1
ANEXO ÁS ALEGACIÓNS DO COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS
AO PXOM DE O GROVE.
Inclusión na Memoria do PXOM de O Grove de tres áreas
candidatas a espazo natural de interese local
1. Marco legal do ENIL
A Lei 9/2001, de 21 de agosto, de Conservación da Natureza de Galicia, prevé oito tipos de reximes de
protección: reservas naturais, parques naturais, monumentos naturais, humidais protexidos, zonas de
especial protección dos valores naturais, paisaxes protexidas, espazos privados de interese natural e
espazos naturais de interese local. Sobre estes últimos dise:
“Artigo 17. Espazo natural de interese local.
1. A petición do concello e previo do informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e
Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local
a aqueles espazos integrados nun termo municipal que polas súas singularidades sexan
merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.
2. A responsabilidade e competencia na xestión destes espazos será municipal, e non se
considerarán incluídos na Rede galega de espazos protexidos.
3. A súa declaración como tales non implicará a asignación de recursos da Comunidade Autónoma,
se ben poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión.”
O Decreto 124/2005, de 6 de maio, pola súa banda, regula a figura de “Espazo Natural de Interese Local”,
establecendo o seguinte:
“[…] 3. As propostas de declaración de espazos naturais de interese local (...), deberán ir acompañadas
dunha memoria suficientemente motivada que terá os seguintes contidos mínimos:
• Nome do espazo.
• Promotor.
• Acordo do concello.
• Compromiso formal de por en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores
naturais que motivan a declaración, así como de elaborar o correspondiente plan de conservación e
de uso público destes espazos. No caso dos espazos de interese local este compromiso deberá
recollerse no acordo do concello.
• Plano de localización a escala 1:25.000 e plano de delimitación do perímetro a escala 1:5.000 ou
superior, que se acompañará dun levantamiento topográfico, de precisión submétrica, que
proporcione as coordenadas UTM de todos os vértices da poligonal que represente o perímetro do
espazo, así como dos encravados que poidan existir no seu interior. Así mesmo, describiranse en
letra os límites do territorio que conforma o espazo en cuestión.
• Valores naturais do espazo que xustifican a proposta e estado de conservación.
2
• Accesos e posibles gravames existentes sobre o espazo natural.
• Descrición socioeconómica da contorna.
• Normativa urbanística aplicable ao solo onde se sitúa o espazo natural.
• Usos e aproveitamentos dos recursos naturais do espazo natural que se vai protexer, así como usos
do solo das áreas contiguas.
• Actividades que se prevé que se poidan desenvolver.
• Necesidades orzamentarias para a xestión e fontes de financiamento previstas.
• Outros datos que o promotor considere de interese.
Así pois, o concello do Grove, se así o decide, proporá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia a declaración como espazos naturais de interese local as seguintes áreas:
• “Costa norte do Grove”.
• “Moreiras-Currelos”.
• “San Vicente do Grove”.
O concello deberá acompañar a súa solicite dunha memoria para cada espazo candidato que cumpra e se
axuste ao establecido no artigo 3.3º do Decreto 124/2005, de 6 de maio, ademais dun informe da
Demarcación de Costas en Galicia.
Para a declaración definitiva de cada ENIL será un requisito indispensable que o concello do Grove remita á
devandita Consellería un Plan de Conservación de cada espazo.
2.- Outra lexislación relevante relacionada cos ENIL
• Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG n.º188 de 25/09/1990).
• Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia (DOG n.º 29 de 10/02/1995, e
corrección de erros DOG n.º 72 de 12/04/1995).
• Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se da nova redacción á disposición derogatoria única da Lei
1/1995, de Protección ambiental de Galicia (DOG n.º 72 de 12/4/1995).
• Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG 8/11/1995, BOE 1/12/1995).
• Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do territorio de Galicia (DOG 5/12/1995).
• Lei 7/1996, do 10 xullo, de desenvolvemento comarcal de Galicia (DOG 19/7/1996, BOE 22/8/1996).
• Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental (DOG n.º 32 de
17/02/1997).
• Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (DOG n.º 157 de
2/7/2002).
• Decreto 72/2004 do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de especial
protección dos valores naturais (DOG 12/4/2004).
• Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se
dispón a publicación no DOG da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais
declarados Zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril
(DOG 19/05/2004).
3
• Decreto 158/2005, do 2 de xuño, de competencias autonómicas na zona de servidume de
protección do dominio público marítimo-terrestre (DOG 16/6/2005).
• Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG
1/7/2008).
• Lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia (DOG n.º 139 de 18/7/2008).
• Decreto 32/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.
• Lei 14/2008, de 3 decembro, de Turismo de Galicia 2008 (DOG 19/12/2008, BOE 16/3/2009).
• Orde AAA/1260/2014, de 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para las
Aves en augas mariñas españolas (BOE 17/7/2014).
3.- ENIL da provincia de Pontevedra
• Orde do 27 de agosto do 2012 pola que se declara, de maneira definitiva, como espazo natural de
interese local o espazo Xunqueira de Alba, no concello de Pontevedra (DOG 14/9/2012).
• Orde do 26 de agosto de 2013 pola que se declara, de xeito provisional, como espazo natural de
interese local o Complexo Dunar e Areal do Vao-Baluarte no concello de Vigo (Pontevedra) (DOG
30/8/2013).
• Orde do 25 de novembro de 2013 pola que se declara de xeito provisional como espazo natural de
interese local o Río Gafos, no concello de Pontevedra (DOG 11/12/2013).
• Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se declara, de maneira provisional, como espazo natural de
interese local o ecosistema dunar Praia América-Panxón, no concello de Nigrán (DOG 17/7/2014).
4. Consideración previa relativa ao PXOM e ás áreas candidatas a ENIL
Na memoria do PXOM e ISA descríbense determinados viais e varios usos de terreos que serían
incompatibles coa declaración de zonas candidatas a Espazos de Interese Local. Por exemplo, na proposta
de ENIL “Costa norte do Grove” deberíase descartar un proxecto de carril-bici con “zonas verdes” xunto á
cabeceira da praia de Con Roibo e na Xesteiriña ou ben retranquear este ata discorrer paralelo á chamada
“carretera do Conde”. Tamén determinados usos urbanos (en Rons) e portuarios (porto de Meloxo)
deberían ser reconsiderados en aras de conservar zonas de interese natural ou ben facilitar a restauración
de hábitats naturais.
Para todas as áreas candidatas suxírense cambios con respecto á memoria do PXOM, e en concreto fronte
ao plano de Clasificación do Solo (CS-O, arquivo (OG)-IV-O-CS 0_Clasificación Solo 15000_AI20140918.pdf).
As claves numéricas empregadas son:
1. SRP-C pasa a SRP-C + dentro de ENIL.
2. SRP-AP pasa a SRP-F + dentro de ENIL.
3. SRP-O pasa a SRP-O + dentro de ENIL.
4. SRP-F pasa a SRP-F + dentro de ENIL.
5. SRP-O pasa a SRP-F + dentro de ENIL.
6. Zona sen asignación pasa a SRP-EN (por estar dentro de ZEPA) + dentro de ENIL.
7. SRP-C + SX-EQ.6-E + SX-EQ.7-E pasa a SRP-C + SX-EQ.6-E + SX-EQ.7-E + dentro de ENIL.
4
8. "Zona verde" pasa a SRP-C + dentro de ENIL.
9. SRP-P pasa a SRP-P + dentro de ENIL.
10. Límite exterior do ENIL.
11. SRP-C pasa a SRP-C + dentro de ENIL + zona de restauración dunar.
12. SRP-A pasa a SRP-A + dentro de ENIL.
13. Zonas fóra de ENIL, quedan como están agora (SRP-O ou SRP-C).
14. Zona de restauración de cordón dunar.
15. SRP-F pasa a SRP-P + dentro de ENIL.
16. SRP-P pasa a SRP-F + dentro de ENIL.
17. Zona afectada por vial.
18. SRP-PA (periferia) pasa a SRP-PA (periferia) + dentro de ENIL.
19. SRP-PA (núcleo) pasa a SRP-PA (núcleo) + dentro de ENIL.
20. Zona sen catalogar pasa a dentro de ENIL.
21. SRP-AP pasa a SRP-AP + dentro de ENIL.
22. EDAR do Grove (zona a restaurar).
23. SRP-C con mención a SRP-A (periférico) pasa a SRP-C con mención a SRP-A (periférico) + dentro
de ENIL.
24. SX-EL (20 ou 22) pasa a SRP-C + dentro de ENIL.
25. Proxecto de vial que se debe descartar.
26. Solo urbano (varias categorías) pasan a SRP-C + dentro de ENIL.
27. SX-P.1 pasa a SRP-C + dentro de ENIL.
5. Área candidata a espazo natural de interese local “Costa norte do Grove”.
