seoanecen por cen
100 anos > 100 lugares
“Cremos que o que uniformiza diminúe ao ser humano, que as diferenzas culturais enriquecen a humanidade. Nós queremos axudar a enriquecer ao mundo coa nosa diferenza.”
Luis Seoane
Cando falamos dos cen lugares aos que se refire o título desta exposición, estamos a falar, evidentemente, de
lugares simbólicos. Cen sitios que abordan a complexa figura de Luís Seoane, un personaxe que cultivou tanto
disciplinas plásticas coma intelectuais, tendo por horizonte dúas culturas en dous espazos afastados, Galicia e
Arxentina. Ambas lle proporcionaron unha dobre cidadanía que exerceu con plenitude e que resultou determi-
nante para o seu carácter e maneira de entender o mundo.
A exposición está configurada en cen categorías —cifra que se quixo facer coincidir cos cen anos
do seu nacemento—, para amosar a riqueza desta personalidade que foi algo máis ca un creador plástico.
Aí está o seu fecundo labor como animador e iniciador de empresas culturais, a súa importante tarefa
como deseñador, editor, creador literario e xornalista, fundando revistas e programas radiofónicos. Tamén, a súa
faceta como activista político, a carón do republicanismo, o galeguismo e o antifascismo. Defendeu estas
ideas ao longo da súa vida, na Compostela universitaria e na Coruña galeguista dos anos trinta
ou no Bos Aires cosmopolita e aberto dos anos corenta, lugar de acollida de emigrantes e exiliados
que, como Seoane, enriqueceron a paisaxe da gran cidade, un dos lugares máis importantes na súa
traxectoria artística.
Máis pensados para coñecer o personaxe que para ver ou admirar a súa obra, estes cen lugares que conforman e
revelan a poliédrica personalidade de Luís Seoane achegarán ao espectador unha serie de datos e informacións,
que o aproximarán a el dun xeito máis fondo. Clasificamos estes lugares en seis bloques temáticos: «Lugares
xeográficos», «Persoas», «Acción intelectual», «Entidades», «As ideas» e «Creación plástica». Esperamos que o es-
pectador acolla con agrado este anovador enfoque expositivo.
«Cen por cen Seoane» está composta por 350 obras orixinais (pinturas, debuxos, gravados, carteis…) tanto de
Seoane coma doutros artistas que tiveron relación con el, 220 documentos orixinais (libros, álbums, textos autó-
grafos, dedicatorias, cartas…) e 130 reproducións, moitas delas fotográficas, referidas á súa vida. Esta exposición
é unha das máis amplas e completas que se teñan feito de Luís Seoane e esperamos que sirva para coñecelo ao
cen por cen.
cen por cen100 anos > 100 lugares
Cuando hablamos de los cien lugares a los que se refiere el título de esta exposición, estamos hablando, eviden-
temente, de lugares simbólicos. Cien sitios que abordan la compleja figura de Luis Seoane, un personaje que
cultivó tanto disciplinas plásticas como intelectuales, teniendo por horizonte dos culturas en dos espacios aleja-
dos, Galicia y Argentina. Ambas le proporcionaron una doble ciudadanía que ejerció con plenitud y que resultó
determinante para su carácter y manera de entender el mundo.
La exposición está configurada en cien categorías —cifra que se quiso hacer coincidir con los cien años
de su nacimiento—, para mostrar la riqueza de esta personalidad que fue algo más que un creador plás-
tico. Ahí esta su fecunda labor como animador e iniciador de empresas culturales, su importante tarea como
diseñador, editor, creador literario y periodista, fundando revistas y programas radiofónicos. También, su fa-
ceta como activista político, al lado del republicanismo, el galleguismo y el antifascismo. Defendió estas ideas
a lo largo de su vida, en la Compostela universitaria y en la galleguista ciudad de A Coruña de los años treinta
o en el Buenos Aires cosmopolita y abierto de los años cuarenta, lugar de acogida de emigrantes y exilia-
dos que, como Seoane, enriquecieron el paisaje de la gran ciudad, uno de los lugares más importantes en su
trayectoria artística.
Más pensados para conocer al personaje que para ver o admirar su obra, estos cien lugares que conforman y re-
velan la poliédrica personalidad de Luis Seoane proporcionarán al espectador una serie de datos e informaciones
que lo aproximarán a él de un modo más profundo. Hemos clasificado estos lugares en seis bloques temáticos:
«Lugares geográficos», «Personas», «Acción intelectual», «Entidades», «Las ideas» y «Creación plástica». Esperamos
que el espectador acoja con agrado este innovador enfoque expositivo.
