Inglés profesional para
Hostalaría
Obxectivo
O obxectivo básico deste curso é que o alumno sexa capaz de ofrecer un trato profesional aos clientes de fala inglesa, e reaccione rapidamente ante as situacións máis habituais que se producen na interacción cos turistas.
Metodoloxía
Inclúe a expresión oral e a escoita do que di o cliente (speaking and listening)
Audio/escoitar: práctica de situacións reais.
Practicar e repetir: Permite reforzar e practicar os contidos da unidade, corrixindo a pronunciación nos diálogos e realizando exercicios para consolidar a aprendizaxe das estruturas gramaticais, o que axuda a ser capaz de pensar en ingles e NON IR TRADUCINDO.
Contidos
MODULO 1:
1. Introdución, chamadas por teléfono… como contestar.
2. Vocabulario típico sobre comida, aloxamento, transporte, actividades, reservas.
3. Información do negocio: servizos ofrecidos, actividades e reservas.
4. Locais de Restauración: menú ofertado, recomendacións e suxerencias, satisfacción do cliente,…
Práctica: escoitar e manter conversas con reservas reais.
Contidos II
MODULO 2:
1. Transportes, gramática con recomendacións, tipos de transporte e reservas/billetes.
2. Facer recomendacións de aloxamento, comida, actividades e transporte.
3. Como se tramitan cancelacións, problemas ou requerimientos específicos. Preguntas e respostas.
4. Ser capaz de explicar horarios e cantidades correctamente.
5. Presentar/ explicar actividades dispoñibles.
Práctica: Ser capaz de facer unha presentación do que ofrece o seu negocio, facer recomendacións e entender as preguntas correctamente.
Características
Top Related