CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIAFagáceas
Árbore de copa alta e ancha. Pode acadar os 45 m de altura.É a árbore autóctona máis representativa, común en toda Galiza, especialmente en alturas inferiores aos 800 m.
Peter Andersen
FOLLASSimples, ovais e lobuladas, de 10-12 cm de lonxitude e 8 cm de anchura, de cor verde escura mate co peciolo curto.
FLORESPouco aparentes. As masculinas, amarelas, agrúpanse en amentos delgados de uns 4 cm. As femininas, espidas, de forma globosa, de cor parda cos estigmas vermellos, nacen en grupos de 2 a 4 nos agromos novos. Polinízase polo vento.Florece de febreiro a marzo.Amentos de flores masculinas
Flores femininas
FROITOSAs landras son froitos secos (glandes), miden de 3 a 4 cm de longo e entre 1,5 e 2 cm de ancho. Aparecen, en grupos de 2 a 4, sobre rabiños de 4 a 6 cm de lonxitude.
É frecuente atopar sobre os carballos distintas formacións producidas pola reacción da árbore ás postas de diferentes insectos (bugallos ou cocos, mazáns de cuco...)
USOS:Madeira dura e de boa calidade, resistente á putrefacción (mesmo na auga) para móbeis, recipientes, ferramentas e construción. As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas.As landras utilízanse como alimento para os porcos.
A carballeira é o bosque típico de Galiza. Escasea na actualidade porque, ao longo do tempo, foi talado para combustible, para a construción de barcos, para facer travesas de ferrocarril e para repoboar os montes con especies de crecemento rápido
Carballeira de San Lourenzo de Trasouto (Santiago de Compostela) (P)
Carballeira de Santa Susana (Santiago de Compostela)
En Galiza hai numerosos carballos catalogados como árbores senlleiras (P)
Os máis antigos en bosques atópanse nos Montes do Invernadeiro e nos Ancares
Parque Natural do Invernadeiro
Fraga da Cabana Vella. Os Ancares
Carballo de San Antonio. (Artes, Carballo)No Pazo de Vilar de Francos-20,8 m de altura e 6,8 m de perímetro.
San Cosme de Antes. (Mazaricos).No adro da igrexa, ao pé da estrada de Pereira a Brandomil.
Corredoiras (Boimorto)
Pazo de Cores. (San Xoán da Barcala- A Baña) -24 m de altura.Na estrada de Negreira a Muxía.
Balneario do Tremo (Os Ánxeles-Brión)Mide 26 m de altura e 3,75 m de perímetro no toro.
Portacal. San Xulián de Cumbraos (Sobrado)20 m de altura(P)
Carballo das Pías, Capela de Armada, Na ermida de Santa Columba (Cumbraos) Sobrado dos Monxes-20 m de altura.
Pazo de Cartelos (Carballedo) Ten 35 m de altura e nalgunhas partes acada case 12 m de perímetro debido ás nórregas do seu toro. É un dos máis altos de Galiza e está considerado o de máis idade, posiblemente supere os 500 anos. (P)
Casa Grande (Loureiro-Carballedo).
-26,4 m de altura e 7,7 m de perímetro
(P)
Casa do Herdeiro. (Carballedo)
-18,6 m de altura e 8,95 m de (máis de 10 m na base).
(P)
Bustelo de Abaixo. (Carballedo)
-21,2 m de altura, 8,3 m de perímetro.
(P)
O Mestre(Estivada, Santiago de Pradela- Carballedo) -26,6 m de altura e 6,4 m de perímetro.(P)
Ramos (Taboada)
-19,40 m de altura e 6,60 m de perímetro.
(P)Fontexil (Mariz-Chantada). -6,50 m de perímetro.
Carballo de Vilanuñe (Antas de Ulla)-5,6 m de perímetro.
O Lameiro(Ligonde-Monterroso). -6,50 m de perímetro.
Carballo de Cumbraos (Monterroso)- 4,50 m de perímetro.
Carballo de Cumbraos (Monterroso)- 7 m de perímetro.
Carballo de Esporiz (Monterroso)-4,71 m de perímetro.
Carballo de Sucastro (Monterroso)-5,6 m de perímetro.
Freán (Cazás, Xermade) -7,28 m de perímetro. (P)
Mede (Xermade)34 m de altura, 4,72 m de perímetro. (P)
Marcelle (Outeiro de Rei)
No interior do parque zoolóxico.
-24 m de altura e 4,60 de perímetro.
Casa de Bravos (Outeiro de Rei)
-25 m de altura e 5,6 m de perímetro.
Á beira da capela do Rosario.
A Carballa Castelo de Rei (Outeiro de Rei) -5,6 m de perímetro
Carballo Gordo de Tras do Regueiro (Rábade)-4,73 m de perímetro.
O Batan de Folgoso (Lousada, Xermade)-5,53 m de perímetro.
Folgoso (Lousada, Xermade)-5,53 m de perímetro.
Cerracín (Friol, Lugo)
-24 m de altura; 6,5 m de perímetro.
Campo de Golf de Portoganoi (Lugo)
-17,9 e 20,10 m de altura;
-7,65 e 5,70 m de perímetro.
