O verdadeiro valor da
formación do traballa-
dor no seu posto de
traballo manifestouse
co desenvolvemento
na segunda metade do
século XX das cualifi-
cacións profesionais,
asociadas ós rápidos
cambios producidos
nos sistemas e medios
de traballo, tanto
técnicos como de
xestión que obrigaron
á súa aplicación e ac-
tualización para conse-
guir unha maior com-
petitividade.
Na actualidade, as em-
presas deben ter en
conta unha serie de
externos para desenvolver
os seus plans de forma-
ción como a aparición de
novas tecnoloxías, a adop-
ción de novos sistemas de
xestión, a globalización
dos mercados, cambios
nos métodos de produc-
ción ou cambios de carác-
ter lexislativo.
Non se poden esquecer
os beneficios aportados
pola formación aos traba-
lladores ó valor da organi-
zación, uns directos aso-
ciados ás súas expectati-
vas de mellora profesional
e outros indirectos, que
repercuten nunha maior
competitividade da
AGOSTO-SETEMBRO
2012
Puntos de especial in-
terese:
Artigo Prevención Riscos
Laborais (PRL):
A FORMACION DO TRABALLA-
DOR EN MATERIA DE PREVEN-
CIÓN
Punto de Interese:
LEI ORGÁNICA DE ESTABILI-
DADE ORZAMENTARIA E SOS-
TIBILIDADE FINANCEIRA
Contenido:
Artigo 2
Novas de Prensa 6
Datos Económicos 7
Axudas e Subvencións/
Lexislación
8
Novas Cofer 9
Punto de Interese 10
Feiras 12
Somos 13
Nº 105
Esta publicación é distribuida mensualmente entre os socios gratuitamente. Editada por Cofer
Punto de interese
O sábado 29 de setembro de 2012, publícase no B.O.E. Nº 35 a Lei Orgánica
4/2012, de 28 de setembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril,
de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira.
A lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de ESTABILIDADE ORZAMENTARIA Y SOS-
TIBILIDADE FINANCEIRA aprobouse con 3 obxectivos: garantir a sostibilidade financeira de
tódalas administracións públicas; fortalecer a confianza na estabilidade da economía española
e reforzar o compromiso de España coa UE en materia de estabilidade orzamentaria.
empresa e na estabilidade
do seu posto de traballo.
Grazas á adquisición des-
tes coñecementos, o tra-
ballador adquire destrezas
e habilidades que lle per-
miten integrarse mellor
no seu posto de traballo,
facilitando o seu recoñe-
cemento e a súa participa-
ción na empresa.
Servizo PRL. Cofer Ferrol
Os coñecementos que adquiran os
traballadores en prevención orientanse
a detectar, anticipar, avaliar e contro-
lar os diversos riscos que resulten das
súas actividades ou das de outros, para
contribuir á reducción ou supresión
dos riscos aos que están expostos.
Para poder coñecer de primeira man
os riscos presentes nos distintos pos-
tos de traballo presentes na organiza-
ción debe realizarse unha Avaliación
de Riscos.
Debemos definir unha serie de obxec-
tivos que o traballador debe desenvol-
ver para poder pór en práctica a pre-
vención efectiva no seu posto de tra-
ballo. Estes obxectivos están clasifica-
dos en tres grupos principais:
◊ O b x e c t i v o s C o g n o s c i t i v o s
(Coñecementos): O traballador debe
coñecer os factores de risco asociados
ás actividades e ao modo de organiza-
ción destas, nas instalacións, ou nas
ferramentas e/ou sustancias; sobre os
perigos que orixinan os riscos, e as
medidas de prevención aplicables.
É fundamental que o traballador ma-
nexe coñecementos acerca de:
–Traballar de xeito san e
seguro, seguindo as recomendacións
derivadas da avaliación de riscos, a
experiencia laboral, os procedementos
e instruccións e os datos extraídos dos
manuais de instruccións das máquinas,
as fichas de seguridade dos produtos
químicos e as instruccións de manexo
dos equipos de protección individual.