Estableceuse unha zona do litoral norte do Grove que se propón como Espazo Natural de Interese Local
(ENIL). Posúe unha extensión de 142,66 ha (Figuras 1 e 2). Desta superficie, 117,10 ha corresponden á zona
marítima (ata o límite da marea alta), que está xa protexida baixo a Zona de Especial Protección para as
Aves ES0000499 “Espazo Mariño das Rías Baixas de Galicia”.
Definíronse os seguintes puntos extremos, con coordenadas xeográficas e UTM con datum ETRS89, fuso
29T: 1) ao norte: sinal (faro) de Pedra Golfeira (42º30'18'', 8º51'59''W; x: 510966, y: 4705851); 2) ao sur:
extremo do rompeondas do Porto de Meloxo (42º29'24''N, 8º53'24''W; x: 509039, y: 4704286); 3) ao leste:
recheo da lonxa do Grove (42º29'56''N, 8º51'23''W; x: 511791, y: 4705278); e 4) ao oeste: cons (pedras)
litorais fronte á Cabeza do Mouro (42º29'37''N, 8º53'46''W; x: 508522, y: 4704607) (Figura 3). A zona
delimitada abrangue 5,1 km de costa, cun total de 19 praias. Tamén incluiuse a faixa litoral veciña, con
algúns sectores limitando coa estrada EP-9107 (Figuras 2 e 3).
Na táboa 1 resúmense os principais valores naturais da zona, entre os que destacan 12 especies
consideradas ameazadas en Galicia e/ou España, cunha importante poboación do endemismo Alyssum
gallaecicum. Tamén se conservan dous hábitats considerados prioritarios pola directiva 92/43/CEE e seis
hábitats de interese. Destacan as zonas dunares (varias ao longo da costa, case todas elas degradadas), os
intermareais (Porto dos Padroneses, Con Roibo, Terra de Porto) e a masa de Salix atrocinerea e Alnus
glutinosa da cabeceira da praia de Con Roibo.
5
Figura 1. Mapa topográfico do concello do Grove, obtido a partir da cartografía pública do Instituto
Geográfico Nacional. Rectángulo vermello: zona aproximada de actuación.
Figura 2. Mapa topográfico do concello do Grove (cf. Figura 1). Polígono rosa: zona do futurible ENIL, con
cálculo da súa superficie (en hectáreas). Números (1-4): puntos extremos da zona considerada (ver texto).
6
Figura 3. Cambios nos usos do terreo fronte ao proxecto de PXOM no futurible ENIL “Costa norte do Grove”. Ver claves numéricas nas páxinas 3 e 4.
7
Figura 4. Vista xeral do proxecto de PXOM na zona do futurible ENIL “Costa norte do Grove”.
8
Táboa 1. Presenza (período 1980-2014) de hábitats de interese comunitario (a) e especies de flora e fauna ameazadas (b) na proposta de ENIL “Costa norte do
Grove”. Asterisco: hábitats considerados, ademais, prioritarios pola directiva 92/43/CEE. CGEA: Catálogo Galego de Especies Ameazadas. CEEA: Catálogo
Español de Especies Amenazadas. Non se inclúe a Haematopus ostralegus nin Gallinago gallinago, citados na zona pero como non nidificantes (catalóganse
como ameazadas só as poboacións nidificantes).
(a) (b)
Hábitats Especies de flora e fauna ameazadas
Descrición Código D. 92/43/CEE
Cobertura Nome científico Nome galego Abundancia Notas
Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea: dunas grises termoatlánticas (Crucianellion maritimae)
2130* Baixa Alyssum gallaecicum (=A. loiseleurii)
Mastorzo mariño Localizado CGEA: vulnerable
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
91E0* Baixa Hyla arborea Estroza Localizado CGEA: vulnerable
Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
1110 Baixa Pelobates cultripes Sapo de esporóns Extinto? CGEA: vulnerable
Esteiros 1130 Baixa Caretta caretta Tartaruga boba Ocasional CEEA: vulnerable Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa
1140 Moderada Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado Común CGEA, CEEA: vulnerable
Grandes calas e baías pouco profundas 1160 Baixa Circus cyaneus Gatafornela Ocasional CGEA: vulnerable Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas
1310 Baixa Charadrius alexandrinus Píllara das dunas Ocasional CGEA: vulnerable
Pasteiros de Spartina (Spartinion) 1320 Baixa Numenius arquata Mazarico real Ocasional CEEA: en perigo de extinción
Chlidonias niger Gaivina negra Ocasional CEEA: en perigo de extinción
Rissa tridactyla Gaivota tridáctila Ocasional CGEA: vulnerable Luscinia svecica Papoazul Ocasional CGEA: vulnerable Tursiops truncatus Arroaz Común CGEA: vulnerable
9
5. Área candidata a espazo natural de interese local “Moreiras-Currelos”.
