COPLAS DOS MAIOS 2014
CEP CELSO EMILIO FERREIRO - VIGO
COPLAS DOS MAIOS 1ºA
Somos os peques do cole
Celso Emilio Ferreiro
Vimos cantar os maios
Con espíritu festeiro.
Vai nacer o verde maio
Trae mil raios de sol
Cheo de apertas e bicos
Abridelle os corazóns!
Xa chegas maio
Cargado de flores
Cantámosche nenas e nenos
e os profesores.
Xa chegou o maio
cargadiño de flores
o mes mais bonito
cheo de cores.
Un maio cheo de flores
imos preparar
con fiuncho, ovos e cores
para adornar.
Levantate maio
que tanto durmiches
que chegou o cuco
e non o viches.
COPLAS DE 1ºB
XA CHEGOU O MAIO
E VEN MOI CANSADO
PARA O NOSO COLE
TRAE UN BO RECADO:
FALEMOS GALEGO
NENOS, PAIS E AVÓS
SE ALGÚNS NON O QUEREN,
QUERÉMOLO NÓS.
XA CHEGOU O MAIO
FERMOSO E FLORIDO
E AO COLE CELSO EMILIO
ENCHEUNOS DE COLORIDO.
E ASÍ REMATAMOS
ESTE PRIMEIRO MAIO
ES PEREMOS QUE O ANO QUE VEN
SEXA DE NOVO CELEBRADO.
COPLAS DOS MAIOS
2ºB
O primeiriño de maio Pedímoslle
ao Conselleiro
principiamos a cantar ao Alcalde
e a Feijoo
nesta gran cidade que
invirtan máis cartos
bañadiña polo mar. en
Educación.
Velaquí está o maio
do Celso Emilio Ferreiro
con flores, fiunchos
e pampullos de Vigo enteiro.
Do noso colexio
temos moito que contar
pois xa vai velliño
e haino que arranxar.
Con tantos recortes
en educación
non chegan os cartos
nin para a calefacción.
COPLA DOS MAIOS DE 3º A
OS NENOS E NENAS
DO CELSO EMILIÑO,
CELEBRAN O MAIO
MOI CONTENTIÑOS
CON FLORES E HERBIÑAS:
ARREDOR DO NOSO MAIO,
CANTAMOS COPLIÑAS
E BAILAMOS CON CLAVES.
ARREDOR DO NOSO MAIO,
CON VOLTAS E VOLTAS
DESPEDIMOS O INVERNO
E BENVIDA A PRIMAVERA.
ARREDOR DO NOSO MAIO,
Á RAIOLA DO SOL
O AIRE FROTA
E NOS MAIOS REBOTA.
ARREDOR DO NOSO MAIO,
PEQUENOS E MAIORES
DECORADOS DE FLORES
GOZAMOS DOS CANTARES.
ARREDOR DO NOSO MAIO,
GRAZAS A PRIMAVERA
TAMÉN PLANTAMOS SEN PARAR
PARA MOITO COLLEITAR
NO NOSO HORTO ESCOLAR.
COPLAS DE 3ºB
Somos nenos de terceiro
somos, somos faladeiros
por iso a nosa profe
moito tírase dos pelos.
Este ano limos contos
e historias de medo
por iso vemos pantasmas
cando imos ao recreo.
Estes profes son moi malos
non nos paran de mandar
sempre mandando deberes
non nos deixan descansar.
Mes de maio, mes de maio
mes de amores e meigallos
nesta clase diso saben
algúns nenos e namorados.
E con isto despedímonos
esperando gustarvos
con estas coplas de maios
COPLAS 4ºA Vinde ver os maios
do Celso Emilio Ferreiro,
Que veñen con ganas,
flores, coplas e pandeiros
Os alumnos de 4ºA
Os maios festexamos,
Fixemos as coplas
E a todos as cantamos.
Xa chegou o maio
E ven moi cansado,
Para o noso cole
Trae un recado.
Falemos galego
Nenos, país e avós
Se algún o desprezan
Defendémolo nós!
É a nosa lingua
E non vai morrer
Porque se ti queres
Ímola defender.
Aínda vou á escola
heime de aplicar,
Para ser boa persoa
O día de mañá.
Penso que os deberes
Non so poden consentir,
Nós que somos alumnos
Queremos decidir.
Ain oso Cristianiño!
Mellora un pouquiño!
Que con esa lesión
Podes caer na depresión
Ai Messi Messi
Non te moves nada,
O Mundial é importante,
E a liga segue adiante.
O Real e o Atlethic
Xogan en Lisboa,
todos temos que ir alá
se queres ver cousa boa.