En definitiva, coñecer as medidas pre-
ventivas presentes no posto e empre-
galas.
–Afrontar as situacións de
risco: Coñecer e analizar as situacións
de risco, para poder evitalas, e capaci-
tar aos traballadores para actuar ante
situacións inesperadas.
–Actuar axeitadamente en
situacións de emerxencia: Asegurar
o funcionamento das medidas preventi-
vas desenvolvidas no Plan de Emerxen-
cias ou de Autoprotección, tanto den-
de o punto de vista da actuación indivi-
dual como colectiva.
Para isto, son necesarios coñecemen-
tos sobre as medidas de prevención
colectiva, a prevención de riscos xene-
ralizados non relacionados coa tarefa
propia, de actuación ante catástrofes,
etc.
Os traballadores deben coñecer os
riscos xerais da empresa e os particula-
res do seu posto de traballo para evi-
tar os accidentes e enfermedades pro-
fesionais.
O coñecemento dos riscos implica
descubrir a orixe dos mesmos (a súa
causa), os seus efectos e as alternativas
posibles ás situacións de risco, permi-
tindo ao traballador valorar as situa-
cións.
◊ Obxectivos Afectivos (Actitudes): O
traballador desenvolve as actitudes e
valores favorables á prevención, propi-
ciando a incorporación activa e efectiva
dos principios preventivos en tódalas
decisións e actividades levadas a cabo
no posto de traballo.
SERVIZOS DE PREVENCIÓN
Páxina 2
“Ningunha causa pode
triunfar sen facer pri-
meiro da educación o
seu aliado.”
-Victor Hugo
Páxina 3
A actitude persoal de cada traballador fronte á pre-
vención de riscos é decisiva e só coñecendo ben os
riscos, comprendendo a fondo as medidas preventi-
vas que os eliminan ou atenúan, e asumindo a súa
parte de responsabilidade preventiva na organización,
se consegue un comportamento axeitado e uns resul-
tados tanxibles.
Na formación preventiva fálase de actitudes en refe-
rencia a dous aspectos diferentes:
-A disposición dos traballadores e de mandos
da empresa cara á participación en procesos de for-
mación, ou cara á incorporación efectiva do
"aprendido" no posto de traballo.
-As actitudes xerais dos individuos cara á saúde,
especialmente no que respecta á relación traballo/
saúde.
Estas actitudes estímanse determinantes para o éxito
das medidas preventivas. O seu obxectivo é acadar
unha actitude favorable ao acatamento de instruc-
cións preventivas concretas. Búscase normalmente un
efecto reactivo que debe desaparecer unha vez a cau-
sa que motiva a conducta desaparece.
Isto permite relacionar as conductas adoptadas coa
orde, a autoridade e posibles premios ou castigos, e
máis que nada coa posición que se ocupa na orde
xerárquica da empresa.
Os obstáculos para o comportamento seguro
surxen ao producirse unha contradicción entre
a idea de que “ninguén quere ser vítima dun ac-
cidente” e o “frecuente comportamento arrisca-
do no traballo” e poderían agruparse en catro
vertentes:
O traballador pode ter unha idea de
falsa seguridade: é preciso sentirse ameazado
para ter un sentimento de inseguridade e, en
xeral, o primeiro non ocorre ou vese ao lonxe,
redundando nunha falsa seguridade.
O traballador coñece o risco, pero pen-
sa que non pode facer nada: débese convencer
ao traballador de que dispón de medios de pro-
tección para poder actuar contra o risco. Do
contrario, minimiza o perigo para reducir o ma-
lestar que lle xera coñecer o mesmo sen con-
cienciarse da solución.