Esta zona candidata a ENIL, situada na zona centro-norte do Grove (figura 5) posúe unha extensión de
130,75 ha, das cales 31,56ha serían da zona marítima. Comprende a zona litoral situada entre o Porto de
Meloxo e Reboredo, ata as zonas interiores de Meloxo e Estonllo. Definíronse os seguintes puntos
extremos (datum ETRS89, fuso 29T): 1) ao norte: cabeceira da praia do Porto de Meloxo (42º29'33"N,
8º53'09"W; x: 509391, y: 4704477); 2) ao sur: zona norte do Campo Xamiño, entre Estonllo e Reboredo
(42º28'25"N, 8º53'22"; x: 509094, y: 4702383); 3) ao leste: Meloxo (42º29'14"N, 8º52'38"W; x: 510097, y:
4703868); e 4) ao oeste: con (pedra) litoral fronte á punta Malladoira (42º28'52"N, 8º54'00"W; x: Huso
UTM: 508209, y: 4703222). (Figura 6). A zona delimitada abrangue 3,7 km de costa, cun total de 8 praias.
Na táboa 2 resúmense os principais valores naturais da zona. Destacan os dous hábitats considerados
prioritarios pola directiva 92/43/CEE: dunas costeiras fixas con vexetación herbácea: dunas grises
termoatlánticas (Crucianellion maritimae) na Area de Reboredo e bosques aluviais de Alnus glutinosa e
Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) localizados no regato de Moreiras. Outros
cinco hábitats da zona son considerados de interese, entre eles un escasamente representado na península
do Grove e de claro interese local: Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica,
no que domina, curiosamente, este último, máis propio de zonas mediterráneas de Galicia. Entre a fauna
sobresae a presenza de Phalacrocorax aristotelis e, a destacar, a que podería ser a única poboación do
municipio do Grove da ameazada Chioglossa lusitanica, citada nesta zona no período 1980-1985 e
probablemente recluída ao rego de Moreiras, hábitat axeitado incluso hoxe en día.
Figura 5. Mapa topográfico do concello do Grove, obtido a partir da cartografía pública do Instituto
Geográfico Nacional. Rectángulo vermello: zona aproximada do candidato a ENIL “Moreiras-Currelos”.
10
Figura 6. Detalle da zona centro-norte do concello do Grove (cf. Figura 5). Polígono rosa: zona do futurible
ENIL, con cálculo da súa superficie. Números (1-4): puntos extremos da zona considerada (ver texto).
Figura 7. Area de Reboredo, coa zona dunar máis importante do futurible ENIL “Moreiras-Currelos”.
11
Figura 8. Cambios nos usos do terreo fronte ao proxecto de PXOM no futurible ENIL “Moreiras-Currelos”.
Ver claves numéricas nas páxinas 3 e 4.
Figura 9. Vista xeral do proxecto de PXOM na zona do futurible ENIL “Moreiras-Currelos”.
12
Táboa 2. Presenza (período 1980-2014) de hábitats de interese comunitario (a) e especies de flora e fauna ameazadas (b) na proposta de ENIL “Moreiras-
Currelos”. Asterisco: hábitats considerados, ademais, prioritarios pola directiva 92/43/CEE. CGEA: Catálogo Galego de Especies Ameazadas. CEEA: Catálogo
Español de Especies Amenazadas. Non se inclúe a Haematopus ostralegus nin Gallinago gallinago, citados na zona pero como non nidificantes (catalóganse
como ameazadas só as poboacións nidificantes).
(a) (b)
Hábitats Especies de flora e fauna ameazadas
Descrición Código D. 92/43/CEE
Cobertura Nome científico Nome galego Abundancia Notas
Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea: dunas grises termoatlánticas (Crucianellion maritimae)
2130* Baixa Chioglossa lusitanica Saramaganta Extinta? CGEA: vulnerable
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
91E0* Baixa Hyla arborea Estroza Localizada CGEA: vulnerable
Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
1110 Baixa Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado Común CGEA, CEEA: vulnerable
Esteiros 1130 Baixa Himantopus himantopus Cegoñela Ocasional CGEA: vulnerable Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa
1140 Baixa Tursiops truncatus Arroaz Ocasional CGEA: vulnerable
Grandes calas e baías pouco profundas 1160 Baixa Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
9230 Baixa
13
5. Área candidata a espazo natural de interese local “San Vicente do Grove”.
