As orientacións que se ofrecen neste
documento pretenden axudar ás familias
e aos nenos/as na selección dos xoguetes
neste tempo de lecer que se achega.
As cuestións que debemos ter en conta
nesta selección son:
Atender á idade recomendada en
cada xogo, material, video, película,
libro…. Non están sinaladas de xeito
aleatorio, senón por especialistas
adecuados. É contraproducente,
sobre todo, escoller os que son
superiores á idade dos nosos nenos e
nenas, a menos que amosen
claramente que son capaces de
comprender as regras/pautas do
xogo. Do contrario, promoverá
frustración e o obxectivo didáctico do
mesmo quedará anulado.2
A diferencia de xénero NON EXISTE.
Procurade non atender a diferenzas
de sexo (rosa, azul, xoguetes para o
coidado de persoas e do fogar para
elas e de construcción para eles,
libros para niñas/princesas, para
niños/piratas…) Se queremos
eliminar estereotipos, comecemos
dende aquí.
Deben ter garantía de seguridade e
hixiene
Deben promover a participación de
máis persoas no xogo (non só o neno
e a pantalla, por exemplo, senón
xogos de mesa, de cartas, …)
Deben respectar os seus gustos e
intereses, e non os do adulto. De
facelo tendo en conta só o noso
criterio, non existirá motivación nin
interese na súa manipulación.3
Deben facernos felices! Os xoguetes
son imprescindible para o
desenvolvemento persoal e
emocional dos rapaces e rapazas.
SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE,
INCLUIREMOS UN LIBRO ATRACTIVO
(como mínimo)
E LEMBRADE QUE O MAIOR REGALO
DOS VOSOS NENOS E NENAS SODES
VÓS, ofrecédelles un tempo de
calidade, (non importa que teñamos
pouco tempo se llo adicamos a eles
de verdade)4
As miñas propostas de xoguetes son:
Xogos de mesa (oca, parchís, cartas…).
Melloran a comunicación interpersoal a
tolerancia á frustración, o respecto ás
regras do xogo (turno de palabra/xogo,
normas establecidas). Ademáis
traballaredes con eles as estratexias
cognitivas xerais (planificación,
anticipación de resposta, atención,
memoria
Xogos para promover a comunicación
(xogar a ser maiores): cocinita, talleres,
mercado, bonecos. Melloran as
habilidades de comunicación e a
comprensión de regras sociais. Facilitan
a superación de medos e tensións na
vida real.
Xogos que promoven a actividade física:
patinete, bici, monopatín, aro, pelota.
Promoven un lecer saudable, mellorando
a condición física (coordinación,
equilibrio, tono muscular…)
Pezas de construcción e manualidades.
Estimulna a imaxinación e creatividade,
ao tempo que mellora a estruturación
espacial, clave para o ámbito
matemático.5
Unha pizarra. Estimula a creatividade e a
imaxinación, ao tempo que traballamos
motricidade fina, e mesmo o xogo
simbólico (xogamos a ser profes)
Libros e máis libros, e, o meu consello, é
facer do tempo de lectura, un tempo
compartido en familia!
6
ORIENTACIÓNS AOS PAIS E NAIS
DOS ALUMNOS DO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
1
Top Related