«Cien por cien Seoane» está formada por 350 obras originales (pinturas, dibujos, grabados, carteles...), tanto de
Seoane como de otros artistas que tuvieron relación con él, 220 documentos originales (libros, álbumes, textos
autógrafos, dedicatorias, cartas…), y 130 reproducciones, muchas de ellas fotográficas, referidas a su vida. Esta
exposición es una de las más amplias y completas que se hayan hecho de Luis Seoane y esperamos que sirva para
conocerlo al cien por cien.
cien por cien100 años > 100 lugares
Cunqueiro poetaCando en 1931 Seoane coñece a Álvaro Cunqueiro e o escoita recitar os seus poemas, queda tan abraiado que se empeña en publicalos de inmediato, actuando de editor, ilustrador e deseñador dos tres primeiros libros de poesía do mindoniense: Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama Riveira. Un cuarto poemario, que ilustraba un álbum de debuxos de Seoane, non viu a luz ao ser saqueada e Imprenta Nós en 1936.
Luís Seoane: ilustraciós coloreadas a man para Poemas do si e non, de Álvaro Cunqueiro, 1933Museo Carlos Maside
Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (1932), con deseño de cuberta e ilustracións de Luís Seoane
Cuberta de Anfión, de Paul Valéry. Ediciones Botella al mar, Bos Aires, 1947
Ediciones Botella al marNesta editorial, fundada e dirixida por Seoane e Arturo Cuadrado en 1947, aparecen títulos de Jean Cocteau, Paul Valéry, William Blake, W.B. Yeats, Alejandra Pizarnik, Luis Buñuel, Rafael Alberti, Salvador Dalí, Miguel Ángel Asturias, Lorenzo Varela... e do propio Seoane, que aplica aos libros anovadores e vangardistas deseños.
Luís Seoane: debuxo para Anfión, de Paul Valéry, 1947Tinta chinesa s/papel. 36,5 x 28,8 cmFundación Luís Seoane
Luís Seoane: Mujeres sentadas I, 1950Óleo s/lenzo. 46 x 33 cmFundación Luís Seoane
FiguraciónA figura ten unha presenza persistente e totalizadora na obra plástica de Seoane que nos seus recorridos atravesa distintas solucións, sempre desde unha única perspectiva onde seres e obxectos acaban sendo definidos por planos e liñas que dialogan entre cores con vocación multiplicadora. Sempre con Galicia ao fondo.
Luís Seoane: Las hermanas, 1974Óleo s/lenzo. 146 x 114 cm
Fundación Luís Seoane
Luís Seoane: Inestable mendigo, 1962Xilografía.60 x 46 cmFundación Luís Seoane
GravadoUtilizando unha ampla combinación de técnicas, realizou Seoane unha obra gravada de gran complexidade e transcendencia, onde experimentou novos procedementos de inusitada expresividade, sobre todo na xilografía, coa que realizou álbums, retratos ou ilustracións de libros de grandes autores, como Unamuno, Lorca, Alberti ou Neruda.
Luís Seoane gravando. Bos Aires, ca. 1972
Luís Seoane no seu estudio de Bos Aires, observando unha xerra-cabeza dedicada a Valle-Inclán, ca. 1971
DeseñoA súa preocupación pola función social da arte levou a Seoane a experimentar novos métodos de democratización da mesma. Foi no deseño onde canalizou estas arelas proxectando para Sargadelos unha importante colección de cerámicas.
Luís Seoane: Ramo I, ca. 1969Cerámica de SargadelosArquivo Seminario de Sargadelos
De luns a venres de 12.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h
Sábados, domingos e festivos de 12.00 a 21.00 h
Visitas para grupos, previa reserva no 981 185 060
Visitas de público xeral, martes e venres ás 18.30 h
Do 22 de outubro ao 30 de xaneiro
seoanecen por cen
100 anos > 100 lugares
Luís
Seo
ane,
Tes
tas,
pais
axes
e p
olbo
s, 19
74 -
Políp
tico
de
25 t
émp
eras
s/p
apel
. 32
x 32
cm
(cad
a u
nid
ade)
. Fu
nd
ació
n L
uís
Seo
ane
Top Related