lérez. Ponce de León era un enxeñeiro
de camiños e pertencía ao corpo xeral do Ministerio de Obras Públicas. Durante a República,
en 1932, foi suspendido do seu traballo polos seus superiores, sen que as fontes permitan
determinar as razóns de dita suspensión. Cando tomou posesión do cargo, reafirmou a súa
vontade de continuar coa labor do seu antecesor. Para conseguir ese obxectivo pediu a
colaboración dos seus camaradas para que puxeran o «mismo entusiasmo y el corazón
pensando en el honor y en la prosperidad patria»172
.
«Yo abro mis brazos y mi corazón para pedir a todos aquellos pontevedreses de buena voluntad,
que creyendo en Dios amen a España y estén dispuestos a servir fielmente a Franco, su
comprensión y ayuda, base fundamental de la unión que nos ha de llevar a la consolidación
definitiva de la grandeza y responsabilidad de nuestra querida Patria».
Para poder lograr a súa meta pediulles aos «incrédulos de siempre o a los pusilánimes del
momento» que se «aparten, si quieren, de nuestro camino». Un camiño que, segundo el, era
unicamente «el de la Falange y un sólo servicio, Dios, España y Franco»173
.
172
Faro de Vigo, 19 de setembro de 1944: 1. 173
Faro de Vigo, 21 de setembro de 1944: 1.
106
4.2.4. OS GOBERNADORES CIVÍS DA DEMOCRACIA ORGÁNICA
Estes foron os gobernadores do que se podería chamar a primeira etapa da instauración
do modelo político local español. Estes gobernadores foron os que tiveron que enfrontarse aos
problemas políticos, económicos e sociais que sufriron as súas provincias durante a guerra civil
e despois desta, na posguerra. Os seus mecanismos de acción foron activos: deberon atacar os
desvíos que atoparon na construción do Estado ditatorial franquista e que se presentaron en
forma de rivais políticos locais ou de disputas de orde pública ou de abastecementos. Pódese
afirmar que foi a época de actividade menos administrativa de todas as que viviu a ditadura,
entendendo por menos administrativa aquela na que a labor da pura administración se
visualizou menos. Con todo, esta existiu sempre de maneira evidente, pois as instrucións para
configurar o aparello de acción política local chegaron de maneira constante dende Madrid.
Pero o seu peso específico quedou reducido aos problemas políticos entre os diferentes actores
a nivel provincial. Quizais, o principal atranco fronte ao que estiveron os gobernadores civís
galegos desta primeira parte da ditadura franquista foi a dicotomía que existiu entre a súa figura
e a do xefe provincial do Movemento174
. O partido contou cunha estrutura —formada por
delegacións que abrangueron todos os ámbitos políticos, económicos e sociais—, que sempre
foron moi útiles para o funcionamento da ditadura. Unha vez que se produciu a unificación de
cargos, o gobernador puido controlar todas estas ferramentas que se converteron, por extensión,
en ferramentas de control político e social. O Movemento, a parte de informar sobre todo
aquilo polo que foi preguntado, converteuse nunha máquina burocrática de gran apoio para a
labor do Gobernador Civil. O partido foi o caxato no que se apoiaron os gobernos civís para
afrontar o primeiro reto político que se propuxo a ditadura: as primeiras eleccións por terzos
que elixiron aos xestores de deputacións e concellos.
Esta segunda etapa podería denominarse de consolidación da política local da ditadura.
Os gobernadores, co paso do tempo, foron capaces de facerse co control do partido, de
dominalo. Esa posición de dominio permitiulles contar ao seu redor con persoas que coñecían
con detalle o funcionamento da provincia: souberon das diferentes redes de intereses que se
moveron dentro e entre os concellos provinciais. Así, cando o gobernador debeu acometer un
cambio nunha xestora dun concello o cal nunca visitara ou —incluso e máis probable—, que era
a primeira vez que escoitaba falar del, puido apoiarse no consello deses homes máis próximos.
O Gobernador Civil puido botar man dos documentos persoais de FET de las JONS e das
informacións conservadas nos arquivos propios da Garda Civil. Tanto as recomendacións dos
gurús políticos coma a información gardada nos arquivos do Movemento, configuraron a
creación das listas electorais para as eleccións municipais por terzos que se celebraron entre
174
O poder provincial estaba sometido a unha clara bicefalia, que levou a unha constante loita polo poder entre os
gobernadores civís e as xerarquías provinciais de Falanxe. Para o caso de Alacante, SANZ ALBEROLA, A. (1999): 92-103, fala
dunha «coalición reaccionaria»: o mecanismo de poder provincial controlado polos poderes do Goberno Civil e de FET de
las JONS. Dúas cabezas controlando o ámbito civil era un problema para o correcto desenvolvemento da actividade política,
razón pola cal se fixo necesario abordar o tema da unificación do mando. O Gobernador Civil de Alacante que se converteu
no primeiro en conxugar o cargo co de xefe provincial do Movemento, tivo a complicada tarefa de manter o equilibrio entre
falanxistas e carlistas. Os falanxistas, véndoo coma un elemento alleo a eles, saltábanse o seu papel mediador contactando
directamente coas altas xerarquías. Esta situación provocou que o seu sucesor tomara a determinación de depurar
activamente o partido e de realizar actos propagandísticos. A parte disto, executou a unificación do cargo de Alcalde co de
xefe local do Movemento.
107
finais de novembro e principios de decembro de 1948 e 1951. Foilles fundamental saber con
quen contaron pois as eleccións foron vistas pola propia ditadura coma un posible mecanismo
que os opositores poderían empregar para entrar nas institucións. Por iso, o proceso de
elaboración das listas para o terzo de cabezas de familia tivo moi presente os antecedentes de
cada un dos candidatos. Unha tarefa fundamental foi analizalos correctamente para que ninguén
alleo ao Movemento penetrara no sistema. Este aspecto e o control do censo foron os traballos
que ocuparon ás xefaturas provinciais e aos gobernadores civís ao longo de 1948 e 1951175
.
Na provincia da Coruña, o responsable das eleccións foi Antonio Martín Ballesteros. En
Lugo foi José del Valle Vázquez, un home que xa tiña experiencia na xestión en Galicia: fora
Alcalde de Santiago e, ademais, viña de ser Gobernador Civil en Cuenca. De filiación carlista
dende antes do Alzamento, Del Valle Vázquez chegou a Lugo co «grato recuerdo de su gestión»
na cidade de Santiago. Foi moi parco nas súas primeiras palabras á provincia: «colaboración de
todos para regir los destinos de esta provincia velando por su engrandecimiento y el bien de la
patria»176
. En Pontevedra, José Solís Ruiz —avogado e Comandante auditor do corpo de
secretarios dos sindicatos—, dirixiu a provincia e o proceso electoral por terzos. No momento
de tomar posesión do seu cargo era vicesecretario nacional de Ordenación Sindical na
Delegación Nacional de Sindicatos. Cando tomou posesión do cargo de Gobernador Civil o 7
de agosto de 1948, comezou o seu discurso afirmando que tiña moi poucas virtudes, pero que
unha delas era a de «trabajar día a día sin desmayo, haciendo que trabajen conmigo todos y cada
uno en su puesto». O obxectivo de traballar foi polo de sempre: a unidade «que para todo es
precisa»177
.
Con todos estes gobernadores pasaron as provincias ao ano 1951, onde se produciron
as seguintes eleccións municipais por terzos. Despois, todos foron mudados excepto José del
Valle Vázquez, que se mantivo á cabeza da provincia de Lugo ata xuño de 1957. Na Coruña,
Martín Ballesteros foi substituído en marzo de 1949 polo coronel de Infantería Rafael del
Hierro Martínez. En Ourense, Vicente Muñoz Calero foi substituído por Pedro Ibisate Gorría,
un Tenente coronel carlista que contou como maior galón a participación na guerra civil na
batalla do Ebro178
. José Solís Ruiz, en Pontevedra, permaneceu no posto ata xuño de 1951,
cando foi substituído por Elías Mario Palao Martialay, un Tenente médico do Exército179
. Estes
últimos nomeamentos parecen indicar que o oficio de militar volveu a ser o requirido polo
Goberno para o cargo de Gobernador Civil. Segundo a lóxica da ditadura, non houbo un
175
O Movemento galego viuse necesitado dun correcto control da sociedade ao seu mando. Os arquivos de FET
de las JONS —elaborados polo servizo de Información e Investigación—, da Garda Civil e das autoridades eclesiásticas,
constituíronse nun elemento esencial de selección e control social. A poboación estaba «controlada» polo aparello
institucional do Movemento. CABANA IGLESIA, A. (2009): 77-79 explica que a recollida de información non afectaba
unicamente a aqueles «que se consideraran perigosos para o réxime polo seu pasado ou por unha actividade potencial».
Todos terían sido vixiados coa finalidade de controlar á sociedade, podendo falar a autora dunha «arma abafante» de control
social. O indicado nas liñas que pecha esta chamada camiña na liña mostrada por CABANA IGLESIA. O partido, ademais de
facer uso de Información e Investigación, serviuse da Fronte de Xuventudes, da Sección Feminina, da CNS, da Organización
Sindical ou das Irmandades de Labregos e Gandeiros para encadrar e definir aos galegos. 176
El Progreso, 3 de agosto de 1948: 1. 177
Faro de Vigo, 8 de agosto de 1948: 1. 178
Nomeado polo decreto de 8 de xuño de 1951, BOE, 27 de xuño de 1951, 175: 3031 e cesado polo decreto de
10 de abril de 1953 no BOE, 2 de maio de 1953, 122: 2484. 179
O seu nomeamento foi decretado o 8 de xuño de 1951 no BOE, 17 de xuño de 1951, 168: 2902 e o seu
cesamento polo decreto de 2 de febreiro de 1956 no BOE, 11 de febreiro de 1956, 42: 975.
108
modelo mellor para cumprir o que todos os seus antecesores reclamaron aos cidadáns de cada
unha das provincias: unidade de mando e organización, para poder dar a España unha
administración política, económica, social e cultural efectiva; unha organización nova para unha
nueva España. Dende este momento do inicio da democracia orgánica, o traballo dos
gobernadores volveuse burocrático. Boa proba diso é a tipoloxía documental que se conserva
destes momentos a partires de 1951. Os informes detallados comezaron a desaparecer, dando
paso a informes máis breves e estruturados en temas de resposta pechada que non permiten ver
o fondo dos problemas provinciais. É o momento do inicio da burocracia gobernativa plena.
A partir de aquí, o que comeza é o relato dos anos de posguerra e de consolidación da
ditadura franquista en Galicia a través das fontes que quedan ao dispor das consultas. Un relato
dende dentro no que os homes descritos nas liñas anteriores exerceron un papel moi
importante; mais non o de protagonista. Este é un relato coral, no que os actores que parecen
ser principais poden ser rapidamente eclipsados polas novas incorporacións. Este é un relato
dende dentro, pero que garda a compoñente sempre presente da subxectividade do que escribiu
as cuartillas coa estampa oficial que quedaron custodiadas nos arquivos. Con todo, pode ser o
máis preto que se poida estar de coñecer o verdadeiro relato sobre a implantación da ditadura
franquista a nivel local na Galicia urbana.
109
4.3. O gobernador ante a provincia e o partido
4.3.1 1936-1939: OS PRIMEIROS PASOS NA CONSTRUCIÓN DA DITADURA. UNHA GUERRA
CIVIL, A TOMA DE POSESIÓN DOS CARGOS MUNICIPAIS E A DIFICULTADE DE ATOPAR AOS
HOMES NECESARIOS
Son escasas as fontes administrativas que quedan nos arquivos sobre os primeiros meses
e anos da implantación da ditadura franquista en Galicia. A fonte que serve de axuda para a
aproximación e comprensión da dinámica destes momentos é a prensa. O primeiro que fixeron
os gobernadores civís galegos foi facerse co control das institucións sobre as que foron
mandados a gobernar. Os comandantes militares das provincias encargáronse de ditar os
correspondentes bandos que declararon o estado de guerra. Galicia foi un territorio que quedou
inmediatamente sumido na retagarda sublevada. Esa condición provocou que en cidades como
A Coruña se falase de normalidade na vida diaria unha vez producido o Alzamento.
«El miércoles fue un espléndido día de sol. Abrieron algunos comercios y las gentes se animaron
a salir a la calle para apreciar los daños de los infinitos disparos de la víspera. Acababa el día en
medio de una confortadora tranquilidad cuando hacia Riazor y otros puntos sonaron disparos
—reaparición de los “pacos”— iniciándose otra vez un denso tiroteo por la natural réplica de
soldados, guardias, conocidos jóvenes militarizados y Guardia Civil y Carabineros. Llegada la
noche todo cesó. Ayer ya no hubo nada más inquietante que registrar. Fueron barridas las calles
y los paqueos perdieron intensidad, sobre todo de noche. El vecindario pudo descansar
tranquilo. Las precauciones son grandes, como la vigilancia»180
.
Na cidade herculina abriron os teatros, actuou a banda municipal, circularon os tranvías,
abriron os comercios. O obxectivo das noticias xornalísticas locais e das diferentes informacións
recollidas pola prensa foi transmitir unha pretendida normalidade social e política; que, segundo
o relato que segue, pretendeuse construír como absoluta. A consecución dese obxectivo
propagandístico requiriu que as crónicas louvasen ao denominado «buen pueblo [que], sin
perder ni un instante la serenidad» e consciente da situación extraordinaria que estaba a vivir,
púxose a presta disposición das autoridades militares que controlaron a cidade; «y con el más
noble espíritu rechazó perfidias y actuó como el corazón y el deber le dictaban». Segundo a
prensa, o pobo da Coruña actuou coma lle correspondeu: con orde e respectando a xerarquía,
«en tensión que no decrece hasta lograr la plena normalidad»181
. Tamén en Ourense parecían
vivirse eses primeiros días de maneira similar, feito que a prensa deu en chamar o «cauce de
normalidad absoluta». Todo funcionou, non houbo escaseza de alimentos, circularon os medios
de transporte urbanos, publicáronse os diarios de sempre —«dos o tres diarios locales, se han
vendido como ayer y anteayer, los diarios de Vigo y La Coruña»— e todos os medios de
transporte con outras partes de Galicia estiveron en marcha182
.
Esa buscada normalidade tamén se puido ver na cidade de Santiago co gallo da
celebración da festividade do Apóstolo. A casualidade histórica determinou que o 25 de xullo
180
La Voz de Galicia, 24 de xullo de 1936: 2. 181
La Voz de Galicia, 26 de xullo de 1936: 1. 182
La Voz de Galicia, 4 de agosto de 1936: 6.
110
de 1936 caera o sábado inmediatamente seguinte ao golpe de Estado. As autoridades non
puideron deixar de celebrar o acontecemento litúrxico pois, Santiago era o patrón de España.
Ao redor da figura de Santiago edificouse a idea do «símbolo de la reconquista española»; o
modelo de guerreiro que debería servir de exemplo a todos aqueles que desexaron unha nova
España; foi considerada a «figura emblemática del amor al suelo nativo, victorioso sobre las
huestes de extraños conquistadores». Aquela casualidade histórica determinou que a
circunstancia na que se celebrou a festa fose a dunha incipiente guerra contra un, considerado
e definido polos sublevados, inimigo foráneo e anti-español que pretendeu inocular na
mentalidade dos obreiros ideas de igualdade e distribución da riqueza. Dende Santiago, a prensa
falou «casi [de] una reconquista de la patria, reintegrándola al orden y a la paz de que tan
necesitados están los espíritus». A prensa describiu a situación histórica que España comezou a
vivir en xullo de 1936: preludiáronse momentos de indeterminada tensión; tensión pola máis
que posible chegada dun cambio potencial respecto do que ela foi entre 1931 e ese 1936; unha
época de «convulsionismo» no que a sociedade se cambaleou «en sus propios cimientos». Polo
tanto, segundo as crónicas, Santiago foi o paladín dunha renovación da «vida pública en la que,
sin vencedores ni vencidos, la tranquilidad que todos ansiamos», España recuperaría a súa
esencia histórica que fora quebrantada polas «contiendas y perturbaciones que ojalá hayan
pasado como cosa imposible»183
.
A idea que transmitiron aos galegos os medios de comunicación foi que Galicia, dende
a súa posición de retagarda, erixiuse coma gardadora das esencias de España; reduto único e
inexpugnable que subministraba homes, alimento e diñeiro para unha guerra civil con tinturas
de reconquista que se estaba a iniciar en xullo de 1936. O que buscaron as autoridades civís e
militares en Galicia foi diñeiro para mercar material para a contenda bélica. Curiosamente, quen
foron interpelados para facer as primeiras doazóns foron as mulleres, entre as que se pretendeu
que entregasen os que poderían ser os seus bens máis prezados: as xoias; o ouro. As autoridades
provinciais difundiron a idea de que non entregar o ouro foi «SER UN JUDÍO», porque España
necesitábao. Púxoselles o exemplo de que se Sabela de Castela o fixo no seu momento, «al igual
que hizo aquella Santa Mujer, contribuirás a que nuestra España vuelva a ser la Nación grande
y poderosa, orgullo de sus hijos y ejemplo de la cristiandad»184
. O Movemento Nacional que xa
estaba en marcha foi o mecanismo que permitiría aos «capitalistas» poder continuar desfrutando
das dúas rendas. Por iso non deberían vacilar nin un só momento en dar axuda económica a
quen o estaba a necesitar: os que loitaban pola patria española. As mesmas autoridades
advertíronos: no suposto de que os cidadáns non colaborasen converteríanse ademais «de un
mal patriota», nun «desagradecido indigno de convivir en la España fuerte que empieza a
renacer». Por iso o ouro, as xoias e «una parte de tu capital, que tu patriotismo ha de fijar»,
deberían ir de maneira inmediata ao denominado Tesoro Nacional del Gobierno de Burgos,
sendo entregados primeiramente no Goberno Civil correspondente185
. En días e meses
seguintes, anuncios e chamadas similares foron publicados con extremada frecuencia na prensa
provincial galega. Pedíuselle a aqueles que vivían nunha posición acomodada que lle
preguntaran a un «amigo de posición modesta» sobre canto diñeiro doara ao Exército que estaba
183
La Voz de Galicia, 26 de xullo de 1936: 3. 184
La Voz de Galicia, 12 de setembro de 1936: 2. 185
La Voz de Galicia, 18 de setembro de 1936: 2.
111
na fronte da guerra civil. Despois disto, as autoridades convidaban ao home acomodado a facer
unha aproximación de todo o que poderían ter doado esas persoas modestas, e que
inmediatamente fixeran unha proporción sobre o que o rico e poderoso podería aportar. O que
as autoridades solicitaron aos membros da sociedade acomodada galega foi un «examen de
conciencia». Introspección persoal que debería ir encamiñada a entender que os soldados que
estaban a loitar na fronte facíano contra o maior inimigo do capital: «unos elementos rojos» que
non dubidarían nin un só momento en facerse co control de todo o seu diñeiro e bens no caso
de que vencesen a contenda bélica.
Mais non só foi necesario diñeiro líquido; tamén cumpriron materiais para facer máis
fácil a vida na fronte aos militares. Dende Lugo, a Falanxe provincial pediu aos lucenses —a
todas aquelas persoas que puideran—, colchóns para o acuartelamento das súas milicias.
Colchóns que acabarían devolvéndose, segundo dicía a nota de prensa enviada pola xefatura,
«en su día» aos seus respectivos donos. A entrega debeu facerse no Seminario Conciliar de
Lugo, onde a Falanxe luguesa tivo o seu acuartelamento186
. As autoridades civís e militares de
Ourense tamén enviaron ao goberno de Burgos —tal e coma o fixeron outras autoridades de
diferentes provincias de España—, subministracións para os sublevados. No caso da provincia
de Ourense, as autoridades enviaron un convoi, que levaba como representante a Emilio Amor
Rolán, formado por «690 toneladas de ganado lanar, cabrío, café, conservas, embutidos,
habichuelas, etc.» Ademais de todo iso, ían «23 kilos y medio de oro y diez kilos de plata»; e
entre todo iso unha «pulsera valorada en 30000 pesetas»187
.
Avanzando as semanas, as manifestacións de apoio desviáronse cara outras solicitudes
por parte das autoridades. Na cidade da Coruña, por exemplo, José Fuciños Gayoso, Alcalde
da cidade, publicou un bando no que obrigaba a que todas as casas da cidade luciran bandeiras
de España.
«Siendo el origen del engrandecimiento de los pueblos el que los sentimientos que hacia la Patria
se sienten, estén acrisolados y perfectamente arraigados en la juventud, que en su día ha de ser
la encargada por superiores designios de llevarla por los derroteros sanos a que ha tenido este
glorioso movimiento nacional; y teniendo en cuenta que el ejemplo es todo en la educación y
que éste deben darlo los que tienen la obligación de velar por ellos —las autoridades y los padres.
En su consecuencia ha acordado disponer lo siguiente:»
O seguinte foi que todas as casas da cidade herculina deberían contar con «colgaduras»
para que no momento en que fora ordenado, colgaran delas as correspondentes bandeiras
nacionais. Pero puido existir xente que non puidera mercar bandeiras para colocar no seu
balcón. Para evitar situacións coma esa, o concello habilitou unha canle propia na que se
exhortou a esta xente a pasar polas dependencias municipais onde se lles indicaría a forma na
que poderían acceder a valiosa tea patriótica188
.
186
La Voz de Galicia, 2 de agosto de 1936: 6. 187
La Voz de Galicia, 1 de setembro de 1936: 5. Emilio Amor Rolán foi un ourensán que foi concelleiro na
corporación da cidade das Burgas durante a Restauración e a Ditabranda (LAPCO, 1920, sesión do 1 de xaneiro de 1920 e
LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de febreiro de 1930: 47). 188
La Voz de Galicia, 18 de setembro de 1936: 1.
112
O panorama detallado pola prensa provincial determinou unha vida diaria no conxunto
de Galicia, e nas cidades en particular, discorrendo da maneira máis absolutamente normal;
unha suposta normalidade dentro dun proceso de cambio político de substitución dunhas
autoridades republicanas por outras xurdidas dun golpe de Estado. Con todo, o que saíu nos
xornais foi unha realidade; mais non puido situarse máis lonxe da realidade política e
administrativa de Galicia. A toma de control do poder municipal e provincial nos primeiros
momentos da guerra civil fíxose, efectivamente, de maneira dilixente e rápida. Agora ben, ditar
decretos, disposicións e leis dilixentemente non implicou que fosen aplicados de maneira total.
A prensa informou sobre o que pasou nas capitais provinciais; e a normalidade da capital
pretendeu estenderse a toda a opinión pública da provincia. A actuación dos primeiros
gobernadores civís da ditadura encamiñouse a cortar de raíz calquera fenómeno contrario á
reacción militar e política contra a República que eles mesmos dirixiron nos seus territorios.
Dende as primeiras disposicións que destituíron aos gobernadores civís republicanos, ata as
resolucións dos novos gobernadores para dispoñer de novas comisións xestoras que actuasen
na mesma liña que o Goberno dos sublevados, existen nos arquivos exemplos claros do que
verdadeiramente foi o inicio da implantación da ditadura franquista en Galicia.
4.3.1.1 A análise do galego por parte das autoridades: o caciquismo coma factor case xenético
Unha vez decretado por Franco o final da guerra civil en abril de 1939, as autoridades
ao mando das provincias galegas comezaron un proceso de valoración do seu estado interno.
O proceso de control daquelas xerou uns informes de situación das mesmas para que en Madrid
tivesen claros os problemas e retos que se atoparían por diante. Desa necesidade de informar
por parte das autoridades provinciais, consérvanse fontes documentais permiten coñecer cal foi
a visión dos sublevados sobre a política e a sociedade galega. Cando nas institucións provinciais
se colocou a un home político novo, este viuse na obriga de comunicar aos seus xefes e
superiores o estado no que estaba o seu territorio; de analizar as debilidades e as fortalezas do
mesmo, así coma de informar das resistencias coas que se podería atopar a creación do nuevo
Estado español incipiente.
Estes informes xurdiron da segunda institución de ámbito provincial —sempre por
debaixo do Goberno Civil: a Deputación provincial. Con todo, que esta documentación
emanase desta administración non significa que o Gobernador Civil non tivese conciencia da
súa existencia ou non compartise o seu contido. Mais ao contrario: o gobernador, coma
presidente nato da Deputación, estivo ao corrente do que redactaron os oficiais da institución e
do que asinou o presidente da mesma. Estes primeiros informes falan de aspectos tan variados
coma o estado da agricultura; a industria; o potencial turístico do territorio; a política provincial;
o estado das contas da Deputación; a implantación da política do Estado ditatorial nos concellos,
etc. Para a provincia de Pontevedra, a fonte que quedou para a describir a fase inicial da
implantación da ditadura —que sucede xusto ao mesmo tempo que a guerra civil—, é un informe
do ano 1937 enviado a Madrid en 1938. Este primeiro informe está asinado polo Gobernador
113
Civil de Pontevedra, Mateo Torres Bestard, e non polo presidente da Deputación, o que indica
que foi o mesmo Gobernador Civil o que realizou o labor de corrixilo persoalmente para
envialo posteriormente á capital dos sublevados. A tarefa de informar ás súas xerarquías foi
adoptada polo Gobernador Civil pontevedrés coma unha misión persoalísima.
O primeiro punto do informe do gobernador Torres Bestard é o chamado «juicio
sucinto» sobre o funcionamento da Deputación provincial. O Gobernador Civil indicou que o
control da provincia foi unha tarefa difícil debido a que era un territorio no que «los intereses
amistosos y políticos —fruto de arraigadas costumbres anteriores— se hallan tan íntimamente
ligados que no permiten formar juicio exacto al encontrarse con la falta de colaboración
ciudadana». Este razoamento quere dicir que a colaboración cidadá foi limitada en canto a
denuncias e colaboración coas autoridades, pois calquera impedimento ao labor dos que
sempre actuaran na política puido supor gañar un inimigo para toda a vida. Isto afectou á
Deputación provincial, para a que foi tarefa case imposible atopar persoas adecuadas para
completar unha comisión xestora que puxese solución a todos os problemas da institución.
Porque para Torres Bestard, o que houbo antes do golpe de Estado de xullo de 1936 foi
verdadeiramente caótico:
«En conjunto, la labor desarrollada por la Diputación provincial, durante la época de la
República, puede considerarse desastrosa, pues no se limitó a la funesta labor antes mencionada
[de non recadar impostos e malgastar os cartos no que non debía], sino que a la par aumentaba
sueldos y ascendía personal de funcionarios con perjuicio, naturalmente, para el Erario
provincial».
Con todo, Torres Bestard reflexionou que os republicanos non inventaran nada nese
aspecto. A xuízo do Gobernador Civil, os republicanos non fixeron máis que continuar unha
fonda tradición, moi longa no tempo, que se caracterizaba pola repetición histórica dun
mecanismo de control político: o caciquismo. Para Torres Bestard, Pontevedra foi unha
provincia «sede del más arraigado caciquismo» onde había artellado unha especie de «tinglado
electoral que giraba siempre alrededor de los nombres que llevaban la dirección suprema de la
política y que ejercían un verdadero mando casi con independencia del de la Nación». Seguindo
o informe de Torres Bestard, os favores déronselle a aqueles concellos que foron «afectos
ideológicamente al dirigente político» situado á fronte da Deputación. Aqueles que non foron
da corda do presidente, contaron tamén con «buenos padrinos» dentro da institución provincial,
o que provocou que os concellos non afectos non aportasen os cartos necesarios ao erario
provincial. Con todo isto, FET de las JONS non contou na provincia cunha «simpatía» xeral
entre os pontevedreses. O cambio de Alcalde e xestores que desenvolveron a súa actividade de
maneira deficiente non resultou de ningunha maneira efectivo, pois segundo o Gobernador
Civil «al poco tiempo el ambiente que en la Gestora predomina, embebe al nuevo Alcalde o
Gestor»189.
189
Esta percepción produciuse tamén noutras provincias españolas. Aquilo de CAZORLA, A. (1999) sobre a
«restauración da caste gobernante» de toda a vida, a que procedía da Restauración e se consolidou durante a República,
vírona a maioría dos estudosos da ditadura. Por exemplo, FRÍAS RUBIO, A.R. (1993): 643 detectouna na provincia de Soria.
A autora achacouno á esencia da provincia soriana: un territorio dominado polo conservadorismo e o personalismo político
da República. FRÍAS RUBIO fala de «continuísmo», sen máis, coma «palabra clave para definir ao persoal político soriano no
período franquista». Ademais, ese persoal político definiuse pola «mediocridade».
114
O caciquismo foi, segundo o informe da Deputación pontevedresa, o problema «más
apremiante y más característico» da provincia, «que aquí puede decirse es ancestral». Unha
maneira proposta para atallalo foi a de reducir o número de xestores que deberían compoñer
as xestoras e corporacións municipais: 3 membros para cada unha delas. Mais o caciquismo
tamén debería enfrontarse por medio da educación provincial. Segundo Mateo Torres Bestard,
cumpriría aumentar o número de escolas e «llevar a la práctica rigurosamente la obligatoriedad
de la 1ª Enseñanza» para desa maneira solucionar o problema do caciquismo.190
Ese mesmo
problema abundou na provincia da Coruña, pero doutra maneira; tal e coma o explicou o
presidente da Deputación provincial.
O presidente da Deputación coruñesa Emilio Romay Montoto comezou o seu informe
louvando as excelencias da provincia coruñesa coma provincia de retagarda. A Coruña tivo a
«gloria de haber podido añadir a sus blasones el de su denodada incondicional adhesión al
Movimiento desde que se inició». Grazas a esa condición súa de vangarda da renovación de
España cara un futuro mellor, a autoridade provincial requiriu para ela «un puesto en el cuadro
de honor de los pueblos españoles que pusieron, para liberar, no para ser liberados, al lado de
su egregio paisano, el primer español de la verdadera España». Segundo o parecer do Romay
Montoto, ao primer español servíuselle dende a retagarda, polo que todas as desfeitas que
puidesen atribuírse á guerra civil en Galicia non puideron ser atribuídas ao conflito. Deberían
ser endosadas aos que o presidente da Deputación denominou «desmanes que la “acción
marxista”» cometidos no territorio:
«[...] al amparo de la farsa gubernamental imperante al sobrevenir el redentor alzamiento, al que
hubo de incorporarse Galicia entera, realizó en los aciagos días de su ominosa dominación, y,
por tanto, no por causa de guerra, sino provocadores de ella, de la verdadera “guerra santa”, en
que hubo de guiarnos, bajo la cruz de su espada victoriosa y el santo lábaro de la auténtica
bandera española, el Caudillo con quien siempre estuvieron sus conterráneos, que desde los
primeros momentos le ofrecieron, amantes y ardidos, el holocausto de sus bienes y de sus vidas».
Romay Montoto mesturou no parágrafo reproducido conceptos que se converteron en
clave da retórica falanxista. Unha especie de ardencia patriótica expresada en palabras nun
informe que debeu graduarse dende o pasado, facendo un balance detallado dos números de
homes, bens e consecucións previos ao golpe de Estado de xullo de 1936 para comparalos coa
realidade que se estaba a vivir en España despois da guerra civil. Segundo Romay Montoto
cumpriu facerse unha idea daquilo para observar e demostrar o «espíritu esencialmente
renovador, con certeros y justos fines de mejoramiento, por contraste comparativo entre un
pasado repudiable y un presente reconstructivo y regenerador». O razoamento do presidente
da Deputación coruñesa considerou que labor rexeneradora debería ser fonda e constante, pois
as novas autoridades atopáronse diante dunha realidade social provincial moi complicada. Os
seguintes parágrafos do informe, non escatimaron en cualificativos —todos eles cun marcado
cariz pexorativo—, cara os coruñeses, que foron definidos claramente coma persoas
perigosamente discordantes coa política da nova España.
190
Todas as citas anteriores en Estado da Deputación Provincial e da provincia de Pontevedra en 1937, 1938, AGA,
FAMI, 44/3122.
115
«La provincia de La Coruña, predominantemente marítima, [...] aquella condición influye y
define toda su actividad biológica, así en el aspecto social como en el político, y fuertemente
acoderada al solar patrio, aún en los días en que más sañudamente se laboraba contra su unidad,
llegándose, en esta tierra gallega, tan añeja y sustancialmente conservadora, por obra de su clásica
organización agraria, a un absurdo consorcio con el marxismo, interesado valedor de
cualesquiera propagandas perturbadoras y disolventes, la provincia de La Coruña, enfilada al
mar inmenso, saca de éste enseñanzas y provechos con los cuales, amén de entornar y serenar
su sentido político, ha contribuido siempre y contribuirá como la que más, reaccionando, como
lo ha hecho ahora desde el primer momento, ante las más peligrosas convulsiones políticas, al
engrandecimiento de la madre patria».
Volve a perfilarse a idea da existencia —que se repetirá constantemente ao longo dos
anos—, dos caciques locais. A situación descrita no parágrafo do informe citado mantívose ata a
chegada da ditadura de Primo de Rivera, que serviu de axuda para, segundo as palabras de
Romay Montoto, «dominar con energía el colapso administrativo que padecían sus organismos
locales, manumitiéndolos del cacique, que constituía la predominante preocupación de
entonces». Esa labor de capadura do poder caciquil correra a cargo daquel «nuestro genial y
malogrado coterráneo» que fora Calvo Sotelo, o que permitiu xerar un «movimiento
administrativo verdaderamente rehabilitador». Seguindo o discurso de Romay Montoto, aquel
movemento de cambio, de mellora, truncárase coa chegada da República, que trouxo dende o
pasado as pantasmas dos caciques, que volveron campar as súas anchas. Cos primeiros
compases da implantación da ditadura, a percepción do presidente da Deputación foi que os
caciques seguiron campando pola provincia; converténdose nun dos principais problemas
políticos que viviu a provincia da Coruña191
.
De Lugo tamén chegou a Madrid o informe da Deputación provincial sobre o ano 1939.
José Pardo y Pardo Montemayor, actuando coma presidente da institución provincial, afondou
no mesmo que os outros dous dirixentes galegos anteriormente citados. O problema principal
na provincia de Lugo foi o caciquismo. Que os principios do Movemento fosen rapidamente
asimilados polas autoridades dependería, segundo Pardo y Pardo, da capacidade que a ditadura
tivese para exterminar, dunha vez por todas, o «vicio del caciquismo tan arraigado en esta
provincia». No caso de Lugo, sinalouse as que foron as raíces deste fenómeno: os secretarios
municipais e os secretarios dos xulgados municipais; sendo especialmente sinalados os
primeiros. Segundo o presidente da Deputación luguesa, os secretarios aproveitáronse da
ignorancia dos alcaldes e dos xestores municipais, que adoitaban ser «personas de escasos
conocimientos técnicos»; persoas que na maioría dos casos puideron ser manipuladas por estes
funcionarios, gardiáns das esencias da legalidade municipal. Esa escaseza de coñecementos foi
aproveitada polos «hábiles y maliciosos» secretarios municipais para dar conclusión aos plans
de control do cacique, que se apoiou neles para «intervenir en la vida municipal de los pueblos».
Por iso, o razoamento de Pardo y Pardo concluíu con que sería necesario ir moito máis aló do
191
Todas as citas, ata este punto, en Estado da Deputación provincial e da provincia da Coruña, maio de 1940,
AGA, FAMI, 44/3117.
116
Decreto 108 que regulou a depuración de funcionarios, xa que non foi suficiente para eliminar
a influencia dos caciques na vida municipal192
.
O panorama que presentou ás súas xerarquías o Tenente coronel de Infantería á fronte
da Deputación era tremendamente desolador para calquera que lera as súas liñas. Nunha
provincia que pasaba unha situación económica terriblemente difícil, Pardo y Pardo describiu
que culturalmente a provincia tiña un «nivel bajo y pobre». Coma na maioría de España, en
Lugo existiu un elevadísimo nivel de analfabetismo, chegando incluso a dicir que «no creemos
equivocarnos si afirmásemos que excede de un sesenta por ciento el coeficiente de analfabetos».
Este elevado grao de analfabetismo xustificouse, segundo o informe, no elevado grao de
ruralización da sociedade que requiría dos máis novos para o traballo no campo. Se non había
cultura, foi moi complicada a existencia de «intelectuales»; e aínda que «en otros tiempos ofrecía
[esta provincia] un buen número de gente escogida, hoy no sucede así». Unha consecuencia
desa falta total de intelectualidade na provincia, foi a práctica inexistencia de asociacións
culturais. «Si no fuese por el amor a la tradición, el apego a lo suyo que el gallego siente»,
segundo o relatado polo informe, podería terse producido entre os lucenses un denominado
«furor destructivo [que o] marxismo inoculó como funesto virus»; que finalmente non se
produciu froito do amor dos locais polo seu patrimonio. Segundo Pardo y Pardo, esta
consideración dos lucenses cara o patrimonio parroquial evitou que fosen destruídos moitos
máis elementos arquitectónicos —os cruceiros, sinalados neste informe—, e arquivos dos que
finalmente foron. Esa falta de cultura da sociedade galega foi informada tamén dende
Pontevedra por Torres Bestard. O Gobernador Civil pontevedrés foi máis aló na súa análise.
Segundo Torres Bestard, cumpriu mellorar e organizar de maneira efectiva FET de las JONS.
Un partido «limpio de demagogias de todo color y cuya actuación en la práctica estuviera a tono
con los postulados que preconiza»193
. Un partido que, nos primeiros meses e anos da
implantación da ditadura franquista atopou as maiores dificultades nun punto clave: a falta total
de masa que o soportara de maneira activa.
192
Todas as citas, ata este punto, en Estado da Deputación provincial e da provincia de Lugo, maio de 1940, AGA,
FAMI, 44/3119. Para MARÍN I CORBERA, M. (2004): 30, a depuración dos funcionarios españois buscou crear unha
sensación de inseguridade na posesión do cargo para así contar cunha Administración submisa. O que se atopaba no fondo
do proceso foi a creación dun corpo de funcionarios próximo ao partido. Foi un proceso de clara significación política, onde
o que se buscou foi eliminar aos inconformistas. Aqueles elementos que participaran con partidos políticos ou que
simplemente colaboraran coa República. A loita levouse no campo da investigación policial. A investigación ao inimigo
durante a guerra civil foi a arma que tiveron os novos falanxistas para saldar contas con aqueles que lla xogaran durante
aquela. GRANDÍO SEOANE (2014): p. 74 fala, incluso, dunha vontade de «desintegración do Estado» anterior por medio da
depuración. Unha auténtica poda de todos aqueles elementos considerados como perigosos para unha ditadura. Na
provincia de Almería, o proceso de depuración foi estudado por RODRÍGUEZ BARREIRA, Ó. (2013): 253-267. 193
Todas as citas anteriores en Estado da Deputación provincial e da provincia de Pontevedra en 1937, 1938, AGA,
FAMI, 44/3122.
117
4.3.1.2 As dificultades para a implantación do Movemento nos primeiros anos: a inexistencia de
potencial persoal político e as disputas cos gobernadores civís
Estes primeiros documentos internos da ditadura tamén permiten iniciar o coñecemento
do funcionamento de FET de las JONS e das súas dificultades para implantarse en Galicia.
Causou especial preocupación a carencia de homes que puidesen ocupar os postos políticos e
de xestión administrativa dentro do partido que foron quedando libres ou se foron creando co
paso do tempo, debido a destitucións gobernativas ou ao inicio da depuración de funcionarios.
No informe de Mateo Torres Bestard sobre Pontevedra, indícase que un dos principais
problemas da provincia foi a dificultade de «asimilación de los principios del Movimiento
Nacional» debido a ese pasado caciquil do que Pontevedra foi líder. Segundo Torres Bestard,
o cacique sempre conseguiu abortar os intentos de «marcha ascendente» do «espíritu del nuevo
Estado». As xestoras renovábanse, pero inmediatamente se esgotaban; resultando
complicadísimo obter informes de persoas novas para ocupar os postos:
«[...] se han agotado las fuentes de información, oficiales y particulares, y con arreglo a sus
resultados se han nombrado las Gestoras algunas compuestas totalmente por afiliados a FET y
de las JONS (donde ha sido posible) y al, poco tiempo de funcionamiento, se ha podido
comprobar que mangoneaban a su placer, el antiguo cacique local o comarcal, al que, en
realidad, estaba supeditada incluso la misma organización local de FET y de las JONS. Rara vez
tal mangoneo deja rastro en el que pueda fundarse una sanción; es personal listo en lides políticas
y como tal escurridizo que sabe obrar entre bastidores».
Os caciques aproveitáronse dun factor que debeu destacarse nos informes sen ningún
tipo factor discursivo mitigante. As informacións provinciais describiron que o Movemento tivo
diante un obstáculo perigosísimo e difícil de salvar para poder penetrar na mentalidade dos
pontevedreses: a «gran incultura de la masa, grande en la provincia, campesina». Segundo a
opinión de Torres Bestard, Pontevedra quedara na retagarda e non tivera «virado su espíritu»
cara o nacionalsindicalismo. Este condicionante interno provocou que os partidos de dereitas
anteriores ao réxime continuasen na súa loita política entre eles e «principalmente contra
Falange Española, la más moderna, procurando afiliar personal como si se tratara de que en
momento determinado, pudiera el número (como en cualquier régimen democrático), dar, con
la fuerza, el Poder». Isto implicou tamén a infiltración dos homes dos caciques de sempre en
FET de las JONS. Amais, por se a dificultade de penetrar entre a sociedade non fose o
suficientemente complexa, chegou o decreto de unificación:
«Así las cosas, vino el Decreto de integración, que aquí se hizo sobre el papel nada más; a fines
de 1937 se llevó a cabo prácticamente la de los hombres; y en el año en curso se ha efectuado,
relativamente, la del elemento femenino; pero, sobre todo este último sigue la sorda lucha entre
una procedencia y otra»194
.
194
Todas as citas anteriores en Estado da Deputación provincial e da provincia de Pontevedra en 1937, 1938, AGA,
FAMI, 44/3122.
118
Sobre este aspecto e outros colaterais afondaron os informes da organización política
afectada pola carencia de persoal195
. FET de las JONS tamén se viu na obriga de informar sobre
o funcionamento dos seus servizos; pero, sobre todo, de pulsar o ambiente social ante a chegada
dun novo modelo político para España e, especialmente, da implantación entre a sociedade do
propio partido. Así, o 2 de novembro de 1939, dende a xefatura provincial da Coruña, o xefe
provincial do Movemento Gerardo Salvador Merino enviou a Madrid un informe sobre a
situación xeral da provincia. O texto foi encabezado cun explícito «!Sin novedad en la Coruña!
[sic]». Tal foi a falta de novidades na provincia galega, que a vida continuou sumida na
normalidade previa da guerra civil; foi o que o escribán Salvador Merino definiu coma un «fiel
reflejo del exponente Nacional» de vida tranquila e sen sobresaltos. A vida da Coruña foi un
«exponente, de la situación social, reflejada en la sociedad, en la familia, en la tertulia cafetera,
en la crítica pública, y en todas las facetas de la vida». Máis ou menos o que se viña dicindo
dende que se iniciara a sublevación de xullo de 1936 a través dos diarios locais. Mais unha cousa
foi o que se viviu na rúa —ou o que se pretendeu facer ver que foi a realidade na rúa—, e outra
o que sucedeu detrás do pano do teatro: alí onde están as tremoias do partido único.
Salvador Merino informou dende o momento cronolóxico de novembro de 1939, sete
meses despois do decreto do final da guerra civil. Con todo, segundo Salvador Merino, para a
Falanxe coruñesa, aquela guerra «no ha terminado». A explicación a isto estivo nas fortes
resistencias que atopou o Movemento nalgúns sectores sociais da provincia; o que o informe
denominou a «multitud de Fenicios».196
O informe de Salvador Merino identificou aos «fenicios»
como unha especie de masa de homes que contaron con intereses particulares que nada tiñan
que ver cos do Estado; os que trataron de «oponerse a la marcha triunfal emprendida». O xefe
provincial coruñés explicou que estes individuos predicaran con forza entre a sociedade, e a súa
mensaxe callara entre os coruñeses de maneira perigosa. O porqué expresouno nos seus
informes o xefe provincial Salvador Merino: os coruñeses eran xente analfabeta e falta de toda
cultura que lles permitise distinguir entre o bo —o novo Estado— e o malo —os fenicios. Esa falta
de cultura provocou que as ideas das nacións opostas a Alemaña e Italia —nun momento
cronolóxico de máxima proximidade da ditadura con eses países—, prendesen entre o pobo
provocando que cada día crecese o «número de partidarios que elogian a países secularmente
enemigos de nuestra grandeza, como son Francia e Inglaterra». A interpretación de Salvador
Merino identificou por outra banda a aqueles coruñeses que, coma fixeron algúns grupos
políticos de españois, «cifra[n] todos sus anhelos e ilusiones en una restauración y que solo con
195
O escaso poder de FET de las JONS, tanto antes coma despois da unificación, demostrouse noutras zonas da
Península de maneira evidente. Tal foi o caso de Valencia e Castelló estudado por GINÉS I SÀNCHEZ, A. (2010): 84-85. A
falta de persoal político dentro do Movemento asóciase á súa imposibilidade de chegar as clases populares. Incluso, para
estas dúas provincias, o autor indica que FET de las JONS non chegou aos efectivos potenciais das clases dominantes. Esa
posición de baleiro humano xogou en contra do Movemento, converténdoo en un factor subordinado a todo o que tiña por
riba: o Gobernador Civil. 196
Os fenicios son as almas da FET de las JONS unificada. O tema principal dos primeiros anos da ditadura foi a
unificación das forzas falanxistas e tradicionalistas dentro do Movemento. A diferente natureza política das forzas que deron
lugar ao partido único da ditadura, obrigou a unha difícil interpretación do mesmo. Por un lado, pódese interpretar que o
partido único converteuse nun instrumento dos militares —PAYNE, S. (2001), por exemplo. Outros, pola vía intermedia,
lérono coma unha construción do mesmo Franco para consolidar o seu poder e o control de todos os niveis da acción
política —CHUECA, R. (1983). E finalmente, quen ven en FET de las JONS a consecución do desexo de Falanxe para acadar
os seus obxectivos; fundamentalmente a revolución nacionalsindicalista, que co paso do tempo foise convertendo na
revolución perpetuamente pendente —PRESTON, P. (1986).
119
ello estiman solucionados los múltiples problemas que sobre la Nación pesan». A todo isto,
ante a imaxe dunha sociedade dividida entre vendidos aos inimigos de España e desexosos
dunha restauración monárquica, houbo que sumar o «desprestigio» do partido. O xefe
provincial da Coruña describiu a unha FET de las JONS sumida nun profundo pozo de
desconfianza social, falta de prestixio e irregularidades relacionadas co funcionamento da
organización provincial coruñesa. Para solucionar esta situación, o escribinte propuxo empregar
«un gran revulsivo, que ponga fin a ésta caótica situación que de continuar más tiempo, pone en
trance de ser discutida la figura más excelsa del nuevo Estado». Por ese transo de cuestionar a
figura central de Franco non se podía pasar. Para Salvador Merino todo se puido discutir menos
a dominancia de Franco.
Para que as altas xerarquías comprendesen a situación que se estaba a vivir —e que
Salvador Merino fixo extensibles a todas as provinciais de España—, propúxose a convocatoria
dun Congreso Nacional similar aos que celebraban os partidos fascistas noutras partes de
Europa para que esas xerarquías puidesen ver e analizar de primeira man a situación do país e
do funcionamento nas provinciais do partido. Porque Falanxe —a denominada nos informes
«Organización»— camiñou sen ritmo, a destempo das necesidades de España e sen rumbo:
«Se hace preciso, determinar prontamente la trayectoria a seguir por la Organización: determinar
claramente que és [sic] lo que se pretende: tomar una dirección y un rumbo fijo: si la nueva
España, ha de ser francamente azul, un solo color ha de intervenir en su composición: si se
pretende un color, blanco, ya sabemos por la física que éste [sic] color se determinará por la
aglutinación de varios colores».
O que se dixo dende a provincial coruñesa estaba claro: só un partido e unha tendencia
política; un único color que debía unir aos españois. A idea final de Salvador Merino foi que
definición viría dada dende a da correcta articulación da cadea de mando. Nun Estado coma o
Español — definido polo xefe provincial coruñés como «un régimen totalitario»—, a adaptación
debería ser máis sinxela que nunha democracia. En España non cumpriu facer grandes cambios,
nin implicar a moita xente. Nun «régimen de verticalidad» como era a España nova, os cambios
deberían vir dende as cotas altas do partido. Aqueles que deberían mandar deberían constituírse
como «una minoría selecta» que superase aqueles días nos que a «masa más o menos amorfa»
elixía aos seus representantes. Porque, concluíu Salvador Merino, non se podía esquecer que a
masa era sempre «inculta» —como se repite constantemente nestes primeiros informes—, e
escolleu o que escolleu de maneira bastante irregular197
.
No mesmo tempo en que se enviou esa carta a Madrid, andou polas provincias de Lugo
e A Coruña un Tenente coronel encargado da inspección política de ámbalas dúas. Un Tenente
coronel que deu unha imaxe crúa da provincial coruñesa e do seu xefe provincial. Un Tenente
coronel que comezou da seguinte maneira a súa análise da situación:
«Mi impresión, no pudo ser más deleznable, no existe nada [subliñado en vermello no
documento] y lo poco que subsiste, es para desprestigiar nuestro Movimiento, tanto por la
calidad como por el número. Es muy urgente dotar a aquella provincia de los órganos de mando
adecuados: veamos el fundamento».
197
Informe sobre Coruña y Lugo, 2 de novembro de 1939, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
120
Non puido ser máis gráfico: nada funcionaba, e o que funcionaba só fixo botar polo chan
o bo nome de FET de las JONS. As xefaturas locais non colaboraban economicamente —
segundo o seu reconto, «solo 7 cumplen lo ordenado de aportación estatutaria»—; non había un
rexistro de membros do partido; quen estaba ao mando non era competente, polo que se fixo
a proposta de Joaquín Fariña Sagredo para ocupar o posto e substituír inmediatamente a
Gerardo Salvador Merino á fronte da provincial coruñesa. As cousas non marcharon ben en
case ningunha das delegacións do partido198
. A situación interna do partido na Coruña foi
descrita coma de completa división: por un lado o sector do xefe provincial Gerardo Salvador
Merino —que, efectivamente, foi deposto nas datas posteriores á presenza do Tenente coronel
inspector—, e o grupo formado polos homes do SEU coruñés. A continuación, o inspector
debullou unha lista de nomes: Manuel López Sendón199
, Jesús Suevos, José Trillo Fernández,
José María Salvador e Balas. Os nomes servíronlle ao Tenente coronel para dar unha serie de
consellos ás xerarquías nacionais no caso que decidisen modificar a xerarquía provincial
coruñesa. Segundo o inspector, nomear a José María Salvador ou a Balas como xefe provincial
resultaría a inmediata animadversión do SEU, pois eran homes do «Grupo Merino en cuerpo
y alma». A impresión do xestor foi que o grupo de Merino non contaba con moitas simpatías
na Coruña. As informacións recibidas polo inspector acusaban a Merino de ter sido socialista,
ou ter sido masón «durmiente» e contar cun «afán de elevarse y profesionismo [sic] contra
determinados elementos en contraposición con el espíritu ardiente impulsivo y noble del
segundo grupo [o do SEU] cuya alma es Diego Salas [Pombo]».
Dende a perspectiva do inspector provincial cumpriu nomear novas xerarquías
provinciais. No suposto de que non se nomease a ningún dos propostos, o Tenente coronel
inspector deu un consello —el considerouno unha indicación—: «no elegir indígena alguno
[subliñado con lapis azul]». O concepto de «indígena» aclarouno o inspector, por se houbese
algunha equivocación entre as xerarquías centrais, sería un home coruñés calquera; un nativo.
A idea esencial desa advertencia foi que houbo que nomear a xente de fóra da provincia e con
«prestigio dentro de la Falange»; unha persoa da que nunca escoitasen falar os coruñeses e que
«acatarían sin emplear energía y decisión». Por se iso non fose suficiente respecto ao partido, o
que escribiu o inspector provincial sobre o Gobernador Civil non deixou á máxima xerarquía
política provincial en moi boa posición para defender os seus intereses. Sobre a necesidade de
valorar a súa actuación á fronte da provincia e unha posible modificación do nome escribiu:
198
O inspector provincial non deixou de lado as informacións persoais referidas a determinados xerarcas provinciais.
Un deles foi un tal José Mari —alcumado Chemary—, responsable da delegación provincial da Organización Xuvenil. Para
dar conta da natureza do personaxe, o inspector aproveitou para recoller unha historia sobre a súa vida na fronte que non
pode deixar de ser referida. Parece ser que estaba na fronte de Asturias, onde foi ferido e onde, ao mesmo tempo, unha
enfermeira foi apresada. O ferido Chemary namorou da enfermeira. O que pasou foi que a xustiza condenou a enfermeira
a morte, e o tal Chemary ofreceuse a levala de «paseo»: «La justicia actuó y condenó á muerte a la citada enfermera
prestándose el voluntariamente para con engaños sacarla de paseo y asestarle un tiro en la nuca como así lo hizo». Triunfou
o amor na vida de Chemary. 199
Manuel López Sendón era de profesión doutor. Fora candidato ao Parlamento nas eleccións de febreiro de 1936
por FE de las JONS. Segundo a opinión dos preguntados por esta persoa, e segundo recolle o informe do inspector
provincial da Coruña e Lugo, era un home «justamente alabado por todos».
121
«[...] cualquiera menos el actual; persona por completo amoral pero de una carencia total y
absoluta que se deja arrastras por especias y dinero, expulsado de Zamora por su falta de
dignidad; izquierdista aunque en la actualidad hace alardes de falangista».
O inspector provincial non deixou Julio Muñoz de Aguilar nunha boa posición para
defender a súa actuación. O inspector e o Gobernador Civil foron dous militares de profesión,
polo que quizais coincidisen nalgún momento, o que lles puido permitir coñecerse de maneira
tan detallada para coñecer aspectos tan precisos da vida privada de cada un. O seguinte paso
que deu o inspector foi propor un nome para Gobernador Civil, unha vez decretado o
hipotético cese de Muñoz de Aguilar. É un exemplo moi claro, escasamente reflectido en
documentos internos da ditadura, no que se propón un nome para ocupar un posto de xestión;
unha recomendación con todas as letras. O inspector provincial propuxo dous nomes: o
primeiro foi o de Jesús Suevos —sempre presente na Falanxe galega; un dos fundadores da
mesma no país—; mais no caso de que Suevos non puidese ser nomeado gobernador, o Tenente
coronel propuxo a un militar:
«[...] Aspe, por ejemplo y no hay más solución, Mi General, cualquiera otra que se intentase
sería partidista por completo; esta precisión mía es reconocida por todos los elementos más
destacados por su ecuanimidad, moralidad y talento, incluso por lo que pudiésemos llamar
“beligerantes” como la más ponderada y única».
Polo devir posterior dos acontecementos, «Mi General» tomou boa nota desa proposta
e nomeou, precisamente, a Emilio Aspe Vaamonde coma Gobernador Civil da Coruña. Un
Aspe que debería facer fronte a unha provincia que funcionaba de maneira lamentable, segundo
a consideración do inspector, «pudiendo decirse que en la actualidad no existe nada
organizado». O partido, que tan mal parado quedou no informe do Tenente coronel inspector,
marchaba liderado por mans de «chiquillos» que non sabían como levar unha organización dese
estilo. Se a cuestión do regalo do pazo de Meirás a Franco deixara un buraco nas arcas
provinciais dunhas dimensións lamentables, a visita que realizara Franco á provincia deixara
unha débeda de 96.000 pesetas.
O razoamento do inspector concluíu que foi moi difícil que o
partido funcionase correctamente.
O Tenente coronel inspector provincial aproveitou o seu paso pola Coruña para
inspeccionar tamén a provincia de Lugo. A visión do funcionamento da provincial lucense
mostrou unha «perfecta» máquina burocrática. Isto puido determinarse coma un bo sinal para
o partido; pero non foi así. A Falanxe luguesa manifestouse completamente desprovista do
«sentido espiritual» do partido e non houbo dentro desa estrutura de mando «lo mejor ni lo
más selecto». Polo demais, a provincia marchaba de maneira similar a como facía a Coruña: un
absoluto despropósito organizativo e ideolóxico200
.
200
Todas as citas e anotacións individuais anteriores noInforme sobre Coruña y Lugo, 2 de novembro de 1939,
AGA, SGM, DNP, 51/20529.
122
4.3.1.3 O final dunha etapa de inicio: encarando o proceso de construción
Estes informes puxeron o punto final ao primeiro medio ano longo de construción da
ditadura franquista en Galicia. O camiño das autoridades ditatoriais por ese camiño obrigounas
a facer fronte a unhas dificultades que se poden resumir da seguinte maneira: unha elevada
presenza do fenómeno caciquil que se repetiu ao longo da historia galega que impediu as
autoridades escoller a aqueles máis valiosos para os postos de xestión, tendo que recorrer a
persoas ignorantes e descoñecedoras dos máis básicos principios da administración; situación
ante a que a ditadura debeu afrontar enormes dificultades para facer chegar a súa mensaxe de
renovación para España.
Foi este un proceso cheo de informacións; de necesidade administrativa; de gañas de
coñecer o que era a Galicia sublevada dende o inicio da guerra civil; unha Galicia que as
autoridades agardaron que fose a fiel retagarda, pois o ton de todos os informes emitidos a
Madrid fixo fincapé na natureza galega do Xeneralísimo. A idea que se transmitiu a Madrid foi
que de Galicia só se podería esperar absoluta submisión e aceptación dos preceptos do
nacionalsindicalismo e da ditadura; preceptos que non tiveron por que ser os mesmos ou
coincidentes. Mais a realidade que se lles manifestou aos novos directores da política da rexión
galega non foi a que agardaron no máis profundo do seu entendemento. Quedou recollido máis
arriba o trazo caricaturesco co que as autoridades debuxaron aos galegos; aquela «multitud de
fenicios»: xente dura, con alma de comerciantes regateiros dos que dificilmente se podía
discernir se estaban contentos ou tristes; e nesa indefinición residiu o perigo. Eses primeiros
detalles dos informes presentaron unha Galicia onde, a altura de novembro de 1939, a guerra
continuaba. Mais non foi unha guerra de fronte aberta e de disparos e bombardeos: foi unha
guerra de control das institucións políticas; e o inimigo que ao outro lado da fronte foi o
caciquismo. Un caciquismo que afondara os problemas de Galicia por medio da labor política
que exercera durante a República. O caciquismo manifestouse ante as novas autoridades como
o cabalo de Troia: foi considerado por aquelas como o caladoiro dos homes necesarios para a
política; porén estaba inzado de elementos que puideron resultar discordantes e perigosos para
o proxecto político dos sublevados. Se o elemento do caciquismo foi abafante, as autoridades
provinciais describiron que houberon de sufrir a presenza daqueles que, dunha maneira
manifestada coma case sacrílega, desconfiaron das autoridades da ditadura e actuaron as súas
costas. Amais, FET de las JONS, un partido chamado a tomar parte do dominio da nova España
achegando o mellor que podía ter —os seus homes e mulleres encadrados nos seus servizos—,
vivía unha situación extremadamente lamentable onde nada funcionaba e os bandos
aproveitaban calquera situación para enfrontarse entre eles.
Ante semellante panorama, por medio da lectura dos informes semella normal o feito
de que se citase neles a absoluta desconfianza cara os persoeiros da política local e provincial
por parte dos galegos. Acadouse un punto determinado no ton dos informes emitidos a Madrid
no que as novas autoridades galegas afirmaron que non se podían fiar de ninguén para recadar
informes sobre os candidatos para os concellos, deputacións ou delegacións provinciais e locais
do partido. A pregunta que realizaron ás súas xerarquías superiores foi que como se poderían
fiar de xente que vivira sempre dentro dun «tinglado electoral» manexado destramente polos
123
caciques locais e provinciais? O Movemento non puido evitar o poder dos caciques, que
segundo elas aproveitáronse doutra característica dos galegos: eran xente terriblemente
ignorante e inculta que non sabían nada máis que o básico relacionado co campo e co mar. Para
as xerarquías galegas do Movemento a dificultade de traballar con esa xente provocou que fose
complicado facer entrar as ideas de FET de las JONS entre os homes da política; entre os
escollidos por aquelas para construír o novo Estado. Esa razón expresada de maneira constante
tería feito moi complicado afastar aos galegos dos influxos dos caciques, que aproveitaron a
ignorancia e a incultura dos que eran escollidos para os cargos municipais e provinciais para así
continuar estendendo o seu poder e influencia. Porque os caciques —esta é unha idea clave de
todo o sistema argumental das autoridades da ditadura— sempre estiveron por tras dos
nomeamentos; foron os principais informadores das autoridades provinciais, incluíndo entre
elas a FET de las JONS. Un Estado novo, que baseou a súa consolidación na elección correcta
dos homes que deberían ocupar cargos que ían dende o Alcalde ao presidente da Deputación,
dependeu da información que deberon aportar aqueles que estiveron dende sempre
manexando os fíos da política. Desa maneira, conclúen todos os informadores, foi imposible
desfacerse do pasado caciquil e liberal que deixara a España na situación desastrosa que a
ditadura de Franco pretendeu solucionar cun novo modelo político. Eses homes que
informaron e que tanto interese tiveron en manterse na súa posición dominante foron os
«conspicuos del pueblo»; os que sempre deberían ser escoitados, case que por imperativo, ao
ser os que mellor coñecían a realidade. Unha realidade social e política cuxa construción lle
atribuían as autoridades ditatoriais. Esa realidade —con pretensións discursivas de estendela
polo resto de España—, manifestaríase con máis énfase en Galicia, pois, para as autoridades da
ditadura, foi ben sabido dende sempre que os caciques contaron con extensísimas redes de
apoio social naquelas zonas que dominaron. A explotación dese tópico chegou ao extremo de
aconsellar as autoridades de Madrid que non se nomease para ocupar cargos de importancia a
«indígena» galego algún. Este elemento foi especialmente importante para o partido, pois foi o
máis afectado pola potencia do poder dos caciques locais e provinciais. En definitiva, as
autoridades provinciais concluíron que a ignorancia do galego impediulle comprender a
mensaxe de renovación que se pretendeu difundir dende FET de las JONS; se por riba dese
elemento se colocaron no partido os homes dos caciques, esta situación agravouse, dende a súa
perspectiva, moito máis.
Os primeiros anos da ditadura foron así: preocupación ante a case imposibilidade de
trasladar aos galegos de calquera parte da xeografía do país a idea dunha España nova. Isto
diferiu tremendamente dos discursos vitoriosos e auto-compracentes que apareceron,
precisamente, na prensa do país naqueles momentos con fin de mitigar a realidade. Por tras
desa suposta tranquilidade, desa transición tranquila e pacífica plenamente aceptada polos
galegos, existiu unha realidade moito máis complicada. Non se debe entender ou supoñer a
existencia dunha resistencia de carácter político que poida ser entendida como oposición directa
ao proceso de construción institucional da ditadura franquista. Do que se pode falar é das
dificultades coas que se atopou a ditadura para aplicar o seu modelo político de dominación e
control das institucións locais e provinciais. Unha dificultade que, precisamente, naceu entre
aqueles que deberon prestarlle o seu apoio dende o principio: os homes de dereitas. Eses homes
de dereitas foron o factor humano controlado, segundo as autoridades da ditadura, por aqueles
124
«caciques» dos que tanto falaron coma problema para o partido e para o novo Estado. Eses
homes foron os que contaron coas listaxes que contiveron os nomes dos que puideron ser
elixidos para os cargos administrativos na nova administración local e provincial. Esta foi a
conxugación das dúas almas que a ditadura tivo que mesturar para facer efectiva a súa
implantación: por un lado, criticar e denunciar o poder dos recorrentes «caciques» na política
provincial; doutro lado, apoiarse neles para atopar aos homes que necesitaba. Esa dicotomía,
ese funambulismo sobre o criticado e o necesitado, foi a base fundamental sobre a que se
estableceu a construción da ditadura franquista en Galicia. E así se puido ver no que se foi
edificando unha vez se entrou no ano de 1940201
.
201
O proceso foi longo e levou parella a construción da «aceptación» cara a ditadura, buscada entre a sociedade.
CABANA IGLESIA, A. (2009): 46-47, seguindo a Francisco Sevillano Calero, considerou que para explicar o fenómeno da
persistencia e duración da ditadura franquista cómpre valorar seis puntos teóricos que explican os dous condicionantes
anteriores. O primeiro sería a orixe cultural similar de todos aqueles que participaron do golpe de Estado de xullo de 1936;
elemento que enlazou co segundo punto: eses mesmos elementos foron capaces de elaborar un «discurso lexitimador» único
que sustentou a construción dunha autoridade política e administrativa que rexería a ditadura. Inmediatamente, terían
xurdido os denominados «apoios acomodaticios» entre aqueles que se sentiron interpelados polas autoridades ditatoriais,
polo que de refuxio para os seus intereses supuxo o réxime ditatorial. Por iso, o cuarto punto que sustenta a aparición da
«aceptación» social cara a ditadura implica a existencia dos intereses económicos de determinados grupos sociais, chamados
polas autoridades por medio dunha «política de recompensas» que xerou corrupción e unha «sociedade dividida entre
vencedores e vencidos». Por outro lado, e dirixido a aqueles que non se sentiron interpelados pola ditadura polas vías
anteriores, situouse o fenómeno represivo que, amais de intimidar e dobregar vontades cara a «aceptación» social da ditadura,
fomentou a «persistencia» de nexos de unión entre individuos que permitiron «mostras de disentimento na sociedade».
125
4.3.2 1939-1945: UNHA CONSTRUCIÓN INSTITUCIONAL QUE SE COMPLICA. O PODER
PROVINCIAL ANTE OS PROBLEMAS POLÍTICOS E ADMINISTRATIVOS
4.3.2.1 A desorganización e as disputas internas en FET de las JONS
Esta situación de indefinición —nalgúns momentos case se podería dicir incapacidade
para articular mecanismos de acción política e administrativa—, na implantación de FET de las
JONS nas provincias e cidades galegas foi sintomática da variedade no referido á orixe política
daqueles que quedaran encadrados nese Movemento despois da unificación. Ao partido
custoulle entrar, máis que na vida política e administrativa, entre a sociedade galega. O proceso
de encaixe interno de membros e cargos dentro daquel resulta o suficientemente descritivo para
explicar o extremo da dificultade de penetrar entre a sociedade. Nas catro provincias
producíronse tensións propias de procesos de asentamento de novas estruturas políticas, nas
que os actores chamados a ocupar postos de importancia, desexarían estar colocados nos
mellores lugares para, de maneira efectiva, ocupar os asentos máis vantaxosos. En aspectos
coma o da educación, por exemplo, intúese que a depuración foi desexada para que entrasen
no corpo educativo aqueles que se demostraron máis próximos a Falanxe ou, simplemente, á
ditadura. Pero que ese proceso de limpeza custou e atopou moitos atrancos dende o principio
por parte das mesmas autoridades educativas provinciais, tamén quedou evidenciado nos
informes das autoridades provinciais galegas. O mesmo sucedeu, pero con maior intensidade,
dentro do propio partido e das súas delegacións. Nelas estaba o trampolín para poder meter
non só a cabeza, senón todo o corpo na estrutura administrativa e política da nueva España
ditatorial que se estaba a construír. Un dos elementos de análise máis interesantes para o estudo
do proceso de construción da ditadura franquista é a lectura dos informes mensuais emitidos
polos xefes provinciais do Movemento onde se informou a Madrid sobre a «situación política
de la provincia». Resulta especialmente interesante ver como a situación social e política da
provincia se mesturou coa situación interna do partido; ou, dito doutra maneira, as xerarquías
provinciais converteron o funcionamento do partido no funcionamento da provincia. O partido
estendeu ao territorio provincial os seus problemas e sumou aos propios os que contou o
territorio.
Ata o momento, os informes describiron claramente que o pé que fallou na construción
da ditadura franquista foi FET de las JONS. Afastada completamente da sociedade galega,
buscáronse solucións para solucionar esa condición. Entre as solucións que se buscaron para
solucionar esa falta de empatía da poboación co novo modelo político estivo a de unificar o
cargo de Gobernador Civil co de xefe provincial do Movemento. Ata 1941, as dúas máximas
autoridades da provincia con contactos en Madrid viviron enfrontadas, aínda que non sempre
de maneira manifesta. Isto quere dicir que aínda que a relación entre as dúas xerarquías fose
fluída, a ningún dos dous se lle escapou a idea principal de que representaron a dous poderes
en conflito: por un lado, un gobernador delegado do goberno ditatorial na provincia que debeu
seguir ao ditado as ordes cursadas dende Madrid; por outro lado, un xefe provincial líder dun
partido político que buscou de maneira incesante entrar no repartimento da torta do poder
provincial ao ser a maneira máis efectiva que tivo ao seu alcance para facer chegar a súa mensaxe
126
á poboación e poñer en marcha a revolución nacionalsindicalista. Esta mestura produciu
nalgunhas provincias o choque entre os dous. Foi a partires de 1941 cando a unificación dos
dous cargos culminou en Galicia. En Ourense e Pontevedra, a unificación efectiva produciuse
en maio e novembro de 1940, cando Casiano Costas Posada e Francisco Rodríguez Acosta, en
Ourense e Pontevedra respectivamente, acadaron a alta xerarquía do partido dende o Goberno
Civil das súas provincias. A seguinte provincia en dar o paso foi Lugo, en maio de 1941, cando
Ramón Ferreiro, que actuaba xa en calidade de xefe provincial dende setembro de 1938, foi
nomeado Gobernador Civil da provincia. Dende o momento da unificación dos cargos, a voz
de FET de las JONS foi a voz do Gobernador Civil. E a voz de FET de las JONS continuaron
a ser os informes que lle requiriu Madrid. A excepción do proceso foi a provincia da Coruña,
onde todo discorreu por camiños máis tortuosos.
4.3.2.1.1 A FET de las JONS da Coruña. Unha Falanxe baleira: vendo inimigos por todas partes.
As dificultades do partido e do Goberno Civil continuaron afondándose na provincia da
Coruña no primeiro ano sen guerra. A situación foi especialmente comprometida para o
primeiro, pois a súa misión foi esencialmente ideolóxica, o que o colocou nunha posición máis
indeterminada e etérea respecto ao resto das actividades administrativas. Na Coruña a situación
interna do partido non foi moi estable —cómpre lembrar aquí o informe que escribiu o Tenente
inspector que realizara a primeira inspección provincial. En setembro de 1940, o xefe provincial
Lorenzo Vilallonga ausentárase durante uns días da provincia. Esta ausencia favoreceu un
enfrontamento na vía pública entre os mandos da Organización Xuvenil co que fora o seu
delegado —José María Velasco Calvo—, «agrediéndose en la vía pública». Como consecuencia
directa desa liorta, foron abertos os expedientes disciplinarios correspondentes a aqueles que
estiveron involucrados. Mais esta situación tensa no interior do Movemento e as destitucións
que se produciron en algúns servizos, non fixeron máis que afondar na definida coma «situación
algo delicada al Partido». As autoridades do Movemento describiron o que estaba a pasar na
Falanxe coruñesa como a reanimación do chamado perenne «viejo antagonismo que existía
entre dos grupos de la antigua Falange». Á fronte dun dos grupos estivo o recorrente Diego
Salas Pombo, antigo secretario nacional do SEU. Á fronte da oposición a Salas Pobo estivo o
xa citado José María Velasco Calvo. Este liderou un grupo de mozos que contou con enorme
peso dentro do SEU e que segundo os informes emitidos contou «en Madrid con la simpatía
de los Camaradas Julio Muñoz de Aguilar y José Finat Escrivá de Romaní». O grupo de Salas
Pombo posuía un patrimonio histórico que lle podería dar unha certa preeminencia sobre o
resto do Movemento coruñés: todos os seus membros creceran dentro de FET de las JONS
arredor do «malogrado» falanxista Juan Canalejo. Nese grupo estivo o director da escola de
Mandos da Organización Xuvenil, Francisco Puentes Otero, o detonante do enfrontamento
con Velasco Calvo. Este grupo foi o máis numeroso, e contou coa «simpatía del Camarada
Gerardo Salvador Merino y fue el que le rodeó durante su tiempo de Jefe Provincial»202
.
202
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
127
No medio dese panorama provincial de tensións internas que se viviu no partido, o
primeiro ano de plena ditadura non se viviu moi ben na provincia da coruñesa. Na segunda
quincena do mes de xuño de 1940, o xefe provincial da Coruña dicía que a situación política da
provincia era de «decadencia» do espírito falanxista203
. A Coruña vivira a guerra civil dende lonxe,
polo que esa citada decadencia estaba un pouco xustificada por ese suposto. Mais, segundo o
razoamento do xefe provincial, como se podería aceptar que os coruñeses vivisen afastados da
doutrina nacionalsindicalista? O xefe provincial demostrouse incapaz de acadar e artellar unha
resposta a esa pregunta; por iso considerou que a situación debería manterse tal e coma estaba,
agardando a futuros acontecementos. Polo demais, e disto aledouse en extremo o xefe
provincial, non houbo manifestacións na provincia de movementos «de tipo “CEDA”, ni la de
los recalcitrantes Monárquicos»204
. A ausencia de movementos dese tipo facilitoulle ás xerarquías
coruñesas que as alarmas se mantivesen silenciadas ao non existir un competidor directo polo
marco da dereita. Despois de describir unha situación de desconcerto e desorganización interna
do Movemento provincial, nun xiro radical no ton dos acontecementos descritos no informe
mensual, o xefe provincial dixo que a situación xeral da provincia non revestía problemas; que
apesares do ambiente decadente do partido entre os coruñeses, conseguírase algo fundamental,
esencial dende o seu punto de vista para o novo Estado español: unha «Unificación doctrinal»
efectiva:
«El buen criterio y el sano estilo se han impuesto al fin y las dificultades empiezan a allanarse,
abriendo las puertas del trabajo y del sacrificio a cuantos se encuentran con deseos de colaborar,
procedan del grupo o camarilla de que proceda. Esta provincia nunca se ha significado
extremista y el ambiente hoy día no es favorable»205
.
Nese punto do discurso do xefe provincial preséntase unha clave no proceso de
implantación da ditadura franquista en Galicia: non foi tan importante, no momento no que
escribiu Lorenzo Vilallonga, ter mobilizada a poboación como conseguir unha unificación de
forzas políticas ao redor da FET de las JONS da Coruña. Isto é: primeiro unificación política
efectiva, construíndo un marco ideolóxico e de acción social e político claro, e despois
mobilización das masas. De aí, a que en meses seguintes se describise o ambiente político
provincial —en canto a percepción da poboación cara FET de las JONS—, como «indiferente»
203
A diferenza do que ocorría noutras zonas de España, concretamente no ámbito rural estudado en Andalucía por
LAZO, A. (1998): 32-33, a idea de FET de las JONS coma un partido vasoira no que os afiliados entraron por medo non é
unha visión de todo acertada. Segundo LAZO, os xornaleiros que con anterioridade militaran en sindicatos de esquerdas,
non terían entrado en FE de las JONS por manter o seu traballo ou conseguir un novo. A militancia en Falanxe entendeuse
coma unha militancia fascista, na que o obreiro foi un igual dentro da cadea de produción; onde o obreiro foi, por veces, o
centro do discurso. Esta teorización fundamental dende a perspectiva fascista sería a que explicaría o éxito do discurso de
Falanxe entre determinados sectores da poboación. Unha proposta política que colocou no centro do discurso aos
traballadores. Isto foi, segundo LAZO, a esencia de FE de las JONS: dar entrada aos traballadores. Mais a tendencia nas
zonas urbanas diferiu radicalmente do que sucedía no campo, a falta de outras fontes que permitan modificar esta idea. 204
As loitas polo poder non eran máis que unha mostra da indefinición política da ditadura franquista; da falta dunha
tendencia clara de acción. Non había un partido que, baixo unha dirección forte, organizara e totalizara os instrumentos de
intervención política. O acceso ao poder dábase seguindo unha escala delimitada nos seus chanzos por unha actividade
previa ao Golpe de Estado. En primeiro lugar estaban os falanxistas e os tradicionalistas; por baixo, os monárquicos e
católicos; e, finalmente, a dereita de tradición non españolista, é dicir, cataláns, galegos e vascos, como indicou CANALES
SERRANO, A. (2006): 237-238. Se na Coruña non existía esta división, puidéronse darse por satisfeito, pois xa tiveron
suficientes problemas aos que atender dentro do Movemento. 205
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529.
128
ao Movemento como partido; ou «tibio, cuando no contrario» na doutrina, houbo un pequeno
paso que as autoridades provinciais estiveron dispostas a dar206
.
A) LORENZO VILALLONGA: UN XEFE PROVINCIAL Á FRONTE DUN MOVEMENTO INERTE
A Coruña foi a provincia que máis tardou en ver completada de maneira efectiva a
unificación dos dous máximos cargos provinciais: Diego Salas Pombo e Emilio Aspe Vaamonde
foron os dous últimos xefe provincial e Gobernador Civil que exerceron os seus cargos de
maneira separada. Salas Pombo cesou no seu posto no partido en marzo de 1945, momento
no que Aspe Vaamonde pasou a tomar o seu cargo para combinalo co de Gobernador Civil. A
bicefalia da provincia da Coruña é verdadeiramente notable, e indica dúas cousas que son
contraditorias entre si: que o partido coruñés tivo unha importancia extraordinaria na vida da
provincia e que se resistiu ata o final a ser absorbido polo Goberno Civil e, por extensión, polo
Estado; ou que o partido estivo tan des-estruturado e falto de vida, que as xerarquías provinciais
do mesmo víronse obrigadas a culminar o proceso de organización para entregarlle un partido
totalmente renovado ao Gobernador Civil. Que as cousas non funcionaron ben na provincial
coruñesa demostrouno o antecesor de Salas Pombo, Lorenzo Vilallonga, cando escribiu ao seu
superior —o vicesecretario xeral do partido, Pedro Gamero del Castillo—, co «deber [de]
exponerte con toda sinceridad y reserva mi opinión sobre la situación en que me encuentro»;
opinión que xa lle fora adiantada ao vicesecretario do Movemento nunha entrevista persoal
previa.
Segundo os primeiros informes redactados polo mesmo Vilallonga, o seu nomeamento
resultou positivo para elevar a moral da tropa falanxista coruñesa. A provincia, segundo
Vilallonga, reaccionou ao seu nomeamento dunha maneira «saludable habiendo aumentado en
los días que aquí llevo la moral y la confianza de los afiliados y mandos». O problema estivo en
que esa boa disposición de Vilallonga á fronte da provincial tropezou coa actitude de Madrid.
As promesas de colaboración entre a Secretaría Xeral do Movemento e a xefatura provincial da
Coruña non se cumpriron. Vilallonga reflexionou sobre este punto abertamente: se non se
cumprían as promesas que se facían, sabendo Madrid que o partido dificilmente podía
funcionar se non contaba con axuda do exterior, o tema da introdución do partido entre a
sociedade non ía funcionar como debería facelo. Desta maneira directa se explicou o xefe
provincial do Movemento coruñés:
«Bien sé que a mis indicaciones sobre la necesidad urgentísima de un apoyo total y urgente en
lo moral y en lo económico por parte vuestra, me prometisteis reiteradamente que así sería por
eso es mayor mi sentimiento al ver que esas promesas de cuyo [sic] sinceridad no dudo, parece,
tropiezan con dificultades que tengo que declararte que si no se vencen en un plazo inmediato
harán estéril mi labor y ello será causa inexcusable de que te pida me releves, de este cargo que
tu mejor que nadie sabes con que disciplina pero también con cuanto perjuicio para mis
intereses privados he aceptado por nuestra Patria (con todo lo que encierra) ha hechado [sic]
sobre mi».
206
Parte mensual da provincia de A Coruña do mes de agosto, agosto de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
129
Vilallonga agradeceu o apoio moral recibido dende Madrid; mais foi consciente de que
o verdadeiramente importante e fundamental foi o apoio económico. Sen diñeiro non se
podería imprimir o espírito do partido aos militantes. Por esa razón, a do diñeiro, Vilallonga
comezoulle a falar ao seu «camarada» Gamero del Castillo nun ton ben diferente ao anterior.
Aos coruñeses fóranlles prometidas 20.000 pesetas para facer fronte a compras urxentes;
fóralles prometida unha actuación inmediata sobre 12.000 «duros» que estaban inmobilizados
por causa de non poder acceder aos fondos de Frontes e Hospitais. E isto fora prometido «hace
más de 15 días». O xefe provincial realizara chamadas directas á Delegación Nacional de
Provincias onde o informaron de que eses 20.000 «duros» chegarían a Coruña en breve; e que
os 12.000 sería moi probable que non os cataran, porque Frontes e Hospitais tiña moitos
acredores e ese diñeiro que eles solicitaban sería empregado no pago de débedas. Vilallonga
preguntouse retoricamente como podería facer fronte a iso unha provincial que debía 50.000
pesetas no momento en que o xefe provincial estaba a escribir ao seu camarada? A Falanxe
coruñesa non recadaba máis de 5.000 pesetas mensuais en cotas de afiliados, o que a convertía,
en palabras do mesmo xefe provincial, nunha provincial morta. Vilallonga precisou os cartos de
maneira inmediatamente.
Mais o reclamado por Vilallonga non foi unicamente unha cuestión de cartos. Por tras
houbo unha cuestión de hexemonía política. O problema con Frontes e Hospitais residiu en
que a sinatura que faltou en todo o proceso foi a de Pilar Franco —rival do xefe provincial,
inimizade persoal confirmada por el mesmo. Se ela vencía na pugna por conxelar o gasto desa
institución, a derrotada sería a provincial da Coruña. Unha «victoria moral» que acabaría co total
«desprestigio» do xefe provincial, «cosa que tu [Gamero del Castillo] —por razones políticas y
no ya de amistad personal hacia mi— debes evitar a todo trance». Curiosamente, pouco despois
Vilallonga foi destituído207
.
B) DIEGO SALAS POMBO: A XESTIÓN DA HERDANZA RECIBIDA
O substituto de Lorenzo Vilallonga foi Diego Salas Pombo. Nun informe de febreiro de
1941, o novo xefe provincial dixo que o ambiente do partido era de «notorio decaimiento»
motivado, principalmente, por unha absoluta desconexión entre as xerarquías nacionais e
provinciais208
. Un exemplo desa desconexión producírase uns meses antes, en 1940, cando o
xefe provincial se viu na obriga de reorganizar varios servizos de FET de las JONS. Un dos
servizos foi o de Información e Investigación, onde o delegado ao cargo foi destituído porque
«carecía de la confianza del Jefe provincial una vez conocidos por éste los informes que sobre
él obran en la Comisaría y en la Guardia Civil». O abandono do servizo reflectiuse tamén no
nomeamento doutro novo delegado provincial de Sanidade209
. Segundo Salas Pombo, as
xerarquías provinciais do partido padeceron un «creciente desaliento» ante as «trabas
207
Todas as citas anteriores en Sobre situación en que se encuentra la Jefatura [de A Coruña], 28 de maio de 1940,
AGA, SGM, DNP, 51/20529. 208
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549. 209
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
130
constantes» que procederon da Delegación Nacional de Administración sobre a autorización
para realización de determinados gastos «de todo punto justificados»210
.
Como se pode comprobar, as situacións de desgoberno dentro do partido trataron de
solucionarse con nomeamentos de persoas diferentes para as delegacións provinciais. Esta
dinámica interna continuou ao longo do ano 1941 cando o ambiente político dentro do partido
se calmou ao nomearse un novo secretario xeral. Ese nomeamento, sumado a outros, «han
devuelto la tranquilidad y confianza a los afiliados en general que se puede decir muestran
nuevos deseos de colaboración y trabajo con sus jerarquías», en palabras de Diego Salas. O
contrapunto da situación interna do partido estivo na manifestación intensiva dos considerados
«enemigos del nuevo Estado para aprovechándose de él desarrollar campaña de difamación y
desconfianza»211
. Mentres que noutras provinciais galegas o tema que centrou os partes
informativos foi o das liortas políticas internas e externas, no caso da provincial coruñesa o que
importou foi a mala situación económica que viviu a organización.
Dende novembro de 1940 o xefe provincial encargouse de manifestar a posición
económica negativa do partido coruñés. O partido contou con débedas e debeu pagalas canto
antes xa que «esta situación de morosidad perjudica muchísimo el ambiente político». Coma
exemplo práctico do que entraba e saía dos depósitos económicos do partido, pode valer o
seguinte caso para un mes de novembro: o partido presupostou para o total do mes un gasto de
36.158,61 pesetas, ingresando por recadación de cotas mensuais de afiliados 6.255,49 pesetas.
Como as contas estaban tesas, a provincial viuse obrigada a solicitar un presuposto
extraordinario de 2.000 pesetas á Delegación Nacional de Provincias para poder acender o
sistema de calefacción do local da provincial212
. Co inicio do ano 1941, explicouse a Madrid
dende a provincial que a tesourería estaba a atravesar, igualmente, enormes dificultades. Dende
Madrid non chegaron os cartos aprobados para gastos. Se o frío foi un dos problemas no local
de FET de las JONS, o outro foi a ausencia de máquinas de escribir, fundamentais para o
traballo na xefatura provincial. Segundo as informacións que manexou o xefe provincial
coruñés, dende outubro de 1940 estívose a solicitar unha Hispano Olivetti á Delegación
Nacional de Tesourería; pero a máquina nunca chegou. Finalmente, a xefatura decidiu mercar
unha pola súa conta por valor de 2.600 pesetas; gasto que xustificou da seguinte maneira:
«La causa de esta compra fue como más arriba se indica la urgente necesidad de ella, los trabajos
de esta Provincial así lo exigían, carecemos de lo más fundamental, los trabajos de esta
Administración se da el caso de que casi todos los meses van con retraso por falta de máquinas,
a esa Nacional, la correspondencia la mayoría de los días no se puede despachar al día, inclusive
se da el caso de que aun habiendo comprado una máquina tenemos en la actualidad alguna
alquilada. Esto va en perjuicio de nuestra Organización. Dichos alquileres tenemos que llevarlos
en nuestros libros a material oficial no inventariable, este es una asignación muy mediocre ya
que para esta Jefatura, teniendo en cuenta que todo el material ha tenido un alza de un 100 por
100».
210
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549. 211
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xuño, xullo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549. 212
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
131
Os cartos para fichas de afiliados foron tamén escasísimos. Todas as locais da provincia
estiveron nesa mesma situación, chegándose a firmar «que alguna local se mantiene por lo que
aporta el Jefe Local». Todos os gastos afrontáronse cuns ingresos por afiliados de 3.000 pesetas,
que xa eran moito menores que os de meses anteriores213
.
Con todo isto acabouse configurando unha Falanxe desmobilizada, durmida, pasiva, case
inerte, incapaz de penetrar nas capas da sociedade coruñesa. Co paso dos anos, e cos cambios
que se estaban a producir no panorama internacional que tanto pesaron no funcionamento da
ditadura, esas calidades do Movemento afondaron o seu peso entre a poboación da Coruña.
1) As propostas para mitigar (sobre o papel) os baixos niveis de adhesión a FET de las JONS
Os números de afiliados eran escandalosos para o xefe provincial coruñés. Foi moi
complicado construír a ditadura franquista, cando un dos problemas principais foi a
desconfianza cara aqueles homes que ocuparon os postos na administración política local,
provincial ou orgánica do partido; ou que foron potenciais candidatos para facelo. Por se os
problemas do partido fosen poucos, as denuncias entre as xerarquías foron un elemento que
causou unha forte erosión ao Movemento. Se o partido xa funcionaba mal, e as súas xerarquías
non estaban ben engraxadas, non foi unicamente por culpa daqueles que exercían de delegados
provinciais ou simples secretarios de servizos. As culpas tamén residiron nos xefes provinciais
pasados e presentes. En novembro de 1942 —un ano despois de acceder ao maior cargo
provincial do partido na provincia coruñesa—, Diego Salas Pombo informou á Delegación
Nacional de Provincias que no momento no que tomara posesión do seu cargo atopárase coa
«desagradable sorpresa» de que nesa provincia se estaba a manter unha «grave ficción» no
Movemento. Sinalou nun informe as xefaturas locais que non existían máis que sobre o papel;
deu números de afiliados que se afastaban da realidade; demostrou que non había listaxes nin
ficheiros persoais de afiliados... Na súa primeira toma de contacto coas xerarquías provinciais,
descubrira que «media docena escasa de Jefaturas Locales continuaban funcionando, con una
vida lánguida y mortecina».
Unha das primeiras propostas que realizou o xefe provincial para arranxar esta situación
foi efectuar unha serie de actos de masas todos os fins de semana cos que pretendeu «dar vida
a una organización totalmente muerta, y con el afán de divulgar nuestra doctrina entre los
campesinos». O fío argumental de Salas Pombo foi que se a Falanxe estaba morta nas capitais
provinciais, habería que acudir aos campesiños coruñeses que tanto abundaban para celebrar
estes actos de exaltación do ideario falanxista nos locais de FET de las JONS. Foron actos «de
suma sencillez. Consistían simplemente en una divulgación doctrinal y en una fijación de las
causas de la actual penuria nacional». Estes actos, a xuízo do xefe provincial coruñés, foron
necesarios para «el mantenimiento de la ortodoxia doctrinal». Segundo el, agricultores,
213
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xaneiro, febreiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549.
132
gandeiros e campesiños coruñeses estaban enfadados co Movemento e co Estado, polo que a
Falanxe mostrouse presta a solucionar a situación cunha dose de actividade ideolóxica214
.
Ante esta situación dramática do Movemento na provincia da Coruña, Diego Salas viuse
na obriga de redactar unha proposta de organización do partido para darlle a posición que
merecería entre a sociedade coruñesa. O fundamento do proxecto —que xa enviara Salas
Pombo en abril dese mesmo ano—, estivo na necesidade de controlar a todos os elementos
afiliados a FET de las JONS; e en converter a parroquia no elemento administrativo clave para
un correcto «control» da sociedade coruñesa. Galicia contaba cun hábitat diseminado —
característica esencial do poboamento galego—, que implica a existencia de casas por todos os
lados, o que lle da ao mundo do galego un certo carácter anárquico:
«En estas provincias apenas existen pueblos que merezcan el nombre de tales; cada cien metros,
en el fondo de cada valle, en lo alto de cada loma, en cada curba [sic] de la carretera surgen
edificaciones aisladas, y de vez en cuando, también igualmente dispersas en pequeños caseríos
en los que se aglomeran unas cuantas casas y hórreos (graneros)».
Para o caso da Coruña, o xefe provincial estimou nos seus cálculos un total de 11.719
lugares e aldeas. Estes núcleos constituían o centro da vida rural a ter en conta para a correcta
xestión tanto do partido como da administración. Segundo Salas Pombo, esa dispersión levaba
aos galegos a ter pouco contacto entre eles: «en estas condiciones, apenas existe vida de
relación». Polo tanto, a relación entre os membros dunha comunidade producíase na parroquia,
que era «la célula de la vida campesina gallega, su unidad natural». En oposición á parroquia,
Salas Pombo deixou escrito que o concello non era máis que unha división administrativa
artificial «hecha de acuerdo con las viejas tendencias caciquiles». Nese contexto xeográfico e
socio-político viviron os homes da Falanxe coruñesa. Os falanxistas víanse na obriga de
percorrer longas distancias dentro dun concello para informarse de reunións ou outros eventos;
ante condicionantes semellantes moitos deles mantivéronse desmobilizados e afastados do
funcionamento do partido. Nada que ver co que pasaba en Castela, Andalucía ou o Levante,
onde todos vivían en comunidade e se informaban ao mesmo tempo.
«Para reunir los camaradas de un ayuntamiento, precisan muchas veces recorrer grandes
distancias, que a veces sobrepasan los veinte kilómetros y llegan hasta los treinta. Y este camino
es accidentado y tortuoso, por corredoiras [sic] enfangadas y caminos vecinales cuajados de
baches. Cada reunión de camaradas de un ayuntamiento lleva consigo un enorme sacrificio para
todos ellos, o cuando menos para una gran parte de los componentes de aquella Falange Local».
O xefe provincial da Coruña describiu ao falanxista galego coma un individuo só ou en
«pequeños grupos». Desa maneira dificilmente puido defenderse «contra el ambiente político
torvo y amenazador que le cerca, contra el ambiente de egoísmo e inmoralidad que la asfixia».
A parroquia debería ser a unidade de organización básica do partido en Galicia. Nese elemento
central articulou Salas Pombo a súa proposta para o partido. Os estatutos do partido dicían que
en cada punto no que houbese 20 afiliados debería existir unha xefatura local. Iso, para o caso
de Galicia provocaría a aparición de centos de agrupacións locais: un problema de organización
214
Solicitando la concesión de permiso para continuar celebrando actos de propaganda en aquella provincia [de A
Coruña], 17 de marzo de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586. Contesta a la circular núm. 1 exponiendo la situación de la
provincia [de A Coruña], 30 de novembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
133
que xeraría «un fraccionamiento en el mando y por tanto con criterios tal vez dispares para
orientar la política del municipio». Por esa razón, Salas Pombo propuxo unha solución
intermedia para Galicia. Habería unha Falanxe local que tería como ámbito o conxunto do
concello. En cada unha desas Falanxes habería tantas delegacións parroquiais coma parroquias
conformasen o concello. Cada delegación debería estar dirixida por un delegado que
dependería do xefe local para o seu nomeamento e destitución. A intención do xefe provincial
coruñés foi facer chegar o poder de FET de las JONS a todas as parroquias; a mobilizar aos
seus afiliados e que estes conseguisen que moitos máis se afiliasen:
«Hay que aspirar a conquistar gente suficiente en cada parroquia para lograr un centro de
irradiación falangista. Hay que aspirar a conseguir la vitalidad suficiente para sostener un Hogar
en cada una. Hay que tender a que esta articulación que comenzará sobre el papel y que en
principio se reducirá en muchos casos a un número exiguo de camaradas, y a veces a uno solo,
amplíe su base, y lleguemos primero a tener una escuadra en cada parroquia, y luego a infundirle
vida a Falange, calor y actividad».
Afirmaba o xefe provincial que no campo galego non penetrara a Falanxe coma noutras
partes de España pola ausencia de «grandes masas de braceros» necesitados dunha «revolución
agraria inmediata». Tamén houbo que sumar o tópico por excelencia, sempre recorrente, sobre
o labrego galego: homes que non se avergoñaban de facer gala do seu «atraso e incultura» que
o fixo dependente do «sistema caciquil de viejo estilo que aun [sic] hoy da sus últimos coletazos
de monstruo agonizante». Para eliminar esa influencia caciquil o xefe provincial Salas Pombo
identificou o medio: FET de las JONS.
«Hay una fuerza caciquil muy grande en Galicia. Esa fuerza se basa en la incultura y en el
aislamiento. Cuando una persona medianamente instruida se asienta en una aldea de Galicia,
inmediatamente comienzan a girar en torno suyo las consultas y si orienta a los que las solicitan
y consigue para ellos alguna ventaja, automáticamente está ya incluido en el sistema caciquil que
al poco tiempo lo articula como entre las piezas de su maquinaria. Para desenraizar al campesino
del “señor”, para apartarlo del cacique que aun quiere vivir y tal vez adaptarse a las nuevas
modalidades de la política, para evitar esa conversión automática en piezas caciquiles a que
aludíamos antes, es imprescindible desbancar totalmente el sistema, darle la batalla en su propio
terreno. De ahí el interés fundamental que para la Falange tiene el logro inmediato de una
penetración eficaz y definitiva en el campo de Galicia»215
.
A cuestión de entrar no campo, de facer chegar a mensaxe de FET de las JONS aos
labregos foi un asunto que preocupou moito ás xerarquías provinciais. Se do que se fala é de
215
Remite un proyecto de organización sirviéndose de base de las parroquias, 3 de decembro de 1942, AGA, SGM,
DNP, 51/20586. Con anterioridade enviara o Informe sobre constitución y funcionamiento de las llamadas Juntas
Parroquiales de la Comisaría de Recursos, 8 de maio de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586, sobre a organización parroquial
en asuntos de sindicalismo agrario a través da figura do cura párroco. O proceso que pretendía iniciar o xefe provincial do
Movemento Diego Salas Pombo no ámbito da súa provincia correspóndese a un proceso —entendido por aquel coma en
extremo necesario para sustentar a ditadura franquista e o programa de FET de las JONS—, de construír unha administración
política que influíse e chegase ao maior número de coruñeses. Non buscou un «consenso» arredor do Movemento; necesitou
construír un determinado grao de «aceptación» que debería xurdir da sociedade coruñesa. Aceptar política e socialmente o
Movemento e toda a súa estrutura administrativa pode entenderse, seguindo a CABANA IGLESIA, A. (2009): 42, coma un
proceso de construción dun «acordo» que nega a existencia dun entendemento total, no ideolóxico, cultural ou no social,
previo entre as partes. Salas Pombo planeaba construír unha estrutura institucional onde non foi necesaria a «afinidade
ideolóxica» —seguindo a explicación sobre o consentimento de CABANA IGLESIA—, senón unha estrutura fundamentada na
«obediencia habitual, os custos de oportunidade, os incentivos e a presión».
134
construción da ditadura franquista en Galicia, podería entenderse que a penetración do modelo
falanxista nas cidades foi moito máis sinxelo que no mundo rural. A cidade prestaba un
ambiente aberto —aínda que fose de maneira limitada no coñecemento de saberes—, para o
asentamento dos ideais do Movemento. O rural, pola contra, víase sometido as ideas
preconcibidas sobre a política —sempre tan difíciles de extraer do imaxinario colectivo, visto
dende a perspectiva das xerarquías do Movemento coruñesas—, que se mantiveron no
pensamento dos labregos debido á súa falta absoluta de formación máis aló das primeiras letras.
Polo tanto, o mundo sindical dividiu a súa influencia entre a cidade e o campo. E se a súa
influencia estivo dividida, os seus problemas foron ben diferentes entre os dous ámbitos.
A parroquia debeu artellarse coma o núcleo esencial do funcionamento de todo o
relacionado con Galicia. E iso, especialmente, nun dos campos onde máis se notaba a ausencia
de FET de las JONS: o sindicalismo. Un dos factores fundamentais do campo galego estaba na
falta do que Salas Pombo denominou «hábitos sindicales» entre os labregos. A opinión do xefe
provincial foi a de que os únicos sindicatos, como tales, que colleran algo de arraigo no campo
galego foran as Cooperativas Agrícolas y Ganaderas de la Federación Católico-Agraria, que
«tropezaron con unas dificultades inmensas». As Sociedades de Seguros Mutuos de Ganado,
que existían nalgunhas zonas de Galicia, tiñan a súa base de acción nas parroquias. Unha das
razóns que empregaron para o fracaso do sindicalismo foi un tópico clásico sobre os galegos:
«el carácter tradicionalmente receloso del campesino gallego».
«Ese recelo al que aludíamos antes como característica principal del campesino gallego, le lleva
a no fiarse de nada lo que le dicen y así solamente de lo que ve o conoce directamente por si
mismo. Conoce al vecino de la Parroquia al que se le muere la Vaca y por eso se agrupa
parroquialmente. No conoce en cambio al vecino de un lugar distante tal vez veinte o más
kilómetros, y su primer movimiento es de duda y de incredulidad».
A organización sindical do rural galego debería ser á forza sinxela: un campo
excesivamente fracturado en pequenas parcelas que eran empregadas para o autoconsumo,
tanto humano coma animal, non podería supor moito problema para o Movemento coruñés
segundo a visión de Salas Pombo. Así como sucedeu en outros sindicatos agrarios no resto de
España, que deberon dividirse en seccións —trigo, arroz, hortalizas, cítricos...—, pola variedade
de plantacións, en Galicia iso non sucedía. A organización sindical non debería subdividirse en
seccións para evitar, en primeiro lugar, a complexidade do sistema e, en segundo lugar, crear
dúbidas no labrego216
.
Polo medio de todo este proxecto organizativo do xefe provincial do Movemento
coruñés, o Comisario de Recursos de la 8ª Zona decretara a posta en funcionamento das xuntas
parroquiais. Sobre elas, o 8 de maio de 1942, o xefe provincial informou á Delegación Nacional
de Provincias da «ineficiencia absoluta que han mostrado» anexando un informe que estudiaba
o seu funcionamento. Segundo o seu razoamento, as xuntas provinciais eran uns instrumentos
«extralegales, antisindicales y antiestatales»; unhas institucións que non seguían a disciplina do
Movemento e que vulneraban absolutamente as funcións dos sindicatos. As xuntas parroquiais
foron unha especie de distribuidoras de materiais de labranza que, en principio e segundo a
216
Enviando estudio relativo a la organización articulada del Movimiento en las provincias de Galicia, 10 de abril de
1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
135
regulación, deberon ser subministrados e distribuídos polos sindicatos correspondentes.
Segundo Salas Pombo, o reparto quedou en mans de «tres o cuatro personas a las cuales se les
dan unas atribuciones muy superiores a las de los organismos del Movimiento». Estas xuntas
parroquiais «anulan totalmente la vida sindical robusta y eficiente en el campo gallego».
Rachaban cun principio básico do Estado ditatorial: unidade, totalidade e xerarquía.
O Comisario da 8ª rexión argumentoulle ao Movemento que tivera que crear estas
estruturas ante a debilidade de FET de las JONS no campo galego, cousa que non puido ser
aceptada polo partido:
«Inicialmente se comienza prescindiendo de la Falange. Se pretende ignorar su existencia en el
campo gallego. El Sr. Comisario justifica tal vez entonces su actitud en la escasa vitalidad y
potencia de la Falange en Galicia. Pero no es ciertamente una forma de ayudarla y robustecerla
ignorarla en tal forma [...]».
Nesas xuntas, o párroco era o presidente. Segundo a opinión de Salas Pombo, esa foi
unha maneira de desprazalo «de su función puramente espiritual» a outra que o obrigaría a
«entremezclarse con las cosas de la tierra en las cuales puede perder su prestigio que a toda
costa hay que defender». O mestre era o secretario da xunta, o que agradou ao Movemento
moito menos que o papel do cura párroco. O xefe provincial non quixo caer no tópico de que
«todos los maestros sean rojos»; pero si sabía que a maior parte deles non
«sienten el Movimiento y aun hay muchos que lo sabotean. Lo sabotean en la enseñanza y lo
sabotearán con mayor motivo en esta función económica. ? Como [sic] ván [sic] a servir con
entusiasmo y lealtad al Movimiento los maestros que fueron sancionados, y que por arte de
encantamiento y valiéndose de procedimientos indirectos han conseguido reintegrarse a sus
escuelas?».
A maiores deses dous elementos estiveron como vogais os maiores contribuíntes que
sempre fixeron gala do que Salas Pombo denominou o seu «temperamento egoísta propio de
los campesinos gallegos», collendo para si os mellores produtos. Estas funcións e compoñentes
provocaron que as xuntas parroquiais fosen consideradas polo xefe provincial como
organizacións cunha vida «lánguida y mortecina»217
.
2) Os problemas económicos da delegación de Sindicatos coruñesa
Entre proxecto e proxecto para levantar o Movemento coruñés, a Diego Salas Pombo
xurdíronlle numerosos problemas na delegación predilecta de calquera xefatura provincial: os
sindicatos. A comezos de 1942, o delegado provincial de Sindicatos, José David Montes,
informou ás autoridades provinciais e nacionais do que estivo a suceder na provincia coruñesa
respecto a súa delegación. Segundo as primeiras palabras do seu informe a situación requiriu
dunha «obligada atención falangista». A cuestión remontábase a xaneiro dese mesmo ano, cando
a xefatura provincial do Movemento, nunha apertura rutineira de correspondencia, atopou
unha denuncia «sobre supuestas irregularidades administrativas» que realizara ante a delegación
217
Informe sobre constitución y funcionamiento de las llamadas Juntas Parroquiales de la Comisaría de Recursos,
8 de maio de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
136
nacional de Sindicatos o delegado provincial Montes. A denuncia consistía nunhas supostas
irregularidades na sindical polo gasto de 70.000 pesetas en «unas pocas máquinas de escribir».
Esa compra de material de oficina tería sido empregada para camuflar o suposto verdadeiro
gasto no que foran invertidas. A ese montante habería que sumar outras 25.000 pesetas
asociadas a operacións de creto que non se atopaban rexistradas en algures, sempre segundo o
testemuño do delegado provincial de Sindicatos. Esta eventualidade «produjo gran sorpresa» no
xefe provincial, pois o delegado provincial non o informara desas supostas irregularidades.
Cando o xefe provincial Salas Pombo caeu na conta da información que lle chegou pola
vía da nacional de Sindicatos, iniciou a investigación a través da ferramenta que tiña a man: a
delegación provincial de Xustiza e Dereito capitaneada por Pedro de Alcántara García. Despois
da primeira declaración de Montes, Alcántara informou a Salas Pombo da súa impresión: a
denuncia parecía non ter moito sustento ao seu parecer; para el estaba «justificada solamente
por motivos de mala fe, toda vez que el camarada Montes, no había concretado uno solo de los
graves cargos que formulaba». Montes foi chamado a presencia de Salas. No momento da
entrevista —sempre segundo o xefe provincial—, aquel mostrouse nun «deplorable estado de
nervios». Segundo o xefe provincial, naquel momento Montes aclarou que a denuncia «se
trataba de una ligereza por su parte»; o que permitiu ao xefe «reprenderle con toda cordialidad
por tal irreflexión propia de un irresponsable». Con todo, Montes non foi o único en ser
chamado a declarar. Dúas declaracións máis continuaron a liña de sospeitas debuxada polo
delegado de Xustiza e Dereito: a de Blanco Ons218
—secretario da rama provincial do sindicato
da pel—, e Pier Pasaron ―que actuaba como administrador provincial da sindical.
O delegado provincial de Administración analizou as cifras que Montes expuxo na súa
denuncia: «todas las operaciones realizadas son perfectamente normales»; as máquinas de
escribir estaban no seu sitio. O que si apareceu nos libros de contas foron algunhas anotacións
que Montes consignara coma «viáticos y dietas». Estas sumaron un total de 8.600 pesetas sen
xustificar dende que Montes tomase posesión en setembro de 1941. Xustiza e Dereito, en base
a estas probas, iniciou o expediente contra Montes. Este decidiu non aceptar o prego de cargos
polo seu «estado psíquico». O seguinte paso foi que o mesmo delegado de Información e
Investigación llo fose levar a casa co correspondente acuse de recibo. O que se atopou o
delegado encargado de realizar a tarefa de notificación foi a un Montes en «un estado de gran
nerviosismo», seguramente ao «comprobar que había obrado con demasiada irreflexión o que
había sido descubierta su falsedad». Segundo a opinión dos implicados no proceso, Montes
estaba «quebrando la disciplina» dunha maneira tal que obrigou ao xefe provincial a ir
«personalmente acompañado de Delegado Provincial de Justicia y Derecho a que reciba el
pliego de cargos». Se decidía non aceptalo, iniciaríase contra el un expediente de expulsión do
partido «no obstante su brillante historial falangista». En febreiro de 1942, a xefatura provincial
volveu a escribir a sindicatos en Madrid, informando outra vez sobre as negativas de Montes
para aceptar o prego de cargos; e tamén dun feito do que tivo constancia Salas Pombo por
medio do Gobernador Civil: Montes presentárase na comisaría de policía «para solicitar
218
Pode referirse a Manuel Blanco Ons, avogado natural de Noia e que foi xefe local do Movemento nomeado en
novembro de 1940 e Alcalde da localidade nomeado en febreiro de 1949. Parte mensual da provincia da Coruña do mes
de outubro, novembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529 e o seu nomeamento coma Alcalde en AGA, FAMI 44/3016.
137
protección pues temía un atentado». Este suceso levou a Salas Pombo a falar «de un
desequilibrio mental» en Montes, o que non excluía que «se sancione con la energía necesaria
a fin de evitar la repetición de estas ligerezas punibles».
Ese suposto desequilibrio mental de Montes non lle impediu escribir a Madrid o que el
creu que se ocultaba por tras de todos os problemas que padecía a provincial coruñesa:
«Comprenderás mi situación de tirantez con la Jefatura, y el continuo incordio a que estoy
sometido, no es posible tolerarlo aun usando por mi parte de la máxima paciencia. La dura
disciplina moral que sufro requiere una pronta justicia si es cierto (y no dudo) que somos una
hermandad»219
.
A información aportada por Montes aclarou o que houbo detrás de todo o proceso:
Montes e Salas Pombo non mantiñan moi boa relación, eventualidade que o xefe provincial
aproveitou para cargar contra el e, así, quitalo de enriba dunha maneira exemplar. Este proceso
é o exemplo da que foi a maneira máis empregada polos falanxistas para acabar cos seus rivais.
Os sindicatos foron o campo de batalla preferido polos membros do partido xunto coa
administración local.
3) Salas Pombo e Aspe Vaamonde: unha relación complicada
A Coruña foi un caso excepcional entre as catro provincias galegas. O xefe provincial do
Movemento, a altura de 1943, aínda non era o Gobernador Civil. Cando nas outras tres
provincias galegas a unificación do cargo se producira anos antes, A Coruña debeu agardar a
que a unión das dúas xerarquías provinciais se producise. Con anterioridade xa se analizou a
situación interna do partido que facilitou o mantemento das dúas xerarquías separadas para
buscar a correcta implantación e estabilidade do Movemento na administración política e social
da provincia. Esa dicotomía de xerarquías provocou tensións como as que se teñen visto entre
as dúas cabezas visibles do nuevo Estado ditatorial.
A relación entre o Gobernador Civil Emilio Aspe e o xefe provincial Diego Salas non
foi moi boa —ou canto menos, polo que se describe nos informes internos do Movemento, non
foi o suficientemente fluída220
. Un exemplo desa separación deuse con motivo da visita de
Franco á provincia en abril de 1943. O Gobernador Civil mantivera afastado ao partido nesa
visita que tivo coma finalidade a inauguración do ferrocarril entre Santiago de Compostela e A
Coruña. Esa visita do Caudillo non lle foi avisada ao partido ata poucos días antes, cando as
219
Se da cuenta del incidente ocurrido con el Delegado Provincial Sindical, camarada José David Montes, que ha
sido expedientado por haber formulado una denuncia falsa sobre irregularidades en el citado Servicio Provincial [de A
Coruña], 3 de febreiro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586. 220
O feito de que as relación entre as dúas xerarquías non fora boa non debe resultar estraño para o observador
externo. SANZ ALBEROLA, A. (1999): 31 e 91-92, que foi o primeiro en estudar en detalle o funcionamento dun Goberno
Civil ditatorial na provincia de Alacante, describiu claramente a relación entre os dous máximos dirixentes provinciais. O
partido tivo prohibido, incluso, dirixirse directamente ao gobernador para solicitarlle o que necesitaba. Mentres se mantivo
a situación de duplicidade do poder, o Gobernador Civil e FET de las JONS sostiveron unha dura loita que acabou
producindo un «panorama de inmoralidad y desprestigio del Partido y de la autoridad». A convivencia de dous poderes civís
cunhas competencias escasamente definidas no mesmo territorio, deu lugar a esta situación. A unificación dos cargos
manifestouse co paso do tempo como a solución máis viable a este problema; que no caso da Coruña, aínda tardou en
chegar.
138
propias autoridades do Movemento interrogaron sobre o asunto ás xerarquías políticas da
provincia e ao Gobernador Civil. O estraño da situación foi que o partido fora o encargado de
organizar a visita, que estaba prevista pero non confirmada nas súas datas exactas.
«Posteriormente en la Prensa de Madrid, apareció una nota de la Agencia Cifra en la que se
indicaba que habían sido felicitados por la organización de los actos el Gobernador Civil y el
Alcalde de esta Provincia. Para satisfacción de la Falange, y de un modo concreto de esta
Delegación Nacional me creo en el deber de manifestar que fue el Movimiento quien movilizó
a la gente y quien llevó el peso de toda la organización no teniendo más apoyo que de una parte
el envío de fuerzas de Orden Público por el Gobernador Civil, y de otra la publicación de una
nota por la Alcaldía de la Coruña y la ornamentación de alguna estación. En lo demás fue el
Movimiento el realizador de la movilización de mases que aclamaron a nuestro Jefe Nacional».
Eses movementos internos e ao redor do partido provocaron problemas entre as
xerarquías que, ante calquera inconveniente na organización de actos, colocaron o sambenito
sobre os elementos desafectos. Unha cousa así —o que se podería considerar un descargo de
conciencia falanxista—, sucedeu en xullo dese mesmo ano de 1943 coa visita estival que o
Caudillo realizaba para veranear no pazo de Meirás. Diego Salas Pombo explicou que a estancia
de Franco transcorrera sen sobresaltos. As estradas luciron sempre cheas de camaradas e mozos
falanxistas que acompañaron os desprazamentos do ditador ao seu Ferrol natal, a Meirás ou A
Coruña. Porén, a vista contou dende o inicio con numerosos atrancos na súa organización.
Unha das delegacións do partido encargadas da organización da visita foi a de Educación
Popular, que solicitou bandeirolas para decorar a chegada do ditador á provincia. Mais as
colgaduras aínda non chegaran cando Franco xa estaba na provincia. A delegación nacional de
Propaganda non enviara o material, unha situación verdadeiramente «desmoralizador[a] para
una Provincia esta desasistencia por parte de las Delegaciones Nacionales».
O outro problema organizativo estivo na provincial de Transportes e na súa falta
sempiterna de combustible para os seus vehículos. O que chamou a atención ao xefe provincial
do Movemento desta falta de combustible foi que dende facía días un vehículo coa matrícula
de FET, ao que se lle supuña un maior consumo que o resto de vehículos do parque móbil
falanxista, fora visto circulando cargado con «numerosos cubos y palas, señoras y niños, echo
[sic] al que no se está acostumbrado en esta provincia». O xefe provincial chegou á conclusión
de que alguén da xerarquía do Movemento estaba a utilizar o vehículo. O que estivo claro para
Salas Pombo foi que a persoa estivo sempre perfectamente localizada, aínda que con evidente
cortesía non se sinalou a ninguén. Situacións coma esta produciron no Movemento o
«desánimo» entre todos os que formaban parte del221
.
Por se esa situación de humillación descrita resultase insuficiente para o xefe provincial,
o ditador tería felicitado por semellante despregamento de medios e persoal ao Gobernador
Civil; e tamén pola «presencia y vitalidad de la Falange» coruñesa. Mais para o Movemento
coruñés unha cousa fundamental saíu mal: o correspondente de CIFRA na Coruña, García
Puebla, escribiu unha nota na que se dicía «en tono tendencioso» que unicamente «un grupo de
cadetes» acompañara os desprazamentos de Franco. Esta crónica do correspondente foi
221
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do
mes de xullo, agosto de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611.
139
interpretada polo Movemento coruñés como «sabotaje que comprobará una vez más su
desafección al Movimiento». Por esa razón, o xefe provincial permitiuse o luxo de solicitar á
delegación nacional de Prensa e Propaganda a destitución do correspondente, «pues en el mejor
de los casos si no se enteró, es por que [sic] no estuvo en donde debía, y demostraría en tal caso
incapacidad para el desempeño de la misión indicada».
A Falanxe coruñesa estaba baleira de material. Salas Pombo describiu que non había,
sequera, vehículos do partido para saír dun apuro de necesidade coma puido ser unha visita
como a de Franco. O xefe provincial, despois de tratar o tema con outros xefes provinciais en
diferentes reunións en Madrid con motivo do Primeiro Consello Nacional de Xefes Provinciais,
deuse conta, e así o transmitiu a Madrid, de que existía un agravio comparativo. A provincial
coruñesa, unha provincia de máis de 900.000 habitantes, contaba unicamente cun FIAT 1100
do trinque; outro da mesma marca máis antigo e outro FIAT 1933 «sin calzar» e outros dous
«coches antediluvianos». O berro de Salas Pombo expresou que iso non podía ser así nunha
provincia con semellante número de poboación e que era onde estaba residencia de verán de
Franco e na que se realizaban «incesantes actividades falangistas». Esa cuestión, a de contar cun
parque móbil potente, foi unha queixa recorrente ao longo de todo o ano de 1943. Moverse
pola provincia foi necesario para «sostener el espíritu de una Falange floja»; condición que non
deixou de lembrar Salas Pombo cada vez que tiña oportunidade222
.
O resultado de todo isto é o cadro de que na Coruña demostrouse que a separación
entre Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento foi contraproducente para o
funcionamento da provincia. Pero neste caso, o verdadeiramente preocupante foi a falta de
poder de decisión de Falanxe nas cousas que tiveron que ver coa construción da ditadura
franquista223
.
4) Salas Pombo e La Voz de Galicia: outra relación complicada
O principal problema ao que se enfrontou o Estado ditatorial foi o descontento da
poboación debido aos problemas orixinados polo abastecemento. Participar en actos de
afirmación nacionalsindicalista e de difusión da doutrina política de FET de las JONS foi
indispensable para ser un bo galego en comuñón con España e o seu Caudillo; pero máis
esencial foi comer canto menos dúas veces ao día. Pero iso fíxose cada vez máis difícil na Galicia
dos anos 40. Se a «pertinaz sequía» —da que só se fai referencia unha vez en toda a secuencia
de anos analizados nos partes mensuais—, dos meses de verán foi unha das causas que afondaron
no des-abastecemento, a outra foi a presión das autoridades que requisaron aos campesiños o
froito da súa terra.
222
Comunica visita del Caudillo a la capital [de Coruña], 14 de xullo de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20586. Parte
mensual da provincia da Coruña do mes de outubro, novembro de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de
decembro, xaneiro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20611. 223
A ausencia total de poder manifestouse no ámbito da política provincia e local. Segundo GINÉS I SÀNCHEZ, A.
(2010): 86-87, o Movemento intentou por diferentes vías conseguir espazos de acción política directa nos consistorios
municipais e na administración provincial. Así, a presión directa sobre o Gobernador Civil e os funcionarios da súa
administración, convertéronse en movementos clave para conseguir unha pequena parte da torta do poder provincial.
Tamén se buscou acceder ao poder por medio da formación das elites políticas a través da delegación de Política Local das
provincias, que se comezou a aplicar indistintamente, con maior ou menor éxito nas catro provincias galegas.
140
Unha boa parte da poboación coruñesa expresou o seu desgusto polos problemas de
abastecemento, defraudada por unhas autoridades que, literalmente, arramplaban con todo o
que lles foi fundamental para manterse. Así foi moi difícil construír a ditadura franquista. Por
iso, ademais de realizar os actos proselitistas —para os que o partido atopou enormes problemas
de financiamento—, o Movemento preocupouse dos espectáculos e da prensa, ferramenta
esencial e de enorme poder de difusión que, ás veces, escapou ao poder de FET de las JONS.
O control dos medios de comunicación na súa función de propagandistas realizouno o
Movemento a través das delegacións provinciais de Educación Popular. Todos os medios de
comunicación estiveron sometidos ao control de FET de las JONS, que foi o mesmo que dicir
do control do Estado. Desa maneira transmitíanse as consignas debidas entre poboación
empregando o papel de empresas privadas que estiveron ao servizo da ditadura franquista.
Porén na Coruña, Salas Pombo informou que houbo un medio de comunicación que escapou
ao control do Movemento.
O xornal La Voz de Galicia tiña un director que, segundo a opinión de Diego Salas
Pombo, «actúa siempre anárquicamente ignorando olímpicamente las consignas» que lle viñan
dadas dende a delegación provincial de Educación Popular. Esa actitude provocou que a
delegación provincial puxese o asunto en mans da delegación nacional de Prensa. Ante ese
panorama particular da prensa provincial e xeral da situación social e política da provincia,
Diego Salas Pombo escribiu a Madrid para solicitar o estudo da apertura dun xornal propio do
Movemento coruñés. Unha provincia que sumaba 911.000 habitantes e que contaba con 3
grandes cidades para España: A Coruña, Ferrol e Santiago debería contar cun xornal propio do
Movemento.
A idea de Salas Pombo sostívose na opinión de que todas as provincias e contaban cun
diario do Movemento; e tamén moitas capitais de provincia, excepto A Coruña. El Pueblo
Gallego era o único diario nacionalsindicalista de Galicia. Este xornal non se distribuía
homoxeneamente a toda a provincia, e as informacións que nel aparecían circunscribíanse case
en exclusiva a Vigo e Pontevedra, o que provocou que a «información falangista de otras
provincias queda[ra] reducida a unos simples renglones». El Pueblo realizaba cada mes un
resumo titulado La Falange Gallega que unicamente recollía os sucesos de Pontevedra. Pola súa
banda, na provincia da Coruña había 4 diarios: El Ideal Gallego —do que se dixo que a «mayor
colaboración presta de toda la provincia» foi que era propiedade da Editorial Católica, antigo
sustento editorial da CEDA—, e La Voz de Galicia —da que se dicía que «fue siempre prensa
roja, y hay veces en que aún lo parece así», por ter no seu cadro de persoal redactores pouco
«afectos al Movimiento y enemigos de la Falange», sendo o seu director un arxentino que
chegara a España durante a guerra civil «pero de una acritud, un amaneramiento, una pedantería
y una inmoralidad privada que hacen imposible la colaboración con la Falange». En Santiago
había El Compostelano —de escasa tirada— e El Correo Gallego ―de corte «anglófilo» que
segue as orientacións do seu consello de dirección onde había «sentimientos poco amistosos
hacia la Falange», especialmente co director Felipe García Albéniz.
Para Salas Pombo cumpriu un diario propio do Movemento coruñés para difundir o
ideario da FET de las JONS nunha provincia na que, precisamente, comezaba a aumentar a
súa influencia e o número de afiliados. Era o momento no que a Falanxe da Coruña contase
141
«con un órgano propio de Prensa como guía y resumen de nuestra actividades nacional-
sindicalistas»224
. Mais os desexos de Salas Pombo quedaron sobre o papel.
C) Jesús María Iraola Palomeque: un home para unilos a todos
A unificación tan agardada na provincia da Coruña chegou en marzo de 1945. Antes de
despedirse dos coruñeses, Aspe Vaamonde realizou un acto contra os «enemigos políticos» do
Movemento. O descubrimento e desarticulación dunha denominada «organización clandestina»
do Partido Comunista en Santiago de Compostela, foi o punto e final á súa xestión á fronte da
provincia coruñesa. Este feito provocou «numerosos comentarios» entre a poboación,
especialmente a aparición dunha listaxe na que apareceron nomes de médicos e de «cuatro o
cinco profesores de la Universidad» vinculados co grupo desarticulado. Tamén se falaba da
sensación de angustia que causara na provincia o asasinato de varios membros de FET de las
JONS en Madrid no mes de febreiro. O feito causou, segundo os informes do Movemento,
«general indignación» entre os afiliados do partido e «entre las personas de orden»; mais,
segundo os mesmos informes, causara «júbilo no contenido entre los elementos desafectos». O
ton das informacións do Movemento galego indica que os falanxistas se mostraron, sobre o
papel, moralmente máis fortes canto maior foron os supostos movementos externos contra eles;
mostrando dunha especie de reacción contra o pretendido inimigo político. O problema interno
localizado polas xerarquías estivo na «desorientación» dos afiliados, adheridos e simpatizantes
no momento do final da Segunda Guerra Mundial e pola aparición dos elementos comunistas.
Esta preocupación notouna o novo Gobernador Civil e, xa por fin, xefe provincial do
Movemento da Coruña Jesús María Iraola Palomeque. Iraola púxose á fronte dun Movemento
que nos primeiros meses se mostrou cunha absoluta «despreocupación política» que non o
debeu preocupar: era maio e estábanse a celebrar as festas da Coruña; porén, no resto da
provincia continuaba a haber «desorientación». Con todo, dentro do partido estábase a desfrutar
dun «ambiente falangista» que non ocultou a consabida e tan repetida desorientación doutrinal
relacionada con «desconocer [la] táctica» de Iraola Palomeque co partido. En opinión das as
xerarquías do Movemento cumpriu unha táctica xa, pois os elementos que «por su mayor
cultura» se mantiñan no campo da confrontación política —os republicanos e «izquierdistas»—
estaban a rearmarse grazas ao final da Segunda Guerra Mundial e a derrota do Eixo225
.
224
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de abril, maio de 1943; Solicitando autorización para la creación
de un Diario en aquella capital [de Coruña], 31 de maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611. 225
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1945; Parte mensual da provincia da Coruña
do mes de abril, maio de 1945; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de maio, xuño de 1945, AGA, SGM, DNP,
51/20666.
142
4.3.2.1.2 Unha Falanxe decidida: a necesidade de controlar o poder provincial. O caso da provincia de
Lugo
O que sucedeu na provincia da Coruña na relación do partido coa sociedade provincial
reduciuse dende o punto de vista argumental á especial maneira de ser dos galegos.
Concretamente á súa maneira de ser ante a política. Esta cuestión non foi a única das dificultades
para chegar á poboación por parte de FET de las JONS; tivo que sumar tamén a competencia
do Gobernador Civil provincial. Un exemplo deste suposto pode describirse en Lugo, onde
houbo un Goberno Civil presidido por Leopoldo Sousa Méndez-Conde e unha xefatura
provincial encabezada polo eminente falanxista lugués Ramón Ferreiro Rodríguez. A maneira
de actuar do xefe provincial lucense quedou recollida nos seus informes detallados nos que
falou sobre os lucenses e a súa maneira de ser. Estes escritos responderon á súa necesidade
coma xefe de FET de las JONS de facerse valer ante as xerarquías en Madrid; vontade que
manifestou aínda que tivera que ir en contra do Gobernador Civil, poñendo de manifesto en
cada ocasión o que el considerou unha deficiente xestión. O 8 de xuño de 1940, aproveitando
un escrito no que informaba da marcha da súa provincial, deixou unhas cantas ideas negativas
sobre o Gobernador Civil.
O xefe provincial escribiu que a Falanxe luguesa, dende que el estaba no posto, sempre
se mostrou coma un «modelo de organización colaboradora y auxiliar de todas las autoridades
del Estado». En que puntos principais colaborou o partido, en palabras de Ferreiro?: naqueles
que tiveron que ver coa información sobre os fuxidos e na organización do abastecemento. Nun
primeiro momento, nada difería do que dixera o inspector dous anos antes: a Falanxe luguesa
contaba cunha organización burocrática ben engraxada que funcionaba a toda máquina no
verdadeiramente importante. Mais os seus esforzos, segundo as palabras de Ferreiro, non foron
compensados polas autoridades provinciais, que vían as consultas a Falanxe un trámite
obrigado.
«Cuando se trata de pedirnos ayuda lo hacen como un derecho incuestionable, aunque se refiera
a asuntos extraoficiales, pero cuando la Falange pide el más mínimo servicio, siempre legal y de
interés colectivo, las puertas se cierran de tal modo que la Organización no ve otro camino para
su desenvolvimiento que el de conquistar los puestos que pueda en la máquina del Estado para
conseguir así ser respetada y atendida por la autoridad que lleven consigo esos cargos».
O xefe provincial non puido ser máis claro ante os seus superiores xerárquicos: ante a
desidia das autoridades civís provinciais, o que lle tocaría a FET de las JONS sería conquistar o
maior poder posible dentro da provincia. Facerse co control da administración da provincia
para controlalo todo. Ferreiro dérase conta de que o seu papel público quedara reducido a
ocupar postos na presidencia de procesións, desfiles tanto militares como civís e en calquera
outro evento que implicase mobilizar os efectivos de FET de las JONS. Cando se tratou de
remover un concello nunha provincia na que «todos están podridos o momificados», a voz do
xefe provincial foi sempre desbotada; e cando se lle fixo caso foi despois de consultar aos que
se situaron xerarquicamente por riba del: a Igrexa, a Garda Civil e os denominados «conspicuos
143
del pueblo»226
. Ferreiro cría que a situación que estaba a describir se debía a desidia dos seus
predecesores, e que con el cambiaría dunha vez a situación unha vez se asentase no cargo de
xefe do partido. Pero nada máis lonxe da realidade. Unha cousa foron os problemas públicos
e outra os persoais que houbo dentro do Movemento. Ferreiro detectou que Falanxe —el falou
dos homes de Falanxe—, foron apartados da Administración e da política por ser militantes do
partido. Na relación co Goberno Civil provincial, Ferreiro interpretou que cando se tratou de
problemas persoais, todo foron facilidades:
«Pero como por otra parte observo que este trato varía en los asuntos que podríamos llamar
particulares y de estimación personal donde todo son facilidades y atenciones, he llegado a
convencerme de que el menosprecio no es a los individuos como tales sino como jerarcas de
un organismo, que por su solo nombre no confiere autoridad».
Ferreiro deuse conta do que era un segredo a voces entre as autoridades e a sociedade
da provincia de Lugo: a dicotomía entre ser membro do partido, ben con ou sen cargos dentro
del, e estar á cabeza dun organismo administrativo do Estado, fose o que fose. Ser parte de FET
de las JONS non concedeu a capa de lexitimidade e autoridade que se lle supuxo ao partido
que nutriu de homes e mulleres o funcionamento do Estado. FET de las JONS comezaba a
perfilar o seu papel sempre subalterno: para as autoridades administrativas provinciais unha
cousa foron as ideas e outra ben distinta foi executalas. Todo isto provocou unha situación de
«desaliento» entre os membros de FET de las JONS de Lugo. Para exemplificar a situación,
Ferreiro anexou ao seu informe dúas copias de dous escritos oficiais relacionados coa detención
de dous falanxistas da local de Chantada. Un era o escrito de descargo do xefe provincial sobre
o detido e o outro era a contestación da autoridade militar da provincia de Lugo. Os dous homes
detidos en Chantada foron acusados de prestar colaboración cos fuxidos no monte; versión que
non coincidía coa que aportou o partido ao proceso: acusouse a homes sempre falanxistas e
combativos coa Fronte Popular cando tocara. O Goberno militar de Lugo contestoulle a FET
de las JONS que se abstivese de realizar escritos de descargo dos encartados, tendo en conta
que ían entrar nun xuízo:
«[...] obrará como siempre en justicia sin que quepa coartar su libertad por ningún concepto, ni
apremiarle en sus actuaciones, por más que lo interese el Jefe local de FET y de las JONS de
Chantada, y mucho menos admitir que nadie que no sea la Autoridad Judicial le dicte normas
de lo que tiene que hacer con los encartados ni la forma en que lo debe efectuar».
Ante unha contestación como a anterior, FET de las JONS de Lugo pouco máis puido
facer que calar e acatar o que dixeron os militares e as autoridades administrativas. Agora ben,
o partido sempre colaborou, pois foi a misión de calquera bo español acabar cos inimigos da
patria. O momento de asaltar o poder por parte do Movemento lugués aínda tería que agardar227
.
226
Algúns autores —coma GARCÍA RAMOS, D. (2003): 74.—, fan notar unha cuestión esencial para comprender o
desenvolvemento do poder local e as confrontacións que xurdiron entre as diferentes tendencias políticas existentes dentro
de FET de las JONS. Cando houbo que nomear unha nova xestora para un concello, o Gobernador Civil debeu enfrontarse
ao que Falanxe puido interpretar coma «entrismo». Isto non era máis que a cuestión da preferencia —ou dominio— dos
recente chegados a postos políticos, feito que provocaba malestar entre os falanxistas de primeira hora. 227
Escrito del Jefe provincial [de Lugo] dando cuenta de sus servicios desde su incorporación al cargo, 8 de xuño
de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
144
A) A FET DE LAS JONS DE LUGO CONTRA O GOBERNADOR CIVIL
O xefe provincial de Lugo ofreceu por segunda vez unha imaxe ben prosaica da súa
provincia. As autoridades do Movemento deberon aceptar sinceramente —en concreto, se
quixeron ter algunha oportunidade entre os galegos, e concretamente entre os lugueses—, que a
acción política «de todos los tiempos en la provincia de Lugo» foi a da constante submisión ante
aqueles que «maneja[n] los resortes del Poder público». Con esta máxima, o xefe provincial
lugués quixo dicir que na provincia de Lugo non podería existir nada que non contase co
«amparo gubernativo», cun respaldo dos que mandaban na provincia; e así o notaron as
xerarquías de FET de las JONS da provincia. Iso obrigou ao xefe provincial a explicar esta
situación en Madrid, onde puido ser que non se comprendese moi ben esta dinámica. No seu
informe, o xefe provincial buscou unha posible explicación a esa maneira de ser dos lucenses
na extremada división da propiedade privada —algo extensible, por outra banda, a toda Galicia—
; ao hábitat disperso que dominaba a xeografía galega e ao «desamparo tradicional en que se
encontraba siempre el que no tenía protección personal». O razoamento de Ferreiro levouno a
concluír que os desamparados sempre botaron man da aqueles que foron por eles, no sentido
de que se fixaban neles e contaban con eles para acadar os seus obxectivos políticos. De maneira
que os desamparados deberon constituírse no centro da política de FET de las JONS no caso
de que quixese ser a forza hexemónica na provincia lucense. Segundo o escrito polo xefe
provincial do Movemento Ferreiro, o poder político e social na provincia de Lugo
fundamentaríase na necesaria influencia do Movemento sobre os individuos que controlaron
os resortes administrativos e políticos nos concellos: alcaldes, xestores, xuíces e secretarios
municipais.
Con todo, ese panorama xeral de desolación administrativa luguesa, aportou un
beneficio a FET de las JONS, pero sempre dependendo de «los instrumentos de acción política
con que contemos». Ferreiro transmitiu a idea nos seus informes de que cumpría analizar ben
a situación na que estaba a provincia en canto a forzas que puideran competir con FET de las
JONS. Por un lado, chegou á conclusión de que «los caciques de alguna categoría, de la época
pasada», parecían estar desaparecidos e reducían a súa influencia a pequenos núcleos locais.
Por outra banda, concluíu que a nivel provincial non existía «ninguna figura de talla con la que
tenga que enfrentarse la Falange».
Polo tanto, o papel futuro de FET de las JONS quedaría expedito e libre de calquera
impedimento de carácter superior; por iso, en opinión de Ferreiro, se fixo imperativo o control
dos resortes administrativos e políticos. Iso precisamente foi o que se pediu a Madrid: «creo
que estamos capacitados para que el Estado nos utilice más intensamente». A FET de las JONS
luguesa quería despegar do seu adormecemento. Atendendo ao que escribiu anteriormente o
xefe provincial sobre o funcionamento do partido, este foi máis que óptimo; polo tanto, o que
lles faltou foi poñer a máquina en marcha, que o motor dos afiliados e adheridos realizara unha
boa combustión e que comezase a carreira cara o control do poder provincial. A carreira tivo
unha metas voantes ben definidas polo xefe provincial do Movemento lugués: o primeiro paso
foi controlar as alcaldías; o segundo, contar co maior número de cargos na Deputación
provincial; o terceiro, a necesidade de controlar a poderosa Fiscalía provincial de Taxas;
inmediatamente situaríase o dominio do Maxisterio, que se constituíu no mecanismo esencial
para o moldeado das novas xeracións. A meta final, o premio maior de chegar ao final do
145
percorrido, sería colocar no Goberno Civil a un falanxista de verdade... Este proceso
esquematizado para controlar todo o poder provincia, sitúa á Falanxe luguesa nun nivel
superior de implantación ao do Movemento coruñés. A proba máis evidente é que o
Movemento lugués xa estaba a pensar en facerse co apoio da sociedade luguesa, algo que os
coruñeses aínda non podían abordar naquel momento. Co plan desas medidas de control das
administracións provincias, o que se intentou foi lograr «con rapidez que el termómetro de
simpatía y respeto a la Organización se pusiera a su debida altura».
Mais a todo ese plan, o xefe provincial lugués houbo de colocarlle unha traba que se
converteu en esencial. Ferreiro laiouse de que o xefe provincial non tiña medios para acadar os
seus obxectivos. Consideraba que habería que aproveitar que o momento era «todavía muy
propicio para la renovación». Puña coma exemplo que a FET de las JONS de Lugo non
funcionaba de maneira correcta no seu plano interno pola ausencia dun secretario local
adecuado para tal cargo. O partido necesitou dun «héroe» cunha serie de características propias.
Foran:
«[...] las poco frecuentes cualidades de prestigio en la población, elevado criterio político,
imparcialidad y tacto de mando no divorciado de nuestro estilo falangista, amor al trabajo
permanente y oscuro y cierta holgura económica que a la vez le dé el concepto de respeto de la
gente, le permita y le anime a dedicar bastantes horas diarias a la Falange, sin percibir
gratificación alguna».
A idea do home requirido por Ferreiro foi a do clásico merlo branco: o home perfecto,
coas ocupacións suficientes para manterse por si mesmo, pero que non fosen tantas coma para
afastalo da súa tarefa no partido228
. A lectura da situación social e política que fixo o xefe
provincial de Lugo foi do máis acertado que se pode atopar entre a documentación daquela
época. A situación propicia para a renovación da que falou Ferreiro, debeu considerarse dentro
do contexto provincial de asedio dun problema que se converteu co paso do tempo nun
verdadeiro quebranto para as autoridades provinciais: os abastecementos; ou segundo a linguaxe
da ditadura, os abastos. Aínda que este problema se estaba a converter en algo moi perigoso
para a estabilidade social da provincia houbo aínda, segundo Ferreiro, «muchas menos quejas
por parte del público de las que debía esperarse». A iso houbo que sumar que as autoridades
provinciais non colaboraron na implantación do partido no plano político e social, xa que «no
han hecho apenas nada en esta provincia que represente un cambio de procedimientos e
ideales». A análise da situación do xefe provincial finalizou dicindo que en Lugo podería
aumentarse moito máis a presenza do partido na realidade política e social da provincia. Esa
vontade de FET de las JONS afectaría tamén á poboación, pois segundo a máis alta xerarquía
falanxista da provincia, aquela estivo «sedienta» de doutrina nacionalsindicalista. Falanxe,
rematou Ferreiro pola súa parte, «está preparada»229
.
Eses desexos de controlar a institución provincial aumentaron co paso do tempo. Ramón
Ferreiro reflexionou en decembro de 1940 sobre a necesidade de que os «organismos de
carácter político y administrativo estén encarnados en personas de las que el Partido pueda
228
Todas as citas anteriores en Parte quincenal de la provincia de Lugo de 15 al 29 de junio, xullo de 1940, AGA,
SGM, DNP, 51/20533. 229
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
146
responder sobre su modo de sentir y su actuación». Se os militantes participasen do miolo da
política; se controlasen as delegacións do partido e os postos políticos locais e provinciais, a súa
posición converteríase na verdadeira ferramenta que introduciría entre a poboación o «espíritu
del Movimiento [...] en toda su eficacia». Se esta implicación de Falanxe non se producise, o
partido quedaría relegado a unha posición de «mero espectador o cuando más, desempeña un
papel de acusador o de peticionario». A opinión de Ferreiro foi que todo iso non se podería
permitir, pois FET de las JONS non nacera á vida política para ser unha mera espectadora: a
relaxación nesta situación expectativa puido provocar que a potencial influencia que puidese ter
sobre a política provincial quedase reducida ao mínimo. Segundo o xefe provincial lugués, o
Goberno Civil sería o que debería permitir a entrada de falanxistas na vida política da provincia
e dos concellos da mesma. Porén, Ferreiro foi consciente de que o proceso parecía ir para longo
«a pesar de las reiteradas gestiones que realizo con tal fin permanentemente»230
.
Sobre o resto do ambiente xeral na provincia lucense, este «ha mejorado notablemente».
Para que ninguén puidese poñer en dúbida o compromiso de Ferreiro con Franco, aproveitou
para louvar a maneira na que o Caudillo conducía a política exterior; que permitira que non se
comprometese a «paz de la Nación en este invierno durísimo que vamos remontando con tantos
sacrificios». O xefe provincial finalizou o parte mensual dicindo que:
«Por ello, como consecuencia de estas observaciones, mi parte de este mes, es más optimista y
satisfactorio, ya que he recogido nuevas pruebas de la facilidad con que podía resolver la Falange
muchos problemas, el día en que el Caudillo juzgue oportuno depositar en nosotros mayor
número de resortes de mando»231
.
Ramón Ferreiro foi un home constante nas súas denuncias. Tanto foi así que o proceso
de unificación resultou ser un dos máis transparentes para a súa análise posterior. En abril de
1941 o xefe provincial puxo énfase no feito de que se o que se buscou foi a expansión do espírito
nacionalsindicalista entre a sociedade luguesa, o que debería facerse sería colocar nos órganos
políticos e administrativos da provincia a persoas que «encarnen» o sentir do partido, para que
desa maneira «este pueda responder sobre su modo de sentir y su actuación». Para a provincia
de Lugo, o gran causante desa desconexión do partido co resto da Administración da provincia
foi o Gobernador Civil. Falanxe situouse ante a sociedade «relegada a una función de mera
expectación o cuando más, a desempeñar un papel de acusadora o peticionaria». A parte disto,
estiveron os inimigos de FET de las JONS que, segundo Ferreiro, «no paran mientes en
atribuirle las deficiencias, errores o negligencias de los que sin estar hechos al estilo de nuestra
Organización, ejercen autoridad». Para que o partido mellorase interna e externamente, foi
necesario que os falanxistas chegasen —o verbo empregado por Ferreiro foi «arriben»—, aos
230
As disputas internas levaron a que os inicios do modelo municipal da ditadura foran incertos e tensos. A cuestión
política estivo en establecer de quen era a primacía do dominio político: do partido ou do Estado. O partido quixo ter a
potestade de influír nos nomeamentos para así introducirse pouco a pouco no encofrado institucional. Isto levou a
enfrontamentos cos gobernadores civís, que non querían compartir a súa área de influencia con xente movida por intereses
de partido e por ideoloxía; o que provocou que os xefes provinciais se converteran nunha especie de contrapeso ao poder
do gobernador. Pero como ía confiar un gobernador en FET de las JONS, un partido sumido nun continuo de loitas
internas: cos tradicionalistas que nunca aceptaron ou terminaron de dixerir unha unificación imposta; coa burguesía que non
se fiaba dos falanxistas e que prefería falar directamente cos gobernadores saltándose o paso do partido; cos camisas viejas,
que vían que o seu momento non chegaba nunca. Esta mesma reflexión realízaa MARÍN I CORBERA, M. (2000): 89-91. 231
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
147
cargos políticos provinciais e locais «de los que en realidad seguimos ausentes, no obstante las
reiteradas gestiones a tal fin realizadas»232
. Finalmente, un mes despois, a petición do xefe
provincial foi escoitada, e a desexada unificación dos cargos foi concedida.
B) RAMÓN FERREIRO, OU CANDO XA SE CONTROLA O PODER: A UNIÓN DO CARGO DE GOBERNADOR
CIVIL E XEFE PROVINCIAL DO MOVEMENTO EN LUGO
Se o novo Gobernador Civil e xefe provincial de Lugo, Ramón Ferreiro, se queixou por
todo antes de conseguir a unificación dos postos; en maio de 1941 fixo unha extraordinaria
valoración de como estaba a FET de las JONS dende que se produciu a unificación. O ambiente
do partido mellorara dende aquel momento de unión. O Gobernador Civil agardou que a nova
situación facilitase o «arribo de los falangistas de la provincia a los cargos políticos provinciales
y locales, labor esta, que se piensa acometer»233
. Esa foi a maneira na se dirixiu á Delegación
Nacional de Provincias; pero o ton no que informou da situación á vicesecretaría Xeral do
Movemento foi outro ben distinto.
Nun documento que se pode datar en abril de 1941 Ramón Ferreiro explicou a Madrid
como estaban a ser os primeiros días de combinación dos dous cargos provinciais. O
documento comezaba detallando o número de afiliados a FET de las JONS na capital provincial
e a súa distribución por distritos e arrabaldes. Continuaba describindo minuciosamente a súa
actuación en calidade xefe provincial. Quedou recollido no escrito que Ferreiro era un home
que desenvolvía o seu traballo con «gran celo y espíritu falangista»; que vía máis aló do que
outros podían, como o demostraba o nivel de detalle dos informes enviados a Madrid
describindo os problemas de abastecementos na provincia. Porén, ao xefe provincial faltáronlle
cartos e inspectores do partido que puidesen desenvolver a labor de depuración e as visitas ás
locais234
. Mentres que as relacións do partido eran «muy buena[s]» coa xerarquía provincial
eclesiástica; co gobernador militar non eran tan boas «por el poco espíritu falangista de ésta
autoridad»235
.
Grazas a que se produciu a unificación dos cargos acabara unha relación «casi nula por
la frialdad que para todas las cosas del Partido» que tivo o gobernador anterior, Antonio Morales
232
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1941, AGA, SGM, DNP. 51/20533. 233
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de maio, xuño de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20555. 234
CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 246, indica que obxectivo foi eliminar de FET de las JONS aquel capital humano
sobre o cal pesaran as dúbidas sobre a súa implicación no proxecto falanxista. A parte disto, a depuración foi invocada como
un mecanismo efectivo por parte das xerarquías provinciais para facerse co control do partido e, desa maneira, manexar
dunha maneira máis fácil o seu funcionamento e ter controlados aos elementos que puideran mostrarse como díscolos e
discordantes. A depuración acometeuse co único fin de purgar o partido daqueles elementos non comprometidos cos
postulados políticos do mesmo. A necesidade de efectuala demostraba unha premisa de maneira clara: FET de las JONS
enchérase de individuos que entraran por cuestións de necesidade social e política, máis que polo feito de comungar
ideoloxicamente co partido. 235
Como mostra da mala relación, un exemplo: en abril de 1941, poucos meses antes de ser relevado do seu posto
de gobernador, Morales Pleguezuelo enviou a Madrid un escrito no que denunciaba a «pasividad» da xefatura provincial no
envío de información sobre a composición das comisións xestoras da provincia. Esa actitude, segundo o gobernador,
ocasionaba «una perturbación en la vida administrativa de la provincia», xa que en moitos casos, a maioría necesaria nos
plenos non se acadaba ao non estar todos os postos cubertos. Informe del gobierno civil de Lugo informando de la actitud
de FET de las JONS provincial, 28 de abril de 1941, AGA, FAMI, 44/2622.
148
Pleguezuelo. O broche aos primeiros días do novo Gobernador Civil e xefe provincial non
puido describirse doutra maneira mais que cunha gabanza xurdida de dentro do Movemento
ao personaxe:
«Como impresión final de este informe debemos hacer constar que en el breve tiempo que el
Jefe Provincial actúa como Gobernador Civil ha prestado desde este puesto todo el calor y apoyo
al Partido en discursos, circulares y consignas a las diversas autoridades sometidas a su
jurisdicción»236
.
Con todo, e como se notou noutras provincias galegas, ao Movemento lugués faltoulle
enerxía para moverse. O partido funcionaba de maneira efectiva, os afiliados estaban
correctamente identificados seguindo as instrucións da Circular 101 da Secretaría Xeral... O
que fallou en todo o proceso, o que non funcionou correctamente foi a caixa: o diñeiro non
chegou para todas as funcións, polo que o xefe provincial solicitou a resolución favorable dos
presupostos extraordinarios da provincial. O diñeiro cumpriu non só para pagar ao persoal e
mercar material; tamén para mercar roupa de uniforme que fomentase a idea de unidade dentro
do partido. En definitiva, os cartos cumprirían a función de «poner en condiciones de
uniformidad a los afiliados»237
.
Con todo, a sensación transmitida pola xerarquía provincial foi a de que despois da
unificación dos cargos o panorama interno do partido comezou a mudar cara un excelente.
Grazas a que os gobernos civís estaban en mans de falanxistas, foise «reconociendo el verdadero
espíritu de la Falange y de la obra que el Partido ha de realizar». O testemuño de Ferreiro indica
que naquel momento de unión, de comuñón entre o político e o administrativo crecera a
«consideración y respeto a la Organización». A unión do cargo de Gobernador Civil co de xefe
provincial do Movemento foi o mellor que se puido ter feito ao longo dos primeiros anos da
ditadura, tendo en consideración as apreciacións do xefe provincial do Movemento lugués. As
corporacións xestoras municipais comezaron a constituírse, efectivamente, con militantes de
FET de las JONS «bien seleccionados». Ese factor determinante, segundo o gobernador
Ferreiro, mellorou o «ambiente del Partido y político en general». O ambiente cara o partido,
grazas á nova situación, foi de absoluto xúbilo: «la consideración general hacia esta Organización
provincial va en aumento progresivo». O xúbilo da organización conseguiuse tamén coa
depuración do partido «con los mejores deseos de pureza e imparcialidad»238
.
O ambiente de exaltación falanxista mantívoo Ferreiro colocando nos postos políticos a
elementos do partido:
236
Informe del Jefe Provincial [de Lugo], abril de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20555. 237
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1941, AGA, SGM, DNP. 51/20533. 238
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xuño, xullo de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes
de agosto, setembro de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1941, AGA, SGM,
DNP, 51/20555. En provincias como a de Málaga, o Goberno Civil creara unha Brigada de Investigación específica para
saber cales eran os antecedentes dos homes propostos para entrar nas corporacións locais e provinciais. A investigación de
BARRANQUERO TEXEIRA, E. (1994): 159-160 sobre este asunto, indica que os ditames sobre os encartados foron públicos,
saíndo á luz no Boletín Oficial da Provincia. Puideron solicitarse informes do Alcalde, da Garda Civil ou de calquera outra
autoridade; todo para saber quen era cada quen. As investigacións non ían unicamente encamiñadas a localizar propiedades
e a idoneidade dos militantes de FET de las JONS; houbo tamén unha fixación clara polo pasado republicano, investigando
se houbo indicios de pertenza a partidos republicanos de esquerda, ben participando na política, ben tendo difundido os
seus ideais.
149
«Por esta causa ha crecido la consideración y respeto al Partido que, cada vez se agigantará más
a medida que se vaya logrando el arribo de los falangistas a los cargos que significan desempeño
de autoridad».
A opinión pública sobre o partido foi en «aumento creciente» grazas a que a poboación
viu a súa actuación máis evidente «a través de los Organismos oficiales en los que se ha
entroncado la Falange».
«[...] pues aún cuando ésta ha de luchar con una idiosincrasia especial nacida del ambiente de
desconfianza creado a través de largo tiempo por los egoísmos de la vieja política, la labor de
justicia para todos y de protección al menesteroso va dando cada vez mayores motivos de
confianza y garantía».
En definitiva, a finais do ano 1942, os afiliados lugueses demostraron e mostraron
«satisfacción por la orientación que actualmente se imprime al Partido desde la Secretaría
General». Ferreiro deixou dito que debido a boa situación dos abastecementos, e sendo Lugo
unha provincia «en la que el hombre actúa casi siempre movido por intereses locales y
personales», había unha fonda «satisfacción» entre os membros do partido. Só unha cousa
enfadou aos lugueses: a escaseza de medios «para combatir a los huidos que campan por las
montañas y realizan constantes atracos»239
.
1) Unha cadeira nas Cortes, un candidato, acusacións de caciques e Antonio Rosón Pérez
Mais na provincial de Lugo non todo foi cucaña; co paso do tempo foron aparecendo
problemas bastante considerables. Un deles foi capaz de eclipsar a traxectoria do Gobernador
Civil e xefe provincial do Movemento, Ramón Ferreiro.
1.1) ROSÓN ATACA PRIMEIRO: OS INFORMES PRIVADOS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA PROVINCIA
O proceso de enfrontamento entre os membros da provincial luguesa comezou en xullo
de 1942, cando comezaron a chegar a Madrid uns informes sobre a provincia e o partido
redactados por Antonio Rosón Pérez, que era delegado provincial de Información e
Investigación. O feito diferencial desa comunicación ás xerarquías madrileñas residiu en que
Rosón Pérez informou sen que o Gobernador Civil e xefe provincial, Ramón Ferreiro soubese
da existencia daqueles informes. En total conserváronse un total de 8 documentos, emitidos con
periodicidade decenal dende xullo de 1942240
.
239
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1942; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de novembro, decembro de 1942; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1943,
AGA, SGM, DNP, 51/20593. 240
Un primeiro achegamento á documentación citada nestes epígrafes realizárono LÓPEZ RODRÍGUEZ, P. E BAZ
VICENTE, M.J. (2008). As investigadoras interpretaron o acto de informar ás xerarquías nacionais por parte de Rosón Pérez
como un proceso dentro normal desenvolvemento do día a día da delegación que aquel dirixía. Pola contra, o elemento
esencial para a comprensión do proceso de acusacións entre Rosón e Ferreiro é que o primeiro saltou o curso normal da
xerarquía do Movemento informando a Madrid sen que o seu xefe provincial tivese coñecemento do acto. A orixe de todo
o proceso de denuncias foi unha cuestión de suspensión da xerarquía debida dentro do Movemento. Polo tanto, non se
pode falar dun proceso político xurdido ou espontaneamente ou de simple contestación á máxima xerarquía provincial do
Movemento; senón dun proceso de fondo e lento percorrido dentro da dinámica do Movemento provincial instigado por
Rosón Pérez. Proba diso son as informacións e o ton no que Rosón empregou nos informes, onde describiu e detallou
150
O primeiro deles comeza informando «sobre el partido». Segundo a argumentación de
Rosón, o elevado grao burocrático do partido levou a moitos a interpretar que «el partido, sirve
solo para sí», quedando afastado do plano social e político, dando a sensación de que carecía
de «influencia social ni trascendencia política». O partido foi visto, na súa relación co Estado,
coma un inimigo deste. Os funcionarios públicos eran «enemigo[s] del Partido», sempre en
«combate constante». A diferencia entre o funcionario do partido e o funcionario do Estado
radicou nunha cuestión esencial: na maneira na que se accedeu a un posto ou outro. O
funcionario do partido estaba comprometido co que significaba FET de las JONS, mentres que
o funcionado do Estado —ao entrar por relación cun padriño político; idea esta, por outro lado,
moi estendida entre a opinión pública—, non se debía ao ben xeral de España senón ao do seu
protector. En canto aos sindicatos, dixo Rosón que as ideas de sindicación estaban
«absolutamente desprestigiadas». O sindicalismo non existía con anterioridade o Movemento
en Galicia —elemento que xa se viña remarcando noutras provincias—, e menos na provincia de
Lugo. Finalmente, Rosón indicou que o lugués entendía o sindicalismo vertical cunha sensación
persoal de estar ante «sindicatos [cunha función exclusiva] de venta o compraventa, monopolios
antipáticos, impresión tan inexacta como justificada».
Desa maneira describiu Rosón o funcionamento do partido; sobre o funcionamento do
Estado e a súa implantación na provincia empregou palabras máis consistentes e duras. O
primeiro problema residiu na «falta de unidad en el mando». Había tantas instancias as que
recorrer que a sensación foi que cada unha funcionou para unha cousa e que nada tiveron que
ver unhas coas outras. «Ante la autoridad desbordante de las Comisarías de Recursos, Fiscalías
de Tasas, Gobiernos Civiles. Tan complejo ejercicio de la Autoridad es impopular, aunque sea
necesario». Rosón aproveitou o espazo que lle deron as cuartillas para falar do estado
económico da provincia. Escribiu Rosón que nese verán no que estaba a escribir, as colleitas
«se presentan muy bien». Sobre este asunto, a delegación nacional entregara á prensa unhas
notas nas que se puxo mesura ás estimacións de recollida de froitos; mais os campesiños eran
conscientes de que a colleita do verán viña moi boa. Esta contradición entre a realidade do
campo e a realidade do partido provocou «un comentario malicioso» que dicía que «tal
propaganda se hacía para luego justificar la escasez de productos que se enviaban al extranjero».
O delegado de Información deu esta información co fin de «precisar los efectos de la
propaganda». A «preocupación» entre os gandeiros foi a máis que probable baixa no prezo dos
animais que se venderían para sacrificar. As subsistencias supuxeron unha «predominante
preocupación del pueblo», aínda que nos meses transcorridos «el abastecimiento de la ciudad
es francamente bueno», sensación que se percibiu entre a opinión pública.
Outra cuestión que preocupou a Rosón nos seus informes coma delegado de
Información e Investigación, foi a de deixar claro que existía en Lugo unha «ofensiva
monárquica». Segundo Rosón, en Lugo era «innegable» a presenza dun sector monárquico
entre a opinión pública. Nos últimos tempos, os encargados de capitalizar esa opción política
foron un grupo de persoas «generalmente desprestigiados, de las más heterogéneas
procedencias». Esa condición de grupo disperso provocaba que o partido non se preocupase
situacións imposibles de ter xurdido de maneira espontánea. A documentación complementaria a este proceso, e que se
recolle ao longo de toda a investigación no referido á provincia lucense, soporta esta posición.
151
en exceso por eles. Se Rosón se detiña a analizar a heteroxeneidade do grupo, obtiña o resultado
de dúas modalidades de monárquicos: os que o eran «con sinceridad» e aqueles que eran
«ocasionales, por oposición al partido». Estes últimos aumentaron considerablemente,
nutríndose «con aportaciones del viejo caciquismo». E finalmente deu un detalle que debeu
preocupar a calquera que lese os seus informes: na capital provincial «se dice que empiezan a
verse emblemas alusivos y otras ostentaciones».
Nese primeiro informe quedou clara a posición crítica de Rosón co Gobernador Civil e
xefe provincial do Movemento. Na segunda quincena de xullo, o que se criticou foi a escasa
organización coa que FET de las JONS executou os actos de exaltación pública do
nacionalsindicalismo. Deses eventos, o delegado provincial de Información sacou catro
conclusións. A primeira foi que aos actos ía suficiente xente pero a que o fixo asistiu en forma
de «masa desorganizada en punto a uniformidad y contenido». A segunda foi que non había
xente con capacidades para organizar eses actos: os oradores non estaban coordinados entre
eles, polo que cada tema defendeuse de maneira independente; ademais diso, o ton no que se
manifestaron as ideas foi de todo improcedente, abusando insistentemente na «preferencia al
chiste demagógico y parlamentario y se dicen alegremente cosas que, fundamentalmente, se
oponen a nuestra doctrina». Algúns oradores, segundo Rosón, chegaron a manifestar un
descoñecemento absoluto das xerarquías do partido.
A terceira conclusión foi sobre o papel da prensa, que recollía os eventos «mal» e
transcribía da mesma maneira os discursos por «falta de personal [...] y quizá por algo peor». A
cuarta conclusión, e final, foi que se desprezaron ocasións extraordinarias para dar as
denominadas «lecciones» sobre o pensamento nacionalsindicalista «y ganar a la opinión». Esa
frialdade nas manifestacións quedou patente na visita do Secretario Nacional de FET de las
JONS, José Luis Arrese, a Lugo en agosto de 1942. Os actos de benvida a Arrese e o
desenvolvemento da visita foran escenografados polo partido e as súas milicias e seccións. A
pesares da uniformidade na vestimenta daqueles que tomaron parte do acto, houbo un
problema que se encargou de resaltar Rosón con letras maiúsculas: «la INHIBICIÓN Y LA
FRIALDAD TOTAL DE UNOS Y OTROS». Os que acompañaron ás autoridades cando ían
no seu desfile «gritaban en vano para enardecer al pueblo»; pero este mantívose en silencio, o
que foi interpretado por Rosón Pérez como unha «manifestación de desafecto al Partido». Sobre
o desfile dixo Rosón que o que se viu non foi unha «organización de temple y espíritu, sino una
masa muerta y dispuesta al caso». Esta situación de desgaste do partido foi «corregida y
compensada» pola visita de Franco o día 21.
A visita de Franco foi revolucionaria para unha cidade coma Lugo: o seu recibimento
foi, en palabras de Rosón, «apoteósico». Aquí si que a xente se sumou ao acto con «auténtico
fervor produciendo la presencia del Jefe de la Falange, escenas individuales y colectivas de
verdadera emoción». Segundo Rosón, a visita foi un «éxito total, sin precedentes en la
provincia». O fervor foi tal que tanto os homes de Falanxe coma os de fóra, lle recoñeceron ao
Movemento o seu papel estelar. Tal foi o éxito desa visita que no informe reservado do mes
seguinte —setembro de 1942—, Rosón Pérez aproveitou para analizala en detalle poñendo o
dedo sobre os asuntos que a el lle interesaron. Dixo que a visita de Franco a Galicia espertara
«pruebas de fervor, adhesión y simpatía» por «SU PERSONA [maiúsculas no texto orixinal]».
152
A interpretación da figura de Franco coma unha especie de ser superior sobre todo o demais
foi redactada por Rosón Pérez dunha maneira canónica:
«Sobre el armatoste administrativo —frío y sin emoción— todo el pueblo, le aclama y vitorea con
espontaneidad y entusiasmo extraordinarios, con manifestaciones de tal sinceridad que teniendo
en cuenta el estado de ánimo colectivo, es decir, más bien de desánimo, son, ciertamente,
sorprendentes».
Con ese sentimento cara Franco, en Lugo as manifestacións e concentracións
realizáronse «sin el más leve influjo coactivo». Ese factor levou a Rosón a colocar o contrapunto
ao sucedido en Ourense, onde segundo o seu testemuño se chegou a «amenazar a los remisos
con penas de privación de algunas especies de racionamiento». Isto chegou a oídos do
Secretario Xeral, que suspendeu a visita á provincia interior. Rosón acabou a súa análise cunha
reflexión sobre a visita de Arrese: como non había unha corrente de oposición aberta ao
Secretario Xeral, a única maneira de entender a fría acollida que tivo foi como produto da
impopularidade do partido:
«Dado que no puede estimarse la existencia de ningún sentimiento de antipatía hacia su persona
[o Secretario General], hay que suponer, y sería necio soslayarlo que tales actitudes pusieron
una vez más de manifiesto, la IMPOPULARIDAD del Partido, LA AUSENCIA TOTAL DE
UN ESTADO DE OPINIÓN QUE LE ASISTA. Contrasta la deducción con el hecho cierto
del apoteósico homenaje al Caudillo, cinco días después, y del contraste se infieren fecundas y
ostensibles consecuencias llenas de la máxima atención».
A visita de Franco resumiuse nunha especie de valoración político-moral sobre o papel
que ao ditador se lle deu entre a sociedade. Segundo Rosón, agardouse del «una acción
inmediata y tajante en el terreno de las realizaciones». Os españois, segundo o delegado Rosón,
foron conscientes de que as cousas non ían ben no conxunto de España; por iso esperaron do
ditador que adoptase «posturas claras», que se apoiase nun «personal más leal e idóneo para los
cargos políticos», que aplicase «una urgente política de moralidad en el Estado y en el Partido».
Acabou esta listaxe o delegado de Información entoando un mea culpa: «¡si al menos
predicásemos nosotros con la ejemplaridad de nuestra conducta!»
Os seguintes informes decenais continuaron polo carreiro da crítica á política tanto
provincial coma nacional. Pero xa a partires da segunda decena de setembro a temática
comezou a xirar cara o aspecto internacional e sobre o que os lugueses opinaron sobre a
conxuntura da guerra europea que estaba a nacer. Tamén aproveitou Rosón Pérez para
contestar a unha pregunta que lle realizou o delegado nacional de Información e Investigación
sobre «si permanece vivo el problema de Gibraltar y Marruecos» entre a poboación luguesa.
Neste punto Rosón foi cristalino: no caso de Xibraltar o que viron os lugueses foi un «peñón
misérrimo». Aos lugueses non lle importou «gran cosa» a «usurpación, ya vieja, de ese trozo del
solar patrio». O argumento de Rosón para explicar esa posición da opinión pública
fundamentouse na suposta, por el, ignorancia do pobo que non chegaría a comprender a
importancia estratéxica desa localización. Segundo Rosón Pérez, o pobo lugués mostrouse con
«apatía e indiferencia» ante aquela situación porque «sigue políticamente ineducado, sin una
conciencia nacional propia». Pero se ese sector careceu de opinión —que foi, por outra parte, o
153
maioritario—, si que existiu de maneira ben definida un sector anglófilo da poboación que si
contou cunha opinión formada:
«Otro sector de la opinión, que siente inclinaciones inglesas, considera el Peñón en buenas
manos y la simple invocación al problema como una locura quijotesca propia de extravíos
juveniles».
O problema sobre Xibraltar sería social cando pasase a ser un tema de opinión formado
e consolidado entre a sociedade. Fíxose necesario mobilizar a toda a estrutura de opinión de
España: «una campaña de propaganda eficiente que despierte el ardor bélico común
provocando el fogonazo de la opinión». Para Rosón non houbo mellor maneira de espertar a
opinión que tramando unha guerra. A poboación movíase «por motivos sentimentales». Sobre
Marrocos, a opinión moveuse en termos similares. Tamén preocupou a Madrid a relación con
Portugal e a opinión e relación que os lugueses poderían ter e manter sobre ela. A cuestión
sobre «Portugal y el ambiente de que goza» contestouse con que os lugueses mostraban «respeto
y simpatía» cara o réxime de Oliveira Salazar por unha «gestión [que] prestigió a la Nación
vecina». En canto á posición de Portugal no panorama internacional, dicíase que «no es
soberano» ao estar sempre disposto a seguir a Inglaterra «por creerse que solo así podrá evitar
la posibilidad de una Unidad Ibérica y el desplazamiento de su soberanía».
Cando estes partes chegaban á Secretaría Xeral do Movemento eran resumidos polos
funcionarios que os lían. No resumo do informe da primeira decena do mes de outubro de
1942, o encargado de resumilo e analizalo fixo unha determinada análise do ton empregado
por Rosón Pérez en todo o relacionado cos supostos bandos que existirían dentro da FET de
las JONS de Lugo. En moitos partes, o delegado de Información referiuse «velada o
concretamente» a aquelas persoas ou grupos de persoas «más capaz de dirigir», aos que «no se
pierde oportunidad de calificar» con expresións como: «falangistas auténticos»; «minoría
selecta»; «Puro estilo». É dicir, que Rosón aproveitou o momento para intentar condicionar a
opinión que en Madrid se debería estar configurando sobre a situación da FET de las JONS
luguesa.
Finalmente, Rosón explicou que opinaban os lugueses sobre a situación europea. A
resposta dada polo delegado provincial foi sinxela de resumir: non pensaban nada no asunto.
En Lugo «CARECEMOS TOTALMENTE DE UN ESTADO DE OPINIÓN [maiúsculas
no texto orixinal]». A idea de Rosón sobre os seus veciños, considerou que todo que sucedía ao
redor dos lugueses —e por extensión, dos galegos—, estivo sumido nunha absoluta
intranscendencia; os feitos «nacen muertos, sin encontrar solidaridad ni eco vivo en la opinión».
Apareceu tamén nos seus escritos o tópico do encadramento do labrego galego no marco dun
ser individualista, que traballaba a súa terra de maneira anárquica sen preocuparse dunha
mínima ordenación dos cultivos.
«En el porvenir, cuando la guerra termine y venga el reajuste total será verdaderamente trágica
la situación en que quedarán colocados los labradores gallegos, ineptos, disociados, rudos y
primitivos. El individualismo ya extremo en el agro de esta jurisdicción, es ahora más feroz y
animal que nunca. Las Hermandades del Campo, son una teoría o una denominación. Las
costumbres tradicionales de cooperación social, se hunden por inactuales. Como lo viejo se va
154
sin haber sustituído [sic] su moral por la nacional sindicalista, el resultado es que cada día más
se va consiguiendo precisamente todo lo contrario de lo que nos habíamos propuesto».
A gran razón que deu Rosón para explicar todo o anterior foi a da práctica inexistencia
do partido nos municipios. Como o partido non chegou a onde debía, os campesiños sabían
que «al margen del Partido y del Estado encuentra cuanto apetece o necesita», sen outro
impedimento que a omnipresente Fiscalía de Taxas. Rosón rematou cun parágrafo demoledor
sobre a esencia do partido:
«La Organización, es solo el aparato, sin contenido ni vida. Frente a la crítica negativa que se
disuelve en el chiste o en el comentario malicioso, nosotros, no ofrecemos nada realmente
constructivo, nada que perdure en la esfera provincial»241
.
Rosón Pérez aproveitou este mecanismo de información para facer chegar a Madrid as
críticas sobre o partido da súa provincia sen ter que pasar antes polo filtro de Ramón Ferreiro,
o seu xefe provincial e Gobernador Civil. Deste xeito evitou as censuras ás que puidese verse
sometido; e tamén da boa conta do poder que Rosón tivo na estrutura xeral do partido a nivel
provincial. O que se colixe da información que chegou a Madrid e do ton no que o escribiu é a
frontal oposición de Ferreiro ás xerarquías do partido lideradas por Ramón Ferreiro. E o feito
curioso de todo isto foi que o seu derradeiro informe presentado en Madrid está datado a finais
de outubro de 1942, case exactamente un mes antes da escritura das conclusións dun informe
da delegación nacional de Xustiza e Dereito que estaba protagonizado por Rosón e Ferreiro,
con outros elementos da provincial luguesa.
1.2) A CUESTIÓN DO NOMEAMENTO DUN PROCURADOR EN CORTES
O problema interno na xefatura provincial de Lugo foi entre Ferreiro e Rosón.
Oficialmente todo estourou polo nomeamento de representantes da provincia de Lugo nas
Cortes, que se crearon ese mesmo ano de 1942. A Lei Constitutiva de Cortes de 1942 creou
ese organismo que botou a andar en marzo do ano seguinte. Para dotala de contido, deberon
formar parte dela os procuradores, ou membros das Cortes da ditadura. Houbo uns
procuradores natos —que foron elixidos pola altura orgánica dos seus cargos, tales coma
ministros ou reitores de universidade—, procuradores que podería nomear o xefe do Estado ao
seu albedrío —xerarquías eclesiásticas, persoeiros do mundo cultural, etc.—, e procuradores dos
denominados electivos, que suporían un total de 107 asentos nas Cortes da ditadura. Estes
elixidos serían representantes dos sindicatos, alcaldes e representantes dos colexios
profesionais. A clave deste grupo estivo no Gobernador Civil de cada unha das provincias: el
foi o responsable de escoller ao representante de cada grupo que actuaría nas Cortes en nome
do territorio. Sabendo isto compréndese a aparición deste foco de tensión interno dentro de
FET de las JONS: os mellor colocados dentro da xerarquía do partido non quixeron perder a
oportunidade de ocupar a súa cadeira de brazos de procurador.
241
Todas as citas do bloque anterior atópanse nos Informes hechos por el Delegado Provincial de Información e
Investigación de Lugo sin dar cuenta a su Jefe Prov. de igual modo informan también el Jefe de Milicias y el Delegado de
Educación Popular, varias datas, AGA, SGM, DNP, 51/20593.
155
O 12 de novembro de 1942, o secretario nacional de Xustiza e Dereito asinou un
informe sobre a situación da provincial luguesa despois duns sucesos ocorridos polo
nomeamento de procuradores en Cortes que acabaron coa dimisión en grupo das seguintes
persoas como mecanismo de protesta: Manuel López Ribadulla242
; Antonio Rosón Pérez243
;
Manuel Artime Prieto; José Antonio Serrano de Pablo244
; José García Gesto Cedrón; Serafín
Antonio Sánchez Sal e Jesús Cedrón del Valle245
. O secretario nacional chegara á cidade da
Muralla o 5 de novembro de 1942 para realizar entrevistas aos delegados de servizos, ao xefe
provincial e ás distintas autoridades da capital entre as que estivo o Gobernador Civil, o Alcalde
da cidade de Lugo; o Presidente da Deputación; o Gobernador Militar; os «asesores religiosos
del Frente de Juventudes, Sección Femenina y SEU» e outro home máis que non especifica,
entre o 6 e o 7 dese mesmo mes. O informe é unha especie de espello no que se reflicten as
tensións internas da Falanxe luguesa de maneira nidia e que pode servir coma exemplo do que
podía estar a ocorrer no resto de provinciais galegas, ben é certo que con outras intensidades.
1.3) OS HOMES INVOLUCRADOS EN TODO O ASUNTO: UNS PERFÍS PERSOAIS
O primeiro que quixo explicar o secretario foi a personalidade daqueles que ían ser
suspendidos dos seus cargos. O primeiro home descrito foi Manuel López Ribadulla: no seu
informe indícase que nos seus antecedentes familiares aparecían uns sucesos que «le colocan
en una situación difícil ante el vecindario de Lugo, población pequeña donde todos se conocen».
Isto non foi óbice para indicar «el menor reproche respecto de la persona y actuación de dicho
camarada». Por todo o demais, a súa actuación antes, durante e despois do Alzamento foi
descrita como «brillantísima». Foi considerado polos seus compañeiros do partido como un
home «algo impetuoso» e pouco reflexivo, «dado a creer cuanto le dicen sin medir el alcance
de sus actos».