Un método seguro de traballo entra en
conflicto, a cotío, con outras necesidades: en
xeral, non se experimenta só a necesidade de
manter a saúde e a integridade física; tamén se
queren obter outras satisfaccións como cumplir
co traballo ou ser valorado por compañeiros e
superiores. Neste intre, outras necesidades pe-
san quizáis máis sobre a decisión que unha acti-
tude preventiva, xa que os accidentes son acon-
tecementos raros e pénsase que é improbable
que sucedan.
A experiencia, ás veces, conduce a unha
pista falsa: as boas e malas experiencias inflúen
no comportamento humano. Xeitos de compor-
tamento vantaxosos unha vez, repítense en si-
tuacions similares. En caso de fracaso pasa o
contrario: situacións e xeitos de comportamen-
to que presentaron desvantaxes evitaranse nun
futuro. En materia preventiva este proceso natu-
ral de aprendizaxe non é fiable: por regla xeral,
aproveitanse moi pouco as vantaxes dun modo
de traballo seguro pois, en xeral, non ocorre
nada. Pola contra, a cotío xéranse desvantaxes
que se asocian a gastos suplementarios e limita-
cións persoais.
Páxina 4
A misión dun Técnico
de seguridade en
riscos laborais é
detectar estos riscos
laborais existentes
no posto de traballo
e propoñer solucións
para eliminalos
Xa podedes visitar-Xa podedes visitar-
nos no Facebook!nos no Facebook!
E tamén no Twitter!E tamén no Twitter!
Click aquíClick aquí
◊Obxectivos Psicomotores (Habilidades):
Son obxectivos operativos ou de práctica,
habilidades que permiten poñer en marcha
as medidas de prevención axeitadas e
adoptar as conductas máis seguras
(integrando o coñecemento adquirido
acerca dos factores de risco na práctica
efectiva do traballo). É fundamental crear
un hábito.
A actuación require o emprego axeitado
de materiais, ferramentas, axudas, maqui-
naria ou equipamento. Supón integrar o
coñecemento sobre os factores de risco
na práctica do traballo, de acordo á
responsabilidade.
Para definir contidos concretos, requírese
realizar un estudo das tarefas realizadas no
posto de traballo, obxectivado nunha serie
de conductas e habilidades a acadar (que
poden convertirse na base para a poste-
rior avaliación dos resultados das accións
formativas); sen esquecer as responsabili-
dades asignadas ao traballador.
Centro de Negocios& Incubadora de empresas
Para máis información, click aquí.
Páxina 6
As Novas máis relevantes do mes:
En Xullo creáronse 548 empregos, un 33% menos que hai un ano
La Voz de Galicia 3/8/2012
Dúas empresas suspenden pagos cada día en Galicia La Voz de Galicia 7/8/2012
Ence e o Concello de Ortigueira estreitan lazos para potenciar o sector madereiro
La Voz de Galicia 8/8/2012
A Xunta recibe dous millóns de Europa para reinsertar a parados do naval
Diario de Ferrol 14/8/2012
Catro de cada dez emprendedores en Galicia son mulleres
Ecodixital 16/8/2012
Os parados que vivan cos seus pais poderían quedarse sen os 400 euros
Ecodixital 22/8/2012
O 80% dos currículos descártanse por falla de datos ou mala redacción
Ecodixital 30/8/2012
O desemprego crece en Agosto en case 100 persoas nas tres Comarcas
Diario de Ferrol 05/09/2012
Nove empresas confirman a súa instalación no centro comercial Parque Ferrol
Diario de Ferrol 07/09/2012
Ferrol perde 2,3 millóns en ingresos do Estado pola baixada do Padrón
La Voz de Galicia 15/09/2012
A Cámara de Ferrol programa de Outubro a Decembro 17 cursos de formación para a empresa
Diario de Ferrol 19/09/2012
Pemex saca a Navantia a flote co primer contrato en sete anos
Diario de Ferrol 20/09/2012
As claves do empregado imprescindible
Ecodixital 28/09/2012
Defensa ten 1,5 millóns de metros cadrados sen uso algún en Ferrol
La Voz de Galicia 29/09/2012
Os mercados esixen outros orzamentos a España se non quere ser rescatada
Economía Dixital 29/09/2012
Outros datos de interese
Indicador Adiantado do IPC : O indicador adiantado do IPC, segundo
os datos facilitados polo INE, sitúa a variación anual no 3,5 % no mes de setembro.
