Download - Cortesás xaponesas

Transcript

As Cortesás xaponesas

GEISHAS

As geishas, persoas das artes, eran apreciadas polos seus coñecementos artísticos. Tamén se lles atribuía unha elevada espiritualidade, debido a íntima relación entre a súa práctica das artes xaponesas e a búsqueda da perfección espiritual.

As mulleres da corte Heian (fins s.VIII-XII) produciron as primeiras obras mestras da literatura xaponesa vernácula e deixaron unha serie de nikki (diarios). O mundo Heian reflictido nestes diarios non dan un gran valor ás mulleres.Murasaki Shikibu, unha muller xaponesa da corte Heian, escribiu unha das primeiras novelas do mundo, A historia de Genji.

SEI SHONAGON

Foi desde os vinte e cinco anos dama da corte da emperatriz Sadako. Pasou a maior parte da súa vida adulta na corte e foi contemporánea da señora Murasaki, a cal dicía que os escritos de Shonagho estaban cheos de imperfeccións e frivolidade. A súa obra máis importante é O libro da almofada.

O LIBRO DA ALMOFADA

O libro da almofada foi escrito por Sei Shonagon cara o ano 1000.

É un diario non cronolóxico, pouco estruturado, que contén unha combinación de observacións, cotilleos da corte, anécdotas e unha curiosa lista de cousas que lle gustaban ou desgustaban á escritora.

É posiblemente o nikki (diario) íntimo máis famoso da literatura xaponesa.

FRAGMENTO DO LIBRO DA ALMOFADA

“Encántanme as brancas, purpúreas e negras nubes, e as nubes de chuvia cando as leva o vento. É encantador ao mencer ver as escuras nubes que pouco a pouco se volven brancas. Creo que isto foi descrito nun poema chino que di algo sobre os tintes que se retiran ao mencer.”

“É conmovedor ver pasar un tenue xirón de nubes sobre a lúa brillante.”

MURASAKI

Naceu a mediados do período Heian nunha familia pertencente á media nobleza. Recibiu unha excelente educación e destacou pola súa intelixencia.

Murasaki Shikibu foi unha escritora xaponesa, creadora dunha das obras literarias máis importantes e recoñecidas da literatura oriental, A Historia de Genji.

A HISTORIA DE GENJI

Coñecida tamén como Romance de Genji ou Novela de Genji, é unha novela clásica da literatura xaponesa, considerada unha das novelas máis antigas da historia, de feito é considerada a primeira novela moderna.

É unha novela de principios do século XI que conta a historia do príncipe Genji. Conta a súa vida amorosa, a súa recuperación do poder imperial e a vida dos seus fillos despois da súa morte.

FRAGMENTO DA HISTORIA DE GENJI

“Era un tempo de lúa magnífica. Á partida da mensaxeira deixou o Emperador transcorrer o seu tempo contemplando a noite.Nesas horas, noutros días xa, amou a música. Recordaba palabras de Dama, tan aladas que parecían mesturarse en armonías. Recordou o raro que era todo, a súa cara, o seu porte, a súa silueta. Recordou un poema:

As cousas

parecen reais, na

escuridade, non parecen máis

verdadeiras

ca

os soños.

FIN

Antía Álvarez AresFátima Lea Sanfiz

4ºESO A