Manuel Artime Prieto era xuíz de primeira instrución e maxistrado do traballo en Lugo.
Segundo o secretario nacional de Información e Investigación estivo esperando aquel momento
para deixar o cargo aproveitando a situación das tensións internas para dar o paso definitivo.
De José Antonio Serrano de Pablo dicíase que tiña unha cousa que o situaba por riba dos
demais: foi Tenente mutilado de guerra. «Sólo elogios he oído de su actuación y persona». Se
por algunha razón dimitira foi pola súa «buena fe» e porque era tan falanxista que «creyó prestar
así un servicio y cumplir un deber», todo iso polo evidente «desconocimiento de la política de
Lugo».
Sobre José García Gesto Cedrón dicíase que tiña 25 anos e que non «fue al frente ni un
sólo día», segundo a súa versión porque era «corto de talla». Mais na opinión dos demais e na
242
Era delegado provincial de Ex-combatentes dende decembro de 1939 ata que presentou a súa dimisión en
novembro de 1942. 243
Fora cesado do seu cargo de delegado provincial de Información e Investigación en novembro de 1942. AGA,
SGM, DNP, 51/20593. 244
Delegado provincial de Información e Investigación dende outubro de 1942 —un mes antes do cese efectivo de
Rosón Pérez— e cesado en agosto de 1943. Posteriormente será nomeado delegado provincial da Fronte de Xuventudes
inmediatamente despois de ser cesado do seu primeiro cargo. BMFET, 160: 1743; BMFET, 190: 2171 e BMFET, 203:
2377. 245
Secretario local ata novembro de 1942. AGA, SGM, DNP, 51/20593.
156
do propio que estaba a escribir, non marchara por «falta de valor». O cadro descritivo que se
realizou sobre este mozo resulta destacable: foi un home «intrigante, indisciplinado» que se
dirixiu a varios alcaldes, xestores e xefes locais para conseguir unha dimisión en masa entre as
xerarquías do partido. Foi considerado polo inspector unha persoa «francamente perniciosa
para la Organización». Sobre Serafín Antonio Sánchez Sal, que fora membro da CT, díxose
que debeu considerarse sempre coma «enemigo de la Falange» ata que foi designado en xuño
de 1942 secretario provincial de Educación Popular, «en cuyo momento se convirtió en uno de
los más entusiastas afiliados». Tamén se dicía que participara na guerra civil, por se iso servía
para descargar dalgunha maneira as acusacións que pesaban sobre el.
Mención aparte mereceron Antonio Rosón Pérez e Jesús Cedrón del Valle. Cedrón del
Valle foi, segundo todas as informacións recibidas polo inspector nacional, un dos «falangistas
más antiguos de la provincia de Lugo» e participara na guerra civil acadando o posto de Tenente
provisional de Infantería. Foi cualificado polo investigador coma un home de «cortísima
inteligencia». Traballara coma membro da Comisaría de Abastecementos e Transportes de
Lugo, posto para o que fora designado por Ferreiro. Foi tal a súa incapacidade para o posto,
que o responsable da Comisaría pediulle a Ferreiro que revogase inmediatamente o
nomeamento de Cedrón del Valle porque dixo «[ese elemento non] sirve para nada». Con
todo, Cedrón del Valle foi o fundador do primeiro núcleo de FE na cidade de Lugo. De Rosón
Pérez dicíase que era un home «muy inteligente», Capitán de Complemento de Infantería e
unha persoa cun historial de guerra «brillante». Mais, a xuízo do inspector nacional tivo un
problema persoal fundamental: proviña dunha familia de caciques, polo que el «tiene una vena
caciquil». Esta compoñente familiar case definida coma unha tara xenética en toda a provincia
de Lugo, levouno a actuar —«quizá de buena fe», concedeulle o inspector nacional—, por medio
de actos «poco oportunos y disciplinados» tales como a destitución dos delegados da contorna
de Becerreá —cando exerceu de xerarquía naquela local—, e a dimisión en bloque que se estaba
a investigar. «Según el sentir general es el promotor de todo lo ocurrido». Aínda que nada do
que foron acusados Rosón e os seus compañeiros de partidos estaba aínda contrastado.
1.4) AS DECLARACIÓNS DOS IMPLICADOS
O seguinte paso dado polo inspector nacional foi a toma de declaración aos implicados
na trama dimisionaria. As declaracións realizadas son calcos entre si: Serrano de Pablo e Manuel
Artime Prieto expresaron de maneira similar as reunións que mantiveron para xustificar a súa
dimisión, o mesmo que as cartas que estes dous enviaron aos delegados nacionais de servizo
correspondentes.
López Ribadulla foi o primeiro en declarar. Tiña 26 anos, era «falangista de la Vieja
Guardia» que, declarou, sempre se sometera á disciplina das xerarquías provinciais, e
especialmente á do xefe provincial do Movemento ao que sempre lle notou «falta de energía y
debilidad de carácter», feito que ao seu entender provocou que o partido se mostrase
«inexistente» na provincia de Lugo. Segundo López Ribadulla, o partido non ía cara adiante
pola presenza de persoas de máis de 40 anos nas xefaturas locais, persoas as que el considerou
«faltas de espíritu y de las más elementales nociones nacional-sindicalistas». A esta situación
sumóuselle a condición de que Ferreiro realizaba escasas visitas ás locais, polo que a
157
desconexión entre estas e a provincial foi manifesta. Ademais diso, López Ribadulla testificou
dicindo que Ferreiro mantivo á fronte de xestoras municipais a personaxes que foran
sancionados pola Fiscalía de Taxas. Pero sobre todos os aspectos testificados, o que máis lle
doeu a López Ribadulla foi a desidia do xefe provincial sobre os ex-combatentes: segundo o seu
testemuño, non os colocaba en postos de traballo, preferindo situar neles a «señoritas
pertenecientes a acomodadas familias de Lugo» entre as que estiveron as fillas do coronel da
escala Complementaria do Exército, un tal señor Pedreira e as fillas do propietario do hotel
Méndez Núñez.
Ata ese momento, o declarante non entrou no miolo da cuestión que motivou a súa
renuncia ao cargo. Preferiu ir facendo un longo camiño no que comezaba a intuírse o nome do
home que todos eles consideraron o culpable das tensións: Manuel Ferreiro coma xefe
provincial do Movemento. Chegado o momento de declarar sobre o asunto do nomeamento
de procurador en Cortes, López Ribadulla sinalou que o acto colléraos a todos por sorpresa
incluídos os xestores provinciais, que en boca do xestor Taladrid manifestaron que cando
Ferreiro fixo a proposta de Benjamín Álvarez Fernández coma procurador, «se quedaron con
la boca abierta, ya que ignoraban totalmente que el elegido resultase ser Teniente Alcalde del
municipio de Fonsagrada». Polo tanto, o nomeamento de Álvarez Fernández foi considerado
un erro «por la falta de capacidad del elegido», e pola «labor negativa» que viña realizando —
segundo Ribadulla—, na Secretaría provincial, onde realizaba traballos particulares axudado
polo mecanógrafo do partido. Ribadulla fora movido a executar a súa dimisión pola «natural
excitación» que produciría en calquera falanxista puro unha irregularidade coma aquela; e por
esa razón manifestou a súa vontade de deixar a Organización sindical. Outra cuestión sobre a
que se lle preguntou foi sobre o delegado provincial de Sindicatos, ao que el contestou que era
un home que se «embriaga con frecuencia, frecuenta casas de mala nota» e que ademais «su
actuación en concentraciones es deplorable por falta de más elementales formas de educación,
traducidas en gestos y conceptos».
Axuntouse á declaración a carta de denuncia dirixida ao xefe provincial do Movemento
datada un 2 de novembro de 1942, na que López Ribadulla dicía que o nomeamento de Álvarez
Fernández representaba «la tradición electoral, encarnada en los más conspicuos caciques del
sistema liberal, rompiendo con ello nuestros métodos de selección de minorías y
procedimientos de rectitud». Noutra carta dirixida ao delegado nacional de Ex-combatentes, de
3 de novembro de 1942, escribiu que esas maneiras de actuar tan propias do liberalismo, eran
realizadas por persoas coas que había que «romper todo contacto, por fe en los destinos de
España y por propia estimación».
«Aunque la intimidad de este grupo que figura acaudillado la Falange Provincial, es
realmente impenetrable, sabemos todos, que una buena parte de sus titulares está muy
lejos de predicar con la ejemplaridad de su conducta y viven así, políticamente,
pendientes de la depuración menos exigente».
Segundo López Ribadulla, FET de las JONS non existía na provincia de Lugo por causa
do xefe provincial Ferreiro. Comezou a explicarse cunha listaxe de 13 casos de xestoras e
xefaturas locais nas que estaban persoas sancionadas pola Fiscalía de Taxas; outras nas que «se
calcula que ni el 10% de los municipios» dos 69 que formaban a provincia, carecían de
158
monumento aos caídos. Inmediatamente, axuntou extractos dos boletíns quincenais da
delegación de Ex-combatentes nos que se dicía que dentro do partido e da propia provincia
existían «una lamentable decadencia de los principios falangistas, y con más propiedad una
absoluta inexistencia de los mismos».
Concluíndo o seu descargo de conciencia, o seguinte paso que deu López Ribadulla foi
definir o funcionamento do partido en Lugo:
«[...] Todo es suavidad, mucho tacto, mucha caciquería, mucho mangoneo de amigotes y
allegados y una repulsión total a lo que supone espíritu de la Vieja Guardia, hasta el colmo de
llegar a la dilación de no existir ésta como una personalidad “jurídica”, con vida propia y
organizada, encuadrada en su respectiva Delegación Provincial».
O partido en Lugo era un «inmenso edificio, BUROCRÁTICO [maiúsculas no orixinal],
un tinglado gigantesco organizado en departamentos que se comunican entre si —y muchas veces
ni se comunican— por el que se mueven y discurren los personajes, subiendo y bajando, de un
lado para otro, pero sin que el edificio tenga una pequeña PUERTA PARA SALIR AL
EXTERIOR [maiúsculas no orixinal]». E culminou o seu testemuño de maneira agresiva contra
a xerarquía representada por Manuel Ferreiro:
«En una palabra es la política de SUAVIDAD, de HIPOCRESÍA de decir que aquí todo marcha
bien, que se lleva todo falangísticamente, que todo el mundo colabora con la Falange y que ésta
no encuentra obstáculo en su labor porque los que la llevan son unos hombres capacitados que
entienden su cometido a la perfección».
E todos aqueles aos que se referiu López Ribadulla contaron co beneficio do
denominado cacique provincial, dese gran home común que abarcaba toda a provincia de Lugo
e que viña manexando os resortes políticos da mesma dende tempos inmemoriais:
«el cacique político246
se sostiene hoy muchas veces introducido en Falange, que el sabor antiguo
da la norma y el pan, traspasarán los límites de la caciquería, los desbordarán y se introdujeran
en cuña para deshacerla, partirla y dejarla como obra muerta y momificada, como un recuerdo
desgraciado y triste de la política liberal».
O seguinte en declarar foi Antonio Serrano de Pablo, de 28 anos, que na súa opinión
traballou «procurando desempeñarlo [o seu cargo] con la máxima honradez, dignidad y espíritu
nacional-sindicalista», acatando sempre as ordes dos seus superiores. Se dimitira en bloque con
todos os anteriores, debeuse a que non puido permitir que fose elixido coma procurador en
Cortes un home que «carece de facultades intelectuales para desempeñar cargo de tanta
246
A cuestión dos caciques é sempre recorrente nas denuncias e informacións das diferentes xerarquías do
Movemento en Galicia. O feito de sinalar a alguén con aquel cualificativo estendía un halo de misterio á información enviada,
pois case nunca se indicou o nome exacto da persoa sinalada. Para o caso da provincia de Lugo, o «cacique político» ou
cacique provincial, non resultou difícil poñerlle nome exacto, pois estivo ben sinalado o nome do home que moveu a política
provincial luguesa dende a época da Restauración. Con toda probabilidade, López Ribadulla estaba a referirse á saga caciquil
iniciada polo avogado do PL José Benito Pardo Rodríguez, máis coñecido na provincia de Lugo polo alcume de Pepe
Benito. A saga de Pepe Benito continuou na provincia da man do seu fillo José Benito Pardo Pardo, prohome da URD-
CEDA na provincia lucense que aproveitou o caudal operativo de seu pai para manter o control político da provincia. A
constante insistencia ao longo de todos os documentos a un suposto cacique que conservou a súa influencia ao longo de
tanto tempo, non pode ser máis que unha referencia a estes dous persoeiros, especialmente ao fillo, pois Pepe Benito
morrera en 1939. Uns apuntes sobre a vida de Pardo Rodríguez en SOTO, J. (2005).
159
responsabilidad y transcendencia». Con todo, Serrano de Pablo non quixo «omitir un juicio
ofensivo a la persona del primer Procurador en Cortes de esta provincia». Coa acción da súa
dimisión quixo denunciar que na provincia de Lugo existiron persoas que, segundo o seu xuízo,
terían sido aceptadas «con el máximo respeto sin que en ningún momento el que depone
hubiere pensado en candidato determinado».
O fondo de todo o asunto, obviamente, foi o papel do xefe provincial do Movemento: a
suposta intención que lle atribuían de manter a aqueles alcaldes e cargos do Movemento que
foran sancionados pola Fiscalía de Taxas. Serrano de Pablo explicou como se forxou a dimisión
en grupo:
«Cierto que la resolución pudiera parecer a simple vista tomada como una medida colectiva,
pero ello se debe a encontrarnos el día dos de Noviembre en la misma peña de café y al versar
nuestra conversación sobre asuntos políticos y enterarme de la designación del Secretario
provincial como Procurador y de los métodos empleados al efecto, así como de los comentarios
suscitados dentro y fuera del Partido, sintiendo profunda tristeza e indignación, me vi en la
necesidad al igual que ellos, de adoptar una resolución de alto espíritu falangista, en la manera
y en la forma que los Estatutos de Falange nos permiten, no queriendo afrontar la
responsabilidad personal, en que indirectamente pudiere incurrir».
No afán dos dimisionarios non houbo unha «intención ofensiva que pudiera redundar
en desprestigio de la Jefatura provincial», o que se demostrou claramente en que as dimisións
mantivéronse en segredo ata que foron publicadas na prensa provincial. Non houbo, segundo
Serrano de Pablo, unha «conspiración colectiva» posto que a decisión de dimitir fora tomada
de maneira espontánea, segundo o seu testemuño, «sin haberla premeditado, ocasionalmente
al concurrir al mismo café y a la misma peña y con un mismo criterio de unanimidad».
Aproveitou a súa declaración para anexar os partes mensuais do seu servizo como mostra da
situación do partido247
.
Máis adiante no expediente da denuncia, aparece o escrito de Serrano de Pablo no que
xustifica a súa dimisión. Nel falaba de que o nomeamento do procurador en Cortes foi o
produto de que se «adulteren y enturbien procedimientos de elección que el Movimiento ensaya
en esta nueva y grave ocasión». Continuou argumentando sobre as taras intelectuais —xa
explicadas anteriormente sobre o elixido—, ao cal se culpaba da total inexistencia do partido na
provincia. Serrano de Pablo culminou dicindo que «la provincia de Lugo, está evidentemente
perdida para la Falange». Segundo el, non había movemento político dentro do partido, o que
247
No parte adxunto do mes de outubro de 1942, aparece a declaración dun xefe local do Movemento —pódese
determinar que de Becerreá—, que fora elevado a delegación de Información que dirixía Serrano de Pablo. Nela, o xefe
local daba a imaxe do que era a FET de las JONS no rural galego: «la existencia del partido es sólo teórica». A local informada
contaba cun número «limitadísimo» de afiliados, entre os que había moi poucos falanxistas. Fálase de que o partido era un
pendello para un número delimitado de individuos, de xeito que «la Organización estaba montada a modo de exclusiva
entre unos cuantos “derechistas” afiliados a Falange, que se servían de ella para su medro personal». Os locais do partido
non funcionaban, quedando os domicilios particulares dos dirixentes coma sitios de reunión para tratar os temas do
Movemento. As xerarquías provinciais «no procuraron remediarlo». O partido era visto coma algo alleo ao sentir dos
parroquianos: «el ambiente que existe es totalmente hostil al Estado y sobre todo al Partido». Un dos indicios nos que se vía
esa hostilidade era no reparto de abono para os gandeiros: segundo a información, moitos preferían non sementar por falta
de abono antes que sindicarse como era obrigatorio: «en todas [refírese as parroquias] dicen “que no se sindican por no
pertenecer a Falange”». Incluso algúns aproveitaron para ver o fin idealizado da ditadura: «En alguna otra, elementos
desafectos, se permiten decir “que todo esto será poco duradero y que es indudable el triunfo de Stalin”».
160
facía do Movemento un «CUERPO MUERTO, NEGATIVO Y ABÚLICO [maiúsculas no
orixinal]».
«En estas condiciones, por devoción a la Falange, me dispongo a servirla con fe, que nunca
alejándome de aquellos que asumen los puestos de mando provinciales [sic]. Es un regreso a
muestra fe y a nuestra intransigencia. Su motivo ocasional es algo que por agraviar al ESTILO,
no admite claudicaciones. Ciertamente la función de mando está llena de dificultades y con mi
decisión no quisiera agravarla. Por fortuna, ni la Organización me necesita, ni en su actual estado
en la provincia, no puedo ni podré desarrollar una labor que satisfaga mis deberes para con el
Partido y con España».
As seguintes declaracións foron moito máis breves e insistiron no mesmo que fixeran os
dous homes anteriores248
. Máis extensa foi a do considerado líder do levantamento contra a
Falanxe luguesa. Antonio Rosón, que tiña 30 anos, era avogado e membro de FET de las JONS
dende a primavera de 1936. Despois de glosarse o seu historial político e de guerra, entrou na
cuestión do nomeamento de Benjamín Álvarez Fernández dicindo que «era turbio el
procedimiento y desastrosa la designación». Esas dúas causas, ao seu modo de ver, afondaron
na consideración negativa do partido entre a sociedade, polo que el, ante ese panorama, decidiu
dimitir. Foi a partires desa dimisión cando comezaron os rumores que colocaban a familiares
de Rosón no posto para o que finalmente foi designado Álvarez Fernández:
«[...] esta misma mañana recogió el rumor de que se le acusaba de ambicioso y de desear que el
representante en Cortes de la provincia fuese su hermano, Senén Eulogio Rosón Pérez,
recientemente designado Alcalde de Becerreá. Niega tal imputación, aclarando que la considera
disparatada, por ser su hermano un estudiante sin preparación para ejercer aquella
representación, y que sólo temporalmente, por su condición de excombatiente distinguido, se
hacía cargo de la Alcaldía para ordenar las cosas municipales, y a partir del mes de enero seguir
sus estudios en la Facultad de Farmacia».
248
Manuel Artime Prieto, de 35 anos e xuíz de primeira instancia e instrución e maxistrado de Traballo, presentara
a súa dimisión por «razones de índole moral, pues quien como yo ha sido educado cristianamente y ha vivido desde su
infancia en un ambiente de honradez y dignidad, cree que jamás debe doblegarse ante la injusticia». Esa inxustiza fora o
nomeamento do procurador en Cortes. Dicía del o mesmo que os anteriores: era unha persoa incapacitada para desenvolver
o cargo que lle fora asignado. Repite de novo que non ía en contra do xefe provincial do Movemento nin da honra persoal
do secretario provincial nomeado procurador. Breve tamén foi a declaración de Serafín Antonio Sánchez Sal, de 24 anos e
avogado. A súa epifanía sobre o partido chegoulle ao ser nomeado secretario provincial de Educación Popular, cando se
decatou de que o partido non existía na provincia de Lugo; «y que así como el recibimiento al Caudillo fue apoteósico en
esta ciudad, el del camarada Arrese fue un acto frío incluso por parte de los mismos militantes del Partido». O nomeamento
do procurador ―nomeado xestor municipal oito días antes do ser nomeado procurador― fora executado polos xestores
provinciais que foran «coaccionados para designarlo». José García Gesto-Cedrón tamén foi breve. De 28 anos e axente de
seguros, era membro de FET de las JONS con anterioridade ao Alzamento. O que foi secretario provincial de Información
e Investigación, era consciente —polos informes que lle chegaban dende as locais—, de que a organización das xefaturas locais
era «completamente nula» pola falta de libros de rexistro, contas, etc. Más breve foi a declaración de Jesús Cedrón del Valle,
de 28 anos e tenente provisional de Infantería e afiliado a FET de las JONS con anterioridade ao Alzamento. Este fora
nomeado xefe local do Movemento en Lugo, aínda que manifestara ao xefe provincial que non estaba «conforme con la
forma de llevar la política en esta provincia». Por «propia decisión» convertérase ao mesmo tempo en axente de información,
poñendo ao día aos membros da Vieja Guardia de «cuantos hechos conocía sobre la vida política de la provincia, teniendo
noticias de muchos de ellos por alcaldes y Jefes locales que espontáneamente se lo comunicaban». O nomeamento do
procurador e a continuidade dos cargos políticos sancionados pola Fiscalía de Taxas, tería provocado a súa renuncia.
161
1.5) AS DECLARACIÓNS DA PARTE OPOSTA
Tamén foron preguntados persoas do lado oposto. Entre eles estivo Antonio Rodríguez
López, de 34 anos, comerciante e afiliado a FET de las JONS con anterioridade ao golpe de
Estado de xullo de 1936. Na súa declaración encargouse de lembrar que durante a guerra civil
observara «la poca disciplina del camarada Ribadulla» que acabou por provocar a división da
provincia en dúas zonas políticas. Dixo o testemuño que Ribadulla, García-Gesto e Cedrón del
Valle «se han dedicado siempre a criticar, no colaborando nunca»; que o feito de dimitir co
pretexto do nomeamento do procurador en Cortes foi unha escusa para executar un plan que
viñan planeando dende tempo atrás. Segundo esta testemuña, o que amagaron os individuos
dimisionarios foron «las apetencias de mando». Gonzalo Valentí Nieto, de 48 anos e catedrático
director do Instituto Feminino de Lugo, tamén foi preguntado nese sentido. Contestou que el
pouco sabía dos feitos ocorridos máis que por «referencias y comentarios que hasta él han
llegado por mediación de camaradas de distintas Jerarquías». Isidoro Valcarce López, de 58
anos e industrial, era delegado provincial de Transportes. Segundo o seu testemuño, observou
en Ribadulla, Gesto e Rosón Pérez «un espíritu de indisciplina que ha culminado en las
renuncias de sus cargos»; e dicía que esa actitude tería sido por causa da súa «apetencia de
mando». José Agra Varela, de 34 anos e médico, era delegado provincial de Sanidade. Comezou
facendo unha valoración clásica sobre a provincia de Lugo onde subliñou a tendencia política
de crear «grupos independientes» de actividade política. Segundo el, decisión dos dimisionarios
foi nesa corrente: a de fomentar a división de FET de las JONS de Lugo. De Artime, Rosón e
Serrano non puido dicir nada reprochable ou negativo; el considerounos «buenos camaradas».
Unicamente puido dicir que Rosón tiña a tara de pertencer a unha «familia de abolengo caciquil
en Becerreá»; que a Ribadulla o «cree buen falangista aunque quizá demasiado impetuoso» ou
que García-Gesto era un home que «critica y comenta todos los actos del Mando, con tendencia
siempre a exajerar [sic]»249
.
De entre todos os testemuños recollidos, destacou o do xefe provincial do Movemento
e Gobernador Civil de Lugo Ramón Ferreiro. O 6 de novembro de 1942, Ferreiro asinou o seu
informe sobre os feitos. Comezou o seu escrito dicindo que en Lugo había tan poucos
«elementos responsables» que a tarefa de designar a alguén para un posto directivo era
«verdaderamente agobiadora». Puxo énfase en que:
«En cuatro años de actuación como Jefe provincial de Lugo he podido comprobar que los que
demuestran con sus hechos el peor antifalangismo, no son los rojos ni los indiferentes o
enemigos declarados, sino los muchos camaradas que por incompetentes, indisciplinados o
fracasados, han sido destituidos de algún servicio o no han logrado ocupar el cargo jerárquico
que ambicionan».
Segundo Ferreiro, deuse a situación de que o xefe provincial contou coa colaboración
absoluta das autoridades e coa «estimación del pueblo», mentres que dentro do partido existiría
un ambiente de «ataque continuo, personal y a veces difamatorio» por parte dun, considerado,
249
Tamén contestaron a un cuestionario algúns xestores provinciais: José Gatoso Castro e Jesús Taladrid Coll. O
primeiro, de 59 anos era o presidente da Deputación: declarou que non houbera coación de ningún tipo sobre a xestora
para nomear ao procurador. O mesmo contestou Taladrid Coll, de 53 anos e industrial, que era xestor da Deputación.
Contestou o mesmo que Gatoso, o que o poñía en contradición co que dicían os dimisionarios, que apuntaban que el fora
o responsable de espallar a idea de que foran impelidos para votar afirmativamente ao novo procurador.
162
«sector reducido pero incansable de individuos que visten la misma camisa azul». A opinión de
Ferreiro foi que o problema só se solucionaría coa depuración rigorosa deses elementos.
Segundo Ferreiro, dende o momento no que os expedientados tomaron posesión, iniciárase un
ambiente raro dentro do partido no que «empezaron a sucederse pequeños actos de indisciplina
aislada, de murmuración y de falta de cordialidad»; o que foi configurando un pequeno grupo
de «oposición» á maior xerarquía do partido na provincia. Excepto Ribadulla —que levaba
tempo no seu cargo—, os demais nomeados eran descoñecidos para o xefe provincial, que
baseou o seu nomeamento nos «buenos informes que me daba el citado Ribadulla y por la
impresión favorable recogida con excesiva rapidez por el Sub-Inspector de Depuración
camarada Reguera». Ribadulla queixábase dende sempre, pero o xefe provincial considerou
que o facía polo seu desexo de que o Movemento prosperase, intentando eliminar todos os
problemas que puidesen aparecer. As críticas de Ribadulla aumentaron cando foron nomeados
os outros delegados de servizos, cos que compartía charlas nos cafés; unhas críticas que o xefe
provincial entendeu produto do «deseo de ser él y los de su camarilla quienes pasaran a dirigir
la Falange de Lugo». Todo iso foi facendo unha bola de «pequeñas faltas de lealtad» que acabou
manifestándose no acto de ocultar e terxiversar os informes do funcionamento dos servizos de
Rosón e Serrano de Pablo.
Segundo Ferreiro, Rosón —do cal se volveu a acentuar o compoñente caciquil da súa
familia—, «se interesó repentinamente» pola renovación da xestora de Becerreá, de onde era
natural. O xefe provincial —nese momento xa en función de Gobernador Civil—, fixo a proposta
de renovación a Gobernación que, efectivamente, á fronte da mesma ía o nome do irmán de
Rosón: Senén Eulogio. Ao xefe provincial iso pareceulle que era a intención de Rosón de
nomear ao seu irmán candidato da Deputación para as Cortes. Como a «camarilla» de Rosón
non coñeceu quen era o candidato a Cortes, segundo os testemuños coñecidos por Ferreiro,
celebrou unha reunión o día 29 de outubro de 1942 con todos os dimisionarios «de la que
indudablemente salió el acuerdo de presentar conjuntamente las dimisiones». O Gobernador
Civil reparou en que as dimisións presentaban un estilo e un modo de redacción idénticos.
O xefe provincial decretou inmediatamente o cese dos dimisionarios co fin de «cortar
con energía una rebelión que si al iniciarse se basa en siete nombres de camaradas podría
incrementarse con otros afiliados». A actuación con rapidez e decisión foi fundamentada na
razón de que habería que loitar contra os modos da política do pasado:
«Las Jefaturas provinciales atraviesan por un momento político duro y difícil. Tienen enfrente,
dispuestos a todo, a los políticos viejos, monárquicos, impacientes, tradicionalistas, no
asimilados, militares descontentos, rojos alentados por Inglaterra, ricos que quieren desacreditar
nuestro programa de justicia social, pobres que sufren los efectos de la carestía de la vida. De
esta lucha sólo es posible salir victoriosos con la colaboración asidua e intensa de los Delegados
provinciales y con la disciplina de todos los afiliados. Con traidores al lado o con auxiliares
deseosos de sustituir al que manda, la obra del mejor intencionado se malogra y todo lo que se
pueda construir por un lado se hunde casi en un día, ante la risa de nuestros enemigos».
Os dimisionarios participaron frecuentemente nun faladoiro de café no que tiñan un
«termómetro» no que se indicaba o prestixio ou o desprestixio da organización provincial; «y
que les ordena discutir y desacreditar en la calle al Jefe del Movimiento y Gobernador Civil de
163
la provincia, a los camaradas que componen la Diputación provincial, al Procurador en Cortes
elegido por ella y a todos los demás Delegados que no forman parte de su camarilla». O
Gobernador Civil e xefe provincial concluíu que no fondo de todo o proceso que se estaba a
investigar residiu a súa vontade dos homes de Rosón de facerse co poder provincial.
Para culminar todo o proceso e antes de que se emitise o informe final en Madrid, o 7
de novembro de 1942, José María Tristán González Gutiérrez, en funcións de delegado
provincial de Sindicatos e tendo sido requirido pola secretaría nacional de Información e
Investigación, emitiu os cargos acusatorios que recaeron sobre os dimisionarios. Contra Manuel
Ribadulla cargou a acusación de que «lanzó y vertió públicamente, palabras de dura crítica
contra el dicente [González Gutiérrez]» con motivo da visita de Arrese a Lugo, entre outras.
Contra Rosón Pérez, cargouse, entre outras cousas, que conseguiu que fose nomeado Alcalde
e xefe local de Becerreá o seu irmán «con el deseo manifiesto, previamente meditado, de
proponerlo como Procurador en Cortes, representando a los municipios de la provincia de
Lugo». O maior erro do plan do grupo de Rosón foi a dimisión en bloque de todos eles. O que
tería pretendido Rosón, segundo o xuízo do delegado provincial de Sindicatos, foi «crear un
feudo caciquil en la localidad y comarca de Becerreá». O fin último de todo o visto: ser
nomeado xefe provincial do Movemento e Gobernador Civil da provincia.
1.6) O INFORME DO INVESTIGADOR ENVIADO POR MADRID
De toda esta información, o secretario desprazado a Lugo e encargado de elaborar unha
resposta para o partido, sacou algunhas conclusións aclaratorias. O primeiro do que se deu
conta foi de que a provincia de Lugo «ha sido conocida siempre por su especial contextura
política»; unha provincia na que estaban verificados os «muy propiamente llamados chanchullos
electorales, siendo estos de la peor especie». Anotou o investigador que os lugueses eran
individuos extremadamente políticos: lembrou que antes da sublevación de xullo de 1936, con
moitos falanxistas no cárcere, estes xa comezaran a negociar asuntos de organización interna do
partido na provincia, o que fixo obrigatorio dividila en dúas zonas —á fronte das cales se
colocaron Viador e Zaera—, co fin de «reprimir en lo posible estos movimientos de división».
Durante a guerra civil as divisións continuaron a causa a execución do xefe local de Sarria e a
destitución do xefe provincial do Movemento —momento no que ocupou o cargo Ramón
Ferreiro—, causada pola morte de Manuel Saco Rivera.
Ferreiro intentara dende a súa chegada propiciar o achegamento entre as diferentes
ramas da Falanxe luguesa co fin, segundo o secretario investigador, de «facilitar el acceso a
Falange de cuantas personas estimaba dignas de ello». Aínda así, algúns delegados mostraron
claras discrepancias coa maneira de actuar de Ferreiro, entre eles Rosón. Segundo as
informacións que obraban no poder do investigador, o xefe provincial teríalle escrito a Rosón
—como contestación a outra carta onde o becerrego manifestou a súa oposición a labor do xefe
provincial «en términos duros»—, dicíndolle que estaba de acordo coas decisións adoptadas por
aquel; apoio que se corroborou coa modificación da xestora municipal de Becerreá, onde foi
designado para o cargo de Alcalde o irmán de Rosón. A situación política encerellouse cando
poucos días antes de ter que celebrar un pleno na Deputación para nomear procurador en
Cortes, foi nomeado para ese cargo Benjamín Álvarez Fernández —que era secretario provincial
164
do Movemento—, e xestor na localidade da Fonsagrada —coma Tenente de Alcalde. Cando foi
o momento de celebrar o pleno provincial para o nomeamento, o xefe provincial comunicou
aos xestores que «la persona, a su juicio, más indicada para ser designada» era Álvarez
Fernández.
Despois de facer o repaso polas persoas que tomaron parte do problema, a conclusión
que sacou o informante foi que a actuación realizada polos dimisionarios «sólo elogios merece»;
e que a única acción censurable era a do xefe provincial por non ter sancionado como debía a
Rosón despois de actuar como actuara. Esa actitude de Ferreiro, en «lugar de conseguir una
unión mayor» entre os falanxistas, acadara todo o contrario, o que levara á dimisión de todos
os anteriores. Isto tería producido unha «verdadera perturbación en el régimen del Partido» e
prexudicara «al buen nombre de la Falange de Lugo»250
.
Os delegados foron suspendidos, pero non cesados dos seus cargos de maneira
inmediata. Aínda que a culpabilidade principal recaeu en Manuel Ferreiro por non actuar con
dilixencia sobre Rosón e o seu grupo cando tivo conciencia de que estaban a artellar
movementos desfavorables para o partido en Lugo, os suspendidos acabaron manchados coa
culpabilidade de ser indignos de estar dentro de FET de las JONS. O que resultou de todo isto
foi que a información que dende as xerarquías provinciais —especialmente por parte do xefe
provincial cos seus informes mensuais— se emitiu a Madrid informando constantemente de que
a situación da provincial e da provincia era excelente e de que o partido se atopaba instalado
correctamente nas institucións provinciais era falsa. FET de las JONS estivo sempre sometida
ás tensións internas que se produciron polas loitas entre os diferentes interesados por facerse
co seu control. Estas loitas puideron ser máis ou menos coñecidas ou acabar ou non en informes
detallados coma este que se acaba de analizar; pero as liortas existiron sempre. FET de las JONS
funcionou como un partido político ao uso: as tensións entre os opostos crearon as disputas que
culminaron en depuracións e ceses, tal e coma ocorreu nos partidos liberais tradicionais. Foi tal
o eco que deixou este asunto na política provincial que, en maio de 1945, chegou a Madrid a
proposta de Rosón para volver a ser nomeado delegado provincial de Educación Popular.
Xunta o informe persoal ía engadida unha nota interna —datada o 2 de novembro de 1942—, na
que se falaba do porqué do cese de Rosón:
«Por haber cometido una gravísima falta de disciplina, de la que se deriva un perjucio [sic]
inmediato para el crédito de la Falange de Lugo, me he visto precisado a hacer uso de las
atribuciones que me confiere[n] [os estatutos de FET de las JONS] suspendiendo en el
desempeño del cargo al Delegado provincial de la Vicesecretaría de Educación Popular al
camarada Antonio ROSON PEREZ».
Unha nota final que deberon ter en conta en Madrid, porque Rosón non volveu ocupar
o cargo en Lugo. Con todo, as portas das institucións do Estado ditatorial quedáronlle sempre
abertas para outros mesteres251
.
250
Información instruída por orden de la Vicesecretaría General a fin de esclarecer la aptitud y actuación de las
Jerarquías Provinciales [de Lugo] con ocasión de los incidentes ocurridos después de la designación de Procuradores a
Cortes, 16 de novembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20593. 251
Propuesta de nombramiento del Delegado de la Vicesecretaría de Educación Popular [de Lugo], a nombre del
camarada Antonio Rosón Pérez, 9 de maio de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20674. LÓPEZ RODRÍGUEZ, P. E BAZ VICENTE,
165
C) SANTIAGO VALLEJO HEREDIA, OU A VONTADE DE ENCAMIÑAR O MOVEMENTO DE LUGO
Dentro daquela corrente de tensións internas do partido, a construción da ditadura en
Galicia afrontou o ano 1943. Na Falanxe luguesa liderada polo Gobernador Civil Ramón
Ferreiro as cousas discorreron polo camiño de meses anteriores: a tónica descrita polas
xerarquías buscou transmitir unha total normalidade. O proceso de selección e nomeamento
do representante lugués nas Cortes orixinou «comentarios y opiniones tan variados como son
los diversos grupos de opinión existentes». Segundo a visión de FET de las JONS os
«enemigos», «sistemáticamente», viron con «animadversión» toda a actividade do Estado,
criticando e «censurando en sus círculos de reunión con acritud y sin reservas el sistema político
imperante». Tal foi o grao das críticas dende dentro e fóra do partido, que un dos primeiros en
sufrir as consecuencias foi o propio Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento. Ramón
Ferreiro foi cesado en febreiro de 1943. A razón é descoñecida —o goberno de Madrid non
necesitou dar explicacións para cesar a un gobernador—, mais as liortas internas dende o inicio
do seu mandato que estouraron definitivamente no caso de Rosón, deberon ser suficientes para
forzalo a saír do cargo.
Mentres que o seu substituto non chegou á provincia lucense, en meses seguintes díxose
que a situación do partido era «favorable» entre os membros «afines» a el. Descoñécese se o
cese de Rosón axudou a aquela mellora conxuntural, porén o que non desapareceu foi a división
no ambiente xeral do partido e da provincia onde se consideraron por parte das xerarquías do
Movemento dous sectores ben diferenciados: o falanxista auténtico e aquel formado por «gentes
que militaron en los partidos marxistas». Estes últimos manifestáronse máis canto maiores foron
as derrotas das forzas do Eixo na guerra europea252
.
M.J. (2008) conclúen a súa análise considerando o inmediato do proceso e que o xefe provincial do Movemento tomou
dende o principio as rendas do mesmo. A lectura ofrecida nesta investigación difire da das investigadoras, ao entender que
Ferreiro quedou dende o primeiro momento sumido na dinámica de enfrontamento xerárquico instigado por Rosón. O
desenvolvemento posterior dos acontecementos, co decreto de cese do Gobernador Civil Ferreiro aos poucos meses de
concluír o proceso de denuncias, demostra que o que residiu no fondo de todo o asunto foi o desprestixio de FET de las
JONS na provincia de Lugo instigado polas vellas redes clientelares sustentadas, entre outros, pola propia familia Rosón
dende o seu núcleo de Becerreá. A documentación relacionada sustenta esta posición dende o inicio. Se á división interna
lle é sumada a escasa implantación entre a sociedade lucense do Movemento, obtense o resultado que xorde dos
movementos iniciador por Rosón para destituír a Ramón Ferreiro ou, polo menos, de quitarlle estabilidade ao seu posto,
tal e como é descrito nas outras provincias galegas. A traxectoria política de Antonio Rosón Pérez non finalizou, porén, con
aquel suceso. Presidente da Deputación de Lugo entre 1949 e 1951, procurador en Cortes polo terzo de cabezas de familia
en representación da provincia lucense dende 1967; presidente da Cámara Agraria lucense; coa volta da democracia a
Galicia, fundador da Agrupación Electoral Lucense, que acabaría sendo o brazo político da Unión de Centro Democrático
en 1977; presidente da Xunta de Galicia pre-autonómica entre 1977 e 1979; presidente do Parlamento de Galicia entre 1981
e o seu falecemento en 1986. Xogou tamén un papel destacado na fundación de iniciativas culturais coma a Editorial Galaxia
ou a Revista de Economía de Galicia. Unha pequena biografía realizada por RODRÍGUEZ POLO, X.R. (2011): “Rosón Pérez,
Antonio”, Diccionario Biográfico Español, Madrid, Real Academia de la Historia,
<http://dbe.rah.es/biografias/46549/antonio-roson-perez>, [Consultado o 1 de febreiro de 2019]. Sobre o seu papel na
construción do proxecto editorial de Galaxia pódese consultar VILLANUEVA GESTEIRA, Mª.D. (2016): A Editorial Galaxia:
proxecto e traxectoria (1950-1963), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de
doutoramento]. 252
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de marzo, abril de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de abril, maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20615.
166
O novo Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento de Lugo tomou posesión en
xuño de 1943. Santiago Vallejo Heredia convocou a todos os afiliados de FET de las JONS
para dirixirse a eles e «estimularles en el cumplimiento de los deberes falangistas», aproveitando
o momento para dar normas e consignas «tendentes a robustecer el espíritu y garantizar eficacia
en la labor propia de la Falange». Todos aqueles afiliados que faltaron ao acto foron sancionados
con 5 pesetas de multa que deberían ser ingresadas en selos de José Antonio. Con esta actitude
que se podería denominar belixerante contra calquera mostra de desacato contra a súa
autoridade coma Gobernador Civil e xefe provincial, que non sería outra cousa, segundo o
entender e Vallejo Heredia, que desacato á autoridade do poder do goberno de Franco,
presentouse o novo Gobernador Civil ante os falanxistas lugueses. A información transmitida
polos partes mensuais a Madrid recolleu unha tendencia de mellora no ambiente do partido
grazas a chegada do novo Gobernador Civil. As descricións realizadas nos partes mensuais sobre
o estado da provincia, situaron o ambiente do partido en cotas elevadísimas, debido ao feito de
que a Falanxe conservaba e ratificaba diariamente «sus convicciones nacionalsindicalistas y su
inquebrantable adhesión al Caudillo». Esa situación positiva conseguiuse enfrontando os
comentarios insidiosos que se encargaban de propagar os «monárquicos y rojos», apoiados nos
avances de ingleses e rusos nas frontes de guerra en Europa.
O proceso de engrandecemento —«aumento progresivo», foi o termo empregado polo
Movemento lucense—, do partido non parou aí grazas ao pulo que se lle estaba a dar a todos os
servizos do partido. O impulso aos servizos afondou e consolidou na disciplina que serviu para
continuar coa realización de «obras benéficas». Segundo o Movemento lucense, todos aqueles
«bulo[s] y [los] anónimo[s]» que se difundían ao longo de toda a provincia contra o partido non
tiñan un «reflejo exterior ostensible», de maneira que non provocaron inquietude entre as
xerarquías, «ya que la gente sensata ve en esa labor oculta más el egoísmo personal de alguna
ilógica ambición defraudada que la expresión de un ambiente general». A descrición do
Movemento colocou o ambiente xeral do partido nun estado «elevado» grazas as actuacións que
se realizaron en todos os ámbitos, dende os sindicatos ata a beneficencia aos máis necesitados;
campo este último aproveitado para conseguir unha maior visibilidade do Movemento. Grazas
a estas actividades de propaganda a «simpatía hacia el partido» crecía diariamente especialmente
entre as «clases humildes», debido á «protección de que son objeto» polo Movemento. A
«constante preocupación a la clase menesterosa» tería facilitado ao partido, en definitiva, «elevar
el ambiente de la Organización», o que mellorou ostensiblemente o ambiente político
provincial253
.
Manifestacións e descricións coma esta non fan máis que indicar cal foi o ton dos
informes e cartas do partido dende ese momento no ámbito da actuación política e
propagandística. A beneficencia e o Auxilio Social convertéronse no eixo central da acción da
Falanxe luguesa. Como haberá ocasión de analizar noutro apartado, a fame foi unha constante
en determinadas provincias e zonas de Galicia. O Movemento, temeroso dunha reacción
violenta por parte dos galegos ante a ausencia de mantenzas que deberían ser subministradas
253
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes
de xullo, agosto de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de agosto, setembro de 1943; Parte mensual da
provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, novembro
de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20615.
167
polo Estado ao estar suxeitas ao sistema de abastecementos e prezos taxados, comezou a
dedicarse a este ámbito con toda a intensidade da que foi capaz. O caso da provincia de Lugo
foi un deles, pero no resto de Galicia tamén se produciu ese cambio de actitude que, como non
puido ser doutra maneira, aproveitouse para facer propaganda da ditadura e do Movemento
que a sostivo con tanta intensidade.
Dende Lugo, Santiago Vallejo Heredia mostrouse exultante co funcionamento da súa
provincia. Encargouse de deixalo ben claro no parte mensual de xaneiro de 1944 cunha
construción sintáctica, gramatical e léxica moi empregada polas autoriades do Movemento.
Dende o punto de vista de Vallejo Heredia, na provincia de Lugo todo funcionou
perfectamente:
«En este aspecto cada vez se va dando mayor impulso al referido ambiente a fuerza de poner en
práctica todos cuantos medios faciliten una labor de justicia social que, como tal, ejerce su influjo
y acusa cada vez mejores resultados».
Segundo Vallejo Heredia, o partido vivía somerxido nun ambiente que «continúa siendo
alagüeño [sic]» grazas ás actividades que desenvolvían as xerarquías por toda a provincia. Estas
foron «despertando una confianza más segura en el ambiente general». Ese ambiente de
camaradería foi especialmente forte entre as consideradas coma «clases humildes», que
atoparon en FET de las JONS a «adecuada asistencia, toda la satisfacción de sus necesidades
que es posible y auténtica de sus derechos». O Movemento, ou «mejor dicho la Organización»
—esta anotación fíxoa o mesmo Vallejo Heredia—, viu entre esas clases humildes unha «corriente
de franca simpatía». Eran homes e mulleres que estaban «dotadas de un espíritu nacional
sindicalista» aínda que non militaran no partido. En contra deses terían estado aqueles
«sectores» políticos que apostaron por unha vitoria dos Aliados na Segunda Guerra Mundial. A
opinión de Vallejo Heredia foi que os membros do Movemento «somos perfectamente
comprendidos por la mayoría de la opinión pública que en nosotros [está] la única solución de
los momentos actuales». Todos os membros do partido de Lugo estiveron «dentro del estilo y
tono ambiental de la Falange». Estaban unidos polos postulados do nacionalsindicalismo que
os levaran anos antes «a la lucha» contra a República nunha guerra civil. En resumo, dentro do
partido
«[...] sus miembros acatan su disciplina en el orden interno, y por lo que respecta al ambiente
político, salvo raras excepciones, no admiten otras opiniones que aquellas que son normativas
en la política rectora de nuestro Caudillo»254
.
A situación descrita por Vallejo Heredia foi tan boa que chegou a escribir nun informe
que repartira un total de 21.000.000 de pesetas entre os habitantes escollidos polas locais da
provincia de Lugo para facerlles máis sinxela a vida. Actos coma ese provocaron que dentro do
Movemento lugués todos remasen a unha; non se deu nin «una sola deserción». Seguindo un
254
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de febreiro, marzo de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de maio, xuño de 1944; Parte mensual da
provincia de Lugo do mes de xuño, xullo de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, novembro de
1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de decembro, xaneiro de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20645.
168
esquema discursivo propio dun verdadeiro home do Movemento e coñecedor de quen era o
seu xefe, Vallejo Heredia deixou dito:
«La disciplina sigue siendo la característica más destacada en el Partido, expresándose muy
entusiásticamente al lado del Caudillo vencedor en las tareas de la guerra y magnífico conductor
del Estado en las de la Paz».
A opinión de Vallejo Heredia transmitida a Madrid foi que efectos da guerra europea
non causaron problemas na provincial luguesa, onde o ambiente foi «francamente bueno con
las preocupaciones consiguientes de este período de postguerra». As preocupacións entre os
falanxistas lugueses polo final da Segunda Guerra Mundial crearan un certo «nerviosismo» que
nada preocupou as xerarquías provinciais pola pouca «importancia fundamental de destruir la
disciplina, ni tan solo aminorarla». Con todo, a derrota dos que sempre foran aliados de España
provocou unha certa «amargura» entre os falanxistas convencidos —os de toda a vida255
.
O ton e as maneiras de Vallejo Heredia quedan á luz a través da análise dos seus partes
mensuais. Nos arquivos do Movemento consérvase unha memoria das actividades que realizou
a FET de las JONS de Lugo en 1944 onde o Gobernador Civil afondou no seu estilo e no seu
compromiso coa construción dunha ditadura franquista sólida. O documento comeza coas
preceptivas loanzas ao partido. «Con el estilo que le da su gran solera falangista», a Falanxe de
Lugo «ha colaborado con todo entusiasmo en la obra reconstructora nacional». A Falanxe
luguesa colaborou coas autoridades superiores; e iso tería sido o que a fixo forte ante a
sociedade:
«[...] una mayor conexión, un afán de servicio superior a la del año pasado, debido
probablemente a la ofensiva encubierta lanzada por elementos definitivamente vendidos que ha
servido para que todos los camaradas hayan podido mostrar su firmeza y la resolución de no
dejar actuar cobardemente a los que no supieron luchar y fueron derrotados para siempre».
Ese foi o espírito que moveu a FET de las JONS de Lugo: silenciar e derrotar os
ruxerruxes que xurdiron nun momento histórico transcendental como foi o final da Segunda
Guerra Mundial e a derrota do grande aliado de España no panorama internacional, Alemaña.
Segundo o xefe provincial do Movemento, os comentarios dos «despechados y rencorosos
incapaces de afrontar la lucha abierta» foron repelidos inmediatamente polo partido. Os críticos,
os que buscaron o enfrontamento, teríano feito porque vivían inconscientes da verdadeira
grandeza da Falanxe. Vallejo Heredia aproveitou o tema do compromiso da Falanxe para facer
referencia á «labor moralizadora» da Sección Feminina. Segundo o seu informe, o contacto coa
«gente humilde» permitiu ao partido «conocer gran parte de las lacras sociales que existen en
las capas bajas de la sociedad». Grazas ao coñecemento desas lacras, por medio da Sección
Feminina «[se] ha logrado que se contrajeran 35 matrimonios», e que se bautizasen 46 persoas,
algunhas delas xa entradas en anos.
Pero máis aló de todo iso que xa podía ser coñecido polas xerarquías de Madrid, na
memoria aparece un dos poucos discursos que quedan dun Gobernador Civil galego. O
255
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de febreiro, marzo de 1945; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de marzo, abril de 1945; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xuño, xullo de 1945; Parte mensual da provincia
de Lugo do mes de xullo, agosto de 1945; AGA, SGM, DNP, 51/20674.
169
obxectivo do discurso foi comentar aos militantes de FET de las JONS de Lugo que «apreciéis
y queráis más a nuestra Falange al ver como desarrolla sus actividades cada vez con mayor
intensidad de acuerdo con sus puntos programáticos». O discurso continuou nun ton exaltado
e heroico sobre a Falanxe luguesa: Vallejo Heredia encargouse de poñer énfase en que todo
funcionaba de maneira extraordinaria; que os diferentes servizos «han experimentado un auge
en su vida con respecto al año anterior», circunstancia que consolidaba a implantación do
partido na provincia. Segundo o Gobernador Civil, iso foi porque existía unha única razón: a
vontade de todos os falanxistas de «dar realce y prestigio a la Falange para que así pueda cumplir
mejor sus fines e implantar con más fuerza sus principios». E aínda dixo máis:
«Esto no se ha hecho por la razón o modo que hubieran podido tener los partidos políticos de
antes, ya que éstos sólo deseaban tener mayor fuerza para lograr más puestos en unas elecciones.
Nosotros hemos trabajado pensando que realizábamos un servicio y cumplíamos un deber que
se nos había encomendado. Esta es la gran diferencia de la Falange con los partidos. Esta
matización es la que nos separa en nuestra actuación de ellos. Nosotros ponemos espiritualidad
en nuestras obras; ellos sólo trabajaban por un móvil egoísta y de lucha».
A situación mundial tería facilitado o traballo de FET de las JONS. España e Lugo vivían
momentos de indecisión mundial nos que «todos buscan algo para sustituir la organización
anterior» sen atopar aínda nada novo que puidese ocupar o espazo do anterior. «Hoy el malestar
surge no sólo de las ruinas y de la penuria, sino también de que al no querer nadie lo que existía,
se debate la humanidad ante la angustia de no saber a donde se va a parar». A idea que quixo
transmitir Vallejo Heredia foi que se estaba a producir no panorama mundial unha loita entre
ideoloxías. Os «desgraciados países» que se atopaban nesa situación de loita ideolóxica estaban
sumidos en
«convulsiones políticas que les lleva[n] a una ruina moral, a una división, a una guerra civil, a un
completo desfallecimiento de sus habitantes, que harán imposible que esas naciones puedan
llegar a la unión y tener una identidad de fin necesario e indispensable para que puedan tener
la categoría de comunidad nacional».
Europa estaba nesa situación; unha loita entre ideais e idearios políticos. O que houbo
antes foi o liberalismo que «proclamaba el principio de hacer cuanto se quisiera siempre que
no se molestara a los otros». Ese modelo permitira a discusión de todo: relixión, patria e familia;
ou dito en palabras de Vallejo Heredia, «todo lo más sagrado, todo lo que constituye la esencia
y el nervio de una nación». Segundo el a nueva España non puido máis que rexeitar de pleno
esa posición. O ideal falanxista non puido aceptar a liberdade de poder facer o que se quixese,
especialmente no campo económico cando, nun mesmo espazo se podían conxugar unha
propiedade dunha familia rica e o pequeno alpendre de traballadores manuais que dificilmente
podían pagar o seu abastecemento. «[...] y por eso no admitimos que todo el mundo pueda
hacer lo que quiera mientras haya hombres, hermanos nuestros, camaradas nuestros, que se
mueren de hambre en medio del desprecio de los demás». Vallejo Heredia estaba a falar da
necesidade dunha «justicia social», entendida dende o plano do nacionalsindicalismo.
A argumentación de Vallejo Heredia considerou que a xustiza social conseguiríase por
medio dunha patria forte e consolidada. O argumento continuou considerando que as patrias
existían porque proviña dunha tradición histórica; conformadas por unhas tradicións, uns
170
costumes e unha historia común e propia en cada patria constituída no mundo. Segundo Vallejo
Heredia, a patria sería «verdad permanente que nos une al pasado y para el porvenir nos
proyecta en la historia universal mostrándonos como una comunidad que posee idénticas
reacciones y que aspira a un mismo destino». A patria, pois, non podía ser discutida; era unha
«entidad natural y no una elucubración científica o una agrupación arbitraria». Na patria
idealizada de Vallejo Heredia, o individualismo non tiña cabida. A base do proxecto patriótico
estaría nas unidades familiares «porque nunca vino el hombre al mundo por sí solo sino en
compañía; y por eso decimos que la familia es la base de la organización nacional». En definitiva:
«[...] el principio de defensa de la Religión, nos lleva a proclamar permanentemente nuestra
sumisión a sus doctrinas y a defenderla por todos los medios. El principio de la Patria lleva
consigo la necesidad de su defensa y con ello el deseo de que exista un ejército digno de nuestra
nación. El principio de la Familia implica la idea de moralidad y defensa de todo el patrimonio
espiritual. El principio de la hermandad de todos los españoles transforma la lucha de clases en
una verdadera unión de todos los que vivimos bajo el mismo cielo. Y el principio de justicia
social, lleva como consecuencia la necesidad de aplicar la riqueza a lograr el bienestar de los
humildes. Conste que no decimos igualdad, porque no creemos en ella y además consideramos
que es un absurdo. No decimos que todos deben de tener lo mismo, sino que decimos que no
nos desatendemos de las necesidades del hombre, que no vemos impasibles sus necesidades,
que acudimos a remediarlas en una solidaridad nacional impetuosa y que queremos sobre todo
abolir los privilegios, que deseamos la desaparición de las castas, que aspiramos a que suba y
obtenga los puestos quien los merezca y que en todo momento tenga todo el mundo lo que le
corresponda».
Iso que describiu Vallejo Heredia foi a súa idea da xustiza social do falanxismo. Iso foi
o que considerou Vallejo Heredia que o mundo debería aceptar para poder pasar páxina e
rematar coa dicotomía entre o liberalismo e o comunismo. O razoamento de Vallejo Heredia
sobre este aspecto concluíu que o obxectivo final da xustiza social non se conseguiría con
liberdade para o individuo; pois este non era libre dende o momento que non dispuña de
capacidade para adquirir os medios para «resistir» a unha eventualidade económica; o home
non era libre porque non era «libre económicamente». Dito de maneira metafórica polo
Gobernador Civil: «es como prometerle la libertad al preso que está detrás de unos gruesos
barrotes y al que se le da para lograrlo una lima insignificante que sólo sirve para arañar sus
rejas». O home, polo tanto, sería libre cando tivese capacidades económicas.
Falanxe —que Vallejo Heredia considerou que «no constituye un partido político»—, foi
o medio para actuar na sociedade. Para o Gobernador Civil lugués, a Falanxe era unha
«comunidad» de persoas que buscaron defender os principios anteriormente expostos.
«Su fin esencial es hacer realidad las grandes verdades del derecho y de la filosofía natural,
demostrando que los grandes principios no existen sólo en los libros sino que están grabados en
la conciencia del hombre para algo más que para sentirlas: están para traducirlos en obras y para
eso es necesario que existan unos hombres convencidos que los lleven a la práctica».
Pertencer a Falanxe non supoñía ser falanxista. Segundo o Gobernador Civil lugués, ser
falanxista foi adaptarse ao modo de vivir de Falanxe e «conducirse a las normas y principios que
171
sirven de fundamento a nuestra Organización». E ser de Falanxe obrigou a estar no poder, a
prestar un servizo a España:
«Tenemos que luchar contra todos los que no nos comprenden, contra los que nos ignoran y
contra los que nos pudieran odiarnos. Estamos aquí prestando un servicio. Por eso tenemos que
permanecer firmes en el puesto, porque estamos convencidos que somos los depositarios de la
verdad y esa verdad la tenemos que sostener cueste lo que cueste».
Todo iso baixo a «fidelidad absoluta a nuestro Caudillo». Segundo a idea de Vallejo
Heredia, Franco foi o elemento aglutinador que «nos salvó de la dictadura roja con la victoria
en nuestra guerra, y que ha sabido elevar a España a esta altura, que está hoy haciendo que
resurja de una lucha civil, lo que constituye una de las obras más difíciles para todo hombre de
Estado». Dende o punto de vista do Gobernador Civil de Lugo, o Caudillo traballaba na tarefa
de que «las heridas de nuestra guerra se vayan cicatrizando» pouco a pouco pero sen pausa.
Ademais diso, Vallejo Heredia encargouse de lembrar que o ditador se estaba a preocupar de
manter a España fóra da Guerra Mundial que «tantas ruinas y miserias está ocasionando».
«Por eso dasechad [sic] todo lo que viva en contra suya y todo lo que menoscabe su autoridad.
Reaccionad con la firmeza, con la voluntad y los métodos de la Falange, contra todos los que
vayan contra él, porque gracias a nuestro Caudillo está España en este período ascensional que
constituye la envidia de todas las naciones»256
.
As opinións e informes de Vallejo Heredia crean a sensación de que Lugo foi unha balsa
de aceite no panorama da Galicia ditatorial. A idea que transmiten as informacións emitidas
dende Lugo é que a Falanxe estaba necesitada de apoio moral e económico; especialmente nos
momentos nos que se vía o final da Segunda Guerra Mundial. Discursos viscerais coma o do
Gobernador Civil lugués serviron para manter alta a moral dos falanxistas e os adheridos. Pero
para pouco máis.
256
Todas as citas do epígrafe anterior, na Memoria de las actividades de la Falange de Lugo en el año 1944 y discurso
pronunciado por el Jefe provincial del Movimiento, 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20674.
172
4.3.2.1.3 Unha Falanxe unida: FET de las JONS e os seus servizos en Ourense
En Ourense, a situación dentro do partido en 1940 padeceu intensas tensións tanto entre
os seus membros entre xerarquías provinciais. O 1 de febreiro de 1940, Antonio Pedrosa Latas,
dende o seu cargo de xefe provincial del Movemento, dirixiuse á Secretaría Nacional do
Movemento para informar do estado da súa provincial. O escrito comeza dicindo de que cando
chegou ao seu posto, non puido máis que definir a situación do partido en Ourense coma de
«lamentable», executando de maneira inmediata o relevo de boa parte dos delegados provinciais
co único obxectivo de colocar nos postos destacados a aqueles «camaradas que por su juventud
y méritos debían desempeñarlos». A xuventude converteuse para Costas Posada nun elemento
de peso para nomear novas xerarquías. O xefe provincial do Movemento buscou sangue nova
que renovase os aires e que puidese presentarse ante as xerarquías de Madrid como un cambio
radical con todo o anterior. Dentro desa necesidade de mudar, a reflexión de Pedrosa Latas
sobre os cambios produciu un oxímoro que realizou tamén un dos xefes provinciais da Coruña:
«Apreciando que la delicadeza no está reñida con la energía, en casi todos los que cesaron he
encontrado la fórmula más conveniente para el Movimiento, haciendo derivar el cese en una
coincidencia de apreciación con respecto a la mayor capacidad a prestar en el servicio».
A idea que transmite Pedrosa Latas é que os cesados foron adulados con palabras
ampulosas e ben soantes nas que se lles transmitiu que servirían mellor ao partido e ao Estado
noutro lugar que non fose un posto directivo. Ao fin e ao cabo, o que necesitou a Falanxe foi
xente que andase polas rúas facendo proselitismo e mobilizando as masas de xente corrente. O
que lles quixo transmitir Pedrosa Latas coas súas palabras foi que se así actuasen, todo ía ir
moito mellor. Unha das xerarquías ás que buscou destituír Pedrosa Latas, Carlos Morais que
era Delegado provincial de Información e Investigación, demostrou o que Pedrosa Latas
denominou «pasiva resistencia a su cese en la Delegación»:
«Como quiera también que no está en mi ánimo rectificar mi manera de proceder, que hecha
ya pública quebrantaría mi autoridad, mantengo el propósito de mi negativa. Así mismo, y
habida nota de la importancia de ese Servicio, no puedo reponerlo en manos de quien por
distintos motivos no me inspira la suficiente confianza».
O xefe provincial nunca rectificaba; as decisións que tomou foron inamovibles, pois
estiveron baseadas na busca do mellor para o partido que sería, por extensión, o mellor para
España. Pedrosa Latas definiu, desa maneira, a clave de todo o sistema político e administrativo
da ditadura franquista: a confianza do de arriba cara o de abaixo. Se esta non existiu, o servizo
non funcionaría e o xefe tería que proceder á destitución ou ben a deixar que o servizo
funcionase de maneira precaria ata que algún camarada sensato denunciase a situación, dando
pé ao inicio do proceso de destitución. Isto quere dicir que o bo funcionamento dun servizo do
partido puido verse modificado ou alterado polas relacións entre os individuos. Os intereses
persoais postos en cada un dos servizos xogou un papel esencial á hora de situar a unha persoa
ou a outra á fronte dos postos directivos do partido e da administración local. O que pretendeu
173
conseguir o xefe provincial de Ourense foi nomeamento nos postos directivos de «camaradas
de mi absoluta confianza» para evitar que a actividade dos servizos se vise interrompida257
.
O 26 de marzo de 1940, o xefe provincial do Movemento de maneira accidental de
Ourense, Luis Pavón, informou á Secretaría Xeral do Movemento sobre a situación de
interinidade da xefatura provincial. Antonio Pedrosa Latas delegara en Luis Pavón —no que este
considerou «tiempo indefinido»—, o cargo de xefe provincial. Pavón argumentou no seu escrito
que tiña moitas ocupacións coma para dedicarse tamén á xefatura provincial do Movemento.
Era Delegado provincial de Auxilio Social, xestor da Deputación onde interviña en 7 comisións,
era secretario do Liceo Recreo de Ourense e a todo iso debía sumar a súa posición de corredor
de comercio e notario mercantil. A natureza pluri-empregada do xefe provincial accidental do
Movemento facía necesario o nomeamento dun xefe firme que estivese seguro no seu posto,
pois a situación da provincial era comprometida. Foi neste punto da cronoloxía da construción
da ditadura na provincia de Ourense onde se fixo a primeira referencia á situación de división
interna da Falanxe de Ourense. Segundo Pavón habería tres grupos de falanxistas. Un sería o
das camisas viejas; outro sería o dos «descontentos y simpatizantes de otros Jefes anteriores» e
finalmente estaría un grupo considerado «bastante numeroso» que estaría composto por
«decepcionados y escépticos» dentro do cal habería varios camisas viejas que «pueden
considerarse al margen de Falange». Todo iso sen contar a todos aqueles que procedían do
Requeté e de RE que estaban «por decirlo así, en frente de nosotros». Por iso, fíxose imperativo
nomear a un xefe provincial, pois a Falanxe de Ourense «no tolera interinidades»258
.
A) CASIANO COSTAS POSADA. A SEGUNDA UNIFICACIÓN DOS CARGOS DE GOBERNADOR CIVIL E XEFE
PROVINCIAL DO MOVEMENTO DE OURENSE
A situación de interinidade que describiu Luis Pavón nos seus informes afectou ao
funcionamento do partido. O termo máis destacado da ecuación da que resultou o mal
funcionamento do partido foi a patente mala relación entre a primeira autoridade provincial —
o Gobernador Civil— e o Movemento. Mais é aínda máis destacable citar que quen se encargou
de denuncialo non foi o xefe provincial, senón un servizo moi especial do partido. Nun escrito
de maio de 1940, a delegada provincial da Sección Feminina dirixiuse a Delegación Nacional
de Provincias para informala de que o Gobernador Civil por aquel entón, Casiano Costas
Posada, facíalles, literalmente, a vida imposible. Non se lles permitía empregar un coche oficial
para os desprazamentos, mentres que o resto de delegados os empregaban para cuestións
privadas; o secretario provincial impúñase ás secretarías de sección... As palabras literais da
delegada provincial foron que o «Gobernador Civil, Casiano Costas, hace la vida imposible a
toda la Delegación del Movimiento». A delegada feminina púxose en contacto coa Delegación
257
Manuel Gómez Reino, que era tenente fiscal da Audiencia de Ourense, substituíu a Carlos Morais Martínez.
Comunicando que procede al relevo de los Delegados Provinciales de Servicios [de Ourense], 1 de febreiro de 1940, AGA,
SGM, DNP, 51/20520. 258
Dando cuenta de la situación política de Orense, 26 de marzo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
174
Nacional de Provincias co fin de que dese ordes para o «restablecimiento de la obligada armonía
entre la Jefatura provincial de Orense y sus servicios»259
.
Por medio daquela queixa da Sección Feminina o problema sobre a interinidade da
xefatura provincial atopou unha solución inmediata por parte de Madrid. Nada máis sinxelo
que unir nunha mesma persoa o cargo de Gobernador Civil co de xefe provincial do
Movemento260
. Foi esa unha idea que se estaba a manexar en moitas xefaturas provinciais e
gobernos civís de España; a fusión dos dous cargos para evitar unha diarquía que se demostrou
absolutamente inoperante nos planos político e administrativo. Por esa regra de unificación de
cargos, Casiano Costas Posada pasou a ser o xefe provincial a finais de maio de 1940; e xa en
funcións de xefe continuou o proceso de renovación de delegados do partido que xa comezara
o seu antecesor Antonio Pedrosa Latas. Comezou en xuño de 1940 coa decisión de nomear un
novo delegado provincial de Sindicatos, pois o que actuaba ata o momento, José Peña González,
tiña, segundo o parecer do xefe provincial, o servizo sumido nun completo «abandono», ata o
punto de que «desde el mes de Marzo tan solo ha comparecido en el despacho tres o cuatro
veces en total, haciendo completa dejación de sus funciones en un oficial de la Secretaría
provincial». Antes de tomar posesión o novo delegado, Antonio Sáenz-Díez Vázquez, escribiuse
un informe datado en xuño de 1940 que detallou o estado da delegación de Sindicatos. Segundo
este, a situación económica do servizo era bastante mala ou, literalmente, «no muy boyante».
Os servizos sindicais eran «insignificantes», marcados dun enorme «personalismo» que obrigou
ao Gobernador Civil a suprimilos da casa sindical porque «tenían más olor a sabotaje que a
Nacional-Sindicalismo». Era un servizo que estaba nun
«[...] constante bregar por el triunfo del Nacional-Sindicalismo; la oposición en contrada [sic] en
ciertos medios opuestos a aquél; la indiferencia de muchos y el contadísimo apoyo de muy
pocos».
A imaxe do servizo transmitida polo xefe provincial foi que naquel ninguén se cinguía ao
funcionamento estipulado polas circulares e as xerarquías non se presentaban pola sé. As
informacións internas do partido localizaron un certo compadreo entre os elementos destituídos
e algúns dos traballadores da sindical. Tal foi o caso dunha tal Lourdes García Portela, que
traballaba no edificio da sindical de Ourense. Segundo a máxima xerarquía do Movemento, na
provincial:
«Hay una anomalía que interesa a esta Delegación destacar: la camarada Lourdes García Portela,
al obtener la plaza en el Concurso de que se ocupa este informe, solicitó y obtuvo —ignora de
quien— permiso de TRES MESES. Para sustituirle se nombró a una de las despedidas el 15 de
abril, al posesionarse los aprobados en el Concurso, dándose el caso extraño, de que la que
figura en nómina es la que está con permiso, pero cobra la sustituta porque así lo ordenó el
259
Problema político entre el gobernador y el Jefe provincial [de Ourense], 13 de maio de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20520. 260
O Gobernador Civil, nos primeiros momentos do proceso de unificación dos cargos, puido ser visto nalgúns
casos coma un «pacificador» da política provincial. Así o indicou CANTABRANA MORRAS, I. (2004): 140-142 para a provincia
de Álava. Alí, Eduardo Cadenas Camino fíxose co posto de Gobernador Civil en setembro de 1938. O seu papel consistiu
en facer coincidir as posturas das tendencias políticas que se desenvolvían na provincia: por un lado as escisións do
tradicionalismo entre os integristas falanxistas —oriolistas, polo seguimento de José Luis Oriol—, e os lealistas-octavistas —
xaimistas escindidos e, fundamentalmente, opostos a Oriol—; e por outro os grupos da Falanxe intransixente, que aumentara
o seu poder despois do Alzamento, porque antes daquel «non era nada».
175
camarada Luis Villarino, a quien Sarandeses, al cesar en la Secretaría nombró Sucesor, con el
natural asentimiento del titular de la Delegación, hasta ayer, camarada José Peña González».
A idea que transmitiu a Madrid o informe do xefe provincial ourensán é que na
provincial sindical uns poucos membros da dirección organizárona sen seguir as pautas
marcadas pola dirección central do Movemento provincial261
.
Cando Casiano Costas Posada tomou posesión do cargo de xefe provincial do
Movemento, conxugado co seu posto de Gobernador Civil de Ourense, relevando a Antonio
Pedrosa Latas en xuño de 1940, atopou un partido sen estruturas. Segundo o transmitido por
Costas Posada a Madrid, este atopou un partido sen secretario do Movemento, aínda que o seu
antecesor o nomeara. O nomeado non chegou nin a tomar posesión do cargo nin a poñer en
marcha de maneira efectiva o servizo para o que fora nomeado. No lugar dese camarada,
colocou Costas Posada a Eduardo Valencia Fernández, co obxectivo de que ordenase o
funcionamento da secretaría local del Movemento. Porque o funcionamento da Falanxe de
Ourense era de todo irregular no momento no que Costas Posada tomou posesión. O que se
atopou e describiu o novo xefe provincial foi un panorama variado de actividades: encontrouse
con servizos que funcionaban de maneira constante; outros que podían facer pouco, pois aínda
acababan de botar a andar e outros que existían «tan sólo nominalmente». Os que funcionaron
correctamente, segundo Costas Posada foron Ex-combatentes, Xustiza e Dereito, Información
e Investigación, o SEM e o Auxilio Social. Estes foron os servizos que «funcionaban si no con
pleno rendimiento por las dificultades económicas con que se lucha, al menos daban impresión
de laboriosidad y cierta eficacia». Na outra banda estivo a Milicia do partido, que se encontraba
agardando polo decreto que regulase a súa situación e reorganización. O que foi «a mi juicio el
Servicio que peor funciona» foron os Sindicatos. Con esta afirmación, o xefe provincial estaba
sendo bastante benévolo na súa valoración; porque inmediatamente considerou que estaría
falando dun servizo en funcionamento «[...] si funcionamiento puede llamarse a que hayan
funcionarios y mecanógrafos». Costas fala dese servizo como algo abandonado, polo que tivo
que destituír ao camarada que o dirixía —Peña González—, pola razón de que comparecera moi
poucas veces no seu despacho. Costas Posada encargouse de elevar un escrito sobre o
funcionamento do servizo á Delegación Nacional de Sindicatos, que se pode resumir nunha
única sentencia: «ni Sindicatos ni Sindicados, esta es la frase que retrata al vivo la realidad de su
funcionamiento»262
. Da mesma maneira funcionaron mal as Organizacións Xuvenís, que eran
un auténtico pozo sen fondo de gastos. Tamén era un servizo absolutamente carente de funcións
pois, no momento en que eran requiridos grupos de militantes destas organizacións, os seus
xefes eran incapaces de xuntar ás persoas para que tomaran parte deles263
.
A reestruturación continuou pola delegación provincial de Xustiza e Dereito en xuño de
1940. O proposto foi Luis Gil Mejuto, considerado como un camarada de Falanxe maxistrado
da Audiencia de Ourense. Era un home considerado «de gran prestigio en la capital y provincia,
y de moralidad intachable, ruegote [sic] acojas con cariño esta propuesta, enviando la credencial
261
Oficio dirigido al Delegado Nacional de Sindicatos, proponiendo al camarada Antonio Sáenz Díez para Delegado
provincial Sindical [de Ourense], 18 de xuño de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 262
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 263
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
176
en el más breve plazo posible»264
. Segundo Costas Posada a maioría dos militantes do seu partido
atopábanse dentro do «espíritu falangista»; pero faltaba neles a disciplina; unha ausencia
considerada como «el hondo problema a resolver en la Falange de Orense».
Dentro da Falanxe ourensá existiu un grupo de individuos que non se someteron aos
designios dos seus superiores e que actuaron libremente sen atender as indicacións
proporcionadas polas altas xerarquías. A opinión destas últimas valorou nos informes que a
independencia de acción daqueles grupos foi capaz de minar a organización de camarillas e
bandos enfrontados continuamente.
«Desde que dejó de ser Jefe Provincial el camarada Luis A. De Viñamata, se halla la organización
minada por banderías y capillitas que se preocupan tan solo de obtener puestos para su medro
personal o satisfacer su voluntad».
Segundo Costas Posada, os máis rebeldes foron os «titulados camisas viejas» que se
comportaron dunha maneira «política poco edificante». O xefe provincial dixo que a eses
camisas viejas nada se lle puxo por diante, pois terían ido contra as xerarquías con tal de impoñer
a súa lei. O que fixeron foi, en palabras do xefe provincial, unha
«[...] guerra solapada cuando aquel no escribe [a xerarquía] al dictado de sus bastardas
pretensiones, anónimos, denuncias falsas, calumnias e injurias vertidas en peñas de café,
resistencia hábil y pasiva a las órdenes del mando, esos son los medios de que se vale esa famosa
capillita para hacer fracasar a los Jefes provinciales que no se prestan a sus convinaciones [sic]».
A acusación vertida polo Gobernador Civil no seu informe resulta grave: existía unha
camarilla de falanxistas que controlaba o partido empregando os medios que estaban ao seu
alcance para afundir a quen se puxera no medio das súas pretensións. A imaxe que sae da
acusación é a dunha Falanxe ourensá dividida e dominada por un grupo de presión que era
capaz de opoñerse ás medidas e á persoa do xefe provincial do Movemento para conseguir os
seus obxectivos. Teríano feito por medio de denuncias falsas, pola extensión de noticias
inxuriosas sobre o individuo en cuestión a ser neutralizado, con cartas anónimas... Segundo
Costas Posada, constáballe que todos os xefes provinciais de Ourense dende Viñamata, pasando
por Pérez Coleman, Valencia e Manuel Paco Núñez puxéranse en fronte desta camarilla
suposta; que lles contestou con confrontación, a pesares de seren as máximas autoridades
provinciais do partido.
«[...] han sido convatidas inexsorablemente [sic] por esa peña de demagogos de la Falange, para
los que el ser falangista equivale a ser anti-católico, y en lo social propugnar un reparto social de
tipo soviético o poco menos. Para ellos todos cuantos afiliados ingresaron en la Organización
desde el 18 de julio de 1936 hasta el Decreto de Unificación y los admitidos a título de Ex-
Combatientes nada son ni nada representan en la Falange, creando por ello suspicacias en éstos
y un ambiente hostil hacia la Organización».
O grupo de oposición interno foi denominado como unha «capillita» formada por sete
ou oito «personagillos» [sic] que defendían unha clara «resistencia pasiva» contra a autoridade e
cualificados coma «Hedillistas». O único que puido facer o Gobernador Civil, ao seu entender,
264
Proponiendo para desemplear el cargo de Delegado Provincial de Justicia y Derecho [de Ourense] al camarada
militante Luis Gil Mejuto, 24 de xuño de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
177
para acabar con eles foi propor «a esa Nacional la adopción de medidas a conseguir su
eliminación de la Organización». Casos coma este non permitían as medias tintas á hora de
pasar á acción265
.
Os primeiros meses de Costas Posada á fronte da xefatura provincial foron descritos nun
informe sen data enviado a Madrid. Dun partido que contaba con 17.656 afiliados; destes 504
eran militantes de 2ª Liña, 4.011 adheridos, 1.243 Pelayos, 2601 Flechas, 575 cadetes, 2.346
afiliadas a Sección Feminina, 378 adheridas e 1.099 xuvenís. O máis interesante do informe
foron os denominados «asuntos pendientes» internos da FET de las JONS ourensá. Entre estes
asunto estivo o informe arquivado que facía referencia a un «incidente» entre Costas Posada e
Antonio Pedrosa Latas cando este era xefe provincial. Segundo o informe, o enfrontamento
entre os dous fora dilucidado «directamente por el General Muñoz Grandes y el entonces
Vicesecretario General del Partido Pedro Gamero». Chégase a falar de que a «situación de
violencia» entre o gobernador [Costas] e o xefe provincial [Pedrosa] foi tal que acabou nun
«incidente» que se produciu entre Pedrosa e o director do diario Arco —o diario falanxista da
provincia de Ourense— , que culminou na destitución de Pedrosa e o nomeamento de Costas
coma xefe provincial e Gobernador Civil. Co novo xefe provincial, segundo o informe, o partido
funcionaba de marabilla; aínda que «sin embargo creemos que no tiene todo el estilo nacional-
sindicalista que se requiere para el puesto que desempeña y las dificultades de la provincia que
regenta». Casiano Costas foi o segundo Gobernador Civil de Ourense que combinou ese posto
co de xefe provincial do Movemento; despois de que Viñamata o fose con anterioridade266
. Pode
entenderse que para os membros do partido non demostrase a unidade de mando fundamental
para estar á fronte do partido porque a relación entre os militares e os falanxistas nunca foi de
todo boa267
.
A sensación en Ourense de que as cousas ían polo bo camiño, manifestouna o xefe
provincial informando de que os novos nomeamentos que realizara dentro do partido, estaban
a dar os seus froitos. Un en concreto, o do novo secretario local do Movemento de Ourense na
persoa de Eduardo Valencia, deu os seus froitos. Iniciara a división da capital provincial en
distritos, reorganizara o encadramento dos afiliados... En resumo, para Costas Posada as cousas
na capital ían mellor do que se podería esperar. Do mesmo xeito, informouse tamén que a
situación económica do partido mellorara «merced a las severas órdenes por mi cursadas»,
consistentes en que as locais aportaran o 40% dos seus ingresos á xefatura provincial. O xefe
provincial acelerou os expedientes a aquelas persoas que non pagaban a cota cando
correspondía268
. Porque, precisamente, un dos problemas cos que se atopou o partido nos
primeiros meses de plena ditadura foi o das súas finanzas. O razoamento foi sinxelo de facer
por medio dunha pregunta que se realizou o xefe provincial do Movemento: como se podían
aplicar políticas de difusión do ideal nacionalsindicalista pola provincia se o partido non contaba
con diñeiro para mercar o necesario? Se non había cartos, non había actos de masas; non había
265
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de julio, xullo de 1940; Parte quincenal de la provincia de
Ourense del 1 al 15 de agosto, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. Sobre esta división da Falanxe ourensá xa
falaran timidamente as xerarquías antes de nomear a Costas Posada xefe provincial do Movemento, nun informe do 26 de
marzo de 1940, xa citado. 266
PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005a): 699. 267
Informe del Jefe Provincial [de Ourense], s/d, AGA, SGM, DNP, 51/20558. 268
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 15 al 31 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
178
desprazamentos as locais para instruílas correctamente; non había material de oficina esencial
—todas as xefaturas provinciais se atoparon en algún momento da súa existencia con dificultades
para renovar a súa máquina de escribir cando a que tiñan se estragaba. O problema agravouse
debido ás malas comunicacións entre concellos nunha provincia tan agreste como a ourensá,
onde pequenas distancias implicaban horas de condución por vías de comunicación que, máis
que estradas, eran camiños dunha anchura superior. Por iso, chama a atención ver que o cobro
de cotas mensuais en setembro de 1940 estaba nun total de 3.500 pesetas; e que o presuposto
para o mes de setembro fose de 12.800 pesetas. Pero o groso das finanzas da xefatura ourensá
estivo nas débedas contraídas ao longo do tempo: un total de 90.000 pesetas, entre as cales había
33.000 pesetas que lle eran debidas ao partido por provedores269
.
A pesares das dificultades económicas polas que atravesou a provincial ourensá, a
mellora dos servizos continuou co tempo. Segundo Costas Posada, delegacións coma Xustiza e
Dereito, Investigación, Propaganda, Sección Feminina ou o Auxilio social cumpriron o seu
obxectivo «dentro de las posibilidades económicas con que cuentan». Á diferenza do que pasaba
na Coruña, onde o partido non conseguía entrar aínda entre a sociedade a expensas da súa
unificación efectiva; e do que sucedía en Lugo, onde o Movemento estaba a espera de ocupar
postos novos na provincia, en Ourense o que preocupou a Costas Posada foi controlar o
partido, facer que marchase con ritmo para posteriormente atacar as institucións provinciais.
Cómpre ter en conta un feito esencial que pode dar explicación a esta necesidade de organizar
efectivamente os servizos de FET de las JONS máis aló de da preocupación sempre latente pola
implantación do mesmo na política: en Ourense, o Gobernador Civil xa era xefe provincial do
Movemento. Por iso, o propio partido puido considerar que xa estaba dentro das institucións
provinciais; facendo que do único do que tivese que preocuparse fose por contar cunha
estrutura interna ben engraxada.
A Organización Xuvenil tamén pasara da desorganización previa a chegada de Costas
Posada, a observar unha actividade máis dinámica por parte dos mandos que a levaban. Os
sindicatos contaban co desexo e coa «esperanza de que el nuevo Delegado Sindical
recientemente nombrado sabrá organizarlos debidamente»270
. As delegacións do partido en
Ourense funcionaban de maneira positiva, traballando os titulares de maneira incansable «no
obstante no percibir remuneración alguna». Con todo, acudiron sempre aos seus postos de
traballo e traballaron as horas regulamentarias e máis. Sobre o funcionamento da CNS xa
informara o xefe provincial sobre a súa «desastrosa y caótica situación». Pero co paso do tempo
foise producindo unha mellora no funcionamento da mesma, obtendo beneficios económicos
para os traballadores sindicados:
«Se logró duplicar, o algo más el sueldo a los operarios barberos; el reglamento confeccionado
y limado después de las asesorías pertinentes ha sido debidamente aprobado. Los segadores que
por su residencia lugareña, vivían ajenos a la Vida Sindical, vinieron a esta en aluvión durante la
época de la siega expidiendo un total de 2099 carnets [sic], durante el pasado Julio. Los zapateros
269
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 270
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de agosto, agosto de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
179
por exigírsele al recibir el cupo de suela mensual, el pago de los recibos atrasados, hicieron
aumentar nuestra recaudación en el citado mes en 305,90 pts.»271
.
A idea que se transmitiu dende Ourense foi que o partido funcionaba a velocidade de
cruceiro. Casiano Costas Posada louvábase de ter posto «en marcha los servicios, pudiendo
afirmarse en términos generales que desarrollan su cometido con normalidad». A máis alta
xerarquía quixo en certo momento facer unha mención a parte do traballo que realizaba unha
delegación esencial do partido: a de Información e Investigación.
«Los dedicados a este servicio han suministrado con plausible veracidad los datos necesarios
para formular después por Secretaría, y en vista de aquellos, los informes interesados por las
distintas Jerarquías del Movimiento como asimismo por las diferentes Autoridades de otros
órdenes»272
.
Esa adoración cara ese servizo, tiña unha explicación. Se os servizos funcionaron baixo
o seu mando coma reloxos suízos, foi polos subalternos dos delegados dos mesmos; pois algúns
deles eran homes que desempeñaban o seu traballo «con cierta tibieza incompatible con las
normas de nuestra Organización». Xa ordenara que se presentasen nomes para substituír a
aqueles que non estaban traballando correctamente. Un campo no que se produciu un traballo
de investigación importante foi no da información requirida polo SEM sobre os candidatos a
entrar no sindicato, pois neste ámbito existiron problemas coa aparición de asociacións de
mestres alternativas. Ese descubriuse coma un ámbito moi importante, pois tratouse daqueles
que terían nas súas mans o futuro da xuventude española, polo que foi fundamental que
seguisen os postulados de FET de las JONS:
«[...] dispuestas con la alegría de la Falange a los mayores sacrificios para lograr una formación
integral de la juventud, solera en que ha de descansar la futura grandeza imperial que
perseguimos».
O xefe provincial Costas Posada tamén se preocupou por José Antonio, por cuxa
memoria iniciaran unha campaña pola que se inscribirían no exterior das igrexas da provincia
os nomes dos fregueses de cada parroquia «caídos por Dios y por España en la pasada
contienda»273
.
1) Colléndolle o ton ao partido: análises internas do Movemento ourensán
A lidia entre o Goberno Civil e o Movemento realizouna Casiano Costas Posada con
menos efectividade que o seu homólogo lucense, Ramón Ferreiro274
. En febreiro de 1941 o
271
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 272
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 273
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 274
En Aragón, CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): p. 82-113, indica que os problemas internos do partido estiveron na
incapacidade de mitigar a rivalidade entre falanxistas camisas viejas e o resto de xerarcas do partido unificado. O caso da
provincia de Teruel é paradigmático. No momento da unificación do partido, a provincia estaba dividida en dous ámbitos
políticos de acción: a provincia de Teruel e a do Baixo Aragón, con capital en Alcañiz. Cando as dúas provincias
administrativas se volveron a unir nunha soa a efectos de organización, comezaron a aflorar os problemas entre os dous
núcleos para colocar aos candidatos correspondentes para o posto de Jefe provincial. Cal foi a solución adoptada para mitigar
as desavinzas? Nomear a un candidato de fóra da provincia. Esa rivalidade entre faccións solucionouse tamén, en Aragón,
180
Gobernador Civil de Ourense fixo unha reflexión sobre o funcionamento da delegación
provincial de Xustiza e Dereito; unha delegación na que foi moi fácil caer na denteira dos
afiliados. Informar e aplicar xustiza dentro do partido implicou unha extremada delicadeza nas
informacións e procedementos de investigación. Por esa razón, fíxose extraordinariamente
necesario evitar que unha «función de tal importancia se vea arrastrada por la irreflexión de
algunos afiliados, a servir rencillas y rivalidades personales». Iso do que falou o xefe provincial
tería sido a herdanza «lamentable» do denominado «derrocado régimen, con gran regocijo de
los enemigos de la Organización». Evidentemente, se o xefe provincial viu problemas na súa
organización e sabía quen eran os que os apuraban, o normal foi que tomase as medidas de
«represión» para eliminar eses problemas, pois estaba amparado polo regulamento de FET de
las JONS. Porén, esa tarefa inescusable de depuración e busca de respostas dentro do partido
non podía servir para pagar débedas persoais. A Falanxe, a organización, debeu manter a
«concordia y la hermandad entre los afiliados». Se esta non se mantiña, a debilidade interna
sería aproveitada polos inimigos que
«[...] viven, alientan y trabajan en la sombra, atizan solapadamente entre nosotros el fuego de la
discordia, exageran y agrandan nuestras faltas, y procuran dar proporción de escándalo, a hechos
que a lo mejor no tienen grave trascendencia, pero que en ocasiones, desgraciadamente, fueron
sacados a la luz pública por la pasión y la irreflexión de los propios afiliados. Nuestros enemigos
se regocijan de ello, murmuran, difaman y calumnian, esperando de tal modo debilitar y rendir
la fortaleza de la Organización».
Segundo a opinión das xerarquías ourensás, ás veces, «irreflexivos camaradas»
denunciaron aquilo que pouco tivo de obxecto de denuncia, obviando o mal que puidesen
estarlle facendo a Falanxe. A labor dos xefes locais foi a de manter non só «la disciplina sino la
concordia y la hermandad entre los afiliados a la Organización. No es obra fácil pero sí
hacedera»275
. Os espíritos de FET de las JONS e do novo Estado ditatorial opoñíanse á falta de
camaradería entre os membros do partido, o que provocou que as xerarquías puxesen todo o
interese do mundo en determinar as verdades e as mentiras das denuncias. A reflexión do xefe
provincial do Movemento converteuse nunha especie de aviso a navegantes: coidado co que se
denunciaba e como se investigaba, pois o partido non podía permitirse perder a xente que
podería ser necesaria, en calquera momento, para ocupar un posto nunha xestora municipal.
A falta de diñeiro provocou que dende Madrid se chamase a atención ás provinciais,
porque estas non organizaban os actos ou cursos que se lle supoñían. En maio de 1941, a
provincial de Ourense informou que durante ese mes só houbera unha actividade organizada
por eles. Isto provocou a resposta dende a Delegación Nacional de Provincias. O encargado de
revisar o parte ourensán, anotase a man: «Llamar la atención al Jefe sobre la escasa labor
realizada por la S.L. [secretaría local]. Debe organizar cursos, conferencias, actos de
propaganda, etc.»276
. Mais se non houbo cartos na caixa, dificilmente isto se puido cumprir.
coa unificación dos cargos de Gobernador Civil e Jefe provincial entre 1942 e 1944. Unha unificación que Ourense se
pretendeu que dera os mesmos resultados. 275
As citas anteriores no Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM,
DNP, 51/20520. 276
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de maio, xuño de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
181
2) Conflitos internos na Falanxe ourensá: tensións entre os servizos e o xefe provincial
Outra instancia que tamén lle proporcionou quebrantos ao Gobernador Civil Costas
Posada foi a das delegacións provinciais do partido. O 30 de agosto de 1941, o vicesecretario
xeral e delegado de Provincias, José Luna Meléndez, informou ao delegado nacional de Xustiza
e Dereito sobre a destitución do delegado provincial desa rama en Ourense César Calafate, que
fora nomeado en xullo de 1940. Incluso se nomeou a un delegado especial de investigación
para analizar a destitución e a actuación do delegado no seu posto.
Para este caso, anexouse un recorte de prensa no que o xefe provincial, Casiano Costas
Posada, dicía que a destitución de Calafate fora debida a unha actitude sospeitosa por parte do
cesado:
«En él di cuenta de que sospechando de la actuación de dicho delegado era pérfida y desleal,
tomé ciertas medidas, que dieron por resultado el hallazgo de pruebas que demuestran
evidentemente la traición, la maldad y la infamia de dicho sujeto, para el que no hay persona
digna en el Consejo Provincial, ni funcionario íntegro, ni mujer honrada, ni servicio, en fin, que
no marche más que empujado por móviles inconfesables».
Calafate fixo acusacións que o xefe provincial considerou coma «falsas imputaciones» e
«calumniosas afirmaciones». Sobre este asunto nada máis se sabe, pois a investigación foi xirada
dende Madrid e por coñecer, non se coñece sequera se o inspector nomeado con ese efecto foi
enviado a terras ourensás277
.
B) ANTONIO MARTÍN BALLESTEROS: FACENDO FRONTE AO MOVEMENTO OURENSÁN
Antonio Martín Ballesteros recibiu do seu predecesor unha FET de las JONS unida de
cara a cidadanía, pero bastante convulsa no seu interior. Verdadeiramente, tivo complicado
rebaixar a presión sobre os servizos do partido exercida polo seu antecesor no cargo. Por iso,
cando tivo que tomar cartas no asunto, actuou sen contemplacións. Os servizos ourensáns de
FET de las JONS non lle deron nin cen días de graza para adaptarse ao seu novo posto. Antonio
Martín Ballesteros, debeu traballar cun partido que funcionaba cun presuposto
extremadamente limitado, polo que se viu na obriga de solicitar que «se acojan con cariño
cuantas propuestas o peticiones se formulen que tienda [sic] a mejorar, en lo posible, todas
aquellas actividades políticas que para su realización exigen». A pesares diso, a situación
económica da provincial «no es del todo mala». Cunhas débedas inferiores a 5.000 pesetas; a
necesidade de diñeiro residiu na preocupación do partido polo «fomento de los ideales que
inspiran el Movimiento en toda la provincia»278
.
277
El exdelegado de Excombatientes denuncia que de su despacho oficial fueron sustraídas notas de carácter privado
y nota de la prensa local en que se aprueba su cese como Delegado de Excombatientes [de Ourense], 27 de agosto de 1941,
AGA, SGM, DNP, 51/20558. 278
A cuestión dos presupostos limitados non afectou unicamente ás falanxes provinciais coma a de Ourense,
CAZORLA, A. (2005): 37-38 define a mesma situación para todo o partido. A situación do Movemento definiuse coma
«precaria» no referente aos presupostos, que é coma dicir que o partido estaba sumido na miseria económica por parte do
182
Ademais diso, Martín Ballesteros tivo que enfrontar o cese de dous delegados de servizos
—José María González de Barcia e Eduardo Ordóñez Mungira—; ceses que, segundo a opinión
de Martín Ballesteros, causaron unha excelente impresión entre os falanxistas ourensáns, pois
estes dous individuos crearan «una atmósfera de impopularidad y desprestigio por sus
frecuentes orgías y escasa solvencia moral». Martín Ballesteros transmitiu a Madrid a idea de
que Ourense era unha provincia «bastante dispar según se trata de elemento afecto o no». Entre
os afectos o ambiente era bo, aínda que se facían «ciertos reparillos que no merecen tomarse
en consideración». Entre os non afectos, calquera movemento en falso do Movemento foi
aproveitado para «ampliar la campaña de descrédito, no solamente del Partido, sino también
de Organismos estatales, que solapadamente viene entregándose a lo largo del tiempo»279
.
A prensa foi un elemento que preocupou ao novo Gobernador Civil ourensán. Se na
Coruña existiron problemas co principal diario provincial, en Ourense, non existiu. En
Ourense, Martín Ballesteros deixou escrito que o diario de maior tirada e exclusivamente
ourensán dende 1910, La Región, ofrecía incansablemente a súa colaboración coa xefatura
ourensá para facer chegar a súa mensaxe a todos os ourensáns. Unha das maneiras que tivo o
diario ourensán de colaborar foi publicando un número especial sobre a festa da Vitoria que se
celebraba o primeiro día do mes de outubro. Outra maneira foi, «siguiendo órdenes de la
superioridad», realizando un seguimento da campaña «en torno a la carestía de la vida»; unha
tarefa que desenvolveu «fielmente» ao ditado do Movemento. O fundamental foi transmitir á
prensa provincial as «consignas» chegadas dende a nacional para «orientar» ao diario provincial
«a seguir las directrices que de ellas se desprendía»280
.
A idílica situación interna do Movemento ourensán tivo a súa oposición na situación
internacional, que pasou factura ao funcionamento do partido. En 1944 informouse dende
Ourense que con motivo dos sucesos internacionais, moitos membros de FET de las JONS
solicitaran darse de baixa do partido. O medo apoderouse dos falanxistas que viron coma unha
posible restauración monárquica ou, incluso peor, unha volta da democracia ameazaba con
levalos por diante. Para solucionar esa cantidade de desercións de homes tan necesarios para a
ditadura, o lector do parte mensual no que se informou deste asunto anotou a man en lapis
vermello a solución ao Gobernador Civil: «carta al Jefe. Recomendarle circular». Dentro do
partido todo parecía solucionarse con circulares.
A esta situación de esporrancho do partido en canto a militantes, sumouse a de que
servizos provinciais coma o de Ex-cativos non funcionaban como deberían por «falta de
afiliados»; ou que a provincial non puido realizar inspeccións as xefaturas locais pola carencia
de combustible para os vehículos do inspector provincial e do Gobernador Civil. Para evitar os
Estado, que era o seu financeiro. O poder económico para as provincias estivo sempre nas mans do Ministerio da
Gobernación. Cando a partir do ano 1943 o presuposto comezou a subir para o Movemento, realmente foi un diñeiro
empregado para cuestións coma propaganda, Fronte de Xuventudes e a Sección Feminina, delegacións activas que
requiriron mobilizar grandes cantidades de diñeiro para manter as súas actividades. O referido a mobilización política ou
educación e formación para os cadros locais e provinciais quedou sempre nun segundo plano. 279
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da provincia de Ourense
do mes de novembro, decembro de 1943; Adjuntando al Jefe provincial [de Ourense] nota con carácter informativo que
remite el Director General de Seguridad, 8 de maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20619. 280
Parte mensual do mes de abril, maio de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20594; Parte mensual do mes de febreiro,
marzo de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20619.
183
movementos de saída, o Gobernador Civil xunto co delegado provincial de Sindicatos iniciou
unha visita provincial para explicar «el significado y trascendencia de las elecciones sindicales»
que se deberon celebrar o día 22 de outubro de 1944. Grazas a este movemento propagandista,
o gobernador informou do feito de que aumentaran nese mes o número de persoas que
desexaban afiliarse a FET de las JONS281
.
O 31 de decembro de 1942, Antonio Martín Ballesteros, enviou á Delegación Nacional
de Provincias un informe detallado sobre os motivos do cese de Manuel Garro Quiroga «por
faltas graves cometidas en el ejercicio de su cargo». Garro Quiroga era o secretario provincial
de Sindicatos que exercera de maneira accidental o cargo. Segundo o testemuño de Martín
Ballesteros, as actividades de Garro Quiroga e os seus non fixeron máis que «perjudicar
notablemente el ambiente político en dicha provincia, ya de por si desfavorable a la Falange por
las actuaciones desdichadas de algunos Jefes de Sindicatos».
O informe fora redactado polo delegado provincial de Xustiza e Dereito por orde de
Martín Ballesteros, grazas a unha información previa do administrador da delegación sindical
de Ourense. Garro Quiroga era membro do sindicato provincial de Gandería, sindicato no que
segundo as informacións recibidas pola xerarquía provincial parecería existir un «fondillo» que
administrou e controlou unicamente Garro Quiroga en funcións de delegado accidental de
Sindicatos. Varios camaradas do partido —incluído un ex-xefe provincial, acusación por outro
lado moi grave ao non dicir quen era, sabendo por outras informacións recollidas neste informe
que entre xerarquías madrileñas ese nome foi coñecido a través de entrevistas privadas—,
afirmaron a existencia dese fondo especial. O diñeiro proviña —sempre segundo o informe da
xefatura provincial, supostamente—, dos redondeos «centesimales producidos al verificarse las
operaciones al detall con los almacenistas a quienes se le suministraba los artículos por
mediación de los sindicatos». Pero o elevado importe dos ingresos nese fondo privado fixeron
sospeitar que non eran produto de pequenas diferenzas centesimais: detrás debía existir unha
trama que engordaba os prezos de maneira deliberada, pois os importes quedaban rexistrados
no libro de contas do sindicato.
O problema de todo o asunto descuberto estivo que ese «fondillo», que contaba con
68.486,29 pesetas e que estaría controlado por Garro Quiroga, estaba oculto a contabilidade do
sindicato... Garro non tiña «atribuciones para disponer de esas cantidades» e, ademais, teríao
feito de costas á administración do presuposto, o que fixo que a súa actuación fose de todo
reprobable. O diñeiro gastouse en obras en locais, unha máquina de escribir, coxíns para
cadeiras, libros e reparacións. Estes gastos foron «completamente extraños al Sindicato de
Ganadería y no obstante lo cual se pagaron con fondos a él pertenecientes». Ao longo da
investigación tamén apareceron facturas por 355 litros de gasolina ou outras por convites a
autoridades no Hotel Roma da capital ourensá. O delegado provincial accidental xustificouno
dunha maneira que o denunciante non o podía crer, e así o deixou escrito: «¿La Delegación
281
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1944; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de marzo, abril de 1944; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de 1944;
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de outubro, novembro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20648. En
Pontevedra pasaba unha cousa similar co combustible, pola mesma data, Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes
de outubro, novembro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20649.
184
Sindical agasajando por cuenta del Sindicato de Ganadería a autoridades y representaciones?
El hecho es tan insólito que no merece comentario».
Un dos convidados a un deses convites fora a Tuna compostelá, provocando un novo
interrogante no investigador: «¿Pero que [sic] relación existe entre la Tuna Compostelana y la
Delegación Sindical, para que esta se crea en la obligación de obsequiarla con un vino de honor?
Reconozco humildemente que no se nos alcanza». Tamén había entre as facturas unha estancia
no balneario do Carballiño, «lugar de veraneo en esta Provincia» na data do 27 de xullo de 1942,
día no que Garro Quiroga estaba nesa localidade. E tamén existía unha anotación dun
desprazamento a Madrid entre o 7 o 17 de outubro de 1942 polos que recibiu unha dieta de 60
pesetas diarias: 1164 pesetas por dietas e 822,95 pesetas pola estancia no hotel... O importe
total da viaxe foi de, literalmente, «¡2728 pesetas con 95 céntimos!» Todo isto constituíu un caso
de «faltas muy graves» e por esta razón foi decretada a saída de Garro Quiroga do cargo o 21
de abril de 1943282
.
C) VICENTE MUÑOZ CALERO. A BUROCRATIZACIÓN DO MOVEMENTO OURENSÁN
Dende Ourense, Antonio Martín Ballesteros tamén tivo que facer fronte aos cambios
que se aveciñaron dende Europa e Madrid. En primeiro lugar iniciou unha tarefa de cambio de
xefes locais alí onde «durante el ejercicio de 1944 funcionaron con una deficiencia injustificada».
En tempos coma os que se estaban a vivir, onde os inimigos do nuevo Estado actuaron
fortalecidos pola derrota das potencias do Eixo, houbo que poñer os cinco sentidos na
actividade política. O partido en Ourense estivo sometido ás tensións que se produciron no
marco español: os acontecementos dos meses anteriores —o asasinato de falanxistas en Madrid—
, e o devir da Segunda Guerra Mundial —preocupante para o Eixo e máis claro para os Aliados.
Pero en Ourense, segundo os informes enviados a Madrid, non mudara o espírito de
unión dentro do Movemento; aínda máis, todo serviu para «reafirmar su fe falangista e
inquebrantable adhesión al juramento prestado». Como se logrou a unión dos camaradas e
simpatizantes do Movemento? Pois realizando gastos de 18.000.000 de pesetas entre 20.000
produtores da provincia. O obxectivo dese gasto foi «cerrar el ciclo de una tarea de justicia social
y de alto sentido espiritual iniciada en meses anteriores con la distribución de sumas
considerables por el concepto de subsidios familiares». Ademais de cartos, tamén se entregaron
vivendas —preferiblemente chamadas «promociones»—, que levaron nomes coma General Mola
e Martín Ballesteros.
Que mellor maneira de quedar no recordo da provincia gobernada que dándolle nome
a unha promoción de vivendas para a clase traballadora. Martín Ballesteros abandonou
Ourense deixando esa edificación para o recordo e ocupou o seu posto Vicente Muñoz Calero,
que chegou á cidade das Burgas en decembro de 1945. O novo Gobernador Civil conservou a
preocupación do seu predecesor polas clases máis desfavorecidas. Mostra diso foi a súa vontade
282
Envía información instruída contra el Secretario Provincial de Sindicatos [de Ourense] camarada Manuel Garro
Quiroga en virtud de la cual ha depuesto el indicado secretario, 31 de decembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20619.
185
de crear listaxes de «familias humildes» para poder atendelas nas datas de Nadal que se estaban
a aproximar. Esta foi a maneira de manter activo ao partido, onde nalgúns lugares do rural as
xerarquías actuaban con «dejadez o desinterés»283
.
4.3.2.1.4 Unha Falanxe decidida a engrenarse co Estado: a FET delas JONS pontevedresa
Un proceso similar de unificación ao de Ourense produciuse na provincia de
Pontevedra, neste caso protagonizado polo Gobernador Civil Francisco Rodríguez Acosta. O
novo xefe provincial do Movemento estivo especialmente preocupado por unir de maneira
efectiva a engrenaxe administrativa do Estado coa do Movemento. Para Rodríguez Acosa, unha
peza clave do sistema de unión era a coordinación entre os poderes locais e os poderes centrais
que el representaba. Por iso, o 4 de abril de 1941, enviou unha circular ás xerarquías do partido
na que as informaba sobre a necesidade de dar detalles precisos sobre a tarefa de coordinar os
servizos do partido cos organismos do Estado. A Rodríguez Acosta preocupoulle, «de modo
preferente», a conexión entre os concellos e os servizos de FET de las JONS: «orientando y
encauzando las directrices del gobierno Municipal, con espíritu Nacional-Sindicalista en ámplia
[sic] y profunda transformación de la Administración Local». Para lograr ese obxectivo, creou
o Servizo Provincial de Política Local dentro de FET de las JONS. A finalidade do servizo
estivo acorde co que el ordenara ao partido: «difundir los conceptos doctrinales, proporcionar
eficacia y lograr nuevos modos que imponen los postulados de Falange». O papel do servizo
provincial de Política Municipal foi o de actuar coma representante do xefe provincial e
Gobernador Civil nos concellos. Todos os problemas e cuestións varias que alcaldes e
concelleiros tivesen, debéronos canalizar por medio do servizo de Política Municipal284
.
Na provincia de Pontevedra, a situación coa chegada do Gobernador Civil, en función
de xefe provincial do Movemento, Francisco Rodríguez Acosta foi a dun partido que carecía
dunha base sólida de militantes; un problema que carrexaba dende antes de xullo de 1936. Por
esa razón, podía dicirse que «virtualmente que no había organización en la provincia». Despois
do Alzamento a Falanxe comezou a crecer «sen o control debido». Segundo Rodríguez Acosta,
a falta de control sobre a entrada de novos membros a FET de las JONS, provocou un
fenómeno que causou auténtico desconcerto entre os falanxistas de primeira hora: o
283
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xaneiro, febreiro de 1945; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de marzo, abril de 1945; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xuño, xullo de 1945; Parte
mensual da provincia de Ourense do mes de decembro, xaneiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20678. Martín Ballesteros
mostrouse firme contra calquera movemento oposto á súa posición dominante aló onde desenvolveu o seu cargo ao servizo
da ditadura. Dous anos despois deste suceso, xa como Gobernador Civil da Coruña, dirixiría unha circular aos alcaldes da
provincia coruñesa para advertilos de que «con excesiva frecuencia se dirigen los señores Presidentes de Corporaciones
locales directamente al Sr. Ministro o a las Direcciones Generales correspondientes» sen pasar antes polo Gobernador Civil.
Iso supoñía un «desconocimiento de la jerarquía administrativa» que non podía ser aceptado por Martín Ballesteros. Circular
do Gobernador Civil, 8 de agosto de 1947, ARG, Goberno Civil da Coruña, 31356. 284
Circular que remite el Jefe Provincial de Pontevedra, dictada al hacerse cargo de la Jefatura y Gobierno Civil, 4
de abril de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
186
arribismo285
. Sobre a explicación que deste fenómeno se deu para Pontevedra por parte das
xerarquías provinciais resultou unha interesante maneira de entender o ser dos galegos, o que
explicaba a súa entrada en tromba no partido:
«En estas [tierras] gallegas seguramente se acudió más presurosamente a nuestras filas porque
desde tiempo inmemorial Galicia fue región poco seria en el aspecto político y las gentes trataron
de militar a ser posible siempre en los partidos gubernamentales y ello junto a las circunstancias
de excepción porque se atravesaba en aquellos momentos fueron muchos los que por ansia de
mando y otros buscando un refugio en las filas de Falange ingresaron en el Partido pero sin que
gran parte de ellos renunciaran a sus ideas y a sus amigos políticos».
Para Rodríguez Acosta, o galego, como seguidor do cacique de toda a vida, introduciu
no partido o modelo que vivira en primeira persoa dende sempre do xogo político liberal. Iso
provocou que dentro da organización pontevedresa —e moi probablemente, por extensión,
comprobando a proximidade doutros comentarios do mesmo cariz realizados por outras
autoridades do mesmo rango, no resto de Galicia—, reinase en palabras do Gobernador Civil
unha «cierta indisciplina, rivalidad de grupos y personas» que creou un «mal espíritu de
venganza contrario a la convivencia, armonía y hermandad que debe reinar entre camaradas».
Cando Rodríguez Acosta tomou posesión do seu cargo, o partido estaba sumido nun proceso
de decaemento. O xefe provincial explicou a situación argumentando que moitos militantes
pelexaran para «obtener las ventajas que ellos suponían inherentes a todo partido
gubernamental». A opinión de Rodríguez Acosta expresa que o decaemento interno do partido
eliminaríase coa depuración de «elementos díscolos» e coa colocación nos postos de mando
daqueles «camaradas competentes y de prestigio», cos que se podería facer unha FET de las
JONS «unida, disciplinada y entusiasta que debe ser el partido»286
.
285
O exemplo de cidade de Vigo explicado por GIRÁLDEZ LOMBA, A. (1999): 120-121 é paradigmático. Fundada
en 1933, nos primeiros anos do Alzamento contaba con a penas un cento de afiliados. Esta situación mudou co paso do
tempo, cando Vigo e Galicia se inclinaron cara os sublevados. Un entrevistado por GIRÁLDEZ LOMBA para o seu traballo
indicou que o crecemento de afiliados de FE de las JONS foi coma agrandar un globo: «Despois chegou a avalancha, todo
o mundo era de Falanxe e a Falanxe inchouse coma un globo». Porque os primeiros da Falanxe viguesa —os Mondina,
Hylass, Oya, Tajuelo, Torrado, Kruckenberg—, eran de familias da «clase alta viguesa». A pertenza a FET de las JONS foi
unha especie de salvación social. «O acceso as filas dunha elite uniformada constituía un signo público e inmediato de apoio
ao réxime, o que de ningunha maneira carecía de importancia nun momento no que a “Cruzada” contra todo o que se
situara fóra do réxime aínda non concluíra». En conclusión, «primeiro fíxose falanxista todo o que tiña algo que temer;
despois, todo o que tiña algo que vingar». 286
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
A cita sobre o «control debido» describiuse no estudo sobre Cataluña de MARÍN I CORBERA, M. (2000): 192, que describiu
unha situación similar. Unha Falanxe que, dende os seus inicios tiña unha presenza marxinal na vida política da rexión.
Desta causa derivou a consecuencia da entrada de personaxes sempre afastados dos postulados falanxistas nos anos da guerra
civil e posteriores. O modelo de propietario dun cargo municipal en Cataluña era o dunha persoa con experiencia política;
con esta premisa establecéronse catro clases de membros de FET de las JONS que formaron parte das xestoras municipais.
En primeiro lugar, aqueles que xa participaran da política durante a ditadura de Primo de Rivera; en segundo lugar, os que
dirixiran xestoras municipais cando se produciu a suspensión do Estatut en 1934; en terceiro posto, os que militaran en
partidos de dereitas; e, finalmente, os camisas viejas. Pero o problema estaba onde sempre: non había suficiente xente en
Cataluña que cumprira con estas premisas, polo que se fixo necesario recorrer a familiares de caídos, ex-cativos, funcionarios,
militares, xuíces de paz, etc.
187
A) FRANCISCO RODRÍGUEZ ACOSTA. UNHA FALANXE PONTEVEDRESA LUSTROSA E CAPAZ
Dende que Francisco Rodríguez Acosta tomou as rendas do partido en novembro de
1940, este non deixara de crecer en número de afiliados e influencia na política provincial.
Quedou rexistrado nun parte mensual enviado a Madrid que en xaneiro de 1941 o ambiente
xeral do partido era de «prestigio» entre todos os pontevedreses. Aquel sentimento mantívose
co paso do tempo, incrementándose significativamente o número de solicitudes para ingreso no
partido. Ao mes seguinte, a excelente situación do partido continuou co ascenso de afiliados.
Ademais, as xerarquías pontevedresas achegaron unha explicación ao explicado anteriormente:
o proceso de depuración de militantes —os denominados «elementos indeseables»—, e a
correcta elección de homes con «prestigio para los cargos», axudou a aumentar a confianza
popular en FET de las JONS287
. Esa situación anímica positiva dentro do partido foi elevada
polas xerarquías pontevedresas no mes de marzo de 1941 con motivo da celebración da
conmemoración do acto fundacional da Falanxe Española en Galicia. Foi un momento no que
a organización pontevedresa se puido gabar a si mesma grazas ao éxito da organización do
evento na localidade de Vilagarcía. O xefe provincial de Pontevedra comezou o percorrido polo
repaso do evento comentándolle ás xerarquías de Madrid que todos os diarios de Galicia lle
dedicaron ao tema unha parte importante dos seus programas; entre eles o Faro de Vigo, do cal
dixo o Gobernador Civil que «nunca se había distinguido en su atención a los asuntos de la
Organización». Do acto en cuestión díxose que «tenemos la satisfacción de que ha sido el acto
más pujante y entusiasta que la Falange gallega ha celebrado desde su fundación»288
.
Con todo, dentro de FET de las JONS houbo dous ambientes diferenciados
dependendo do ámbito. Se na organización de actos de masas a conxuntura foi positiva, a
situación económica do partido pontevedrés foi «francamente mala». Non había ingresos
suficientes coas cotas dos afiliados: a provincial contaba cun déficit de 26.418,40 pesetas no mes
de decembro de 1940289
. Esta situación non fixo máis que afondarse no inicio do ano 1941: as
finanzas estaban nunha «difícil situación» ao non contar co diñeiro que se solicitara en
novembro anterior para facer fronte aos gastos e ao déficit do partido290
.
Co paso do tempo, a Falanxe pontevedresa continuou o seu camiño pouco a pouco,
describindo un ton que se pode considerar moito máis alegre que o do resto de falanxes galegas
—especialmente, a coruñesa. Rodríguez Acosta observaba «tranquilidad» na súa provincial.
Acosta dixo que a situación do partido en 1942 desenvolvíase nun «ambiente mucho más
favorable que en épocas anteriores» debido aos discursos últimos que ofrecera o Caudillo
«llamando a los españoles a la unidad y que han tenido gran repercusión en el ambiente público,
así como en el del Partido». Os actos oratorios de Franco terían favorecido un «ambiente
favorable y mucho más sólido». Todos «han vuelto sus ojos hacia su Excelencia el Caudillo». A
287
A depuración instituíse para evitar que persoas con antecedentes políticos non desexados entraran no partido.
Véxase o caso da provincia de Córdoba, estudado por LÓPEZ VILLATORO, F. (2003): 104-140, onde en marzo de 1939
FET de las JONS contaba con 4.200 afiliados; e todo dende a máis absoluta marxinación política anterior. Tanta xente, e
de golpe levantaba sospeitas, polo que se puxo en marcha de maneira inmediata un proceso de depuración, porque resultaba
estraño que un partido con 2.500 homes antes da guerra civil, e entre os que reinaba unha fondísima baixa estima, duplicara
en tan pouco tempo o seu número de afiliados. Esa afluencia de persoas atopábase coa dificultade para encontrar individuos
que quixeran exercer de cargos públicos, pois os militantes mostraban un enorme desinterese 288
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 289
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 290
Parte mensual da provincia de Pontevedra el mes de xaneiro, febreiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
188
confianza en Franco sería absoluta segundo o parte do xefe provincial, especialmente en
momentos tan confusos a nivel internacional coma os que se estaban a vivir.
«En resumen, la situación es expectante, y en espera de esa labor que se anuncia, sin dejar de
reconocer que con referencia a periodos anteriores el ambiente es de más confianza, e incluso
causó [sic] buena impresión los diferentes actos que reflejan una mayor identificación entre las
diversas fuerzas, sobre todo las que se refieren a una aproximación entre el Ejército y el
Partido»291
.
Con todo, a tónica descrita en todos os partes mensuais por Rodríguez Acosta mostraba
a «tranquilidad» que se observaba en todo o seu territorio. O Gobernador Civil dixo que esa
tranquilidade pontevedresa nacía da «circunstancia de que los comentarios han descendido
bastante, y también los rumores y bulos». Aínda así, houbo cousas que preocuparon aos
pontevedreses: a guerra europea e a «situación interior económica». Segundo o relato mensual
de Rodríguez Acosta, aínda que as melloras fóronse dando pouco a pouco, «las críticas son
constantes» por parte dunha maioría de xente na que non estaba correctamente inculcado o
«espíritu de sacrificio que las circunstancias tremendas imponen». Aos pontevedreses
preocupoulles sobre maneira obter o sulfato para as colleitas, o que non deixou de ser a
contestación dos labregos contra a intervención na economía. Iso creou as consideradas
«oposiciones», pois o modelo económico liberal «se respira casi totalmente» en toda a provincia.
Por iso, esta situación afectou totalmente ao partido, pois foi considerado culpable de todos os
males por parte da poboación:
«[...] últimamente se han escuchado opiniones de que sí tiene la responsabilidad de hecho,
debiera el último caso tener la dirección absoluta en el gobierno de que carece, pues unos pocos
bien intencionados comprende [a poboación] que esa dirección no es del Partido. Por eso sigue
el clima de oposición, que se concreta en la existencia de los cargos del mismo»292
.
Algúns dos militantes do Movemento foron conscientes de que o partido non xogaba o
papel que debía dentro da ditadura franquista. Esa situación de falta de poder dos falanxistas
provocou que o partido non contase co respecto que merecería entre os diferentes estratos da
sociedade. O clima internacional de enfrontamento bélico mundial non axudou a que iso
mellorase. Segundo Rodríguez Acosta, o cambio no devir da Segunda Guerra Mundial levantou
os rumores sobre o «fin de la actual política del Gobierno»; ou o que era o mesmo: os
pontevedreses pareceron entender que o falanxismo afondaría no seu proceso de perda de
poder nos organismos do Estado. Os sempre socorridos e omnipresentes «enemigos de la
Falange y los sectores neutros» viron un posible «postergamiento» do partido no referido ao
control do goberno. A argumentación de Rodríguez Acosta indica que ese elemento provocou
que prendese nos falanxistas un espírito de derrota; os falanxistas pontevedreses estaban «un
tanto desmoralizados». O «sector izquierdista» viu na debilidade de Falanxe e no devir da
Guerra Mundial un claro indicio de que unha vez finalizada esta poderíase volver ao réxime
291
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de novembro, decembro de 1942; Parte mensual da provincia
de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20595. 292
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621.
189
político anterior e facíano sen ocultalo: «no recatándose ya de hacer oír sus opiniones e ideales
políticos»293
.
1) Conflitos internos na Falanxe pontevedresa: tensións entre os servizos e o xefe provincial
Do mesmo xeito que sucedeu en Ourense, situacións similares producíronse tamén na
provincial de Pontevedra relacionadas coas delegacións do partido. O 28 de marzo de 1941, o
xefe provincial del Movemento, Rodríguez Acosta, enviou unha carta ao delegado nacional da
Fronte de Xuventudes informando sobre o delegado do servizo na provincia baixo o seu mando.
Comezaba dicindo que a labor do delegado «no solo es nula»: era tamén «perjudicial» para o
partido por ter completamente parado o servizo. Falábase de «desidia», «dejadez» e «abandono»
dun delegado da Fronte de Xuventudes que incluso se atrevera a faltar á concentración de
Vilagarcía que exaltou o nacemento da Falanxe galega. Por todo iso, Gilberto Alonso Calvar foi
cesado «fulminantemente» polo xefe provincial.
Semellante actitude de «indiferencia», en palabras de Rodríguez Acosta, cara unha data
tan sinalada non puido ser pasada por alto. Para ocupar o seu posto, as autoridades do
Movemento propuxeron a Alfonso García Hermida, que actuaba coma delegado local do
servizo en Vigo. O 8 de xullo de 1941, o xefe provincial volveu escribir a Madrid propoñendo
un nome para a delegación: Antonio Romojaro Sánchez. Un dos procesos que cristalizan
analizando esta situación, é o da complicación para nomear cargos para o partido. Resulta
especialmente notable comprobar o que tardaron as xerarquías do Movemento en facer efectivo
un nomeamento. Tanto foi así, que o 14 de xullo de 1941, o Rodríguez Acosta volveu enviar
un telegrama a Madrid solicitando «resuelvas urgentemente» a proposta de nomeamento do
delegado provincial da Fronte de Xuventudes294
.
Outro suceso interno produciuse cando o vicesecretario de servizos da Delegación
Nacional de Provincias se dirixiu ao vicesecretario da Secretaría Xeral do Movemento para
informalo de que dous investigadores do Servizo de Información —José Antonio Autrán Flores
e Pedro Carrasco Verdes—, non foran recibidos polos Gobernador Civil Rodríguez Acosta
despois de solicitar unha reunión con el. Segundo a información que chegou a Madrid dende
Pontevedra, o Gobernador Civil tería posto aos investigadores trabas para desenvolver a súa
función, que non foi outra que levar a cabo unha investigación sobre a delegación provincial de
Información e Investigación. Inmediatamente, o 27 de abril de 1942, o vicesecretario da
Delegación Nacional de Provincias, José Luna, pediu información ao xefe provincial sobre este
particular. O 13 de maio a xefatura informou vertendo sobre os dous supostos investigadores
os cargos de masóns. Ese mesmo 28 de maio José Luna informou ao vicesecretario de Servizos
que eses dous investigadores non estaban en comisión de servizos en Pontevedra, senón que
pertencían ao servizo de investigación desa provincia; e que eran homes con «antecedentes de
293
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de abril, maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621. 294
El Jefe Provincial pide el cese del Delegado Provincial del Frente de Juventudes [de Pontevedra] por desidia en
su cargo, 28 de marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. El Jefe Provincial [de Pontevedra] ruega se resuelva
urgentemente la propuesta formulada para el cargo de Delegado Provincial del Frente de Juventudes a favor del camarada
Antonio Romojaro Sánchez, 14 de xullo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. O nomeamento realizouse, efectivamente,
mais non apareceu no BMFET correspondente; si que apareceu o seu cese: o 1 de xullo de 1943. BMFET, nº 189, p. 2155.
190
matiz marcadamente monárquico habiendo llegado el primero de ellos a celebrar reuniones
clandestinas con elementos afines de la ciudad de Vigo».
O razoamento dende Pontevedra chegou á conclusión de que era comprensible que o
xefe provincial do Movemento non fiase deles no desenvolvemento dunha actuación que moi
probablemente non fora iniciada pola delegación nacional de Información e Investigación. O
10 de xullo de 1942 o xefe provincial solicitou información sobre se os individuos foran
depostos dos seus cargos,
«dado el carácter antifalangista e intrigante de estos dos individuos que principalmente se
dedican al derrotismo de la Falange y a la organización clandestina de elementos monárquicos
tanto en Vigo como en Santiago de Compostela, Orense, etc.»
Segundo a información que manexaba FET de las JONS, nesa reunión viguesa da que
se facía referencia para acusar aos denunciados, estivo presente coma presidente Eugenio Vega
Latapié, destacado monárquico. A intención da reunión tería sido formar un núcleo
monárquico galego295
. A raíz de cuestións coma esa, calquera movemento estraño dentro do
partido foi visto con temor por parte das xerarquías. Desa maneira, fíxose complicado construír
a ditadura franquista, sendo o principal problema a desconfianza cara aqueles homes que
ocuparon postos na administración política local, provincial ou orgánica do partido; ou que
foron potenciais candidatos para facelo.
2) Caciques de todas as castes: as tensións entre falanxistas no Movemento de Pontevedra
Rodríguez Acosta debeu tourear todos aqueles problemas intentando manter a paz social
e política dentro do Movemento. Máis esa estabilidade foi sempre difícil de conquistar. Os
episodios de inestabilidade non se produciron unicamente no interior do núcleo do partido;
houbo outros que se poderían denominar de mar de fondo: nacían nos bordos do partido, ían
aumentando o tamaño das ondas e acaban batendo con forza nos muros da provincial
provocando unha desfeita que en moi poucas ocasións transcendía á opinión pública.
O día 20 de setembro de 1941, José Luis Arrese recibiu unha carta do que era xefe local
do Movemento no concello do Porriño Jesús Louzán Giráldez. Na misiva informaba dun caso,
cualificado de «incorriente», que debeu ser coñecido persoalmente o Secretario Nacional.
Louzán dirixiuse a Arrese dende o seu innegable «deber de falangista». A intención do
denunciante explicouna el mesmo dicindo que podería ter quedado calado ante unha situación
semellante sabendo do «acendrado patriotismo de verdaderos falangistas que os mueve a todos
los ministros para la reconstrucción del Estado y de la Patria». Coa retórica clásica dun home
295
La Nacional se lamenta del escaso apoyo que la Jefatura Provincial [de Pontevedra] citada ha prestado a unos
camaradas que se acercaron a ella en misión oficial, 21 de abril de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20595. De José Antonio
Autrán Flores coñécense algúns detalles do seu paso por FET de las JONS. Sábese que participara en partidos monárquicos
con anterioridade ao Alzamento; que participara do proxecto Renovación Española de Calvo Sotelo conxugándoo coa súa
colaboración con FE nos seus inicios na cidade de Vigo. Dentro de FET de las JONS fora delegado provincial de
Información e Investigación e inspector territorial de Galicia, cargos dos que cesou en xaneiro de 1940. Nese mesmo mes
de 1940 chegou a ser proposto polo Gobernador Civil para ocupar un posto de xestor provincial na Deputación
pontevedresa. AGA, SGM, DNP, 51/20595; AGA, SGM, DNP, 51/20513 e AGA, FAMI, 44/2623; tamén en BMFET, nº
79, p. 841.
191
que quixo deixar claro o seu compromiso con Falanxe e España, Louzán falou daqueles que
«vienen traicionando ciertos elementos que no quieren supeditar sus conveniencias políticas
personales, a la conveniencia nacional»; daqueles homes que se moveron na política galega pola
súa «estúpida ambición» esquecendo que todo o que tiñan «se lo deben al Glorioso Movimiento
Nacional». Sobre estes homes verteu Louzán un cualificativo moi grave: os homes aos que
denunciaba eran os verdadeiros «anarquistas» que poñían en perigo o Movemento nacional. O
que máis tería enfastiado ao denunciante foi que as xerarquías provinciais se mostraron solícitas
con «estos elementos que desean el hundimiento del Régimen». Eses problemas de moralidade
política actuaron fundamentalmente no plano local da política, onde se mesturaron moito máis
os intereses persoais co poder:
«Estos pequeños problemas, que al parecer no tienen importancia, tienen muchísima en las
localidades en donde se dan, y el efecto moral que causan es bien fácil adivinarlo. Por eso yo no
veo este asunto bajo el punto de vista personal, que nada me importa; pero si, me importa en
absoluto bajo el punto de vista general para la Falange y para el prestigio del Régimen que con
tanta sangre se ha conseguido, y se desea consolidar con tan admirable tesón por el Caudillo y
el Gobierno Todo».
Esta primeira información foi enviada ao departamento que debía facerse cargo dela, a
Delegación Nacional de Provincias, para que investigase sobre el. O que naceu despois foi un
informe detallado sobre o que había e xiraba arredor da figura de Jesús Louzán Giráldez. O
primeiro que se solicitou sobre el foi unha nota biográfica que el mesmo redactou e que
culminou co seu nomeamento como Alcalde e xefe local do Movemento do Porriño por orde
do xefe provincial Jesús Suevos. Louzán descargou a súa conciencia manifestándose coma un
falanxista de toda a vida:
«Mi recta actuación en estos cargos ha sido SIEMPRE bien vista y aprobada por mis superiores;
pero el cumplimiento de mis obligaciones me trajo la enemiga de algunas personas de esta
localidad, sobre todo de los estraperlistas desaprensivos y difamadores del nuevo Régimen y de
las más altas representaciones del Estado»296
.
Unha vez presentado, Louzán comezou a explicarse cunha «sintexis [sic]» da situación
previa que deu orixe á súa denuncia. Segundo o escrito, nos primeiros días de outubro de 1938,
nun concello indeterminado de Pontevedra —o concello era O Porriño—, apareceu un individuo
que se presentou ante «varias esposas de combatientes que se hallaban en los frentes»
solicitándolles o pago de débedas contraídas por eses individuos. O home presentouse coma
«enviado por el gobierno de Burgos [subliñado e en maiúsculas no orixinal]». As mulleres, ante
esa visita inesperada, presentáronse na local para falar co xefe. Consecuentemente, o home foi
detido e posto a disposición do delegado de Orde Pública de Tui. Semellante historia volveu á
296
A súa vida resumiuna o mesmo Louzán dicindo que era un Camisa Vieja de Ourense, onde fora enlace entre a
provincia e Madrid antes do Alzamento. Segundo o seu testemuño, a súa vinculación con FE de las JONS tería levado a ser
perseguido polos elementos da Fronte Popular, acabando na prisión ata antes do Alzamento. Nesa autobiografía indícase a
súa participación como membro da comitiva que trasladou os restos de José Antonio de Alacante a Madrid en representación
da provincia de Pontevedra. ROS, S. E BOUTHELIER, A. (1940), na súa relación dos «camaradas» falanxistas que interviñeron
no traslado dos restos do fundador de Falanxe, non recollen o nome de Louzán en ningún punto daquela. É máis: A Coruña,
Lugo e Ourense participaron baixo o seu nome, mentres que é Vigo a que aparece representada na relación. A biografía
continúa co feito de que o 22 de febreiro de 1937 foi nomeado polo xefe provincial de Pontevedra, Jesús Suevos, xefe na
local do Porriño; e o 27 de xaneiro de 1940 Alcalde da mesma localidade.
192
luz en 1941 cando o Alcalde e xefe local do pobo indeterminado —O Porriño, e polo tanto,
Jesús Louzán— no que se practicaran as actuacións contra o suposto estafador, foi detido por
ter apresado de maneira «ilegal» ao citado home. Segundo Louzán, o que estivo detrás de todo
o que lle sucedeu foi o caciquismo de toda a vida:
«Este procesamiento lo trabajaron unos caciques, que entienden que era más legal lo que venía
haciendo el sujeto aquel, que las disposiciones del Caudillo (Q.D.G.) para proteger [sic] a las
familias necesitadas de los que daban su sangre en aquellos momentos por la Patria. Tomaron
el asunto por su cuenta para conseguir desplazar del cargo al Jefe Local, porque cumplía con su
deber de Falangista».
Feito aquel exordio sobre o deber do falanxista, o informe de Louzán incluía un sumario
extensísimo sobre os asuntos que ía tratar297
. A xénese de toda a historia situouse nunha denuncia
que o xefe provincial lle trasladou a Louzán en xaneiro de 1941. O denunciado Louzán
informaba naquela denuncia que todo era unha manipulación «caciquil» cuxa única finalidade
era separalo da xefatura; unha medida «preventiva y política». Mais o principal problema non
foi perder o cargo en si: o problema foi que «dejó en entredicho al que expone ante todo el
vecindario del Ayuntamiento que venía siguiendo, por que [sic] todo el vecindario se enteró del
motivo determinante de mi apartamiento de los cargos». Todos os veciños consideraron —tiñan
a crenza—, de que Louzán continuaba procesado pola detención do suposto responsable do
calote, aínda que o seu delito fora sobresido pola Audiencia Provincial. O que solicitou Louzán
foi que o xefe provincial e Gobernador Civil reintegrase a Louzán aos «puestos que ocupaba,
aun que [sic] solo sea por veinticuatro horas». Co paso do tempo, e ante a ausencia dunha
resposta do Gobernador Civil, Louzán non viu máis remedio que escribir ao Secretario Xeral
do Movemento para que resolvese a súa situación, ordenando ao xefe provincial a súa volta aos
cargos.
Segundo Louzán, o seu maior inimigo era José Carrera Ramilo, cualificado por el coma
un «cacique bugallalista de toda la vida, reaccionario a la vieja usanza y totalmente equivocado
en sus apreciaciones sobre la nueva España».298
Louzán indicou que Carrera era un home que
xa empregara contra a ditadura de Primo de Rivera «los medios demoledores que pueda tener
297
Para mostra un botón: os antecedentes do asunto que denunciaba; o informe persoal dun «cacique consumado»;
os «procedimientos anarquistas de estos elementos»; unha «entrevista» co Gobernador Civil e jefe provincial denunciando
estes feitos; «Lo inconcebible, ¡Acusación Pública!», etc. E así ata 13 apartados que compuñan o seu informe. 298
A maior parte das denuncias foron as que se realizaron entre os membros do partido. O partido podía denunciar
a alcaldes e membros das corporacións cando consideraban que non estaban a realizar unha labor completamente falanxista.
Cando os rexedores non eran da corda de FET de las JONS, as acusacións de rojos, inmorais, manipuladores, caciques,
estafadores cos abastecementos, etc., eran tan frecuentes que rara era denuncia na que non aparecía algún destes. Segundo
escribiu PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2004): 211: «o bo camarada —non se cansaban de pregoalo as xerarquías falanxistas— era
o que velaba polos intereses da súa Patria; un patriotismo que chegado o caso podía exercerse a través da denuncia anónima.
Anónimos delatores porque esta vía, xunta xa coñecida dos vixiantes, demostrou ser outro mecanismo moi eficaz no afán
pola dominación social; así pois, os mandos tiveron que buscar a forma de protexer ese valioso caudal de información […].
E a mellor maneira de protexer — e á vez asegurar o domino das denuncias que se vertían no pobo— era a de asegurarse de
que ningún militante acusaba publicamente dos feitos xa que a garantía que o partido lle aseguraba pasaba pola testificación
privada ante os axentes da Delegación de Información». O poder foi inestable na ditadura franquista, e máis no terreo da
administración local e provincial. As denuncias entre persoeiros que posuían o poder estaban á orde do día. Eran a maneira
de estender sobre a fama dun ou doutro as sospeitas da traizón, da falta de compromiso coa causa da ditadura. Eran a
maneira de quitarse do medio a aqueles que actuaban coma rivais políticos.
193
a su alcance, desde la insidia contra las personas del Gobierno, hasta la protección descarada
de estraperlistas, a los que presta su influencia y apoyo para que sigan burlando las leyes». O
home, tal fora o seu odio pola ditadura de Primo de Rivera, festexara a súa caída «con música
y bombas, que ya tenía preparadas». Segundo Louzán, cando caeu a ditadura de Primo de
Rivera, «se hizo el amo de la política local, asaltando el poder en el Ayuntamiento, en donde
puso de Alcalde a su hijo y concejales a sus adictos [subliñado no orixinal]». Nun principio
Carrera Ramilo acabou traballando no Goberno Civil de Castelló, coa institución da ditabranda
de Berenguer. Chegada a República mantivo os seus contactos políticos para conservar o seu
poder.
«Su amistad con el ministro rojo GIRAL [en maiúsculas no orixinal], también era sabida, ambos
farmacéuticos, tenían relaciones profesionales y políticas, y el Sr. Carrera, muy aficionado
siempre a la ostentación de influencias de altura, cotizaba esa amistad como fuerza política de la
que nadie dudaba».
Carrera foi catalogado por Louzán coma un «anarquista», pois estes foron «individuos
que se resisten sistemáticamente al cumplimiento de las leyes»299
. Cando o Gobernador Civil se
decatou de que a Audiencia de Pontevedra ía xulgar a un dos seus xefes locais e Alcalde do
Movemento, chamou a capítulo ao involucrado. A entrevista que mantiveron non comezou
nada ben para ao Alcalde do Porriño:
«“Estoy aburrido de Porriño, me contestó [o Gobernador Civil], me tiene harto de líos, me tiene
hecho doler la cabeza. He recibido muchas denuncias contra ti, y vinieron aquí muchas personas
a hablarme mal de ti y pocas a defenderte. También me dijeron que estás procesado y que te
van a detener, y les he contestado que bueno, ya veremos lo que pasa”»
Con todo, e a pesares da mostra de sinceridade do Gobernador Civil de Pontevedra,
Louzao afirmou que este déralle todo o seu apoio ao Alcalde e que lle dixo que «cuenta con mi
ayuda»; que mentres el fose Gobernador Civil, Louzao continuaría no seu posto. Pero nese
mesmo contexto, o 25 de xaneiro de 1941 foille notificada a Louzán a destitución dos seus
cargos por orde do Gobernador Civil Francisco Rodríguez Acosta. A razón dada a Louzán para
explicar o seu cese foi a do inicio do seu procesamento na Audiencia Provincial. Mais o proceso
quedou sobresido, e Louzán viuse na obriga de falar co xefe provincial e Gobernador Civil
Rodríguez Agosta coa finalidade de obter a restitución definitiva dos seus cargos. Esa entrevista
realizouse o 23 de abril de 1941. Segundo o testemuño de Louzán, o Gobernador Civil díxolle
que «no cree conveniente reponerme a los cargos», porque dese xeito sería «pararrayos» de
todos os «chismes de Porriño, y eso ya lo estuve haciendo unos cuantos meses». Esta resposta
«me desconcierta un poco; pero le digo que a los chismes no se le hace caso». A dificultade de
Louzán para volver ao cargo foi a existencia de inimigos, o que facía «difícil sostenerse en un
cargo político». E choeu a discusión Rodríguez Acosta:
299
Aparecen aquí os «procedimientos anarquistas» que supostamente executaba Carrera contra Louzán e sos seus
rivais políticos. Carerra daba cabida na súa rebotica a todos aqueles elementos que se «sintiese hirritada [sic] contra las
orientaciones del Movimiento Nacional, constituyéndose allí un foco de chismes y bulos del pueblo». Segundo o relato de
Louzán, Carerra aproveitaba ese espazo para protexer aos estraperlistas e a aquelas persoas que difamaban a ditadura e ao
seu ditador. Todo isto, sempre, segundo o testemuño de Louzán.
194
«“Bueno, te digo la verdad —me dice—. Estoy tan aburrido de Porriño, que ya no me fio de
nadie, ya no tengo confianza en nadie, y si yo tuviera un forastero, aun que [sic] fuese de Almería,
lo pondría de Alcalde en Porriño. Y añadió: Tú no has tenido esa habilidad que se necesita para
un cargo político; es necesario tener opinión. ¿Crees tú que yo podría estar aquí contra un
sector?”»
Cando Louzán saíu da entrevista, levaba a «impresión segura, de que en la conciencia
del Jefe está mi reposición»; pero que se non o facía era porque «se ha dejado influir por los
chismes caciquiles que no cesaron de llevarle con más ahínco» no momento no que vía que a
denuncia contra el non prosperaría. Porque dentro do partido tamén tivo inimigos Louzán: un
deles foi o secretario provincial, un home con moito ascendente dentro de FET de las JONS,
Antonio Puig que para redondear o asunto era amigo de Carrera Ramilo —«que por ser
farmacéutico [Puig], es colega del cacique» e, ademais, presidente do Colexio Provincial de
Farmacéuticos. A impresión de Louzán foi que caciques eran o problema, e no Porriño viviría
o principal cacique da provincia de Pontevedra:
«El caso especial de Porriño, se debe solamente a que aquí hay el mayor cacique de la provincia
y seguramente de Galicia, el cuál no ha escarmentado con la sanción que sufrió en el destierro
y vuelve a emplear los mismos procedimientos de antaño con fines puramente interesados en
su beneficio».
Por moito que se trouxese un Alcalde dende Almería, argumentou Louzán, atoparía os
mesmos problemas que atopara el. Por iso Louzán solicitou a súa reincorporación para que os
seus veciños visen que estaba totalmente reparado de calquera dúbida sobre a súa honestidade.
O 17 de outubro de 1941, o xefe de Provincias informou ao xefe provincial de
Pontevedra sobre volta de Louzán ao cargo de xefe local e Alcalde do Porriño. Mais o 7 de
novembro de 1941 chegou outro escrito a Delegación de Provincias de parte do xefe provincial
Rodríguez Acosta, no que dicía que a destitución de Louzán dos seus cargos non fora polo seu
procesamento, senón porque a súa labor á fronte do partido e da alcaldía fora «nula». E
solicitaba que a decisión tomada pola xefatura de provincias fose revocada, pois o novo
encargado do partido en Porriño era «más apto para el cargo»:
«[...] pese a los escritos no solamente dirigidos a esa Vicesecretaría [General del Movimiento] y
que verificó también al camarada Suevos buscando por medio de ellos influencia para volver a
un cargo que no ha sabido desempeñar y con la única aspiración de satisfacer un amor propio
mal entendido que esta Provincial no puede ni debe tener en cuenta»300
.
Con situacións coma esta atopouse o Gobernador Civil de Pontevedra dende o seu posto
de xefe provincial de maneira constante. Pódense entender este tipo de situacións como unha
especie de necesidade dos membros do partido para facerse notar e desa maneira conservar o
poder que ostentaban. O problema estivo en que o que se denunciaba e contra quen se foi no
momento da denuncia, porque podería ter valiosos e válidos defensores.
300
Todas as citas literais anteriores foron extraídas da Carta e informe adjunto de un camarada de Porriño
(Pontevedra) denunciando a S. E. el Ministro Secretario General anormalidades ocurridas en la Falange de Pontevedra, 20
de setembro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
195
3) Denuncias sobre rivais políticos na delegación de sindicatos
Construír a ditadura no ámbito do sindicalismo foi outro enorme problema para FET
de las JONS. Especialmente, porque ao falar de sindicalismo foi moi sinxelo que se introducisen
nas estruturas sindicais elementos con antecedentes políticos non moi próximos aos do
Movemento. Foron estes os considerados como elementos de esquerdas. Ter sido militante de
esquerdas con anterioridade á sublevación de xullo de 1936 foi unha mancha no expediente;
unha marca que quedou para sempre. Acusar a alguén de ser de esquerdas foi un argumento
clásico dentro do Movemento para axustar contas con inimigos declarados dentro do partido.
En maio de 1942 apareceu unha desas denuncias contra dous individuos de procedencia
esquerdista dentro da sección de curtidos do Sindicato da Pel: Celso Callazo Lema —do que se
dicía que era un «elemento de izquierda»— e Prudencio Taboada Tabanera301
—identificado
coma «miembro destacado de Mocedade Galeguista [sic]». A denuncia viña dunha advertencia
do inspector nacional do servizo de Curtidos, apelidado Urrutia, que indicou que nunha visita
realizada no seu momento «todos aquellos funcionarios de las Delegaciones Sindicales que no
pertenezcan al Partido y los que tengan antecedentes políticos desfavorables, han de cesar
forzosamente en sus cargos». A resposta sobre o que facer chegoulle ao xefe provincial dende
Madrid o 13 de maio de 1942. En palabras do vicesecretario: «la solución la tienes en tu mano,
toda vez que si los tales no pertenecen al Partido no pueden desempeñar dichos cargos». Houbo
que aplicar as «recientes normas sobre depuración»302
.
A pregunta a facer neste aspecto é de onde chegaban á xefatura provincial as denuncias.
A resposta é que non se coñece de onde saían. Pódese supoñer que procedían de elementos de
dentro do partido que por xenreira, vinganza ou simplemente tensións ou desavinzas cos
denunciados decidían dar o paso e acusar formalmente ante as xerarquías para conseguir o seu
propósito. Mais se é posible facer esta lectura, a inversa tamén é plausible: puido ser que as
denuncias se realizasen nesa busca da pretendida pureza da acción falanxista que algúns
rexeitarían perder ante aqueles que entraron constantemente no partido dende partidos de
dereitas anteriores ao alzamento militar de xullo de 1936. De aí a falar da imposibilidade de dar
resposta a este tipo de movementos internos dentro do partido hai un pequeno paso. Son
indicios de que a construción da ditadura e do partido foi unha tarefa que se estaba a realizar de
maneira inestable e lenta; mais a carencia en moitos casos de probas sobre a resolución destes
casos proporciona a idea de que moitos deles quedaron en nada. As dificultades para artellar o
sindicalismo galego en canto a institucionalización e funcionamento interno orixinaron
problemas dentro do Movemento. De aí, que dende as xefaturas se planeasen cambios na súa
estrutura e funcionamento para facelo máis próximo aos galegos, especialmente a aqueles que
vivían no campo. O sindicalismo foi unha maneira de coñecer o nacionalsindicalismo de FET
301
Irmán de Eusebio Taboada Tabanera, que foi xestor municipal en Pontevedra nomeado en febreiro de 1949. 302
El Jefe provincial [de A Coruña] denuncia que en la Delegación Sindical Local de Santiago de Compostela,
figuran dos elementos de antecedentes izquierdistas, 4 de maio de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
196
de las JONS; un medio para captar homes que puidesen formar parte dos cadros da ditadura
que se estaba a construír aínda en 1942303
.
B) GENARO RIESTRA DÍAZ. UNHA FALANXE PONTEVEDRESA NUN CONTEXTO DE CAMBIO
Francisco Rodríguez Acosta foi substituído por Genaro Riestra Díaz, que chegou para
exercer como Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento durante pouco máis dun ano.
Nun dos seus primeiros informes a Madrid, Riestra dixo que a situación política que se atopara
ao chegar a provincia era bastante similar a meses anteriores. O novo xefe provincial falou da
existencia dunha «gran masa de opinión indiferente, neutra, o los llamados de orden» que
unicamente estaban preocupados polas cuestións particulares que lles afectaban, alleos ao
momento crucial que lles foi designado vivir. Ademais, eran individuos que aproveitaron o
mínimo movemento para «criticarlo y censurarlo todo en cuanto no puedan desenvolverse con
la libertad que ellos preconizan». Por outra banda situáronse os «elementos opuestos, con matiz
izquierdista o rojo» que foron xa de por si «difíciles, naturalmente, de conmover». Estes
aproveitaron tamén calquera momento para criticar.
Nese contexto, o partido puxo en marcha unha campaña para a «anulación de grupos
que dentro de la Organización venían haciendo una labor de desunión y de propaganda
negativa» que tivo como consecuencia o aumento da debilidade da imaxe do Movemento entre
a poboación e o «descrédito del Partido». Con todo, o xefe provincial falou de que o partido
«ha mejorado ostensiblemente», estando o «espíritu de los camaradas» elevado polos aires e
«afirmándose en su fe y sus esperanzas en la labor que desarrolla su Jefe provincial». Esa mellora
exemplificouse na redución da «crítica y censura realizada por los elementos enemigos de
nuestro Movimiento tanto izquierdistas como reaccionarios neutros».
O desenvolvemento da Segunda Guerra Mundial estaba a facer moito pola unión dos
camaradas de FET de las JONS. Os acontecementos que se sucedían en Europa provocaron
que os afiliados incondicionais se unisen con maior intensidade, provocando o renacemento
dunha «fe ciega en los destinos de España que ligan íntimamente con los de la Falange». O
Caudillo tería sido para os pontevedreses o elemento que os mantiña unidos. A xente, segundo
303
No caso de Galicia, a súa configuración dificultosa e problemas interno no rural foron estudados por LANERO
TÁBOAS, D. (2005) para o caso da provincia de Pontevedra e, con posterioridade en LANERO TÁBOAS, D. (2011) ofreceu
unha visión de conxunto para o caso xeral de Galicia. O sindicalismo foi un dos campos de batalla de FET de las JONS no
seu proceso por conseguir un maior número de afiliados. E o que foi máis importante: conseguir que eses elementos se
sentiran identificados co discurso do partido. Si é certo que FET de las JONS pasou por unha etapa de dominio de
determinados sectores do aparello da ditadura franquista —especialmente neste mundo sindical e en diversos niveis do
Ministerio de Gobernación—, que deu lugar á coñecida coma «etapa azul» da ditadura franquista, lidiando coas diferentes
almas que había no seu interior. Esa mestura de intereses e orixes internos foi aproveitada polo ditador e os seus acólitos
para facerse co control do partido por medio de colaboradores próximos que eran membros de FET de las JONS. Isto foi
o que GIL PECHARROMÁN, J. (2008): 53-62 denominou a «domesticación de Falanxe». Nomeamentos coma os de Girón de
Velasco coma Ministro de Traballo en maio de 1941; o de Miguel Primo de Rivera coma Ministro de Agricultura en maio
de 1941 ou a destitución de Gerardo Salvador Merino —xefe provincial do Movemento coruñés ata 1940— coma delegado
nacional de Sindicatos en setembro de 1941, son pequenos pasos do baleirado ao que Franco someteu a FET de las JONS;
quitándolle o seu contido programático e de acción joseantoniana para convertela, nese momento si, no caxato da ditadura.
197
o xefe provincial, desexou «vivir en paz y la regularización del abastecimiento». Pero por outra
banda estiveron os «elementos con matiz izquierdista, o rojo» que aproveitaron calquera
momento «para realizar su crítica tenaz, constante, pero que ya no cuaja en el sector neutro»
que confiaba unicamente no Caudillo.
Os actos de afirmación nacionalsindicalista foron fundamentais para fomentar a unión
dos falanxistas e favorecer a entrada de xente nova no partido coma sucedera nos primeiros
anos do Movemento. Ese factor de movemento de masas levantou os ánimos dos camaradas
falanxistas de toda a vida, que en meses anteriores «iban camino de perder ante la falaz campaña
de crítica de los sectores rojos»304
. Con situacións coma esta, o ambiente foi «del todo favorable
a la Falange». Ese ambiente favorable mantívose en meses posteriores co aumento de afiliacións
grazas aos actos nacionalsindicalistas:
«Puede afirmarse que en los pueblos donde los actores rojos han dado muestras, últimamente,
de mayor descaro y en los que después se ha realizado un Acto de Falange, la reacción de los
falangistas es inmediata y son bastantes las personas del sector que hemos llamado “neutro” y
de orden que después de oir las verdades puestas de manifiesto en los discursos, se dan cuenta
de que nada pueden ganar metiéndose en sus casas».
Pero cando chegaron os momentos de verdadeira afirmación co partido, notáronse os
verdadeiros problemas do mesmo para afianzar a súa presenza e os seus afiliados. Con motivo
da entrega das declaracións xuradas que se esixiron para a depuración, observou a xerarquía
provincial que «bastantes camaradas que no la han presentado a su debido tiempo». Para Riestra
Díaz, ese caso tivo dúas lecturas: unha foi a «apatía» de moitos que deixaban as cousas dun día
para outro; outra foi a oportunidade que vían algúns de «dejar la Organización en los momentos
actuales». Dende a xefatura provincial solicitaron á Nacional que os prazos de entrega de
documentos se fixasen de maneira estrita, de tal xeito que quen non entregase os papeis causase
baixa inmediata no partido; porque, a pesares de que poderían aumentar as baixas, «son bajas
de elementos que no interesan». Unha cousa foi o sentimento dos falanxistas e a súa elevada
moral; e outra ben distinta foi como o partido debeu solucionar os seus problemas do día a día.
A carencia absoluta de fondos para facer fronte aos gastos ordinarios e extraordinarios foi o
punto débil da Falanxe de Riestra.
O Gobernador Civil estivo á fronte dun partido nunha situación «bastante mala en
general», non chegando os presupostos para desenvolver correctamente a actividade do partido.
As xefaturas locais desenvolvían unha actividade «precaria» debido á falta de fondos «viéndose en
algunos casos obligadas a dejar los locales que ocupan por no poder costear su alquiler». Tal foi
o caso das FET de las JONS de Sanxenxo e Vilaboa que tiñan a súa sé na casa particular do xefe
local.305
Genaro Riestra chegou a solicitar máis diñeiro a Madrid para non ter que estar
304
Os camaradas de toda a vida foron os elementos máis necesarios e menos coidados do Movemento en Galicia e
no resto de España. Despois de verse sometidos ao mesmo proceso de depuración que o resto de militantes de FET de las
JONS, foron os que mellor recibiron as boas novas. Eles constituíron esa pequena masa de xente fondamente comprometida
co partido e coa acción armada que levaban a cabo as milicias do mesmo. É máis, os que entraron a loitar non eran
xornaleiros nin outras persoas de baixa extracción social, senón que eran na súa maioría membros das clases medias e
traballadores das localidades. Estes exemplos extraeunos PAREJO FERNÁNDEZ, J.A. (2004): 96-97 e 100-101; PAREJO
FERNÁNDEZ, J.A. (2008): 52-54 para os casos estudados en Andalucía. 305
Non é estraño o poder da xefaturas locais no funcionamento do partido. CHUECA, R. (1983): 133-134, xa apuntou
no seu momento a dificultade coa que se atopou FET de las JONS para cubrir os postos de xefe local do Movemento, ante
198
constantemente «en actitud mendicante ante los alcaldes de la provincia». Como o diñeiro non
chegaba dende Madrid, o xefe provincial e Gobernador Civil chegou a un acordo coa Deputación
provincial polo que se pretendeu que unha provisión do 1,5% do presuposto dos concellos da
provincia —aqueles que presupostaban máis de 750.000 pesetas—, fose destinado ao partido306
.
As tensións que se produciron no Movemento no contexto de control de Riestra Díaz,
producíronse por influencia da Segunda Guerra Mundial. O seu influxo provocou que saíran á
luz os elementos considerados coma inimigos do Movemento: o denominado polas xerarquías
pontevedresas como ámbito «rojo». Para limitar a súa influencia, dende algunhas xefaturas —
como a de Pontevedra—, a través da delegación provincial de Información e Investigación
crearan un «servicio nocturno» no que se vixiaban as reunións en bares e tabernas da localidade
onde coincidían os desafectos ao Movemento para falar sobre a guerra que afectaba a Europa.
O servizo de Investigación non só funcionou en Pontevedra e Vigo, fíxoo tamén en pequenas
localidades que tiñan movementos destas persoas. Cando os afectados se decataron de que
estaban a ser vixiados, cesaron as reunións. Outra vitoria, polo tanto, que se anotou o xefe
provincial do Movemento307
.
As tarefas de proselitismo e propaganda en Pontevedra toparon coa inoperancia da
delegación provincial de Educación Popular. Segundo Riestra Díaz, os xornais da provincia
«vivían una alegre situación de no acatar las órdenes que se le circulaban». Todos, excepto El
Pueblo Gallego. Que foi o que notou a provincial sobre o desapego da prensa respecto do
Movemento? Non se publicaban en posicións dominantes as noticias relacionadas co partido
ou, incluso, non se publicaban; todo quedou en mans dos denominados «gacetilleros» que
«situaban de cualquier forma y tijereteadas» as noticias. El Pueblo foi o «periódico del
Movimiento» pero actuou en contra do mesmo. O xornal, «posiblemente debido a la actuación,
sentimiento e ideología» dos redactores e dos membros da administración, non se «comporta
como un periódico de la Falange». A excepción situouse no director do xornal, «nuestro
camarada Castroviejo, persona de indiscutibles méritos y magnífico amigo y camarada». Para o
a falta de persoal político. A maior parte dos cadros dirixentes marcharan á fronte e, moitos deles, caeron nela. Acabada a
guerra civil, a necesidade de organizar a España nova que quería exercitar a ditadura, as autoridades do partido déronse
conta da inexistencia de cadros de militantes que puideran conformar a futura elite política da ditadura. Así, fíxose
inescusable ante a carencia de falanxistas puros e a abundancia de homes que entraran a cachón durante a guerra civil, a
creación de censos dentro do partido para encadrar aos militantes: «quedou así establecida expresamente a antigüidade non
xa coma un valor de militante senón incluso coma diferenciación cualitativa, que acabará tendo o seu propio marco
institucional». Por iso, os xefes locais constituíron a base do partido, o nexo de unión cos habitantes dos concellos, os que
mellor coñeceron a realidade territorial. De aí que o partido acudira a eles sempre que se atopara unha situación
comprometida. E por iso, tamén, foron os que recibiron con maior intensidade o malestar do pobo ante os problemas cos
abastecementos. 306
A cuestión dos presupostos para o partido será amplamente repetida en partes seguintes polo xefe provincial
chegando a facer referencia ao caso extremadamente perigoso da escaseza de fondos da local de Vigo, que debía atender a
máis de 150.000 habitantes. Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da
provincia de Pontevedra do mes de maio, xuño de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xuño, xullo
de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xullo, agosto de 1943; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de agosto, setembro de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de setembro, outubro
de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de outubro, novembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621. 307
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de setembro, outubro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621.
199
xefe provincial estivo claro que o xornal «opone cuanta resistencia pasiva pueda para no cumplir
aquello que, directamente está vinculado al Partido»308
.
Genaro Riestra Díaz debeu facer fronte a uns informes secretos da policía da provincia
dirixidos á Delegación Nacional de Seguridade. Foron, segundo o Gobernador Civil, informes
«a todas luces injustos en los que se refiere a la Organización». Os boletíns aos que fai referencia
o Gobernador Civil mantiñan unha liña de ataque constante contra FET de las JONS: ían
sempre «todo lo posible en contra de la Falange, en cuanto al ambiente general se refiere». Eses
mesmos informes, despois de dicir que o Movemento pontevedrés era case inexistente, non
dicían nada en contra de Riestra Díaz ou dos delegados de servizos do partido.
O gobernador sacou deste feito unha conclusión clara: o que escribiu pretendeu «“nadar
y guardar la ropa”». Os informes foron considerados polo xefe provincial como «totalmente
injustos y exagerados». Unicamente se salvou da queima da crítica da policía provincial o
funcionamento da Fiscalía de Taxas. Esta circunstancia foi explicada polo Gobernador Civil
aportando o indicio de que o encargado de redactar os informes estaba a soldo dese organismo.
Segundo Riestra Díaz, o exposto nas denuncias foi unha tendencia propia da provincia de
Pontevedra, onde ao Gobernador Civil e lle saían problemas por todos os recunchos buscando
a súa pequena recompensa. Esta situación explica que o Gobernador Civil falase de que o
partido vivía unha «resurrección» completa despois de pasar por unha fase na que
«prácticamente, había dejado de existir». Pero ao mesmo tempo identificara dentro de FET de
las JONS a afiliados que «más atienden a sus intereses particulares que al ambiente político o
de interés general, anteponiendo aquéllos a toda idea general de conveniencia patria». Estes
individuos entraran no partido durante o Alzamento e aproveitaron para beneficiarse
economicamente da situación. Foron estes, segundo o Gobernador Civil, os que estaban a ver
como Inglaterra se situaba nunha posición de dominancia na Segunda Guerra Mundial,
mostrándose preocupados por buscar a maneira máis rápida para saír do partido.
Con todo, o optimismo do xefe provincial sobre o Movemento foi extraordinario: «el
ambiente de la Organización se encuentra, en términos generales, en una situación de paulatina
ascendencia mensual». Iso quería dicir que todos os actos e cursos que se programaron na
provincia viron cubertas as súas prazas de sobras, permitindo a FET de las JONS funcionar por
toda a provincia subindo o ánimo de afiliados e adheridos e outros simpatizantes do
Movemento. O traballo de Riestra Díaz en Pontevedra finalizou en 1944, deixando un
«profundo sentimiento» de pena en toda a provincia. Quedáralle por terminar o proceso de
depuración interno e de identificación daqueles elementos que destacaron por ser pouco ou
nada falanxistas. O encargado de substituílo foi Luis Ponce de León y Cabello, que chegaba
dende os cargos de tesoureiro provincial e Alcalde da cidade de Pontevedra309
.
308
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de novembro, decembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621. 309
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1944, Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1944; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1944;
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de setembro, outubro de 1944; AGA, SGM, DNP, 51/20649.
200
C) LUIS PONCE DE LEÓN CABELLO. O ALCALDE QUE EVOLUCIONOU A GOBERNADOR
Luis Ponce de León chegou á xefatura provincial arrasando, literalmente310
. A inicios de
1945, as delegacións do partido estaban tan ocupadas no proceso de depuración de militantes
que non puideron dedicarse a outra cousa en todo o mes de xaneiro. Falábase ás xerarquías de
Madrid de depuración «intensísima». Tan intensa foi a depuración, que debido ás visitas ás
locais de toda a provincia os coches do Movemento quedaran sen pneumáticos e non puideron
continuar coas visitas. Deberon continuar nesa situación ata outubro dese ano, porque dende
Madrid, a Tesourería Xeral non enviou os cartos para mercar rodas novas.
Que o Movemento non se movese pola provincia non quixo dicir que estivese quieto na
cidade do Lérez sen facer nada. Todo o contrario. O impulso de Ponce de León notouse no
achegamento daqueles que anteriormente se mostraran «desligados» do Movemento e que se
achegaron a el polo interese nos plans de «protección al obrero, socorro al humilde, etc.» Estes
plans foron, en palabras de Ponce de León, «mucho más de lo que ellos hubieran podido
esperar». Pero se por iso fose pouco, o Gobernador Civil resaltou que os afiliados e
simpatizantes de FET de las JONS mantivéronse activamente mobilizados «protesta[ndo]
acaloradamente» contra os rumores que chegaban dende o exterior criticando a ditadura
española e defendendo «el gobierno del Caudillo y su acertada política que nos ha mantenido
al márgen [sic] de la contienda actual». O cadro pintado por Ponce de León, completouse coa
axuda do asasinato dos falanxistas en Madrid que se manifestou beneficioso para FET de las
JONS: «El ambiente se muestra propicio para nuestra Causa, y se ha podido comprobar la
ineficacia de cualquier intento de desintegrar la unidad perfecta existente hoy en nuestra
Organización». En definitiva, a idea transmitida por Ponce de León foi que o Movemento
pontevedrés estivo unido; e a unidade mantívoa Franco:
«Siguen influyendo en el espíritu de la Organización los acontecimiento bélicos que se registran
en el mundo. La unidad más perfecta existe entre todos los afiliados, y su resolución firme y
decidida, de hacer frente a cualquier intento de desintegración de la misma, depositándose en
el Caudillo la máxima confianza, y la convicción de que él sabrá alejar de nuestra Patria, todos
los peligros que puedan amenazarla, ayudado moral y materialmente por la Falange, que en
estos momentos, como siempre, se halla incondicionalmente a sus órdenes».
Ante a guerra mundial e as súas consecuencias, Franco significaría para os pontevedreses
unha «fecunda paz» que asolagaba toda España. A mellor mostra de adhesión dos
pontevedreses a Franco foi, segundo Ponce de León, a súa pasividade política. O único
movemento que preocupou ao Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento foi o dos
monárquicos pontevedreses que andaban a caza de «adictos, sin encontrarlos». A poboación
era allea a todos os problemas políticos preocupada polos seus quefaceres, «conformes con la
310
Luis Ponce de León era orixinario de Zamora, pero desenvolvía dende mozo a súa actividade laboral en
Pontevedra. Iso, e o seu papel coma Alcalde con anterioridade ao seu nomeamento, fixo que fora considerado coma un
nativo da cidade do Lérez. Posicións coma a de RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 249 describen o nomeamento de Ponce de
León dunha maneira moi concreta. Segundo ela, o feito de poñer a persoas de fóra da provincia no posto de gobernador-
xefe provincial, fíxose para evitar caer na antiga tentación das redes clientelares. Mais isto, non foi así de todo. A existencia
dunha «oligarquía tradicional en cada rexión», afondou na compoñente do binomio caciquismo e represión; elemento que
se acentuaba se o gobernador era da provincia. O caso é asimilar sempre a ditadura franquista coa restauración do
caciquismo, da mesma maneira que fixeron outros autores. Para estes, a ditadura foi unha continuación do de sempre, o
caciquismo da Restauración.
201
política que dirige nuestro Caudillo a quien en todos los momentos demuestra veneración y
acatamiento»311
.
4.3.2.2 A importancia de controlar a educación provincial
O Gobernador Civil de Pontevedra, Rodríguez Acosta, amais de facer fronte aos
problemas internos do partido, centrouse tamén nun aspecto verdadeiramente importante
como foi a coordinación entre a Administración e os concellos da provincia coa clave de unión
no partido. Rodríguez Acosta, coma militar, foi consciente da necesidade dunha boa
coordinación efectiva entre os diferentes elementos que compuñan a súa provincia para que
esta funcionase correctamente. Por medio dese movemento administrativo buscou atopar
solución a unha das queixas que se repetiron dende sempre entre os membros do Movemento:
que este non tivo un peso específico dentro do encofrado da nova España, e que o seu papel se
vía reducido en exclusiva a manifestacións patrióticas e a organizar desfiles. Un papel de
coordinación que non chegaba en abril de 1940 a todos os recunchos do partido. Outro dos
campos aos que os falanxistas lle prestaron moita atención foi ao da educación das novas
xeracións. A delegación do SEU pontevedrés, encargada de organizar a todos os estudantes da
provincia para inicialos e desenvolver o seu nacionalsindicalismo, contou cun inimigo
inesperado na cidade de Vigo.
Os Irmáns Maristas de Vigo non se libraron das denuncias por parte dos órganos do
partido de Pontevedra. Nunha instrución efectuada polo delegado provincial do SEU de
Pontevedra, José García Barrientos, dirixida ao secretario nacional do sindicatos —instrución
que posteriormente foi absorbida pola Delegación Nacional de Provincias—, denunciouse a
oposición mostrada polos maristas vigueses ao «espíritu y letra del Decreto del Caudillo por el
que dispuso de la unificación de todos los estudiantes en un solo organismo oficial». Referíase
a denuncia ao decreto de 2 de outubro de 1939 polo que se decretou a integración de todos os
sindicatos e organizacións estudantís dentro do SEU. O que pasou dentro das paredes dos
maristas de Vigo foi que o director do centro tivo a intención de organizar un «CLUB» do que
formasen parte todos os estudantes do centro. Cando o SEU provincial se deu conta desta
iniciativa, indicoulle ao director que iso non podía ser en virtude do citado decreto que impedía
calquera organización estudantil que non fose o SEU. A situación administrativa encerellouse
máis cando se descubriu que o encargado de organizar esa nova organización interna era un
membro de FET de las JONS que era delegado do SEU no centro dos maristas. Que este
elemento do partido aceptase a decisión do director do centro só puido ser entendida polos
seus compañeiros do SEU coa «influencia ejercida» polo responsable do centro sobre el. A
figura omnipotente do director dos maristas provocou que o SEU non lles puidese falar «con
311
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1945; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1945; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1945;
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de abril, maio de 1945; Parte mensual da provincia de Pontevedra do
mes de maio, xuño de 1945; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de outubro, novembro de 1945; Parte
mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20680.
202
claridad necesaria» aos membros do sindicato que se atopaban dentro do centro xa que
«tenemos el relajamiento de su espíritu Nacionalsindicalista que hasta ahora fue excelente». O
que as xerarquías do SEU tiveron claro sobre o «club» foi que buscou a separación de «nuestros
camaradas del seno del Sindicato»; e para mostra: o equipo de fútbol do centro retirárase da
competición que organizaba a delegación de deportes.
A denuncia incluíu varios documentos aportados polos maristas vigueses nos que
xustificaron da existencia deste «club»: unha comunicación do director dos maristas onde
informaba ao delegado do SEU do «carácter exclusivamente privado» da asociación; unha copia
do documento para solicitar a entrada no «club» e unha carta dirixida ao delegado do SEU
solicitándolle axuda para organizar actos diversos. A situación, a xuízo das xerarquías do
Movemento pontevedrés, revestiu perigo xa que os seus estatutos non foran aprobados e
reuníanse sen a preceptiva autorización do Gobernador Civil. Este constituíu un precedente
perigoso, pois esta tendencia podería estenderse por outros centros da provincia. Pero este foi
especialmente perigoso pois «cuenta con grandes recursos económicos al parecer»312
.
A preocupación do partido e do xefe provincial por non deixar fóra do seu ámbito de
actuación calquera aspecto da vida diaria dos galegos foi evidente con denuncias ou
informacións a Madrid como a de Vigo. Unha situación similar sucedeu na provincia de
Ourense cando Casiano Costas Posada, o Gobernador Civil e xefe provincial, se viu na tesitura
de informar a Madrid sobre o funcionamento da ensinanza na provincia ao seu cargo. O
problema en Ourense estivo no feito de que a unificación de asociacións e sindicatos non se
estaba a producir tal e como se desexaba. En setembro de 1940, dicíase que os mestres que
pertencían a FET de las JONS estaban apartados por aqueles que aínda non se someteran ao
proceso de depuración; pero tamén, que existía un problema moi grave que comprometía a
unidade do partido: a existencia dun sindicato católico de mestres que se chamaba Asociación
Católica de Maestros. Esta asociación estaba pendente de entrar no SEM para encaixar na Lei
de Unificación Sindical. Para dar unha idea do que supuña a existencia de asociacións paralelas
coma aquela, o xefe provincial aportou o dato de que do total de 3.000 mestres que, segundo
as súas contas existían na provincia, só 450 pertencían ao sindicato oficial do Movemento313
. A
opinión das autoridades provinciais expresou que existía un preocupante exceso de mestres que
debería concernir ás xerarquías de Madrid por causa da existencia dun sindicato paralelo ao
SEM. A necesidade de encadrar a esta asociación dentro do Movemento foi fundamental para
afondar na unificación de forzas sociais nos organismos e institucións da ditadura. O outro
problema do partido foi que se atopaba fóra das institucións que regularon a educación na
provincia. O xefe provincial do Movemento de Lugo fíxose a pregunta de como podía ser que
312
Todas as citas anteriores en Escrito del Jefe Provincial de S.E.U. y documentos sobre actividades de los H.H.
Maristas de Vigo, 18 de abril de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20513. 313
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. A
integración dos católicos na vida política foi un dos pasos destacados no asentamento do modelo de organización do poder
local e provincial. O papel central da Igrexa xogouno o párroco cos seus informes sobre persoeiros da localidade e co seu
posto de pastor de almas. Houbo, ademais, un brazo secular da relixión reflectido na Acción Católica. Preocuparon os
católicos ao núcleo falanxista de FET de las JONS? Si. Pero non polo feito de ser católicos, senón pola posibilidade de que
os achegados a eles entraran tamén. MARÍN I CORBERA, M. (2000): 139-141 definiuno claramente para o caso de Cataluña.
Houbo medo a que as institucións educativas caeran nas mans dos católicos, quitando ao Movemento falanxista o seu papel
de guía das mentes dos máis mozos.
203
non contaran con el para algo tan fundamental e para o que estaba preparado dende os seus
inicios coma movemento político. En Lugo, en setembro de 1940, o partido estaba fóra das
xuntas locais que se encargaron da vixilancia dos mestres, non podendo dese xeito «colaborar
en una orientación Nacional-Sindicalista» do maxisterio provincial314
.
4.3.2.3 A xestión interna de FET de las JONS en Galicia: depuración e encadramento de
militantes
A dinámica de construción da ditadura en Galicia foi a mesma para as catro provincias.
O partido constituíuse no brazo organizativo do Gobernador Civil provincial no momento no
que este se fixo co control do mesmo ao ser nomeado xefe provincial do Movemento. Pero a
evidencia que se atopou foi a dun partido sementado de divisións internas e baleiro de
xerarquías que controlasen o funcionamento dos diferentes servizos. A iso houbo que sumar o
escaso número de afiliados cos que contou o Movemento; e tamén a ausencia de confianza en
todos aqueles que entraran en tromba durante e ao final da guerra civil. O partido converteuse,
durante os primeiros meses da implantación da ditadura franquista en Galicia nun elemento
que virou case que a un atranco para ese proceso de construción. Non había xente, e entre a
que había, houbo que desconfiar dela. Por moito que se dixese —como sucedeu no caso da
provincial ourensá—, a situación foi extrema entre os afiliados. Por iso, que o Movemento debeu
afrontar as pregunta clave: sen afiliados, de onde sairían xerarquías?; tiveron que acudir os
galegos a elementos foráneos para que ocuparan os postos de responsabilidade do partido? A
estas dúas cuestións aínda se lle puido engadir outra cuestión esencial: tiveron que vir os
candidatos aos postos locais do exterior, ou o que foi peor, de fóra do Movemento? Para evitar
este tipo de dúbidas e facer que o partido funcionase como o que debeu ser, a Secretaría Xeral
do Movemento puxo en marcha o plan de identificación e encadramento dos elementos
pertencentes a FET de las JONS: a coñecida coma Circular 101. A Secretaría estivo moi
preocupada pola aplicación desta circular, e para mostra un exemplo: no mes de xullo de 1940,
o encargado de ler o parte lugués da primeira quincena dese mes, anotou en lapis vermello o
seguinte: «que comuniquen como va la aplicación de la Circular 101, en la que debe poner
especial cuidado»315
. A premisa dada dende Madrid foi básica: selecciónense os mellores para
estar dentro do partido; e estes deberán ser os que se encarguen de organizar correctamente o
Movemento. Tamén especialmente e moi importante, deberían ser os escollidos para ocupar
os postos de responsabilidade nos consistorios municipais e nas xestoras das deputacións
provinciais.