Tamén no país
Estamos xa fartos,
De ver aos políticos
Roubarnos os cartos.
O noso Presidente
Non nos saca da crise,
Con tanto recortar
Deixou sen traballo á xente.
Con tanta cicloxénese
Fixemos tarde o horto.
Agora hai que aplicarse
E entre todos traballar moito
Queremos froitos naturais
No noso horto escolar,
Para comer todos os días
Estar sans e medrar.
Os alumnos de 4ºA
Rematamos de recitar,
Voltamos con Pepe
De novo a estudar.
COPLAS 4ºB
Ahí vén o maio
cargado de cor
Ahí vén o maio
sen moita calor.
Nenos e nenas
bailando ó compás
desta copliña
unha vez máis.
Mozos e vellos
cantade con nós
xa chegou o maio
cheíño de son.
Canta o griliño
co seu cri cri cri
escoitamos a ra
co seu croac croac croac.
Zumban as abellas
libando na flor
e os paxariños
piando ó sol.
Ahí vé o maio
cargado de cor
Ahí ven o maio
sen moita calor.
Nenos e nenas
mociños e vellos
bailemos o maio
que xa chegou.
Ahí vén o maio
cargado de cor
Ahí vén o maio
sen moita calor
---------------------------------
Na festa dos maios
con ovos e flores
moitos maios
visten de cores.
Nos campos da aldea
ou da cidade
todos os maios
saen en liberdade.
--------------------------
Os maios son bonitos
os maios teñen flores
e van polas rúas
lucindo as cores.
Os maios na primaveira
hai que sacar
para as rúas máis grises
poder adornar
Pétalos,ovos e flores
hai que pasear
e os nenos de 4º
temos que levar.
---------------------
COPLAS DOS MAIOS -5º A
Levantádevos maios
e poñédevos a escoitar
que os nenos do Celso
queren falar.
Xa chegaron os Maios,
abriron as flores,
novos anos,
e novos amores.
Neste día fermoso de maio,
todo o mundo goza da troula
Neste día fermoso de maio,
todo o mundo baila,canta e chouta.
Xa comezou a primavera
e con ela a felicidade
aínda que a crise non se vai
non tes que perder a dignidade.
Este ano o maio
fala galego.
Quéixase do seu galego mal falado
pero non e tan malo.
Parece que en Galicia quérennos liar falando tres linguas para nos modernizar.
Na actualidade
o Barça non vai ben
o Madrid aínda tira
e no “Atleti” nin o creen
Hoxe en día
o Madrid ten a copa
pero Sergio Ramos
este ano non fixo a broma
O Tata Martino
non da pé con bola
e ao Cholo Simeone
fánlle moito a ola.
Chegaron os Maios,
abriron as flores,
cantan os paxaros,
hai novos amores.
Este ano os maios
veñen moi mollados
se non para de chover
non poderemos pasealos.
Faga o favor, isto é un espanto!
se non queres maios que che parta un raio!
Xa chegaron os maios
e imos facer unha festa para celebralo.
Con adornos como ovos,flores e froitas
dando voltas e xogando.
Viñeron os Maios
tan frescos e lindos
viñeron os Maios
e queremos traballos.
COPLAS MAIOS 5º B
CANDO CHEGA A PRIMAVERA
VEN CHEA DE CORES E DE ALEGRÍA,
OS PAXAROS CANTAN TODO O DÍA
E OS MAIOS VEÑEN A MIÑA VERA.
EN UCRAÍNA CON TANTOS TIROS
TAMÉN PARECEN QUE ESTÁN TOLOS,
POÑEN MINAS POR AQUÍ E POR ALÁ
EN RUSIA NIN SEQUERA QUEREN PARAR.
COA GRANDE CRISE
E ESTE PRESIDENTE,
ESTE GRAN PAÍS
VAISE AO GARETE.
HAI POUCO DIÑEIRO
E HAI POUCO TRABALLO,
SE RAXOI DIMITIRA
A MENTIRA ACABARÍA.
GRAZAS AO PROXECTO,
UN ORDENADOR TEÑO,
O USAMOS CADA DÍA,
PARA APRENDER CON TECNOLOXÍA.
COPLAS 6ºA
Maio, este é o primeiro ano
que vas a estar no noso colexio,
por iso queremos celebrar
como nunca este gran festexo.
Os nenos do Celso Emilio
clase 6ºA,
realizan un maio
con flores e mais.
Todo cheo
de alegría e amor,
o maio vístese
cheo de cor.
Os nenos traballan sen cesar,
poñendo carteis sen parar
só para poder invitar,
as persoas de Coia a celebrar.