(P)
Fraga da Cabana Vella
(Cereixedo, Cervantes).
5,4 m de perímetro
Fraga da Cabana Vella (Cereixedo, Cervantes).
Carballa da Rocha (Saínza de Abaixo, Rairiz de Veiga)
-31,60 m de altura e 5,94 de perímetro no toro.
Declarado Monumento Natural. (P)
Eiras (Santo Amaro)
-19,5 m de altura e 7,6 m de perímetro.
Sufriu un incendio e está moi danado.
Os Miragres de Monte Medo(Baños de Molgas).O exemplar máis grande mide 6 m de perímetro.
As Lamas (A Porqueira)
-5,23 m de perímetro no toro.
Carballo Grande de Reboreda
(A Porqueira)
-27 m de altura e 5,45 m de perímetro.
(P)
Carballeira de Ordes (Rairiz da Veiga)-O máis grande mide 7,50 m de perímetro
Carballeira de RandínVarios exemplares, o máis grande mide 6,30 m de perímetro.Atópanse ao pé da capela de Santo Antón.
Pai dos Rebolos (Dradelo, Taboaza de Umoso, Viana do Bolo)
(P)
Praza de San Roque (Bande)
-13,4 a 16,9 m de altura; 3,75 a 5,5 m de perímetro.
(P)
Carballo do Viño (O Pelete. San Sebastián de Covelo-A Lama).
-15,30 m de altura e 7, 89 m de perímetro.
É costume regalo con viño o día da festa da Virxe dos Remedios.
(P)
Carballeira de Caldas (Caldas de Reis)
Varios exemplares de gran porte de 19 a 23 m de altura e 2,55 a 2,87 m de perímetro.
(P)
Carballo da Portela (Sabaxáns, Mondariz)
-35,80 m de altura e 3,75 m de perímetro.
(P)
Santa Margarida. (Mourente-Pontevedra)
-18,40 m de altura e 8,30 m de perímetro.
Ten máis de 500 anos.
Segundo a tradición as promesas que se fan debaixo del non poden romperse nunca.
(P)
Os Carballiños
(Vilatuxe; Lalín)
(P)
Fraga de Catasós (Lalín).
No Souto de Catasós, un espazo declarado MONUMENTO NATURAL.
Viñoa, (Soutolongo, Lalín).
-4,35 m de perímetro. Soutolongo (Lalín)
-4,70 m de perímetro.
Está a carón do muíño de Espinosa.
(P)
CRENZAS:-A sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmidae e fría e a da nogueira enfermiza.-Os carballos purifican o ambiente e dan boa sorte.-Nalgúns árbores co toro furado tíranse pedras para adiviñar a sorte en amores.
REFRÁNS:Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.
TRADICIÓN ORAL
ADIVIÑA:No alto estou, ladróns vexo vir,da miña carapuchiñanon podo saír.(A landra)
CANTIGAS:Miña Virxen de Augasantasten un carballo na porta;virxen de tantos milagrosfacelle dar unha volta.
O carballo da Portelaten a folla revirada,que lla revirou o ventonunha noite de xeada.
O río cando vai cheoleva carballos e follas,tamén debería levaras línguas marmuradoras.
Santa Margaridado Monteporreiroque ten o carballomaiore do Reino.Frei Martín Sarmiento (1695-1772) “Coloquio en mil duascentas coplas galegas”, 1746.
O CARBALLOCando soio, ó serán, vou paseniñocara ó fogar, de volta do traballo.sempre detén meus ollos un carballoergueito nun mallón, sobre o camiño.Lanzal o tronco, as ponlas alongadas,o follaxe en dosel, forte, senlleiro,ten a medosa traza dun guerreirovixiante de castros e valgadas.Ó chegar ó pé del na atardecida,da lexendaria edade saudoso,quixérao ver cadeira frorecidadun rei celta, barbudo, fazañoso,ou soleada, verdecente ermidadun santiño aldeán e miragroso.
Ramón Cabanillas. DA TERRA ASOBALLADA
ALGÚNS CARBALLOS CURIOSOS DO MUNDO
Kvillken (Suecia)Ten 750 anos e o toro máis groso do mundo, con 15, 24 m de perímetro
Chêne d'Allouville.Sobre este carballo construeuse una capela dedicada á Virxe da Paz en 1696.Ten uns 750 anos.
„Femeiche Erle, 6“ von Reinhard G. Nießing - Reinhard G. Nießing. Lizenziert unter CC BY-SA 3.0 über Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Femeiche_Erle,_6.jpg#/media/File:Femeiche_Erle,_6.jpg
Feme Eiche de Erle en Wesfalia (Alemania).Carballo da Xustiza ou do Corvo.Un dos carballos máis antigos de Europa, no que tradicionalmente se impartía xustiza.
O carballo é o símbolo das libertades de Euskadi e os distintos gobernantes xuran o seu cargo debaixo da ÁRBORE DE GUERNIKA. Hai constancia desta tradición polo menos desde o século XII aínda que as vellas árbores foron desaparecendo e foron substituídas por outras.
Frobles
Top Related