Este indicador proporciona un avance do IPC que, de confirmarse, suporía un aumen-
to de oito décimas na súa tasa anual, xa que no mes de agosto esta variación foi dun
2,7%.
Este resultado é consecuencia da subida xeneralizada dos prezos en case tódalas par-
celas.
Fonte: INE (Instituto Nacional de Estatística).
O indicador adiantado
calcúlase utilizando a mes-
ma metodoloxía que a
empregada para o IPC e o
IPCA.
O indicador adiantado
proporciona únicamente
unha información orienta-
tiva e, polo tanto, non ten
por qué coincidir cos da-
tos finais que sairán publi-
cados o vindeiro 11 de
outubro.
Páxina 7
Datos Económicos:
Datos do Paro
Evolución do paro rexistrado por sexo, idade e sectores económicos.
Agosto 2012
Fonte: Ministerio de Emprego e Seguridade Social
DECRETO 174/2012, de 27 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria
de eleccións.
(DOG Nº 163 de 28 de Agosto de 2012)
CORRECCIÓN DE ERROS da Lei 2/2012, de 29 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2012
(BOE Nº 228 de 21 de Setembro de 2012)
PROXECTO de Orzamentos Xerais do Estado 2013
(http://www.sepg.pap.minhap.gob.es/)
Orde ESS/1743/2012, de 1 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión
de subvencións ás actividades de promoción do traballo autónomo, da economía social y da res-
ponsabilidade social das empresas e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de
traballadores autónomos, de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción e de
outros entes representativos da economía social de ámbito estatal e se convoca a súa concesión
para o ano 2012.
(BOE Nº 187 de 6 de Agosto de 2012)
RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das subven-
cións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas
para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anun-
cia a convocatoria para o ano 2012.
(DOG Nº 157 de 20 de Agosto de 2012)
Orde do 31 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de in-
centivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.
(DOG Nº 171 de 7 de Setembro de 2012)
Orde do 10 de setembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de
subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de perso-
as traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das enti-
dades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano
2012.
(DOG Nº 178 de 18 de Setembro de 2012)
Páxina 8
Lexislación:
Axudas e Subvencións:
Páxina 9
◊ Cursos de Manipulador de Alimentos: os días 22 de Agosto e 26 de Setembro de 9:30 a 12:30, e de 16:30 a 19:30 impartíronse
os devanditos cursos nas instalacións da nosa entidade , coa colaboración da Asociación de Veterinarios. A Confederación é entidade
homologada pola Consellería de Sanidade para realizar actividades de impartición de programas de formación en materia de hixiene ali-
mentaria para a obtención do certificado de manipulador de alimentos.
◊ II Xornada Empresa-Puerto: organizada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, co obxectivo de establecer un foro de
debate e de relación entre empresas da zona e do resto de Galicia en referencia ás súas actividades loxísticas e portuarias.
A xornada tivo lugar o xoves, 20 de setembro no Auditorio de FIMO e congregou a máis de 200 persoas. Entre outros asistentes, estive-
ron presentes Reganosa, Forestal do Atlántico, a Asociación provincial de consignatarios e estibadores, IEN por Europa, e COFER.
D. Isidro Silveira, Presidente de COFER, entregou un obsequio a D. Ángel del Real, Presidente da Autoridade Portuaria, polo seu traba-
llo constante e o seu apoio ao sector empresarial.