Maio florido e fermoso,
que inundas de flores o campo noso,
revolotean os paxaros gozosos,
e os coellos xantan moi silenciosos.
Maio soleado e caloroso,
cos teus animaliños gozosos,
ímosche dar moito amor,
alegría, felicidade, amizade e cor.
Os nosos políticos
non cambian as leis,
creen que son os supremos
e viven coma reis.
O noso gran Celtiña,
non vai descender,
pero os deportivistas
seguro que van ascender.
Os de sexto do Celso Emilio
este maio imos cantar,
con moita pena e tristeza
porque nós, imos marchar.
Con flores e froitos
con follas e prantas
uns Maios fermosos
facemos gozosos.
Este é un Maio
alegre e floreado,
este é un Maio
contento e animado.
Que estas festas
quere xogar e divertir,
para a vostede
facer rir.
Aí ven o Maio,
qué mes máis xeitoso!
É o máis festeiro,
florido e fermoso.
Aí ven o Maio,
collámolas xestas,
adornemos con elas
portas e fiestras.
Despois dun inverno
tan maliño,
ven a primavera
con sol e cariño.
Maio , Malliño ,
mándanos recoller flores,
froitos e demais
para logo ti,
poñer no teu corpiño.
Ai Maio…
hoxe temos para ti
unha cunca de flores.
Este ano vas estar cheo de cores.
OOss nneennooss ddee 66ººAA,,
oo MMaaiioo lleevvaannttaammooss,,
ee ppoorr iissoo ccoonn ffoorrzzaa
ttooddooss bbeerrrraammooss::
MMaaiioo,, cchheeggaa rrááppiiddoo
ee nnoonn nnooss ffaaggaass aaggaarrddaarr,,
ppoorrqquuee sseennóónn mmooiittoo rruuííddoo
vvaass eessccooiittaarr!!!!!!!!!!..
COPLAS 6ºB
A primavera xa pasamos
e unha festa celebramos
con flores e agasaios
celebramos o día dos maios .
Vinde ver o Maio
do CEP Celso Emilio
que este ano aparece
con ganas de alegrar.
Xa chegan e nós
ímoslles recitar,
unha boa copla
para poder festexar.
Os maios xa chegaron
e nós celebrámolos
a pesar de todo o que chove
a ver se hoxe damos!
Xa chegan os maios
vestidiños de flores
veñen tan grandes e
de tan belas cores!
Todo o día imos festexar
ao son da música bailar.
Neste día alegre
non estaremos depres.
A primavera vai amencer
Con moito traballo, e ganas de saír
Aínda que no outono todo se vai desfacer,
con cantidade de flores estivemos a construír.
Por fin a primavera chegou
e ímolo celebrar, como non!
con bailes e cancións alegres
xa o veredes!
Todos xuntos celebramos
sen odios nen rencores
como verdadeiros compañeiros
neste mes das flores!
Para Rajoy, Señor Presidente
eres coma un meco que non sinte
coma un marciano en nave espacial
coma palomitas sen sal!
Vaites dunha vez
ao teu lugar infernal
non danes ao sistema
alá vai o meu poema!
Este ano, desexamos celebrar
unha festa sen penas
con todo o mundo sen guerras
e que así sexa todas as primaveras.
Rajoy non me quites o verán
todos os días veño a traballar
pero as miñas vacacións
non mas podes recortar.
Xa basta de paro!
E do pouco soldo tamén!
Xa estou farta!
Que Rajoy desperte dunha vez!
Nestes partidos que lle quedan ao Celta
estaremos felices,
outra vez en primeira división,
todos o dicen.
Na animada liga española
hai varios equipos que molan
o Atlético en primeiro lugar
sen xogo bonito pero eficaz.
O Madrid vai atrás
con Pepe repartindo tris-tras
e, o mellor de Galicia
o Celta que a permanencia acaricia!
Para rematar imos falar
do Barça e o terceiro lugar,
quen aínda sen gañar
moito dá para comentar.
Pepe, para xa de lesionar,
os xogadores fartos están.
Telo que superar.
Se sigues así a carcel irás.
Para os de sexto
É o primeiro e último maio
Imos para o instituto
Xa imos medrando.
Levamos moitos deberes,
non vos sorprenderedes.
Pois somos os maiores,
menudos honores!!
Dende terceiro estamos coa teacher Elena
e agora nos vamos, ai que pena!
Da pena dicir adeus despois de tantos anos
pero é que ao instituto xa marchamos.
Da nosa mestra Charo témonos que despedir,
pois xa chega o novo curso ao que temos que
asistir.
Adeus Celso Emilio e os teus profesores,
vámonos ao instituto a facernos maiores.
Top Related