A Circular 101 uniformou o proceso de depuración, pero as diferenzas no seu proceso
de aplicación foron grandes entre as provincias. A disensión interna dentro do Movemento
continuou sendo un factor clave no seu funcionamento. Dende a provincial da Coruña, na
primeira quincena do mes de xullo de 1940, díxose a Madrid que non existía un problema
314
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533. 315
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
204
importante co denominado «izquierdismo», moi probablemente —teorizou o xefe provincial do
Movemento, Lorenzo Vilallonga—, pola «lejana separación en que se encontró en la época de
la conciencia española con los frentes de lucha». Esa separación profiláctica coa fronte da guerra
civil e coas ideas disolventes que se expandiron no bando dos republicanos, facilitara o
decaemento entre os afiliados a FET de las JONS do que Vilallonga definiu coma «espíritu
fogoso de los que sentían la Cruzada en sus primeros tiempos». A falta de contacto coa batalla;
coa guerra; coa camaradería entre militares e falanxistas na unidade da fronte, provocou o
decaemento, a falta de consolidación dun espírito efectivamente afín ao Movemento e ao que
este representaba de renovación da política española. O xefe provincial da Coruña quixo dicir
que houbo falanxistas —e, ademais, moitos—; mais o funcionamento da Administración e do
propio partido estaba levándoos a un terreo onde dominaban as formas da desesperación e do
descontento, incluso de desánimo cara o partido. A esa debilidade moral dos que sempre
estiveran do lado de FET de las JONS e dos sublevados que conformaron a masa do
Movemento, Vilallonga sumou as forzas dos adláteres que non se encadraron en FET de las
JONS e que fixeron unha cousa perniciosa para aquel: fomentaron o desprestixio do partido.
A xuízo do xefe provincial do Movemento coruñés, estes conformaron unha especie de suposta
coalición de «gentes sin criterio y aclimatadas al logro del empleo del enchufe», ás que houbo
que sumar os caciques de dereitas. Os que acabaron por aclimatarse eran funcionarios de
sempre que, afiliados ao partido co inicio do Alzamento, aproveitaron a pertenza ao mesmo
para conservar os seus postos e continuar realizando os seus «tejemanejes».316
Se a esta situación
de elementos adversos de fóra do partido lle era sumada a disidencia propia daqueles falanxistas
que pretextando ocupacións laborais que non existían se apartaron do partido, a Falanxe
coruñesa obtivo o resultado da ecuación que levou a realizar unha depuración do Movemento.
A depuración foi necesaria, porque na provincia coruñesa —«abonada al viejo caciquismo»—
estaba instalado un ambiente «poco favorable» para o partido317
.
Na Coruña, a mediados de 1940 o funcionamento administrativo da xefatura provincial
estaba nun estado de paralización total a causa de que os ficheiros e arquivos estaban
completamente desordenados e faltos de información. Lorenzo Vilallonga informou que o
partido estaba sumido nun proceso de reorganización de ficheiros, e que para volver a organizar
eses ficheiros, eran necesarios novos ficheiros. É dicir: que a provincial necesitou cartos para
adquirir material novo. Se querían facer unha depuración en condicións, o primeiro foi contar
cunhas instalacións e materiais que permitiran facela con corrección. E se houbo un servizo
necesario para elaborar o proceso de depuración, ese foi Información e Investigación, que
316
GINÉS I SÀNCHEZ, A. (2010): 85 fala destes individuos dunha maneira dicotómica en canto á súa relación con
FET de las JONS. Por un lado, o Movemento «rexeitábaos discursivamente», pois a súa maneira de pensar e de actuar era
todo o oposto aos postulados do nacionalsindicalismo. Mais por outra banda, necesitou deles para gañar e conservar a pouca
influencia política que puidera ter o Movemento no mundo político provincial. Esa dicotomía dende o punto de vista de
FET de las JONS deuse tamén entre os homes que entraron a cachón dentro do partido sen ter militado antes no falanxismo.
Por un lado, o nacionalsindicalismo éralles alleo, hostil, incomprensible ou indiferente. Porén, estaban dentro do mesmo
para «satisfacer os seus intereses»: fosen económicos, culturais, de promoción laboral, etc. Do mesmo xeito, pertencer ao
Movemento era signo de compromiso coa ditadura. Para o caso de Valencia estudado por GINÉS I SÀNCHEZ, a lectura que
se dá da entrada de elementos alleos ao Movemento —neste caso, de elementos da burguesía valenciana—, é a de que entraron
por medo a ver que a xente que ascendera dentro do partido se lle adiantara en anos seguintes por contar co soporte do
Movemento. 317
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 1 al 15 de julio de 1940, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529.
205
realizaba uns «servicios de gran estima que han merecido justas felicitaciones»318
. Ese proceso
de ordenación de arquivos da secretaría do partido limitou a velocidade do proceso de
depuración; pero esta continuou imparable. O proceso de depuración realizouse xefatura local
por xefatura local; isto quere dicir que cumpría facerse cunha cantidade de «información
detallada» sobre todos os afiliados, para desa maneira, depurar efectivamente. A tarefa de
depuración foi tan intensiva e exclusiva, que detivo outros procedementos dentro do partido.
Un deses procesos foi o de expedición de carnés novos para os ingresos recentes. Unha vez se
continuou na depuración, os novos carnés expedidos contaban con información detallada sobre
o afiliado. Todos aqueles carnés que foran expedidos e asinados, pero sen a debida información
que os apoiase, quedaron retidos ata que remataron as inspeccións319
.
Cando Casiano Costas se fixo co control da xefatura provincial de Ourense, atopouse
coa situación de que aínda non estaba en marcha o proceso depurativo. Por comezar, nin se
iniciara a depuración interna de xefes locais. En xullo de 1940, a tarefa depurativa da provincia
de Ourense iniciouse coa institución do Consello Provincial de depuración: un proceso que
non foi dun día para outro, pois Madrid tivo que aceptar os nomeamentos propostos para tan
importante órgano do Movemento. Con todo, hai que dicir que na provincial de Ourense o
proceso de depuración non foi asunto prioritario do día a día do partido ao que se lle dese
moita imporante. As xerarquías provinciais ourensás non lle deron moita importancia,
comezando polo Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento. Se en agosto de 1940 a
depuración de xefes locais e militantes estaba en marcha —engadindo o xefe provincial que se
encargou de dar «cuenta detallada a esa Nacional en su momento oportuno»—320
; as cousas
pareceron non ir moi ben co paso dos meses. Se se avanza nos meses da primeira posguerra,
en maio de 1941 Costas Posada informou a Madrid que no tema de depuración de militantes
pouca cousa se fixera, que todo o que fixera quedara reflectido nos informes mensuais
anteriores. A información que chegaba a Madrid dende a provincia de Ourense foi inaceptable
a todas luces para o alto mando de Madrid: o lector que se encargou de revisar o parte ourensán
dese mes, engadiu en lapis vermello unha nota na que dicía que iso era inadmisible de todo
punto: «no se puede permitir esto, porque en la labor de depuración debe hacerse algo nuevo
todos los meses»321
. A mensaxe á xerarquía de Ourense foi que non se podía deixar de costas
un tema tan importante para o partido, especialmente para a implantación da ditadura. Con un
ambiente como o que había en todas as provincias, as xerarquías dixéronlle a Ourense, que nun
contexto no que os inimigos políticos aproveitaron calquera debilidade para facerse notar e
denigrar a España e ao Movemento, o control dos que estaban dentro do Movemento foi
fundamental. E para levar a cabo a depuración cumpría contar cunha organización
administrativa ben engraxada.
No caso da provincial de Pontevedra, as visitas as xefaturas locais ao longo de todo o ano
de 1940 facilitaron unha idea xeral do estado do partido a nivel local. En palabras do xefe
318
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529. 319
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529. 320
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de agosto, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20520. 321
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de maio, xuño de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
206
Francisco Rodríguez Acosta, o Movemento pontevedrés estaba nun «completo abandono»322
.
Onde foi imparable o proceso depurativo foi na provincial de Lugo, que seguiu de maneira
constante o camiño da depuración interna: xa dende febreiro de 1940 o proceso estivo en
marcha e foi efectivo. Combinando as inspeccións ás locais para controlar as xerarquías coa
revisión dos ficheiros persoais desas mesmas locais, o proceso levaba, ata xuño de 1940, un total
de 36 expedientes de depuración de militantes, dos cales 32 foran pechados ese mesmo ano de
1939. Que a provincial de Lugo se tomou en serio todo o proceso de depuración quedou
reflectido no detalle que sobre este procedemento daban nos partes mensuais enviados a
Madrid. Ningunha outra provincial especificou o número de depurados aos que se lle iniciou
expediente, se lles pechou o procedemento ou foron expulsados de maneira definitiva do
partido.
Ademais da depuración, a necesidade de encadrar a todos os afiliados actualizando e
organizando os ficheiros internos foi tamén un proceso máis que necesario. O correcto arquivo
dos datos fundamentouse en que nalgunhas provinciais como a coruñesa houbo unha «total
[falta de] control del afiliado». Segundo Vilallonga, o militante coruñés, sometido dende o inicio
da ditadura ao esquecemento por parte das xerarquías provinciais, estaba sumido nunha
situación anímica de «cansancio, falta de espíritu que relaja la disciplina y la moral de la
Organización». Os afiliados non estaban interesados polo partido nin polo que este facía para
fomentar o espírito nacionalsindicalista. Fíxose
«[...] absolutamente necesario conseguir se interesen por la labor que se desarrolla, atraerlos y
ocuparlos en necesidades de vital importancia, política municipal y de abastos, etc. Por un lado
continuar la labor de atracción y no descansar en la depuración por el otro».
Estaba claro que o partido contaba con moi poucos militantes activos e implicados no
funcionamento do mesmo. Incluso se admitiu que aqueles que estaban afiliados pero que eran
absolutamente alleos ao funcionamento do mesmo, estaban dentro «porque el carnet de
Militante evita el salvoconducto»323
. A escaseza e desmoralización do militante coruñés foi tal,
que o panorama era desolador no Movemento da provincia. Os militantes de FET de las JONS
estaban tan decaídos que foron moi poucos os afiliados que segundo Vilallonga «conservan su
espíritu y deseo de colaboración»; apupados polo «ambiente general que cuando no es
francamente contrario, es hostil al partido». O espírito falanxista non se levantou nin coas
conmemoracións falanxistas que se realizaban ao longo do ano324
.
Por iso a depuración requiriu tempo e, sobre todo, persoal e diñeiro co que pagarlle o
seu traballo. O partido viviu, economicamente falando, ao límite das súas posibilidades; foi
complexa e ardua a tarefa de conseguir partidas económicas novas para por en marcha servizos
especializados en tarefas específicas. A depuración, unha labor tan apurada dende Madrid para
conseguir a definitiva implantación do Movemento en Galicia, foi unha desas tarefas específicas
que requiriron dedicación e constancia. Para que non sucedese o que sucedeu en Ourense —a
completa parálise na tarefa depuradora—, algunhas provinciais víronse na necesidade de propor
a idea de crear un corpo específico de inspección para a depuración do partido. Unha desas
322
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 323
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de outubro, novembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 324
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
207
provincias foi Lugo. Segundo o xefe provincial Ferreiro, houbo unha «necesidad» de que as
inspeccións ás locais se realizasen con maior frecuencia e coa «detención necesaria para que
rindan la eficacia que con ellas se persigue». Para conseguir esa eficacia, cumpriu nomear a
membros do partido que se dedicasen a esa tarefa de maneira exclusiva, sen outras ocupacións
orgánicas e políticas. Os postos de inspector provincial deberían estar «decorosamente
retribuidos», para que así o traballo se fixese con máis delicadeza e vontade de lograr un
obxectivo. O «obxectivo de extraordinaria importancia» que foi conseguir a depuración do
partido constituíuse en esencial para o bo funcionamento do Movemento325
. Tamén a provincial
da Coruña suxeriu a Madrid o nomeamento dun corpo especial de depuradores provinciais.
Estes facilitarían que o traballo fose máis rápido e eficaz. Só foi necesario que a Secretaría Xeral
do Movemento enviase máis diñeiro para remunerar aos inspectores cun salario acorde a súa
posición e a importancia da súa tarefa326
.
4.3.2.4 Cuestións sobre a orde pública en Galicia
Resulta curioso ver como aos gobernadores civís se lles fixo máis complicado o seu
traballo. De ter unha única preocupación como foi a provincia e o seu funcionamento —tarefa
xa de por si complexa e dura—, houbo que engadir o manexo dun partido que estaba sementado
de vinganzas, rancores, liortas persoais, envexas e gañas de acadar o maior poder posible. A
suposta tranquilidade política interna e externa que debeu ter chegado coa unión dos cargos
non apareceu en ningún momento neses primeiros meses dos anos 40 en Galicia. Os
gobernadores tiveron entre mans preocupacións sociais moi importantes como para ter que
estar sempre pendentes da indócil Falanxe.
Un deses asuntos sociais foi a orde pública da provincia que os gobernadores civís
comentaban a Madrid por medio de partes mensuais sobre «la situación de orden público en
los distintos municipios de la provincia de Lugo». No caso de Galicia consérvanse unicamente
os informes emitidos pola provincial do Movemento. Eses informes, detallados nos 64
municipios que conforman a provincia, recolleron diversos aspectos sobre a orde pública: unha
información sobre os fuxidos do municipio; unha relación de partidas que «merodeaban el
término municipal»; información sobre aquelas persoas ou familias das que «se sospecha
protección a huidos»; unha relación sobre os atracos, asasinatos e calquera outro feito delituoso
que se tivera producido no termo; indicacións sobre persoas «a quienes se supone amenazadas»;
unha idea xeral sobre a situación da orde pública e unha información sobre «camaradas que se
proponen para ser armados».
O máis interesante da análise dos mesmos é ver a situación xeral que o Gobernador Civil
Ramón Ferreiro referiu para o parte que informaba sobre a orde pública do mes de febreiro de
1941. Dúas cousas poñían en risco a estabilidade da orde pública: os fuxidos e os problemas
325
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533. 326
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
208
para abastecer as poboacións. Para abordar o primeiro tema, víase necesario coordinar as forzas
dos municipios afectados ata conseguir neutralizar os elementos rebeldes. Os fuxidos
provocaron nos municipios situacións de «anormalidad». Nalgúns municipios como o de
Carballedo, actuaron «partidas armadas» de Lugo e de Ourense. O concello carecía de posto
de Garda Civil, polo que o xefe provincial propuxo a organización dunha milicia armada de
FET de las JONS. En municipios coma Cervantes, a situación foi cualificada como de terrible.
Foi un municipio onde se
«expandió notablemente la propaganda de odios y rencores sembrada por los que fueron
dirigentes marxistas, elevándose la tiranía y la persecución contra todo lo significativo del
espíritu religioso a límites insospechados, cual se ha reflejado por la quema de varias
iglesias y persecuciones de sacerdotes y personas de orden».
Segundo Ferreiro, Movemento Nacional chegara para modificar iso; pero co paso dos
meses continuaba a notarse un movemento de acción política «solapada de elementos
disolventes» apoiados por caciques da Fronte Popular. Aquí dise que eses mesmos elementos
frontepopulistas estaban fortemente relacionados coas autoridades provinciais do momento, o
que provocou que estivesen nunha situación de forza respecto das forzas de Falanxe. Ferreiro
explicoulle ás autoridades de Madrid que eses individuos fomentaron entre os lucenses o
«desprestigio de la Falange y la encubierta persecución de los que en las horas difíciles
mantuvieron el orden y restablecieron la paz». Esa situación de amparo aos rojos, facilitou que
estes actuasen por medio de roubos e saqueos nas vilas, especialmente en Cervantes327
. A
situación de inestabilidade na orde pública mantívose en meses seguintes.
No informe do mes de abril de 1941 destacouse a intensísima actividade de fuxidos
políticos, partidas de guerrilleiros, persoas e familias consideradas polo seu suposto apoio aos
fuxidos e persoas a quen se supoñía que estaban ameazadas. Aquela «propaganda de odios»
descrita por Ferreiro desembocara na etapa da Fronte Popular na persecución daqueles
elementos que eran indicativos do «espíritu religioso»: queima de igrexas e persecución de curas
e de «personas de orden». A situación de tensión e ameazas constantes pareceu solucionarse
coa chegada do Movemento Nacional, que impuxera unha «política de prudentes sanciones, de
restablecimiento de la justicia y del reconocimiento del prestigio de los elementos de orden del
municipio».
Con todo, os elementos subversivos continuaron difundindo os seus ideais «apoyados,
al parecer, por antiguos caciques y por dirigentes del Frente Popular que non han sido
castigados». Estes elementos continuaron funcionando porque as autoridades provinciais
anteriores non fixeran nada para detelos; e foron os elementos que desprestixiaron a FET de
las JONS. En Cervantes, segundo o xefe local do Movemento, ningún elemento da Fronte
Popular fora castigado polas autoridades. O testemuño do xefe local de Cervantes afirmaba
directamente que non se puido actuar contra os elementos de esquerda cando os que se
encargaron da información estiveron relacionados coas fillas dos principais actores da Fronte
Popular cervantina. Esa idea incrustada no imaxinario colectivo do Movemento galego de que
327
Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en febreiro de 1941, 13 de marzo de 1941,
AGA, SGM, DNP, 51/20533.
209
os inimigos estaban introducidos no mesmo partido, e que ese suposto se converteu na principal
traba do avance do partido na Administración e na política pretendeu combaterse con ideas
variadas. Unha delas foi a renovación das comisións xestoras municipais buscando enchelas do
que Ferreiro denominou «auténticos falangistas»; sempre coa vista posta na unificación do cargo
de Alcalde e de xefe local do Movemento, «pues así sería más certera y eficaz la orientación de
la autoridad gubernativa en el estilo Nacional-sindicalista»328
.
4.3.2.5 Os abastecementos provinciais
Cómpre reflexionar o porqué desa aversión social a FET de las JONS tan repetida en
todas as informacións. Os gobernadores civís, incluso no momento en que se converteron en
xefes provinciais do Movemento, adoptaron sempre unha postura comedida respecto ao
partido. Unha cousa foi a participación en actos de masas —por moi pequenos que foran—, e
outra a obriga de comungar con todo o que o partido propuña para o funcionamento da
provincia e dos seus concellos. Esa aversión social ao Movemento non proviña unicamente da
mentalidade dos galegos; tivo tamén que ver cunha parte do corpo situada máis abaixo da
cabeza. O ser humano, para poder traballar e pensar, necesita aportes externos de enerxía:
proteínas, azucres, graxas animais e vexetais. O contexto da primeira posguerra non facilitou o
acceso a esa achega enerxética. O ser humano pensa coa cabeza; pero cando á cabeza lle falta
enerxía para traballar, a capacidade de raciocinio pasa ao bandullo. Os abastecementos de
produtos básicos alimentarios —os abastos, como preferiron chamarlle as autoridades da
ditadura—, estiveron regulados polas autoridades provinciais, seguindo instrucións que
emanaron dende Madrid. Nun principio, o abastecemento realizouse para asegurar as
provisións militares durante a guerra civil; pero grazas a que as zonas controladas polos
sublevados foron produtoras de alimentos, a circulación de produtos mantívose regularmente:
alimentar correctamente a poboación foi unha maneira de tela controlada e sometida. Con todo,
os prezos dos produtos non puideron deixar de sufrir un aumento ao longo dos anos da guerra
civil, chegando a subir un 37,5% nos tres anos que durou o conflito.329
Despois de xullo de 1939,
os gobernadores civís encargáronse de fixar os prezos dos produtos racionados; e foi nese punto
onde atoparon o primeiro problema: resultou imposible manter os prezos, por moitas circulares
que se emitisen, debido a que os produtos escasearon e os produtores preferiron acceder ao
mercado negro para obter maiores beneficios. A imaxe das provincias recollida nos partes
mensuais foi moi distinta dependendo da pregunta que se estivese a contestar. A aversión social
dos galegos cara o partido tivo que ver máis coa escaseza de alimentos que coa escaseza de
doutrina nacionalsindicalista ou a influencia dos sempre socorridos caciques locais.
328
Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en abril de 1941, 6 de maio de 1941, AGA,
SGM, DNP, 51/20555 329
O aumento dos prezos foi do 7% nos meses finais de 1936 —xa en plena guerra civil—; ascensión que continuou
no ano 1937 cun 12,7% e que culminou no ano 1938 cun 14% de subida. Iso da coma resultado a porcentaxe de subida dos
prezos, estimada no seu momento por BRICALL, J.M. (1986): “La economía española (1936-1939)”, en TUÑÓN DE LARA,
MANUEL (coord.): La Guerra Civil española 50 años después, Barcelona, Labor, 361-467: 393.
210
4.3.2.5.1 O marco institucional do sistema de abastecementos
Para intentar controlar o mercado de abastecementos, a ditadura comezou a crear unha
arañeira de administracións que deberon facerse co control dos prezos e denunciar todas as
irregularidades que se producisen. As primeiras institucións foron as Xuntas provinciais de
abastos, presididas polo Gobernador Civil de cada provincia: encargáronse de fixar os prezos
dos produtos intervidos e de distribuílos; ademais, contaron co soporte fiscalizador de FET de
las JONS, tarefa que lles fora encomendada a través do decreto de Unificación330
. O obxectivo
fundamental foi controlar os prezos dos produtos básicos, que aumentaron constantemente co
paso do tempo. Como as Xuntas de abastos non o lograron, creáronse ao seu carón as Xuntas
provinciais de prezos, unha especie de organismo taxador que traballou para conseguir que os
prezos volvesen ao nivel de xullo de 1936. Non foi unicamente esa a súa preocupación exclusiva:
a orde que creaba as Xuntas provinciais de prezos abriu o camiño á colaboración cidadá para
denunciar todas aquelas irregularidades que se atopasen na súa vida diaria. As Xuntas de prezos
chegaron, en palabras da lei, para
«[...] dar la máxima eficacia a dichas disposiciones [as que xa existían sobre abastecementos],
ofrecer las mayores garantías a los consumidores y facilitar su colaboración en el poder público
para el esclarecimiento de los casos de infracción, corrigiéndolos debidamente».
Cando o cidadán foi necesario, as autoridades non dubidaron nin un instante en contar
con el e coa súa experiencia vital na dura tarefa de adquirir mantenzas. Para facilitarlle o traballo
aos españois, en cada Goberno Civil instituíuse unha oficina para recoller as denuncias que se
presentasen; denuncias que serían tramitadas dunha maneira «completamente gratuíta». Esas
Xuntas de prezos estiveron presididas polo Gobernador Civil da provincia, que se acompañou
de representantes con intereses variados: un vogal do goberno militar provincial; outro de
Facenda; outro vogal da Xunta de abastos; outro da Cámara de Comercio provincial; outro
vogal da Xunta reguladora de importación e exportación, e outro vogal de FET de las JONS.
Como a cuestión dos prezos foi tan importante e fundamental para a implantación da ditadura,
os gobernadores civís deberon responder das súas accións unicamente ante o Gobernador Xeral
do Estado. E cando esta xerarquía desapareceu, responderon ante o Ministerio de
Gobernación331.
A data na que naceu esa primeira disposición reguladora non é algo que deba quedar á
marxe: outubro de 1937. A guerra civil continuaba no territorio peninsular e a situación interna
volveuse cada vez máis difícil. Para os sublevados, a conquista de terreo aos republicanos non
supuxo unha mellora da súa alimentación, máis ben todo o contrario. A retagarda —onde Galicia
xogou un papel fundamental na subministración de alimentos aos exércitos sublevados e á
poboación—, chegou a unha situación na que se descubriu a incapacidade de abastecer con
regularidade a poboación, pois o primordial foi alimentar aos soldados da fronte. En vista de
que os prezos continuaron a súa escalada sen deterse, as autoridades sublevadas decidiron
330
A orixe das Xuntas provinciais de Abastos sitúaa GUERRA PALMERO, R.A. (2006): p. 34 nunha Orde do Goberno
Xeral dos sublevados, que foi aplicada en febreiro de 1937 no territorio estudado. 331
As citas anteriores corresponden á Orde do 13 de outubro de 1937 pola que se crean as Xuntas provinciais de
Prezos, no BOE, 15 de outubro de 1937, 360: 3850-3851.
211
acometer unha nova organización do sistema de abastecementos. En febreiro de 1938
instituíuse o Servizo Nacional de Abastecementos e Transportes, cunha única misión: favorecer
unha «sana política de subsistencias». O primeiro que fixou o decreto que creou o SNA foi
definir que eran as subsistencias. A definición foi a seguinte:
«[...] los productos alimenticios de primera necesidad y especialmente los cereales y sus harinas,
las legumbres y las suyas, los tubérculos y las frutas y hortalizas, el pan, las carnes frescas y saladas,
los pescados y sus salazones, los huevos, la leche y sus derivados, los aceites y mantecas, el
azúcar, el vino, la sal y las conservas alimenticias de todo género».
O decreto aplicouse a produtos de consumo de «uso indispensable», tales coma os
«combustibles para uso doméstico», os medicamentos, as roupas e o calzado, «las velas y bujías
esteáricas, los jabones y las lejías». Por medio dese decreto que creaba a SNA, as Xuntas de
prezos desapareceron, quedando coas súas competencias as Xuntas de abastos, se someteron á
Xunta central de abastecementos. O Gobernador Civil continuou a ser o presidente da Xunta
de abastos, debéndose preocupar de «manera especialísima» de abastecer correctamente a todas
aquelas poboacións que fosen caendo nas mans das tropas sublevadas. Onde xa existían
institucións sublevadas, a misión non puido ser outra que evitar que a poboación lle faltase
alimento e vestido332
.
O mes de maio de 1939 marcou o seguinte paso no intento de coordinar e controlar os
prezos das subsistencias na xa nacida España ditatorial. Nese mes de maio instituíuse a que se
converteu na principal crebadura de cabeza para o Gobernador Civil, o Movemento e a
poboación civil ata 1952: a Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes (CGAT —máis
usualmente coñecida coma CAT), unha comisaría dependente do Ministerio de Industria e
Comercio que quedou con todas as competencias da SNA. A creación da CAT eliminou as
xuntas de abastos e creou as delegacións provinciais de abastecementos e transportes333. Os
asuntos que quedaron baixo a xurisdición da nova comisaría non foron unicamente os
abastecementos: o transporte de mercadorías pasou a ser a peza clave de toda a distribución. O
control deste aspecto realizouse por medio das denominadas guías de transporte; un documento
que determinou unha especie de sistema de rastrexo do transporte dos bens de consumo: de
onde procederon, a onde foron, por que estradas deberon pasar, onde deberon parar, quen foi
o responsable do transporte, etc. As guías eran as autorizacións da CAT para que as mercadorías
puidesen ir dun lado a outro do estado, se fose necesario. Estes documentos foron expedidos
polas delegacións provinciais, presididas polo Gobernador Civil da provincia como delegado
provincial. O gobernador contou co apoio —en función de delegados locais—, dos alcaldes da
provincia, que se encargaron de controlar o réxime de abastecementos nos seus respectivos
332
O SNA aparece citado por primeira vez na Lei de 30 de xaneiro de 1938 que organizaba a Administración central
do Estado. Días despois decretouse a súa organización e funcionamento no BOE, 18 de febreiro de 1938, 485: 5835-5836;
e a súa dependencia do Ministerio do Interior na Lei publicada no BOE, 31 de marzo de 1938, 526: 6514. 333
A CAT seguiu un modelo de acción baseado na organización militar. CAZORLA, A. (2005): 79-81 describiu que
o Exército foi o encargado de realizar, en 1940, un estudo sobre os alimentos en España e sobre a necesidade dos mesmos
entre a poboación española. O panorama que debuxou o informe citado por CAZORLA, demostrou entre as xerarquías do
Estado a situación de penuria económica que se estaba a vivir na España de pos-guerra. O informe, ademais, describiu as
dificultades dos españois para poder acceder aos alimentos; mostrando un país asolagado polas enfermidades relacionadas
cos déficits alimentarios. Por iso a CAT, nacida para reverter canto antes a situación de falta de alimentos, someteu todos os
produtos esenciais a regulación de presos. Esa mesma regulación foi o caldo de cultivo para a formación de redes corruptas
que trataron de controlar a expedición de guías de transporte, de fixación de cotas de reparto, etc.
212
concellos. O outro sustento do sistema foi o Movemento a través da Central Nacionalsindicalista
(CNS), que debería achegar ás delegacións todos os seus servizos, sendo o máis importante e
destacado a denuncia das irregularidades334
.
A aparición da CAT abriu o camiño para a aparición na vida dos galegos de dous
elementos que se converteron en clave para a súa subsistencia: o racionamento e as cartillas de
racionamento. O Ministerio de Industria e Comercio estableceu os produtos que deberon
someterse a racionamento. Cada familia debería contar con dúas cartillas que servirían para
diferentes produtos: unha para a carne e outra para o resto de produtos. A cartilla estaría a
nome do cabeza de familia; detallaría o domicilio no que residía, o número, idade e sexo dos
integrantes da unidade familiar e o comercio no que mercaba asiduamente a familia —a orde
expresou que o establecemento no que se realizaba a compra fose sempre o mesmo, para evitar
problemas na posterior recollida dos comprobantes das tendas. As delegacións de
abastecementos deberon anunciar con suficiente antelación os días nos que se abastecerían os
diferentes produtos sometidos a este réxime. Así mesmo, e dependendo da cantidade da que
dispuxese a provincia, deberíanse fixar tamén as cantidades de produto por persoa335
.
Controlar o abastecemento desta maneira implicou a adopción de medidas específicas
para controlar o denominado «acaparamiento de mercancías, retención de productos fabricados
y elevación abusiva de precios». A nova lei chamouse desa maneira, e encabezouse por un
preámbulo onde se recolleu a finalidade da mesma. Nel dicíase que a «iniciación da postguerra»
traía consigo unha natural «escasez y dificultades en la distribución de productos». Esa natural
falta de alimentos deberíase, segundo a idea transmitida polos lexisladores da ditadura, en gran
medida á «conducta antihumana de los dirigentes rojos» que, por tras da súa suposta vontade
de defender ao pobo «ordenaron cegar toda fuente de riqueza y abandonaron, por imperio de
la anarquía en que se debatían las labores en campos y fábricas». Estas circunstancias terían
favorecido o acaparamento de «gentes a quienes guía el egoísmo»; ou o que podía ser peor, o
«más criminal propósito de entorpecer la marcha normal de nuestra economía». O
acaparamento estaba penado con presidio maior e multa do dobre ao quíntuplo do valor da
mercadoría confiscada. Se se acapararon alimentos, vestidos ou obxectos de primeira
necesidade, a pena de cárcere maior sumaría o quíntuplo ou décuplo do valor do confiscado.
O peor quedou para quen tivese a vontade de alterar a economía do Estado: reclusión con pena
maior ou a posibilidade de ser condenado a morte. Esta lei apareceu en novembro de 1939, xa
334
O Decreto de 28 de abril de 1939 no BOE, 1 de maio de 1939, 121: 2357-2359 institucionalizou e organizou o
funcionamento interno da CAT. O papel da CNS quedou definido por este Decreto. A CNS encadrouse dentro das
institución creadas polo Movemento para aumentar a intervención económica e o encadramento de militantes. Outras
delegacións coma a Organización Xuvenil, a Sección Feminina, o Auxilio Social ou o SEU, articuláronse coma elementos
organizativos, proselitistas e coercitivos cara unha poboación que aínda non estaba encadrada en masa dentro de FET de las
JONS. 335
Orde de 14 de maio de 1939 pola que se estableceu o réxime de racionamento dos alimentos no denominado
«territorio nacional» de determinados produtos alimenticios fixados polo Ministerio de Industria e Comercio no BOE, 17
de maio de 1939, 137: 2691-2692.
213
coa guerra civil acabada. Todos os delitos recollidos na lei, deberían ser xulgados en tribunais
militares336
.
Xa entrados nos anos 40, comezaron a adoptarse medidas para afinar o sistema de
réxime dos abastecementos. En outubro de 1940 publicouse a lei que regulou o funcionamento
da Fiscalía de Taxas. Os graves problemas que crearon os delitos contra o abastecemento
necesitaron un corpo especial de xustiza que se especializase en perseguilos e condenalos. En
cada provincia creouse unha Fiscalía especializada que debeu velar porque se cumprise o
réxime de taxas; que debería perseguir a venda clandestina e que debería poñer a disposición
dos cidadáns oficinas onde se puidesen realizar as denuncias. O fiscal provincial estivo obrigado
a informar de todos os casos ao Gobernador Civil, como responsable máximo do réxime de
abastecementos provincial. Así mesmo, FET de las JONS debería colaborar en todo o que o
fiscal provincial lle solicitase337. Finalmente, en xuño de 1941, a CAT viuse sometida a unha
reorganización froito do considerado «reposo y meditado estudio» por parte das autoridades.
O citado proceso de análise da situación concluíu cunha reflexión das autoridades da ditadura
na que descubriron que os culpables de que as medidas dispostas polo goberno non se
cumprisen foron os produtores españois:
«La escasa proporción entre la realidad de las cosechas y los recursos entregados a los
Organismos correspondientes, pone de manifiesto que, pese a las medidas del Gobierno, el
egoísmo de muchos de los productores e intermediarios hace no se preste la colaboración
necesaria para salvar la crisis de alimentación que la realidad impone, olvidando sus más
elementales deberes como españoles».
Para as autoridades da ditadura, a culpa de que todo o sistema fallase foi dos produtores,
que foron cualificados como uns desconsiderados e uns avariciosos, que non fixeron máis que
mirar polo seu interese e medre persoal. O goberno descargou neles a súa incapacidade para
acceder aos mercados estranxeiros para comprar produtos debido ao elevado déficit que
arrastraba dende o seu nacemento. A reestruturación planeada para a CAT comezou por liberar
aos gobernadores civís das tarefas «minuciosas de la recogida de cosecha y obtención de los
recursos». Dende ese momento, a cuestión da recollida de información encomendóuselles as
zonas de abastecemento: unidades provinciais que realizaron as compras e requisas de produtos
para distribuír nas provincias. O abastecemento quedou conformado polo resultado da suma
de tres factores: obtención de recursos, distribución e consumo dos mesmos entre a
poboación338. Algunhas veces, como sucedeu en novembro de 1940, algúns produtos deberon
someterse a un réxime especial pola complicación no subministro de materias primas; tal foi o
caso do pan. A mala colleita dese ano obrigou a adoptar unha nova cartilla de racionamento a
maiores das outras dúas existentes. Nese momento, establecéronse tres tipos de familias: «alta,
media y humilde». Tamén se fixaron catro tipos de cidades dependendo do número de
336
Lei de 26 de outubro de 1939, denominada de sancións por acaparamento de mercadorías, retención de produtos
fabricados e elevación abusiva de presos, ou máis coñecida coma a Lei contra o contrabando, no BOE, 3 de novembro de
1939, 307: 6175-6177. 337
Lei de 30 de setembro de 1940 pola que se creou a Fiscalía de Taxas e todos os organismos provinciais
dependentes dela no BOE, 3 de outubro de 1940, 277: 6851-6854. 338
As citas anteriores corresponden á Lei de 24 de xuño de 1941 pola que se reorganizaba a CAT no BOE, 27 de
xuño de 1941, 178: 4706-4713.
214
habitantes e do seu nivel de vida, elemento que determinou a cantidade total de pan que
recibiría cada familia: A Coruña situouse entre as cidades de 2ª clase, con outras como Valencia,
Cádiz, Valladolid ou Zaragoza; o resto de cidades galegas estiveron entre as cidades de 3ª clase,
con todos os municipios con máis de 10000 habitantes. Os repartimentos decidíronos unhas
mesas de reparto que estiveron presididas polo Alcalde do concello, e onde se situou un
representante de FET de las JONS, outro da CNS e un funcionario municipal que actuou en
calidade secretario. Segundo as autoridades da ditadura, a situación na que vivía España obrigou
a
«[...] dictar medidas restrictivas que han de imponer un nuevo sacrificio, que los españoles
sabrán comprender animados del espíritu patriótico, demostrado en tantas ocasiones desde la
iniciación de nuestro Glorioso Alzamiento».
Tantos sacrificios constituíronse nunha auténtica preocupación para as autoridades e a
poboación. Os galegos víronse sometidos a privacións alimenticias case imposibles de imaxinar
nunha rexión produtora de case todas as materias primas de alimentación. Segundo para os
gobernadores civís e para o Movemento, que tiveron que ver como a poboación, ante as
constantes restricións de alimentos e produtos básicos, ameazou con provocar disturbios en
calquera momento339
.
4.3.2.5.2 A preocupación de FET de las JONS polos abastecementos: ausencia de alimentos e temor
aos levantamentos cidadáns
A cuestión dos abastecementos foi unha das principais preocupacións dos gobernadores
civís galegos. En xuño de 1940, o Gobernador Civil da Coruña, Emilio Aspe Vaamonde,
decidiuse a poñer orde na organización do Movemento que se encargaba de controlar os prezos
e a distribución dos alimentos: a CNS. O Gobernador Civil organizou dentro da CNS unha
rama que se encargou do control do mercado dos produtos para «evitar infracciones de las
tasas»340
. Na provincia de Lugo, polas mesmas datas, o abastecemento provincial estaba
completamente des-regularizado. Os comerciantes carecían dun marco administrativo que os
obrigase a responder ante os «principios de honradez y de equidad» aos que se deberían someter
por, segundo o Gobernador Civil de Lugo, sentido común. Con un partido que non puido facer
máis que informar e denunciar as irregularidades, producíronse problemas dende o final da
guerra civil para abastecer a poboación cos produtos fundamentais341
. Na provincia de Ourense
339
As citas anteriores extráense da Orde de 15 de novembro de 1940 que estableceu as restricións no subministro
de pan, no BOE, 19 de novembro de 1940, 324: 7964-7967. 340
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529. A CNS foi o principal mecanismo de intervención económico e de control do movemento obreiro. Cunha
estrutura fortemente cambiante e corrupta, tivo como finalidade o obxectivo de paliar a falta de produtos básicos nos
momentos máis críticos de falta de abastecementos. En provincias coma Valencia e Castelló, a simbiose descrita por GINÉS
I SÀNCHEZ (2010): p. 95 entre os produtores de laranxas —grandes potentados provinciais— e as autoridades ditatoriais
culminou coa instauración do sindicato da Laranxa e o tamén importante sindicato do Arroz. Nas súas mans quedou, non
só o abastecemento do Levante español, tamén o de diversas rexións de España que dependían dos produtos alí cultivados. 341
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 15 al 29 de junio, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
215
existiu en xullo de 1940 unha «total carencia» de produtos básicos, ao que houbo que sumarlle
a imposibilidade de transportar e distribuír que había debido á «falta de un camión», pois a
furgoneta coa que contaban non foi suficiente para o abastecemento dunha provincia como
Ourense onde o ferrocarril non chegaba a todos os sitios. A función do Movemento no ámbito
dos abastecementos e dos transportes limitouse a informar á CAT, co obxectivo de poñer as
sancións correspondentes a quen o merecese. Pero Casiano Costas Posada apuntou que esa
tarefa parecía ser un pouco infrutuosa, pois as xerarquías encargadas de amoestar tiveron entre
os cidadáns «escasa autoridad»342
. Esa sensación de derrota entre os cadros de FET de las JONS
marcou todo o devir da evolución dos abastecementos en Galicia
A) A FALTA E A ADULTERACIÓN DE ALIMENTOS NAS PROVINCIAS GALEGAS: UNHA POBOACIÓN QUE
QUERÍA PAN
A distribución dos alimentos non comezou ben nas provincias galegas. As autoridades
provinciais deberon facer fronte aos inconvenientes que se presentaron loitando contra o que
consideraron o problema principal para elas: o contrabando e o mercado negro dos alimentos
básicos. Foi unha constante nos primeiros meses da ditadura a falta de produtos fundamentais
na dieta dos galegos como o pan e a pataca; e outros nos que se puxo moita atención para que
non escaseasen, tal foi o caso da carne, á que se dedicou nas cidades coruñesas un organismo
da CNS especializado no seu control, coa «posibilidad de ser el que controle el de la provincia».
Polo tanto, o principal problema dos abastecementos, segundo un informe da provincial
coruñesa, «se reduce a la carencia» dos mesmos: de aceite, azucre, garavanzos, lentellas e outros
produtos similares; o que provocou a seguinte situación:
«Hay patata y alubia; muy caro tocino y unto. Con esto se puede preparar en casi todos los
establecimientos el “caldo gallego”. Con ello se soluciona el problema del hambre, pero no es
posible alternar con otros platos»343
.
Había fame, iso non o puideron negar as propias autoridades. Agora ben, as xerarquías
coruñesas comentaron a Madrid que, polo menos, os coruñeses puideron facer un bo caldo
aínda que o prezo do unto e do touciño non fora moi accesible. Os principais problemas para
o abastecemento da provincia estiveron no pan e na pataca. As autoridades provinciais galegas
preguntáronse como era posible que unha rexión produtora destes dous produtos —
especialmente do tubérculo— puidese carecer dos mesmos ata chegar ao extremo de poñer en
perigo a alimentación dos galegos. As explicacións que deron aquelas foron variadas. Debido
ás dúbidas xeradas entre as autoridades políticas e administrativas, non foron infrecuentes as
denuncias por alteración de produtos coma o pan.
A xefatura provincial pontevedresa encargou en setembro de 1939 unha análise do trigo
e do pan que se subministraba na cidade de Vigo, debido a concorrencia de moitas denuncias
que se referían á baixa calidade deses dous produtos. Ante esta eventualidade, a delegación de
342
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 343
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940, xuño de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529.
216
Información e Investigación comprou «dos barras de dicho pan y [las entregó] a un laboratorio
de análisis». O estudo das barras de pan por parte do farmacéutico, médico e bacteriólogo
Ricardo Landa y Sanmiguel, deu coma resultado que as barras de pan estaban compostas por
un millo inzado de dous insectos: o gurgullo e a lucita, que destruían os grans converténdoos en
materia tóxica para os humanos. As barras de pan tamén estaban adulteradas pola
desproporción no uso da fariña de millo. En definitiva, as autoridades concluíron que o pan
non seguía as indicacións para a súa fabricación impostas polo Real Decreto de 22 de decembro
de 1908 e a Orde de 16 de agosto de 1939; polo que se concluíu que «puede considerarse las
expresadas barras de pan adulteradas y de ser fabricadas con el maíz antes mencionado, procede
a calificarlas como MALAS Y ALTAMENTE PELIGROSAS PARA LA
ALIMENTACIÓN»344
. Con todo, na provincia de Pontevedra, a industria do pan estaba
practicamente parada pola falta de fariña de calidade345
. Na Coruña o pan contaba con
dificultades na súa fabricación e na súa distribución. Segundo os primeiros informes da xefatura
provincial, había unha «carestía actual de pan en toda esta [provincia]», na que a cada coruñés
lle corresponderían 200 gramos do prezado produto básico346
. En Lugo, o abastecemento de
pan estaba racionado na capital provincial. O pan escaseou, polo que as autoridades provinciais
permitiron a súa venda en días alternos; mais a maior parte das veces foi necesario empregar a
cartilla de racionamento para conseguir a porción de cada persoa. Amais de ser escaso, a súa
calidade variou dependendo do día, sendo sempre fabricado cunha base de pan integral. Se a
iso se lle sumou o feito de que o pan da cidade de Lugo se fixo con fariña de «ínfima calidad»
debido ao «total aprovechamiento de todos los residuos» que se xeraban no proceso de moído
e refinado, obtívose o resultado xeral sobre o abastecemento do pan no ano 1940347
.
Grazas aos informes que as xefaturas locais enviaron ás provinciais sobre o asunto pódese
saber que os abastecementos pasaron a ser un problema que adquiriu unhas «extraordinarias
proporciones», segundo palabras dos gobernadores civís. En moitos lugares «resulta imposible
a las familias humildes la adquisición de los artículos de más imperiosa necesidad para su
sustento». Se o pan na provincia de Pontevedra se demostrou defectuoso, en Lugo non houbo
cereais suficientes para fabricalo; moita da produción quedou retida nos silos polos
denominados «labradores pudientes y perceptores de rentas». O pan foi perigoso en
Pontevedra, pero en Lugo non puido selo porque non houbo fariña para producilo. A fariña
no mercado negro marcou prezos de entre 40 e 60 pesetas o saco estándar de 13 quilos; e a
fariña de centeo entre as 30 e 40 pesetas para o saco do mesmo peso. Produtos como o millo,
a avea, as patacas, as fabas, o xamón e o touciño acadaron «precios nunca soñados». O
subministro de aceite, azucre, bacallau e arroz foi irregular. O xefe provincial de Lugo, no
momento de escribir o seu informe mensual sobre este asunto, non deixou pasar a
344
As citas proceden de Acompaña análisis demostrativo de que el pán [sic] que se consume en Vigo está preparado
con harinas peligrosas para la alimentación, AGA, SGM, DNP, 51/20513. O Real Decreto citado é de 15 de decembro de
1908, publicado na Gaceta de Madrid, 22 de decembro de 1908, 358: 1182-1186, polo que se ditaron normas para evitar a
fraude en determinados produtos alimenticios. A Orde á que fai referencia o informe dátase de maneira incorrecta, pois é
do 27 de xullo de 1939, BOE, 30 de xullo de 1939, 211: 4120-4121. 345
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 346
Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 1 al 15 de julio de 1940, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20529. 347
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 1 al 15 de julio, xullo de 1940; Parte quincenal de la provincia de
Lugo del 15 al 31 de agosto, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
217
oportunidade de sinalar claramente aos que el considerou culpables do desaxuste no
abastecemento provincial:
«[...] pero aún [sic] así resulta que el egoísmo industrial se vale de todas las argucias para retener
en su poder estimables cantidades de estos artículos que luego vende ocultamente a razón de
diez y doce pesetas el kilo de azúcar, cinco el kilo de arroz, diez el de bacalao y doce y quince
pesetas el litro de aceite»348
.
A pataca foi o outro cabalo de batalla das autoridades da ditadura. O cultivo dese
tubérculo entrou en conflito co cultivo do outro problema para a ditadura: a escaseza de millo.
Foi este o exemplo da provincia da Coruña. A análise da produción realizada polos
gobernadores civís determinou que os agricultores deberon buscar dúas cousas nos seus
cultivos: o primeiro, o rendemento intrínseco do propio cultivo —sacar o maior número de
quilos por cada metro cadrado cultivado de terreo—; o segundo, o rendemento na venda do
produto no mercado —obter o maior número de beneficios pola venda dos produtos cultivados
despois de ser apañados. Na Coruña existiu unha escaseza na produción de pan que se viña
agravando fondamente dende finais do ano 1939. Segundo o xefe provincial do Movemento, a
situación foi debida a que os agricultores non sementaban nin moían trigo porque o prezo de
taxa do produto era absolutamente ruinoso para eles. Así, para evitar perder cartos, os
agricultores preferiron sementar patacas, que era un produto «infinitamente más remunerador».
A solución que atopou a provincial da Coruña para solucionar o problema foi subir o prezo de
taxa do trigo para así obter unha maior produción e solucionar o problema do pan na provincia.
Con esa decisión provocaron que a pataca pasase a ser un produto de libre mercado,
provocando o seu encarecemento no mercado. Que un produto encarecese tanto significou a
súa case desaparición das lacenas das familias galegas349
.
A situación dos abastecementos foi dramática nas catro provincias galegas. As
autoridades provinciais galegas informaron a Madrid que o abastecemento de produtos coma o
aceite, o azucre, a fariña, o arroz, os garavanzos, o bacallau, a pasta para sopa, o touciño, o
chocolate, as galletas, o café e o xabón fallaba na maior parte das vilas. Se ben nalgunhas
localidades houbera avances na subministración respecto de momentos anteriores, había
escaseza de cereais ao estar sometidos a unha clara venda clandestina na que se acadaban prezos
de entre 25 e 85 pesetas por dezaoito quilos de trigo; entre 20 e 25 pesetas por dezaoito quilos
de centeo e entre 20 e 40 pesetas por dezaoito quilos de millo350
. Co paso dos meses, a situación
continuou empeorando. En Ourense, o Gobernador Civil Casiano Costas Posada detallou,
directamente ás autoridades de Madrid, que a subministración de alimentos á provincia
volvérase peor. Como mostra o seguinte exemplo de febreiro de 1941: o azucre que lle
correspondería á provincia ourensá para os meses de novembro, decembro e xaneiro non
chegou a pesar de estar pagado e ter feitas «las peticiones de vagones para su transporte». Tamén
se retrasaron o arroz, o aceite e os garavanzos; mentres que a fariña e o xabón escasearon. Na
provincia ourensá a carne iniciou o seu racionamento neste mesmo mes. Establecéronse tres
tramos de acceso á mesma: unha primeira categoría á que corresponderían 80 gramos por
348
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533. 349
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de novembro, decembro de 1940; Parte mensual da provincia da
Coruña do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 350
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, novembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
218
persoa e día; unha segunda de 120 gramos e unha terceira de 200 gramos. Por esa razón os
repartimentos unicamente se puideron facer na capital provincial e nas vilas de maior tamaño.
Aínda así, algúns produtos melloraron na súa distribución. Tal foi o caso do chocolate —aberto
ao mercado fóra do sistema de racionamento—, e do bacallau —do que se conseguiran 150
toneladas para distribuír. O mercado negro foi o problema clave, especialmente no que se
referiu ao mercado da pataca da que a provincia foi produtora destacada para o conxunto de
Galicia e España. A pataca foi un produto regulado con finura porque as «zonas de mayor
producción han sido intervenidas para las necesidades de los Ejércitos de Tierra y Aire».
Co paso dos meses de 1941, apareceron as consideradas «circunstancias verdaderamente
críticas y calamitosas» que asolagaron a provincia de Ourense en todo o referido a
abastecementos alimentarios. O Gobernador Civil admitía que xa non había almacenados
produtos suficientes para o abastecemento da provincia. Non se puido, polo tanto, cumprir «las
perentorias necesidades que infinidad de pueblos enteros que reclaman con verdadera justicia
géneros con los que mitigar el hambre». A situación na provincia de Ourense foi
verdadeiramente crítica, en palabras do Gobernador Civil:
«Jamás hubo en periodo de tanta escasez como el actual siendo de advertir que no ha sido en
manera alguna, la negligencia o desinterés de los empleados de la Delegación de Abastos que
sienten directamente la responsabilidad del régimen en los momentos actuales».
Os prezos, o peche de fábricas subministradoras e os deficientes medios de transporte
foron, segundo o Movemento, os culpables da situación. Non había azucre —que non chegaba
a Galicia dende o mes de novembro—, non había legumes —chegando o feixón a acadar prezos
de entre 4 e 4,5 pesetas o quilo, sendo un cultivo moi propio da zona. Pero o problema seguiu
sendo a pataca; ou mellor dito, a ausencia de patacas. O prezo da pataca foi moi superior ao
prezo oficial.
Unha tendencia que tamén se viu no prezo do millo e do centeo. A ausencia de
cereais provocou o aumento do prezo e a carestía da fariña:
«Debido a la insuficiencia de harinas, solamente pudieron adjudicarse remesas a las plazas
indicadas en la distribución de jabón. Por las mezquinas entregas de este artículo ha tenido
últimamente esta provincia, es de preveer [sic] que solamente pueda seguir racionándose la
capital hasta fines del mes de Junio».
Os legumes continuaron faltando, estando a provincia de Ourense nunha situación
«crítica» no racionamento deste produto. A pataca iniciara a súa recollida temperá, pero os
prezos estaban polas nubes ademais de estar intervido351
. O lector en Madrid dun parte mensual
procedente de Ourense indicou a lapis que era fundamental interesarse por esta sección dos
abastecementos, pois «en relación con ella estará la eficacia de la labor que en orden a la
351
A xestión dos produtos intervidos foi levada a cabo polo Gobernador Civil. Dependendo das existencias, faltas e
aumentos no número de existencias, o gobernador fixaba o prezo, que se transmitía á poboación por medio da CAT. Que
o Gobernador Civil actuara a través da Comisaría, quitáballe de enriba o aparecer ante a sociedade coma o causante dos
elevados prezos, desprazando todo o peso sobre a propia Comisaría e os elementos de FET de las JONS. EIROA SAN
FRANCISCO, M. (1995): 53, para o caso de Málaga, describiu as diferentes maneiras nas que o gobernador e as autoridades
tentaron impedir os aumentos dos prezos e a especulación vinculada aos produtos. No programa de control de prezos
participaron o partido e os medios de comunicación provinciais, buscando que os comerciantes foran transparentes na
exposición dos prezos cara a clientela. De non cumprir o estipulado pola Comisaría, actuaría a Fiscalía de Taxas coa
imposición das multas.
219
corrección de los defectos que se apuntan pueda realizar nuestro enlace en la Comisaría
General»352
.
Na provincia da Coruña o problema principal para abastecer a poboación foi a falta de
pataca dende o inicio mesmo do ano 1941. O tubérculo aumentara extraordinariamente de
prezo dende que fora liberalizada a súa venda. Cando un produto pasaba ao mercado libre,
inmediatamente subía o seu prezo facendo que as familias o tiveran complicado para adquirilos
a prezo de taxa naqueles tramos da produción que quedaron regulados. Do mesmo xeito
ocorría cos ovos e coa carne de vaca. A isto houbo que sumar as carestías doutros produtos
como o bacallau salgado; os legumes; o arroz; as galletas; as graxas animais; a carne de porco; a
fariña; a manteiga; o millo ou o xabón353
. Unha situación similar produciuse na provincia de
Pontevedra, onde Rodríguez Acosta detallou extensamente os prezos que acadaron os produtos
ao longo do mes e fixo pequenas aclaracións sobre o funcionamento do reparto de produtos.
Quedou rexistrado que había diferenzas entre as poboacións na cantidade de produtos. Por
exemplo, non se repartía a mesma cantidade de aceite por persoa e semana en localidades rurais
da provincia que noutras como Vigo, Vilagarcía ou Pontevedra. Cando algún produto non foi
suficiente para repartir por toda a provincia, moitos concellos quedaron sen el. Tal foi o caso
do azucre en febreiro de 1941 do que se repartiron 250 gramos por persoa en 53 dos 64
concellos da provincia pontevedresa. Nas cidades, que tiñan unha necesidade maior e diferente
de alimentos ao estar concentrada unha maior cantidade de poboación, escaseou o leite, o
carbón, as patacas e os legumes «por haberse perdido en parte las cosechas debido a las
heladas». Tamén escaseaban o queixo, as manteigas e a carne de porco «cuyo consumo es
solamente el de la matanza particular». A falta de pataca en Pontevedra atribuíulla o Gobernador
Civil as xeadas que estragaran a planta, deixando a provincia completamente «desabastecida».
A frota pesqueira non tiña carbón, polo que non puido saír a faenar coa conseguinte escaseza
de peixe na dieta. O pan tamén continuou a ser un problema, xa que non houbo suficiente para
a provincia enteira ao escasear as fariñas. Aínda que nalgúns meses de 1941 a subministración
do pan se estabilizou chegando a toda a provincia, en realidade foi un «problema latente». Só
en xuño de 1941 a chegada dun buque cerealeiro con subministros de trigo mellorou a situación
«desfavorabilísima» que había na provincia de Pontevedra a finais de maio de 1941354
.
A comida faltáballe a poboación, e iso foi aproveitado por FET de las JONS para os seus
actos de proselitismo. O primeiro día do mes de outubro celebrábase o Dia da Vitoria. A parte
dos actos de exaltación de Franco e da vitoria sobre os republicanos, o acto que se realizou no
Gran Teatro da cidade de Lugo, culminou cun reparto de alimentos a «más de mil pobres» que
consistiu en 717 prendas, 100 quilos de azucre; 100 litros de aceite; 100 quilos de arroz; 100
quilos de xabón e 30 quilos de chocolate. Tamén se entregaron 10 cartillas de Seguro Total
cunha cota inicial de 100 pesetas a 5 nenos e 5 nenas «pobres» da Fronte de Xuventudes. No
352
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de marzo, abril de 1941; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de maio, xuño de 1941, AGA,
SGM, DNP, 51/20520. 353
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549. 354
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1941; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1941;
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de abril, maio de 1941; Parte mensual da provincia de Pontevedra do
mes de xuño, xullo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
220
resto de locais, as cartillas levaron 10 pesetas e repartíronse non menos de 10 por xefatura local.
Ao longo do mes continuouse repartindo alimentos entre «familias pobres»: 3.385 racións de
pan entre 3.347 familias; 288 botes de leite condensado entre 60 familias; 727 prendas entre
539 familias; 100 quilos de fabas, 10 de arroz, 100 de azucre, 100 de xabón, 30 de chocolate e
100 litros de aceite entre 40 familias. A beneficencia continuou nas semanas de Nadal cun
reparto de «aguinaldo» como o que se fixera no mes de outubro. Os «pobres» que fosen
identificados e seleccionados polas locais correspondentes recibiron 250 gramos de arroz; 125
de aceite; 125 de azucre; 100 de bacallau; 125 de figos e pasas e turrón. A entrega realizouse na
mañá do día de Noiteboa, cunhas 2.000 familias beneficiadas na capital e unhas 3.600 no resto
da provincia355
. Pero a beneficencia non resultou gratis para o partido; debeu conxugarse coa
dificultade dos abastecementos para o resto da poboación.
Nos meses de 1943, na provincia de Ourense notouse como o abastecemento mellorou
en todos aqueles alimentos que anteriormente atoparan problemas para ser distribuídos. Así, o
aceite; o azucre; o arroz; o café; o xabón ou o pan foron abastecidos «con normalidad» en toda
a provincia. Pero así como estes alimentos melloraron, outros comezaron a dar problemas: os
alimentos frescos. O peixe aínda non supuña un problema grave para o abastecemento
ourensán; cousa que non sucedeu coa carne, debido a que aos carniceiros non entregaron as
cotas que lles correspondían356
. En Pontevedra sucedeu unha cousa similar a Ourense, onde o
abastecemento era «bastante regular y completo en todos los artículos». Unicamente se notou a
escaseza de fariña, o que provocou que a moitos pobos non chegase a cota correspondente e
non se puidese producir pan fresco. A preocupación pola fariña de trigo continuou nos meses
seguintes, obrigando aos panadeiros a facer pan de fariña de millo. Aínda que en semanas
anteriores conseguira rebaixarse a mestura de fariña do pan do 50% a un 75% de millo e 25%
de fariña, perigou o abastecemento para a provincia en meses seguintes se non se traballaba na
mellora do abastecemento do trigo. O abastecemento do pan, por conseguinte, foi «insuficiente»
en toda a provincia pero, especialmente preocupante nas localidades máis pequenas onde os
repartimentos foron «muy escasos y poco frecuentes». Moitas localidades quedaran sen fariña
durante longas etapas; ata que se solucionou o problema en setembro de 1943 grazas a chegada
da fariña de Castela. Pero unha vez solucionado o problema da fariña apareceron dous novos:
o aceite e a pataca, «un elemento casi básico en esta provincia». A razón da carencia do tubérculo
estivo en que na provincia de Ourense a pataca fora atacada polo escaravello, sendo prohibida
a súa exportación. O problema do aceite puido solucionarse grazas á confiscación do produto
nas conserveiras da provincia: «el Gobernador se ha incautado de ellos y hasta ahora el
abastecimiento es completamente normal». Esta foi a solución para o aceite ata que chegou a
cota correspondente a Pontevedra dende Sevilla en decembro de 1943. Para a pataca, como
Ourense non puido exportar, decidiuse que Lugo subministrase o prezado tubérculo aos
pontevedreses. «Por lo demás [o abastecemento] sigue su ritmo normal con las dificultades
naturales»357
.
355
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, novembro de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de decembro, xaneiro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20615. 356
Parte de la provincia de Ourense mensual do mes de xaneiro, febreiro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20619. 357
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1943; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de maio, xuño de 1943; Parte
221
As autoridades luguesas gabáronse de que a provincia puido subministrar todo o que se
lle pedise grazas á «riqueza del campo característica de esta provincia»; o que facilitou que
«apenas si la dejan sentir otra necesidad importadora que la del pan». O pan sempre foi un
problema para as autoridades. Con todo, as colleitas de cereais de 1943 agardáronse boas: unha
colleita «bastante halagüeña». Mais a pataca, aínda que suficiente para abastecer a quen o
solicitase e que tivo un inicio no seu crecemento bo, pareceu perigar pola escaseza de choivas,
creando o temor de que a colleita fose escasa. As estimacións das autoridades provinciais sobre
o tubérculo preocuparon ás autoridades: sen facer aínda a colleita, estimouse que podería terse
perdido 1/3 respecto da colleita do ano anterior, «a pesar de lo cual se confía en que la provincia
quedará perfectamente abastecida». As autoridades afirmaron que carne sufriu a «pertinaz
sequía de este verano», polo que os gandeiros preferiron vender as reses a permitir que a
CREPA se quedase co que lle correspondía. Tamén deu problemas nese ano de 1943 o
abastecemento do aceite, chegando a subministrarse de maneira «parcial» en varios municipios
debido a que as existencias gardadas minguaran. Na capital provincial correspondíalle un litro
de aceite por persoa; nos municipios de Viveiro, Ribadeo e Monforte a razón de ½ litro por
persoa e no resto da provincia, o racionamento non se realizara porque non había produto para
todos. Ante esta situación, o abastecemento do aceite acabou 1943 no «panorama más obscuro»,
xa que se estaban a acabar as existencias e non chegaran aínda as cotas asignadas por Madrid358
.
Se en Lugo foron capaces de repartir alimentos entre os máis necesitados, co paso dos
meses o Gobernador Civil Vallejo Heredia sacou peito ante as xerarquías madrileñas gabándose
do bo funcionamento do servizo de abastecementos na súa provincia. Neste ámbito, a opinión
do Gobernador Civil foi que todo foi de marabilla. Vallejo Heredia dixo que o abastecemento
era «normal dentro de los medios que se dispone»; ou ben estivo sometido a unha normalidade
«tan completa que cumple completamente su función pudiendo decirse que tal problema no
existe» grazas a «acertada política de abastecimientos establecida por el Gobierno». Cando algún
produto puido faltar, os lugueses non deberon preocuparse da súa carencia durante moito
tempo. Segundo o gobernador, tiveron a sorte de vivir nunha provincia que era «zona
productora de los más diversos artículos que se puedan obtener de la tierra» para ela mesma,
para Galicia e para España. A colleita de «todos los productos indígenas de esta provincia»
solucionou todos os problemas de abastecementos, pois era «sencillamente extraordinaria». A
capacidade de auto-abastecemento das familias cando algúns produtos escasearon axudou
moito a mitigar o problema dos abastecementos, seguindo o testemuño do Gobernador Civil
lugués. A situación foi tan favorable que no nadal de 1944 púidose realizar un racionamento
«extraordinario» que demostraba «la regularidad de dicho servicio»359
.
mensual da provincia de Pontevedra do mes de xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de
setembro, outubro de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de novembro, decembro de 1943; Parte
mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1944; AGA, SGM, DNP, 51/20621. 358
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de febreiro, marzo de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xullo, agosto de 1943; Parte mensual da
provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, novembro
de 1943; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20615. 359
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de maio, xuño de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xullo, agosto de 1944; Parte mensual da
provincia de Lugo do mes de outubro, novembro de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro,
222
Na provincia de Ourense a situación dos abastecementos tamén foi totalmente normal
aínda que coas «restricciones consabidas» de produtos frescos coma a carne e o peixe. Con
todo, durante as festas do Corpus de xuño de 1944 púidose realizar un racionamento
extraordinario de aceite, azucre, bacallau, arroz, café e leite condensado. No Nadal tamén se
puido facer unha cousa similar buscando iniciar o ano novo de 1945 realizando as «gestiones
necesarias» para poder aumentar a ración de pan por persoa para o ano que ía comezar. O
Gobernador Civil de Ourense Antonio Martín Ballesteros tivo tamén máis ou menos controlada
a súa provincia nunha cuestión clave coma eran os abastecementos360
. Pero tiña que haber unha
excepción entre as provincias galegas, e esta foi Pontevedra.
Genaro Riestra Díaz, notara a inicios do ano 1944 que comezaban a «surgir dificultades»
co abastecemento en produtos coma a fariña e a pataca. A praga de escaravello que sufrira o
cultivo do tubérculo en Ourense a finais do ano anterior provocara que o seu subministro fose
deficitario en cidades coma Vigo, onde eran necesarios 14 vagóns de tren para poder dar 1 quilo
por persoa. En meses seguintes a situación pasou a ser crítica debido ao problema do transporte,
tanto por terra como por mar. Dos 3.000.000 de litros de aceite que deberon ter chegado dende
Córdoba, a provincia só recibiu 28.000 litros. Tendo en conta que só coa suma do aceite
necesario para abastecer a Vigo, Pontevedra e Vilagarcía obtíñanse un total de 55.000 litros, a
provincia non puido facer fronte as necesidades de aceite. Con todo, a subministración non se
viu suspendida debido ás existencias nas fábricas de conservas e ao envío urxente de dúas
partidas que deberían axudar a superar a situación. Os problemas coa fariña, que xa se notaron
en meses anteriores, volveron a agravarse; o que preludiou unha «dificultad seria» para o futuro
subministro de pan. Co paso dos meses as cousas foron solucionándose, excepto no asunto da
pataca que debía subministrarse ao Exército antes que á poboación civil361
. Pontevedra foi, xunta
Coruña, a provincia máis castigada polos escasos abastecementos. Luis Ponce de León deixou
dito, en decembro de 1945, que a situación dos abastecementos estaba «en un estado parecido
al existente en el año difícil de 1940». En Pontevedra faltaban produtos básicos,
fundamentalmente os de sempre: o aceite e a pataca362
. Na provincia veciña, Antonio Martín
Ballesteros sufriu unha situación similar a de Ponce de León, e deixoulle ao seu sucesor Vicente
Muñoz Calero un panorama desolador. Se ben se puidera realizar no mes de decembro un
reparto de alimentos «extraordinario», notáronse as deficiencias no abastecemento debido ás
malas colleitas do ano, especialmente nos cereais necesarios para elaborar o pan363
.
Santiago Vallejo Heredia levou á provincia de Lugo por outro camiño diferente ao das
outras tres provincias galegas. Se nos seus discursos e arengas ao partido manifestou o seu
profundo patriotismo, aplicouse a fondo a demostralo na xestión do verdadeiramente
importante para el: os abastecementos. Con toda a normalidade do mundo ante as xerarquías
decembro de 1944, Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1945, AGA, SGM, DNP,
51/20645. 360
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1944; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de xuño, xullo de 1944; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de decembro, xaneiro de 1945,
AGA, SGM, DNP, 51/20648. 361
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1944; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de marzo, abril de 1944; AGA, SGM, DNP, 51/20649. 362
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20680. 363
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de decembro, xaneiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20678.
223
madrileñas, afirmou que o sistema de abastecementos «acusa una normalidad completa» ata o
punto de escribir que «este problema [...] preocupa pero que no tiene una existencia sólida».
Iso foi factible nunha provincia como a súa debido ao «celo desplegado» por Vallejo Heredia
que ás veces fallou. No mes de xullo de 1945 e «por causas desconocidas para esta Jefatura»
produciuse unha serie de interrupcións no «normal abastecimiento» da provincia. O pan
abasteceuse normalmente, pero a calidade dese foi «tan pésima que la mayoría de la población
no recogió su ración en las panaderías ya que prácticamente el artículo era incomible». A
solución para semellante problema chegou co traballo da «población civil» e do Gobernador
Civil Vallejo Heredia364
.
Os abastecementos constituíronse no principal problema para a construción da ditadura
franquista. As provincias galegas viviron sometidas a un réxime que se podería denominar de
ioió: uns meses a carestía foi absoluta; mentres que outros a situación puido levarse moito
mellor. A esa situación, as autoridades provinciais deberon sumar as tensións internas no
Movemento creadas, precisamente, polo control do fluxo de alimentos dentro e fóra da
xeografía galega. A ditadura franquista non conseguiu os resultados que quixo no ámbito dos
abastecementos. Algúns elementos de FET de las JONS axudaron a que esa incapacidade se
vise corroborada.
B) UNHAS XERARQUÍAS CHAMADAS POLO DIÑEIRO: FET DE LAS JONS ANTE O ESTRAPERLO E A
ESPECULACIÓN
A nivel interno, FET de las JONS tamén sufriu as consecuencias do problema dos
abastecementos. Foron destacadas as denuncias e incriminacións, con adxectivos coma o de
estraperlista e defraudador, entre elementos do partido para así acabar con reputacións, ata o
momento das denuncias, sen tacha. As situacións provocadas polas denuncias non foron máis
que unha confirmación dos turras e afrouxas constantes no seo do Movemento. Elementos de
dentro do propio partido e de fóra do mesmo orixinaron esas situacións. Desa suma xorde un
resultado complicado para a propia construción da ditadura e para a consolidación do partido
coma elemento fundamental da mesma. Existen moitas mostras destas tensións internas do
partido. As denuncias cruzadas ente xerarquías do Movemento cun asunto tan delicado como
o dos abastecementos foron constantes ao longo do tempo, especialmente nesas décadas que
se están a estudar.
Tal foi o caso sucedido o 10 de xuño de 1941 ante o sarxento da plana maior da
Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Ante el compareceu Arturo Loureiro Rivera, un
home natural do concello ourensán de Trasmiras e que residía na cidade de Pontevedra. Este
home era condutor dun vehículo de FET de las JONS que estivo ao servizo exclusivo do
Secretario provincial do Movemento. Nese punto cronolóxico, o cargo da secretaría provincial
do partido ocupábao Antonio Puig Gaite, falanxista de primeira hora da cidade do Lérez e cun
364
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1945; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de febreiro, marzo de 1945; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1945; Parte mensual da
provincia de Lugo do mes de agosto, setembro de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20674.
224
enorme ascendente na política da capital provincial. Segundo a denuncia, o chofer, instigado
por Puig Gaite realizaba viaxes periódicas a Portugal «en número de tres o cuatro veces al mes
por término medio». No camiño de ida ao país veciño recollían ao delegado local de Auxilio
Social da localidade de Tui: un tal Bernardino. Segundo a denuncia do chofer de Puig Gaite, o
obxecto daquelas viaxes sería a entrada en España de produtos de contrabando tales como
alcohol, aceite, café, azucre, fariña, xabón, arroz ou ovos. Seguindo na súa denuncia, o chofer
alertou á Garda Civil de que Puig Gaite era coñecedor, tamén, de que o delegado provincial de
Xustiza e Dereito —neste caso, José Rodríguez Pérez—, facía tamén incursións ao país veciño
para traer café, chocolate, tabaco, pastas, azucre, aceite e unha radio, acompañado dun avogado
moi coñecido na capital do Lérez do que non se aportou o nome, pero que se sabía que vivía
«en el segundo piso donde está instalada la farmacia del Sr. Lorente». Con Puig Gaite tamén
colaboraría a súa familia: nunha das viaxes foi acompañado pola súa muller e sogro a Portugal
a buscar rodas para o camión que tiña o seu pai político365
.
O asunto da denuncia tivo bastante percorrido en Madrid ata que foi finalmente
solucionado pola xefatura provincial de Pontevedra. En novembro de 1941, a xefatura resolveu
a «falsedad de tales imputaciones». Segundo as informacións que se manexaron no interior do
partido, Arturo Loureiro xa emitira denuncias falsas contra outras xerarquías con anterioridade.
Loureiro fora sometido a un expediente de expulsión por ter iniciado o que se denominou
«campaña difamatoria contra sus Jerarquías». Entre outras cousas, nun escrito saído da
delegación provincial de Información e Investigación da Coruña, un Garda Civil desa cidade —
Manuel (ou Mariano) Mosquera Alonso—, informou que nun bar da localidade escoitara ao
chofer acusado dicir o seguinte contra aqueles que marchaban a loitar contra o comunismo:
«[...] “yo mientras no vea que van los jefes, los que llevan yugos, no me muevo”, añadiendo que
cuando salen voluntarios, los sacrificados son los simples soldados, y después los jefes son los
que llevan los honores».
Estas declaracións teríaas feito a viva voz na cervexaría citada. Porque foi na capital
coruñesa onde comezou todo o proceso de Loureiro Rivera despois de ser detido por esas
declaracións nunha taberna366
. Estes movementos dentro do partido producíronse a través de
elementos da que se podería denominar segunda fila do Movemento: choferes, conserxes,
secretarios administrativos...; dirixíndose contra aqueles que ocuparon postos relevantes dentro
do mesmo e, ademais, contaron cunha fonda traxectoria dentro do falanxismo. Non foi sinxelo
dirixir as denuncias e que estas triunfasen contra aqueles que axudasen a construír o que foi a
Falanxe, nese caso, de Pontevedra. Que as denuncias contra Puig Gaite caeron sempre en saco
roto demóstrao que o seu cese coma secretario provincial do Movemento non se produciu ata
anos máis tarde367
.
365
Arturo Loureiro Rivera denuncia actuación del Secretario Provincial [de Pontevedra], 10 de xuño de 1941, AGA,
SGM, DNP, 51/20560. 366
El Jefe Provincial [de Pontevedra] adjunta copia del expediente instruído contra Arturo Loureiro Rivera, en el
que se pone de manifiesto la falsedad de las manifestaciones que el citado camarada había formulado contra el Delegado
Provincial de Justicia y Derecho, 3 de novembro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 367
Cesou do seu cargo en xaneiro de 1943. Con anterioridade, en 1942, entrara a formar parte da Vieja Guardia de
Franco. AGA, SGM, DNP, 51/20621 e BMFET, 145: 1520.
225
A teor do que Santiago Vallejo Heredia escribiu nas súas informacións a Madrid, este
parecía vivir unha especie de lúa de mel coa súa provincia e o Movemento. Pero ás veces
sucederon cousas que lle puxeron os pés na terra no terreo dos abastecementos. En novembro
de 1944 debeu facer fronte a unha irregularidade cometida por un funcionario do partido
chamado Santiago Quintana Eguiar. Unha denuncia da CAT notara que faltaba un vagón de
ferrocarril que debería ter saído de Lugo cargado de fabas e que foi reclamado polo Gobernador
Civil. Quintana Eguiar manifestou o que os encargados do seu interrogatorio esperaron del: el
non mercara nin secuestrara vagón algún cargado con fabas e con destino a Sestao. O xefe
provincial explicou que un día do mes de novembro aparecera polo seu despacho Quintana
Eguiar e o responsable do economato da Constructora Naval de Bilbao para solicitarlle guías
para o transporte de fabas en 4 vagóns de tren. O Gobernador Civil non tería aceptado trato,
segundo o seu testemuño «por no tener atribuciones para ello». E tamén rexeitou o ofrecemento
porque na provincia non había abastecemento de fabas e nin sequera había cotas asignadas para
o seu racionamento. Iso provocou que o Gobernador Civil atase cabos e chegase a conclusión
de que Quintana Eguiar era coñecedor de depósitos ilegais de fabas na provincia.
«Es evidente que nadie emprende un viaje tan molesto y menos acompañado del Jefe del
Economato si no sabe de antemano que va a encontrar la mercancía que busca o por lo menos
quien puede orientarle en encontrarla».
Quintana Eguiar chegara á provincia de Lugo facendo valer os seus galóns como membro
do partido. Segundo Vallejo Heredia, o que fixo Quintana Eguiar foi «cosa completamente
inmoral» o facer uso do posto no partido para «obtener un beneficio particular». Finalmente,
despois dunha profunda investigación, Quintana Eguiar foi expulsado do seu posto de
funcionario do partido368
.
C) O TEMOR DAS AUTORIDADES PROVINCIAIS Á CONTESTACIÓN CIDADÁ
A ditadura viuse superada nos primeiros anos da súa existencia pola natureza dos homes.
No caso da provincia de Lugo, Ramón Ferreiro foi incapaz de entender que os cidadáns
culpasen ao partido e aos seus servizos de non poder comer. En Ourense fixo a mesma lectura
do asunto o xefe provincial. A Orde do Ministerio de Industria e Comercio que establecera o
procedemento das cartillas de racionamento, fora aplicada no 80% dos concellos da provincia
—segundo os cálculos da xefatura de Ourense. As agrupacións de calquera tipo —incluídas as de
tipo relixioso e benéfico— reguláronse por medio de vales colectivos que expediu a CAT
provincial. Pero que sucedeu naquel 20% dos concellos que aínda non aplicara o réxime da
abastecementos? Segundo as autoridades provinciais, a culpa de que aínda non estivese aplicado
o regulamento foi da «negligencia de sus autoridades» municipais, que tiveron a obriga de poñer
en marcha canto antes o sistema. As autoridades sabían que existía unha prórroga ata comezos
do mes de outubro de 1940, mais non deberían deterse na súa aplicación. As xuntas de
abastecemento dos pobos estaban formadas polo xefe local do Movemento, o cura párroco e o
368
Remite escritos relativos a la intervención del funcionario de esta Secretaría General cam. Quintana Eguiar, en la
compra de unos vagones de judías, 21 de novembro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20645.
226
Alcalde —no caso de que non fora xefe local. O contacto coa poboación foi fundamental para
as xerarquías provinciais, pois os cidadáns foron os que transmitiron todos os problemas
existentes. Igualmente, e neste punto residiu o miolo da cuestión, a xerarquía foi «el portavoz
de las denuncias e irregularidades cometidas por los industriales desaprensivos de su
demarcación»369
.
As novas autoridades políticas xurdidas da guerra civil deberon instalarse nunhas
poboacións que estaban, literalmente, sumidas na fame. En 1940 falábase abertamente de que
os denominados «obreros modestos» pasaban fame; unha situación que para as xerarquías
provinciais se demostrou «gravísima», achegando o seguinte dato: segundo os estudos internos
de FET de las JONS, falecían «de hambre (según informe oficial) en la Capital [A Coruña] un
promedio de 30 niños, menores de siete años, al mes»370
. Se a poboación non comía, o primeiro
que deberon temer as autoridades ditatoriais foi unha posible revolta dos galegos contra a
carestía de alimentos que os afogaba. Esa carestía representouse no imaxinario colectivo dos
galegos na idea de FET de las JONS e as autoridades provinciais. FET de las JONS foi a sinalada
polos galegos como a principal culpable de non haber alimentos. Esta percepción viría dada
pola presenza do partido nas institucións reguladoras dos abastecementos. Esa presenza foi
esixida, precisamente, polo propio partido que, necesitado de balcóns dende os que facerse ver,
reclamou incesantemente a súa posición en todos os organismos371
.
A escaseza de alimentos e materias primas para a súa elaboración, provocou que a
poboación se sentise fortemente atacada polas autoridades provinciais372
. Ese sentimento de
acoso e incuria levou a algunhas localidades a tomar cartas no asunto e adoptar medidas para
reclamar o que elas consideraron que era seu. O primeiro caso que se deu en Galicia —recollido
nos partes mensuais que as autoridades enviaban a Madrid— deuse na localidade luguesa de
Monterroso. Os monterrosinos «cansados de ver que no se remediaba su carestía de pan», e
vendo pasar diariamente «camiones que trasladaban clandestinamente trigo y harina para la
provincia de Orense», decidiron
«montar un servicio voluntario de vigilancia nocturna, en el que se turnan ciertos vecinos que
bajo el imperio de su necesidad quieren ver si de este modo evitan o dificultan los abusos que
comenten los que trafican con el hambre y la falta de autoridad».
A maior parte dese tráfico ilegal descrito polas autoridades producíase de noite; pero iso
non foi obstáculo para a acción dos veciños373
. Que situacións coma esta se producisen ao longo
da xeografía galega debeu colocar ás autoridades da ditadura no nivel de alerta ante posibles
369
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 370
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 371
Véxase o caso da FET de las JONS luguesa e a súa petición para entrar na Xunta provincial Harino-Panadeira,
para controlar o mercado do pan. Parte mensual da provincia de Lugo do mes de outubro, outubro de 1940, AGA, SGM,
DNP, 51/20533. 372
Todo o relacionado co elemento de aportes alimenticios aos galegos causou problemas ás autoridades provinciais
galegas. Noutras provincias españolas coma Lleida, estudada por GELONCH SOLÉ, J. (2010): 584, o sistema de
abastecemento da poboación foi considerado como un «instrumento de poder, de reparto de prebendas e creación de
fidelidades, dependencias, clientelismos». As denuncias, coma as vistas no epígrafe anterior, confirman a idea estendida
entre a poboación de que as mesmas autoridades provinciais, encabezadas polo Gobernador Civil, estaban involucradas no
sistema de adulteración e mercado negro dos alimentos. 373
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 15 al 31 de agosto, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
227
conatos contestatarios. O «imperio de su necesidad» dos galegos foi a fame que asediou a
milleiros de galegos que estaban inmersos na implantación da ditadura franquista. Esa situación
de necesidade preocupou aos políticos da ditadura que temeron unha contestación da
poboación galega374
.
Segundo o Gobernador Civil Casiano Costas Posada, o problema residiu en que moitos
agricultores pataqueiros acapararon en almacéns a produción agardando a chegada de prezos
mellores. Para solucionar o asunto e mitigar o impacto da carestía e do elevado prezo dese
produto, o Gobernador Civil puxo nas mans dos xefes locais e alcaldes do Movemento a
solución:
«[...] se ha incitado a los Jefes locales a fin de que denuncien los almacenamientos clandestinos
de patatas existentes en la provincia ya que con las declaraciones presentadas por los
productores, almacenistas y exportadores es imposible cubrir las obligaciones del Ejército y las
de las plazas consumidoras»375
.
Porque a carestía de produtos básicos entre a poboación comezaba a causar
preocupación entre o Movemento:
«[...] por momentos se notan las repercusiones en la salud pública y en el rendimiento en el
trabajo así como crece el malestar político contra el Régimen or estas causas»376
.
Francisco Rodríguez Acosta foi o máis prosaico de todos os gobernadores expoñendo a
situación dos abastecementos na súa provincia. O pontevedrés foi o contrapunto de Costas
Posada en Ourense e, especialmente, de Ferreiro en Lugo. O Gobernador Civil de Lugo non
paraba en detalles para explicar a situación da súa provincia. En febreiro de 1941 indicou que
en localidades orientais do seu territorio —tales coma Cervantes, A Pastoriza ou Viveiro—,
existían os problemas de abastecemento máis destacados da provincia. Os prezos dos produtos
estaban tan altos que «puede asegurarse que el coste de la vida es ahora en Lugo tan elevado
como pueda ser en cualquiera otra provincia». En Lugo, provincia produtora de pataca, non
había carestía do tubérculo coma si a había en Ourense. Os produtos que máis escasearon na
provincia foron o centeo e o millo, sabendo as autoridades provinciais que moitos produtores
facían reservas deses produtos para provocar un aumento do prezo. Segundo o testemuño do
Gobernador Civil, en abril de 1941, co fin de solucionar todos eses problemas, chegou á
provincia un fiscal de taxas que puxo contra as cordas a aqueles que «osaban tratar con el
hambre de los menesterosos». Con todo, no mundo rural a situación foi máis complexa, pois o
mercado negro actuou con intensidade, sendo a pataca e o centeo os produtos estrela daquel
ambiente de consumo.
374
O cualificativo «humillación» adoita asociarse á represión de carácter físico ou psicolóxico infrinxido polas
autoridades da ditadura sobre o sector da sociedade, co fin de resaltar o carácter agresivo da vontade de rebaixar a dignidade
do afectado. Mais, segundo o visto nos epígrafes anteriores, na presente investigación emprégase tamén aquel cualificativo
para definir situacións coma a que se describe nas liñas superiores ás que fai referencia esta nota. Segundo CABANA IGLESIA,
A. (2009): 71, se ben a humillación «desmobilizou unha potencial oposición», foi capaz de xerar un determinado grao de
oposición social cara a ditadura. Situacións coma a de Lugo anteriormente descrita, volverán a repetirse noutras localidades
—nesta investigación describirase máis adiante un suceso similar estudado por SOUTO BLANCO, M.J. (2003)—, demostrando
a existencia daquela oposición contra determinados modos empregados polas autoridades da ditadura. 375
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 376
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549.
228
O rural, ademais diso, enfrontouse ás dificultades do transporte que retrasaron a chegada
dos produtos aos comercios. No mes de maio de 1941 a situación foi tan mala que o xefe
provincial de Lugo aportou o seguinte dato: «solo una tercera parte de la población civil» recibía
os alimentos que lle correspondían. Un exemplo das dificultades de subministración dos
produtos atópase no aceite. Ese alimento non chegaba dende Córdoba cando a provincia de
Lugo tiña asignados 1.287.320 quilos do mesmo. Segundo informaba o Gobernador Civil a cota
da provincia de Lugo acabara a Xaén, rompendo a dinámica da CAT que establecía que o
Norte abastecía ao Sur e viceversa. Por iso «se corre el riesgo de que las provincias del Norte
queden totalmente desabastecidas durante todo el año». Tampouco había arroz que non
chegaba dende Valencia, uns 300.000 quilos para a provincia lucense; e a pataca tamén
comezaba a escasear. Non houbo cota de garavanzos e lentellas e o de fabas foi escaso para
cubrir a toda a provincia. Tampouco había fariña suficiente para toda a provincia; o xabón non
chegaba, estando pendentes as cotas de xaneiro e maio que sumaron 700.000 quilos «que por
cierto, es aún insuficiente». En resumo, para a provincia de Lugo, os abastecementos foron
escasos. A dinámica provincial dos gobernadores civís cos abastecementos deixounos diante do
que eles mesmos consideraron un «importante problema». A baixa calidade das fariñas —
algunha delas era «sino impanificalbe, si incomestible»—, colocou ao pan como o produto
devecido polos galegos ao estar sometido a unha deficiencia en canto a cantidade de «alto
grado»:
«La falta de pan afecta y agrava la situación de familias humildes que carecen ya de otros varios
artículos y de éste, que es el primordial».
Acabaron recoñecendo os gobernadores civís que o «problema de los abastecimientos»
era «cada vez más agudo», especialmente entre «clase media y humilde»377
. En concellos da
provincia da Coruña falouse de «malestar» polas deficiencias no transporte dos abastecementos.
Iso creou un problema de enorme «gravedad». O número de «necesitados» na provincia
aumentou de maneira clara mes a mes pola «escasez y la carestía de los víveres». Ao longo dos
meses a situación dos abastecementos «ha tomado caracteres realmente angustiosos». Segundo
o xefe provincial Diego Salas Pombo, nos pobos da costa coruñesa, en outubro de 1941, non
había pan dende facía máis de 40 días. Os abastecementos eran «cada vez peores»; e engadiu
ao seu comentario mensual unha crítica a todo o sistema de subministracións: unha cousa era
o que se poñía sobre o papel e outra ben distinta era o que ocorreu na realidade.
«[...] Es realmente trágico la ficción mantenida de anunciar reparto de artículos sujetos a
racionamiento que no se han llevado a cabo»378
.
As xerarquías provinciais foron conscientes nos seus informes de que foi a «gente
humilde y trabajadora» a que se viu especialmente sometida ás carestías dos abastecementos, e
así se encargado de manifestarllo ás xerarquías de Madrid. No concello de Foz a situación da
orde pública era «mala» entre esa xente humilde. A localidade estaba correctamente abastecida,
377
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de marzo, abril de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1941; Parte mensual da provincia
de Lugo do mes de maio, xuño de 1941; Parte mensual do mes de xuño, xullo de 1941; Parte mensual do mes de xullo,
agosto de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20555. 378
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xuño, xullo de 1941; Parte mensual da provincia da Coruña
do mes de outubro, novembro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20549.
229
pero os comerciantes e estraperlistas aproveitaron a situación de necesidade para colocar os
artigos de primeira necesidade a «precios fabulosos» imposibles para a «gente humilde y
trabajadora». Esa dificultade de acceso aos abastecementos, non foi a mesma na Lourenzá. Os
veciños desta localidade eran coñecedores de que na capital provincial se repartían con
asiduidade produtos que escaseaban onda eles: aceite, azucre, café ou arroz. Na Lourenzá estes
artigos repartíanse cada dous meses, «y últimamente, solamente cuarto de litro de aceite y un
kilogramo de azúcar, mientras que en la capital suministraron medio litro y medio kilogramo
de azúcar». Estas situacións provocaron o «descontento» dos habitantes do municipio que «se
manifiesta en todas las conversaciones y que puede llegar a acarrear consecuencias graves»379
.
Esas consecuencias chegaron no mes de marzo de 1941 cando os veciños da Lourenzá se
manifestaron contra esa escaseza. Os produtos eran tan inaccesibles que aqueles que gañaban
un bo xornal tamén tiveron dificultades para acceder a eles con normalidade. A tensión pola
falta de alimentos provocou o seguinte suceso:
«Consecuencia de esto hubo una protesta del pueblo, ya que por un rentista que tenía
almacenado trigo en cantidad y trataba de ocultarlo, se unieron para evitarlo, trataron de
repartirlo y fueron a casa de labradores acomodados exigiendo la venta del que tenían a precio
de tasa. Intervino la Guardia Civil poniendo el asunto en la Fiscalía de Tasas, que ordenó al
Alcalde lo repartiera a precio de tasa entre las familias humildes de la localidad; no lo hizo así
el Alcalde, pretextando no obedecer otras órdenes que las del Gobernador Civil de la provincia.
Los protestantes siguen indignados»380
.
Todo isto sucedeu nun contexto de busca de control total da provincia por parte dos
gobernadores civís e xefes provinciais del Movemento. Xa en meses anteriores, as xefaturas
puxéranse mans a obra para intentar controlar canto antes unha situación tan angustiosa coma
esta. Solicitouse que todos os afiliados a FET de las JONS colaborasen coas autoridades para
desenmascarar a todos aqueles que facendo gala da súa «falta de civismo e incontenido afán de
lucro» tiveron a vocación de «acaparar los productos y retraerlos del mercado público» para
vendelos con posterioridade de maneira clandestina «a precios inverosímiles, que imposibilitan
la vida de las familias humildes». FET de las JONS fixo un chamamento aos seus militantes
para que denunciasen calquera infracción que observasen no seu día a día. As denuncias
deberían ir acompañadas de todos os detalles para, desa maneira, facilitar o traballo do partido
e das autoridades. Todas as xefaturas locais deberon completar un cuestionario quincenal que
enviarían á provincial informando sobre a situación con todo detalle. Foi un traballo no que os
xefes locais deberon mostrar «la actividad y abnegación propias de su condición de falangistas,
de la responsabilidad del mando que encarnan y del interés sagrado de España»381
.
Diego Salas Pombo xa informou no seu momento dos seus temores sobre a aparición
de elementos reguladores dos prezos externos a FET de las JONS. Estas institucións
reguladoras chegaron para impoñer os seus plans en contra da opinión do Movemento. Por iso,
379
Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en febreiro de 1941, 13 de marzo de 1941,
AGA, SGM, DNP, 51/20533. 380
Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en marzo de 1941, 14 de abril de 1941, AGA,
SGM, DNP, 51/20533. 381
Circular nº 72 de la Jefatura provincial del Movimiento de Lugo, 16 de setembro de 1940, AGA, SGM, DNP,
51/20533.
230
dende a perspectiva do Movemento, se non se contaba co el, o mellor que lle podería pasar aos
plans presentados por outras instancias sería o fracaso absoluto. O que FET de las JONS
pareceu esquecer foi que os organismos estatais que propoñían alternativas administrativas
coma ela foron instancias pertencentes á ditadura que contaron co mesmo desenvolvemento
orgánico sostido no tempo, e que requiriron das xerarquías do Estado a atención que tamén
reclamaba o partido. Pero o partido considerábase a si mesmo coma o instrumento reitor da
política da ditadura franquista, e por iso se arrogou as prerrogativas de decidir como debería
funcionar a política ditatorial. Polo tanto, se algo non funcionou non puido ser culpa do partido,
mais si daqueles que non seguiron as súas indicacións.
Tal sucedeu en setembro de 1942 cando o xefe provincial do Movemento Diego Salas
Pombo informou dun enfrontamento producido pola Comisaría de Recursos da 8ª Zona: a
requisa de reses de vacún para o abastecemento do mercado español. A produción gandeira
galega estaba nunha situación de descenso dende o final da guerra civil pola falta de forraxes
para a alimentación. Si que seguiu habendo cabezas de vacún, mais o peso en canal dos animais
foi cada vez menor polas deficiencias na alimentación.
«La falta de ese maíz no ha podido ser suplida. Los salvados tienen ahora solamente un 10% de
harina, la pulpa de remolacha es un gran alimento y lo son también los yeros, pero vienen en
proporciones irrisorias. No son suficientes los piensos de Galicia y los pocos que vienen del
resto de España no bastan para compensar el enorme déficit [...]».
Se non houbo carne, a CAT pensou que a escaseza dela nos mercados foi porque «los
campesinos no querían vender». O xefe provincial do Movemento opinou o contrario. Os
gandeiros querían vender; incluso con anterioridade vendían o gando antes de que acadase o
peso polo que se pechara o trato de venda. A requisa dos animais, polo tanto, ía acabar coma
un mecanismo «impopular» entre os gandeiros galegos. A requisición consistiu en que a CAT
fixou unhas cotas para os concellos que foron distribuídas entre os gandeiros por medio dos
alcaldes pedáneos. Neste punto radicou o primeiro problema de todo o sistema, segundo a
visión dos xefes provinciais: «la acción del pedáneo, que muchas veces se deja llevar de simpatías
o de resentimientos, y que beneficia o perjudica al amigo o al enemigo». Nos primeiros
momentos, a cota foi fixada en cabezas de gando: o gandeiro aproveitou e entregaba a cabeza
máis pequena, quedando dese xeito con aquelas que estaban crecendo e que podían dar maior
beneficio no futuro. A CAT decatouse deste extremo e mudou o número de cabezas polo
número de quilos: se houbo que entregar tantos quilos como mínimo, foi probable que non se
cubrisen cunha única cabeza de gando, polo que o prexuízo para o gandeiro foi maior; pois
debeu entregar máis dunha cabeza de gando en cada requisa. Esa situación provocou, dende o
prisma do Movemento, o decaemento do espírito dos gandeiros galegos. Só lle quedou a FET
de las JONS que a Secretaría Xeral do Movemento tomase nota e se puxese a solucionar o
asunto382
.
A este problema houbo que sumar o da carencia de combustible para os aparellos de
labranza. Dos 300.000 litros de cota do ano anterior, aos 100.000 litros dese ano [15 de outubro
382
Informe sobre situación del problema ganadero en esta provincia [de A Coruña], 16 de setembro de 1942, AGA,
SGM, DNP, 51/20586.
231
de 1942] había un abismo. Ademais, estaba o problema de destinar o combustible para outras
cousas:
«Además de esta gran diferencia, con esa gasolina y esas máquinas se ha planteado un problema
de comercio abusivo realmente intolerable. Me objetará tu Jerarquía que ese problema debía
haber sido resuelto por las Autoridades gubernativas de esta provincia. Pero lo cierto es que no
obstante las reiteradas indicaciones de esta Jefatura nada han hecho, y las consecuencias han
sido desastrosas».
Neste asunto, segundo a opinión do xefe provincial do Movemento coruñés, o
Gobernador Civil Emilio Aspe Vaamonde, non fixo nada por solucionar o tema. O Movemento
falara con el para que mediase no aumento da cota de combustible, pero «convencido de la
inutilidad de las mismas me veo precisado de dirigirme a esa Vicesecretaría General, como tuve
que hacerlo en otras ocasiones». O combustible acabara nas mans dos propietarios de máquinas
de trillado aos que recorrían os campesiños para mallar o millo e o centeo. Cando chegaban alí,
eran informados polos homes que trillaban de que non había gasolina, e que se querían trillar
o cereal deberían achegar o combustible. Iso tería creado un «malestar» latente entre os
agricultores ao ter que «pagar unos sobreprecios totalmente abusivos»383
.
Neste punto, a través da información recollida por FET de las JONS, apréciase que foi
consciente do mesmo que deixou dito no campo dos abastecementos: abafar aos produtores
con requisas forzadas poñendo en dúbida a súa honestidade era un perigo para o Movemento
e para o nuevo Estado que se estaba a construír. Segundo FET de las JONS, os abastecementos
non se deberían basear en quitarlle ao gandeiro o produto do seu traballo, pois desa maneira
deixaría de producir ao ver que lle era imposible obter rendemento do produto. O que deberían
facer as autoridades de abastecementos foi seguir os consellos de FET de las JONS: mellorar o
abastecemento de forraxes para os animais para desa maneira aumentar a produción e manter
tranquilizados aos produtores. Se isto non se facía, non debería sorprender a resistencia dos
gandeiros galegos a pasar polo aro das autoridades. E isto podería afectar ao partido na súa
vontade de continuar co seu paso firme na conquista do poder na ditadura... Ou canto menos
de intentalo.
As Falanxes provinciais galegas aproveitaron calquera momento para poñer de relevo a
súa proximidade ao goberno ditatorial de Madrid. Unha desas oportunidades deuse cando o
secretario Xeral do Movemento, José Luis Arrese, explicou nun discurso «los fundamentos del
nuevo Estado». Os coruñeses acolleron esa explicación cos brazos abertos. Segundo o xefe
provincial da Coruña Salas Pombo, esa impresión entre os falanxistas produciuse porque
puideron apreciar claramente as diferenzas que «que separa[n] a nuestro régimen Nacional-
Sindicalista de otros regímenes aparentemente semejantes». Co fin de uniformar a unidade de
acción e de opinión da Falanxe coruñesa, a provincial puxera en marcha a publicación dunhas
«Consignas Mensuales» que se repartiron entre todos os afiliados de FET de las JONS. O fin
quedou claro dende o principio: que os camaradas tivesen claro como solucionar os problemas
ideolóxicos que se lles presentasen ou cando tivesen a necesidade de coñecer como funcionaba
o partido. O que se pretendeu foi afastalos do que foi considerado «ambiente pestilente de bulos
383
Expone las dificultades que se presentan en aquella provincia [de A Coruña] en las faenas agrícolas por la escasez
de gasolina para maquinaria, 9 de outubro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
232
y comentarios». O fundamental foi que os que estivesen dentro —aos que tanto custara
introducir no pensamento de acción do Movemento e permitir que fosen parte da construción
da ditadura—, marchasen por influencias ou propagandas externas. Esas influencias perniciosas
para o falanxismo déronse no campo coruñés, onde os labregos e «descontentos» creados polas
requisas obrigatorias por parte da Central Reguladora de Produtos Agrícolas (CREPA) —
encargada pola CAT para realizar as requisas—, aumentaban ata se converter en algo «realmente
peligroso»384
.
Na provincia coruñesa, a situación foi considerada «extremadamente difícil» dada a
carencia de reservas de alimentos nos almacéns. Non había produtos para toda a poboación.
«Los pueblos están agotando sus últimos remanentes y nos encontramos abocados a una
situación precaria y difícil». Iso foi o primeiro indicio de que o problema dos abastecementos
se estaba a agravar co paso dos meses. O pan non chegaba aos municipios costeiros; a colleita
do ano fora «francamente mala» especialmente nun produto fundamental como foi a pataca. Se
a pataca faltou e o pan tamén, houbo que pedir máis fariña. Pero os concellos non podían facelo
«pues no la hay». En definitiva, e de maneira ben clara, Diego Salas Pombo deixouno claro: «la
situación es realmente difícil en muchos pueblos de la provincia»; e moitos deles «continúan sin
pan». O problema dos abastecementos continuou «agravándose cada vez más».
O problema afondouse debido a «fijación excesiva» da CREPA en obter as cotas dos
labregos. Os xefes locais e alcaldes achegaron as numerosas queixas dos seus veciños sobre este
aspecto. Foi un problema tal que «puede originar, podemos decirlo casi con certeza, una serie
considerable de problemas de orden público, si no se remedia esta situación». O campo
producía menos eses meses, non se podían asignar cotas ás localidades que, en moitos casos,
eran «del doble de los asignados el año anterior». Segundo as xerarquías provinciais debía ser
comprensible o malestar dos campesiños. Un xefe provincial engadiu a un dos seus informes
un lamento:
«Es realmente descorazonador que en una provincia tan productora como es esta no haya la
suerte de acertar a coordinar las cosas de tal forma que esa producción beneficie directamente
con la abundancia a la población».
As colleitas foron malas, e agardouse que as próximas fosen igual pola «falta total» de
abonos. Nos meses seguintes os abastecementos seguiron sendo «un tanto deficientes»
especialmente nas zonas do rural. Reflectiuse por primeira vez o problema da recollida da
colleita que realizaron os axentes da Comisaría de Recursos: moitos labregos actuaron «con
recelo y resistencia» cando chegaban as súas leiras, pois a actitude dos homes que realizaban as
requisas foi de «extraordinaria dureza», fomentando que o malestar dos campesiños «persista»
no tempo. Coa fixación das cotas de auto-abastecemento nos concellos —consistentes en que
cada concello se abastecese coa parte da colleita propia do seu territorio que lle correspondía
despois de facer a requisa por parte da CREPA—, estes víronse sometidos a «serias
384
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña
do mes de setembro, outubro de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de outubro, novembro de 1943; Parte
mensual da provincia da Coruña do mes de novembro, decembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611.
233
complicaciones» debido a mala colleita dese ano. Dado que a colleita foi mala, Recursos
solicitou unha requisa maior a cada concello, polo que o abastecemento, en xeral, non foi bo385
.
4.3.2.6 As consecuencias da unificación dos cargos provinciais
Por tras desa sensación de xúbilo que se manifestou nos informes dalgúns dos
gobernadores civís galegos, houbo unhas causas profundas que arrelaban nos inicios da ditadura
franquista. Os verdadeiros falanxistas como o lugués Ferreiro entenderon dende o inicio que a
unión dos dous postos provinciais foi un éxito, especialmente para FET de las JONS. Que un
falanxista fose o principal home da provincia, con contacto directo coas autoridades de Madrid
nos Ministerios, deulle o temón para poder facer o que considerase oportuno no ámbito da
orientación política dos concellos e da administración provincial.
Entrar de cheo na Administración desa maneira fora solicitado con anterioridade de
maneira insistente. Houbo moita xente á que colocar, para aplicar a verdadeira política
falanxista. A entrada de FET de las JONS debeu ser o camiño para solucionar todos os
problemas da provincia. Pero nada máis lonxe da realidade: á fronte de FET de las JONS de
Ourense situouse un militar que dende a súa chegada á provincia se mostrara decidido a
enfrontarse ao partido; que creu ter máis competencias das que se lle podían permitir. Á fronte
da FET de las JONS de Pontevedra colocouse a un falanxista con traxectoria política anterior,
mais foi un militar que sempre subordinou o papel do partido ás ordes que emanaron das
autoridades de Madrid. E na FET de las JONS da Coruña, a situación non estivo coma para
deixar o asunto en mans dun home de fóra do partido. As palabras que transmitiu o xefe
provincial e Gobernador Civil de Lugo, froito do acceso ao Goberno Civil, foron un efecto do
edulcorante que o doce da unificación dos cargos produciu nas xerarquías do partido. A
realidade íase demostrar —outra vez para o Movemento—, que marchaba por un camiño oposto
ao dos falanxistas.
Con todo, esa sensación de unión entre camaradas mantívose grazas a estímulos
externos. Un deles foi a relucinte formación do batallón de españois que marcharían a loitar
contra o inimigo común —o comunismo—: a División Azul. O recrutamento de homes para a
División Azul axudou a que Falanxes como a pontevedresa, que viñan arrastrando unha vida
lánguida e dificultosa, levantasen un pouco a moral da tropa. En xuño de 1941, por exemplo, a
secretaría local do partido estaba inmersa na «recluta de voluntarios» que desexaron tomar parte
da «cruzada contra el comunismo», é dicir: buscaban os futuros membros da División Azul.
Movementos coma ese estaban encadrados nunha política do Movemento en favor de
Alemaña e contra o comunismo. As consignas que se difundiron durante ese mes de xuño de
385
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de
xuño, xullo de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xullo, agosto de 1943; Parte mensual da provincia
da Coruña do mes de agosto, setembro de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de setembro, outubro de
1943; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de outubro, novembro de 1943; Parte mensual da provincia da Coruña
do mes de novembro, decembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611.
234
1941 polo partido foron claras: «se ha llevado una intensa labor de consignas relacionadas con
la lucha que Alemania sostiene con la URSS, relacionándola con la de nuestra pasada guerra».
A loita contra o comunismo que se estaba a vivir na Segunda Guerra Mundial fora preludiada,
segundo as xerarquías provinciais, xa pola guerra civil española. Esas «circunstancias que
atraviesa Europa», especialmente aquela que tiña que ver coa loita dos fascismos contra o
comunismo, en opinión das xerarquías, facilitarían que o «entusiasmo» entre as filas de FET de
las JONS rexurdise: moitos dos banderines de enganche que desexaron entrar na futura
División Azul houberon de ser rexeitados «por exceder el cupo asignado a esta provincia». Ata
tal punto chegou o compromiso descrito polas xerarquías provinciais que se xerou de maneira
espontánea unha manifestación na capital provincial na que se viviu un «entusiasmo
indescriptible [que] solicitaba la intervención de España en la lucha armada contra el mismo».
Nesa manifestación, o xefe provincial e Gobernador Civil dirixiuse aos manifestantes dende o
concello con «palabras en tonos vibrantes y patrióticos»386
. Calquera cousa foi boa, incluso a
morte, para elevar o espírito da tropa do Movemento.
En liñas xerais, o partido acolleu con ledicia a desexada unión do cargo de Gobernador
Civil co de xefe provincial do Movemento. A reacción non puido ser doutra maneira: por fin
FET de las JONS se colocou no lugar que lle correspondía. A partires dese momento, non só
emitirían informes para nomear alcaldes, xestores, secretarios ou calquera outro membro da
Administración; tamén poderían ser decisivos en todo o proceso de nomeamento, pois sería un
deles o que estaría á fronte de toda a provincia. O caso lucense é o máis paradigmático e claro
de entender: aquí non foi un simple camarada falanxista o que se fixo co Goberno Civil, foi o
mesmo xefe provincial sobre o que recaeu o posto unificado. Con iso deberían ter acabado
todos os problemas para o partido; e a tan desexada revolución nacionalsindicalista da que tanto
falaban os teóricos do falanxismo non podía tardar a chegar. A realidade foi ben distinta, pois
dentro do Movemento, co descrito ata este momento, pódese determinar que o que moveu aos
seus compoñentes non foi a revolución colectiva que debería sacudir a España: resultou máis
unha revolución persoal para medrar dentro da estrutura administrativa do novo Estado
español. O cambio a 1945 afondou nesa tendencia, impulsada polo que estaba a ocorrer en
Europa.
386
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xuño, xullo de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
235
4.3.3 1946-1951: UNHA DITADURA QUE QUIXO ASENTARSE. O MEDO AOS RIVAIS POLÍTICOS
INTERNOS
4.3.3.1 Unha Europa que se move: os efectos da Segunda Guerra Mundial na construción da
ditadura franquista en Galicia. A perspectiva de FET de las JONS
4.3.3.1.1 Os primeiros anos da confrontación europea
Nesa situación comezou o ano de 1946 e así acabaron os primeiros 9 anos da ditadura
franquista: coa preocupación das autoridades provinciais polos abastecementos e pola fame dos
cidadáns galegos. Pero tamén polo estado no que se atopaba a ditadura franquista unha vez
acabada a Segunda Guerra Mundial. A derrota das potencias fascistas do Eixo fronte aos liberais
e aos comunistas dos Aliados prendeu a preocupación entre as autoridades provinciais da
ditadura. Que podería pasar con eles unha vez confirmada a derrota fascista? Que pasaría con
eles no caso de que se impuxera de novo un sistema liberal en España? E se volvía a Monarquía,
que tipo de Monarquía sería? E o máis importante: de que maneira viron os galegos a situación
internacional?
Os gobernadores civís galegos intentaron dar resposta a esta pregunta mensualmente nos
partes que dirixiron a Madrid. Uns foron máis prolixos que outros na información, pero todos
se pararon a contestar sobre este asunto a partires de 1940. Eses primeiros anos do
enfrontamento europeo foron os mellores para FET de las JONS. O Gobernador Civil
ourensán Casiano Costas Posada dixo que os afiliados a Falanxe mostraron unha enorme
«admiración y simpatía por las naciones del Eje llegando a convertirse en beligerantes
ideológicos». Pero da mesma maneira que identificou a estes, sinalou a outros membros do
Movemento que se manifestaron máis próximos aos ingleses. A eses chamounos Costas Posada
membros da «ultra-derecha» [sic] que eran «plutócratas, capitalistas, etc.» que pertenceran á
Fronte Popular ou a partidos próximos á mesma que aínda «sin manifestar, claro está estos
sentimientos públicamente pero sí en privado y entre personas de su confianza»387
.
A breve información transmitida por Costas Posada sobre os primeiros movementos do
que con posterioridade se converteu na Segunda Guerra Mundial, foi o modelo do que se
atoparon o resto de gobernadores civís e xefes provinciais no país. O detalle de descricións
coma esta é que a poboación de análise foi exclusivamente a das capitais provinciais. Iso debeu
ser así ao ser as cidades os núcleos de poboación máis activos e dinámicos e preocupados polo
devir dos enfrontamentos bélicos. En Lugo, Ramón Ferreiro, informando como xefe provincial,
tamén notou que as posicións da opinión pública «se han polarizado». Por un lado identificou
os «amigos» dos alemáns e dos italianos; que foron os que o «éramos antes del día de la victoria».
Por outro lado estiveron os que apostaron por unha vitoria dos ingleses, «los que suspiran por
los tiempos venturosos del liberalismo». A gran diferenza con Ourense —ou cando menos, en
Lugo recoñécese—, estivo na presenza dunha gran masa de xente indiferente ao devir do conflito
mundial. A opinión pública nin sequera se alegrou cando as tropas españolas ocuparon o
387
Parte quincenal de la provincia de Ourense del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
236
territorio de Tánxer. Este feito foi aproveitado por Ramón Ferreiro para volver avisar a Madrid
o papel de FET de las JONS: os falanxistas estiveron para unha cousa fundamental que foi
fomentar a «alegría patriótica». O que fallou desa necesidade foi a ausencia de posibilidades
económicas388
.
Nalgunhas capitais provinciais a situación política manifestouse moito máis dividida que
no caso ourensán e lugués. A tradición política liberal definiu o grao de mobilidade dos
diferentes sectores políticos ante o que estaba a pasar en Europa. Tal foi o caso da Coruña,
onde o xefe provincial Lorenzo Vilallonga afirmou que a postura dos coruñeses cara a Guerra
Mundial estaba «muy dividida». Aqueles que «no se resignan a aceptar nuestros postulados»
incluso se mostraron fríos ante campañas patrióticas como a da reclamación e reintegración da
rocha de Xibraltar ao solar patrio español:
«Cuando se colocaron carteles y pasquines exaltando GIBRALTAR ESPAÑOL [en maiúsculas
no orixinal] la reacción fue fría y hubo comentarios desfavorables, no porque no sintiesen el
deseo de ver reintegrarse el peñón a España sino porque la hazaña les hacía pensar en una nueva
guerra y recordar los horrores que habían oido [sic] de nuestra guerra, y digo oido [sic] porque
naturalmente ninguno de los que hacía tales comentarios la conocía más que de referencias».
A Segunda Guerra Mundial creou «divergencia[s]» na opinión pública coruñesa. Os
anglófilos —segundo Vilallonga, sempre presentes na política coruñesa polo seu pasado liberal-
republicano—, e os que defenderon unha posición neutral de España no conflito bélico parecían
contar cunha forza destacada entre a opinión pública da cidade herculina. Os últimos
consideraban a súa postura a máis sensata debido aos «horrores sufridos en nuestra Cruzada».
O xefe provincial advertiu que habería que ter coidado con eles porque «claro está que estos
señores han vivido cómodamente las hordas de lucha y tragedia». Evidentemente, dende a
perspectiva das xerarquías provinciais, quen non defendeu a pureza da guerra foi un acomodado
de provincias que se mostraba preocupado por aquelo que centraba a súa vida: os negocios e
amasar cartos. Houbo que identificalos claramente coma elementos que se situaron contra todo
aquilo que significou o Movemento, e que fixeron bandeira dun «patriotismo y de una sensatez
que jamás han tenido». O xefe provincial do Movemento da Coruña preguntouse que desexou
a sociedade coruñesa: «neutralidad». A percepción dos coruñeses retratada polo xefe provincial
foi de «desconcierto» sobre a posición de intervención que podería adoptar España ante o
conflito. As entrevistas que mantiña Franco con persoeiros internacionais e as saídas de
ministros ao estranxeiro, así como as chegadas a España de persoeiros das potencias do Eixo
parecían apuntar —dende a perspectiva dos coruñeses e do seu xefe provincial— unha
intervención389
.
A «masa campesina» pontevedresa tamén viviu de costas á guerra mundial. Pero foi
consciente de que a «carencia de algunos artículos de primera necesidad» foi causa daquela. O
Gobernador Civil Francisco Rodríguez Acosta aproveitou para repeler o ataque de ter que
388
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533. 389
As citas anteriores foron extraídas dos Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 15 al 30 de junio de 1940,
xuño de 1940; Parte quincenal de la provincia de A Coruña del 1 al 15 de julio de 1940, xullo de 1940; Parte mensual da
provincia da Coruña do mes de agosto, setembro de 1940; Parte mensual da provincia da Coruña do mes de outubro,
novembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
237
cargar el con toda a culpa do problema dos abastecementos. Para que mirar dentro da provincia
e buscar culpables entre as xerarquías e os produtores provinciais se houbo unha razón que
escapou do seu control sucedendo do outro lado dos Perineos? Segundo o Gobernador Civil
de Pontevedra, como algo do aceite que se racionaba en Pontevedra proviña de Italia, os
campesiños pensaron que faltaba porque as potencias do Eixo contaban con problemas no
conflito. Segundo Rodríguez Acosta, todo iso foron «rumores» espallados por «elementos
contrarios a la actual situación y no simpatizante con el Partido». Así como sucedeu na cidade
da Coruña, na cidade de Vigo notouse o apoio aos aliados entre «las clases más pudientes y
adineradas» ao contar estas con contactos comerciais con Inglaterra. Pero non debeu espallarse
o pánico con estes elementos, pois «están bastante bien controlados»390
.
A intervención posible de España si que alterou o sentir na cidade da muralla. En
setembro de 1940 escribiu o xefe provincial que os lugueses aumentaran o seu
«apasionamiento» nos comentarios relativos á «guerra actual». A participación posible de
España na contenda foi o tema «diario de todas las conversaciones». Pero por riba de calquera
desexo, calquera ansia de afirmación española no panorama internacional, o que preocupou de
verdade aos lugueses sobre a entrada de España na guerra europea e as posibles consecuencias
que este feito podería ter foron os abastecementos. Segundo o transmitido por Ferreiro dende
Lugo, comer todos os días estivo para os lugueses por riba de calquera patriotismo.
Preocupoulle ao xefe provincial do Movemento lugués que os produtos que xa escaseaban,
escaseasen máis por causa da guerra. Como sucedeu noutras cidades de Galicia, os sectores
máis achegados ás posicións defendidas por Inglaterra no conflito estaban convencidos da
«imposibilidad del triunfo, que les hace encontrar adecuada la simpatía oficial hacia las potencias
del Eje». Unha posible entrada de Estados Unidos no conflito non preocupou aos lugueses, a
pesares de que moitas persoas residían de Lugo residían no país e eran conscientes do potencial
militar dun Estado como aquel. Eses homes foron, en definitiva, europeos conscientes do poder
do continente: «Sin duda alguna el pueblo tiene una clara intuición de la resistencia y capacidad
guerrera de la vieja Europa que es invencible si se mantiene unida». Para Ramón Ferreiro, a
idea dunha entrada de España na guerra europea estaba ben vista polos lucenses:
«[...] gana terreno la idea de que España debe intervenir en la guerra en cuanto sus problemas
interiores de abastecimientos permitan tomar tal determinación, que la gente espera con
tranquilidad, pues es satisfactorio consignar que la fe puesta en el Caudillo no ha disminuido lo
más mínimo, sino por el contrario se tiene la certeza de que su visión de la política internacional
y militar de Europa y España es exacta, clara y segura»391
.
4.3.3.1.2 A División Azul para prender o espírito da Falanxe galega
1941 e 1942 foron dous anos de certa tranquilidade entre a opinión pública no referido
ao ambiente coa guerra europea; segundo o que se reflectiu nos parte mensuais e no resto de
390
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560. 391
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
238
documentación desta etapa que chegou a Madrid por outras vías. Polo xeral, a idea que se
transmitiu dende A Coruña foi que «ha desaparecido algo el temor a que España intervenga en
la lucha». Pero tamén os coruñeses, segundo o relato das xerarquías provinciais, tiveron tempo
para o desfrute co ataque alemán á URSS, en xuño de 1941, prendendo unha «nueva reacción
favorable a Alemania aun de personas hasta el presente anglófilas». Ese ataque espertara o
desexo de moitos coruñeses de participar na guerra europea, pois vían nela unha continuación
da guerra civil392
. En Lugo viuse con «fervorosa simpatía» a declaración de guerra de Alemaña a
Rusia. Ese sentimento favorable foi «el mejor exponente de ese general deseo de absoluto
exterminio del comunismo». Desexo de exterminio que tería clarificado, en palabras do xefe
provincial do Movemento, no «entusiasmo» dos numerosos lugueses que acudiron a inscribirse
coma voluntarios da División Azul. O Movemento lugués definiu a expedición bélica española
a Rusia como unha extraordinaria e «patriótica» iniciativa de Franco que prendeu entre os
lugueses «las simpatías» máis fondas e sinceras. A idea entre as xerarquías luguesas foi conseguir
o «total exterminio de la idea más criminal que jamás hayan conocido los siglos». Para Ramón
Ferreiro, os lugueses tiveron moi claro o que se estaba a dirimir: «siendo muy unánime el
convencimiento de que la contienda que ha de decidirse en pro de la civilización occidental y
cristiana». A sensación social sobre a guerra estaba «polarizada» entre os lugueses —tal e como
recoñecera con anterioridade o homólogo de Ferreiro na Coruña, Vilallonga—: «somos amigos
de los alemanes e italianos quienes lo éramos antes del día de la victoria y desean el triunfo de
Inglaterra los que suspiran por los tiempos del liberalismo». Os lugueses, segundo Ferreiro
mantivéronse nunha «confianza sobre el exterminio del comunismo en su propia sede»393
.
A lectura dos partes mensuais destes anos deixa ver que o ambiente entre os falanxistas
estaba prendido naqueles momentos. A vitoria do Eixo parecía tan clara que ninguén a poñía
en cuestión. Entre os pontevedreses, en 1941 continuou preocupando a entrada efectiva de
España no conflito —máis aló da intervención da División Azul. Ao longo das rúas e dentro dos
cafés da cidade do Lérez e da cidade olívica corrían «bulos y rumores» sobre esa posible entrada
que inquietaron aos cidadáns e ás xerarquías do Movemento que informaron sobre eles.
Segundo estas, os rumores terían cesado cando Franco se entrevistou con Mussolini,
«atribuyendo a la intervención del Caudillo nuestro apartamiento del actual conflicto». Se
España se afastaba da intervención na guerra mundial, o tema da contenda pasaba a verse «con
bastante indiferencia» polos pontevedreses. A que o sentimento de indiferenza se vise afondado
contribuíron as vitorias alemás no campo de batalla que daban «por segura su triunfo en
cualquier hecho de armas»394
. Para os falanxistas pontevedreses, a derrota do comunismo sería
a vitoria de España sobre as ideas que pretenderan destruír a esencia de Europa fundamentada
na tradición e na relixión. Ademais, as xerarquías provinciais fixeron a seguinte asociación: unha
probable vitoria dos fascistas serviría para confirmar a España no panorama internacional.
392
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia da Coruña
do mes de xuño, xullo de 1941, AGA, SGM, DNP. 51/20549. 393
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes
de xuño, xullo de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xullo, agosto de 1941; Parte mensual da provincia
de Lugo do mes de agosto, setembro de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de
1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20555. 394
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de marzo, abril de 1941; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xuño, xullo de 1941,
AGA, SGM, DNP, 51/20560.
239
Porén, poderíase presentar outro panorama oposto: que as potencias do Eixo fosen derrotadas.
Para os falanxistas, España non podería volver a pasar por un cambio de réxime que a puxese
en perigo de perder as súas esencias milenarias. Porén:
«[...] existen contadas personas, desde luego sin relieve político ni social, que por el mero hecho
de ser solapadamente opuestos a la doctrina del nuevo Estado, son, por ende, contrarios al
orden nuevo que por las potencias del Pacto Tripartito se pretende instaurar en Europa, puede
aseverarse que el ambiente sobre la guerra internacional es el mismo que se patentiza en meses
anteriores al contestar a este tema».
A finais de 1942, a invasión dos ingleses e americanos do norte de África convertérase
no tema de conversa de todos os faladoiros en Galicia. Segundo Ramón Ferreiro, o «sector
izquierdista y elementos simpatizantes de la democracia» viron neste movemento unha especie
de inicio do «triunfo de las democracias»395
. Terían sido eses estes «elementos disidentes» que
«hicieron notoria su complacencia con el golpe de mano, mediante cenas, las que al ser
sancionadas con cierto rigor, cesaron inmediatamente». Na provincia da Coruña as autoridades
provinciais identificaron os aliadófilos no sector financeiro e comercial «de primera fila, [que]
son abiertamente partidarios del triunfo anglo-sajón». Segundo as xerarquías coruñesas, aqueles
«Suspiran» por una vitoria dos rusos «grandes masas de los antiguos cenetistas». O resto da masa
inclinou o seu interese por un outro bando dependendo do devir dos eventos bélicos en
Europa396
. Porque a guerra, pouco a pouco, pasou a ser o tema principal de preocupación:
«Sí hubo un tiempo en que se concentró la atención de las gentes sobre el suministro de los
abastecimientos, sin que esto deje de constituir una constante preocupación, en la hora presente
la guerra es el motivo de inquietud que se sobrepone a todo».
A guerra europea foi considerada como un feito que «oscurece la tranquilidad»397
. Se co
inicio do ano e a chegada dos alemáns a Exipto a xente estaba calmada, o desembarco dos
ingleses no norte de África provocou «un termor extraordinario ha sobrecogido a las gentes».
Un comentario é interesante resaltar sobre este asunto:
«Desde luego que el ambiente es de singular preocupación y en torno a la guerra giran los
comentarios y cavilaciones pensando que si se salva el momento peligroso que vivimos, bien
están las contrariedades y las privaciones de estos momentos».
Todos os sectores sociais nas cidades terían apostado pola «neutralidad a toda costa pues
el pueblo ansía la paz y pone sus ojos en el Caudillo para que aleje la guerra que amenaza».
Mais ao lado daquel, as autoridades provinciais denominaron o que consideraron unha
«minoría» de falanxistas que viron nese momento o punto preciso no que se podía chegar a
construción dun imperio. A pretendida radiografía social do Movemento desvelou de que parte
395
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1942; Parte mensual da provincia de Lugo
do mes de novembro, decembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20593. 396
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de decembro, xaneiro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20586. 397
O temor a que España entrara na Segunda Guerra Mundial foi real entre os galegos e o resto de españois. Ben
fora pola propia vontade de Franco ou polas presións externas de Alemaña. CAZORLA (2005): p. 216 describiu como ese
«amago» se converteu posteriormente nun elemento de propaganda da ditadura para lexitimar figura de Franco. Pero non
foi unha propaganda creada polo partido ou polo Estado: a propia cidadanía española desexou que España se mantivera
fóra daquela. A ditadura serviuse posteriormente dese sentimento popular para convertelo en bondade e pensamento
racional do ditador.
240
da sociedade estaba dun lado ou doutro. Segundo o Movemento, os funcionarios, industriais e
«una gran masa, generalmente de la clase media» estarían do lado das potencias do Eixo. Do
bando dos aliados: os industriais e os comerciantes ricos, «por creer que con su triunfo volvería
el liberalismo». Outros inclinaríanse cara Alemaña polo seu medo ao comunismo. E arredor
de todos os anteriores: os opositores, «o sea aquellos que sienten en rojo», apostaron pola vitoria
dos aliados «porque creen que con él vendría el establecimiento de lo que quieren».
«Y la masa general del pueblo equidista realmente, anhelando la paz, y solamente algunos grupos
insisten en que solamente en el caso de que se nos atacara deberíamos defendernos».
Nun parte mensual da provincia de Pontevedra, indicouse a existencia dun problema
cuns pasaportes ingleses: a policía detivera a varios que viaxaban con pasaporte falso español,
«extendidos en Cataluña», e que pretenderan pasar a Portugal. Unha vez detidos foron
trasladados ao campo de concentración de Miranda398
.
4.3.3.1.3 A estabilización das frontes e as análises detalladas do sentir dos galegos. O cambio de
tendencia contra as potencias do Eixo
Co paso do tempo, con Antonio Martín Ballesteros na función de Gobernador Civil de
Ourense en 1943 e coas frontes estabilizadas e discorrendo de adiante atrás ao longo de Europa
e África, puidéronse facer análises tranquilas sobre a situación social real na capital provincial
sobre o apoio e a oposición aos diferentes contendentes. O primeiro que fixo o xefe provincial
ourensán foi analizar «entre el elemento afecto». Este foi o formado polos membros do partido
e a masa que o apoiou. Foron aqueles que non se viran afectados polo desenvolvemento da
guerra cada vez máis en contra do Eixo. Foron os que confiaron cegamente na derrota do
comunismo, e no caso de que non fose así «está dispuesto a darlo todo y darse por entero a tal
fin». O outro grupo foi o denominado dos «desafectos». Nestes observouse «cierto porte de
franca satisfacción por los éxitos» que o comunismo ía acadando paso a paso. Tamén fora ben
vista por eles a entrada dos americanos e ingleses na contenda que, segundo eles, comezarían
por invadir Italia e posteriormente Alemaña, para acabar dominando España instaurando un
réxime democrático liberal. A análise puido acabou co resumo de que «se oyen cábalas de todos
los calibres y para todos los gustos»399
.
O mesmo exercicio de identificación fixo Diego Salas Pombo na Coruña. A diferenza
estivo en que el identificou tres sectores: a «masa controlada por las extinguidas organizaciones
sindicales marxistas» contentos co que estaba a suceder na fronte rusa; as «masas amorfas de
burgueses y pequeños burgueses controlados y dirigidos por las viejas influencias» que cunha
actitude catalogada coma «cerrilismo suicida» estaban á espera dunha vitoria dos Aliados; e
finalmente os «verdaderos falangistas y gentes afines a nuestro ideario» que sentiron coma se
398
As citas anteriores, no Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de novembro, decembro de 1942,
AGA, SGM, DNP, 51/20595. 399
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xuño, xullo de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20619.
241
fosen eles os derrotados a derrota en Estalingrado do Sexto Exército alemán e que «preferirían
el aniquilamiento a un Estado pelele con gasolina»400
.
Pero a Guerra foi caprichosa e o vento deixou de soprar a favor do Eixo. As autoridades
provinciais comezaron a anotar que «Los enemigos del Régimen» estaban «gozosos» coa
dimisión de Mussolini e a disolución do Partido Fascista Italiano. Iso, segundo a visión dos
«enemigos» á ditadura franquista, debería inclinar o fiel da balanza cara o final da «guerra a favor
de Inglaterra» levando a España cara a restauración da Monarquía, «que los rojos consideran
peldaño para la consecución de sus fines». Ante este panorama, os «elementos afectos» ao
Movemento teríanse manifestado «reservados e inquietos». Segundo as xerarquías provinciais
galegas, a situación italiana levou aos «desafectos» a crer «llegado el final apetecido» do conflito
mundial. Os xefes provinciais informaron que «Los avances rojos ya preocupan» a
determinados sectores das dereitas galegas, xa que «en principio, solo veían la derrota de
Alemania, no la victoria del comunismo». Cando Alemaña estaba en franca derrota e retirada,
o xefe provincial do Movemento describiu que «hoy empieza a caer la venda de sus ojos y la
cuestión rusa preocupa bastante más que antes». Ese sector desexou que os dous países,
Alemaña e a URSS, se derrotasen mutuamente «destrozándose [...] sin darse cuenta de que,
entre dos que luchan, uno tiene que salir victorioso». O xefe provincial de Ourense concluíu
con que o «elemento desafecto» xa tería claro que con aquel panorama, España non entraría na
Guerra e Alemaña perdería irremediablemente o conflito. Entre «los afectos» estivo claro que
se Alemaña perdía o «comunismo invadirá Europa»401
.
4.3.3.1.4 Cara o final da Guerra Mundial. O punto de inflexión para o falanxismo galego
Acontecementos como a invasión da illa de Sicilia e os avances dos ingleses foran
recibidos pola poboación provocando modificacións de «grandes proporciones en el ambiente
general». Os «bulos y rumores» non deixaron de circular despois da dimisión de Mussolini,
instigados por todos aqueles que difundiron o rumor de que un grupo de procuradores
presentaría unha moción na que se pediría a restauración da Monarquía.
Todo o relacionado coa guerra mundial complicou a vida do partido coruñés. A lectura
que fixo o xefe provincial do Movemento sobre o peso do conflito entre a sociedade
fundamentouse no pasado político da cidade. Para o xefe provincial do Movemento coruñés,
Coruña foi unha provincia complicada: unha provincia na que o Alcalde da capital debeu ser
nomeado por Real Decreto ao longo da Restauración borbónica debido a maioría de
republicanos; unha provincia na que os galeguistas e socialistas «alcanzaron gran difusión en el
campo y dentro de centros industriales»; unha provincia na que a CNT tivo «algunos de sus más
aguerridos luchadores, llegando a sostenerse una huelga general del ramo de la construcción
que batió todos los récords de España en duración». A idea que transmitiron a Madrid as
400
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xaneiro, febreiro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611. 401
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xullo, agosto de 1943; Parte mensual da provincia de Ourense
del mes setembro, outubro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20619.
242
xerarquías coruñesas foi que a provincia debería ser controlada moi de preto. O final da guerra
tería provocado no «ambiente de los antiguos círculos rojos» un clima de axitación e expansión
ante «la pasividad general». A Falanxe coruñesa reaccionou con «Los buenos falangistas
manifestando públicamente su fe, y los timoratos escondiéndose». O xefe provincial do
Movemento coruñés indicou que habería que mostrarse claramente ante a sociedade; e a mellor
maneira sería a obriga de vestir a camisa azul. Tanto foi así que a xefatura provincia coruñesa
emitiu unha circular extraordinaria nº 164 de 26 de xullo de 1943 pola que se obrigou a todos
os afiliados a vestir a camisa azul402
.
Santiago Vallejo Heredia observou dentro do partido lugués unha «acentuación de los
comentarios de los elementos que son hostiles al Nuevo Estado». O avance da guerra no norte
de África tería incrementado eses comentarios que se facían eco de «toda clase de rumores y
comentarios» destinados a «desorientar a la opinión sana». Segundo Vallejo Heredia, aqueles
comentarios eran «incubados» nas reunións daqueles que militaran en partidos marxistas e
democráticos «y los cuales se refieren siempre a la victoria de los enemigos de Europa»403
. O seu
colega pontevedrés Genaro Riestra Díaz apuntou que nos «elementos de oposición» callou cada
vez con maior intensidade a «propaganda sobre todo de la BBC» provocando o nacemento da
idea dunha próxima vitoria dos Aliados e un novo futuro para Europa. «En cuanto a nuestra
posición» da Falanxe pontevedresa resumiuse na confianza en Franco e no seu goberno. Con
todo, o xefe provincial coruñés indicou que os houbo que agardaron a capacidade alemá de
resistir, existindo entre os falanxistas a crenza de que sería imposible que os xermanos perdesen
a batalla. Lendo os partes da provincia Pontevedresa, poderíase aplicar aos membros de FET
de las JONS a máxima de que a esperanza é o derradeiro que se perde. O que residiu no fondo
de todos eses desexos falanxistas foi, argumentou o xefe provincial pontevedrés, a necesidade
de cambiar o modelo capitalista, sempre en oposición ao comunismo:
«[...] pues hay el deseo ferviente de acabar con el hecho ruso, no dejando de impresionar a
muchos indiferentes que por su posición temen al comunismo, pero que por no darse cuenta
de que no es posible seguir con el sistema de economía liberal como los aliados fueran
derrotados»404
.
Á altura de 1944, a complicada situación bélica levou a Vallejo Heredia a dicir que sería
difícil «recoger el sentido de ambientación imperante». O único claro no panorama político
provincial foi que o partido era favorable a Alemaña; mais por outra banda, estiveron o resto
de «gentes poseídas de las más heterogéneas y difusas ideas e intenciones» que só terían
respondido a «egoísmos» persoais que os levaron a proferir opinións que se manifestaron
claramente «opuestas al sentido nacional que debe informar todas las de cualquiera que se
precie español». O partido preocupouse «profundamente». En opinión de Vallejo Heredia, a
guerra foi o único elemento que creou diverxencias entre os membros do partido e a sociedade
luguesa en xeral. Dentro do partido continuouse a defender e manifestar simpatía por Alemaña;
a pesares de que as altas xerarquías obrigaron a mitigar o sentimento filo-alemán. Vallejo
402
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de xullo, agosto de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611. 403
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril, maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20615. 404
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1943; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de abril, maio de 1943; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de maio, xuño de 1943, AGA,
SGM, DNP, 51/20621.
243
Heredia indicou no seu informe que os membros de FET de las JONS estiveron obrigados a
de «neutralidad», no relacionado ás conexións con Alemaña. «Ello manifiesta una perfecta
discordancia o inconsecuencia al opinar políticamente que, en todo caso, la supeditan a los
sucesos bélicos». Esta posición foi denominada polos xefes provinciais como a dos «opinadores
inconsecuentes»; Os opinadores consecuentes foron, polo tanto, os consecuentes coa súa
posición: os xermanófilos e os aliadófilos405
.
«Puede decirse que todo aquello que es motivo de temor para las personas de derechas es
motivo de regocijo para el sector de izquierda que lo espera todo de lo que ellos creen próximo
triunfo. Sin embargo todavía existe un sector más próximo a nosotros que confía en la reacción
de Alemania».
Contra finais de 1944, dende Pontevedra Luis Ponce de León xa tivo claro que Alemaña
perdería a Guerra. Falaba nos seus partes mensuais do grupo de falanxistas que «cree en Falange
y confía en su Jefe Nacional» e que era consciente de que a posterior evolución do réxime
español dependería do que fixese Franco. Eses, segundo Ponde de León, a pesares de ver o fin
do conflito, foron conscientes de que o final sería complicado de conseguir406
. Sobre como faría
España ao chegar o final definitivo da contenda mundial, Antonio Martín Ballesteros identificou
dende Ourense o suposto grupo dos «rojos, los de derechas, los timoratos y cobardes» que
consideraban que España se axeonllaría a Inglaterra; e por outro lado o suposto grupo
«elemento del Movimiento, el militar y todos los sanos» que consideraron que España mantería
sempre unha «actitud digna» conservando sempre a súa neutralidade. O avance dos rusos por
Europa tería creado en Ourense unha «ola de temor y pesimismo». Segundo Martín Ballesteros,
apareceu en toda a súa extensión o «peligro bolchevique»; aquel que «muchos, en tiempo no
lejano, consideraban un mito, hoy ha adquirido proporciones de realidad plena». A situación
política tería comezado a clarear en 1945 cando dende as provincias galegas os membros do
partido comezaron a teorizar sobre os efectos da vitoria dos Aliados en España407
. Aínda que
sempre quedaron pequenos redutos do «viejo sector [...] que se resiste a creer que un pueblo
de la fortaleza y voluntad del germano deba ser aniquilado»408
.
O final da guerra mundial obrigou ao partido a mostrar «serenidad»; mais cunha
«amargura mal disimulada». Con todo, as xerarquías provinciais falaron da «alegría [de] la
llegada de la paz por lo que ello significa para el resurgimiento patrio»409
. Mais para moitos, esa
paz non foi a desexada ou, literalmente, que «no haya llegado de acuerdo con deseos
405
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xullo, agosto de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de outubro, novembro de 1944; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1945, AGA,
SGM, DNP, 51/20645. Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1945, AGA, SGM, DNP,
51/20674. 406
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de agosto, setembro de 1944; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de setembro, outubro de 1944, AGA, SGM, DNP, 51/20649. 407
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1944; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de xullo, agosto de 1944; AGA, SGM, DNP, 51/20648. Parte mensual da provincia de Ourense do mes
de maio, xuño de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20678. 408
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20680. 409
Finalizada a Segunda Guerra Mundial, a ditadura comezou unha viraxe cara supostas posturas máis moderadas
e adaptadas a un novo contexto de paz. O que se fixo foi obviar a fonte ideolóxica da que mana a ditadura franquista. Foi o
xurdimento do «pacto do esquecemento» da ditadura: unha especie de xiro argumental que xustifica a violencia da guerra
civil e a represión posterior ao contexto no que naceu a ditadura. Unha explicación desta posición apórtaa CASANOVA, J.
(1999): 34-37.
244
personalísimos de cada uno». Con todo, os xefes provinciais informaron do acatamento,
«firmemente», das consignas da superioridade «manifestando su conformidad con ellas»410
. A
paz foi recibida, pois, con «fría acogida», preludio do que estaría por chegar á política da España
ditatorial411
.
410
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de marzo, abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20674. 411
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de maio, xuño de 1945, AGA, SGM, DNP. 51/20680.
245
4.3.3.2 Cara a consolidación da construción da ditadura franquista en Galicia
A ditadura franquista quedou nunha situación comprometida internacionalmente co
final da guerra mundial. Se a nivel estatal estiveron preocupados polo que podería ser de Franco
e a súa ditadura unha vez derrotadas definitivamente as potencias do Eixo, nas provincias galegas
a situación viviuse con inquedanza entre os afiliados, simpatizantes e adheridos a FET de las
JONS. Se custou chegar ata ese punto de control das administracións buscando aos máis
adecuados, custou imaxinar que, por efecto do final da Segunda Guerra Mundial, tivesen que
abandonar a construción. Así, na Pontevedra de 1946 capitaneada por Luis Ponce de León,
falábase do ambiente de «calma y expectación» entre a poboación, que viu como as actividades
de tipo clandestino aumentaron en número aínda que non se podían describir máis aló da
«subterránea política de los marxistas en su incesante campaña contra el Caudillo». Segundo o
testemuño de Ponce de León, arredor de Franco e da súa, atribuída polo Gobernador Civil
pontevedrés, capacidade reitora, reuníanse todos os seus seguidores recoñecendo que
«solamente él es quien conduce la Patria por el mejor camino siendo las Leyes que dicta causa
de asombro porque demuestran la realidad de nuestra doctrina que no promete pero
construye». Cando o panorama xeral se pintou desa maneira, a construción fíxose difícil412
.
Os cadros estaban desmoralizados na provincia de Ourense segundo o testemuño do
Gobernador Civil Vicente Muñoz Calero: con sinceridade, o gobernador dixo que dentro do
partido vivíase unha situación de «decaimiento político». Aínda así, dixo o Gobernador Civil
que Ourense era unha provincia «de absoluta garantía para el Régimen y el Caudillo», non tendo
que preocuparse de posibles brotes de disensión, pois Ourense sempre fora unha provincia de
«marcado matiz derechista, católico». Aínda que houbo moitos problemas cos abastecementos
na provincia, non debería existir preocupación entre as autoridades por unha posible
contestación social. «La opinión pública reconoce la necesidad de estar unidos a las órdenes de
Franco y no aventurarse en actuaciones políticas nuevas que comprometerían la paz, el orden y
el reconocido resurgimiento económico». Seguindo o extraordinario e optimista análise de
Muñoz Calero, este dixo que non había que preocuparse dos inimigos do Movemento; ou como
el os denominou e detallou: os comunistas e «izquierda en general», non existían na provincia;
dos monárquicos que «no cuentan con una verdadera organización ni tienen actividades de
importancia» e dos republicanos e galeguistas dicíase que existían, pero que estaban moi
dispersos e carecían de actividade política. Segundo o testemuño de Muñoz Calero, cando
Manuel Fal Conde visitou Ourense para «realizar política de su ideología», o acto resultou un
fracaso, polo que marchou ás vinte e catro horas a Santiago, onde continuou a súa xira; mentres
estivo en Ourense, comera con catro persoas «afines a su política y que carecen de relieve
social»413
.
412
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1946; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1946; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1946;
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de abril, maio de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20680. 413
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xaneiro, febreiro de 1946; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de febreiro, marzo de 1945; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de setembro, outubro de
1946, AGA, SGM, DNP, 51/20678.
246
O Gobernador Civil de Lugo Santiago Vallejo Heredia si detectou na súa provincia un
pequeno «brote monárquico» que tería sido neutralizado grazas a «indiferencia total y absoluta
de todos cuantos piensan y laboran en esta provincia». En consecuencia, o que se demostrou o
Gobernador Civil lugués foi a posición dos lugueses «incondicionalmente al lado del Caudillo».
Os lugueses apoiarían ao partido, que segundo o Gobernador Civil estaría en «progresión
ascendente hacia lo favorable». Vallejo Heredia repetiu constantemente que a situación en Lugo
era de completa adhesión ao Caudillo. E repetiuno tantas veces que «aunque se peque de
machaconería me veo obligado» a dicir o mesmo unha e outra vez. Segundo o Gobernador
Civil de Lugo, a poboación luguesa sentiuse «debidamente gobernada»414.
Os cargos que ostentaban os gobernadores civís obrigáronos a estar sempre en constante
contacto coa realidade. Evitar que os preceptos do nacionalsindicalismo fuxisen polas fendas
creadas despois da derrota do fascismo na Segunda Guerra Mundial foi unha tarefa ímproba e
dura. Tan dura, que requiriu dos gobernadores civís estar atentos a todo, a calquera movemento
estraño que se producise415
. Santiago Vallejo Heredia foi o exemplo paradigmático dese modelo
falanxista. Os seus dous ollos chegáronlle para ver o que pasaba na súa provincia e máis aló das
súas fronteiras; provocado iso, quizais, por aquela «ascensión ascendente hacia lo favorable»
que lle permitiu ver o que outros non foron capaces. Con esa disposición, o 27 de xullo de 1946
dirixiuse ao delegado nacional de provincias, Fermín Celada de Andrés Moreno, coa copia
dunha carta ao director do diario Arriba, Javier Echarri, para pedirlle explicacións sobre unha
nota na portada na que se falaba de que Víctor Manuel —o rei de Italia no momento da chegada
de Mussolini ao poder— «determinó la caída del Fascismo italiano después de veinte años de
opresión». A nota, publicada o 25 de xullo dese mesmo ano, dicía:
«VICTOR MANUEL. En su residencia de Alejandría (Egipto), el ex Monarca italiano, ex
Emperador de Etiopía y ex Rey de Albania ha recibido muchos telegramas de felicitación en el
tercer aniversario de su decisión soberana que determinó la caída del fascismo después de veinte
años de opresión».
Vallejo Heredia reflexionou e preguntou ao seu superior xerárquico como podía ser
posible que o xornal «continuador fiel de las consignas del Fundador de la Falange» puidese
soltar unha afirmación dese calibre e situala ao carón do xugo que simbolizaba a Falanxe e ao
fascismo. Este foi un caso «pintoresco», dixo Vallejo Heredia. A Falanxe de Lugo, por medio
do seu xefe provincial, manifestouse indignada por esa actuación xornalística. Vallejo Heredia
414
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de marzo, abril de 1946; Parte mensual da provincia de Lugo do
mes de abril, maio de 1946; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de agosto, setembro de 1946; Parte mensual da
provincia de Lugo de la provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1947; AGA, SGM, DNP, 51/20674. 415
FET de las JONS viviu etapas diferentes ao longo da ditadura que condicionaron a súa influencia na política
local. Máis aló das tensións internas entre os diferentes actores que a compoñían, existiron unha serie de condicionantes
externos que axudaron a aumentar ou a diminuír o seu papel na política local española. Entre 1940 e 1942 produciuse a
etapa de máximo dominio de FET de las JONS no panorama local: foi o período no que se comezou a facer a asimilación
do cargo de Alcalde co de xefe local do Movemento; e o de Gobernador Civil co de xefe provincial do Movemento. Entre
1944 e 1945 a situación mudou por completo. O final da Segunda Guerra Mundial supuxo un cambio da imaxe exterior da
ditadura e con el a demostración do papel subsidiario de FET de las JONS. Segundo MARÍN I CORBERA, M. (2000): 202-
203, FET de las JONS converteuse nunha «instancia burocrática máis», unicamente útil para tarefas administrativas e de
xestión. En definitiva, acaba convertida nun «casino de encontro para nostálxicos da guerra ao que ían a explicarse batallas
ou a ocuparse das intrigas políticas locais».
247
expresou a súa protesta pola «indigna» colocación da noticia nun xornal que «hemos creído
siempre paladín de nuestra doctrina y, por ende, del auténtico sentir español»416
.
O Movemento pontevedrés e o seu xefe provincial, José Solís Ruiz, tamén vían ao
inimigo do réxime ditatorial na prensa provincial. O 9 de maio de 1949, na acta da reunión do
Consello Comarcal do Movemento quedaron recollidas unhas manifestacións das xerarquías
provinciais contra o xornal El Pueblo Gallego . Cando o Consello estaba a debater sobre a
posibilidade de iniciar a publicación dun xornal ou revista propia da xefatura provincial, o
delegado provincial do Auxilio Social deu conta da negativa de El Pueblo Gallego a publicar
unha nota sobre unha postulación do Auxilio, dando pé a que outros delegados expresasen «las
pocas facilidades que siempre ha dado el llamado periódico del Movimiento para todo cuanto
de relaciones [sic] con la Falange Provincial». Porén, todo foron boas palabras para o outro
xornal provincial —que non órgano oficial do Movemento pontevedrés—: Faro de Vigo, que «da
todo género de facilidades publicando íntegramente cuantas notas le envían»; o mesmo que se
dicía de Radio Pontevedra e Radio Vigo. A actuación de El Pueblo Gallego provocou
«desagrado» entre as xerarquías provinciais. Unha sensación causada e afondada por
determinadas accións do diario:
«[...] [o xornal] está arrendado y depende de una Empresa que como primera medida ha
suprimido el emblema del Yugo y las Flechas que figuraban en la cabeza del periódico. Se
acuerda elevar escrito y telegrama al Delegado de Prensa y Propaganda de FET para que nos
informe de la situación de este Diario con relación al Movimiento».
Comezaba a calar entre as xerarquías pontevedresas a necesidade de contar cun diario
propio do Movemento —en definitiva, outro órgano máis de expresión falanxista—, e para iso
servíronse dun informe sobre prensa do delegado provincial de Prensa e Propaganda da
provincia de Cádiz. Nese informe, ese delegado provincial gaditano dicía que era necesaria unha
labor de proselitismo provincial «dando unidad a toda la acción propagandística de la Falange,
con las características oportunas de cada clima político provincial». Do pretendido novo diario
do Movemento pontevedrés, non volveu falarse máis417
.
416
Copia de la carta dirigida al director de Arriba obre suelto en dicho diario con motivo del aniversario de la caída
del fascismo en Italia, 27 de xullo de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20674. 417
Actas del Consejo Provincial del Movimiento, 9 de mayo de 1949 e Actas del Consejo Provincial del Movimiento,
noviembre de 1949, AHPPo, Jefatura Provincial del Movimiento, Caixa 32.
248
4.3.3.3 Os alimentos en Galicia: unha volta a situación de posguerra
Pero máis aló das alocucións falanxistas, o problema que puxo en perigo o goberno
férreo das provincias foi o dos abastecementos e a dificultade de abastecer a toda a poboación.
Ese factor produciu un «gran número de descontentos y de críticas acerbas al sistema». Ademais,
unha parte da FET de las JONS luguesa cuestionou o proceder do reparto de alimentos ao
quedar de lado a esencia dos que serían os seus postulados ideolóxicos: atender as necesidades
de todo o pobo418
.
Antonio Martín Ballesteros pasou de ser Gobernador Civil en Ourense a selo da Coruña
en xaneiro de 1946. A situación dos abastecementos na súa nova provincia foi a de reservas
«escasas». Como non puido facer nada por arranxar o problema solicitando solucións a Madrid,
Martín Ballesteros fiouno todo a desexada bonanza das colleitas. Con todo, o estado da
provincia coruñesa, aínda non sendo bo, «tampoco puede considerársele como deficiente». As
colleitas podían preludiar de maneira débil unha posible mellora do estado económico da
provincia pois «se anuncian excelentes». O que si preocupou foi o abastecemento dos produtos
de sempre: as patacas e o pan. Sen aportar ningunha solución para as faltas de alimentos,
aproveitou o parte mensual para cargar contra os «elementos desafectos» que aproveitaron o
contexto para facer campaña contra a ditadura «pretendiendo desvirtuar maliciosamente el
hambre que actualmente padecen millones de personas, sobre todo en aquellos países afectados
por la guerra».
A escaseza de produtos foi o que máis «apasiona» aos cidadáns: a falta de produtos de
taxa e a subida dos prezos dos mesmos, foron un enorme problema para as familias «ya que las
disponibilidades no están de acuerdo con el nivel económico, quebrantándose la economía
familiar». Falouse nos partes mensuais de «deficiencia» nalgunhas materias como foi o aceite ou
o azucre. Segundo as autoridades, iso creou «comentarios de desagrado» entre a poboación,
que acusou da carencia ás autoridades; «si bien un importante sector se da cuenta de lo
insuperable de este problema, en atención a la crisis total porque atraviesa el resto del mundo».
Por moita paciencia que tivese o pobo, o ambiente estaba caldeado pola deficiencia dos
abastecementos. Os que máis enfadados estiveron co Estado foron aqueles «sectores que, por
su incultura o mala fe, no se dan cuenta de lo insuperable del problema, perjudicando
notabilísimamente el ambiente político». As autoridades provinciais concederon que o
«malestar entre los humildes» sería comprensible polo peche dos economatos, o que creou un
estado de opinión que chegou á conclusión de que «[...] como al pueblo ya no se le puede quitar
más, forzosamente tienen que suprimir dichos economatos». Entre o denominado «pueblo
trabajador», as autoridades provinciais distinguiron unha «ola de odios contra los encargados de
repartir los abastecimientos, por la cantidad mezquina que dan y porque ven que los grandes
418
Parte mensual da provincia de Lugo de la provincia de Lugo do mes de decembro, xaneiro de 1947; AGA, SGM,
DNP, 51/20674. En Lugo, a situación descrita por Vallejo Heredia confírmase cos sucesos que se produciron na primavera
de 1946 no concello do Saviñao. SOUTO BLANCO, M.J. (2003), describiu e analizou os sucesos ocorridos na localidade do
sur de Lugo, onde un grupo de mulleres se opuxo ás autoridades da CAT que pretendían a requisa de varias toneladas de
centeo consideradas polo pobo como propias. SOUTO BLANCO le o suceso como un modelo de «desafío directo» da
poboación local contra as autoridades; nunha zona xeográfica onde o dominio das agrupacións socialistas agrarias
republicanas determinou a presenza das guerrillas, unha delas a de José Castro Veiga, máis coñecido coma «O Piloto».
249
almacenistas disponen de cantidades que ponen a la venta en el mercado negro». Ademais,
facendo unha lectura a nivel nacional do asunto dos abastecementos, houbo quen dixo que se
o Caudillo «tiene tantos enemigos es por la cuestión de los alimentos, puesto que si diera de
comer al pueblo lo necesario, no cabe duda de que los odios y rencores irían desapareciendo
gradualmente». En resumo: as autoridades recoñeceron que a xente pasaba fame; pero non se
entendía o seu egoísmo nas queixas que proferían. Segundo as xerarquías provinciais, a fame
diaria non debería ensombrecer a política de Franco419
.
Os anos finais da década dos 40 foron como unha volta aos anos máis duros da
posguerra. Faltou de todo e nada funcionou. En Ourense, Vicente Muñoz Calero en febreiro
de 1946 dixo que o problema dos abastecementos «se ha agravado de manera extraordinaria».
As cotas de fariña e aceite foran reducidas á metade dende Madrid; á «malísima cosecha» de
centeo e a pataca sumouse aos problemas de recortes de produtos —a metade da colleita de
centeo, nun ano normal, servía para toda a provincia; un ano de colleita de pataca, nunha
campaña normal, permitía exportar de 6.000 a 7.000 vagóns de tren delas—; non había produtos
da horta que se perderan polas xeadas, acadando o pouco que había «precios astronómicos» no
mercado negro; o leite tamén subira de prezo... Só no referido á carne, Ourense puido
considerarse como a provincia «mejor abastecida de España, con precios inferiores a los de
tasa». No peixe tampouco houbo problema ao ser subministrado na cantidade necesaria. A todo
isto houbo que sumar o problema do transporte das mercadorías.
O que sucedeu cos abastecementos foi un reflexo da mala situación económica da
provincia de Ourense. O elevado custo da vida non se puido cubrir cos escasos xornais dos
obreiros. Martín Ballesteros falou claramente no seu parte mensual dun «verdadero
descontento» da poboación con esta situación. En meses seguintes falouse de situación «crítica»
causada e afondada polo recorte das cotas de abastecemento que obrigaron a abastecer
unicamente a capital provincial e deixar sen alimentos racionados aos pobos da provincia. Había
carne, peixe e verdura, pero a uns prezos tan elevados que foi imposible adquirilos no mercado.
Con todo, as xerarquías provinciais indicaron que houbo unha pequena raiola de luz:
agardábase que nos meses seguintes as condicións meteorolóxicas fosen boas para o cultivo da
pataca e o centeo, permitindo desa maneira o auto-abastecemento e a exportación. Porén, os
meses seguintes continuaron sendo terribles para os ourensáns. Se ben as cousas melloraran un
pouco no ámbito dos artigos racionados —especialmente o pan e o azucre—, os que non estaban
intervidos —como foi o peixe—, continuaron padecendo prezos elevadísimos. A iso houbo que
sumar o elevado prezo da carne causado pola elevación do seu custo en orixe: os campesiños
alongaron a cría e cebo grazas a existencia de pasto abundante. Contra o final do ano, a situación
comezou a mellorar no referido as subministracións de pan e patacas. No proceso de
normalización xogou un un papel esencial a presión sobre os «especuladores» comerciais que
conseguiu unha «gran mejoría en los mercados» nos artigos de primeira necesidade420
.
419
Todas as citas anteriores proceden dos Parte mensual da provincia da Coruña do mes de abril, maio de 1946;
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de outubro, novembro de 1946; Parte mensual da provincia da Coruña do
mes de novembro, decembro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20666. 420
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de febreiro, marzo de 1946; Parte mensual da provincia de
Ourense do mes de marzo, abril de 1946; Parte mensual da provincia de Ourense do mes de abril, maio de 1946; Parte
250
En Pontevedra a situación foi a mesma. Luis Ponce de León dixo que os abastecementos
eran o «principal problema» da provincia. Houbo unha falta total de produtos de «primerísima»
necesidade. A situación era «grave», especialmente por culpa das «medidas tomadas por la
Fiscalía de Tasas» en todo o referido ás requisas de produtos. Por esa razón os mercados terían
estado totalmente desabastecidos dos produtos que permitirían ás familias «ir arreglando sus
necesidades». O problema foi «urgente y urgente ha de ser el remedio», porque os «ánimos de
la población están muy alterados por la imposibilidad de poder adquirir los alimentos necesarios
para subsistir». Aínda que cos meses a situación foi solucionándose, os alimentos distribuídos
non cubriron, a xuízo das xerarquías pontevedresas, «las necesidades de la población entre
quien se reparten». Este elemento provocou a aparición dun «comercio ilícito» e a «gran
decepción de la población por la gran escasez de alimentos». O que máis faltou foi o que viña
faltando dende o final da guerra civil: o pan e a pataca421
.
mensual da provincia de Ourense do mes de maio, xuño de 1946, Parte mensual da provincia de Ourense do mes de
setembro, outubro de 1946 AGA, SGM, DNP, 51/20678. 421
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de xaneiro, febreiro de 1946; Parte mensual da provincia de
Pontevedra do mes de febreiro, marzo de 1946; Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de marzo, abril de 1946,
AGA, SGM, DNP, 51/20680.
251
4.3.3.4 Unha entrada difícil nos anos 50
Os abastecementos foron o problema dos novos tempos que chegaron. 1945 puxo o
punto e final a unha maneira de entender a política en España. Dende aqueles primeiros
momentos de 1939 no que ser falanxista, mostrar o orgullo vestindo a camisa azul, participar
activamente dentro de FET de las JONS puido significar obter un desexado posto na
administración do partido ou dun concello; deuse paso a anos nos que a Falanxe pasou a ser
un mero soporte ideolóxico carente de contido político efectivo. Nunha España que quería
abrirse desesperadamente a Europa e ao mundo, necesitada de alimentos e, sobre todo, de
divisas, mostrarse falanxista abertamente foi poñer nun compromiso ás autoridades provinciais.
Ao fin e ao cabo, España colocouse dende o inicio da Segunda Guerra Mundial no bando das
potencias fascistas alemá e italiana. Foron tempos nos que houbo que limpar a maquillaxe
daqueles primeiros anos da festa fascista da ditadura franquista.
Anteriormente recolleuse a evidencia de que mostrarse abertamente falanxista,
defendendo os postulados do nacionalsindicalismo, a partires de 1945 non estivo ben visto polas
autoridades ditatoriais. A proba, ademais diso, foi que os gobernadores civís e xefes provinciais
do Movemento comezaron a prestar moita menos atención ao funcionamento de FET de las
JONS para exercer un maior control sobre a realidade das súas provincias. O exemplo gráfico
de todo iso é a redución do volume dos partes mensuais que se emitiron a Madrid e que se
viñan empregando para crear este cadro da construción da ditadura franquista. A partires de
1946 son case inexistentes; e o que anos antes necesitou de 50 ou 70 fichas para ser explicado,
a inicios dos anos 50 bastou con catro cuartillas inzadas de cifras soltas e listaxes de gastos e
ingresos do partido a nivel provincial. Que puido facer FET de las JONS para solucionar o
problema dos abastecementos se este estivo en mans do Gobernador Civil que dependeu do
que lle mandaron dende Madrid? Que puido facer FET de las JONS para recuperar a súa
esnaquizada imaxe social por causa daquel problema máis aló de repartir subsidios que lles
proporcionaron os Ministerios, moitos deles fóra do control dos falanxistas? Que puido facer
FET de las JONS para manter o seu papel destacado no ámbito do nomeamento de candidatos
a alcaldías, concellerías, presidencias de deputacións, deputados provinciais, membros de
tribunais...?
A nivel interno, as xefaturas provinciais continuaron a enfrontarse a un partido
totalmente desmobilizado fóra dos límites das capitais provinciais. En febreiro de 1949, das 59
xefaturas locais existentes na provincia de Pontevedra, «40 se encuentran totalmente
abandonadas por falta de mandos». José Solís, o Gobernador Civil e xefe provincial pontevedrés
viuse na obriga de acometer unha reorganización das mesmas por medio de visitas ás
localidades. As xerarquías pontevedresas aproveitaron o proceso para realizar visitas ás locais
onde animaban ás corporacións municipais «al cumplimiento de su importante misión,
recordándoles la conveniencia del contacto con la dirección política que inspira nuestro
Movimiento». Froito desas visitas, o xefe provincial Solís puido «observar el magnífico ánimo a
que están dispuestos para el desarrollo de su labor»422. No tránsito aos anos 50, o Movemento
422
Partes mensuales de actividades de jefes locales y comarcales, 2 de marzo de 1949, AHPPo, Jefatura Provincial
del Movimiento, Caixa 37.
252
estivo fondamente preocupado por consolidar o poder provincial; por iso foi
extraordinariamente importante que as xerarquías provinciais se cinguisen ao que determinaban
os mandos superiores provinciais e nacionais. En marzo de 1949, noutra memoria sobre as
eleccións a deputados provinciais, informábase a Madrid da existencia de reunións cos alcaldes
dos diferentes partidos xudiciais con unha única misión: «la conveniencia de que fuesen
camaradas atentos a la línea política de nuestra Organización los que resultasen elegidos
compromisarios para la misma». O paso seguinte a esa designación debeu ser que:
«Tras el nombramiento de compromisarios, esta Jefatura Provincial se preocupó de la
designación de aquellos Camaradas que habían sido elegidos por los Partidos Judiciales, e
igualmente respecto a la Candidatura para la elección de Diputados Provinciales
correspondientes a Entidades Culturales inscriptos en el Registro Oficial».
Ese proceso de condución da vontade do Movemento «no ha podido ser más
satisfactorio para esta Jefatura Provincial del Movimiento». Os membros da Vieja Guardia
entraran na Deputación provincial423
.
O pasado pesou coma unha lousa sobre o partido. Foi nesta altura da vida política da
ditadura cando comezou a empregarse con moitísima máis frecuencia o termo Movemento para
referirse ao partido FET de las JONS. Unha mostra máis do seu baleirado de contido despois
do final da guerra mundial. Os gobernadores civís, xefes do partido, andaban a outras cousas.
Uns coma Ballesteros na Coruña tiveron que preocuparse polos homes que informaron sen o
seu coñecemento a Madrid dicindo que na provincia baixo o seu mando «la falta de autoridad
en todos los órdenes, hace que rojos, amarillos, azules y de todos los colores se manifiesten de
una forma tan alarmante, que da la sensación de estar en los tiempos del frente popular». Ou
outros que dixeron que o racionamento estaba en tan malas condicións que non había peixe
nin carne nunha provincia «precisamente pescadora y ganadera». Unha provincia na que tamén
«se anuncian racionamientos que no se dan». A abundancia de produtos e materias primas
fixeran da Coruña, unha das provincias co nivel de vida máis baixo de España ata agora, «hoy,
desde hace aproximadamente un año, sacando Barcelona, es la más cara»424
. Ou por poñer outro
exemplo, a preocupación de Vallejo Heredia en Lugo realizando visitas aos lugares de Vilaboa
(no concello da Pontenova), Muras, Ourol, Viveiro e Xove para solucionar o «problema de los
huidos». En visitas coma esa, Vallejo Heredia procurou «elevar el espíritu y convencerles de la
necesidad de ingresar en el Somatén y organizarse». Só en Viveiro, saíronlle, segundo o seu
testemuño, máis de 100 voluntarios para alistarse425
.
Os gobernadores civís non tiveron tempo para o partido. O que lles preocupou foi a
actividade da provincia, que nada se saíse do esquema; que nada puidese causarlles problemas
no seu posto. Nesa tarefa de control absoluto da provincia, o gobernador debeu dominar tamén
os medios de comunicación do seu territorio. Para iso serviuse do Movemento, que emitiu as
pautas que deberon seguir os xornais para dar as noticias. O problema estivo na maneira que
423
Partes mensuales de actividades de jefaturas locales y comarcales, abril de 1949, AHPPo, Jefatura Provincial del
Movimiento, Caixa 37. 424
Noticias de La Coruña, 1947, AGA, SGM, DNP, 51/20691. 425
Comunicando viaje de inspección a distintos pueblos de la provincia [de Lugo], 6 de abril de 1946, AGA, SGM,
DNP, 51/20674.
253
tiñan os xornais de informar de determinados eventos en momentos tan delicados para a
poboación galega. A xente pasaba fame, e non foi o plan ideal poñerse a relatar nas páxinas dos
xornais provinciais noticias sobre paparotas e outros eventos de sociedade. Así, foi bo «tener
libertad en la misma para poner el dedo en la llaga de muchos problemas, que sin ser políticos,
pueden lanzarse al público». Pero de aí a «publicar noticias que siembran en desconcierto más
absoluto», non se puido permitir. As informacións sobre «reuniones fastuosas, mientras el
pueblo se muere de hambre»; reunións de elementos contrarios a ditadura como puideron ser
os monárquicos, non se puideron permitir na prensa do Movemento. Dous exemplos foron as
publicacións de El Ideal Gallego do día 29 —non se di o mes—, no que se informou de dúas
cousas realmente desprezables, a xuízo das autoridades do Movemento da provincia da Coruña.
A primeira foi a noticia relacionada coa perda da colleita de pataca, que dera lugar «ese mismo
día a un verdadero motín en las plazas de abastos». Os estraperlistas aproveitaron esa situación
e mercaron as escasas reservas provocando o ascenso do prezo do tubérculo. A segunda, foi
unha noticia sobre un convite opulento ao que asistira «el Gobernador de una provincia que
está alejada de la mano de Dios». Unha noticia que se publicou nun diario galego sen ter en
conta que «la provincia está en el más completo caos» de abastecemento. Esta última noticia
informativa —na que ía encadrado un comentario sobre a prensa provincial coruñesa, e da cal
non se coñece a xerarquía informante—, culminaba co seguinte parágrafo en maiúsculas:
«Ahí va eso para el buen español y el buen cristiano, fácil es comprobar esto y muchísimo más,
por lo tanto, el que lea esto y tenga medios para corregir estos males, está en su obligación el
cumplir con su deber, tomando las medidas para resolver este estado de cosas; si así no lo hace
allá con su conciencia y responsabilidad ante Dios la Patria y el Caudillo»426
.
FET de las JONS e os seus problemas internos sempre foron un problema para o
Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento. Pero el, xa nos anos 50, tiña outros asuntos
moito máis importantes que controlar a un grupo de nacionalsindicalistas con ansias de poder.
426
Noticias de La Coruña, 1947, AGA, SGM, DNP, 51/20691.
254
255
5.
Elites políticas e poder local na Galicia urbana
«En ninguna provincia tienen tanto valor los cargos de Alcalde, Juez Municipal, etc.,
como en la de Lugo, donde los que ejercen alguna autoridad casi son una casta
superior»427
.
427
Parte quincenal de la provincia de Lugo del 1 al 15 de julio, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
256
5.1. As elites políticas urbanas galegas antes de xullo de 1936: unha análise
O panorama estudado e descrito a nivel provincial deixa en evidencia a debilidade das
institucións da ditadura, especialmente a de FET de las JONS, a encargada da mobilización das
masas e da elaboración e implantación dun discurso político que acabara por convencer aos
cidadáns galegos. O Gobernador Civil, coma xefe provincial do Movemento, debeu combinar
os dous planos de acción que representou o seu posto: a política e a administración. Dous
elementos imbricados que actuaron ao mesmo tempo, sendo inseparables para determinar con
corrección os nomes dos homes que deberon ocupar os cargos municipais na Galicia urbana.
Os nomes dos homes seleccionados deveñen en clave esencial para a comprensión da ditadura
franquista pois configuraron unha nova elite política urbana. Como xa quedou descrito en
páxinas anteriores, a historiografía sobre a construción política da ditadura centrou a súa análise
na determinación e descrición da filiación política daquelas elites para explicar o porqué do
proceso construtor da ditadura e da súa natureza política. Cos datos determinados para a etapa
da ditadura, a historiografía é capaz de definir ás elites coma continuadoras dunha tradición
política anterior ou coma un fenómeno radicalmente diferente, creadas ex novo polas
autoridades provinciais da ditadura. A determinación de se a elite política urbana da ditadura
foi unha construción nova ou continuadora do pasado obtense estudando a traxectoria política
de todos e cada un dos elementos que configuraron esa elite.
Agora ben, o estudo sobre ese condicionante continuo ou descontinuo da elite política
urbana ditatorial non se pode circunscribir a unha simple descrición e obtención de números
ao por maior dos membros desa elite. Como xa que dou explicado con anterioridade, a política
española e as súas elites sufriron diversos movementos e cambios de maior ou menor amplitude
dende 1917 ata o golpe de Estado de xullo de 1936. Eses condicionantes transformadores
ideolóxicos e de cultura política configuraron dun determinado modo de elite política local que
se estruturou na ditadura franquista. Seguindo esta liña argumental, faise inescusable a análise
da continuidade e descontinuidade das elites políticas locais nos diferentes períodos políticos
que viviu España. Se, como di a bibliografía sobre o tema que se está a estudar, a ditadura foi
unha recuperación do fenómeno caciquil, iso debeu quedar recollido na repetición histórica
dos nomes dos homes escollidos. Se, como di outra parte da historiografía, o que se construíu
na España da ditadura foi algo sumamente novo, algo fascista, ese indicio tamén debería ter
quedado reflectido. Por esa razón, a análise cuantitativa de maneira detallada dos números de
homes que ocuparon os cargos municipais nas sete cidades galegas entre 1917 e 1951 faise
necesaria428
.
428
Un primeiro achegamento por esta liña do estudo da continuidade e descontinuidade das elites políticas —neste
caso, circunscrita exclusivamente a provincia de Ourense—, entre os anos 1917 e 1936 realizouno PRADA RODRÍGUEZ, J.
(2008).
257
5.1.1. AS ELITES POLÍTICAS URBANAS GALEGAS ENTRE A RESTAURACIÓN BORBÓNICA E A
DITADURA DE PRIMO DE RIVERA: UN PERÍODO DE CAMBIOS
As mortes por asasinatos de Cánovas ou Maura provocaron as primeiras sacudidas do
sistema político da Restauración. A crise de 1917 provocou os xa referidos cambios na
percepción política dunha dereita europea que viu como o seu status quo foi posto en cuestión
por un movemento obreiro internacional que, por primeira vez na historia, triunfou nun país
tradicionalmente contrario aos cambios sociais e políticos coma o era Rusia. A Restauración
creara unha estrutura política clientelar baseada na relación de dominancia dun home destacado
—o cacique—, entre a sociedade no seu conxunto que lle rendía o beneficio do seu voto nas
eleccións a cambio de favores persoais ou colectivos indeterminados e de diferente natureza.
Así, os elementos que compoñían o sistema electoral da Restauración —os distritos electorais—
, configuráronse posteriormente para o seu estudo en tres tipoloxías. Foron os modélicos —que
alternaron coma un metrónomo dependendo de quen estivese a gobernar en Madrid—; os
dispoñibles —aqueles nos que non houbo alternancia fixada— e os enfeudados —onde gañaban
os de sempre, é dicir, os colocados polo cacique que os controlaba. Como xa quedou reflectido
en páxinas anteriores, a idea máis estendida entre o imaxinario socio-cultural colectivo español
foi a dunha Galicia coma territorio tradicionalmente caciquil; onde o sistema arrelou con forza
e se mantivo co paso do tempo inalterable debido, coma tamén quedou recollido máis arriba,
á atribuída natureza especial do galego coma home político.
Efectivamente, Galicia, coma o resto de provincia españolas, contou cos caciques
pertinentes que controlaron determinados territorios que, as veces, entraron en conflito con
outros dominados por caciques competidores. Os Linares Rivas comezaron dominando a
provincia coruñesa para, co paso do tempo e a inevitable vellez, ir cedendo o paso a Montero
Ríos que controlou, especialmente a zona de Santiago de Compostela. O liberal Montero tamén
tivo intereses na provincia pontevedresa, onde debeu competir co tamén liberal José Riestra, o
satélite provincial de Antonio Aguilar Correa —o marqués de la Vega de Armijo— e co
conservador Bugallal. Na provincia de Pontevedra, a cidade de Vigo contou co seu propio
cacique local: o enxeñeiro José Elduayen Gorriti, tamén coñecido polo seu marquesado do
Pazo da Mercé. Montero Ríos tamén intentou estender as súas redes nalgúns distritos da
provincia de Ourense, onde entrou en disputa nalgunhas zonas co conservador Bugallal, que
tivo intereses tamén na provincia de Lugo, onde competiu polo espazo político coa familia do
conde de Pallares e coa familia Pardo Belmonte, onde o avogado José Benito —alcumado Pepe
Benito—, traballou polos seus intereses dende o pazo da Deputación provincial429
.
Entre o inicio da revolución bolxevique e o golpe de Estado que deu inicio a ditadura de
Primo de Rivera, o réxime da Restauración tivo a posibilidade de celebrar tres eleccións
municipais: 1918, 1920 e 1922. A Lei de outubro de 1877 fixou o número de concelleiros que
429
Sobre o panorama de Restauración e do xogo político entre conservadores e liberais existe un mundo extenso
de bibliografía ben fundamentada para o seu estudo. Para un primeiro achegamento ao fenómeno da Restauración pódense
consultar os traballos compilados por ROBLES EGEA, A. (comp.) (1996) ou a obra de VARELA ORTEGA, J. (dir.) (2001) e
tamén a súa obra individual sobre o sistema político VARELA ORTEGA (2001). Para o caso de Galicia, o texto de VILLARES
PAZ, R. (2005) serve coma introdución ao fenómeno en Galicia. O caso de Elduayen foi traballado con anterioridade por
CASTRO PÉREZ, F. (1997) e tamén a comarca pontevedresa de Ponteareas por CANDEIRA MOSQUERA, F. (1990).
