Curso de formación en Enoturismo:
Innovación en Comercialización, Responsabilidade Social Empresarial, Sustentabilidade, Desenvolvemento de Productos e Servizos Turísticos con Sensibilidade Ambiental.
Obxectivo do curso:
Daranse as pautas para dinamizar, promover, executar e implementar accións encamiñadas a
favorecer o desenvolvemento turístico da Ruta do Viño do Ribeiro. Incidirase na creación de
produtos turísticos.
Dar a coñecer aos asociados á Ruta do Viño de Ribeiro e ao público en xeral, o desenvolvemento
de medidas de eficiencia medioambiental e social en empresas turísticas, así como a
implementación da sustentabilidade como cultura empresarial; desenvolver a sensibilización ao
seu respecto, e focalizar as vantaxes competitivas asociadas á introdución a dita metodoloxía.
Metodoloxía:
Curso de formación de carácter presencial.
Curso de carácter dinámico e participativo.
Horario:
9.30 horas a 14:00 horas.
Datas:
Do Martes 2 de Novembro ao Venres 5 de Novembro.
Lugar:
Centro Comarcal Ribeiro.
Av. de Redondela, 32400 Ribadavia (Ourense).
INSCRICIÓN (límite día 29 de outubro de 2010, ás 14:30 horas):
Secretaría Técnica da Ruta do Viño do Ribeiro
Travesía do Ribeiro, 3 – 32400 Ribadavia (Ourense)
Teléfono: 988 472044 – Fax: 988472240
Correo Electrónico: [email protected]
Día 2 de novembro: SEMINARIO DE TRABALLO 1: Os produtos que xeneran experiencias.
Reflexionar e construír un proxecto de enoturismo.
• Punto de partida: ¿Por qué inverter nun proxecto de enoturismo?.
• Factores de éxito e factores de risco na planificación dun proxecto de enoturismo.
Os produtos turísticos:
¿Qué é un produto turístico? Os seus compoñentes.
• Posicionamento dos produtos turísticos.
• A segmentación de produtos e de clientes.
Obradoiro práctico:
Cómo crear un produto turístico, ¿por onde empezo?
Día 3 de novembro: SEMINARIO DE TRABALLO 2: O territorio e os seus actores.
Do recurso enolóxico ou gastronómico ao produto turístico:
• Os servizos turísticos
• Elementos clave no deseño de visitas turísticas a adegas
Territorio e enoturismo, os actores e a Ruta do Viño:
• ¿Cómo integrar o meu produto co territorio e na Ruta
• Os actores e o territorio
• ¿Cómo optimizar estas relacións entre eles?,
• ¿Qué temos que dinamizar para ser sensibles co territorio e coa Ruta?
Obradoiro práctico:
Cómo traballar conxuntamente, creación de grupos de traballo, encargados de desenvolver
diferentes proxectos, paquetes turísticos, vinculados co turismo enogastronómico e con produtos
agroalimentarios da rexión.
Día 4 de novembro: SEMINARIO DE TRABALLO 3: A responsabilidade Social Corporativa, un reto
e unha oportunidade para o sector turístico.
Conceptualización do término responsabilidade social da empresa (RSE):
• Evolución do concepto e antecedentes.
• Iniciativas e organismos nacionais e internacionais existentes
• Vantaxes
• Proceso de implantación de unha estratexia de responsabilidade social en la empresa
• Análise e diagnose
• Plan de acción
• Implantación
• Seguimento e control
Obradoiro práctico:
- Exercicio práctico de implantación nas propias empresas participantes na xornada
A memoria de sustentabilidade
• Definición e descrición
• Vantaxes
Obradoiro práctico:
- Análise de memorias de sustentabilidade de empresas do sector turístico i enolóxico
Día 5 de novembro: SEMINARIO DE TRABALLO 4: A xestión ambiental nas empresas do sector
turístico i enolóxico.
• Introdución á xestión ambiental
• Actuacións de mellora ambiental
• Optimización do consumo da auga e uso de enerxías
• Consumo de materiais renovables e compra verde
• Mellora da xestión de residuos
• Contaminación do solo
• Xestión ambiental da organización
• Construción sustentable
Obradoiro práctico:
Cómo elaborar un plan de mellora ambiental na propia empresa.
Top Related