Esta zona candidata a ENIL posúe unha extensión de 357,39 ha, das cales 157,54 ha serían da zona
marítima. Componse de tres sectores: o sector 1 “Pombeiro e illotes de Con Negro”, de 69,40 ha,
esencialmente mariño; o sector 2 “Pedras Negras”, de 27,24 ha; e o sector 3 “Cons da Garda-Raeiros” de
260,75 ha, tamén cun importante sector marítimo. Estes tres sectores atópanse inconexos entre si, se ben
desenvolven un importante papel de “corredor verde” para a ZEC (Zona Especial de Conservación)
“Complexo Ons-O Grove”, ao conectar os dous sectores principais desta zona protexida.
Definíronse os seguintes puntos extremos do candidato a ENIL “San Vicente do Grove” (datum ETRS89, fuso
29T: 1) ao norte: o illote de Pombeiro (42º28'38"N, 08º56'44"W, x: 504484, y: 4702754); 2) ao sur: cons
(pedras) litorais fronte á punta Abelleira (42º27'04"N, 08º55'20", x: 506398, y: 4699866); 3) ao leste: con da
Oliva (42º27'42"N, 08º53'07"W; x: 509432; y: 4701036); e 4) ao oeste: tamén o illote de Pombeiro
(42º28'38"N, 08º56'44"W, x: 504484, y: 4702754) (Figura 11). A zona delimitada abrangue 5,5 km de costa,
cun total de 7 praias. Cómpre subliñar que o sector 1 sitúase xusto enfronte do límite inferior da marea
doutras tres praias.
Na táboa 3 resúmense os principais valores naturais da zona. As dunas costeiras fixas con vexetación
herbácea que se conservan en Rareiros, Paxareiros e Area da Cruz son quizais é dos atractivos máis
salientable da zona xunto cos fondos mariños nos tres sectores e a nidificación regular da píllara das dunas
(Charadrius alexandrinus).
Figura 10. Mapa topográfico do concello do Grove, obtido a partir da cartografía pública do Instituto
Geográfico Nacional. Rectángulo vermello: zona aproximada de actuación.
14
Figura 11. Detalle da zona suroeste do concello do Grove (cf. Figura 11). Polígono rosa: zona do futurible
ENIL, con cálculo da superficie de cada un dos sectores. Números (1-4): puntos extremos da zona
considerada (ver texto).
Figura 12. Vista parcial do illote de Pombeiro, con Con Negro en segundo termo e a illa de Ons ao fondo.
15
Figura 13. Cambios nos usos do terreo fronte ao proxecto de PXOM no futurible ENIL “San Vicente do Grove”. Ver claves numéricas nas páxinas 3 e 4.
16
Figura 14. Vista xeral do proxecto de PXOM na zona do futurible ENIL “San Vicente do Grove”.
17
Táboa 3. Presenza (período 1980-2014) de hábitats de interese comunitario (a) e especies de flora e fauna ameazadas (b) na proposta de ENIL “San Vicente do
Grove”. Asterisco: hábitats considerados, ademais, prioritarios pola directiva 92/43/CEE. CGEA: Catálogo Galego de Especies Ameazadas. CEEA: Catálogo
Español de Especies Amenazadas. Non se inclúe a Haematopus ostralegus nin Gallinago gallinago, citados na zona pero como non nidificantes (catalóganse
como ameazadas só as poboacións nidificantes).
(a) (b)
Hábitats Especies de flora e fauna ameazadas
Descrición Código D. 92/43/CEE
Cobertura Nome científico Nome galego Abundancia Notas
Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea: dunas grises termoatlánticas (Crucianellion maritimae)
2130* Moderada Hyla arborea Estroza Localizado CGEA: vulnerable
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
91E0* Baixa Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado Común CGEA, CEEA: vulnerable
Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
1110 Baixa Puffinus mauretanicus Furabuchos balear Común CGEA, CEEA: en perigo de extinción
Grandes calas e baías pouco profundas 1160 Baixa Charadrius alexandrinus Píllara das dunas Localizado CGEA: vulnerable Arrecifes (rochedos próximos á superficie) 1170 Moderada Rissa tridactyla Gaivota tridáctila Ocasional CGEA: vulnerable Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas 1230 Baixa Tursiops truncatus Arroaz Común CGEA: vulnerable Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
2120 Baixa
Top Related