258
lle corresponderon a cada unha das cidades. Ourense foi a que con menos concelleiros contou
debido a súa menor poboación: contou con 20 concelleiros para este período da Restauración.
Santiago contou con 24; Pontevedra con 25; Ferrol con 26; Lugo con 27; Vigo con 33 e A
Coruña con 36. A maioría das cidades galegas contaron cun non moi elevado número de
poboación, en consonancia co resto de capitais provincias que fuxían da dinámica de capitais
coma Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla. O movemento de concelleiros non se limitou
exclusivamente as concorrencias electorais decretadas cada dous anos ou as mortes de
concelleiros que se produciron mentres estaban no seu mandato. A folga xeral de 1917
provocou o cese de 8 xestores da cidade de Pontevedra por, segundo a xustificación dada polas
autoridades provinciais, non prestar a colaboración debida cando a circunstancia social e política
o requiriu; a escusa de que se atoparon indispostos non lles foi aceptada polo Gobernador Civil
que os destituíu a todos. Entre os cesados estiveron o Alcalde, o militar Marcelino Candendo
Paz, e os xestor conservador Rogelio Torres Senra ou o socialista republicano Benigno Suárez
Muñiz430
. Na cidade da Coruña, foron tres os xestores que quedaron suspendidos do seu cargos
sometidos a xurisdición militar polos efectos colaterais da folga xeral de 1917: Gerardo Abad
Conde —que en 1918 acabou sendo Alcalde da cidade—; Constantino Pazos Agra e Santiago
Casares Quiroga431
. Amais diso, no tránsito entre 1917 e a nova corporación de 1918, a cidade
herculina viu pasar tres alcaldes: dous nomeados por efecto dunha Real Orde e outro escollido
pola destitución dos alcaldes nomeados por aquela. Unha cousa similar a esta última sucedeu
en Santiago en decembro de 1917, cando José Cepedano y Fraga ocupou durante un mes escaso
a alcaldía en substitución de Vicente López Mosquera. Ou en Ourense, onde o Alcalde Ramón
Varela Fernández foi destituído para volver a ser nomeado por votación entre os concelleiros432
.
Ceses e nomeamentos de alcaldes tamén sufriu a cidade de Ferrol: unha vez constituído
o concello en xaneiro de 1918, pasaron pola alcaldía José Fraga de Castro, José Velo Lorenzo,
Andrés López Suevos e José Lloveres Martínez, que presentara a súa dimisión en febreiro de
1919 mais mantívose no cargo ata abril de 1920433
. En Lugo, a mobilidade de elites observada a
partires de 1917 non é extraordinaria, mais si sintomática do que se puido producir na cidade
da muralla. Antes da constitución da corporación de xaneiro de 1918, a corporación da cidade
luguesa funcionou sistematicamente por medio de sesións supletorias as reunións do concello
en pleno. O Alcalde Ángel López Pérez, cos xestores Julio Iglesias Fariña, Manuel Vázquez
Seijas e Ameijide representaron ao concello da cidade da muralla subscribindo coa súa sinatura
430
O cese aparece no ano de 1921, catro anos despois da folga xeral. LAPCP, Libro do ano 1921, sesión do 11 de
outubro de 1921: 71. 431
LAPCA, Caixa 148, sesión do 27 de agosto de 1917: 64. 432
Sobre o temor á revolución despois da crise de 1917 PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005b): p. 16-17 describe como na
provincia de Ourense o medo de liberais e conservadores a unha suposta revolución social, levounos a pactar entre eles;
dando coma resultado candidaturas radicalmente opostas dende o punto de vista ideolóxico interno. Os mauristas e a
revolución social foron os inimigos a bater polas dúas partes. LAPCO, Libro do 17 de marzo de 1916 a decembro de 1917,
sesión do 6 de decembro de 1917: 190. 433
Volverá a ser nomeado Alcalde en abril de 1920; volverá a solicitar o seu cese en xuño de 1929 por razóns de
saúde, provocando que os concelleiros da corporación dubiden da escusa dada a insistencia de Lloveres por solicitar o seu
cese, conseguíndoa en xullo de 1920; volverá a entrar na corporación de febreiro de 1930, e volverá a ser Alcalde, primeiro
nomeado por Real Orde en abril de 1930 e, en febreiro de 1931, por votación entre os concelleiros. Aínda lle quedou
percorrido político ata ser nomeado xestor municipal en outubro de 1934, unha vez decretado o cese de determinados
concelleiros polo goberno conservador republicano. Sobre as dúbidas que suscitou entre os seus compañeiros de xestora a
petición de cese como Alcalde en 1920, véxase LAPCF, 500, sesión do 4 de xuño de 1920: 34.
259
todas as decisións en nome da corporación434
. López Pérez continuaría coma Alcalde ata
outubro de 1923; para volver a ser nomeado en xullo de 1927 e xestor febreiro de 1930. As
cidades galegas víronse sometidas aos movementos da política local que marcaron o devir das
elites urbanas en cada unha delas. O cambio fundamental dentro da dinámica política local foi
o golpe de Estado de setembro de 1923 polo que se instaurou a ditadura de Primo de Rivera.
O 1 de outubro de 1923, constituíronse en pleno as corporacións municipais da sete cidades
galegas e do resto de municipios españois. O novo réxime político botou man daqueles
elementos das elites locais que participaran do mundo municipal con anterioridade. A
indefinición inicial do proxecto político nos primeiros meses da súa existencia promoveu a
presenza de determinados nomes que, unha vez comprobaron o rumbo que tomou a ditadura,
presentaron a súa dimisión ou foron cesados polas autoridades.
Táboa 1: Cambio e continuidade das últimas corporacións da Restauración nas cidades
galegas (1917-outubro de 1923)435
Se se observan as posibles continuidades de elites entre os designados pola ditadura de
Primo de Rivera buscando coincidencias coa etapa anterior da Restauración, a situación que se
presenta é a dunha absoluta ruptura con todo o anterior. A corporación pontevedresa de
outubro de 1923 recuperou ao socialista Benigno Suárez Núñez, proba da confianza dada por
aquel partido aos primeiros compases do réxime de Primo de Rivera. En Santiago o recuperado
foi Felipe Gil Casares, dende a posición do liberalismo da Restauración. En Ferrol foron Ramón
Allegue del Río e Vicente Quintela Patín; mentres que en Lugo foron Manuel Roura Varela e
Ramón Saavedra Salgado. No caso da cidade da Coruña, a xestora de outubro de 1923 foi
composta por elementos da elite totalmente novos. Mais a interpretación que de todo isto se
pode facer —que a ditadura naceu coma unha reacción de cambio radical contra todo o pasado
liberal da Restauración—, cómpre matizala ata o extremo. Os primeiros meses da ditadura nas
434
Ángel López Pérez foi Alcalde de Lugo polo Partido Conservador. Na batalla política, López Pérez controlou a
política da cidade da Muralla ata outubro de 1923. O seu rival político foi José Benito Pardo Rodríguez, ou Pepe Benito,
que representou os intereses do PL. 435
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Nº
concelleiros
corporación
Nº postos
teóricos
Nº real de
concelleiros
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 36 108 76 70,37% 29,63%
Santiago 24 72 47 65,28% 34,72%
Ferrol 26 78 58 74,36% 25,64%
Lugo 27 81 34 41,98% 58,02%
Ourense 20 60 55 91,67% 8,33%
Pontevedra 25 75 46 61,33% 38,67%
Vigo 33 99 59 59,60% 40,40%
TOTAL 191 573 375 65,45% 34,55%
260
cidades galegas supuxeron unha continua saída e entrada de concelleiros. En determinadas
urbes obsérvase un constante movemento de ceses, dimisións e nomeamentos. O socialista
pontevedrés Benigno Suárez, foi cesado en novembro de 1923; e antes del xa cesaran ou
dimitiran outros 6 concelleiros. Antes de que acabara o ano de 1923, terían dimitido 7
concelleiros da primeira corporación da ditadura de Primo de Rivera na cidade do Lérez. Na
cidade da Coruña, foron 3 os que saíron desa primeira xestora ditatorial. Os primeiros
compases da ditadura denotaron xa unha extrema mobilidade entre os homes designados para
as corporacións municipais galegas. Máis brusco foron as mudanzas nas cidades de Ourense e
Vigo: as corporacións nomeadas en outubro de 1923 foron substituídas integramente en
decembro dese mesmo ano. Na cidade olívica, entraron, entre outros, o republicano Modesto
Martínez Silva e Adolfo Gregorio Espino, que sería nomeado Alcalde ocupando o posto
durante case a totalidade do período primorriverista436
. Unha situación similar viviu a cidade das
Burgas: o Alcalde nomeado en outubro de 1923 mantívose coma concelleiro en decembro de
1923; mais o cargo de Alcalde foi para Narciso Rivas Martínez, onde se mantivo durante un
mes escaso437
. Máis completo e inmediato foi o cambio de corporacións na cidade de Lugo: a
corporación constituída o 1 de outubro de 1923 presidida por Ramón Saavedra Salgado, foi
substituída o 4 de outubro seguinte, situándose á fronte da mesma Manuel Roca Varela. Amais
dese aspecto de cambio completo da corporación municipal, cómpre destacar o inicio da
recuperación de nomes para os cargos de concelleiros: entre outubro e decembro de 1923, Vigo
e Ourense recuperaron, cada unha, a 6 concelleiros procedentes da Restauración dun total de
33 e 20 cargos a completar en cada corporación, respectivamente.
A partires dese momento, unha vez constituídas as corporacións, os movementos en
cada unha das cidades continuaron a ser constantes. O Alcalde pontevedrés Bernardo Aboal
púxose á fronte dunha nova corporación en xaneiro de 1924. Fixo efectiva a súa dimisión do
cargo o 28 de marzo de 1924; tomou posesión unha nova corporación o día 29 de marzo
encabezada polo Alcalde César García Solís, que cesou do cargo o 30 de xuño de 1924 despois
de que tomaran posesión os concelleiros corporativos que marcaba o Estatuto Municipal de
1924; aquela corporación de marzo de 1924 cesou ese mesmo 30 de xuño de 1924 cando o
Alcalde García Solís presentou a súa dimisión; o 1 de xullo de 1924, Eusebio Lerones Balbás
ocupou o cargo de Alcalde ante unha corporación renovada; Lerones Balbás dimitiu do seu
cargo o 17 de setembro de 1924, provocando a dimisión do concello en pleno. Finalmente, ese
mesmo 17 de setembro de 1924, Mariano Hinojal Olmedo acada o cargo de Alcalde cunha
corporación completamente renovada que manterá o seu mandato ata o 13 de outubro de 1928
cando a dimisión de Hinojal Olmedo provoque a dimisión de toda a xestora en pleno438
. Os
436
Modesto Martínez Silva aparece, posteriormente, coma membro de Acción Republicana na cidade de Vigo.
Adolfo Gregorio Espino mantívose coma Alcalde da cidade olívica dende decembro de 1923 ata xaneiro de 1927. Volveu
a ocupar o cargo en febreiro de 1930 ata abril de 1931. LAPCV, PLE-153, sesión do 5 de decembro de 1923: 1. 437
A votación para a elección de Narciso Rivas Martínez produciuse o 4 de xaneiro de 1924, empatando a votos co
concelleiro Alberto Taboada Azpilicueta. A sorte decidiu que fose Rivas Martínez o escollido para o posto de primeiro
cidadán da cidade de Ourense. O día 11 de xaneiro de 1924, Olegario Muñiz Álvarez pasou a ser o Alcalde da cidade.
LAPCO, Libro do 1 de xaneiro de 1924 a 31 de marzo de 1924, sesión do 4 de xaneiro de 1924: 1 e LAPCO, Libro do 1
de xaneiro de 1924 a 31 de marzo de 1924, sesión do 11 de xaneiro de 1924: 3. 438
Bernardo Aboal Aboal continuou coma concelleiro ata setembro de 1924. A xustificación da dimisión colectiva
dunha corporación municipal cando o seu Alcalde cesaba ou dimitía, pode comprobarse no LAPCP, Libro de 1924, sesión
do 30 de xuño de 1924: 111 ou LAPCP, Libro de 1924, sesión do 17 de setembro de 1924: 162.
261
maiores cambios nas xestoras foron introducidos pola aprobación do Estatuto Municipal o 8 de
marzo de 1924. Ese intento de organización do funcionamento dos municipios españois
introducido poucos meses despois do golpe de Estado de setembro de 1923, demostra o
interese das autoridades primorriveristas de dar solución aos problemas no nomeamento das
corporacións municipais. Unha das cuestións esenciais que fixou o Estatuto foi o número de
concelleiros que lle correspondería a cada cidade. A nova normativa eliminou a Lei Municipal
de 1877 e estableceu un novo patrón numérico para as corporacións. Tamén estableceu a
división dos concelleiros en dous grupos: o colectivo dos concelleiros electivos e o colectivo dos
concelleiros corporativos. A nova corporación ferrolá do 18 de marzo de 1924, non só cambiou
o nome do Alcalde —Rafael Romero Filgueira, nomeado en outubro de 1923, foi substituído
por Antonio Usero Torrente o 21 de marzo de 1924—; tamén introduciu a división dos
concelleiros nos grupos correspondentes. A Ramón Allegue del Río correspondeulle o posto
de corporativo por ser membro da Cámara da Propiedade urbana; a Pablo Leal Fuentes por
ser socio da Asociación Xeral da Cámara de Dependentes e Empregados do Comercio; a
Vicente Bustabad por ser representante da banca e da industria local; a Ricardo Cánovas
Gundín ao ser representante dos centros de ensino; a Felipe Velo coma representante das clases
pasivas; a Julio Fernández Grande coma membro da Cámara de Comercio e a Juan Domínguez
coma integrante do Centro Obreiro de Cultura. As autoridades coruñesas tomaron con Ferrol
o modelo aplicable ao resto de cidades galegas: o corpo de concelleiros corporativos foi un
grupo de homes procedentes da tradición política liberal e que estiveron situados en posicións
socioeconómicas destacadas439
.
Marzo de 1924 marcou os cambios nas corporacións en canto ao seu número; e
decembro de 1925 significou o primeiro consello de ministros da ditadura de Primo de Rivera
no que participaron civís. O directorio civil da ditadura introduciu algúns cambios na
composición das xestoras urbanas galegas. O primeiro deles, o nomeamento de concelleiros
suplentes. Propietarios, catedráticos, comerciantes, avogados, médicos, impresores, armadores,
conserveiros, etc., construíron esta categoría especial de membros das corporacións municipais
que se mantiñan á espera de que se producise algunha dimisión ou un cese440
. O que debe ser
destacado deste grupo de concelleiros suplentes é que conformou unha canteira prezadísima
polas autoridades para atopar elementos dispoñibles para os cargos municipais; non só para
aquelas da ditadura de Primo de Rivera, se non tamén da ditadura franquista. Un repaso aos
apelidos que foron nomeados nas diferentes cidades aclara esta visión. Na cidade de Vigo, entre
os concelleiros suplentes nomeados en maio de 1925 houbo un representante dos Alonso
Cuenca, Antonio; o marqués de Villaverde; ou elementos que formaron parte da elite política
viguesa na ditadura franquista: Francisco Javier Ozores Pedrosa ou Manuel Abal Fábregas441
. Na
Coruña cómpre sinalar a José Roura Castellá e a Elías Moreno Giménez; mais sobre todos os
439
Os seus nomeamentos no LAPCF, 511, sesión do 29 de abril de 1924: 27. 440
Unha mostra descritiva da orixe socioeconómica dos nomeados concelleiros suplentes pódese atopar no LAPCA,
Caixa 157, sesión do 6 de agosto de 1927: 403. 441
Francisco Javier Ozores Pedrosa facíase chamar Xavier Ozores en 1929, cando foi nomeado membro da
corporación liderada por Alfredo Pérez Viondi (El Pueblo Gallego, 7 de maio de 1929: 10). Antonio Alonso Cuenca foi
irmán de Rodrigo e Mauro. Mauro foi concelleiro entre 1920 e 1923, e Alcalde nomeado en xaneiro de 1928. Rodrigo
participou da primeira corporación da ditadura primorriverista. Os Alonso Cuenca continuarían a ter espazo na política
municipal por medio de Rodrigo Alonso Giménez-Cuenca, que aparecerá en páxinas posteriores.
262
demais destacaron os irmáns Julio e Jesús da familia dos Casares Bescansa que residía na cidade
herculina442
. Na cidade de Santiago, dentro do grupo dos suplentes, destacaron os membros da
familia Castromil e Harguindey, Ramón e Juan, que marcaron o devir das respectivas sagas no
momento da ditadura franquista443
. En Lugo, os nomeamentos de concelleiros suplentes non
foron polo camiño das familias políticas senón dos individuos chamados a marcar as súas
parcelas de poder: Luis Bal Gay e Antonio Macía Valado son dos dous representantes
destacados do fenómeno da continuidade posterior dos concelleiros suplentes na cidade da
muralla. Non se poden establecer paralelismos similares en todas as cidades, pero onde se pode
facer a idea é sintomática de como funcionaron e se moveron as elites políticas das cidades
galegas nun contexto de ditadura.
Un fenómeno a destacar deste período comprendido entre 1925 e febreiro de 1930, é o
nomeamento das primeiras mulleres concelleiras nas cidades galegas. Das sete urbes do país,
seis nomearon ben para concelleiras, ben para concelleiras suplentes a varias mulleres. Ourense
foi a primeira en facelo, o 11 de maio de 1925: María Amor Rolán e Blanca Calvo Moraza
acadaron a posición de concelleiras da corporación municipal da cidade das Burgas. O 8 de
xaneiro de 1927, Margarita Losada Pardo e Agustina Álvarez de Rovira ocuparon os cargos
correspondentes na cidade de Vigo. Rosario Fondevila e Pura Domercq en Pontevedra; Rosa
Buján de Castro e Magdalena García Baquero na Coruña; e as suplencias de Mercedes López
Puro en Ferrol e Carmen Pardo e Carmen Ponce en Lugo.
Ao longo de todo o proceso de implantación e institucionalización da ditadura de Primo
de Rivera, obsérvase unha configuración errática, indeterminada, entre as corporacións. Os
ceses e nomeamentos de xestoras en pleno foron correntes ao longo de todo o período. Certo
é que os números globais de nomeamentos foron ampliados polas designacións de concelleiros
suplentes que, co paso do tempo, puideron ser reciclados por outros réximes políticos; mais os
continuos cambios entre os homes das corporacións foron o aspecto máis destacado do
proceso. A ditadura de Primo de Rivera atopou problemas para institucionalizarse, para
implantarse no mundo local urbano galego. A proba reside na análise depurada do total de
homes e mulleres que participaron na política nas últimas convocatorias electorais a
442
Os Casares coruñeses constituíron unha saga dentro da elite política coruñesa dos primeiros trinta anos do século
XX. Santiago Casares Paz foi concelleiro durante a Restauración ata 1920, ocupando a cadeira de Alcalde por pouco menos
dun mes entre 1917 e 1918. Dos Casares coruñeses tamén participou Santiago Casares Quiroga, concelleiro entre 1918 e
1920 e despois en abril de 1931. Finalmente, na cidade herculina, ocuparon cargos municipais os xa citados Julio e Jesús
Casares Bescansa. Julio sería membro dunha comisión xestora durante a ditadura franquista, entre 1939 e 1942. O mesmo
caso que o de Julio foi o de Javier Casares Bescansa —no seu caso na cidade de Ferrol—, nomeado xestor municipal en
agosto de 1936 e cesado en xaneiro de 1939. Pola parte dos Bescansa —divididos entre Coruña e Santiago—, Luis e Leoncio
Bescansa Casares foron concelleiros coruñeses entre marzo de 1925 e decembro de 1927 e febreiro de 1930,
respectivamente. En Santiago, Ricardo Bescansa Castilla foi nomeado para dous mandatos: de xaneiro de 1926 a xullo de
1927 e de marzo de 1929 a febreiro de 1930; volvendo a ser recuperado pola ditadura franquista. 443
Foi especialmente destacado o papel dos Harguindey dentro da elite política da ditadura franquista. A
participación da familia na política abriuna Bernardo Harguindey Echevarría, concelleiro da cidade de Santiago entre 1920
e 1923, e recuperado para o período de febreiro de 1930 a abril de 1931. Amais da suplencia de Juan Harguindey
Harguindey, na corporación santiaguesa xa había un membro da familia dende marzo de 1929: Juan Harguindey Pérez, que
continuou na xestora de febreiro de 1930, ata cesar en abril de 1931. Da mesma maneira que Juan Harguindey Harguindey,
Harguindey Pérez foi nomeado xestor municipal nos primeiros anos da ditadura franquista. O derradeiro Harguindey que
participou na política en todo o período estudado foi Juan José Harguindey Salmonte, xestor entre decembro de 1943 e
xuño de 1946. Os Castromil tiveron un papel máis limitado entre a elite, mais tamén contaron co seu representante na
ditadura franquista: Salvador Castromil Fraga.
263
Restauración e entre outubro de 1923 e febreiro de 1930. O panorama de renovación e
continuidade das corporacións restauracionistas galegas é o dunha mestura entre unha
renovación de nomes case completa nalgunhas cidades e un maior conservadorismo na
mobilidade noutras. Ao longo do período comprendido entre 1918 e 1922, participaron na
política das cidades galegas un total de 375 homes. A cidade da Coruña foi a que máis postos
teóricos puxo en xogo sumando as tres eleccións celebradas, un total de 108; pola contra, para
a cidade de Ourense resultaron un total de 60 postos teóricos para esa mesma etapa. A suma
de postos teóricos para o total das sete cidades galegas foi de 573 concelleiros, o que combinado
co número real de concelleiros escollidos no período arroxa unha porcentaxe de renovación
global de elites políticas na Galicia do 65,45% e unha continuidade de elites do 34,55%. Os
datos do conxunto das cidades galegas, indican que as elites políticas urbanas do país foron
sometidas a unha renovación moi por riba da metade do índice porcentual aplicado. A
discriminación das cifras por cidades si que ofrece resultados dispares de continuidade e
descontinuidade entre elas. A observación dos datos individualizados, indica que as elites de
seis das sete cidades galegas foron sometidas a unha renovación por riba da metade porcentual;
desas seis, da clasificación dos nomes na cidade de Vigo resulta que a renovación da elite galega
para o período final da Restauración foi de 59,60%, mentres que a continuidade da mesma foi
de 40,40%. No mesmo grupo da cidade olívica atópase a cidade de Ourense, cuxas elites foron
sometidas a unhas cifras que case acadaron o número enteiro: a mobilidade das elites urbanas
da cidade ourensá acadou un 91,67% de renovación ao longo do período, dando coma
resultado unha continuidade de elites do 8,33%. Fóra das cidades onde a renovación se mantivo
por riba da metade porcentual, sitúase a cidade de Lugo. Aquí, os 81 postos teóricos dispoñibles
foron ocupados por 34 homes, supoñendo isto unha continuidade de elites do 58,02% e unha
renovación do 41,98%. Estes datos sobre a Restauración nas urbes galegas dan unha imaxe ben
distinta da que resulta da aplicación cultural e social do tópico do mito caciquil entre os galegos.
O fenómeno de cambio de elites produciuse de maneira moito máis destacada coa
implantación da ditadura primorriverista en outubro de 1923. Se se determina que para un total
de 404 postos teóricos a cubrir —tomando como válido para efectos da análise cuantitativa o
número de concelleiros establecido polo Estatuto municipal de 1924—, o número real de
concelleiros que tomaron posesión dun posto en corporacións municipais no conxunto das sete
cidades galegas foi de 940 entre outubro de 1923 e febreiro de 1930. O primeiro que cómpre
destacar é a extraordinaria mobilidade das elites políticas galegas en todo o conxunto temporal
que abrangueu a ditadura de Primo de Rivera. Analizado por etapas dentro do marco
cronolóxico da ditadura primorriverista, entre outubro de 1923 e decembro de 1925, o cambio
dentro da elite política das cidades galegas sitúase na porcentaxe de 55,19%, deixando a
continuidade nun 30%. A situación inversa produciuse na etapa seguinte de decembro de 1925
a febreiro de 1930: o 85,31% dos 429 concelleiros da etapa finalizaron a súa traxectoria política
co final do réxime ditatorial de Primo de Rivera. O aproveitamento de elementos da etapa
primeira da ditadura primorriverista foi do 55,24%; mentres que a renovación da elite situouse
no 44,76% no conxunto das sete cidades galegas. A dinámica das elites das sete cidades foi
similar aos números arroxados pola dinámica xeral do conxunto urbano galego. Todas as
cidades no período de outubro de 1923 a decembro de 1925 sostiveron unha tónica case
idéntica, se ben a cidade da Lugo situouse por riba do índice de cambio —determinado nun
264
88,64% do total de 44 concelleiros desa etapa—; mentres que Ferrol foi a que marcou con maior
claridade unha continuidade nas súas elites.
Un exemplo explicativo da dinámica do período primorriverista é o da cidade de
Pontevedra. Do total de 52 postos teóricos que lle terían correspondido á cidade do Lérez, o
número real de concelleiros que foron nomeados efectivamente para un cargo municipal foron
129, quedando o valor porcentual de continuidade entre outubro de 1923 e decembro de 1925
nun 37,97% mentres que no período seguinte o valor porcentual de renovación foi dun 40%,
sustentándose o cambio das elites da cidade do Lérez na continuidade dos homes da etapa
anterior. O extremo no ámbito da mobilidade e destrución de cargos políticos entre as elites
marcárono as cidades de Santiago e Vigo. Pola corporación santiaguesa, ao longo de toda
ditadura primorriverista, pasaron un total de 145 homes para un suposto teórico de 52 asentos
da corporación. Mais a cidade de Vigo supón o exemplo de maior mobilidade de elites do
período entre as cidades galegas: a renovación de concelleiros entre outubro de 1923 decembro
de 1925 acadou o valor porcentual do 43,53% —sobre o número real de concelleiros da etapa—
; mentres que entre decembro de 1925 e febreiro de 1930 foi do 56,76% quedando a
continuidade de elites nun valor porcentual do 24,49% sobre o total de concelleiros do período.
Isto supón que se creou un número maior de concelleiros ao do número de cargos que se ían
destituíndo. Na seguinte etapa, as cidades de Ferrol e Ourense viron ás súas elites sometidas a
unha menor mobilidade; aínda que esta seguiu a tónica xeral marcada para o resto de urbes. Os
índices de renovación das dúas cidades quedaron entre o 17,95% e o 24,24%, respectivamente,
na etapa de decembro de 1925 a febreiro de 1930. Discriminando os datos obtidos da análise
dos concelleiros das cidades segundo a súa procedencia política cronolóxica, extráese o grao de
reciclaxe das elites políticas para este período. A porcentaxe dos concelleiros procedentes das
últimas corporacións da Restauración soporta plenamente a tendencia de renovación das elites
políticas das cidades galegas. Dos 179 homes que ocuparon un cargo no consistorio municipal
coruñés ao longo da ditadura de Primo de Rivera só 5 —un 2,79% do total de concelleiros
coruñeses—, procederon da etapa final da Restauración. En Pontevedra, de 129 nomeados, 4
foran concelleiros con anterioridade; e en Vigo, un 6,12% dos 196 concelleiros para o período
da ditadura primorriverista exerceran con anterioridade durante a Restauración.
265
Táboa 2: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura de Primo de
Rivera nas cidades galegas
(outubro de 1923-decembro de 1925)444
Nº
concelleiros
corporación
Nº real
conc.
período
Nº real de
conc. etapa
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 37 140 103 60,19% 39,81%
Santiago 26 145 77 59,74% 40,26%
Ferrol 29 87 51 41,18% 58,82%
Lugo 26 117 65 60% 40%
Ourense 24 84 51 54,90% 45,10%
Pontevedra 26 139 79 62,03% 37,97%
Vigo 34 196 85 43,53% 56,47%
TOTAL 202 908 511 55,19% 44,81%
Ao longo da ditadura de Primo de Rivera, fóronse creando elementos configuradores do
que noutras etapas políticas se poderán considerar familias pertencentes ao conxunto das elites
políticas de cada unha das cidades. O proceso de configuración destas viuse favorecido pola
extrema mobilidade desas mesmas elites dentro do propio período; o que facilitou a entrada de
concelleiros que chegaron para dar un novo aire á dinámica política local. A renovación das
elites políticas das cidades galegas maniféstase na etapa de ditadura de Primo de Rivera coma
un fenómeno case total. Ben é certo que o recurso a persoeiros que contaron cunha experiencia
política anterior produciuse a partires de 1925, cando xa o proxecto político primorriverista
comezaba a callar nos diferentes niveis administrativos e políticos. Situacións como a de Manuel
Casás Fernández coma Alcalde da Coruña entre 1925 e 1927, despois de ter sido concelleiro
ata 1920; ou a mesma que Antonio Usero Torrente, Alcalde ferrolán entre 1924 e 1930
recuperado da Restauración ou a do Alcalde lugués da Restauración Ángel López Pérez,
recuperado para o período comprendido entre xullo de 1927 febreiro de 1930, foron correntes
durante a ditadura primorriverista; mais non formaron parte, con todo, da lóxica seguida polas
autoridades para nomear concelleiros para as diferentes corporacións municipais urbanas. A
ditadura de Primo de Rivera supuxo a entrada dunha nova onda de homes que marcarían o
funcionamento das elites locais das cidades galegas por un longo período. A Ditabranda de
Berenguer implicou un pequeno paréntese nesa proceso configurador da elite.
444
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
266
Táboa 3: Integrantes das corporacións da ditadura de Primo de Rivera segundo a procedencia
cronolóxica (sobre número real de concelleiros)
Nº real de
concelleiros
período
Nº
concelleiros
procedentes
Restauración
%
concelleiros
procedentes
Restauración
A Coruña 140 5 2,79%
Santiago 145 10 6,90%
Ferrol 87 6 6,67%
Lugo 117 12 10,26%
Ourense 84 10 11,90%
Pontevedra 139 4 3,10%
Vigo 196 12 6,12%
TOTAIS 908 59 6,28%
5.1.2 AS ELITES POLÍTICAS URBANAS GALEGAS ENTRE A DITABRANDA E A SEGUNDA
REPÚBLICA: A RECUPERACIÓN DAS ESENCIAS DA RESTAURACIÓN E A VONTADE DE CAMBIO.
No apartado anterior púidose comprobar cuantitativamente o movemento
transformador que supuxo a ditadura de Primo de Rivera dende o punto de vista do cambio
das elites políticas urbanas galegas. O réxime da Ditabranda encabezado polo Xeneral Dámaso
Berenguer foi imposto pola coroa española para tentar solucionar o descrédito no que entrara
a política española nos últimos meses da ditadura de Primo de Rivera. Dende a prensa galega
do momento falábase dos primeiros días entre o 28 de xaneiro e a primeira quincena do mes
de febreiro de 1930 coma dun período de transición; de aclimatación aos seus cargos das novas
autoridades nomeadas por Afonso XIII. Con todo, comezaron a notarse os primeiros indicios
de que as elites galegas e españolas vivían un cisma entre dúas opcións irreconciliables: por unha
banda situábanse aqueles denominados «los del “borrón y cuenta nueva”, es decir, vieja (un
empalme de 1923 a 1930), y los que expresan su decidido propósito de que España sea, al fin,
una democracia y no un feudo». Os primeiros foron considerados os «vástagos del viejo tronco
caciquil». Os outros foron definidos coma unha mestura de republicanos, liberais descontentos
co sistema e outras ideoloxías indefinidas445
. O mesmo día 28 de febreiro de 1930, data na que
se constituíron os concellos da Ditabranda, unha viñeta de El Pueblo Gallego retratou a dúas
trazas coas siglas da UP equipadas con sendas serras, onde unha delas se lamentaba ante o
asentimento da outra: «Nos han fastidiado. Ahora les da por usar todos los muebles viejos»446
.
A opinión pública agardaba un cambio político, mais as autoridades provinciais decidiron
apostar por políticos cunha fonda tradición no mundo municipal das cidades galegas.
445
El Pueblo Gallego, 25 de febreiro de 1930: 1. 446
El Pueblo Gallego, 28 de febreiro de 1930: 1.
267
Considerando que o número de postos teóricos das sete cidades galegas corresponden a
404, e que o número real de concelleiros que efectivamente tomaron posesión dalgún cargo
municipal, o índice renovación da elite que actuou durante os meses da Ditabranda quedou
nun 51,49%, moi preto dun equilibrio entre continuidade e renovación. As cidades de Lugo,
Ourense e Pontevedra quedaron situadas no punto intermedio marcado pola porcentaxe do
conxunto das urbes galegas. Vigo e A Coruña reflicten un menor índice de renovación —un
45,59% e un 47,30%, respectivamente—; mentres que as elites da cidade de Ferrol foron as que
menos reflectiron o proceso de renovación.
Táboa 4: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Ditabranda nas cidades
galegas
(febreiro de 1930-abril de 1931)447
Nº
concelleiros
corporación
Nº postos
teóricos
Nº real
concelleiros
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 37 74 35 47,30% 52,70%
Santiago 26 52 33 63,46% 36,54%
Ferrol 29 58 23 39,66% 60,34%
Lugo 26 52 31 59,62% 40,38%
Ourense 24 48 28 58,33% 41,67%
Pontevedra 26 52 27 51,92% 48,08%
Vigo 24 68 31 45,59% 54,41%
TOTAL 202 404 208 51,49% 48,51%
A Ditabranda supuxo un regreso á cultura política das elites urbanas galegas do período
da Restauración. A experiencia liberal do concelleiro coruñés Ángel Naveira Lamela foi
aproveitada polas novas autoridades: concelleiro con anterioridade a 1917 e cesado en outubro
de 1923, volveu ao consistorio coruñés para efectuar o seu último acto na vida política activa da
cidade herculina. Navieira Lamela compartiu novamente o salón de plenos cun vello coñecido
coma foi Francisco Emilio Fontenla Pereira, con quen mantivo unha traxectoria política similar.
Para o posto de Alcalde na cidade da Coruña foi recuperado Maximiliano Asúnsolo Linares
Rivas o derradeiro Alcalde da Restauración coruñesa448
. En Lugo volveron nomes coma o de
Jesús García Gesto ou o de Antonio Velón Ventosiños; amais da eterna duración do último
Alcalde, Ángel López Pérez que, en 1930 non viu continuidade no posto de primeiro cidadán.
Ese cargo, na cidade luguesa foi ocupado por un recente chegado, mais con dous apelidos ben
447
Elaborada en base ás relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 448
Ángel Naveira Lamela e Francisco Emilio Fontenla Pereira representan o modelo de concelleiro ideal empregado
pola Ditabranda para ocupar os concellos galegos: dous homes procedentes do liberalismo restauracionista, saídos das
eleccións anteriores á crise política do sistema de 1917; os dous, cesados coa chegada da ditadura de Primo de Rivera e
recuperados en febreiro de 1930 en calidade de antigos concelleiros. O exemplo de Maximiliano Asúnsolo Linares Rivas e
similar ao dos dous concelleiros. Coma derradeiro Alcalde da etapa da Restauración, suporía unha recuperación daquilo
que pretendeu recuperar o réxime de Berenguer: a reorientación da política española cara a cultura política do liberalismo
que deseñara Cánovas del Castillo.
268
coñecidos na urbe: Benito López Pérez449
. En Vigo, o Alcalde Adolfo Gregorio Espino volveu
a ser chamado para ocupar unha cadeira de concelleiro no consistorio olívico; coma tamén o
foi o socialista Waldo Gil Santóstegui, que continuou a súa dilatada traxectoria iniciada na
Restauración agora baixo o paraugas da Ditabranda450
. Situacións similares a esta producíronse
nas outras catro cidades galegas. Son exemplos puntuais que afirman as cifras de procedencia
política dos homes seleccionados pola Ditabranda. O groso dos membros das elites políticas
recuperados polo réxime de Berenguer procederon das últimas corporacións da Restauración.
A cidade que contou cunha maior porcentaxe de homes procedentes daquela etapa foi
Ourense, onde de 28 concelleiros que actuaron nesta etapa, 18 actuaran na política local durante
a Restauración. Unha cifra próxima á da cidade de Ourense e sobre un número similar de
concelleiros reais da etapa é a de Ferrol, onde de 23 concelleiros, 13 —o 56,52% do total—,
exerceran durante a Restauración. Números máis elevados de reciclaxe de elites desvelou a
cidade de Santiago onde —seguindo a liña marcada polo índice de continuidade para todo o
período en Galicia—, un 30,30% dos 33 concelleiros do período ocuparan o cargo de concelleiro
durante a Restauración. En canto a recuperación de elementos da ditadura de Primo de Rivera,
os números son exiguos en todas as cidades. Na cidade de Ourense, só 1 dos concelleiros
recuperados pola Ditabranda fora concelleiro nomeado no período primorriverista; mentres
que as cidades de Santiago e Vigo recuperaron a 5 membros da elite política local que actuaran
naquela etapa.
449
Jesús García Gesto contou coma experiencia previa na política a súa estancia no salón de plenos da cidade de
Lugo con anterioridade á crise política de 1917, onde se mantivo ata outubro de 1923. Antonio Velón Ventosiños pertence
a unha categoría de elite con maior experiencia no campo municipal: concelleiro durante o bienio de 1920 a 1922, a ditadura
de Primo de Rivera recuperouno en xullo de 1927 para o cargo municipal, onde se mantivo ata as eleccións de abril de 1931
e a posterior conformación da corporación republicana. O caso de Ángel López Pérez xa se manifestou en liñas anteriores,
podéndose resumir coma o dun home que influíu de maneira destacada na política local luguesa. 450
O tránsito pola política de Waldo Gil Santóstegui foi moito máis longo de duradeiro. Este membro do socialismo
vigués, saíu elixido por primeira vez nas eleccións que deron lugar á corporación viguesa de abril de 1922, da que foi
destituído en outubro de 1923. A súa primeira participación na política local da ditadura de Primo de Rivera deuse en
febreiro de 1924 e rematou en outubro dese mesmo ano. Volveu ser chamado ao posto de concelleiro polas autoridades
ditatoriais en xaneiro de 1926, no que se mantivo ata maio de 1929. A súa participación na corporación de febreiro de 1930
a abril de 1931 continuou cando saíu elixido nas eleccións locais da que saíu a Segunda República. Padeceu o cese
gobernativo de outubro de 1934 e volveu ao seu posto en febreiro de 1936, onde se mantivo ata xullo de 1936, cando as
autoridades da ditadura franquista o destituíron e, posteriormente, o asasinaron.
269
Táboa 5: Integrantes das corporacións da Ditabranda segundo a súa procedencia cronolóxica
(sobre número real de concelleiros)451
Nº real de
concelleiros
Nº concelleiros
procedentes
Restauración
% concelleiros
procedentes
Restauración
Nº concelleiros
procedentes P.
Rivera
% concelleiros
procedentes P.
Rivera
A Coruña 35 19 54,29% 2 5,71%
Santiago 33 10 30,30% 5 15,15%
Ferrol 23 13 56,52% 3 13,04%
Lugo 31 15 48,39% 4 12,90%
Ourense 28 18 64,29% 1 3,57%
Pontevedra 27 11 40,74% 2 7,41%
Vigo 31 14 45,16% 5 16,13%
TOTAIS 208 100 48,08% 22 10,58%
A implantación da Segunda República, como réxime político que xurdía para poñer
punto e final a unha maneira de facer política nacida coa Restauración, podería ter suposto un
cambio esencial na continuidade das elites políticas urbanas galegas. A idea principal desa
pretendida idea é que se mantivo inalterable todo o sistema caciquil nacido da Restauración. O
poder —entendido coma o control das institucións políticas e administrativas—, tería consistido
nunha especie de relación descendente onde as camarillas políticas locais, das que tomou parte
a elite política urbana, influían sobre os seus potenciais votantes. A República obrigou a artellar
proxectos políticos en forma de partidos novos que se comezaran a configurar con moita
anterioridade. No campo das elites da dereita, os sistemas de organización das formacións
políticas seguiron un esquema tamén descendente: existía un líder ou xefe nacional que marcaba
o rumbo xeral ideolóxico; baixo el situáronse os xefes provinciais que exerceron o control sobre
as correspondentes camarillas locais. Con isto, as eleccións do mes de abril de 1931 —precedidas
por un período político coma o da Ditabranda de indefinición e resposta cultural e social contra
o mesmo—, puideron ser comprendidas no ámbito urbano coma un movemento contrario a
todo o anterior: unha dicotomía entre Monarquía e outro sistema político que, naquel momento
foi o republicanismo. A Monarquía representaría a continuidade das esencias políticas,
culturais, económicas e sociais; mentres que a República sería un cambio completo respecto a
todo o anterior. As cidades galegas terían apoiado esa realidade dicotómica votando nas cidades,
maioritariamente, ás candidaturas republicanas. Nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago,
Pontevedra e Vigo, o triunfo das candidaturas republicanas foi claro, aínda que con matices
debido ao peso dos sufraxios entre as dúas posibilidades, traducidos en números dispares de
concelleiros. A Coruña e Ferrol demostraron o poder que as elites políticas republicanas foran
demostrando dende os anos finais da Restauración; mentres, Ourense e Lugo manifestáronse
de maneira diferente. Na cidade de Ourense produciuse un empate entre monárquicos e
republicanos, mentres que na cidade de Lugo a vitoria correspondeulle aos candidatos de
tradición monárquica liderados por Benito Pardo, o fillo do cacique lugués Pepe Benito452
.
451
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 452
Un estudo sobre as eleccións e o mantemento do sistema caciquil na Galicia baixo o mando da República é o de
GRANDÍO SEOANE, E. (1999). A liña de argumentación xeral do texto citado e defendida por GRANDÍO SEOANE, E. (1999):
20, é que nos concellos urbanos os líderes dos partidos eran os sustentadores das redes clientelares e que tiñan en propiedade
un partido —ou un proxecto político—, propio que se podía adoptar a calquera situación. Por iso, un cambio de réxime coma
o sucedido en abril de 1931 non tería suposto un trauma decisivo para as dereitas galegas pola súa capacidade de adaptación.
270
A nivel interno das sete corporacións urbanas da Galicia republicana, a situación entre
abril de 1931 e outubro de 1934 foi moito máis complexa que a que resultou das eleccións
daquel mes de abril. Na cidade de Vigo, en decembro de 1932, de maneira «espontánea» os
concelleiros asistentes definíronse ideoloxicamente segundo a súa filiación política. Waldo Gil
Santóstegui liderou o grupo dos socialistas, onde estiveron Lucio Vergas García; Emilio
Martínez Garrido; Antonio Vidal Vila; Ramón González Brunet; Matías Latorre Casamayor;
José Caldas Iglesias; Eduardo Moreira Graña; José Martín Estévez; Avelino Landeiro Martínez
e Ignacio Seoane Fernández. Ángel Loureiro Rial definiuse coma «socialista-agrario»; Pablo
Palacios Burgos coma simple «republicano» e Modesto Martínez Silva coma elemento de
Acción Republicana. O outro grupo maioritario de concelleiros vigueses foi o dos
«republicanos-agrarios» onde se situaron José Domínguez Álvarez; José Costas Reinaldo; José
Costas Alonso; Domingo Comesaña Fernández e Ángel Campos Varela453
. Os movementos na
corporación viguesa comezaron cos primeiros compases da República. O Alcalde Enrique
Blein Budiño —un home experimentado no mundo municipal, xa que fora concelleiro durante
a ditadura de Primo de Rivera e a Ditabranda—, foi cesado por orde gobernativa en decembro
de 1931 e substituído por Amado Garra Castellanzuelo; que foi cesado en decembro de 1932
para ser substituído por Emilio Martínez Garrido. Antes da suspensión gobernativa de Martínez
Garrido do cargo de Alcalde en marzo de 1934, dimitiran en xaneiro de 1933 os concelleiros
Pablo Palacios; Manuel Hidalgo; Rodrigo Iglesias e Manuel Romero454
. Na cidade da Coruña
tamén se produciron movementos que supuxeron cambios substanciais na configuración da
corporación municipal republicana. Ángel Senra Rodríguez, nomeado Alcalde en abril de 1931,
dimitiu do cargo en agosto dese mesmo ano sendo substituído por Juan González Rodríguez
que dimitiu en agosto de 1932 ao ser nomeado Gobernador Civil da provincia de Ourense;
Manuel Iglesias Corral fíxose coa alcaldía da que dimitiu en decembro de 1933 entregándolle
o testemuño a Alfredo Suárez Ferrín. A idea dunha República que supuxo unha cesura co
pasado político inmediato, a través da configuración dunhas elites políticas novas e diferentes a
todo o anterior, cómpre matizala nalgúns puntos concretos. A dinámica xeral das sete cidades
galegas indica que o grao de renovación e continuidade das elites políticas quedou moi próximo
a metade porcentual. A maioría das cidades movéronse entre un índice de continuidade de
concelleiros do 34% marcado pola cidade da Coruña e o 4,63% e 2,20% establecido polas
cidades de Pontevedra e Ourense na primeira etapa republicana, entre abril de 1931 e outubro
de 1934, e sobre o total de concelleiros do período.
De aí, que GRANDÍO SEOANE, E. (1999): 30-31 conclúa que a colaboración entre os partidos de dereitas coma o BN, a
URD-CEDA ou calquera outra marca local deviñese nunha clave de todos os procesos electorais: os programas políticos
foron diferentes, mais o proxecto contra e República era o mesmo para todos. 453
Esta vontade de definirse politicamente viña precedida de varias sesións plenarias anteriores nas que algúns
concelleiros se sentiron incómodos coas cualificacións ideolóxicas que outros compañeiros de corporación vertían sobre
eles. LAPCV, PLE-163, sesión do 23 de decembro de 1932: libro sen foliar. 454
LAPCV, PLE-160, sesión do 15 de decembro de 1931: libro sen foliar. A destitución de Enrique Blein Budiño
resultou da non aplicación por parte do Alcalde dunha orde gobernativa que o obrigaba a repoñer no seu posto a diversos
funcionarios municipais que foran suspendidos. A suspensión gobernativa de Emilio Martínez en LAPCV, PLE-167, sesión
do 9 de marzo de 1934: 174.
271
Táboa 6: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda República nas
cidades galegas
(abril de 1931-outubro de 1934)455
Nº
concelleiros
corporació
n
Nº conc.
Período
Nº conc.
etapa
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 39 95 38 15,79% 84,21%
Santiago 30 87 32 59,37% 40,63%
Ferrol 27 98 33 33,33% 66,67%
Lugo 27 101 27 81,48% 18,52%
Ourense 23 91 25 92% 8%
Pontevedra 27 108 26 80,77% 19,23%
Vigo 37 140 45 73,33% 26,67%
TOTAL 210 720 226 59,73% 40,27%
O verdadeiramente destacable na análise deste período da Segunda República nas
cidades galegas é a orixe política daqueles que participaron nela. Dos 720 postos que foron
cubertos no conxunto das sete cidades, 46 xa foran concelleiros nas últimas corporacións da
Restauración; mentres que 28 exerceran o mesmo cargo durante a ditadura de Primo de Rivera
e só 6 foran nomeados concelleiros pola Ditabranda. Se se comparan as porcentaxes de
procedencia política entre dous réximes tan distintos como a ditadura de Primo de Rivera e a
Segunda República, obtense coma resultado que o 6,39% dos concelleiros republicanos contou
cunha traxectoria política previa, mentres que a porcentaxe da ditadura primorriverista quedou
nun similar 6,50%. Na Coruña volveron a aparecer nomes coma o de Santiago Casares Quiroga,
Lino Molina Couceiro; José Fandiño Arojo; Ángel Senra Rodríguez ou Eduardo Blanco Lemos.
A corporación de Ferrol regresaron o socialista Antonio Bello Paz, o republicano Federico
Pérez Llano, o radical Segundo Cotovad Díaz e o maurista Manuel Castiñeira Gómez. En
Ourense volveron, entre outros, Manuel Suárez Castro, Constantino Bouzo Fernández, Luis
Fábrega Coello ou José María de las Cuevas Vázquez. En Pontevedra foron rescatados Rogelio
Torres Senra, José Hermida Esperón, José Cochón Paz ou o socialista Manuel García Filgueira.
Na cidade de Santiago, o único concelleiro republicano procedente da Restauración foi Felipe
Gil Casares. Amais, a cidade de Vigo tamén recuperou maioritariamente a antigos concelleiros
da ditadura de Primo de Rivera coma Manuel Estévez Cambra ou o agrario José Domínguez
Álvarez.
Un cambio maior dentro do período republicano foi o comprendido entre outubro de
1934 e febreiro de 1936. Determinados xestores das corporacións municipais foron cesados
por orde gobernativa por «falta de adhesión y asistencia debida al Poder Público» ou por manter
«relación con los elementos perturbadores» da orde republicana456
. O goberno central
conservador aproveitou a situación de crise política e social no conxunto de España para
suspender aos membros das corporacións próximos á esquerda ideolóxica. Aproveitouse o
455
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 456
Son dous exemplos extraídos de LAPCA, Caixa 163, sesión do 24 de outubro de 1934: 174 e LAPCV, PLE-
167, sesión do 13 de outubro de 1934: 423, respectivamente.
272
momento para dar entrada a acólitos ideolóxicos do PRR, a CEDA ou outros partidos
conservadores locais que actuaron baixo unha determinada marca nos seus feudos dominados
por eles. As corporacións municipais das cidades galegas renováronse por riba da metade do
índice de estudo. Entre as sete cidades, a que presenta un menor índice de renovación de
concelleiros é Ferrol; e a posición, en canto a maior mobilidade, foi a cidade de Pontevedra,
superando o máximo do índice por seis centésimas —en números similares moveuse a cidade
de Ourense, aínda que nun grao sensiblemente menor. Os concelleiros que as autoridades
recuperaron para este lapso de tempo procederon maioritariamente das extintas corporacións
primorriveristas, excepto na cidade da Coruña, onde a maioría foi extraído das últimas
corporacións da Restauración. A etapa de 1934 a febreiro de 1936 foi vivida de diferentes
maneiras dependendo da urbe a tratar. Mentres que as cidades da Coruña, Ferrol, Santiago e
Lugo continuaron toda a etapa cunha única xestora nomeada entre outubro e novembro de
1934; as cidades de Ourense, Pontevedra e Vigo viviron o nomeamento de dúas ou máis
xestoras no mesmo período de tempo. Dos 294 concelleiros que desenvolveron a súa actividade
política naquela etapa republicana no conxunto das cidades galegas, o 73,81% foron elite política
renovada, mentres que o 26,19% foron concelleiros que continuaron a traxectoria da primeira
etapa republicana. Dese total de homes, o 70,07% acabaron a súa etapa política republicana en
febreiro de 1936. É a etapa final da República de 1936 a que supón un punto de inflexión para
unha boa parte da elite política urbana galega. Fóra dos casos das cidades de Lugo, Santiago e
Ferrol, onde foron nomeados 28, 25 e 1 concelleiro novos non procedentes das corporacións
de abril de 1931, na Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo produciuse unha recuperación
absoluta dos elementos da elite republicana. E, do mesmo xeito que se produciu a recuperación,
a destrución orixinouse no mesmo nivel: o golpe de Estado de xullo de 1936 supuxo cambios
de elites políticas próximos ao 100% en todas as cidades; excepto na cidade de Ourense, onde
case a metade da última corporación republicana foi empregada polas autoridades sublevadas
para a súa primeira comisión xestora municipal. A vitoria da Fronte Popular en febreiro de
1936 implicara a volta dos concelleiros cesados en outubro de 1934 e a restitución das
corporacións xurdidas das eleccións de abril de 1931. Esa dinámica de elites republicanas
mantívose ata xullo de 1936, cando o golpe de Estado promovido por unha facción do Exército
prendeu un novo cambio na composición das elites políticas urbanas galegas.
273
Táboa 7: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda República nas
cidades galegas
(outubro de 1934-febreiro de 1936)457
Nº
concelleiros
corporación
Nº conc.
Período
Nº conc.
etapa
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 39 95 37 43,24% 56,76%
Santiago 30 87 26 50% 50%
Ferrol 27 98 33 33,33% 66,67%
Lugo 27 101 44 88,64% 11,36%
Ourense 23 91 43 97,67% 2,33%
Pontevedra 27 108 60 88,33% 11,67%
Vigo 37 140 51 84,31% 15,69%
TOTAL 210 720 294 73,81% 26,19%
457
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
274
5.2 Os concellos galegos na España sublevada: o proceso de construción e designación
das elites galegas da ditadura
Comezada a guerra civil, a medida que os sublevados foron gañando territorio contra os
republicanos víronse na necesidade de controlalo política e administrativamente. Os concellos,
Deputacións e provinciais foron os tres niveis político-administrativos a dominar. Se no caso
das provincias o Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento debeu enfrontarse a un
quebracabezas inmenso no que debería encaixar o abastecemento, o funcionamento de FET
de las JONS e a propia administración provincial, tivo que engadirlle o primeiro cidadán
provincial a complicada tarefa de nomear concellos e comisións xestoras municipais.
Xa se coñece por parágrafos anteriores as complicacións que atoparon as novas
autoridades sublevadas para facerse co control da provincia. A poboación resignouse aos novos
dominadores políticos, pero non estivo pola labor de abandonar a súa posición crítica cos
políticos e administradores recente chegados. O problema radicou en que entre esa poboación
houbo que buscar a alcaldes e concelleiros para as comisións xestoras, e a busca non foi sinxela.
Todo foi unha cuestión de números: a nacente ditadura atopouse ante unha Galicia cunha
poboación que se situaba arredor dos dous millóns de habitantes. No lapso de tempo de 1900
a 1950 o país pasara dos 1.980.515 habitantes aos 2.602.599. As provincias da Coruña e
Pontevedra viron como a súa poboación medrou nese marco cronolóxico: a primeira pasou de
653.556 habitantes a 955.772; mentres que a segunda evolucionou dos 457.262 aos 671.609.
Lugo tamén sufriu pequenos aumentos de poboación gañando case 70.000 habitantes nese
período de tempo; e Ourense fixo o propio aumentando en máis de 61.000 persoas a súa
poboación. O marco xeral da provincia mostra o crecemento da poboación a nivel xeral; mais
o que debe centrar a análise son as cidades que funcionan coma pequenos sistemas
demográficos dentro da provincia.
En 1940 só a cidade da Coruña superaba os 100.000 habitantes. A cidade Herculina
pechara o ano de 1930 con 74.132 persoas, seguida a unha certa distancia pola cidade de Vigo
con 65.012 habitantes. O resto das cidades galegas non superaban en 1930 os 40.000 habitantes,
sendo Ourense a menor das urbes en canto a poboación. A cidade olívica sempre foi por tras
da Coruña e foi unha das que se viu sometida a un dos maiores aumentos de poboación do
país: pasou dos 85.272 habitantes de 1940 aos 137.873 de finais de 1950. O outro caso particular
foi o de Ferrol: de pechar 1930 con pouco máis de 35.000 habitantes a finalizar 1940 con 59.829
e 1950 con 77.030 habitantes. O maior aumento de poboación nos concellos urbanos galegos
produciuse coa anexión de concellos limítrofes que aportaron o seu caudal humano ás cabezas
da provincia. Santiago anexionouse con Conxo antes de pechar o exercicio de 1930; Ferrol
fixera o mesmo con Serantes, e Ourense con Canedo en 1940 e Pontevedra e Vigo, en 1950,
sumaran ao seu termo municipal Xeve e Lavadores, respectivamente. 1950 foi o ano no que
Vigo superou A Coruña en poboación.
A política galega diferencia dende sempre os ámbitos de actuación política e económica
dependendo da tipoloxía do territorio. Existen grandes diferenzas no modo de actuar político,
económico, social e cultural entre o mundo urbano e o mundo rural. No mundo urbano existían
275
unhas elites políticas conservadoras extraordinariamente ben definidas e delimitadas. No
mundo rural, esta división entre o conservador e o non conservador non está sempre clara.
Autores que analizaron esta dicotomía da realidade política e social galega falan do rural coma
un «espazo disperso»458
. Este ámbito diferenciado entre as dúas esferas foi o que provocou a
concorrencia nas primeiras xestoras, nomeadas polas autoridades militares, de persoeiros que
contaban cunha traxectoria política previa. Iso si, esa traxectoria debería ter sido en partidos de
dereitas, ben fose durante a Restauración ou durante a Segunda República. O panorama das
cidades galegas era o de pequenos núcleos —sempre máis grandes en comparación cos outros
centros provinciais coma podían ser as cabezas de partido xudicial—, que deberon ser
controladas inmediatamente en todas as súas facetas polas autoridades sublevadas. Os
encargados de tomar o control foron os militares de praza que nomearon as primeiras xestoras
municipais.
O golpe de estado de xullo de 1936 produciuse cunha preparación previa na que se viron
envoltos militares e civís de diferente extracción social e ideolóxica —maioritariamente do sector
da dereita política. O Xeneral de Brigada Emilio Mola redactou con anterioridade á sublevación
de xullo de 1936 unha serie de instrucións reservadas que describían os eixos sobre os que
debería ter xirado a actuación militar, política e social dos sublevados ante as autoridades
republicanas. A Instrucción Reservada nº 1 xustificaba o golpe de Estado polas «circunstancias
gravísimas por que atraviesa la Nación» causadas, segundo aquel, porque o goberno republicano
funcionaba «prisionero de las Organizaciones revolucionarias». A que Mola definiu coma
«situación caótica» só se podería solucionar —«evitar», segundo a súa expresión—, «mediante la
acción violenta». Ao longo das bases daquela primeira instrución aos potenciais sublevados,
Mola chamaba aos «elementos amantes de la Patria» a «organizarse para la rebeldía» coa única
finalidade de obter dende o poder a potestade de imposición da «orden, la paz y la justicia». A
terceira das bases establecía a configuración da trama civil do golpe de Estado, que se
desenvolvía en tres ordes: un comité provincial, os comités dos partidos xudiciais e os comités
dos municipios. O punto f) daquela terceira base da instrución reservada de Mola resulta o
punto inicial da configuración dos concellos sublevados: os diferentes comités civís deberían
«tener preparadas las personas que han de hacerse cargo del Ayuntamiento de la capital y
aprobar los nombres que propongan para los de los pueblos». É dicir, que un dos primeiros
puntos de control para os futuros sublevados contra deberían ser os concellos rurais e urbanos.
Amais, o punto i) daquela mesma base da instrución dicía que, de común acordo co xefe do
comité militar territorial, habería de nomearse ao home encargado de facerse co control do
Goberno Civil de cada provincia; coa condición preferente de que «siempre que sea posible es
preferible que de dicho Gobierno se encargue el jefe más caracterizado de la Guardia Civil; si
no es persona de carácter, es preferible una persona civil»459
.
458
GRANDÍO SEOANE, E. (2014): 62. 459
Esta instrucción reservada e o resto delas —cinco nomeadas coma reservadas e outras oito baixo os cualificativos
de instruccións, instruccións especiais ou directivas—, anéxaas PUELL DE LA VILLA (2013) ao seu texto. Na instrucción
reservada número 3, na que Mola tratou diferentes aspectos organizativos coma a transmisión das informacións sobre ordes
e a declaración do estado de guerra en cada localidade, dicía aos comités civís que deberían «en el momento de declararse
el estado de guerra», ter lista e preparada «gente para que aplauda con entusiasmo a las fuerzas, para que estas se vean
asistidas por el pueblo. Será conveniente que se den vivas al EJÉRCITO, a la MARINA y ESPAÑA REPUBLICANA».
276
Para eses postos políticos foi seleccionado persoal subordinado e fiel aos sublevados.
Estes foron antigos membros ou simpatizantes dos consistorios da ditadura de Primo de Rivera;
antigos membros de ideoloxía de dereitas procedentes das corporacións republicanas; algún
que outro membro de Falanxe ou simplemente partidarios dos sublevados460
. As autoridades
sublevadas deixaron claro dende o comezo do seu control do territorio e das administracións
que nel residían, que o seu obxectivo sería a erradicación do liberalismo do ámbito municipal.
Eliminar o liberalismo e calquera conato de democracia foi o obxectivo declarado polos
sublevados, e con esa vontade interviñeron nos concellos españois. O control político da
ditadura franquista baseouse na dependencia absoluta do Estado das administracións
municipais e provinciais, tanto a nivel económico como administrativo. O concello constituíuse
para os sublevados nun ente sen independencia que careceu dunha clara «falta de
representatividade» pola acusada influencia do poder central representado polo Gobernador
Civil. Subordinación, dependencia e xerarquía foron os tres piares que configuraron o concello
da ditadura franquista. O concello da España sublevada foi unha transposición directa dos ideais
ideolóxicos que sustentaron a construción da cultura política da ditadura franquista: a afirmación
da tradición anti-autonomista e anti-parlamentaria da dereita española. O concello converteuse
para os sublevados no derradeiro elo da cadea gobernativa dependente dos seus superiores.
Constituíuse como o derradeiro chanzo da escaleira do poder que se iniciaba en Madrid e que
pasaba polo Gobernador Civil, que ditaba as directrices que afectarían ao día a día da institución
municipal461
.
O poder do Alcalde quedou sometido totalmente ao Gobernador Civil provincial.
Algúns autores afirman que se podería dicir «que o Alcalde era un xestor executivo de confianza
que tiña que mandar, no sentido militar da palabra, o conxunto do consistorio»462
. Segundo os
estudos relacionados co papel desenvolto polos alcaldes da ditadura, este debería impoñerse,
dominar a súa corporación municipal e facer fronte a calquera conato de insubordinación por
parte dos membros da súa xestora; sería cabeza da administración local; sería o executor de
460
Algúns autores sinalan a importancia de ser membro de FET de las JONS con anterioridade ao Alzamento para
ser nomeado membro dunha xestora municipal. Pero o certo é que esta condición era moito máis importante no ámbito
rural ca no urbano. Ser ex-combatente e, posteriormente, ex-cativo foi, segundo RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, J. (2003): 256-257,
unha marca que definía a un home coma candidato para ser xestor municipal: «Ser camisa vieja, organizador da Falanxe
local, a actividade comprometida durante a guerra e na posguerra, eran méritos a ter en conta para os primeiros
nomeamentos». Esta condición de mozos, axudou á renovación xeracional do persoal político dos concellos producindo,
ao mesmo tempo, unha recomposición das dinámicas clientelares, moitas delas procedentes da Restauración; así o dixo
MARÍN I CORBERA, M. (2000): 135. Con todo, en moitas localidades existiu unha imposibilidade manifesta de localizar
elementos cunha traxectoria política militante. Por iso GELONCH SOLÉ, J. (2010): 618 fala do candidato perfecto a xestor
como dun home «gris», con perfil baixo «sen unha historia política significativa e que non presentase excesivas dificultades»;
candidatos que, segundo GELONCH SOLÉ, eran a proba da «preeminencia da vitoria social sobr a ortodoxia política do novo
réxime (Falanxe)». 461
SANZ ALBEROLA, D. (1999): 50; MARÍN I CORBERA, M. (2000): 187; RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 293 e
GONZÁLEZ MADRID, D-A. (2007): 188 aportaron esta conclusión sobre o papel dos concellos no conxunto do panorama
da construción da ditadura franquista. Aínda que cada un coas súas teimas taxonómicas —aquilo da ditadura coma réxime
fascista, caciquil, militarista...—, chegaron a unha conclusión que debería ser a clave de articulación de calquera discurso que
analice a ditadura: máis aló de descricións que non conducen a ningures, é fundamental determinar e aclarar que o concello
foi o último chanzo da administración española, unha administración que, sobre todo, foi ditatorial. GELONCH SOLÉ, J.
(2010): 558 afondou na perspectiva anterior considerando que o «control e sometemento» do ámbito político local
converteuse no medio esencial para conseguir o control do Estado; unha mecánica de dominio que se fundamentou na
«centralización do poder político do novo esquema institucional». 462
MARÍN I CORBERA, M. (2000): 149.
277
todo aquilo que emanase das autoridades que se atopasen por riba del463
. Por riba de todos eses
condicionantes que residiron no seu cargo, o Alcalde debería contar co apoio do gobernador,
que foi quen o nomeou ou cesou do seu cargo. Nese sentido, aínda sendo os alcaldes un forte
apoio para máxima autoridade provincial, o Gobernador Civil debeu controlar o balance do
poder dos alcaldes, para evitar que crearan un poder paralelo ao seu; o que creou o patrón de
acción entre os gobernadores civís de relevalos do seu cargo unha vez tivese pasado un tempo
determinado. Con todo, como haberá ocasión de comprobar máis adiante ao longo da
investigación, en Galicia existiron algunhas excepcións a esa dinámica de acción.
Un factor fundamental para ser nomeado xestor municipal ou Alcalde residiu no feito
de ser economicamente suficiente. A razón a este condicionante selectivo estivo no feito de que
os postos da política municipal non tiñan asignado un soldo por parte do Estado; polo que
desenvolver un cargo coma o de Alcalde ou xestor municipal quedou nas mans dos
seleccionados polos gobernadores civís e na vontade e desexo daqueles por colaborar na
construción da España da ditadura franquista. O poder adquisitivo constituíuse nun grao
engadido para os alcaldes e xestores municipais; por iso o normal nas xestoras municipais da
ditadura franquista atopáronse avogados, farmacéuticos, notarios, enxeñeiros, empregados de
banca, empresarios da industria local ou catedráticos de instituto. O problema de buscar xente
independente economicamente foi que moitos deles foron incapaces de combinar as dúas
funcións. O desenvolvemento das actividades políticas e administrativas relacionadas co
concello restarían tempo de dedicación aos negocios aos empresarios-políticos; polo que non
debería resultar estraño que entre algúns xestores ante a situación dicotómica entre perder cartos
ou servir incondicionalmente a España, preferisen os seus negocios464
.
Anteriormente referiuse neste texto a extremada dependencia das autoridades
municipais de todas as xerarquías que se situaron por riba delas. En epígrafes anteriores,
analizouse como os gobernadores civís responderon dos seus actos ante a xefatura do Estado
por medio dos ministerios aos que representou na provincia o gobernador. No caso dos
concellos, a xerarquía viuse dobremente afirmada no Estado e no Gobernador Civil provincial.
A xerarquía resultou unha peza fundamental no funcionamento do concello ditatorial:
constituíuse unha relación vertical, de arriba abaixo. Na base xerárquica estiveron as propostas
das autoridades provinciais —entre as que se recolleron as de FET de las JONS cos seus
informes—; por riba desas situáronse as noticias sobre os candidatos que emitiu a Garda Civil e
outros persoeiros da localidade. Todos os informes recollidos sobre os candidatos serían
elevados ao Gobernador Civil que se encargou de propor ao Goberno da ditadura os candidatos
seleccionados para os nomeamentos. A proposta do gobernador foi sempre aprobada, no caso
463
Incluso se fala de que os alcaldes ditatoriais aumentaron o seu poder efectivo sobre a política e a administración
do seu concello. A subordinación debida ao gobernador, sendo o Alcalde o seu brazo executor afondou que a posición do
primeiro edil se vira «reforzada desta organización do poder local». PRADA RODRÍGUEZ, J. E GRANDÍO SEOANE, E. (2014):
45. Os xestores municipais, por exemplo, non podían censurar ao Alcalde, razón pola que dependían completamente del.
Polo seu lado, MARÍN I CORBERA, M. (2000): 147, sinala que esta situación proviña da orixe dos concelleiros, que eran
nomeados indirectamente polos alcaldes a través dunha continua comunicación cos gobernadores da súa provincia. 464
Unha reflexión sobre este aspecto realizouna RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, J. (2003): 350, dicindo que «Para acceder
ás corporacións municipais considerouse un mérito a pertenza aos grupos máis poderosos da sociedade; […]. En xeral, o
réxime franquista dende a posguerra buscaba os seus colaboradores políticos, entre as persoas de “orde” e de bo poder
adquisitivo».
278
de que non existisen condicionantes graves sobre os propostos para os cargos municipais465
. O
proceso vertical de nomeamento comezaba coa proposta provisional dunha comisión xestora
por parte do Gobernador Civil provincial. Esta corporación proposta polo Gobernador Civil
presentábase en Madrid ante a Dirección Xeral de Administración Local, que foi a encargada
de aprobalas ou suspendelas. A consulta a Madrid constituíse nun trámite burocrático
imprescindible pero absolutamente innecesario para a práctica do nomeamento das xestoras
municipais. Na capital de España descoñecíase o funcionamento e a dinámica interna da política
das provincias; todo se fiou ao bo parecer do gobernador, auténtico termómetro do que sucedía
no seu territorio. O gobernador era nomeado coa finalidade de encargarse coa maior das
disciplinas de realizar os cambios, colocando nos postos de xestores a aquelas persoas afectas
ao seu mando.
Unha elemento que se constitúe coma fundamental no artellamento do control da
ditadura das entidades municipais é que para acceder ao posto de edil foi clave manter boas
relacións cos grupos produtores da provincia e da cidade. É dicir, que aos seleccionados para
os cargos municipais cumpriulles estar ben relacionados cos propietarios e os empresarios. As
patronais locais deberían apoiar aos edís —e, por extensión, ao Estado—, polo seu desexo de
acabar coa conflitividade obreira que prendera durante a República, e polo outro desexo de
acabar coa normativa laboral. Esta visión económica e social realizouse por autores
especializados en conflitos laborais e en mobilidade social; chegando á conclusión de que os
edís estiveron onde estiveron grazas a que participaron en consellos de administración de
empresas das cidades, ben eles mesmos ou familiares moi próximos.
«Pode afirmarse que o acceso as altas esferas política e económica constituíu un proceso de
dobre dirección no que estar colocado nunha xestora podía depender do desfrute dunha
privilexiada posición á fronte de empresas e das relacións establecidas nelas, pero tamén nos
contactos establecidos nas institucións facilitaba o ascenso dentro do mundo empresarial»466.
A busca da fórmula exacta da representación nos concellos dominados polos sublevados
comezou en Galicia. Nas cidades e a maior parte das cabeceiras de comarcas galegas produciuse
o que algúns autores definiron coma unha conxunción perfecta entre os militares e os políticos
conservadores de cada unha delas. Esta fórmula produciuse pola necesidade de implantarse de
maneira efectiva, de asentarse ou acomodarse na cadeira do salón de plenos dos consistorios.
O nomeamento daqueles individuos fíxose coa obriga de transmitir á poboación a sensación
efectiva de que todo estivo baixo control. O proceso de construción definiuse pola extremada
subordinación entre as xerarquías, que unha vez construída, con posterioridade se manterá. Esa
maneira de construír no novo poder local leva a falar dun camiño tortuoso: unha «corredoira»467
.
Unha forma de goberno ditatorial implica xerarquía e control por parte das autoridades situadas
na parte máis alta da estrutura. Sobre ese principio fundamental, a ditadura franquista construíu
465
Para unha visión complementaria realizada dende a mesma perspectiva, pódese consultar o texto de GONZÁLEZ
MADRID, D-A. (2007): 45-46. A liña xeral de todos os estudos sobre a ditadura franquista dende a perspectiva municipal e
provincial poñen énfase nesa extremada subordinación dos concellos ao poder central, o que eliminou calquera conato de
autonomía municipalista. 466
CENARRO LAGUNAS, Á. (1997): 317-318. 467
Esta reflexión sobre o carácter da construción local da ditadura franquista e as anteriores en PRADA RODRÍGUEZ,
J. E GRANDÍO SEOANE, E. (2014): 42.
279
primeiro os alicerces do edificio e, posteriormente, comezou a darlle altura pouco a pouco, as
veces co perigo de que o construído se viñese abaixo.
Esa condición non diferenciou a ditadura franquista de calquera outra contemporánea.
A peculiaridade da ditadura franquista estivo en que nos novos concellos ditatoriais sucederon
a consistorios saídos das eleccións de abril de 1931. Así, os posibles gobernantes deberon ser
buscados entre os republicanos de dereitas e as veces moito máis atrás, na Restauración
borbónica e na ditadura de Primo de Rivera. Nalgunhas cidades volveron á luz da política uns
cantos persoeiros que pertenceran ao Partido Conservador de Cánovas del Castillo. O elemento
que salvou a estes individuos do esquecemento político inflixido pola ditadura franquista a
outras ideoloxías do mesmo contexto político foi a existencia da corrente maurista, que
propoñía xa por aquel entón —finais dos anos dez do século XX—, a presenza dun único home
á fronte de España para reconducila polo camiño político, social, económico e cultural que,
dende o seu punto de vista, tería abandonado. A metáfora da construción do edificio axústase
ben ao que foi todo o proceso. A «Vitoria» da guerra civil foi dos considerados homes «de
sempre», elementos de ideoloxía conservadora que entenderon aquela coma unha maneira de
resarcirse polo afastamento da política ao que foran sometidos antes de 1936468
. A pretensión
das xerarquías de FET de las JONS foi a de colocar nos cargos políticos e administrativos a
membros do partido dende os seus inicios; aos recente chegados ao partido; ex-combatentes;
ex-cativos; aqueles que quedaran atrapados no territorio republicano; empresarios;
farmacéuticos; enxeñeiros... O tempo obrigou a mudar: os homes íanse facendo vellos e, algúns
deles incluso morreron exercendo o cargo de xestor municipal. Pouco a pouco toda esa xente
pendente de converterse en material fundamental do novo edificio institucional foi entrando no
proceso. Ao mesmo tempo que foi entrando nos consistorios esa xente foi creando as súas
propias estruturas, as súas redes persoais de poder cos seus satélites ao redor. A ditadura
preocupouse intensamente por que esas redes non se implantasen fortemente no territorio. Os
gobernadores civís, cando chegaban ao seu destino, interesáronse por renovar todas aquelas
xestoras municipais das que se tiña información dunha posible capacidade de manobra
independente daquelas. O Gobernador Civil estaba tan implicado na construción da política
local da ditadura que, cando mudaba o nome da primeira autoridade provincial, o que chegaba
a substituílo nomeaba xestoras para configuralas ao seu xeito persoal. O obxectivo foi evitar a
creación de redes políticas de influencia e gañar fidelidades persoais. Gañárase unha guerra civil
e houbo que repartir o poder entre todos os que participaran da contenda. España mostrouse
ante os sublevados como unha inmensidade administrativa e nela habería espazo para moita
xente469
.
468
CAZORLA SÁNCHEZ, A. (1999): 60. 469
España foi comprendida coma un patrimonio ilimitado a repartir entre os sublevados. Así o expresou no seu
estudo PALOMARES IBÁÑEZ, J.M. (2002): 31: «En resumo, a reiterada invocación do Nuevo Estado debía plasmarse dende
os primeiros chanzos. Era unha consigna do réxime vencedor que algúns interpretaron coma un patrimonio a repartir entre
os que presumían de ser os máis identificados coa nova situación».
280
5.3 Un camiño ás apalpadas: as primeiras comisións xestoras da Galicia urbana (xullo de
1936-xaneiro de 1939)
Unha vez as autoridades militares e civís sublevadas comezaron a facerse pouco a pouco
co control das cidades e vilas do país, iniciaron o proceso de nomeamento das novas
corporacións municipais que, segundo o ideal defendido por elas, deberían conducir a vida do
concello no transo da guerra civil. Dependendo da maior ou menor resistencia que estas
autoridades auto-proclamadas atopasen, a rapidez dos nomeamentos foi maior ou menor.
Tamén houbo diferenzas entre as cidades sobre o tipo de órgano que se nomeou: unhas
autoridades provinciais chamáronlle comisión xestora, outros consello municipal, outros
concello en pleno; para uns existiu un Alcalde, mais para outros o que houbo foi un delegado
civil administrativo. En puridade todos os termos son idénticos —por simbolizar e representar
o mesmo—, pero deixan moi claro que nos primeiros momentos da toma de control do poder
por parte dos sublevados a improvisación foi a tónica dominante. A incerteza dos primeiros
momentos da sublevación militar manifestouse na natureza ideolóxica dos homes seleccionados
para os cargos municipais. Dada a debilidade de FE de las JONS nas vilas e cidades, as
autoridades militares sublevadas botaron man dos homes que prestaron o seu apoio político e
social aos sublevados e que contaron con experiencia política municipal, facilitando así, nun
primeiro momento, a conservación nos cargos executivos municipais dunha elite política
municipal que viña exercendo ou exercera con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de
1936.
A conservación de elementos da elite política urbana anterior ao golpe de Estado para a
toma de control dos concellos urbanos galegos manifestase, tamén, nas diferenzas no ámbito da
selección dos homes que deberían conformar a elite política polas autoridades sublevadas ao
mando das prazas urbanas. Con todo, non existiu unha dinámica dominante no nomeamento
de cargos municipais para o conxunto das cidades galegas. O que se observa na análise dos
primeiros nomeamentos para os cargos municipais é que as autoridades militares que exerceron
o control do territorio ao longo das primeiras semanas da guerra civil seguiron tempos de
nomeamento diferentes. Así, a primeira «comisión gestora municipal» viguesa constituíuse o 22
de xullo de 1936 por mandato do Comandante Militar da praza; a de Lugo e Ourense o 24 de
xullo de 1936; a de Santiago de Compostela o día 27 dese mesmo mes; a de Ferrol o 6 de
agosto; o «consejo municipal» da Coruña o 18 de setembro; e a de Pontevedra o 31 de outubro,
a derradeira xestora municipal que se constituíu en Galicia470
. Iso non quere dicir que existise
un baleiro de poder: na Coruña, fíxose cargo do mando da cidade un militar que tivo ao seu
servizo ao secretario municipal para despachar os asuntos diarios.
A maneira, o ton no que foron confirmados nos seus postos os xestores municipais das
cidades galegas da boa conta do que se estaba a producir na política local galega nos primeiros
momentos do golpe de Estado de xullo de 1936. A substitución das corporacións municipais
470
A constitución das correspondentes comisións xestoras, pola orde na que son citadas, en LAPCV, PLE-169,
sesión do 22 de xullo de 1936: 354; LAPCL, 38: 62; LAPCO, 21 de febreiro de 1936 a 17 de xullo de 1936: 151; LAPCS,
AM 2387, sesión do 27 de xullo de 1936: 381; LAPCF, 130, sesión do 6 de agosto de 1936: 2; LAPCA, Caixa 166, sesión
do 18 de setembro de 1936: 187; LAPCP, Libro dende o 31 de outubro, sesión do 31 de outubro de 1936: 32.
281
polas, pretendidas sobre o papel, novas xestoras sublevadas foi entendida polas autoridades
militares como a volta a unha realidade política, social e administrativa que nunca antes, ao seu
entender, debeu ser abandonada.
5.3.1 DOS CONSELLOS MUNICIPAIS ÁS COMISIÓNS XESTORAS: OS PRIMEIROS PASOS NA
CONSTRUCIÓN DO FRANQUISMO NA GALICIA URBANA
Na mañá do 22 de xullo de 1936, e baixo a presidencia do Comisario de Guerra da
cidade de Vigo, foi nomeado como Alcalde José Giménez García e o resto da primeira comisión
xestora viguesa para os primeiros compases da guerra civil. Os militares, segundo deixou escrito
o secretario municipal, «había[n] acordado que sin demora alguna se constituyese en este
término municipal una Comisión Gestora encargada de la administración del Ayuntamiento».
Os momentos de pausa administrativa nun contexto de indefinición política —por moito que as
autoridades intentasen omitir ese aspecto, tal e coma se viu en epígrafes do capítulo anterior—,
foron improcedentes e innecesarios, ao entender das autoridades sublevadas. Unha vez os
xestores tomaron posesión dos seus postos, as súas xerarquías superiores «los excitaba[n]» a que
prestasen «toda su cooperación y entusiasmo» na auto-denominada «misión» que se lles estaba
a confiar: que a cidade volvera a poñerse en marcha «y entrase en el más breve plazo su vida
normal»471
.
A medida que pasaban as semanas da guerra, as autoridades á fronte do territorio foron
nomeando xestores novos que complementasen aos que xa foran nomeados. A intención deses
nomeamentos foi a de aportar unha denominada «uniformidad en el régimen administrativo»
dos concellos das cidades mentres durasen as «circunstancias presentes»472
. Esa uniformidade
pretendida non foi fácil de conseguir nas circunstancias políticas e sociais nomeadas. Os
gobernos municipais republicanos foron destituídos, e unha vez que aquelas destitucións se
realizaron xurdiu a pregunta de como deberían nomearse os novos consistorios; ou a de se
deberían ser concellos normais e correntes ou deberían ser titulados doutra maneira diferente
á empregada polos réximes liberais. Mentres que as autoridades provinciais e centrais
reflexionaron sobre eses condicionantes, a sublevación militar perfilouse como unha guerra civil
longa, polo que o papel das corporacións municipais quedou reducido ao que as autoridades
viguesas determinaron o «estrictamente necesario».
A primeira proba desa intención foi a intitulación das novas corporacións coma «xestoras
municipais». Seguindo o rastro dese nome, a autoridade provincial pontevedresa entendeu para
si que as corporacións municipais deberían encargarse exclusivamente da xestión municipal sen
entrar na política. O que se creou foi un denominado «régimen circunstancial y de transición»
que non permitía que os concellos desenvolvesen o seu papel activamente; por iso deberon
configurarse como xestoras burocráticas. Nomear xestoras proporcionou «mayores facilidades
471
A acta de constitución da nova corporación, e as citas recollidas neste parágrafo, extráense do LAPCV, PLE-169,
sesión do 22 de xullo de 1936: 354. 472
LAPCV, PLE-169, sesión do 1 de setembro de 1936: 354.
282
y mayores ventajas», segundo a lectura realizada polas autoridades municipais viguesas. As
autoridades provinciais entenderon esas vantaxes no sentido do aumento da efectividade do
nomeamento das persoas máis adecuadas e a súa maior rotación. O «momento decisivo y
transcendental» que estaba a vivir España esixiu que as xestoras actuasen «condicionadas por la
prudencia y atemperadas», tanto co exterior coma dentro delas mesmas, entre os seus
compoñentes.
«Sería perjudicial y pernicioso que así fuera y en cambio proporciona mayores facilidades y
mayores ventajas la designación de Comisiones Gestoras si preside el acierto en el
nombramiento de las personas que hayan de integrarlas y si la designación hace desaparecer
rencillas y diferencias de localidad»473.
Nestes primeiros momentos nin o Alcalde foi «Alcalde», nomeado desa maneira
concreta. Nalgúns concellos coma o propio Vigo, Ferrol ou Santiago de Compostela, as
autoridades provinciais preferiron falar do primeiro cidadán das urbes como «Delegado Civil».
Esa tendencia a imprimir as corporacións municipais a calidade do administrativo levou ás
autoridades provinciais a falar —no caso da cidade da Coruña, por exemplo—, dun «Consejo
Municipal» para referirse ao primeiro consistorio constituído. O Consello Municipal foi unha
especie de goberno interino que se debeu encargar do control político da cidade e da xestión
do concello nos primeiros días da guerra civil. O Delegado Civil estivo á fronte dun consello de
homes composto por unha serie de «subdelegados» todos eles nomeados polo Gobernador
Civil provincial. No caso da cidade coruñesa, este órgano político e administrativo constituíuse
de maneira legal, e así o recolle a acta municipal que o creou, como un «órgano consultivo» ao
servizo do Alcalde e o Gobernador Civil. Os homes que formaron aquel órgano procedían de
cada unha das parroquias do concello, o que lle conferiu unha pátina de elemento
representativo no que se pretendeu dar cabida aos diferentes territorios parroquiais que
compuñan o concello coruñés. A confusión nas medidas que podería tomar ou non o consello
municipal quedaron disipadas coas primeiras decisións que adoptaron: «reponer los nombres
tradicionales y popularísimos de diferentes calles de esta ciudad que habían sido
caprichosamente sustituidos por otros»; e tamén os nomes daquelas outras rúas que «pugnan
abiertamente con el actual movimiento glorioso salvador de España». Rúas coma «Fraternidad»
ou «Igualdad, Justicia y Libertad» pasaron a ser «Trabajo» e «Disciplina»474
. En Ferrol o Alcalde
foi nomeado en calidade de «Delegado Civil de la Administración» que presidiu un consello
municipal composto polos representantes dos distritos do municipio. O Alcalde ferrolán
comprometíase a «oír al Consejo en todos los asuntos que afecten a la vida de la ciudad, aun
cuando entra en sus facultades prescindir del informe»475
.
A medida que foron avanzando os días e as semanas, o concepto de «consello municipal»
foi decaendo pouco a pouco ata dar paso ao preferido de «xestoras municipais». Os xestores
coruñeses xa tiñan claro en setembro de 1936 que España estaba a vivir un «movimiento
glorioso» que chegara para mudalo todo. Segundo esa interpretación, demostrada nas lecturas
das actas municipais daquel momento, o primeiro que fixeron as autoridades provinciais foi
473
LAPCV, PLE-169, sesión do 1 de setembro de 1936: 354. 474
LAPCA, Caixa 166, sesión do 19 de setembro de 1936: 187. 475
LAPCF, 130, sesión do 6 de agosto de 1936, fol. 2 e sesión do 4 de setembro de 1936: 3.
283
mudar foi a terminoloxía política e administrativa empregada: falar de corporación municipal
era usar terminoloxía propia dun réxime liberal como a República española; porén, falar de
xestoras municipais proporcionoulle aos novos consistorios un paraugas terminolóxico que os
afastaría de calquera sospeita de liberalismo democrático. As xestoras constituíronse coa
pretensión de ser meros órganos de xestión, formados polos homes máis capaces das capitais
provinciais e cidades; preocupados —por iso terían sido nomeados polas xerarquías política
provinciais—, polo correcto funcionamento dos concellos476
.
Na tarde do 26 de novembro de 1936, tomou posesión a denominada primeira xestora
municipal viguesa liberada do cualificativo de consello municipal. A autoridade provincial
pretendeu que a denominación de «xestora» imprimise ao organismo municipal o concepto de
«apoliticismo» dos novos xestores, así coma a súa «independencia [e] eficiencia». As autoridades
municipais e provinciais encadraron o momento que estaba a vivir Vigo, Galicia e España nun
marco «transcendental para la vida». Para as autoridades sublevadas, o fundamental foi
separarse e diferenciarse claramente do anterior: «la ciudad se estancará si seguimos las huellas
de nuestros predecesores»; porén, se se facía o contrario, Vigo, Galicia e España marcharían
con «paso firme hacia el puesto que por su inigualada situación geográfica y por la laboriosidad
y patriotismo de sus habitantes le corresponde, si el acierto preside nuestros actos». A tarefa das
xestoras pareceu mostrarse ante os novos xestores como complicada e complexa posto que,
segundo eles mesmos dixeron, «todo está por hacer y muchos son los intereses y tinglados que
es preciso desmontar»477
.
A conversión dos consellos municipais en xestoras municipais produciuse tamén polo
cambio na normativa municipal. Unha vez iniciada a sublevación de xullo de 1936, as
autoridades militares carecían de normas propias que regulasen o funcionamento dos aspectos
fundamentais da vida política española. Por iso, decidiron continuar co que tiveron a man para
realizar todos os cambios: seguiron as leis e normas republicanas en todo aquilo que non entrase
en conflito cos seus ideais políticos. A Lei Municipal republicana de 1935 funcionou como
reguladora da actividade dos concellos. Cando as primeiras xestoras ou consellos municipais
foron nomeadas, o número de compoñentes correspondeuse co fixado pola norma municipal
republicana. Así, temos que o primeiro órgano nomeado na cidade de Lugo contou con tres
únicos compoñentes o 26 de xullo de 1936, completándose ao longo dese mes de xullo e
setembro ata chegar aos 8 membros478
. O mesmo sucedeu na cidade de Ourense, onde a
primeira xestora estaba composta por 15 membros á altura de outubro de 1936. Con 21 xestores
contaron os primeiros consellos municipais de Vigo e da Coruña, para servir a unha poboación
moito maior que a da cidade das Burgas e que a da propia capital provincial pontevedresa, que
contou con 20 homes na súa primeira xestora. Santiago de Compostela contou con 19 homes,
os mesmos que lle corresponderon a cidade de Ferrol. A Lei Municipal republicana determinou
o número de homes que deberon formar parte das xestoras municipais ata outubro de 1937.
476
LAPCA, Caixa 166, sesión do 19 de setembro de 1936: 187. 477
LAPCV, PLE-176, sesión do 26 de novembro de 1936: libro sen foliar. 478
LAPCL, 38, sesión do 24 de xullo de 1936: 62 e LAPCL, 38, sesión do 26 de xullo de 1936: 63. O proceso en
Lugo foi o dun nomeamento por tempos: o día 24 foi nomeado, unicamente, o Alcalde; mentres que o día 26, as autoridades
nomearon aos dous primeiros xestores que o acompañaron nas primeiras semanas.
284
O proceso de construción do Estado ditatorial comezou en outubro de 1936 coa
institucionalización da Xunta Técnica do Estado. A derivación na organización política e
administrativa do ámbito local da nacente organización do Estado dos sublevados fixouse por
medio do Decreto 140 da Xunta de Defensa Nacional; que seguiu o artigo 55 da Lei Municipal
republicana479
. A norma determinou que os concellos urbanos —aqueles que superasen os
20.000 habitantes—, deberían contar cunha comisión permanente que representaría ao
Concello en pleno entre os intervalos de sesións plenarias. Pero non se determinou o número
propio de xestores que lle correspondería a cada localidade. A improvisación no propio
nomeamento dos concelleiros é o reflexo do que sucedeu nas corporacións municipais: órganos
baleiros de contido político efectivo, reducidas exclusivamente a xestionar un presuposto
minguante e xa de por si escaso; sen esquecer, ademais, a tarefa de reposición dos nomes
tradicionais das rúas das cidades para borrar dunha vez canto antes a pegada da República.
Mostra diso foi a sesión plenaria do 11 de decembro de 1936 da xestora municipal da Coruña.
Nela, o Alcalde leulle aos membros da mesma un informe no que se relataba como funcionara
o concello dende xullo de 1936 ata o momento desa sesión. Segundo o relato do Alcalde
coruñés, unha vez iniciado o xa denominado «Movimiento Salvador», a autoridade militar
fixérase co control do concello da Coruña, de xeito que os coruñeses non sentiron «el tránsito
de la solución». O que preocupou nos momentos iniciais, fundamentalmente, foi conservar a
orde que se perdera durante o goberno da Fronte Popular:
«Relajado el principio de autoridad por la nefasta actuación del “Frente Popular”, tuvo especial
cuidado la Delegación Militar primeramente y luego el Alcalde y la Comisión Gestora Municipal
Permanente, robustecer por todos los medios el concepto de Autoridad, lo que si bien ha dado
lugar a tener que imponer algunas sanciones, fueron estas afortunadamente de corto montante
y disminuyendo gradualmente el número».
Con esas medidas de coerción podía dicir o Alcalde da Coruña que «impera» a
«disciplina social más completa». Disciplina que tamén chegara ao persoal do concello, que
traballaba con «eficacia y su rendimiento es completo». En definitiva, «la nueva España renace
con todo impulso y La Coruña quiere ir con ello a la cabeza»480
. Aproximadamente un mes
antes, na cidade departamental, o Alcalde dirixiuse tamén a recente constituída comisión xestora
municipal sancionada polo Gobernador Civil Francisco de la Rocha Riedel. O Alcalde confiou
en que «no ha de fallarle la colaboración precisa para encauzar la administración municipal por
derroteros que conduzcan al engrandecimiento de la ciudad». O importante de ser xestor
municipal foi a obrigada rendición de obediencia debida a quen o colocou no seu posto. Nesa
mesma sesión do 8 de novembro de 1936, un dos xestores propuxo que Francisco Franco fose
nomeado fillo predilecto da cidade. Como non puido ser doutra maneira, «por aclamación se
acordó así». E nese mesmo momento, foron restaurados os nomes «que tenían algunas calles
antes de la proclamación de la República». Á rúa Real foille dado o nome «del Ilustre General
Franco» e ás rúas San Carlos e San Fernando foron nomeadas Carlos III e Fernando VI. O que
quixo o Alcalde foi que os xestores «laborar[an] con entusiasmo por la solución de los diversos
479
Decreto número 140 no BOJDN, 2 de outubro de 1936, 33: 130. 480
As citas anteriores no LAPCA, Caixa 166, sesión do 11 de decembro de 1936: 235.
285
problemas que afectan a la ciudad», sempre «deshigado[s] [sic] [desligados] de todo partidismo
y de toda política»481
.
Con esta predisposición do ambiente político e social nas provincias galegas, o nuevo
Estado español iniciou a rolda de nomeamentos de alcaldes e xestores municipais nas sete
cidades. Quen deberon que facer fronte a todos os inconvenientes, atrancos e pinchacarneiros
foron, primeiramente os comisarios de guerra e, seguidamente, os gobernadores civís recente
nomeados.
5.3.2 OS PRIMEIROS HOMES DAS ELITES POLÍTICAS URBANAS DA DITADURA: A COMPOSICIÓN
DAS PRIMEIRAS COMISIÓNS XESTORAS MUNICIPAIS
A idea que subxace en todo o proceso de configuración das xestoras municipais
sublevadas é que o primeiro que fixeron as autoridades militares no momento de facerse co
control das institucións locais e provinciais foi nomear persoas para que se fixesen cargo delas.
A configuración dunha elite política urbana da ditadura puido comezar nese preciso momento.
Isto é o que di a teoría; mais a práctica determina que a toma de posesión de cargos coma o de
Alcalde ou xestor foi naqueles momentos unha cousa máis ben simbólica. Non custa imaxinar
que sería pouco o que deberían xestionar máis aló do día a día da institución. Día a día que,
ademais, debeu ser de débil latencia debido ao contexto de guerra que se comezaba a vivir e
que se colocaba por diante en preferencia do resto de asuntos da retagarda. Con todo, os
militares deberon nomear alcaldes e xestores para substituír inmediatamente as corporacións
republicanas xurdidas da convocatoria electoral de abril de 1931. Aínda que non en todas as
cidades aquela obriga imposta de cambio radical foi tan determinante.
Táboa 8: Continuidade e descontinuidade das corporacións republicanas cara as primeiras
xestoras da ditadura franquista (xullo de 1936-outubro de 1937)482
Nº real de
concelleiros
Nº concelleiros
procedentes abril
1931
% concelleiros
procedentes abril
1931
Nº concelleiros
outubro 1934
% concelleiros
procedentes
outubro 1934
A Coruña 24 — — — —
Santiago 32 2 6,25% — —
Ferrol 27 — — 1 3,70%
Lugo 8 — — — —
Ourense 20 11 55% — —
Pontevedra 21 — — 2 3,51%
Vigo 31 1 3,23% 1 3,23%
TOTAIS 163 14 8,59% 2 1,23%
481
LAPCF, 130, sesión do 8 de novembro de 1936: 5.; e LAPCF, 130, sesión do 30 de novembro de 1936: 6. 482
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
286
5.3.2.1 A cidade de Lugo: do Comandante Alcalde ao Alcalde avogado
A lectura dos documentos municipais desta etapa determina que as novas autoridades
das cidades galegas chegaron cunha marcada disposición a mudar o funcionamento das
institucións locais. Ese é o espírito que clarifica na actuación, primeiramente, do Comandante
militar da praza Tenente coronel Adolfo Velayos e, seguidamente a partires de agosto de 1936,
do Gobernador Civil lugués Ramón Bermúdez de Castro Plá, no momento de nomear aos
novos xestores municipais da cidade de Lugo. Da actuación do Gobernador Civil Bermúdez de
Castro determínase o que foi o modelo de acción do resto de gobernadores civís galegos para
o nomeamento dos cargos de Alcalde e xestores municipais. As súas primeiras confirmacións e
nomeamentos propios para Alcalde e xestores municipais na cidade da muralla son un exemplo
do pragmatismo establecido polo sistema de nomeamento por designación selectiva.
O Comandante militar nomeou a Juan Yáñez Alonso para o cargo de Alcalde sublevado
de Lugo o 24 de xullo de 1936. Este Comandante de Infantería cumpriu unha das premisas
esenciais para ser nomeado polas autoridades ditatoriais: careceu de calquera tipo de
antecedente político. Os primeiros nomeamentos para a xestora lucense indican que o principio
de apoliticismo anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936 dos candidatos a ser nomeados
xestores municipais converteuse nun condicionante principal para a selección dos homes que
constituirían a xestora da cidade da muralla. A análise dos nomes dos homes designados para
os cargos municipais indica que aquela condición foi considerada esencial pola autoridade
provincial lucense. Con todo, os gobernadores civís non tiveron sempre a posibilidade de atopar
a elementos políticos que cumprisen aquela condición biográfica. O proceso de nomeamento
por designación selectiva, debeu considerar a aqueles homes que contasen cunha experiencia
política previa anterior en campos similares. Acompañando ao Alcalde Yáñez Alonso, o 26 de
xullo, foi nomeado Julio Pérez de Guerra. Fora membro da UP de Lugo e secretario da
Federación Agrícola Católica de Lugo, exercitando no campo da política o seu catolicismo
militante. A participación na UP luguesa demóstrase co feito de que Pérez de Guerra exercera
coma concelleiro na cidade da muralla durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi un persoeiro
da cidade da muralla moi involucrado durante a República na organización de asociacións
católicas que posteriormente tiveron influencia na URD de Lugo da que el, precisamente,
tomou parte483
. Xunta Pérez de Guerra, o Adolfo Velayos nomeou dous xestores máis para a
corporación sublevada luguesa. Antonio Ferreiro Rivera, o terceiro xestor nomeado, fora con
anterioridade concelleiro na ditadura de Primo de Rivera; mentres que de Nicolás Varela
Alonso non constan nos documentos xerados pola Administración informacións sobre a súa
profesión, pero si do feito de que carecía de antecedentes políticos previos.
A configuración da elite política da cidade de Lugo comezou cunha mestura de homes
sen traxectoria política con outros que exerceran con anterioridade cargos similares no campo
da dereita, preferiblemente na época da ditadura de Primo de Rivera. O Gobernador Civil
483
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24. SOUTO BLANCO, M.J. (1997): 225, sitúao coma membro da Xunta de Carlista
de Guerra. O seu primeiro nomeamento como concelleiro no LAPCL, 25, sesión do 13 de xaneiro de 1925: 32. A súa
implicación en movementos para articular asociacións católicas nas notas de SOMOZA CAYADO, A. (2011): 167 e 223. Amais,
exercera coma director do diario La Voz de la Verdad (El Regional, 23 de maio de 1918: 2)
287
Bermúdez de Castro completou a composición da xestora municipal luguesa unha vez tomou
posesión do seu cargo confirmando a preferencia por aquel modelo de mestura de ámbitos
políticos. O 12 de setembro de 1936 tomaron posesión dos seus cargos catro novos xestores
municipais. A compoñente de carencia de antecedentes políticos aportouna Salvador González
Carballo. Pola outra banda, a tradición de pertencer a corporacións municipais anteriores
achegárona Eloy Rúa Méndez e Ernesto Cazón García. Rúa Méndez fora concelleiro da cidade
da muralla durante a ditadura de Primo de Rivera e, consecuentemente, aparece como afiliado
á UP luguesa484
. O mesmo sucedeu con Cazón García, que exerceu como concelleiro nos
derradeiros compases da ditadura de Primo de Rivera485
. O cuarto nome seleccionado para a
xestora luguesa foi Darío Sáez Sáenz-Díez, que aportou o terceiro modelo de home elixido para
configurar a elite política das cidades galegas: con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de
1936, non executara cargo político algún, pero si tomara parte de partidos de dereitas. Débese
entender a elementos coma Sáez Sáenz-Díez coma o aporte esencial da compoñente ideolóxica
de dereitas que configurou a elite política local das cidades galegas, seguindo a liña que marcara
meses antes o xestor Pérez de Guerra. Individuos como Sáez Sáenz-Díez e Pérez de Guerra
deben ser comprendidos e analizados como homes de partido, cunha ideoloxía fortemente
marcada que se demostrou esencial para a configuración das elites políticas urbanas galegas. O
exemplo de Sáez Sáenz-Díez devén clarificador neste sentido: participou como un dos
membros fundadores da URD de Vigo, onde exerceu coma tesoureiro na súa primeira xunta
directiva, marchando a residir a Lugo por cuestións de traballo486
.
Esta primeira xestora municipal cesou o 6 de decembro de 1937 cando se nomeou unha
nova por parte do novo Gobernador Civil Leopoldo Sousa Méndez-Conde. O Gobernador
Civil saudou efusivamente no seu discurso no pleno municipal á nova xestora, lembrándolles
que a vida do municipio debería inspirarse na «recta administración y ajena a todo sentido
político partidista». Esas condicións serían necesarias nos «momentos de sacrificio» polos que
estaban atravesando Galicia e España; polo que, concluíu o Gobernador Civil, «todos hemos
de contribuir con el nuestro [sacrificio] a forjar una nueva España bajo el signo triunfador del
Caudillo».
A nova xestora encabezouna Rodrigo de la Peña García. De la Peña García foi o primeiro
Alcalde do Lugo sublevado que non foi militar de profesión. O novo Alcalde dedicouse as leis
coma avogado na cidade. Con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 tivera unha
traxectoria política proveitosa. O novo Alcalde lugués determina un dos modelos idealizados
polas autoridades provinciais da ditadura para a selección da elite política. De la Peña García
mesturou na súa persoa a súa posición de home destacado socialmente na cidade de Lugo,
cunha traxectoria política activa na Restauración e na ditadura de Primo de Rivera. De la Peña
García exercera como Alcalde da cidade da muralla e xestor provincial baixo a significación de
«monárquico». Tamén foi vicepresidente da Deputación provincial durante a ditadura de Primo
484
O seu primeiro nomeamento como concelleiro no LAPCL, 24, sesión do 12 de xaneiro de 1924: 40. Os datos
referentes á súa filiación política en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24 e 27. 485
LAPCL, 26, sesión do 1 de xullo de 1927: 47. 486
O aporte sobre as orixes ideolóxicas en FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 222 e 315 e o artigo de FICAL
RODRÍGUEZ, M.J. (s/d). Tamén en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24 e 27.
288
de Rivera e vicepresidente da UP local487
. Os novos tempos políticos dos que entrou a formar
parte ao tomar posesión como Alcalde obrigárono a tomar unha posición de claro compromiso
co réxime ditatorial franquista. As súas primeiras palabras cara as autoridades provinciais e nos
novos xestores, son un exemplo da maneira na que se expresaron outros na súa mesma
posición. O Alcalde De la Peña García comezou dicíndolle aos seus xestores que o seu
nomeamento supúñalle unha «triste paradoja». O novo Alcalde considerouse un home vello ao
ter sido nomeado anteriormente cando «regía los destinos de España, S.M. el Rey»; e nese
momento de 1937, que «ha pasado media vida», temía «carecer de los arrestos físicos necesarios
para desarrollar una conveniente labor a favor de los intereses públicos». Con todo, De la Peña
García manifestouse ante os xestores animado polo feito de que aqueles fosen mozos «deseosos
de hacer de España una nación, grande y libre». Máis aló da condición de home maduro e con
experiencia política, o discurso do novo Alcalde lugués transluce claramente o que foron os
recursos discursivos empregados polas autoridades municipais da ditadura franquista. De la
Peña García fixo uso dunha imaxe pola que a nova corporación luguesa se debería ver cruzando
os mares embravecidos dunha etapa política, social, económica e cultural que adiviñou adversa.
O símil da nave que cruza os mares embravecidos foi para el necesario naquel momento:
«vosotros seréis los que daréis fuerza a esta nave del Ayuntamiento, de la que yo me limitaré a
ser mero guía». A figura retórica culminou coa solicitude do «leal concurso de todos, sin
partidismos y sin ambiciones». O discurso de De la Peña García acabou de maneira optimista:
«Otra circunstancia que me anima, y es que hoy afortunadamente ha desaparecido la política
partidista, que no entrará en esta casa mientras yo sea Alcalde, pues aquí no habrá otra política
que aquella que significa el arte del buen gobierno. No podemos olvidarnos que vivimos en
horas de renunciaciones y sacrificios y recordemos las enormes cargas y las abrumadoras
preocupaciones que pesan sobre el Generalísimo, debiendo contribuir todos a su labor ingente
acatando ciegamente sus órdenes, queriéndole y aún más adorándole, sin que ello signifique
herejía. Todos a una gritemos: ¡Franco! ¡Franco! ¡Arriba España! ¡Viva España!»488.
A cuestión do apoliticismo, a renuncia aos principios políticos liberais ou a desaparición
do xogo partidista no taboleiro da ditadura que estaba a nacer quedou moi ben sobre o libro de
actas do Concello. Pero as traxectorias dos homes nomeados xunta De la Peña García
proporcionan outras liñas políticas ben diferentes. Aínda que non foron maioría dentro da nova
xestora municipal, os homes designados por Leopoldo Sousa supuxeron a entrada no
consistorio lucense de homes cun claro compromiso coa dereita política luguesa. Un exemplo
dese compromiso foi o de Luis Cedrón del Valle, irmán do fundador e mobilizador falanxista
Jesús Cedrón del Valle, co cal compartiu militancia en FE de las JONS dende a primeira hora;
e tamén irmán de José Cedrón del Valle, destacado membro as JURD luguesa489
. O compromiso
político que configurou a elite non foi só individual; o ambiente social no que se moveu o
nomeado e a súa familia determinaron unha selección de homes dun tipo ou outro. Outro
nomeado foi Luis Bal y Gay, que fora con anterioridade concelleiro suplente de Lugo na
ditadura de Primo de Rivera e membro da UP luguesa490
. Outro home con experiencia política
487
Os datos sobre a súa filiación ideolóxica e traxectoria política en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 26 e SANTOS
ALFONSO, A. (2003): 116. 488
As citas anteriores en LAPCL, 39, 6 de decembro de 1937: 25. 489
A filiación de José Cedrón del Valle localizouna GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 110. 490
O seu nomeamento como concelleiro suplente en LAPCL, 21, sesión do 14 de marzo de 1928: 21.
289
foi Arcadio Casanova García, concelleiro durante a ditadura de Primo de Rivera, afiliado á UP;
seguidamente concelleiro en febreiro de 1930 baixo o goberno de Berenguer —nesa etapa
definido con filiación política monárquica—, e finalmente, concelleiro pola URD durante o
bienio negro republicano491
. Referencias políticas tamén aportou Eulogio Pallín García: membro
da URD luguesa e camisa vieja de FE de las JONS, do cal os informes internos da ditadura din
que «colaboró activamente» co Movemento e que fora «agente de información de FET de las
JONS» no momento de ser nomeado492
. Vicente Castro Dans tamén foi un elemento FE de las
JONS, onde foi considerado como camisa vieja493
. Os outros membros da xestora foron Antonio
Ferreiro Rivera —concelleiro en 1925494
—; Pablo Díez del Corral; Ramón Sindín Roel; Jesús
Regueiro Guntín; Manuel Mazoy Rodríguez e Casimiro Fernández López. O Gobernador Civil
Sousa Méndez configurou esta xestora rachando completamente coa anterior e mesturando a
experiencia política duns xestores coa novidade doutros. O que se conclúe deste tipo de
movementos é que as autoridades provinciais estiveron sometidas a un constante ir e vir de
informacións e indeterminacións xeradas pola inexistencia dun modelo político claro que
regulase e determinase como se deberían configurar e deberían executar as súas funcións as
institucións municipais.
A incerteza no funcionamento do ámbito municipal provocou a extremada mobilidade
dos homes cos que se tratou de configurar unha elite política urbana galega. Froito desa
incerteza, algúns gobernadores foron capaces de realizar varios cambios case seguidos nas
xestoras urbanas ata acadar o punto exacto de control e balance que eles consideraron oportuno.
O exemplo de Leopoldo Sousa Méndez-Conde foi o dun Gobernador Civil que, ata o último
momento de exercicio en Lugo, aproveitou para nomear unha nova xestora municipal
totalmente renovada en febreiro de 1938. Unha nova xestora que, segundo as súas palabras,
debería servir co «más fiel, el más desinteresado y el más completo afán de servir con lealtad y
voluntad la Sagrada Causa que se personifica en S.E. el Glorioso Caudillo y que es sagrada
porque es la causa de nuestro Dios y de nuestra Patria». Segundo a interpretación do
Gobernador Civil, as cuestións municipais íanse a resolver coa «fe» propia dos homes que se
comprometen consigo mesmos a rexeitar «todo lo que es deleznable y despreciable, todo lo que
es menuda y baja política para cumplir como buenos y ejemplares ciudadanos; en conciencia,
lo que es vuestro deber». O seu razoamento xustificante do nomeamento dunha nova xestora
concluíu coa idea de que os novos homes foron nomeados para « cumplir en conciencia» co
seu elevado destino; para así quedarlles na súa alma «la grata satisfacción de haber cumplido
bien fielmente vuestro deber ciudadano».
491
Os datos sobre a súa filiación recóllense en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 27, e no capítulo de SOMOZA CAYADO,
A. (2008). O seu nomeamento como concelleiro no LAPCL, 23, sesión do 1 de outubro de 1923: 47; LAPCL, 28, sesión
do 26 de febreiro de 1930:27 e LAPCL, 35, sesión do 27 de maio de 1935: 37. 492
As citas referidas no texto e a información complementaria sobre as súas actividades políticas apórtaa SANTOS
ALFONSO (2003): p. 112. Sobre o resto da súa traxectoria política ideolóxica en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 27. 493
Esta información aparece reflectida en Gobierno civil de la provincia de Lugo: propuesta de comisión gestora,
14 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local; e no Informe de la comandancia de
la Guardia Civil sobre los concejales, 6 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local,
Caixa 12704. 494
Foi nomeado primeiro concelleiro (LAPCL, 25, sesión do 13 de xaneiro de 1925: 32) e, posteriormente,
concelleiro suplente (LACPL, 27, sesión do 14 de marzo de 1928: 21)
290
O primeiro en ser nomeado foi o Alcalde. O posto recaeu en Antonio Macía Valado,
un afiliado a FE de las JONS que con anterioridade se inscribira no maurismo lugués que
acabou sendo concelleiro suplente durante a ditadura de Primo de Rivera e membro da UP
luguesa495
. Esa proximidade á UP e a Calvo Sotelo manifestouna nas súas primeiras palabras
como Alcalde da cidade da muralla. Macía Valado manifestou que quería traballar para facer
de Lugo e España un lugar mellor «con la que tanto soñó Calvo Sotelo y por la que tanto hizo
José Antonio, maestro el primero y guía el segundo». Para iso, seguindo o seu discurso, contaría
coa colaboración dos novos xestores nomeados, «verdaderos y legítimos españoles que sienten
en sus pechos la grandeza de esta Patria querida», que traballarían libres de calquera atadura de
«grupitos [ou] capillitas»; actuando todos coma un «estrecho haz para resolver así unidos y
compenetrados los importantes problemas que se hallan pendientes de resolución»496
.
Os novos xestores que deberían axudar a Macía Valado no seu compromiso persoal de
converter Lugo no modelo para España foron homes de diversa procedencia política. Primeiro
cómpre citar o modelo de Ramón Neira Pedrosa. No xestor Neira Pedrosa conxúganse —de
novo, cousa que se repetirá constantemente nos primeiros anos da ditadura—, os modelos de
membro da elite política da ditadura franquista: deputado provincial polos «monárquicos»
durante a Restauración e concelleiro afiliado a UP na ditadura de Primo de Rivera; amais, foi
vicepresidente da URD de Lugo durante o bienio negro497
. O modelo de Neira Pedrosa foi
seguido por outros xestores nomeados naquel momento. Domingo Alonso Carrillo tamén fora
concelleiro durante un breve período de tempo na ditadura de Primo de Rivera e membro da
UP local498
. Experiencia no concello durante a República tivo Manuel Portela Nogueira: afiliado
a FE de las JONS dende febreiro de 1936, directivo da Federación Agraria Católica de Lugo e
presidente das xuventudes da UDA, un grupo asociado á URD de Lugo; ademais da súa
traxectoria ideolóxica, foi concelleiro en 1934 durante o bienio negro499
. Á URD tamén
pertencera Antonio López Acuña500
; e das JAP tomou parte coma militante Antonio Souto
Vilas501
. Isidoro Valcárcel López fora membro da directiva da UDA de Lugo coma vocal durante
a República502
. Vicente Santamarina Galicia tamén se manifestara con anterioridade ao golpe de
Estado de xullo de 1936 dentro do círculo da dereita luguesa como membro de RE503
. De RE
participou tamén Ricardo Sindín Roel —seu irmán Ramón acababa de ser destituído da xestora
anterior—, e anteriormente fora directivo da UP do concello de Guntín, de onde era orixinario504
.
Germán Quintana Peláez asociouse á Milicia Española, tendo sido contador do PRC e
495
Foi concelleiro suplente na ditadura de Primo de Rivera (LAPCL, 21, sesión do 14 de marzo de 1928: 21). 496
As citas anteriores, do discurso de Macía Valado, no LAPCL, 40, 7 de febreiro de 1938: 12. 497
Sobre a súa filiación política, véxase SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 28; e debuxada con maior detalle en SOMOZA
CAYADO, A. (2011): 234-239 e 243. 498
O seu pasado coma concelleiro do municipio lucense compróbese o LAPCL, 25, sesión do 13 de xaneiro de 1925: 32.
Os datos sobre a súa filiación en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29. 499
A súa filiación política clarificarase en epígrafes posteriores, no momento no que se describa o seu paso pola
alcaldía lucense. Polo momento, os primeiros indicios sobre a súa traxectoria ideolóxica recóllense en SOUTO BLANCO,
M.J. (1999): 28. 500
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29. 501
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29 e SANTOS ALFONSO, A. (2003): 109. 502
Os primeiros datos sobre a súa filiación en La Vanguardia, 14 de xullo de 1939: 9; e tamén en SOUTO BLANCO,
M.J. (1999): 29 e SOUTO BLANCO, M.J. (1997): 226. 503
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 28. 504
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29.
291
candidato a concelleiro nas eleccións republicanas pola DLR505
. Un membro de FE de las JONS
de primeira hora que entrou no consistorio foi José María Pereira Arrabal, que ocupara o cargo
de secretario provincial do partido durante a República506
. Liborio Revilla Castro contou no seu
currículo coa experiencia de ter sido concelleiro na ditadura de Primo de Rivera507
. O resto de
concelleiros foron Manuel Franco Rivas; Aquilino Yáñez García; José Mosteiro Porto;
Benjamín Rivas Gandoy e Pedro Madarro López.
O que determina as xestoras nomeadas polos gobernadores civís de Lugo ata o momento
é a extrema mobilidade de nomes, que cambiaron case na súa totalidade cada vez que se
acomete un cambio. Esta característica é especial da xestora da capital luguesa, á cal hai que
engadir a importancia dada a aqueles homes que contaron con experiencia política previa, e
tamén dos que militaran en partidos políticos de dereitas508
. O principal indicio que aporta a
xestora luguesa no proceso de configuración da elite política urbana de Galicia é o da dificultade
que atoparon os distintos gobernadores civís para dar cun modelo de xestora que implicou dúas
vertentes: homes dun carácter ideolóxico moi definido e a busca dunha continuidade temporal
nos cargos que permitise o enraizamento dunha elite determinada. O contexto dunha guerra
civil cambiante, na que as necesidades militares se situaron por riba de todo o demais, axudou
a afondar a idea do papel secundario do mundo municipal galego.
505
Estes datos apórtaos SOMOZA CAYADO, A. (2008). 506
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29. 507
Foi concelleiro na ditadura de Primo de Rivera (LAPCL, 26, sesión do 18 de abril de 1925: 2) e na Ditabranda
(LAPCL, 28, sesión do 26 de febreiro de 1930: 27). 508
O caso desta xestora luguesa é de libro, en canto a procedencia política e traxectoria municipal anterior dos seus
membros. Non hai máis que lembrar os casos que se expuxeron con anterioridade no momento de explicar a socioloxía e
natureza política da ditadura franquista para caer na conta deste extremo. Por poñer outro exemplo sucedido en España,
noutro punto da xeografía, moi similar ao desta última xestora lucense, pódese dicir que as primeiras comisións xestoras da
cidade de Granada viviron unha continuidade de elementos que representaron á dereita republicana e anterior a ela. O
estudo de COBO ROMERO, F. E ORTEGA LÓPEZ, T.M. (2005): 237 indica que na cidade, ocuparon os cargos «antigos
militantes de dereitas que non dubidaran en ofrecer o seu apoio» á causa dos sublevados. Os autores, aproveitando que os
escollidos polos gobernadores civís procedían de culturas políticas vinculadas cos de sempre —o sempre recorrido
caciquismo—, aproveitan para falar da consolidación das vellas formas da política durante os primeiros anos da ditadura.
COBO ROMERO, F. E ORTEGA LÓPEZ, T.M. conclúen que estas formas e homes da vella política —os elementos do
maurismo, da CEDA local, etc.—, mantivéronse ata as eleccións de 1948; que supuxeron a entrada dos intereses de
organizacións económicas no consistorio granadino. SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 22-31, que realizou a primeira
aproximación ao estudo da composición dos consistorios lucenses durante a primeira etapa da ditadura, chegou á conclusión
de que estas primeiras xestoras constituíronse coma paradigmas da continuación da tradición da Restauración e da ditadura
de Primo de Rivera.
292
5.3.2.2 Pontevedra e Vigo: un Gobernador e dúas xestoras diferentes
Cada autoridade provincial atopou uns problemas propios. Un deses problemas foi o do
nomeamento de varias xestoras municipais urbanas nunha mesma provincia. Os primeiros
militares que se fixeron co poder nas cidades en calidade de mando en praza e, posteriormente,
Ricardo Macarrón Piúdo, o primeiro Gobernador Civil de Pontevedra nomeado polas
xerarquías políticas da España sublevada, comezaron o proceso de configuración dunhas elites
políticas locais que demostraron as súas características propias. O procedemento que
empregaron coas dúas cidades foi similar: nomeamento a discreción de todos os concelleiros
nunha única sesión do pleno municipal; o que significa que as propostas de candidatos foron
todas elas realizadas e presentadas ao Goberno dos sublevados ao mesmo tempo.
5.3.2.2.1 A cidade de Vigo: do Alcalde comisario de guerra ao Alcalde empresario local
Para a cidade máis poboada da provincia de Pontevedra, Vigo, o Comandante militar da
praza, Felipe Sánchez, nomeou nunha única vez os 15 xestores municipais que a compuxeron
e que tomaron posesión dos seus cargos o 22 de xullo de 1936. Para o cargo de primeiro Alcalde
da corporación sublevada da cidade olívica, o Comandante nomeou ao comisario de guerra do
Exército sublevado José Giménez García509
. A mesma procedencia profesional foi a escollida
para o que foi seleccionado para o cargo de primeiro Tenente de Alcalde: Sebastián García
Retuerta, un médico Tenente do Exército que destinado no hospital militar de Vigo510
. Os dous,
Alcalde e primeiro Tenente, carecían de calquera tipo de filiación política anterior ao golpe de
Estado de xullo de 1936. Xunta eles, a primeira xestora sublevada de Vigo compúxose por
Alfonso Crespo Martínez, José Albo Abascal e Javier Sensat Curbera ou Luis de Vicente Sariain,
no senso de que carecían de antecedentes políticos.
O Comandante militar da praza viguesa decidiu que a maioría dos nomeados para os
cargos municipais fosen homes con traxectoria e experiencia política previa ao golpe de Estado
de xullo de 1936. Manuel Canella Tapias foi Xeneral do Exército que exercera o posto de
gobernador militar de Vigo e da provincia de Pontevedra, así coma o de xefe da 81ª División.
Ao seu oficio de militar, sumábase a súa preferencia e adhesión a partidos republicanos de corte
dereitista como foi o PRC de Vigo do que foi presidente na súa primeira directiva en 1932511
.
Paulino Yáñez Tapias si militou na URD viguesa, ocupando un posto nas listas do partido nas
eleccións de 1933512. Luis Ferrer Mariño participara na primeira xunta directiva da ORGA en
xullo de 1931513
. Eugenio Fadrique González, foi militante do PRC vigués, ademais de ter
exercido a función de concelleiro da cidade olívica en decembro de 1923 nos inicios da ditadura
509
LAPCV, PLE-169, sesión do 22 de xullo de 1936: 354. 510
BOE, 14 de decembro de 1936, 56: 394. 511
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 182 e 322. GIRÁLDEZ, X. (2009): 350. Tamén se encontran referencias
sobre a súa persoa en ABC, 8 de setembro de 1943: 9. 512
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 179 e PEREIRA, D. (2010): 251. 513
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 176-177.
293
de Primo de Rivera514
. O modelo vigués de traxectoria política anterior ao golpe de Estado de
xullo de 1936 proporcionouno Ángel Reboreda Domínguez cunha traxectoria política nas
dereitas republicanas conservadoras que se pode cualificar de modélica: foi candidato ás
eleccións de abril de 1931 na candidatura pontevedresa que englobou a todos os monárquicos,
o PLV, saíndo elixido nos comicios de abril de 1931; posteriormente, unha vez iniciada a
República, continuou participando na política alí onde foi requirido, acompañando aos seus
correlixionarios monárquicos, católicos e dereitistas republicanos; foi membro do comité local
do PAE da cidade Olívica, un partido capitaneado por un ilustre dereitista da cidade de
Pontevedra como foi Prudencio Landín Carrasco515
.
O modelo de xestor municipal aportado polas autoridades provinciais na figura de
Reboreda Domínguez complementouse con outras figuras nomeadas para a primeira xestora
sublevada viguesa. Máis atrás no tempo en canto a filiación política débese buscar a Hipólito
Reguenga Borrajo, do cal se di que participara na política republicana baixo o cartel dos
monárquicos516
. Máis determinado nos seus antecedentes foi Orencio Arosa Martínez, nomeado
Alcalde en outubro de 1923 e membro da UP local517
. O elemento de FET de las JONS nesta
xestora viguesa foi Juan Cerqueira Domínguez que, para maior énfase da súa situación política,
fora xefe local do Movemento de Vigo durante o ano 1936, o que lle conferiu a honra de ser
considerado membro da Vieja Guardia, nun momento no que o feito de ser parte de FE de las
JONS nos momentos críticos era visto polas autoridades provinciais coma unha verdadeira
marca de identidade persoal518
.
Esta xestora non foi a única que se nomeou para Vigo nos meses iniciais da guerra civil.
O xa gobernador Macarrón Piúdo acometeu, en novembro de 1936, unha pequena reforma en
canto aos compoñentes da mesma. Os xestores Eugenio Fadrique; Hipólito Reguenga; Orencio
Arosa e Javier Sensat Curbera caeron da listaxe de xestores municipais da cidade olívica. O
elemento a ter en conta desta destitución é que os xestores Fadrique, Reguenga e Arosa foran
significados participantes do xogo político anterior ao golpe de Estado. O xogo de nomeamentos
e ceses determinou neste caso vigués que o que máis interesou ao Gobernador Civil foi manter
a unidade da xestora, máis aló da carga ideolóxica dos elementos que a compuñan. No lugar
dos cesados, o Gobernador Civil nomeou a catorce persoeiros que completaron a xestora que
nomeara en xullo de 1936. A elite política viguesa estaba a configurarse de maneira tal que, xa
en novembro de 1936, a primeira autoridade da provincia buscou a homes sen pasado político.
Entre todos os nomeados, só tres deles contaron con antecedentes políticos previos ao golpe de
Estado. Manuel Roel de la Torre, foi o home da URD e das JAP da cidade viguesa, así coma
concelleiro da corporación olívica en xaneiro de 1927519
; do mesmo xeito que tamén Manuel
514
Unha biografía do persoeiro é a ofrecida por GIRÁLDEZ, X. (2009). Tamén é citado en PEREIRA, D. (2010): 251.
O seu nomeamento como concelleiro no LAPCV, PLE-155, sesión do 5 de decembro de 1923: 503. 515
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 242, 311, 345 e 551. O seu nomeamento como concelleiro republicano no
LAPCV, PLE-160, sesión do 24 de abril de 1931: libro sen foliar. 516
Así llo asigna na súa investigación FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 350. 517
O seu nomeamento como concelleiro no LAPCV, PLE-151, sesión do 1 de outubro de 1923: 305. FERNÁNDEZ
GONZÁLEZ, M. (2002): 16, fala del coma un «elemento destacado» do partido da ditadura de Primo de Rivera. 518
PEREIRA, D. (2010): 251. 519
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 88 e 236. O seu nomeamento como concelleiro na ditadura de Primo de Rivera
no LAPCV, PLE-155, sesión do 18 de xaneiro de 1927: 503.
294
Moreno Artola fora nomeado en marzo de 1928 concelleiro520
; e Francisco Javier Ozores
Pedrosa, presidente do BN de Vigo, así coma Alcalde da cidade da Coruña entre 1913 e 1915
e Gobernador Civil da provincia de Huelva en 1919521
. O resto dos seleccionados, Augusto Viso
Troncoso; Natalio Sanchón Prieto; Andrés Fernández Táboas; Evaristo de Vicente Rodríguez;
Justo López Valcárcel; Mauro Alario Vaquero; Manuel Moreno Artola; Rodrigo Alonso
Giménez Cuenca; José Besada García; Julián Herrero Bermejo e Isaac Iglesias Roura foron
nomeados para os postos de xestores municipais polo seu apoliticismo previo e polas súas
ocupacións persoais.
Aproveitando aquela situación de cambio, o Alcalde José Giménez García aproveitou
para dirixirlle a corporación unhas palabras de ánimo co obxectivo de fomentar entre os
xestores municipais a conciencia de estar vivindo momentos cruciais na historia da cidade
olívica. Descargándose de enriba unha posible acusación de banalidade, o Alcalde deixou dito
que o momento no que foron nomeados el e os seus xestores era «transcendental para la vida
de Vigo». Segundo Giménez García, cumpriría dar un xiro radical ao que fixeran os
predecesores da República, pois de non ser así, o destino de Vigo «se estancará». No seu
discurso inaugural, o Alcalde aportou unha dose de realismo aos seus xestores e autoridades
presentes no salón de plenos: «difícil y espinosa será nuestra labor, pues todo está por hacer y
muchos son los intereses y tinglados que es preciso desmontar». O Alcalde Giménez García
comezou a enumerar a listaxe de asuntos pendentes de renovación e actualización da política
municipal, comezando pola facenda; o «problema urbanístico» da cidade «de modo que las
legítimas ansias de construir una ciudad moderna y atractiva sean compatibles con nuestra
realidad económica»; as cuestións relacionadas coa beneficencia e a sanidade e, sobre todos
eles, o «problema importantísimo» de depurar o persoal do concello: «olvidando que el mérito
y no la amistad debe ser el título que de derecho a ocupar los cargos públicos». Este último
aspecto vestiuno o Giménez García coa tendencia —tantas veces repetida ao longo deste texto—
dos galegos ao recurso do caciquismo. Para conseguir e loitar todo aquilo enumerado, o Alcalde
dixo contar coa concorrencia dos novos xestores municipais, aos que presentou coma «ejemplo
de abnegación y acierto a los que hasta aquí integraron conmigo la Comisión Gestora del
Municipio». Non puido faltar a obrigada mención a «emocionada adhesión al insigne Jefe del
Gobierno» por canto a súa figura significaba en momentos tan complexos coma os que se
estaban a vivir en Vigo e Galicia a todos os xestores522
. A nivel de análise discursiva, as palabras
de José Giménez García parecen indicar o cansazo dun home que levaba pouco máis de catro
meses no cargo de Alcalde. O ton que se infire no seu discurso parece o dun home que lavase
anos ao mando dunha urbe; o que proba a complexidade de gobernar unha urbe coma a viguesa
nun momento convulso coma o dos primeiros meses da guerra civil.
A destitución de Macarrón Piúdo en setembro de 1937 e a chegada do novo Gobernador
Civil Mateo Torres Bestard, supuxo o nomeamento dunha nova xestora municipal para a cidade
520
LAPCV, PLE-156, sesión do 8 de marzo de 1928: 228. 521
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M (2005): 234, 249 e 269. O testemuño do falanxista Luis Moure Mariño, recollido na
investigación de FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, sitúao coma un dos elementos fundadores da FE viguesa ao lado de Gustavo
Kruckenberg. A referencia ao seu nomeamento como Gobernador Civil de Huelva en El Orzán, 20 de abril de 1919: 1. 522
As palabras do Alcalde, extraídas de El Pueblo Gallego, 27 de novembro de 1936: 6. Os nomeamentos no
LAPCV, PLE-176, sesión do 26 de novembro de 1936, libro sen foliar.
295
olívica. Esta foi última antes do final da guerra civil, constituída en xaneiro de 1938. Esta nova
xestora trouxo consigo algúns cambios que, por ser mínimos, non deixan de ser importantes
polo que supuxeron de clarificación no proceso de configuración da elite política viguesa. Luis
Suárez Llanos-Menacho converteuse en Alcalde, sen compartir co seu predecesor unha
profesión que se convertera en esencial para ser nomeado Alcalde. Suárez Llanos foi
empresario e membro de FET de las JONS —aínda que non se coñece o momento no que se
encadrou no Movemento. Suárez Llanos entrou no concello de Vigo, segundo as súas palabras,
«animado de los mejores deseos y con la firme voluntad de conseguir una administración
eficiente»523
. Austeridade, depuración e cumprimento estrito das leis foron os eixos que se
impuxo o novo Alcalde sobre os que debería xirar a administración municipal. A nova
corporación veu a supoñer, segundo o Alcalde:
«[...] una inyección de juventud en la vida municipal viguesa, y se propone realizar con el mayor
entusiasmo una fructífera obra en pro del desenvolvimiento moral y material de la ciudad,
principalmente en lo que afecta a la Hacienda del Municipio que se procurará sanear
ahincadamente».
O Alcalde poría a cidade de Vigo aos pés da «excelsa figura del invicto Caudillo»; poría
todo o esforzo dos vigueses —«rendimiento máximo»—, ao servizo da causa dos sublevados na
guerra, que deberían seguir «las inspiraciones de Falange Española Tradicionalista y de las
JONS, motor y guía del Glorioso Movimiento Nacional»524
. Suárez Llanos situouse á fronte
dunha xestora formada por homes totalmente novos, sen ningunha referencia a xestores
municipais anteriores dende o inicio da Guerra. Entre eles só houbo un con experiencia política
municipal anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936: Julio Areán Bautista, concelleiro
nomeado en decembro de 1923 durante a ditadura de Primo de Rivera525
. O resto foron
membros de partidos políticos de dereitas republicanos, membros de FET de las JONS ou
homes sen filiación política coñecida.
Participante no funcionamento de partidos de dereitas foi Leocadio Alejandro Acevedo,
membro da primeira comisión do PAE de Vigo en marzo de 1935526
. Estanislao Durán Gómez
fora membro do PRC de Vigo, do que foi vicesecretario en xullo de 1933; fora tamén vogal da
primeira xunta directiva da URD viguesa, aínda que non tomou posesión do seu posto. Durán
Gómez estaba afiliado a FET de las JONS no momento de tomar posesión do seu cargo, pero
non se coñece a data do seu encadramento527
. Entre os falanxistas que si teñen encadramento
523
As información sobre a súa filiación política, na Proposta de nomeamento de Luis Suárez Llanos-Menacho, 25
de maio de 1940, AGA, FAMI, 44/2623. Ao facer referencia ao seu segundo mandato volverá citarse esta fonte. 524
O nomeamento da nova xestora e as citas anteriores no LAPCV, PLE-176, sesión do 31 de xaneiro de 1938:
libro sen foliar. GIRÁLEZ LOMBA, A. (1999): 35 transcribiu unha entrevista cun vigués que chegou ao posto de secretario de
Orde Pública, cargo que desempeñara Suárez Llanos antes de ser nomeado Alcalde. O referido polo entrevistado convértese
nun exemplo de como foi o proceso de nomeamento por parte das autoridades sublevadas dos cargos municipais. Segundo
a testemuña, antes de confirmarse o nomeamento do novo Alcalde, tanto o entrevistado coma Suárez Llanos foron
chamados polo delegado de Orde Pública de Vigo para informalos que sobre un deles recaería o cargo de Alcalde. «[O
delegado de Orde Pública] “Bueno, a ver, mañana hay que nombrar Alcalde y uno de vosotros dos tiene que ser Alcalde”.
Yo dije: “Yo, ni pensarlo”. Luis Suárez Llanos dijo: “A mi me es igual”. Y entonces le nombraron a él Alcalde de Vigo. No
hubo mucho diálogo». O entrevistado ocupou despois a secretaría de Orde Pública. 525
O seu nomeamento no LAPCV, PLE- 153, sesión do 5 de decembro de 1923: 1. 526
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 182, 222, 242 e 311. 527
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 182.
296
definido cronoloxicamente ao partido, atopábanse Enrique Pascual Souto del Río, membro do
Movemento con anterioridade ao inicio da guerra civil, que chegou a ser xefe de Prensa e
Propaganda da local viguesa, cargo que ocupou ata 1942 cando accedeu á xefatura local do
Movemento528
. A carón dos anteriores situouse a masa de afiliados a FET de las JONS dos que
se descoñecen os seus antecedentes políticos anteriores: Guillermo García Aboal; Arturo
Enríquez Neira; Manuel Fernández Figueira; Eloy Rodríguez Cantero529
; Antonio Freire Pazó;
Rodrigo Alonso Giménez Cuenca e José Álvarez García. Ao outro lado, aqueles dos que se
descoñece calquera aspecto da súa traxectoria política: Indalecio Vázquez Rodríguez; Miguel
Rodríguez Fernández Vila; Jerónimo Pérez Casqueiro; Alejandro Requejo Buenaga; Marcelino
Suárez Celada; Julián González Goberna e Javier Rubio Escuredo. A primeira xestora nomeada
por Torres Bestard foi unha mestura entre compromiso político coa dereita previa ao inicio da
Guerra, e compromiso falanxismo indeterminado no tempo. A elite política viguesa comezou
a configurarse coa mesma mestura que de deu en Lugo no mesmo espazo temporal. O matiz
vigués é que o peso daqueles sen experiencia política previa foi o que máis pesou, pois os
gobernadores civís interesáronse máis na traxectoria económica e profesional para buscar aos
candidatos aos postos de Alcalde e xestor530
.
5.3.2.2.1 A cidade de Pontevedra: do Capitán de Infantería Alcalde ao Alcalde avogado
As dúas cidades da provincia de Pontevedra necesitaron que foran nomeadas as súas
xestoras municipais. A da capital provincial foi a máis serodia de todas as xestoras municipais
urbanas en ser confirmada en pleno municipal extraordinario, o 31 de outubro de 1936531
. Nun
primeiro momento, o Gobernador Civil confirmou o primeiro nomeamento realizado pola
autoridade militar sublevada nos primeiros días do golpe de Estado. Eladio Becerril González
foi o elixido para ser o primeiro Alcalde da Pontevedra sublevada532
. Xunta el foi nomeado
Javier Puig Llamas, Alcalde da cidade entre 1909 e 1911533
. Tiveron tamén experiencia na
528
Parte mensual do mes de decembro, xaneiro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20595. 529
Localizado por ABAD GALLEGO, X.C. (2008): 112 como un dos elementos de FE de las JONS que participou
activamente nos primeiros actos violentos da sublevación de xullo de 1936 na cidade de Vigo. 530
Máis adiante haberá oportunidade de explicar a orixe social dos membros da elite política galega, un dos
elementos determinantes, xunta procedencia política, para formar parte daquela. RIVERO NOVAL, M.C. (2001): 307, cando
analizou a composición das xestoras municipais da cidade de Logroño, adianta o contido do que queda por ver das elites
políticas viguesas. A presenza do fenómeno das «caras novas» marcou a composición do concello logroñés e vigués. Si é
certo que en Vigo houbo algún que outro elemento con experiencia política previa ao Alzamento; mais o que dominou foi
a compoñente daqueles que nunca antes participaran na política ocupando postos de relevancia pública. Isto, como sucedeu
en Logroño e en Vigo, non quere dicir que, con esa mesma anterioridade, «se sinalaran pola súa actividade nos partidos da
dereita durante a Segunda República». RIVERO NOVAL chega á conclusión de que estas novas elites foron as responsables
da desaparición das que denominou «sagas» familiares; ou que, canto menos, provocaron que perderan o poder efectivo
directo. Este extremo debe ser posto en corentena no caso vigués, pois xa é coñecido por liñas anteriores que as elites
viguesas, en moitas ocasións, viviron de costas ao mundo da política municipal. 531
LAPCP, Libro dende o 31 de outubro, sesión do 31 de outubro de 1936: 32. 532
DOMG, 13 de xuño de 1914, 129: 770. Amoedo López, G. (2010): 167, localízao, posteriormente, como
avogado. 533
A información sobre a súa condición de anterior Alcalde da cidade do Lérez aparece nunha noticia de La Voz
de Galicia, 2 de setembro de 2016, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/09/02/polemica-
297
xestión municipal Rogelio Torres Senra —concelleiro monárquico cunha longa tradición na
política municipal da capital pontevedresa nomeado en xaneiro de 1917, en abril de 1921,
febreiro de 1930 e abril de 1931, e militante da UP pontevedresa534
—; Rafael Varela Feijoo e
Ruperto Sánchez Villaverde —concelleiros en xaneiro de 1924—535
; José Gay Fernández —xestor
en novembro de 1929536
—; Severino Martínez Piñó e Valentín Muíños García —concelleiros en
febreiro de 1930537
—, e José Lino Sánchez —concelleiro nomeado en novembro de 1934538
. Dos
vinte concelleiros nomeados para a xestora da cidade do Lérez, oito exerceran cargos con
anterioridade no consistorio municipal. Mais, aínda que a experiencia foi un grao elevado para
ocupar o posto de xestor municipal, o Gobernador Civil non esqueceu nin desprezou a
importancia da selección de homes cun pasado de militancia política nos partidos adecuados.
A observación dos homes seleccionados para a cidade de Pontevedra determina que nela
sucedeu o mesmo que nas cidades de Lugo e Vigo: os persoeiros da dereita local que actuaran
durante a República, viviron nos primeiros meses da guerra civil o seu momento de gloria; o
desquite sobre os republicanos que ocuparon no seu lugar os postos de representación
municipal. Da URD militou Rogelio Casalderrey Esperón539
; da mesma maneira que o fixo
Celestino Fontoira Peón, asinante do manifesto que deu lugar a creación dese grupo político na
cidade do Lérez, do que foi vogal da xunta directiva en decembro de 1931540
. Tamén Valentín
Muíños García militara na URD e no PAE541
. José Lino Sánchez debe volver a ser citado pola
súa traxectoria política anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936. Seguindo unha liña similar
a outros elementos da dereita galega, Lino Sánchez foi membro do PG, do que fora candidato
a Cortes en xuño de 1931. A súa filiación ao PG mudou cara posicións máis conservadoras,
aínda que galeguistas, ao converterse nun dos participantes na creación da DG en maio de
1935542
.
sobre-javier-puig-monumento-falta-rigor/0003_201609P2C2992.htm> [Consultado o 6 de febreiro de 2019], relacionada co
debate no consistorio pontevedrés debido á posibilidade de que lle fose retirado o seu nome a unha das rúas da cidade. 534
A relación dos seus nomeamentos municipais no LAPCP, 1917, sesión do 1 de xaneiro de 1917: 47; LAPCP,
1922, sesión do 2 de abril de 1922: 15-17; LAPCV, 1926-1930, sesión do 6 de febreiro de 1930: 92 e LAPCP, 1931, sesión
do 18 de abril de 1931: 27. 535
Os seus nomeamentos no LAPCP, 1923-1924, sesión do 29 de marzo de 1924: libro sen foliar. Rafael Varela
Feijóo repetiu como concelleiro dende novembro de 1929 a febreiro de 1930 (LAPCP, 1926-1930, sesión do 4 de novembro
de 1929: 80). 536
LAPCP, 1926-1930, sesión do 4 de novembro de 1929: 80. 537
LAPCP, 1926-1930, sesión do 6 de febreiro de 1930: 92. 538
LAPCP, 1934-1935, sesión do 12 de novembro de 1934: 60. 539
Esta asociación realizouna AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 423. 540
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 86-87. 541
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 476 e ÁLVAREZ CASTRO, X. (2013): 14. 542
Pontevedra foi un dos núcleos radicais do nacionalismo galego durante a República. A presenza de persoeiros
destacados desta corrente política, coma Valentín Paz Andrade, Castelao ou Alexandre Bóveda, destaca a influencia que o
nacionalismo galego exerceu na cultura política da cidade do Lérez. Por iso, non debe resultar estraño comprobar como
moitos membros do nacionalismo pasaron ao bando sublevado; especialmente despois das disputas ideolóxicas entre
nacionalistas de esquerdas e nacionalistas conservadores —de maneira moi xenérica e sen vontade de analizar esta cuestión,
os seguidores da liña de Castelao e Bóveda, por un lado, e os seguidores da corrente da familia conservadora de Vicente
Risco, por outro. Para os máis conservadores, a adaptación aos modos dos sublevados foi moi sinxela, pois prometeron
unha cousa fundamental para eles: conservación do statu quo, ou unha promesa contrarrevolucionaria. Moi recentemente,
SENÍN ÁLVAREZ, J.I. (2018) realizou a última aproximación ao nacionalismo galego durante a República, actualizando o
proceso de construción con novas fontes. BERAMENDI, J. (2012), uns anos antes, detallou o papel do pontevedrés Paz
Andrade no artellamento do nacionalismo galego entre as guerras mundiais. No contexto que describen estes dous
investigadores, actuaron as elites políticas pontevedresas que acabaron por entrar no consistorio municipal sublevado coma
xestores municipais. As notas biográficas sobre o xestor Lino Sánchez atópanse nos dous textos citados.
298
Próximo a círculos galeguistas estivo tamén Claudio Losada —participante do coñecido
faladoiro da cidade do Lérez Club Karepas—, aínda que simpatizou coa URD e máis adiante
con FE de las JONS, sendo parte da Garda Cívica falanxista da cidade543
. De José García
Señoráns —alcumado «Ferreiros»—, dicíase nos informes internos de FET de las JONS que era
un home de «ideología derechista», que realizara actividades de propaganda en favor de partidos
de dereitas. Esa propaganda teríaa realizado militando na URD pontevedresa, da que foi
candidato as eleccións a Cortes de 1933 procedente das filas do agrarismo; ao mesmo tempo
que todo iso sucedía, exerceu como xefe local das JAP de Pontevedra. Os informes internos do
Movemento recolleron para a posteridade o seu traballo —considerado coma extraordinario—,
no campo dos abastecemento: «una labor sobre Abastos recta y justa defendiendo los intereses
del pueblo, visitando diariamente los mercados y procurando abastecerles, etc.» Aínda así, foi
un home que non se encadrou nunca dentro de FET de las JONS544
. O elemento máis destacado
da primeira xestora sublevada pontevedresa é o extraordinario peso relativo do sector falanxista.
A diferenza do sucedido nas cidades descritas con anterioridade, o Gobernador Civil apostou
no seu primeiro nomeamento por dotar dunha certa carga de ideoloxía falanxista a xestora da
cidade de Pontevedra. A Falanxe pontevedresa conseguiu colocar entre os membros da
primeira xestora sublevada a homes coma Casiano Peláez Merino, orixinario de Ourense,
definido polos seus compañeiros de partido como incansable e infatigable combatente contra o
«Marxismo [que] ayudó a Falange como cotizante» antes do Alzamento545
; José Acuña Núñez e
Alberto Polo Vicente, membros da Garda Cívica pontevedresa546
. O resto de xestores foron
Amador Cachafeiro Cabano; Manuel Domestre Castro; Luis Esteban Hermida e Rafael Sáenz-
Díez Vázquez dos que se descoñece a súa filiación previa.
O 2 de xuño de 1937, o Alcalde Eladio Becerril debeu encarar as obrigas do seu oficio
de militar, e ese día cesou ao marchar á fronte de guerra547
. O que ocupou o seu posto foi o
membro da UP pontevedresa que pasou na República a ser un dos asinantes do manifesto
fundacional da URD da capital provincial, e que acabou a súa traxectoria ideolóxica como
membro e simpatizante de RE. O avogado pontevedrés, Ernesto Baltar Santaló desenvolveu a
súa carreira profesional no ámbito xurídico sendo membro da Audiencia de Pontevedra e
acadando o posto de presidente do Tribunal Titular de Menores da provincia. Do mesmo xeito
que fixeran outros xestores da corporación pontevedresa, Baltar foi asiduo ao faladoiro do Club
Karepas548
. Xunta Baltar Santaló, o Gobernador Civil aproveitou para introducir algúns cambios
na xestora municipal conformada en outubro de 1936. Xunta el mantivéronse a maior parte
dos homes da xestora de Becerril excepto Javier Puig Llamas; José Lino Sánchez; Claudio
Losada e Luis Esteban Hermida. O seu lugar foi ocupado por Martín Mariño; Antonio Hereder
543
As anotacións de Claudio Losada proceden do texto de PEREIRA MARTÍNEZ, C. (2004) 544
Informes de FET de las JONS e do Goberno Civil de José García Señoráns, AGA, FAMI, 44/2547. Os datos
concretos sobre a súa filiación atópanse en GRANDÍO SEOANE (1998): 179 e 228; e ÁLVAREZ CASTRO, X. (2013): 12. 545
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Casiano Peláez Merino, AGA, FAMI, 44/2547. 546
ÁLVAREZ CASTRO, X. (2013): 24-27 ofrece unha relación dos primeiros membros de FE da cidade de Pontevedra 547
LAPCP, Libro dende o 31 de outubro, sesión do 2 de xuño de 1937: 48. 548
Os datos sobre a súa filiación apórtaos GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 86-87 e ÁLVAREZ CASTRO, X. (2013): 12.
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 411 indica que foi membro da Guardia Cívica falanxista pontevedresa no inicio da guerra civil.
LANDÍN CARRASCO, R. (1986) fai unha descrición do ambiente que se vivía nos faladoiros do citado club, onde participaron
persoeiros pontevedreses coma Castelao, Losada Diéguez ou Sánchez Cantón. A información sobre a súa ocupación
profesional, véxase o BOE, 11 de novembro de 1967, 270: 15607
299
Solla —concelleiro nomeado por primeira vez en xaneiro de 1935549
—; Luis González García —
afiliado a FET de las JONS, sen coñecer a data do seu encadramento— e Ramiro Parelo. O
cambio final desta nova xestora produciuse en setembro de 1938 co cesamento de Alberto Polo
Vicente e Manuel Domestre Castro; chegando á xestora pontevedresa Vicente Suárez Arango
e Marcelino Vázquez Gutiérrez. Con este último cambio de Alcalde na xestora da cidade do
Lérez despediuse da provincia o Gobernador Civil Macarrón Piúdo, tendo encetado a
configuración dunha elite política local onde a pertenza a FET de las JONS foi considerada moi
seriamente para optar a un cargo municipal.
549
LAPCP, 1936, sesión do 8 de xaneiro de 1935: 18.
300
5.3.2.3 A Coruña, Ferrol e Santiago: un gobernador provincial para tres cidades
5.3.2.3.1 Santiago de Compostela: a marca das elites políticas da dereita santiaguesa
Se o Gobernador Civil de Pontevedra Macarrón Piúdo se debeu enfrontar ao
nomeamento de dúas xestoras urbanas, as primeiras autoridades locais da provincia da Coruña
deberon nomear tres xestoras diferentes: Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña; cada
unha cos seus condicionantes sociais e políticos propios.
A primeira xestora municipal da cidade de Santiago foi nomeada por mandato do
Comandante militar desa praza, o Tenente coronel Luis Marinas Galego. Á fronte da mesma,
o primeiro Alcalde do Santiago sublevado foi Manuel García Diéguez, un Comandante de
Infantería550
. Acompañándoo na tarefa do goberno municipal, foron nomeados cinco xestores
que posuíron experiencia política previa durante a ditadura de Primo de Rivera: Andrés Penas
Portas —nomeado en outubro de 1923551
—; Ricardo Bescansa Castilla —nomeado en dúas
ocasións, en xaneiro de 1926 e en marzo de 1929552
—; Luis Peña de Andrés e Francisco Pérez
Rodríguez —nomeados en marzo de 1929553
— e Arturo Ruibal Castro —concelleiro nomeado en
xullo de 1929554
. Manuel López Sendón foi outro dos homes nomeados procedente da
primixenia organización de FE de las JONS de Santiago, participante con posterioridade na
guerra nas frontes de Asturias e Bilbao555
. A compoñente de antigos membros de partidos de
dereitas cubrírona Juan Harguindey Harguindey —que foi concelleiro suplente de Santiago en
setembro de 1929—, membro da URD e da JAP santiaguesa556
; Juan Rodríguez Lema,
participante da URD557
, e Domingo Sánchez Guisande, antigo vicepresidente e membro das
JURD santiaguesas558
. Do resto de membros da primeira xestora —Jorge de la Riva Barba;
Antonio Carro García; Santiago Mosquera Cimadevila; Miguel Pérez Esteso e Esteban Ceinos—
, non se coñece filiación política previa. Esta primeira xestora durou pouco menos de dous
meses tal e como foi presentada e confirmada no pleno municipal do 27 de xullo de 1936. A
dimisión do xestor Luis de la Peña de Andrés en agosto de 1936 detonou o cambio na
composición da xestora municipal, que foi realizada naquel momento xa polo gobernador De
la Rocha Riedel559
.
550
En El Compostelano, 29 de xullo de 1936: 1 indícase que era natural de Ourense, e que «se le considera como
compostelano»; ademais de ser «persona de gran competencia, justificada en el Ejército y en los cargos que desempeñó». O
nomeamento da primeira xestora, no LAPCS, AM 2387, sesión do 27 de xullo de 1936: 381. 551
LAPCS, AM 2380, sesión do 1 de outubro de 1923: 106 552
Os seus nomeamentos, respectivamente, no LAPCS, AM 2382, sesión do 18 de xaneiro de 1926: 42 e LAPCS,
AM 2382, sesión do 9 de marzo de 1929: 265. 553
Os dous nomeamentos no LAPCS, AM 2382, sesión do 9 de marzo de 1929: 265. 554
LAPCS, AM 2382, sesión do 20 de xullo de 1929: 290. 555
GURRIARÁN, R. (2006): 580. 556
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): p. 199, 236. O seu cargo como concelleiro suplente no LAPCS, AM 2382, sesión
do 25 de setembro de 1929: 318. 557
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): p. 136. 558
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): p. 208, 234. 559
Sobre os apelidos Bescansa e Harguindey xa se indicou, no epígrafe sobre a continuidade e descontinuidade das
elites con anterioridade a xullo de 1936, o seu papel esencial no edificio da elite política coruñesa e santiaguesa. Aquel
condicionante político-cultural establecido anteriormente, continuou marcando o proceso de selección e nomeamento de
candidatos a cargos municipais. Os Bescansa e Harguindey establecéronse coma elementos clave das elites políticas
301
O primeiro cambio que se introduciu no concello santiagués foi o establecemento do
funcionamento da xestora municipal en forma de consello municipal560
. O Alcalde continuou
sendo Manuel García Diéguez; mais houbo algunhas baixas de concelleiros respecto da
composición da primeira xestora dos sublevados. Dos dezaseis membros desa primeira xestora,
seis foron destituídos dos seus postos. Foron destituídos tres xestores que desenvolveran cargos
municipais con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936; o único membro de FE de
las JONS declarado e dous xestores sen experiencia política previa. A nova xestora que tomou
posesión o 6 de setembro de 1936 mantivo o mesmo número de xestores. Dos novos xestores
municipais só hai coñecemento do pasado de Mateo Carballal Calvo, concelleiro nomeado
despois das eleccións de abril de 1931561
. Do resto non se coñece nada da súa traxectoria política.
Este movemento de cambio dentro da elite debe entenderse como a necesidade auto-imposta
do Gobernador Civil de limitar o peso específico da compoñente política da xestora santiaguesa,
na busca do modelo de apoliticismo e pureza política previa ao Alzamento que as novas
autoridades sublevadas buscaron entre os nomeados para os postos municipais: Antonio
Sánchez Vázquez; José Escudero Monteagudo; Manuel Vázquez Lazo; Manuel López Míguez
e José Nieto Valiñas. Despois daquel cambio substancial, producíronse máis modificacións na
composición da xestora santiaguesa. O primeiro deses cambios foi a substitución do Alcalde
Capitán de Infantería Manuel García Diéguez, polo galeno José Puente Castro, un home que
exercera con anterioridade o cargo de concelleiro en xaneiro de 1918 e abril de 1930562
. O
segundo cambio foi o cese por incompatibilidades de Puente Castro e o nomeamento de Juan
Varela de Limia o 30 de outubro de 1936, vinte días despois do nomeamento do primeiro. O
novo Alcalde fora candidato monárquico nas eleccións de abril de 1931 e, posteriormente xa
no período republicano, membro da URD santiaguesa dende o momento da súa
composición563
. O Alcalde Puente Castro herdara a xestora municipal do seu antecesor sen
ningún cambio; porén, Varela de Limia no momento de tomar posesión do seu cargo, efectuou
un movemento político atrevido. Nun sistema político cun cariz extremadamente xerárquico,
Varela de Limia atreveuse a suxeriulle ao gobernador algúns cambios na mesma coa finalidade
de atopar un equipo adecuado co que traballar564
.
O Gobernador Civil apostou polo cambio suxerido polo novo Alcalde deixando da
corporación orixinaria do 30 de outubro de 1936 a Jorge de la Riva Barba; Antonio Carro
García; José Escudero Monteagudo; Juan Rodríguez Lema; Domingo Sánchez Guisande e José
Nieto Valiñas565
. O que quedou do grupo primixenio de xestores é unha mestura de persoal
aparentemente apolítico e outro que conservaba a súa tradición de militancia na URD e na súa
sección de xuventudes de Santiago. Esa mestura específica estendeuse pola xestora que propuxo
municipais en Santiago, xogando o seu papel en diferentes etapas políticas. Os Bescansa, incluso, executaron unhas
ramificacións nas tres cidades provinciais, onde entre irmáns e primos, participaron na política municipal de maneira activa. 560
A modificación do nomeamento da xestora e da súa composición, no LAPCS, AM 2387, sesión do 6 de
setembro de 1936: 393. 561
O seu nomeamento no LAPCS, AM 2384, sesión do 19 de abril de 1931: 4. 562
Viviu os últimos anos do réxime da Restauración, sendo nomeado por primeira vez no LAPCS, AM 475, sesión
do 1 de xaneiro de 1918: 1; e posteriormente no LAPCS, AM 2382, sesión do 24 de abril de 1930: 363. 563
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): p. 32. 564
O rego de ceses e nomeamentos, no LAPCS, AM 2387, sesión do 3 de agosto de 1936: 384 e no LAPCS, AM
2387, sesión do 10 de outubro de 1936: 399. 565
LAPCS, AM 2387, sesión do 30 de outubro de 1936: 403.
302
Varela de Limia para consistorio municipal santiagués. O propio Alcalde manifestárase
politicamente con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 como monárquico e
membro da URD. Por iso, non debe resultar estraño que xunto a el, en suma a Rodríguez Lema
e Sánchez Guisande, aparecese o nome de Joaquín Moreno Poch, membro da URD e elemento
participante no embrión desa organización en Galicia, o Partido Social Popular; ademais de
concelleiro santiagués nomeado en xaneiro de 1924566
. Polo demais, a xestora compúxose de
antigos membros do consistorio municipal en diversos momentos previos ao Alzamento: Luis
Villar Somoza —nomeado en novembro de 1924567
—; Francisco Ron Mato e Andrés Fernández
y Fernández —xestores en xullo de 1926568
— e Francisco Pérez Rodríguez —xestor en marzo de
1929569
. Do resto, non quedou constancia da súa filiación política previa, quedando así como o
grupo máis numeroso da xestora municipal recente constituída: Ricardo Gesto Trillo; Luis
Touve Aguado; Manuel Liste Mourenza; Ramón Ara Pardo; Ramón Torres Carranque; José
Crespo Aldrey e Ramón Piñeiro Rodríguez. Esta xestora, composta por dezanove homes
santiagueses de diversas procedencias sociais e políticas, mantívose ata o 10 de novembro de
1936. Previamente, o 7 de novembro de 1936 fora destituído por causas que se descoñecen o
Alcalde Varela de Limia, volvendo ao cargo de primeiro xestor municipal o militar e primeiro
Alcalde do Santiago sublevado Manuel García Diéguez. Seguindo o patrón de acción do seu
antecesor, García Diéguez propúxolle ao recente Gobernador Civil, De la Rocha Riedel a
composición da nova xestora municipal. O proxecto presentado polo novo Alcalde foi unha
reconstrución das súas xestoras anteriores desfeitas polo proxecto persoal de Varela de Limia570
.
Na xestora do 10 de novembro atópanse nomes xa referidos anteriormente: Francisco
Pérez Rodríguez; Fermín Zelada Varela; Ricardo Bescansa Castilla; Jorge de la Riva Barba;
Antonio Carro García; Esteban Ceinos Blanco; Miguel Pérez Esteso; Domingo Sánchez
Guisande; Santiago Mosquera Cimadevila e Andrés Penas Portas. Dos homes que nomeados
na xestora de Varela de Limia, só se mantivo na xestora de García Diéguez a Andrés Fernández
Fernández. O resto dos nomes novos foron antigos concelleiros —Manuel Emilio Martínez
Baladrón571
; Juan Harguindey Pérez572
; Manuel Lago Aller573
e Elías García Méndez574
—, e homes
dos que se descoñece a súa filiación política previa —Ventura Villar Grangel; Miguel Cabeza
Anido e José Fernández Rofast. A nova e definitiva xestora proposta e aprobada de Manuel
García Diéguez tivo o seu punto forte nos homes que contaron cun pasado de participación no
consistorio municipal con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936: nove dos
dezanove compoñentes do grupo foran concelleiros con anterioridade a xullo de 1936,
fundamentalmente na etapa da Restauración. A fortaleza desta xestora definitiva de García
Diéguez manifestouse na súa duración extensa comparada coas anteriores. Aínda cos ceses de
566
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 26. O seu nomeamento como concelleiro na ditadura de Primo de Rivera, no
LAPCS, AM 2380, sesión do 6 de xaneiro de 1924: 148. 567
LAPCS, AM 2381, sesión do 20 de novembro de 1924: 93. 568
O nomeamento dos dous concelleiros no LAPCS, AM 2382, sesión do 19 de xullo de 1926: 67. 569
LAPCS, AM 2382, sesión do 9 de marzo de 1929: 265. 570
O cese de Varela de Limia, no LAPCS, AM 2387, sesión do 7 de novembro de 1936: 404. A proposta de xestora
de García Diéguez, que se convertería en xestora oficial na sesión do 10 de novembro de 1936, no LAPCS, AM 2387, sesión
do 7 de novembro de 1936: 405. 571
LAPCS, AM 2380, sesión do 1 de outubro de 1923: 106. 572
LAPCS, AM 2382, sesión do 9 de marzo de 1929: 265. 573
LAPCS, AM 2384, sesión do 15 de abril de 1931: 1. 574
Nomeado concelleiro suplente no LAPCS, AM 2382, sesión do 25 de setembro de 1929: 318.
303
Juan Harguindey Pérez e Manuel Pérez Esteso en setembro de 1937, o resto do grupo
mantívose ata novembro de 1938. García Diéguez construíu unha xestora a medida do seu cargo
municipal, coa consciencia de estar a vivir un período de extraordinarios movementos políticos.
O Alcalde apostou por unha configuración da súa xestora na que o peso da traxectoria política
dos nomeados foi o esencial. A elite política santiaguesa, con todo, continuou a construírse cos
mesmos elementos que o resto de cidades galegas analizadas ata o de agora.
O Gobernador Civil Julio Muñoz Aguilar foi o encargado de nomear e confirmar unha
nova comisión xestora santiaguesa o 15 de novembro de 1938575
. O novo Alcalde nomeado foi
Juan Gil Armada —o marqués de Figueroa—, un home próximo a URD santiaguesa, da cal seu
irmán Ramón foi membro da directiva576
. Acompañárono nesa nova etapa da xestora municipal
algúns xestores que traballaran baixo o mandato do anterior Alcalde: Fermín Zelada Varela;
Ricardo Bescansa Castilla e Andrés Fernández y Fernández. O resto dos nomes seleccionados
supuxeron unha renovación total do pleno municipal santiagués. Víctor González Álvarez
volveu a ser chamado a un cargo no concello de Santiago, ao ter sido concelleiro suplente en
xullo de 1927577
. Valentín Pérez Argilés foi membro da UP e de RE, e vicepresidente do BN de
Santiago. Sábese que unha vez iniciado a sublevación militar de xullo de 1936, encadrouse en
FE de las JONS, exercendo como secretario de Frontes e Hospitais e Información e
Investigación578
. Da outra banda da dereita reaccionaria española foi recuperado Ángel Rey
Gallardo, Tenente auxiliar de Infantería e membro orixinal da CT encadrado en FET de las
JONS579
. No medio destas dúas posicións ideolóxicas estivera Cándido Varela de Limia —era
irmán dos políticos santiagueses Juan, que Alcalde en outubro de 1936 e Jacobo, concelleiro en
varias ocasións durante a Restauración—, membro de Acción Católica, e promotor de Acción
Nacional exercendo como propagandista dende que a ACNP se instalara en Santiago sendo el
un dos seus promotores580
. Da Acción Católica tamén participou Luis Peña Mantecón581
. De
José Mosquera Cimadevila quedou recollido nos informes a súa pertenza a FET de las JONS,
descoñecéndose a data na que se encadrou na mesma582
. Do resto de xestores nomeados:
Roberto Pintos Castro; José Rodríguez Peña; Enrique Sanchez Martín; Higinio Pinto Sánchez;
Laureano Sigles Fernández e Aureliano Villaronga Trigo descoñécense os antecedentes583
.
575
LAPCS, AM 2388, sesión do 15 de novembro de 1938: 150. 576
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 136 e 208. 577
Nomeado como concelleiro suplente no LAPCS, AM 2382, sesión do 5 de xullo de 1927, e posteriormente
concelleiro no LAPCS, AM 2382, sesión do 9 de marzo de 1929: 265. 578
GURRIARÁN, R. (2006): 617. 579
Sobre a súa filiación política, véxase o artigo de Rodríguez Lago, J.R. (2011). En canto ao seu oficio, aparece
referido no BOE, 1 de marzo de 1946, 51. 580
Atópanse varias referencias á súa traxectoria política e ideolóxica, tanto no artigo citado de RODRÍGUEZ LAGO,
J.R. (2011), ou no capítulo de BERAMENDI, J. (2005) sobre a evolución histórica da cidade de Santiago durante a guerra civil.
Para o seu encadramento histórico nun marco máis amplo, véxase ORELLA MARTÍNEZ, J.L. (2012): 372. 581
Cómpre falar de participación, polo menos, pois existe documentación que acredita que se carteou co cardeal
Gomá con algunha frecuencia. Así o recollen a descrición do arquivo do cardeal Gomá ANDRÉS-GALLEGO, JOSÉ E M.
PAZOS, ANTÓN (2007): Archivo Gomá. Documentos de la Guerra Civil, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones
Científicas, p. 233. 582
El eco de Santiago, 19 de setembro de 1938: 2. 583
As baixas nesta primeira xestora foron as de Laureano Sigles Fernández; Cándido Varela de Limia; Roberto
Pintos Castro; Enrique Sánchez Martín;Valentín Pérez Argilés; Luis Peña Mantecón e Juan Harguindey Harguindey. Para
cubrir estas vacantes, foron propostos o mesmo número de individuos —Francisco Carballo Valcárcel; Álvaro Pazos Vieites;
Luis Rodríguez Pérez; Ramón Ferreiro de la Maza e Manuel Villar Blanco—, cuxa candidatura foi rexeitada despois de
304
5.3.2.3.2 A cidade Ferrol: os militares tomaron o poder, por partida dobre
As idas e voltas da xestora municipal santiaguesa non se viviron na de Ferrol durante
moito tempo. A estabilidade que demostrou a xestora ferrolá foi unha constante dende o inicio
e ao longo da ditadura franquista. A primeira xestora municipal confirmouna o 6 de agosto de
1936 Ricardo Morales Díaz, militar á fronte da cidade de Ferrol584
. O Alcalde foi o Capitán de
fragata asentado na cidade departamental Antonio Vázquez Permuy, membro tamén da DRG
previamente ao golpe de Estado de xullo de 1936. Cando os sublevados tomaron o poder da
cidade ferrolá, e previamente a ser nomeado Alcalde, as autoridades militares ferrolás
nomeárano delegado local de Orde Pública. Vázquez Permuy foi un militar que foi máis aló
que os seus compañeiros en outras cidades de Galicia, ao ter sido activo en política con
anterioridade á sublevación585
. Do mesmo xeito que el demostrou a súa implicación política
viuse acompañado na tarefa política por persoas con similitudes políticas ás del. Javier Casares
Bescansa foi tamén membro da DRG de Ferrol formando parte da súa primeira xunta directiva
—era primo de Santiago Casares Quiroga e estaba emparentado cos Bescansa santiagueses586
. A
posición de compromiso político previo ao golpe de Estado de xullo de 1936 completouna
Manuel Castiñeira Gómez, outro antigo membro da DRG587
. O resto de compoñentes da
xestora foron Victoriano Sánchez Barcáistegui y Aguaroni; José Díaz y Díaz; José Balás
Loureiro; José Rey Sánchez; Francisco Rodríguez Rico e Óscar Pastor León, dos cales se
descoñecen os seus antecedentes políticos previos. De maneira case inmediata, o 4 de setembro
o concello pasou a ser consello municipal introducindo algúns cambios na súa composición.
Victoriano Sánchez Barcáistegui; Manuel Castiñeira Gómez; José Rey Sánchez e Pedro Castro
Carnero caeron da representación. No seu lugar foron nomeados Higinio López Vilar —antigo
membro da DRG588
—; Juan Antonio Niebla Lago e Juan García Montero.
A xestora municipal ferrolá definitiva configurouse o 18 de novembro de 1936, con
Antonio Vázquez Permuy á cabeza589
. Volveu á mesma Victoriano Sánchez Barcáistegui e
incluíronse nomes novos ata completar os dezanove homes que a compuxeron. Os novos
elementos constitutivos da xestora municipal ferrolá foron Rogelio Rodríguez de la Presa; José
Buceta Antúnez; Emiliano Pastor Giraldo; José Gómez Prieto; Herminio Barquiña Sanjurjo;
José López Travieso; José Ferrer Cardona; Francisco Argüello Tejedor; Luis Díaz Varela;
Evaristo Martínez Díaz e Ignacio Leiceaga López. De ningún dos homes seleccionados para a
xestora ferrolá se coñece antecedente político algún. Este factor demostra que a autoridade
sublevada provincial decidiu configurar unha xestora formada por homes cun currículo político
en branco, determinando unha concreta composición da elite política ferrolá fundamentada en
individuos novos no panorama municipal. Co paso dos meses, a xestora de Vázquez Permuy
solicitar o Gobernador Civil á Garda Civil e a FET de las JONS os informes que determinasen «si pueden o reunen las
condiciones citadas [capacidad y condiciones morales y políticas]». Comunicación do Gobernador Civil da Coruña, 30 de
maio de 1940, ARG, Goberno Civil da Coruña, 33321.
584
LAPCF, 130, sesión do 6 de agosto de 1936: 2. 585
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 77. 586
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 77. 587
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 258. 588
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 198. 589
LAPCF, 130, sesión do 18 de novembro de 1936: 4.
305
foi sufrindo pequenos cambios; saídas, ceses, entradas e confirmacións de vellos e novos
xestores municipais. Os primeiros en saír da xestora municipal foron José Ferrer Cardona e
Ignacio Leiceaga López, substituídos ese mesmo 30 de novembro de 1936 por Fernando Pérez
Barreiro —antigo presidente da AP de Ferrol e candidato a Cortes nas eleccións de febreiro de
1936590
—, e Manuel Rodríguez Trigo. A seguinte modificación foi a saída de Victoriano Sánchez
Barcáistegui e a entrada de Julio Pardo de Otín en decembro de 1936. Seguiron as saídas en
maio de 1937 de Higinio López Vilar; José Díaz y Díaz; José Balás Loureiro —por causa de ser
nomeado xefe comarcal de FET de las JONS de Ferrol591
— e Herminio Barquiña Sanjurjo.
Federico Pérez García; Gregorio Martínez García e Higinio López Torre entraron a substituír
a tres dos cesados en maio de 1937. Antonio Ruiz Sánchez, elemento participativo na Acción
Católica e posteriormente á CEDA e que traballara coma propagandista de FE de las JONS
durante os meses finais da República, entrou na xestora municipal en xullo de 1937592
. Os
derradeiros cambios da xestora de Vázquez Permuy foron o de Pardo de Ontín por Emilio
Ontañón Gómez, e o de Emiliano Pastor Giraldo por José Román Tenreiro en abril de 1938.
A xestora de Vázquez Permuy cumpriu dende o inicio con aquelas palabras que o
Alcalde lle dedicou en agosto de 1936 aos seus xestores no momento de tomar posesión.
Despois de darlles as grazas por asistir ao pleno e aceptar os cargos, dixo esperar deles
«laboriosidad y competencia para encauzar debidamente la administración municipal»593
. A
primeira xestora ferrolá configurouse con homes con moi pouca ou nula experiencia política
previa ao golpe de Estado de xullo de 1936, factor que sae da pauta normal dos concellos
urbanos descritos ata este momento. As autoridades militares ferrolás decantáronse na súa
política de nomeamentos pola senda de non encher os cargos municipais con antigos
concelleiros da Restauración ou con destacados membros da CEDA-URD-DRG; só con algún
elemento de FE de las JONS —un só entre os dezanove que resultaron ao final na última
configuración. A xestora da cidade departamental ata xaneiro de 1939 resultou unha
construción case perfecta do Gobernador Civil da Coruña e o Alcalde de Ferrol; ata o punto de
que o substituto de De la Rocha Riedel, José María de Arellano Igea, mantívoa coa pequena
excepción dos cambios mínimos que se obraron nela. A configuración da elite política ferrolá
atopou o seu camiño de consolidación definitiva nos primeiros anos da ditadura franquista.
Cousa diferente sucedeu coa xestora da capital provincial.
5.3.2.3.3 A cidade da Coruña: a dificultade de atopar un Alcalde adecuado
O 17 de agosto de 1936, o secretario municipal coruñés asinou unha dilixencia no libro
de Actas do pleno municipal na que consignaba que dito libro quedaría reservado —desa páxina
en adiante—, para reflectir os acordos municipais aos que se chegase nas reunións plenarias do
590
Candidatura para diputados a Cortes por La Coruña, s/d, Biblioteca de Galicia, 487. Estímase a data ao ser o
candidato que abre a lista Benito Blanco-Rajoy Espada. 591
LAPCF, 130, sesión do 5 de xullo de 1937: 22. 592
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Antonio Ruiz Sánchez, AGA, FAMI, 44/2916. 593
LAPCF, 130, sesión do 6 de agosto de 1936: 2.
306
consistorio coruñés, unha vez que os novos edís fosen nomeados pola autoridade militar.
Segundo a dilixencia, o Gobernador Civil coruñés reservaba os nomeamentos para cando a
Xunta de Defensa Nacional ditase as normas específicas para realizalos. Ata o momento do
nomeamento dunha xestora en condicións legais, o delegado «de la Autoridad Militar», José
Fuciños Gayoso, quedaría á fronte do concello coruñés encargándose da xestión do día a día
da institución municipal. Esta foi a maneira na que os sublevados tomaron o control dos
concellos urbanos galegos. Alí onde non foi nomeada unha xestora, colocouse a un militar á
fronte594
.
Despois disto, na Coruña non foi tanto o baile de xestores municipais coma o de alcaldes
á fronte da xestora595
. Francisco de la Rocha confirmou ao Capitán do Exército José Fuciños
Gayoso no posto de Alcalde da Coruña o 18 de setembro de 1936. Xunta el foi nomeado o
coronel de Infantería Jorge Ozores Arraiz. Acompañando a estes dous militares apareceron tres
antigos concelleiros con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936: Manuel Reimúndez
González —nomeado por primeira vez concelleiro en febreiro de 1924596
—; Manuel García Rey
—concelleiro nomeado en marzo de 1925597
— e José Souto Zas —que ocupara por primeira vez
o cargo en febreiro de 1924598
. Do resto dos xestores nomeados Juan Bermúdez Lamas; José
Parga Rodríguez, Jacobo López-Rúa Freire de Andrade; Antonio de la Iglesia Pardo, non se
coñecen detalles do seu pasado previo ao inicio da guerra civil.