Novas Cofer:
Firma do convenio de colaboración financieira entre COFER e o Banco Santander.
COFER e o Banco Santander asinaron na mañá do xoves 30 de agosto un Convenio de Colabora-
ción Financieira na sede da patronal. Mediante dito Convenio o Banco Santander ofrece ao colecti-
vo de autónomos e comercios minoristas asociados de COFER un conxunto de produtos e servi-
zos bancarios altamente interesantes, axeitados ás súas necesidades financieiras. Á firma acudiron
D. Isidro Silveira Rey, presidente de COFER, e por parte de Banco Santander, D. José Luis Corral
Busto, Director de Zona, Dna. María de la Paz Valdés Fernández, Directora de Institucións da
Territorial e D. Juan J. Díaz Porto, Xerente de Empresas.
Visita de D. Manuel Valle Muñoz, Director General de Industria e da pequena e mediana empresa do Ministerio de
Industria,
D. Manuel Valle Muñoz realizou na mañá do 28 de setembro na sede de la Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Orte-
gal un balance da convocatoria de axudas para a reindustrialización das tres
Comarcas.
Á reunión asistiu igualmente D. Gonzalo Trenor, Director do Plan Ferrol
O Plan Ferrol amparará este ano 29 proxectos empresariais con inversións por 75
millóns de euros.
LEI ORGÁNICA DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA
E SOSTIBILIDADE FINANCEIRA
LEI ORGÁNICA 4/2012, do 28 de setembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2012 do 27
de abril, de Estabilidade Presupuestaria e Sostibilidade Financeira
Publicada no B.O.E nº 235 do sábado 29 de setembro de 2012.
A lei Órgánica 2/2012, do 27 de abril, de ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E SOSTIBILIDADE FI-
NANCEIRA aprobouse con 3 obxectivos: garantir a sostibilidade financeira de tódalas administracións
públicas; fortalecer a confianza na estabilidade da economía española e reforzar o compromiso de España
coa UE en materia de estabilidade orzamentaria. A instrumentación destas medidas require algúns cam-
bios pois afectou á distribución da Débeda Pública entre Administracións, o que esixe unha aclaración so-
bre o xeito no que computa esta nova débeda para os efectos dos límites establecidos na Lei Orgánica de
ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E SOSTIBILIDADE FINANCEIRA; ante a presistencia da situación financei-
ra faise necesario dotar de maior flexibilidade ao límite temporal establecido para a aplicación destas. Para
iso, inclúese unha modificación da disposición adicional primeira da Lei Orgánica DE ESTABILIDADE PRE-
SUPOSTARIA Y SOSTIBILIDADE FINANCEIRA, na que se habilita á comision delegada do Goberno para
asuntos económicos a prorrogar estes prazos. Do mesmo xeito, introduce algunhas modificacións dirixi-
das a intensificar a disciplina fiscal e financeira das administracións territoriais, ampliando as súas obrigas
de información especialmente sobre a súa situación de tesouraría e refórzanse as garantías para atender
os seus vencementos de débeda.
No artigo único (Mecanismos adicionais de financiamento para as Comunidades Autónomas e
Corporacións Locais) modifícase a disposición adicional primeira da Lei Organica de Estabilidade Orzamen-
taria e Sostibilidade Financeira para prorrogar mediante acordo da comisión delegada do goberno para
asuntos económicos, os prazos para acceder aos mecanismos extraordinarios de liquidez. Como novidade,
as Comunidades Autónomas que participen nos mecanismos extraordinarios de liquidez deben remitir ao
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas información mensual no lugar de trimestral. As Adminis-
tracións autonómicas participantes en novos mecanismos de apoio á liquidez que poidan poñerse en mar-
cha, deberán cumprir con obrigas de información adicionais ao Ministerio de Facenda e Administracións
Públicas sobre a execución dos seus Plans de Axuste. As Comunidades Autónomas e Corporacións Locais
que soliciten ao Estado o acceso a medidas extraordinarias de apoio á liquidez ou o solicitasen durante o
2012, virán obrigadas a acordar co Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o plan de axuste que
garanta o cumprimento dos obxectivos de Estabilidade Orzamentaria de débeda pública. Poderanse pro-
rrogar estes prazos atendendo ás dificultades de acceso aos mercados financeiros ou outras circunstancias
socioeconómicas.
