CHEGOU UN PAQUETE DA INDIA…
Chegou un paquete da India, e adivina adivinanza… de quen? Xa todos/as
sabemos que procede da Konampalli School, e que por sexto ano consecutivo
recibimos a estas alturas do curso un paquetiño que contén unha carta dos nenos e
nenas desta escola situada na India rural (provincia de Anantapur, no sur do país) e un
dossier con numerosas imaxes.
O paquete levaba varios días no noso centro esperando una ocasión especial
para a súa apertura, e decidimos facer este acto simbólico o pasado venres 10 de
marzo de 2015. Quixemos introducir aos nenos e nenas de Educación Infantil neste
peculiar “ritual” para que deste xeito comecen a familiarizarse coa cultura deste país e
tamén co traballo desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Os rapaces e rapazas
de 2º da ESO, xa todos uns expertos/as no tema, visitaron pois as aulas de infantil co
paquete debaixo do brazo e procederon á súa apertura. Acompañando a esta acción
impartiron unha interesante charla centrada na temática de “A Familia”, explicando
todas as semellanzas e diferenzas que podemos atopar entre unha familia na India e
unha familia no noso propio país, España. Incluso tiveron tempo para desenvolver
unha divertida dinámica encamiñada a que os máis pequenos/as aprendesen os nomes
dos graos de parentesco en “telegu”, dialecto falado na zona de Anantapur.
Contamos co apoio dun grupiño de alumnos/as de 3º da ESO que se encargaron
de manexar as cámaras de fotos e vídeo para documentar a actividade, acompañados
pola súa profesora Teresa, que deixou constancia do seu dominio da xeografía
manexando un fermoso globo terráqueo para explicar a nosa situación e a dos nosos
amiguiños na India.
Top Related