Unha das primeiras medidas que adoptou a primeira comisión xestora cumpriu cunha
misión considerada por todos os alcaldes como españolísima: nomear fillo adoptivo «y
predilectísimo de La Coruña» a Francisco Franco. O Caudillo, segundo quedou escrito na acta
da sesión, «no es solamente uno de los más preclaros gallegos»; foi tamén o salvador que quixo
a «dignificación de España para convertirla en un Estado libre y grande». Para os xestores
coruñeses, Franco foi o Caudillo da España «digna y verdaderamente patriótica» que simbolizou
«la salvación de la Patria, que renace redimida por su propio esfuerzo para una nueva era de
paz, de trabajo, de disciplina y de encumbramiento». Unha mostra dese sentir da Coruña polo
seu Caudillo estivo en mudar o nome da praza Constitución polo de praza del General Franco599
.
A pesares dos esforzos normalizadores e estandarizadores da nomenclatura urbana para
adaptala aos novos heroes que nacían na España sublevada, esa primeira xestora de nove homes
coruñeses foi modificada o 22 de outubro de 1936 aumentando o número de xestores a vinte e
un. Continuaron todos os xestores excepto Jorge Ozores Arraiz, que foi substituído polo
dereitista coruñés José Luis Valdés Fernández que aportou á xestora coruñesa a tradición
persoal nos partidos de dereitas: con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936, en
plena República, tomara parte política como vicepresidente da primeira organización da URD
da cidade herculina600
. Tres dos novos xestores xa o foran con anterioridade á sublevación
594
A dilixencia citada, no LAPCA, Caixa 166, 17 de agosto de 1936: 186. 595
LAPCA, Caixa 166, sesión do 18 de setembro de 1936: 187. 596
O seu nomeamento no LAPCA, Caixa 156, sesión do 8 de febreiro de 1924 : 134. 597
O seu nomeamento no LAPCA, Caixa 156, sesión do 23 de marzo de 1925: 160. 598
O seu nomeamento no LAPCA, Caixa 155, sesión do 26 de febreiro de 1924: 153. 599
A confirmación da primeira xestora coruñesa sublevada no LAPCA, Caixa 166, sesión do 10 de outubro de
1936: 187-188. 600
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 109.
307
militar: Enrique Fraga Rodríguez e José Roura Castellá —concelleiros nomeados en agosto de
1927601
— e Elías Moreno Jiménez —nomeado en decembro de 1927602
—, os tres durante a
ditadura de Primo de Rivera. O resto de xestores foron Manuel Aller Zárrago; Saturnino Ares
Pollán; Pablo Iglesias Roura603
; Gonzalo Prego Punín; Norberto Sánchez Méndez-Bálgoma;
Emilio Rey Romero; Joaquín Ruiz Herrero; Jacobo Conde Castilla e Juan Villar Cabo. A
partires deste punto concreto na configuración da xestora coruñesa, o resto de cambios que se
produciron nela tiveron que ver coa modificación do home que ocupou o posto de Alcalde.
O 18 de febreiro de 1937, José Fuciños Gayoso cesou do cargo ao verse na obriga de
marchar á fronte de guerra. O posto ocupouno o coronel auditor de brigada Hernán Martín
Barbadillo. Esa obriga dos gobernadores civís galegos de nomear militares para o posto civil de
Alcalde explicoulla Martín Barbadillo aos seus compañeiros de xestora baseando o seu
razoamento en que as «actuales circunstancias por que la Patria atraviesa», obrigaban aos
militares a
«[...] hacerse cargo de todos los organismo y resortes de mando para normalizar la vida de los
pueblos y encauzar con férrea mano la Nación a fin de conseguir la España pujante y próspera
que todos ansiamos».
O feito de aceptar e poñerse á fronte do consistorio foi un «deber militar» que coma
militar que era non puido rexeitar ao deberse ao acatamento estrito das ordes recibidas pola
xerarquía604
.
O mandato de Martín Barbadillo foi moi breve no tempo. O 25 de novembro de 1937
nomeouse ao Comandante de Infantería Sisenando Martínez Yunta. A diferencia deste militar
nomeado respecto dos anteriores foi a súa traxectoria política previa anterior ao golpe de Estado
de xullo de 1936. Nunha cidade historicamente hostil a proxectos políticos conservadores,
Martínez Yunta significárase rapidamente entre os principais cabalos de batalla do
conservadorismo católico republicano na cidade herculina. Foi el un dos membros fundadores
da CEDA coruñesa e vicepresidente segundo da URD desa cidade. A diferencia do seu
predecesor, Martínez Yunta contou con táboas no mundo da política e abstívose no seu
primeiro discurso de falar da obriga imperativa do militar de acatar as ordes superiores. Porén,
o seu discurso de inicio de mandato comezou cunha lembranza a aqueles que «cayeron en los
campos de batalla cumpliendo honrosamente sus deberes por la salvación de la Madre Patria»;
unha patria que foi, por eles, desexada, «próspera y feliz». Manifestou tamén a súa
«inquebrantable adhesión» ao «Glorioso Caudillo», encargado de rexer os «destinos de la nueva
España»605
.
Con todo, e pese ao seu pasado conservador —e acatando o destino marcado polos
intereses da nueva España—, o 25 de xaneiro de 1938 foi cesado, sendo nomeado un coronel
601
Os seus nomeamentos no LAPCA, Caixa 157, sesión do 6 de agosto de 1927: 407 602
O seu nomeamento, no LAPCA, Caixa 157, sesión do 22 de decembro de 1927: 496. 603
Foi irmán de José Iglesias Roura, concelleiro nomeado en xaneiro de 1918 (LAPCA, Caixa 149(1), sesión do 1
de xaneiro de 1918: 2). 604
O cese e nomeamento dos alcaldes e as citas anteriores no LAPCA, Caixa 166, sesión do 18 de febreiro de 1937:
294. 605
As citas do día da súa toma de posesión, no LAPCPA, Caixa 181, sesión do 25 de novembro de 1937: 240. Os
apuntamentos ideolóxicos en GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 198.
308
de cabalería chamado Juan González Regueral. O Gobernador Civil De Arellano tróuxolle,
segundo as súas palabras, aos concelleiros un «gran español para presidir la vida municipal
coruñesa». A partir desa presentación —segundo se infire polos comentarios realizados polo
Gobernador Civil na acta, todos os xestores municipais coñecían a figura de González
Regueral—, o gobernador continuou indicando que tanto o «pensamiento y el corazón» deberían
estar postos «primordialmente en España, a la que todo debe ser subordinado»; e máis no
contexto no que estaba todo o territorio español, onde «la guerra reclama todas nuestras
preocupaciones y todas nuestras actividades». A guerra requiriu «colaboradores incondicionales
del Glorioso Ejército al que todo se lo debemos». Segundo o pensamento do Gobernador Civil
De Arellano, o obxectivo do concello debería ser pensar «en La Coruña del mañana»:
precisaríase dun plan de urbanismo, dun ensanche que «hagan imposible la anarquía de la
construcción con mengua de la belleza». O discurso do Gobernador Civil culminou cun
consello —ou advertencia; segundo se mire:
«Portaos, en una palabra, como españoles y coruñeses, servid a España, a Franco y a La Coruña,
y os habréis hecho dignos de los que luchan por redimirnos a todos de la esclavitud roja. Y en
fe de que lo cumpliréis así, levantaos y gritad conmigo: ¡Viva España! ¡Viva Franco! ¡Arriba
España!».
Ante semellante despregamento de epítetos, simboloxía e arengas De Arellano, ao
Alcalde González Regueral só lle quedou dicir que estaba agradecido polas palabras do
Gobernador Civil, e por que se tivese fixado nel para ocupar un posto coma o de Alcalde da
cidade da Coruña. Se aceptara o cargo foi por unha razón de «estricta disciplina»; estando
sempre disposto «en todo momento a ocupar sin vacilaciones y con agrado cualquier puesto,
contestando ¡presente!». Estas declaracións do Alcalde González Regueral foron contestadas
polo xestor López Rúa, que o felicitou «por su elevación a la Alcaldía»606
. A lectura da acta
municipal onde se fixou o nomeamento de González Regueral denota, precisamente iso, que o
espírito de acción dos membros da xestora coruñesa quedou polos aires. González Regueral foi
o derradeiro nomeamento do Gobernador Civil De Arellano. Nos momentos finais do seu
mandato estaba aberto o paso aos meses finais da guerra civil e ao desembarco no porto da
Coruña dun novo Gobernador Civil e dunha nova maneira de nomear xestores municipais.
606
Todas as citas anteriores no LAPCA, Caixa 167, sesión do 25 de xaneiro de 1938: 1.
309
5.3.2.4 A cidade de Ourense: o poder da dereita local
A cidade de Ourense viviu na configuración das súas primeiras xestoras municipais un
proceso de suma e resta progresiva de concelleiros. A autoridade militar sublevada á fronte da
cidade de Ourense non saíu do esquema establecido e confirmado polas outras similares en
Galicia, que determinou o nomeamento dun militar para ocupar o posto de Alcalde das
localidades capitais galegas607
. O nomeado en Ourense foi Marcelino Mira Cecila, un Capitán
de Infantería mutilado e retirado. Ese retiro permitiulle ser concelleiro ourensán durante a
República, sendo parte da candidatura católica CEDA-APA-JAPA. Acompañando a Mira
Cecilia estiveron individuos que contaban cunha traxectoria política previa na política municipal
ourensá. Con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936, Mira Cecilia participara na
fundación da Acción Ciudadana Gallega en novembro de 1931; un grupo político de carácter
localista conservador católico. Despois desa primeira incursión na política, pasou a ser membro
da APA, unha especie de intento de unión dos dous sectores políticos do catolicismo
republicano ourensán —a UOD e a CEDA local. Coma Capitán de Infantería mutilado e
retirado, Mira Cecila demostrou o seu compromiso coa ideoloxía da dereita local ourensá. O
Alcalde nomeado non foi o único dos nomeados cunha traxectoria política similar; xunta el
destacáronse tamén outros significados homes da dereita monárquica ourensá608
.
Se de compromiso político se tratou, cómpre citar a Justo Méndez Aguirre: encadrado
no PL nun primeiro momento, comezou co paso do tempo a súa entrada nas filas do xaimismo,
chegando a ser tesoureiro da Agrupación Jaimista de Ourense en decembro de 1923. Participou
tamén da candidatura da UMN de Calvo Sotelo nas eleccións de abril de 1931, nas que obtivo
a súa acta de concelleiro; e exercera de concelleiro en xuño de 1928609
. José Calvo Sotelo foi un
nome clave na configuración desta primeira xestora. Na provincia de Ourense, o que fora
ministro de facenda con Primo de Rivera, construíra unha rede política que lle serviu para
implantar en Galicia os seus proxectos políticos. Monárquicos, conservadores republicanos e
outros persoeiros da dereita ourensá acabaron baixo o influxo ideolóxico do político tudense.
O exemplo do poder de Calvo Sotelo entre a elite política ourensá foron o conxunto de
concelleiros nomeados para primeira xestora sublevada da cidade das Burgas. Da UMN de
Calvo Sotelo tamén procedeu Valeriano Feijoo Rivera, concelleiro elixido nas eleccións de abril
de 1931610
. Foi nomeado tamén Abelardo García García, membro dun partido monárquico e
concelleiro elixido en abril de 1931611
. Nesas mesmas datas de abril de 1931 tamén exerceran
607
A constitución da primeira xestora ourensá no LAPCO, 21 de febreiro de 1936 a 17 de xullo de 1936, sesión do
24 de xullo de 1936: 151. 608
Indica PRADA RODRÍGUEZ, J. (1999) que Mira Cecilia «Tería ocasión de tomar cumprida revancha destes feitos
[problemas de coordinación entre candidatos do seu partido que acabarían coa súa dimisión] co gallo da sublevación militar»
ao ser nomeado Alcalde da primeira xestora «integramente formada por concelleiros electos en 1931, non se incluíu nin un
só dos nomes que formaron parte do Concello entre outubro de 1934 e febreiro de 1936 malia a súa moito maior
significación dereitista». GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 84 e 164 tamén o localizou entre os elementos destacados da dereita
republicana ourensá. Informe do Goberno Civil de Marcelino Mira Cecilia, AGA, FAMI, 44/2545. Informe sobre distintas
personas de dicha capital, 19/10/1939, AGA, SGM, DNP, 51/20520. Informes do Goberno Civil de Marcelino Mira Cecilia,
AGA, FAMI, 44/2545 e AGA, FAMI, 44/2763. 609
Sobre a configuración do carlismo ourensán, véxanse os traballos de PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005c) e PRADA
RODRÍGUEZ, J. (2006). O seu nomeamento como concelleiro no LAPCO, 1925-1928, sesión do 5 de xuño de 1928: 90. 610
LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de xaneiro de 1931, fol. 134. PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005b): 29-30. 611
LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de xaneiro de 1931, fol. 134. PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005b): 29-30
310
Felisindo Mangana Pato; José González Paz; Manuel Araujo López e Eugenio Lorenzo Vidal;
este último contou cun pasado extenso de concelleiro no consistorio ourensán: primeiro en
febreiro de 1930 e seguidamente durante o período republicano en abril de 1931 e febreiro de
1936612
. José María de las Cuevas tamén foi concelleiro na corporación republicana de abril de
1931 e, anteriormente, en xaneiro de 1920613
. O mesmo ocorreu con Leonardo Pascual Santana,
concelleiro en febreiro de 1930 e durante o período republicano614
. A autoridade militar á fronte
da praza ourensá acudiu aos monárquicos e conservadores ourensáns que estiveran próximos a
Calvo Sotelo durante a República para construír a primeira xestora na capital. Estes
nomeamentos foron o primeiro intento de configuración da elite política local ourensá
fundamentada na tradición da dereita monárquica, católica e reaccionada da cidade, acudindo
ao grupo ideolóxico conservador maioritario e mellor definido na política da cidade das Burgas.
Baixo o liderado da xestora de Mira Cecilia, a autoridade provincial foi engadindo
xestores municipais para completar o grupo. O 28 de xullo de 1936, dous días despois de
confirmar a primeira xestora, o Gobernador Civil nomeou Antonio Eire Santalla. Do mesmo
xeito que os seus compañeiros de xestora, participara con anterioridade ao golpe de Estado de
xullo de 1936 nun partido monárquico. Acompañando ao Alcalde Mira Cecilia e outros homes
ourensáns, foi un dos membros fundadores da APA ourensá, e concelleiro en abril de 1931.
Na súa familia tamén houbo tradición de participación na política local da cidade nos partidos
conservadores615
. Esa primeira xestora mudou ao pouco tempo a súa constitución: o 27 de agosto
o Alcalde Mira Cecilia púxose á fronte dunha xestora formada por tres membros, substituíndo
aos anteriores nomeados en xullo anterior. Os novos xestores foron o Capitán na reserva
Eduardo Saavedra Caballé; o membro das Milicias de Santiago de Ourense Isidoro Vázquez
López616
e Álvaro Cortés Fernández. O factor que levou ao gobernador Quiroga Macía a reducir
desa maneira a xestora municipal descoñécese; pero o feito destacado é que pasou de nomes
cunha fondísima tradición política na dereita local ourensá, a individuos con escasa ou nula
experiencia política. O que si demostra este factor de cambio tan radical en canto ao número
de concelleiros, é que as autoridades sublevadas careceron dun proxecto político e
administrativo definido para impoñer no goberno das cidades galegas. En Ourense, entre a elite
política local, a partir das primeiras semanas e meses da guerra civil o condicionante biográfico
da militancia en partidos de dereitas con anterioridade á sublevación militar de xullo de 1936
pasou a ser un factor secundario; primando con maior intensidade o condicionante persoal de
contar cunha boa posición económica e social na trama da cidade. O exemplo da ausencia de
proxecto é que no mes de outubro, o xiro administrativo impreso polo Gobernador Civil
mudou co cambio do Alcalde Mira Cecila polo Xeneral de Intendencia retirado Enrique
González Anta. Acompañándoo, mantívose o militar Eduardo Saaverda Caballé e os xestores
recente nomeados Alejandro Arcay Catalina e o falanxista de primeira hora —foi o fundador da
612
LAPCO, 1923-1924, sesión do 1 de outubro de 1923: 71; LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de febreiro de 1930:
47; LAPCO, 1929-1931, sesión do 16 de abril de 1931: 148; LAPCO, 1936, sesión do 21 de febreiro de 1936: 1. 613
LAPCO, 1920, sesión do 1 de xaneiro de 1920: 93; LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de febreiro de 1930: 47. 614
LAPCO, 1922-1923, sesión do 1 de abril de 1922: 2; LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de febreiro de 1930: 47;
LAPCO, 1929-1931, sesión do 16 de abril de 1931: 148, LAPCO, 1936, sesión do 21 de febreiro de 1936: 1. 615
Foi irmán de Castor Eire Santalla, encadrado no PL e concelleiro ata 1917 (LAPCO, 1916-1917, sesión do 17
de marzo de 1916: 1). A súa traxectoria previa no ámbito municipal ourensán, nos LAPCO, 1929-1931, sesión do 16 de
abril de 1931: 148; LAPCO, 1936, sesión do 21 de febreiro de 1936: 1 e en GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 164 616
Véxase o artigo de PRADA RODRÍGUEZ, J. (2000) sobre a milicia dos Caballeros de Santiago de Ourense.
311
FE de las JONS da capital—, Eduardo Valencia Fernández, que comezou nese punto
cronolóxico a súa traxectoria administrativa no mundo municipal.
Os cambios continuaron nese mesmo mes de outubro coa saída de Alejandro Arcay e
Eduardo Valencia, e a entrada de Delmiro Vázquez Yebra, Arturo Estévez Yáñez e Horacio
García Hermida que acompañaron ao Alcalde González Anta e ao xestor Saavedra Caballé.
Estes nomeamentos do Gobernador Civil Quiroga Macía mantivérono na liña que rachou o seu
primeiro nomeamento dunha xestora sublevada en Ourense: unicamente tivo experiencia
política previa o xestor Arturo Estévez Yáñez, concelleiro en xuño de 1928617
. Esta última
configuración da xestora ourensá mantívose estable ata 1937, cando Quiroga Macía decidiu
facer un cambio de Alcalde, substituíndo a Enrique González Anta por Manuel Paco Núñez
Romero. O novo Alcalde chegou ao posto militando en FET de las JONS e sendo delgado
provincial de Sindicatos, descoñecéndose se o fixo dende antes do golpe de Estado de xullo de
1936 ou se encadrou unha vez se iniciou aquel. A lectura das actas municipais determina un
momento intermedio entre finais de 1937 e principios de 1938 no que ocupou o posto de
Alcalde Eduardo Saavedra Caballé e o nomeamento do xestor Javier Guitián Jarnés; volvendo
ao cargo Manuel Paco Núñez en 1938. Deste Alcalde quedan as súas declaracións ante o pleno
municipal despois de xurar o seu cargo como primeiro veciño da cidade das Burgas. Segundo
os seus comentarios ante os compañeiros de xestora, aínda que estivo moi ocupado co seu
traballo coma funcionario do Estado, Paco Núñez viuse na obriga de aceptar o mandato dos
superiores coma «acto de servicio y por espíritu de disciplina» co Gobernador Civil e con
Falanxe. A súa opinión foi que o oficio de Alcalde lle ía aportar decepcións e frustracións que
«nada significan ante las vidas ofrendadas por los caídos en esta Santa Cruzada en que, con
arreglo a su credo, la muerte es un mero acto de servicio». Chegou ao cargo sabendo que,
inevitablemente, debería pasar por momentos difíciles debido ao estado xeral do concello
ourensán. Segundo el, o «estado del Ayuntamiento no es nada lisonjero como el de tantos otros»
debido, como non podía ser doutra maneira á «herencia negativa, cuya responsabilidad es de
los antecesores». Obviamente, matizou, non se refería aos antecesores que estiveron no cargo
dende xullo de 1936; senón aos antecesores republicanos que deixaran «saldos en contra, saldos
económicos, saldos de organización, saldos de disciplina, el dejar hacer, el dejar pasar». Manuel
Paco Núñez determinoulle aos seus compañeiros que xestora que iso non podería continuar,
pois a nueva España requiriría «sacrificarse y trabajar».
«En el Ayuntamiento, como ocurre en la familia, la vida próspera depende de la administración.
En un hogar bien regido, en que hay cabeza que dirige y trabajan la mujer y los hijos, donde no
existen zánganos y todos ayudan amoldando los gastos a los ingresos, la familia marcha bien, por
eso no hay que administrar».
O concello de Manuel Paco Núñez debería funcionar correctamente, coas engrenaxes
correctamente aceitadas para que a correcta xestións traspasase ao exterior da casa consistorial;
«no basta que la buena administración sea especulativamente conocida, sino que sea
adecuadamente aplicada a la realidad y realmente vivida». Todo iso coa clave de todo marco
institucional que pretendeu construírse na nova España: «dejando a un lado para siempre los
personalismo y partidismos» por unha España «Una, Grande y Libre que se está forjando con
617
LAPCO, 1925-1928, sesión do 5 de xuño de 1928: 90.
312
la sangre de nuestros mejores». E deses mellores, á cabeza estaría Franco, que foi para o Alcalde
de Ourense, «brújula de travesía emprendida»618
.
5.3.3 A ORIXE SOCIO-ECONÓMICA DAS ELITES POLÍTICAS DO INICIO DA DITADURA
Ademais de responder sobre a orixe política dos primeiros membros das xestoras
municipais, a configuración das elites nas diferentes cidades galegas respondeu a outros factores
máis aló da militancia en partidos monárquicos, de dereitas, ser membro de primeira hora de
FE de las JONS ou, simplemente, alleo a calquera manifestación política. Na lei do 1 de outubro
de 1936 que regulou e estruturou o funcionamento do goberno dos sublevados, estableceuse a
subordinación total do Gobernador Civil ao poder executivo central. Esa subordinación foi
ordenada e regulada pola instrución do 5 de outubro de 1936 pola que se lle deron aos
gobernadores civís sublevados as normas para actuar harmonicamente co poder central. O
Gobernador Civil debería nomear aos alcaldes e comisións xestoras provinciais e municipais
seguindo unha serie de normas estritas. No momento de realizar o nomeamento, os
gobernadores deberían reparar nos antecedentes políticos dos nomeados, pero tamén nunha
marca determinada que lles podería dar preferencia sobre outros candidatos: ser os maiores
contribuíntes en rústica, urbana, utilidades, industrial ou pecuaria da localidade. O que quería
dicir a lei dos sublevados é que cumpriu ter en conta aos homes que contasen con rendas que
lles permitisen vivir de maneira, se non desafogada, si lixeira. Un elemento importante do
funcionamento interno das xestoras municipais e que non debe ser obviado é que nos primeiros
anos da guerra e da posterior ditadura, os cargos municipais non estiveron remunerados; os
xestores municipais e alcaldes traballaron, como moitos deles repetiron nos seus discursos, polo
seu amor a España e ao seu municipio. A configuración da elite política das cidades galegas foi
o resultado, polo tanto, do resultado do binomio da traxectoria política e situación
social/cultural.
Por iso foi necesario que os homes seleccionados para os cargos municipais contasen
con ingresos fixos ao mes, cun traballo que lles permitise dedicar o tempo necesario a ser
Alcalde ou xestor, para evitar dimisións ou ceses que puidesen dar ao traste co funcionamento
dunha xestora municipal; aportando os quebrantos de elección dixital que se poden intuír ao
Gobernador Civil da quenda. Por iso cómpre establecer cales foron as relacións sociais,
económicas e culturais dos concelleiros máis aló do estrito ámbito político. Entre os membros
das xestoras puideron existir relacións sociais establecidas con anterioridade á súa toma de
posesión; ou ben puideron compartilas con xestores anteriores a eles. Quizais compartiron
profesión; frecuentaron faladoiros moi populares nas súas localidades coincidindo con homes
de diferente filiación política ou foron propietarios de industrias manufactureiras ou de servizos
idénticas que se reuniron nunha xestora municipal. As xestoras municipais convertéronse nunha
618
LAPCO, libro de 1938-1941, fol. 7.
313
especie de conciliábulo de homes notables —ou mellor dito, destacados, pois a súa importancia
non foi só social, senón tamén económica—, que aproveitaron para afondar nas súas relacións
persoais, laborais e empresariais; ou ben para crear algunhas novas.
Outra cuestión a ter en conta é a separación do cargo de Gobernador Civil e xefe
provincial do Movemento que se deu neste momento analizado. FET de las JONS tivo entre
as súas misións fundamentais para a colaboración da construción do nuevo Estado a de informar
e propoñer nomes para ocupar os postos nas xestoras municipais. Un aspecto interesante deste
punto inicial da construción da ditadura franquista nas cidades galegas é ver coma as propostas
de FET de las JONS para nomear xestores municipais non se conservan nos arquivos
consultados. Isto pode ter dúas lecturas: a primeira, que as propostas para os nomeamentos
fosen realizadas de maneira informal ante as autoridades militares, nun primeiro momento, e
posteriormente ante o Gobernador Civil correspondente; e a segunda, que a tarefa de
información non existiu coma tal, que FET de las JONS estaría totalmente afastada pola
primeira autoridade provincial da tarefa de nomear xestores. Segundo o visto en epígrafes
anteriores, o papel do partido —o que despois derivou no soluble en Movemento—, foi case
inexistente en Galicia, aínda que nas capitais provinciais e cidades foi onde contou cunha maior
presenza. Por iso, a segunda posición pode ser a máis acertada para explicar a ausencia de
informacións do Movemento sobre os nomes de candidatos a xestores municipais.
Pero aínda existe outra posible confirmación a esa conclusión: os nomes escollidos ata
1939, na súa maior parte, non se manifestaron próximos a FET de las JONS —ou FE de las
JONS, dependendo do momento cronolóxico. Ás veces si se engadiu as propostas aprobadas
polos gobernadores civís a pertenza dos nomeados ao Movemento; mais na maior parte dos
casos esa adhesión foi posterior ao golpe de Estado de xullo de 1936, observando en moitos
casos que esa adhesión se produciu a partires do mes de setembro de 1936. Máis aló desa
significación política sobre os nomeados para os postos municipais, o número deses casos non
é moi abundante. Primou máis o dito anteriormente, en forma de pregunta: posuíron os
nomeados a xestores o diñeiro, os contactos e intereses para ocupar os postos de alcaldes e
xestores municipais? Por iso, a pertenza e o papel de FET de las JONS naquel momento inicial
da construción do sistema político e das súas elites quedou relegada a un segundo ou terceiro
plano —terceiro, incluso, porque tamén se lle concedeu moita importancia a ter experiencia
previa na política municipal, ou a ter militado en partidos de dereitas con anterioridade a
sublevación militar. Ese aspecto foi fundamental para entender os nomeamentos: FET de las
JONS estivo nunha situación de silencio imposto polos gobernadores civís para facer as súas
propostas. Mais, como todo en Galicia —e especialmente entre as súas cidades—, a cuestión foi
por arrabaldes. Cada unha das urbes galegas configurou a súa elite política co patrimonio
humano que tivo a man. A experiencia foi un grao; pero tamén a riqueza e a posición laboral
na cidade. Se de cuestións laborais se tratou para escoller aos compoñentes das primeiras
comisións xestoras sublevadas, hai que acudir en primeiro termo á cidade de Ferrol, onde a súa
elite comezou a construírse, primeiramente, con homes da Mariña.
314
5.3.3.1 Ferrol: o monocultivo dos militares
A cidade departamental contaba cunha especialización industrial que sobresaía sobre o
resto de cidades galegas: Ferrol vivía cara os estaleiros. Pero este sector industrial non foi o único
que tivo potencial entre a elite política ferrolá. Para configurar o concello do Ferrol sublevado
en 1936 e anos posteriores os gobernadores civís deberon apoiarse no outro gran polo de
ocupación da cidade e da bisbarra: a Mariña. Os militares estaban introducidos entre os
membros da comunidade urbana. Dos trinta e tres concelleiros da primeira etapa da ditadura
franquista en Galicia, existe constancia da dedicación laboral ou social de catorce deles. De
entre eses catorce, a metade, sete membros das primeiras corporacións xestoras municipais,
foron membros do Exército; ben da rama de Mariña ou ben doutras ramas militares.
O primeiro en cumprir esta condición foi Antonio Vázquez Permuy, Capitán de fragata
destinado na cidade departamental. Ademais do seu pasado de militancia política na DRG de
Ferrol, no momento de ser nomeado Alcalde, foi investido tamén do cargo de delegado local
de Orde Pública. Da mesma rama militar foron Emilio Ontañón Gómez619
e Rogelio Rodríguez
de la presa, Tenente de navío destinado en Ferrol. Ata 1912 fora segundo Comandante da
Comandancia da Mariña de Ferrol, cando foi substituído por Manuel Pita da Veiga y Morgado;
posteriormente, antes de volver a Ferrol, fora segundo Comandante interino da provincia
marítima de Pontevedra620
. José Rey Sánchez era Capitán do Exército no momento de ser
nomeado xestor en agosto de 1936, ascendendo en 1938 á posición de Comandante621
. Evaristo
Pérez García traballaba coma químico para a Mariña622
. José Ferrer Cardona foi Tenente de
Infantería da Mariña e un dos impulsores do primeiro servizo de ambulancia da Cruz Vermella
de Ferrol. Segundo algunhas informacións este era masón activo en Ferrol e membro da
sociedade espiritista Sociedad Teosófica da cidade departamental, tendo participado en 1934
no V Congreso Espiritista Internacional que se celebrou en Barcelona. Foi un promotor da
teosofía en Galicia, unha corrente cultural e filosófica seguida noutras cidades galegas coma
Pontevedra e A Coruña623
.
De cuestións espirituais tamén foi coñecedor Javier Casares Bescansa, coronel médico
do Exército. Segundo os seus descendentes, foi «todo un proto-home do Renacemento,
científico, lingüista, químico, fundador dos Exploradores de España»; ademais de estar
considerado coma o «auténtico creador da Semana Santa ferrolá»624
. Ao carón dos militares
situáronse os homes con vinculación a familias de militares coma Victoriano Sánchez
619
DOMM, 21 de agosto de 1975, 187: 536 620
DOMM, 8 de outubro de 1906, 145: 881. DOMM, 1 de abril de 1912, 76: 470. DOMM, 19 de agosto de 1918,
185: 1227. 621
BOE, 28 de xuño de 1938, 614: 8065. 622
BOMD, 9 de abril de 1985, 45: 2063. 623
DOMM, 28 de xullo de 1911, 163: 1163. Para a cuestión da fundación do servizo de asistencia citado, véxase
BLANCO LORENZO, J.L. (2011): La Cruz Roja de Ferrol en la Monarquía de Alfonso XIII, Ferrol, Visión Libros. Sobre a
sús vinculación coa teosofía en Galicia, véxase o artigo en liña da revista Terra e Tempo, 4 de outubro de 2015,
<www.terraetempo.gal/print.php?artigo=3991> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 624
As citas dos seus descendentes e o seu papel —definido coma fundamental—, na construción da tradición da
Semana Santa ferrola en Galicia Ártabra Digital, 7 de novembro de 2015, <www.galiciaartabradigital.com/archivos/123611>
[Consultado o 9 de febreiro de 2019]
315
Barcáistegui y Aguaroni625
ou Manuel Castiñeira Gómez, pai dun caído por España durante a
Guerra626
. Sumándose a estes mariñeiros militares ou familiares de mariñeiros, estiveron algúns
traballadores do porto ferrolán. Entre os xestores municipais ferroláns atópanse nomes coma o
de Juan García Montero, celador do porto de segunda categoría627
e José López Travieso,
primeiro maquinista destacado en Ferrol, e en retiro forzoso dende outubro de 1931628
. Coas
actividades mariñeiras estivo relacionado José Buceta Antúnez, armador ferrolán629
e José
Gómez Prieto, moldeador no Rexemento de Artillaría lixeira nº16 que, meses despois de ser
nomeado xestor municipal, foi mobilizado forzosamente do seu posto de traballo para traballar
na Sociedad Española de Construcción Naval de Ferrol e sometido a militarización «por ser
imprescindibles sus servicios en la fabricación de material de guerra»630
.
Máis aló do porto e dos oficios militares, na cidade de Ferrol houbo unha forte
importancia do mercado local. Nunha cidade que debía abastecer a un destacamento da Mariña
e aos traballadores dos estaleiros locais, non é estraño ver entre os xestores daquela época ao
comerciante Francisco Argüello Tejedor, propietario dun ultramarinos na cidade «especialidad
en cafés, chocolates y licores de todas las clases y marcas nacionales y extranjeras», con tendas
na rúa Real e en Callao; de todos os de Ferrol, «los más surtidos del ramo»631
. Óscar Pastor León
exercía de mestre de ciencias no instituto de Ferrol632
; mentres que Fernando Pérez Barreiro era
de formación avogado, e tamén director de El Correo Gallego cando este se editaba na cidade
departamental. Se de homes ferroláns destacados se tratou, Manuel Rodríguez Trigo foino,
quedando coma proba da súa condición a impoñente vivenda entre as rúas Real e Dolores.
Ferrolán destacado foi tamén Pedro Castro Carnero: membro da xunta de obras do porto de
Ferrol a finais dos anos 20 e un dos axitadores culturais da cidade departamental, membro
dende o principio da súa existencia, da asociación La Gratitud al Marqués de Amboage,
encargada de organizar as festas en honor do monárquico marqués633
.
625
Neto de Victoriano Sánchez Barcáistegui, un mariño «modelo de español y caballero» participante da batalla de
Callao, ABC, 23 de maio de 1975: 25. 626
DOMM, 2 de outubro de 1963, 224: 2263. 627
DOMM, 25 de agosto de 1924, 188: 1152. 628
DOMM, 8 de outubro de 1931, 226: 1674. 629
O detalle sobre a súa embarcación atópase en (1935): Lista oficial de buques de las marinas militar, mercante y
pesquera españolas desde 20 toneladas, Madrid, Imprenta y litografía Mariano Casas. 630
BOE, 3 de marzo de 1938, 498: 6075. 631
Anuncio dos Ultramarinos Argüello Tejedor, s/d, arquivo do autor. 632
BOE, 20 de xullo de 1942, 201: 5331. 633
Homenaje a la memoria del señor D. Federico H. Shaw. celebrado en El Ferrol el día 26 de octubre de 1924
por iniciativa de los obreros, patrocinado por el Excmo. Ayuntamiento de dicha ciudad, Madrid, Sobrinos de la Sucesora
de M. Minuesa de los Ríos. Un artigo sobre a actividade cultural ferrolá onde se recolle o papel de Castro Carnero na vida
social da cidade é o de Diario de Ferrol, 1 de setembro e 2014. <www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/pedro-castro-
artifice-fiestas-amboage/20140831221714098647.html> [Consultado o 9 de febreiro de 2019].
316
5.3.3.2 A Coruña: burgueses e comerciantes
Militares, mariñeiros e membros formados culturalmente da sociedade ferrolá
construíron a primeira elite política da cidade de Ferrol. Os centros de extracción de individuos
preferidos polo Gobernador Civil foron aqueles que tiveron un maior peso, unha maior
importancia, no día a día da localidade. Na capital provincial coruñesa, dos 19 homes que
pasaron polas primeiras xestoras municipais sublevadas coñécese a profesión, ou actividade na
que ocuparon a súa vida fóra do Consistorio, de 12 deles. Ao primeiro Alcalde José Fuciños
Gayoso, Capitán do Exército que participou posteriormente na guerra civil, o posto de Alcalde
coruñés abriulle o camiño para ser nomeado en xullo de 1939 comisario xeral de
Abastecementos de maneira provisional, pois no momento de ser nomeado para aquel cargo
estaba a exercer de inspector xeral dos servizos de Abastecementos e Transportes. Fixo tamén
viravoltas no mundo da escritura escribindo dous manuais sobre intendencia634
. Hernán Martín
Barbadillo foi militar e fiscal; Sisenando Martínez Yunta, Tenente coronel e Juan González
Regueral coronel de cabalería. Tamén foi militar un xestor raso, o coronel de Cabalería Jorge
Ozores Arraiz, que naceu e viviu nunha familia cunha fonda tradición política no PL635
. O resto
de homes foron profesionais liberais da cidade ou prohomes da mesma.
Jacobo López Rúa y Freire de Andrade estivo vinculado ao consello de administración
do Banco de la Coruña, representando a participación das accións do Banco de Bilbao na
institución bancaria coruñesa636
. No negocio da prensa provincial participou Emilio Rey
Romero, presidente da editora do xornal La Voz de Galicia, fundada polo seu pai político Juan
Fernández Latorre637
. José Luis Valdés Fernández e Manuel Raimúndez González eran
médicos, aínda que a Raimúndez González vincúlano os documentos municipais ao mundo da
construción como «contratista de obras»638
. De José Souto Zas dicíase que era propietario, aínda
que outros documentos que non son as actas municipais falan del como «limador»639
. José Parga
Rodríguez era «industrial» coruñés; Manuel García Rey «comerciante» e de Juan Bermúdez
634
BOE, 28 de xullo de 1939, 209: 4079. A súa produción bibliográfica componse dos seguintes textos de natureza
militar: FUCIÑOS GAYOSO, J. (1942): Manual de los servicios de intendencia en campaña, Madrid, Ediciones Ejército.
CAMPOS TURMO, R.; FUCIÑOS GAYOSO, J. E VIRTO ROMÁN, J. (1952): Ensayo de bibliografía de Intendencia, Madrid, Imp.
Huérfanos del Ejército. 635
Seu pai era José María Ozores de Prado, que nas primeiras eleccións as que se presentou en 1918 catalogouse
coma prietista. Ozores de Pardo foi deputado nas lexislaturas de 1914 a 1922 e senador pola provincia da Coruña nos anos
1921 e 1923. Ademais disto, contaba con nexos coa empresa de información por excelencia da cidade Herculina: fora
membro do consello de administración de La Voz de Galicia. Tamén foi membro da Real Academia Galega. A posición
laboral de Jorge Ozores pode comprobarse no BOE, 17 de febreiro de 1983, 41: 4483. A información da filiación do pai
na súa ficha do Congreso dos Deputados,
<http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDIndHistDip?_piref7
3_1340024_73_1340023_1340023.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLDA.f
mt&DOCS=1-25&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2884050%29.NDIP.> [Consultado o 9 de febreiro de
2019]. Sobre as relacións da familia co consello de administración de La Voz de Galicia, véxase GARCÍA GONZÁLEZ, A.
(2009): 44.
636
La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2018. <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2018/01/31/siglo-
banco-coruna/0003_201801C31C6994.htm> [Consultado o 6 de marzo de 2018]. 637
Sobre a súa figura e todo o proceso de creación e crecemento do diario La Voz de Galicia, véxase a monografía de GARCÍA
GONZÁLEZ, A. (2009) 638
LAPCA, Caixa 166, sesión do 18 de setembro de 1936: 187 e LAPCA, Caixa 166, sesión do 22 de outubro de
1936: 189. 639
BOE, 25 de febreiro de 1939, 56: 1109.
317
Lamas e Antonio de la Iglesia Pardo obreiro e labrego, respectivamente640
. Do mesmo xeito que
sucedeu en Ferrol, os gobernadores civís coruñeses deberon botar man dos mellor situados
economicamente na cidade para configurar a elite política da cidade herculina. Por iso, algúns
dos maiores contribuíntes da urbe desenvolveron nalgún momento o posto de xestor municipal,
entre eles Manuel Aler Zárrago, Pablo Iglesias Roura ou Norberto Sánchez Méndez-Bálgoma641
.
Gonzalo Prego Punín tamén pertenceu ao grupo de maiores contribuíntes; mais non foi un
home orixinario da cidade coruñesa. Oriúndo da localidade de Pontedeume, foi membro
dunha das familias caciquís fundamentais daquela localidade. Ademais de ser maior
contribuínte da cidade herculina durante e despois da guerra, fórao tamén de Pontedeume.
Unha fonte oral refírese a Prego Punín desta maneira:
«Había los famosos Pregos, el notario, que era un hombre que tenía un gran aditamento sobre
la comarca, era el cacique que movía un poco los hilos [...] sin tener cargos políticos, ni eran
alcaldes ni concejales, ni nada, ahora influían en que fuera Alcalde o que fuera concejal fulano
o mengano, movían los votantes a favor de uno o de otro y aquí como caciques de derechas
estaban pues Ramiro Prego y su hermano Gonzalo, que se dedicaban a, pues hacían, hacían
muchos favores y como hacían favores al paisanito iba a ellos, acudía a ellos y ellos los buscaban,
quien les prestase dinero, buscaban recomendaciones, y a la hora de las elecciones votaban por
quien decía don Ramiro»642.
Ao lado de Prego Punín estivo Saturnino Ares Pollán, cualificado coma «persona
representativa» entre os membros da comunidade coruñesa. A súa representatividade
orixinouse entre os obreiros do porto da cidade, onde foi patrón de estibadores. No seu ámbito
profesional tivo algún que outro enfrontamento cos seus subordinados. Un exemplo do que
quedou constancia foi o que se produciu no porto coruñés durante a folga de 1920, durante a
cal tería sido perseguido por algúns dos seus traballadores que, «cuando iban agredirlo», foron
interceptados por policías que andaban deambulando polos predios portuarios643
. Tamén se
coñece o oficio de Enrique Fraga Rodríguez: director da Escola de Altos Estudos Mercantís
coruñesa. Ademais diso, o seu coñecemento sobre o mundo mercantil permitíralle despuntar
no porto coruñés cos seus negocios. Aparece nos documentos da ditadura como comerciante
e fundador da empresa coñecida coma Eduardo del Río y Cía., unha especie de empresa
representante de navieiras e consignatarias coruñesas. El mesmo exerceu coma consignatario
de buques na Coruña, convertendo a empresa orixinal na que traballou en Enrique Fraga y Cía.,
despois da guerra. Ademais de todo o anterior foi vogal no consello de administración da
Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad, da Compañía de Tranvías e do Banco de España.
Con posterioridade, converteuse en representante de consignatarias estranxeiras en España,
especialmente alemás644
. Mais da figura de Fraga Rodríguez cómpre destacar un aspecto do seu
640
Así aparecen definidos no LAPCA, Caixa 166, sesión do 22 de outubro de 1936: 189. 641
Así aparecen definidos no LAPCA, Caixa 166, sesión do 22 de outubro de 1936: 189. 642
Tamén foi Alcalde de Pontedeume en 1912, e concelleiro da mesma localidade con anterioridade ao período
republicano. Un estudo sobre as redes clientelares na localidade de Pontedeume que enredan, entre outros, aos Prego
Punín, é o de CASTRO PÉREZ, D. (2007). 643
ABC, 20 de xullo de 1920: 7. LAPCA, Caixa 166, sesión do 22 de outubro de 1936: 189. 644
A figura de Enrique Fraga describiuna MIRÁS ARAUJO, J. (2004): 274-275, poñéndoa no contexto dos cambios
económicos e urbanísticos que se produciron na cidade da Coruña dende os anos 20 do século XX, e dos que Fraga
Rodríguez tomou parte coma empresario. Sobre a evolución das súas empresas, existe unha “Resolución da Dirección Xeral
de Emprego pola que se acorda devolver con carácter provisional a fianza de 25.000 pesetas a dona María Teresa Fernández
318
currículo que o vincula a outros que virán despois del: a súa pertenza a Cámara de Comercio
coruñesa. Fraga Rodríguez foi secretario xeral en 1901 e vicepresidente en 1912 da institución
que reúne aos empresarios —pequenos, medianos e grandes—, da localidade nas súas
aspiracións de mellora dos seus negocios. Membro da Cámara de Comercio foi tamén José
Roura Castellá, armador de buques, socio doutro club coruñés: o Rotary Club, onde se deron
cita destacados homes da dereita coruñesa de antes e despois da sublevación militar de xullo de
1936645
. Da outra cámara importante da cidade, a da Propiedade Urbana, foi membro Elías
Moreno Jiménez, dende a que se opuxo a proposta do Estatuto de Autonomía de Galicia646
.
5.3.3.3 Santiago: a pequena burguesía recupera o poder
A cidade da Coruña demostra como unha elite política ditatorial se puido construír coa
inexistencia de militares no tecido social da cidade. A falta daqueles, houbo empresarios,
propietarios, médicos e avogados cun nome formado dos que botar man para nomear as
primeiras xestoras. Afastada tamén de cuestións socio-militares situouse tamén a cidade de
Santiago de Compostela. Máis aló do feito de que o primeiro Alcalde Manuel García Diéguez
fose un militar —Comandante de Infantería—; e dos xestores Santiago Mosquera Cimadevila —
Tenente de Complemento de Artillería— e Ángel Rey Gallardo —Tenente auxiliar de
Infantería—, os militares brillaron pola súa ausencia na cidade santiaguesa.
A falta de militares en Santiago supliuse coa existencia dunha universidade centenaria
que contaba cun enorme capital humano do que botar man para configurar unha elite política
nova. Manuel López Sendón foi médico e profesor universitario; resultou ferido durante a súa
participación na guerra e condecorado convenientemente ao seu regreso. Tamén foi profesor,
no seu caso de dereito, Domingo Sánchez Guisande; mentres que Fermín Zelada Varela
ocupouse de impartir coñecementos universitarios de farmacia647
. Valentín Pérez Argilés foi
catedrático de medicina legal e destacado falanxista, que chegou a acadar o cargo de secretario
de Frontes e Hospitais e o de Información e Investigación na cidade de Santiago. En 1939
marchou de Galicia ao conseguir praza na Universidade de Zaragoza648
. Foron empregados
tamén mestres de ensino secundario da cidade coma Luis Peña Mantecón, profesor de
matemáticas e director do Instituto nº 2 de Santiago dende decembro de 1936; ademais de ter
Cuevas, viúva de don Enrique Fraga Rodríguez, Consignatario na Coruña da Compañía «Hamburg Amerika Line y
Hamburg Sudamerikanic DG»” no BOE, 6 de novembro de 1965, 266: 15134. 645
O Rotary Club converteuse nun foco de extracción esencial de elites políticas para as autoridades da ditadura.
Nel reuníanse os empresarios, comerciantes e membros da burguesía coruñesa que tiveron algo en común: a oposición ao
movemento político de esquerdas, aclarado no tempo coa institucionalización da Segunda República. Tal foi o papel deste
selecto club coruñés, que dentro del movéronse os primeiros protectores do falanxismo da cidade herculina. Un pequeno
achegamento á súa historia apórtao PEREIRA MARTÍNEZ, C. (2006). 646
ABC, 2 de xuño de 1932: 19. CASTRO, X. (1985): consultada na versión dixital, [Consultado o 11 de abril de
2018] 647
GURRIARÁN, R. (2006): 580. 648
GURRIARÁN, R. (2006): 580 e 617. A referencia administrativa á súa situación na corporación santiaguesa, atópase
nunha comunicación do Alcalde santiagués ao Gobernador Civil provincial onde informa este último do porqué de
determinadas vacantes na xestora municipal: Escrito do Alcalde de Santiago, ARG, Goberno Civil da Coruña, 33321.
319
sido o primeiro director do Instituto feminino Rosalía de Castro649
. Tamén foi Luis Villar mestre
na Escola de Maxisterio López Ferreiro650
. A cota de médicos —a parte do catedrático Pérez
Argilés—, completárona José Puente Castro, que ocupou a alcaldía unhas semanas; e Antonio
Carro García, médico odontólogo que exercera en Madrid antes de residir en Santiago651
.
Tamén houbo outros profesionais liberais coma os avogados entre os membros das xestoras
municipais santiaguesas sublevadas. Os alcaldes Juan Varela de Limia e Juan Gil Armada
compartiron entre eles esta profesión. Contaron tamén con estudos en leis os xestores Miguel
Cabeza Anido —que intentou ser catedrático de universidade, quedando fóra do proceso por
non pagar as taxas652
— e José Fernández Rofast.
Arredor de todos estes membros das xestoras, foron nomeados polas autoridades
provinciais algúns destacados empresarios da cidade santiaguesa. Entre os nomes deste grupo
social estivo Ricardo Bescansa Castilla, farmacéutico fundador dos Laboratorios Bescansa653
.
Tamén era empresario santiagués Esteban Ceinos Blanco, propietario dunha tenda de teas654
.
Outro negocio, totalmente diferente aos anteriores, foi o de Francisco Ron Mato: almacenista
e propietario da fábrica de chocolates La Divina Pastora, situada na rúa do Preguntoiro655
. Juan
Harguindey Pérez era fillo do empresario de curtidos Juan Harguindey Broussain de quen
herdou o negocio656
. Harguindey Pérez abriu o campo da participación política a aqueles que
formaban parte do seu grupo social compartindo espazos de lecer: Harguindey foi membro do
Recreo Artístico Industrial de Santiago, institución patronal da que foi presidente. Esa condición
de membro dun grupo social destacado a través do cal se puido entrar a formar parte dunha
xestora municipal non só das súas profesións, deuse tamén na figura do xestor Jorge de la Riva
Barba, presidente da Cámara de Comercio de Santiago657
. O círculo de influencia da alta
sociedade santiaguesa pechouse Miguel Pérez Esteso, fillo de Olimpio Pérez, o fundador da
banca do mesmo nome658
.
649
BOE, 17 de decembro de 1936, 59: 414. NEGRÍN FAJARDO, O. (2006): 76, fai referencia á súa figura no artigo
citado, ao ser obxecto de estudo do fenómeno da represión do maxisterio galego. 650
MARCO LÓPEZ, A. e PORTO UCHA, A. (2000): 162. 651
ABC, 25 de xaneiro de 1927, p. 26. 652
BOE, 20 de setembro de 1940, 264: 6546, sendo o intento para optar á Cátedra de Dereito Internacional e
Público da Universidade de Sevilla. 653
GURRIARÁN, R. (2006): p. 483. 654
O negocio pasou aos seus fillos, onde se atopa a referencia á súa existencia. Véxase: El Correo Gallego, 22 de
outubro de 2011, <https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/gran-pesar-por-la-muerte-del-conocido-comerciante-esteban-
ceinos-rey/idEdicion-2011-10-22/idNoticia-708634/>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019] 655
IGLESIAS OTERO, Mª.L. E PÉREZ RODRÍGUEZ, M.C. (2000): 93-108. 656
A biografía do pai do xestor, dende a perspectiva do negocio familiar, en: FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, M.T. (2006). 657
O dato de filiación de De la Riva na Cámara de Comercio apórtao, en nota, a investigación de CASTRO
FERNÁNDEZ, B.Mª (2007): 470. 658
A investigación de LOPEZ FACAL (2014) ofrece unha boa idea da importancia da familia Pérez no tecido político,
social e económico da cidade de Santiago.
320
5.3.3.4 Lugo: o poder dos comerciantes da muralla
O primeiro Alcalde da cidade da Muralla, Juan Yáñez Alonso, foi Comandante de
Infantería, seguindo a norma de todos os primeiros alcaldes nomeados unha vez iniciado o
golpe de Estado de xullo de 1936. De todos os xestores dos que se coñece a súa profesión, el
foi o único militar que ocupou un posto nas primeiras xestoras municipais sublevadas. As
autoridades provinciais sublevadas luguesas botaron man dos comerciantes locais para ocupar
os cargos de xestores municipais nas primeiras xestoras sublevadas. Antonio Ferreiro Rivera;
Luis Bal y Gay; Ramón Sindín Roel659
; Germán Quintana Peláez e Aquilino Yáñez García,
propietario este último dunha tenda de confección660
, foron os pequenos comerciantes elixidos
para configurar a elite política da cidade da muralla. Mais, xunta eles estiveron outros que non
só se preocuparon polos seus negocios; tamén participaron das asociacións que os mantiñan
unidos para conseguir as súas reivindicacións. Así, Arcadio Casanova García foi un comerciante
cunha dilatada experiencia na cidade da muralla e presidente da Agrupación General de
Patronos de Lugo.661
Domingo Alonso Carrillo foi comerciante e tamén membro da Cámara de
Comercio da que foi vicepresidente en 1933662
. Darío Sáez Sáenz-Díez tivo relacións coas altas
esferas do comercio por partida dobre: por un lado foi un membro da Cámara Oficial de
Comercio, Industria e Navegación de Vigo, onde comezara a súa carreira comercial sendo
responsable do local de Almacenes Simeón na cidade olívica entre 1919 e 1935. Despois foi
enviado a Lugo para facerse cargo do local que se abriu nesa cidade663
. Liborio Revilla Castro
tamén foi comerciante e membro do grupo de notables lugueses Círculo Conservador, de
filiación monárquica664
.
Tamén abondaron os propietarios entre os xestores lucenses: Salvador González
Carballo; Ricardo Sindín Roel; Domingo Abuín Iglesias; Eulogio Pallín García e Isidoro
Valcárcel López, este último membro da Asociación de Propietarios e presidente do Círculo
Conservador Lucense665
. O exemplo de Valcárcel López indica que a liña entre empresario,
propietario e comerciante foi moi fina e de difícil fixación nos documentos internos do
Movemento e do Goberno Civil. Cando se falou de propietario, púidose estar falando dun
home que posuía terreos ou propiedades urbanas en abundancia; ou doutro home que posuía
un negocio. O mesmo sucede cos catalogados coma industriais: Jesús Regueiro Guntín e Pedro
Madarro López666
. Foron nomeados avogados que á vez eran propietarios, coma foi o caso de
Ramón Neira Pedrosa667
. Mais hóuboos que unicamente se dedicaron ao oficio das leis: o
659
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29. 660
A experiencia do negocio familiar transcorreu ao longo de tres xeracións, iniciadas por el. (La Voz de Galicia, 13
de abril de 2015, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/04/13/me-traslade-nuevo-dueno-tenia-claro-queria-casa-
san-marcos-vacia/0003_201504L13C2996.htm>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019] 661
SOMOZA CAYADO, A. (2008). 662 SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29. 663
FICAL RODRÍGUEZ, M.J. (s/d) e tamén informa sobre el FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 222 e 315. 664
SOUTO BLANCO (1999): p. 29. 665
Sobre os anteriores, os elementos biográficos son descritos por SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24, 27 e 29. Sobre
Isidoro Valcárcel López, véxase a nota en SOUTO BLANCO, M.J. (1997): 226. 666
Os dous en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 27. 667
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 28.
321
Alcalde Antonio Macía Valado ou Manuel Portela Nogueira668
. Ao oficio das leis tamén se
dedicaron Ernesto Cazón García, «corredor en plaza de comercio» e Rodrigo de la Peña García,
que foi procurador669
. Houbo tamén un sector moi minoritario da elite política definido como
de labregos —Benjamín Rivas Gandoy e José Mosteiro Porto670
—; funcionarios —Eloy Rúa
Méndez e José María Pereira Arrabal671
—; dependentes, empregados e obreiros —Vicente Castro
Dans, Vicente Santamarina Galicia, Manuel Franco Rivas e Antonio Souto Vila—672
; e
representantes da farmacia e da medicina —Manuel Mazoy Rodríguez e Pablo Díez del Corral,
respectivamente673
. As autoridades provinciais nomearon a dous xornalistas locais para os cargos
de xestores municipais. Un deles foi Julio Pérez de Guerra, membro da Asociación de Prensa
de Lugo, da que foi presidente, e director de La Hora de la Verdad e El Ideal Gallego674
. O
outro nomeado foi Antonio López Acuña, home ben colocado entre as forzas vivas luguesas,
pola súa posición de director da revista da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de
Lugo675
. Entre algúns membros da xestora municipal existiu o vencello da participación antes do
golpe de Estado de xullo de 1936 ao sindicato católico Federación Agraria Católica: Pablo Díez
del Corral foi o seu vicepresidente; Julio Pérez de Guerra o seu secretario; mentres que
Domingo Alonso Carrillo, Manuel Portela Nogueira e Ramón Neira Pedrosa formaron parte
da súa directiva676
.
5.3.3.5 Ourense: os comerciantes e construtores
En Ourense, a presenza de militares entre os xestores municipais reduciuse a dous
alcaldes e un xestor. Marcelino Mira Cecilia e Enrique González Anta, Capitán de Infantería e
Xeneral de Intendencia respectivamente, foron nomeados alcaldes; Eduardo Saavedra Caballé,
nomeado xestor e posteriormente tamén Alcalde, foi Capitán do Exército na reserva. O outro
Alcalde desta primeira etapa, Manuel Paco Núñez, contaba con estudos de enxeñería industrial.
O resto de xestores dos que se coñece a súa profesión procedía do abondoso mundo do
comercio e da empresa da cidade das Burgas. Eugenio Lorenzo Vidal posuía un negocio de
carpintaría industrial na avenida de Bos Aires, sendo un dos construtores implicados nas
actividades de construción que determinaron o crecemento urbano de Ourense nos ano 20
aproveitando a elevada demanda de vivenda677
. O caso de José María de las Cuevas Vázquez foi
668
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 28. 669
A denominación do oficio de Ernesto Cazón García no BOE, 15 de xaneiro de 1951, 15: 187, onde foi retirado
forzosamente debido ao seu estado de saúde. A información sobre De la Peña García en SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 26
e en SANTOS ALFONSO, A. (2003): 116. 670
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 29, 671
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24 e 29. 672
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 27-29. 673
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 27. 674
Foi autor do libro (1940): Horas de Hispanidad, Hombres, hechos y problemas, Lugo, Tip. La Voz de la Verdad. 675
Unha pequena biografía do xestor en Galicia Digital, <http://galegos.galiciadigital.com/gl/antonio-lopez-acuna>,
[Consultado o 9 de febreiro de 2019] 676
SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 24-29. 677
SOMOZA MEDINA, J. (2001): pp. 197-198.
322
o dun home pertencente a unha familia fortemente imbricada no tecido comercial e asociativo
da cidade de Ourense, pois foi fillo do empresario Francisco de las Cuevas Cabo, fundador dun
coñecido negocio de ultramarinos e, co paso do tempo, almacén de alimentación.
No tecido social ourensán tamén estivo imbricado Valeriano Feijoo Rivera, empresario
promotor do Círculo de Obreros de Ourense, unha especie de sindicato católico promovido
pola Igrexa ourensá para contrarrestar o influxo dos sindicatos socialistas. Con Feijoo Rivera
desenvolveron o cargo de xestor municipal outros ínclitos empresarios ourensáns coma Manuel
Malingre, Manuel Docampo, Celso Rodríguez, Manuel Amor, Joaquín Suárez ou Benito Vidal.
Ademais da súa posición de empresario, Feijoo Rivera foi accionista do xornal, exclusivamente
ourensán, La Región678
. Outros xestores mostráronse máis interesados no establecemento de
asociacións patronais; foi ese o exemplo de Antonio Eire Santalla, fundador xunta seu irmán da
asociación de propietarios La Defensora de la Propiedad Urbana de Ourense679
.
Á venda, pero de armas, dedicouse o xestor Leonardo Pascual Santana dende a súa
Armería Pascual680
. Felisindo Mangana Pato tamén foi un empresario local681
. Algúns traballaran
na constitución definitiva da Caixa de Aforros de Ourense nos anos 30, como foi o caso de
Justo Méndez Aguirre682
. Non faltaron entre os membros da elite política ourensá os elementos
das sociedades recreativas e culturais da cidade das Burgas: Enrique González Anta foi membro
e presidente do Liceo-Recreo de Ourense683
e Javier Guitián Jarnés foi socio do Ateneo
ourensán e tamén membro do colexio de Axentes Comerciais de Ourense684
. A cota dos
médicos cubriuna Horacio García Hermida, médico oftalmólogo685
; e a de farmacéuticos, o
destacado falanxista e futuro Alcalde ourensán, Eduardo Valencia Fernández. De Delmiro
Vázquez Yebra quedou rexistrado nos documentos municipais a súa calidade de maior
contribuínte da cidade das Burgas; o que o fixo esencial nunha xestora municipal.
5.3.3.6 Pontevedra: máis comerciantes
A cidade do Lérez seguiu unha liña similar a de Ourense en canto á orixe social dos
xestores nomeados polos gobernadores civís na primeira etapa da construción da ditadura
franquista nas cidades galegas. O único xestor militar de profesión do que se ten coñecemento
é o primeiro Alcalde sublevado: Eladio Becerril González, Capitán de Infantería. O seu
678
SOMOZA MEDINA, J. (2001): 148, 158. BLANCO RAMIL, S. (2013): 285. 679
SOMOZA MEDINA, J. (2001): 97. 680
Pódese atopar unha referencia á súa armería en PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005a): 387. 681
Aparece citado no artigo de PRADA RODRÍGUEZ, J. (2016): 117 sobre a extorsión sobre os empresarios durante
a guerra civil. 682
La Región, 20 de xaneiro de 2018, <http://www.laregion.es/articulo/ourense-no-tempo/nuestra-caja-de-
ahorros/20180120130005763388.html>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 683
La Región, 31 de decembro de 2008, <http://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/asamblea-no-entra-
boina/20081231114855461812.html>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 684
La Región, 21 de marzo de 2011, <http://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/socios-
ateneo/20110321114916462447.html>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. La Región, 7 de maio de 2012,
<http://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/mejores-f-p/20120507171419462726.html>, [Consultado o 8 de
febreiro de 2019]. 685
Informe do Goberno Civil de Horacio García Hermida, AGA, FAMI, 44/2545.
323
substituto, Ernesto Baltar Santaló, xa se dedicou ao negocio da avogacía. A elite política
pontevedresa dos primeiros meses da ditadura franquista é un espello da configuración social
da clase media e alta da cidade do Lérez. Entre os xestores atópanse mestres coma José Gay
Fernández, profesor de historia na escola normal de mestres da cidade, da que foi director ata
xuño de 1938686
; e Manuel Domestre Castro, profesor de ciencias no Instituto de Pontevedra e
antigo director da sección de estatística pontevedresa en 1922.687
Severino Martínez Piñó foi
propietario dunha coñecida tenda de ultramarinos chamada La Abundancia688
. Luis González
García que comezara coma empregado dun almacén de tecidos ata que se converteu no seu
propietario689
, ou Rogelio Casalderrey Esperón, que fixo a súa entrada no negocio da
construción como propietario dunha empresa que traballaba a pedra calcaria para obter
materiais de construción a partires dos recursos da ría de Pontevedra, pecharon o grupo dos
pequenos empresarios690
.
No mundo da radiodifusión traballou Vicente Suárez Arango na emisora de radio
EA1BH691
. Relacionado coa construción e a mellora do fogar, en calidade de propietario dunha
ferraxería situouse Rafael Varela Feijoo que, ademais diso, estaba metido no mundo da cultura
e do divertimento da clase media pontevedresa a través da súa participación e afiliación ao Liceo
Casino de Pontevedra, do que foi presidente en dúas ocasións: en 1932 e de 1937 a 1941692
. O
médico radiólogo Claudio Losada tamén estaba involucrado nunha asociación cultural: a
Sociedad Filarmónica da Pontevedra, da que foi presidente con anterioridade ao golpe de
Estado de xullo de 1936693
. Desa mesma asociación participou o enxeñeiro de minas e
propietario de explotacións mineiras en distintos puntos de Galicia Rafael Sáenz-Díez Vázquez,
membro fundador da Sociedad Filarmónica e membro da súa primeira directiva694
, da que
tamén tomou parte Celestino Fontoira Peón, médico xinecólogo fundador do sanatorio Santa
686
O seu nomeamento aparece publicado na Gaceta de Madrid, 30 de maio de 1931, 150: 1040 e BOE, 7 de xuño
de 1938, 593: 7740. 687
A información sobre o seu cargo en Estatística apórtaa CELESTINO REY, F. (2011): 105. O seu nomeamento
como profesor de ciencias no BOE, 20 de xullo de 1942, 201: 5332. 688
A historia local das cidades é unha fonte esencial para determinar a orixe dos elementos da elite política
pontevedresa, e vese facilitada polo traballo desinteresado de persoas que buscan coñecer o pasado máis próximo a eles.
Tal é o exemplo da entrada de historia local de Vella Pontevedra, decembro de 2013,
<http://vellapontevedra.blogspot.com/2013/12/>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019], onde se fai referencia ao nogocio
de Martínez Piñó. 689
A información sobre a ocupación de González García pódese atopar na edición dixital do Diario de Pontevedra,
1 de febreiro de 2016, <https://www.diariodepontevedra.es/articulo/noticias/la-moda-ideal-un-monumento-mas-de-
pontevedra-pasto-de-las-llamas/20160201234914293971.html>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 690
Gaceta de Madrid, 3 de xullo de 1923: 184: 28-29. 691
A información sobre o xestor Suárez Arango aparece reflectida na publicación especializada na radiodifusión
local: <http://historiaradioaficionpontevedresa.blogspot.com/2016/06/celso-lopez-blanco-ea1bh-1891-1958_19.html> ,
[Consultado o 7 de febreiro de 2019]. 692
A historia da saga de comerciantes pontevedresa en Diario de Pontevedra, 28 de agosto de 2916,
<https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra-ciudad/la-ferreteria-varela-cierra-sus-puertas-despues-de-142-
anos/20160828000000308167.html>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]. A referencia á súa participación coma
presidente do Liceo Casino en <http://www.casinopontevedra.com/web/apartados/junta.php>, [Consultado o 7 de febreiro
de 2019]. 693
Aparece na relación de directivos da Filarmónica de Pontevedra
(<http://www.filarmonicapontevedra.org/historia.php?history=5#W>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]). 694
REY PRESAS (2017): p. 58, 67 e 68.
324
María xunto co seu irmán Manuel695
. Antonio Hereder Solla participou do padroado da Banda
Municipal de Pontevedra696
.
5.3.3.7 Vigo: o cheiro ao peixe do Berbés
Cidades coma Ourense, Lugo ou Pontevedra careceron dun tecido industrial forte, de
industrias que destacasen na economía local. Non tiñan industriais, homes de negocios no
estrito sentido da palabra que puidesen ser nomeados xestores municipais ou alcaldes. Por esta
razón, os gobernadores civís decantáronse por aqueles homes que, non sendo grandes
propietarios ou industriais, tiveron unha cousa fundamental que aportar ao funcionamento do
consistorio sublevado: contactos entre as personalidades máis destacadas da cidade e, o que foi
máis importante, un coñecemento valiosísimo sobre a sociedade local. A participación deses
individuos nas asociacións benéficas, recreativas ou culturais son a mostra da súa implicación
nas actividades da localidade. Eran o núcleo da sociedade; as forzas vivas que deberon
configurar a elite política da ditadura nas cidades galegas. Ese elemento foi o máis importante
naquelas cidades menos industrializadas onde foi imposible atopar a homes propietarios ou
traballadores dunha gran empresa. Pero, así como A Coruña se especializou en grandes
propietarios e representantes de negocios vinculados co porto da cidade; ou Ferrol ao campo
do estaleiros e da Mariña, outra cidade levou ese modelo de especialización na selección dos
membros da súa elite política case ao extremo. Vigo foi o exemplo galego de especialización
extractiva de xestores municipais por parte dos gobernadores civís pontevedreses. Á hora de
facer a selección dos homes da elite tivérono moi sinxelo, pois a cidade olívica, a nivel industrial,
estaba ocupada practicamente na súa totalidade nun único negocio: o peixe e a súa
comercialización.
Para non saír da norma establecida, o cargo de primeiro Alcalde sublevado
correspondeulle ao comisario de guerra José Giménez García. Tamén foi militar Manuel
Canella Tapias, Xeneral do Exército; Luis de Vicente Sariain; Alfonso Crespo Martínez;
Sebastián García Retuerta e Orencio Arosa Álvarez, que despois empregouse no negocio da
reloxería e na administración e redacción de publicacións locais697
. Augusto Viso Troncoso foi
dono dunha tenda de ultramarinos698
e Alejandro Requejo Buenaga mestre de mercantil no
Instituto Santa Irene699
. Ao mundo das leis dedicouse Leocadio Alejandro Acevedo, que chegou
695
A tradición de presidir a Sociedad Filarmónica pasou por varios membros da familia. Véxase: La Voz de Galicia,
10 de xaneiro de 2009, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2009/01/10/pontevedres-me-encanta-vivo-llevo-
dentro/0003_7450853.htm>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]. 696
Escribiu un pequeno libro, HEREDER SOLLA, ANTONIO (1964), sobre a súa labor coma xestor municipal, onde explicou
todo o seu camiño vital. A súa relación coa historia da Banda de Música de Pontevedra en
<http://www.bandamusicapontevedra.org/historia/>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]. 697
La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2007, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2007/03/03/orencio-
arosa-relojero-militar-Alcalde-1923/0003_5598308.htm>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]. 698
Galicia, 28 de febreiro de 1936: 3. 699
A citado no artigo de GONZÁLEZ MARTÍN, G. (2006).
325
a ser presidente da xunta municipal de Solares de Vigo700
. Hipólito Reguenga Borrajo foi
empresario da construción na cidade viguesa701
. Manuel Roel de la Torre foi propietario dunha
empresa familiar de artes gráficas702
. Jerónimo Pérez Casqueiro foi propietario dunha fábrica de
pastas alimenticias703
. As relacións entre os membros da elite política viguesa comezan a definirse
na figura do escritor e xestor municipal vigués Francisco Javier Ozores Pedrosa. Se ben é certo
que probablemente o Gobernador Civil Macarrón Piúdo o elixiu polo seu pasado de Alcalde
vigués entre 1913 e 1915 e de Gobernador Civil na provincia de Huelva en 1919, non é menos
certo que contou con vinculacións coa Cámara da Propiedade Urbana viguesa, da que foi
presidente704
. Desa mesma Cámara da Propiedade Urbana participou Ángel Reboreda
Domínguez, empresario e socio fundador da Compañía Viguesa de Panificación —a coñecida
popularmente como a Panificadora. Reboreda Domínguez tamén contou con vínculos coa
Federación Gremial de Patronos de Vigo, da que foi presidente durante o período
republicano705
. Membro da Panificadora, foi tamén Julián Herrero Bermejo, en calidade de
empregado e membro do consello de administración da empresa706
.
A outra cámara fundamental para os empresarios vigueses foi a de Comercio. A cota de
participación da mesma cubriuna, naquel primeiro momento cronolóxico, Eugenio Fadrique
González, empresario con negocios relacionados coas artes gráficas e a impresión en latas de
conservas que participou en todos ámbitos comerciais da cidade Olívica. Foi o presidente da
primixenia Zona Franca de Vigo, coñecida coma o Depósito Franco; e desenvolveu o mesmo
posto na Cámara de Comercio entre 1931 e 1945707
. Da Cámara de Comercio tamén foi socio
Indalecio Vázquez Rodríguez, da que foi vicepresidente segundo708
. Tamén existía o Círculo
Mercantil de Vigo, onde se asociaron os comerciantes e pequenos empresarios da cidade
olívica. De entre os primeiros xestores nomeados, Natalio Sanchón Prieto e Evaristo de Vicente
Rodríguez foron os representantes desa asociación. Sanchón Prieto chegou a ser presidente
desa asociación709
; mentres que De Vicente foi secretario. Este último desenvolveuse no oficio
de importador e comerciante de bacallau, sendo almacenista e membro, por aquela calidade,
da Agremiación de Almacenistas de Vigo, da que chegou a ser presidente710
. Ao gremio dos
comerciantes tamén pertenceu Manuel Moreno Artola, empresario e socio da familia Simeón,
director da sucursal viguesa dos almacéns da familia entre 1935 e 1948711
; ou José Besada García.
700
BOE, 29 de maio de 1938, 584: 7591. 701
Presidente e fundador da Constructora Urbana S.A. Compañía Viguesa de urbanización, promotor da
denominada «Colonia do Couto», exemplo do intento de planeamento e construción dun modelo de cidade xardín para a
cidade olívica. Véxase o documento anexo ao Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo: VV. AA (2014): 29 e ss. 702
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 107. 703
BOE, 26 de febreiro de 1939, 57: 317. 704
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 495. 705
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 311 e RIVERAS RIVAS, P. (2015): 119. 706
FACAL RODRÍGUEZ, M.J. (2009): 369. 707
Véxase o capítulo que lle dedicou GIRÁLDEZ RIVERO, X. (2009) dentro das biografías de empresarios galegos.
Tamén aparece referido en PEREIRA (2010): 251. 708
En 1941 foi nomeado presidente da Cámara oficial da Propiedade Urbana de Vigo. BOE, 2 de outubro de 1941,
275: 7600. 709
Consígnase a súa presidencia en <https://circulomercantilvigo.com/el-circulo/juntas-en-la-historia/>, [Consultado
o 7 de febreiro de 2019] 710
La Voz de Galicia, 12 de xaneiro de 2013. <www.lavozdegalicia.es/notici/firmas/2013/01/12/rey-
bacalao/0003_201301V12C8998.htm>, [Consultado o 7 de febreiro de 2019]. 711
FACAL RODRÍGUEZ (s/d).
326
Dese último cómpre destacar a súa vinculación durante a etapa republicana a un grupo
denominado Centro de Hijos de Vigo, no que tamén atopamos a Manuel Canella Tapias, que
chegou a ser presidente desa asociación. Hijos de Vigo foi unha especie de grupo de presión
económico e social onde se encadraron os máis conservadores da cidade olívica, abranguendo
o espectro ideolóxico dende o republicanismo máis conservador ata o falanxismo712
.
O outro polo de extracción de homes para a elite política da cidade olívica foi o porto
da cidade e toda a actividade comercial e industrial que aportaba á cidade. Isaac Iglesias Roura
e Estanislao Durán dous consignatarios da cidade. Así mesmo, Durán Gómez foi membro da
Federación Gremial de Patróns Viguesa, da que chegou a ser presidente e contador713
.
Marcelino Suárez Celada foi armador dun vapor con base no porto vigués714
; o mesmo que
Javier Sensat Cubera, cuxa implicación no mundo da pesca levouno a fundar xunta outros
persoeiros da vida marítimo-pesqueira olívica a empresa Motopesqueros de Altura Reunidos,
máis coñecida coma MAR715
. O mar e o porto proporcionaron o resto de homes que
configuraron a elite política viguesa e que formaron parte das xestoras municipais. Os
conserveiros vigueses, membros das familias industriais por excelencia da cidade olívica, foron
os elementos clave da elite política da cidade. Os gobernadores civís pontevedreses botaron
man de homes como Paulino Yáñez Tapias, fillo de Paulino Yáñez, os dous conserveiros. Yáñez
Tapias foi delegado na lonxa do Berbés e delegado na Caixa de Aforros de Vigo716
. Juan
Cerqueira Martínez —ademais de ter exercido o cargo xefe local do Movemento de Vigo— foi
un industrial conserveiro717
. Os Albo tamén estiveron representados na xestora municipal
viguesa por medio de José Albo Abascal. Andrés Fernández Táboas foi outro propietario
conserveiro que recolleu a tradición familiar dos conserveiros Alonso Lambeti xestionando o
seu negocio718
; gremio este ao que tamén pertenceron Justo López Valcárcel e Rodrigo Alonso
Giménez Cuenca que, xunta seus irmáns fundou a conserveira Conservas Antonio Alonso, que
foi o nome de seu pai719
.
O ano 1939 marcou o inicio definitivo da ditadura franquista en Galicia e España. Os
gobernadores civís acabaron perdendo o medo a realizar nomeamentos, adoptando todos eles
712
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 322-323, nesas páxinas explica a esencia do ser do que el denomina «grupo
de presión». Noutras cidades españolas, coma Lleida, existiron grupos similares que exerceron un papel esencial na
configuración das elites políticas locais da ditadura franquista. Gelonch Solé, J. (2010): 642-654, describe o grupo chamado
Caliu Ilerdenc: un espazo de sociabilidade no que os seus membros estaban apartados do resto da elite ilerdense, o que lles
permitiu crear a súa propia rede de influencias entre aqueles que formaban parte dp cenáculo. A participación en círculos
sociais deste estilo foi tamén a maneira que tiveron as persoas de facer valer a súa pertenza a unha comunidade local para,
desa maneira, reclamar os posibles cargos municipais a cubrir. 713
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2006): 63. 714
(1935): Lista oficial de buques de las marinas militar, mercante y pesquera españolas desde 20 toneladas, Madrid,
Imprenta y litografía Mariano Casas. 715
Xunta el estaban conspicuos homes de negocios da cidade olívica: Casimiro Durán, os irmáns Massó,
Hermenegildo Alfageme, Joaquín Dávila, Ángel Gándara ou Eugenio Fadrique. Aparece referido no capítulo sobre os
empresarios galegos que lle dedica MUÑOZ ABELEDO, L. (2011) á familia Massó. 716
Ademais da súa xa coñecida traxectoria política no campo da dereita republicana, foi irmán de Juan Yáñez Tapias,
destacado falanxista e xefe local do Movemento de Vigo cando foi cesado Juan Cerqueira Domínguez. Este dato biográfico
aparece no texto de PEREIRA. D. (2010): 251. 717
PEREIRA, D. (2010): 251. 718
A biografía familiar dos Albo en ESCUDERO, L.J. E CARMONA BADÍA, X. (2011), mentres que a de Fernández
Táboas foi, indefectiblemente, ligada á dos Lamberti, que foron biografados por MARTÍNEZ MILLÁN, J.M. E CARMONA
BADÍA, X. (2011). 719
CARMONA BADÍA, X. (2011) investigou o relato biográfico da familia.
327
un sistema similar de selección: homes con experiencia e prestixio entre todos aqueles que había
na cidade. A elite política das cidades galegas comezou a configurarse en base ao binomio
anteriormente citado de experiencia política máis unha posición social e económica consolidada
no tecido da cidade correspondente. Cada unha das urbes galegas construíu a súa elite
dependendo dos sectores con maior representación social; feito que provocou a especialización
concreta nun ou outro dependendo da súa existencia ou peso. O ano que de 1939 que se
dispoñía a nacer non provocou moitos cambios nese mecanismo de nomeamento; salvo a
propia marcha dos gobernadores civís a outras provincias de España. Os cambios de nomes
dentro das xestoras tampouco acadarán un grao de cambio tal, que obriguen a mudar o modelo
descrito. Os novos cargos políticos provinciais que foron chegando co paso do tempo sempre
tiveron a alguén que opinase sobre a adecuación dos seus nomeamentos. Se ese elemento de
opinión non existiu, sempre estivo FET de las JONS, que comezaba a vivir, nese intre de
finalización da guerra, o seu momento de gloria na construción da ditadura franquista en Galicia.
328
5.4 O camiño que comezou a intuírse: a consolidación das elites políticas da ditadura na
Galicia urbana (xaneiro de 1939-xaneiro de 1945)
O ano 1939 naceu predestinado a ser o III Año Triunfal. Mais tamén acabou sendo o
Año de la Victoria, por efecto do 1 de abril que decretou o final da guerra civil. Dentro dese
contexto, o idealismo que envolveu e destilaron os discursos e as actitudes dos alcaldes e
xestores municipais non debe resultar estraño no momento de ler as actas municipais e
documentos do Movemento. Nun contexto de guerra coma o que estaban a vivir, que por parte
das autoridades municipais e provinciais se tomase o asunto con positividade foi unha maneira
de facerlle chegar a poboación que todo funcionou con normalidade. A idea que pretenderon
transmitir os discursos das autoridades do período que se analizará neste epígrafe é que a
pesares dos inconvenientes que puideron atopar, os galegos das capitais e cidades provinciais
deberían saber que os seus xestores farían todo o posible para que a orde política, económica,
social e cultural chegase aos seus concellos. O principio fundamental que mantiveron incólume
alcaldes e xestores foi que o funcionamento do concello sublevado debería erixirse en firme e
decidida oposición ao modelo liberal republicano.
A República, representada polas autoridades da ditadura ante os cidadáns polos
consistorios municipais e os seus alcaldes e concelleiros, foi para aqueles a culpable de todos os
problemas locais. Superar esa nefasta xestión —seguindo o razoamento das autoridades
ditatoriais—, e devolver aos concellos o lustre perdido de séculos atrás, debería ter sido a misión
primeira das novas xestoras sublevadas. Amais dese aspecto discursivo fundamental, os
concellos convertéronse nos mecanismos de acción política das autoridades sublevadas. A
política, en territorio sublevado, tivo un personaxe fundamental unha vez se comezou a ver o
final da guerra civil: FET de las JONS. En Galicia, o partido debeu facer fronte a dous inimigos
ben definidos por el mesmo: o primeiro, a ausencia de militantes capacitados para ocupar
postos políticos nos concellos; o segundo, a loita contra a lacra do caciquismo que asolagaba a
política do país dende tempos inmemoriais. A esas dúas cuestións definidas por FET de las
JONS nos seus documentos internos, a análise realizada en capítulos anteriores deste estudo
permite engadir un terceiro elemento oposto ao funcionamento do Movemento que foi moi
difícil de combater en Galicia, pois implicou loitar contra a esencia falanxista dentro do propio
partido: o partido mesmo e os seus problemas internos.
Con todo, as análises dos documentos internos de FET de las JONS determinan que o
partido intentou enfrontarse ao que el mesmo denominou o problema externo do caciquismo,
que se tería dado en Galicia e nos seus concellos cunha frecuencia extraordinaria. Por iso, FET
de las JONS impúxose unha serie de mecanismos para facerlle fronte a ese aspecto político-
social da sociedade galega que, dende o seu punto de vista, limitou as súas posibilidades de
penetrar entre os galegos. O primeiro punto de partida contra aquel fenómeno político foi o
combate contra el tentando unha infiltración nas súas redes para desartellalas dende dentro. Esa
foi a estratexia que se perfilou na maioría dos documentos e informes que o partido e as
autoridades provinciais enviaron a Madrid. Xa se viu con anterioridade o retrato que aquelas
realizaron sobre a sociedade galega: xente con carencia de coñecementos, inculta, facilmente
manipulable polos homes fortes das súas localidades, auténticos corruptores políticos de
329
labregos e obreiros que confiaron —dende a súa desconfianza xenética propia— neles
cegamente. Segundo os informes enviados dende Galicia, o caciquismo foi un elemento
perenne dentro do día a día político-social do galego. Ao ser perenne, pois, fíxose moi difícil
enfrontarse a el e intentar retiralo da política.
5.4.1 OS INTENTOS DAS AUTORIDADES POR ADAPTAR OS CONCELLOS GALEGOS AO NOVO
ESTADO DITATORIAL
5.4.1.1 A cuestión teórica da perennidade do caciquismo no ámbito local
Esa pretendida perennidade do fenómeno caciquil foi lida polo Movemento como a
causa de que os concellos non funcionasen todo o ben que sería necesario. A idea que
transmitiron as autoridades ditatoriais dende Galicia a Madrid foi que os novos xestores
municipais e os funcionarios, por moi novos que fosen no seu cargo, caeron na tentación do
cacique, que se resistía a abandonar a posición que tanto tempo lle custara acadar a el e a todos
os que o antecederan. O panorama que describiron as autoridades era desolador e presentouse
nos informes sobre a política local das cidades galegas. Segundo aqueles informes, en provincias
coma Pontevedra os concellos non funcionaban ben, o que orixinou o descontento dos veciños.
Segundo a interpretación aportada polo Movemento, os homes e mulleres escoitaban, por un
lado, o discurso dos alcaldes, xefes locais do Movemento, xestores municipais e outras
xerarquías sublevadas: escoitaron as ideas políticas idealizadoras de FET de las JONS, a
pretendida chegada dunha nova idade de ouro do municipalismo español, a suposta
recuperación de obras públicas necesarias para o funcionamento da cidade que non se puideran
realizar durante a República, a pretendida volta a tranquilidade política municipal afastada de
disputas partidistas clásicas do liberalismo... Mais por outro lado, as autoridades ditatoriais non
puideron amagar nos seus informes que galego vía como «esta forma no llega, ni puede llegar a
la masa del pueblo». Segundo as xerarquías da ditadura, o pobo escoitaba, pero non entendía o
que lle dicían os dirixentes porque vía e sentía unha realidade ben distinta seu día a día.
O denominado, sen filtros dialécticos por parte das autoridades, «inculto campesino»
galego escoitaba como lle expuñan os «principios del Movimiento, que si alguna vez, muy
raramente le han sido expuestos», non chegaba a entendelos pola simple razón de que «la
realidad es muy otra, y piensa que todo va a seguir como siempre, y, lógicamente, vuelve a
echarse en brazos del que siempre mandó y al que siempre acudió para sus cuitas». A
interpretación que xorde dos informes do partido determinou que a xenética galega non só
impulsou ao galego a manterse inculto, iletrado e individualista; tamén o tería levado a deixarse
arrastrar pola corrente que incidiu nel o cacique fundamentada na confianza en que chegaría
sempre a bo porto. Ante aquela situación, os informes de FET de las JONS indican que os
concellos adoptaron dúas posturas pragmáticas propias da pretendida maneira de ser dun
galego: eludir todas as súas funcións deixando correr o tempo; ou traballar nesa labor negativa
de fomento do caciquismo. Ante tal panorama municipal, as xerarquías do Movemento
330
chegaron á conclusión de que aquel non podería permitirse; impuxéronse a obriga de propor
respostas para solucionar a situación. Unha delas xurdiu na provincia de Pontevedra e consistiu
na redución do número de xestoras municipais e dos xestores que compoñían estas. As
autoridades pontevedresas fundamentaron a lóxica da proposta en que o municipalismo
español foi un produto da democracia liberal; polo tanto, se a nueva España se debería constituír
como un baluarte fronte a eses ideais, canto menores fosen os restos da súa presenza en España,
moito mellor sería para o proceso de construción da ditadura no plano local. Esa argumentación
de limitar ata o extremo o poder das elites locais fundamentouse tamén na idea de que os
concellos foron empregados polos caciques para executar os seus plans en consistorios
formados por moitas persoas en diferentes municipios espallados por toda a provincia; de aí
que o mellor sería reducir o seu número. Desta maneira o cacique debería quedar retratado
ante as autoridades da ditadura pola labor dun reducido número de xestores, que non deberían
superar os 3 membros en cada xestora720
.
A idea que se transmitiu dende Galicia por medio das xerarquías provinciais foi que
canto menor fose o número de membros das xestoras municipais máis fácil sería o seu control;
pero, sobre todo, máis sinxelo tería sido atopar os nomes adecuados para os cargos xestores
municipais, para definir mellor a construción dunha elite política. A cuestión do caciquismo
saíu á luz unha e outra vez nos documentos do Movemento coma unha especie de ladaíña que
en base a súa repetición o podería explicar todo.
«Una de las cuestiones más delicadas, es la referente a la revisión de las Gestoras Municipales,
que Galicia hay que llevar con gran cautela, para evitar que el caciquismo se introduzca de nuevo
en la vida municipal por ser los cargos Concejiles los que más ambicionan para hacer prosélitos
o amparar a los que ya militan en sus partidos, bien atendiendo a peticiones que hacen a la
Administración Municipal, ó esgrimiendo el llamado reparto de consumos, para tratar
desigualmente en la imposición de cuotas según el grupo político en que militen».
Cumpriu evitar aquelas situacións co fin de que os habitantes das urbes e o «paisano
labrador» puidesen apreciar por si mesmos que, segundo as autoridades da ditadura, as cousas
estarían a mudar sen parar. Para conseguir ese obxectivo, as xerarquías provinciais chegaron á
conclusión de que foi necesario que os homes e mulleres correntes non visen aos de sempre
nos postos de control municipal; que entendesen que a lei non actuaba coma unha arañeira na
que «sujeten a los débiles, para que rompan los fuertes». O Movemento galego solicitou como
medida de corrección das irregularidades nas xestoras municipais e nas súas elites a necesaria
renovación daquelas, pouco a pouco, aprendendo dos erros cometidos nos primeiros
momentos da sublevación. Paseniñamente, o Movemento foi elaborando os ficheiros persoais
que «refleja[n] lo más exactamente posible no solo la filiación política sino también la conducta
ciudadana de los que forman las Corporaciones Municipales destituyendo a aquellos que su
actuación no parece diáfana»721
.
720
As citas anteriores no Estado da Deputación provincial e da provincia de Pontevedra, 1938, AGA, FAMI,
44/3122. 721
As citas anteriores en Estado da Deputación provincial e da provincia da Coruña, maio de 1940, AGA, FAMI,
44/3117.
331
A cuestión da diafanidade dos cargos municipais preocupou moito ás autoridades
provinciais. Xa se citou con anterioridade que os gobernadores civís mostráronse preocupados
polo suposto e pretendido baixo nivel intelectual da sociedade, for nas cidades ou nas vilas máis
pequenas. Esta situación, pintada como como característica de Galicia, e segundo os informes
sobre o tema, «trae como consecuencia una escasez de intelectuales y aunque en otros tiempos
ofrecía un buen número de gente escogida, hoy no sucede así». O culpable da situación,
determinado polas xerarquías provinciais da ditadura, tería sido o caciquismo. Segundo elas, os
caciques estiveran sempre interesados en manter aos seus subalternos políticos e sociais na máis
absoluta ignorancia. Por iso, nese momento de cambio entre o final dunha Guerra e a
consolidación dun novo réxime político, a ditadura viuse nesa pretendida e debuxada nos
informes complicada situación de indefensión ante os nomeamentos para as comisións xestoras.
Para tentar solucionar ese aspecto de suposta e estendida incultura e ignorancia; a maneira
proposta polas autoridades para facilitarlle as cousas a xente que foi nomeada porque non
houbo outro remedio, foi baleirando aos concellos do seu carácter político. Ao mesmo tempo
que se estaba a construír a ditadura no plano local, as elites políticas que se pretenderon
configurar tamén deberían rachar co seu pasado supostamente caciquil dando entrada a homes
novos e plenamente identificados co Movemento; idea, por outra parte, que resultou moi difícil
de implantar ante a ausencia de falanxistas suficientes.
332
5.4.1.2 O ideal do concello da ditadura franquista: menos política e máis administración
Polas razóns anteriormente expostas, as autoridades da ditadura pretenderon «conseguir
que los Ayuntamientos pierdan en absoluto el carácter político y sean única y exclusivamente
organismos administrativos». Se dende Pontevedra xa se dixo que as xestoras deberían ser o
máis pequenas posibles; dende Lugo aportouse o necesario e imprescindible borrado do
carácter político que supostamente impregnaba calquera concello de Galicia. O concello ideal
para as autoridades ditatoriais lucenses sería o que estivese rexido exclusivamente por xestores
técnicos; onde os cargos puramente políticos serían consultados, unicamente, para asuntos de
tesourería e administración económica:
«Es opinión muy personal nuestra el que es imprescindible conseguir que los Ayuntamientos
pierdan en absoluto el carácter político y sean única y exclusivamente organismos
administrativos. Por eso afirmamos nos parece que la organización de las Gestoras debía ser de
otra manera a la actual... El procedimiento de gestión con responsabilidad y retribución
circunscrito a elementos de carácter técnico sin más que una intervención de algunos
representantes del Municipio para el conocimiento del empleo de fondos municipales es decir
un procedimiento de gerencia, pudiera ser que diese prácticamente mejores resultados que el
que actualmente se sigue. [...] Sucede que estamos atravesando momentos muy críticos y así
como en Vanguardia, nuestro Glorioso Ejército está destruyendo un sistema jurídico fundado
en principios que integran las teorías democráticas, es el que tienen que aplicar, tanto para la
administración del Estado, Provincia y Municipio, como para la ordenación gobernativa y
judicial»722.
Nesa tarefa de dar unha nova cara a administración municipal, o Movemento lugués
indicou que non só houbo que ter coidado cos nomeamentos de xestores municipais e coa
vontade de darlle aos concellos un maior carácter administrativo; tamén sería necesario poñer
atención en ver quen era o secretario municipal. Segundo a lectura das informacións aportadas
polo Movemento da provincia da Coruña, naquela non tería habido moita sorte con aqueles
funcionarios, pois:
«[...] se cuentan los secretarios que saben cumplir bien con sus deberes, ya que la mayoría
de ellos, por tener intereses creados o por ideas políticas, no obran no con la
imparcialidad debida, ni dedican a las funciones municipales todo el celo debido, para
que la Administración marche con la debida diligencia y rapidez en su función
económica»723
.
O panorama descrito polo Movemento galego en xeral estivo dominado pola falta de
homes para os nomeamentos municipais, especialmente nas zonas rurais. Por iso, algúns
gobernadores civís galegos decidiron realizar os cambios mínimos nas xestoras das cidades. A
lectura dos documentos xerados polas autoridades provinciais arroxa o razoamento básico para
adoptar esta posición: se o concello e a xestora funcionaron correctamente, o mellor foi deixalos
coma estaban para evitar problemas maiores na súa configuración, tanto de elite como de
administración. Outra cuestión foi o cambio de gobernadores civís que se produciu entre finais
722
Estado da deputación provincial e da provincia de Lugo, maio de 1940, AGA, FAMI, 44/3119. 723
Estado da deputación provincial e da provincia da Coruña, maio de 1940, AGA, FAMI, 44/3117.
333
de 1939 e principios de 1940 nas provincias galegas. Os recente chegados apostaron pola
continuidade, por tomarlle o pulso ás súas provincias e cidades antes de poñerse a realizar
cambios destacados. FET de las JONS encargouse de axudar aos gobernadores aportando os
informes persoais que lle solicitaron sobre os candidatos propostos. Ese novo xogo central do
Movemento foi posible grazas á progresiva unificación dos cargos de gobernador e xefe
provincial do Movemento na figura do Gobernador Civil provincial. O Gobernador Civil
comandou dende aquel momento da unión dos cargos unha maquinaria burocrática activa e,
aínda que non sempre, efectiva capaz de chegar a informacións que, doutra maneira, terían sido
complexas de conseguir. A clave do arco da construción do poder local na Galicia urbana foi a
obriga de nomear alcaldes e xestoras municipais cun «acendrado patriotismo y espíritu de
sacrificio». Ocupar con falanxistas as vacantes puntuais nos concellos non foi suficiente:
«[...] el cubrir solamente algunas vacantes con afiliados a la Organización, los cuales
desenvolverán su actividad junto a viejos concejales de criterio hostil y dudosa procedencia
política, produciéndose como consecuencia una gestión que, en el mejor de los casos, será
ineficaz y padecerá vicio de desunión y desorientación»724.
O Gobernador Civil coa axuda de FET de las JONS, provocou un cambio con respecto
ao modelo de ocupación dos postos de xestión municipal. Os seus informes persoais sobre os
candidatos aos postos municipais son fundamentais para comprender a nova configuración da
elite política que constituíu as xestoras municipais das cidades galegas. Abriuse a etapa onde a
comuñón persoal con Falanxe foi necesaria para ter algo que dicir nunha xestora municipal.
Con todo, os cambios pretendidos non foron tan radicais como pretenderon os discursos e
ideas enviados a Madrid. Nas cidades galegas estaba a nacer unha nova elite política.
724
Parte quincenal do 15 ao 31 de agosto da provincia de Lugo, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
334
5.4.2 BUSCANDO A CONSOLIDACIÓN DA DITADURA FRANQUISTA NAS CIDADES GALEGAS:
CONTINUIDADES E PEQUENOS CAMBIOS NAS ELITES POLÍTICAS URBANAS
O proceso de facer e desfacer no mundo do municipalismo galego foi constante. Coma
tamén foi constante o andar polo camiño da estruturación do partido para facelo efectivo;
convertelo en algo máis ca unha simple comparsa do Gobernador Civil. As xerarquías de FET
de las JONS preocupáronse por organizar o funcionamento do aparato partidista para dese
xeito, aumentar a efectividade das súas decisións. Os nomes dos candidatos propostos para
ocupar as novas comisións xestoras municipais non saíron da nada. Foi necesario contar con
arquivos; opinións e informacións de diversas procedencias para dar cos homes adecuados. De
aí, desa necesidade, xurdiu a obriga de ordenar correctamente as locais urbanas e do resto da
xeografía galega. Un exemplo desa necesidade deixouna por escrito, en marzo de 1942, o xefe
provincial da provincia da Coruña Diego Salas Pombo. A través dunha circular enviada a todos
os xefes locais informando sobre como marchaba o funcionamento e ordenación das xefaturas
locais da provincia, o que o xefe provincial chamou «ordenación burocrática» estaría xa
concluído. Iso quería dicir que todos os arquivos de adheridos, militantes e simpatizantes do
Movemento estaban xa arquivados e a disposición directa de calquera xerarquía que os
necesitase; e que, ademais, dende ese momento levaríase a conta detallada de quen pagaba as
cotas e quen non. Segundo Salas Pombo quedaron por unirse «los eternos rezagados, los
mandos de poco espíritu y poca fe que no se han percatado todavía que el mando es la suprema
carga que tiene que servir por entero todo falangista que es honrado con él». Mais «la Falange
es algo más que un conglomerado de ficheros bien ordenados, de papeles colocados
correlativamente, de listas y de cifras». A idea transmitida a Madrid por Salas Pombo foi que
non foi fácil administrar, xestionar e dirixir unha Falanxe local. A súa descrición sobre ese
suposto foi que ser xefe dunha delas supuña cargar con responsabilidades que, en moitos casos,
«arrastran enemistarse con sus convecinos». Amais, as Falanxes locais foron partidos con unha
enorme escaseza de militantes:
«Pero la soledad en que nos movemos, la escasez real de nuestras fuerzas aunque muchas veces
estén abultados nuestros ficheros, no debe encogernos [sic] —Somos pocos, pero en nuestras
manos está ganar con nuestra propia ejemplaridad falangista nuevos militantes activos por las
filas del nuestro Movimiento—».
A consigna do xefe provincial foi que houbo que pensar «seriamente en aumentar el
número de nuestros militantes activos»; ou como se dicía entre sectores do Movemento:
conseguir, facer que se achegasen a FET de las JONS, «camaradas de verdad»725
. A lectura de
todos os documentos xerados por FET de las JONS demostran a evidencia de que había pouca
xente dentro do Movemento. De aí que calquera baixa nas comisións xestoras municipais
supuxese un problema para o partido. A necesidade de atopar nomes novos complicoulle
terriblemente a súa existencia a FET de las JONS porque non houbo onde buscar homes
plenamente comprometidos co Movemento. A asunción por parte da provincial coruñesa do
feito de que os seus arquivos estaban cheos de nomes que non participaban da actividade do
725
Todas as citas anteriores atópanse na “Circular nº 93”, Enviando estudio relativo a la organización articulada del
Movimiento en las provincias de Galicia, 10 de abril de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
335
partido, foi o recoñecemento explícito do baleiro de militancia de FET de las JONS. Só con
xerarquías non se podería facer todo no Movemento. As xerarquías intentaron poñer todo da
súa parte para que non se vise a falta de contido específico en forma de militantes. Para iso,
crearon estruturas organizativas por riba das locais que foron denominadas xefaturas comarcais
do Movemento. As comarcais reuniron ao redor de núcleos de poboación importantes das
provincias diversos concellos veciños para xestionalos de maneira conxunta. En decembro de
1942, Salas Pombo informou da necesidade de crear dúas destas comarcais: a de Ferrol e a de
Santiago. Nunha provincia como A Coruña, con máis de 900.000 habitantes, a existencia de
dúas urbes «de una importancia excepcional» coma Santiago e Ferrol xustificaría totalmente a
existencia desas dúas comarcais. Unha cidade cun arcebispado e unha universidade; outra cun
Arsenal e a xefatura dun Departamento Marítimo, ben o mereceron en palabras do xefe
provincial coruñés:
«Creo innecesario hacer resaltar la extraordinaria importancia política que ambas poblaciones
tienen, y el interés con que debemos velar porque nuestra Organización alcance en las dos
vitalidad y potencia y pueda al mismo tiempo vivir decorosamente».
Mais para levar con decoro e organización efectiva as comarcais fixéronse necesarios os
cartos de Madrid. Para as dúas organizacións estimouse un presuposto de 40.732,56 pesetas
cada ano; solicitude de cartos que debeu ser elevada á Delegación Nacional de Provincias e ser
informada positivamente polo «estimado camarada» delegado nacional para a súa aprobación
no Consello de Ministros. As dúas comarcais e os seus presupostos foron aprobadas
definitivamente no ano seguinte726
.
En epígrafes anteriores deste estudo xa se falou abundantemente da desorganización e
do baleiro de militantes de FET de las JONS en Galicia. A interpretación que se obtén da
lectura dos documentos das xerarquías provinciais galegas é que aceptaron ese baleiro; e que
coas ferramentas ao seu dispor loitaron para encher os ocos que se foron creando nas xestoras
urbanas. A partires de 1943, viviuse nos concellos urbanos galegos unha especie de acougo; un
contexto con pequenos cambios, máis ou menos profundos, nas xestoras municipais. Cando se
mantiñan alcaldes e xestores durante longos períodos de tempo nas cadeiras de brazos dos
pazos consistoriais, o normal foi a aparición de tensións, rancores, hostilidades entre eles. Desas
situacións de tensión quedaron rexistros na documentación que dan boa conta de como se
viviron eses momentos entre os membros dunha elite política que comezaba a consolidarse. O
mundo municipal foi tranquilo nas cidades galegas —nada comparable ao ámbito nacional, ou
ao das grandes cidades españolas—, mais, no fondo, a cuestión esencial para a renovación ou
mantemento das elites foi o poder, o mando sobre unha porción do territorio español; de aí a
importancia de facerse valer sobre os compañeiros de viaxe.
726
Remite presupuesto extraordinario para crear las Jefaturas Comarcales de Santiago de Compostela y Ferrol del Caudillo,
15 de decembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20586.
336
5.4.2.1 A Coruña: os cambios en Ferrol e A Coruña
Julio Muñoz Aguilar foi o primeiro Gobernador Civil galego que realizou un cambio
nunha xestora urbana unha vez finalizada a guerra civil. Seguramente non o sabía, pero antes
de ser cesado do seu posto na Coruña aínda lle deu tempo a facer dous cambios drásticos nas
dúas cidades máis poboadas do seu territorio: Ferrol e a capital provincial. Estes cambios non
poden ser considerados coma menores; pois modificaron a totalidade de nomes de alcaldes e
xestores municipais.
5.4.2.1.1 A cidade de Ferrol: Eduardo Ballester, un Alcalde que marcou unha época
A primeira xestora en ser confirmada foi a da cidade departamental, o 11 de xaneiro de
1939. No día da confirmación da nova xestora municipal, Muñoz Aguilar, antes de saudar
directamente aos novos xestores municipais encargouse de agradecer a xestora saínte os seus
esforzos por lograr «encauzar la vida municipal y conseguido recuperar los estragos causados
por los años de régimen republicano socialista». A xestora que estivo liderada por Vázquez
Permuy podía congratularse e honrarse de ter visto como os buques que se armaron na cidade,
nese momento no que se despedían dos xestores, «han conseguido recluir en Cartagena a la
Escuadra roja»; e tamén viran como saíran dúas expedicións de soldados cara Navarra.
A xestora a xestora entrante agardoulle un evento moi especial que marcaría unha etapa
na cidade: a visita de Franco, «que espera sólo la total liberación de nuestra Patria, para visitar
su ciudad natal antes que ningún otro pueblo de Galicia». Aos concelleiros entrantes, o
Gobernador Civil exhortounos a cumprir cos seus «deberes edilicios» da mesma maneira coa
que traballaron nos «lugares que prestan habitualmente sus servicios». O importante da mensaxe
transmitida por Muñoz Aguilar foi a idea de España; á que seguro «habrán de ofrendar sus
desvelos de cada hora». Porque Ferrol, para o Gobernador Civil e os ferroláns debeu ser moito
máis que unha simple cidade:
«Que está cierto [o Gobernador Civil] que los nuevos gestores no han de defraudar las
esperanzas que tiene respecto a lo fructífero de su labor, que es ardua si se quiere que Ferrol
del Caudillo sea de una vez la ciudad digna de ser cuna del Generalísimo».
Despois do gobernador, tomou a palabra o novo Alcalde ferrolán. Muñoz Aguilar optou
por un home natural de Valencia e afincado en Ferrol dende facía tempo chamado Eduardo
Ballester Peris. Dirixiuse as novas autoridades facendo gala dunha gran humildade; calidade
que tamén demostrou no momento no que lle chegaron co encargo de facerse co posto de
Alcalde da cidade departamental. Nese momento, segundo el deixou manifestado, «estimó que
no debía renunciar» a tal posto: para el foi un deber estar no cargo para o que foi nomeado.
Ballester afirmou que chegaba sen «un programa definido» de goberno; que el se ía preocupar
da «recta administración y autoridad», procurando sempre «sanear las fuentes de riqueza del
337
Municipio a fin de obtener de ellas el rendimiento que lógicamente deban dar»727
. Ademais da
súa disposición e dilixencia, Ballester Peris demostrouse ante os ferroláns como un home
posuidor dun enorme espírito aventureiro e con ganas de estar sempre no allo da xestión, como
haberá ocasión de comprobar ao longo da súa xestión municipal, que se estendeu ata 1947.
O cambio foi tan radical na xestora ferrolá, que dos homes anteriores só se mantivo José
Román Tenreiro. Do resto de homes nomeados para os cargos de xestores descoñécese a súa
filiación política previa —se é que esta existiu nalgún momento—, pero si a que se dedicaron fóra
do consistorio municipal. Ballester Peris foi avogado e rexistrador da propiedade, acadando o
cargo de decano do Colexio de Avogados de Ferrol cando este foi fundado en 1949. Foi tamén
un home que escribiu as viaxes que realizou por todo o mundo: escribiu dous libros nos anos
70 compartindo as súas experiencias nas súas viaxes arredor do globo728
. José Román Tenreiro
foi o notario que acompañou a Ballester Peris729
. Ao mundo da construción de barcos dedicouse
Julio Murúa Quiroga, Tenente e enxeñeiro da Armada e director dos estaleiros Bazán730
. Tamén
foi traballador da Bazán e futuro xefe do departamento administrativo, e presidente do Club
Arsenal Ferrol, Manuel Rico Fraga que, segundo a súa biografía, ingresara na empresa nos anos
10 «siendo todavía un chiquillo»731
. O xestor Nicandro Rodríguez Miranda foi armador de
buques e membro da xunta directiva do Gremio de Armadores de Buques de Pesca da
Coruña732
.
Esa vinculación dos novos xestores co mundo do mar continuou respecto a xestores
anteriores; mais por outras vías. Como se viu nas xestoras anteriores ferrolás, o peso específico
do ámbito militar entre a elite política foi moi elevado. Nesta nova xestora de xaneiro de 1939
aquela condición non se perdeu. Joaquín María Pery Rebollo, ao cal lle tocou o posto de
primeiro Tenente de Alcalde, foi coronel honorario de Infantería de Mariña e xuíz permanente
do departamento marítimo de Ferrol733
. De militar exerceu tamén Juan Antonio Cerrada y
González de Serralde, Comandante de enxeñeiros da Armada que, posteriormente foi
ascendido a Tenente coronel en decembro de 1940734
. Ricardo Zamora García foi un
Comandante de Intendencia da Mariña que cesou do seu posto en Ferrol para pasar coma xefe
de servizos de intendencia do Norte destinado en Bilbao, o que o obrigou a deixar o seu cargo
de xestor municipal735
. O último xestor do que se ten coñecemento do seu oficio e vinculación
727
A constitución da xestora e as citas anteriores no LAPCF, 130, sesión do 11 de xaneiro de 1939: 44-45. 728
BALLESTER Y PERIS, E. (1973): De Valencia a Tokio, Valencia, Artes Gráf. Soler; e BALLESTER PERIS, E. (1974):
Mis andanzas por el mundo, Valencia, Gráf. Soler. 729
Esta información apórtaa a Asociación Galega de Patrimonio Industrial BUXA. Polas mans deste notario pasaron
escrituras fundacionais de empresas coma as Astilleros y Talleres del Noroeste, máis coñecidos como Astano. Entre os
membros fundadores estivo o futuro Alcalde coruñés Alfonso Molina Brandao.
<http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detlle/477> [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 730
El Correo Gallego, 30 de xuño de 2009, <https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/el-correo-hace-25-
anos/idEdicion-2009-06-30/idNoticia-443103>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. DOMM, 30 de outubro de 1928, 240:
2094. 731
Bazán, febreiro de 1962, 22: 11. 732
España marítima y pesquera, 30 de abril de 1932, 78: 11. 733
BOMM, 28 de maio de 1921, 115: 720 e BOMM, 26 de xullo de 1930, 164: 1319. 734
BOMM, 20 de agosto de 1932, 197: 1440 e Ingeniería Naval, 18 de decembro de 1940, 66: 142. 735
BOMM, 24 de novembro de 1939, 13: 1. Regresou a Ferrol en xullo de 1943 (BOMM, 15 de xullo de 1943,
156: 952).
338
profesional é Antonio Zarandona Antón, membro da Armada e enxeñeiro naval na mesma736
.
O resto de xestores nomeados foron Antonio Romalde Grela; Higinio López Torres; Javier
Comesaña Barreiro; Emilio Bidegain Lázaro; Fernando Picó Cañeque; Alejandro Rodríguez
Vázquez e Ricardo Brage González. Como a xestora non foi completada totalmente en xaneiro
de 1939, en xuño de 1939 realizáronse os nomeamentos de Murúa Quiroga; Zarandona Antón
e Francisco Montenegro Cabezas.
A situación do Movemento en Ferrol non foi moi boa no momento no que se nomeou
a xestora. Nunha información enviada en outubro de 1940, o delegado provincial de
Administración da provincia coruñesa comunicou a Madrid que as cousas en Ferrol non
marchaban por bo camiño. Mais segundo esta información, non foi só nese momento de 1940;
foi un tema que se viña producindo con moita anterioridade. O delegado coruñés escribiu e
denunciou en nome da provincial dicindo que se necesitaban instrucións para facer fronte á
«indisciplina y falta de acatamiento de las órdenes» que se producían na cidade departamental.
Segundo esta información, dende finais de 1937, a local ferrolá non emitira ningún informe
sobre o estado de contas nin oficios que confirmasen o recibo das informacións emanadas da
provincial. Que podían facer ante unha local que eludía as súas obrigas, preguntáronse as
xerarquías coruñesas. Ante as xerarquías de Madrid falouse de «rebeldía» da local de Ferrol e
de «actitud pasiva». A delegación nacional de Tesoureira e Administración contestou dicindo
que o xefe local ferrolán fora preguntado polos supostos denunciados de pasividade e rebeldía,
contestando este que esa situación dábase por «causas ajenas a su voluntad», prometendo que
en breve prazo de tempo todo volvería a normalidade. A xerarquía coruñesa clamou que non
podía ser aceptado que unha local estivese en «estado de indisciplina y resistencia pasiva a las
órdenes de la Delegación Nacional de Administración»737
. A local de Ferrol non funcionaba e
por iso o Gobernador Civil vírase na obriga de non contar con FET de las JONS para facer os
nomeamentos oportunos para os cargos municipais. Con todo, a lectura doutros informes sobre
o funcionamento da provincia da Coruña determinan que a sorte da local ferrolá non marcou
o traballo do Gobernador Civil Muñoz Aguilar
O 31 de maio de 1940, a xestora ferrolá debeu completarse con sete novos xestores
municipais debido á anexión efectiva do concello veciño de Serantes. Os novos xestores
municipais ferroláns foron Félix Rodríguez Alonso, un músico orixinario da localidade
palentina de Fuentes de Nava que chegara a Ferrol en 1918 despois de gañar a oposición de
músico maior do Exército738
. Outro xestor procedente de Serantes foi Jesús Melle García tamén
foi membro da Mariña, pero no seu caso como contramestre739
. O resto de nomeados foron
Francisco Botas Blanco; Miguel Lorenzo Bouza; Emiliano Jordán González; Rosendo Santiago
Rodríguez Díaz e Justo Saavedra Pita. Con eses nomeamentos, a xestora ferrolá encheu as
vacantes existentes do nomeamento municipal anterior e fixo sitio na mesma aos representantes
da extinguida xestora de Serantes. A partir dese último gran nomeamento, o Goberno Civil
736
BOMM, 18 de decembro de 1940, 295: 1928 737
Adjunta copia escrito Delegado Provincial, en relación con pasividad del Jefe Local del Ferrol, 14 de decembro
de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 738
BOE, 17 de xuño de 1939, 168: 3306. No artigo de ORIOLA VELLÓ, F. (2014), que estuda as bandas militares
en España durante o período da Restauración, cítase a profesión do xestor. 739
BOMM, 13 de abril de 1928, 84: 802.
339
encargouse de realizar os nomeamentos necesarios para cubrir as vacantes que foron quedando.
O veterano Gobernador Civil coruñés Emilio Aspe Vaamonde acometeu os nomeamentos das
vacantes que existían na xestora municipal ferrolá capitaneada polo Alcalde Eduardo Ballester
Peris. O militar, membro do corpo de Artillería da Armada, Mariano Manuel Torrente
Bermejo foi nomeado en novembro de 1943 naquela renovación parcial da xestora
departamental. O novo xestor era moi coñecido na cidade departamental por estar moi
involucrado no panorama educativo da cidade, elemento que o levou a ser un membro
destacado da comunidade educativa740
. Militar foi tamén Fernando Romero Álvarez, membro
da Mariña onde traballou como Tenente de intervención741
. Xunta eses militares foron
nomeados José López Rey; Ramón Torres Casanova e Arturo Vea García. Máis aló do
militarismo da xestora municipal da cidade de Ferrol, o verdadeiramente destacable dela foi o
home que estivo á súa fronte.
A interpretación dos escritos e discursos de Eduardo Ballester Peris indican que aceptara
o cargo para facerse valer e demostrar ante as súas xerarquías o valor da súa persoa coma Alcalde
e coma cidadán ferrolán. Daquela documentación pódese obter a idea do seu carácter
desenvolto que provocou que algunhas xerarquías do Movemento se volvesen na súa contra.
Entre eles o xefe provincial do Movemento Diego Salas Pombo, enfrontado tamén co
Gobernador Civil Aspe Vaamonde pola súa xestión. O suceso que desbordou o vaso da
paciencia de Salas Pombo con Ballester Peris foi unha procesión organizada polo concello nas
festas da cidade.
O 28 de xullo de 1943, Diego Salas Pombo enviou a Madrid unha denuncia sobre os
feitos ocorridos na cidade departamental que, segundo el, o Alcalde permitiu que sucedesen.
O xefe provincial viuse obriga de relatar uns feitos que «como falangista no puedo silenciar»
pois o silencio, segundo a súa idea, sería unha postura de «aprobación» cara uns feitos que
«constituye[n] una grave ofensa contra el Movimiento». Feitos que, segundo o xefe provincial,
eran propios da cidade de Ferrol e que estaban «bien poco en consonancia con los principios
que deben informar las actividades Municipales del Nuevo Estado». Na descrición dos feitos
non puideron faltar as maiúsculas debido a gravidade do asunto. O relato de Salas Pombo
encádrase nas festas patronais de Ferrol —que tradicionalmente se celebraban en outono, pero
que Ballester Peris decidira mover ao mes de xullo—, nas que se organizou un acto de entrega
«solemne» da bandeira de combate do cruceiro Galicia. O barco non estaba rematado, o que
segundo Salas Pombo converteu nun absurdo —«según manifestaciones confidenciales del Jefe
de Estado Mayor de aquél Departamento Marítimo»—, a entrega da bandeira as autoridades
militares. Mais Ballester tería sido insistente e o acto celebrouse incluíndo unha misa de
campaña na que se bendiciría o barco. Os plans relatados por Salas Pombo indican que habería
unha comida coas autoridades e un gran baile de gala. Cando na mañá do 21 de xullo todo
estivo preparado para facer o acto, este non se puido desenvolver. Non houbo bandeira porque
estaba sen rematar. Segundo o xefe provincial coruñés, a suspensión do evento xustificouse pola
choiva. Segundo a interpretación do xefe provincial, as autoridades alí presentes —o Capitán
740
BOMM, 23 de xuño de 1925, 139. Foi nomeado presidente do Padroado Local de Formación Profesional de
Ferrol, BOE, 18 de xuño de 1948, 170: 2566. 741
BOMM, 31 de outubro de 1945, 250: 1522 e BOMM, 19 de novembro de 1946, 257: 1503.
340
Xeral, o conselleiro nacional Soláns Labedán, o Gobernador Civil e o resto de autoridades
provinciais e de outras partes de Galicia—, quedaron «burladas» con esta situación, e máis cando
foran obrigadas a aceptar a comida oficial e outros presentes cando o motivo principal do acto
fora suspendido.
Por se iso fora pouco, o xefe provincial informou que na procesión na que se levaba a
coroa ao monumento aos caídos, ían os xigantes e cabezudos municipais, circunstancia que
provocou a «reacción natural de indignación en la masa general del pueblo ferrolano». Segundo
a denuncia do xefe provincial, ata os familiares dos caídos lle enviaran cartas denunciando esa
«mascarada intolerable». O relato de Salas Pombo rexistra que o Alcalde foi capaz de «originar
comentarios desfavorables contra el Nuevo Estado» e de crear «ambientes enrarecidos en torno
a sí, como consecuencia de sus reiteradas extravagancias, alguna de ellas nociva». O Movemento
xustificou a súa denuncia dicindo que o ocorrido na procesión foi un feito de «mala fe» que
superou o «límite humano de lo admisible», chegando ao nivel «más que de inconsciencia,
irresponsabilidad». A Falanxe da cidade sentiuse indignada: «Todos los camaradas ferrolanos
consideran lo ocurrido como un escarnio a la memoria de nuestros muertos que en forma
alguna puede aceptarse y menos aún silenciarse».
Coa necesidade de «remediar esta situación», o xefe provincial solicitou a inmediata
destitución do Alcalde, «rogándote [ao Delegado Nacional de Provincias] encarecidamente que
por prestigio del Nuevo Estado y por el debido respeto a los que cayeron por una España
mejor», realizase as xestións necesarias ante quen fose pertinente para acabar co mandato do
Alcalde Ballester. A xefatura provincial ía comezar, en palabras de Salas Pombo, a formular
unha nova proposta de comisión xestora para a cidade departamental. No curso normal dun
procedemento coma este, a denuncia pasou da Delegación Nacional de Provincias á Dirección
Xeral de Política Local —onde a actuación do Alcalde Ballester foi considerada como
«desastrosa»—; para finalmente acabar nas mans do ministro Secretario Xeral do Movemento
no mes de outubro de 1943742
. A pesares de todo o exposto por Salas Pombo, Eduardo Ballester
Peris mantívose no posto de Alcalde ata xuño de 1947, o que demostra que os seus contactos e
fíos en Madrid, e especialmente na cidade de Ferrol, eran moito máis longos e robustos que os
do mesmo xefe provincial do Movemento da Coruña.
742
Todas as citas anteriores na Denuncia la actuación desastrosa, que ha culminado en que una procesión cívica
para llevar una corona a la Cruz de los Caídos, figuraron los gigantes y cabezudos, del Alcalde del Ferrol del Caudillo, 28 de
xullo de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611.
341
5.4.2.1.2 A cidade da Coruña: a tranquilidade burguesa
A) O PRIMEIRO GOBERNO DE JOSÉ PÉREZ ARDÁ
Catro días antes de publicarse no BOE o seu cesamento coma Gobernador Civil da
Coruña, Muñoz Aguilar tivo a oportunidade de asistir a confirmación da súa derradeira xestora
municipal da cidade herculina. Despois de ver pasar catro alcaldes seguidos entre febreiro de
1937 e xaneiro de 1938, Muñoz Aguilar creu dar coa tecla axeitada en outubro de 1939. O
designado para o cargo de Alcalde foi José Pérez Ardá y López Valdivieso, un home cunha
fonda traxectoria nos partidos de dereitas anteriores ao Alzamento. Pérez Ardá era orixinario
de Ferrol, tendo estudado dereito en Santiago seguindo a doutrina de dous catedráticos
comprometidos dende o inicio coa dereita reaccionaria española: Ruiz del Castillo e Gil
Casares. O novo Alcalde coruñés foi membro da JURD de Santiago nos seus anos de estudante
e tomou parte na sinatura e fundación da JURD da cidade da Coruña. Na súa cidade natal
tamén estivo vinculado á DRG, da que foi vogal e posteriormente vicepresidente da súa xunta
directiva. O currículo de Pérez Ardá demostrouse modélico no proceso de determinación da
elite política urbana galega: en primeiro lugar, un home cunha profesión liberal coma a de
avogado, deixando xa atrás aos militares, que naquel contexto deberían centrarse noutros
asuntos; en segundo lugar, un individuo cunha folla de servizos inmaculada e chea de referencias
á súa participación en partidos de dereitas. Con semellantes antecedentes, o Gobernador Civil
Muñoz Aguilar pareceu atopar o modelo ideal de Alcalde para a cidade coruñesa. Mais, as
declaracións de Pérez Ardá no seu primeiro discurso ante a xestora municipal non parecen
mostrar a súa aceptación de moi bo grao do seu nomeamento. Nun arrebato de sinceridade
ante os seus compañeiros de xestora, recoñeceu que a única razón pola que aceptara ser
nomeado Alcalde foi «en virtud de órdenes superiores»; é dicir, que non lle quedara máis
remedio que tragar o sapo do nomeamento. No seu primeiro discurso no salón de plenos do
concello coruñés, Ardá mostrouse como un home que non tiña moita ganas de estar ocupando
o cargo para o que fora nomeado: lamentou ter sido designado «por lo que arrastra [o cargo]
de molestias y sinsabores»743
. Molestias, porque debeu deixar o seu traballo profesional a un
lado. «Sinsabores», porque no momento de tomar o cargo, pasou a ser o centro de todas as
disputas, o causante de todos os males da cidade herculina.
Con Ardá continuaron outros homes provindos de xestoras anteriores a el: José Luis
Valdés Fernández; Jacobo López Rúa; Manuel Reimúndez González e Joaquín Ruiz Herrero.
Un dos novos xestores municipais foi Fernando Salorio Suárez, enxeñeiro de camiños, canles
e portos que pertenceu ao grupo denominado pola documentación da ditadura de «personas
743
O seu nomeamento, de onde se extraen as citas do texto, no LAPCA, Caixa 167, sesión do 9 de outubro de
1939: 81. Seu pai, José Pérez Ardá, xa exercera de concelleiro na cidade departamental nos anos finais da Restauración;
volvendo a ser recuperado para a xestora de febreiro de 1930 (LAPCF, 500, sesión do 1 de abril de 1920: 1 e LAPCF, 118,
sesión do 26 de febreiro de 1930: 50). Pérez Ardá pai, foi un dos xestores máis dinámicos da xestora ferrolá no tempo no
que actuou no ámbito municipal. Transmitiulle ao seu fillo a filiación pola dereita máis reaccionaria: el pasara do
conservadorismo pragmático do partido conservador da restauración; ao maior compromiso co cambio conservador
representado pola facción maurista ferrolá. Foi tamén irmán de Enrique, concelleiro na cidade da Coruña en xaneiro de
1918 (LAPCA, Caixa 149(1), sesión do 1 de xaneiro de 1918: 2. Sobre as súas orixes ideolóxicas, véxase GRANDÍO SEOANE,
E. (1998): 164.
342
relevantes dentro de la sociedad coruñesa» republicana. Xunto con outros membros desa caste
—empresarios, profesionais liberais, entre outros traballadores de colo branco—, participou no
que foi o primeiro intento, o punto de partida da organización da dereita coruñesa contra
República: a reunión do teatro Cuatro Caminos o 10 de xuño de 1931744
. Ramón de Soto Lemos
tamén foi un home da dereita coruñesa pola súa participación na URD, da que en 1933 foi
vicepresidente; ademais tamén foi membro das JAP da cidade herculina745
. Na mesma liña
mostrouse Jesús Babío Calleja, un católico propagandista de Acción Católica que traballou en
El Ideal Gallego. Ese xornal pertencía a Editorial Celta, que era propiedade da Editorial Católica
que, seguindo o que Herrera Oria e Gil Robles fixeran con El Debate, tivo como obxectico con
El Ideal difundir as ideas da dereita católica. Babío Calleja entrou a formar parte da redacción
en xullo de 1931. Ademais de ser propagandista católico, formou parte da Bandera Gallega en
calidade de Alférez e secretario746
.
O resto de xestores dos que se ten coñecemento, foron homes vinculados a algunhas das
empresas destacadas da cidade da Coruña. O xa citado Fernando Salorio Suárez foi traballador
da Sociedad Gallega de Electricidad, converténdose posteriormente en xerente de Fenosa
cando as dúas empresas se fusionaron747
. Relacionado con familias herculinas importantes
atopouse tamén Manuel Saez Torres, propietario dunha das ferraxerías máis importantes da
Coruña e Galicia, Torres y Sáez, «que xogou un destacado papel na renovación tecnolóxica do
agro galego nas décadas anteriores á guerra civil». Unha vez implantada a ditadura, foi unha das
empresas que máis se beneficiou co novo réxime político. Ademais desa propiedade comercial,
Saez Torres participou negocios dirixidos por Barrié de la Maza dende o Banco Pastor. A súa
vinculación cos pro-homes da cidade herculina aumentou coa súa participación na Cámara
Oficial da Propiedade Urbana, da que chegou a ser presidente748
. Outro empresario destacado
da cidade que formou parte da xestora de Pérez Ardá foi Aurelio Ruenes Blanco que, entre
outras empresas, foi propietario dunha fábrica de chocolate titulada Chocolate Express. De
Ruenes Blanco cómpre destacar unha cuestión que se repetirá con bastante frecuencia entre os
membros da elite política coruñesa que ocuparon os cargos municipais: a súa pertenza e
implicación no funcionamento do Real Club Deportivo, do que foi presidente entre 1941 e
1945 e entre 1946 e 1947749
. Tampouco puideron faltar na nova xestora un representante do
mundo médico na persoa de Julio Casares Bescansa —que xa fora xestor nomeado en decembro
de 1927750
. Ademais, houbo espazo para lembrar e rememorar as esencias da Falanxe local
744
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 44. 745
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 235. 746
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 65 e o artigo de ARTIAGA REGO, A. (2008) sobre a Bandera Gallega. 747
La Voz de Galicia, 22 de febreiro de 2004, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2004/02/22/fernando-
salorio-presidente-fenosa-anos-setenta-fallece-coruna-96-anos/0003_2445197.htm>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019] 748
A cita procede do artigo de VILAR, M. E LINDOSO, E. (2009). As cuestión dos negocios con Barrié estivo relacionada co
transporte colectivo por medio de autobuses entre a cidade da Coruña e Carballo
<http://cronicasdearteixo.blogspot.com.es/p/blog-page_28.html> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. O seu cese como
presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana, no BOE, 19 de xullo de 1944, 201: 5506-5507. 749
Sobre a existencia do seu negocio e o seu papel entre a sociedade coruñesa, consúltese La Voz de Galicia, 4 de
febreiro de 2018, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozhum/2018/02/04/chocolate-producto-familiar-une-da-
carino/0003_201802SH4P21991.htm>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019] 750
Fundador do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza, e irmán do xestor ferrolán Javier Casares Bescansa, que
tamén era médico no Exército. Tamén era o irmán de Jesús Casares Bescansa, Alcalde da cidade da Coruña nomeado en
decembro de 1927 (LAPCA, Caixa 157, sesión do 22 de decembro de 1927: 496). Ademais, ao ser un Bescansa, procedía
do tronco principal da familia, situado na cidade de Santiago. A información sobre o seu traballo como fundador do
343
coruñesa. A maneira de facelo foi nomeando concelleiro a Juan Canalejo Cañete, panadeiro e
pai do caído por España coruñés por excelencia. Apareceu tamén, por primeira vez, un nome
que non deixou de soar en anos posteriores na casa consistorial de María Pita: o enxeñeiro de
camiños, canles e portos e colaborador do BN Alfonso Molina Brandao751
. Sumándose a todos
estes, estiveron José Casteleiro Varela752
; Juan Fernández García; Pedro Garicano Udobro;
Jacobo Arias Villar; Diego Delicado Marañón; Enrique Caruncho Astray e Andrés Reboredo
Blanco, este último, nomeado en novembro de 1939.
B) JOSÉ CRESPO LÓPEZ: O ALCALDE QUE SE FIXO FALANXISTA A ÚLTIMA HORA
En liñas anteriores quedou recollido o estilo —ou disposición—, coa que José Pérez Ardá
accedeu a ser Alcalde da cidade coruñesa. Pérez Ardá mantívose no posto de Alcalde seis
meses, ata abril de 1940, cando foi nomeado de maneira accidental o xestor municipal Ramón
de Soto Lemos. Nese momento comezou a busca dun home para o cargo de Alcalde; unha
busca na que FET de las JONS decidiu meterse para propoñer un nome para o primeiro
cidadán herculino. O xefe provincial do Movemento Lorenzo Vilallonga escribiu no parte
quincenal do mes de xuño de 1940 que lle propuxera ao Gobernador Civil Emilio Aspe
Vaamonde o nome de Ramón Bermúdez de Castro. Para que o nomeamento se fixese coa
maior rapidez posible —pois cumpriu un Alcalde canto antes na capital provincial—, FET de las
JONS emitiu un informe favorable sobre Bermúdez de Castro:
«[...] en atención a los informes que se tenían sobre los antecedentes políticos y morales de dicho
candidato, y las seguridades ofrecidas por el Gobernador Civil, respecto a la que sería norma de
actuación de su candidato. Interesa solución rápida para proceder al nombramiento posterior
de los Concejales»753.
Este movemento indica que o partido estaba intentando influenciar no nomeamento das
elites políticas do mundo municipal; buscou gañar a posición determinante no nomeamento e
control dos xestores municipais da provincia. As inspeccións municipais multiplicáronse a
partires de agosto de 1940. Nelas, o Movemento detectou que as xestoras funcionaban a marxe
do partido. O xefe provincial catalogou a situación de dificultosa, ao estar integradas as xestoras
Sanatorio Marítimo de Oza, atópanse nunha exposición realizada pola Universidade da Coruña para celebrar o seu 25º
aniversario. (A referencia á exposición en La Voz de Galicia, 30 de setembro de 2014,
<https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/09/30/memoria-perdida-oza/0003_201409H30C5996.htm>,
[Consultado o 7 de febreiro de 2019]. O texto do panel explicativo do papel de Casares Bescansa, gardado na web en
formato estático, en
<https://www.udc.es/export/sites/udc/biblioteca.oza/_galeria_down/Pegadas_textos/Pavillons_textos.pdf_2063069239.pdf>,
[Consultado o 7 de febreiro de 2019], 751
«Alfonso Molina Brandao, ingeniero de Caminos y señorito en sempiterna soltería, procedente de una de esas
familias bien coruñesas de toda la vida, gobernaría durante once años. […] No era un estirado y entronado mandatario
franquista al uso. Con su amparo, la ciudad recuperó las prohibidas carnestolendas del barrio de Monte Alto. […]». La
Opinión de A Coruña, 23 de novembro de 2008, <http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/11/23/mito-
corunesismo/239357.html> [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 752
Foi un dos membros da comisión para o regalo do pazo de Meirás a Franco. Praza pública, 7 de agosto de 2017,
<http://praza.gal/politica/14776/o-pazo-de-meiras-a-punta-do-iceberg-do-macroespolio-do-que-se-lucra-a-familia-franco/>
[Consultado o 6 de febreiro de 2019] 753
Parte quincenal do 15 ao 30 de xuño de 1940, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
344
por «personas carentes de nuestro estilo». Ese factor levou ao partido a promover a renovación
das xestoras, propoñendo a fusión do cargo de Alcalde co de xefe local do Movemento. Onde
isto se conseguiu, o partido adquiriu, sempre segundo as palabras do xefe provincial, «gran
impulso y prestigio en las localidades de referencia». Para mellorar a súa efectividade no campo
municipal, o partido comezou a elaborar un ficheiro con «camaradas que puedan desempeñar
puestos en la Corporación Municipal» da Coruña. A xerarquía coruñesa do Movemento
xustificou as inspeccións no feito de que as xestoras estarían inzadas de caciques que non
comulgaron co nacionalsindicalismo de Falanxe; por iso, habería que mudalas todas:
«En las citadas visitas [referíndose en xeral a todas as inspeccións do mes de setembro de 1940]
de Inspección efectuadas en el transcurso del mes se pudo comprobar que en aquellos pueblos
donde las Gestoras Municipales, integradas en su mayor número por gentes de actividades
caciquiles manifiestas, que obstaculizan la labor que realiza nuestra Organización, una vez
renovadas por personas de estilo Nacional-sindicalista completo en su casi totalidad, han cesado
de manera considerable las dificultades antes dichas».
A necesidade de propor nomes do partido para ocupar os postos que foron quedando
vacantes en todos os concellos foi a razón que mobilizou ao Movemento coruñés. Pero do dito
ao feito houbo un treito moi longo que a FET de las JONS coruñesa tivo moi difícil percorrer754
.
A debilidade da Falanxe coruñesa ante as xerarquías políticas e administrativas provinciais,
representadas no Gobernador Civil, quedou claramente demostrada en que o nome proposto
polo Movemento para ocupar o posto de Alcalde da Coruña foi rexeitado polo Gobernador
Civil Aspe Vaamonde. O visto en epígrafes do capítulo anterior sobre o papel secundario da
Falanxe coruñesa exemplificouse desa maneira no ámbito municipal coruñés. O novo
propietario da cadeira presidencial no pazo de María Pita foi José Crespo López; e con el unha
renovación case completa do resto de compoñentes da xestora municipal herculina. Crespo
López foi, segundo as informacións que obraban en mans do Gobernador Civil, un home de
dereitas con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936; mostrándose sempre como
unha «persona de orden». Considerado como «afecto» á Causa Nacional, entrou en FET de las
JONS o 11 de decembro de 1940, dous días antes de ser nomeado e confirmado no posto de
Alcalde o 13 de decembro. Este enxeñeiro de camiños non foi, polo tanto, unha aposta segura
dos membros de FET de las JONS, que puideron ver nel a un recente chegado pouco
comprometido cos principios do Movemento755
.
Con Crespo López continuaron da xestora anterior Diego Delicado Marañón; Manuel
Saez Torres; Alfonso Molina Brandao; Juan Canalejo Cañete; Julio Casares Bescansa e Jacobo
Arias Villar. Xunta eles foron nomeados Luis Sánchez Rodríguez; Ricardo Castro Herrero;
Eulogio Arias López; Jacobo Conde Castilla; Lorenzo Moreno Alfeirán; Juan Fernández
Mosquera; Juan Jesús Vázquez Vázquez; Pedro García Sánchez; Jesús Gato González; Arturo
Longoni de Castro; Víctor Mateo Malumbres —xestor con anterioridade en decembro de 1927
e presidente do RC Deportivo entre 1930 e 1931— e Martín Casteleiro Varela756
. Esta nova
754
As citas anteriores en Parte mensual do mes de agosto, setembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529 e Parte
mensual do mes de setembro, outubro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 755
Fora proposto para entrar no partido polos militantes Ramón Molezún Núñez e Ricardo Astro Silva. Carné de
FET de las JONS de José Crespo López, AGA, SGM, DNP, 51/20529. 756
Foi irmán de José Casteleiro Varela, xestor nomeado en outubro de 1939.
345
xestora foi recibida, porén, cos brazos abertos polo Movemento. Segundo as informacións
emitidas dende a xefatura provincial coruñesa a Madrid, o partido demostrou que tivera poder
e influencia nos nomeamentos que se produciron porque, efectivamente, a totalidade dos
membros nomeados aparecen como membros de pleno dereito do partido. Para a
confirmación da xestora realizouse un acto con «acentuado carácter falangista tanto en la
presentación exterior como en las palabras pronunciadas en la toma de posesión por el Jefe
Provincial». Segundo a información emitida polo Movemento coruñés, a toma de posesión da
nova xestora municipal estivo en boca de todos os coruñeses producindo «numerosísimos
comentarios» que, aínda sendo enfrontados, o xefe provincial deixou dito que a tónica xeral foi
a demostración de que o partido mostrou unha «presencia eficaz» alí onde se fixo necesario757
.
Na sesión presidida polo Gobernador Civil Aspe Vaamonde, a que asistiu o xefe
provincial do Movemento Vilallonga, tomou posesión o novo concello. O primeiro en tomar a
palabra despois da confirmación dos nomeamentos foi Vilallonga, que saudou «con el estilo de
la Falange» aos concelleiros entrantes e saíntes, nunha cerimonia na que, segundo o xefe
provincial, se estaba a expresar unha «prueba de continuidad» entre os que entraban e os que
saían; feito moi diferente ao de «aquellas otras corporaciones que no buscaban más que el logro
personal, y cuya divergencia de opiniones hacía infructífera su labor». Vilallonga manifestou no
seu discurso que existiu unha completa compenetración entre FET de las JONS e o
Gobernador Civil da provincia, «pues entre el Estado y la Falange no puede haber diferencias
ni lagunas, y aquellos que crean otra cosa están en el más grande y profundo de los errores». A
medida que foi avanzando o discurso do xefe provincial Vilallonga, a temperatura verbal foi
subindo por efecto das súas palabras, ata acabar cunha arenga final na que se poñía énfase nesas
dúas cousas que tanto agradaron aos cargos políticos da nueva España: a lealdade e a disciplina.
«Ya sé —prosiguió diciendo— que todos estáis persuadidos de que a los cargos no se viene a
presumir, sino a trabajar, y que con vuestro trabajo haréis saber que aquí no hay más que una
Autoridad, una dirección: el Alcalde; unos brazo: los Tenientes de Alcalde y los Concejales, y
unas manos: los empleados municipales. A todos ellos, pues, exijo lealtad, celo y disciplina en
los servicios. Como representante del Estado y del Partido, así lo exijen [sic] el Gobernador y el
Jefe Provincial de la Falange, para el mejor servicio de La Coruña y de España, teniendo como
garantía para ello todos los Gestores saberse respaldados por las Autoridades Políticas y
Administrativas».
Con todo, o discurso do xefe provincial admitiu a existencia das denominadas «manzanas
podridas» dentro da administración municipal, xa que «una mal llamada depuración» non
estaría aínda concluída definitivamente. Eses elementos adversos deberon ser, en palabras do
xefe provincial, «extirpadas para que no contaminen las sanas». Aproveitou o momento para
elevar un pouco máis a temperatura das súas palabras por medio dunha diferencia que as veces
non quedou moi clara: a diferenciación entre ser afecto a ditadura e ser afecto a Falanxe:
«Las diferencias entre afectos al Régimen y afectos a Falange hay que deshacerlas, pues sólo son
afectos aquellos que están encuadrados en las filas del Partido. Como Jefe Político de la
Provincia dice que no es posible establecer tales distingos, ya que no puede admitirse la
existencia de tres clases de españolas: desafectos al Régimen, falangistas, y afectos al Régimen
757
Parte mensual do mes de decembro, xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20529.
346
no falangistas, pues los afectos al Régimen han de estar precisamente encuadrados en las filas
del Movimiento, cuyo Jefe Nacional es nuestro Caudillo Franco. Los demás son medias tintas
que en modo alguno pueden admitirse.
Sirva esto de advertencia —agregó— a aquellos que no están ya limitando en Falange, por
pasividad o razones particulares, puesto que si se consideran limpios pueden ingresar en las filas
del Movimiento, efectuándolo ahora, pues más tarde serán cerradas las puertas para los mayores
dieciocho años»758.
A advertencia do xefe provincial foi dunha profundidade considerable. Unha advertencia
final que culminou a súa intervención, a máis longa de todas as que se produciron na toma de
posesión da nova xestora municipal coruñesa. O Gobernador Civil, pola súa banda, incidiu en
todos os tópicos adecuados para ese momento: darlle ánimos aos novos xestores na súa función,
agradecer aos xestores saíntes a súa labor, dicir que a labor dos xestores era a de engrandecer
España, a necesidade de que os xestores gardasen e fixesen gardar a regulamentaria xerarquía,
etc.
O papel de FET de las JONS na toma de decisións políticas na provincia foi moi
limitado; mais non se puido obviar nun momento tan importante como foi a toma de posesión
dos novos concelleiros e Alcalde da cidade a presenza e participación do partido da ditadura.
O feito de que a maior parte dos concelleiros se demostrase falanxista, considerouse unha
vitoria de Falanxe, que intuía que o seu papel organizador na construción da ditadura franquista
a través das elites políticas urbanas se comezaba a definir. O partido coruñés puido sacar peito
da formación da xestora aínda que o Alcalde nomeado fose membro de FET de las JONS
dende dous días antes de ser nomeado para o posto. Arengas coma a do xefe provincial
Vilallonga non serviron para moito máis que ensinar a FET de las JONS á sociedade en
momentos de importancia política; discursos dun incendiario militarismo político que
pretenderon dar a idea de que o partido foi coma unha especie de polbo que chegaba a todos
os recunchos que se propuxo. Pero a verdade foi que o control dos nomeamentos estivo en
mans do Gobernador Civil que, por extensión, representou o poder central do goberno
ditatorial e dos seus ministerios en Madrid. A Madrid chegaron as noticias, sempre positivas,
do nomeamento dunha xestora municipal formada «en su totalidad por afiliados al partido». A
Madrid chegaron as gabanzas de si mesmo do xefe provincial ante o delegado nacional de
Provincias por que a proposta de nomeamentos saíra del exclusivamente. A Madrid chegou que
o partido esperaba dos xestores municipais «una actuación en consonancia con las directrices
del Nuevo Estado y una total subordinación política al Partido». A Madrid chegaron desexos e
altas expectativas759
. As expectativas da provincial coruñesa quedaron non que foron: desexos
que se proxectaron cara un futuro coa necesidade persoal de que se convertesen en realidade.
Os cambios nesta xestora producíronse en abril de 1942, cando cesaron once xestores
que iniciaran o seu camiño co Alcalde José Crespo López. Os nomeados foron o falanxista
Antonio Martínez Rumbo; Feliciano Gómez Pedreira, avogado que participou na publicación
758
O nomeamento do Alcalde e xestores, así coma as citas anteriores proceden do LAPCA, Caixa 167, sesión do
13 de decembro de 1940: 110. 759
Sobre la constitución de la nueva Corporación Municipal Coruñesa, 18 de decembro de 1940, AGA, SGM,
DNP, 51/20529.
347
da revista Foro Gallego, onde se debatían e analizaban cuestións xurídicas760
, e Diego Mitchell
Sánchez, falanxista comprometido co nacionalsindicalismo e un dos moitos participantes no
transporte do féretro de José Antonio de Alacante a Madrid761
. Tamén estiveron homes que
desenvolveran xa con anterioridade cargos municipais ou que contaron con referencias
familiares de concelleiros: Salvador Fojón Pardiño, membro da xunta directiva da URD da
Coruña en calidade de vogal e membro, tamén das JAP —concelleiro nomeado en febreiro de
1924762
—; Jesús Buján de Castro e Pío García Tizón763
. Xunta eles, foron nomeados Luis Picó
Cañeque; Benito González Domínguez; Jesús Caínzos Rodríguez; Luis Melado Patiño e
Roberto Torres Carranque.
C) O SEGUNDO MANDATO DE PÉREZ ARDÁ
O 29 de abril de 1943 volveu a recuperar o cargo de Alcalde un coñecido do mundo
municipal coruñés: José Pérez Ardá. O novo Alcalde decidiu dirixirse, primeiramente, aos seus
compañeiros de xestora por medio do home que exercera de Alcalde accidental ata o seu
nomeamento Diego Delicado Marañón, ao que «le había rogado y él lo hacía con el mayor
agrado, diese las gracias y se despidiera en su nombre de los componentes de la corporación
saliente». Delicado Marañón dixo que as dotes de Ardá para o mando municipal eran coñecidas
e «puestas de relieve en su anterior actuación, y de las que era de esperar una brillante gestión
por lo que cabía felicitar a La Coruña por el acierto que presidió tal designación». Para finalizar,
Delicado Marañón dedicou un «cariñoso recuerdo» a Juan Canalejo, que non puido asistir a
toma de posesión ao estar enfermo; continuando no seu cargo e, segundo Delicado, «de apellido
glorioso para todos los falangistas coruñeses».
Inmediatamente despois tomou a palabra o xefe provincial do Movemento Diego Salas
Pombo. Salas Pombo foi a expresión máxima da doutrina falanxista pura e dura. O seu discurso
aos xestores comezou coa reflexión de que ninguén pensase que o nomeamento dunha nova
comisión xestora supoñía rachar coa tradición establecida previamente. Segundo o xefe
provincial, nomear unha nova xestora municipal constituíuse nun acto «ni más ni menos, que
un relevo y que nadie podía pensar otra cosa de ello». Para Salas Pombo, os relevos foron
necesarios, agardando que os novos «laboraran con fe y decisión». A xestión da anterior xestora
liderada por José Crespo López quedou para o xefe provincial resumida no seguinte: «El solo
hecho de que la Corporación saliente hubiera dado el nombre de José Antonio a una de las
principales Avenidas coruñesas, bastaría por sí sólo para enaltecer su labor». Aos novos xestores
que chegaron, o xefe provincial díxolles que a súa tarefa debería discorrer polos mesmos
camiños que os dos seus antecesores; unicamente debería darlles «consignas falangistas» que
rexesen a súa actividade. Estas foron: que a xestora municipal «repare aquel olvido» da falta de
760
SANTOS GAYOSO, E. (1995): 151. 761
ROS, S. E BOUTHELIER, A. (1940): 102. 762
O seu pasado político en GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 198. O seu nomeamento como concelleiro no LAPCA,
Caixa 155, sesión do 8 de febreiro de 1924: 134. 763
Jesús Buján de Castro foi irmán de Rosa Buján de Castro, concelleira nomeada en decembro de 1927 (LAPCA,
Caixa 152, sesión do 8 de febreiro de 1924: 152). Polo seu lado, Pío García Tizón foi irmán de Arcadio García Tizón,
concelleiro nomeado en febreiro de 1924 (LAPCA, Caixa 156, sesión do 8 de febreiro de 1924: 154).
348
homenaxe ao home que tomou o poder primeiramente na Coruña sublevada, o coronel
Cánovas de la Cruz; por outro lado definiuse a obriga de erixir a cruz dos caídos, que aínda
faltaba na cidade, unha cruz que «perpetúe el recuerdo de nuestros gloriosos muertos». E por
se todo isto fose escasa concienciación falanxista, Salas Pombo tivo unhas palabras que farían
pensar aos xestores un pouco máis na doutrina que deberían seguir; sobre a labor do verdadeiro
falanxista:
«[...] recomendó a todos que obrasen en falangista, y que sin recato así lo patenticen, pensando
y trabajando con estilo nacional-sindicalista, tan claramente definido en el Estado Español sin
parar mientes en voces criminales ni murmullos que pudieran oirse fuera de esta casa».
Salas Pombo deixoulles a todos os xestores un comentario sobre a depuración dos
funcionarios que non debe quedar no esquecemento das actas municipais. Segundo o xefe
provincial, entre os funcionarios municipais estendeuse a idea de que se acometería unha nova
depuración entre eles. O xefe provincial aclarou este punto dicindo que unha nova depuración
non era necesaria porque xa se fixera de maneira efectiva seis anos antes. Segundo Salas Pombo,
todo o relacionado coa depuración foron «rumores» que atallou dicindo que «no se pensase ni
por un momento que al cabo de seis años una nueva Corporación iba a venir con la finalidad
de hacer nueva depuración». Acometer unha nova depuración implicaría aceptar que a primeira
se realizara de maneira incompleta, cousa que FET de las JONS non puido aceptar de ningunha
maneira764
.
Pérez Ardá chegou por segunda vez a alcaldía coruñesa cunha nova actitude. Agradeceu
ao Gobernador Civil o nomeamento e agardou «corresponder a las palabras anteriormente
pronunciadas» por el nas que lle insuflou ao novo Alcalde e a súa xestora os ánimos para tirar
adiante. A nova corporación chegou coa idea de continuar a labor da anterior e a «cumplir con
la mejor de las voluntades». Todos os xestores municipais, e el mesmo como Alcalde, segundo
as súa palabras, aceptaran o posto por «imperativo de disciplina de su Partido». O sentido da
disciplina reflectiríase nos seus «mejores propósitos, trabajando con unidad de criterio y de
política para que su labor fuese fructífera. El tiempo —agregó— dirá si se han equivocado». Ardá
volveu, segundo el, para traballar polo «engrandecimiento de La Coruña»; acabando o seu
discurso cun «¡Arriba La Coruña!»765
. Acompañando ese berro patriótico pola cidade,
continuaron co Alcalde os falanxistas Diego Delicado Marañón; Jesús Caínzos Rodríguez;
Diego Mitchell Sánchez e Juan Canalejo Cañete. Xunta eles foron nomeados outros que
compartiron un compromiso forte cos ideais do Movemento. Carlos Folla Fernández foi un
exemplo de membro da elite política comprometido politicamente co Movemento. Afiliado a
FE de las JONS dende marzo de 1934, foi xefe local da Falanxe coruñesa durante a República.
Foi o primeiro presidente da xunta directiva da FE coruñesa, escollido en xaneiro de 1935.
Estivo na cadea en abril de 1936, precisamente pola súa militancia falanxista. Ese feito
764
A depuración de funcionarios dos consistorios municipais foi complicada en toda España. GIL GARRUSTA, M.
(2015): 322 e ss., na súa investigación sobre a depuración no concello de Barcelona, indica que o proceso acabou por crear
tensións «que afectaron substancialmente o normal desenvolvemento dos servizos municipais». Por esa razón Pérez Ardá
mostrou a súa oposición a volver abrir un proceso depurativo que supuña a suspensión de emprego e soldo daqueles que
se vían sometidos a el. Amais, tal e como se analizou no epígrafe correspondente, o proceso era extremadamente lento e
desigual, feito que corroborou tamén GIL GARRUSTA poñendo o acento en que o único órgano administrativo que sufría a
depuración era o propio concello, que se vía privado de efectivos laborais esenciais para o seu funcionamento. 765
O seu nomeamento, así coma as citas anteriores en LAPCA, Caixa 168, sesión do 29 de abril de 1943, fol. 131.
349
biográfico, non lle impediu axudar con medios económicos ao partido para estender a súa labor
proselitista. No momento do inicio da guerra civil, encadrouse no Estado Maior da 8ª Rexión,
pasando despois a tomar parte na contenda nas milicias de FE de las JONS sendo secretario
local e delegado provincial de Tesourería e Administración. Nomeado Alférez provisional en
febreiro de 1937, licenciouse no Exército en febreiro de 1939. Antes de ser nomeado xestor
municipal en abril de 1943, era delegado provincial das Falanxes do Mar dende xaneiro de
1943. O seu compromiso falanxista non foi só o descrito: participou tamén no traslado dos
restos de José Antonio dende Alacante a Madrid766
.
De antecedentes falanxistas tamén puido presumir o mozo Rafael Salgado Torres. O
novo xestor foi un dos fundadores das JONS coruñesas, e con 28 anos contaba coa condición
de Tenente mutilado de guerra. Formou parte do primeiro triunvirato local e foi xefe de
escuadra xonsista. Cando se produciu a fusión entre FE e as JONS, Salgado Torres afastouse
durante unha pequena tempada da organización; pero volveu á mesma demostrando o seu
compromiso con ela: segundo as informacións do arquivo de FET de las JONS foi perseguido
e encarcerado con outros compañeiros do partido polas súas labores proselitistas. Unha vez
iniciada a guerra civil marchou á fronte onde, na toma de Bilbao, resultou ferido. Despois do
suceso en terras vascas, ascendeu a Tenente e continuou o seu periplo polas frontes abertas da
guerra. Antes de rematar esta volveu resultar ferido, o que lle valeu o título de Caballero
Mutilado. Antes de ser nomeado xestor municipal, desenvolveu o cargo de delegado provincial
de Información e Investigación767
. Enrique Míguez Tapia foi un exemplo de intelectual que se
converteu aos ideais falanxistas co paso do tempo, nunha carreira biográfica que mesturou
intelectualidade con militancia falanxista. Natural da cidade de Pontevedra, realizou os seus
estudos en Santiago de Compostela onde tería comulgado cos partidos de dereitas da cidade
universitaria. Cando chegou o momento do golpe de Estado de xullo de 1936, encadrouse nas
milicias de Falanxe acollendo o Movemento coa cualificada «simpatía» nos informes de FET
de las JONS. Marchou coma voluntario á fronte de Asturias e, cando foi mobilizada a súa
quinta, incorporouse ao Exército actuando nesa fronte e noutras. Á cidade herculina chegou
despois da guerra, cando foi destinado como catedrático de xeografía e historia no Instituto da
capital. Alí foi secretario e director do centro para, en decembro de 1942, converterse en
secretario do Servizo Español do Profesorado Universitario768
.
A estes xestores nomeados sumáronse elementos de dereitas con anterioridade á
sublevación militar de xullo de 1936, que inmediatamente iniciado este, se encadraron en FE
de las JONS. Luis Julio Vázquez Pena foi un dos membros fundadores da URD santiaguesa
nos seus tempos de estudante na universidade baixo a tutela de Ruiz del Castillo. Ademais, xa
contaba con experiencia previa no mundo municipal, tendo exercido coma concelleiro
766
Informe de FET de las JONS e da Garda Civil de Carlos Folla Fernández, AGA, FAMI, 44/3261. O seu cargo
dentro do Movemento, en BMFET, nº 170, p. 1866. Aparece citado no relatorio de GRANDÍO SEOANE, E. (2006). A súa
colaboración no traslado dos restos de José Antonio en ROS, S. e BOUTHELIER, A. (1940): 102. 767
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Rafael Salgado Torres, AGA, FAMI, 44/3261. O seu cargo
no partido aparece citado no BMFET, 190: 2171. Os informes do Movemento detallan tamén que Foi Alcalde de Bergondo
de marzo de 1948 a xaneiro de 1956, a onde chegara coma delegado gobernativo. Ademais, foi presidente do RC Deportivo
de 1952 a 1953. 768
Informe de FET de las JONS e da Garda Civil de Enrique Míguez Tapia, AGA, FAMI, 44/3261. BMFET, 167:
1823.
350
municipal en outubro de 1934769
. Similar ao caso de Vázquez Pena foi o de Rafael del Río Díaz,
afiliado á URD coruñesa e membro de FE de las JONS dende abril de 1937. Del Río Díaz foi
membro da Cámara Oficial da Propiedade Urbana, da que chegou a ser presidente con
posterioridade770
. Javier Sanz Andino foi tamén un elemento próximo á URD coruñesa, coa que
colaborara impartindo conferencias e cursos relacionados co mundo agrícola, sendo de
profesión enxeñeiro agrónomo771
. Santiago Lorenzo García procedía do sector da dereita
española da ACNP de Herrera Oria, co que colaborou traballando no diario El Debate.
Posteriormente, traballou en El Ideal Gallego, regresando a Galicia despois da guerra para
dirixilo772
.
A pequena cota de elementos relacionados co mundo militar entre os novos xestores
municipais coruñeses estivo representada polo militar Ramiro Martínez Anido —Alférez no
momento de iniciarse o golpe de Estado de xullo de 1936—, e polo garda civil Carlos Oliete
Sánchez. A José Longueira Díaz acreditouno a súa experiencia anterior no consistorio
municipal coruñés, do que tomou parte en abril de 1924. Ademais dese elemento biográfico,
contou con conexións entre os membros máis destacados da sociedade coruñesa ao ter sido
presidente do RC Deportivo en 1914; presidente do colexio de Axentes e Comisionistas de
Aduanas da Coruña e membro da familia propietaria da consignataria José Longueira e Hijos773
.
A estes novos xestores houbo que sumar o enxeñeiro Eduardo Vila Fano; a Ramón Senlle
Rodríguez e Eulogio Arias López. En definitiva, unha comisión xestora que segundo FET de
las JONS foi creada seguindo indicacións do partido. Da xestora participaron homes destacados
do partido que deberían poñer en marcha un consistorio que tiña asuntos «excesivamente
desatendidos»774
.
A lectura dos nomeamentos realizados polo gobernador Aspe Vaamonde na provincia
coruñesa indica que o fundamental para desenvolver o cargo de xestor municipal foi o
condicionante de posuír o carné de FET de las JONS para poder ser nomeado. Ou o que foi
o mesmo, conservar o que sempre se desexou nun potencial xestor. O perfil desexado foi o
dun home cun limpo historial político próximo a dereita previa ao golpe de Estado de xullo de
1936. De feito, en febreiro de 1944 produciuse a primeira renuncia na xestora de Pérez Ardá
na figura do xestor Diego Delicado Marañón. Un mes despois, o 30 de marzo de 1944,
producíronse as baixas de Carlos Folla Fernández e Juan Canalejo Cañete. No seu lugar foron
nomeados ese mesmo día Marcelino Escudero Romero, Antonio Benavente Martín e Enrique
García Grande, membro de FE de las JONS con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de
1936. De García Grande eran coñecidos polo partido algúns actos contra as esquerdas que tería
realizado de mozo; un deles provocoulle acabar na Casa de Socorro do distrito do Hospital
769
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): p. 71 e 139. O seu cargo de concelleiro republicano no LAPCA, Caixa 163, sesión
do 28 de outubro de 1934: 181. Era irmán de César Vázquez Pena, tamén concelleiro en abril de 1922 (LAPCA, Caixa 153,
sesión do 1 de abril de 1922: 144). Luis Julio Vázquez foi nomeado presidente do RC Deportivo en xullo de 1964. 770
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Rafael del Río Díaz, AGA, FAMI 44/3007. BOE, 14 de
xaneiro de 1945, 14. 771
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 202. 772
A condición de xornalista cítaa BARREIRO, C. (2013). 773
O seu nomeamento na ditadura de Primo de Rivera no LAPCA, Caixa 156, sesión do 11 de marzo de 1925: 3.
Seu irmán Tomás Longueira Díaz foi concelleiro nomeado en decembro de 1916 (LAPCA, Caixa 147, sesión do 30 de
decembro de 1916: 2). Sobre a súa profesión, véxase ABC, 7 de marzo de 1925: 18. 774
Parte mensual da provincia da Coruña do mes de abril, maio de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20611.
351
despois de enlearse cuns socialistas. Ademais diso, foi sarxento de milicias de FET de las
JONS775
. Os plans de Aspe Vaamonde de mantemento da esencia desta xestora municipal
coruñesa víronse modificados coa dimisión do Alcalde José Pérez Ardá o 21 de agosto de 1944.
Ante esa situación, Luis Julio Vázquez Pena tomou posesión da alcaldía de maneira accidental
ata que fose nomeado un novo Alcalde; o que non sucedeu ata febreiro de 1946.
5.4.2.1.3 A cidade de Santiago
A) O GOBERNO DE DEL VALLE VÁZQUEZ
Na provincia da Coruña, os cargos de Gobernador Civil e xefe provincial estiveron en
mans de homes diferentes. Se os cambios das xestoras municipais da Coruña e Ferrol foron
efectuados polo gobernador Emilio Aspe Vaamonde co intento de influencia do xefe provincial
Lorenzo Vilallonga Lacave; a mobilidade da elite política da xestora de Santiago dependeu do
Gobernador Civil Aspe e do novo xefe provincial na figura de Diego Salas Pombo. O Alcalde
designado para unha primeira modificación da xestora foi José del Valle Vázquez, un antigo
militante da CT dende 1931, que participara na guerra na Legión Española776
. A idea que
transmitiu Aspe Vaamonde con ese nomeamento foi a necesidade de colocar a un home de
FET de las JONS no cargo de Alcalde, condición que acadou o Movemento, a pesares de que
o nomeado e confirmado proviña das filas do tradicionalismo.
Para contrarrestar a presenza dun destacado tradicionalista na cadeira presidencial
santiaguesa, o Gobernador Civil configurou unha nova xestora a elite se demostrou claramente
falanxista, aparecendo o nome do xestor Jorge de la Riva Barba, que fora nomeado
primeiramente en novembro de 1936 na primeira xestora sublevada santiaguesa. De la Riva
aportou os contactos da Cámara de Comercio, da que foi membro; aínda que se descoñece se
militou nalgún momento no Movemento. Para despexar dúbidas en canto a cuestión da
filiación, nomeouse a Ángel Porto Anido, avogado e industrial que militou na Acción Católica
dende ben mozo e encadrado en FE de las JONS unha vez iniciada a sublevación militar de
xullo de 1936777
. Membro de FET de las JONS foi tamén o xestor Ramón Ferreiro de la Maza,
secretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País, cargo do que tomou posesión no
ano 1940778
. Tamén foi nomeado un militar para a nova xestora: Ignacio Castro García; e un
xuíz de primeira instancia na persoa de Ramón Montero Quiroga779
. A cota de elementos sociais
pertencentes a elite cultural santiaguesa cubrírona o escritor José Vidal Lombán780
e o
775
El Pueblo Gallego, 31 de marzo de 1935: 11. BOME, 19 de outubro de 1940, 235: 250. 776
ABC, 9 de outubro de 1943: 9. 777
El Correo Gallego, 9 de setembro de 2006, <https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/fallece-angel-porto-
Alcalde-compostela-1957-1964/idNoticia-81834/>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 778
A referencia á súa participación na Sociedade, refírse no estudo arquivístico de CARRO CRUZ, H. e GARCÍA PITA,
M. (2011): 135. 779
BOE, 17 de xaneiro de 1943, 17: 575. 780
Foi bastante prolixo na súa producción literaria o xestor santiagués: (1931): Notas de un soldado, Ourense, Imp.
La Industrial; (1931): Creyentes, incrédulos y fariseos, Ourense, Imp. La Industrial; (1938): La hora de la verdad, Santiago
352
responsable da Escola de Fisioloxía da Universidade en 1934 Ramiro Sánchez Calvo781
. A
universidade foi representada por Ramón Sobrino Buhígas, naturalista e arqueólogo profesor
na Universidade de Santiago e na Escola de Artes e Oficios da cidade. Este profesor, despois
de impartir as primeiras clases na Universidade santiaguesa, estudou odontoloxía e practicou en
Santiago, onde foi profesor do Instituto para volver posteriormente a Universidade a impartir
clases naquela materia. O currículo persoal de Vidal Lombán completouse coa súa participación
na Real Academia Galega782
. O resto de xestores nomeados foron Julio Reguera Rodríguez, que
aportou a experiencia política previa no campo municipal ao ter sido xa concelleiro nomeado
en setembro de 1924783
; Luis García Arias; Enrique Sánchez Martín; José Ramón García
González; Jesús Quintela Almeida e Manuel Prieto Rodríguez.
No momento da toma de posesión desta xestora, o xefe provincial do Movemento Diego
Salas Pombo, aproveitou o momento para dirixirlles aos xestores unhas palabras de alento. Salas
Pombo transmitiulles aos novos xestores a importancia de que considerasen altamente a súa
posición entre os cidadáns da cidade de Santiago. Esa posición sobre todos os demais membros
da comunidade, obrigaríaos a servir con «todo el entusiasmo de verdaderos falangistas,
disciplinados y prontos siempre al servicio que se les encomiende», aínda que ese fose «duro y
enojoso». O xefe provincial do Movemento advertiunos do que lles podería pasar se facían as
cousas mal: no desenvolvemento dos seus actos políticos e administrativos, deberían ter en conta
que eran homes que «gozaban de la merecida consideración de sus convecinos; nombres sin
tacha, llevaban una vida tranquila ajena a censuras y críticas»; mais a partires dese momento da
toma de posesión, serían o centro do concello, o «objeto de crítica y aún censuras, pues hasta
en las dificultades de la vida propias de los duros tiempos que corren, y que en manera alguna
dependen de la gestión municipal, se les querrá hacer responsables»784
. Segundo o xefe
provincial, a condición de falanxistas era extensible a todos os nomeados; pero en canto á orixe
profesional dos membros da elite política santiaguesa, esta fuxe da liña que seguiron outras
xestoras galegas. Coa excepción da xestora da cidade olívica, onde o papel da masa de
conserveiros e homes do mar mantívose impertérrita durante o tempo, en Santiago primou a
Universidade, núcleo emisor de xente sempre capaz para ocupar un posto nunha xestora
municipal; pero tamén as asociacións culturais e sociais que encadraron aos máis influentes da
urbe santiaguesa. Na configuración desta xestora e dos seus membros, intúese máis a man do
Gobernador Civil Aspe Vaamonde e o seu grupo de administración que a da Falanxe coruñesa.
B) O MANDATO DE DE LA RIVA BARBA
O Alcalde tradicionalista José del Valle Vázquez cesou no seu posto o 18 de decembro
de 1943. Del Valle, orixinario da localidade lucense de Chantada, marchou a desenvolver un
cargo novo para el, moito máis elevado entre as xerarquías provinciais da ditadura: Gobernador
de Compostela, Tip. Paredes; (1941): Una trayectoria, Santiago de Compostela, Edic. Compostela; (1943): Un rey natural,
Santiago de Compostela, Editorial Compostela; (1944): Los celos de D. Saturio, Santiago de Compostela, Edit. Compostela;
(1944): Pecadores arrepentidos, Santiago de Compostela, Edit. Compostela. 781
GURRIARÁN, R. (2006): 381. 782
GURRIARÁN, R. (2006): 32. 783
LAPCS, AM 2381, sesión do 29 de setembro de 1924: 71. 784
O nomeamento, así coma as citas anteriores, no LAPCS, AM 2389, sesión do 29 de novembro de 1941, fol. 131.
353
Civil da provincia de Cuenca; cargo para o que foi nomeado o 8 de outubro de 1943. A Del
Valle substituíuno un home de Santiago: Jorge de la Riva Barba, que xa era xestor no momento
de ser nomeado Alcalde785
.
Con esta elección, o Gobernador Civil Emilio Aspe Vaamonde apostou pola
continuidade da xestora municipal nomeada en novembro de 1941. Con todo, produciuse unha
re-configuración total da mesma. Aspe Vaamonde tirou de nomes coñecidos e de individuos
con nula experiencia previa no campo da xestión municipal. Da primeira xestora municipal
sublevada de Santiago, retornou Juan Rodríguez Lema para ocupar de novo o cargo en
decembro de 1943. Procedente dunha das familias con maior sona na cidade de Santiago,
entrou na xestora Juan José Harguindey Salmonte; e doutra familia con experiencia política
previa en consistorios municipais santiagueses Jesús Labarta Rodríguez-Maribona, que á súa vez
militou en FET de las JONS. Con eses dous foron nomeados Luis Moure Aguado; Aurelio
Vidal Rios; Salvador Fraga Rodríguez e Luis Daviña Rey, dos que se descoñece a súa
procedencia política e profesional.
785
LAPCS, AM 2390, sesión do 18 de decembro de 1943: 154.
354
5.4.2.2 Pontevedra: entre a tranquilidade pontevedresa e o movemento olívico
5.4.2.2.1 A cidade do Lérez
A) O ALCALDE HEVIA MARINAS
Unha situación similar á de Muñoz Aguilar viviu o seu homólogo pontevedrés Mateo
Torres Bestard; coa excepción de que el non puido ver constituídas as novas xestoras de
Pontevedra e Vigo. O 1 de abril de 1939 cesou no seu cargo o gobernador Torres Bestard e foi
nomeado para o cargo o garda civil Manuel Gómez Cantos. Con Gómez Cantos confirmouse
o 14 de xuño de 1939 o nomeamento do novo Alcalde da cidade do Lérez. Remigio Hevia
Marinas foi o novo Alcalde designado de Pontevedra786
. O novo Alcalde contou cunha certa
traxectoria política previa ao golpe de Estado de xullo de 1936: foi membro da UP e da URD;
e desenvolveu o mesmo cargo de Alcalde na cidade de do Lérez en decembro de 1928. Na
localidade de Poio contaba como propietario dunha conserveira que producía unhas 10.000
latas de sardiñas por día. Ademais, en canto as súas relacións familiares, foi cuñado do avogado
e concelleiro republicano Alberto Martínez Tíscar, paseado durante a Guerra787
. No seu
discurso de toma de posesión, Hevia Marinas comezou dirixíndose ao Pleno municipal
manifestando o seu «sentimiento por los nuestros en la gloriosa campaña rematada con la
victoria del Ejército de España». O novo Alcalde quixo deixarlle claro aos seus xestores que
accedía á alcaldía para facer fronte a unha administración que non pasaba polo mellor
momento: traída de augas, alumeado publico, melloras nas rúas da cidade, urbanización,
espazos comerciais..., foron os asuntos que deberían, segundo el, centrar a xestión municipal.
«Hay que hacer de Pontevedra una población agradable, ayudando a la Naturaleza que tanto
nos dio, para que la gente encuentre en nuestra ciudad una estancia grata y cómoda, en hoteles,
edificios y paseos». O discurso do Alcalde Hevia Marinas indica que chegou ao posto coa
vontade de poñer solución aos problemas de xestión da cidade pontevedresa. Para poder
cumprir os obxectivos marcados, fixo unha chamada a todos os pontevedreses advertíndoos de
que se for necesario «buscar recursos e imponer, [...], un sacrificio a nuestros convecinos, que
nunca será muy costoso, pero sí imprescindible para que el Ayuntamiento pueda desenvolverse
cómodamente», faríao. Neste momento final do discurso do novo Alcalde, o xestor Vázquez
Gutiérrez, despois de saudalo efusivamente, propuxo aos seus compañeiros de xestora poñer a
disposición de Hevia Marinas os seus cargos «como una deferencia a este señor, que así tendrá
libertad para designar a otras personas». Hevia Marinas non puido máis que rexeitar a proposta
porque, segundo as súas palabras, «todos los concejales son personas dignísimas, en las que
tiene una absoluta confianza». Acabou afirmando o novo Alcalde que aceptara o seu novo cargo
«por servir al régimen, por corresponder a la atención que para con él tuvo el gobernador y por
servir a su pueblo». Foron estas tres razóns para el «lo bastante poderosos para llegar a todos
los sacrificios personales»788
. O único cambio que se produciu na xestora municipal
786
LAPCP, Libro do 26 de xuño de 1937 ao 29 de xullo de 1939, sesión do 14 de xuño de 1939: 44. 787
As referencias sobre a súa traxectoria política pública e privada refírense en PEREIRA, D. (2010): 253 e ÁLVAREZ
CASTRO, X. (2013): 114-115. O detalle da súa fábrica de conservas en SEIDMAN, M. (2010). 788
El Pueblo Gallego, 15 de xuño de 1939, p. 5.
355
pontevedresa foi o cambio de nome do Alcalde. Polo demais, continuaron os mesmos homes
que tomaran posesión baixo o mando de Muñoz Aguilar en marzo de 1938.
Baixo a presidencia de Remigio Hevia Marinas, a elite política que configurou a xestora
pontevedresa estivo composta, dende xuño de 1939, por unha mestura de individuos
procedentes da tradición de dereita na cidade do Lérez. Con Hevia Marinas houbo xestores
que continuaron dende as primeiras xestoras sublevadas, coma Celestino Fontoira Peón; Luis
González García ou Rogelio Torres Senra. O grupo de xente procedente de partidos de dereitas
anteriores ao golpe de Estado de xullo de 1936 completouse con diversos nomes. Enrique
Munaiz López, Capitán de Complemento e empregado comisionista, foi un dos designados na
etapa de Hevia Marinas. Membro da URD e da CT pontevedresa, foi xefe do partido na cidade
do Lérez. Entrou no Exército como Oficial de Complemento de Artillería, acabando a contenda
co oficio de Capitán licenciado789
. Acompañouno no proceso de nomeamento o impresor
pontevedrés Ramón Portela Orozco, militante da AP e da URD da cidade do Lérez. Segundo
os informes do Movemento, entrou en FET de las JONS no mes de agosto de 1936,
converténdose en xefe de escuadra e xefe dunha Falanxe790
. Tamén proviña do círculo da dereita
da CEDA o xestor municipal recente nomeado Eloy Artime Prieto, o rexistrador da propiedade
que militara nas JAP nos seus inicios na cidade do Lérez791
. Juan Torre Martínez tamén foi
militante da URD e concelleiro nomeado en maio de 1924792. Ao lado destes elementos de
dereitas, situouse o industrial pontevedrés —en calidade de propietario dun cinema— Valentín
García Prieto. Con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936, os informes encádrano
como simpatizante de partidos republicanos conservadores: «republicano por tradición y
ambiente familiar»; pero segundo os aqueles informes nunca tería pertencido a aqueles partidos
«llamados extremistas»; aínda que se tería situado próximo á DR. Pouco antes de iniciarse a
guerra encadrouse en FE de las JONS. Unha vez encadrado participou na Garda Cívica
pontevedresa793
. A carón dos homes con militancia previa ao golpe de Estado foi designada a
pequena masa de militantes de FET de las JONS declarados e convencidos. O máis implicado
no Movemento entre todos os nomeados foi Antonio Fuentes Giráldez, un Tenente de
Infantería licenciado. Fuentes Giráldez era membro de FE dende os inicios da organización na
cidade do Lérez. Por esa razón os informes do Movemento recolleron a súa condición de
membro da Vieja Guardia. Eses mesmos informes determinan que a súa implicación co partido
foi completa: marchou coma voluntario á fronte participando na Legión Gallega loitando en
San Sebastián e Huesca. Unha vez disolta aquela Legión, marchou como voluntario nunha
Bandera de Falange cara a fronte de Asturias, ata que pasou á Lexión para loitar na fronte de
Madrid794
. Diego Pazó Montes tamén foi membro de FET de las JONS dedicando o seu tempo
789
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Enrique Munaiz López, AGA, FAMI, 44/2547.