O acceso a estes mecanismos virá precedido da aceptación pola Comunidade Autónoma ou a Corpora-
ción Local de condicións particulares en materia de seguimento e remisión de información. O plan de axuste será
público e incluirá un calendario preciso de aprobación, posta en marcha e supervisión das medidas acordadas. O
cumprimento do calendario determinará o desembolso por tramos da axuda financeira establecida. Durante a
vixencia do plan de axuste, a administración responsable deberá remitir ao Ministerio de Facenda e Administra-
cións Públicas información trimestral sobre:
A) Avais públicos recibidos e operacións e liñas de crédito contratadas identificando a entidade, total de
crédito dispoñible e crédito disposto.
B) Deuda comercial contraída clasificada pola súa antigüidade e o seu vencemento. Incluirase información
dos contratos suscritos con entidades de crédito.
C) Operacións con derivados e
D) Calquera outro pasivo continxente.
A falta de remisión, a valoración desfavorable ou o incumprimento do plan de axuste por parte dunha Co-
munidade Autónoma ou Corporación Local dará lugar á aplicación das medidas coercitivas dos artigos 25 e
26. As corporacións locais con periodicidade anual deberán presentar ao Ministerio de Facenda e Administra-
cións Públicas un informe do interventor sobre a execución dos plans de axuste. As entidades locais incluí-
das no plano subxectivo definido nos artigos 111 e 135 deberán presentar o informe anterior con periodici-
dade trimestral.
As Comunidades Autónomas deberán enviar a información con periodicidade mensual e adicionalmente
presentar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a información actualizada sobre a execución do
seu Plan de Axuste relativa polo menos aos seguintes elementos:
a) Execución orzamentaria mensual dos capítulos de gastos e ingresos.
b) Adecuación á realidade do plan de axuste e valoración das medidas en curso.
c) Valoración dos riscos a curto e longo prazo.
d)Análisis das desviacións que se produciron na execución do plan de axuste.
e) Recomendacións no seu caso, de modificación do plan de axuste co obxectivo de cumprir os obxectivos.
f) Información actualizada do seu plan de tesouraría.
Será competente o Ministerio de Facenda para realizar o seguimento dos plans de axuste, para o cal
poderá solicitar toda a información que resulta relevante, e informará do resultado da devandita valoración o
Ministerio de Economía e Competitividade.
A presente lei entrou en vigor o 30 de setembro de 2012.
Os plans de axuste que fosen aprobados con anterioridade a entrada en vigor desta Lei durante o exercicio 2012
tamén lles será de aplicación o previsto nesta Lei.
Páxina 12
Feiras:
Feiras Galicia
Feira do libro da Co-
ruña
-Data: do 1 ó 10 de Agosto
-Lugar: Xardíns Mendez Nuñez,
cidade da Coruña
-Descrición: Como cada ano, as
mellores librarías da cidade traen
as últimas novidades publicadas ao
tempo que dan a posibilidade de
coñecer de primeira man os seus
autores.
IV Equigal Salón del
Caballo de Galicia en
Lugo
-Data: do 2 ó 4 de setembro
-Lugar: Pazo de Feiras e Congre-
sos de Lugo
-Descrición: os presentes pode-
ran ver os mellores poldros de
ata 3 anos, sementais e bestas.
Ademais, farase entrega de nu-
merosos premios de distintas
categorías.
Feiras Nacionais
FIDMA 2012 Gijón
Salón internacional de
mostras de Asturias
-Data: de 4 ó 19 de Agosto
-Lugar: Recinto Ferial Luís Adoro,
Gijón.
