Unha sucesión de badías nunha costa moi recortada con máis de 3.000 illas e illotes de abruptas ladeiras.
Na costa de Vietnam, no golfo de Tonkin, na proximidades da fronteira de China.
Badía de Ha Long Exténdese ao longo dunha
costa de 120 Km e ocupa unha superficie de aproximadamente 1.500 km² .
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1994.
O clima é tropical, cun inverno relativamente frío e húmido durante novembro e abril, e un caluroso verán con frecuentes tifóns e fortes precipitacións durante o resto do ano.
Destaca a presenza de numerosas illas de varios tamaños e formas.
Esta paisaxe tan espectacular está formada pola erosión da auga sobre as rochas calcárias.Terra adentro aparecen numerosas grutas con espectaculares galerías con estalactitas e estalagmitas.
Lendas Conta a lenda local, que hai moito
tempo, cando os vietnamitas loitaban contra os invasores chinos procedentes do mar, o Emperador de Jade, mandou unha familia de dragóns celestiais para axudarlles a defender a súa terra. Estos dragóns escupían xoias. As xoias convertíronse nas illas e illotes da badía, uníndose para formar unha gran muralla fronte ós invasores. Tras protexer a súa terra formaron Vietnam.
Ha Long significa «dragón descendente», un nome que procede desa lenda local.
Outras versións din que as xoias eran perlas e a badía foi creada cando o dragón se lanzou ó mar; e ó caer axitou a cola e esta golpeou a terra formando profundos vales e gretas inundadas polo mar.
Na badía e nos seus arredores pódense apreciar distintos ecosistemas (Bosque de pedra calcaria, bosque litoral, zonas de corais e augas pouco profundas).
O ecosistema do litoral As mareas teñen unha gran variación. Atópanse 251 especies: 19 de mangles, 17 de algas, 29 de vermes
mariños, 149 de moluscos, 22 de crustráceos e 15 de equinodermos.
Zona de coral: está a 10 metros de profundidade. Atopáronse 409 especies, entre os que están os meros, as lubinas, os cangrexos, os caracois, a orella de mar e as algas mariñas.
Zona de augas pouco profundas: con máis de 539 especies.
Top Related