Informe de FET de las JONS de Enrique Munaiz López, AGA, SGM, DNP, 51/20749. BOE, 19 de abril de 1939, 109. 790
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Ramón Portela Orozco, AGA, FAMI, 44/2547. 791
GRANDÍO SEOANE (1998): 236. A súa xubilación —exercía no rexistro da propiedade número 1 da cidade de
Vigo—, publicouse no BOE, 25 de setembro de 1980, 231: 21385. 792
Informes de FET de las JONS e Garda Civil de Juan Torres Martínez, AGA, FAMI, 44/2602. O seu
nomeamento como concelleiro en LAPCP, 1924, sesión do 3 de marzo de 1924: libro sen foliar. 793
O informe da Garda Civil, di que estivera afiliado ao Partido Republicano Conservador. Ademais, no seu cinema,
segundo a Garda Civil, proxectábanse filmes de «propaganda soviética». Informes de FET de las JONS e Garda Civil de
Valentín García Prieto, AGA, FAMI, 44/2602. 794
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Antonio Fuentes Girladez, AGA, FAMI, 44/2547.
356
profesional a crear e deseñar motores diésel para as embarcacións795
. Outro empresario
falanxista foi Agustín Nores Patiño, propietario dunha empresa conserveira e un dos primeiros
directivos do consello de administración da empresa Tranvía Eléctrico de Pontevedra796
. Os
outros xestores nomeados foron Juan Vázquez Villanueva e Joaquín Carpintero Acuña.
Esa xestora, seguindo os pasos doutras cidades galegas, viviu o seu cambio falanxista o
29 de agosto de 1942797
. Coa excepción de Antonio Fuentes Giráldez; Ramón Portela Orozco;
Enrique Munaiz López e Valentín García Prieto, o resto de cargos municipais foron mudados
completamente. O primeiro en ser mudado foi o Alcalde, Remigio Hevia Marinas por Luis
Toledo Freire. Os informes internos cruzados entre as xerarquías provinciais e madrileñas
indican que ese cambio non foi previsto desa maneira; explicando FET de las JONS a
causalidade da necesidade de mudar de arriba abaixo a composición do pleno municipal. A
xestora liderada por Hevia Marinas foi, segundo os informes de FET de las JONS enviados a
Madrid, un «semillero de disgustos dado que varios concejales entre sí no se tratan». Segundo
aqueles informes, o culpable daquel pebideiro de desgustos sería o Alcalde Hevia Marinas, do
cal se dicía que o seu entusiasmo falanxista nunca saíra á luz. O Movemento pontevedrés,
liderado polo Gobernador Civil Rodríguez Acosta, díxolle ás xerarquías de Madrid que o
propio gobernador opinaba o mesmo que o partido sobre a figura do Alcalde Hevia Marinas,
dando o seu visto bo ao inicio do expediente de depuración de militancia daquel. Segundo as
informacións da propia FET de las JONS —apoiadas polo soporte loxístico e intelectual do
Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento—, Hevia Marinas foi un home que non tería
prestado servizo de ningún tipo durante o golpe de Estado de xullo de 1936 pola súa avanzada
idade. Ese factor de ausencia de participación foi empregado no informe do Movemento para
verter sobre o Alcalde unha acusación determinada: segundo o informe, a actitude do Alcalde
nos primeiros anos da guerra civil debería ser considerada como «espectativa [sic]», que tería
aproveitado para determinar o cariz tomarían os asuntos das autoridades sublevadas. As
autoridades do partido crearon unha mancha ideolóxica sobre a figura de Hevia Marinas. Para
fundamentar a acusación sobre o Alcalde, o Movemento tomoulle declaración a determinadas
persoas que lembraron unhas palabras que o Alcalde tería dito nunha docería chamada Los
Castellanos. Segundo as testemuñas do momento, Hevia Marinas tería dito que o golpe de
Estado de xullo de 1936 —o Alzamento—, foi «una militarada más». Con todo, o informe
recoñeceulle unha actividade positiva en asuntos de regulación e planificación urbana;
situándose o polo oposto da súa tarefa administrativa na suposta percepción negativa social,
chegando o informe a cualificalo de «inhábil» social e politicamente, o que tería provocado a
incomunicación con moitas autoridades municipais e provinciais.
A interpretativa de todo o informe sobre a persoa de Hevia Marinas residiu no atribuído
«desdén y desprecio absoluto para el Movimiento de Falange». A idea que se agochaba detrás
do informe acusatorio sobre o Alcalde pontevedrés foi o desexo do Movemento de acusar a
Hevia Marinas da escasa importancia que ese lle deu a Falanxe no funcionamento da política
municipal da cidade do Lérez. Ademais diso as xerarquías do Movemento escribiron no
795
BOE, 12 de marzo de 1949, 71. 796
BOE, 10 de xaneiro de 1939, 10 e Faro de Vigo, 8 de decembro de 2013,
<https://www.farodevigo.es/opinion/2013/12/08/llegada-trole/928965.html>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019] 797
LAPCP, Libro do 2 de xullo de 1942 ao 1 de maio de 1944, sesión do 29 de agosto de 1942: 20.
357
informe unha acusación contra o Alcalde na que se di que cando Hevia Marinas actuaba como
xestor da Banca Riestra na cidade de Pontevedra, tería sido un dos máximos culpables da
quebra da entidade. Esa acusación baseouna FET de las JONS en que mentres o banco carecía
de liquidez, Hevia estaría mercando casas en Suíza, onde estudaban os seus fillos, levando toda
a familia unha vida «ostentosa, para el sueldo que disfrutaba y carecer de bienes de fortuna
propios». Ademais diso e afondando no papel acusador do Movemento, cando Hevia Marinas
se fixo co control da sucursal do Banco Pastor da cidade do Lérez, un dos fillos do marqués de
Riestra —Vicente—, «[lo] abofeteó públicamente». O informe sobre o Alcalde Hevia Marinas
recolle diversos testemuños que afondan na visión negativa sobre o personaxe pontevedrés.
Hevia foi considerado por FET de las JONS coma un home que carecía completamente do
espírito nacionalsindicalista que se requiriu nunha persoa que ocupaba unha posición coma a
súa. No informe de depuración que lle tiña aberto o Movemento ofrecíanse tres puntos que
resumen a oposición daquel ao partido. O primeiro: Hevia, aínda pertencer a FET de las JONS
como militante e ser Alcalde de Pontevedra, nunca vestiu de falanxista até que o Gobernador
Civil e xefe provincial do Movemento o obrigou a facelo. O segundo: non acudiu a unha serie
de conferencias para alcaldes que organizou o Gobernador Civil no mes de xuño dese ano de
1942. O Movemento aproveitou esa acusación para descubrir que Hevia Marinas estaría en
Pontevedra cando se estaban a realizar as conferencias, e as veces tería marchado fóra da cidade
con calquera escusa con tal de non acudir ao evento... Por motivo da súa ausencia so curso
debeu pagar unha multa. O terceiro: non tería colocado ás xerarquías de Falanxe na cabeceira
da mesa dun banquete celebrado en honor ao Xeneral Aranda que se atopaba de visita na
cidade; e non tería colocado insignias que tivesen que ver co Movemento, quedando as paredes
do local núas.
Nun informe acusatorio de desta natureza, FET de las JONS tamén analizou a vida
privada do Alcalde Hevia Marinas. A súa conduta privada, segundo as informacións do partido,
deixarían bastante que desexar. Seguindo o informe de FET de las JONS, o Alcalde viviría
publicamente separado da súa nai, cando esta residía na cidade do Lérez nunha situación
definida coma «precaria». A situación de enfrontamento coa nai sería tal, que no momento de
morrer un fillo de Hevia este teríalle negado a entrada á casa para despedirse do seu neto. No
campo laboral foi pintado coma un home desprezable; ofrecendo unha imaxe del coma a dun
empresario capitalista do século XIX que se tería negado a trasladar a un mozo da súa empresa
conserveira a un hospital despois de sufrir un accidente no traballo. Segundo FET de las JONS,
sería unha especie demo porque non ía a misa nos días sinalados nin os domingos. As páxinas
do informe abondan nos comentarios negativos e despectivos sobre o Alcalde Hevia Marinas
indicando que durante a época da Fronte Popular tería mantido boas relacións con membros
destacados da Fronte pois, segundo FET de las JONS, «es de rumor público la aficción [sic] del
Sr. Hevia por los cargos políticos». O informe continúa dicindo que Hevia Marinas era un home
que buscaba «dejar en entredicho, por un lado, a las jerarquías del Movimiento» e por outro
lado realizaba unha labor en contra do partido. A acusación final sobre Hevia Marinas chegou
co que tería opinado dos resultados das eleccións de febreiro de 1936: «asimismo su opinión
de que el 27 de febrero de 1936, era un gran acierto para Pontevedra, que su Ayuntamiento
estuviera regido por un Alcalde comunista». As probas de afirmación de todas as acusacións
358
que se verteron no informe corroboráronse con dúas cartas que Hevia Marinas tería enviado a
dous comunistas destacados da cidade de Pontevedra.
A idea final de todo o informe acusatorio de FET de las JONS sobre o Alcalde
pontevedrés foi que o seu contacto cos rojos, cos da Fronte Popular sería un elemento que
invalidaría a función de Hevia Marinas. Nunha daquelas cartas que enviou a Emiliano Iglesias
e Bibiano Fernández Ossorio-Tafall —Alcalde da cidade do Lérez durante a República, na
corporación de abril de 1931 e na súa reposición en febreiro de 1936—, de 27 de febreiro de
1936, felicitábase de que un dos elementos da Fronte Popular ocupase o cargo de Alcalde,
poñéndose incondicionalmente ao seu lado para axudalo en todo o que precisase. A segunda
carta era un xustificante por parte do secretario local do Movemento na que aportou o seu
punto de vista sobre a ausencia de Hevia naquelas xornadas para alcaldes:
«[...] fue visto sentado en uno de los bares instalados en la Alameda, que como es sabido está
enfrente y a pocos metros del Palacio de la Diputación y por tanto salón de sesiones donde
tenían lugar las conferencias, y aún alguna tarde se paseó por la ciudad de Vigo haciendo duro
el contraste con la actuación correcta y disciplinada del Alcalde [Luis Suárez Llanos-Menacho]
de esta última ciudad que asistió con regularidad a las conferencias como hicieron los demás de
toda la provincia sin otra excepción que la que origina este oficio»798
.
B) O ALCALDE TOLEDO FREIRE
As informacións vertidas por FET de las JONS cos seus informes e denuncias non
fixeron máis que aumentar e espallar a idea promovida da mala fama do Alcalde entre os
cidadáns de Pontevedra. O vertido das acusacións producíuse por unha razón determinada que
buscou acadar un único fin por un único fin: a substitución inmediata do Alcalde por un
elemento que se puidese considerar por FET de las JONS coma neta, verdadeira, total,
plenamente falanxista e comprometido co Movemento. O nome proposto por FET de las
JONS Félix Basterreche y Diz de Bulinez; ao que tamén apoiaría o Gobernador Civil Rodríguez
Acosta, deixando evidencia da súa posición unha nota confidencial ao ministerio da
Gobernación. O candidato foi definido polo Gobernador Civil coma un home especialmente
afecto ao Movemento Nacional e, sobre todo, cun enorme «afecto devoto a la persona de S.E.
el Caudillo»799. A pesares das boas referencias do candidato do Movemento e do Gobernador
Civil, o nomeado para o posto de Alcalde foi Luis Toledo Freire, procedente da Deputación
provincial da que fora presidente. Os resortes e contrapesos que entraron en xogo para mudar
a decisión primeira do Gobernador Civil Rodríguez Acosta foxen da documentación
conservada. Quizais as autoridades de Madrid entenderon que o candidato do Gobernador
Civil fose dun perfil demasiado político para o ministerio da Gobernación, temeroso de crear a
798
As citas anteriores atópanse en Comunicación sobre a necesidade de renovar a comisión xestora da cidade de
Pontevedra, 30 de xuño de 1942, AGA, FAMI, 44/2547. Nota confidencial do Gobernador civil de Pontevedra ao ministro
de Gobernación sobre o nomeamento de Alcalde de Pontevedra, s/d, AGA, FAMI, 44/2547. Informe de depuración de
Remigio Hevia Marinas, 3 de agosto de 1942, AGA, FAMI, 44/2547. Copias de cartas de Remigio Hevia Mariño e Luis
Huesa (secretario local do Movemento), 27 de febreiro de 1936 e 27 de xuño de 1942, AGA, FAMI, 44/2547. 799
Nota confidencial do Gobernador Civil de Pontevedra ao ministro de Gobernación sobre o nomeamento de
Alcalde de Pontevedra, s/d, AGA, FAMI, 44/2547.
359
figura dun home que se puidese manter no cargo durante un longo tempo. Quizais, ao
Gobernador Civil lle xurdiu polo medio de todo o proceso de decisión a figura de Toledo
Freire e apostase polo seu nomeamento. O que si é evidente é que o novo Alcalde militaba en
FET de las JONS dende xullo de 1936, era funcionario de Facenda e contaba con experiencia
no ámbito da administración municipal dende a Deputación provincial, da que foi nomeado
presidente en agosto de 1939800
.
Facéndolle compañía ao novo Alcalde nomeado estivo o que posteriormente sería o
seguinte Alcalde da cidade do Lérez Luis Ponce de León y Cabello. Xunta eles foi nomeada
unha mestura de elementos dereitistas de toda a vida e outros membros de FET de las JONS
en calidade de militantes. Un deses nomeados foi Álvaro Losada Fernández, que xa formara
parte do pleno municipal pontevedrés en marzo de 1925, así coma do pleno da Deputación
provincial. Este avogado aparece rexistrado nos informes de FET de las JONS como afiliado
durante a República da URD, da que foi membro da súa xunta directiva en xaneiro de 1933.
Durante a Guerra, foi comisario de guerra do Requeté, no que se encadrou unha vez se iniciou
a sublevación, sendo un simpatizante do tradicionalismo e, no momento de ser nomeado,
membro de pleno dereito de FET de las JONS801
. Outro elemento novo da xestora foi
Prudencio Landín Carrasco. Este antigo membro da Mocidade Galeguista, foi un dos asinantes
do manifesto que propuxo a creación da URD pontevedresa e foi membro do PAE
pontevedrés. No momento de iniciarse a guerra civil, este avogado e mestre da Escola Normal,
encadrouse en FE de las JONS chegando a ser Alférez provisional. Os seus servizos ao
Movemento continuaron unha vez se acabou a guerra, exercendo como secretario provincial de
Educación Popular ata o seu nomeamento como xestor municipal802
. Outro que fixo a viraxe da
dereita tradicional ao novo paradigma de FE de las JONS foi Enrique Paredes Estévez. Este
xornalista do Diario de Pontevedra realizara dende as páxinas daquel diario unha campaña
xornalística contra a Fronte Popular dada a súa militancia e colaboración propagandística coa
URD pontevedresa, onde foi membro da súa primeira xunta directiva. O xornalista comulgou
coa primixenia FE de las JONS de Pontevedra, formando parte do grupo pontevedrés
capitaneado por José Díaz Obregón803
. Procedente da URD tamén entrou en FE de las JONS
José Martínez Peña. Este avogado pontevedrés foi secretario da delegación provincial de Orde
Pública antes de ser nomeado xestor municipal. A súa entrada en FE de las JONS produciuse
grazas a súa participación na Guardia Cívica da cidade do Lérez en febreiro de 1938804
. Entre os
novos xestores tamén estivo o industrial Manuel Noval, militante das JAP da cidade do Lérez
que pasou a ser membro de pleno dereito de FET de las JONS unha vez se produciu a
unificación805
. Outros dos nomeados foron os cualificados elementos «de derechas»; pero nunca
800
ABC, 28 de decembro de 1983: 79. 801
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Álvaro Losada Fernández, AGA, FAMI, 44/2547.
Tamén hai referencias sobre a súa traxectoria ideolóxica en GRANDÍO SEOANE, E. (1993): 136 e 199. 802
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Prudencio Landín Carrasco, AGA, FAMI,
44/2547. Sobre o seu pasado na URD pontevedresa: GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 86. As informacións manexadas por
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 175, determinan a súa participación das mocidades galeguistas. Entrou en FET de las JONS o
14 de febreiro de 1938. Foi Gobernador Civil en varias provincias españolas e presidente da deputación de Pontevedra
dende o 24 de xullo de 1959. 803
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Enrique Paredes Estévez, AGA, FAMI, 44/2547.
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 136. 804
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de José Martínez Peña, AGA, FAMI, 44/2547. 805
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Manuel Noval Álvarez, AGA, FAMI, 44/2547.
360
se encadraron nun partido de maneira activa. Este foi o caso de Calixto González Posada,
natural de Xixón, residente en Pontevedra e axudante de obras públicas. Del quedou escrito
que «sus simpatías las demostraba por los de las Derechas y Católicos, en sus conversaciones y
amistades»; isto foi tan así que acabou encadrado en FE de las JONS o 10 de setembro de
1937806
.
Outro grupo da elite política pontevedresa que encheu a renovación da xestora liderada
por Toledo Freire foi o dos elementos comprometidos co Movemento dende os inicios da súa
existencia na cidade do Lérez. Fausto Pintor Loriente aparece como membro de FE de las
JONS dende os seus inicios, tendo acompañado naquel proceso de fundación a Víctor Lis
Quibén e Manuel Castro Peña. Ademais da súa militancia política, era militante patronal
exercendo o cargo de presidente do Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra. Dende esa
tribuna de presión comercial e industrial, intentou levar a cabo actividades de discusión
ideolóxica de dereitas, buscando crear unha sociedade dependente do Círculo que forzase a
aqueles que figurasen inscritos na Casa do Pobo a cambiar de posición ideolóxica. Cando se
organizaron as CONS de Pontevedra, el foi o xefe das mesmas. Pintor Loriente foi membro de
FET de las JONS, habendo constancia da súa participación nalgunha garda de imaxinaria
durante a Guerra807
. Emilio Boullosa Asorey tamén foi un falanxista dos de primeira hora.
Membro de FE de las JONS dende os seus inicios, foi xefe de cuartel baixo o mando do xefe
local Jesús Suevos. En 1935 pasou a ser xefe local do Movemento e, segundo a súa folla de
servizos, tería realizado inxentes tarefas de proselitismo da ideoloxía nacionalsindicalista, polo
que foi detido e encarcerado en varias ocasións. Cando a sede de FE de las JONS foi asaltada
por elementos de esquerda, el tería sido un dos homes máis afectados polas feridas. Nas
eleccións de febreiro de 1936 realizou propaganda a favor do BN; e no momento de iniciarse
a sublevación militar de xullo de 1936, alistouse na Legión Gallega marchando con ela á fronte
Norte e á de Huesca. Con todo ese historial de compromiso co Movemento, Boullosa Asorey
aparece como membro de pleno dereito da Vieja Guardia808
. Finalmente, na listaxe de
elementos de FE de las JONS foi nomeado José Lombos Pazos, un odontólogo que antes do
inicio da sublevación manifestárase nunha actitude «pasiva de orden», entrando a formar parte
de FE de las JONS en setembro de 1936809
.
Semellante despregamento de potencial falanxista foi recibido cos brazos abertos polas
xerarquías provinciais da administración e do partido pontevedrés. Francisco Rodríguez Acosta,
como máximo expoñente da unión desas dúas vertentes, celebrou no pleno que deu posesión
a xestora o extraordinario do compromiso político de todos os nomeados. O primeiro que lles
dixo aos novos xestores foi que nun réxime político coma o español «las decisiones políticas
que se toman, se deben siempre al mejor servicio de España». Os xestores municipais deberían
combinar iso «con los intereses de ésta para todos querida ciudad de Pontevedra». O principal
para o desenvolvemento do cargo de xestores foi ser consciente de que se estaría a traballar para
España, deixando sempre de lado os intereses persoais e as disputas que puidesen xurdir entre
806
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Calixto González Posada, AGA, FAMI, 44/2547. 807
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Fausto Pintor Loriente, AGA, FAMI, 44/2547.
ÁLVAREZ CASTRO, X. (2013): 25. 808
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Emilio Boullosa Sorey, AGA, FAMI, 44/2547. 809
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de José Lombos Pazos, AGA, FAMI, 44/2547.
361
compañeiros no camiño da xestión municipal. Segundo Rodríguez Acosta foi necesario todo
«renunciamiento absoluto a toda ambición personal» xa que ser Alcalde ou xestor non suporía
unicamente desenvolver un papel con «más o menos acierto o fortuna»: haberían de ser
conscientes de que estaban a vivir «horas solemnes y decisivas para la Patria», onde as cousas
persoais «no interesan, que se viene a servir a los cargos, no los cargos a servirnos a nosotros».
O feito de aceptar o cargo, aceptando as premisas que deixou ditas o gobernador, supuxo
«contraer una grave responsabilidad» pola que «nuestros aciertos, nuestros sacrificios, de
nuestro prestigio como militantes de Falange Española Tradicionalista y de las JONS depende
incluso la existencia de la Falange». Neles residiu a obriga de manter viva a Falanxe; «que ya ha
costado raudales de sangre y que, regida y unida a su Caudillo la esperanza de reconstrucción
nacional».
Afondando nesa compoñente de xerarquía e submisión ao poder superior, Luis Toledo
Freire contestoulle ao gobernador Rodríguez Acosta dicindo que os xestores tomaban posesión
dos seus cargos por «mandato imperativo» do partido. Toledo Freire dixo que estaba a cumprir
unha «orden de nuestra jerarquía» e por iso debeu cumprir co seu deber. Foi, polo tanto, unha
«designación [que] no nos alegra, por suponer dura carga y abrumadora tarea». Aínda así, o
ánimo era «alegre y decidido», seguindo os postulados de José Antonio, «sin más guía que
nuestro espíritu de servicio, puesto siempre a contribución igual hoy que si mañana fuéramos
llamados a tareas más altas o menos elevadas». E culminou o seu discurso co colofón discursivo
establecido por todas as autoridades locais da ditadura:
«[...] Nuestra labor ha de ser un servicio de España, del Caudillo y de la Falange, que estanto
como decir, en el amplio sentido de sus intereses generales, por esta Pontevedra, que si a unos
os ha visto nacer, es, para los demás, ciudad de adopción por sus múltiples y encantadoras
virtudes.
Y nada más, que nuestro servicio, de corta o larga duración, no tenga más guía que esa cuyo
final será el alegre relevo, esperando siempre por el centinela.
Y ahora gritad conmigo: ¡Viva Franco! ¡Arriba España!»810.
C) O ALCALDE PONCE DE LEÓN
A estancia de Toledo Freire na alcaldía pontevedresa non foi moi longa no tempo. En
novembro de 1942 produciuse o seu cese do cargo, sendo nomeado no seu lugar o xestor Luis
Ponce de León Cabello811
. Non se coñecen as razóns para o seu cese, pero nalgúns documentos
—coma a propia ficha persoal de Ponce de León—, fálase de desavinzas entre o Alcalde, os
xestores municipais e FET de las JONS. Comezando polo principio fundamental de que
Toledo Freire non foi o candidato orixinal da xerarquía provincial, queda aclarado que o seu
breve tránsito pola casa consistorial pontevedresa non foi moi lixeiro e pracenteiro. O seu
substituto Ponce de León foi todo o contrario ao seu predecesor. A súa figura biográfica
810
El Pueblo Gallego, 30 de agosto de 1942, p. 6. 811
LAPCP, Libro do 2 de xullo de 1942 ao 1 de maio de 1944, sesión do 28 de novembro de 1942: 30.
362
constitúese nun deses exemplos de carreira meteórica vinculada ao Movemento e á
colaboración coa ditadura. Comezou sendo delegado provincial de Comunicacións e
Transportes, onde cesou en decembro de 1943. Entre mentres, exerceu como xestor municipal
en agosto de 1942, iniciándose nese momento o seu camiño de ascensión no ámbito político e
administrativo. O primeiro dos cumios que acadou no seu camiño foi a alcaldía da que estaba
tomar posesión. Inmediatamente nomeado como Alcalde, no mes de outubro de 1943 foi
nomeado delegado provincial de Transportes. Segundo as informacións internas do
Movemento, os valores falanxistas de Ponce de León foron superiores aos de todos os demais:
«Considero que sea este camarada el que se haga cargo de esta Delegación, por una serie de
razones, entre ellas, su prestigio en la provincia como Ingeniero de Obras Públicas y su posición
económica muy elevada que le pone a él y por tanto a la Falange en esta provincia a cubierto de
toda posible crítica»812.
A súa carreira continuou cunha nova etapa en setembro de 1944 cando foi nomeado
Gobernador Civil da provincia pontevedresa; cargo no que se mantivo ata xuño de 1948. De
profesión enxeñeiro de camiños, colocado nunha posición económica de solvencia suficiente e
cunha reputación social entre os seus concidadáns cualificada coma «buena», era militante de
FET de las JONS «estando considerado coma un elemento de gran confianza» e «apolítico de
orden». Foi definido polas autoridades provinciais como un home de «intachable conducta en
todos sus aspectos» e de «indiscutible adhesión a la Causa Nacional». Aínda que considerado
«apolítico», non puido ocultar aos ollos do servizo de Información de FET de las JONS a súa
tendencia dereitista e católica. Durante a guerra encadrárase na Guardia Cívica e colaborara coa
delegación de Orde Pública, prestando «siempre con disciplina todos los servicios de
retaguardia que se le ordenó»813
.
Ao mesmo tempo que o novo Alcalde tomou posesión, en setembro de 1942 dimitiu
José Martínez Pena; en novembro de 1942 fixo o mesmo Prudencio Landín Carrasco e en
decembro de 1942 Álvaro Losada Fernández. Con esas tres baixas mantívose a xestora
municipal ata febreiro de 1943 cando foron nomeados os novos xestores. Enrique Fernández
Villamil, profesor no Instituto de Pontevedra e director da Biblioteca e do Arquivo provincial,
foi considerado un simpatizante de partidos de dereitas que mantivo unha actuación durante o
inicio da sublevación cualificada coma de «pasiva de orden»814
. Julio Muíños González tomara
parte da URD da cidade do Lérez, e contaba cunha marca persoal familiar: «su familia está muy
bien conceptuada siendo personas de orden y de tendencia derechista»815
. Procedente tamén da
dereita republicana, Germán Rodríguez Dios quedou rexistrado nos informes do Movemento
como afiliado ao PRR e do Partido Centrista. Unha vez que se iniciou a sublevación militar,
entrara a formar parte da Guardia Cívica pontevedresa816
. Completou a xestora municipal
812
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de outubro, novembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20621. 813
Informes do Goberno Civil, Garda Civil e FET de las JONS de Luis Ponce de León, AGA, FAMI, 44/2547.
BMFET, 203: 2376. 814
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Enrique Fernández Villamil, AGA, FAMI,
44/2547. 815
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Laureano Julio Muíños González, AGA, FAMI,
44/2547. 816
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Germán Rodíguez Dios, AGA, FAMI, 44/2547.
363
Joaquín Montes Muíños, simpatizante dende os seus inicios de FE de las JONS, da cal fixo
propaganda e a que se afiliou unha vez iniciada a sublevación de xullo de 1936817
.
D) O GOBERNO DE CALIXTO GONZÁLEZ POSADA
O Gobernador Civil Genaro Riestra Díaz tamén se viu na obriga de realizar algún cambio
na xestora municipal nomeada polo seu antecesor. O primeiro cambio produciuse en agosto
de 1944, cando Benito Rivas Hermida entrou como xestor municipal en representación do
anexionado concello de Xeve, do que foi o derradeiro Alcalde. Con todo, o cambio máis
significativo produciuse o 30 de setembro de 1944 cando o Alcalde Ponce de León foi nomeado
Gobernador Civil da provincia de Pontevedra, ocupando o posto de Alcalde accidental
Prudencio Landín Carrasco. Analizando a decisión adoptada sobre o novo Alcalde
pontevedrés, a conclusión do proceso de nomeamento é que o novo Gobernador Civil atopou
unha situación favorable para cubrir o baleiro deixado por el e para realizar os cambios que
considerase necesarios entre os xestores. Ponce de León foi un gran coñecedor do mundo
municipal, e ese coñecemento levouno a realizar o menor número de cambios entre a elite
política municipal e a valorar os nomes dos membros da xestora municipal da que foi Alcalde
para escoller ao seu substituto. Por esa razón designou para o cargo de Alcalde a Calixto
González Posada, xestor municipal dende xuño de 1942 e delegado provincial de
Comunicacións e Transportes dende decembro de 1943818
. Con González Posada,
mantivéronse, o 26 de decembro de 1944, como xestores Enrique Paredes Estévez; Valentín
García Prieto; Germán Rodríguez Dios; Ramón Portela Orozco; Emilio Boullosa Asorey;
Enrique Fernández Villamil; Joaquín Montes Muíños, Enrique Munaiz López e Benito Rivas
Hermida.
Os nomeamentos que realizou Ponce de León para cubrir as vacantes da xestora
pontevedresa indican que o Gobernador Civil requiriu máis falanxismo entre o grupo reitor da
cidade do Lérez. Para acabar con esa suposta presenza de falanxistas, Ponce de León botou
man de homes comprometidos co Movemento. Un deles foi Antonio Puig Gaite que, xunta seu
irmán Javier, foi o home forte da Falanxe e do Movemento en Pontevedra ata os anos 70. O
compromiso deste farmacéutico con FET de las JONS demostrouse na súa posición de xefe
provincial do Movemento en marzo de 1938, onde comezou a súa longa carreira política na
ditadura819
. De compromiso e experiencia nun cargo municipal soubo Agustín Nores Patiño,
xestor nomeado con anterioridade xa na ditadura en 1939; e Ramiro Sabell Mosquera, mestre
de profesión e natural de Ponteareas onde foi concelleiro e Alcalde durante a ditadura de Primo
de Rivera, que chegara a Pontevedra para exercer o cargo de inspector de ensino primario. O
817
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Joaquín Nantes Muíños, AGA, FAMI, 44/2547. 818
Os seus cargos no partido, no BMFET, 203: 2376. O seu nomeamento como alcalde no LAPCP, Libro do 1 de
maio de 1944 ao 30 de maio de 1945, sesión do 26 de decembro de 1944: 57. 819
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 172 é quen proporciona un percorrido biográfico pola súa experiencia política. Dende 1955
ata 1971 foi procurador en Cortes; tamén Conselleiro Nacional do Movemento; vicepresidente da Deputación de
Pontevedra entre 1957 e 1965 e Alcalde da cidade do Lérez en 1971. Ademais, eran fillos de Javier Puig Llamas, varias
veces Alcalde da cidade do Lérez e xestor municipal e xestor na primeira comisión sublevada de Pontevedra. Era tamén
familia política do xestor municipal Enrique Munaiz López, o fundador do Círculo Tradicionalista de Pontevedra.
364
punto e final da pequena renovación efectuada por Ponce de León puxérono os nomeados
Rafael Lenard Quintana e Avelino Montenegro Cabezas.
5.4.2.2.2 A cidade olívica: dous alcaldes sucesivos en menos dun ano
A) O MANDATO DE DURÁN GÓMEZ
De maior calado foi a primeira renovación que se produciu na xestora municipal da
cidade olívica. O 2 de agosto de 1939, o Alcalde Luis Suárez Llanos-Menacho pasou o
testemuño a alguén que xa era xestor dende tempo atrás: Estanislao Durán Gómez. A elección
do novo Alcalde encadrouse na dinámica política viguesa, pois Durán Gómez foi un home que
se dedicou ao mundo do mar, nunha cidade que vivía economicamente cara o porto, e que
posuíu contactos entre o máis destacado da sociedade olívica. Segundo as informacións que se
lle fixeron chegar aos vigueses co obxectivo de elaborar un retrato do novo Alcalde, Durán
Gómez foi definido como un mozo traballador nunha das consignatarias viguesas «de más
nombre y tradición en relaciones comerciales con el extranjero». Os seus estudos en colexios
nacionais e estranxeiros e as súas viaxes por capitais europeas terían feito del o home «que Vigo
en esta hora necesita para dar el paso decisivo en su caminar hacia el anhelo de ser la gran urbe
atlántica que la nueva España precisa»820
. As mesmas informacións que pretenderon realizar un
retrato persoal do novo Alcalde indicaron a suposta sorpresa que se xerou o seu nomeamento
entre determinados sectores da sociedade viguesa; un individuo cuxos «derroteros eran otros».
Aínda que os seus obxectivos terían sido outros, Durán Gómez «obedece» coma «buen español
y falangista». A idealización do novo Alcalde foi construída de tal maneira pola prensa local que
se dicía que accedía ao posto dende a máis fonda modestia e cun único obxectivo:
«[…] aún sacrificando mis ambiciones particulares, pondré, con la ayuda de mis compañeros de
Corporación, que se me han ofrecido del modo más entusiasta, [...], todo mi saber y entender
en la realización de un proyecto que es para mi primordial: hacer de Vigo la ciudad veraniega
por excelencia. Ninguna mejor situada ni con mejores condiciones para ello. Su playa de Samil,
su maravillosa playa de Samil, unida a la ciudad por esa hermosa vía de noventa metros de ancho
que el talento de Manolo Cominges ha planeado, es mi sueño más inmediato»821.
Con esta disposición chegou ao posto de Alcalde Durán Gómez. Nese momento,
faltoulle contar cunha xestora que se adecuase aos seus desexos e que traballara arreo con el.
Dos xestores que tomaran posesión en xaneiro de 1938, 7 foron substituídos e o resto
continuaron desenvolvendo os seus cargos. O Gobernador Civil Gómez Cantos non acudiu a
aquela toma de posesión de novembro de 1939. Manifestouse aos novos xestores municipais
por medio dun oficio onde describiu os sentimentos e as obrigas que deberían realizar os
xestores nomeados. Segundo Gómez Cantos, para que o «Nuevo Estado que alumbró el
Glorioso Movimiento Nacional» se consolidase, sería necesario contar nos principais postos de
820
El Pueblo Gallego, 2 de agosto de 1939: 2. 821
As citas anteriores en El Pueblo Gallego, 4 de agosto de 1939: 2.
365
dirección con aqueles máis capacitados. Pero tamén cumpriría que a administración municipal
tivese claro que a súa posición era de gardián da paz dos cidadáns:
«Son momentos los que vivimos trazados como norma de estrecha e íntima compenetración,
haciéndose preciso que la vida de todos los españoles se desenvuelva dentro del mayor espíritu
de abnegación, debiendo aportar todos la más fervorosa lealtad al Caudillo y el máximo sacrificio
en pro de una España Grande y Libre».
Por esta razón, fíxose necesario o nomeamento dunha nova comisión xestora. Aos que
marcharon, déuselles un forte agradecemento «por la cooperación y patriótica labor
desarrollada». Dos novos, agardouse «patriotismo y recto proceder». Inmediatamente, o novo
Alcalde resumiu a súa intervención ante os novos xestores dicindo que traballar polo
«engrandecimiento» da cidade de Vigo sería facelo tamén pola «reconstrucción nacional a la
que en estos momentos todo español está obligado». Os municipios, coma base do Estado,
deberían ser a punta de lanza desa reconstrución822
. Esa reconstrución —no caso que ocupa esta
investigación: construción—, debería ter un protagonista destacado: FET de las JONS. Dos once
xestores que continuaron en novembro de 1939, oito foron militantes do Movemento, sen saber
o momento exacto do encadramento. Da lectura dos nomes dos membros da comisión xestora
que continuaron no seu posto conclúese que o feito que pesou máis no mantemento dos seus
postos foi a afiliación política, non a súa importancia social ou económica. De feito, só quedou
un home vinculado ao mar de entre todos os nomeados con anterioridade: o armador
Marcelino Suárez Celada. Tamén se mantivo o mestre Alejandro Requejo Buenaga. Xunta eles,
nomeouse a un home cunha fonda tradición na colaboración económica coa dereita viguesa:
Rafael Jesús Portanet Suárez. A súa implicación coas dereitas encamiñouse dende o inicio da
súa vida política cara o máis elevado na pirámide do poder: dende o aporte de grandes sumas
de diñeiro que axudaron ás candidaturas e dereitas nas derradeiras eleccións de 1936, ata a
colaboración activa «con sus obreros para conseguir votos en favor de las derechas». O feito de
que desaparecesen determinados elementos políticos representantes dos conserveiros na cota
de representación da elite política municipal, non supuxo a desaparición total do grupo. As
autoridades pontevedresas foron conscientes da importancia do sector e dos seus patróns na
vida da cidade olívica. En parte, ese oco foi cuberto por Portanet, que se implicou en todas as
actividades relacionadas co funcionamento do porto vigués. Foi fillo de conserveiros, membro
da Federación Gremial de Patróns de Vigo, da que foi vogal en 1932. Tamén foi responsable
da Zona Franca e membro da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia, da que foi
tesoureiro durante a República. A semellante currículo, houbo que engadir a súa pertenza a
FET de las JONS, da que foi delegado local823
. Membro da Unión de Fabricantes foi tamén o
nomeado Adolfo Quirós Mateo, militante de FET de las JONS que, con anterioridade a ser
nomeado xestor municipal, foi delegado local de Organizacións Xuvenís. Segundo os informes
elaborados polo Movemento, Quirós Mateo foi un «importante industrial de conservas» en
822
As citas anteriores no LAPCV, PLE-177, sesión do 24 de novembro de 1939: 228. GIRÁLDEZ LOMBA, A. (1999):
40, indica que na sesión plenaria do 8 de agosto de 1939, a Cámara de Comercio viguesa felicitouse pola «satisfacción que
lle producía que tivese sido elixido Alcalde D. Estanislao Durán Gómez, membro destacado desta institución, enxeñeiro
industrial e fillo dunha familia moi coñecida na nosa cidade, ligada dende 1860 aos negocios consignatarios». 823
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ (2005): 311 e 312. Detalles sobre a súa conceptuación ideolóxica e social no Informe
do Goberno Civil de Rafael Portanet Suárez, AGA, FAMI, 44/2602.
366
Vigo, e ademais un fervente seguidor das políticas da dereita «y de ideas religiosas»824
. Dunha
familia de conserveiros procedeu tamén o xestor Venancio Albo Ortega, que creceu nunha
«familia de toda garantía con relación al Movimiento Nacional», pois era sobriño de militantes
adheridos ao Movemento. El militara en AP, pasando inmediatamente a FE de las JONS unha
vez iniciado o golpe de Estado de xullo de 1936825
. Con Albo Ortega quedou completada a cota
de conserveiros na xestora municipal olívica.
Non só de conservas viviu a cidade de Vigo; tamén deberon ter o seu papel as entidades
bancarias radicadas nela. Benjamín Leris Vived era o director do Banco Hispano Americano
da cidade olívica cando foi nomeado xestor municipal. Aínda que segundo os informes do
Movemento carecía de calquera tipo de filiación previa ao golpe de Estado, teríase encadrado
inmediatamente no Movemento. Proba da confianza que se lle puido depositar —ademais de
toda aquela que tivese que ver co diñeiro—, constituíuse o feito inopinable polas autoridades
provinciais de que «era gran admirador de todos los partidos de derechas»826
. Tamén houbo un
médico destinado no hospital militar de Vigo: José Costas Posada. Unha persoa considerada e
definida «de orden» e «amante de los postulados del trabajo y de la justicia». Costas Posada
aparece rexistrado como militante de FET de las JONS, ao ter cotizado con anterioridade a
sublevación de xullo de 1936827
. A cota de militantes de FET de las JONS chegou a reforzar aos
que quedaran nos seus postos dende xestoras anteriores. O primeiro en aparecer na listaxe de
homes nomeados xestores foi Fernando Poveda Martín, un home do que se descoñecían
actividades político-sociais previas ao golpe de Estado de xullo de 1936. Con todo, a súa
participación no Movemento tería sido activa ao ser delegado provincial de Xustiza e Dereito
no momento de ser nomeado. Antes de afincarse en Vigo, desenvolveu a súa actividade de
notario na localidade alacantina de Villena. Como membro do partido, falábase de del en
termos excelsos: home de «gran competencia profesional, prestigio y celo en cumplimiento de
sus obligaciones»; era un «entusiasta» do Movemento828
. Outro nomeado foi Eduardo Villar
Lago, membro de FE de las JONS con anterioridade ao Alzamento; de feito, no momento de
ser nomeado xestor municipal exercía de delegado provincial de Administración. Este perito
mercantil foi definido coma un «gran entusiasta de la Causa Nacional», nomeado en decembro
de 1940 xefe local do Movemento de Vigo829
.
824
Informe do Goberno Civil de Adolfo Quirós Mateo, AGA, FAMI, 44/2602. A súa importancia no mundo do
mar e da súa explotación, viuse remarcada cando foi nomeado xefe do Sindicato da Pesca de Vigo, recollido nunha noticia
de ABC, 28 de xaneiro de 1953: 15. 825
Informe do Goberno Civil de Venancio Albo Otero, AGA, FAMI, 44/2602. Volve citarse o traballo biográfico
sobre a familia Albo realizado por ESCUDERO, L.J. E CARMONA BADÍA, X. (2011). 826
Informe do Goberno Civil de Benjamín Leris Vived, AGA, FAMI, 44/2602. 827
Informe do Goberno Civil de José Costas Posada, AGA, FAMI, 44/2602. BOE, 15 de agosto de 1938, 46. 828
Informe do Goberno Civil de Fernando Poveda Martín, AGA, FAM, 44/2602. BMFET, 102: 1063. 829
Informe do Goberno Civil de Eduardo Villar Lago, AGA, FAMI, 44/2602. Parte mensual do mes de decembro,
xaneiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20560.
367
B) O SEGUNDO MANDATO DE SUÁREZ-LLANOS
Mais as ocupacións laborais do Alcalde Durán Gómez impedíronlle desenvolver con
éxito as súas funcións a fronte do concello da capital olívica. Anteriormente ao seu cese coma
Alcalde, producírase a dimisión en febreiro de 1940 do xestor Benjamín Leris Vived, que foi
substituído polo Capitán de Complemento de Infantería, que serviu na milicia de FET de las
JONS, Humberto Cuíñas Aymerich830
. Durán Gómez cesou en abril de 1940, ocupando o posto
de Alcalde interino o xestor Antonio Freire Pazó. O Gobernador Civil Rodríguez Acosta atopou
ao substituto de Durán Gómez entre as anteriores xestoras municipais sublevadas. Buscou un
home fortemente involucrado en FET de las JONS, tal e como foi a moda que se estaba a impor
entre os gobernos civís provinciais galegos. O nomeado foi un home moi coñecido en Vigo:
Luis Suárez Llanos-Menacho.
Por segunda vez na súa vida, Suárez Llanos volveu a ser primeiro cidadán da cidade
olívica: a primeira fora en plena guerra civil; a segunda, xa baixo a denominada polas autoridades
paz do ditador Franco, o 24 de xuño de 1940. Paz teórica, porque o concello vigués non
funcionaba moi ben, segundo as informacións do Goberno Civil pontevedrés. O Gobernador
Civil Rodríguez Acosta decidiu o nomeamento de Suárez Llanos polo coñecemento deste da
política municipal e de todos os seus resortes complementarios. Foi o home ao que debeu
recorrer o Gobernador Civil nun momento de crise de liderado na xestora municipal olívica.
Unha xestora que segundo o Gobernador Civil «funcionaba en precario»; polo que precisou
botar man dun home que xa estivese como Alcalde nunha situación pasada. O proceso de
selección do Alcalde substituto de Durán Gómez permitiulle ao Gobernador Civil Rodríguez
Acosta percibir a importancia social dun cargo coma aquel. Segundo as informacións que
transmitiu a Madrid, o Gobernador Civil notou que entre determinados sectores sociais e
económicos da cidade olívica creceran os debates e as discusións por determinar o nome do
seleccionado: «por otra parte, he apreciado el apasionamiento de ciertas clases sociales,
entidades y personalidades por conseguir que dicho cargo recayera en persona a ellos afecta».
Con motivo desa tensión intra-social percibida na cidade, o Gobernador Civil decidiu recorreu
a Suárez Llanos. Segundo se dicía e transmitía a Madrid, del gardábase «un magnífico recuerdo
de su gestión, y así es reconocido unánime y públicamente en la Ciudad»; sempre coa facilidade
que aportaba o ter estado «siempre al margen de toda política, lodal [sic], no siendo actualmente
más que un militante de FET de probada adhesión al régimen»831
.
Despois de agradecer a todos a súa colaboración pasada e futura, Suárez Llanos pechou
o seu discurso ante a xestora municipal manifestándose como afiliado a FET de las JONS. Non
só manifestou a súa militancia, tamén a de todos os seus compañeiros de xestora. Esa militancia
foi a que marcou toda a súa andadura na alcaldía:
«Recordó con cariño a sus antiguos colaboradores que dejaron de pertenecer a la Corporación
y manifestó su confianza en la ayuda que todos le prestarán en el desempeño de su misión, a la
que, como militante de FET y de las JONS, dará todo el sentido necesario a fin de que su
servicio al frente del municipio goce del beneplácito de la Organización»832.
830
BOE, 23 de xuño de 1941, 204: 5529. 831
Proposta de nomeamento de Luis Suárez Llanos-Menacho, 25 de maio de 1940, AGA, FAMI, 44/2623. 832
Os nomeamentos, así coma as citas anteriores, no LAPCV, PLE-177, sesión do 24 de xuño de 1940: 286.
368
Un mes despois, o 2 de xullo, dimitiron os xestores Humberto Cuíñas Aymerich;
Fernando Poveda Martín; Eduardo Villar Lago e Antonio Freire Pazó. No seu lugar foron
nomeados Daniel Vicente Álvarez que, para non fuxir da normalidade na definición da elite
política establecida naquel contexto político, era empresario conserveiro833
. Tamén entraron os
militantes de FET de las JONS Manuel Pardellas Cameselle e Lino Cordal Rodríguez; ou o
avogado Ramón González Babé-Rodríguez, membro do Movemento e destacado militante
tradicionalista con anterioridade a xullo de 1936; o que lle valeu no seu momento ser nomeado
comisario tradicionalista. No momento da unificación, González Babé fora nomeado secretario
provincial de FET de las JONS, onde se mantivo ata decembro de 1940834
.
A seguinte modificación baixo o mandato de Suárez Llanos produciuse o 30 de xuño de
1941 con motivo da anexión do concello de Lavadores ao de Vigo. Da xestora de Lavadores
mantivéronse os falanxistas José Velo Temes; Manuel Mariño Lago e Sabino Piñeiro; así coma
Jesús Fernández Fernández e Luis Gil Portela. Pola parte de Vigo, continuaron o seu camiño
na casa consistorial Adolfo Quirós Mateo; Rafael Portanet Suárez; José Costas Posada;
Venancio Albo Ortega; Ramón González Babé; Daniel Vicente Álvarez; Lino Cordal
Rodríguez; Manuel Pardellas Cameselle; Enrique Pascual Souto e José Álvarez Martínez. Para
completar a constitución da nova xestora, tomou posesión o falanxista Manuel Álvarez Tomé,
almacenista, importador e consignatario vigués, que exercera concelleiro escollido en abril de
1931835. Membro de FET de las JONS foi tamén Antonio Pérez Campos, armador vigués836
.
Outro falanxista foi Salvador Bugallo Pita, médico odontólogo837
. Jesús Carrera Portela non
aparecía nos informes persoais como membro do Movemento, pero si quedou recollida a súa
traxectoria política previa ao golpe de Estado: segundo o seu informe persoal, foi membro do
PRC de Vigo, do que tomou parte na xunta directiva de 1934 como vogal838
. Finalmente, para
completar as vacantes existentes, foi nomeado Manuel Ramón Palacios. Os ceses continuaron
co paso dos meses. O 7 de marzo de 1942 confirmouse o cese do xestor Manuel Pardellas
Cameselle e o nomeamento de José Cuervo Pita.
Máis fondo foi o cambio producido o 29 de xullo de 1944 e efectuado polo Gobernador
Civil Genaro Riestra Díaz. O falecemento de Daniel Vicente Álvarez abriu a porta a unha
reformulación da elite política e da xestora municipal viguesa. Aproveitando o desgraciado
suceso da morte de Vicente Álvarez, Enrique Pascual Souto, José Cuervo Pita, Sabino Piñeiro
Pérez e Manuel Álvarez Tomé saíron da xestora da cidade Olívica. O finado e Álvarez Tomé
—representantes do poder portuario na xestora municipal viguesa—, foron substituídos por
outros do seu ramo. Regresou á xestora municipal Indalecio Vázquez Rodríguez, que nesa altura
sumou á súa pertenza a Cámara de Comercio, a presidencia da Cámara Oficial da Propiedade
Urbana viguesa. Do mundo da conserva procedeu Antonio Alfageme del Busto. A implicación
e importancia de Alfageme no mundo conserveiro cristalizou na presidencia da Unión de
833
MONDINA, M. (2015): 19 e ss. 834
Chegou a ser sub-xefe provincial do Movemento e procurador en Cortes. Informes de FET de las JONS, Garda
Civil e Goberno Civil de Ramón González Babé, AGA, FAMI, 44/2547. 835
PEREIRA, D (2010): 464. O seu nomeamento como concelleiro na corporación republicana no LAPCV, PLE-
160: libro sen foliar. 836
PEREIRA, D. (2010): 464. 837
BOE, 8 de abril de 1946, 98: 2636. 838
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 187.
369
Fabricantes de Conservas de Galicia en 1942, onde volvería a repetir de 1948 a 1955 e en 1961
ata o seu falecemento en 1971. O colofón de toda a súa traxectoria persoal foi participación
como militante de FET de las JONS, aínda que descoñecendo a data da súa entrada839
. O novo
xestor Constante Freire Veiga tamén pertenceu ao mundo do mar como armador, da mesma
maneira que o fora seu pai; e pertencía a FET de las JONS pero, coma no mesmo caso de
Alfageme, descoñécese a data de entrada no Movemento840
. Nada que ver co mundo do mar foi
a profesión do nomeado Enrique López Niño: mestre de profesión no Instituto Santa Irene
como licenciado en física e química841
. O último nomeado nesta renovación foi o falanxista
Carlos Posada Tapias. Os gobernadores civís de Pontevedra tivérono moi claro coa xestora
olívica no momento de cubrir vacantes: houbo que botar do mundo do mar, do porto, dos
conserveiros, dos armadores e dos consignatarios. Se ademais, estes figuraron encadrados en
FET de las JONS, a configuración das xestoras foi perfecta. A elite política viguesa definiuse
dende o principio do goberno dos sublevados a partir dos sectores anteriormente citado. No
caso de que determinados elementos non estivesen encadrados en FET de las JONS no
momento de ser nomeados, fíxoselles o carné cuns días de antelación. O importante para o
Goberno Civil pontevedrés non foi o ser falanxista, senón o aparentalo; porque ao que máis
peso tivo no momento de facer a selección dos xestores foi a situación económica e social dos
nomeados.
839
Un falecemento, por outra parte, a puñadas no despacho da súa conserveira. Ao seu poder económico na cidade
olívica, sumou os seus contactos internacionais ao ter sido cónsul honorario de Chile na cidade. Unha biografía sobre a
familia Alfageme en RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, M.R. (2011). 840
PEREIRA, D. (2010): 465. 841
GURRIARÁN. R. (2006): 520.
370
5.4.2.3 Ourense: falanxistas contra os de dereitas de toda a vida
As renovacións da xestora viguesa indican un cambio de tendencia na maneira de
seleccionar os xestores municipais. Nos nomeamentos desta etapa analizada non pesou tanto a
calidade dos nomeados en canto aos seus antecedentes políticos previos á guerra. A partires de
1939, o máis importante foi ser membro de FET de las JONS. Se foi posible que esa
participación no Movemento fose dende antes do golpe de Estado de xullo de 1936, a situación
para ser nomeado foi moito máis beneficiosa; mais se esa vinculación non se deu, aceptáronse
de bo grao aqueles que entraron na súa órbita sen dubidalo. Se os homes seleccionados,
ademais, contaron con contactos nos ámbitos fundamentais das cidades, a súa elección quedou
sempre mellor xustificada. Esa foi a premisa do Gobernador Civil de Ourense Enrique
Rodríguez Lafuente, designado para a provincia de Ourense en xaneiro de 1939. O 2 de agosto
dese ano, nomeou e confirmou unha xestora municipal formada por homes recente chegados
ao panorama político municipal842
. Aínda que houbo algunha excepción entre todos os
nomeados, regresou ao posto de Alcalde o Xeneral de Intendencia Enrique González Anta;
tamén o xestor falanxista Eduardo Valencia Fernández e un home que fora xestor en outubro
de 1934: Bernardo Rodríguez Valeiras, anterior militante da RE ourensá843
. Outro dos xestores
nomeados foi José Andura Suárez, que aparece nos informes de FET de las JONS como
membro de FET de las JONS, da que foi xefe local. Este axente comercial comezara antes de
agosto de 1939 a súa traxectoria política no concello ourensán, que continuou coa súa
participación como xestor na Deputación provincial844
. O odontólogo Julio García del Villar
compartiu con Andura Suárez pertenza a FET de las JONS845
; mesma pertenza política a de
José Garza Rodríguez, que comezara a súa carreira profesional coma chofer para acabar sendo
representante e vendedor de vehículos dunha coñecida marca alemá na cidade das Burgas.
Outros membros de FET de las JONS nomeados por Rodríguez Lafuente foron Joaquín
Rodríguez Fernández; Carlos Caamaño Pardo e Celso Cendón Rey. Os xestores que
continuaron de xestoras anteriores foron o xa citado José Andura; Enrique Grandal Vila e
Alejandro Delgado Martín. Posteriormente foi nomeado Antonio Sáenz-Díez para cubrir unha
vacante.
Esta xestora non tivo un percorrido moi longo na política local ourensá. Nunha mostra
de sinceridade de difícil repetición no panorama local galego —con excepción do caso ferrolán—
, o 11 de decembro de 1939 produciuse no salón de plenos da cidade das Burgas unha disputa
entre o Alcalde e a súa xestora municipal case en pleno. Nesa sesión ordinaria, a orde do día
era moi extensa e con asuntos moi variados a tratar, entre eles a aprobación do presuposto para
o ano 1940 e un proxecto de bases para un convenio entre a Deputación provincial e o Concello
co obxectivo de «normalizar las relaciones económicas». Eses temas pasaron a un segundo plano
cando o Alcalde González Anta, coa intención dar inicio ao primeiro dos asuntos a tratar na
842
LAPCO, 1939-1940, sesión do 2 de agosto de 1939: 59-64 843
PRADA RODRÍGUEZ, J. (1999). Foi nomeado delegado provincial da Vide e das Bebidas Alcohólicas en 1940, La
Región, 4 de decembro de 2015, <http://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/cesado-cargo-
inepto/20151204081928585954.html>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 844
Informe do Goberno Civil de José Andura Suárez, AGA, FAMI, 44/2545. LAPCO, 1938-1941, sesión do 2 de
agosto de 1939, fol. 1. 845
SIMÓN LORDA, D. (2005): 209.
371
sesión, foi interrompido por Eduardo Valencia, que solicitou a palabra «para manifestar que
antes de empezar a discutir los asuntos tenía que plantear una cuestión previa». O Alcalde
concedeulle a palabra e Valencia dixo que entre todos os xestores municipais se producira unha
«pérdida de confianza e incompatibilidad con la Presidencia»; por iso solicitou naquel mesmo
momento unha moción de confianza sobre a figura do Alcalde. Aprobada a solicitude de
Valencia co voto favorable de oito xestores e a abstención de dous, incluído o Alcalde,
procedeuse a debater a moción exposta por Valencia Fernández.
A partires dese momento inicial, Eduardo Valencia puxo en práctica o sistema
tradicional de acusacións entre xerarquías e autoridades da ditadura. A lectura da exposición de
Valencia, recollida nos Libros de Actas do concello de Ourense, faise dificultosa e inintelixible
ao aparecer sobreentendidos entre os xestores que non se trasladan ao lector do documento,
envolvéndoa nun certo misterio e intriga. A cuestión que centrou a moción de confianza,
segundo dixo Valencia, foi «un hecho planteado» entre o Alcalde e os xestores. Do «hecho»
referido por Valencia Fernández non volve a falarse no texto oficial, pero si dixo o xestor
ourensán que se seguiron as «instrucciones emanadas de la Secretaría General del Movimiento
para estos casos», polas cales se deberían reunir as partes enfrontadas na sede do Movemento
actuando o xefe provincial como mediador entre as partes. Nesa reunión, da que segundo
Valencia Fernández se tomou acta privada, chegouse a unha declaración «por unanimidad, salvo
una firma condicionada, la incompatibilidad de los firmantes [os xestores] con la Presidencia»,
feito do que se deu coñecemento ao Gobernador Civil Enrique Rodríguez Lafuente. Cando o
Gobernador Civil lle solicitou ao Alcalde a súa opinión do «hecho» que estaba a enfrontalo a
unha parte maioritaria da xestora, este teríalle contestado, segundo Valencia Fernández, cun
escrito «desagradable» cheo de alusións aos xestores. Porén, un dos xestores, Rodríguez
Valeiras, manifestou que «no conoce concretamente el asunto, ni fue firmante del acta» e
expresou que no tempo que levaba coma xestor non notara tensións nin desavinzas entre os
membros da xestora co Alcalde; e que por iso mantiña dunha «manera expresa y terminante su
identificación con la inteligente y honrada labor del Sr. Alcalde». Despois das primeiras
disquisicións, os xestores ourensáns procederon a votar a moción de confianza, que votou en
contra Rodríguez Valeiras e na que se abstivo o propio González Anta. Despois de aceptar a
corporación que o Alcalde non contaba coa confianza dos xestores, os opositores abandonaron
o salón de plenos e a sesión suspendeuse846
.
Esta mostra de disensión interna nunha xestora municipal encabezada por un elemento
de FET de las JONS —no sentido de manifestarse claramente nun documento coma unha acta
de sesión—, demostra o papel que pretendeu xogar o partido no xogo político polo control do
concello da cidade das Burgas. Liderados polo falanxista Eduardo Valencia, o sector do partido
da ditadura artellou o seu movemento contra o Alcalde, un home que non estaba vinculado ao
partido por medio da súa afiliación. O único elemento da xestora que se opuxo ao voto de
censura foi Rodríguez Valeiras, encadrado en FET de las JONS pero cunha clara vinculación a
dereita anterior á guerra, onde o falanxismo non fora moi ben comprendido. Polo tanto, saber
máis ou menos o coñecemento do que se estivo a debater entre os xestores municipais e o
Alcalde naquel contexto cronolóxico é un asunto que queda minimizado cando o esencial
846
Todas as citas anteriores, no LAPCO, libro de 1938-1941, sesión do 11 de decembro de 1939: 77.
372
resulta ser o enfrontamento directo entre eles por cuestións ideolóxicas. O que estivo en xogo
foi o control falanxista do concello da cidade das Burgas. Ese primeiro enfrontamento foi
gañado polos membros de FET de las JONS, encabezados polo fundador da FE ourensá,
Eduardo Valencia. Poucos días antes de ser cesado do seu posto, o gobernador Enrique
Rodríguez Lafuente confirmou a Valencia Fernández como Alcalde da cidade das Burgas. O
18 de decembro de 1939, despois de terse creado «entre ambos [Alcalde e xestores] una
situación insostenible que forzosamente ha de repercutir en la marcha del organismo
municipal», tomou posesión do seu cargo Valencia, aínda que de maneira accidental co fin de
«regularizar» o funcionamento da xestora847
.
5.4.2.3.1 O primeiro mandato do Alcalde Eduardo Valencia
Da mesma maneira que se produciu a unión entre Serantes e Ferrol, unha anexión
similar sucedeu entre Ourense e Canedo. Mais, a diferenza do que ocorreu na cidade
departamental, no caso de Ourense FET de las JONS entrou con toda a súa forza grazas a esta
unión de territorios. A autoridade provincial aproveitou aquel momento para confirmar a
Eduardo Valencia Fernández no posto de Alcalde con plenos poderes, o 15 de marzo de 1941.
O pedigree falanxista de Valencia Fernández conferiulle unha pátina de autenticidade á nova
xestora municipal. Valencia, como non puido ser doutro modo por motivo da súa traxectoria
política histórica, foi marcado nos informes internos do Movemento coma «muy adicto al
Glorioso Alzamiento Nacional». Valencia Fernández constituíuse para o Movemento ourensán
un home cun longo percorrido dentro do aparello de mando daquel: foi fundador e membro
do primeiro triunvirato da FE ourensá; xefe provincial do Movemento en 1933; xefe de
propaganda en 1935; xefe local de Ourense, xuíz do partido e secretario provincial en 1937;
inspector provincial en 1938; secretario provincial en 1938 e secretario local de FET de las
JONS no momento de ser nomeado Alcalde. Este farmacéutico de profesión contaba con
antecedentes políticos «muy buenos». Para o fundador do falanxismo ourensán, os antecedentes
políticos foron unha marca indelébel na súa persoa; marca que se gravou máis grazas a que
participou na guerra como voluntario nunha Bandera de Falange. Del, os seus compañeiros, só
puideron dicir cousas boas:
«Excelente conceptuación por su conducta en todos los órdenes. Es persona que goza de gran
independencia económica. Tiene gran prestigio en todas las clases sociales de la Localidad.
847
LAPCO, libro de 1938-1941, sesión do 18 de decembro de 1939: 80. Na cidade da Coruña, como se relatou en
liñas anteriores, sucedeu unha cousa similar, pero con moito máis decoro e tranquilidade. Foi a propia FET de las JONS, a
través dos partes mensuais a que comezou a mover a idea da necesidade de colocar na xestora coruñesa un bo número de
falanxistas. Hai que ter en conta, tamén, que na Coruña a relación entre o partido e o Gobernador Civil non foi moi boa,
polo que a súa actividade debeu canalizarse dunha maneira máis tranquila e formal. A cidade da Coruña demostra, xunto
con Ourense, a tendencia destes primeiros meses despois da Guerra por encher as corporacións municipais de contido
político. Máis aló de buscar xente con contactos, imbricada no tecido social, cultural e económico das cidades, o que
ponderou con máis forza foi a pertenza a FET de las JONS. O Movemento quixo mostrarse nese contexto no cal a
construción das institucións da ditadura se estaban a levantar; quixo gañar o seu protagonismo.
373
Posee dotes excepcionales para el desempeño del cargo y magníficas aptitudes por su
inteligencia».
Con todo, unha análise máis detallada da súa figura determina que na súa persoa
residiron dúas facies enfrontadas que, en moitos casos, conformaron a esencia dos membros da
elite política das cidades galegas extraídos de FET de las JONS. Segundo os informes do
Movemento, Valencia Fernández «posee capacidad política, pero es poco trabajador»848
. Co
Alcalde continuaron xestores nomeados anteriormente, e foron nomeados outros novos,
continuadores algúns da tradición política da dereita ourensá. Juan Manuel Iglesias Nóvoa foi
un contable que aparece rexistrado nos informes do partido como home de dereitas con
anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 e que tería mostrado as súas simpatías por
FE de las JONS. O seu compromiso co Movemento demostraríase ante as autoridades ourensás
co seu encadramento no Batallón de Caballeros de Santiago, pasando inmediatamente a ser
membro de Falanxe849
. Tamén se mantivo entre os homes doutras xestoras anteriores José
Martínez Fernández, procurador e secretario da xunta provincial de Beneficencia850
. Carlos
Morais Martínez foi outro dos que continuou como xestor. Morais Fernández foi membro do
Centro Regional Legitimista de Ourense, unha asociación tradicionalista e que participou na
xunta de guerra carlista de Ourense; foi empregado de comercio cuns antecedentes políticos
considerados coma «muy buenos»; na Guerra, prestou servizo como Oficial do Requeté e tamén
como delegado provincial de Información e Investigación851
. Morais Fernández representa o
tipo de membro da elite política empregado polas xerarquías provinciais porque contaba cos
resortes necesarios para facer valer a súa posición ante quen se lle puxese diante; incluso se ese
obstáculo foi o xefe provincial do Movemento.
Un ano antes da confirmación desta xestora de marzo de 1941, Morais Fernández vírase
sometido a un procedemento sancionador por parte do xefe provincial Antonio Pedrosa Latas.
Pedrosa Latas vira que o responsable da delegación provincial de Información non realizaba o
traballo como debía. Segundo Pedrosa Latas, un home que non realizaba o seu traballo
correctamente, sendo o servizo ao que se dedicaba «el más delicado y de los más precisos de la
Falange», non podía permanecer no posto por máis tempo. Para xustificar os seus futuros
movementos, o xefe provincial convocou a Morais Fernández para que lle dese explicacións
sobre o estado do servizo; e o citado contestoulle que as súas ocupacións laborais privadas
impedíanlle realizar un traballo completo e pleno á fronte da delegación. Por esta razón, o xefe
dixo que
«[...] le invité, en la forma más enérgicamente delicada, que presentase su dimisión, a la cual se
negó rotundamente, y, en consecuencia hice uso de las atribuciones que como Jefe Provincial e
conceden los Estatutos, ordenando su cese [...]».
848
As citas anteriores nos documentos: Informe sobre distintas personas de dicha capital, 19 de outubro de 1939,
AGA, SGM, DNP, 51/20520. Informe do Goberno Civil de Eduardo Valencia Fernández, AGA, FAMI, 44/2763; AGA,
FAMI, 44/2919. Un aporte sobre o papel de Eduardo Valencia no mundo da farmacia ourensá, na investigación de FLEIRE
QUINTAS, L. (2016). 849
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Juan Iglesias Nóvoa, AGA, FAMI, 44/2623 e
AGA, FAMI, 44/2763. 850
Ficha do Goberno Civil de José Martínez Fernández, AGA, FAMI, 44/2545. 851
Ficha do Goberno Civil de Carlos Morais Martínez, AGA, FAMI, 44/2763. BMFET, 95: 992. Sobre o seu papel
no mundo do tradicionalismo ourensán, véxase PRADA RODRÍGUEZ (2005b): 33 e 43.
374
Como xa quedou recollido en epígrafes anteriores, Pedrosa Latas parece ser un home
inclinado sempre cara a delicadeza na acción. Despois do cese de Morais Fernández, Pedrosa
Latas recibiu unha chamada dende Madrid —concretamente dende a delegación nacional de
Investigación—, tendo ao outro lado da liña a un auto-denominado «Jefe de Personal» que o
ordenaba a volver a colocar no posto de delegado provincial de Información e Investigación a
Morais Martínez. O testemuño aportado por Pedrosa Latas indica que a conversa telefónica foi
subindo de ton ata que o home de Madrid «[...] me advirtió [a Pedrosa Latas] en tono
inadmisible, que lo ordenaba [a restitución] el Delegado Nacional de Investigación a la par
Director General de Seguridad [subliñado no orixinal]». Pedrosa Latas —que como xefe
provincial estaba a o tanto de todos os movementos internos e externos que se produciron no
seu partido—, retrucoulle que os delegados non poden dirixirse directamente aos xefes
provinciais sen que lles dese o visto bo a Secretaría Xeral do Movemento. Pedrosa Latas teríase
decatado, naquel momento, que Morais Martínez estaba moi activo no manexo dos seus
contactos madrileños para facerse valer, polo que ordenou o seu arresto domiciliario durante
corenta e oito horas. Dende ese momento comezaron a chegar á provincial de Ourense cartas
dende Madrid polas que se ordenaba a reposición no posto de delegado de Información a
Morais Martínez; mais esas cartas foron enviadas sen o visado da Secretaría Xeral do
Movemento. Con todo, segundo o testemuño de Pedrosa Latas, Morales exhibiu a
documentación ao público para colocarse fortemente na súa posición de dono do posto de
delegado manifestándose, segundo palabras de Pedrosa Latas, un «tono irrespetuoso y de burla
para el Jefe Provincial, por cuyo hecho se le sancionará». As sancións do xefe provincial
chegaron ao pouco tempo do acto de desacato da autoridade xerárquica por parte de Morais
Martínez:
«[...] que su actitud después del cese ha sido impropia de un militante de Falange, pues, lejos de
obedecer disciplinariamente las órdenes de su Jefe Provincial, se dedicó a sabotearla con la
exhibición pública del comunicado antes aludido de la Nacional de Investigación.
5º. Revela también una falsedad absoluta de estilo, contrario al “Modo de ser” de la Falange no
solo en la ampulosidad de la forma sino también en ese despecho velado que le hacen aspirar a
un retiro en su hogar cuando son tantos los problemas de la Patria».
O xefe provincial rematou o escrito sancionador concluíndo que Morais era un
incompetente ante o servizo que lle tocara encabezar. Ademais diso, as acusacións de Pedrosa
Latas dicían que tería convertido a delegación de Investigación nun «reducto del monarquismo
Tradicionalista», xa que cando entrara no servizo despedira aos falanxistas «de reconocida
solvencia» colocando no seu lugar a homes que non pertencían ao partido e que eran «hoy
fervientes admiradores del régimen contario al Movimiento»852
. A manobra de Pedrosa Latas foi
unha maneira de quitar de enriba un inimigo dentro do partido. Coas recorrentes acusacións
de incompetencia e oposición a ditadura que sempre se puxeron de manifesto en acusacións
deste carácter, xustificouse un movemento que acababa coa reputación inmediata do
denunciado e expulsado. Mais con Pedrosa Latas fóra de xogo dende maio de 1940, o
852
Todas as citas anteriores en: Dando cuenta de haber sancionado a varios camaradas, 1 de febreiro de 1940, AGA,
SGM, DNP, 51/20520. O informe orixinal que chegou á Delegación Nacional de Provincias é do 16 de febreiro de 1940,
en Incoando expediente contra varios camaradas, 16 de febreiro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
375
Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento Casiano Costas Posada, non tivo porque
seguir esas indicacións853
. O importante para a nova autoridade provincial foi que Morais fose
falanxista, tal e como foi requirido e preferido noutras cidades galegas. Por iso, sumado ao
nomeamento de Morais Martínez aparece o médico Rafael García Cerviño, outro destacado
membro do carlismo ourensán —foi delegado de asuntos sanitarios da xunta de guerra carlista
de Ourense—, que foi nomeado para a nova xestora municipal854
.
O xestor nomeado Agustín Reche Rodríguez dedicouse profesionalmente á xestión dos
cartos que se movían dende a sucursal do banco Hispano Americano da cidade das Burgas, do
que foi director. Contou, así o indican os informes de FET de las JONS, cuns antecedentes
políticos «buenos» e figuraba como membro do partido de pleno dereito. A súa implicación no
Movemento levárao a ser delegado provincial de Administración ata abril de 1939855
. O
arquitecto Antonio Álex Reinlein foi designado xestor municipal en marzo de 1941 e, segundo
as informacións do Movemento, carecía de antecedentes políticos previos e estaba afiliado a
FET de las JONS856
. O avogado e membro do Ateneo ourensán Luis Pérez Coleman foi outro
membro de FET de las JONS nomeado xestor que exercía o cargo de delegado provincial do
SEU nunha provincia na que a presenza universitaria era máis ben inexistente857
. Farmacéutico
coma o Alcalde Valencia foi Constantino Bouzo Fernández que era propietario dun local
dispensador na rúa do Progreso —por aquel entón Xeneral Franco—; e anterior concelleiro
ourensán en varios episodios entre xaneiro de 1918 e abril de 1931. O papel de Bouzo
Fernández como membro da elite política local ourensá consolidouse no período republicano,
ao figurar como membro da UOD, o primeiro intento de articulación das elites locais ourensás
dunha alternativa política de dereitas na cidade das Burgas858
. Ao mundo do comercio dedicouse
José Ramón Muñiz Guerra, un home definido polos documentos da ditadura como
«honorable» e «buen católico»; e anterior delegado provincial de Auxilio Social «con gran
acierto». Muñiz Guerra recuperou para a elite política ourensá o modelo mellor considerado
polas autoridades provinciais para seleccionar un xestor entre aquela. Os informes do
Movemento definen a Muñiz Guerra fundamentándose nuns antecedentes políticos que o
853
A súa vontade de colocar á fronte de todas as xestoras municipais a xefes locais do Movemento iniciouse no
momento no que tomou posesión do poder coma Gobernador Civil. Parte quincenal da provincia de Ourense do 1 ao 15
de agosto, agosto de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520. 854
Así o localizou PRADA RODRÍGUEZ (2005b): 43 e PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2006). O informe do Goberno
Civil non lle consignou filiación política algunha: Informe do Goberno Civil de Rafael García Cerviño, AGA, FAMI,
44/2763. 855
Informe do Goberno Civil de Agustín Reche Rodríguez, AGA, FAMI, 44/2763. BMFET, 50: 601. 856
Informe do Goberno Civil de Antonio Álex Reilein, AGA, FAMI, 44/2763. Acabará sendo presidente da
Deputación de Ourense entre 1959 e 1970. Deixou unha pegada indelébel na cidade das Burgas ao ter deseñado un dos
edificios senlleiros da urbe: a Torre de Ourense. 857
Informe do Goberno Civil de Luis Pérez Coleman, AGA, FAMI, 44/2763. BMFET, 166: 1818, onde se recolle
a data do seu cese como xefe provincial do SEU. Sobre a súa pertenza ao Ateneo, véxase La Región, 7 de xaneiro de 2017,
<http://www.laregion.es/articulo/ourense-no-tempo/ateneo-ourensano/20170107080629676306.html>, [Consultado o 8 de
febreiro de 2019]. El carecía de experiencia anterior na política local; pero seu irmán Jaime foi concelleiro da cidade das
Burgas con anterioridade (LAPCO, 1916-1917, sesión do 17 de marzo de 1916: 1). 858
Os seus nomeamentos anteriores, por orde cronolóxica, nos LAPCO, 1918, sesión do 8 de xaneiro de 1918: 13;
LAPCO, 1925-1928, sesión do 31 de decembro de 1926: 60; LAPCO, 1929-1931, sesión do 26 de febreiro de 1930: 47 e
LAPCO, 1929-1931, sesión do 16 de abril de 1931: 148. Informe do Goberno Civil de Constantino Bouzo Fernández,
AGA, FAMI, 44/2763. Para a súa adscrición ideolóxica, véxase GRANDÍO SEOANE (1998): 163. Do mesmo xeito que con
Eduardo Valencia, o panorama local da farmacia foi estudado por FLEIRE QUINTAS, L. (2016).
376
cualifican de «conservador» e membro de pleno dereito afiliado a FET de las JONS859
. Outro
xestor nomeado foi Antonio López Estévez, estudante membro de FET de las JONS con
anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 e anteriormente secretario provincial do
Movemento860
. Na relación de xestores nomeados apareceron os nomes de Ramón Nogueira
de Castro, odontólogo e membro do Ateneo ourensán que contaba con antecedentes políticos
«buenos»861
; e Gumersindo González Fernández, sobrestante de vías e obras da Deputación
provincial862
.
Máis que a importancia dos homes con intereses na cidade de Ourense para continuar
a configuración da elite política local, o que destaca da lectura das súas biografías é a presenza
da compoñente da militancia falanxista. A importancia da militancia falanxista naquel momento
cronolóxico de 1941 viuse contextualizada dentro da etapa máis nacionalsindicalista do réxime
ditatorial español. Eduardo Valencia Fernández, no seu discurso de toma de posesión ante as
autoridades e xestores municipais, encargouse de aclarar o que significou o compromiso dos
nomeados coa Falanxe e co ditador Franco. «En el día de hoy ha entrado Falange Española
Tradicionalista y de las JONS en el Ayuntamiento de Orense, ya que todos los componentes
de la gestora, son afiliados de la Organización». A lectura do discurso de Valencia Fernández
transcrito nas Actas municipais, denota unha certa emoción nas palabras do novo Alcalde;
porque para Valencia o feito esencial da presenza do Movemento no consistorio ourensán non
foi unicamente o feito de que FET de las JONS acadase os postos de xestores municipais, o
fundamental foi que «la dirección del Ayuntamiento la lleva el Partido». A interpretación das
palabras de Valencia Fernández conclúe que para el o concello convertérase coa súa chegada á
alcaldía nunha ferramenta do Movemento. O seu razoamento continuou enlazando coa idea de
que para que o concello funcionase correctamente, tal e como indicaban os preceptos de
actuación de FET de las JONS, o consistorio «tiene que cambiar los procedimientos que hasta
ahora fueron normas en esta Casa, y en donde por ser todo antiguo y arcaico, existen escaños y
hasta el sillón presidencia huele a carcoma». Lendo o discurso de Valencia, a sensación que se
obtén é que o novo Alcalde chegou co partido ao concello ourensán para poñelo todo patas
arriba; a mudalo todo; porque todo «tiene que ser remozado, cambiando en estructura la
manera de estar, ya que no es manera de estar la forma en que se trabaja», emprendendo
reformas nas oficinas —«verdaderas covachuelas»—, e reprendendo a aqueles funcionarios «que
dan lugar a suspicacias». Para mudar todo iso, Valencia aportou o necesario papel que debería
desenvolver Falanxe, «que tiene que gobernar a la luz del día y con la frente muy alta». Ademais
de todo o anterior, Valencia impeleu sobre os seus xestores un orgullo concreto que deberían
exercer polo feito exercer aquela condición política e administrativa nunha conxuntura coma
na que estaban os ourensáns en 1941, e que debería demostrarse en todos os ámbitos de
actuación do concello:
859
Informe sobre distintas personas de dicha capital, 19 de outubro de 1939, AGA, SGM, DNP, 51/20520. Informe
do Goberno Civil de José Ramón Muñiz Guerra, AGA, FAMI, 44/2763. Era fillo do monárquico ourensán Olegario Muñiz
Álvarez, que representou na súa persoa o tránsito entre a dereita da Restauración á dereita ditatorial da UP (Prada Rodríguez,
J. (2005b): 16-19.) 860
Informe do Goberno Civil de Antonio López Estévez, AGA, FAMI, 44/2763. 861
Informe do Goberno Civil de Ramón Nogueira de Castro, AGA, FAMI, 44/2763. 862
Informe do Goberno Civil de Gumersindo González Fernández, AGA, FAMI, 44/2763.
377
«La misión de la Gestora no es solamente asistir a procesiones, recepciones y actos públicos, la
principal que le está encomendada es hacer administración y que el pueblo se de cuenta de que
el dinero que entrega se traduce en beneficios y que los impuestas y tributos que satisface son
para efectuar obras de verdadera utilidad pública».
Nas súas palabras, Valencia Fernández mostrouse idealista; mais tamén moi práctico.
Para o Alcalde ourensán foi fundamental que os ourensáns comprobasen que as cousas
funcionaban, que o Concello non estaba parado, que o Estado chegaba a Ourense. Por iso
recomendou aos xestores que perseverasen no seu traballo «haciendo así honor al juramento
que formularon al ingresar en Falange, y muy especialmente que tengan unión y unidad de
acción, dejando a un lado amor propio y apasionamientos». Con todo, os xestores sempre
deberon ter en conta que estaban na posición na que estaban porque alguén confiou e delegou
neles un poder que non lles pertence en propiedade:
«Todos los gestores merecen el beneplácito y la confianza de Mando y no se debe de olvidar
que las censuras dirigidas a ellos o el entorpecimiento a su labor, es censura a Mando, ya que
por estos son propuestos y por aquel nombrados».863
Mais o primeiro mandato de Valencia Fernández foi curto. En xullo de 1941 debeu
abandonar o posto de Alcalde debido as súas ocupacións no seu negocio «al tener que regentar
una farmacia situada en otro pueblo de la provincia a bastante distancia de esta capital». Xunta
el abandonaron o consistorio ourensán Agustín Reche Rodríguez e Carlos Morais Martínez864
.
Ese movemento inesperado e súbito obrigou ao Gobernador Civil Costas Posada a nomear a
un novo Alcalde e dous novos xestores municipais.
5.4.2.3.2 O mandato de Eduardo Olano
O Gobernador Civil Costas Posada mostrouse moi preocupado polas xestoras
municipais e polos homes que as compoñían nos informes que enviaba periodicamente a
Madrid, pois a maior parte dos nomeamentos foran realizados polo seu antecesor. Naqueles
informes manifestou que «el 90% de las Gestoras que hoy rigen los Ayuntamientos han sido
designadas en el año 1938» por Viñamata Emanuele865
. Con ese panorama para toda a provincia,
Costas Posada nomeou para o cargo de Alcalde da capital provincial en substitución de Valencia
Fernández a Eduardo Olano Fernández, un home que vinculou a súa vida política ao ámbito
da esfera do poder local e do partido. Comezou sendo nomeado xestor municipal en xaneiro
de 1938; tres anos despois deu o salto á Deputación provincial cando foi designado xestor en
1941 e, dende aí, o seu trampolín cara a alcaldía da capital provincial designado no mes de
agosto de 1941. Olano Fernández era un home de case 60 anos, natural da cidade e axudante
de obras públicas cuns antecedentes políticos considerados polo Movemento como «buenos».
863
Todas as citas anteriores no LAPCO, 1938-1941, sesión do 15 de marzo de 1941: 183. 864
Información do Gobernador Civil de Ourense sobre o cese do Alcalde e xestores municipais, 1 de xullo de 1941,
AGA, FAMI, 44/2763. 865
Parte quincenal do 1 ao 15 de xullo da provincia de Ourense, xullo de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
378
Antes de ser nomeado xestor provincial exerceu o cargo de delegado de Intendencia no ano
1937, o que lle tería valido unha reputación entre os seus veciños de «muy buena»866
.
Outro falanxista e axudante de vías e obras escollido para aquel momento foi José
Fernández Morais, que contou cun expediente sen participacións previas no panorama político
local867
. O outro seleccionado foi o avogado José Luis Parente del Riego, home de «buenos»
antecedentes políticos sen experiencia política previa segundo os informes que manexaban as
autoridades; mais si rexistrado nos informes como un dos asinantes do manifesto impulsado
por Vicente Risco para constituír na cidade de Ourense un partido de dereita galeguista
seguindo o modelo da DG pontevedresa868
. O novo Alcalde non falou na sesión na que tomou
posesión do seu cargo. Fíxoo no seu lugar o Gobernador Civil Casiano Costas Posada, que se
laiou do feito de que fose a segunda vez na que debeu presidir unha sesión da xestora municipal
para confirmar a un novo Alcalde e xestores. Por iso foi breve: segundo el, todo o que se dixo
uns meses antes foi válido para aquel momento presente «dado el estado que mantienen
determinados problemas cuya resolución corresponde al Municipio». O Gobernador Civil
estaba a referirse á beneficencia, as cuestións de saneamento e sumidoiros, a consolidación da
facenda municipal, etc. Para tentar canalizar todo iso, as comisións municipais deberían
funcionar correctamente, propondo as solucións ao Alcalde. Para o Gobernador Civil, ese sería
o modo de que o concello funcionase de maneira efectiva. O Alcalde era o xefe, o controlador
de todo o funcionamento do Concello:
«Esta actuación de rectos ha de ser llevada con energía, capacidad de trabajo e interés por la
cosa pública; cualidades todas ellas que reúne el Sr. Olano, quien desde luego ha de encontrar
en el Gobierno Civil las facilidades que le sean necesarias para el desempeño del cargo de
Alcalde que le ha sido confiado»869.
Co cambio no Goberno Civil ourensán, Antonio Martín Ballesteros Costea fixo algúns
cambios na xestora municipal de Olano Fernández. O primeiro daqueles cambios foi o cese, o
11 de maio de 1942, solicitado polos xestores municipais Luis Pérez Coleman e Gumersindo
González Fernández debido a que «se halla[ban] abrumado[s] de ocupaciones originadas por
los diversos cargos que actualmente desempeña[n]». Os xestores solicitantes do cese admitiron
que eran incapaces de atender os seus deberes municipais «debidamente, no obstante su buena
voluntad». Os outros dous xestores que solicitaron o seu cese porque «se encuentran delicados
de salud precisando atenderla para reponerse» foron Antonio López Estévez e Constantino
Bouzas Fernández870
. No seu lugar foron nomeados José Conde Moure —ao que se lle
descoñecía calquera tipo de antecedente político, sendo cualificada a súa experiencia política
como «buena» e membro de FET de las JONS no momento de ser nomeado871
—; o enxeñeiro
de camiños Juan Zorielle; o empregado da Banca Simeón en Ourense, contable e profesor de
dereito mercantil, Eduardo Rodríguez Cantero que aparece como simpatizante de FE de las
866
Informe do Goberno Civil de Eduardo Olano Fernández, AGA, FAMI, 44/2545. AGA, FAMI, 44/2763. O
seu nomeamento no LAPCO, 1941-1944, sesión do 11 de outubro de 1941: 9. 867
Informe do Goberno Civil de José Fernández Morais, AGA, FAMI, 44/2763. 868
Informe do Goberno Civil de José Luis Parente del Riego, AGA, FAMI, 44/2763. Sobre a súa vinculación co
galeguismo conservador, véxase SENÍN ÁLVAREZ, J.I. (2018). 869
LAPCO, 1941-1944, sesión do 11 de outubro de 1941: 9. 870
LAPCO, 1941-1944, sesión do 11 de maio de 1942: 56. 871
Informe do Goberno Civil de José Conde, AGA, FAMI, 44/2763.
379
JONS con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 e como delegado provincial de
Tesourería e Administración en marzo de 1943, o que revestiu a súa figura dunha
«incuestionable adhesión al Nuevo Estado» e dunha colección de «inmejorables condiciones»
para desempeñar calquera posto político872
; e o veterano avogado falanxista Arturo Pérez
Serantes, membro de FET de las JONS, antigo delegado provincial de Xustiza e Dereito ata
febreiro de 1939, e un modelo sempre recorrente para conformar a elite política local debido
tamén á súa reputación social definida coma «inmejorable»873
.
Baixo a dirección de Olano Fernández como Alcalde, a xestora municipal da cidade das
Burgas quedou constituída en decembro de 1943 por José Ramón Muñiz Guerra, rescatado de
entre as primeiras xestoras sublevadas ourensás; Rafael García Cerviño, procedente da xestora
de marzo de 1941. Xunta el, José Antonio Moretón Alonso, elemento político procedente das
dereitas republicanas antigo membro da URD ourensá e de RE874
. Daquelas mesmas filas
dereitistas procedeu o xestor de 1943 Nicanor Álvarez, anteriormente encadrado na UOD
republicana e membro de pleno dereito de FET de las JONS875
. O xestor Jaime Fernández foi
un membro tamén de FET de las JONS que se mantivo nunha posición apolítica antes do golpe
de Estado de xullo de 1936876
; o mesmo apoliticismo que se tería producido, segundo os
informes do Movemento, no suposto de José Benito Vázquez Gil, membro de FET de las
JONS no momento de ser nomeado877
. Tamén formou parte da xestora de decembro de 1943
José de la Peña Gavilán, definido como «conservador» carente de antecedentes políticos e non
encadrado en FET de las JONS878
. Tampouco quedou rexistrado como membro de FET de las
JONS nos informes do Movemento o xestor Manuel González Rodríguez, ao cal se lle
descoñecían calquera tipo de significacións políticas879
; o mesmo caso que José Rodríguez
García880
. Naquela xestora de decembro continuaron de grupos anteriores os homes Arturo
Pérez Serantes; José Conde Moure; Antonio Alex Reinlein e alguén que tería moita importancia
nos meses seguintes, Alfredo Serantes Morais.
5.4.2.3.3 O inicio do mandato de Serantes Morais
Alfredo Serantes Morais protagonizou o derradeiro cambio de importancia producido
antes de 1945 substituíndo ao Alcalde Eduardo Olano Fernández o 16 de setembro de 1944.
Alfredo Serantes Morais foi un empregado que exerceu como encargado principal de Correos
872
Informe do Goberno Civil de Eduardo Rodríguez Cantero, AGA, FAMI, 44/2763. Outro informe das mesmas
características en AGA, FAMI, 44/2919. BMFET, 175: 1958. 873
Ficha do Goberno Civil de Ourense de Arturo Pérez Serantes, AGA, FAMI, 44/2763, 153. BMFET, 44: 546.
En abril de 1944 foi nomeado presidente da Deputación provincial de Ourense. 874
Informe do Goberno Civil de José Antonio Moretón Alonso, AGA, FAMI, 44/2763 e AGA, FAMI, 44/2919. 875
Informe do Goberno Civil de Nicanor Álvarez, AGA, FAMI, 44/2763,. GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 163. 876
Informe do Goberno Civil de Jaime Fernández, AGA, FAMI, 44/2763. 877
Informe do Gobierno Civil de José Benito Vázquez Gil, AGA, FAMI, 44/2763. 878
Informe do Goberno Civil de José de la Peña Gavilán, AGA, FAMI, 44/2763. 879
Informe do Goberno Civil de Manuel González Roríguez, AGA, FAMI, 44/2763. 880
Informe do Goberno Civil de José Rodríguez, AGA, FAMI, 44/2763.
380
na provincia de Ourense, e membro a FET de las JONS segundo os informes emitidos polo
partido. Alfredo Serantes Morais chegou coa intención de continuar o camiño de organización
administrativa do concello de Ourense; o que el chamou «afrontar las grandes empresas»
municipais: a elaboración dun «plano de población» e a mellora na xestión da Facenda
municipal. Accedeu ao posto cunha fonda preocupación polo marco legal que regulaba o
funcionamento do concello. Segundo Serantes Morais, «faltan Ordenanzas» e as que había eran
do «noventa y tantos» do século XIX; segundo el faltaban tamén «reglamentos, inventarios de
los bienes del municipio y tantas otras cosas... que no podrán realizarse, si no se refuerza con
funcionarios competentes la plantilla de los que por suerte hay en esta Casa». Todas estas
carencias levaron ao novo Alcalde a demandar axuda dos únicos entes que, segundo a súa
perspectiva, lla poderían dar: no espiritual, Deus e no material, Francisco Franco. As liñas finais
do seu discurso, no que se mesturaron a devoción relixiosa e a paixón polo Generalísimo, deben
ser transcritas por ser un modelo de oratoria que reflicte todos os puntos comúns discursivos
empregados polas autoridades da ditadura:
«Meditando sobre lo dicho anteriormente gana en mi ánimo la idea de que así como en lo
espiritual, si alguna vez nos apartamos de Dios, quebrantando algún precepto, a El volveremos
la vista y el espíritu en los momentos de nuestras grandes crisis; en lo material, viendo la que
hoy atraviesa el mundo, forzosamente todos los hombres de buena voluntad tenemos que volver
nuestros ojos al Caudillo y formar a su alrededor un apretado haz, sin reserva, apetencias,
odios... solo con amor, que es la forma de que la obra a realizar cale las almas, y por lo tanto sea
profunda por su grandeza y permanencia. Y, de este modo, creo yo, que una, si no mil veces,
podrán salir de nuestros pechos con entusiasmo y fe, los gritos que a mi juicio sintetizan el
ferviente deseo de todos de ver realizada la obra de Unidad, Grandeza y Libertad de España; y
estas no son otros Señores que ¡Arriba España! ¡Viva Franco!».881
881
As citas anteriores no LAPCO, 1944-1946, sesión do 16 de setembro de 1944: 4. Informe do Goberno Civil de
Alfredo Serantes Morais [aparece como Alfredo Pérez Serantes], AGA, FAMI, 44/2763.
381
5.4.2.4 Lugo: a calma aparente da cidade da muralla
5.4.2.4.1 O goberno municipal de Macía Valado
Determinadas xestoras municipais mantivéronse máis tranquilas ata pasados uns anos do
final da guerra civil. Tal foi o caso da xestora municipal luguesa, que mudou completamente en
xuño de 1941. Con todo, producíronse movementos en forma de ceses previos á nova xestora.
Ramón Portela Nogueira, Ricardo Sindín Roel e Domingo Alonso Carrillo cesaran entre
outubro de 1940 e maio de 1941. Entrementres, en maio de 1941, cesou o Alcalde Antonio
Macía Valado. A relación entre o Alcalde Macía e a FET de las JONS encabezada por Ramón
Ferreiro non foi moi boa, segundo as comunicacións que o xefe provincial do Movemento
enviou a Madrid. Meses antes de tomar posesión como Gobernador Civil da provincia —
combinando o cargo co de xefe provincial—, Ferreiro informou a Madrid constantemente sobre
a necesidade de renovar, en xeral, todas as xestoras municipais da provincia. Segundo o informe
do Gobernador Civil lugués, o partido informou sempre que o anterior Gobernador Civil Pedro
Morales Pleguezuelo o solicitou. Aínda así, a sensación interna en FET de las JONS descrita
nos informes foi que os cambios nas xestoras municipais non foron suficientes ou non se fixeron
o suficientemente rápido. Iso tería sido «contrario a la necesidad, que cada día se siente más, de
que sean renovadas totalmente todas o casi todas las gestoras municipales de la provincia». De
entre todas esas xestoras, a que máis interesou ao Movemento foi a da capital provincial, «cuya
labor es, sino nula, muy poco eficaz». O partido laiábase nas súas comunicacións a Madrid de
que o seu papel no nomeamento das xestoras quedaba no feito da «petición de informes sobre
las personas que para cada municipio señala» o Gobernador Civil. O por aquel entón xefe
provincial Ferreiro foi consciente de que sempre sería preguntado polo nome dos candidatos
para ocupar os postos de responsabilidade municipal; mais tiña a sensación de que existía unha
fonda separación entre a labor das corporacións municipais e a necesidade —segundo el—, de
que mostrasen unha clara adhesión aos postulados do Movemento:
«[...] es cierto que los nombramientos que se producen de un modo esporádico, sin que tiendan
a lograr un entronque del Partido en la administración municipal. Las renovaciones, cuando las
hay, son únicamente de gestores aislados».
Non se realizara, en todo o ano de 1941, e estaba informando en abril dese ano,
ningunha renovación integral das xestoras municipais. FET de las JONS agardou o cambio do
poder provincial e local impacientemente, e así o demostran as súas comunicacións a Madrid,
buscando poder nomear aos seus afiliados. De entre todas as xestoras municipais da provincia,
a que máis lles preocupou foi a da capital provincial. Da xestora lucense estiveron informados
en Madrid por vía do xefe provincial do Movemento do seu suposto nefasto funcionamento882
.
En xaneiro de 1941 e de maneira reservada, o xefe provincial do Movemento Ramón Ferreiro
enviou un informe á DNP informando sobre a situación da xestora municipal luguesa
encabezada por Macía Valado. O xefe provincial xa se encargara de ir informando
882
Todas as citas anteriores en Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xaneiro, febreiro de 1941; Parte
mensual da provincia de Lugo do mes de febreiro, marzo de 1941; Parte mensual da provincia de Lugo do mes de abril,
maio de 1941, AGA, SGM, DNP. 51/20533.
382
mensualmente nos informes sobre a situación do partido e da provincia do estado da xestora
da cidade da muralla e do resto daquelas. Ramón Ferreiro falou nos seus informes de que o
todas as xestoras provinciais vivían unha situación «desacertada». Esa situación así definida non
provocou movementos na provincia, aínda que FET de las JONS informaba de maneira
constante ao Gobernador Civil sobre a situación, que era «la autoridad llamada a remediarlas».
Para intentar demostrar ante as súas xerarquías o problemático da situación, o xefe provincial
púxolles o exemplo do goberno municipal lugués, que segundo el estaría en mans de auténticos
inútiles:
«[...] hoy en manos de personas totalmente gastadas y ajenas a la disciplina de Falange, que
durante tres años sólo han dado pruebas, en el ejercicio de sus cargos, de una incapacidad, casi
punible, para administrar los intereses públicos».
Lida a acusación de Ferreiro sobre o grupo de notables políticos, empresarios,
comerciantes e homes da vida social e cultural de Lugo que conformaron a comisión xestora
municipal esta resulta moi grave. A opinión de Ferreiro supón unha moción total á selección
da elite política da cidade da Muralla. Segundo o comentario do xefe provincial, o Gobernador
Civil Morales Pleguezuelo dicíalle continuamente que o cambio debería realizarse; mais a
realidade resultou ser que, levando o Gobernador Civil máis dun ano no cargo, o cambio non
chegou. O problema fundamental para o xefe provincial do Movemento, o detonante que tería
provocado o estoupido da incompetencia da xestora municipal aos ollos de Ferreiro foi a
xestión do hospicio de Santa María, o hospital público de Lugo. O edificio no que estaba a
institución provincial era de propiedade municipal. O hospital funcionaba segundo un convenio
entre o concello e a Deputación que tería sido rachado polo concello lugués, o que obrigaría a
Deputación a levar as instalacións ao concello de Mondoñedo; unhas instalacións
completamente insuficientes para un hospital provincial. O traslado do hospicio a Mondoñedo
suporía un problema para toda a provincia, pois a localidade estaba moi afastada da capital en
«época de dificilísimos transportes» dada a carencia de combustibles. Para Ramón Ferreiro
aquel foi o curuto da montaña de despropósitos atribuída por el a xestora municipal luguesa,
sempre no medio do «desacierto» da súa xestión. Por esa razón, en palabras de Ferreiro,
«habiendo agotado todos los créditos de esperanza en su labor que les pudo haber concedido
la Falange y los sectores sanos de la opinión», FET de las JONS creu preciso cambiar a xestora
municipal da capital provincial. Segundo o xefe provincial lugués, o Gobernador Civil sempre
lle prometía nas súas reunións colocar a falanxistas nos postos municipais; mais a promesa non
acabou de cumprirse. «No sabemos por qué se mantienen todavía personas fracasadas, mientras
existen otras en el Partido animadas del mejor espíritu para servir a la provincia y a la Falange»883
.
O xefe provincial do Movemento, despois de informar á Delegación Nacional de
Provincias, informou sobre o suposto ao Gobernador Civil Morales Pleguezuelo. Ferreiro
díxolle ao Gobernador Civil que tiña orde «verbal» da DNP para enviarlle ese informe no que
«demandaba» a necesidade imperiosa de renovar a xestora municipal da cidade da muralla. O
xefe provincial queixábase de que o Goberno Civil non lle fixese caso nas súas solicitudes;
concretamente que «no cuento para resolverlo favorablemente con la ayuda del Gobierno
883
As citas anteriores atópanse no Informe sobre el Ayuntamiento y Diputación, 8 de xaneiro de 1941, AGA, SGM,
DNP, 51/20533.
383
Civil». Por esa razón, comentoulle ao Gobernador Civil Morales Pleguezuelo que lle tiña
solicitado á Delegación Nacional de Provincias que levase a cabo xestións ante o Ministerio de
Gobernación para acabar con aquela situación. Cando Ramón Ferreiro se dirixiu a Morales
Pleguezuelo para informalo sobre as seis persoas sobre as que o Gobernador Civil solicitara
información, o xefe provincial viuse na obriga de realizar unha serie de reflexións en voz alta
ante o Gobernador Civil sobre o funcionamento da xestora municipal. FET de las JONS dicía
que a cuestión da remodelación da xestora municipal lucense non residía exclusivamente no
cambio e substitución duns cantos xestores. Segundo o Movemento, cumpría cambiar toda a
xestora. «Con el máximo respeto particular para todas las personas que ostentan cargos», o xefe
provincial determinou que a valoración que a cidadanía luguesa faría sobre a xestión municipal
tería sido «muy desfavorable». Iso ocorrería, segundo a opinión do Movemento, na maior parte
da provincia por un feito decisivo: FET de las JONS non controlaba as xestoras municipais. A
xefatura do Movemento de Lugo «se siente lastimada» porque a xestora da cidade da muralla
vivía de costas ao control do partido. A opinión do Movemento sobre os xestores que estaban
nos postos de control do concello foi de firme ataque pois non seguirían máis «orientación que
la de su criterio personal, independientes por completo de Falange». Segundo Ramón Ferreiro
iso sucedía porque os xestores non deberon o seu nomeamento ao partido, o que provocou
que se visen desligados do mesmo no momento de tomar decisións de xestión. O drama de
FET de las JONS foi tal, que tivo que ver e escoitar como o Gobernador Civil louvaba o partido
en todos os discursos que daba, pero no momento da verdade este quedaba fóra de todos as
situacións políticas:
«Si tales cargos políticos, de Concejales y alcaldes, continúan cubriéndose con personas cuyos
nombres no son facilitados por la Organización, entiendo que el Partido no tiene nada que hacer
en la provincia de Lugo, pues la política la llevarán en los pueblos los comandantes de puesto
de la Guardia Civil, párrocos u otras personas a quienes V.E. encomiende la selección de
candidatos».
Para FET de las JONS drama non puido ser maior. Maior foi o problema do xefe
provincial, o «más antiguo de España» e que levaba dous anos á fronte do partido en Lugo.
Segundo Ferreiro, a Falanxe luguesa era un partido disciplinado e «absolutamente leal a nuestro
glorioso Caudillo y a las normas por él dictadas». O ton das súas palabras indica que non
entendía como con esas credenciais o partido de Lugo quedase afastado da toma de decisión
nos momentos decisivos nos que foi consultado, o que provocou «impaciencia y un natural
deseo de que mi Organización llegue a ser eficaz en el cumplimiento de la misión que tiene
señalada». Dixo Ferreiro que «en la paz» o partido non podía quedar reducido a participar en
desfiles e a «pronunciar pequeños discursos de circunstancias». Os discursos estiveron ben para
o xefe provincial, pero deberían ir acompañados de acción. O mesmo desgaste que puido acusar
o xefe provincial orixinouse na xestora municipal, á que Ferreiro considerou «políticamente
gastada». O xefe provincial esperou dimisións a contagotas debido ao «cansancio y a
desacuerdos ya latentes, como los que han sido causa íntima de las vacantes que ahora existen».
A xestora que se pretendía cesar levaba unha actuación errática, en palabras do xefe provincial,
onde os servizos municipais parece ser que funcionaban de maneira deficiente. Por iso habería
que actuar con presteza. O xefe provincial deixou unha detalle para o final que se constitúe nun
384
aviso definitivo a aqueles que non tomaron en serio o papel de FET de las JONS. Segundo
Ramón Ferreiro, non por moito vestir a camisa azul se era falanxista.
«Esta Falange no quiere que por concurrir a los actos públicos con el uniforme del Partido los
que desde hace tres años figuran en tales cargos, se mantenga el error de que el Ayuntamiento
de la capital es falangista, siendo así que la organización no está representada en el mismo».
O xefe provincial púxose ao dispor do Gobernador Civil para propoñer nomes dos
considerados polo Movemento verdadeiros falanxistas que representarían con orgullo o partido
«y que unidos por una misma disciplina, trabajarán con entusiasmo para hacer realidad las
consignas que hemos recibido de nuestro Caudillo nacional»884
. Ante tales acusacións, o Alcalde
de Lugo foi preguntado polo Gobernador Civil sobre os asuntos que foi acusado polo xefe
provincial. Macía Valado aduciu que a comisión xestora que tomara posesión en febreiro de
1938 «puso toda su voluntad» no exercicio das súas funcións en servir aos lugueses e á cidade,
detallando que todo aquilo do que era acusado polo xefe provincial non era certo. Exactamente
o mesmo día no que foi publicado o decreto de nomeamento de Ramón Ferreiro como
Gobernador Civil da provincia de Lugo, Macía Valado presentou a súa dimisión. As súas razóns
quedaron claras nun escrito que dirixiu ao novo Gobernador Civil:
«El largo periodo de tiempo ocupando un cargo produce el natural desgaste lo que es motivo
unido a que tenga que dedicarme a asuntos propios —y por lo que estoy disfrutando licencia
desde el 14 del actual mes— a que ruegue a V.E. con el mayor encarecimiento se me dé el cese
del repetido cargo de Alcalde»885.
Con aquel movemento de Macía Valado, a Ramón Ferreiro quedoulle vía libre para
nomear un novo Alcalde en maio de 1941 cando accedeu ao cargo de Gobernador Civil
combinándoo co de xefe provincial. Antes do nomeamento, a acción do partido en relación cos
nomeamentos «se veía constreñida» a un mero trámite legal de cubrir informes sobre os
candidatos. O Goberno Civil «por regla general, no pedía propuestas al Partido». O
procedemento de selección de nomes que Ferreiro puxo en marcha constou de varios pasos:
primeiro, solicitou información á Garda Civil e despois realizou unha listaxe de nomes superior
ao número de postos a cubrir que foi trasladada a FET de las JONS para que informase sobre
eles. Ás veces, o partido informou sobre dous ou tres nomes, de entre os que o Goberno Civil
escollería un886
.
884
As citas anteriores no Informe del Ayuntamiento, 28 de febreiro de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20533. Existe
outra copia do mesmo documento en Informe reservado y urgente que eleva al Excmo. Gobernador Civil de Lugo, el Jefe
provincial del Movimiento, 6 de febrero de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa
12704.
885
Informe del Alcalde de Lugo al Gobernador Civil de la provincia, 25 de febreiro de 1941, AHPLu, Goberno
Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. Renuncia del Alcalde de Lugo, 17 de maio de 1941, AHPLu,
Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704 886
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de maio, xuño de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20555.
385
5.4.2.4.2 O Alcalde Portela Nogueira
Ese procedemento de selección foi o que empregou Ferreiro para mudar dunha vez por
todas a xestora municipal luguesa. Á fronte do concello da cidade da muralla puxo a un
dereitista ben introducido en FET de las JONS: o xestor municipal dende febreiro de 1938,
Manuel Portela Nogueira. Segundo as informacións de FET de las JONS, Portela Nogueira
participara na Guerra nas frontes de León e Asturias, tendo sido subxefe da Bandera Legionaria
de Lugo. Aínda que procedente do sector dereitista republicano, participou activamente no
Movemento como xefe provincial de Propaganda e xefe do servizo provincial de Política
Municipal, cargo que desenvolvía no momento de ser confirmado no cargo de Alcalde. Por iso,
foi considerado polo Gobernador Civil coma un home capaz para as súas actividades. Segundo
os mesmos informes, gozou de «gran prestigio entre el vecindario, por el impulso dado y eficacia
obtenida en el desenvolvimiento de los problemas de todo orden que se relacionan con la vida
municipal»887
. Con Portela Nogueira continuaron os xestores Isidoro Valcárcel López —membro
de FET de las JONS e delegado provincial de Información e Investigación—; Liborio Revilla
Castro —membro de FET de las JONS—; Manuel Franco Rivas —membro de FET de las JONS
e antigo membro da Milicia Española— e Aquilino Yáñez García, que non figuraba como
afiliado ao Movemento. Outro xestor que continuou foi Vicente Castro Dans xestor nomeado
en decembro de 1937; de igual maneira que o propietario e camisa vieja Eulogio Pallín García.
Un dos novos xestores nomeados para cubrir as vacantes impostas polo Gobernador
Civil foi Antonio Rodríguez López, procedente do sector conservador da dereita republicana
en calidade de antigo presidente das JURD e membro da URD luguesa. Dende aquelas
posicións foi un dos responsables da redacción dun regulamento, en 1933, para crear un espazo
único de acción das dereitas ante a República; ademais de ter sido concelleiro elixido para a
corporación de 1920. En consecuencia, os informes do Movemento dicían deste avogado e
delegado provincial de Tesourería e Administración que «siempre [foi] consecuente con su sana
ideología política por la que actuó, perteneciendo a FE de las JONS cuando estalló el Glorioso
Movimiento Nacional»888
. Juan Blanco Miranda, que tamén pertencera á URD de Lugo, foi
tamén nomeado para a renovación da xestora luguesa889
. O elemento distintivo da configuración
da xestora luguesa foi a introdución de elementos alleos a FET de las JONS pero con
implicacións no tecido social e cultural da cidade. Exemplo desa tendencia é o nomeamento do
xestor Fidel Escudero Lobo, propietario dos almacéns de tecidos Nuevo Mundo890
. Outro xestor
nomeado foi Francisco Esteban González, propietario dunha libraría-papelería que abriu en
887
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533;
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20593. SANTOS
ALFONSO, A. (2003): 123. 888
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 110 e 159. As citas nos Informes de la jefatura provincial del Movimiento sobre
los propuestos para la nueva comisión gestora de 1941, 2 e 7 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local, Caixa 12704. 889
Gobierno civil de la provincia de Lugo: propuesta de comisión gestora, 14 de junio de 1941, AHPLu, Goberno
Civil, Secretaría Xeral, Administración Local; Informe de la comandancia de la Guardia Civil sobre los concejales, 6 de
xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. 890
Nunha Carta «Almacenes Nuevo Mundo», 8 de xaneiro de 1946, no arquivo do autor, Fidel Escudero diríxese a
un cliente da localidade catalá de Terassa para informalo de que seus fillos, Fidel e José Luis Escudero González, pasaban
a formar parte da xestión económica da empresa.
386
Lugo despois de chegar de Madrid, de onde era orixinario. Segundo os informes do Goberno
Civil, pertencera ao Partido Progresista e á facción maurista. Neses mesmos informes aparece
a condición político-social de contar con «aceptables antecedentes políticos anteriores al 18 de
julio de 1936, actuando en sentido derechista». Confeccionaba no seu taller de libros unha
revista que se publicou ao longo de 1937 baixo o título de Técnica. Foi ademais o fundador da
editorial Celta891
. O resto homes nomeados mesturan a condición ideolóxica da dereita
republicana e membros do Movemento: o propietario, Ramón Montenegro Neira; Avelino
Villarino Trashorras —fundador das Juventudes de Derechas e considerado camisa vieja,
ademais de ter sido xefe comarcal de milicias en 1937—; Pedro Saa Quintela —catalogado nos
informes do Movemento como camisa vieja, membro da UDA de Lugo e concelleiro en
outubro de 1934— e Félix Latorre Ventura —que quedou rexistrado como antigo membro da
UDA da provincia de Lugo892
.
O proceso de nomeamento de xestoras municipais foi froito do celo do Goberno Civil
en nomear xestoras competentes e harmoniosas co partido:
«[...] se hace la selección más escrupulosa para llevar a tan importantes cargos camaradas que
por las cualidades que les adornan puedan efectuar una labor fructífera en consonancia con las
normas y consignas de la Falange y del Caudillo».
Tamén foi do interese do Gobernador Civil e xefe provincial unificar os cargos de
Alcalde e xefe local do Movemento. Para os demais postos orgánicos da política municipal, o
Gobernador Civil buscou a aquelas persoas que, segundo el, reunisen os «mejores méritos» e
que contasen cunha «capacidad intelectual y de trabajo» excelente; sempre sen deixar de lado a
súa «actuación política y méritos contraídos en la pasada campaña y probado espíritu nacional-
sindicalista»893
. Unha unión de cargos de Alcalde e xefe local do Movemento, da mesma maneira
que a realizada a nivel provincial, «sería más certera y eficaz la orientación de la autoridad
gubernativa en el estilo Nacionalsindicalista»894
. Mais esa determinación de nomear falanxistas
para os postos de xestión política municipal, para algúns sectores do Movemento non foi moi
convincente.
891
O detalle sobre a xénese e asuntos tratados pola revista Técnica no rexistro da Biblioteca Nacional de España
<http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?lang=es&q=id:0005163049&s=0> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. Sobre
o seu papel na Imprenta-Librería Celta, VV. AA. (2003): v. 23, 61, onde publicaron escritores coma Aquilino Iglesia
Alvariño, Xosé María Díaz Castro ou Manuel María. Sobre a súa filiación política, os Informes de la jefatura provincial del
Movimiento sobre los propuestos para la nueva comisión gestora de 1941, 2 e 7 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil,
Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. 892
As informacións anteriores recóllense en Gobierno civil de la provincia de Lugo: propuesta de comisión gestora,
14 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local; e no Informe de la comandancia de
la Guardia Civil sobre los concejales, 6 de xuño de 1941, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local,
Caixa 12704. 893
As citas anteriores no Parte mensual da provincia de Lugo do mes de xullo, agosto de 1941, AGA, SGM, DNP,
51/20555. 894
O Gobernador Civil Ramón Ferreiro estaba obsesionado con conseguir a unificación dos cargos políticos locais.
Repetiu en dúas ocasións máis, ao falar de orde pública da provincia de Lugo, sobre a necesidade de renovar as comisión
xestoras municipais da provincia colocando a «auténticos falangistas». O tenor do citado no texto, tamén o repetía sempre
que podía nos informes que enviaba a Madrid. Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en febrero
de 1941, 13 de marzo de 1941 e Informe sobre situación del orden público en la provincia de Lugo en marzo de 1941, 14
de abril de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20533. Tamén outro Informe sobre situación del orden público en la provincia de
Lugo en abril de 1941, 6 de maio de 1941, AGA, SGM, DNP, 51/20555.
387
Naquela disputa analizada en epígrafes do capítulo anterior sobre o nomeamento de
procuradores a Cortes de 1942, na que se viu involucrado Antonio Rosón Pérez, nun dos
documentos redactouse polo delegado provincial de Ex-combatentes Ramón Pita un parágrafo
sobre o Alcalde Portela Nogueira. Dicíase del que era «buen Alcalde como tal, enérgico y
emprendedor y el que no cabe duda tiene contento al vecindario». Outra cousa sería a súa
actitude como falanxista, pola que segundo Pita, o Alcalde «no merece la consideración de
bueno». Segundo o informante, Portela Nogueira sería coñecido entre a sociedade lucense por
ser un seguidor de Gil Robles, polo que á Falanxe «no le debe importar nada». Segundo esta
información, Portela era un monicreque en mans do Gobernador Civil e xefe provincial
Ferreiro: «es un producto de la colaboración que se ha buscado el Gobernador Civil»895
.
Monicreque ou non, Portela Nogueira conseguiu establecerse firmemente no posto principal
do pazo do concello da cidade da muralla; e moito máis aló no tempo que o Gobernador Civil
ao que lle debería renderlle contas, segundo os seus inimigos.
En canto ao funcionamento interno da xestora municipal de Portela Nogueira, houbo
facer fronte a situacións de desavinzas entre toda a comisión xestora e un único xestor
municipal. Sucedeu en outubro de 1943, cando se decretou o cese de Juan Blanco Miranda.
En xullo de 1943, a xefatura provincial do Movemento informou a Madrid sobre a actitude de
Blanco Miranda. Segundo a información, o xestor «no viene prestando la necesaria
colaboración a la labor municipal, convirtiéndose, por el contrario, en sistemático
obstruccionista de la misma, resultando poco favorable a su actuación». O seu cese solicitouse
para determinar a «buena marcha» da xestión municipal. Foi o mesmo Alcalde da cidade da
muralla, Manuel Portela Nogueira, o encargado de trasladarlle ao Gobernador Civil o cese de
Blanco Miranda en virtude da Circular de FET de las JONS do 18 de novembro de 1938 pola
que os alcaldes podían propor o cese de xestores municipais en casos extraordinarios. Debido
a que o denominado «sistemático obstruccionista» de Blanco Miranda estaría impedindo o
correcto funcionamento da xestora, o seu cese foi inevitable. Os documentos conservados sobre
o suceso dan poucas explicacións sobre a causa das desavinzas entre os xestores; aínda que neles
quedaron algúns indicios do que puido ocorrer. Segundo a documentación, a labor
«obstruccionista» do xestor municipal tería comezado cando se puxo en marcha un expediente
contra un traballador do concello que resultou amigo de Blanco Miranda. O que unía a Blanco
Miranda co funcionario queda escurecido pola ausencia de restos documentais desa relación;
mais si quedou recollido que o funcionario traballou na sección de exaccións municipais, e que
Blanco Miranda dedicábase ao oficio de axente comercial na cidade da muralla896
. Por iso, e en
consecuencia ao ton empregado polo informe referido a este suceso, pódese agardar que o
ocorrido estivese relacionado con cuestións económicas que relacionarían a Blanco Miranda co
empregado municipal.
895
Información instruída por orden de la Vicesecretaría General a fin de esclarecer la aptitud y actuación de las
Jerarquías Provinciales con ocasión de los incidentes ocurridos después de la designación de Procuradores a Cortes, 16 de
novembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20593. 896
Carta del Alcalde de Lugo al Gobernador Civil informando sobre Juan Blanco Miranda, 21 de xullo de 1943,
AHPLu, Goberno Civil, Secrearía Xeral, Administración Local, Caixa 12704. Informes de cese de Juan Blanco Miranda,
AGA, FAMI, 44/2543.
388
No lugar de Blanco Miranda foi nomeado José Antonio Herrero Prieto, considerado
polas autoridades como un home de «ideología de orden, sin filiación previa» que non militou
en FET de las JONS pero que si posuíu a condición de adherido. Os informes persoais de
Herrero Prieto indican que estivo avalado socio-politicamente pola a súa pertenza a unha familia
de comerciantes lugueses de boa posición económica; e a súa participación na guerra,
mobilizado como Complemento e chegando a ser Capitán de Infantería897
. Ao mesmo tempo
que fixo ese nomeamento de Herrero Prieto, o Gobernador Civil aproveitou para nomear a
Francisco Roca Calvo. Roca Calvo foi un modelo de elite completamente diferente a Herrero
Prieto, tanto no campo profesional coma no laboral. Roca Calvo foi empregado de comercio
que aparece rexistrado como militante de FET de las JONS de pleno dereito. Con anterioridade
a sublevación militar vivira unha intensa vida política relacionada co campo da dereita:
concelleiro de consistorios municipais anteriores a abril de 1931, ingresou na etapa republicana
na URD de Lugo, da que chegou a ser directivo. Esa participación na URD levouno a ser un
dos responsables da redacción do regulamento de 1933 que buscou crear un espazo único de
acción das dereitas ante a República. O seu compromiso coa dereita mantívose unha vez
iniciada a Guerra cando se encadrou na Milicia de España «siendo su actuación de franca
adhesión al Alzamiento Nacional»898
.
Un elemento a resaltar da natureza ideolóxica dos nomeamentos do Gobernador Civil é
o escaso interese da máxima autoridade provincial de nomear de maneira inmediata aos
candidatos propostos para as vacantes municipais. O Gobernador Civil á fronte do anterior
proceso descrito foi Santiago Vallejo Heredia, que aterrara na cidade da muralla en maio de
1943. O cese de Blanco Miranda produciuse en outubro de 1943, e o nomeamento de Herrero
Prieto e Roca Calvo foi en xaneiro de 1944. Vallejo Heredia acababa de chegar a unha cidade
nova, e debeu facerse co control do aparello político e do Movemento na provincia de Lugo.
De aí pode dilucidarse que a tranquilidade na decisión de extraer de entre os membros
adecuados da sociedade luguesa o nome dos candidatos se produciu pola necesidade daquel de
tomarlle o pulso ao Movemento. Ata o cambio político producido en 1945, Vallejo Heredia
debeu facer outra substitución máis que confirma esta hipótese planeada. En febreiro de 1944,
o comerciante Aquilino Yáñez García presentou a súa dimisión. No seu lugar, ese mesmo mes,
foi nomeado o tamén comerciante Germán Quintana Peláez, cargo para o que xa fora nomeado
en decembro de 1938. Desa maneira, a xestora municipal luguesa pasou o transo da época máis
falanxista da ditadura franquista.
897
Informe de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de José Antonio Herrero Prieto, AGA, FAMI,
44/2543. 898
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Francisco Roca Calvo, AGA, FAMI, 44/2543.
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 159.
389
5.4.3 O TRÁNSITO CARA A LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL
O Gobernador Civil de Ourense Antonio Martín Ballesteros realizou co nomeamento
de Alfredo Serantes Morais, o derradeiro cambio entre as xestoras municipais urbanas de
Galicia. Dende 1945, o paradigma cambiou; o marco no que se moveron gobernadores civís,
alcaldes e xestores municipais mudou dunha vez para sempre. Bufaron cambios dende o
interior e as costas de Europa que estaban a vivir o conflito mundial no que tres ideoloxías, tres
maneiras de entender a sociedade, a cultura, a política e a economía se enfrontaron máis ou
menos intensamente. Socialismo e liberalismo contra o fascismo e o nazismo. España
mostrouse sempre próxima aos principios fascistas e nazis alemáns e italianos, mostrando nos
discursos dos seus principais dirixentes a denominada xermanofilia: o pretendido gusto pola
masa que atende a discursos cheos de referencias a un pretendido futuro brillante para unha
nación española que tería pasado un momento de case desaparición por causa das ideas
perniciosas do liberalismo democrático representado polo demo da República.
Máis aló dos discursos prendidos de intencións inflamables, a ditadura pouco máis puido
facer por manterse económica e politicamente co persoal político de sempre. Se ao propio
partido que serviu coma sustento ideolóxico lle faltaron afiliados, persoas das que botar man en
casos de necesidade para cubrir espazos de xestión que ían quedando baleiros, que se puido
facer para construír unha ditadura estable e correctamente unificada? Por iso, o cambio do
vento imposto pola Segunda Guerra Mundial supuxo un cambio no modelo de construción da
ditadura franquista. Que a partires de 1945 a vitoria dos alemáns non estivese tan clara, obrigou
as autoridades ditatoriais a acomodarse ao contexto político europeo e mundial. Tal e como
quedou analizado no epígrafe do capítulo anterior sobre a percepción que autoridades
provinciais galegas tiveron sobre a evolución da Segunda Guerra Mundial, a cuestión imposta
polo devir externo dos acontecementos históricos foi a da supervivencia nun mundo sen
potencias fascistas. Os cambios lexislativos introducidos pola ditadura no ámbito municipal
foron un exemplo desa necesidade de cambio; ou mellor dito, de adaptación. Parir a idea da
democracia orgánica en oposición a corrompida democracia inorgánica foi un dos xiros
espectaculares do discurso político da ditadura; aínda que só sexa polo feito de introducir, sen
ningún tipo de inconveniente ou rubor —ou pudor—, un concepto tan aldraxado pola ditadura
coma o de democracia.
A futura vitoria dos aliados —xa vista polas autoridades provinciais galegas con meses de
antelación—, obrigou ás autoridades galegas a tomar posicións; a limitar os discursos incendiarios
de compromiso co fascismo europeo e a pensar noutras maneiras de facer os nomeamentos,
no seu caso, de xestores municipais e alcaldes. O traballo de reorganización de todo o sistema
local culminou na redacción e aprobación polas Cortes da denominada Lei de Bases de Réxime
Local, o novo marco no que deberon moverse as institucións municipais e provinciais. Todo o
proceso de configuración da normativa municipal debe comprenderse e entenderse na liña de
construción continua e no intento de consolidación da estrutura política da ditadura franquista;
da mesma maneira que sucedeu coa aprobación de dúas leis fundamentais coma o Foro dos
Españois e a Lei do Referendo Nacional, aprobadas naquel ano de 1945. A lei de bases non se
constituíu coma lei fundamental da ditadura, pero si se moveu na mesma liña pola que foron
390
creadas aquelas: polo intento da ditadura de demostrar que podería convivir na Europa das
potencias liberais vencedoras da Segunda Guerra Mundial; que España non sería un
contrincante, senón un aliado para as democracias contra o novo inimigo xurdido despois da
contenda mundial, o comunismo. No plano local, máis aló do novo marco legal, o que sucedeu
quedou en mans dos gobernadores civís provinciais; os homes con mando e praza nos territorios
que dominaron representando ao ditador. Con FET de las JONS da man, algúns gobernadores
civís congratuláronse de que todas as propostas de nomeamento saíran do Movemento:
«Proceden siempre de la Organización todas las propuestas de renovaciones totales o parciales
en las Corporaciones Locales, que sin siempre admitidas por el Gobierno Civil y por tanto
recaen constantemente los nombramientos en los camaradas propuestos»899.
As derradeiras modificacións que se produciron antes de 1945 configuraron un poder
político local a medida do que se supuxo que chegaría despois do final da Segunda Guerra
Mundial. Os epígrafes seguintes demostran que a idea que moveu aos gobernadores civís
galegos nos nomeamentos de alcaldes e xestores despois de xullo de 1945 foi que os que
deberon estar, estiveron, e os que aínda non chegaran a ocupar asentos nos pazos municipais
das cidades galegas, terían a súa oportunidade en meses posteriores. É evidente que o ruxerruxe
sobre a posibilidade de abrir o mundo municipal á participación dos galegos existiu entre as
xerarquías do Movemento e do goberno provincial; mais non quedou moi claro como os
lexisladores en Madrid chegarían a construír esa alternativa. Ante esa posibilidade, foi necesario
realizar os derradeiros cambios antes de que se producise a promulgación dunha nova lei; deixar
nomeados aos máis necesarios para, dese xeito, conservalos para o futuro no caso de que fosen
precisos. Os alcaldes das cidades galegas tomaran posicións ante o novo panorama cos xa
sabidos cambios de última hora debidos a ceses e chegadas de gobernadores civís novos. A
posición do resto de xestores foi moito máis precaria; mais sabendo todos eles que o feito de
manterse ou abandonar as cadeiras municipais residiu en contar co apoio dos máis fortes entre
os seus iguais e de actuar sempre seguindo o designio da maioría consolidada por aqueles.
Fosen empregados da banca; conselleiros en empresas esenciais para o funcionamento
dos municipios urbanos; farmacéuticos; catedráticos universitarios ou de instituto; conserveiros;
armadores; propietarios de negocios de importación e exportación; editores; xornalistas ou
propietarios de xornais, os xestores municipais souberon que os seus asentos movéronse
dependendo da correlación de forzas existente dentro do salón de plenos do pazo municipal
no que exercesen —e tamén polos movementos dialécticos en faladoiros nos bares, nas cafeterías
ou nas reunións das cámaras de comercio e da propiedade urbana. Establecer os nexos en
común entre eles, e contar co favor do Gobernador Civil e do Movemento, foron feitos esenciais
para manter a cohesión do grupo que formou a xestora municipal de calquera cidade galega. A
construción continuou, e o cumio aínda estaba moi lonxe de ser acadado.
899
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de agosto, setembro de 1943, AGA, SGM, DNP, 51/20615.
391
5.5 Polo camiño xa rozado: a consolidación da ditadura na Galicia urbana (xaneiro de
1945-1951)
O cumio fórono consolidando os gobernadores civís provinciais co paso do tempo. Os
representantes do poder central nas provincias foron os mestres de obras na complexa
construción institucional da ditadura. A iso, deberon sumar as dificultades que atoparon para
xestionar o día a día das súas provincias, tal e como quedou analizado en epígrafes anteriores.
Previamente ao cambio de escena xullo de 1945, os cambios na alta institución administrativa
provincial producíranse en anos anteriores. Os gobernadores que deberon facer fronte ao
cambio foron designados entre os anos 1942 e 1944. Dos catro gobernadores civís galegos, só
un nese momento non compartía a altura de principios de 1945 o seu cargo co de xefe provincial
do Movemento: o Gobernador Civil da Coruña. Emilio Aspe Vaamonde foi o derradeiro
Gobernador Civil e Diego Salas Pombo o derradeiro xefe provincial coruñés. Os dous, por
separado, deron a benvida ao novo Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento na figura
de Jesús María Iraola Palomeque. Diego Salas Pombo despediuse dos seus camaradas de FET
de las JONS o mesmo día no que Jesús María Iraola Palomeque tomou posesión do cago de
Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento no mes de marzo de 1945. A Salas Pombo
agardouno o mesmo posto —sumado ao de Gobernador Civil—, na provincia de Salamanca.
Segundo as crónicas do momento, tería marchado da Coruña un home do que todos os
falanxistas coruñeses deberían tomar bo exemplo. Seguindo a mensaxe da prensa provincial,
Salas Pombo «se entregó por entero al servicio de la Falange» coruñesa dando proba das súas
«excepcionales dotes personales, increíble capacidad de trabajo, espíritu falangista y sólida
formación». As crónicas puxeron o til en que Salas Pombo fora o encargado darlle vida a unha
Falanxe coruñesa que estaba a morrer no momento no que foi nomeado xefe provincial. Grazas
ao seu incansable traballo de proselitismo, Salas Pombo fora capaz de levar o Movemento aos
recunchos máis afastados da provincia da Coruña, conseguindo estender os ideais falanxistas alá
onde nunca antes estiveran. Grazas a iso, as elexías á súa figura dixeron que «contribuyó a crear
un ambiente de fervor patriótico y fe en la política del Caudillo, que contrastaba con la
insuficiencia antes existente». As mesmas crónicas de despedida dixeron que Salas Pombo fora
tamén o ombreiro no que todo falanxista coruñés puido apoiarse nos momentos de problemas;
sempre solícito cos seus camaradas, contou sempre cunha solución ou resposta que solucionase
os seus problemas. Alá onde fose, Salas Pombo «proseguirá prestando valiosos servicios a
España y a la Falange, colaborando eficazmente, como hasta aquí, en la política del Caudillo»900
.
As boas maneiras destacadas pola prensa sobre o efectivo traballo falanxista de Diego
Salas Pombo quedaron reflectidas nunha detalladísima memoria sobre o estado da provincia e
das comarcais que lle deixou ao seu sucesor Iralola Palomeque onde, o verdadeiramente
importante, foron as leccións que lle transmitiu sobre o funcionamento das xestoras municipais
e os problemas internos que portaban. Os documentos deixados por Salas Pombo a Iraola
900
La Voz de Galicia, 10 de abril de 1945: 1.
392
Palomeque convértense nunha verdadeira guía da historia, do presente e do que lle podería
deparar no futuro á FET de las JONS coruñesa e ao seu xefe provincial.
5.5.1 ESPINDO Á FALANXE CORUÑESA: OS INFORMES INTERNOS DE DIEGO SALAS POMBO A
DIEGO IRAOLA PALOMEQUE
5.5.1.1 Unha descrición das elites e da política da cidade de Santiago
Segundo Diego Salas Pombo, Santiago sería unha cidade cunha fonda tradición no
campo da dereita política. Con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936, os núcleos
de estudantes universitarios foran o centro da Falanxe santiaguesa. Xa con anterioridade, no
ano 1932, existiran as JONS fundadas polo profesor Santiago Montero Díaz. Segundo Salas
Pombo, entre 1934 e 1936 «la Falange de Santiago tuvo una cierta vitalidad», aínda que foi un
grupo de «reducida extensión». A ruptura da organización falanxista teríase producido en
febreiro de 1936 cando todos os seus membros foron sometidos a persecución por parte das
autoridades republicanas, especialmente o xefe local o falecido Víctor Muñoz. Despois del, e
xa iniciada a guerra, sucedéranse no cargo de xefe dúas persoas: Paz Santás e Casimiro Marras,
que debeu facer fronte a maneira de ser da cidade de Santiago, o que Salas Pombo definiu: «de
su ambiente blando y caduco, enquistado en concepciones políticas fosilizadas o en el
izquierdismo rabioso o galleguista de algunos Profesores de la Universidad». As disputas coa
CEDA nos inicios foron constantes, tendo coma único fin deslexitimar a acción de FE de las
JONS de Santiago. No seu informe, Salas Pombo definiu acusacións de ter deixado escapar do
cárcere a un «masón izquierdista» que el identifica con Santiago Girón. A iso habería que sumar
a presión de Felipe Gil Casares, por aquel entón republicano o «máximo influyente en la vida
local» que no momento de redactar o informe era maxistrado do Tribunal Supremo, cuxa
actividade «minaba el prestigio de nuestra Organización». Seguindo a liña dos problemas que
abafaron á FE de las JONS anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936, Salas Pombo describiu
no seu informe que durante a «Cruzada» a FE santiaguesa vivira unha «época realmente triste»,
totalmente baleira de persoal que marchou á fronte e sen orientacións políticas claras para
funcionar. Cando finalizou a guerra Casimiro Marra tomou o control da local santiaguesa
colocando a fronte dos servizos do partido a homes de diferente extracción social, diferentes
traballos, diferentes estudos..., que levaron á Falanxe de Santiago a considerarse «totalmente
deshecha e inexistente». Xa en 1940 Luis Legaz Lacambra, profesor de filosofía do dereito e
reitor da Universidade de Santiago, fora nomeado xefe da Falanxe santiaguesa; unha etapa na
que, segundo Salas Pombo, «inicia un proceso de vigorización» que se mantivo ata 1945.
Diego Salas Pombo aproveitou o informe para sinalar a algúns elementos de valor entre
os homes santiagueses dos que podería botar man o novo Gobernador Civil no caso de
necesitalos. Entre todos eles destacou Manuel López Sendón, o médico —que no momento de
ser redactado o informe era director do Sanatorio Antituberculoso da Choupana—, ao cal se
pode localizar na primeira xestora municipal sublevada do concello santiagués. O falanxismo
393
de López Sendón residiu no feito de que se presentou as eleccións de febreiro de 1936 coma
candidato a Cortes pola FE de las JONS; ademais de ter exercido como xefe provincial do
Movemento entre finais de 1939 e abril de 1940. Segundo Salas Pombo, López Sendón estivo
predestinado a ser considerado como o xefe natural da FE de las JONS da Coruña, pero a súa
vocación a medicina e o seu rexeitamento previo a ocupar ese posto levara a Hedilla a nomear
a outra persoa para o cargo. Salas Pombo tamén lle falou a Iraola Palomeque doutros homes
de «prestigio» na FET de las JONS de Santiago, que por unha cousa ou por outra non estaban
nos postos de dirección do partido. Primeiramente, Salas Pombo citoulle ao Gobernador Civil
a Manuel Rey Santamaría, un dos elementos fundadores da JONS de Santiago e xefe do SEU
que «fue a perder su ascendente» por unha serie de actuacións «poco afortunada[s]» á fronte da
comarcal santiaguesa durante a Guerra —das que nada se lle dixo a Iraola Palomeque—; o que
o levou a dicir que «carece de simpatías dentro de la mayor parte de Militantes, y aún podríamos
decir que de prestigio». Apareceu tamén na lista Casimiro Marra Rodríguez, un home definido
por Salas Pombo coma de «gran prestigio», e considerado un dos «más inteligentes que han
salido de la Falange de esta provincia». Finalmente, localizoulle a Iraola Palomeque o nome de
Antonio Vázquez de Cal, antigo xefe comarcal durante o inicio da sublevación militar de xullo
de 1936, e que ao parecer sempre segundo Salas Pombo, estaba retido en Francia despois de
que o avión no que regresaba dende Xena fose derribado. Con personaxes coma estes podería
contar Iraola Palomeque para executar o correcto funcionamento da local santiaguesa se quería
que esta acadase algún obxectivo.
Sumado a ese panorama descrito por Salas Pombo, o xefe provincial saínte reservoulle
ao novo Gobernador Civil máis sorpresas. A cuestión candente á altura de 1945 foi o papel de
FET de las JONS na política local da cidade santiaguesa. Segundo Salas Pombo, Santiago foi
unha cidade na que o «recelo santiagués continuó cerrando a la Falange todas las puertas y
continuó creándole dificultades, encerrándose en una actitud de fría reserva, cuando no de
marcada hostilidad». O xogo de Falanxe no concello era unha miraxe, a pesar de que estaba á
fronte do concello un ilustre falanxista coma José del Valle Vázquez:
«La política municipal santiaguesa ha tenido una tónica falangista durante la época en que
nuestro camarada José del Valle Vázquez, actual Jefe Provincial y Gobernador Civil en Cuenca,
ostentó la Alcaldía de aquella ciudad, aunque solo aparentemente. Y decimos aparentemente,
puesto que los problemas internos de aquel municipio, desde los de orden administrativo hasta
los de la disciplina del personal, continuaron sin resolver. La marcha de nuestro camarada del
Valle a Cuenca volvió a plantear en el Ayuntamiento de Santiago una situación de laxitud y
levantó nuevas protestas y un creciente descontento entre las gentes».
É dicir, que a solución de Jorge de la Riva Barba coma Alcalde santiagués non fora moi
ben recollida pola sociedade santiaguesa; concretamente entre os falanxistas da cidade. Porque
a Falanxe santiaguesa non funcionou nunca con corrección, excepto no lapso de tempo no que
Del Valle estivo á fronte da alcaldía santiaguesa. Esa situación na capital comarcal estendeuse a
toda a comarca de Santiago. Segundo Salas Pombo, a comarcal santiaguesa funcionou
irregularmente sumida nunha situación que «era muy desordenada, y las cosas se hacían siempre
a uña de caballo». As cabezas reitoras —o que Salas Pombo cualificou coma «minoría
espléndida»—, debeu loitar cunha «masa ausente siempre y falta de interés por nuestras cosas».
Unha institución na que se puido apreciar a separación entre Falanxe e determinados grupos
394
sociais da cidade foi a Universidade. O informe de Salas Pombo describiu unha situación
interna dicotómica: «es nuestra en los estudiantes; pero no lo es en los profesores». Salas Pombo
advertiu a Iraola Palomeque do feito de que na Facultade de Medicina existía un grupo de
profesores que facía a vida imposible a aqueles docentes que «no sea gallego» obrigándoos a
abandonar; un grupo que «monopoliza de esta forma a todos los enfermos pudientes de la
región que van a consultarse a Santiago». Fronte ao denominado por Salas Pombo coma «núcleo
izquierdista» que era medicina, situou o núcleo de filosofía, que contaba con 3 catedráticos
numerarios: dous deles definidos como militantes e «el otro rojo»; e en dereito había «elementos
francamente afines». Polo tanto, Salas Pombo resumiulle a Iraola Palomeque que a política de
Falanxe tería que apoiarse nos alumnos, que foron os verdadeiros militantes.
De toda esta disertación, Salas Pombo instruíu a Iraola Palomeque sobre a maneira de
ser dos santiagueses, que debería ser o que verdadeiramente lle preocupase ao novo
Gobernador Civil. Salas Pombo abriu esa sección informativa do seu informe sobre Santiago
dicindo que a cidade non era «lo que se dice una población “de derechas”». Segundo os cálculos
de Salas Pombo, habería unha elevada porcentaxe de comunistas e de masa obreira; o que non
debería ser atranco para que moitos considerasen esta urbe coma de dereitas pola existencia de
«familias acaudaladas» e ao «ambiente patriarcal que parece respirarse». Salas Pombo escribiu
que as relacións políticas e económicas en Santiago movíanse pola relación entre estas familias
cos cóengos da Catedral. Salas Pombo deulle a Iraola Palomeque un dato sobre o aforro e
poder económico daquelas: segundo os seus cálculos, habería depositados 400 millóns de
pesetas nos bancos da cidade «sin producir», o que era «índice de la mentalidad de la gente de
allí». Segundo Salas Pombo, a clase poderosa santiaguesa foi un grupo totalmente incapaz de
penetrar coa súa influencia entre a masa obreira. A proba podería localizarse en que Juan Gil
Armada, o marqués de Figueroa, fora Alcalde por un período de tempo. Mais a pesar de ser
«un perfecto caballero» non conseguira realizar nada no ámbito municipal. Outros que se
situaron na esfera de control da cidade santiaguesa foron os elementos do tradicionalismo
santiagués, que segundo Salas Pombo deberían ser considerados sinceramente ante a ausencia
de falanxistas de primeira hora. O exemplo do Alcalde José del Valle debería ser tido en conta
por Iraola Palomeque para comprender o poder do sector tradicionalista na FET de las JONS
santiaguesa, onde estaba perfectamente integrado. Polo demais, Salas Pombo afirmou que todos
os demais grupos da dereita «han torpedeado a la Falange de Santiago desde su nacimiento y
muy especialmente el comenzar el Movimiento». Iraola Palomeque debería ter especial coidado
con todos aqueles «tipos de los que se llama de “derechas”»; homes que segundo palabras de
Salas Pombo estarían «dispuestos a aliarse con el mismo diablo [que] son muy frecuentes en
Santiago». Salas Pombo recomendoulle ao seu substituto «poner en cuarentena todas las gentes
que se llaman de derechas y no proceden del campo carlista, toda vez que los carlistas fueron
los únicos que tuvieron una actitud resuelta, decidida y caballerosa para con nosotros».
Esta situación tería afectado á política municipal santiaguesa, que estaba a vivir, no
momento no que escribiu Diego Salas, nun auténtico «problema municipal». Iraola Palomeque
debería entender a cidade coma un «viejo hidalgo, que quiere mantener su rango y su nivel de
vida, aun contando con muy escasos medios». A conclusión de Salas Pombo non puido ser
máis categórica: o concello de Santiago estaba «completamente empeñado». Del Valle Vázquez
realizara unha tarefa de engrandecemento da cidade, pero a súa labor centrárase no que máis
395
preocupaba ás autoridades de todos os niveis: os abastecementos. Desa maneira, as cuestións
de administración e tesourería municipal quedaran nun curruncho á espera de que alguén
tomase cartas no asunto. A corporación encabezada por Jorge de la Riva Barba, que foi a que
estaba no poder na cidade no momento da chegada de Iraola Palomeque á Coruña, foi
cualificada por Salas Pombo como «endeble» nos seguintes termos: «[...] el Alcalde, excelente
persona, carece por completo de energía y de carácter». Segundo o testemuño de Salas Pombo,
dentro da xestora habería «discrepancias» co primeiro Tenente de Alcalde, Ángel Porto Anido
—do que Salas Pombo escribiu que era un home «de gran arraigo social, que hacen puede ser
excelente Alcalde, a pesar de su extremada juventud». O relato de Salas Pombo pode resumirse
en que o novo Gobernador Civil e xefe provincial debería nomear unha xestora municipal
santiaguesa completamente renovada canto antes; unha xestora que «solucione los numerosos
problemas que allí existen»901
.
5.5.1.2 A Falanxe coruñesa ante o Alcalde ferrolán Eduardo Ballester
Salas Pombo comezou o seu informe sobre o funcionamento da cidade de Ferrol
realizando unha pequena historia da Falanxe ferrolá para que Iraola Palomeque se enchoupase
do espírito político da cidade departamental. As JONS da cidade departamental constituíranse
a finais de 1932 «o principios» de 1933. Salas Pombo continuou dicindo que despois da
unificación de FE de las JONS «la Falange ferrolana fue una de las mejores de Galicia». Os
considerados por el coma «mandos naturales» da Falanxe ferrolá estaban mortos: Juan Balás;
Rodríguez Sanjurjo; Sandino; Alfonso Rivera; Guillermo Muñiz... O único sobrevivinte do
grupo primixenio da Falanxe santiaguesa foi Jesús López Suevos, que no momento dende o
que informou Salas Pombo era Conselleiro Nacional do Movemento e anteriormente xefe
territorial de FE de las JONS de Galicia. Mais, segundo Salas Pombo, non tiña entre os
falanxistas ferroláns e coruñeses moi boa fama por ter sido destituído dese último cargo polo
propio José Antonio: «se admiran sus excepcionales facultades de orador y sus magníficas
condiciones personales, pero se deplora su actuación anterior al Movimiento y su actitud a lo
largo de la Cruzada de Liberación». De entre os membros da Vieja Guardia, o máis destacado,
aínda que en palabras de Salas Pombo un home «un tanto raro», foi César Díaz Corral, que era
delegado comarcal da Vieja Guardia e que posuiría un forte ascendente entre os membros da
Falanxe ferrolá. Esas rarezas da súa vida —enténdese que algo ten que ver cunha vida disoluta,
que no momento de redactar o informe xa non levaría—, creáranlle unha certa mala fama entre
os veciños da comarcal. Diego Salas aconsellou a Iraola Palomeque que o seu nome, polo tanto,
debería quedar fóra de calquera listaxe para nomear cargos municipais ou provinciais.
Antes do golpe de Estado de xullo de 1936, a FE de las JONS estivo dividida entre os
seguidores de Alfonso Rivera e os de César Díaz del Corral. Dada esta división, a provincial
tivera que mediar entre as dúas faccións para evitar «un verdadero cisma». Unha vez se iniciou
901
Todas as citas do epígrafe proceden do documento: Falange de Santiago. Antecedentes e Historia. Informes de
la situación política de las diferentes Jefaturas Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666.
396
a guerra civil, fíxose cargo da xefatura local Rodríguez Sanjurjo —morto nun accidente de tráfico.
Foi substituído de maneira interina por Óscar Pastor León —que foi xestor na primeira xestora
sublevada da cidade departamental. Finalmente, chegou ao cargo de xefe local Alfonso Rivera,
morto a consecuencia dunha enfermidade despois de participar na Guerra. A historia por tras
do mandato local de Rivera radicou, segundo Salas Pombo, no feito de que aquel tería actuado
movido polo seu secretario particular, José Balás —que foi xestor na primeira comisión xestora
confirmada polos sublevados—, que era irmán de Juan Balás, o considerado por Salas Pombo
como «Jefe natural de la Falange ferrolana» que fora asasinado polos republicanos e, segundo
testemuño de Salas Pombo, un dos elementos «más nocivos y nefastos en la vida de la Falange
ferrolana y de él públicamente se ha dicho muchas veces que era masón». A Juan Balás
substituírao Fermín Zelada de Andrés Moreno —que no momento de escribir o informe era
Gobernador Civil e xefe provincial nas Palmas. A carreira de Balás acabou en outubro de 1941,
e Salas Pombo aproveitou ese punto para dicir del que foi o «prototipo del rencoroso y del
resentido, que creaba con ello serias dificultades a la Falange, al enfrentarla de hecho con las
Autoridades Militares de Marina, cuya influencia en la vida local de El Ferrol del Caudillo es
tan notoria». Despois de Zelada de Andrés ocupou o posto Óscar Pastor León, que a xuízo de
Salas Pombo tería levantado o ánimo da Falanxe ferrolá. Despois del foi nomeado Francisco
Montenegro Cabezas que «ha sabido darle un vigor extraordinario a la Falange, que puede
decirse ha logrado de hecho unos cuadros perfectamente conjuntados». Tanto Pastor León
coma Montenegro Cabezas ocuparon postos na xestora municipal ferrolá ao longo da primeira
etapa da ditadura. Grazas a eles dous, no momento da redacción do informe de Salas Pombo,
Ferrol sería un exemplo de «disciplina en estos tres años últimos».
Se na local parecía estar todo solucionado, o problema máis importantes da xefatura
provincial descrito por Salas Pombo estaría na xestora municipal da cidade departamental. Os
membros do partido laiábanse de que a corporación actuaba dunha maneira errática,
especialmente o Alcalde Eduardo Ballester Peris. Dos xestores dixo Salas Pombo que «estaban
muy poco acordes con los principios fundamentales de nuestro modo de ser». O Alcalde non
se relacionaba coa disciplina debida coa xefatura provincial do Movemento. Eduardo Ballester
foi, en palabras de Salas Pombo este individuo:
«Un sentido caduco de la publicidad, una desmesurada propagada de la labor municipal y una
presunción personalísima, que hería continuamente suspicacias y motivaba continuos
resquemores y roces con la Marina, hicieron que nuestro camarada Eduardo Ballester Peris,
Alcalde de El Ferrol del Caudillo, perdiera la gran parte del prestigio que había ganado por su
espíritu emprendedor y la labor desarrollada en los tres primeros años de Alcaldía».
Segundo Salas Pombo, as autoridades militares teríanse queixado ante a xefatura
provincial sobre a actuación de Ballester; en concreto os xenerais Soláns e Cayuela que, en
conversas discretas —así as definiu Salas Pombo—, manifestaron o seu malestar coa actuación e
disposición do Alcalde. Incluso o xefe do Estado Maior do departamento marítimo de Ferrol,
contraalmirante Díez del Río, se tería expresado nos mesmos termos. A idea que quixo
transmitir Salas Pombo a Iraola Palomeque foi que debería ter moito coidado con Ballester
Peris; ao que se entende lle gustaría andar por libre. Ballester era adherido, non militante de
FET de las JONS. Para tentar solucionar a situación de tensión, a xefatura provincial definiu
397
unha situación intermedia para o seu suposto problema de participación no partido de Ballester
Peris: facerlle o carné de militante. Esa tería sido unha «solución conciliadora» que buscou
establecer unha relación máis cordial e directa entre o partido e o Alcalde co fin de que
«terminasen resquemores y recelos». No momento de designar un representante dos concellos
nas Cortes, Ballester teríase manifestado «extraordinariamente molesto» ao saber que non sería
el o procurador, senón o Alcalde santiagués Del Valle Vázquez. Segundo o testemuño de Salas
Pombo, nese punto Ballester Peris atreveuse a exercer presión sobre a xefatura provincial: un
emisario do Alcalde ferrolán viaxou A Coruña para transmitir que toda a xestora de Ferrol
dimitiría no caso de que Ballester non fose nomeado procurador en Cortes; e segundo o escrito
por Diego Salas, «añadía una razón de amistad con el mismo [Franco], que sólo existía en la
imaginación de Ballester». A decisión da xefatura foi indiscutible «(tan indiscutible que hoy Del
Valle es Gobernador)». Para volver limar as tensións, a xefatura provincial envioulle a Ballester
unha carta na que se lle dicía que a elección non respondera a intereses persoais ou de
«menosprecio a la ciudad», senón que o nomeamento de Del Valle correspondera a unha
cuestión política: o nomeado era de ascendente tradicionalista, e estaba ben que un home desa
familia ocupase aquel posto de procurador. A carta tería exercido, segundo Salas Pombo, un
efecto instantáneo de mitigación; pero non durou máis aló do verán de 1943 e novembro de
1943, cando volveron aparecer as disensións.
Foi naquel momento no que sucederon os feitos relacionados coas festas de Ferrol
relatados nun epígrafe anterior do presente capítulo. Naquelas festas «los gigantes y cabezudos
colocaron una corona en la Cruz de los Caídos». Ese feito provocou que incluso as autoridades
militares solicitasen a destitución do Alcalde Ballester Peris. Despois do suceso descrito, o xefe
provincial solicitara ao Gobernador Civil Aspe Vaamonde a destitución de Ballester. A mala
fortuna determinou que Salas Pombo enfermase e deixase o seu posto durante uns meses
exactamente no momento no que o Gobernador Civil Aspe Vaamonde comunicou a Ballester
Peris a solicitude do seu relevo por parte do partido. Diego Salas Pombo escribiu no seu
informe que Ballester marchou a fume de carozo a Madrid a visitar ministros e a realizar
xestións ata conseguir «que se le repusiera en el puesto con una mención laudatoria». A xuízo
de Salas Pombo a actitude de Ballester Peris durante todo o tempo no mando do concello da
cidade departamental
«era intolerable, haciendo objeto públicamente de los más duros calificativos al Jefe provincial,
llegando al ataque personal y encerró su actitud en la afirmación de que él no conviviría un solo
momento como Alcalde con aquel Jefe provincial [refírese a Salas Pombo]».
As declaracións de Ballester Peris constituíron para Salas Pombo unha auténtica
declaración de intencións en contra de FET de las JONS. Cando o xefe provincial regresou da
súa convalecencia, atopouse coa situación crítica da FET de las JONS de Ferrol: «totalmente
deshecha, dividida, algunos de nuestros camaradas sufriendo persecuciones». Foi naquel
momento cando se nomeou a Francisco Montenegro Cabezas á fronte do Movemento
departamental. Este, en palabras de Salas Pombo, tería colocado aos mandos adecuados para
realizar os cambios precisos engraxando o funcionamento do partido. A xefatura provincial,
ante a perennidade de Ballester Peris á fronte da alcaldía ferrolá, acudiu á Secretaría Xeral do
Movemento e ao xefe da Casa Civil de Franco para expoñer a situación que se vivía co Alcalde.
398
Dende as xerarquías visitadas foilles prometido que Ballester sería destituído «tan pronto se
propusiera». Salas Pombo indicoulle ao seu substituto que, a pesares de todos os movementos
políticos, a xefatura de Salas Pombo volveu a optar por unha actitude conciliadora co Alcalde e
a corporación ferrolá, que comezou a acudir aos actos de Falanxe despois de non ter asistido
con anterioridade.
«Como nota pintoresca, hemos de hacer presente que a lo largo de estos años no vestía uniforme
ni usaba símbolo alguno de la Falange; iba a las recepciones oficiales, entre Generales y Jefes
con uniforme de gala, vistiendo un traje castaño oscuro y sombrero flexible del mismo color».
A xefatura provincial falou de «victoria indudable» na lidia coa corporación ferrolá.
«Ballester había depuesto su actitud de hostilidad, aviniéndose a razones y dándose cuenta de
lo infundado e improcedente de su actitud». Mais o Alcalde seguiu actuando como alguén alleo
a Falanxe. En resumidas contas, o testemuño de Diego Salas Pombo indicoulle ao seu sucesor
que Ballester era un home que «posee magníficas condiciones» pero que «carece de la más
elemental proporción de estilo falangistas»; un home definido como «bastante pegado de sí
mismo». FET de las JONS entendeu que era un home que tomaba a iniciativa, pero con
decisións «bastante gravosas» para o presuposto do concello. Por iso, unha das primeiras
cuestións ás que se debería enfrontar Iraola Palomeque sería a de buscar un substituto para
Ballester; mais sería «un problema encontrar quien cargue con el poco agradable papel de pagar
todas las deudas de Ballester». Fose cal fose a decisión que adoptase Iraola Palomeque, debería
contar coa opinión da Mariña, porque segundo Salas Pombo todo o que se facía en Ferrol debía
contar coa súa opinión. Dentro do corpo da Mariña había membros de FET de las JONS que
poderían servir para articular a actividade do partido. O outro punto de apoio no proceso de
renovación da xestora ferrolá debería ser o bispado de Mondoñedo, que estaba en mans do
que fora bispo da diocese e no momento da redacción do informe bispo de Oviedo e
administrador mindoniense, Arriba de Castro, home que fomentara de maneira extraordinaria
a AC no norte de Galicia.
Mais se para Salas Pombo un problema foi o Alcalde Ballester, o verdadeiro problema
político ao que debería enfrontarse Iraola Palomeque residiu na industria naval, onde existiría
un «núcleo obrero» que se cifraba en case 8000 persoas; xente da que se dixo estivo
«envenenada y dentro de ella hay elementos levantiscos». A ferrolá sería a comarca
politicamente máis perigosa de Galicia, segundo a opinión do xefe provincial que marchaba.
Dentro da construtora naval había membros de FET de las JONS nos que se podería apoiar o
novo Gobernador Civil para difundir os ideais do partido entre amasa obreira; mais
«frente a ellos hay un núcleo izquierdista y rojo, en el que se cuenta mayor parte de los individuos
expulsados de la Marina y del Ejército que, por una pura casualidad, tan pronto eran expulsados
de la Marina o del Ejército o salía de la cárcel, encontraban en la Constructora Naval espléndidos
enchufes».
Sobre eles estaban os enxeñeiros e o corpo de traballadores cualificados: unha especie
cualificada como «casta» con grande predicamento entre os obreiros. Segundo Salas Pombo,
aquela «casta» contaba cunha tara que se demostraba nas festas as que acudían, onde
demostrarían un marcado espírito de inferioridade ao «carecen de uniforme» do partido ou da
Mariña. Salas Pombo pechou o seu informe sobre a cidade advertindo a Iraola Palomeque de
399
que «Ferrol ha sido la población más roja de Galicia». Amais, a represión exercida na zona
creara un «verdadero resentimiento» contra os membros do partido e do Estado. Porén, a
Falanxe ferrolá, a pesares de todos os movementos en contra, era forte e unha das máis potentes
e vigorosas da provincia e do norte de Galicia902
.
5.5.1.3 A Falanxe na cidade da Coruña
Por se toda a información expresada ata o de agora fose pouco para Iraola Palomeque,
na capital provincial tamén lle quedaron problemas para resolver ao novo Gobernador Civil e
xefe provincial do Movemento. O problema da local coruñesa parecía ser grave, porque o
informe sobre a xestora da capital provincial titulábase «El pleito municipal de La Coruña».
Diego Salas comezou por dicir que a «alcaldía de La Coruña había sido el mayor quebradero
de cabeza que ha tenido la Jefatura Provincial del Movimiento durante estos últimos tres años».
Segundo o seu testemuño, en 1941 houbo unha corporación que «mostraba escaso interés y el
mínimo celo en el cumplimiento de la función a ellos encomendada». Foi aquela a corporación
encabezada polo Alcalde José Crespo López, membro de FET de las JONS, e cualificado coma
«excelente persona, pero hombre esencialmente bondadoso». Con todo, a opinión de Salas
Pombo sobre Crespo López foi a fun home que careceu de «energía, además de sentirse
ahogado por el cargo» o que provocou que carecese de autoridade sobre o resto de xestores
municipais. Crespo, segundo o relato de Salas Pombo, tería solicitado ao Gobernador Civil que
algúns dos xestores da súa corporación fosen cesados e se colocasen novos homes cos que el
tiña relación profesional ou de amizade.
Aproveitando esa demanda do Alcalde coruñés, a xefatura provincial considerou a
proposta oportuna; proposta que chegou ao Gobernador Civil Aspe Vaamonde que a aprobou
e a elevou ao Ministerio de Gobernación, aprobándoa para tomar posesión o 21 de abril de
1942. Pero a situación de inestabilidade continuou sendo a mesma de antes, o que provocou
que o conxunto da xestora municipal presentarse a dimisión. Segundo Salas Pombo, a xestora
que naceu o 29 de abril de 1943 foi elaborada polo Gobernador Civil Aspe Vaamonde, por el
mesmo coma xefe provincial e polo home que ocuparía a alcaldía da cidade herculina: José
Pérez Ardá. Mentres a nova xestora non se formulou —precisaron de entre seis a sete meses
para tela finalizada—, o Alcalde en funcións foi Diego Delicado Marañón. Cando a nova xestora
se constituíu definitivamente, comezou cun «error fundamental» a xuízo de Salas Pombo:
separar as funcións de presidente de comisións das de Tenente de Alcalde poñente. Esa
situación tería provocado friccións entre os membros da xestora que «cristalizó en rupturas
formales y en una falta de unidad interna en la Corporación verdaderamente lamentable». Pérez
Ardá non tería executado a súa labor como cumpriu. Diego Salas Pombo atribuíulle relacións
con elementos monárquicos e democráticos que supostamente minarían a súa moral,
converténdoo nun derrotista —condicionante que se producía en plena Segunda Guerra
902
Todas as citas do epígrafe proceden do documento: Falange de Ferrol del Caudillo. Antecedentes e Historia.
Informes de la situación política de las diferentes Jefaturas Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666.
400
Mundial. Pérez Ardá, tería actuado coma un cacique; a alcaldía foi para el «un trampolín para
acreditar su bufete de abogado». A súa «actitud caciquil» provocou a intervención da Dirección
Xeral de Sanidade por ter feito un concurso para cubrir unha vacante no que o seu irmán
político se tería visto axudado por funcionarios municipais. Do mesmo xeito que fixo o seu
homólogo ferrolán, Pérez Ardá tampouco foi aos actos públicos organizados por FET de las
JONS.
«Pérez Ardá perdió por completo el prestigio ante los ojos de la ciudad y fue considerado por
la totalidad del pueblo de La Coruña como un fracasado en el Ayuntamiento. Pero todavía Pérez
Ardá pretendía que se le renovase la Corporación, y en este punto la Jefatura Provincial no pudo
estar de acuerdo con él, toda vez que hubiera sido dar una verdadera sensación de inestabilidad
al renovar otra vez la Corporación, y el gastar innecesariamente a otro grupo de falangistas».
Efectivamente, o 21 de abril de 1944 Pérez Ardá cesou oficialmente do cargo de Alcalde
da cidade herculina. A xefatura de Salas Pombo comezou a barallar nomes para o posto:
Eduardo Vila Fano, enxeñeiro e xestor nunha xestora liderada por Pérez Ardá; Julio Fernández
España, outro enxeñeiro ou Julio Vázquez Peña, médico e con experiencia no mundo
municipal. Porén, o Gobernador Civil Aspe Vaamonde interesouse polo delegado provincial
da Fronte de Xuventudes, Enrique Salgado Torres. Segundo Salas Pombo, Gobernador Civil,
aproveitando a necesidade de nomear un novo Alcalde, tería pretendido modificar toda a
xestora municipal; ao que a xefatura provincial respondeu que unicamente se debería nomear
un novo Alcalde, polo que o nomeamento de Enrique Salgado Torres debería ser a única
modificación. Mais chegou o verán e a visita anual do ditador Franco ao pazo de Meirás.
Segundo Salas Pombo, o contexto estival tería sido aproveitado polo Gobernador Civil Aspe
Vaamonde para entrevistarse con axudantes próximos a Franco e membros da Casa Civil do
mesmo falándolles en «términos despectivos y gravemente ofensivos contra determinadas
jerarquías provinciales de la Falange», ás que, segundo Diego Salas, «menospreció»;
queixándose tamén de que o proposto para Alcalde fose Enrique Salgado Torres, ao que el
mesmo lle dera o visto bo.
A situación na Coruña era aquela cando no mes de outubro a xestora municipal visitou
a xefatura provincial para informala de que todos dimitirían do seu cargo por non haber aínda
un Alcalde nomeado e polos comentarios que sobre eles realizara o Delicado Marañón que
renunciou ao seu cargo. Segundo transmitiron ao xefe provincial Salas Pombo os xestores que
se reuniron con el, Delicado Marañón iniciara movementos para configurar unha nova xestora
e que o Gobernador Civil estaba a pensar nel seriamente para ocupar o posto de Alcalde da
Coruña. O nome de Enrique Salgado Torres seguiu sonando durante todo o período de tempo,
e mesmo foi aceptado definitivamente polo Gobernador Civil Aspe Vaamonde. Pero mentres
ese nomeamento non se declarou, exercera o cargo de Alcalde interino Luis Julio Vázquez
Peña, que se descubriu ante as xerarquías provinciais con «magníficas condiciones para
desempeñar la Alcaldía». A recomendación que Salas Pombo fixo a Iraola Palomeque foi que
buscase unha solución «ecléctica que no venga a dar la razón a ninguna de las partes en litigio».
Vázquez Peña convertérase, a xuízo do partido de Salas Pombo, no «Alcalde indiscutible,
admitiendo la superioridad de Vázquez Peña sobre cuantas personas han estado en la Alcaldía».
Diego Delicado, aínda sendo unha persoa «excelente» facía gala dunha «extravagancia y de una
401
ligereza propias de su temperamento meridional, que le hacen, a nuestro juicio, incapacitado
para ostentar puesto de tanta responsabilidad»903
. A solución ao crebacabezas coruñés aínda
debeu agardar uns meses máis.
903
Todas as citas do epígrafe foron extraídas de: El pleito municipal de La Coruña. Informes de la situación
política de las diferentes Jefaturas Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666.
402
5.5.2 OS GOBERNADORES ANTE AS CIDADES GALEGAS: OS CAMBIOS ANTERIORES Á LEI DE
BASES
Como queda recollido nas liñas anteriores, a cuestión da política municipal coruñesa
quedou en precario coa marcha do Gobernador Civil Emilio Aspe Vaamonde e do xefe
provincial do Movemento Diego Salas Pombo. Por primeira vez unha única autoridade debeu
poñer en orde a relación entre o partido e as xestoras municipais nunha hora tan grave coma a
que estaba a chegar, segundo a percepción interna das autoridades da ditadura. O panorama
descrito por Salas Pombo non resultou moi positivo para o novo Gobernador Civil e xefe
provincial do Movemento. A cantidade de información que recibiu do seu predecesor foi
inxente e describía claramente que foi o que se moveu dentro das xestoras municipais urbanas
da provincia coruñesa. A cuestión que debe seguir aos informes de Salas Pombo é a resposta
que Iraola Palomeque, recente chegado da súa Pamplona natal, deu aos comentarios e
recomendacións tan detalladas de Diego Salas Pombo.
A resposta de Iraola Palomeque foi un rotundo non a todo o planeado por Salas Pombo.
No caso de Santiago, a xestora municipal de Jorge de la Riva Barba mantívose sen cambios
exceptuando o nomeamento de Ramón Lago Aller en lugar do xestor Manuel Montero
Quiroga, falecido en decembro de 1945. Na cidade de Ferrol produciuse unicamente o
nomeamento de Eduardo Lodeiro Martínez en abril de 1945. Finalmente, capital provincial
non se produciu nin un só movemento de xestores; amais, nada se sabía do nomeamento dun
novo Alcalde, posto que continuou exercendo en funcións Luis Julio Vázquez Peña. Tampouco
tivo moito tempo para facer cousas novidosas e seguir os consellos de Salas Pombo o
Gobernador Civil Iraola Palomeque. Nomeado en marzo de 1945, en decembro dese mesmo
ano foi decretado o seu cese no posto. Foi menos dun ano o tempo que se mantivo no posto o
militar falanxista, inhabilitado para realizar calquera tipo de cambio de fondura suficiente para
perdurar. O substituto de Iraola Palomeque, Antonio Martín Ballesteros, si tivo tempo de
realizar cambios; porque chegou ao posto con ganas de realizalos declarando no momento de
tomar posesión do seu cargo que «en estos momentos la Falange debe estar más unida que
nunca alrededor de Franco, con el pensamiento puesto en España»904
.
Antonio Martín Ballesteros, como anterior Gobernador Civil de Ourense, realizara
pequenos cambios na xestora municipal de Ourense en maio de 1945. Unha xestora municipal
na que Jaime Fernández e Manuel González Rodríguez cesaron no seu cargo e foron nomeados
catro homes para cubrir os postos que aínda estaban sen ocupar. Un dos novos xestores
municipais de Ourense foi médico Julio García Pérez; antigo concelleiro durante a ditadura de
Primo de Rivera e encadrado en FET de las JONS dende 1934, tendo colaborado durante a
Guerra na axuda aos feridos. García Pérez aparece nos documentos internos de FET de las
JONS como anterior xefe provincial de segunda liña da Falanxe de Ourense; e no momento de
ser nomeado actuaba como delegado provincial de Sanidade na provincia. Home da vieja
guardia sometérase ao proceso de depuración do partido acadando a posición de militante905
.
904
La Voz de Galicia, 7 de decembro de 1945: 2. 905
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Julio García Pérez, AGA, FAMI, 44/2778; BMFET, 191: 2183.
403
Outro dos nomeados foi Vicente Reus Cid, tamén participante dos instrumentos de
mobilización da antiga FE de las JONS con anterioridade a sublevación de xullo de 1936. O
seu informe persoal do Movemento indica o seu encadramento no SEU madrileño, onde tería
realizado unha «activa propaganda en favor de la misma». A sublevación militar de xullo de
1936 atrapouno en Madrid, onde foi encarcerado «habiendo estado con tal condición en la
checa de “Fomento” de Madrid»; de alí tería marchado cara a embaixada de Panamá onde
obtivo documentación falsa para embarcar en Valencia dende onde volveu a ser detido polos
republicanos. Unha vez finalizada a Guerra, volveu a Madrid para acabar os seus estudos e ser
delegado do SEU da escola de Enxeñeiros de Montes906
. Unha vida máis tranquila durante a
Guerra pasaron outros xestores nomeados en Ourense. Arturo Cejo Gómez foi un home que
segundo os informes careceu de calquera tipo de filiación política previa, manifestándose
próximo as dereitas. Aqueles mesmos informes sitúano encadrado nas milicias cidadás de
segunda liña dos Caballeros de Santiago907
. No salón de plenos do concello da cidade das Burgas
entrou tamén o comerciante e empresario José Perille Garra. Aínda que nos informes oficiais
que o levaron ao posto de xestor municipal reflicten que careceu de calquera significación
política durante a República, é coñecido que participou na sinatura do manifesto impulsado por
Vicente Risco para iniciar na cidade das Burgas o proxecto dun partido galeguista de dereitas
que seguise o modelo da DG pontevedresa. Unha vez se iniciou a sublevación de xullo de 1936,
Perille Garra teríase presentado ante as autoridades militares para organizar un servizo de
transporte —a súa familia era propietaria dun taller de vehículos ademais dunha ferraxaría—,
encadrándose consecuentemente en FET de las JONS908
.
Na cidade de Vigo, Luis Ponce de León aceptou a dimisión de Jesús Carrera Portela o
14 de xullo de 1945. O destino quixo que tres días despois se publicase o maior cambio legal e
instrumental do mundo local de toda a ditadura franquista en forma de Lei de Bases de Réxime
Local. Nun momento tan solemne do calendario oficial de celebracións ditatoriais, un 18 de
xullo de 1945, Franco realizou uns pequenos apuntamentos sobre unha lei que tomara, segundo
el mesmo expresou nun discurso, «cinco años de estudios y trabajos». Segundo a opinión que
o ditador tiña escrita, a Lei de Bases sería a manifestación dun dos principios esenciais do
Movemento: a necesaria «colaboración de los españoles a las funciones públicas». A lei
pretendía ser unha síntese da tradición municipal española e das novas ondas de cambio que
chegaran ao solar ibérico durante a modernidade. Con todo, Franco expresou nas súas palabras
sobre a Lei de Bases que coas ideas vidas dende fóra habería que ter moito coidado:
«En ella se ha recogido de nuestras viejas tradiciones cuanto pudo ser aplicable al momento
presente, y de los tiempos modernos las lecciones que nos ofrecieron los Municipios al ser
invadidos por los viejos políticos que hacían imposible la convivencia municipal, sacrificada a
los egoísmos ya a las pasiones políticas de las facciones».
Segundo as autoridades ditatoriais, o que buscou a nova lei ditatorial foi que os concellos
recuperasen o seu valor tradicional; aquel pretendido valor intrínseco dos concellos españois
906
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Vicente Reus Cid, AGA, FAMI, 44/2778 e AGA,
FAMI, 44/2919. 907
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Arturo Cejo Gómez, AGA, FAMI, 44/2778. 908
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de José Perille Garra, AGA, FAMI, 44/2778. Para
un maior detalle das cuestións ideolóxicas, véxanse os artigos de PRADA RODRÍGUEZ, J. (2013) e SENÍN ÁLVAREZ (2018).
404
que fora corrompido ao «ser invadidos por las doctrinas importadas»909
. A Lei de Bases
constituíuse na clave do novo sistema político local; a volta a un modelo no que o concello, o
sindicato e a familia se deberían converter no núcleo de acción político de calquera cidadán. A
Lei chegaría para deixar fóra a influencia dos partidos políticos; elementos de acción política
que, segundo a visión das autoridades ditatoriais, unicamente crearían disensións e tensións
innecesarias entre os membros da comunidade. A participación na xestión municipal dos
cidadáns produciríase pola vía dos tres camiños que constituíron o nuevo Estado español: as
entidades sociais, culturais e económicas; os sindicatos de traballadores e a familia, clave de todo
o sistema social e político creado pola ditadura. A partir desas premisas, e tendo en conta as
instrucións dadas polas Bases ao longo dos seus sesenta e oito puntos, debeu construírse todo
un sistema de elección cun censo para as familias e os sindicatos. As autoridades provinciais
houberon de preparar todos os mecanismos para que os resultados fosen os adecuados para os
concellos, os gobernadores e o goberno ditatorial. Dende o momento no que foron publicadas
as Bases, o Movemento púxose en marcha para preparar as primeiras eleccións da recente
lucida democracia orgánica da ditadura franquista. Os gobernadores civís galegos, coordinados
pola Secretaría Xeral do Movemento dende Madrid, puxéronse en marcha para xestionar todo
o proceso de maneira efectiva. As liñas dos seguintes epígrafes conclúen que a resposta á
pregunta de a quen se podería colocar á fronte dos concellos planeouse e resolveuse con moita
anterioridade ás eleccións por terzos. A preparación do sistema de elección dos terzos a través
do censo e a xestión de todo o proceso de selección foi o que preocupou aos gobernadores civís
galegos dende o 18 de xullo de 1945.
5.5.3 A APROBACIÓN DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL
Dende o momento da probación da Lei de Bases de Réxime Local tocaron a rebato
entre as filas do Movemento. As xefaturas provinciais puxéronse mans a obra para coordinar o
proceso de elección dende o inicio. Os sindicatos contaron cos seus propios sistemas de
elección de compromisarios, polo que a preocupación por ese terzo de representación foi
menor —aínda que as autoridades provincial colocaron naquel terzo o foco de atención para
evitar posibles filtracións de elementos contrarios á ditadura. A documentación administrativa
dende xullo de 1945 demostra que o punto máis preocupante para as autoridades provinciais
foi que implicou o terzo de cabezas de familia. O 16 de outubro de 1945, a xefatura provincial
do Movemento de Ourense encabezada por Antonio Martín Ballesteros, informou aos
delegados de servizos e xefes locais sobre a circular 175 da vicesecretaría xeral do Movemento
na que se deron as pautas sobre como proceder ante o decreto do 29 de setembro de 1945 polo
que se «inician las operaciones electorales dando normas para la formación del Censo de
vecinos Cabezas de familia que han de servir para la elección de Concejales». En liñas xerais, a
circular informaba aos xefes provinciais que deberían ter especial coidado no nomeamento das
909
El Pueblo Gallego, 18 de xullo de 1945: 5.
405
Xuntas provinciais do Censo co fin de evitar calquera fenda. O que «Interesa al Movimiento
velar por la pureza del sufragio», segundo as indicacións de Martín Ballesteros910
.