-Descrición: organizado pola
Cámara de eventos máis impor-tantes de cantos se celebran no
principado de Asturias, tanto den-
de o punto de vista económico
como empresarial.
Este evento, un dos máis
lonxevos de España, actúa co-
mo punto de encontro, foro de
intercambio e escaparate de
novidades. Cada ano, nun mes-
mo espazo e durante 16 días a
Feira Internacional de Mostras
de Asturias é un dos referentes
económicos e empresariais do
Principado.
Somonparty 2012
Barbastro, Huesca:
Salón de usuarios de
nuevas tecnologías
-Data: do 24 ó 26 de Agosto -Lugar: instalaciones de la insti-
tución ferial de Barbastro
(IFEBA), a 50 km de Huesca -Descrición: esta feira pretende
promover a difusión, uso e
aprovecitamento das novas
tecnoloxías. Somonparty 2012
é un evento destinado a ci-
dadáns, empresarios, familias,
xóvenes, maiores, usuarios
habituais ou inexpertos. Nela poderán disfrutar dos últimos
avances en tecnoloxía.
MERCEDES-BENZ
FASHION WEEK
MADRID
-Data: do 31 de Agosto ó 4 de
setembro
-Lugar: recinto feiral de IFEMA,
Feria de Madrid. -Descrición: Neste recinto
mostraranse as derradeiras
novidades e tendencias
da Moda para a Temporada
Primavera-Verano 2013. É o
gran espazo de promoción
da moda española e o seu mais
destacado referente.
Feiras Internacio-
nais
Expo Manutención
2012 Argentina:
Exposición produc-
tos mantenimiento
industrial
-Data: do 1 ó 30 de setembro
-Lugar: recinto La Rural Predio
Ferial, Buenos Aires, Argentina
-Descrición: exposición inter-
nacional de equipos, produ-
tos e servizos para o mante-
mento industrial e empresa-
rial, que celebrará este ano a
súa sexta edición. Nesta feira
mostraranse os últimos avan-
ces e tedencias do sector.
Hogatec 2012 Es-
sen: Feria Interna-
cional de Hoteles,
Gastronomía, Cate-
ring
-Data: do 2 ó 5 de setembro
-Lugar: recinto feiral de Essen,
Essen (Alemania)
-Descrición: En Hogatec 2012
mostraranse as últimas novida-
des e innovacións do sector en
todo o que ten que ver co mun-
do do catering, hoteis e gastro-
nomía, de ahí que nela se den
cita os mellores profesionais e
empresas do sector.
Páxina 13
Somos:
"En Cofer están
integradas as seguintes
asociacións empresariais
sectoriais e/ou de carácter
territorial dentro do
ámbito da Confederación,
ademáis dunha sección de
empresas independentes "
Grupo de Empresarios de AS Grupo de Empresarios de AS
SomozasSomozas
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é innovaciónFerrol é innovaciónFerrol é innovación
Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é industria. Ferrol é industria. Ferrol é industria. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.
Ferrol é arteFerrol é arteFerrol é arte
Ferrol é industriaFerrol é industriaFerrol é industria
Ferrol é CulturaFerrol é CulturaFerrol é Cultura
Ferrol é dinámicaFerrol é dinámicaFerrol é dinámica
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.Ferrol é innovación. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor.
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte.
Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor.
Ferrol é progreso.Ferrol é progreso.Ferrol é progreso.
Ferrol é innovaciónFerrol é innovaciónFerrol é innovación
Ferrol é dinámica.Ferrol é dinámica.Ferrol é dinámica. GRUPO DE EMPRESASGRUPO DE EMPRESAS
INDEPENDIENTESINDEPENDIENTES
Asociación Empresarial Polígo-Asociación Empresarial Polígo-
no As Lagoas no As Lagoas
Top Related