Meses antes da saída á luz da lei que regulou o marco local, o Gobernador Civil Martín
Ballesteros indicou a Madrid o sistema que empregou para facer unha selección máis
importante: a dos nomes dos homes que deberían ocupar os cargos nas xestoras municipais. A
análise dos nomeamentos e cambios en xestoras municipais da provincia de Ourense demostra
que a provincia interior de Galicia, entre os meses finais de 1944 e a primeira metade de 1945,
viviu un episodio de cambio e formulación completo de todas as xestoras municipais
provinciais. O proceso levado a cabo por Martín Ballesteros foi relativamente sinxelo:
aproveitando as inspeccións municipais —realizadas por el mesmo ou polo inspector
provincial—, as xerarquías locais entregaban os informes persoais daquelas persoas que
puidesen resultar oportunas en caso de renovacións parciais ou totais das xestoras municipais911
.
O Gobernador Civil de Pontevedra Luis Ponce de León comunicoulle ás xerarquías de Madrid
que para setembro de 1945 agardábanse as eleccións municipais, das que non se esperaba que
supuxesen «cambios en la orientación actual del Régimen». Segundo Ponce de León, a política
municipal comezou a xirar sobre o asunto das eleccións e a súa organización; mais «sin darle
importancia ya que esperan que el resultado de las mismas sea el que nos esperamos». As
informacións transmitidas dende Galicia a Madrid transcorren polo camiño de que todo o
proceso ía ir ben dende o momento do anuncio da lei municipal, porque non se tería notado
entre a sociedade a «reacción de nuestros enemigos», sempre temida polos gobernadores civís.
Con todo, en determinadas provincias, no campo monárquico pareceu existir unha
«distribución de propaganda clandestina» que «no hace efecto ya que las personas que
suponemos dirigen el tinglado monárquico están completamente desprestigiadas en todos los
sectores». O suposto desprestixio de determinados sectores ideolóxicos entre a sociedade foi
algo que Ponce de León notou entre os pontevedreses. Segundo el, polo xeral, «el ambiente
general es de tranquilidad y completamente pasivo»912
.
910
Circular da Vicesecretaría General del Movimiento sobre eleccións, 16 de outubro de 1945, AGA, SGM, DNP,
51/20678. 911
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de abril, maio de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20678. 912
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de setembro, outubro de 1945; Parte mensual da provincia
de Pontevedra do mes de outubro, novembro de 1945; Parte mensual da provincia de Pontevedra del mes de novembro,
decembro de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20680.
406
5.5.4 OS CONCELLOS URBANOS GALEGOS E OS GOBERNADORES CIVÍS ENTRE A APROBACIÓN
DA LEI DE BASES E AS ELECCIÓNS DE 1948
5.5.4.1 As cidades da provincia da Coruña
5.5.4.1.1 A cidade da Coruña: a chegada de Alfonso Molina Brandao
Aínda que a chamada a filas realizouse por medio das leis e das circulares do Movemento
e do Ministerio de Gobernación, para as autoridades provinciais galegas a situación de chamada
a eleccións pareceu ir con calma. Esta condición permitiu levar a cabo algúns cambios puntuais
nas xestoras municipais das cidades galegas. Tal foi o caso da capital provincial coruñesa en
febreiro de 1946. O polémico José Pérez Ardá fora destituído en agosto de 1944, e o seu
substituto foi confirmado o 6 de febreiro de 1946. Noutros epígrafes anteriores xa se describiu
a problemática que para o Movemento existiu no concello da cidade herculina, para a cal se
propuxeron algúns nomes para ocupar a alcaldía. Homes que segundo o informe do xefe
provincial saínte, Diego Salas Pombo, deixou aos seus sucesores, deberían ser tidos en conta
para o cargo: Enrique Salgado Torres; Luis Julio Vázquez Peña ou Diego Delicado Marañón.
O Gobernador Civil Antonio Martín Ballesteros non seguiu ningunha das indicacións que Salas
Pombo lle deixara ao seu predecesor Jesús María Iraola Palomeque.
O novo Alcalde coruñés nomeado foi Eduardo Ozores Arraiz, un home cun perfil
totalmente contrario ao dos propostos aos seus sucesores por Salas Pombo. Ozores Arraiz foi
un enxeñeiro industrial de formación que participara na sublevación militar de xullo de 1936
en calidade de Capitán do Rexemento de Artillería nº16 da Coruña actuando nas frontes de
Asturias. Antes de ser nomeado Alcalde da cidade Herculina fora ascendido a coronel. Con
Ozores Arraiz tomou posesión unha xestora nova na súa totalidade. Homes que chegaron para
dar o relevo a unha elite anterior de xestores municipais que se afastaron do panorama político
municipal. O Alcalde que estivera exercendo en funcións, Luis Julio Vázquez Peña, dixo que
«ha llegado el instante de darlos descanso» a eses que exerceran coma xestores. Ozores declarou
ao resto de xestores que tomaba o posto con tranquilidade e calma, sen adiantar os vectores que
rexerían a súa función. Unha cousa estivo clara para Ozores: «que en todos existe la
inquebrantable adhesión al Caudillo». O Gobernador Civil rematou o acto dicindo que
«Vuestro amor a España y vuestra adhesión al Caudillo, os dirán lo que debéis hacer y el camino
que debéis seguir»913
.
O primeiro en aparecer na listaxe de membros da nova corporación xestora foi o práctico
do porto coruñés Alfonso Rodríguez Abella914
. Nunha posición máis cómoda no campo laboral
situouse Andrés Vilariño Alonso, conselleiro do Banco de La Coruña e presidente da entidade
benéfica Cocina Económica915
. Con contactos entre as altas esferas da economía empresarial
913
LAPCA, Caixa 169, sesión do 9 de febreiro de 1946: 1. 914
BOMM, 31 de xaneiro de 1951, 26: 208. 915
La Opinión de A Coruña, 11 de marzo de 2018,
<https://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2018/03/11/historia-banco-centenario/1271045.html>, [Consultado o 8 de
407
coruñesa contou tamén o novo xestor Emilio Marchesi Fernández Herce, enxeñeiro da
CAMPSA916
. Outro tipo de relacións sociais e culturais tivo o enxeñeiro agrónomo Pedro
Urquijo Landaluce. Considerado o pai da fitopatoloxía galega, nos informes do Movemento
aparece vinculado á política católica, tendo escrito artigos en medios desa ideoloxía coma
Galicia Social y Agraria917
. O xestor Roberto Olano Cancelo traballaba como inspector de
Facenda918
. Tamén foi un home estudado o enxeñeiro de obras públicas Ramón Molezún
Méndez; mentres que o novo xestor Manuel Liaño Flores estudara para avogado919
. Do mundo
dos «propietarios» procedeu o xestor Enrique Méndez Navas; ou Emilio de la Iglesia Canuelo,
presidente da asociación de Outes. Do mundo cultural coruñés procedeu o xestor Antonio
López Prado, poñente da creación da banda municipal coruñesa920
. O campo dos militares
quedou representado na nova xestora coruñesa polo experimentado militar Antonio Sierra
Forniés, que aparece como Comandante de sanidade e médico director do sanatorio nacional
de Oza. Sierra Forniés participara na campaña militar africana dos anos 20 e coma cirurxián na
fronte de Asturias. Posteriormente retirouse do Exército de maneira voluntaria co grao de
Comandante; exerceu a medicina no sanatorio de Oza e acadou o posto de director do hospital
provincial Juan Canalejo921
. O outro militar nomeado xestor foi o coronel Francisco Jiménez de
Llano. Entre os membros do partido nomeados atopouse Jesús García Siro, licenciado en
ciencias exactas e delegado provincial de Sindicatos. Tamén participou do Sindicato Español
de Maxisterio o mestre nacional Antonio Piñeiro Estrella, delegado provincial do sindicato de
mestres. O mestre nacional, falanxista, e membro da Real Academia Galega, Luis Iglesias de
Souza, exercía como secretario da delegación provincial da Fronte de Xuventudes e secretario
das Xuntas Territoriais Católicas no momento de ser nomeado xestor922
.
Na nova xestora coruñesa, Iglesias de Souza foi o elo que uniu aos xestores anteriores
cos novos que contaron con experiencia política previa. O propio Iglesias de Souza participara
da AC coruñesa. Máis experiencia no ámbito político anterior ao golpe de Estado de xullo de
1936 tivo Cristino Álvarez Hernández, farmacéutico de profesión e anterior membro da URD
ata o inicio da sublevación militar de xullo de 1936, cando entrou en FE de las JONS en 1937.
Álvarez Hernández foi nomeado en 1943 xefe do sindicato local de industrias químicas,
chegando a ser delegado provincial do mesmo. Foi presidente do Colexio Oficial de
Farmacéuticos da Coruña de 1937 a 1968; así como presidente da Federación Galega de
Atletismo de 1947 a 1957 e un dos impulsores, xunto co Alcalde Ozores, do trofeo Teresa
febreiro de 2019]. O dato da presidencia na entidade benéfica, atópase en < http://www.cocinaeconomica.org/fnoticia.asp?cid=94>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019].
916
ABC, 20 de xaneiro de 1982: 70. 917
Chegou a ser director da Estación Fitopatolóxica Agrícola da Coruña, o que da conta do seu papel esencial no
desenvolvemento desta especialidade no país. Unha aproximación a súa experiencia cultural e científica en Cultura Galega,
9 de novembro de 2012, <culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=369> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 918
En La Voz de Galicia, 15/05/1962: 1, aparece a referencia á súa profesión no momento no que foi nomeado
delegado provincial de Facenda en Lleida. 919
Foi nomeado Alcalde da cidade da Coruña en febreiro de 1976. Con anterioridade fora procurador en Cortes en 1967 e
1971. 920
O cualificativo aparece dese xeito no LAPCA, 168, sesión do 9 de febreiro de 1946: 131. 921
El Correo Gallego, 28 de outubro de 2018, <https://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/historia-
inspiradora-talento-esfuerzo/idEdicion-2018-10-28/idNoticia-1145045/>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. Os detalles
da súa vida en relación coa cidade da Coruña, véxanse en Cultura Galega, 17 de outubro de 2017,
<culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=1094> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 922
Os datos biográficos atópanse no LAPCA, 168, sesión do 9 de febreiro de 1946: 131.
408
Herrera923
. Máis influencia entre a sociedade podente herculina aportou o novo xestor Antonio
Durán Cao, catedrático de estudos mercantís, presidente da sociedade Filarmónica da Coruña,
da Electra Popular Coruñesa, membro do consello local do Banco de España e, sobre todo,
membro da Cámara de Comercio coruñesa. Contou tamén con experiencia na xestión
municipal por ter sido concelleiro de 1922 e febreiro de 1930924
. Se Durán Cao contou con
experiencia política previa anterior á guerra civil, o coñecemento do mundo municipal ditatorial
na xestora de Ozores Arraiz quedou nas mans de Alfonso Molina Brandao. Molina Brandao,
membro da xestora municipal de outubro de 1936 e dimitido en abril de 1942, volveu á escena
política para comezar a facerse un oco perdurable na política coruñesa.
O 28 de maio de 1946, o xestor Marchesi Fernández dimitiu; ano despois, o 3 de maio
de 1947, Eduardo Ozores Arraiz abandonou a alcaldía coruñesa para deixar paso a Alfonso
Molina Brandao. O que era enxeñeiro xefe da Deputación provincial coruñesa aparecera no
informe detallado sobre o estado da provincia que lle deixara Diego Salas Pombo ao seu sucesor
Jesús María Iraola Palomeque. Nese informe que falaba sobre os problemas provinciais debidos
ao funcionamento da Deputación, Molina Brandao foi descrito coma o culpable do estado
deficiente das infraestruturas viarias do territorio coruñés. Dicíase del que era un «muchacho
de excelentes condiciones personales, y de gran posición económica» pero que tiña o gran
defecto de «tener una excesiva preocupación social con grave detrimento de sus actividades
profesionales, al decir de los alcaldes y de la voz popular». A lectura que se debe facer sobre a
pretendida «preocupación social» non debe interpretarse con obras benéficas ou melloras para
as clases populares; senón coma a «preocupación» por conseguir os contactos máis vantaxosos
entre aqueles que o puideran axudar925
. Máis aló das cuestións técnico-persoais planeadas polas
xerarquías provinciais, Molina Brandao chegou a alcaldía coa decidida vontade de aplicar un
estilo persoal que fora construíndo en base a todo aquilo que aprendera de xestoras municipais
anteriores nas que participara. Ninguén debeu esquecer que foi un dos pioneiros do ámbito
municipal ditatorial coruñés, ao ter sido xestor municipal nas primeiras xestoras nomeadas
polos sublevados. Ocupar o cargo de Alcalde nun momento coma o de maio de 1947 foi a
manifestación da vontade de apoiar un perfil técnico pero que sabería moverse manexar a
burocracia municipal para, cando menos, conseguir algúns obxectivos políticos. No momento
de tomar posesión, Alfonso Molina verbalizou os seus sentimentos cara a cidade herculina:
«Significó que quería a La Coruña porque es un trozo de España y la ciudad de sus mayores, y
deseaba para ella el máximo engrandecimiento y el bienestar para todos sus vecinos; y para
conseguirlo no hará más que continuar la obra que con tanta inteligencia y tesón vino realizando
923
VV. AA. (2010): 42. El Ideal Gallego, 15 de outubro de 2017, < https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/reportaje-clasico-futbol-veraniego-recuerdo-corunesa-
excepcional/20171014223953352963.html>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 236. 924
A referencia ás ocupación referidas aparece na noticia publicada pola proposta do seu nome para unha rúa na
cidade herculina: La opinión de A Coruña, 31 de xullo de 2012, <www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/07/31/calle-
profesor/632357.html> [Consultado o 9 de febreiro de 2019]. Os seus nomeamentos como concelleiro no LAPCA, Caixa
153, sesión do 1 de abril de 1922: 114 e LAPCA, Caixa 158, sesión do 26 de febreiro de 1930: 107. 925
Problemas provinciales. Diputación provincial. Informes de la situación política de las diferentes Jefaturas
Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666.
409
el querido Alcalde Don Eduardo Ozores Arraiz, entrañable amigo, a quien todos seguirán en
su obra»926.
A obra púidose seguir, pero o espírito sería totalmente o de Molina Brandao. O Alcalde
mantivo unha xestora practicamente idéntica a do seu antecesor introducindo cinco homes
novos. Dos dezasete compoñentes da xestora que tomou posesión o 8 de maio de 1948, doce
continuaron dende a de febreiro de 1946. Os cinco novos que chegaron foron vellos coñecidos
de Molina Brandao. As designacións realizadas baixo o mandato de Molina Brandao
inclináronse cara aqueles homes con experiencia no campo político das dereitas. Rafael del Río
y Díaz, vello coñecido da política municipal coruñesa procedente da URD da cidade e militante
de FET de las JONS, xa exercera anteriormente o cargo de xestor en abril de 1943. Heliodoro
Romero González Salorio entrou no consistorio da cidade herculina aportando a experiencia
da militancia en RE con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936. Rexistrado nos
informes do Movemento como militante de FET de las JONS, participou na guerra
colaborando coa Garda Civil; despois marchou á fronte de Madrid, onde acadou o grao de
Alférez sendo, no momento de ser nomeado xestor, Oficial de Complemento927
. Carlos Boado
de la Parte foi tamén un elemento da dereita coruñesa con anterioridade ao golpe de Estado.
Afiliado á CEDA coruñesa, encadrouse na segunda liña de FE de las JONS unha vez iniciada a
guerra en agosto de 1936; marchou á fronte mobilizado co seu remplazo nunha unidade de
vixilancia de fronteiras. Nos documentos do Movemento aparece rexistrado como militante de
FET de las JONS e membro da Guardia de Franco928
. José Ponte López Ruiz foi tamén un
home de dereitas antes da sublevación militar que ingresara en FE de las JONS en setembro de
1936, sendo militante no momento de ser nomeado929
. O verso solto entre os nomeados coa
chegada de Alfonso Molina foi José Vizcaíno Ruiz, que segundo os informes que obraban en
poder do Movemento, carecía de antecedentes políticos previos e, ademais, non estaba
encadrado de ningunha das maneiras en FET de las JONS930
.
Alfonso Molina Brandao definiu unha xestora municipal marcada pola traxectoria
política e social conservadora dos seus membros; unha elite política onde o poder da dereita
republicana coruñesa volveu demostrar o seu poder. Proba diso foi o mantemento dos
dereitistas Iglesias de Souza ou Cristino Álvarez Hernández na xestora de maio de 1948. Desa
maneira, o Gobernador Civil Martín Ballesteros e o Alcalde Molina Brandao deixaron
preparado o consistorio coruñés para o que puidese chegar no momento no que se convocasen
as eleccións. O mesmo que fixo o Gobernador Civil coa xestora da capital provincial debeu
facelo coas outras dúas cidades da provincia.
926
LAPCA, Caixa 169, sesión do 3 de maio de 1947, fol. 275. 927
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Heliodoro Romero González Salorio, AGA, FAMI, 44/3007. 928
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Carlos Boado de la Parte, AGA, FAMI, 44/3007. 929
Nos informes aparece coma José Ponte Suárez. Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de José Ponte
Suárez, AGA, FAMI, 44/3007. 930
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de José Vizcaino Ruiz, AGA, FAMI, 44/3007.
410
5.5.4.1.2 A cidade de Santiago: o mandato de Joaquín Sarmiento Garra
A cidade de Santiago de Compostela viu como o Alcalde Jorge de la Riva Barba dimitía
e viu chegar ao cargo a Joaquín Sarmiento Garra. A coñecida posición de «debilidad» —en
palabras recollidas naquel informe de Diego Salas Pombo—, do Alcalde De la Riva e da súa
xestora corrixiuse coa figura de Joaquín Sarmiento Garra, que tomou posesión do seu cargo en
xuño de 1946. Falanxista de primeira hora, aparece rexistrado como o fundador da FE de
Ponteareas. Despois de ser delegado provincial de Prensa e Propaganda na provincia de
Ourense, volveu a Pontevedra para ser delegado provincial da Fronte de Xuventudes en
novembro de 1944. Ao ano seguinte, en marzo de 1945 e fixando a súa residencia en Santiago,
converteuse en inspector provincial de FET de las JONS e en xefe comarcal do Movemento de
Santiago. Del dixeron os seus contemporáneos que foi un «falanxista dos de “a revolución
patente”», de rara e inquietante personalidade, enfrontado coas forzas vivas da cidade. Con
todo, no informe de Salas Pombo foi considerado coma un dos «hombres caracterizados» de
Santiago para ser tido en conta no momento de nomear unha nova xestora municipal931
.
O Gobernador Civil Martín Ballesteros aproveitou a situación de cambio de Alcalde para
mudar por completo a composición da xestora municipal santiaguesa. Como sucedeu no caso
do novo Alcalde, o novo xestor Antonio Asorey Andaluz contaba con algunha experiencia
previa na política anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936. Este profesor da facultade de
dereito de Santiago aparece rexistrado nas informacións do partido en calidade de membro da
AN e da URD cando mozo, téndose inscrito nun grupo galeguista católico do que foi secretario.
O grupo denominado Grupo Galleguista de Derechas foi unha especie de «lavado de imaxe da
organización» para achegarse a determinados sectores conservadores que apostaban polo
galeguismo. Esta inscrición ideolóxica no campo do galeguismo facilitoulle a participación na
Asemblea de Municipios que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Amais de
todo o anterior, Asorey Andaluz quedou rexistrado como membro das JAP santiaguesas932
. Á
URD pertencera tamén un xestor que procedía da primeira xestora nomeada polos sublevados
na cidade: Domingo Sánchez Guisande, que regresou ao salón de plenos santiagués. Outro
home significado politicamente con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936 foi Juan
Miguel Daporta González; mais o seu caso foi pola outra banda das dereitas republicanas.
Segundo consta na ficha persoal do Movemento aparece rexistrado como membro de FET de
las JONS con anterioridade a sublevación. Proba do seu compromiso falanxista sería a súa
participación no traslado dos restos de José Antonio dende Alacante cara Madrid representando
931
BMFET, 237: 3127 e BMFET, 255: 3521. Falange de Santiago. Antecedentes e Historia. Informes de la situación
política de las diferentes Jefaturas Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666. GARCÍA DOMÍNGUEZ, R.
(2002): 252, fai unha breve aproximación biográfica ao persoeiro. 932
Coma autor de libros, escribiu o texto (1945): Ideario y símbolos del Estado Español, Santiago, Edit. Universitaria
Compostelana. CASTRO, X. (1985): consultada na versión dixital, [Consultado o 11 de abril de 2019]. GRANDÍO SEOANE,
E. (1997) e GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 27 e 283. Tamén se atopan referencias sobre a súa traxectoria ideolóxica en
RODRÍGUEZ LAGO, J.R. (2011).
411
a provincia coruñesa933
. Do catedrático de dereito penal da universidade de Santiago Manuel
Serrano Rodríguez, sabíase que nos seus tempos de estudante militara en asociacións católicas934
.
O resto dos nomeados foron homes de posición social destacada na cidade santiaguesa.
Tres médicos ocuparon unha cadeira na nova xestora municipal: o significado tradicionalista
Álvaro Santaló Rodríguez935
; Javier Teijeira Brunet, neurofisiólogo que participou na guerra civil
co rango de Alférez e acabando coma Capitán936
e Enrique Devesa Zuria, médico que carecía
de antecedentes políticos previos e que era militante de FET de las JONS. Outro profesional
liberal nomeado xestor foi Miguel Ramón Pola Vaquerizo, un xornalista orixinario do País
Vasco, que chegou a acadar o cargo de director do xornal La Noche de Santiago937
. Un apelido
que conta cunha presenza destacada entre o imaxinario colectivo dos galegos foi o de Salvador
Castromil Fraga, membro da familia Castromil coñecida por ser propietaria dunha empresa de
transporte de autobús no país. El foi empregado de banca con antecedentes políticos vinculados
a partidos de dereitas antes da sublevación de xullo de 1936 e militante de FET de las JONS938
.
Xunta os anteriores nomeados, completaron a xestora municipal os homes Emiliano Romaní
Romaní; Luis Gómez Herranz; Urbano Fidalgo Méndez; Manuel Domínguez Nieto e Norberto
Aldrey Pereira. O traballo do Gobernador Civil e do novo Alcalde acadou uns obxectivos
elevadísimos, pois a xestora non se viu modificada de ningunha maneira ata que se convocaron
as eleccións e foron proclamados os vencedores das mesmas. A tarefa de consolidación da
xestora santiaguesa para facer fronte ao proceso electoral que estaba as portas foi un auténtico
éxito.
5.5.4.1.3 A cidade de Ferrol: a dimisión de Eduardo Ballester Peris
Aquel éxito da xestora santiaguesa buscouno repetir o Gobernador Civil Martín
Ballesteros na cidade departamental. A orixe das modificacións dentro da xestora ferrolá foi a
inesperada dimisión do destacado Alcalde Eduardo Ballester Peris. O home definido de
«espíritu emprendedor y la labor desarrollada en los tres primeros años de Alcaldía» acabou o
seu camiño á fronte da alcaldía da cidade departamental939
. Na sesión do 11 de xuño de 1947,
Ballester presentou ante os membros da corporación municipal a renuncia ao seu posto por
933
ROS, S. E BOUTHELIER, A. (1940): 85. 934
Para un maior nivel de detalle na súa biografía, véxase a entrada no recurso web Oficial da Universidade Carlos
III de Madrid,
<portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/programas/phu/diccionariodecatedraticos/lcatedraticos/srodriguez>
[Consultado o 9 de febreiro de 2019]. 935
ABC, 18 de xullo de 1958: 38. 936
El Ideal Gallego, 10 de outubro de 2014, <https://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/javier-
teijeira-nacido-ponte-do-porto-pionero-neurofisiologia-espana/20141009232828212388.html>, [Consultado o 8 de febreiro
de 2019] 937
GARCÍA DOMÍNGUEZ, R. (2002): 26. 938
A importancia da familia Castromil no tecido empresarial galego pode inferirse da investigación de LOPEZ FACAL,
J. (2014): 302. 939
Falange de Ferrol del Caudillo. Antecedentes e Historia. Informes de la situación política de las diferentes
Jefaturas Locales, 9 de abril de 1945, AGA, SGM, DNP, 51/20666.
412
deber integrarse no seu oficio de rexistrador da propiedade por orde da Dirección Xeral dos
Rexistros. Ser rexistrador e Alcalde eran dous postos incompatibles, polo que se viu na obriga
de renunciar a un deles. Os ferroláns deberon agardar a chegada do gobernador A Coruña —
Ballester dimitiu en xuño e o gobernador estaba de vacacións de verán—, ao seu posto para
transmitirlle a decisión e iniciar os trámites en Gobernación para nomear un novo Alcalde para
a cidade de Ferrol.
Despois de que o secretario lese o comunicado do Alcalde Ballester, este tomou a
palabra. Ballester Peris abandonou a alcaldía transmitíndolle aos xestores municipais a
preocupou por que se puidese rachar a «unidad» dos xestores que, xunto co presidente, tantos
beneficios tería aportado a Ferrol:
«[...] que si siente dejar la Alcaldía, es por el temor de que se pueda romper la estrecha
solidaridad que durante ocho años y cinco meses, que exactamente se cumplen hoy, ha unido a
los miembros de la Gestora con su Presidente».
Ferrol, segundo o mesmo Ballester, pasara de ser «villa con honores de ciudad» a
segunda urbe da provincia da Coruña con case 70.000 habitantes. O acto de despedida do
Alcalde acabou co xestor Peris propoñendo a Ballester como Alcalde honorario de Ferrol; pero
era unha proposta que debía aprobar o ministerio da Gobernación. A entrada sorpresa no salón
de plenos fíxoa o Gobernador Civil Antonio Martín Ballesteros. Na súa intervención «hizo
presente que su visita no tenía más finalidad que dar un abrazo de despedida al Sr. Ballester, de
quien hizo merecidos elogios»940
. Marchou un veterano da política municipal da cidade
departamental; conxuntura que foi aproveitada polo Gobernador Civil Martín Ballesteros para
nomear unha nova xestora municipal de maneira completa.
O primeiro movemento que realizou o Gobernador Civil foi a busca dun novo Alcalde
para a cidade departamental. O nomeado para o cargo foi Arsenio Díaz del Río y Arias Salgado,
que chegou ao posto de mando da cidade de Ferrol cando contaba con 60 anos. O perfil de
Díaz del Río resultou para os seus contemporáneos de xestora bastante controvertido, e vendo
o que sucedeu nas outras dúas cidades da provincia da Coruña, anómalo. O 27 de setembro de
1947, reuniuse en pleno o novo concello de Ferrol. Díxose do novo Alcalde que o seu «probado
ferrolanismo» era máis que suficiente para xustificar o seu nomeamento941
. Porque máis aló da
esencia do «ferrolanismo» do que parecía desfrutar o novo Alcalde, ningunha referencia política
anterior ao golpe de Estado de xullo de 1936 sustentou a súa elección. Os informes de FET de
las JONS recollen que Díaz del Río carecía de filiación política anterior ao golpe de Estado;
aínda que segundo os mesmos documentos persoais figuraba como simpatizante de FE de las
JONS con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936. Cando este se iniciou, estaba en
«zona roja»; no momento que puido fuxir da influencia dos republicanos, participou na guerra
encadrándose na Mariña en funcións de Tenente coronel de Infantería. Eses compromisos co
Movemento parecéronlle máis que suficientes ao Gobernador Civil para presentalos ante o
ministerio da Gobernación. O compromiso de Díaz del Río con FET de las JONS non foi máis
aló que a simpatía por ela, pois non estaba encadrado nin coma adherido nin coma militante
940
LAPCF Ferrol, 132, sesión do 11 de xuño de 1947: 9. 941
LAPCF, 132, sesión do 27 de setembro de 1947: 13.
413
do partido942
. Polo tanto, mentres que na Coruña e Santiago se apostou por homes
comprometidos coa política antes, durante e despois do golpe de Estado de xullo de 1936, en
Ferrol apostouse por un home limpo que demostrara simplemente o seu compromiso político
sen entrar a traballar activamente.
O resto de compoñentes da xestora municipal seguiron fundamentalmente a liña política
do novo Alcalde, con algunhas excepcións. En primeiro lugar, cómpre citar a aqueles homes
que foron aproveitados de xestoras municipais anteriores nomeadas durante a ditadura. O
primeiro deles foi Antonio Ruiz Sánchez, antigo membro da CEDA ferrolá e militante de FET
de las JONS que xa se citou cando se constituíu xestora municipal ferrolá en xullo de 1937.
Ruiz Sánchez si demostrou o seu compromiso político previo á sublevación militar participando
como proselitista nas candidaturas de dereitas e de FE de las JONS. Segundo os informes
persoais do Movemento, no momento de producirse a sublevación militar teríase encadrado
nas Milicias Nacionais, das que chegou a ser xefe de escuadra. A súa participación nos círculos
católicos ferroláns levouno a colaborar con obras benéficas como a Caritas Diocesana
departamental943
. Doutra xestora municipal —da de xaneiro de 1939—, foron extraídos os nomes
de Antonio Romalde Grela e Alejandro Rodríguez Vázquez. Outros continuaron de xestoras
nomeadas con posterioridade ao final da guerra civil: o militar Mariano Manuel Torrente
Bermejo; Ramón Torres Casanova e Eduardo Lodeiro Martínez. Polo demais, os
nomeamentos de novos xestores continuaron en liña con toda a tradición que se estableceu en
Ferrol dende os primeiros pasos do goberno sublevado: o edificio municipal da cidade
departamental tivo os seus alicerces nos militares.
José Díaz Lorenzo foi un home cualificado de dereitas que se enrolou no buque Juan
Sebastián el Cano no momento de iniciarse a guerra civil. Na Mariña chegou a acadar o posto
de cabo primeiro en posición de contraalmirante; despois foi movido ao buque Almirante
Cervera como garda bandeiras, unha posición cualificada de «(puesto de confianza)», acabando
a súa traxectoria militar no posto de Tenente de navío. O seu compromiso co Movemento foi
unicamente militar, pois nos documentos non aparece como membro de FET de las JONS944
.
Outro militar, que tampouco se encadrou en FET de las JONS, foi o artificieiro da Mariña José
Goti Barcia. Os seus documentos persoais din del que carecía de calquera tipo de filiación
política previa e que se manifestaba «indiferente» ante as cuestións relixiosas945
. Outro elemento
sen filiación foi Domingo Sánchez Bernárdez, encadrado documentalmente co cualificativo que
agrupou a todos aqueles que non se terían manifestado politicamente antes do golpe de Estado
de xullo de 1936: persoa «de orden». Si que quedou rexistrado que estivera afiliado á CNS e
que fora militante de FET de las JONS, cun currículo engalanado coa súa participación na
guerra civil como condutor de automóbiles946
. O perito mercantil Antonio Pujalte Martínez
encadrouse en FET de las JONS no mes de agosto de 1936; e como voluntario no corpo do
Exército de Galicia en funcións de artilleiro de 2ª categoría, posto no que se mantivo ata o final
942
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Arsenio Díaz del Río y Arias Salgado, AGA, FAMI, 44/2916. 943
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Antonio Ruiz Sánchez, AGA, FAMI, 44/2916. 944
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de José Díaz Lorenzo, AGA, FAMI, 44/2916. 945
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de José Gotía Barcia, AGA, FAMI, 44/2916. BOMM, 5 de
setembro de 1942, 195: 1083. 946
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Domingo Sánchez Bernárdez, AGA, FAMI, 44/2916.
414
da Guerra. No momento de ser nomeado xestor, Pujalte Martínez era director da caixa de
aforros da localidade947
.
Os elementos vinculados coa dereita política ferrolá anterior ao golpe de Estado de xullo
de 1936 quedaron representados na nova xestora por homes como Cándido Fraga Silva. Fraga
Silva reuniu na súa persoa outro tipo de calidades que xustificaron o seu nomeamento. Definido
como contratista, foi membro da Patronal ferrolá, da que foi secretario; ademais do oficio de
contratista era propietario dun negocio de restauración na cidade, o Real Café Bar e membro
do padroado local de Formación Profesional. Por se iso fose pouco no seu currículo, participara
na guerra encadrándose nas Milicias Nacionales; e posteriormente nomeado delegado local do
ramo da construción da CNS. O colofón biográfico foi a súa pertenza a FET de las JONS en
calidade de militante948
. Outro elemento de procedencia dereitista foi o secretario Luis Moreno
Peinado. Membro dende abril de 1937 de FET de las JONS en calidade de militante, participou
na guerra civil na segunda liña das Milicias Nacionales949
. Teodoro Díaz Basoa foi un membro
da Mariña, onde acadou o posto de mariñeiro de 2ª clase destinado en Ferrol. Home de
dereitas, Díaz Basoa exerceu de presidente dunha denominada, de maneira xeral e sen
concretar, Organización de Derechas da cidade ferrolá. Con posterioridade encadrouse nas
Milicias Nacionales de FE de las JONS unha vez iniciada a guerra civil, o que lle valeu a
posibilidade de entrar no partido en marzo de 1938 acadando a condición de militante. Unha
vez acabada a guerra civil, os servizos prestados por Díaz Basoa fóronlle agradecidos co cargo
de xuíz municipal da localidade de Neda. O xestor Díaz Basoa foi tamén membro do consello
de administración da Compañía de Tranvías del Ferrol e da Cámara da Propiedade Urbana da
cidade departamental950
.
Outros si demostraran compromiso político aberto coas dereitas durante a República.
Pódese citar en primeiro lugar ao axente de aduanas Agustín Borrajo Aneiros. Afiliado a RE
con anterioridade ao golpe de Estado, nos seus informes persoais apórtase como indicio
indubidable do seu compromiso político a presenza de correspondencia con José Calvo Sotelo.
Ese compromiso co proxecto de España daquela dereita reaccionaria confirmaríase unha vez
iniciada a guerra civil co seu encadramento nas Milicias Nacionales de Ferrol e posteriormente
como militante de FET de las JONS. Con anterioridade a Guerra exerceu o cardo de presidente
da antiga Autoridade Portuaria ferrolá951
. Outro elemento nomeado xestor e procedente da
dereita local ferrolá foi Ángel López Ramírez, encadrado polos informes do Movemento como
simpatizante de partidos monárquicos e elemento de acción do Somatén. Comandante de
milicias de FET de las JONS, López Ramírez foi un dos responsables da represión paralegal na
947
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Antonio Pujalte Martínez, AGA, FAMI, 44/2916. 948
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Cándido Fraga Silva, AGA, FAMI, 44/2916. BOE, 21 de
xuño de 1949, 172: 2769. 949
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Luis Moreno Peinado, AGA, FAMI, 44/2916. 950
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Teodoro Díaz Basoa, AGA, FAMI, 44/2916. BOMM, 28
de novembro de 1916, 271: 1679. 951
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Agustín Borrajo Aneiros, AGA, FAMI, 44/2916. Nesta noticia
especial aparece o dato do seu posto coma presidente da Autoridade Portuaria ferrolá La Voz de Galicia (suplemento
especial dedicado ao Porto de Ferrol), 23 de novembro de 2010,
<https://media.lavozdegalicia.es/default/2010/11/25/03301290678870733549562/Fichero/puerto_de_ferrol.pdf>,
[Consultado o 8 de febreiro de 2019].
415
comarca ferrolá952
. Se de algo soubo o farmacéutico e novo xestor municipal Demetrio Casares
Fontenla foi de significación política no campo da dereita con anterioridade a guerra civil.
Identificado como elemento das JAP ferrolás, foi o seu presidente na localidade. Casares
Fontenla aparece descrito como un home extraordinariamente vinculado coas dereitas de
Ferrol, dando «enseñanza a los interventores de mesa» nas derradeiras eleccións republicanas
de febreiro de 1936. A súa vinculación co golpe de Estado de xullo de 1936 foi significativa.
Segundo os informes do Movemento, nun primeiro momento teríase encadrado como
miliciano, presentándose antes no cuartel da Garda Civil; despois, en xaneiro de 1937, pasou á
Mariña co cargo de Tenente farmacéutico. Ademais diso, segundo os informes de FET de las
JONS, «también prestó servicios de seguridad en la cárcel y en las calles de esta ciudad». O seu
compromiso relixioso tamén foi destacado ao aparecer na documentación como un dos
fundadores da Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia, da que foi presidente. O
elemento da definición e organización socio-cultural da semana santa da cidade departamental
é fundamental entre a elite política ferrolá. Casares Fontenla non é máis que outro dos homes
considerados inventores da semana santa ferrolá moderna953
.
Quedan por citar os dous falanxistas da nova xestora municipal ferrolá. O primeiro en
ser citado é José Liste Maquieira, un dos primeiros membros de FE de las JONS da cidade
departamental. Encadrado dende finais de 1933, foi secretario local do partido. Por esa
significación falanxista súa, os informes do Movemento indican que foi perseguido por
elementos da Fronte Popular. Unha vez iniciada a sublevación militar de xullo de 1936,
encadrouse no Rexemento de Artillería da Mariña de Ferrol; e no momento de finalizar a
Guerra acadou o cargo de xefe local so SEU954
. O outro falanxista foi o mozo Santiago Rosado
Montes, a sangue nova do falanxismo que debería chegar as institucións galegas. «Dada su corta
edad», dicían os informes, carecía de significación política previa. Encadrárase en FE de las
JONS no momento de comezar a sublevación militar mediante as Organizacións Xuvenís. Era
cualificado coma unha «persona activa en la Organización con elevado espíritu Nacional-
Sindicalista». No momento de ser nomeado xestor municipal actuaba como delegado comarcal
de Educación Popular955
.
25 anos tiña Rosado Montes no momento en que Antonio Martín Ballesteros valorou o
seu nome para colocalo na proposta da xestora municipal ferrolá que debería presidir Arsenio
Díaz del Río. Esa mestura de homes comprometidos coa política e de homes que se mantiveron
indiferentes —ou que non exteriorizaron socialmente a súa vinculación política—, saíulle ben,
outra vez, ao Gobernador Civil956
. A xestora municipal que se acaba de detallar restou
952
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Ángel López Ramírez, AGA, FAMI, 44/2916. BARREIRA
BEITIA, E. E GONZÁLEZ MAURIZ, B. (2007): 101 recollen testemuños orais que afirman que despois de realizar unha
execución en Valdoviño, «coñecemos por testemuñas que tivo problemas de conciencia con posterioridade e pediu perdón
a muller dunha das víctimas». 953
Informe de FET de las JONS de Demetrio Casares Fontenla, AGA, FAMI, 44/2916. 954
Informes de FET de las JONS e da Guardia Civil de José Liste Maquieira, AGA, FAMI, 44/2916. 955
Informes de FET de las JONS e da Guardia Civil de Santiago Rosado Montes, AGA, FAMI, 44/2916. 956
O uso de conceptos coma «indiferente», «adicto» ou «desafecto» aplicados á poboación e aos diferentes cargos
municipais esténdese ao longo do marco cronolóxico estudado. Dende a perspectiva do estudo da aceptación social cara a
ditadura franquista CABANA IGLESIA (2009): p. 31, indica que ese tipo de conceptos non pode ser empregado para encadrar
a un individuo de maneira determinante. Ao ser categorías creadas polas propias autoridades da ditadura, resultan ineficaces
para a análise. CABANA IGLESIA emprega, por aquela razón, a idea da existencia dunha comunidade extensa onde a maioría
dos individuos se mantivo durante a guerra civil e todo o proceso primeiro de construción da administración da ditadura
416
inamovíbel ata a confirmación da xestora municipal xurdida despois das eleccións por terzos de
finais de 1948. Polo tanto, a saída do veterano Eduardo Ballester Peris non foi tan traumática
como se podería ter agardado. O equilibrio entre experiencia e a novidade entre a súa elite
política manifestouse positivo para a xestora ferrolá.
franquista á marxe, expectante; o que a autora denomina «unha gran zona gris» social no ámbito rural e urbano composta
por aqueles que «lograron sobrevivir entre os dous lumes». Amais, o uso dos conceptos anteriores poden ser percibidos
como categorías estancas que non permitirían a mobilidade, cousa que dista da realidade. As categorías entre o «desafecto»
e o «adicto» constitúense no mundo urbano como elementos sustentadores do proceso de selección da elite política
municipal. Con todo, a análise da elite política urbana galega ata este momento da investigación vén manifestando que o
peso daquelas categorías queda reducido pola importancia da posición socio-económica dos elixidos.
417
5.5.4.2 A cidade de Lugo: entre dimisións e propostas para completar a xestora municipal
Outros gobernadores civís apostaron por unha vía menos radical para adaptar as xestoras
municipais urbanas ao novo panorama político. Tal foi o caso do Gobernador Civil Santiago
Vallejo Heredia para o suposto da xestora municipal da cidade da muralla. O 10 de xaneiro de
1947 un episodio desafortunado como a morte do xestor Ramón Montenegro Neira disparou
as renuncias dos homes Isidoro Valcarce López; Fidel Escudero Lobo; Manuel Franco Rivas;
Avelino Villarino Trashorras; Francisco Roca Calvo e José Antonio Herrero Prieto. Nese
momento, o Gobernador Civil Vallejo Heredia elevou a Gobernación unha proposta de nomes
para ocupar as vacantes producidas na xestora.
Ángel Carro Crespo foi un dos propostos. Carro Crespo presentaba unhas credenciais
de compromiso indubidables segundo o Gobernador Civil: «siempre conceptuado como
persona de extrema derecha». Concretamente, estivo afiliado a RE chegando a actuar de
concelleiro durante os anos finais da Restauración e na ditadura de Primo de Rivera. Tamén é
coñecida a súa implicación no programa da CEDA luguesa dende os seus inicios ao ter asistido
ao mitin que Gil Robles deu na cidade da muralla en decembro de 1931, presidindo xunta súa
irmá Josefa a mesa principal do acto. Ademais diso foi vicepresidente da Deputación de Lugo
nos primeiros momentos da guerra; aínda que non pertenceu a FET de las JONS nin como
adherido nin como militante. Sumado ao seu compromiso coa dereita situouse outro
compromiso de clase relacionado coa súa profesión de comerciante: foi presidente da Cámara
de Comercio da provincia. Ademais, foi presidente do Círculo das Artes lucense e máximo
dirixente da Ximnástica de Lugo. Con todo, o seu expediente tamén contou con algunha que
outra mancha, pois nos arquivos da Garda Civil dicíase que cando foi concelleiro durante a
ditadura de Primo de Rivera «se le impuso una sanción de cien mil pesetas por dedicarse a
negocios ilícitos»; e existirían rumores entre determinados sectores da sociedade de Lugo nos
que se dicía que «se dedicaba a hacer propaganda a favor de D. Juan»957
. Outro dos propostos
para o cargo de xestor foi o farmacéutico e membro do Círculo das Artes lucense Jesús Álvarez
Somoza. Del consta a súa participación activa na fundación da FE de las JONS do concello de
Taboada; local na que consta como máximo dirixente nos momentos iniciais da guerra civil. A
súa implicación coas políticas reaccionarias de dereitas provocaron, segundo os informes do
Movemento, que «durante el Frente Popular, le incendiar[an] a su padre una casa». En Taboada
chegou a ser Alcalde no contexto da guerra civil. Durante a mesma exerceu a súa profesión de
Tenente farmacéutico; oficio que continuou realizando cando regresou a Lugo para traballar
no hospital militar. Da mesma maneira que lle pasou a Ángel Carro Crespo, o expediente de
Álvarez Somoza tiña unha mancha relacionada ca actividade da Garda Civil. Segundo os
957
Informes de la Comisaría de Lugo sobre los nuevos concejales, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local, 10 de xaneiro de 1947, Caixa 12704. Informe del Cuerpo General de Policía de Ángel Carro Crespo,
AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, 31 de xullo de 1947, Caixa 12704. Informes de FET de
las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Ángel Carro Crespo, AGA, FAMI, 44/2918. SOUTO BLANCO, M.J. (1999): 22;
GRANDÍO SEOANE, E. (1998): 90 e SANTOS ALFONSO, A. (2003): 151.
418
documentos do instituto armado foi denunciado pola Fiscalía de Taxas «por venta de sosa a
precio superior al marcado oficialmente» por medio dunha denuncia de abril de 1941958
.
Outro elemento de FET de las JONS dende a súa fundación e proposto para o cargo de
xestor municipal foi José Pérez Pillado, fundador do partido na localidade de Teixeiro959
.
Proposto foi tamén Rufino Dugnol Álvarez, que aparece rexistrado como militante da DLR de
Lugo con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936. Esa vinculación coa dereita
levouno a organizar e secretariar a Milicia Española da cidade da muralla ao longo da guerra
civil. Unha vez finalizada aquela, encadrouse no sindicato dos Seguros onde acadou o cargo de
delegado provincial960
. Pola súa banda, o funcionario de Correos Dositeo López Díaz carecía de
antecedentes políticos previos a sublevación de xullo de 1936, segundo os informes da xefatura
provincial961
. Outro home proposto foi José Arias Nadela, un empresario da cidade da muralla
propietario dunha fábrica de cementos e materiais de construción. No seu expediente persoal
existía un factor que levantou as sospeitas entre o Movemento e a Garda Civil: segundo as
informacións que manexaron as dúas autoridades, existiría unha ficha de afiliación ao Frente
Único Provincial de Izquierdas datada en xullo de 1933. A pesares desa circunstancia non se
lle deu a ese documento toda a veracidade, xa que non estaría asinado por Arias Nadela. Por
iso noutros informes é descrito como un elemento que «demostró simpatías por el mismo
[Movimiento], al que se le considera afecto». Ademais, as autoridades considerábano un home
ben colocado e relacionado nos círculos culturais e deportivos de Lugo ao ser membro
fundador do Rácing Club de Lugo xunta Esteban Sánchez Guisasola962
. A lista de propostos para
a xestora municipal luguesa pechouna Juan Balboa Amado, o industrial que entrou en FE de
las JONS no momento de producirse a sublevación de xullo de 1936, e que durante a Guerra
participou axudando aos sublevados coma «agente de información» na retagarda luguesa963
.
A anterior relación de propostos non foi a única elaborada polo Gobernador Civil
lugués. O 2 de setembro de 1947 foi realizada outra proposta para completar a xestora na que
se repetiron os nomes de Jesús Álvarez Somoza; Juan Balboa Amado e Ángel Carro Crespo964
.
Mais tamén apareceron os do farmacéutico Ramiro Rueda Fernández que participou na guerra
civil como voluntario do Exército acadando a posición de Alférez provisional de farmacia e a
militancia en FET de las JONS965
; e Jesús Pedrosa Latas, funcionario de Facenda e secretario
provincial de Educación Popular. Pedrosa Latas pódese considerar o modelo de auténtico
958
Relación de algunos gestores del ayuntamiento de Lugo, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local 2 de setembro de 1947, Caixa 12704. Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de
Jesús Álvarez Somoza, AGA, FAMI, 44/2918. A información sobre a súa profesión en BRASA ARIAS, B. (2011): 135 e 136. 959
Informes da Garda Civil e do Goberno Civil de José Pérez Pillado, AGA, FAMI, 44/2918. 960
Informes de la Comisaría de Lugo sobre los nuevos concejales, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local 10 de xaneiro de 1947, Caixa 12704. Informes da Garda Civil e do Goberno Civil de Rufino Dugnol
Álvarez, AGA, FAMI, 44/2918. SOMOZA CAYADO (2011): 302. 961
Informes da Garda Civil e do Goberno Civil de Dositeo López Díaz, AGA, FAMI, 44/2918. 962
Informes de la Comisaría de Lugo sobre los nuevos concejales, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local 10 de xaneiro de 1947, Caixa 12704. Informes da Garda Civil e do Goberno Civil de José Arias
Nadela, AGA, FAMI, 44/2918. SOMOZA CAYADO (2011): 125. 963
Relación de algunos gestores del ayuntamiento de Lugo, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local 2 de setembro de 1947, Caixa 12704. 964
Relación de algunos gestores del ayuntamiento de Lugo, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local 2 de setembro de 1947, Caixa 12704. 965
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Ramiro Rueda Fernández, AGA, FAMI, 44/2918.
419
falanxista: membro de FE de las JONS con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936,
aparece nos documentos do Movemento como membro da Vieja Guardia, ao «padecer
persecución por defender los postulados de la Falange pasando más de dos meses en la cárcel
y siendo puesto en libertad al producirse el Movimiento Nacional». O seu compromiso co
Movemento manifestouno sendo un dos encargados de transportar o corpo de José Antonio de
Alacante a Madrid representando a provincia de Lugo. Unha vez regresou a cidade da muralla,
foi designado no cargo de Educación Popular xa citado. O informe de Pedrosa Latas acaba
definíndoo como un home de «moral acrisolada» que participara na guerra civil coma voluntario
na fronte de Asturias966
.
Foron Pedrosa Latas, Rueda Fernández e Balboa Amado os únicos que se tiveron en
conta por parte do Gobernador Civil para completar, en outubro de 1947, tres das oito vacantes
que existiron na xestora municipal luguesa; pois nese mesmo mes de outubro dimitiu o xestor
José Antonio Herrero Prieto. Dese xeito, a xestora municipal presidida por Manuel Portela
Nogueira quedou composta por elementos procedentes de xestoras creadas durante a Guerra.
Homes coma Germán Quintana Peláez; Liborio Revilla Castro e Eulogio Pallín García
mantivéronse dende 1937 nunha cadeira do salón de plenos do concello de Lugo. Incluso dous
dos dimisionarios de xaneiro de 1947, Avelino Villarino Trashorras e Francisco Roca Calvo,
continuaron no seu posto. O Gobernador Civil non se puido permitir que a xestora da capital
provincial ficase baleira de xestores nun momento político de cambio coma o que se estaba a
vivir.
966
Pedrosa Latas era irmán de Antonio Pedrosa Latas, que fora xefe provincial do Movemento na provincia de
Ourense. Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Jesús Pedrosa Latas, AGA, FAMI, 44/2918.
BMFET, 474: 6271. ROS, S. E BOUTHELIER, A. (1940): 93.
420
5.5.4.3 A cidade de Ourense: o segundo mandato de Eduardo Valencia
Esa dinámica de cambios produciuse en todas as cidades e concellos de Galicia. Unha
cousa similar ao que sucedeu na cidade departamental produciuse na cidade das Burgas, onde
un destacado falanxista volveu a primeira liña da política. O Gobernador Civil de Ourense
Vicente Muñoz Calero apostou por un home ben coñecido entre os habitantes da cidade das
Burgas: Eduardo Valencia Fernández. Mais o de Eduardo Valencia Fernández non foi o único
nome proposto ao Gobernador Civil para ocupar o posto de Alcalde en 1948. Outros dous
foron seleccionados ao mesmo tempo conformando unha terna sobre a que debeu deliberar o
Gobernador Civil Muñoz Calero. O médico Leoncio Areal Herrera foi proposto para Alcalde
aportando como credenciais o seu posto de xestor na Deputación provincial entre 1940 e 1941
e o de secretario da Xunta Provincial de Sanidade. Antes da sublevación de xullo de 1936,
desenvolveu os cargos de secretario do Colexio de Médicos de Ourense (entre 1936 e 1939) e
de xefe de hixiene infantil no Instituto Provincial de Sanidade. Amais do anterior, era un
elemento militante de FET de las JONS con anterioridade ao golpe de Estado de xullo de 1936
da máis «absoluta confianza»967
. O outro elemento de FET de las JONS, afiliado ao partido en
novembro de 1934 foi Antonio Rodríguez González Cantero. Antes da guerra civil foi secretario
provincial do Movemento e xefe local do mesmo entre 1935 e 1936. Participou na guerra civil
nas frontes de Asturias, León e Castelló dentro do denominado batallón de «Caballeros de la
Muerte». Unha vez acabada a Guerra, os seus estudos de avogado permitíronlle chegar con
facilidade ao nomeamento de xuíz municipal entre 1940 e 1941 e ao cargo de delegado
provincial de Información e Investigación968
. A decisión decantouse por Eduardo Valencia,
aínda que os dous competidores que concorreron con el na terna foron moi fortes no referente
á súa experiencia no partido. O que pesou na elección foi a experiencia no campo municipal;
aí Eduardo Valencia gañoulles de maneira sobrada ao ter exercido con anterioridade o cargo
de Alcalde.
O 9 de xaneiro de 1948 tomou posesión a nova comisión xestora dirixida polo destacado
falanxista ourensán. Na sesión extraordinaria celebrada no salón de plenos do concello
ourensán, Eduardo Valencia dedicou as súas primeiras palabras de agradecemento ao
Gobernador Civil Muñoz Calero «por haberle dispensado la delicada atención y el alto honor
de proponerle para desempeñar el honroso cargo de esta ciudad»; cargo que, lembrou Valencia,
sería a segunda vez que ocupase. Seguramente Valencia foi consciente de que non estivera na
mente do Gobernador Civil como primeira posibilidade, de aí a necesidade de dedicarlle unhas
palabras tan directas. A postura de Valencia indica a importancia de mostrarse agradecido con
quen proporcionaba as posicións políticas. Despois de facer un percorrido detallado pola
evolución política e económica do concello baixo o mandato de Alfredo Serantes Morais e os
seus «colaboradores, a todos dedicó fervientes elogios» polas tarefas que realizaran a fronte do
concello, especialmente no campo económico. O acto acabou solicitando o Alcalde e os seus
«inteligentes y laboriosos compañeros» ao Gobernador Civil que transmitise ao ditador Franco
967
O seu momento coma Alcalde chegaralle en marzo de 1954, cando presente a súa dimisión o Alcalde Valencia
Fernández. Informe do Goberno Civil de Leoncio Areal Herrera, AGA, FAMI, 44/2919. 968
Informe do Goberno Civil de Antonio Rodríguez González Montero, AGA, FAMI, 44/2919. Informe de FET de las
JONS de Antonio Rodríguez González Montero, AGA, SGM, DNP, 51/20520.
421
«su fiel e inquebrantable lealtad y obediencia y el juramento de que servirán desde sus puestos
a Dios, España y a su Caudillo»969
. O discurso de Eduardo Valencia mostra a un Alcalde
comedido e controlado na exaltación pola volta ao cargo municipal; unha reacción
completamente oposta á da súa primeira toma de posesión. Xunta Valencia continuaron tres
homes destacados do panorama municipal ourensán: o profesor de mercantil Eduardo
Rodríguez Cantero; o enxeñeiro de montes Vicente Reus Cid e o almacenista e membro do
consello de administración da caixa de aforros provincial José Antonio Moretón Alonso. Eses
tres homes, implicados no Movemento dende diferentes orixes políticas, acompañaron aos dez
novos xestores nomeados.
O mundo da dereita ourensá continuou proporcionando os nomes dos novos xestores.
O avogado José Quiroga Fragoso foi un home con antecedentes definidos de «ideología
derechista»; aínda que algúns informes situárono directamente como membro de FE de las
JONS con anterioridade á guerra civil. Participante nesa guerra como voluntario, foi recoñecido
ao final daquela como Caballero Mutilado. A súa implicación en FET de las JONS levouno a
ser nomeado en 1940 delegado provincial do Servizo Exterior do Movemento ata que aquel foi
disolto. Quiroga Fragoso foi un elemento da xestora municipal implicado no mundo cultural
da cidade de Ourense como socio do Ateneo ourensán970
. Outro home de «derechas» con
anterioridade a sublevación militar de xullo de 1936 foi Eustaquio Cañizal Armés, afiliado en
calidade de militante a FET de las JONS no momento de ser nomeado971
. O Tenente coronel
de Infantería Victoriano Felpeto de la Montera non pertencía a FET de las JONS, mais contou
con certa experiencia na política durante a ditadura de Primo de Rivera, cando exerceu
inspector provincial de abastecementos972
. O médico pediatra Federico Martinón León foi
cualificado tamén como un elemento «adherido» ao Movemento e de dereitas para xustificar o
seu nomeamento de xestor municipal973
; como tamén foi de dereitas outro Moretón almacenista
nomeado para aquela ocasión: Arístides Moretón Fernández, participante na guerra civil
chegando a acadar o rango de Tenente de Intendencia. Moretón Fernández aportou á nova
xestora a comunicación cos empresarios e propietarios ourensáns grazas á súa pertenza á
Cámara de Comercio de Ourense974
.
José Antonio Romagosa vila foi outro dos novos xestores ourensáns que contaba no seu
currículo a colaboración con FET de las JONS antes do golpe de Estado de xullo de 1936.
Romagosa Vila foi delegado provincial de Gandaría e presidente do Colexio Oficial de
Veterinarios de Ourense dende maio de 1946975
. Quen proveu directamente da FE de las JONS
primixenia foi o militante e empregado de banca Benito Alonso Álvarez, definido polo
Goberno Civil como «adherido» e elemento de «absoluta confianza» cara o Movemento976
.
969
As citas anteriores no LAPCO, 1947-1950, sesión do 9 de xaneiro de 1948: 17. 970
Foi fillo de Manuel Quiroga Macía, o primeiro Gobernador Civil da provincia de Ourense sublevada. Informe
do Goberno Civil de José Quiroga Fragoso, AGA, FAMI, 44/2918. 971
Informe do Goberno Civil de Eustasio Cañizal Armes, AGA, FAMI, 44/2919. 972
Informe do Goberno Civil de Victoriano Felpeto de la Montera, AGA, FAMI, 44/2919. 973
Informe do Goberno Civil de Federico Martinón León, AGA, FAMI, 44/2919. 974
Informe do Goberno Civil de Arístides Moretón Fernández, AGA, FAMI, 44/2919. La Región, 16 de febreiro
de 2018, <http://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/buenos-tiempos-camara/20180216141652771365.html>,
[Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 975
Informe do Goberno Civil de José Antonio Romagosa Vila, AGA, FAMI, 44/2919. 976
Informe do Goberno Civil de Benito Alonso Álvarez, AGA, FAMI, 44/2919.
422
Outro empregado de banca e membro de FET de las JONS con anterioridade á guerra civil foi
Gumersindo Ferreiro Míguez, que foi cualificado como de «incuestionable adhesión» ao
Movemento977
. O colofón ao grupo de nomeados púxoo o mestre nacional Tomás Cid Millara,
que contou con antecedentes na RE ourensá, FET de las JONS e como delegado provincial do
Auxilio Social978
. Se este foi o colofón, a nota discordante —ou que parecía discordar entre tanto
compromiso coa dereita—, foi o tipógrafo Eleuterio Arce González. Considerado polos
informes do Goberno Civil como apolítico, figuraba nos informes como membro de FET de
las JONS en calidade de militante. Con todo, segundo algunhas informacións recollidas polas
autoridades, pertencera ao Sindicato de Tipógrafos que, segundo noticias de FET de las JONS
se mostrara «afecto a la Casa del Pueblo» ourensá. A Arce González salvouno da exclusión da
nova xestora ourensá o feito de non ter executado cargo algún no sindicato. Por esa razón foi
considerado home de «absoluta confianza» cara o Movemento979
.
977
Informe do Goberno Civil de Gumersindo Ferreiro Míguez, AGA, FAMI, 44/2919. 978
Informe do Goberno Civil de Tomás Cid Millara, AGA, FAMI, 44/2919. 979
Informe do Goberno Civil de Eleuterio Arce González, AGA, FAMI, 44/2919.
423
5.5.4.4 A cidade de Vigo: completando a xestora de Suárez Llanos
Na cidade olívica, días antes de ser cesado do seu posto de Gobernador Civil, Luis Ponce
de León realizou unha serie de nomeamentos para completar a xestora municipal dirixida por
Luis Suárez Llanos Menacho. O mundo do mar, como norma xeral na composición das
xestoras viguesas, ocupou a maioría dos postos dos grupos de goberno da cidade. Os
nomeamentos para completar a xestora do 9 de xuño de 1948, pareceu chamar a atención do
Gobernador Civil a aportación da cota falanxista adecuada para as xestoras municipais; sen
deixar de lado o mundo mar. Xunta destacados armadores e conserveiros entraron a xestora
viguesa sete novos membros. Do avogado Guillermo Álvarez Alonso descoñécense os seus
antecedentes políticos previos ao golpe de Estado de xullo de 1936, quizais pola súa xuventude.
Si se sabe que exercía o cargo de secretario provincial de Sindicatos no momento de ser
nomeado xestor. Tamén quedou rexistrado nos informes do Movemento que foi «muy afecto»
a causa dos sublevados. Aínda que contaba con estudos na avogacía, foi ascendido en 1938 ao
cargo de Alférez provisional de Infantería sendo destinado a provincia de Ávila en calidade de
sub-instrutor da Academia nesa provincia980
. De Agustín Eiroa Martínez, traballador da
metalurxia, non se coñecían implicacións políticas previas á guerra civil; mais si se coñecía polas
autoridades do Movemento a súa afiliación ao Sindicato Obrero Católico de Vigo981
. A mesma
inexistencia de antecedentes políticos deuse no xestor municipal nomeado Luis Salgado
Rodríguez982
. Ningún dos tres anteriores quedou rexistrado como membro de FET de las JONS
no momento de ser nomeados xestores municipais. Para suplir esa carencia o Gobernador Civil
botou man doutros elementos políticos.
O perito mercantil Antonio Conde Pascual acabou sendo presidente do Colexio Oficial
de Axentes e Comisións de Aduanas de Vigo. Definido como un home de «orden». Como
membro do Rotary Club vigués en calidade de secretario dende o inicio da guerra civil, estivo
no punto de mira das autoridades, que consideraron ese club como a «antesala de la
Masonería». As informacións que se manexaron na provincial de Pontevedra situárono fóra da
masonería e dentro de FET de las JONS dende os momentos iniciais da Guerra. Precisamente,
a súa implicación no partido levouno ao posto de xefe de centuria na retagarda viguesa983
. Se é
obrigado citar a un falanxista ben implicado no Movemento, cómpre citar ao industrial
nomeado xestor municipal Pedro Ojeda de la Riva. Ojeda de la Riva exercía de representante
do sindicato de Pesca na cidade olívica no momento de ser nomeado. Natural de Castela, da
cidade de Valladolid, participou na Falanxe viguesa dende os seus inicios colaborando en
diferentes tarefas de proselitismo na etapa republicana. O recoñecemento a esas actividades
servíronlle para converterse en delegado provincial de Ex-combatentes e lugarTenente
provincial da Guardia de Franco en outubro de 1942. Definido como «completamente afecto
980
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Guillermo Álvarez Alonso, AGA, FAMI, 44/3011. BOE, 3
de xuño de 1938, 589. 981
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Agustín Eiroa Martínez, AGA, FAMI, 44/3011. 982
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Luis Salgado Rodríguez, AGA, FAMI, 44/3011. 983
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Antonio Conde Pascual, AGA, FAMI, 44/3011. BOE, 24 de
febreiro de 1965, 47: 2847.
424
al Régimen», acabou por ser xefe comarcal do Movemento de Vigo nos anos 50984
. Procedente
tamén da primeira Falanxe viguesa aterrou na xestora olívica Servando Sánchez Eguibar, home
cunha suposta «arraigada tendencia Nacional-Sindicalista», membro da Vieja Guardia e
delegado provincial de Sindicatos no momento de ser nomeado xestor985
. O derradeiro
nomeamento foi o do industrial Ramón Núñez Saavedra, que aparece nos informes do
Goberno Civil como ex-combatente, sen aportar datos de onde combateu986
.
A Luis Ponce de León correspondeulle a derradeira configuración dunha xestora
municipal urbana antes das eleccións por terzos que se ían a producir nos meses seguintes. O
que se acaba de analizar da coma resultado un proceso de adaptación do poder municipal a un
marco político que se presentou como novidoso. Por moito que a democracia se cualificase de
«orgánica», non deixou de ser un proceso de selección de homes empregando unhas urnas e
unhas papeletas. Seguindo o pensamento político dos homes da ditadura, a experiencia nefasta
do sistema político liberal español «inorgánico», que acabou derivando na República que case
trae o comunismo ao solar ibérico —segundo a interpretación das mentes ditatoriais—, como,
no momento de convocar eleccións, non se debería ir con coidado a poñer unhas urnas para
votar? A xustificación do toque a rebato cando o decreto para a conformación do censo electoral
queda perfectamente reflectida en todos os cambios introducidos entre a publicación daquel e
a convocatoria oficial das eleccións. As xestoras deberon mostrarse acorde co que se esperou
das eleccións: compromiso co Movemento pero cunha carauta de maior moderación na
exaltación dos ideais políticos que marcaran o devir da ditadura dende o seu inicio. Aquilo de
exaltar o compromiso totalitario quedou xa noutros tempos non moi afastados; aínda que lendo
e analizando os discursos realizados polas xerarquías dende o final da Segunda Guerra Mundial,
aquilo de mostrar simpatías polo nazismo e o fascismo parecía unha cousa de períodos máis
que pretéritos.
As cidades galegas continuaron construíndo a ditadura franquista dende a base,
levantando andares pouco a pouco sobre uns alicerces claros que se repiten dende o inicio:
respecto absoluto pola xerarquía a que se lle debía todo o que se podía ser e o compromiso coa
ditadura como forma política que lexitimaba os postos que se ocupaban no poder municipal.
Ese respecto e aquel compromiso político encargáronse de configurar as eleccións municipais
por terzos. Os candidatos deberon chegar aos seus postos de poder por medio do sufraxio mais,
previamente, deberon pasar o filtro da súa adecuación aos postulados da ditadura. Non fose ser
que se metese polo medio algún individuo que puidese dar ao traste todo o proxecto que, tendo
en conta as informacións internas das autoridades da ditadura, se estaba a construír con tanto
esforzo e sufrimento.
984
Informe de FET de las JONS e da Garda Civil de Pedro Ojeda de la Riva, AGA, FAMI, 44/2011 e AGA, FAMI,
44/3011. BMFET, 160: 1734. 985
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Servando Sánchez Eguibar, AGA, FAMI, 44/3011. 986
Informes de FET de las JONS e da Garda Civil de Ramón Núñez Saavedra, AGA, FAMI, 44/3011.
425
5.5.5 A PREPARACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS POR TERZOS
5.5.5.1 As indicacións á poboación por medio da prensa galega
Elaborado o censo de cabezas de familia ordenado en 1945, o 30 de setembro de 1948
as campás comezaron a repicar para chamar ás eleccións. Dous decretos referidos en epígrafes
anteriores estableceron as normas que deberon rexer o proceso electoral e, consecuentemente,
o día das eleccións que se fixou para finais de 1948. Se a convocatoria de eleccións causou
sensación entre a clase política —que as estaba agardando dende 1945—, poñéndoa en alerta
sobre posibles situacións problemáticas que puidesen producirse; entre os galegos que estaban
chamados a votar, segundo a interpretación da prensa provincial, a convocatoria causou
sensación. Esa sensación animosa cara as eleccións comezou a quentarse a principios de
novembro de 1948 cando en páxinas coma as de El Pueblo Gallego, apareceron pequenos
anuncios onde se animaba aos futuros electores galegos a estar atentos a todo o proceso
electoral. Con chamados exclamativos ao «ELECTOR», fíxoselle chegar que «el municipio será
lo que tú quieras, si eres exigente al emitir tu voto»; ou fíxoselle reflexionar sobre cuestións máis
profundas coma «¿Has pensado que tu indiferencia ante la proclamación de candidatos puede
ocasionarte prejuicios irreparables?»987
. Esas interpelacións ao potencial elector situáronse nas
marxes das páxinas do xornal cun tipo de letra exclamativamente pequeno. Con elas, as
autoridades provinciais pretenderon aclarar ao cidadán que ocorrería no momento no que fose
chamado as urnas. Os anuncios esixiron ao galego, fose da cidade ou do campo, que estivese
atento a todo o proceso, a todos os nomeamentos; que se informase sobre o proceso de
selección, sobre os candidatos e sobre como debería votar correctamente o día 21 de novembro
de 1948. Nesa empresa de informar aos electores aplicouse ao máximo a prensa das provincias
galegas. Durante os días previos a primeira selección de candidatos, sucedéronse na prensa
galega noticias e artigos sobre a importancia da participación no proceso electoral que se ía
desenvolver.
Un deses intentos de comunicarlle aos galegos a importancia do proceso electoral foi a
sección titulada Ante las elecciones municipales de El Pueblo Gallego. O primeiro texto levou
por título «Trascendencia de la representación familiar». Segundo o artigo, a reforma electoral
incluída na Lei de Bases de Réxime Local suporía un impulso reformador na liña «de los más
ilustres gobernantes como Maura, Moret o Calvo Sotelo». Unha reforma que afectaría ao pobo
de maneira evidente, pois o municipio ditatorial constituíase na «institución básica» do sistema
político español. Como non puido ser doutro xeito —pois a maneira de entender a organización
política do Estado por parte da ditadura foi a dun todo orgánico—, o concello deberíase
constituír no «vínculo que liga a las familias con el Estado, y cada uno de ellos [os municipios]
es como una gran familia, dados los estrechos lazos que va tejiendo la vida en común entre sus
moradores». Segundo o artigo, para realizar a inxente tarefa da organización e xestión dun
municipio, á fronte do mesmo cumpriría colocar aos máis aptos e válidos, pois estaría en xogo
a xestión recta do patrimonio local, por exemplo; ou a manifestación da «acción tutelar, y de
987
El Pueblo Gallego, 10 de novembro de 1948: 4.
426
alta autoridad del Gobierno, hasta en los más recónditos lugares del ámbito nacional». En
definitiva:
«Con la próxima renovación de los Ayuntamiento se inicia realmente la reforma del régimen
local, dentro de normas que, aun cuando tienen raíces en la mejor tradición y loables
antecedentes han sido elaboradas por el nuevo Estado con evidente desvelo por mejorar una de
nuestras instituciones fundamentales: el Municipio».
Á fronte dos municipios deberían situarse os máis válidos para a xestión, de aí a
importancia de participar nas eleccións988
.
A roda electoral botou a andar cun calendario que marcaría o devir da contenda. O 13
de novembro publicáronse as listaxes de pre-candidatos que deberon proclamarse
definitivamente o domingo día 14. As candidaturas deberían ter entregado toda a
documentación para seguir adiante no proceso; de non ser así serían suspendidas e invalidadas.
Proclamadas as candidaturas, os candidatos poderían comezar a facer campaña electoral,
gardando sempre, segundo o discurso das autoridades provinciais, as boas maneiras que se
agardarían de calquera candidato da ditadura franquista. A decisión que deberían tomar os
galegos electores foi a de elixir o que a prensa denominou «a los mejores vecinos, cabezas de
familia»989
, para o que deberían consultar detalladamente as listaxes de candidatos. Segundo o
que dixo a prensa, a proclamación dos candidatos na provincia de Pontevedra, por exemplo,
debería provocar que todos os pontevedreses se sentisen «de enhorabuena» ante a masiva
concorrencia da candidatos as eleccións polo terzo de cabezas de familia. El pueblo gallego dixo
que os pontevedreses «ha[n] respondido a la llamada del Gobierno (en relación a [sic] las
elecciones municipales)» concorrendo «con todo entusiasmo y espíritu de ciudadanía». Os
xornalistas do diario pontevedrés transmitiron aos seus lectores o éxito de convocatoria ao
proceso electoral onde «han concurrido hombres de bien, hacendados y modestos, procedentes
de todas las clases sociales» que non estarían facendo máis que cumprir co seu deber coma
cidadáns. Efectivamente, a mobilización de candidatos foi extraordinaria para aquelas primeiras
eleccións. O proceso electoral foi a novidade, o recurso político que a ditadura creara para
mover o mundo municipal e investilo dunha certa pátina de liberdade. As cifras de candidatos
presentados antes de ser confirmados resulta un bo indicador da vivacidade do proceso
electoral.
Na a cidade da Coruña, de 6 postos de cabezas de familia a completar, presentáronse,
antes de ser validados oficialmente, 21 homes. No caso da cidade Ferrol, para 6 postos, 17
candidatos. En Santiago de Compostela, para 5 concelleiros cabezas de familia 18 candidatos,
entre eles, unha muller. En Lugo deberían repartirse outros 5 postos entre 17 candidatos. Na
cidade de Pontevedra, repartíronse os mesmos concelleiros que en Lugo, a repartir entre 15
postulantes. E en Vigo, que foi a cidade que máis concelleiros repartiu cun total de 7 por cada
terzo, houbo un total de 48 aspirantes cabezas de familia antes de validarse as candidaturas.
Ourense, que repartiu 5 concelleiros polo terzo familiar, foi a que contou co menor número
aspirantes: un total de 10. A confirmación oficial de candidatos produciuse do día 14 de
988
El Pueblo Gallego, 11 de novembro de 1948: 4. 989
El Pueblo Gallego, 13 de novembro de 1948: 4.
427
novembro provocando algúns cambios nas listaxes previas das cidades de Vigo e Santiago. Dos
48 aspirantes iniciais da cidade olívica, dous caeron da selección «por falta de documentos».
Dos 18 candidatos da cidade de Santiago, despois da comprobación da documentación,
quedaron exactamente 5 candidatos, exactamente o número de postos a cubrir polo terzo de
cabezas de familia. No resto das cidades, as candidaturas mantivéronse iguais, sen cambios.
O que se pretendeu dende as autoridades e a prensa foi afastar a pantasma da política
liberal da convocatoria de eleccións por terzos. Para iso, a prensa falou de «menos política y
más administración». As crónicas da prensa provincial encargáronse de poñer énfase en que o
oficio de concelleiro era unha cuestión finita: o concelleiro formaba parte dun grupo de homes
que deberían traballar de maneira coordinada na xestión económica e administrativa dun
municipio, dende a xestión dos presupostos a cultural, pasando pola beneficencia e a
organización da ensinanza nacional. O concelleiro, polo tanto, organizaría e xestionaría o
concello, pois para iso administraba
«[...] los intereses de los vecinos que en ellos depositaron su confianza: brindarle calles limpias,
bien pavimentadas y alumbradas convenientemente por las que puedan caminar; ofrecerles
mercados higiénicos, centros de socorro modernamente dotados, y toda otra realización de
servicios igualmente interesantes para el desenvolvimiento de la vida ciudadana de cada día».
En todo ese proceso descrito pola crónica, a pregunta que xorde é que papel debería
xogar a política. O discurso xornalístico —que foi o transmitido polas autoridades provinciais—,
preocupouse por afastar do proceso electoral calquera asociación co liberalismo e a democracia.
A prensa expresou claramente que ninguén debería pensar que volverían os tempos daquelas
«tumultuosas reuniones semanales de los Concejos en las que cada problema era enfocado por
las diversas “minorías” con criterios opuestos». Iso quere dicir, en palabras dos xornalistas, que
aqueles que tivesen «demasiado apego a los viejos y felizmente desaparecidos tiempos» non
deberían pensar, nin por un momento, que a política volvía aos concellos agora que se puido
votar en eleccións libres de cabezas de familia. Situacións pasadas nas que o saneamento, a
pavimentación, a conservación dos mercados, a urbanización dunha rúa, a apertura de
comercios e outras cousas estiveran «a merced de los votos socialistas o de la mayoría liberal»
deberían ser cousa do pasado. Por iso, seguindo as pautas argumentais establecidas polas
autoridades da ditadura, o que deberían defender os novos concellos xurdidos das eleccións de
novembro de 1948 sería o que dixera Silvela unha vez: «menos política y más administración».
O municipio foi a base de todo o sistema administrativo da ditadura franquista, tal e como dixera
á súa maneira José Antonio Primo de Rivera: ninguén nacía membro dun partido político; pero
si que nacía membro dunha comunidade, «lo que le confería derechos y le imponía obligaciones
para con ellos, no de índole política, sino afectiva para amarlos, material para defenderlos y
moral y honrada para servirlos»990
.
Segundo a liña argumental establecida pola autoridade, o que se xogou na convocatoria
electoral de novembro de 1948 foi unha cuestión meramente administrativa. A tendencia
argumental das autoridades provinciais foi a de afastar calquera tipo de similitude pretendida
entre o proceso orgánico da ditadura e o inorgánico das democracias liberais. Os pequenos
990
As citas anteriores en El Pueblo Gallego, 17 de novembro de 1948: 4.
428
anuncios que se incluíron nos xornais daquel contexto anterior as eleccións, puxeron énfase
nesa posición:
«ELECTOR: Cuando vayas a depositar tu voto, considera que en tu vida diaria tienen indudable
trascendencia las decisiones que adopta el ayuntamiento del municipio en que vives. Recapacita
y elige para concejales a los hombres que más dignamente puedan representar y defender los
intereses de tu municipio que son los tuyos propios».
Os redactores La Voz de Galicia tamén orientaron e informaron aos electores galegos
sobre o proceso. Durante os días previos as eleccións o xornal coruñés publicou unha serie de
notas na portada informando sobre o funcionamento do proceso para que os coruñeses non
perdesen ningunha novidade do mesmo. Seguindo a liña dos pequenos anuncios diarios sobre
as eleccións, unha nota informativa electoral dicía que «la masa electoral» debería votar «en su
totalidad», porque fora chamada pola autoridade superior. O acto de votar constituíase nun
elemento fundamental do corpo cidadán que implicaba o compromiso co concello no que se
residía e, consecuentemente, con España. A prensa aclaraba que quen se achegase as urnas
debería «depositar su voto a favor de aquellos candidatos que estime más solventes, capacitados
y amantes del pueblo» que, no momento de tomar posesión dos seus cargos municipais,
axudasen ao desenvolvemento do concello «con su opinión, con su experiencia o con su
capacitación para levantar la hacienda municipal». Ese mesmo día no que se publicou a anterior
análise apareceu unha nota sobre «el deber de votar»:
«Las próximas elecciones municipales convocan a los españoles a la práctica de un deber, cual
es el de sentirse miembros activos y responsables de la comunidad. Nadie debe desentenderse
de la obligación de votar. El ejercicio de los deberes de ciudadanía es tan amplio y rodeado de
tantas garantías, que ofrece posibilidades para todos los gustos. Los electores son libres para
manifestarse por uno u otro candidato, hacer combinaciones e, incluso, limitar su voto a un
número menor al permisible. Pero lo que no se debe hacer desde ningún punto de vista, es
abstenerse».
A mensaxe que se extrae do texto ofrecido por La Voz de Galicia aos seus lectores é que
estes deberían interesarse polos asuntos municipais, sendo participación nas eleccións o camiño
máis adecuado. En palabras da prensa: «de la gestión de las corporaciones depende el
mejoramiento y bienestar común».
«Hay, pues, que votar. Sin presiones ni imposiciones, y sí con el pensamiento puesto en lo que
a todos conviene. El sufragio es una obligación. Quienes la olviden son indignos de merecer los
derechos que otorga la ciudadanía».
O eixo argumental do escrito pola prensa xirou sobre a idea de que o funcionamento de
España dependía do nivel máis pequeno da administración. A relación causal que se estableceu
foi que se aos municipios lles ía ben, a España iríalle ben. Por iso a prensa se encargou de poñer
énfase na obrigación dos españois de seleccionar aos mellores «y cada ciudadano, al depositar
su voto en las urnas, puede contribuir a que las corporaciones, en su composición, alcancen el
nivel deseado para que puedan estar a la altura de la misión que les está encomendada»991
.
991
La Voz de Galicia, 18 de novembro de 1948: 1.
429
Esa idea que se repite unha constantemente poñendo énfase en que ningún cidadán
podería deixar de exercer o seu dereito a votar, converteuse nunha idea forza de todo o proceso
argumental da ditadura para apoiar o proceso electoral por terzos. O cidadán, para votar
correctamente, debería cumprir o seu deber electoral pensando nunha votación puramente
administrativa onde a política non podería ter cabida. A argumentación ditatorial determinou
que esa era a diferenza clave entre os procesos liberais inorgánicos e o modelo que puxo en
marcha a ditadura. As eleccións da ditadura viñan precedidas da falta da denominada pola
prensa «trompetería y del tumulto de las elecciones de un tiempo funesto». Pero a poboación,
segundo a prensa, teríase mobilizado dunha maneira «leal y patriótica»: por medio do abondoso
número de candidaturas e polo seu desexo de exercer o seu papel elector. Para as autoridades
provinciais foi suficiente ver o número de vacantes e o número de candidatos que se presentaron
para comprobar o éxito da chamada as urnas. Ese factor do abondoso número de candidatos
xurdiu e foi lido pola prensa e polas autoridades provinciais como un argumento que lexitimaría
e consolidaría a mesma existencia do réxime ditatorial entre a poboación. O elevado número
de candidatos permitía desbotar a idea dunha «ciudadanía indiferente a la vida pública si ahora
tenemos ante la vista una espléndida manifestación de todo lo contario»; a pretendida idea duns
veciños que se presentaron coa «apetencia» de ocupar cargos municipais coa «ilusión de resolver
las necesidades urbanas». O pobo español estaría a dar unha lección ao mundo:
«Esta es la reacción de un pueblo liberado de los resabios partidistas que solo quiere y desea la
prosperidad y grandeza de su Ayuntamiento, vitalizado en su economía, fecundo en obras y
capaz de resolver los acuciantes problemas urbanísticos que los tiempos actuales reclaman con
imperativo ineludible».
Todo, as candidaturas, a campaña e a votación, «para la total grandeza de España»992
. Foi
moi difícil afastarse das eleccións, porque foi un tema que superou en interese a outros moitos,
apupado pola propaganda que se realizaba «profusa y libremente, como anticipación de las
máximas garantías que asegurarán en esta ocasión la pureza del sufragio». Segundo as crónicas
da prensa, o que se xogaba nas eleccións foi tan importante que ningún veciño puido «sustraerse
a la obligación de votar». Para o caso da Coruña, houbo que elixir a 6 homes entre 21 posibles
candidatos, e a prensa pintaba conversas populares que xirarían arredor das combinacións
posibles nas que se «cree hallar la mayor seguridad para la defensa de los intereses
administrativos de la urbe».
«Allá cada coruñés con la selección de su candidatura. Pero si no nos parece prudente indicación
alguna sobre el particular, si consideramos obligación nuestra insistir en el compromiso moral
que todo coruñés tiene adquirido de acudir a las urnas para avalar con la presencia de su voto
la autoridad del nuevo Concejo, cuya responsabilidad será de este modo más directa que nunca».
Estivo en xogo o futuro da administración municipal da cidade herculina. Segundo La
Voz de Galicia: «El domingo tendrán todos los vecinos la oportunidad de exponer con auténtica
elocuencia y de manera más eficaz su verdadera opinión. Sería improcedente
desaprovecharla»993
.
992
El Pueblo Gallego, 18 de novembro de 1948: 5. 993
La Voz de Galicia, 19 de novembro de 1948: 1.
430
O día 20, véspera das eleccións, El Pueblo Gallego, informou na portada nunha «nota
del día» sobre a xornada que se ía a vivir en España o día 21. Unha xornada imaxinada «plena
de emoción y espíritu cívico, en el que una sume de voluntades marcará a cada Municipio la
expresión de la voluntad de todos los vecinos». Segundo El Pueblo, as eleccións foron un
proceso de «intuición colectiva» para escoller aos máis válidos de entre os candidatos; xa de por
si considerados capaces e aptos para os cargos municipais. Foron homes que serían elixidos
para un mandato de seis anos, o que promoveu unha especial importancia a concorrencia
electoral.
«Los pueblos se elevan o se hunden en razón directa del entusiasmo, voluntad de trabajo y
espíritu de servicio de sus representantes. El lograr un cuadro de hombres voluntariosos que se
incorporen a las tareas administrativas de los Municipios es el principal y único objetivo en que
deben inspirarse todos los electores pontevedreses, cuando mañana, en cumplimiento de un
deber imperativo, acudan a las urnas electorales»994.
Ese mesmo día 20 de novembro, ao lado da fotografía na que Harry Truman amosaba
alegre o exemplar do Chicago Daily Tribune que daba coma vencedor das eleccións americanas
ao seu contrincante Thomas Dewey, apareceu en La Voz de Galicia unha noticia titulada «Para
evitar confusiones». Nela dicíase que ao pé dunha papeleta electora dunha candidatura aparecía
a seguinte nota:
«Se advierte a los señores electores que los componentes de esta candidatura recomiendan en
todo momento se vote integra y desautorizan categóricamente todas aquellas candidaturas en las
que figure tan solo alguno de los señores arriba indicados».
As eleccións presentáronse candidatos individuais, pero estes candidatos poderían crear
extra-oficialmente candidaturas baixo o mesmo paraugas. Quérese dicir que entre seis homes
puideron presentarse baixo un mesmo nome que os englobase a todos, e o elector, no momento
de marcar as cruces na súa papeleta podería seleccionar os nomes da candidatura que desexase.
Esa indicación por parte dunha candidatura denota a existencia de tensións políticas entre os
candidatos. A La Voz de Galicia esta recomendación non lle pareceu moi adecuada, e así o
manifestou cando dixo que «se puede, en buena práctica electorera, aconsejar a los electores
que voten una candidatura íntegra»; o que non se podía sería —segundo os redactores de La
Voz—, dicir ás «gentes sencillas que no saben de textos legales» que estaban «desautorizadas» a
coller papeletas onde non estivesen marcados os nomes da candidatura que lanzou a
advertencia. Con aquela advertencia, La Voz sentiuse na obriga moral de realizar unha tarefa
de servizo público dando aos seus lectores indicacións sobre como funcionaba o proceso
electoral. O primeiro foi lembrar que «a efectos prácticos» non existían as candidaturas. O
elector podería «votar a seis a su antojo, haciendo cuantas combinaciones quiera»; podería
incluso votar a menos de seis candidatos, pero nunca a máis dos seis necesarios e chamados a
renovar. As autoridades provinciais expresaron que manifestacións coma a da candidatura
coruñesa non eran aceptables «aunque se prometa el loro y el moro». Cumpriu que os electores
se aproximasen as urnas «rectamente intencionados»995
.
994
El Pueblo Gallego, 20 de novembro de 1948: 1. 995
La Voz de Galicia, 20 de novembro de 1948: 1.
431
Para a prensa da ditadura foi moi importante aclarar aspectos coma o anterior. A
intención primeira e última das autoridades, a tenor do que expresou a prensa, foi que o proceso
electoral non saíse do curso establecido por aquelas, fomentando competicións políticas máis
aló do cariz meramente administrativo que se lle quixo dar as eleccións. O Alcalde de Vigo,
Luis Suárez Llanos-Menacho, encargouse de poñer énfase nese aspecto. En primeiro lugar, e
segundo a súa análise, era de destacar o elevado número de candidatos que se presentaran como
candidatos para o terzo de familias na cidade olívica; feito que demostraría «la intensa
preocupación que no puede ser más halagadora» para unha cidade, por ser unha candidatura
das maiores de España. Segundo o Alcalde vigués, listaxe de candidatos tivo un único
responsable do seu éxito: o Gobernador Civil, que velara por que os mellores estivesen
representados.
«En cuanto a la lista de candidatos proclamados, advertimos que encierra muchos nombres de
personas que hacen abrigar las mejores esperanzas en la labor que tienen que desempeñar. De
la gran mayoría de los candidatos tenemos la mejor referencia y entre ellos hay personas que ya
han acreditado su valía y competencia en materia municipal y otras que han colaborado muy
eficazmente».
O éxito da convocatoria culminaríase coa selección dun sistema de elección «bien
basado, ya que entraña el deseo de formarlas con representantes de todos los sectores y
actividades de la ciudad». A idea transmitida polo Alcalde é unha repetición da que transmitiron
as autoridades provinciais a través da prensa, poñendo o til na necesidade colectiva por parte
dos electores de seleccionar a persoas que estivesen en sintonía co programa político e
administrativo da cidade; ou sexa das autoridades da ditadura996
.
O día das eleccións apareceron na Voz de Galicia unhas «Instrucciones a los electores».
O primeiro que coubo repetir á cidadanía foi que as eleccións serían un evento «exclusivamente
administrativo»; mais o que pasou foi que «han despertado interés inusitado». Coa intención de
mitigar ese «interés inusitado», esas instrucións quixeron sintetizar a frialdade do asunto;
«aquellos datos cuyo conocimiento consideramos indispensable para el correcto cumplimiento
de la obligación de votar». As oito da mañá abrirían os colexios co censo onde se informaría
sobre o lugar no que votar. As nove da mañá comezaría a votación e acabaría as cinco da tarde.
Entre os 21 homes que se presentaron na cidade da Coruña, os coruñeses deberían escoller 6
«nombres que más confianza le merezcan» pero «sin tener en cuenta para nada las candidaturas
completas que unos y otros presenten». O elector podería seleccionar o que quixese, sempre
que non fosen máis de seis os nomes seleccionados. De ser ese o caso, serían contabilizados os
seis primeiros, quedando o resto dos nomes invalidados. «Estas son las instrucciones más
interesantes para el pueblo, cuyo conocimiento es indispensable»997
. O día das eleccións foi
aproveitado para facer un repaso aos electores de todo o camiño que se percorrera ata ese
momento. O orgullo das autoridades provinciais de que todas as provincias demostrasen unha
enorme presentación de candidaturas en todos os concellos foi a nota que a prensa destacou
sobre todas as cousas. A nota discordante da mobilización de candidatos teríaa significado
Ourense que «aún ofreciendo en la inscripción de candidatos una nota de menos interés, se
996
Faro de Vigo, 20 de novembro de 1948: 1. 997
La Voz de Galicia, 21 de novembro de 1948: 1.
432
dispone también a vivir cumplidamente esta jornada de ciudadanía estimulada por el amor y el
deber del pueblo hacia los intereses comunes de sus municipios»998
.
O ministerio da Gobernación tamén se encargou de definir a normalidade do proceso
electoral e a necesidade de acudir a votar por medio das palabras do ministro Blas Pérez. Para
o ministro, as eleccións chamaron ao «pueblo, no la masa, y en forma orgánica o no amorfa»
que debería exercer o seu papel de maneira libre sen «influencias de partido». Blas Pérez
diferenciou claramente entre o «pueblo» mobilizado pola ditadura e a «masa» das democracias.
O pretendido «pueblo» da ditadura viviría afastado de calquera influencia política, opoñéndose
á «masa» influenciable, manipulable e alienada polos partidos políticos.
«De esta manera, el sufragio universal inorgánico, tan mudable, tan artificioso, es reemplazado
por la elección a través de la familia, del municipio y el sindicato, que son las bases naturales,
íntimas, auténticas y permanentes en que se basa el Estado».
As candidaturas conformáranse seguindo un «criterio de libertad y eficacia
administrativa». A «eficacia administrativa» da que falou o ministro da Gobernación
conseguiríase por medio do control dos candidatos.
«Días antes de las elecciones encargué a los gobernadores civiles que vigilasen los aspectos en la
designación de los candidatos: la calidad de los hombres y la evitación de las candidaturas
cerradas. Como consecuencia, en las listas que tienen un sentido de amplia y constructiva
colaboración, figuran muchos, hombres de zona media, sacados del comercio, de la industria,
del sector obrero, del campesinado y de las profesiones liberales».
Que triunfasen as candidaturas do Movemento na articulación das listas electorais foi un
«sincero exponente del sentir político de España»999
.
5.5.5.2 A preparación das eleccións polos gobernos civís galegos
Así foi como viviu a prensa o proceso, transmitíndollo a parte da sociedade que lía as
noticias nos xornais. Outra cousa foi o que pasou nos gobernos civís, nos concellos e no
ministerio da Gobernación. Nas tres administracións foron conscientes da necesidade de
controlar dende o principio ao final o funcionamento de todo o proceso. Para o caso de Galicia
quedan poucos documentos que demostren ese tipo de preocupación relacionada coas
eleccións de cabezas de familia nos concellos urbanos. Pero si restan algúns indicios sobre o
que se moveu na política para crear uns consistorios acordes ao Movemento. Por moito que se
intentou vestir de cuestións administrativas, o proceso electoral non deixou de ser un acto de
exaltación política. A sensación de mobilización política e social que transmitiron os xornais do
momento tamén se manifestou, dende moito antes, nos informes que as xefaturas do
Movemento enviaron a Madrid. Así o dixo o xefe provincial e Gobernador Civil de Lugo
998
El Pueblo Gallego, 21 de novembro de 1948: 1 e 5. 999
La Voz de Galicia, 24 de novembro de 1945: 4. O mesmo en Faro de Vigo, 24 de novembro de 1948: 1.
433
Santiago Vallejo Heredia. Despois de recoñecer que a situación política provincial era
«francamente buena», escribiu que na provincia baixo o seu mando estábase a dar unha
situación social curiosa: aos lucenses «parece ser le gustan extraordinariamente las elecciones».
Así, a convocatoria do referendo que se celebraría ese ano [referíase ao referendo da Lei de
Sucesión na Xefatura do Estado, celebrado o 6 de xullo de 1947] creara un «entusiasmo» nos
cidadáns para consultar as listaxes oficiais do censo electoral1000
.
Se por un referendo a sensación social foi a que se describiu, en 1948 poderíase concluír
que a situación debeu ser ben parecida. En 1948 concorreron moitos candidatos e votábase a
elección da institución política máis próxima ao día a día do galego, fose de Lugo ou de
Ourense. Esa situación de éxtase cidadán por participar nun proceso electoral, aínda que fose
totalmente carente de liberade, veu precedida dunha conxuntura de desconcerto político
provocada polo final da Segunda Guerra Mundial. Así como se expresou no epígrafe
correspondente do capítulo anterior, o Gobernador Civil de Ourense Vicente Muñoz Calero
informara en xaneiro de 1946 que o ambiente do partido estaba completamente decaído.
Segundo Muñoz Calero, ese decaemento pasou ás locais urbanas e rurais e aumentou pola
«futilidad» do final da Guerra Mundial; o que o tería levado a pensar que os mandos actuaban
cunha «dejación absoluta [...] de las consignas de esta Jefatura que constantemente dicta las
normas necesarias a remediar tal anómala situación». A situación solucionouse nomeando a
novos titulares co «deseo» de unificar os cargos de Alcalde e de xefe local do Movemento, «con
el fin de revestir a estos últimos de plena autoridad y prestigio, al objeto de que puedan llevar a
cabo, con un mínimo de dificultades la misma misión que se les encomiende»1001
. Co paso dos
meses, e grazas a inxente labor do Gobernador Civil e do partido, a situación foise corrixindo
ata chegar ao momento das eleccións; aínda que Ourense foi a provincia que menos se
mobilizou para presentar candidatos.
En Pontevedra, xa en 1945, o gobernador Luis Ponce de León encargouse de realizar
sesións informativas a xefes comarcais e xefes locais sobre a correcta execución das eleccións.
Tamén se preocupou de actuar nas xuntas do censo electoral para que se impuxesen as
directrices do partido nas mesmas; o que eles chamaron «nuestro criterio». O colofón dese
proceso foi a solicitude as xefaturas locais de informes detallados daquelas persoas que poderían
«intervenir en las próximas elecciones»1002
. Xa dende anos antes da convocatoria electoral
estiveran os gobernos civís dando indicacións a FET de las JONS para que os elementos do
partido comezasen a controlar calquera movemento que se puidese producir relacionado coas
eleccións.
Quedaron tamén algúns restos documentais que explican como foi o procedemento
seguido polas autoridades provinciais para controlar o proceso electoral; non no campo dos
concellos, pero si no das Deputacións provinciais, que se renovaron a principios de 1949. Se
ben no terzo dos cabezas de familia o control non puido ir máis aló de confirmar ou negar aos
candidatos debido a carencias no procedemento de inscricións —con toda a facilidade que iso
1000
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de maio, xuño de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20674. 1001
Parte mensual da provincia de Ourense do mes de xaneiro, febreiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20678. 1002
Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de outubro, novembro de 1945; Parte mensual da provincia
de Pontevedra do mes de novembro, decembro de 1945 e Parte mensual da provincia de Pontevedra do mes de decembro,
xaneiro de 1946, AGA, SGM, DNP, 51/20680.
434
implicou, aínda que non sempre se podían deixar a todos fóra polo que de sospeitoso sería ese
movemento—; a cuestión do terzo de sindicatos e, sobre todo e por encima dos outros terzos, o
de entidades foron moito máis sinxelos de controlar polas autoridades provinciais. Mentres que
o proceso de selección dos cabezas de familia foi directo por parte dos electores; indirecto por
compromisarios no terzo sindical e seguindo o proceso de especialización extractiva no de
entidades, no ámbito provincial o sistema seguiu un método de compromisarios que escollerían
representantes dos tres terzos. Seguindo unha liña moi similar que a que se seguira para os
concellos, o obxectivo de renovar as Deputacións provinciais foi o de «renovar aquellos
Organismos que durante cierto tiempo han permanecido al margen de nuestra línea política»,
colocando neles a «militantes» que «cumplan desde esos puestos de servicio las consignas del
Mando». Con aqueles fins, a xefatura provincial de Pontevedra encabezada naquel momento
por José Solís Ruiz «confeccionara» a candidatura sindical e de entidades para os deputados
provinciais a escoller o día 20 de marzo de 1949. Foi fundamental que os nomeados polos
terzos sindical e de entidades fosen persoas comprometidas e de «clara actuación moral» acorde
co Movemento. No caso das entidades económicas, culturais e sociais, buscouse a individuos
cunha alta consideración entre os cidadáns e «otros camaradas militantes» que, por non haber
oco para todos, quedaran fóra doutras candidaturas. Seguindo esas directrices, o éxito estaría
asegurado:
«Orientada la votación por esta Jefatura se ha conseguido el peno triunfo de la misma, tanto por
lo que se refiere a la representación de Partidos Judiciales como por lo que respecta a la
representación de Entidades»1003.
Non debería se estraño pensar que este sistema se aplicou as candidaturas dos tres terzos
nas capitais provinciais e nas cidades galegas. Por un lado situouse o interese da cidadanía. Por
outro o medo das autoridades de perder o control do proceso electoral e que entrasen nas
institucións persoas non adheridas, non comprometidas, non involucradas no Movemento; ou
o que sería peor, persoas opostas, procedentes de partidos políticos ou de tradicións liberais
que dificilmente poderían ter entrado no xogo político ditatorial de non ser por unhas eleccións.
O proceso estivo controlado, as persoas nomeadas e designadas para presentarse polo terzo de
cabezas de familia, confirmadas. O día das votacións foi o 21 de novembro de 1948, cando os
cabezas de familia de toda Galicia foron chamados a poñer o seu gran de area na construción
da ditadura franquista. O fin de semana seguinte foi a quenda aos compromisarios dos
sindicatos; e o seguinte ao terzo de entidades nomeados directamente pola proposta do
Gobernador Civil ante o ministerio da Gobernación.
Os resultados celebráronse por todo o alto entre as autoridades e a prensa encargouse
de transmitirllos a sociedade galega —o día 23 de novembro—, que leu nas portadas dos
principais diarios galegos como «España confirma su lealtad a Franco» e sobre o «triunfo total y
decisivo de las candidaturas del Movimiento». Unha xornada que, segundo as mesmas crónicas
xornalísticas, se desenvolveu en toda Galicia cunha tranquilidade constitutiva dun «magnífico
ejemplo de orden y disciplina» totalmente oposto a todo o que se coñecía dos procesos
electorais anteriores de sistemas políticos previos en España. O resumo xornalístico de toda a
xornada foi que «la España de Franco ha conseguido el equilibrio ideal y el sentido ponderado
1003
Informe sobre las elecciones provinciales de marzo de 1949, 21 de marzo de 1949, AGA, SGM, DNP, 51/20749.
435
de la libertad y madurez suficiente para garantizar, en el más alto grado, la normal emisión de
votos en las oportunidades en que se acude a consulta y a la decisión del pueblo»1004
. Ao día
seguinte abriron os xornais co buscado e pretendido apoio exterior as eleccións de Franco
dende as portadas dos medios estranxeiros: «Un voto pro Franco» foi o titular co que quixeron
resumilo todo.
As eleccións que orixinaron as novas corporacións municipais ditatoriais vivíranse en
«completa normalidad», segundo palabras do Gobernador Civil. Durante a xornada electora,
os gobernadores civís informaron aos xornalistas sobre o proceso. Os resultados obtidos foron
claros, segundo a lectura do Gobernador Civil da Coruña: «los electores se decidieron por
candidaturas completas en mayor proporción de lo previsto»1005
. Tamén as autoridades
provinciais informaron internamente sobre o proceso electoral. Un exemplo documentado dese
extremo é o caso de Pontevedra, no que José Solís Ruiz informou ao ministerio da Gobernación
que o proceso fora «bien en la provincia»; aínda que se dixo tamén que o ambiente resultou
«algo raro»1006
. O feito destacable desas anotacións é que foron tomadas en Madrid por
funcionarios do ministerio a través de chamadas telefónicas que se realizaron ao longo da
xornada. A man tamén botaron en Madrid as contas sobre os resultados das eleccións coas
informacións que lles pasaron dende as provincias e que quedaron recollidas en anotacións
manuscritas realizadas polos funcionarios.
1004
El Pueblo Gallego, 23 de novembro de 1948: 1. 1005
La Voz de Galicia, 23 de novembro de 1948: 7. 1006
Transcrición do telegrama do Gobernador Civil de Pontevedra informando sobre o devir das eleccións por
terzos, 21 de novembro de 1948 ([sic]), AGA, SGM, DNP, 51/20694.
436
5.5.6 AS CANDIDATURAS ELECTORAIS NAS CIDADES GALEGAS
5.5.6.1 Os nomes da candidatura da cidade da Coruña
O proceso parecía ter sido un éxito de mobilización e de participación. Mais primeiro as
corporacións deberon tomar posesión dos seus cargos e despois botarse a andar polo camiño
que lle deixasen expedito as predecesoras. A vontade de separar a política da administración
fracasou estrepitosamente no mundo municipal urbano de Galicia. Como proba, os exemplos
das sete cidades galegas.
A carreira política electoral polos cabezas de familia na cidade da Coruña foi moi
competitiva. Para os 6 postos de cabezas de familia, presentáronse 21 homes1007
. De entre os
candidatos, cómpre destacar algúns deles para entender porque decidiron dar o paso de
presentarse ao proceso electoral. Ángel Rebollo Vizcaíno foi un candidato cunha certa
experiencia no mundo municipal coruñés. Xa aparece coma concelleiro en febreiro de 1929
durante a ditadura de Primo de Rivera; volvendo a ser chamado para o mesmo cargo en outubro
de 1934 con motivo da suspensión das corporacións xurdidas coma resultado das eleccións de
abril de 1931. Grazas as eleccións de 1948 tivo unha nova oportunidade para volver ao mundo
municipal1008
. O mesmo debeu pensar o candidato de cabezas de familia Antonio Durán Cao,
procedente da xestora coruñesa de abril de 1922 presidida polo Alcalde Asúnsolo Linares-
Rivas; e que xa fora recuperado nun primeiro momento pola ditadura para a xestora de febreiro
de 1946. Presentouse as eleccións para revalidar o seu cargo, aquela vez co apoio dos veciños.
Outro participante da política municipal republicana que pretendeu sacar a cabeza no sistema
político ditatorial foi o monárquico Jesús Molina Paz, home con experiencia nos procesos
electorais polos que foi escollido como membro da corporación republicana de abril de
19311009
.
A carón daqueles situáronse os candidatos que contaron con experiencia nas xestoras
ditatoriais. Por exemplo: Antonio Martínez Rumbo fora concelleiro nomeado en abril de 1942.
Da xestora de febreiro de 1946 saíron como candidatos o farmacéutico e presidente do Colexio
Oficial de Farmacéuticos da Coruña Cristino Álvarez Hernández; Enrique Méndez Navas e
Antonio Piñeiro Estrella, buscando os tres a renovación do cargo municipal, agora coma
concelleiros electos polo terzo de cabezas de familia. Entre os elementos políticos tamén se
deben citar os candidatos Manuel Longueira Vagua e Manuel Bueno Lago.
1007
Cristino Álvarez Hernández [ás veces aparece coma Rodríguez Hernández]; Daniel Bescansa Aler; Manuel
Bueno Lago; Ricardo Cortinas Ferreiro; José Domínguez Soler; Antonio Durán Cao; Antonio Fernández López; Luis
Iglesias de Souza; Emilio de la Iglesia Caruncho; Francisco Jiménez de Liaño; Manuel Longueira Vagua; Enrique Marinas
Romero; Antonio Martínez Rumbo; Enrique Méndez Nava; Jesús Molina de Paz; Ramón Patiño de la Fuente; Antonio
Pedreira Rios; Antonio Piñeiro Estrella; Ángel Rebollo Vizcaíno; Antonio Seijo Montes e Luis Julio Vázquez Peña. Existe
un Antonio Fernández López que foi xestor municipal durante a ditadura de Primo de Rivera; mais faleceu en outubro de
1923, polo que non debe ser confundido co candidato que se presenta. La Voz de Galicia, 18 de novembro de 1948: 3. 1008
A súa traxectoria, citada por orde cronolóxica no LAPCA, Caixa 158, sesión do 18 de febreiro de 1929: 2 e
LAPCA, Caixa 163, sesión do 28 de outubro de 1934: 18. 1009
LAPCA, Caixa 158, sesión do 15 de abril de 1931: 232.
437
A candidatura pechouse cos elementos da cultura e da sociedade coruñesa. O candidato
Emilio de la Iglesia Caruncho foi un artista gravador e Enrique Marinas Romero, xornalista e
director da RNE na Coruña1010
. De entre todos estes foron elixidos os 6 homes da candidatura
de Luis Julio Vázquez Peña, novo concelleiro nomeado polo terzo de cabezas de familia
procedente da xestora municipal designada en abril de 1943. Xunta el foron elixidos 5 homes
novos que aportaron unha determinada tradición da elite política coruñesa representada pola
marca dos apelidos. Por exemplo, o profesor de química no Instituto da Coruña Daniel
Bescansa Aler1011
. Tamén houbo espazo para o avogado Manuel Pedreira Riós e para Antonio
Seijo Montes, Ramón Patiño de la Fuente e Luis Iglesias de Souza.
Polo que respecta ao terzo sindical, o proceso resultou máis tranquilo para as autoridades
provinciais. Os compromisarios dos diferentes sindicatos encadrados na CNS escolleron a
candidatos perfectamente encadrados no nacionalsindicalismo. O terzo sindical foi o que
expresou un menor movemento de nomes: Carlos Prado de la Parte, José Vizcaíno Ruiz e José
Ponte López continuaron dende a xestora modificada parcialmente en maio de 1948. O
concelleiro sindical Francisco García Crespo aportou ao grupo a experiencia política municipal,
ao ter exercido como concelleiro en varias ocasións ao longo da ditadura de Primo de Rivera1012
.
Os homes novos do terzo foron Ricardo Teodoro Ramírez e Victoriano Sande García. Teodoro
Ramírez carecía de filiación política previa a sublevación de xullo de 1936; ou o que as
autoridades consideraron «sin tendencias hacia organización política de ninguna clase». O seu
valor dentro do terzo definírono as autoridades considerando que era «estrictamente sindicalista
de notable prestigio entre las masas obreras del ramo de la construcción»; polo que sería
fundamental contar con el no consistorio coruñés1013
.
O terzo de entidades demostrouse nas sete cidades galegas como o menos problemático
dos terzos. Nomeado directamente polo Gobernador Civil provincial, Antonio Martín
Ballesteros fixo unha selección que mesturou diferentes ámbitos da sociedade herculina. Por
un lado atópanse os xestores nos que o gobernador depositara a súa confianza, o que lles
permitiu continuar no cargo: Eduardo Vila Fano; Heliodoro Romero González e Rafael del Río
Díaz. Por outro lado situáronse os elementos con contactos entre a sociedade coruñesa que
sempre lle puideron resultar necesarios ao Gobernador Civil para solucionar problemas
municipais. Nese grupo atopábanse o militar Ramón Aenlle García1014
e José Antonio de la
Colina Gómez de Rueda. O avogado Eduardo Sanjurjo, cuxa experiencia municipal lle serviría
para acadar a alcaldía en 1963, pechou a candidatura das entidades.
Ante aquela primeira proba de fogo da ditadura franquista no nivel local, o Gobernador
Civil Martín Ballesteros informou puntualmente sobre o éxito das eleccións como lle fora
mandado dende o ministerio da Gobernación. A través dos correspondentes telegramas,
1010
Orixinario de Madrid, desenvolveu toda a súa traxectoria profesional na cidade herculina. Unha aproximación
biográfica en Galicia Digital, <http://galegos.galiciadigital.com/gl/enrique-marinas-romero>, [Consultado o 8 de febreiro de
2019]. 1011
GURRIARÁN, R. (2006): p. 646. 1012
Foi en dúas ocasións, consignadas, respectivamente no LAPCA, Caixa 156, sesión do 11 de marzo de 1925: 152
e LAPCA, Caixa 157, sesión do 30 de outubro de 1926: 205. 1013
Informe de Ricardo Teodoro Ramírez, 3 de decembro de 1948, AGA, SGM, DNP, 51/20696. 1014
BOME, 9 de novembro de 1940, 523: 592.
438
gabouse de que dos 6 concelleiros a renovar polo terzo de cabezas de familia, os 6 eran
militantes, o mesmo que no resto da provincia onde a «mayoría en su casi totalidad son
militantes». No terzo sindical, 5 dos escollidos eran militantes e 1 adscrito a CNS; e no terzo de
entidades, os 6 candidatos quedaron rexistrados como militantes de FET de las JONS1015
.
5.5.6.2 As candidaturas da cidade de Ferrol: o regreso de Ballester Peris
Ferrol tamén viviu a exaltación da democracia orgánica da ditadura franquista nunha
xornada definida como de completa tranquilidade. Os candidatos, 17 en total, concorreron para
ocupar 6 postos a repartir entre os cabezas de familia1016
. O primeiro en chamar a atención entre
os candidatos é o antigo Alcalde Eduardo Ballester Peris, que exerceu so seu cargo dende
xaneiro de 1939 ata xuño de 1947; un home sempre presente entre a sociedade ferrolá e que
deixou unha forte pegada na cidade departamental pola súa personalidade e os seus actos.
Outro candidato que tamén contou experiencia na política ditatorial foi Manuel Castiñeira
Gómez, nomeado xestor municipal na primeira xestora sublevada da cidade departamental en
agosto de 1936. Antonio Ruiz Sánchez tamén desexou repetir a experiencia no consistorio
ferrolán do que fora membro nomeado en xullo de 1937.
De entre os elementos destacados da sociedade ferrolá, polos seus negocios, atopáronse
como candidatos Tomás Antón Palacios, propietario dunha consignataria ferrolá, que
xestionaba xunta seu irmán e que herdaran de seu pai1017
. Carlos Díaz Filgueira, propietario dun
pequeno negocio de distribución que acabaría converténdose en Díaz Filgueira y Cía.,
especializada na distribución alimentaria presentou tamén a súa candidatura1018
. Do mundo da
avogacía procedía o candidato Vicente Ruiz de Velasco, propietario dun bufete que fundara en
Madrid e que despois desprazou a Ferrol, aparecendo como un membros fundadores do
Colexio de Avogados de Ferrol. Outro candidato do mundo do dereito foi o avogado Rogelio
Cenalmor Ramos, que fixo desta vez a súa primeira incursión na política municipal. Cenalmor
Ramos debería agardar uns anos para chegar a entrar no concello ferrolán, o que lle permitirá
converterse en procurador en Cortes representando os municipios coruñeses entre 1961 e
1964; e en Alcalde da cidade departamental en 1963. Tamén debeu agardar para entrar no
consistorio departamental Joaquín García Álvarez, que non tivo sorte na primeira incursión no
mundo municipal; mais si a tivo na seguinte convocatoria de 1952, cando entrou no consistorio
1015
Anotacións manuscritas sobre as eleccións por terzos na provincia da Coruña, s/d.; Anotacións manuscritas sobre
as eleccións por terzos na provincia da Coruña, s/d. e Telegrama do Gobernador Civil informando sobre os candidatos polo
terzo de entidades, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20694. 1016
Eduardo Ballester Peris; Agustín Borrajo Aneiros; Tomás Antón Palacios; Rogelio Cenalmor Ramos; Manuel
Castiñeira Gómez; Carlos Díaz Filgueira; Josquín García Álvarez; Emilio González de la Peña; Eduardo Lodeiro Martínez;
Serafín Guerrero Carballo; Manuel Pazos Aneiros; Juan Rodríguez Fernández; Antonio Romalde Grela; Antonio Ruiz
Sánchez; Vicente Ruiz de Velasco; Antonio Sánchez Tapia Aguirrebengoa e José Vázquez Iglesias. El Pueblo Gallego, 17
de novembro de 1948: 4. 1017
La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2017, < https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2017/10/01/siglo-
sector-maritimo/0003_201710SM1P7991.htm>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. 1018
La Voz de Galicia, 12 de setembro de 2010, <https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2010/09/12/almacens-
coloniais-i/0003_8720407.htm>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019].
439
ferrolán polo terzo de entidades1019
. Os seis escollidos foron os membros da proclamada
candidatura do antigo Alcalde Eduardo Ballester Peris. Dos seis elixidos cabezas de familia, tres
conseguiron renovar o seu cargo: Eduardo Lodeiro Martínez; Agustín Borrajo Aneiros e
Antonio Romalde Grela, continuando este último dende o seu nomeamento en xaneiro de
1939. Os outros tres foron o propio Ballester Peris, Manuel Pazos Aneiros e José Vázquez
Iglesias.
Na elección do terzo sindical produciuse unha mestura de traballadores ferroláns. Por
un lado, continuou no consistorio Cándido Fraga Silva. Por outro acadaron a condición de
concelleiros Enrique Dans Castro, xerente da empresa Tranvías del Ferrol e José Mera Pena,
que comezou traballando na Caixa Xeral de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, e acabou
como presidente da mesma e conselleiro da editorial Ferrol Ediciones1020
. Xunta eles, Alfonso
Meirás Piñeiro; Alfredo Gamundi Serrano e Alfonso Lorenzo Varela, membro da Mariña con
anterioridade a sublevación de xullo de 1936, de onde, segundo os informes do Movemento,
tería sido expulsado «por sus ideas políticas y actitud observada con el Movimiento Nacional» e
condenado a 30 anos de presidio militar do que foi liberado no momento de iniciase a
sublevación militar de xullo de 19361021
. As novidades chegaron pola vía do terzo de entidades,
que foi o que se someteu a unha maior renovación, pois só continuou de xestoras anteriores
Antonio Ruiz Sánchez. Con el foron designados polo Gobernador Civil Martín Ballesteros, José
Manuel Alcántara Rocafort, enxeñeiro naval e promotor do Colexio de Enxeñeiros Navais, que
estará chamado a ser Alcalde a partires de 19501022
; Juan Castro Fernández, dinamizador cultural
e outro dos considerados impulsores da semana santa ferrolá; Carlos Senén Hidalgo de
Cisneros, Tenente da armada e membro fundador do Colexio de Avogados de Ferrol1023
;
Santiago Evia López e Arturo Caballo Lozano. Dos nomeados polo terzo sindical, 3 eran
militantes e 2 afectos1024
.
Na toma de posesión da nova corporación ferrolá, o Alcalde Díaz del Río deulles a todos
os concelleiros a benvida ao concello de Ferrol, e agradeceu a todos os que traballaran a prol
do ben da cidade que era o berce do Caudillo. Inmediatamente, dirixiulle aos novos
concelleiros o «deseo de obtener colaboración» neles para conseguir as metas que tiña marcadas
o concello departamental. Esa vontade, este desexo puido ter quedado aí; pero o Alcalde quixo
apuntarlles unha cousa máis, aos novos concelleiros: «[...] manifestando que las pequeñas
pasiones que pudieran existir, deben dejarse a la puerta de la Casa Consistorial, en donde se
debe entrar solamente con el propósito de colaborar para el bien de los intereses municipales».
No momento no que Díaz del Río despedía aos anteriores xestores, deixou dito que el tivera a
intención de abandonar o cargo con eles, pero que o Gobernador Civil insistíralle na necesidade
1019
LAPCF, 133, sesión do 3 de febreiro de 1952: 91. 1020
LUJÁN FERNÁNDEZ, L. E. (2014): 213. O resto de información biográficas, no LAPCF, 132, sesión do 6 de
febreiro de 1949: 36. 1021
Informe de Alfonso Lorenzo Valero, 3 de decembro de 1948, AGA, SGM, DNP, 51/20696. BOMMA 18 de
setembro de 1936, 197. 1022
Ingeniería naval, outubro de 2006, 841, p. 72. 1023
Sobre a historia da fundación do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, véxase < http://www.icaferrol.es/sp/colegio/historia.php>, [Consultado o 8 de febreiro de 2019]. BOMM, 12 de febreiro de 1953, 36:
256. 1024
Telegrama do Gobernador Civil informando sobre os candidatos polo terzo de entidades, s/d., AGA, SGM,
DNP, 51/20696.
440
de quedar no cargo, por causa dunha especie de situación tensa que se vivira entre os xestores
saíntes e da que nada se explica. Unha vez abandonaron os antigos xestores o salón de plenos,
tomaron posesión os novos concelleiros nunha sesión extraordinaria.
Cando se dispuñan a votar os concelleiros as composicións das comisións municipais, o
concelleiro Borrajo Aneiros puxo de manifesto que, na súa opinión, o concelleiro Dans Castro
non podía ser concelleiro ao ser xerente da Compañía de Tranvías del Ferrol; porque esta
estaba «tan ligada a los intereses municipales que en más de una ocasión le obligarán al Sr. Dans
a tener que afrontar un choque entre unos y otros intereses». Dans Castro contestoulle que el
non estaba no concello pola súa condición de xestor da empresa de tranvías, senón por ser un
técnico electricista da mesma; que ademais el, antes de acadar o cargo de concelleiro, consultara
co seu sindicato sobre as posibles incompatibilidades resultando que «éste le manifestó que no
había incompatibilidad». A discusión que se produciu no salón de plenos ferrolán sacou á luz
que Dans falara persoalmente con anterioridade con Borrajo acordando este último que «no
existía tal incompatibilidad». Finalmente a comisións foi constituída; mais comezaron a verse os
movementos fricativos entre dous grupos de concelleiros: o Alcalde e os concelleiros Borrajo
Aneiros e Romalde Grela; ou o que foi o mesmo, entre o Alcalde e o grupo de Ballester Peris.
A situación de tensión prendeuna Borrajo Aneiros cando fixo referencia durante a sesión as
palabras que o Alcalde dixera o día antes:
«Pide la palabra el señor Borrajo. Manifiesta que ayer dijo el Señor Alcalde, que había que dejar
las rencillas a la puerta de la Casa Consistorial, y que parece que esto no es así, pues hubo un
momento en que dijo la Alcaldía que si los señores Borrajo Lodeiro y Romalde volvían a esta
Casa, él no presidiría ya el Ayuntamiento por juzgarse incompatible en absoluto con ellos».
O Alcalde Díaz del Río contestoulle que, efectivamente, realizara esas declaracións, pero
en referencia a anterior corporación. Aproveitou a situación para recordar a literalidade das
súas verbas: «Que mientras él estuviera de Alcalde en aquella Gestora, no volverían dichos
señores a sentarse en sus sitiales, como así fue, y que ya por haber sido elegidos por votación
popular, el caso es otro». A lectura da Acta municipal transmite que o contexto e o ambiente
foise quentando ata que Lodeiro Martínez lle dixo ao Alcalde que o só feito de pronunciar as
palabras que pronunciou sobre Borrajo Aneiros facíano «indigno de figurar en aquel puesto [de
Alcalde]». Nese momento, Díaz del Río «interrumpe airadamente para rechazar el insulto que
acaba de oír». A partires dese punto de inflexión dialéctico, o Alcalde continuou dicindo que
«el no recibe lecciones de dignidad ni de honorabilidad»; e aproveitou a conxuntura para citar
unha situación interna da corporación que non se axusta aos parámetros de funcionamento
normal dun grupo como aquel: os dous concelleiros que se manifestaban contra el, gabábanse
de que ocupaban o seu posto grazas a que unha enorme maioría de ferroláns os votaran. Dito
isto, Díaz del Río verbalizou, e a Acta así o reflicte, que «la abrumadora mayoría, había sido un
chanchullo» dos dous xestores. As palabras do Alcalde prenderon definitivamente o ambiente
da corporación. O relato transcrito polo secretario municipal indica que comezaron os berros
entre os concelleiros, o cruce de palabras máis altas unhas que outras, ata o punto de que «el
fedatario no pudo precisar». Nun momento concreto, o secretario fala de «frases duras» e dun
«tumulto» entre os concelleiros.
441
Chegado ese momento de tensión interna, Borrajo Aneiros decidiu tentar a execución
do xaque mate ao Alcalde propondo a votación dunha moción de censura polas palabras que
lle dirixira Díaz del Río. Cándido Fraga Silva dixo que iso non se podía facer nesa sesión, pois
non era o obxecto dela. Na mesma liña que o anterior, José Manuel Alcántara Rocafort «ruega
a la Alcaldía que retire las frases», e que as autoridades investigasen sobre ese suposto de
alteración dos resultados das eleccións. O Alcalde pechou a discusión dicindo que el non sabía
nada de certo, pero que «lo dijo recogiendo los rumores que corrieron por la población»1025
. A
situación vivida pola nova corporación municipal ferrolá é un exemplo de como funcionou a
democracia orgánica da ditadura franquista.
5.5.6.3 A cidade de Santiago: 5 candidatos para 5 ocos a cubrir
Onde a convocatoria electoral resultou moito máis tranquila foi en Santiago de
Compostela. Tan tranquila foi, que nin sequera se fixo necesario convocar aos cabezas de
familia a votar. Dos dezaoito candidatos nomeados antes da proclamación oficial, despois da
comprobación da documentación necesaria para confirmar as candidaturas, quedaron 5;
exactamente o número de postos a cubrir polo terzo de cabezas de familia na cidade
santiaguesa.1026
A nota específica da listaxe de candidatos santiaguesa foi a presenza dunha
muller: a mestra nacional de historia e inspectora de educación en Santiago Pura Lorenzana
Prada. Este factor extraordinario da presentación dunha muller nun proceso inzado de homes,
non resulta estraño se se analiza e describe a figura de Lorenzana Prada: doutora en Filosofía e
Letras especializada en Historia, formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Despois da
guerra exerceu como profesora no Instituto de Ourense, cidade na que foi depuradora de
bibliotecas e delegada provincial de Frontes e Hospitais. Nos anos 40 marchou a Santiago, onde
desenvolveu toda a súa traxectoria no mundo da educación, fundando e sendo a primeira
directora do Instituto Rosalía de Castro1027
. Con ela, presentáronse a preselección Julio Reguera
Rodríguez, que buscou regresar ao mundo municipal por medio das eleccións, ao ter sido
concelleiro nomeado en setembro de 1924 durante a ditadura de Primo de Rivera, e volvera a
ser chamado para o mesmo cargo en novembro de 1941 polas autoridades sublevadas. Tamén
Ángel Porto Anido fora xestor municipal nomeado en novembro de 1941. Ou José Mosquera
Cimadevila, xestor en novembro de 1938. Daquela comisión xestora tomara parte tamén o
candidato Ángel Rey Gallardo. Concelleiro noutra ditadura —neste caso da de Primo de Rivera—
foi Ramón Fabeiro Vigo, nomeado en xaneiro de 1924, foi unha personalidade destacada ao
1025
Todas as citas anteriores no LAPCF, 132, sesión do 6 de febreiro de 1949: 36; sesión do 6 de febreiro de 1949,
fol. 38. 1026
Os candidatos antes da proclamación oficial foron Julio Reguera Rodríguez; José Luis Santaló Rodríguez de
Viguri; Aurelio Villalonga Trigo, José Mosquera Cimadevila; Pura Lorenzana Parada; Ángel Porto Anido; José Gato Otero;
Ángel Rey Gallardo; Ricardo Bescansa Martínez; Ramón Fababeiro Vigo; Gerardo Bermejo Peña; Eduardo Ruibal Castro;
Modesto Riveiro; Joaquín Sarmiento Garra; Salvador Castromil Fraga; José María Labarta Rodríguez Mirabona; Manuel
Prieto Domínguez e Matías Domínguez de la Torre. El Pueblo Gallego, 11 de novembro de 1948, p. 5. 1027
Os datos biográficos extráense do texto biográfico redactado por Alfonso Mato Domínguez en Cultura Galega,
2009, <http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=200>, [Consultado o 9 de febreiro de 2019].
442
ter exercido como presidente da Arquiconfraría do Apóstolo1028
. Presentáronse tamén
candidatos procedentes de familias con apelidos de sona na cidade santiaguesa. Tal foi o caso
do cabeza de familia dos Santaló, José Luis Santaló Rodríguez de Viguri; ou da familia Bescansa
con Ricardo Bescansa Castilla. A Eduardo Ruibal Castro tamén lle veu de familia a vontade de
optar a un posto municipal: foi irmán de Arturo, concelleiro nomeado en xullo de 1929 e
recuperado polos sublevados para a primeira xestora de xullo de 1936. Entre os candidatos
situouse José Gato Otero, que se presentaba como membro de FET de las JONS e participante
activo no control da retagarda durante a guerra civil1029
. Con todo, a candidatura de cabezas de
familia de Santiago quedou reducida aos cinco nomes xustos para cubrir as prazas, polo que
non se celebraron as eleccións. Os elixidos foron Manuel Prieto Domínguez, o máis veterano
de entre elixidos, pois anteriormente exercera como xestor nomeado en decembro de 1939.
Outro elixido na mesma situación foi Jesús Labarta Rodríguez-Maribona, que conseguiu saír
elixido sen contenda electoral exercendo como xestor municipal dende decembro de 1943.
Tamén continuou da anterior xestora Salvador Castromil Fraga e o Alcalde Joaquín Sarmiento
Garra. A compoñente nova aportouna Matías Domínguez de la Torre.
Polo terzo sindical, os nomeados foron Manuel Antolín Saco; José Marzoa Maceira;
Ramón Lúa Pardo; Manuel Domínguez Liñares e Salvador Pita da Ponte. No terzo de
entidades, se ben José Luis Santaló Rodríguez non conseguiu entrar no consistorio polo terzo
de cabezas de familia, seu irmán Álvaro Santaló Rodríguez puido facelo a través do de entidades,
confirmado o posto do que tomara posesión en xuño de 1946. O industrial Modesto Riveiro
Otero quedou fóra da contenda electoral polo terzo de cabezas de familia, mais conseguiu entrar
no consistorio municipal polo de entidades ao ser recuperado da exclusión política polo
Gobernador Civil Martín Ballesteros. O médico e xefe da Fronte de Xuventudes de Santiago
Enrique Devesa Zuria tamén foi nomeado concelleiro polas entidades1030
, así como tamén o
foron o químico José Ramón Maseguer Fernández e o perito mercantil procedente do
tradicionalismo José María Rilo Recarey.
5.5.6.4 Os candidatos da cidade de Lugo
O Gobernador Civil de Lugo Santiago Vallejo Heredia encargouse de xestionar as
eleccións por terzos na cidade da muralla. Para os cinco postos de cabezas de familia que se
repartiron, presentáronse dezasete candidatos1031
. Os candidatos eran variados na súa
procedencia e na súa ocupación. Houbo elementos do Movemento coma o Oficial da
1028
O seu primeiro nomeamento no LAPCS, AM 2380, sesión do 6 de xaneiro de 1924: 148. O dato sobre a súa
pertenza á Arquiconfraría, no artigo de CORRAL VARELA, J.M. (1995). 1029
El Eco de Santiago, 23 de setembro de 1938: 2. 1030
BMFET, 390: 5168. 1031
Manuel Lorenzana Prado; Manuel Portela Nogueira; Antonio Rodríguez López; Germán Quintana Peláez;
Pedro Saa Quintela; Liborio Revilla Castro; Juan Balboa Amado; Jesús Cedrón del Valle; Manuel Rodríguez Polín; Manuel
López Macía; Román Fernández Rodríguez; Francisco Rivera Manso; Félix Velle Romanos; Ángel Carro Crespo; José Pardo
Rodríguez; Leovigildo García Fernández e Manuel Castro Pérez. El Pueblo Gallego, 11 de novembro de 1948: 5.
443
delegación provincial de Abastecementos e Transportes Manuel Lorenzana Prado1032
. Xestores
municipais que exerceran nos primeiros anos da ditadura, coma Germán Quintana Peláez
nomeado xestor municipal en febreiro de 1938 ata decembro de 1948; ou Liborio Revilla
Castro, que accedera ao posto ao mesmo tempo que Quintana Peláez e que se presentou para
volver entrar en calidade de concelleiro polo terzo de cabezas de familia. Tamén se presentou
o xornalista Francisco Rivera Manso; o mestre nacional Félix Velle Romanos e o industrial e
propietario Leovigildo García Fernández. O elemento novidoso das candidaturas lucenses foi
Jesús Cedrón del Valle, o fundador da FE de Lugo. Cedrón intentou facerse cun posto na
corporación municipal luguesa, pero quedou fóra da selección. Os tempos da exaltación
falanxista que podería aportar o fundador quedaban lonxe; ou quizais a súa inexperiencia foi
tida en conta polos electores cabezas de familia1033
. A candidatura gañadora foi a do Alcalde
dende maio de 1941 Manuel Portela Nogueira. Con el presentáronse Antonio Rodríguez
López, concelleiro dende xuño de 1941 e Pedro Saa Quintela, que tamén exercía de xestor
dende xuño de 1941, e que dende ese momento fora confirmado coma xestor municipal en
varias xestoras da cidade da muralla. Tamén foi elixido Juan Balboa Amado, o outro triunfador
da candidatura do Alcalde Portela Nogueira, co cal viña colaborando como xestor municipal
dende decembro de 1947; un home próximo aos partidos republicanos de dereitas e que co
inicio da sublevación militar se encadrara nas Milicias Nacionales e en FE de las JONS1034
. Ángel
Carro Crespo pechou a candidatura de Portela Nogueira e como tal foi o quinto membro
escollido do terzo de cabezas de familia.
Polo terzo sindical, a renovación de caras foi completa. Constantino Varela López,
Ricardo Ruiz Castro; Jesús Cabado Ferreiro, Florencio Borrego Vázquez e o empregado Néstor
Vila Bareiro foron os escollidos polos compromisarios sindicais. O gobernador Vallejo Heredia
seleccionou para o terzo de entidades a Nazario Abel Corredoira; Luis Gago Alonso; Manuel
Pedreira Castro; Jesús Fernández López e Victoriano Varela Núñez. Con esta configuración, as
contas relacionadas cos seleccionados a transmitir a Madrid por parte do gobernador estiveron
claras e o Gobernador Civil puido gabarse delas ante as súas xerarquías. Segundo os seus
cálculos —que eran os do Movemento que dirixía—, dos cinco cabezas de familia, tres estaban
afiliados ao partido como militantes e dous procedían da antiga CEDA. No campo sindical os
cinco concelleiros foron militantes e afectos ao Movemento; do mesmo xeito que sucedeu no
terzo de entidades1035
.
1032
BOE, 9 de novembro de 1951, 313. 1033
A candidatura na que se presentou, xunta Manuel Rodríguez Polín; Manuel López Macía; Francisco Rivera
Manso e Román Fernández Rodríguez expresaba esa inexperiencia clara nos pequenos aunicios na prensa: «LUCENSES:
Nada podemos decir que hemos hecho porque no nos ha cabido aún el honor de representaros. Nada prometemos porque
sólo las realidades han sido nuestra norma de conducta […]». El Progreso de Lugo, 19 de novembro de 1948. 1034
Informes de FET de las JONS, Garda Civil e Goberno Civil de Juan Balboa Amado, AGA, FAMI, 44/2918.
SOMOZA CAYADO (2011): 317. 1035
Todas as citas anteriores en Anotacións manuscritas sobre as eleccións por terzos na provincia de Lugo, s/d,
AGA, SGM, DNP, 51/20694. Relación de concejales del tercio de sindicatos, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20695. Telegrama
do Gobernador Civil informando sobre as eleccións polo terzo de entidades, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20696.
444
5.5.6.5 As candidaturas da cidade de Ourense
Na cidade das Burgas a cuestión electoral foi menos candente que no resto de cidades
galegas. 10 candidatos para 5 postos; unha elección ao 50% de posibilidades para saír elixido
concelleiro polo terzo de cabezas de familia1036
. A candidatura gañadora foi a de Eduardo
Rodríguez Cantero a quen acompañaron Tomás Cid Millara e o falanxista José Quiroga Fragoso
—que continuaron dende a xestora anterior—; José Rodríguez García —nomeado xa en
decembro de 1943— e o médico Luis Santos Ascarza.
No terzo sindical, continuaron coñecedores do mundo municipal: José Antonio
Moretón Alonso; Gumersindo Ferreiro Míguez; Eleuterio Arce González e Eustaquio Cañizal
Arnés; ademais dun home novo, Augusto Valiñas González. Polo terzo de entidades foron
seleccionados polo Gobernador Civil Benito Alonso Álvarez —que continuou da xestora
anterior—; Leoncio Areal Herrera —anteriormente proposto para o cargo de Alcalde, e reciclado
para o terzo de entidades—; o licenciado en dereito fiscal e membro de FET de las JONS,
Eugenio López López1037
; Ildefonso Garrido Vázquez e o fundador de FE de Ourense xunto ao
Alcalde Valencia Fernández, Fernando Meleiro Fernández que, por primeira vez, tocou o
poder municipal como falanxista. A situación en Ourense non se moveu moito máis aló dalgúns
nomes novos que entraron grazas as eleccións. Dos cinco cabezas de familia, tres eran militantes,
un procedía de RE —Cid Millara— e outro era membro da Vieja Guardia —Rodríguez Cantero.
Do terzo sindical, dous foron militantes, dous membros da Vieja Guardia —Ferreiro Míguez e
Cañizal Arnés— e un era adicto. Mentres, no terzo de entidades, 3 quedaron rexistrados nos
informes como membros do partido en calidade de militantes e dous foron elementos da Vieja
Guardia —Meleiro, de maneira indiscutible e Areal Herrera1038
.
5.5.6.6 As candidaturas na cidade de Pontevedra
Máis movemento debeu que soportar o Gobernador Civil José Solís Ruiz nas cidades de
Pontevedra e Vigo. No caso da cidade do Lérez, presentáronse 26 candidatos para repartir 5
postos de cabezas de familia1039
. Entre os candidatos apareceron nomes coma o de Celso López
1036
Estaquio Carbajo Rodríguez; Tomás Cid Millara; Victoriano Felpeto de la Montera; Ovidio Feijoo López; Miguel
López Elizalde; José Quiroga Fragoso; Eduardo Rodríguez Cantero; José Rodríguez García; José Antonio Romagosa Vila;
Luis Santos Ascarza. El Pueblo Gallego, 13 de novembro de 1948: 4. 1037
Polo Decreto 310/1961 de 25 de febreiro de 1961 no BOE, 1 de marzo de 1961, 51: 3174 foi nomeado
Gobernador Civil da provincia de Cuenca, onde cesou polo Decreto 2/1963 de 3 de xaneiro de 1963 no BOE, 8 de xaneiro
de 1963, 7: 214. 1038
Anotacións manuscritas sobre as eleccións por terzos na provincia de Ourense, s/d, AGA, SGM, DNP,
51/20694. Relación de concejales del tercio de sindicatos, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20695. Telegrama do Gobernador
Civil de Ourense informando sobre as eleccións polo terzo de entidades, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20696. 1039
Emilio Celada; Clemente Carrascal Sánchez; Víctor Fernández Soler; Rafael Fondevila Mosquera; Alfredo
García Hermida; Augusto García Sánchez; Luis González García; José Hermida Vidal; Celso López Blanco; Fernando Lora
Luis; Adolfo Martínez Pérez; Avelino Montenegro Cabezas; José Muiños Sieiro; Manuel Noval Álvarez; Josquín Núñez
Vázquez; José Luis Olmedo Limeses; Manuel Peláez Barreira; Domingo Pérez Rodríguez; Ramón Portela Orozco; Benito
445
Blanco, que contou coa experiencia da participación na xestora xurdida das eleccións de abril
de 19311040
. Ou o de Luis González García, que buscou volver ao concello pontevedrés por
medio das eleccións despois de ter exercido como xestor municipal nomeado en marzo de
1938. Ou o candidato Ramón Portela Orozco, anterior xestor municipal nomeado en xuño de
1939. Ou Avelino Montenegro Cabezas, antigo xestor municipal nomeado en decembro de
1944. De círculos falanxistas procedeu o candidato José Hermida Vidal, irmán de Abel que
exercera como concelleiro nomeado por orde gobernativa en novembro de 19341041
. Tamén
pertenceu a aquela xestora de 1934 o candidato Eduardo Rodríguez Fontenla1042
. O candidato
Clemente Carrascal Sánchez, falanxista de primeira hora, non conseguiu que a súa candidatura
resultase vencedora. Poren, tería máis sorte nas eleccións de 1952 nas que foi elixido concelleiro
polo terzo de entidades1043
. Tampouco tivo sorte no primeiro intento o químico Augusto García
Sánchez: nesa primeira prova coa democracia orgánica non atopou fortuna; mais entrou pola
porta grande na casa consistorial da cidade do Lérez co cargo de Alcalde nos anos 70.
Un dos cinco elixidos como representantes dos cabezas de familia foi o mestre Alfredo
García Hermida, que contou coa experiencia do cargo municipal para o que fora nomeado en
decembro de 19281044
. García Hermida estivo acompañado no seu terzo por Fernando Lora
Luis, encadrado de FE de las JONS dende xaneiro de 1936 e membro da Vieja Guardia1045
;
Benito Rivas Hermida e Germán Rodríguez Dios —que continuaron dende a xestora de agosto
de 1944—, e Rafael Fondevila Mosquera. Polo terzo de sindicatos, resultou elixido polos
compromisarios o empresario da construción José Luis Olmedo Limeses, que se presentara
primeiramente polo terzo de cabezas de familia, onde non saíra elixido. O concelleiro nomeado
en 1935 José de la Torre López volveu a consistorial pontevedresa como representante do terzo
sindical1046
. Outro home proclamado por ese terzo con experiencia municipal foi Antonio
Hereder Solla, concelleiro nomeado en xaneiro de 1935 e xestor municipal durante a ditadura
confirmado en marzo de 19381047
. Pecharon o grupo de elixidos polo terzo sindical, o mestre do
Instituto pontevedrés Eusebio Taboada Tabanera1048
e José Cochón Carballo.
Os representantes do terzo de entidades caracterizáronse pola súa militancia falanxista.
Un falanxista de primeira hora elixido nese terzo foi Luis Estévez Rocafort Martínez. Como
falanxista foi rexistrado nos informes do Movemento o avogado e membro do corpo xurídico
da Armada Amancio Landín Carrasco, fillo e irmán dos ilustres dereitistas pontevedreses
Prudencio Landín Tobío e Prudencio Landín Carrasco, respectivamente. Tamén foi un
elemento de FET de las JONS o militar Manuel García Lastra, que chegou a ser presidente do
Pontevedra Club de Fútbol. A FET de las JONS pertenceu tamén o inspector de ensino Juan
Novas Guillén, procedente dos círculos do PG. O grupo do terzo de entidades pechouno un
Rivas Hermida; Germán Rodríguez Dios; Eduardo Rodríguez Fontenla; Juan Santos Villar; Marcelino Vázquez Jiménez e
Nicolás Vinteño Romero. El Pueblo Gallego, 16 de novembro de 1948, p. 2. 1040
LAPCP, 1931: 27. 1041
O nomeamento de Abel Hermida Vidal atópase no LAPCP, 1934-1935: 60. 1042
LAPCP, 1934-1935, sesión do 12 de novembro de 1934: 60. 1043
LAPCP, 1951-1952, sesión do 3 de febreiro de 1952: 17. 1044
LAPCP, 1926-1930, sesión do 4 de decembro de 1928: 56. 1045
Informe de FET de las JONS de Edmundo Fernando Lora Luis, AGA, SGM, DNP, 51/20749. 1046
LAPCP, 1936, sesión do 8 de xaneiro de 1935: 18. 1047
LAPCP, 1936, sesión do 8 de xaneiro de 1935: 18. 1048
BOE, 11 de febreiro de 1957: 818.
446
home con experiencia política no mundo municipal da ditadura franquista: Diego Pazó Montes.
O resultado das eleccións na cidade do Lérez foi considerado coma positivo polo Movemento
pontevedrés. Segundo as contas que se fixeron en Madrid a través das informacións que
chegaron dende o Goberno Civil provincial, dos cinco elixidos cabezas de familia, tres foron
falanxistas —Lora Luis, Rodríguez Dios e Rivas Hermida—; un home de «significación
derechista» —García Hermida— e un ex-combatente —Fondevila Mosquera. Polo terzo das
entidades, o resultado non podería ser mellor para as autoridades: de cinco candidatos, os cinco
aparecían rexistrados como membros do partido. En canto ao terzo sindical, non se
proporcionaron datos sobre a filiación política dos seleccionados1049
.
5.5.6.7. Os candidatos da cidade de Vigo
O movemento de nomes viviuse na cidade de Vigo producido pola abondosa cantidade
de candidatos para o terzo de cabezas de familia; corenta e seis candidatos para os sete postos
do terzo1050
. O denominado «cotarro electoral» estivo animado en Vigo. Nun primeiro momento
articuláronse extra-oficialmente tres candidaturas electorais. A primeira lista foi a denominada
«de los agrarios», liderada polo candidato Carlos Reguenga. Con el concorreron ás eleccións
Hipólito Reguenga Borrajo, construtor e avogado e anterior concelleiro en época tan afastada
coma xaneiro de 1918 e recuperado polos sublevados para a primeira xestora municipal1051
; o
médico Guillermo Sobrino Conde; o industrial e membro de FE de las JONS Emilio Torrado
Lima, pasado xefe local do Movemento de Vigo en setembro de 19371052; o avogado Francisco
Maldonado Lagos; o agricultor Gonzalo Couso Solleiro; o técnico Teodoro de las Landeras
Fraga; o médico Clemente Fandiño Pombilla e os agricultores José Riveiro Rodríguez e Juan
Serodio Monroy. As outras candidaturas foron consideradas pola prensa con un cariz máis
urbano. A primeira foi a de Ramón González Babé, composta polo industrial da pesca e da
construción naval Manuel Freire Costas; o consignatario de buques Casimiro Durán Gómez —
1049
As informacións non detalladas en nota correspondente proceden das Anotacións manuscritas sobre as eleccións
por terzos na provincia de Ponyevedra, s/d, AGA, SGM, DNP, 51/20694. Telegrama do Gobernador Civil de Lugo
informando sobre os candidatos gañadores das eleccións polo terzo de cabezas de familia, 28 de novembro de 1948, AGA,
SGM, DNP, 51/20695. Telegrama do Gobernador Civil de Pontevedra informando sobre os candidatos gañadores das
eleccións polo terzo de entidades, s/d., AGA, SGM, DNP, 51/20696. 1050
Enrique Pereiro Cabaleiro, Máximo Figueroa Vázquez, Benjamín Cameselle Graña, Manuel Caride Rodríguez,
Benito Alfonso Quintas Gayo, José Rodríguez López, Manuel Roel Garbolés, Constante Freire Veiga, Benjamín Alonso
Hermida, Benito Fernández Alonso, Apolinar Viéitez Rial, Antonio Rodríguez de las Heras, Alfredo Martínez Arnaud,
Casimiro Durán Gómez, Enrique González Carra, Gonzalo Rey Alar, Ramiro Paredes Ramos, Juan Lameiro Pereira,
Ramón González Babé, Rafael García Martínez, Manuel Abal Fábregas, Manuel Moreno Astola [Artola?], Segundo Carrera
Gómez, Manuel Freire Costas, Francisco Tabarés Álvarez, Enrique López Niño, José Pérez Campos, Primitivo Coca Arosa,
Luis Gil Portela, Fernando Lago Olano, Arturo Fraga Framil, Ventura Lago Goberna, Rafael Luca Tena, José Álvarez
García, José Varela, Ramón Núñez Saavedra, Hipólito Reguenga Borrajo, Clemente Fandió Pombilla, José Rivero
Rodríguez, Teodoro de las Landeras Fraga, Guillermo Sobrino Conde, Francisco Maldonado Lagos, Manuel Nogueira
Rodríguez, Gonzalo Couso Silleiro, Jesús Serodio Monroy e Emilio Torrado Lima. Foron excluídos por «falta de
documentos» os precandidatos Carlos Bárcena de Andrés e Gerardo Rodríguez Puga. El Pueblo Gallego, 16 de novembro
de 1948, p. 2. 1051
LAPCV, PLE-147, sesión do 1 de xaneiro de 1918: 1. 1052
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 114-115.
447
irmán do Alcalde en agosto de 1939 Estanislao— e Ventura Lago Goberna, consignatario e
membro de FET de las JONS e concelleiro. Completaron a candidatura os homes procedentes
de xestoras municipais ditatoriais anteriores a 1948: Luis Gil Portela; José Álvarez García e
Enrique López Niño. A outra candidatura urbana foi a liderada por Alfredo Martínez Arnaud,
mestre de inglés na escola de peritos mercantís de Vigo1053
. Con el concorreron á convocatoria
Rafael García Martínez de la Riva, un home con experiencia edilicia desenvolta en setembro de
19241054
; Antonio Rodríguez de las Heras, director do Laboratorio Oceanográfico de Vigo1055
; o
industrial Enrique González Guerra; o xornalista director de Hoja del Lunes, Gonzalo Rey Alar
e Ramiro Paredes Ramos, antigo xogador e directivo do Celta de Vigo. A pesares de contar
cunha candidatura, Martínez Arnaud artellou unha cuarta candidatura conformada polo
falanxista e armador Constante Freire Veiga, anterior xestor nomeado en xullo de 1944; Manuel
Caride Rodríguez, empresario industrial do transporte; o industrial e militar Ramón Núñez
Saavedra; o enxeñeiro Rafael García Martínez de la Riva; o comerciante Manuel Moreno
Artola; o empregado Alfonso Quintas Gayo; o agricultor José Varela Saavedra; o obreiro
Maximino Figueroa Vázquez e José Rodríguez López1056
.
Ademais das candidaturas anteriores outros candidatos individuais presentáronse ante os
electores en encadrarse en candidatura algunha. Analizando os nomes e a extracción social de
determinados candidatos, pódese encadrar un grupo de candidatos relacionados coas
profesións liberais típicas das que botaron man as autoridades municipais para ocupar cargos
municipais. Presentouse á elección o industrial Benjamín Cameselle Graña; o arquitecto Arturo
Fraga Framil; o arquitecto técnico e presidente do Colexio oficial desa rama da construción
Primitivo Coca Arosa; o médico Fernando Lago Olano —irmán de Ramón, un dos membros
fundadores da FE pontevedresa1057
—; ou o comercial procedente de círculos católicos e da
dereita da CEDA Segundo Carrera Gómez1058
. Outro grupo de candidatos identificable foi o dos
homes con experiencia no mundo municipal coma Benito Fernández Alonso, concelleiro
nomeado en xaneiro de 1926 e que volveu a ser nomeado despois por mandato gobernativo en
outubro de 19341059
. Reminiscencias da política republicana tamén aportou o candidato Carlos
Bárcena de Andrés, antigo membro do grupo de presión Hijos de Vigo do cal foi membro da
xunta directiva1060
.
A candidatura gañadora de entre os cabezas de familia foi a de Ramón González Babé.
En canto ao terzo de sindicatos, continuaron como concelleiros Agustín Eiroa Martínez e Luis
Salgado Hernández; e recuperouse o nome de Manuel Roel de la Torre da xestora de
novembro de 1936. O industrial conserveiro e membro de FET de las JONS Gaspar Massó
1053
Aparece reflectido o seu papel laboral nunha carta citada por HERVADA FERNÁNDEZ-ESPAÑA, J. (2001): 270. 1054
LAPCV, PLE-154, sesión do 9 de setembro de 1924: 202 1055
GONZÁLEZ-GARCÉS SANTISO, A.; LENS LOURIDO, S. e TENREIRO LÓPEZ, U. (2011): 163. 1056
El Pueblo Gallego, 18 de novembro de 1948: 6. El Pueblo Gallego, 21 de novembro de 1948: 5. Os programas
das candidaturas foron expostos en El Pueblo Gallego, 20 de novembro de 1948: 4. 1057
AMOEDO LÓPEZ, G. (2010): 108. 1058
No estudo de RODRÍGUEZ LAGO, J.R. (2004) do ambiente católico republicano vigués faise referencia á súa
persoa. 1059
Os seus dous nomeamentos, referidos por orde, en LAPCV, PLE-154, sesión do 8 de abril de 1924: 70 e
LAPCV, PLE-167, sesión do 13 de outubro de 1934: 423. 1060
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 321.
448
García foi elixido tamén por aquel terzo1061
. No mundo do mar traballou Florencio García
Martínez de la Riva, pero no seu caso no estaleiro Vulcano. Completaron os nomeamentos
polo terzo sindical Tomás Martínez Soto e Julio Villar Gallego. O terzo de entidades foi
completado con Rafael García Martínez de la Riva que se presentou primeiramente polo terzo
de cabezas de familia. O Gobernador Civil pontevedrés decidiu aproveitar a García Martínez
por medio do terzo de entidades; o mesmo que fixo con Manuel Abal Fábregas, membro da
xunta directiva da Cámara de Comercio de Vigo e presidente da Sociedad Filarmónica de Vigo,
ademais de ser membro do grupo Hijos de Vigo, do que foi vicepresidente. García Martínez
contou coa experiencia de xestión municipal en calidade de concelleiro durante da ditadura de
Primo de Rivera1062
. Regresou á política municipal viguesa Manuel Moreno Artola polo terzo de
entidades aportando a súa experiencia como concelleiro na ditadura de Primo de Rivera e na
ditadura franquista —nomeado en novembro de 1936. O armador José Pérez Campos tamén
se presentara polo terzo de cabezas de familia, resultando escollido polo terzo de entidades1063
.
Xunta eles completaron a candidatura das entidades o militar Ulpiano Herrero Alonso1064
; o
empresario da construción Manuel Ponte Longa1065
e o avogado Ceferino Molina Vázquez. No
caso de Vigo, a candidatura de entidades actuou como correctora do resultado do resto de
terzos, dando entrada a homes con experiencia política municipal.
1061
Foi creador de patentes de máquinas destinadas a industria conserveira, colaborou incluso na elaboración do
dicionario da Real Academia Española, da que foi membro correspondente. Entre 1935 e 1937 foi presidente da Asociación
Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados. A referencia biográfica en MUÑOZ ABELEDO, L. (2009). 1062
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, M. (2005): 323. 1063
Foi irmán do falanxista Antonio, que xa fora xestor municipal da cidade olívica nomeado en xuño de 1941 1064
BOE, 30 de xuño de 1937, 253: 2144. 1065
BOE, 24 de decembro de 1942, 358: 10502-10503.
449
5.5.7 OS CAMBIOS NAS ALCALDÍAS DAS CIDADES GALEGAS
5.5.7.1 Os novos alcaldes de Pontevedra, Vigo e Santiago
A principal novidade das corporacións municipais urbanas pontevedresas foi o cambio
dos nomes dos alcaldes á fronte das mesmas. O Gobernador Civil Solís Ruiz decidiu cambiar
completamente o mando municipal que quedara do seu predecesor Ponce de León. De
Pontevedra marchou do cargo de Alcalde o compañeiro de xestora de Ponce de León Calixto
González Posada, que puxo fin a cinco anos á fronte do concello da cidade do Lérez. O seu
substituto foi outro coñecido do panorama municipal pontevedrés: o conserveiro poiense
Remigio Hevia Marinas; un Alcalde recuperado da xestora municipal de xuño de 1939 a agosto
de 1942 que contou con experiencia xestora como concelleiro da ditadura de Primo de Rivera.
O cambio na corporación pontevedresa pódese definir como tranquilo, calmo; unha especie de
volta ás esencias da elite política pretendida polo Gobernador Civil. Os métodos de selección
dos homes que deberían compoñer unha corporación municipal cambiaron, máis á fronte
daquelas o Gobernador Civil pontevedrés decidiu situar a un home de orde, que controlase aos
concelleiros e os mantivese unidos arredor do concello.
Na cidade olívica, o substituído foi o Alcalde Luis Suárez Llanos-Menacho. O
Gobernador Civil Solís Ruiz colocou no seu lugar a Tomás Pérez Lorente. O novo Alcalde foi
un militar de profesión; mais no momento de ser nomeado era empregado na empresa de
conservas da familia da súa muller. Esa posición teríao levado a ser presidente da Cámara de
Comercio de Vigo, cargo que compatibilizou coa alcaldía viguesa e coa presidencia da Unión
de Fabricantes de Conservas de Galicia. Solís Ruiz apostou polo seguro á hora de nomear un
Alcalde para a cidade olívica. Pérez Lorente aportou á alcaldía o coñecemento dos elementos
das elites políticas máis importantes da economía da cidade de Vigo. O futuro papel de Pérez
Lorente na xestora olívica preludiouno o seu predecesor no seu discurso de despedida. Suárez
Llanos dixo de Pérez Lorente que «concurren» nel méritos coma a súa capacidade de traballo
e o «cariño que siente por la ciudad, como lo comprueba el ejercicio de importantes cargos» na
cidade. A idea estendida entre os concelleiros vigueses sobre a figura do Alcalde foi que as súas
cuestións profesionais serían un factor positivo para o funcionamento da corporación. O novo
Alcalde, pola súa parte, prometeu continuar o camiño do seu predecesor de compromiso con
Vigo e cos proxectos que se estaban a desenvolver na cidade1066
.
Na cidade de Santiago ocorreu unha eventualidade similar ao sucedido en Vigo. O novo
Gobernador Civil coruñés Rafael Hierro Martínez atopouse de fronte cunhas corporacións
municipais nomeadas e confirmadas un mes antes da súa chegada á provincia da Coruña polo
seu sucesor. Xa que sobre a cuestión do nomeamento dos concelleiros non puido facer nada,
si tivo vía libre na disposición total dos alcaldes. O falanxista e fundador de falanxes Joaquín
Sarmiento Garra acabou o seu mandato en xuño de 1946 por orde do Gobernador Civil. No
seu lugar foi colocado un elemento do Movemento: Enrique Otero Aenlle, un home escollido
—segundo o Gobernador Civil no discurso de toma de posesión do novo Alcalde—, polo seu
1066
LAPCV, PLE-189, sesión do 9 de febreiro de 1949, fol. 137.
450
«acendrado patriotismo»1067
. As súas ocupacións profesionais fóra da política non puideron ser
máis opostas ao que se produciu noutras cidades galegas: licenciado en farmacia e ciencias
químicas, doutor en farmacia e catedrático desa especialidade na Universidade de Santiago1068
.
5.5.7.2 O novo Alcalde da cidade de Lugo
Na cidade de Lugo, ao mando do Alcalde Manuel Portela Nogueira, produciuse unha
situación similar a das cidades anteriores pero por razóns ben distintas. O Gobernador Civil
José del Valle Vázquez —que fora Alcalde de Santiago, e polo tanto, bo coñecedor do
funcionamento dos concellos—, estaba canso, así se desprende dos documentos que el mesmo
describiu en varias ocasións ás xerarquías de Madrid, dos desplantes que o Alcalde lle facía
constantemente tanto en privado coma en público. Portela Nogueira xa intentara con
anterioridade cesar do seu cargo. O 8 de agosto de 1946, o Gobernador Civil Valejo Heredia
recibiu a solicitude de dimisión do Alcalde Portela Nogueira. Segundo o escrito que lle dirixiu
ao Gobernador Civil, Portela Nogueira dicía que non podía continuar nun posto de tal altura
política debido ao seu estado de saúde «precario»1069
. Valejo Heredia rexeitou a solicitude de
Portela Nogueira. Para o Gobernador Civil non foi posible naquel contexto cronolóxico cesar
dun cargo tan importante cunhas eleccións para elixir os consistorios as portas. Vallejo Heredia
tampouco quixo que abandonase un home que participara na Guerra nas frontes de León e
Asturias, sendo subxefe da Bandera Legionaria de Lugo. Un home que fora delegado provincial
de Propaganda; un home considerado polo Movemento como capaz para as súas actividades e
que gozaba de «gran prestigio entre el vecindario, por el impulso dado en el desenvolvimiento
de los problemas de todo orden que se relacionan con la vida municipal»1070
.
A pesares de todo o anterior, unha vez celebradas as eleccións, o 25 de novembro de
1949 a relación do Alcalde Portela Nogueira e o novo gobernador Del Valle chegou ao límite.
Naquela data foi suspendido o Alcalde Portela Nogueira por
«[...] la actitud de rebeldía e indisciplina para con mi autoridad [o Gobernador Civil] adoptada
por el señor Alcalde de esta capital, en actos relacionadas con el ejercicio de su cargo, colmada
en el día de hoy, al negarse a acudir a mi despacho oficial, previo llamamiento que al efecto se
le hizo, con esta fecha he acordado su suspensión en el cargo de Alcalde».
O Gobernador Civil Del Valle Vázquez foi consciente da necesidade, da obriga, de que
os alcaldes e concelleiros comprendesen claramente que a xerarquía houbo que respectala en
1067
LAPCS, AM 2393, sesión do 16 de xullo de 1949, fol. 55. 1068
Véxase: ABEL VILELA, ADOLFO DE (2011): “Enrique Otero Aenlle”, Diccionario Biográfico Español, Madrid,
Real Academia de la Historia, <http://dbe.rah.es/biografias/21748/enrique-otero-aenlle>, [Consultado o 8 de febreiro de
2019]. 1069
Carta de Manuel Portela Nogueira ao Gobernador Civil de Lugo, 3 de agosto de 1946, AHPLu, Goberno Civil,
Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. 1070
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1940, AGA, SGM, DNP, 51/20533.
Parte mensual da provincia de Lugo do mes de novembro, decembro de 1942, AGA, SGM, DNP, 51/20593.
451
todos os ámbitos1071
. Inmediatamente, FET de las JONS púxose a buscar candidatos para o
posto que quedou baleiro. O Movemento recomendou a tres elementos da sociedade luguesa.
O primeiro recomendado foi José María Muíños González, un rexistrador da propiedade,
considerado de «ideología calvosotelista» aínda que non pareceu estar rexistrado no partido do
prócer tudense; con todo, a súa implicación política na dereita fíxoo ingresar en FE de las JONS
en setembro de 1936 acadando o cargo de xefe local do Barco de Valdeorras e delegado
comarcal de Xustiza e Dereito naquela comarca, e delegado do mesmo ramo en Lugo dende
xaneiro de 1943. Ese currículo foi superado polo de José María Fenollera Vellón, médico
santiagués residente en Lugo, que foi considerado como «netamente derechista». Os informes
do Movemento reflicten a súa afiliación á CEDA e a súa entrada en FE de las JONS en marzo
de 1936. Ademais diso fora xefe provincial de FE de las JONS ata a unificación. O terceiro
proposto para o cargo de Alcalde foi Luis Ameijide Aguiar, director da oficina do Banco de La
Coruña na cidade da muralla e presidente do Círculo das Artes. A pesares dos puntos
biográficos positivos, os informes sobre a persoa de Ameijide realizados polo Movemento sobre
Ameijide presentan algúns puntos escuros na súa traxectoria. Segundos as informacións
recadadas polas autoridades do partido, Ameijide foi considerado como un home de «ideología
izquierdista» antes da sublevación militar de xullo de 1936 e membro da Asociación Profesional
de Empregados de Banca afecta á UGT, aínda que non lle consta as mesmas fontes a súa
afiliación a partido algún. Con todo, o inicio da guerra civil, segundo o informe de FET de las
JONS, axudáralle a corrixir un pouco a súa traxectoria, pois acadou o cargo de delegado
provincial de Deportes e delegado provincial do Movemento1072
.
Os tres elementos presentados por FET de las JONS supuxeron demasiado falanxismo
para un tradicionalista coma Del Valle Vázquez. Esa é a conclusión que de debe extraer da súa
decisión sobre o nome do Alcalde, porque a súa decisión definitiva non chegou ata xuño de
1950, cando foi proposta a lista final de candidatos polo Goberno Civil. Un candidato foi
Eugenio Pardo y Pardo-Reguera, procedente das JAP-CEDA e considerado como caballero
mutilado, asesor xurídico da CNS e no momento do informe en función de delegado provincial
de Sindicatos. Outro candidato foi Jesús Díaz Carreira, elemento procedente da UP e militante
de PRA despois de 1931. O último proposto foi Jesús Vila Sánchez, que segundo os informes
do Goberno Civil carecía de antecedentes políticos. Deste último candidato, os informes máis
agresivos foron os emitidos pola comisaría de policía de Lugo onde se dicía que
«profesionalmente y según voz pública está considerado como funcionario de no sobrada
moralidad, si bien nada se ha podido comprobar en tal sentido. Tiene poca capacidad para
cargos públicos, según el concepto público»1073
. Definitivamente, o elixido foi o militar Eugenio
Pardo y Pardo-Reguera que tomou posesión o 17 de xullo de 1950. A misión asociada ao seu
cargo, primeira a abordar unha vez tomado asento no pazo municipal, foi poñer orde nas
relacións entre o Concello e o Gobernador Civil.
1071
Nota del Gobernador Civil de Lugo al ministerio de la Gobernación, 25 de novembro de 1949, AHPLu,
Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. 1072
Os datos biográficos ofrecidos recóllense nos Informes sobre personajes políticos, 28 de novembro de 1949,
AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral, Administración Local, Caixa 12704. 1073
Informes sobre personajes políticos, 8 e 10 de xuño de 1950, AHPLu, Goberno Civil, Secretaría Xeral,
Administración Local, Caixa 12704.
452
5.5.7.3 Os problemas entre xestores na corporación ferrolá
Dentro da nova xestora municipal da cidade departamental creáronse tensións políticas
internas que tiveron coma protagonistas ao Alcalde Arsenio Díaz del Río e ao antigo Alcalde, e
despois das eleccións de novembro de 1948, concelleiro polo terzo de cabezas de familia,
Eduardo Ballester Peris. Na sesión plenaria seguinte aos sucesos da toma de posesión, a tenor
do recollido nas Actas municipais, a situación interna de tensión teríase mitigado entre o Alcalde
e os seus opositores. En primeiro lugar, o concelleiro Lodeiro Martínez manifestou que «las
palabras que se le atribuyen en la misma acta, y que sostiene el no ha pronunciado, no sean
tenidas en cuenta pues en ningún momento pretendió ofender al Sr. Alcalde a quien considera
como persona dignísima». O Alcalde felicitouse por iso; mais Borrajo Aneiros necesitou aclarar
o que Lodeiro dixo: as palabras que pronunciara na sesión anterior non foran dirixidas contra
o Alcalde en persoa, senón ao posto de Alcalde que era «impersonal». Nese punto, o Alcalde
contestoulle cunhas palabras que o secretario municipal recolleu de maneira literal: «El señor
Lodeiro es mayor de edad, que no necesita cuidadores, que sabe defenderse él sólo y lo hace
muy bien». O Alcalde, despois disto, recoñeceu que na sesión anterior «estuvo un poco violento
en sus palabras». Dito iso, Eduardo Ballester rematou a polémica dándolle un consello ao
Alcalde: «ruega al señor Alcalde se desglose lo político de los personal, porque una cosa no
tiene que ver con la otra»1074
.
As tensións entre o Alcalde e o grupo de Ballester Peris viviu unha pequena tregua, mais
volveron e culminaron nunha sesión plenaria o 10 de novembro de 1949. O miolo do
enfrontamento entre o Alcalde e os seus concelleiros ten un punto de partida orixinal que non
foron máis que as tensións persoais entre o grupo de Ballester e Díaz del Río; mais o punto de
referencia de inicio foi a sesión do 6 de febreiro de 1949 que xa foi relatada en parte. Nesa
sesión, o concelleiro Dans Castro presentara a súa dimisión que despois retirou e que Ballester
Peris solicitara votar en pleno —cousa que se pretendería facer o 17 de abril de 1950—; solicitude
da que recuou facendo referencia a unha conversa privada co concelleiro na que «manifestó
que no se permitiría la marcha de nadie», pois calquera marcha dificultaría o funcionamento do
concello.
O Alcalde Díaz del Río quixo darlle unha medalla a quen fora secretario do concello
durante anos, Gonzalo Romero Mella. Este, enviou unha carta na que facía referencia a varios
concelleiros en termos que non lles agradaron e que puideron ser considerados coma ofensivos
por algúns deles. Para que os concelleiros puidesen defenderse das acusacións, a comisión
permanente do concello acordara levar a carta ao pleno para darlle lectura e que os concelleiros
se pronunciasen sobre as acusacións. O Alcalde dixo que tivera a carta gardada porque «la recibí
a raíz del acuerdo tomado en el Pleno del día 27 [de outubro de 1949, no que se lle concedía a
medalla ao antigo secretario], y aunque la tuve guardada algún tiempo, no pude dejar de dar
cuenta de ella a la Permanente». O que molestou ao resto da corporación da carta non foi que
tiveses estado gardada; foi o que gardaba no seu interior. Segundo os concelleiros que a leran,
«[...] en la misma existen molestias para algunos Concejales, [polo que lle pareceu, ao Alcalde]
1074
LAPCF, 132, sesión do 11 de marzo de 1949: 41.
453
muy natural que los que se considerasen ofendidos pudieran defenderse». Díaz del Río leu a
carta. A misiva ía dirixida tanto aos que votaran si coma non a proposta de concesión da medalla.
O primeiro que escribiu o antigo secretario foi a súa vontade de que quería que todos os
concelleiros fosen coñecedores do contido da carta. Para os que apoiaron a proposta da
concesión, envioulles un forte agradecemento. Aos que non a apoiaran, tamén lles enviou un
agradecemento, pero apuntou que «su conducta, me ha confirmado en una creencia que yo
tenía desde que tengo uso de razón y, es, que quien habiendo dado una palabra no la cumple,
no es caballero, ni siquiera merece ser hombre». Segundo deixou escrito o antigo secretario, ese
comentario iría dirixido a aqueles xestores a quen coñecía e que o terían traizoado votando en
contra da concesión; para os que non lle debía nada porque nada lle fixeran con anterioridade,
dicía que non llo debían porque «no me creí en el caso de rebajarme hasta ellos, y que sin
embargo tuvieron la valentía de votar en contra». E culminou a carta da seguinte maneira: «[...]
con héroes así, acaso media Historia de España, estaría a estas alturas sin escribir».
Unha vez acabada a lectura da carta moitos concelleiros reclamaron poder falar no pleno
para defenderse, que foi o obxecto da convocatoria municipal. O primeiro en falar foi Castro
Dans, que se deu por aludido co parágrafo final sobre a historia de España. O concelleiro dixo
que toda a corporación debería sentirse ofendida por semellantes cualificativos, e que o acordo
tomado para darlle a medalla ao antigo secretario debería revogarse. Dende ese momento Dans
puxo a disposición da corporación os seus cargos de concelleiro e Tenente de Alcalde —por
segunda vez, dende a toma de posesión da nova corporación—, ao considerar que as enormes
diferenzas persoais existentes entre os membros da corporación —aínda non falara do papel do
Alcalde nesa tensión—, facíanlle imposible continuar. O devir do relato recollido na Acta denota
que o Alcalde Díaz del Río comezou a darse por aludido, contestándolle a Castro Dans que
esas supostas discrepancias ás que el aludía non existían:
«[...] no existen tales discrepancias de fondo, sino simplemente algunas diferencias, a su juicio,
sin importancia. Que deja a un lado estas diferencias, porque el calificarlas de discrepancias
pudiera interpretarlas el pueblo en forma distinta y que incluso se llegase a creer que si aquellas
existieran para que él se aburriese y presentase su dimisión del cargo, y que para que luego el
Sr. Dans ocupase otras posiciones; cosa que no cree».
É dicir, que Díaz del Río foi consciente de que o seu posto como Alcalde estaba en
situación precaria por causa dos seus concelleiros —ou cando menos el pensou iso—, para botalo
do seu posto. De maneira inmediata, o concelleiro Mera Pena tomou a palabra dicindo que el
tamén se sentira ofendido «y añade que algunos concejales les dice “que no son hombres” y a
otros los califica de cobardes. Pregunta si no se puede pensar y votar [...] y termina manifestando
que él se considera en este punto ofendido». As cousas comezaron a torcerse para o Alcalde
cando un dos concelleiros que tiña previsto votar na sesión a favor de darlle a medalla ao antigo
secretario —e que non puidera asistir a aquela—, dixo sentirse, tamén ofendido explicando como
se xestara o seu voto a favor da proposta:
«El Sr. Castro Fernández, manifiesta que [...] a él personalmente le pidió el voto el interesado
prometiéndole que así lo haría, aunque luego no acudió a la sesión por motivos justificados.
Que ello no es faltar a una palabra y menos dejar de ser hombre pues aunque asistiera a la
sesión, procedería conforme al criterio que se tenía trazado en este asunto».
454
O concelleiro Evia López tomou a palabra dicindo que el votara en branco na proposta
porque aplicar esa política de dar medallas a reo, implicaría darlle unha a cada un dos
concelleiros e funcionarios xubilados do concello de Ferrol. Finalizada a intervención de Evia
López, chegou o punto de inflexión da disputa cando o Borrajo Aneiros solicitou propor un
voto de censura sobre a figura do Alcalde, ao tempo que se suspendía o acordo de darlle a
medalla ao antigo secretario. De maneira inmediata, xurdiu entre os xestores ferroláns un escrito
de censura onde se dicía —de maneira claramente velada—, que o Alcalde non estaba preparado
para o posto que ocupaba:
«[...] “Las Corporaciones Municipales, son Entidades Administrativas cuya complejidad de
servicios cada vez mayores exijen [sic] directores aptos, que sobre una basa fundamentalmente
de honestidad probada reúnan condiciones especiales en alguno de los distintos ramos que
abarca la administración de una ciudad».
Para os concelleiros que estaban detrás da proposta de censura, o Alcalde Díaz del Río
non fixo máis crear tensións entre eles e impedir o correcto funcionamento da corporación
ferrolá:
«Desde la constitución del Ayuntamiento se ha observado que la labor de la Presidencia que
debía ser paternal se ha limitado a provocar diferencias entre los elementos que componen la
Corporación. Primero los de elección popular, luego los sindicatos, mañana los demás, en este
estado de cosas es imposible trabajar por nuestra ciudad, y es evidente que la responsabilidad
de esto recae precisamente en la Presidencia, que no sabido dirigir, organizar, en una palabra,
responder a un servicio público y costoso, dándose el caso de que las numerosas sugerencias de
mucha importancia presentadas por elementos de la Corporación duermen el sueño de los
justos».
Nese momento, o concelleiro Borrajo aproveitou para volver sacar a luz o asunto do
tema do «chanchullo» do que falara o Alcalde Díaz del Río na sesión constitutiva da
corporación. Para o concelleiro Borrajo o uso deses cualificativos definía perfectamente ao
Alcalde nas súas maneiras. Mais o Alcalde decidiu seguir adiante co debate, aceptando que se
votase a proposta de censura, non sen antes acusar de algo moi grave aos xestores: ir en contra
da xestión municipal decretada polo Alcalde era ir en contra do réxime ditadura. Tal que así:
«[...] él [o Alcalde] al igual que los demás juraron que coadyuvarían y colaborarían en servir al
Jefe del Estado, en bien de la Patria, y los intereses de la ciudad dentro de la administración
municipal, cuyo mandato le confirió precisamente el pueblo; que si luego hicieron causa común
entre ellos y no colaboran quebrantan el juramento dado, y yo pregunto ―dice― al Sr. Borrajo
y a los demás ¿Es estar esto con el Régimen o contra el Régimen? Yo creo ―agrega― que si
no colaboran es o pudiera interpretarse como desafecto al Régimen».
O Alcalde centrou a nivel persoal as súas acusacións. Estas continuaron, non detendo as
súas acusacións, nas que dixo que os concelleiros poñían trabas ao seu nomeamento como
cargos municipais, especialmente os do «grupo» que el identificou liderado por Borrajo proba,
para el, máis que suficiente do obstrucionismo:
«Añade que posteriormente a la constitución del Ayuntamiento se nombraron Concejales del
grupo de Sr. Borrajo para otras Comisiones, cargos que, rechazaron, e incluso el Sr. Borrajo, no
se dignó en contestar».
455
Segundo a acta da sesión, Borrajo levantouse airado e berroulle ao Alcalde «¡He
contestado!»; ao que o Alcalde contestou «¿Cómo y cuándo? Porque yo al menos no tuve
conocimiento oficial del asunto». Borrajo contestoulle que «por correo» e apostrofou
definitivamente que existían enormes diferenzas, non só entre os membros do seu grupo, senón
tamén entre o resto da corporación co Alcalde. A esa acusación o Alcalde contestou que se
estaba no cargo —e dende facía tanto tempo, recalcou—, era porque contaba co confianza de
quen cumpriu: das altas xerarquías, do gobernador e do ministerio da Gobernación. «Añade
que él representa el Poder moderador, y que mientras éste [o goberno] no lo releve del mismo,
continuará siendo Alcalde de la Ciudad».
Intentando rebaixar o ton da sesión Alcántara Rocafort solicitou a palabra dicindo que
interviña falando dende a postura dun técnico e non dende a dun político. Segundo o seu
testemuño, Rocafort sentírase ofendido cando o ex-secretario acudiu a el para solicitarlle o seu
voto favorable. A ofensa naceu do feito de que Alcántara entendeu «que es coartar el
pensamiento y decisión del caso». Inmediatamente someteuse a votación a suspensión da
concesión da medalla: 13 votos a favor da suspensión; 2 en contra e 1 en branco. Acto seguido
a votación de censura ao Alcalde: 7 votos a favor da censura; 7 en contra e 1 en branco.
Correspondeulle á presidencia romper o empate, votando o Alcalde en contra. Borrajo dixo
que o Alcalde —ao que definiu coma «el juzgado»—, non debería emitir o seu voto, e que a
votación debería repetirse. Nese momento saíu do pleno o concelleiro Romalde Grela e o
Alcalde abandonou a cadeira da presidencia, que ocupou o concelleiro de maior idade —o
concelleiro Castro Dans. En segunda votación o resultado foi 7 votos a favor da censura; 6 en
contra e 1 en branco. O Alcalde Díaz del Río quedou censurado pola corporación. Como
consecuencia, o Alcalde xa censurado, rebelouse definitivamente contra os seus compañeiros
de xestora e dixo o seguinte:
«A continuación ruega a los Concejales que si existen diferencias, que las expongan pues el
Alcalde no coarta las iniciativas de los Concejales, pero que los que no colaboran entienden las
cosas a su manera y les importa un bledo los asuntos del pueblo. Expone otras consideraciones,
para terminar diciendo o que se dejan a un lado todas estas cosas, o se renuncia al cargo que les
fue conferido, pues el que no viene al Ayuntamiento a colaborar es enemigo del Régimen».
Acusou, por segunda vez, aos membros da corporación que non se mostraron próximos
ao seu mando de anti-patriotas. Inmediatamente, o concelleiro Borrajo, o verdadeiro azoute do
Alcalde en toda a sesión, a tenor do descrito na Acta da sesión, contestoulle que solicitaba que
«[...] conste en Acta de una manera clara y terminante las manifestaciones del Sr. Alcalde del
que “no viene al Ayuntamiento a colaborar es enemigo del Régimen.” Que es patriota como el
que más y lo prueba las víctimas que hubo de su familia con motivo de la pasada guerra, y que
puso todo su capital y todo su trabajo a disposición del Gobierno».
Outro concelleiro, Castro Fernández, pediulle ao Alcalde que «medite un poco» o que
dixo na sesión; e púxolle un exemplo do que implicaba a xerarquía: «[...] en cuanto a los que
no colaboran expone el ejemplo de que cuando existen deserciones entre los soldados en un
ejército, no les piden responsabilidades a estos sino al Jefe por no saberlos conducir». Ante iso,
o Alcalde rectificou as súas palabras á súa maneira: non quixo dicir que os criticados fosen
«desafectos al Régimen»; mais si que daban «sensación de esto al no colaborar decididamente».
456
Desa maneira acabou a sesión, co Alcalde xa sentenciado coa presenza entre os concelleiros de
Ballester Peris, que manobraba cos seus acólitos. O acto final da relación entre o Alcalde
censurado e o grupo de Ballester Peris, dirixiuno o propio Ballester. Na sesión de abril de 1950
votouse o presuposto ao que se opuxo Ballester Peris xunta os concelleiros Vázquez Iglesias,
Borrajo Aneiros, Lodeiro Martínez e Senén Hidalgo de Cisneros. Á vista de que a súa solicitude
de votar o presuposto por partidas e non na súa totalidade foi rexeitada, Ballester Peris
abandonou o pleno acompañado de Lodeiro Martínez, Borrajo Aneiros e Vázquez Iglesias.
Nese preciso momento, algúns concelleiros xa se decataron do que estaba a pasar dentro da
xestora ferrolá: «El Sr. Hevia [Evia López] manifiesta que la actitud de los señores que acaban
de abandonar el Salón no le parece la más indicada, agregando que ello debía darse cuenta a la
superioridad»1075
. A autoridade superior tamén se decatou do que estaba a suceder no consistorio
departamental; mais non reaccionou da maneira que algúns agardaron.
Ese último suceso interno entre os xestores, precisamente, foi a oportunidade do
Gobernador Civil Rafael Hierro Martínez de configurar as xestoras municipais con persoas da
súa confianza. O 22 de xuño de 1950 Arsenio Díaz del Río y Arias-Salgado cesou do seu cargo,
ao cal xa non acudía dende o 20 de marzo. No seu lugar foi nomeado o concelleiro polo terzo
de entidades José Manuel Alcántara Rocafort. O máis destacable dos cambios na xestora ferrolá
foi a colocación de Eduardo Ballester Peris como primeiro Tenente de Alcalde. Ballester Peris
non regresou á alcaldía en calidade de propietario da praza por nomeamento gobernativo; mais
si se situou preto dela, podendo usar a cadeira do salón de plenos cando o propietario da praza
se ausentase temporalmente. Ballester Peris marchara a desgusto do cargo de Alcalde por
asuntos de traballo. Nese intre, volveu ao concello apoiado polos veciños que o votaran e polo
Goberno Civil da provincia. O que houbo no fondo de toda a disputa anteriormente descrita
entre homes ferroláns foi a vontade, o desexo, a necesidade de conservar o poder. Homes, xa
de por si cunha posición social considerable, aproveitaron todas as oportunidades para
manterse no cargo para o que foron nomeados por medio dun mando superior gobernativo.
Eduardo Ballester Peris probara a doce cadeira municipal e despois das eleccións de novembro
de 1948, aínda que fose de maneira temporal ou por unhas horas, podería facelo de novo.
1075
Todas as citas anteriores atópanse nos LAPCF, 132, sesión do 10 de novembro de 1950: 75; e LAPCF, 132,
sesión do 17 de abril de 1950: 89.
457
Conclusións
«Xente que non vira máis que o cu dun macho en toda a súa vida, farta de arar,
descubría outras cousas, os coches, as mulleres, o vicio, e, sobre todo, fóra da súa
casa, perderan a vergonza tanto os homes coma as mulleres, e agora, claro, non se
conformaban con que acabara a guerra, e seguían convencidos de que continuaba o
saqueo, de que seguía aberta a veda de roubar e legartear, e non era así, agora o país
estaba en paz, e cada un tiña que buscarse a vida como puidese, pero con enxeño,
xa non pola forza; coma seres humanos, non como bestas».
Rafael Chirbes: La larga marcha
458
A historiografía sobre o proceso de configuración da ditadura franquista a nivel local
manifesta nos seus estudos que dito proceso foi unha verdadeira construción que culminou na
obtención dun modelo de institucións municipais concretas. O que se viviu nas cidades galegas
dende o preciso instante no que se produciu o golpe de Estado de xullo de 1936 foi un proceso
de construción institucional que non se limitou aos primeiros meses da España sublevada. O
proceso continuou durante meses e anos en Galicia e nas súas urbes. Foi un fenómeno político
de construción institucional con continuidade. As autoridades provinciais militares sublevadas
tomaron o poder inmediatamente se produciu o golpe de Estado, atopándose coa necesidade
de nomear homes que se encargasen do fundamental: controlar e xestionar os concellos nos
que tomaran o poder. As instrucións reservadas ditadas por Emilio Mola foron explícitas nese
aspecto. Coa referencia continua do marco da guerra civil que se estaba a producir, aos
nomeados supúñaselles a obriga de manter en funcionamento as institucións máis próximas aos
cidadáns sobre os que planeaba un futuro de represión sistémica. As institucións municipais
deberon funcionar coa debida normalidade imposta polo conflito bélico referida nas páxinas
iniciais do capítulo no que se estuda a configuración do poder local. Ese poder local debería
converterse nunha peza máis da engrenaxe política e social dos sublevados, aportando todo o
que puidesen para a construción do suposto novo Estado.
Como quedou demostrado nesta investigación, as autoridades provinciais sublevadas —
gobernadores civís e xerarquías do Movemento provincial—, atribuíron as dificultades coas que
se atoparon para implantar o seu modelo ideolóxico e político ao arraigamento do fenómeno
do caciquismo entre a sociedade galega. Os informes detallados en diferentes epígrafes desta
investigacións así o demostran; chegando a considerar o fenómeno do cacique e do conseguinte
caciquismo coma un elemento case biolóxico da natureza do galego. Dende a perspectiva
comparada con outras rexións españolas, analizada no capítulo correspondente deste estudo, o
mantemento de elites políticas —de corte conservador con anterioridade a xullo de 1936—,
enténdese, precisamente, como a continuación do modelo caciquil dada a imposibilidade dos
sublevados de nutrir os seus nomeamentos con homes puramente identificados cos seus ideais
ideolóxicos. O emprego de elementos da antiga URD por parte das autoridades —ou das
diferentes marcas locais empregadas en Galicia para denominar os partidos satélites da marca
CEDA nacional; e tamén a aqueles procedentes do BN de Calvo Sotelo—, enténdese pola
necesidade de botar man daqueles que tiñan experiencia na xestión do ámbito local. É por iso
que na maior parte das ocasións determinouse que as xestoras dos primeiros anos da ditadura
franquista son máis que unha especie de recuperación do pasado conservador español que
xogara durante a Restauración borbónica, a ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República.
Efectivamente, o grao de amplitude da cesura entre etapas, demóstrase no capítulo
dedicado ao estudo de FET de las JONS no contexto de Galicia, manifestándose as grandes
dificultades coas que topou o Movemento para implantarse entre a sociedade galega. A nivel
interno debeu afrontar as disputas, leas e barallas polo control da súa estrutura orgánica. FET
de las JONS traballou informando ás autoridades centrais de Madrid sobre o estado das
provincias; mais debeu describir, analizar e comentar, tamén coas xerarquías da capital, todo o
que a estaba a minar por dentro. O partido nas provincias galegas houbo de enfrontarse ás
cuestións relacionadas cos abastecementos de alimentos e produtos necesarios para os cultivos
—tales coma fertilizantes ou ferramentas para a labranza dos eidos e leiras—, que provocaron
459
que a poboación deostase a FET de las JONS atribuíndolle todos os problemas que afectaban
á súa vida. As denuncias constantes de falta de alimentos entre a poboación por parte dos
gobernadores civís ás súas xerarquías en Madrid foron constantes ao longo de todo o tempo
estudado. Amais das denuncias de carencias de alimentos, os xefes provinciais e gobernadores
civís puxeron o acento na preocupación instalada entre as xerarquías do partido por unha
posible alteración da orde pública pola ausencia de mantenzas. Os exemplos descritos nesta
investigación poñen en evidencia o sentimento social de descontento coas autoridades ditatoriais
en todo o relacionado coa distribución de alimentos. Este elemento de tensión social demostra
a preocupación dos gobernadores civís e xefes provinciais do Movemento pola dificultade coa
que se atopou a ditadura franquista para implantarse entre unha sociedade que se vía privada
dos alimentos básicos e dos medios esenciais para vivir. Á luz da documentación empregada,
as autoridades provinciais situáronse nun plano de acción diferente ás xerarquías madrileñas no
relacionado coa subministración de alimentos á poboación. As xerarquías provinciais foron
capaces de palpar a situación límite á que foi sometida a poboación das provincias galegas pola
falta ou escaseza de alimentos. Outra cousa foron as medidas que tomaron para solucionar a
situación de extrema escaseza, das que nos documentos estudados non quedou rastro algún.
A relación da poboación civil co Movemento foi unha peza que dificultou a construción
da ditadura franquista en Galicia. Outro factor que lle estou estabilidade nos anos iniciais da súa
implantación foi a bicefalia entre o poder do xefe provincial do Movemento e o do Gobernador
Civil. Mentres nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, xa nos primeiros meses da
ditadura se puxo solución a esa bicefalia por medio da unión dos cargos, a provincia da Coruña
viu como as dúas máximas xerarquías provinciais mantiveron unha relación tensa; tanto dende
o punto de vista das competencias —do día a día burocrático e político—, coma dende o das
relacións persoais entre os dous máximos dirixentes provinciais. A unión dos dous cargos
provinciais na figura do Gobernador Civil de cada provincia impúxose para dar maior impulso
á implantación da estrutura política do Movemento en Galicia. E tamén para intentar mitigar e
eliminar os movementos internos entre membros do partido nos seus diferentes niveis:
administrativo/burocrático, poder político local e poder político provincial. A tarefa
demostrouse imposible vistos os exemplos expostos no capítulo dedicado ao estudo do partido
e a súa implantación nas provincias galegas. As denuncias centradas en acusacións de
caciquismo son insistentes ao longo do tempo descrito nesta investigación. O exemplo
paradigmático é o ocorrido entre o Gobernador Civil e xefe provincial do Movemento de Lugo,
Ramón Ferreiro, e o grupo de políticos e cargos do Movemento artellado arredor de Antonio
Rosón Pérez, estudado nesta ocasión dende unha perspectiva diferente á realizada noutras
ocasións anteriores por outros traballos grazas á posibilidade de conectalo con outros elementos
casuísticos aparecidos na documentación empregada.
Os problemas políticos internos non foron os únicos aos que debeu enfrontarse o
Movemento nas provincias galegas. Nos primeiros meses da implantación da ditadura, no
campo da educación —un ámbito predilecto para o Movemento pola carga de condución social
que implica—, en distintas provincias galegas as autoridades deberon afrontar a realidade de que
existían alternativas organizativas e asociativas fóra da estrutura única do partido. Asociacións
estudantís e sindicatos de mestres diferentes aos do partido único foron denunciados e
combatidos con intensidade, informando as autoridades galegas aos seus superiores en Madrid
460
sobre o desenvolvemento do programa de neutralización dos mesmos. O Movemento en
Galicia debeu enfrontar non só o que sucedía nos seus límites provinciais. O Movemento galego
e a España na que este se construíu viviu unha conxuntura internacional cambiante nos seus
primeiros anos. A Segunda Guerra Mundial mudou o panorama de poderes internacionais que
sustentaron a construción da ditadura franquista, tanto dende o punto de vista discursivo e
organizativo coma dende a perspectiva do apoio exterior ao goberno ditatorial. Os informes que
emitiron as autoridades provinciais acreditan a súa preocupación pola existencia de
movementos políticos adversos á ditadura e que podían estar actuando nas cidades galegas. A
idea introducida polo Movemento en Galicia, pola cal vía e intuía inimigos políticos e sociais en
todos os ámbitos da realidade, debe considerarse un factor indicativo da debilidade coa que o
partido iniciou a súa implantación no territorio.
O factor de contar co apoio dunha construción normativa que regulaba os aspectos da
política e da organización interna do Movemento debe considerarse como elemento esencial
da súa construción. Un dos núcleos da construción normativa foi o da depuración interna do
partido. Como cada provincial tiña a súa idiosincrasia, o proceso de limpeza ideolóxica do
partido único en Galicia desenvolveuse de maneira irregular. O pulo co que algúns xefes
provinciais emprenderon o proceso —tal foi o caso da provincial lucense—, contraponse ao
desleixo co que outras se enfrontaron a el —o caso máis notable, o da provincial ourensá.
Provinciais coma a pontevedresa facían fronte ás críticas das xerarquías madrileñas pola
ausencia de actividade depuradora argumentando que esa foi imposible: non había combustible
para mover os vehículos cos que realizar as inspeccións ás xefaturas provinciais; e nalgúns casos,
na mesma provincial, os coches chegaron a quedar sen pneumáticos. A carestía que vivía Galicia
e o conxunto de España notouse tamén no Movemento. A pesares da súa pretendida posición
dominante na construción da ditadura franquista, a falta de medios para desenvolver a súa
actividade demostrouse o factor clave na dificultade da súa implantación territorial e no mesmo
funcionamento interno do partido. A tarefa de depuración debe analizarse intimamente ligada
ás denuncias entre membros do Movemento, que aproveitaban aquelas para condicionar a
tarefa depuradora realizada polas xerarquías. Con todo, o extraordinario desenvolvemento
normativo que debería ter regulado o proceso depurador, topou cos xa citados condicionantes
de funcionamento interno do Movemento en Galicia. As xerarquías galegas non agocharon
episodios nos que se poñían de manifesto os problemas de goberno interno do partido:
organización de afiliados debido á ausencia de ficheiros correctamente ordenados, carencia de
capacidade económica, falta de material, etc.
Nas páxinas desta investigación dedicadas ao estudo do poder local na Galicia urbana,
nos momentos iniciais do proceso construtor da ditadura, demóstrase que a indefinición de
FET de las JONS nese proceso é determinante. Máis aló da propaganda xornalística e dos
discursos dos gobernadores civís e alcaldes, o poder local atopouse nos seus inicios coa falta de
perspectiva naquilo relacionado coa organización futura do poder local. A base terceira da
Instrución Reservada número 1 de Mola atribuía aos comités provinciais a tarefa de ter
preparadas as persoas que deberían facerse cargo do concello da capital e aprobar os nomes
que se propuxesen para os restantes. Entre as prioridades dos golpistas estivo, en efecto, o
control inmediato dos centros de poder local. Outra cousa foi o proceso de designación das
persoas que deberon acompañar á máxima autoridade do concello. Nesta investigación
461
demostramos que que houbo un determinado grao de recuperación de homes do pasado
inmediatamente anterior á ditadura; mais cómpre realizar unha conclusión dese grao de
recuperación coa aplicación dun matiz dende a perspectiva do cambio e continuidade das elites
políticas locais. O estudo das conxunturas políticas anteriores a xullo de 1936 que realizamos
nesta investigación, conclúe que a mobilidade de elites foi destacada na ditadura de Primo de
Rivera —tanto a nivel cronolóxico interno da etapa, coma na xeneralidade da conxuntura
política—, e dunha maneira moito máis mitigada na Segunda República. Mais esa recuperación
de elites debe ser matizada ata o extremo. A descontinuidade observada na ditadura de Primo
de Rivera racha coa idea fondamente establecida de que o galego, na súa relación coa política,
era un pobo caciquil que pouco mudara a súa maneira de relacionarse en política. A ditadura
de Primo de Rivera marcou un punto de ruptura coa época da Restauración no que a elites
políticas urbanas se refire. O feito de que despois do golpe de Estado de xullo de 1936 fosen
un número limitado de homes os nomeados para os primeiros postos municipais designados
polos sublevados aporta tamén a idea de que, coñecidas por todos as instrucións reservadas de
Mola, estas foron aplicadas de maneira diferente dependendo do ámbito local. Segundo o que
se desprende da nosa investigación, o cariz social e ideolóxico dos primeiros nomeamentos de
xestoras municipais nas cidades galegas dependeron da propia configuración das urbes. As
primeiras xestoras das sete cidades galegas configuráronse sobre aqueles homes que militaran
ou colaboraran cos partidos de dereitas que servían de sustento ideolóxico ao proxecto dos
sublevados. As marcas locais da CEDA en Galicia, das JAP, do BN de Calvo Sotelo, antigos
monárquicos ou conservadores manifestos foron as categorías que cualificaron aos primeiros
compoñentes das xestoras urbanas sublevadas. A categoría política que quedou fóra desta
primeira selección foi a do sector falanxista-tradicionalista. Dende o noso punto de vista, cando
os militares ao mando da praza correspondente efectuaron os nomeamentos das primeiras
autoridades municipais non tiveron interese en designar para cargos aos elementos falanxistas.
A falta de experiencia na xestión e o escaso número de efectivos destes e a vontade de manter
unido ao variado grupo ideolóxico que apoiou o golpe de Estado explican a selección realizada.
Ese elemento é o que explica a idea fortemente implantada entre a historiografía sobre a
construción local da ditadura franquista pola que a continuidade das elites políticas da ditadura
respecto das de etapas políticas anteriores foi case total.
Todos os xestores foron seleccionados entre os elementos destacados da sociedade local,
situación que se repetiu en todas as localidades de España que contan con estudos ao respecto.
Con todo, o estudo que realizamos nas páxinas anteriores demostra que a filiación ou
experiencia no ámbito da política non foi tan importante coma a adscrición a un determinado
sector económico. A cuestión do apoliticismo é secundaria de maneira efectiva: preferiuse que
os homes da ditadura nas cidades contasen con experiencia política, sempre e cando fose no
campo das dereitas. Se non había xente suficiente do conglomerado falanxista-tradicionalista,
houberon de botar man dos denominados «de sempre» que, polo menos, contaron con
experiencia e coñecemento do funcionamento do día a día das institucións municipais. Pódese
concluír que o modelo de selección política responde ao resultado da suma de: homes con e
sen experiencia política previa ao golpe de Estado de xullo de 1936, máis homes con militancia
demostrable en partidos de ideoloxía de dereita, máis homes que sumaban militancia e
traxectoria previas. O resultado da suma é o conxunto da elite política da ditadura franquista
462
nas cidades galegas. Os grupos de presión económica ou cultural contaron cunha fonda
influencia sobre as xerarquías que deberon realizar os nomeamentos, suxerindo ou apuntando
directamente aos homes que deberían situarse nos postos de acción política dos concellos
urbanos galegos. O poder do ámbito militar na cidade de Ferrol; o poder dos empresarios do
mundo industrial conserveiro na cidade de Vigo ou o dominio da elite comerciante e industrial
nas cidades de Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña demostran esta primeira conclusión
concordante coa tradición historiográfica noutros puntos da xeografía española: a ditadura
franquista manifestou unha especialización extractiva das súas elites entre aqueles que
desfrutaron dun determinado grao de autonomía económica e influencia entre os veciños das
localidades.
A análise dos homes que constituíron a elite política urbana galega ofrece varias claves
interpretativas. Por un lado, obsérvase a recorrencia a homes cunha determinada experiencia
anterior no campo da política municipal; homes que, unha vez iniciado o golpe de Estado de
xullo de 1936 comezaron o seu proceso de asociación e identificación pública cos postulados
do Movemento. Pola outra banda, iniciouse a creación dunha elite propia ditatorial con
elementos que careceron de traxectoria política previa a xullo de 1936; homes que se asociaron
e identificaron co Movemento polo que de defensor dos seus intereses persoais e colectivos tivo
para eles. A observación da orixe socioeconómica da maioría deles apunta a que a ditadura
preferiu a aqueles que contaron cun traballo estable —as referidas en liñas previas coma
profesións liberais—; que foron propietarios de industrias pesqueiras; comercios de exportación
e importación; con postos de responsabilidade en bancos; que ocuparon cadeiras en consellos
de administración de empresas importantes das cidades; tamén mestres e catedráticos de
instituto e universidade, etc. Ata este punto, semella que as autoridades da ditadura franquista
puxeron todo o seu esforzo na creación dunha elite política fundamentada nun binomio
determinado: a experiencia política previa á ditadura, sumada a unha posición económica
desafogada resultaría o modelo ideal de xestor municipal ou concelleiro para as autoridades
ditatoriais. É dicir, que a ditadura franquista sustentou o seu crecemento político e
administrativo nunhas elites políticas determinadas pola súa orixe política e polo seu nivel
económico e social. A constitución das primeiras xestoras municipais da ditadura foi dirixida
por ese camiño cara a consecución dunha elite política case inamovible e idéntica a todo o que
viñera actuando con anterioridade a ela. Entre xullo de 1936 e outubro de 1937, un total de 163
homes foron chamados a ocupar un cargo de xestor municipal no conxunto das sete cidades
galegas.
463
Táboa 9: Cambio e continuidade dos integrantes das xestoras da ditadura franquista (xullo de
1936-outubro de 1937)1076
Nº
concelleiros
corporación
Nº postos
teóricos
Nº real
concelleiros
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 21 42 24 57,14 42,86
Santiago 19 38 32 84,21 15,79
Ferrol 19 38 27 71,05 28,95
Lugo 19 38 8 21,05 78,95
Ourense 19 38 20 52,63 47,37
Pontevedra 19 38 21 55,26 44,74
Vigo 21 42 31 73,81 26,19
TOTAL 137 274 163 59,49 40,51
A tónica xeral do conxunto das cidades galegas situouse nun punto intermedio de
renovación e continuidade de elites; máis próximas á renovación que non á continuidade. Cada
cidade seguiu un camiño diferente que dependeu das súas condicións internas, todas elas
analizadas nos epígrafes anteriores. A urbe que demostrou unha maior continuidade foi Lugo,
onde a estabilidade da primeira xestora liderada por Juan Yáñez Alonso marcou un índice de
continuidade moi superior ao do resto de urbes galegas. As elites luguesas víronse sometidas
polas autoridades provinciais a unha dinámica de funcionamento exclusiva: antes da publicación
da Orde de outubro de 1937 pola que se estableceu o número de concelleiros que lle
correspondería a unha xestora —a primeira disposición dese carácter xurdida das autoridades
ditatoriais—, a xestora luguesa funcionou cun máximo de 8 membros; moi lonxe dos 19 que lle
marcou a vixente Lei Municipal de 1935. A primeira xestora luguesa construíuse sobre
comerciantes e profesionais liberais onde a metade deles careceu de experiencia política previa;
mentres que o resto procedeu da tradición política da ditadura de Primo de Rivera. Así pois, a
elite política luguesa da ditadura comezou a configurarse arredor dunha tradición política
determinada pola traxectoria política previa ao golpe de Estado de xullo de 1936 e pola
procedencia social e económica daqueles chamados a formar parte da primeira xestora.
Ourense tamén se manifestou na mesma liña que Lugo, aínda que con continuidades e
descontinuidades moito máis difusas. Atendendo aos índices de renovación e continuidade de
concelleiros, a cidade de Ourense situaríase próxima ao equilibrio nos dous factores de estudo.
Sobre a orixe socioeconómica dos elementos das primeiras xestoras ourensás, e segundo o que
podemos concluír na investigación, a dinámica de extracción de nomes para os cargos
municipais foi moi similar á da cidade de Lugo —cidades coma Pontevedra e A Coruña, con
índices de renovación e continuidade similares aos de Ourense, recorreron tamén aos mesmos
centros de extracción para obter xestores municipais. Mais na cidade de Ourense atópase un
elemento que diferencia a esta de Lugo: as autoridades buscaron para a configuración primeira
da elite política ourensá a elementos con experiencia política previa. A suma dos concelleiros
1076
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
464
recuperados procedentes da Restauración e da ditadura de Primo de Rivera representaron un
25% do número real de concelleiros ourensáns; mentres que unicamente os 5 orixinarios da
corporación republicana de abril de 1931 supuxeron outro 25% dos 20 concelleiros nomeados
no período —de onde os 11 republicanos 5 foran nomeados por primeira vez en abril de 1931,
procedendo o resto doutras corporacións anteriores no tempo. Pola contra, e en oposición as
cidades xa citadas, o maior dinamismo dentro da elite urbana produciuse na cidade de Santiago.
Nesa cidade o que máis cómpre destacar é a orixe política dos membros da elite: un 43,75%
dos xestores que exerceron ao longo da primeira etapa da ditadura franquista foron extraídos
da ditadura de Primo de Rivera; que sumados aos procedentes da Restauración e da Segunda
República, representaron un 56,25% do total.
Dende un punto de vista global, os primeiros pasos na construción da ditadura franquista
nas cidades galegas foron encamiñados a dominar e conseguir o poder local por medio de
homes que coñeceron o medio político no que se moveron. Unha visión global en conxunto
dos números que ofrecen os xestores das cidades galegas, soporta esta primeira conclusión.
Foron maioritarios os elementos extraídos da ditadura primorriverista; séguenos aqueles con
experiencia na Restauración e na Segunda República e quedan a maior distancia os procedentes
da Ditabranda e das corporacións de outubro de 1934. Mais esta dinámica mudou radicalmente
na etapa seguinte, cando a ditadura se dotou das normativas necesarias para a configuración das
súas xestoras municipais. Mentres que a análise cualitativa que realizamos en epígrafes
anteriores dos homes seleccionados puido ter determinado unha idea de maior continuidade e
inmobilidade, polo que de cesamentos e nomeamentos implicou, o período comprendido entre
outubro de 1937 e xullo de 1945 demostra, analizado dende unha perspectiva cuantitativa, un
dinamismo xeral moi marcado que se encadra dentro dunha tendencia clara de cambio entre
todas as cidades galegas. Todas as urbes, excepto Ferrol, movéronse por riba da metade do
índice de renovación de elites. A análise dos datos de xestores municipais ofrecidos por todas
elas demostran un grao de continuidade desas elites moi por debaixo da metade do índice. Así,
o índice global de cambio de elites para todas as cidades sitúase no 67,04%, mentres que a
continuidade representa o 32,96%. Con todo, a dinámica interna de cada unha das cidades
analizadas por separado demostra que existiron unha serie de diferencias na tendencia xeral
descrita ben marcadas.
As diferenzas internas entre as cidades móstranse significativas. Pontevedra situouse
como a cidade co nivel porcentual máis diferenciado entre renovación e continuidade das sete
urbes galegas; mais nesta etapa a tendencia tendeu maioritariamente cara a renovación. A cidade
de Santiago seguiu unha liña similar á da cidade da muralla moderando de maneira significativa
o seu índice de renovación de elites e gañando unha maior continuidade das mesmas; mentres
que Vigo e A Coruña continuaron movéndose nun índice de dinámica renovadora similar ao
da etapa anterior. Pontevedra e Ourense si que se determinaron como as tres cidades máis
dinámicas na muda e transformación das súas elites políticas. A cidade do Lérez e a cidade das
Burgas transitaron próximas a máis das dúas terceiras partes do total de concelleiros no período.
Esta etapa da construción da ditadura franquista nas cidades comprende o final da guerra civil
e os primeiros pasos na consolidación do poder local. Despois dun primeiro ano de
aclimatación ás dinámicas políticas, sociais e económicas de cada unha das cidades, a tendencia
465
xeral descrita indica que as autoridades da ditadura chegaron á conclusión de que o poder local
non podía ser entendido por aqueles que o exerceron coma unha ferramenta para crear redes
políticas que puidesen favorecer ou instigar disonancias internas na administración do
Movemento; é dentro desa tendencia interna das autoridades da ditadura e do Movemento
onde se debe comprender o elevado grao de mobilidade das elites en cada unha das cidades.
Táboa 10: Cambio e continuidade dos integrantes das xesotras da ditadura franquista (outubro
de 1937-xullo de 1945)1077
Nº
concelleiros
corporación
Nº postos
teóricos
Nº real conc.
etapa
%
renovación
no período
%
continuidade
no período
A Coruña 19 76 59 66,10 33,90
Santiago 15 60 46 69,57 30,43
Ferrol 15 60 30 40 60
Lugo 13 52 47 65,96 34,04
Ourense 13 52 54 70,37 29,63
Pontevedra 15 60 56 75 25
Vigo 19 76 66 69,70 30,30
TOTAL 109 436 358 67,04 32,96
Porén, esta visión que podería determinar que a ditadura franquista foi capaz de extraer
de lugares indeterminados a un total de 358 persoas, resultado da suma dos concelleiros de
todas as cidades nomeados para esta etapa, non é correcta. Atendendo á procedencia
cronolóxica daqueles que foron nomeados a partires de outubro de 1937, o 22,35% dos 358
nomeados no total das sete cidades, procedía das comisións xestoras ditatoriais inmediatamente
anteriores, mentres que o 11,18% dos seleccionados para esta etapa corresponderon aos
períodos entre a Restauración e outubro de 1934. Agregando porcentaxes de procedencia
política cronolóxica dos diferentes xestores obtense o resultado de que o 66,48% dos xestores
nomeados entre outubro de 1937 e xullo de 1945 non contaron con experiencia política previa
ou ben, se existiu, desenvolvérana en plena ditadura franquista. Este elemento que determina a
orixe cronolóxica dos xestores da ditadura obriga a considerar e determinar analiticamente a
conclusión fundamental de que a ditadura franquista estaba comezando a crear, poucos anos
despois da súa imposición e inicio de construción institucional, a súa propia elite política local.
Unha cidade coma Ferrol configurou as xestoras deste período cunhas proporcións que
definen claramente o extremo da situación descrita sobre as elites políticas: un 53,33% dos
xestores nomeados no período levaron consigo a experiencia en xestión municipal da época da
ditadura anterior; o 46,67% restante foron elementos sen experiencia previa, homes novos
seleccionados polas autoridades municipais para crear ou completar xestoras. Aqueles que non
contaron con experiencia mesturáronse con homes coma o Alcalde ferrolán Eduardo Ballester
1077
Elaborada en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
466
Peris; ou cos xestores e despois concelleiros elixidos nas eleccións por terzos Eduardo Lodeiro
Martínez ou Francisco Montenegro Cabezas, que se mantivo nas corporacións ferrolás dende
xuño de 1939 a setembro de 1947. As autoridades provinciais pontevedresas preferiron apostar
na capital provincial pola experiencia daqueles nomeados entre xullo de 1936 e outubro de
1937. Homes coma Casiano Peláez Merino, Antonio Hereder Solla ou Celestino Fontoira Peón
convertéronse en frecuentes nas xestoras e corporacións municipais da cidade do Lérez. O
mesmo sucedeu na Coruña cos nomes dos alcaldes José Pérez Ardá, Alfonso Molina Brandao
ou dos xestores Jorge Ozores Arraiz ou Jacobo Conde Castilla.
Táboa 11: Xestores e concelleiros das cidades españolas por orixe política entre xullo de 1936
e febreiro de 19491078
Definición Número Porcentaxe sobre total
CT-Tradicionalistas 278 22,69%
FE de las JONS 259 21,14%
Carecen de filiación 250 20,41%
CEDA-Marcas provinciais 172 14,04%
Dereita xenérica 93 7,59%
Monárquicos 31 2,53%
UP 20 1,63%
Nacionalistas vascos 18 1,47%
FET de las JONS 16 1,31%
RE 14 1,14%
Lliga Catalana 13 0,90%
PRR 12 0,65%
Ex-combatente 11 0,57%
JAP 8 0,65%
Ex-cativos 7 0,57%
Partidos republicanos 7 0,57%
Exerceron como concelleiros 6 0,49%
Acción Española 3 0,24%
Somatén 3 0,24%
Esquerdas 2 0,16%
PL 2 0,16%
TOTAIS ESPAÑA (SEN GALICIA)
Homes con identidade ideolóxica 969 79,10%
Homes sen identidade ideolóxica 250 20,40%
Homes que exerceron como concelleiros con anterioridade 6 12,83%
TOTAL 1225 100%
1078
Táboa elaborada en base á bibliografía consultada: MARÍN I CORBERA, M. (2000): pp. 77-80 e 127-135; FONT
(2001): pp. 188-199; CLARA (1991): pp. 44-45 e CLARA (2000): pp. 159-160; BARRUSO (1999): p. 100; GONZÁLEZ MADRID
(2006): pp. 203-206, 222-225, 245-249, 260-263 e 277-280; RIVERO NOVAL (2001): pp. 306-312; CENARRO LAGUNAS, Á.
(1997): pp. 406-413; GARCÍA RAMOS (2003): pp. 290-291; NICOLÁS MARÍN (1982): p. 262 e pp. 265-279 e 282-308;
SÁNCHEZ BRUN (2002): pp. 206-229; RUBIA OSORIO (2004); KORTAZAR BILLELABEITIA (2015); RODRÍGUEZ BARREIRA
(2013): p. 271; SANZ HOYA (2009): pp. 259-295 e SALOMÓN (1999): p. 154
467
A análise diacrónica da orixe cronolóxica dos xestores empregados pola ditadura para
configurar as diferentes xestoras obriga a poñer en cuestión a idea —estendida pola historiografía
ata o momento—, da ditadura franquista coma continuadora do fenómeno caciquil. Sobre a base
teórica de que a recorrencia, por parte das xerarquías da ditadura, a elementos políticos
procedentes de partidos de base liberal —ben restauracionista ou ben republicana—, construíuse
o marco común analítico historiográfico do peso do fenómeno da recuperación,
desenvolvemento e consolidación das elites políticas locais españolas polo réxime ditatorial.
Unha lectura historiográfica que, non considerando a análise dos números municipais obtidos
da lectura e análise da documentación na extensión e modelo coa que se presenta nesta
investigación, considerou que o modelo da continuación restauracionista e, por conseguinte, do
modelo caciquil foi o máis adecuado para explicar a insistencia das autoridades da ditadura na
selección de elementos con traxectoria política previa.
Da lectura dos estudos sobre a construción local da ditadura franquista púidose extraer
para esta investigación a orixe política de boa parte dos xestores e concelleiros nomeados en
diferentes puntos xeográficos de España. Recompilados todos os números individualizados, por
cada caso, foi posible clasificar aos concelleiros e xestores aplicándolles categorías políticas que
permiten o seu encadramento nunha ou outra tendencia ideolóxica. Con todo, a análise
individualizada atopou un atranco na posibilidade ou imposibilidade de coñecer a traxectoria
política previa á ditadura dos elementos políticos municipais. Como foi referido con
anterioridade no capítulo introdutorio, a maioría dos estudos realizados ata o de agora sobre a
construción da ditadura no seu plano local non consideraron a traxectoria política anterior ao
réxime ditatorial franquista; e cando se atopou unha referencia a ese pasado, esta non foi máis
aló da ditadura de Primo de Rivera ou do goberno de Dámaso Berenguer. A inexistencia do
factor de continuidade e descontinuidade das elites políticas estudadas é o que condicionou a
construción teórica da idea da recuperación franquista do fenómeno caciquil, ao botar man
exclusivamente, os estudos que sustentan esa máxima hipotética, do condicionante da orixe
ideolóxica dos elementos seleccionados pola ditadura para a elite política. Considerando
exclusivamente os datos de filiación persoal dos membros da elite política local nas diferentes
localidades españolas, resulta que dos 1225 nomes que se puideron describir para esta
investigación, o 79,10% encádrase nalgunha das categorías de filiación ideolóxica descritas polos
diferentes estudos —dende elementos situados definitivamente como militantes da CEDA e das
súas marcas provinciais e locais, antigos membros da UP, liberais restauracionistas, etc.—,
mentres que o 20,40% encádrase baixo o epígrafe da carencia de filiación política previa.
Considerando os mesmos parámetros brutos de análise de filiación política dos membros da
elite política urbana da ditadura en Galicia, obtivéronse resultados similares sobre a
preeminencia dos elementos con tradición militante anterior ao golpe de Estado de xullo de
1936: un 58,82% dos xestores e concelleiros galegos descritos en epígrafes anteriores aportaron
aos seus cargos unha militancia política anterior á sublevación de xullo de 1936; mentres que o
28,34% careceron daquela.
468
Táboa 12: Xestores e concelleiros das cidades galegas por orixe política entre xullo de 1936 e
febreiro de 19491079
Definición Número Porcentaxe sobre total
Carecen de filiación 106 28,34%
FE de las JONS 46 12,30%
FET de las JONS 67 17,91%
URD-DRG-CEDA 57 15,24%
Exerceron como concelleiros 48 12,83%
UP 9 2,41%
CT-Tradicionalistas 8 2,14%
RE 7 1,87%
PRC 5 1,34%
JAP 3 0,80%
BN 2 0,53%
DG 2 0,53%
Monárquicos 2 0,53%
APA 2 0,53%
UMN 2 0,53%
UOD 2 0,53%
ORGA 1 0,27%
Mauristas 1 0,27%
PRR 1 0,27%
PG 1 0,27%
PAE 1 0,27%
PLV 1 0,27%
TOTAIS GALICIA
Homes con identidade ideolóxica 220 58,82%
Homes sen identidade ideolóxica 106 28,34%
Homes que exerceron como concelleiros con anterioridade 48 12,83%
TOTAL 374 100,00%
Unha análise de continuidade orientada cara a cultura política dos individuos
seleccionados pola ditadura para configurar a súa elite pode determinar aínda outro parámetro
biográfico esencial. Nesta investigación describimos con abundancia en varios epígrafes
anteriores a tendencia maioritaria das autoridades provinciais do Movemento na selección de
homes con experiencia de xestión municipal con anterioridade á sublevación militar.
Atendendo ao caso das cidades galegas puidéronse discriminar os homes que contaron con
aquela experiencia e que representan un 12,83% de todos os membros da elite política urbana
franquista en Galicia. Porén, no ámbito local do conxunto de España, alí onde foi estudado, só
se puideron localizar baixo o epígrafe de antigos concelleiros un total de 6 nomes que
representan o 0,48% do total analizado. O factor da ausencia de estudos sobre o grao de
reciclaxe e destrución das elites políticas executado pola ditadura fomenta a imposibilidade de
entender coma unha creación nova o proceso político de construción de elite levado a cabo por
1079
Elaborada en base á información recollida nos epígrafes capitulares anteriores.
469
esta. A explicación desta postura reside no peso específico dado pola historiografía recente aos
factores de cultura política e ideolóxicos individualizados determinados, así dende o punto de
vista daquela, coma esenciais para entender a ditadura franquista. Ese proceso analítico definido
polas investigacións precedentes polo que se conclúe que as elites políticas ditatoriais foron unha
simple continuación das anteriores non ten en conta dous elementos esenciais necesarios para
comprender a meta hipotética acadada por esta investigación.
O primeiro dos elementos a ter en conta para negar a idea dunhas elites políticas urbanas
simples continuadoras da tradición política anterior é que estas non poden ser consideradas
como representantes do fenómeno caciquil da Restauración borbónica. Aplicando unha simple
consideración xeracional, entre o pronunciamento de Sagunto de decembro de 1874 e xullo de
1936 pasaron dúas xeracións completas. Pódense localizar algúns exemplos para explicar este
elemento determinante: o Alcalde de Ferrol Arsenio Díaz del Río, nomeado para o cargo en
setembro de 1947, nacera en decembro de 1877; o tamén Alcalde e xestor ferrolán Eduardo
Ballester Peris nacera en agosto de 1899; o xestor e concelleiro pontevedrés Alfredo García
Hermida nacera en setembro de 1894 e foi elixido concelleiro en novembro de 1948 polo terzo
de cabezas de familia. A partires de 1945, os nomeamentos de xestores e a selección de
concelleiros pasou a centrarse naqueles nacidos no novo século XX, pois foron eles os que
determinaron a posterior evolución local da ditadura franquista. Homes coma Antonio Montes
Pazó, xestor en xuño de 1939 e concelleiro polo terzo de entidades en febreiro de 1949 naceu
en outubro de 1903; ou Carlos Senén Hidalgo de Cisneros, elixido para Ferrol polo mesmo
terzo que o compañeiro pontevedrés, nacido en xullo de 1908; ou os 25 anos que tiña Santiago
Rosado Montes no momento de acceder á xestora santiaguesa. Estes membros da elite política
urbana galega dificilmente puideron envolverse do clima político restauracionista, polo que non
se poden considerar continuadores do traballo político dos seus predecesores. O segundo dos
elementos ao que cómpre facer referencia é o feito estudado que demostra con cifras a cesura
imposta pola crise política e social de 1917 entre as elites políticas urbanas galegas. A crise da
cultura política exercida ata aquel ano maniféstase en setembro de 1923 coa implantación da
ditadura de Primo de Rivera. O elevado grao de renovación dos membros da elite política
urbana galega clarifica nos datos que se expresaron na Táboa 3 sobre a evolución das elites na
ditadura primorriverista. As xeracións restauracionistas desapareceron case por absoluto co
réxime primorriverista; de tal maneira que resulta de difícil xustificación, a tenor dos datos que
manifestamos na presente investigación, manter a liña continuadora das elites políticas galegas
dende a Restauración ata a ditadura franquista. A ditadura de Primo de Rivera foi, de maneira
precisa, expansiva e determinante, a encargada de marcar a cesura entre as diferentes culturas
políticas en España: a anterior e a posterior ao golpe social e político da crise de 1917.
Esas dúas consideracións de longo percorrido cronolóxico ratifican a postura de que a
ditadura franquista estaba a crear en Galicia a súa propia elite política urbana. Os estudos
realizados ata o momento tentaron determinar a natureza e orixe política do sistema ditatorial
por medio do estudo dos homes seleccionados por aquel. Con todo, á luz de todos os datos
anteriores, ese obxectivo demóstrase inalcanzable, canto menos co estudo exclusivo da
definición ideolóxica das elites políticas. A confusión entre orixe/traxectoria/ideoloxía política
con traxectoria/traballo/desenvolvemento dun cargo público demóstrase o xermolo daquela
470
vontade explicativa. O trinomio orixe/traxectoria/ideoloxía non significa que un home
seleccionado xestor ou concelleiro pola ditadura franquista, procedendo da época da
Restauración, mantivese inalterables, incorruptos os seus principios político-culturais ata chegar
ao momento franquista. Unha consideración así implica, dende un punto de vista analítico, non
considerar a importancia da crise de 1917, do papel xogado pola ditadura de Primo de Rivera
ou da cesura conseguinte da Segunda República como momentos de cambio na cultura política
das elites. O que determina politicamente a un individuo é o outro trinomio de
traxectoria/traballo/desenvolvemento; o paso continuo ou descontinuo dun home ao longo da
súa vida adulta por varios sistemas/réximes políticos. A acción política directa por medio do
desenvolvemento de cargos de concelleiro, xestor ou Alcalde é o que se debe considerar
definitivo para o estudo da elite política construída ao longo da ditadura franquista. Por iso, o
estudo exclusivo da continuidade ou descontinuidade, ou da orixe ou procedencia ideolóxica
desa elite non pode ser lido coma factor definidor da natureza do réxime ditatorial; pois non se
estudan as políticas concretas do día a día dos municipios, senón os homes que as deseñaron,
aprobaron e executaron.
Os números obtidos da análise cuantitativa para a seguinte etapa do estudo afirman a
posición defendida nos parágrafos anteriores. Os índices de continuidade e descontinuidade
das elites mantivéronse en niveis similares aos previos. Vigo, Ferrol e Santiago foron as cidades
galegas onde as elites locais se renovaron máis claramente, por riba do 70% de renovación.
Santiago conseguiu chegar a unha renovación case completa das súas xestoras. Pola contra,
cidades coma Lugo, A Coruña e Ourense demostráronse moito máis conservadoras na
renovación da súa elite, especialmente a segunda delas. Na cidade do Lérez obsérvase neste
momento cronolóxico un importante índice de continuidade entre as súas elites nomeadas para
as xestoras municipais. A recorrencia e mantemento de nomes coma o de Calixto González
Posada, Benito Rivas Hermida ou Emilio Boullosa Asorey entre os compoñentes das xestoras
municipais pontevedresas confirma a dinámica pontevedresa. A continuidade das elites volveu
a manifestarse nesta etapa comprendida entre a aprobación da Lei de Bases de Réxime local en
xullo de 1945 e as primeiras eleccións por terzos en novembro de 1948 por medio da utilización
dos homes nomeados xa na etapa ditatorial. En páxinas anteriores describimos esta etapa coma
un momento de cambio na configuración das xestoras municipais urbanas promovido polas
autoridades provinciais coa finalidade de preparar as estruturas das xestoras na súa conversión
en corporacións municipais. Foron os elementos nomeados en épocas anteriores da ditadura e
que continuaron exercendo de maneira continuada ao longo da mesma, os seleccionados
maioritariamente para enfrontarse ás primeiras eleccións por terzos.
A nova etapa iniciada coas eleccións polo terzo de cabezas de familia en novembro de
1948 determinou, aínda máis a existencia dunha incipiente elite política adaptada á ditadura en
cada unha das cidades galegas. Salvador Castromil Fraga ou Antonio Ruiz Sánchez en Santiago;
Eduardo Vila Fano ou o Alcalde Alfonso Molina Brandao na Coruña; Eduardo Lodeiro
Martínez ou Antonio Ruiz Sánchez, en Ferrol; o Alcalde Manuel Portela Nogueira ou o
concelleiro Juan Balboa Amado na cidade de Lugo; o xestor e concelleiro José Antonio
Moretón Alonso ou o Alcalde falanxista Eduardo Valencia Fernández en Ourense; Luis Gil
Portela ou José Álvarez García na cidade de Vigo e Antonio Puig Gaite ou Diego Pazó Montes
en Pontevedra foron algúns dos nomes que consolidaron a súa presenza na política municipal
471
despois das primeiras eleccións por terzos. Con todo, as dúas primeiras convocatorias electorais
executadas pola ditadura franquista supuxeron o inicio do que se pode deducir unha dinámica
renovadora continua dentro das propias elites políticas urbanas. Sobre o total dos 150
concelleiros que exerceron un cargo político entre novembro de 1948 e novembro de 1951, un
24,67% dos elixidos participara con anterioridade na política municipal da ditadura. Se se
suman aqueles procedentes doutras etapas políticas anteriores, o total porcentual de homes con
experiencia política sitúase nun 38,67%. As elites políticas urbanas foron renovándose coas
eleccións periódicas no ámbito dos terzos de cabezas de familia e sindical; sendo especialmente
intenso o movemento no último. O terzo de entidades quedou a parte polo papel que xogou a
autoridade provincial do Gobernador Civil no seu nomeamento. Curiosamente, a ditadura
franquista acabou neste punto parecéndose máis á Ditabranda de Berenguer que á ditadura de
Primo de Rivera atendendo á renovación e á continuidade dos compoñentes das corporacións
municipais nas cidades galegas.
Un elemento de análise da configuración das elites políticas é o producido na cidade de
Lugo antes da celebración das eleccións de novembro de 1948. A proposta de nomes para
completar vacantes no pleno municipal é un exemplo do porqué uns foron seleccionados e
outros non se tiveron en conta. Os gobernadores civís demostraron unha indefinición no
momento de clarexar aos homes adecuados que deberían concorrer ao proceso electoral. No
momento no que o xogo político se abría de maneira controlada aos cidadáns para que
escollesen aos concelleiros polo terzo de cabezas de familia, os gobernadores civís
preocupáronse de que fosen seleccionados os candidatos afectos ao réxime ditatorial. Por iso,
os cambios introducidos antes das eleccións son un intento de afirmación e consolidación da
política municipal cara os postulados da ditadura. As mesturas locais indican este movemento.
A terna presentada en Ourense en xaneiro de 1948 demostra que o Gobernador Civil
inclinouse pola experiencia previa no mundo municipal ao nomear a Eduardo Valencia como
Alcalde fronte a existencia doutros falanxistas co mesmo ou maior grao de implicación temporal
co Movemento. Na cidade de Vigo, o importante foi tamén a pertenza ao Movemento, mais
sen esquecer que o mar e o seu ámbito de actuación foron os que dominaron a política local.
A evolución das elites consolidouse coas eleccións de novembro e decembro de 1948.
As renovacións de cargos municipais dependeron da continuidade de homes que
desempeñaran o seu cargo con anterioridade á cita electoral por terzos. O mantemento dos
nomes e do estilo político clarificouse no comedido das manifestacións dos novos alcaldes a
partires de 1946-1948: a calidade de falanxista seguía a estar moi presente; mais a maneira de
manifestar esa condición mudou a un estilo máis lixeiro. Antigos membros de partidos de
dereita continuaron a manter o seu cargo, en proporcións considerables nas cidades de Santiago
e A Coruña, por exemplo. Noutras, como foi o caso de Ferrol, homes con pouca experiencia e
compromiso anterior —tal foi o caso do Alcalde Díaz del Río—, foron nomeados para acabar co
modelo de antecesores que deixaran unha fonda pegada no panorama municipal —no caso
concreto ferrolán, o Alcalde Ballester Peris—, tendo exercido unha dirección de marcado
carácter personalista. As eleccións de 1948 prepararon o camiño para a estabilización das elites
políticas municipais urbanas galegas. Unha mestura de experiencia e novidade, que algúns
gobernadores civís galegos aproveitaron para conformar as candidaturas electorais e o devir
futuro das corporacións urbanas galegas, especialmente no relacionado co terzo de entidades.
472
O que se viviu nas cidades galegas dende o preciso instante no que se produciu o golpe
de Estado de xullo de 1936 foi un proceso de construción das elites políticas urbanas e de toda
a trama institucional que esas empregarían no seu día a día. As autoridades militares provinciais
sublevadas que tomaron o poder unha vez producido o golpe de Estado, atopáronse coa
necesidade de nomear homes que se encargasen do fundamental: controlar e xestionar os
concellos. Tendo sempre coma referencia o marco da contenda bélica que se estaba a iniciar,
aos nomeados supúñaselles a obriga de manter en funcionamento as institucións máis próximas
aos cidadáns sobre os que planaba un futuro de enfrontamentos e represión. Para as autoridades
provinciais as institucións deberon funcionar con normalidade, de xeito o cidadán se convertese
nunha peza máis da engrenaxe dos sublevados, aportando todo o que puidesen para a
construción do nuevo Estado ditatorial.
Neste estudo pretendemos afastarnos do debate sobre a natureza política da ditadura
franquista. A tradición historiográfica precedente, cando se trata de explicar as elites políticas e
a súa vinculación co modelo político da ditadura franquista basea o seu discurso nunha situación
dicotómica que consiste en afirmar que as elites son fascistas porque se meteron de cheo nesa
cultura política novidosa; ou, que as elites son tradicionais, son as de sempre, porque
conservaron as tradicións propias da súa cultura política. A cuestión central do estudo das elites
está en establecer o aspecto esencial para entender, non a natureza, senón a base sobre a que
se asentou a ditadura franquista: a continuidade de elites políticas urbanas con outras etapas non
se da no grao indicado por outras investigacións cando se emprega unha perspectiva de longa
duración. Na nosa opinión, resulta estéril intentar unha definición dun réxime político
analizando, exclusivamente, a orixe política daqueles que xogaron un papel activo dentro del
como fan a maioría das investigacións precedentes. Cómpre tamén prudencia no momento de
achegarse ás categorías políticas coas que a ditadura definiu aos homes dos que botou man ao
longo de todo o tempo estudado. O xenérico de determinadas etiquetas ideolóxicas e os
posibles intereses persoais creados arredor dos informes —que non sempre é posible desvelar—
, obrigan á prudencia interpretativa.
O feito de vincular as elites co fenómeno da natureza política da ditadura deriva da
necesidade de explicar o porqué do transvase de homes que, dende diferentes posicións
políticas, acabaron por entrar no programa da ditadura. Este factor, que efectivamente é esencial
e interesante de coñecer, escapa do ámbito da investigación rigorosa pois, na maior parte dos
casos non se coñecen as experiencias relatadas directamente polos individuos. Con todo,
realizado o repaso pola historia da construción da ditadura franquista en Galicia, a entrada
destes elementos debe entenderse, como un primeiro paso de comprensión, nos cambios
producidos na cultura política da dereita europea a partires de 1917 e no éxito da Revolución
bolxevique. Esta conexión entre os dous aspectos —a orixe das elites e a natureza da ditadura—
, prodúcese porque a historiografía atopou nela a maneira de dar cunha explicación a esas elites;
unha resposta, precisamente, á súa orixe. Todo se explicaría por procesos de mantemento de
tradicións políticas de décadas anteriores; ou pola adaptación a novos modelos —tal tería sido o
suposto do achegamento ao fascismo—, aceptándolle unha maneira propia da cultura política
conservadora española. De esta premisa de análise do cambio establecida pola historiografía
parte a conclusión última desta investigación: previamente ao debate sobre a natureza política
da ditadura franquista debe realizarse unha análise e debate sobre a continuidade e
473
descontinuidade das elites políticas que sustentaron a aquel réxime político. O estudo
fundamentado exclusivamente en traxectorias políticas é o que leva a considerar que a
recuperación maioritaria de elementos políticos con experiencia previa noutras etapas é unha
volta ao caciquismo. A clave para un novo entendemento do plano local e das bases políticas
da ditadura franquista non está na aplicación de etiquetas dende o coñecemento exclusivo do
modelo político iniciado en xullo de 1936. O eixo sobre o que deberán xirar futuras
interpretacións sobre a construción da ditadura franquista será o do coñecemento detallado, de
longa duración, acudindo ao lugar onde se produciron os cambios substanciais, das elites que
protagonizaron e actuaron no escenario do poder local. Un coñecemento que deberá ampliarse
ao estudo da actuación concreta do exercicio do poder municipal, das Deputacións e dos
Gobernos Civís para obter unha imaxe completa dos persoeiros e institucións da ditadura
franquista.
474
475
Anexos de cadros
476
Cadro 1: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura de
Primo de Rivera nas cidades galegas (outubro de 1923-decembro de 1925)1080
PERÍODO DITADURA DE PRIMO DE RIVERA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 37 74 179
Santiago 26 52 145
Ferrol 29 58 90
Lugo 26 52 117
Ourense 24 48 84
Pontevedra 26 52 129
Vigo 34 68 196
TOTAL 202 404 940
ETAPA OUTUBRO DE 1923 - DECEMBRO DE 1925
Nº real de
concelleiros da
etapa
Nº concelleiros
cesan sen
continuidade
% concelleiros
cesan
Nº concelleiros
continúan na etapa
%
continuidade
ACO 103 62 60,19% 41 22.91%
STG 77 46 59,74% 31 40,26%
FER 51 21 41,18% 30 33,33%
LUG 65 39 60% 26 40%
OUR 51 28 54,90% 23 45,10%
PON 79 49 62,03% 30 37,97%
VIG 85 37 43,53% 48 56,47%
TOTAIS 511 282 55,19% 229 44,81%
1080
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
477
Cadro 2: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura de
Primo de Rivera nas cidades galegas (decembro de 1925-febreiro de 1930)1081
PERÍODO DITADURA DE PRIMO DE RIVERA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 37 74 179
Santiago 26 52 145
Ferrol 29 58 90
Lugo 26 52 117
Ourense 24 48 84
Pontevedra 26 52 129
Vigo 34 68 196
TOTAL 202 404 940
ETAPA DECEMBRO DE 1925 - FEBREIRO DE 1930
Nº real de
concelleiros da
etapa
Nº concelleiros
nomeados na etapa
%
renovación
Nº concelleiros
continúan da etapa
anterior
%
continuidade
ACO 76 37 48,68% 39 51,32%
STG 68 32 47,06% 36 52,94%
FER 39 7 17,95% 32 82,05%
LUG 52 25 48,08% 27 51,92%
OUR 33 8 24,24% 25 75,76%
PON 50 20 40% 30 60%
VIG 111 63 56,76% 48 43,24%
TOTAIS 439 192 44,76% 237 55,24%
1081
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
478
Cadro 3: Concelleiros da ditadura de Primo de Rivera procedentes de períodos
políticos anteriores (outubro de 1923–febreiro de 1930)1082
Nº
concelleiros
corporación
Nº postos
teóricos
segundo as
eleccións do
período
Nº real de
concelleiros
do período
Nº de concelleiros
corporacións
Restauración
% de concelleiros
corporacións Restauración
A Coruña 37 74 140 5 2,79%
Santiago 26 52 145 10 6,90%
Ferrol 29 58 87 6 6,67%
Lugo 26 52 117 12 10,26%
Ourense 24 48 84 10 11,90%
Pontevedra 26 52 139 4 3,10%
Vigo 34 68 196 12 6,12%
TOTAL 202 404 908 59 6,50%
1082
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
479
Cadro 4: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda
República (abril de 1931-outubro de 1934)1083
PERÍODO SEGUNDA REPÚBLICA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 39 78 95
Santiago 30 60 87
Ferrol 27 54 98
Lugo 27 54 101
Ourense 23 46 91
Pontevedra 27 54 108
Vigo 37 74 140
TOTAL 210 420 720
ETAPA DE ABRIL 1931-OUTUBRO 1934
Nº real
concelleiros
da etapa
Nº de concelleiros
cesan na etapa sen
continuidade
% concelleiros
cesan
Nº concelleiros
continúan na etapa
%
continuidade
ACO 38 6 15,79% 32 84,21%
STG 32 19 59,37% 13 40,63%
FER 33 11 33,33% 22 66,67%
LUG 27 22 81,48% 5 18,52%
OUR 25 23 92,00% 2 8,00%
PON 26 21 80,77% 5 19,23%
VIG 45 33 73,33% 12 26,67%
TOTAIS 226 135 59,73% 91 40,27%
1083
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
480
Cadro 5: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda
República (outubro de 1934-febreiro de 1936)1084
PERÍODO SEGUNDA REPÚBLICA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 39 78 95
Santiago 30 60 87
Ferrol 27 54 98
Lugo 27 54 101
Ourense 23 46 91
Pontevedra 27 54 108
Vigo 37 74 140
TOTAL 210 420 720
ETAPA DE OUTUBRO DE 1934-FEBREIRO DE 1936
Nº real
concelleiros da
etapa
Nº concelleiros
nomeados na etapa
%
renovación
Nº concelleiros
continúan da etapa
anterior
%
continuidade
ACO 37 16 43,24% 21 56,76%
STG 26 13 50,00% 13 50%
FER 33 11 33,33% 22 66,67%
LUG 44 39 88,64% 5 11,36%
OUR 43 42 97,67% 1 2,33%
PON 60 53 88,33% 7 11,67%
VIG 51 43 84,31% 8 15,69%
TOTAIS 294 217 73,81% 77 26,19%
1084
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
481
Cadro 6: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da Segunda
República (febreiro de 1936-xullo de 1936)1085
PERÍODO SEGUNDA REPÚBLICA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 39 78 95
Santiago 30 60 87
Ferrol 27 54 98
Lugo 27 54 101
Ourense 23 46 91
Pontevedra 27 54 108
Vigo 37 74 140
TOTAL 210 420 720
ETATA DE FEBREIRO DE 1936 - XULLO DE 1936
Nº real
concelleiros da
etapa
Nº concelleiros
nomeados na etapa
%
renovación
Nº concelleiros
continúan etapas
anteriores
%
continuidade
ACO 20 — — 20 100%
STG 29 25 86,21% 4 13,79%
FER 32 1 3,13% 31 96,88%
LUG 30 28 93,33% 2 6,67%
OUR 23 — — 23 100%
PON 22 — — 22 100%
VIG 44 — — 44 100%
TOTAIS 200 54 27,00% 146 73,00%
1085
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
482
Cadro 7: Concelleiros da Segunda República procedentes de períodos políticos
anteriores (abril de 1931–xullo de 1936)1086
PERÍODO SEGUNDA REPÚBLICA
Nº de concelleiros
corporación
Nº de postos teóricos segundo as
eleccións do período
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 39 78 95
Santiago 30 60 87
Ferrol 27 54 98
Lugo 27 54 101
Ourense 23 46 91
Pontevedra 27 54 108
Vigo 37 74 140
TOTAL 210 420 720
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (ABRIL 1931-XULLO 1936)
Nº de
concelleiros
corporacións
Restauración
% de
concelleiros
corporacións
Restauración
Nº de
concelleiros
corporacións
Ditadura
% de
concelleiros
corporacións
Ditadura
Nº de
concelleiros
corporacións
Ditabranda
% de
concelleiros
corporacións
Ditabranda
ACO 11 11,58% 3 3,16% — —
STG 3 3,45% 4 4,60% 3 3,45%
FER 10 10,20% 2 2,04% — —
LUG — — 5 4,95% 1 0,99%
OUR 9 9,89% 1 1,10% 1 1,10%
PON 6 5,56% 2 1,85% — —
VIG 7 5% 11 7,86% 1 0,71%
TOTAIS 46 6,39% 28 3,89% 6 0,83%
1086
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
483
Cadro 8: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (xullo de 1936–outubro de 1937)1087
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1936-OUTUBRO 1937)
Nº de concelleiros corporación Nª de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 21 42 24
Santiago 19 38 32
Ferrol 19 38 27
Lugo 19 38 8
Ourense 19 38 20
Pontevedra 19 38 21
Vigo 21 42 31
TOTAIS 137 274 163
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (XULLO 1936-OUTUBRO 1937)
Nº conc.
Restauración
% conc.
Restauración
Nº conc.
Ditadura
% conc.
Ditadura
Nº conc.
Ditabranda
% conc.
Ditabranda
ACO — — 5 20,83% — —
STG 2 6,25% 14 43,75% — —
FER 1 3,70% 2 7,41% 2 7,41%
LUG — — 4 50% — —
OUR 3 15% 2 10% — —
PON 1 4,76% 3 14,29% 2 9,52%
VIG 1 3,23% 8 25,81% 3 9,68%
TOTAIS 8 4,91% 38 23,31% 7 4,29%
1087
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
484
Cadro 8: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (xullo de 1936–outubro de 1937) (continuación)1088
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1936-OUTUBRO 1937)
Nº de concelleiros corporación Nª de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 21 42 24
Santiago 19 38 32
Ferrol 19 38 27
Lugo 19 38 8
Ourense 19 38 20
Pontevedra 19 38 21
Vigo 21 42 31
TOTAIS 137 274 163
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (XULLO 1936-OUTUBRO 1937)
Nº conc. abril 1931 % conc. abril 1931 Nº conc. outubro 1934 % conc. outubro 1934
ACO — — — —
STG 2 6,25% — —
FER — — 1 3,70%
LUG — — — —
OUR 5 25% 1 5%
PON — — 2 9,52%
VIG 1 3,23% 1 3,23%
TOTAIS 8 4,91% 5 3,07%
1088
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
485
Cadro 9: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura
franquista (outubro de 1937–xullo de 1945)1089
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (OUTUBRO 1937-XULLO 1945) Nº de concelleiros corporación Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 19 76 59
Santiago 15 60 46
Ferrol 15 60 30
Lugo 13 52 47
Ourense 13 52 54
Pontevedra 15 60 56
Vigo 19 16 66
TOTAL 109 436 358
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (OUTUBRO 1937-XULLO 1945)
Nº de
concelleiros
cesan sen
continuidade
% concelleiros cesan Nº
concelleiros
continúan na
etapa
% continuidade
ACO 39 66,10% 20 33,90%
STG 32 69,57% 14 30,43%
FER 12 40% 18 60%
LUG 31 65,96% 16 34,04%
OUR 38 70,37% 16 29,63%
PON 42 75% 14 25%
VIG 46 69,70% 20 30,30%
TOTAIS 240 67,04% 118 32,96%
1089
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
486
Cadro 10: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (outubro de 1937–xullo de 1945)1090
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (OUTUBRO 1937-XULLO 1945) Nº de concelleiros corporación Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 19 76 59
Santiago 15 60 46
Ferrol 15 60 30
Lugo 13 52 47
Ourense 13 52 54
Pontevedra 15 60 56
Vigo 19 16 66
TOTAL 109 436 358
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (OUTUBRO 1937-XULLO 1945)
Nº conc.
Restauración
% conc.
Restauración
Nº conc.
Ditadura
% conc.
Ditadura
Nº conc.
Ditabranda
% conc.
Ditabranda
Nº conc.
abril
1931
% conc.
abril
1931
ACO — — 6 10,17% 1 1,69% — —
STG — — 3 6,52% — — — —
FER — — — — — — — —
LUG 1 2,13% 7 14,89% — — — —
OUR 2 3,70% 3 5,56% — — 5 9,26%
PON — — 3 5,36% — — — —
VIG — — 2 3,03% — — 1 1,52%
TOTAIS 3 0,84% 24 6,70% 1 0,28% 6 1,68%
1090
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
487
Cadro 10: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (outubro de 1937–xullo de 1945) (continuación)1091
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (OUTUBRO 1937-XULLO 1945) Nº de concelleiros corporación Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 19 76 59
Santiago 15 60 46
Ferrol 15 60 30
Lugo 13 52 47
Ourense 13 52 54
Pontevedra 15 60 56
Vigo 19 16 66
TOTAL 109 436 358
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (OUTUBRO 1937-XULLO 1945)
Nº conc. outubro 1934 % conc. outubro de
1934
Nº xest. xul.
1936-out 1937
% xest. xul. 1936-
out1937
ACO 2 3,39% 21 35,59%
STG — — 8 17,39%
FER — — 16 53,33%
LUG 2 4,26% 4 8,51%
OUR — — 4 7,41%
PON 2 3,57% 16 28,57%
VIG — — 11 16,67%
TOTAIS 6 1,68% 80 22,35%
1091
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
488
Cadro 11: Cambio e continuidade dos integrantes das corporacións da ditadura
franquista (xullo de 1945–novembro de 1948)1092
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948) Nº de concelleiros corporación Nº de postos
teóricos
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 18 36 50
Santiago 15 30 32
Ferrol 15 30 31
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 28
Pontevedra 15 30 19
Vigo 18 36 27
TOTAL 111 222 208
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948)
Nº de
concelleiros
cesan na etapa
sen continuidade
% concelleiros cesan Nº concelleiros
continúan na etapa
% continuidade
ACO 33 66% 17 34%
STG 27 84,37% 5 15,63%
FER 25 80,65% 6 19,35%
LUG 14 66,67% 7 33,33%
OUR 18 64,29% 10 35,71%
PON 15 78,95% 4 21,05%
VIG 22 81,48% 5 18,52%
TOTAIS 154 74,04% 54 25,96%
1092
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
489
Cadro 12: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (xullo de 1945–novembro de 1948)1093
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948) Nº de concelleiros corporación Nº de postos
teóricos
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 18 36 50
Santiago 15 30 32
Ferrol 15 30 31
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 28
Pontevedra 15 30 19
Vigo 18 36 27
TOTAL 111 222 208
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948)
Nº conc.
Restauración
% conc.
Restauración
Nº conc.
Didatura
% conc.
Ditadura
Nº conc.
Ditabranda
% conc.
Ditabranda
Nº
conc.
abril
1931
%
conc.
abril
1931
ACO 1 2% 1 2% — — — —
STG — — — — — — — —
FER — — 1 3,23% — — — —
LUG 2 9,52% 2 9,52% — — — —
OUR — — 1 3,57% — — — —
PON — — — — — — — —
VIG — — — — — — — —
TOTAIS 3 1,44% 5 2,40% — — — —
1093
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
490
Cadro 12: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (xullo de 1945–novembro de 1948) (continuación)1094
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948) Nº de concelleiros corporación Nº de postos
teóricos
Nº real de concelleiros do
período
A Coruña 18 36 50
Santiago 15 30 32
Ferrol 15 30 31
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 28
Pontevedra 15 30 19
Vigo 18 36 27
TOTAL 111 222 208
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (XULLO 1945-NOVEMBRO 1948)
Nº conc. outubro
1934
% conc.
outubro
1934
Nº xest. xul
1936-out
1937
% xest. xul
1936-
out1937
Nº xest. out
1937-xul
1945
% xest. out
1937-xul
1945
ACO 1 2% 1 2% 35 70%
STG — — 2 6,25% 13 40,63%
FER — — 2 6,45% 30 96,77%
LUG 2 9,52% — — 13 61,90%
OUR — — 1 3,57% 13 46,43%
PON 1 5,26% — — 12 63,16%
VIG — — — — 25 92,59%
TOTAIS 4 1,92% 6 2,88% 141 67,79%
1094
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
491
Cadro 13: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (novembro de 1948–novembro de 1951)1095
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951) Nº de
concelleiros da
corporación
Nº de
postos
teóricos
Nº real de
concelleiros
% renovación % continuidade
A Coruña 18 36 22 61,11% 38,89%
Santiago 15 30 21 70% 30%
Ferrol 18 36 22 61,11% 38,89%
Lugo 15 30 21 70% 30%
Ourense 15 30 21 70% 30%
Pontevedra 15 30 21 70% 30%
Vigo 18 36 22 61,11% 38,89%
TOTAIS 111 228 150 65,79% 34,21%
1095
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
492
Cadro 14: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (novembro de 1948–novembro de 1951)1096
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951) Nº de concelleiros da
corporación
Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 18 36 22
Santiago 15 30 21
Ferrol 18 36 22
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 21
Pontevedra 15 30 21
Vigo 18 36 22
TOTAIS 111 228 150
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951)
Nº conc.
Restauración
% conc.
Restauración
Nº conc.
Ditadura
% conc.
Ditadura
Nº conc.
Ditabranda
% conc.
Ditabranda
ACO — — 1 4,55% — —
STG — — 1 4,76% — —
FER 1 4,55% 2 9,09% — —
LUG 2 9,52% 1 4,76% — —
OUR — — — — — —
PON — — 2 9,52% — —
VIG — — 4 18,18% — —
TOTAIS 3 2% 11 7,33% — —
1096
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
493
Cadro 14: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (novembro de 1948–novembro de 1951) (continuación)1097
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951) Nº de concelleiros da
corporación
Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 18 36 22
Santiago 15 30 21
Ferrol 18 36 22
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 21
Pontevedra 15 30 21
Vigo 18 36 22
TOTAIS 111 228 150
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951)
Nº conc. abril
1931
% conc. abril
1931
Nº conc. out.
1934
% conc. out.
1934
Nº xest. xul.
1936-out
1937
% xest. xul.
1936-out
1937
ACO — — 1 4,55% — —
STG — — — — — —
FER — — — — — —
LUG — — 2 9,52% — —
OUR — — — — 1 4,76%
PON — — 4 19,05% — —
VIG — — — — — —
TOTAIS — — 7 4,67% 1 0,67%
1097
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
494
Cadro 14: Concelleiros da ditadura franquista procedentes de períodos políticos
anteriores (novembro de 1948–novembro de 1951) (continuación)1098
PERÍODO DITADURA FRANQUISTA (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951) Nº de concelleiros da
corporación
Nº de postos teóricos Nº real de concelleiros
A Coruña 18 36 22
Santiago 15 30 21
Ferrol 18 36 22
Lugo 15 30 21
Ourense 15 30 21
Pontevedra 15 30 21
Vigo 18 36 22
TOTAIS 111 228 150
PROCEDENTES DOUTRAS ETAPAS (NOVEMBRO 1948-NOVEMBRO 1951)
Nº xest. out. 1937-
xul. 1945
% xest. out. 1937-
xul. 1945
Nº xest. xul. 1945-nov.
1948
% xest. xul. 1945-nov.
1948
ACO 3 13,64% 5 22,73%
STG 1 4,76% 4 19,05%
FER 3 13,64% 2 9,09%
LUG — — 2 9,52%
OUR 2 9,52% 7 33,33%
PON 2 9,52% — —
VIG 3 13,64% 2 9,09%
TOTAIS 14 9,33% 22 14,67%
1098
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno dos concellos de A
Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
495
496
Cadro 15: Gobernadores civís das provincias galegas (xullo de 1936-novembro de
1951)
A CORUÑA
NOME DECRETO DE
NOMEAMENTO
DECRETO DE CESE
Francisco de la Rocha Riedel Citado por primeira vez no BOE,
3 de novembro de 1936, 20: 95
BOE, 7 de xuño de 1937, 230: 1785
José María Arellano Igea BOE, 7 de xuño de 1937, 230:
1785
BOE, 10 de febreiro de 1938, 477: 5708
Julio Muñoz de Aguilar BOE, 17 de febreiro de 1938,
484: 5890
BOE, 13 de novembro de 1939, 317:
6356-6357
Emilio Aspe Vaamonde BOE, 13 de novembro de 1939,
317: 6356-6357
BOE, 17 de marzo de 1945, 76: 2064
Jesús María Iraola
Palomeque
BOE, 17 de marzo de 1945, 76:
2064
BOE, 4 de decembro de 1945, 338:
3318
Antonio Martín Ballesteros
Costea
BOE, 4 de decembro de 1945,
338: 3319
BOE, 30 de marzo de 1949, 89: 1447
Rafael Hierro Martínez BOE, 30 de marzo de 1949, 89:
1147
BOE, 17 de marzo de 1951, 76: 1154
José Manuel Pardo de
Santayana Suárez
BOE, 5 de xuño de 1951, 156:
2722
BOE, 8 de novembro de 1953 312:
6623
LUGO
NOME DECRETO DE
NOMEAMENTO
DECRETO DE CESE
Ramón Bermúdez de Castro Pla Por un telegrama citado por
SOUTO CASTRO, M.J. (1999): 19
e 23
BOE, 7 de marzo de 1937, 138:
619
Leopoldo Sousa Méndez-Conde BOE, 7 de marzo de 1937, 138:
619
BOE, 10 de decembro de 1939,
344: 6930
Pedro Morales Pleguezuelo BOE, 10 de decembro de 1939,
334: 6930
BOE, 11 de maio de 1941, 131:
3324-3325
Ramón Ferreiro Rodríguez BOE, 18 de maio de 1941, 138:
3545
BOE, 16 de marzo de 1943, 75:
2402
Santiago Vallejo Heredia BOE, 11 de xuño de 1943, 162:
5640
BOE, 28 de marzo de 1947, 87:
1927
José García Hernández BOE, 28 de marzo de 1948, 87:
1927
BOE, 26 de xullo de 1948, 208:
3486
José del Valle Vázquez BOE, 26 de xullo de 1948, 208:
3486
BOE, 25 de xuño de 1957, 164:
2583
497
Cadro 15: Gobernadores civís das provincias galegas (xullo de 1936-novembro de
1951) (continuación)
OURENSE
NOME DECRETO DE
NOMEAMENTO
DECRETO DE CESE
Manuel Quiroga Macía Por un telegrama citado por
GARCÍA MAÑÁ, L.M. (1986): 110
BOE, 23 de abril de 1938, 549:
6920
Luis Viñamata Emanuele BOE, 24 de abril de 1938, 550:
6942
BOE, 8 de xaneiro de 1939, 8:
138
Enrique Rodríguez Lafuente BOE, 8 de xaneiro de 1939, 8:
138
BOE, 5 de xaneiro de 1940, 5: 76
Casiano Costas Posada BOE, 5 de xaneiro de 1940, 5: 76 BOE, 15 de novembro de 1942,
319: 9227
Antonio Martín Ballesteros
Costea
BOE, 15 de novembro de 1942,
319: 9227-9228
BOE, 4 de decembro de 1945,
338: 3318
Vicente Muñoz Calero BOE, 4 de decembro de 1945,
338: 3319
BOE, 24 de xuño de 1951, 175:
2990
Pedro Ibisate Goria BOE, 24 de xuño de 1951, 175:
3031
BOE, 2 de maio de 1953, 122:
2484
PONTEVEDRA
NOME DECRETO DE
NOMEAMENTO
DECRETO DE CESE
Ricardo Macarrón Piúdo Citado por primeira vez no BOE,
3 de novembro de 1936, 20: 95
BOE, 22 de setembro de 1937,
337: 3474
Mateo Torres Bestard BOE, 22 de setembro de 1937,
337: 3474
BOE, 1 de abril de 1939, 91:
1870-1871
Manuel Gómez Cantos BOE, 1 de abril de 1939, 91:
1870-1871
BOE, 27 de agosto de 1939, 239:
4703
Francisco García Alted BOE, 27 de agosto de 1939, 239:
4703
BOE, 10 de abril de 1940, 101:
2427-2428
Genaro Riestra Díaz BOE, 11 de abril de 1943, 101:
3193
BOE, 18 de setembro de 1944,
262: 6860
Luis Ponce de León Cabello BOE, 18 de setembro de 1944,
262: 6860
BOE, 26 de xullo de 1948, 208:
3486
José Solís Ruiz BOE, 26 de xullo de 1948, 208:
3486
BOE, 17 de xuño de 1951, 168:
2902
Elías Mario Palao Martialay BOE, 17 de xuño de 1951, 168:
2902
BOE, 11 de febreiro de 1956, 42:
975
498
Cadro 16: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade da
Coruña na ditadura franquista (1936-1951)1099
APELIDOS E NOME CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
Iglesia Pardo Antonio de la Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
Parga Rodríguez José Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
López Rúa Freire de Andrade Jacobo Concelleiro 18/09/1936 13/12/1940
Fuciños Gayoso José Alcalde 18/09/1936 18/02/1937
Raimúndez González Manuel Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
Bermúdez Lamas Juan Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
Souto Zas José Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
García Rey Manuel Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
Ozores
Arraiz
Jorge
Concelleiro 18/09/1936 09/10/1939
Alcalde 09/02/1946 03/05/1947
Pérez Ardá
López Valdivieso
José
Alcalde 09/10/1936 30/04/1940
Alcalde 29/04/1943 21/08/1944
Iglesias Roura Pablo Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Valdés Fernández José Luis Concelleiro 22/10/1936 13/12/1940
Aler Zárrago Manuel Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Ares Pollán Saturnino Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Prego Punín Gonzalo Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Sánchez Méndez Bálgoma Norberto Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Fraga Rodríguez Enrique Concelleiro 22/10/1936 09/10/1939
Roura Castellá José Concelleiro 12/11/1936 09/10/1939
Moreno Giménez Elías Concelleiro 12/11/1936 09/10/1939
Rey Romero Emilio Concelleiro 12/11/1936 09/10/1939
Ruiz Herrero Joaquín Concelleiro 12/11/1936 13/12/1940
Conde
Castilla
Jacobo
Concelleiro 12/11/1936 09/10/1939
Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Villar Cabo Juan Concelleiro 12/11/1936 09/10/1939
Martín Barbadillo Hernán Alcalde 18/02/1937 25/11/1937
Martínez Yunta Sisenando Concelleiro 25/11/1937 25/01/1938
González Regueral Álvarez Arenas Juan Alcalde 25/01/1938 09/10/1939
Casares Bescansa Julio Concelleiro 09/10/1939 21/04/1942
Salorio Suárez Fernando Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Fernández García Juan Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Garicano Udobro Pedro Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Soto Lemos Ramón de Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Casteleiro Varela José Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Delicado Marañón Diego Concelleiro 09/10/1939 04/02/1944
Saez Torres Manuel Concelleiro 09/10/1939 21/04/1942
1099
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello da Coruña.
499
Babío Calleja Jesús Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Canalejo Cañete Juan Concelleiro 09/10/1939 09/02/1946
Caruncho Astray Enrique Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Arias Villar Jacobo Concelleiro 09/10/1939 21/04/1942
Reimúndez González Manuel Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Ruenes Blanco Aurelio Concelleiro 09/10/1939 13/12/1940
Molina
Brandao
Alfonso
Concelleiro 09/10/1939 21/04/1942
Concelleiro 09/02/1946 03/05/1947
Alcalde 03/05/1947
Reboredo Blanco Andrés Concelleiro 21/11/1939 13/12/1940
Sánchez Rodríguez Luis Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Fernández Mosquera Juan Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Vázquez Vázquez Juan Jesús Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Castro Herrero Ricardo Concelleiro 13/12/1940 09/02/1946
Longoni de Castro Arturo Concelleiro 13/12/1940 09/02/1946
Casteleiro Varela Martín Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Crespo López José Alcalde 13/12/1940 29/04/1943
Arias López Eulogio Concelleiro 13/12/1940 09/02/1946
Moreno Alfeirán Lorenzo Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
García Sánchez Pedro Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Gato González Jesús Concelleiro 13/12/1940 21/04/1942
Malumbres Víctor Mateo Concelleiro 13/12/1940 29/04/1943
Folla Fernández Carlos Concelleiro 21/04/1942 30/03/1944
Gómez Pedreira Feliciano Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Caínzos Rodríguez Jesús Concelleiro 21/04/1942 09/02/1946
Martínez Rumbo Antonio Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Melado Patiño Luis Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
García Tizón Pío Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Buján de Castro Jesús Concelleiro 21/04/1942 23/04/1943
Fojón Pardiño Salvador Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Longueira Díaz José Concelleiro 21/04/1942 09/02/1946
Pico Cañete Luis Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
González Domínguez Benito Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Mitchell Sánchez Diego Enrique Concelleiro 21/04/1942 09/02/1946
Torres Carranque Roberto Concelleiro 21/04/1942 29/04/1943
Rodríguez Morales de Setién José María Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Senlle Rodríguez Ramón Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Salgado Torres Rafael Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Martínez Anido Ramiro Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Lozano García Santiago Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Míguez Tapia Enrique Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Oliete Sánchez Carlos Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Vázquez
Pena
Luis Julio
Concelleiro 24/04/1943 09/07/1946
Concelleiro 06/02/1949 30/01/1951
Sanz Andino Javier Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
500
Río
Díaz
Rafael del
Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Concelleiro 08/05/1948
Vila
Fano
Eduardo
Concelleiro 29/04/1943 09/02/1946
Concelleiro 06/02/1949
Escudero Romero Marcelino Concelleiro 30/03/1944 09/02/1946
García Grande Enrique Concelleiro 30/03/1944 09/02/1946
Banavente Martín Antonio Concelleiro 30/03/1944 09/02/1946
Rodríguez Abella Alfonso Concelleiro 09/02/1946 08/05/1948
Iglesias de Souza Luis Concelleiro 09/02/1946
Marchesi Fernández Herce Emilio Concelleiro 09/02/1946 28/05/1946
Vilariño Alonso Andrés Concelleiro 09/02/1946 08/05/1948
García Siro Jesús Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Urquijo Landaluces Pedro Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Molezún Méndez Ramón Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Sierra Forniés Antonio Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Jiménez de Llano Francisco Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Méndez Navas Enrique Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Álvarez Hernández Cristino Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Iglesia Canuelo Emilio de la Concelleiro 09/02/1946 08/05/1948
Olano Cancelo Roberto Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
López Prado Antonio Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Liaño Flores Manuel Concelleiro 09/02/1946 08/05/1948
Piñeiro Estrella Antonio Concelleiro 09/02/1946 06/02/1949
Durán Cao Antonio Concelleiro 09/02/1946 08/05/1948
Romero González Heliodoro Concelleiro 08/07/1948
Ponte Suárez José Concelleiro 08/05/1948
Vizcaíno Ruiz José Concelleiro 08/05/1948
Prado De la Parte Carlos Concelleiro 08/05/1948
Colina Gómez de Rueda Juan Antonio Concelleiro 06/02/1949
Pedreira Riós Antonio Concelleiro 06/02/1949
Patiño De la Fuente Ramón Concelleiro 06/02/1949
Sanjurjo Carricate Francisco Concelleiro 06/02/1949
Seijo Montes Antonio Concelleiro 06/02/1949
Bescansa Aler Daniel Concelleiro 06/02/1949
García Crespo Francisco Concelleiro 06/02/1949
Teodoro Ramírez Ricardo Concelleiro 06/02/1949
Sande García Ramón Concelleiro 06/02/1949
Aenlle García Ramón Concelleiro 06/02/1949
Fuentes Otero José Concelleiro 05/02/1952
Trillo Fernández José Concelleiro 05/02/1952
González Pérez Francisco Concelleiro 05/02/1952
Martínez Pardo Alfonso Concelleiro 05/02/1952
Temprano Martínez Alejandro Concelleiro 05/02/1952
Poncet González José Concelleiro 05/02/1952
501
Cadro 17: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Santiago de Compostela na ditadura franquista (1936-1951)1100
Apelidos e nome Cargo Data de posesión Data de cese
Carro García Antonio Concelleiro 27/07/1936 15/11/1938
López Sendón Manuel Concelleiro 27/07/1936 06/09/1936
Ruibal Castro Arturo Concelleiro 27/07/1936 06/09/1936
Peña De Andrés Luis Concelleiro 27/07/1936 03/08/1936
Penas Portas Andrés Concelleiro 27/07/1936 15/11/1939
Bescansa
Castilla
Ricardo
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 07/11/1936 29/11/1941
Pérez
Rodríguez
Francisco
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 30/10/1936 15/11/1938
Harguindey
Harguindey
Juan
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Ceinos
Blanco
Esteban
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
García
Diéguez
Manuel
Alcalde 27/07/1936 06/09/1936
Alcalde 07/11/1936 15/11/1938
Riva
Barba
Jorge de la
Concelleiro 27/07/1936 15/11/1938
Concelleiro 29/11/1941 18/12/1943
Alcalde 18/12/1943 03/06/1946
Zelada
Varela Fermín
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 07/11/1936 29/11/1941
Sánchez
Guisande
Domingo
Concelleiro 27/07/1936 15/11/1938
Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Rodríguez
Lema
Juan
Concelleiro 27/07/1936 07/11/1936
Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Pérez
Esteso
Miguel
Concelleiro 27/07/1936 30/10/1936
Concelleiro 07/11/1936 15/09/1937
Mosquera
Cimadevila
Santiago
Concelleiro 27/07/1936 06/09/1936
Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
López Míguez Manuel Concelleiro 06/09/1936 30/10/1936
García López José Concelleiro 06/09/1936 10/10/1936
Vázquez Louro Manuel Concelleiro 06/09/1936 30/10/1936
Carballal Calvo Mateo Concelleiro 06/09/1936 30/10/1936
Nieto Valiñas José Concelleiro 06/09/1936 07/11/1936
Sánchez Vázquez Antonio Concelleiro 06/09/1936 30/10/1936
1100
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de Santiago.
502
Escudero Monteagudo José Concelleiro 06/09/1936 07/11/1936
Puente Castro José Concelleiro 10/10/1936 30/10/1936
Gesto Trillo Ricardo Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Ron Mato Francisco Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Fernández Fernández Andrés Concelleiro 30/10/1936 29/11/1941
Touve Aguado Luis Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Liste Mourenza Manuel Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Ara Pardo Ramón Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Torres Carranque Ramón Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Crespo Aldrey José Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Piñeiro Rodríguez Ramón Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Villar Somoza Luis Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Poch Moreno Joaquín Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Varela De Limia Juan Concelleiro 30/10/1936 07/11/1936
Fernández Rofast José Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
Villar Grangel Ventura Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
Cabeza Anido Miguel Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
Lago Aller Manuel Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
García Méndez Elías Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
Harguindey Pérez Juan Concelleiro 07/11/1936 15/09/1939
Martínez Baladrón Manuel Emilio Concelleiro 07/11/1936 15/11/1938
Sánchez Martín Enrique Concelleiro 15/11/1938 03/06/1946
Peña Mantecón Luis Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Gil Armada Juan Alcalde 15/11/1938 29/11/1941
Pérez Argilés Valentín Concelleiro 15/11/1938 15/12/1939
Pintos Castro Roberto Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Rodríguez Peña José Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Rey Gallardo Ángel Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Varela de Limia Cándido Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Mosquera Cimadevila José Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Pinto Sánchez Higinio Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Sigles Fernández Laureano Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Villaronga Trigo Laureano Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
González Álvarez Víctor Concelleiro 15/11/1938 29/11/1941
Vidal Lombán José Concelleiro 29/11/1941 18/12/1943
Porto Anido Ángel Concelleiro 29/11/1941 03/06/1946
García Arias Luis Concelleiro 29/11/1941 27/02/1943
Ferreiro de la Maza Ramón Concelleiro 29/11/1941 03/06/1946
Castro García Ignacio Concelleiro 29/11/1941 03/06/1946
Montero Quiroga Ramón Concelleiro 29/11/1941 17/12/1945
Sánchez Calvo Ramiro Concelleiro 29/11/1941 17/07/1942
Sobrino Buhígas Ramón Concelleiro 29/11/1941 03/06/1946
García González José Ramón Concelleiro 29/11/1941 18/12/1943
Quintela Almeida Jesús Concelleiro 29/11/1941 03/06/1946
Prieto Rodríguez Manuel Concelleiro 29/11/1941 18/12/1943
503
Reguera Rodríguez Julio Concelleiro 29/11/1941 18/12/1943
Moure Aguado Luis Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Vidal Ríoa Aurelio Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Fraga Rodríguez Salvador Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Harguindey Salmonte Juan José Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Labarta Rodríguez Maribona Jesús Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Daviña Rey Luis Concelleiro 18/12/1943 03/06/1946
Lago Aller Ramón Concelleiro 30/11/1945 03/06/1946
Sarmiento Garra Joaquín Alcalde 03/06/1946 16/07/1949
Daporta González Juan Miguel Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Teijeira Brunet Javier Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Serrano Rodríguez Manuel Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Asorey Andaluz Antonio Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Pola Baquerizo Miguel Ramón Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Romaní Romaní Emiliano Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Gómez Herranz Luis Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Fidalgo Méndez Urbano Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Domínguez Nieto Manuel Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Aldrey Pereira Norberto Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Devesa Zuria Enrique Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Castromil
Fraga
Salvador
Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Santaló
Rodríguez
Álvaro
Concelleiro 03/06/1946 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Domínguez de la Torre Matías Concelleiro 06/02/1949 03/02/1951
Labarta Rodríguez Mirabona José María Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Domínguez Liñares Manuel Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Pita de Ponte Salvador Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Maseguer Fernández José Ramón Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Riveiro Otero Modesto Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Rilo Recarey José Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Antolín Saco Manuel Concelleiro 06/02/1949
Lúa Pardo Ramón Concelleiro 06/02/1949
Marzoa Maceira José Concelleiro 06/02/1949
Otero
Aenlle
Enrique
Concelleiro 16/07/1949 05/02/1952
Alcalde 05/02/1952
Rey Ruiz Vicente Concelleiro 03/02/1952
Ceinos Gil Inocencio Concelleiro 03/02/1952
Parga Pondal Salvador Concelleiro 03/02/1952
Raposo Montero Manuel Concelleiro 03/02/1952
López Amos Ángel Concelleiro 03/02/1952
Mateo Crespo Tomás Concelleiro 03/02/1952
López De Rego Stoll Jesús Concelleiro 03/02/1952
504
Cadro 18: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Ferrol na ditadura franquista (1936-1951)1101
NOME E APELIDOS CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
Balás Loureiro José Concelleiro 06/08/1936 05/07/1937
Vázquez Permuy Antonio Alcalde 06/08/1936 11/01/1939
Casares Bescansa Javier Concelleiro 06/08/1936 11/01/1939
Sánchez Barcáistegui
Aguaroni
Victoriano Concelleiro 06/08/1936 22/12/1936
Rey Sánchez José Concelleiro 06/08/1936 04/09/1936
Castro Carnero Pedro Concelleiro 06/08/1936 04/09/1936
Rodríguez Rico Francisco Concelleiro 06/08/1936 11/01/1939
Pastor León Óscar Concelleiro 06/08/1936 11/01/1939
Díaz Díaz José Concelleiro 06/08/1936 27/05/1937
Castiñeira
Gómez
Manuel
Concelleiro 06/08/1936 18/11/1936
Concelleiro 03/02/1952
García Montero Juan Concelleiro 04/09/1936 18/11/1936
Niebla Lago Juan
Antonio
Concelleiro 04/09/1936 18/11/1936
López Villar Higinio Concelleiro 04/09/1936 29/05/1937
López Travieso José Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Buceta Antúnez José Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Rodríguez de la Presa Rogelio Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Gómez Prieto José Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Barquiña Sanjurjo Herminio Concelleiro 18/11/1936 29/05/1937
Ferrer Cardona José Concelleiro 18/11/1936 30/11/1936
Argüello Tejedor Francisco Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Díaz Varela Luis Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Martínez Díaz Evaristo Concelleiro 18/11/1936 11/01/1939
Leiceaga López Ignacio Concelleiro 18/11/1936 30/11/1936
Pastor Giraldo Emiliano Concelleiro 18/11/1936 17/01/1938
Pérez Barreiro Fernando Concelleiro 30/11/1936 11/01/1939
Rodríguez Trigo Manuel Concelleiro 30/11/1936 11/01/1939
Pardo de Ontín Julio Concelleiro 22/12/1936 23/05/1938
López Torres de la
Ballina
Higinio Concelleiro 29/05/1937 27/09/1947
Martínez García Gregorio Concelleiro 29/05/1937 11/01/1939
Pérez García Federico Concelleiro 29/05/1937 11/01/1939
Ruiz
Sánchez
Antonio
Concelleiro 05/07/1937 11/01/1939
Concelleiro 27/09/1947 03/02/1952
Román Tenreiro José Concelleiro 07/04/1938 11/01/1939
Ontañón Gómez Emilio Concelleiro 07/04/1938 11/01/1939
1101
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de Ferrol.
505
Romalde Grela Antonio Concelleiro 11/01/1939 03/02/1952
Ballester
Peris
Eduardo
Alcalde 11/01/1939 11/06/1947
Concelleiro 06/02/1949
Pery Rebollo Joaquín
María
Concelleiro 11/01/1939 27/09/1947
Cerrada González de
Serralde
Juan
Antonio
Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Rico Fraga Manuel Concelleiro 11/01/1939 27/09/1947
Roán Tenreiro José Concelleiro 11/01/1939 27/09/1947
Comesaña Barreiro Javier Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Bidegain Lázaro Emilio Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Zamora García Ricardo Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Rodríguez Miranda Nicandro Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Picó Cañeque Fernando Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Rodríguez Vázquez Alejandro Concelleiro 11/01/1939 06/02/1949
Brage González Ricardo Concelleiro 11/01/1939 15/11/1943
Murúa Quiroga Julio Concelleiro 19/06/1939 27/09/1947
Montenegro Cabezas Francisco Concelleiro 19/06/1939 27/09/1947
Zarandona Antón Antonio Concelleiro 19/06/1939 15/11/1943
Saavedra Pita Justo Concelleiro 31/05/1940 27/09/1947
Rodríguez Alonso Félix Concelleiro 31/05/1940 15/11/1943
Melle García Jesús Concelleiro 31/05/1940 15/11/1943
Lorenzo Bouza Miguel Concelleiro 31/05/1940 27/09/1947
Jordán González Emiliano Concelleiro 31/05/1940 27/09/1947
Rodríguez Díaz Rosendo
Santiago
Concelleiro 31/05/1940 27/09/1947
López Rey José Concelleiro 15/11/1943 27/09/1947
Torrente Bermejo Mariano
Manuel
Concelleiro 15/11/1943 06/02/1949
Romero Álvarez Fernando Concelleiro 15/11/1943 27/09/1947
Torres Casanova Ramón Concelleiro 15/11/1943 06/02/1949
Vea García Arturo Concelleiro 15/11/1943 27/09/1947
Lodeiro
Martínez
Eduardo
Concelleiro 06/04/1945 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Díaz del Río Arias
Salgado
Arsenio Alcalde 27/09/1947 22/06/1950
Díaz Basoa Teodoro Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Sánchez Bernárdez Domingo Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
López Ramírez Ángel Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Rosado Montes Santiago Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Casares Fontenla Demetrio Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Fraga
Silva
Cándido
Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Moreno Peinado Luis Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Pujalte Martínez Antonio Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
506
Díaz Lorenzo José Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Goti Barcia José Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Liste Maquieira José Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Borrajo
Aneiro
Agustín
Concelleiro 27/09/1947 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Dans Castro Enrique Concelleiro 06/02/1949 27/09/1951
Vázquez Iglesias José Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Pazos Aneiros Manuel Concelleiro 06/02/1949
Gamundi Serrano Alfredo Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Mera Pena José Concelleiro 06/02/1949
Lorenzo Valero Alfonso Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Meirás Piñeiro Alfonso Concelleiro 06/02/1949 28/06/1950
Alcántara
Rocafort
José Manuel
Concelleiro 06/02/1949 22/06/1950
Alcalde 22/06/1950
Evia López Santiago Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Hidalgo de Cisneros Carlos
Senén
Concelleiro 06/02/1949
Castro Fernández Juan Concelleiro 06/02/1949
Caballo Lonzano Arturo Concelleiro 06/02/1949 28/06/1950
Nores Castro Ricardo Concelleiro 03/02/1952
Manso Pedrosa Javier Concelleiro 03/02/1952
Eiroa Iglesias José Concelleiro 03/02/1952
Bouza Montero Manuel Concelleiro 03/02/1952
Seijas Brea Manuel Concelleiro 03/02/1952
Quinteiro López Ramón Concelleiro 03/02/1952
Rivero de Aguilar Joaquín Concelleiro 03/02/1952
García Álvarez Joaquín Concelleiro 03/02/1952
Montero Romero José María Concelleiro 03/02/1952
507
Cadro 19: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Lugo na ditadura franquista (1936-1951)1102
APELIDOS E NOME CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
Yáñez Alonso Juan Alcalde 24/07/1936 06/12/1937
Pérez Guerra Julio Concelleiro 24/07/1936 06/12/1937
Varela Alonso Nicolás Concelleiro 26/07/1936 06/12/1937
Ferreiro Rivera Antonio Concelleiro 26/07/1936 07/02/1938
Sáez Sáenz-Díez Darío Concelleiro 12/09/1936 07/02/1938
González Carballo Salvador Concelleiro 12/09/1936 06/12/1937
Cazón García Ernesto Concelleiro 12/09/1936 07/02/1938
Rúa Méndez Eloy Concelleiro 12/09/1936 07/02/1938
Peña García Rodrigo de la Alcalde 06/12/1937 07/02/1938
Cedrón del Valle Luis Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Díez del Corral Pablo Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Sindín Roel Ramón Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Regueiro Guntín Jesús Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Mazoy Rodríguez Manuel Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Bal Gay Luis Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Castro
Dans
Vicente
Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Concelleiro 14/06/1941 01/12/1947
Casanova Arcadio Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Pallín
García
Eulogio
Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Concelleiro 14/06/1941 06/02/1949
Fernández López Casimiro Concelleiro 06/12/1937 07/02/1938
Macía Valado Antonio Alcalde 07/02/1938 17/05/1941
Santamarina Galicia Vicente Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
López Acuña Antonio Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Neira Pedrosa Ramón Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Quintana
Peláez
Germán
Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Concelleiro 22/02/1944 06/02/1949
Alonso Carrillo Domingo Concelleiro 07/02/1938 29/05/1941
Franco Rivas Manuel Concelleiro 07/02/1938 10/01/1947
Sindín Roel Ricardo Concelleiro 07/02/1938 04/02/1941
Yáñez García Aquilino Concelleiro 07/02/1938 22/02/1944
Mosteiro Porto José Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Souto Vila Antonio Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Valcárcel López Isidoro Concelleiro 07/02/1938 10/01/1947
Pereira Arrabal José María Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Rivas Gandoy Benjamín Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
1102
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de Lugo,
bibliografía e fontes documentais.
508
Madarro López Pedro Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Abuín Iglesias Domingo Concelleiro 07/02/1938 14/06/1941
Revilla
Castro
Liborio
Concelleiro 07/02/1938 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Portela
Nogueira
Manuel
Concelleiro 07/02/1938 15/10/1940
Concelleiro 14/06/1941 06/02/1949
Alcalde 06/02/1949 25/11/1949
Concelleiro 06/02/1952
Montenegro Neira Ramón Concelleiro 14/06/1941 01/01/1947
Villarino Trashorras Avelino Concelleiro 14/06/1941 01/01/1947
Esteban González Francisco Concelleiro 14/06/1941 01/01/1947
Latorre Ventura Félix Concelleiro 14/06/1941 01/01/1947
Escudero Lobo Fidel Concelleiro 14/06/1941 01/01/1947
Blanco Miranda Juan Concelleiro 14/06/1941 09/10/1943
Rodríguez López Antonio Concelleiro 14/07/1941 06/02/1949
Saa
Quintela
Pedro
Concelleiro 14/06/1941 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Herrero Prieto Antonio Concelleiro 05/01/1944 06/01/1947
Roca Calvo Francisco Concelleiro 05/01/1944 06/02/1948
Rueda Fernández Ramiro Concelleiro 06/10/1947 06/02/1949
Pedrosa Latas Jesús Concelleiro 06/10/1947
Carro
Crespo
Ángel
Concelleiro 01/12/1947 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Balboa
Amado
Juan
Concelleiro 01/12/1947 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Pedreira
Castro
Manuel
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Varela Vázquez Victorino Concelleiro 06/02/1949
Ruiz
Calvo
Ricardo
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Fernández
López
Jesús
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Abel Corredoira Nazario Concelleiro 06/02/1949
Varela López Constantino Concelleiro 06/02/1949
Cabado Ferreiro Jesús Concelleiro 06/02/1949
Gago Alonso Luis Concelleiro 06/02/1949
Borrego Vázquez Florencio Concelleiro 06/02/1949
Vila Barreiro Néstor Concelleiro 06/02/1949
Pardo Pardo Reguera Eugenio Alcalde 17/07/1950 02/02/1952
Ameijide Aguiar Luis Alcalde 02/02/1952
García Bobadillo Francisco Concelleiro 05/02/1952
Vizoso Garrido Álvaro Concelleiro 05/02/1952
Vila López Alfredo Concelleiro 05/02/1952
509
Cadro 20: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Ourense na ditadura franquista (1936-1951)1103
APELIDOS E NOME CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
Mira Cecilia Marcelino Alcalde 24/07/1936 06/10/1936
Mangana Pato Felisindo Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
González Paz José Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
García García Abelardo Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Araújo López Manuel Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Feijoo Rivera Valeriano Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Méndez Aguirre Justo Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Pascual Santana Camilo Leonardo Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Lorenzo Vidal Eugenio Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Cuevas Vázquez José María de las Concelleiro 24/07/1936 17/04/1939
Eire Santalla Antonio Concelleiro 28/07/1936 17/04/1939
Cortés Fernández Álvaro Concelleiro 27/08/1936 17/04/1939
Saavedra Caballé Eduardo Concelleiro 27/08/1936 26/01/1938
Estévez
Yáñez
Arturo
Concelleiro 21/10/1936 17/04/1939
Alcalde 26/01/1937 01/01/1938
Vázquez López Isidoro Concelleiro 27/08/1936 17/04/1939
González
Anta
Enrique
Alcalde 06/10/1936 01/01/1937
Alcalde 17/04/1939 18/12/1939
Concelleiro 18/12/1939 15/03/1941
Arcay Catilina Alejandro Concelleiro 06/10/1936 17/04/1939
Valencia
Fernández
Eduardo
Concelleiro 06/10/1936 18/12/1939
Alcalde 18/12/1939 11/10/1941
Alcalde 09/01/1948 05/02/1952
Alcalde 05/02/1952
Vázquez Yebra Delmiro Concelleiro 21/10/1936 17/04/1939
García Hermida Horacio Concelleiro 21/10/1936 17/04/1939
Núñez
Manuel Paco
Alcalde 11/01/1937 26/01/1937
Alcalde 01/01/1938 17/04/1939
Guitián Jarnés Javier Concelleiro 26/02/1938 17/04/1939
Sanz Díaz Antonio Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Rodríguez Fernández Joaquín Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Grandal Vila Enrique Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Andura Suárez José Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
García del Villar Julio Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Delgado Martín Alejandro Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Caamaño Pardo Carlos Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Garza Rodríguez José Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
1103
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de Ourense.
510
Cendón Rey Celso Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Martínez Fernández José Concelleiro 17/04/1939 11/05/1942
Morais Martínez Carlos Concelleiro 17/04/1939 16/12/1943
Rodríguez Valeiras Bernardo Concelleiro 17/04/1939 15/03/1941
Iglesias Novoa Juan Concelleiro 15/03/1941 11/05/1942
García
Cerviño
Rafael
Concelleiro 15/03/1941 11/05/1942
Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Reche Rodríguez Agustín Concelleiro 15/03/1941 09/01/1948
Reinlein
Antonio Alex
Concelleiro 15/03/1941 11/05/1942
Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Bouzo Fernández Constantino Concelleiro 15/03/1941 16/12/1943
Pérez Coleman Luis Concelleiro 15/03/1941 16/12/1943
Muñiz
Guerra
José Ramón
Concelleiro 15/03/1941 11/05/1942
Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
González Fernández Gumersindo Concelleiro 15/03/1941 16/12/1943
López Estévez Antonio Concelleiro 15/03/1941 16/12/1943
Nogueira de Castro Ramón Concelleiro 15/03/1941 11/05/1942
Olano Fernández Eduardo Alcalde 11/10/1941 16/09/1944
Peña Gavilán José de la Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Fernández
Jaime Concelleiro 16/12/1943 29/05/1945
Pérez Serantes Arturo Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Serantes
Morais
Alfredo
Concelleiro 16/12/1943 16/09/1944
Alcalde 16/09/1944 09/01/1948
Conde Moure José Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Moretón
Alonso
José Antonio
Concelleiro 16/12/1943 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
González Rodríguez Manuel Concelleiro 16/12/1943 29/05/1945
Rodríguez
García
José
Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Concelleiro 06/02/1949
Álvarez
Nicanor Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Vázquez Gil José Benito Concelleiro 16/12/1943 09/01/1948
Reus Cid Vicente Concelleiro 29/05/1945 06/02/1949
Perille Garra José Concelleiro 29/05/1945 09/01/1948
Cejo Gómez Arturo Concelleiro 29/05/1945 09/01/1948
García Pérez Julio Concelleiro 29/05/1945 09/01/1948
Rodríguez
Cantero
Eduardo
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Quiroga
Fragoso
José
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Ferreiro
Míguez
Gumersindo
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Alonso
Álvarez
Benito
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
511
Arce
González
Eleuterio
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Cañizal
Arnés
Eustaquio
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Cid
Millara
Tomás
Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Felpeto Monteiro Victoriano Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Martinón León Federico Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Moretón Fernández Arístides Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Romagosa Vila José Antonio Concelleiro 09/01/1948 06/02/1949
Santos Ascarza Luis Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Valiñas
González
Augusto
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Meleiro Fernández Fernando Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Areal
Herrera
Leoncio
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
López López Eugenio Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Garrido
Vázquez
Ildefonso
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Martínez Soto Eloy Concelleiro 05/02/1952
Encinas Diéguez Eduardo Concelleiro 05/02/1952
Rodríguez González Montero Antonio Concelleiro 05/02/1952
García Manzano Manuel Concelleiro 05/02/1952
Prieto Salgado Constantino Concelleiro 05/02/1952
Parente del Riego José Luis Concelleiro
11/05/1942
512
Cadro 21: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Pontevedra na ditadura franquista (1936-1951)1104
APELIDOS E NOME CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
García Señoráns José Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Becerril González Eladio Alcalde 31/10/1936 02/06/1937
Casalderrey Esperón Rogelio Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Cachafeiro Cabano Amador Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Polo Vicente Alberto Concelleiro 31/10/1936 05/09/1938
Puig Llamas Javier Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Domestre Castro Manuel Concelleiro 31/10/1936 05/09/1938
Losada
Claudio Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Fontoira Peón Celestino Concelleiro 31/10/1936 29/08/1942
Esteban Hermida Luis Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Saenz Díez Vázquez Rafael Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Acuña Núñez José Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Lino Sáncjez José Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Peláez
Merino
Casiano
Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Concelleiro 03/02/1952
Martínez Piñó Severino Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Muíños García Valentín Concelleiro 31/10/1939 14/06/1939
Gay Fernández José Concelleiro 31/10/1936 14/06/1939
Santos Villaverde Ruperto Concelleiro 31/10/1936 21/11/1941
Torres Senra Rogelio Concelleiro 31/10/1936 29/08/1942
Varela Feijoo Rafael Concelleiro 31/10/1936 16/03/1938
Baltar Santaló Ernesto Concelleiro 02/06/1937 14/06/1939
Pardo Cioraga Ramiro Concelleiro 16/03/1938 29/08/1942
Martín Mariño
Concelleiro 16/03/1938 14/06/1939
González García Luis Concelleiro 16/03/1938 29/08/1942
Hereder
Solla
Antonio
Concelleiro 26/03/1939 28/07/1942
Concelleiro 06/02/1949
Suárez Arango Vicente Concelleiro 05/09/1938 14/06/1939
Vázquez Gutiérrez Marcelino Concelleiro 05/09/1938 14/06/1939
Artime Prieto Eloy Concelleiro 14/06/1939 29/08/1942
Pazó
Montes
Diego
Concelleiro 14/06/1939 29/08/1942
Concelleiro 06/02/1949
Nores
Patiño
Agustín
Concelleiro 14/06/1939 29/08/1942
Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
Hevia
Marinas
Remigio
Alcalde 14/06/1939 29/08/1942
Alcalde 06/02/1949
1104
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de
Pontevedra.
513
Carpintero Acuña Joaquín Concelleiro 14/06/1939 29/08/1942
Munaiz
López
Enrique
Concelleiro 14/06/1939 10/08/1944
Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
Torre Martínez Juan Concelleiro 14/06/1939 29/08/1942
Rodríguez
Dios
Germán
Concelleiro 29/08/1942 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Portela Orozco Ramón Concelleiro 14/06/1939 06/02/1949
Fuentes Giráldez Antonio Concelleiro 27/01/1941 10/08/1944
García Prieto Valentín Concelleiro 27/01/1941 06/02/1949
Landín
Carrasco
Prudencio
Concelleiro 29/08/1942 28/11/1942
Concelleiro 10/08/1944 26/12/1944
Toledo Freire Luis Concelleiro 29/08/1942 28/11/1942
Ponce
de León Cabello
Luis
Concelleiro 29/08/1942 28/11/1942
Alcalde 28/11/1942 30/09/1944
Paredes Estévez Enrique Concelleiro 29/08/1942 06/02/1949
Pintos Loriente Fausto Concelleiro 29/08/1942 26/12/1944
Martínez Pena José Concelleiro 29/08/1942 30/09/1942
González
Posada
Calixto
Concelleiro 29/08/1942 26/12/1944
Alcalde 26/12/1944 06/02/1949
Boullosa Asorey Emilio Concelleiro 29/08/1942 06/02/1949
Lombos Pazos José Concelleiro 29/08/1942 26/12/1944
Novoa Álvarez Manuel Concelleiro 29/08/1942 26/12/1944
Fernández Villamil Alegre Enrique Concelleiro 29/08/1942 06/02/1949
Muiños González Laureano Julio Concelleiro 29/08/1942 26/12/1944
Montes Muiños Joaquín Concelleiro 29/08/1942 06/02/1949
Losada Fernández Álvaro Concelleiro 29/08/1942 10/12/1942
Rivas Hermida Benito Concelleiro 10/08/1944 03/02/1952
Puig
Gaite
Antonio
Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Lenard Quintana Rafael Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
Montenegro Cabezas Avelino Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
Sabell Mosquera Ramiro Concelleiro 26/12/1944 06/02/1949
García
Lastra
Manuel
Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Concelleiro 03/02/1952
Cochón Carballo José Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Fondevila Mosquera Rafael Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Lora
Luis
Fernando
Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Concelleiro 03/02/1952
Olmedo Limeses José Luis Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Taboada
Tabanera
Eusebio
Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Concelleiro 03/02/1952
Landín Carrasco Amancio Concelleiro 06/02/1949 07/01/1952
Estévez Rocafort Martínez Luis Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
514
Novas Guillén Juan Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
García
Hermida
Alfredo
Concelleiro 06/02/1949 03/02/1952
Concelleiro 03/02/1952
Torre López José de la Concelleiro 06/02/1949
Carrascal Sánchez Clemente Concelleiro 03/02/1952
Lores González Sebastián Concelleiro 03/02/1952
Solla Cons Antonio Concelleiro 03/02/1952
Loureiro Pazos José Concelleiro 03/02/1952
515
Cadro 22: Relación cronolóxica de alcaldes, xestores e concelleiros da cidade de
Vigo na ditadura franquista (1936-1951)1105
APELIDOS E NOME CARGO DATA DE POSESIÓN DATA DE CESE
Giménez García José Alcalde 22/07/1936 31/01/1938
Arosa Álvarez Orencio Concelleiro 27/07/1936 01/10/1936
Álvarez Tomé Manuel Concelleiro 22/07/1936 30/06/1941
Concelleiro 30/06/1941 29/07/1944
Fadrique González Eugenio Concelleiro 22/07/1936 01/09/1936
García Retuerta Sebastián Concelleiro 22/07/1936 01/09/1936
Canella Tapias Manuel Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Reguenga Borrajo Hipólito Concelleiro 27/07/1936 26/12/1936
Vicente Sariain Luis de Concelleiro 22/07/1936 01/09/1936
Ferrer Mariño Luis Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Cerqueira Domínguez Juan Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Yáñez Tapias Paulino Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Sensat Curbera Javier Concelleiro 22/07/1936 01/09/1936
Albo Abascal José Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Crespo Martínez Alfonso Concelleiro 22/07/1936 31/01/1938
Reboreda Rodríguez Ángel Concelleiro 27/07/1936 31/01/1938
Alonso Cuenca Rodrigo Concelleiro 26/11/1936 24/11/1939
Besada García José Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Fernández Táboas Andrés Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
López Valcárcel Justo Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Herrero Bermejo Julián Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Sanchón Prieto Natalio Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Cardona Pérez Amador Concelleiro 26/11/1936 Non toma posesión
Pazó Castellano Fernando Concelleiro 26/11/1936 Non toma posesión
Alario Vaquero Mauro Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Alcántara Fernández José Concelleiro 26/11/1936 Non toma posesión
Moreno Artola Manuel Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Concelleiro 06/02/1949
Ozores Pedrosa Francisco Javier Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Pascual Fernández Ramiro Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Iglesias Roura Isaac Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Roel
De la Torre
Manuel
Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Concelleiro 06/02/1949
Rodríguez Pérez Evaristo de Vicente Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Viso Troncoso Augusto Concelleiro 26/11/1936 31/01/1938
Areán Bautista Julio Concelleiro 31/01/1936 24/11/1939
González Goberna Julián Concelleiro 31/01/1938 24/11/1939
1105
Elaborado en base as relacións de concelleiros recollidas nos Libros de Actas do Pleno do Concello de Vigo.
516
Freire Pazó Antonio Concelleiro 31/01/1938 02/07/1940
Rubio Escuredo Javier Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Suárez
Llanos Menacho
Luis
Alcalde 31/01/1938 02/08/1939
Alcalde 24/06/1940 06/02/1949
Acevedo Leocadio Alejandro Concelleiro 31/01/1938 24/11/1939
García Abal Guillermo Concelleiro 31/01/1938 24/11/1939
Vázquez
Rodríguez
Indalecio
Concelleiro 31/01/1938 24/11/1939
Concelleiro 29/07/1944 06/02/1949
Rodríguez Fernández Vila Miguel Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Pérez Casqueiro Jerónimo Concelleiro 31/01/1938 24/11/1939
Requejo Buenaga Alejandro Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Suárez Celada Marcelino Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Pascual Souto del Río Enrique Concelleiro 31/01/1938 24/07/1944
Enríquez Neira Arturo Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Fernández Figueira Manuel Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Rodríguez Cantero Eloy Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Díaz Hernández Estanislao Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Álvarez
García
José
Concelleiro 31/01/1938 30/06/1941
Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Durán Gómez Estanislao Alcalde 02/08/1939 10/04/1940
Portanet Suárez Rafael Jesús Concelleiro 24/11/1939 09/06/1948
Poveda Martín Fernando Concelleiro 24/11/1939 02/07/1940
Villar Lago Eduardo Concelleiro 24/11/1939 02/07/1940
Quirós Mateo Adolfo Concelleiro 24/11/1939 09/06/1948
Costas Posada José Concelleiro 24/11/1939 09/06/1948
Leris Vived Benjamín Concelleiro 24/11/1939 09/02/1940
Albo Otero Venancio Concelleiro 24/11/1939 06/02/1949
Cuíñas Aymerich Humberto Concelleiro 09/02/1940 02/07/1940
González Babé Ramón Concelleiro 02/07/1940
Vicente Álvarez Daniel Concelleiro 02/07/1940 29/07/1944
Pardellas Cameselle Manuel Concelleiro 02/07/1940 07/03/1942
Cordal Rodríguez Lino Concelleiro 02/07/1940 06/02/1949
Álvarez Martínez José Concelleiro 30/06/1941 09/06/1948
Velo Temes José Concelleiro 30/06/1941 06/02/1949
Gil
Portela
Luis
Concelleiro 30/06/1941 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Mariño Lago Manuel Concelleiro 30/06/1941 06/02/1949
Piñeiro Pérez Sabino Concelleiro 30/06/1941 29/07/1944
Pérez Campos Antonio Concelleiro 30/06/1941 06/02/1949
Bugallo Pita Ángel Salvador Concelleiro 30/06/1941 24/02/1948
Carrera Potela Jesús Concelleiro 30/06/1941 14/07/1945
Román Palacios Manuel Concelleiro 30/06/1941 06/02/1949
Cuervo Pita José Concelleiro 07/03/1942 29/07/1944
517
Alfageme del Busto Antonio Concelleiro 24/07/1944 09/06/1948
Freire Veiga Constante Concelleiro 29/07/1944 06/02/1949
López
Niño
Enrique
Concelleiro 29/07/1944 09/06/1948
Concelleiro 06/02/1949
Posada Tapias Carlos Concelleiro 29/07/1944 06/02/1949
Ojeda de la Riva Pedro Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Sánchez Eguilar Servando Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Núñez Saavedra Ramón Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Álvarez Alonso Guillermo Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Conde Pascual Antonio Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Eiroa
Martínez
Agustín
Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Abal Fábregas Manuel Concelleiro 06/02/1949
García De la Riva Rafael Concelleiro 06/02/1949
Salgado
Rodríguez
Luis
Concelleiro 09/06/1948 06/02/1949
Concelleiro 06/02/1949
Pérez
Lorente
Tomás
Alcalde 06/02/1949 05/02/1952
Alcalde 05/02/1952
Durán Gómez Casimiro Concelleiro 06/02/1949
Freire Costas Manuel Concelleiro 06/02/1949
Lago
Goberna
Ventura
Concelleiro 06/02/1949 05/02/1952
Concelleiro 05/02/1952
Massó García Gaspar Concelleiro 06/02/1949
Martínez Soto Tomás Concelleiro 06/02/1949
García Martínez de la Riva Florencio Concelleiro 06/02/1949
Villar Gallego Juan Concelleiro 06/02/1949
Herrero Alonso Ulpiano Concelleiro 06/02/1949
Ponte Longa Manuel Concelleiro 06/02/1949
Pérez Campos José Concelleiro 06/02/1949
Molina Vázquez Ceferino Concelleiro 06/02/1949
Sanjurjo Aranaz Manuel Concelleiro 05/02/1952
Prieto Villar Eduardo Concelleiro 05/02/1952
Lago Loureiro José Concelleiro 05/02/1952
Sobrino Caride Guillermo Concelleiro 05/02/1952
518
519
Bibliografía
ABAD GALLEGO, XOÁN CARLOS (2005): Héroes o forajidos. “Fuxidos” y guerrilleiros
antifranquistas en la comarca de Vigo, Vigo, Instituto de Estudios Vigueses.
ABAD GALLEGO, XOÁN CARLOS (2008): Cen personaxes en torno a unha guerra. A República
e a guerra civil na comarca de Vigo a través dos seus protagonistas, Vigo, Instituto de Estudios
Vigueses.
ALBERT, MECHTHILD (1998): Vencer no es convencer: literatura e ideología del fascismo
español, Frankfurt amb Mein, Vervuert.
ALBI, FERNANDO (1966): La crisis del municipalismo, Madrid, Instituto de Estudios de
Administración Local.
ALCARAZ ABELLÁN, JOSÉ (1993): “Instituciones, relaciones sociales y élites políticas durante el
primer franquismo en Gran Canaria: problemas metodológicos y conclusiones de la
investigación”, Historia Contemporánea, 9: 93-108.
ALCARAZ ABELLÁN, JOSÉ (1999): Instituciones y sociedad en Gran Canaria (1936-1960), Las
Palmas de Gran Canaria, Ediciones del Cabildo de Gran Canaria.
ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ (2013): Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión
(1936-1939), Vigo, Xerais.
ÁLVAREZ GÓMEZ, CONCEPCIÓN (2011): “La derecha ourensana ante las elecciones del Frente
Popular” en GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO e NAVARRO COMAS, ROCÍO (eds.) (2011): La
España del Frente Popular. Política, sociedad, conflicto y cultura en la España de 1936,
Granada, Comares: 53-64.
ÁLVAREZ OBLANCA, WENCESLAO (1995): “El primer franquismo (1936-1945)” en
CARANTOÑA ÁLVAREZ, FRANCISCO e PUENTE FELIZ, GUSTAVO (Dirs.): Historia de la
Diputación de León, v. II, León, Diputación de León-Instituto Leonés de Cultura: pp. 421-445.
AMOEDO LÓPEZ, GONZALO (2010): A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia
de Pontevedra, Vigo, Xerais.
ARCO BLANCO, MIGUEL ÁNGEL DEL (2005): El primer franquismo en Andalucía oriental
(1936-1951). Poderes locales, instauración y consolidación del régimen franquista, Tesis
doctoral, Universidad de Granada.
ARTIAGA REGO, AURORA (2008): “‘Todo por España y España para Dios’. A Bandera
Legionaria Gallega de Falange Española na Guerra Civil”, en AXEITOS, XOSÉ LUIS; GRANDÍO
SEOANE, EMILIO e VILLARES, RAMÓN (eds.): A Patria enteira Homenaxe a Xosé Ramón
Barreiro Fernández, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela: 21-48.
520
VAAMONDE MAGRO, ÁNGEL (2017): “La crisis militar. La rebelión corporativa de las Juntas de
Defensa”, en GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (coord.): Anatomía de una crisis. 1917 y los
españoles, Madrid, Alianza: 67-136.
BADIOLA ARIZTIMUÑO, ASCENSIÓN (2010): “La depuración de los funcionarios públicos de la
Diputación Provincial de Vizcaya (1937-1939)”, Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, Historia
Contemporánea, 22: 397-415.
BARREIRA BEITIA, ENRIQUE e GONZÁLEZ MAURIZ, BRUNO (2007): Retallos da Memoria,
Equona deseño Editorial.
BARREIRO, CRISTINA (2013): “El Ideal Gallego (1935-1955): baluarte católico en Galicia”,
Comunicación y Hombre, 9: 167-185. <http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=129429455011>
[Consultado o 11 de abril de 2019].
BARREIRO FERNÁNDEZ, XOSÉ RAMÓN (1982): Historia contemporánea de Galicia, v. 1, A
Coruña, Gamma.
BARREIRO FERNÁNDEZ, XOSÉ RAMÓN e VILLARES PAZ, RAMÓN (coords.) (2007): A gran
historia de Galicia, t. 11, v. 4 e 5, A Coruña, Arrecife Edicións Galegas.
BARRANQUERO TEXEIRA, ENCARNACIÓN (1994): Málaga entre la guerra y la posguerra. El
franquismo, Málaga, Arguval.
BARRUSO, PEDRO (1999): “Poder político y representación social en Guipúzcoa durante el
primer franquismo (1936-1947)”, Spagna Contemporanea, 16: 83-100.
BERAMENDI, JUSTO (2005): “Da ditadura a democracia (1936-2000), en PORTELA SILVA,
ERMELINDO (coord.): Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago, Concello de
Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela: 543-612
BERAMENDI, JUSTO (2012): “Paz Andrade no nacionalismo galego de entreguerras”, Boletín da
Real Academia Galega, 373: 47-69.
BLANCO RAMIL, SANDRA (2013): Análise da propiedade da comunicación en Galicia. Estudo
das estruturas dos grupos de comunicación galegos e dos seus protagonistas, Santiago,
Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de doutoramento].
BOZZO, ALFONSO (1976): Los partidos políticos y la autonomía en Galicia, 1931-1936, Madrid,
Akal.
BRASA ARIAS, BEATRIZ (2011): La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-
1971), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de doutoramento].
CABANA IGLESIA, ANA (2009): Xente de orde: o consentimento cara o franquismo en Galicia,
Santa Comba, tresCetres.
521
CABANA IGLESIA, ANA (2013): La derrota de lo épico, Valencia, Universitat de València.
CALZADO ALDARIA, ANTONIO e TORRES FABRA, RICARDO CAMILO: “La formación de un
poder omnímodo: la Falange en la Ribera Baixa (1939-1945)” en TUSELL, JAVIER, et al.
(coords.) (1993): El régimen de Franco, Congreso Internacional, v. 1, Madrid, UNED: 29-40.
CALZADO ALDARIA, ANTONIO e TORRES FABRA, RICARDO CAMILO (1995): Un silenci extens.
El franquisme a la Ribera Baixa (1939-1962), Valencia, Diputació de València.
CALVO VICENTE, CÁNDIDA (1993): “Los gobernadores civiles en Guipúzcoa durante el primer
franquismo” en TUSELL, JAVIER, et al. (coords.) (1993): El régimen de Franco, Congreso
Internacional, v. 1, Madrid, UNED: 19-27.
CALVO VICENTE, CÁNDIDA (1995): Poder y consenso en Guipúzcoa durante el franquismo
(1936-1951), Salamanca, Universidad de Salamanca, [Tese de doutoramento].
CANALES SERRANO, ANTONIO (2006): Las otras derechas: derechas y poder local en el País
Vasco y Cataluña en el siglo XX, Madrid, Marcial Pons.
CANDEIRA MOSQUERA, FRANCISCO (1990): Caciquismo e poder local na Galicia da
restauración: (distrito de Ponteareas, 1881-1894), Ponteareas, Galicia-Sur.
CANTABRANA MORRAS, IKER (2005): “Lo viejo y lo nuevo: Diputación-FET de las JONS. La
convulsa dinámica política de la ‘leal’ Álava (Segunda parte: 1938-1943)”, Sancho el Sabio.
Revista de cultura e investigación vasca, 22: 139-169.
CARANTOÑA ÁLVAREZ, FRANCISCO e PUENTE FELIZ, GUSTAVO (dirs.) (1995): Historia de la
Diputación de León, v. II, León, Diputación de León-Instituto Leonés de Cultura.
CARMONA BADÍA, XOÁN (2011): “Los Alonso. La más antigua de las conserveras gallegas” en
CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Las familias de la conserva. El sector de las conservas de
pescados a través de las sagas familiares, Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Cluster de
conservación de Productos del Mar: 160-186.
CARRO CRUZ, HELENA e GARCÍA PITA, MARINA (2011): Inventario documental do Arquivo,
Santiago de Compostela, Real Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago.
CASANOVA, JULIÁN (1999): “La sombra del franquismo: ignorar la historia y huir del pasado”
en CASANOVA, JULIÁN; CENARRO, ÁNGELA, et al.: El pasado oculto. Fascismo y violencia en
Aragón (1936-1939), Huesca, Mira Editores: 15-37.
CASANOVA, JULIÁN (2004): “Una dictadura de cuarenta años” en CASANOVA, JULIÁN; MIR,
CONTXITA, et al.: Morir, matar, sobrevivir. La violencia en la dictadura de Franco, Barcelona,
Crítica: 3-50.
CASTRO, XAVIER (1985): O galeguismo na encrucillada republicana, v. 2, Ourense, Deputación
de Ourense, <https://galeguismonarepublica.pressbooks.com/>, [Consultado o 11 de abril de 2019]
522
CASTRO FERNÁNDEZ, BELÉN Mª (2007): Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-
restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985), Santiago, Universidade de Santiago de
Compostela, [Tese de doutoramento].
CASTRO PÉREZ, DAVID (2007): “Poder e parentesco en Pontedeume (1877-1936). O método
da xenealoxía entrelazada”, Cátedra. Revista eumesa de estudios, 14: 13-44.
CASTRO PÉREZ, FELIPE (1997): En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista
na provincia de Pontevedra, 1856-1879, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela.
CAZORLA SÁNCHEZ, ANTONIO (1998): “La vuelta a la historia: caciquismo y franquismo”,
Historia Social, 30: 119-132.
CAZORLA SÁNCHEZ, ANTONIO (1999): Desarrollo sin reformistas. Dictadura y campesinado
en el nacimiento de una nueva sociedad en Almería (1939-1975), Almería, Instituto de Estudios
Almerienses.
CAZORLA SÁNCHEZ, ANTONIO (2005): Las políticas de la victoria. La consolidación del Nuevo
Estado franquista (1938 – 1953), Madrid, Marcial Pons.
CAZORLA SÁNCHEZ, ANTONIO (2015): Franco: biografía del mito, Madrid, Alianza.
CELESTINO REY, FERNANDO (2011): Historia de los cuerpos especiales de estadística de la
Administración General del Estado (1860-2010), Madrid, Visión Libros.
CENARRO LAGUNAS, ÁNGELA (1997): Cruzados y camisas azules: los orígenes del franquismo
en Aragón (1936-1945), Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza.
CHUECA, RICARDO (1983): El fascismo en los comienzos del régimen de Franco: un estudio
sobre FET-JONS, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
CLARA, JOSEP (1985): “El personal polític de l’ajuntament de Girona (1939-1979)”, Revista de
Girona, 110: 39-47.
CLARA, JOSEP (1991): Girona sota el franquisme (1939-1976), Girona, Ajuntament de Girona-
Diputació de Girona.
CLARA, JOSEP (2000): “El personal polític”, en Guerra Civil i Franquisme: Seixenta anys
després, Girona: pp. 157-164. Separata das actas das xornadas Guerra Civil i Franquisme.
Seixenta anys després promovidas polo Centre d’Estudis Selvatans, o Ajuntament de Blanes e
o Consell Comarcal de la Selva, celebradas o 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2000.
CLARA, JOSEP (2002): “Militarismo político y gobiernos civiles durante el franquismo”, Anales
de Historia Contemporánea, 18, Departamento de Historia Moderna, Contemporánea y de
América de la Universidad de Murcia: 451-468.
CLARA, JOSEP (2005): “El Nomenament d’alcaldes durant el franquisme”, separata de Llibre
de la Festa Major de Torroella de Montgrí, Torroella de Montgrí: 131-139.
523
COBO ROMERO, FRANCISCO e ORTEGA LÓPEZ, TERESA MARÍA (2005): Franquismo y
posguerra en Andalucía oriental. Represión, castigo a los vencidos y apoyos sociales al régimen
franquista (1936-1950), Granada, Universidad de Granada.
CORRAL VARELA, JUAN MANUEL (1995): “La polémica construcción del edificio del Banco de
España en Santiago: peripecias de postguerra”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 49, fasc. 107:
339-369.
DE DIEGO, ÁLVARO (2001): José Luis Arrese, o la Falange de Franco, Madrid, Actas Editorial.
DE RIQUER, BORJA (1989): “El «Nuevo Estado» i l’Ajuntament de Barcelona. La classe política
del primer franquisme”, L’Avenç, maig, 126: 16-22.
DEL MORAL, JOSÉ MARÍA (1961): La provincia y el Gobernador Civil, Madrid, Nuevo
Horizonte.
DEL REY, FERNANDO (2017): “La Gran Guerra y la pasión revolucionaria”, en DEL REY,
FERNANDO e ÁLVAREZ TARDÍO, MANUEL (dirs.): Políticas del odio. Violencia y crisis en las
democracias de entreguerras, Madrid, Tecnos: 39-114
DI FEBO, GIULIANA (2002): Ritos de guerra y de victoria en la España franquista, Bilbao,
Desclée de Brouwer.
EIROA SANFRANCISCO, MATILDE (1995): Viva Franco: hambre, racionamiento, falangismo:
Málaga 1939-1942, Málaga.
ESCUDERO, LUIS JAVIER e CARMONA BADÍA, XOÁN (2011): “Los Albo. La fuerza tranquila”
en CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Las familias de la conserva. El sector de las conservas de
pescados a través de las sagas familiares, Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Clúster de
conservación de Productos del Mar: 44-67.
FACAL RODRÍGUEZ, MARÍA JESÚS (s/d): “Los orígenes del Banco Simeón: Evolución de los
negocios de Simeón García de Olalla y de la Riva (1857-1983).
<http://www.usc.es/estaticos/congresos/histec05/b23_facal_rodriguez.pdf>, [Consultado o 8 de
marzo de 2018].
FACAL RODRÍGUEZ, MARÍA JESÚS (2009): “Antonio Valcarce García (1888-1978)” en
CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Empresarios de Galicia, v. 2, A Coruña Fundación Galicia
Empresa, Fundación Caxagalicia.
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MANUEL (2002): “Las elecciones municipales de abril de 1931 y la
proclamación de la Segunda República en Vigo”, Glaucopis. Boletín del Instituto de Estudios
Vigueses, 8/02: 7-31.
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MANUEL (2005): La dinámica sociopolítica en Vigo durante la
Segunda República, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de
doutoramento].
524
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MANUEL (2008): “Asociacionismo obreiro e patronal en Vigo durante
a II República”, Claridade, 1: 49-66.
FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, MARÍA TERESA (2006): Juan Harguindey Broussain. 1839-1911, en
CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Empresarios de Galicia, v. 1, A Coruña, Fundación Galicia
Empresa, Fundación Caixagalicia.
FLEIRE QUINTAS, LAURA (2016): Aportación a la historia de la farmacia en la provincia de
Orense, Madrid, Universidad Complutense de Madrid, [Tese de doutoramento].
FONT AGULLÓ, JORDI (2001): «¡Arriba el campo!» Primer franquisme i actituds polítiques en
l’àmbit rural nord-català, Girona, Diputació de Girona.
FONTANA, JOSEP: “Els fonaments ideològics del franquisme” en FONT AGULLÓ, JORDI (dir.)
(2007): Història i Memòria: el franquisme i els seus efectes als Països Catalans, Valencia,
Publicacions de la Universitat de València: 19-30.
FONTANA, JOSEP (2000): “Reflexiones sobre la naturaleza y las consecuencias del Franquismo”,
en FONTANA, JOSEP (ed.): España bajo el franquismo, Barcelona, Crítica: 9-38.
FRÍAS RUBIO, ANA ROSA (1988): Instituciones sorianas en el franquismo, UNED, [Tese de
doutoramento].
FRÍAS RUBIO, ANA ROSA (1993): “Una aproximación al análisis del personal político y del
Movimiento Nacional en la provincia de Soria” en TUSELL, JAVIER, GIL PECHARROMÁN, JULIO
e MONTERO, FELICIANO (coords.): Estudios sobre la derecha española contemporánea,
Madrid, UNED: 643-653.
GALLEGO, FERRÁN (2014): El evangelio fascista. La formación de la cultura política del
franquismo (1930-1950), Barcelona, Crítica.
GALLEGO, FERRAN (2016): “Nacionalsindicalismo y contrarrevolución (1931-1936). La
relevancia del fascismo en la Segunda República española” en MORENTE, FRANCISCO, POMÉS,
JORDI e PUIGSECH, JOSEP (eds.): La rabia y la idea. Política e identidad en la España republicana
(1931-1936), Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza: 173-202
GARCÍA CARRERO, FRANCISCO JAVIER (2012): “Manuel Gómez Cantos, un mando de la
Guardia Civil entre el deshonor y la represión”, Pasado y Memoria. Revista de Historia
Contemporánea, 11: 255-276.
GARCÍA DOMÍNGUEZ, RAIMUNDO “Borobó” (2002): O novelo dos anacos e outros exemplos
(2000-2001), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela.
GARCÍA GONZÁLEZ, AURORA (2009): Historia de la empresa de La Voz de Galicia,
LibrosEnRed.
GARCÍA DE ENTERRÍA, EDUARDO (1961): La administración española. Estudios de ciencia
administrativa, Madrid, Instituto de Estudios Políticos.
525
GARCÍA MAÑÁ, LUIS MANUEL (1986): De los corregidores a los gobernadores civiles de
Orense, Madrid, Secretaría Técnica del Ministerio del Interior.
GARCÍA RAMOS, DOMINGO (2003): Instituciones y vida política durante la guerra civil y el
franquismo en Palencia (1936-1975), UNED, [Tese de doutoramento].
GARCÍA YÁÑEZ, FÉLIX (2005): O Barco de Valdeorras e a terra de Valdeorras durante a II
República e o Franquismo (1931-1977), Vigo, Edicións A Nosa Terra.
GELONCH SOLÉ, JOSEP (2010): Falange i poder local. Lleida durant la dictadura franquista,
Lleida, Universitat de Lleida, [Tese de doutoramento].
GENTILE, EMILIO (2002): Fascismo. Historia e interpretación, Madrid, Alianza.
GIL GARRUSTA, MARC (2015): La instauració del règim franquista a l’Ajuntament de Barcelona:
depuració i reconfiguració de l’Administració Municipal, Barcelona, Universitat de Barcelona,
[Tese de doutoramento].
GIL PECHARROMÁN, JULIO (2008): Con permiso de la autoridad. La España de Franco (1939-
1975), Madrid, Temas de Hoy.
GIMÉNEZ MARTÍNEZ, MIGUEL ÁNGEL (2014): El Estado franquista. Fundamentos ideológicos,
bases legales y sistema institucional, Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
GINÉS I SÀNCHEZ, ANDREU (2010): La instauració del franquisme al País Valencià, Valencia,
Publicacions de la Universitat de València.
GIRÁLDEZ RIVERO, XESÚS (2009): “Eugenio Fadrique González (1879-1971)” en CARMONA
BADÍA, XOÁN (coord.): Empresarios de Galicia, v. 2, A Coruña Fundación Galicia Empresa,
Fundación Caxagalicia.
GIRÁLDEZ LOMBA, ANTONIO (1999): “La guerra ha terminado…” Hace sesenta años, en Vigo,
Vigo, Instituto de Estudios Vigueses.
GIRÁLDEZ LOMBA, ANTONIO (2002): Sobrevivir a los años del hambre en Vigo, Vigo, Instituto
de Estudios Vigueses.
GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (2005): La España de Primo de Rivera. La modernización
autoritaria (1923-1930), Madrid, Alianza.
GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (2017): “La crisis política. La revolución que no tuvo lugar”,
en GONZÁLEZ CALLEJA, Eduardo (coord.): Anatomía de una crisis. 1917 y los españoles,
Madrid, Alianza: 137-193.
GONZÁLEZ CUEVAS, PEDRO CARLOS (1998): Acción española. Teología política y
nacionalismo autoritario en España (1913-1936), Madrid, Tecnos.
526
GÓMEZ HERRÁEZ, JOSÉ MARÍA (1993): Instituciones, perspectivas económicas y problemas
sociales durante el franquismo en Albacete. Entre el silencio y el éxodo rural (1939-1962),
Albacete, Instituto de Estudios Albacetenses.
GÓMEZ RODA, JOSÉ ALBERTO (1996): “Investigacions recents sobre el règim i la societat del
primer franquisme”, Afers. Fulls de recerca cultural, 25: 675-699.
GÓMEZ RODA, JOSÉ ALBERTO (1998): Política i poder local. Catarroja: un municipi valencià
durant el primer franquisme, Catarroja, Afers.
GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (2011): Contrarrevolucionarios. Radicalización violenta de las
derechas durante la segunda República, 1931-1936, Madrid, Alianza Editorial.
GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO e NAVARRO COMAS, ROCÍO (eds.) (2011): La España del
Frente Popular. Política, sociedad, conflicto y cultura en la España de 1936, Granada, Comares.
GONZÁLEZ-GARCÉS SANTISO, ALBERTO; LENS LOURIDO, SANTIEGO e TENREIRO LÓPEZ,
UXÍA (2011): “Historia del Centro Oceanográfico de Vigo. Los primeros años: 1917-1974”,
Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, 16: 143-206.
GONZÁLEZ MADRID, DAMIÁN-ALBERTO (2004): La Falange manchega (1939-1945). Política y
sociedad en Ciudad Real durante la etapa «azul» del primer franquismo, Ciudad Real, Biblioteca
de Autores Manchegos-Diputación de Ciudad Real.
GONZÁLEZ MADRID, DAMIÁN-ALBERTO (2007): Los hombres de la dictadura. Personal
político franquista en Castilla-La Mancha (1939-1945), Ciudad Real, Biblioteca Añil.
GONZÁLEZ MARTÍN, GERARDO (2006): “Vigo: la difícil conquista de la Enseñanza Media
Oficial”, Glaucopis. Boletín del Instituto de Estudios Vigueses, 12: 171-192.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (1993): “El primer personal político del franquismo en la provincia
de La Coruña. Cambio y continuidad de las élites políticas municipales durante la guerra civil
en la retaguardia” en TUSELL, JAVIER et al. (coords.): El régimen de Franco, Congreso
Internacional, v. 1, Madrid, UNED: 69-87.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (1997): “Organización y poder en la CEDA gallega”, Espacio,
Tiempo y Forma, Serie V, 10: 223-249.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (1998): Los orígenes de la derecha gallega: la CEDA en Galicia
(1931-1936), Sada, Ediciós do Castro.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (1999): Caciquismo eleccións na Galiza da II República, Vigo, A
Nosa Terra.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (2000): Años de Guerra. A Coruña, 1936-1939, A Coruña, Vía
Láctea.
527
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (2006): “A Coruña dos anos trinta. Mobilización social e política
na II República”, en A II República e a Guerra Civil. Actas dos traballos presentados ao II
Congreso da Memoria. Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005, A Coruña, Edicións Embora,
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática: 141-180
GRANDÍO SEOANE, EMILIO: “La construcción del franquismo en el entorno urbano: praxis
versus política de masas” en PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (dir.) (2014): No solo represión. La
construcción del franquismo en Galicia, Madrid, Biblioteca Nueva: 61-87.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (2010): A Segunda República en Galicia: memoria, mito e historia,
Vigo, NigraTrea.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (2016): “CEDA: movilización católica y democracia” en
MORENTE, FRANCISCO, POMÉS, JORDI e PUIGSECH, JOSEP (eds.) (2016): La rabia y la idea.
Política e identidad en la España republicana (1931-1936), Zaragoza, Prensas Universitarias de
Zaragoza: 121-146.
GRANDÍO SEOANE, EMILIO (2017): “Sobre vítimas e verdugos: o caso da DOP da Coruña de
novembro de 1936”, en ERMIDA MEILÁM, X.R. et al. (coords.): Os nomes do terror. (Galiza
1936: os verdugos que nunca existiron), A Coruña, Sermos Galiza: 99-114.
GUERRA PALMERO, RICARDO A. (2006): Sobrevivir en Canarias (1939-1959). Racionamiento,
miseria y estraperlo, Las Palmas de Gran Canaria, Ediciones Idea.
GURRIARÁN, RICARDO (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Universidade de
Santiago de Compostela.
HEREDER SOLLA, ANTONIO (1964): Veinticinco años al servicio de mi querida Pontevedra,
Pontevedra, Imp. Antúnez.
HERRERO TEJEDOR, FERNANDO (1962): La figura del Gobernador Civil y jefe provincial del
Movimiento, Madrid, Foro de Ideas-Nuevo Horizonte.
HERVADA FERNÁNDEZ-ESPAÑA, JOSÉ. (2001): “Escuela de artes y oficios”, Glaucopis. Boletín
del Instituto de Estudios Vigueses, 7: 229-270.
IGLESIAS OTERO, Mª LUISA e PÉREZ RODRÍGUEZ, ANA CRISTINA (2000): “Consideraciones
generales sobre la actividad comercial en Santiago a través de la documentación de arbitrios y
consumos (1845-principios del siglo XX)”, SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, 12: 93-
108.
JEREZ MIR, MIGUEL (1982): Élites políticas y centros de extracción en España (1938-1957),
Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
KORTAZAR BILLELABEITIA, JON (2015): “El poder local en el primer franquismo (1939-1945)
en Bizkaia a través de sus alcaldes”, EN COLMER RUBIO, J.C., ESTEVE MARTÍ, J. e IBÁÑEZ
528
DOMINGO, M. (coords.): Ayer y hoy, historiografía y didáctica de la historia, Valencia,
Universitat de València y Asociación de Historia Contemporánea: 32-37, en línea,
<http://roderic.uv.es/handle/10550/42836> [Consultado el 11/04/2019]
LAMELA GARCÍA, LUIS (2002): A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, Sada,
Ediciós do Castro.
LAMELA GARCÍA, LUIS (2005): 1936, la “cruzada” en Compostela. La guerra civil y la represión
franquista en los documentos policiales y militares, Sada, Ediciós do Castro.
LANDÍN CARRASCO, RAFAEL (1986): Pontevedra de aquella, Pontevedra, Deputación
provincial de Pontevedra.
LANERO TÁBOAS, DANIEL (2005): Sindicalismo agrario franquista na provincia de Pontevedra
(1936-1975), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de doutoramento].
LANERO TÁBOAS, DANIEL (2011): Historia dun ermo asociativo: labregos, sindicatos verticais
e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo, Santa Comba, TresCetres.
LANGA NUÑO, CONCHA (2007): De cómo se improvisó el franquismo durante la Guerra Civil:
la aportación del ABC de Sevilla, Sevilla, Instituto de Estudios Andaluces.
LAZO DÍAZ, ALFONSO (1998): Retrato de fascismo rural en Sevilla, Sevilla, Universidad de
Sevilla.
LEÓN ÁLVAREZ, AARÓN (coord.) (2014): El Franquismo en Canarias, Santa Cruz de Tenerife,
LeCanarien ediciones.
LOPEZ FACAL, JOÁM (2014): O banco de Olímpio Pérez. 1880-1936, Santiago, Universidade
de Santiago de Compostela, [Tese de doutoramento].
LÓPEZ VILLATORO, FRANCISCO (2003): Los inicios del franquismo en Córdoba: FET de las
JONS, Córdoba, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba, Ayuntamiento de
Córdoba.
LÓPEZ-NIETO Y MALLO, FRANCISCO (1997): “La figura del Gobernador Civil en la era de
Franco” en VV.AA: El Gobernador Civil en la política y en la administración de la España
contemporánea, Madrid, Ministerio del Interior: 335-356.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, PILAR e BAZ VICENTE, MARÍA JESÚS (2008): “Una aproximación a
Falange en la provincia de Lugo (1936-1942), en AXEITOS, XOSÉ LUIS, GRANDÍO SEOANE,
EMILIO e VILLARES, RAMÓN (eds.): A Patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro
Fernández, Santiago, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela:
195-219.
529
LUJÁN FERNÁNDEZ, LUIS E. (2014): La política informativa tardofranquista. El modelo de
control de la empresa privada de la prensa, (1966-1975), Madrid, Universidad Complutense de
Madrid, [Tese de doutoramento].
MÁIZ VÁZQUEZ, BERNARDO (1988): Galicia na Segunda República e baixo o franquismo: 1930-
1976, Vigo, Edicións Xerais.
MAINER, JOSÉ CARLOS (2013): Falange y literatura, Barcelona, RBA.
MARCO LÓPEZ, AURORA e PORTO UCHA, ANXO SERAFÍN (2000): A escola normal de Santiago
de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996), Santiago,
Universidade de Santiago de Compostela.
MARÍN I CORBERA, MARTÍ (1995): “Franquisme i poder local. Construcció i consolidació dels
ajuntaments feixistes a Catalunya, 1938-1949”, Recerques, 31: 37-52.
MARÍN I CORBERA, MARTÍ (1998): “Fascismo en España: Política local y control gubernativo
en la Cataluña franquista: ¿Fue el porciolismo una fórmula aperturista?”, Hispania, 199: 655-
678.
MARÍN I CORBERA, MARTÍ (2000): Els ajuntaments franquistes a Catalunya, Lleida, Pagès
editors.
MARÍN I CORBERA, MARTÍ (2013): «Los gobernadores civiles del franquismo 1936-1963: seis
personajes en busca de autor», Historia y Política, 29: 269-299.
MARTÍNEZ MILLÁN, JESÚS MARÍA e CARMONA BADÍA, XOÁN (2011): “Los Alonso Lamberti.
Una saga empresarial con origen en Baiona, raíces en Guixar y ramas en Canarias” en
CARMONA BADÍA, XOÁN (coord. e dir.): Las familias de la conserva. El sector de las conservas de pescados a través de las sagas familiares, Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Cluster de
conservación de Productos del Mar: 146-158.
MARTÍNEZ PEREDA, LUCIO (2011): Propaganda, movilización e cerimonias político-relixiosas
en Vigo durante a Guerra Civil, Vigo, Instituto de Estudios Vigueses.
MAS QUETGLAS, JOAN (2003): Els mallorquins de Franco. La Falange i el Moviment Nacional,
Palma de Mallorca, Documenta Balear.
MAZOWER, MARK (2017): La Europa negra, Valencia, Barlin Libros.
MEDINA RODRÍGUEZ, VALENTÍN e MARTÍNEZ Y GÁLVEZ, INMACULADA (1993): “La
Diputación provincial de Canarias: notas para su estudio”, Tebeto. Anuario del Archivo
Histórico Insular de Fuerteventura, 6: 81-96.
MILLARES CANTERO, AGUSTÍN (2004): “La Diputación provincial de Canarias, una entidad
(casi) tinerfeña”, El Museo Canario, 59: 215-250.
530
MILLARES CANTERO, AGUSTÍN (2014): “Los monárquicos saludan a la romana. Notas sobre el
primer fascismo grancanario” en LEÓN ÁLVAREZ, AARÓN (coord.): El Franquismo en Canarias,
Santa Cruz de Tenerife, LeCanarien ediciones: 108-145.
MIRÁS ARAUJO, JESÚS (2004): Una modernización inconclusa. Estructura y transformación
económicas de una ciudad española de tipo medio. A Coruña, 1914-1935, A Coruña,
Universidade da Coruña.
MIRÁS ARAUJO, JESÚS (2007): Continuidad y cambio en la España urbana en el período de
entreguerras. Análisis de una ciudad española, A Coruña, Netbiblo.
MOLINERO, CARME (2007): “Present i futur de la historiografia sobre el règim franquista”, en
FONT AGULLÓ, JORDI (dir.): Història i Memòria: el franquisme i els seus efectes als Països
Catalans, Valencia, Publicacions de la Universitat de València.
MONDINA, MARTA (2015): 80 años fabricando conservas. Libro corporativo de Orbe, Vigo,
Conservera Orbe.
MUÑOZ ABELEDO, LUISA (2009): “Gaspar Massó García. O gran patrón da industria pesqueira
e conserveira” en CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Empresarios de Galicia, v. 1, Fundación
Galicia Empresa, Fundación Caxagalicia.
MUÑOZ ABELEDO, LUISA (2011): “Los Massó. Dos siglos y cuatro generaciones de dinámica
empresarial”, en CARMONA BADÍA, XOÁN (coord. e dir.): Las familias de la conserva. El sector
de las conservas de pescados a través de sus sagas familiares, Pontevedra, Deputación de
Pontevedra, Cluster de conservación de Productos del Mar: 115-144.
NEGRÍN FAJARDO, OLEGARIO (2006): “La depuración franquista del profesorado en los
institutos de segunda enseñanza de España (1937-1943). Estudio cuantitativo para Galicia”,
Sarmiento. Anuario galego de historia da educación, 10: 59-99.
NOLTE, ERNST (1967): El fascismo en su época. Historia, ciencia, sociedad, Barcelona,
Península.
NOLTE, ERNST (1971): La crisis del sistema liberal y los movimientos fascistas, Barcelona,
Península.
NICOLÁS MARÍN, MARÍA ENCARNA (1982): Instituciones murcianas en el franquismo (1939-
1962). Contribución al conocimiento de la ideología dominante, Murcia, Editora Regional de
Murcia.
NIETO, ALEJANDRO (1984): La organización del desgobierno, Barcelona, Ariel.
NÚÑEZ SEIXAS, XOSÉ MANUEL (1993): “El fascismo en Galicia. El caso de Orense (1931-
1936)”, Historia y Fuente Oral, 10: 143-174.
531
ORDUÑA REBOLLO, ENRIQUE (1991): Evolución histórica de la diputación provincial de
Segovia (1833-1990), Segovia, Diputación de Segovia.
ORELLA MARTÍNEZ, JOSÉ LUIS (2012): El origen del primer catolicismo social español, UNED,
[Tese de doutoramento].
ORIOLA VELLÓ, FREDERIC (2014): “Las bandas militares en la España de la Restauración
(1874-1931)”, Nassarre, 30: 163-194.
PALACIOS TAPIAS, JESÚS e PAYNE, STANLEY G. (2014): Franco, una biografía personal y
política, Madrid, Espasa.
PALOMARES IBÁÑEZ, JESÚS MARÍA (2002): El primer franquismo en Valladolid, Valladolid,
Universidad de Valladolid.
PAREJO FERNÁNDEZ, JOSÉ ANTONIO (2004): La Falange en la Sierra Norte de Sevilla (1934-
1956), Sevilla, Universidad de Sevilla, Ateneo de Sevilla.
PAREJO FERNÁNDEZ, JOSÉ ANTONIO (2017): “Cuando fueron jóvenes… y fascistas”, en DEL
REY, FERNANDO e ÁLVAREZ TARDÍO, MANUEL (dirs.): Políticas del odio. Violencia y crisis en
las democracias de entreguerras, Madrid, Tecnos: 167-231.
PASTRANA MORILLA, HELIODORO (1995): “El control de las diputaciones por los caciques
regionales. La diputación vallisoletana de la restauración”, Investigaciones históricas: Época
moderna y contemporánea, 15: 55-66.
PAYNE, STANLEY G. (2001): El fascismo, Madrid, Alianza.
PEREIRA, DIONISIO (2010): Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), Vigo,
Xerais.
PEREIRA MARTÍNEZ, CARLOS (2004): “A familia Poza: un exemplo de republicanismo e
librepensamento en Pontevedra”, Anuario Brigantino, 27: 265-312.
PEREIRA MARTÍNEZ, CARLOS (2006): “A primeira época do Rotary Club en Galicia” en A II República e a Guerra Civil. Actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria.
Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2015, Edicións Embora: 65-88.
PÉREZ DE LA CANAL, MIGUEL ÁNGEL (1964): Notas sobre la evolución del régimen legal de
los gobernadores civiles (1812-1958), Madrid, Ministerio de la Gobernación.
PONCE ALBERCA, JULIO (2016): “Los gobernadores civiles en el primer franquismo”, Hispania,
v. 76, 252: 245-271.
PONCE ALBERCA, JULIO (2018): “La dictadura de Franco en las provincias: el poder de los
gobernadores civiles”, en CERÓN TORREBLANCA, CRISTIAN, (coord.): Los límites del Estado:
la cara oculta del poder local, Málaga, Universidad de Málaga: 167-192.
532
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (1999): “…Que es la voz de la tierra y los muertos, y es mandato de
España y de Dios”. Las JAPA en Ourense (1934-1937)”, Minius. Revista do departamento de
Historia, Arte e Xeografía, 7: 187-221.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2000): “’…en defensa de Dios y su Patria’. A milicia ourensá dos
Caballeros de Santiago”, Minius. Revista do departamento de Historia, Arte e Xeografía, 8: 165-
187.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2005a): Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión,
Ourense, Universidade de Vigo, [Tese de doutoramento].
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2005b): A dereita política ourensá: monárquicos, católicos e
fascistas (1934-1937), Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2005c): “El fénix que siempre renace. El carlismo ourensano
(1894-1936), Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, 17: 119-146.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2006): “Do sono insurreccional ó neotradicionalismo de FET de
las JONS. O carlismo ourensán, 1931-1937” en A II República e a Guerra Civil. Actas dos
traballos presentados ao II Congreso da Memoria. Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2015,
Edicións Embora: 223-246.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2008): “«… en este municipio no se conocía otra política que la de
los bandos». Unha aproximación ó poder local na provincia de Ourense (1917-1936)” en
AXEITOS, XOSÉ LUIS; GRANDÍO SEOANE, EMILIO e VILLARES, RAMÓN (eds.): A patria enteira.
Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Santiago de Compostela, Consello da Cultura
Galega, Real Academia Galega, Universidade de Santiago de Compostela: 277-305.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2013): “A resguardo de lo que pueda venir. Nacionalismo gallego
y represión franquista. Algunas claves interpretativas” en Studia Historica. Historia
Contemporánea, 31: 139-166.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO E GRANDÍO SEOANE, EMILIO: “La gestión del poder local: viejas y
nuevas élites” en PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (dir.) (2014): No solo represión. La construcción
del franquismo en Galicia, Madrid, Biblioteca Nueva: 29-59.
PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (2016): “Los mecanismos de extorsión económica en Galicia
durante los primeros meses de la guerra civil”, Historia Actual online, 41(3): 109-123.
PRESAS SOBRADO, ADRIÁN (2017): “La dictadura desde la base. Un análisis del poder local en
la España del primer franquismo desde una perspectiva comparada” en GONZÁLEZ MADRID,
DAMIÁN ALBERTO; ORTIZ HERAS, MANUEL; SISINIO PÉREZ GARZÓN, JUAN (coords.): La
Historia, lost in translation? (13º congreso de la Asociación de Historia Contemporánea),
Albacete, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha: 339-350.
PRESTON, PAUL (1986): Las derechas españolas en el siglo XX: autoritarismo, fascismo y
golpismo, Madrid, Sistema.
533
PRESTON, PAUL (2006): Franco. Caudillo de España, Barcelona, Debolsillo.
PUELL DE LA VILLA, FERNANDO (2013): “La trama militar de la conspiración”, en SÁNCHEZ
PÉREZ, FRANCISCO (coord.): Los mitos del 18 de julio, Barcelona, Crítica: 55-77.
REQUENA GALLEGO, MANUEL (coord.) (1993): Historia de la diputación de Albacete, v. II,
Albacete, Diputación provincial de Albacete.
REQUENA GALLEGO, MANUEL (coord.) (2003): Castilla-La Mancha en el Franquismo, Ciudad
Real, Biblioteca Añil.
REQUENA GALLEGO, MANUEL (2003): “Inmovilismo estructural y adaptación política del
régimen franquista” en REQUENA GALLEGO, MANUEL (coord.): Castilla-La Mancha en el
Franquismo, Ciudad Real, Biblioteca Añil, pp. 49-86.
REY PRESAS, EREA (2017): As minas de Fontao (Galicia). Unha perspectiva patrimonial, Porto,
Universidade do Porto, [Traballo de Final de Mestrado], <repositorio-aberto-
up.pt/bitstream/10216/109148/2/233321.pdf> [Consultado o 12 de marzo de 2018].
RIBAGORDA, ÁLVARO (2017): “Los intelectuales en la crisis. El debate público en torno a la
guerra europea y la situación española”, en GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (coord.): Anatomía
de una crisis. 1917 y los españoles, Madrid, Alianza: 27-66.
RIVERAS RIVAS, PABLO (2015): Empresa y Guerra: las estrategias empresariales en Galicia
durante la Guerra Civil (1936-1939), A Coruña, Universidade da Coruña, [Tese de
doutoramento].
RIVERO NOVAL, MARÍA CRISTINA (2001): Política y sociedad en La Rioja durante el primer
franquismo (1936-1945), Logroño, Instituto de Estudios Riojanos.
ROBLES EGEA, ANTONIO (comp.) (1996): Política en penumbra. Patronazgo y clientelismo
políticos en la España contemporánea, Madrid, Siglo XXI.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, JAVIER (2003): León bajo la dictadura franquista (1936-1951), León,
Universidad de León.
RODRÍGUEZ BARREIRA, ÓSCAR (2013): Miserias del poder: los poderes locales y el nuevo
estado franquista, Valencia, Publicacions de la Universitat de València.
RODRÍGUEZ LAGO, JOSÉ RAMÓN (2004): “Del Movimiento a la Acción. Los católicos en el
Vigo dela II República”, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, 10: 11-31.
RODRÍGUEZ LAGO, JOSÉ RAMÓN (2011): “La política, la religión y los católicos en la Galicia
entre dos mitos: del desastre a la cruzada (1898-1936), en MATOS FERREIRA, ANTÓNIO e
ALMEIDA, JOÃO MIGUEL (coords.): Religião e Cidadania. Protagonistas, motivações e
dinámicas sociais no contexto ibérico, Lisboa, Centro de Estudos de Història religiosa,
Universidade Catòlica Portuguesa: 17-44.
534
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, MANUEL RAMÓN (2011): “Los Alfageme. La saga de una gran marca:
conservas Miau” en CARMONA BADÍA, XOÁN (coord.): Las familias de la conserva. El sector
de las conservas de pescados a través de las sagas familiares, Pontevedra, Deputación de
Pontevedra, Cluster de conservación de Productos del Mar: 306-331.
ROMERO, FERNANDO (2009): Campañas de propaganda en dictadura y democracia.
Referendos y elecciones de 1947 a 1978, Madrid, UNED, [Tese de doutoramento].
ROS, SAMUEL e BOUTHELIER, ANTONIO (1940): A hombros de la Falange. Historia del
traslado de los restos de José Antonio, Madrid, Ediciones Patria.
RUBIA OSORIO, ANA MARÍA (2004): “La gestión municipal en Marbella durante el primer
franquismo (1939-1959)”, Cilniana: Revista de la Asociación Cilniana para la Defensa y Difusión
del Patrimonio Cultural, 17: 45-60.
SALOMÓN CHÉLIZ, MARÍA PILAR (1999): “La defensa del orden social: fascismo y religión en
Huesca” en CASANOVA, JULIÁN; CENARRO, ÁNGELA; CIFUENTES, JULITA; MALUENDA,
MARÍA PILAR; SALOMÓN, MARÍA PILAR: El pasado oculto. Fascismo y violencia en Aragón
(1936-1939), Huesca, Mira Editores: 135-167.
SÁNCHEZ BRUN, GAUDIOSO J. (2002): Instituciones turolenses en el franquismo (1936-1961),
Teruel, Instituto de Estudios Turolenses.
SÁNCHEZ PÉREZ, FRANCISCO (2017): “La crisis social. Las tres huelgas de agosto”, en
GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO (coord.): Anatomía de una crisis. 1917 y los españoles,
Madrid, Alianza: 195-277.
SÁNCHEZ RECIO, GLICERIO; MORENO FONSERET, ROQUE e SEVILLANO CALERO, FERNANDO
(1995): Estudios sobre el franquismo en la provincia de Alicante. Poder político, actitudes
económicas y opinión, Alicante, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
SANTACANA I TORRES, CARLES (1994): Victoriosos i derrotats; el franquisme a L’Hospitalet de
Llobregat (1939-1951), Barcelona, Publicacions de l’Abadía de Montserrat.
SANTOS ALFONSO, ALFONSO (2003): La Guerra Civil en Lugo. Años 1937, 1938 y 1939, Sada,
Ediciós do Castro.
SANTOS GAYOSO, ENRIQUE (1995): Historia de la prensa gallega, 1800-1986, v. 2, Sada, Ediciós
do Castro.
SANZ ALBEROLA, DANIEL (1999): La implantación del franquismo en Alicante, Alicante,
Universidad de Alicante-Servicio de Publicaciones.
SANZ HOYA, JULIÁN (2009): La construcción de la dictadura franquista en Cantabria.
Instituciones, personal político y apoyos sociales (1937-1951), Santander, Ediciones de la
Universidad de Cantabria.
SANZ HOYA, JULIÁN (2014): “FET-JONS en las instituciones provinciales y locales de la
dictadura franquista” en LEÓN ÁLVAREZ, AARÓN (coord.): El Franquismo en Canarias, Santa
Cruz de Tenerife, LeCanarien ediciones: 52-68.
535
SAZ, ISMAEL (2003): España contra España. Los nacionalismos franquistas, Madrid, Marcial
Pons.
SAZ, ISMAEL (2004): Fascismo y franquismo, Valencia, Publicacions de la Universitat de
València.
SAZ, ISMAEL (2013): Las caras del franquismo, Granada, Comares.
SEIDMAN, MICHAEL (2010): “Animals in the nationalist zone during the spanish civil war”,
Seminario de Historia do departamento del Pensamiento y de los Movimientos Sociales y
Políticos, Universidad Complutense de Madrid, [Working Paper/Seminario], en liña,
<www.ucm.es/data/cont/docs/297-2013-07-29-5-10.pdf> [Consultado o 12 de marzo de 2018].
SEN RODRÍGUEZ, LUIS CARLOS (1995): “La Diputación desde 1946 a la muerte de Franco”, en
CARANTOÑA ÁLVAREZ, FRANCISCO e PUENTE FELIZ, GUSTAVO (Dirs.): Historia de la
Diputación de León, v. II, León, Diputación de León-Instituto Leonés de Cultura: 449-554.
SENÍN ÁLVAREZ, JAVIER I. (2018): “La configuración de un nacionalismo gallego
conservadurista en la Segunda República: Dereita Galeguista”, Hispania Nova. Revista de
Historia Contemporánea, 16: 41-68.
SIMÓN LORDA, DAVID (2005): Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975), Ourense,
Fundación Cabaleiro Goás.
SOMOZA CAYADO, ANTONIO (2008): “Interinidade e conflitividade: dinámica institucional do
Concello de Lugo na Segunda República”, en AXEITOS, XOSÉ LUIS; GRANDÍO SEOANE,
EMILIO e VILLARES, RAMÓN (eds.): A Patria enteira Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro
Fernández, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela: 321-342.
SOMOZA CAYADO, ANTONIO (2011): Construción e destrución da cidadanía societaria:
dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do
franquismo (1930-1950), Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de
doutoramento].
SOMOZA CAYADO, ANTONIO e FERNÁNDEZ PRIETO, LOURENZO (2011): “Inhibición de la
política, violencia y conspiración: actuación de la derecha no republicana en Lugo ante el Frente
Popular” en GONZÁLEZ CALLEJA, EDUARDO e NAVARRO COMAS, ROCÍO (eds.) (2011): La
España del Frente Popular. Política, sociedad, conflicto y cultura en la España de 1936,
Granada, Comares: 153-170.
SOMOZA MEDINA, JOSÉ (2001): Desarrollo urbano en Ourense. 1895-2000, Santiago,
Universidade de Santiago de Compostela, [Tese de doutoramento].
SOTO, JUAN (2005): “Pepe Benito, apunte a mano alzada”, Croa. Boletín da Asociación de
Amigos do castro de Viladonga, 15: 45-47.
536
SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS (1997): “Proceso Vega Barrera. Consejo de Guerra y
antecedentes”, Unión libre: cadernos de vida e culturas, 2: 197-236.
SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS (1999): Los apoyos al régimen franquista en la provincia de
Lugo (1936-1940), Sada-A Coruña, Ediciós do Castro.
SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS (1999): La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-
1940), Sada, Ediciós do Castro.
SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS (2003): “Una «revuelta de hambre» en la Galicia del primer
franquismo: O Saviñao”, Pasado y Memoria. Revista de historia contemporánea, 2: 241-254.
SOUTO KRUSTÍN, SANDRA (2017): “Jóvenes, marxistas y revolucionarios”, en DEL REY,
FERNANDO e ÁLVAREZ TARDÍO, MANUEL (dirs.): Políticas del odio. Violencia y crisis en las
democracias de entreguerras, Madrid, Tecnos: 115-165.
SUÁREZ MARTÍNEZ, X.M. (2002): Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, Ferrol,
Concello de Ferrol.
TANNENBAUM, EDWARD R. (1975): La experiencia fascista. Sociedad y cultura en Italia (1922-
1945), Madrid, Alianza.
TRAVERSO, ENZO (2007): A sangre y fuego. De la guerra civil europea (1914-1945), Valencia,
Publicacions de la Universitat de València.
TÉBAR HURTADO, JAVIER (2011): Barcelona, anys blaus. El governador Correa Veglison:
poder i política franquistes (1940-1945), Barcelona, Flor del Vent.
TÉBAR HURTADO, JAVIER (2015): Gobernadores. Barcelona en la España franquista (1939-
1977), Granada, Comares.
THOMÀS, JOAN MARIA (1992): Falange, Guerra Civil, Franquisme. FET y de las JONS de
Barcelona en els primers anys del règim franquista, Barcelona, Publicacions de l’Abadia de
Montserrat.
THOMÀS, JOAN MARIA (2011): Los fascismos españoles, Barcelona, Planeta.
THOMÀS, JOAN MARIA (2014): El gran golpe: el caso Hedilla o como Franco se quedó con la
Falange, Barcelona, Debate.
TUSELL, JAVIER (1996): La dictadura de Franco, Barcelona, Altaya.
TUSELL, JAVIER (2004): “Introducción al franquismo”, en TUSELL, JAVIER; GENTILE, EMILIO;
DI FEBO, GIULIANA (eds.) e SUEIRO, SUSANA (coord.): Fascismo y franquismo cara a cara. Una
perspectiva histórica, Madrid, Biblioteca Nueva: 25-31.
537
TUSELL, JAVIER (2004): “La institucionalización del franquismo” en TUSELL, JAVIER; GENTILE,
EMILIO; DI FEBO, GIULIANA (eds.) e SUEIRO, SUSANA (coord.): Fascismo y franquismo cara a
cara. Una perspectiva histórica, Madrid, Biblioteca Nueva: 163-170.
VARELA ORTEGA, JOSÉ (2001): Los Amigos políticos: partidos, elecciones y caciquismo en la
Restauración (1875-1900), Madrid, Marcial Pons.
VARELA ORTEGA, JOSÉ (dir.) (2001): El poder de la influencia: geografía del caciquismo en
España (1875-1923), Madrid, Marcial Pons.
VEIGA, MANUEL (2001): “O apoliticismo da burguesía viguesa”, Grial: revista de cultura galega,
151: 445-465.
VELASCO SOUTO, CARLOS F. (2010): Galiza na II República, Vigo, A Nosa Terra.
VIANA MARTÍNEZ, VICTOR (2008): Vilagarcianos poco conocidos (I), Vilagarcía de Arousa,
Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa
VILAR, MARGARITA E LINDOSO, ELVIRA (2009): “El negocio de la Guerra Civil en Galicia,
1936-1939”, Revista de Historia Industrial, 39: 153-192.
VILLARES PAZ, RAMÓN (2005): “Restauración y dictadura en Galicia (1874-1930)” en JUANA,
JESÚS DE e PRADA RODRÍGUEZ, JULIO (coords.): Historia contemporánea de Galicia,
Barcelona, Ariel: 203-227.
VIÑAS, ÁNGEL (2011): La conspiración del general Franco, y otras revelaciones acerca de una
guerra civil desfigurada, Barcelona, Crítica.
VIVER I PI-SUNYER, CARLES (1978): El personal político de Franco (1936-1945), Barcelona,
Vicens-Vives.
VV. AA (2003): Diccionario Enciclopédico Galego Universal, 60 volumes, Vigo, Ir Indo.
VV. AA (2005): Gran Enciclopèdia de Mallorca, v. 17, Palma, Promomallorca.
VV. AA (2010): Diccionario biográfico de Galicia, v. I, Vigo, Ir Indo.
VV. AA (2014): Plan Especial de Protección da colonia histórica do Couto, Vigo, Concello de
Vigo-Planeamento e Xestión, Xerencia municipal de Urbanismo.
538
539
Top Related